Os días 5 e 6 de novembro realizarase en Santiago o "Foro Colaborativo polo Emprego", un espacio que ofertará unha amplia programación de actividades orientadas a mellorar o achegamento entre empresas e persoas demandates de emprego.
Dentro desta programación realizaranse Mesas de Diálogo para o Emprego, un foro aberto donde se poderá coñecer e debater sobre as estratexias locais no eido do emprego, contando coa presenza de persoas expertas en cada temática.
Para as persoas que non poidan asistir presencialmente, estas Mesas de Diálogo serán retransmitidas en streaming grazas á aula CeMIT de Santiago, polo tanto poderémolos seguir tamén dende a aula CeMIT de Cuntis.
Máis información sobre este foro na seguinte ligazón: http://axencialocaldecolocacion.org