Caderno de clase

Page 1

Caderno de clase


Caderno de clase O caderno de clase é un material imprescindible para traballar a materia e preparar as probas ao longo do curso. Ademais, puntúa dunha forma decisiva na nota da avaliación (e final). Lembra que este será avaliado periodicamente e, polo tanto, é conveniente que sigas as seguintes recomendacións: 1. Respeta as marxes nos catro lados, procurando que estean xustificadas. 2. A orde, limpeza e organización son fundamentais nun caderno de clase. Procura que a caligrafía sexa lexible, clara e coidada; evita os borranchos; as liñas dos textos deben estar rectas; os subliñados serán con regra; emprega cores diferentes e distintos tipos de letra ( maiúsculas, subliñados...) para organizar os contidos da libreta; deixa separación entre os diferentes exercicios para saber onde remata cada un, ... 3. Deberás prestar atención á corrección lingüística. Se tes dúbidas, pregunta. 4. Sinalarás o comezo de cada tema (número e título), a data de elaboración de cada exercicio, así como o número de páxina e o número do exercicio. 5. Copiaranse todos os enunciados, sempre e cando a profesora non indique o contrario. Os enunciados escribiranse en cor azul ou negra. As correccións faranse en vermello. 6. Figurarán no caderno todos os exercicios, organizados cronoloxicamente, que foron feitos na aula, así como as fichas ou o material de apoio que se foi ditando ou entregando. Cando se trate de fotocopias, estas pegaranse ou arquivaranse na páxina que corresponda. 7. As respostas dos exercicios faranse con frases completas.


1. Respeta as marxes nos catro lados, procurando que estean aliùadas.


2. A orde, limpeza e organización son fundamentais. Procura que a caligrafía sexa lexible, clara e coidada; evita os tachóns; as liñas dos textos deben estar rectas; os subliñados realizaranse con regra; emprega cores diferentes e distintos tipos de letra ( maiúsculas, subliñados...) para organizar os contidos da libreta; deixa separación entre os distintos exercicios para saber onde remata cada un, ...


3. Deberase prestar atención á corrección lingüística. Se tes dúbidas, pregunta, usa o dicionario...


4. Sinalarase o comezo de cada tema (número e título), a data da elaboración de cada exercicio, así como o número de páxina e o número do exercicio.

25/09/2012

UNIDADE 1. A derradeira falante. • Páx. 3. ex.5 5. Escribe un resumo do texto.


5. Copiaranse todos os enunciados e as oracións, sempre e cando a profesora non indique o contrario. Os enunciados copiaranse en azul ou negro. As correccións faranse cun bolígrafo vermello.

• Páx. 3. ex.5 5. Responde ás preguntas sobre o texto.


6. Figurarán no caderno todos os exercicios que foron feitos na aula, organizados cronoloxicamente, así como as fichas ou o material de apoio que se foi ditando ou entregando. Cando se trate de fotocopias estas pegaranse ou arquivaranse na páxina que corresponda.


7. As respostas dos exercicios faranse con frases completas.


E, agora, toca empezar‌


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.