As letras da Ponte

Page 1

5

Small intro line

Actividades do primeiro trimestre

33

Small intro line

Actividades do segundo trimestre.

AS LETRAS DA

51

Small intro line

Actividades do terceiro trimestre

PONTE Avaliacións

Graduacións Fin de curso

Certames Festas

OS NOSOS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

Fomentando

o uso do GALEGO

Orgullo da terra, orgullo da lingua

As nosas producións

Poemas relatos e banda deseñada Entrevistas

As nosas experiencias Ed. Infantil, Ed. Primaria e TEA

Revista publicada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A PONTE (Lugo)


Redacción: Alumnado de 6º e Aurora Gay Méndez Coordinadora EDLG Axudantes deseño e maquetación: Aula de 6º de Primaria Colaboracións: Material aprotado por todas as aulas Membros do EDLG


Curso 2015-2016

AS LETRAS DA

PONTE

1ª trimestre Festas de ciclo anual. Outras actividades: rugby, concertos, “O camiño”, PIT, Scratch, Exposicións, Investigacións... 2º trimestre Comemoracións. San Valentín. Día de Rosalía, Entroido, Natureza, Semana da Prensa...

33

3º trimestre Indagamos, ilusionámonos, lemos, aprendemos... Xadrez, A voltas coa ciencia, Vida saudable...

51

Especial Letras Galegas Manuel María. Vida, obra, xogos, maratón poético...

Fin de curso Graduacións, festival e viaxe

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere agradecer a colaboración de alumnado e profesorado, así coma a doutros membros da comunidade educativa na elaboración da revista. Agardamos que vos guste o resultado. Moitas grazas a tod@s!

5

56 83


Editorial

Equipo de Dinamización da Lingua Galega Non atopamos mellor forma de expresar os nosos sentimentos pola lingua que as palabras de MANUEL MARÍA a quen lle rendemos homenaxe non só o día das Letras Galegas senón todo o curso.


As Letras da Ponte

Festas de ciclo anual, celebracións, deporte, concertos, programación...

Pretendemos nesta revista dar a coñecer algunhas das actividades que celebramos no CEIP A PONTE

Samaín, Magosto, Nadal. Rugby. Concerto bucólico. Exposicións. Premios. Neste curso 2015-2016 seguimos a traballar para promocionar a nosa Lingua e que mellor xeito que empregala en todas as situacións: nos fogares, na escola e, como non, nas nosas celebracións. No Centro participamos en actividades encamiñadas a promover a lectura, a comprensión oral en Galego e o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística dos nenos e nenas. Estamos situados na beira do Miño, e por aquí pasa o Camiño Primitivo de Santiago. Este ano Turismo de Galicia organizou unha actividade para difundir o Camiño entre os escolares co obxectivo de promover os valores do Camiño e o fenómeno da peregrinación entre os máis cativos dos municipios por onde

EDLG

transcorre a Ruta Xacobea. O día 17 dentro da actividade “Protexendo o Camiño” o colectivo Correo do Vento especializado na creatividade artística contounos as aventuras dun neno e unha nena, Iago e Peregrina, debuxante e fotógrafa, que realizan o Camiño de Santiago tentando protexer as rutas dos riscos que poden sufrir –lixo, feísmo, falta de civismo, etc.Tamén contamos con formación en diversas ramas. Así ao pouquiño de comezar o curso recibimos a un monitor enviado polo PIT para traballar a “seguridade peonil”, vimos que non só os condutores de vehículos a motor teñen que respectar as normas. Indo na bici e tamén indo a pé temos que ser prudentes e deste xeito poderemos evitar moitos dos accidentes que teñen lugar na nosas cidades.

CEIP A PONTE 2015-2016

5



As Letras da Ponte

EDLG

Pretendemos nesta revista dar a coñecer algunhas das actividades que celebramos no CEIP A PONTE

Tivo cabida tamén no primeiro trimestre o deporte e recibimosas situacións: nos fogares, na escola e, como non, nas nosas celebracións. ao Club de Rugby A Muralla poñéndonos ao día nesta modalidade deportiva na que se fomentan

E tamén gozamos da música tradicional galega co “Concerto bucólico” no que se fai unha ampla exposición de instrumentos musicais tradicionais, algúns típicos como a gaita, a zanfona ou a pandeireta, e outros máis ancestrais como a frauta de palla de centeo, a tarabela, o corno de vaca, ou o latón de pimentón.

CEIP A PONTE 2015-2016

7


metuera

8

As Letras da Ponte

miniat. Illa con utet nulput

Con motivo da celebración da terceira edición da Semana da Programación da Unión Europea (que promove a programación de ordenadores como método de axuda a mellorar as capacidades de resolución de problemas, a comunicación e a creatividade), o profesorado deste equipo asistiu a un curso de formación no CEFORE.

Equipo Dinamización da Lingua Galega

Posteriormente a ANPA en colaboración co Centro presentou o 13 de outubro o “Obradoiro de programación e robótica” nas aulas e que despois tivo continuidade como actividade extraescolar. Este obradoiro tivo unha fabulosa acollida entre o alumnado facendo despois traballos que se subiron á rede como verdadeiros programadores.


Durante o mes de novembro puidemos gozar da exposición “Mulleres protagonistas do desenvolvemento”. A finalidade deste tipo de proxectos e promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller, dando a coñecer a realidade da muller en diferentes ámbitos. Na mostra aparece como exemplo a realidade que viven a diario as mulleres africanas. Tamén nos aportaron materiais didácticos que nos permitiron achegarnos á figura das mulleres no Norte e no Sur mediante a análise das causas que provocan as realidades de desigualdade, pobreza, loita… e o papel que a cooperación internacional, neste caso a nosa –a española- xoga nelas.

E os alumnos e alumnas de 6º seguiron a traballar para o intercambio de materiais cos centros colaboradores. Traballos de investigación sobre os drons, as abellas, a fauna propia da zona (a londra e a garza). A continuación podedes ver un dos traballos e unha das entrevistas realizadas.


10

As Letras da Ponte

AS ABELLAS Hoxe tocounos investigar os insectos. Temos a oportunidade de entrevistar a Alberto, un home que nos vai contar cousas sobre as abellas e tivo a amabilidade de aportarnos algunhas fotos para ilustrar o noso traballo, cousa que lle agradecemos. Lucía: Ola Alberto!, grazas por aceptar esta entrevista. Alberto: Grazas a vós, eu estou encantado de que estar aquí explicándovos o tema das abellas. Lucía: A nosa primeira pregunta é saber cantas abellas pode chegar a haber nunha colmea? Alberto: Pois aproximadamente nunha colmea pode chegar a haber entre 25 e 30 mil abellas. Lucía: Pódesnos ensinar algunha foto de colmeas? Alberto: Si, aquí vos traio algunhas: Esta foto que estades vendo agora e dunha colmea; se vos fixades na parte de abaixo ten como uns buratiños, é por onde entran e saen as abellas. Lucía: Pois imos coa segunda pregunta. A parte do mel que máis produtos poden facer as abellas? Alberto: As abellas ademais de facer mel fan un produto chamado xalea real que agora no mercado está moi caro e moitos productos máis… E verdade iso que din de que se non hai abellas acábase o mundo? Alberto: Ben, pode ser porque se non hai abellas, non quedan moitos alimentos que elas fan e ademais quedarían moi poucos insectos. Tés algunhas fotos de panais onde as abellas deixan o mel almacenado? Alberto: Si fixádevos nesta foto: Se vos mirades con atención, na parte negra é donde hai mel e na branca aínda non hai nada, hai un cousa moi curiosa sobre o paneis. Os paneis sempre os fan de forma inclinada para que o mel non verta. Lucía: Como alimentan as demais abellas á raíña? Alberto: As abellas fan un furado na colmea e póñenlles dous furados pequeniños e por aí é onde lle dan a comida á raíña. Lucía: Por que todas as colmeas teñen que ter raíña? Alberto: Todas as colmeas teñen que ter raiña porque ela é a que manda e senón as demais abellas non saben o que teñen que facer. Lucía: Ata aquí a entrevista de hoxe, queres dicir algo antes de deixarnos Alberto? Alberto: Si, queríavos dicir que nunca deixedes de observar a natureza porque é un mundo misterioso e moi divertido sobre todo o das abellas. E tamén vos deixo un refrán sobre elas que ten que ver co tempo que temo sestes días: << Abellas revoltas, tempestades ás voltas>>.

LUCÍA FOUCE LÓPEZ 6º

Equipo Dinamización da Lingua Galega


As Letras da Ponte

n ó i ic

U

D OS O D N

DR ONS

OM

aer ontrol r s a r n c que en un ode se e p Son as. Teñ , que p lad tancia as. r u a p i r s m t di n cá o a 70 m. o t c o m a 1 uipados 5 2 de n ir eq e Pod

ma

Desde o ano 2004 en E spaña hai unha normat iva que establec e as condicións nas qu e se poden usar, quen os pode pilo tar e os lugares onde se poden utilizar.. AESA avisa de qu e os drons non so n xoguetes polo qu e non poden voar onde hai moita xente co ma praias, parque s... Se non cumplim os as normas pó dennos sancionar co n multas de máis de 200.000€ .

tiva

n i non f s e De onav e-

Nor

EDLG

Carla Xóan Santi Abraham Sara öscar Dani 6º

Utilidades e vantaxes Os drons poden usarse en actividades deportivas e de ocio sempre que respectemos a normativa. Tamén se usan a nivel profesional. Os militares foron os primeiros en usalos pero agora empréganse en agricultura para control dos cultivos, na industria, en medio ambiente, para topografía, no mundo da publicidade... Ao noso entender o mellor é que serven tamén para a observación e vixiancia en situacións especiais como poden ser os incendios forestais, os terremotos, os volcáns ... En Galicia xa se usaron tamén no rescate de persoas. Para a provincia de Lugo é unha fonte de ingresos xa que se vai a poñer en Rozas unha escola de deseño e construción de drons que creará postos de traballo. CEIP A PONTE 2015-2016

11



As Letras da Ponte

As nosas producións...

EDLG

13

Pretendemos nesta revista dar a coñecer algunhas das actividades que celebramos no CEIP A PONTE

AS COUSAS DO SAMAÍN No CEIP a Ponte celebramos as festas de ciclo anual. Empezamos co recuperado Samaín e, dicimos recuperado porque a piques estivemos de deixarnos invadir por costumes alleas como o Halloween, moi respectables pero non de máis valor que as nosas propias. Seguidamente xa nos chegou o tempo das castañas e fixemos o Magosto. Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega promovimos un Certame para que os nosos alumn@s do cole que son uns grandes artistas amosaran o que son capaces de facer. Nos traballos presentados puxeron de manifesto a súa gran creatividade e orixinalidade tanto nas producións escritas de contos, poemas e banda deseñada como coas súas terroríficas cabazas.

das familias que foron de gran axuda, en especial, cos traballos dos máis pequeniños.

A pantasma vai voando a cabaza sorrindo a bruxa vai coa súa vasoira os gatiños van andando e o terror vai voando. Os morcegos voando pola noite os espíritos van ás súas casas os esqueletos empezan a sorrir e así é todo no Samaín. Nuria

Agradecemos aquí a colaboración

CEIP A PONTE 2015-2016


14

As Letras da Ponte

Equipo Dinamizaciรณn da Lingua Galega


As Letras da Ponte

EDLG

15

Escuras sombras

ÍN... GA O SAMA

E CANDO CH

, ga o Samaín Cando che postín. vístome de día stos todo o u s s o m a d E , s de enerxía cheos todo arías. oitas chuch m r a ñ a g ra pa s os diferente Todos vam res, g s máis ale cos disfrace entes... policías, ax tes! lla sen den e v e d ta a E , a o Samaín g e h c o d n Ca n festín. comemos u o ulta divertid Sempre res cun amigo disfrazarse , n descosido ó is m a c n u c o. s e un abrig unhas luva García Uxía Varela ria 6º de prima

Días curtos, noites longas, escuras sombras e pouca luz. Neste tempo tan sinistro, neste outono que chegou, veñen a nós coma brumas, coma pantasmas de horror. Bruxas, trasnos e algún mago todos volven en Samaín , mais que queiran meter medo xa sabemos que aí están. Nós tamén nos disfrazamos e divertimos sen máis, facemos con cabazas monstros con cara infernal. Días curtos, noites longas, escuras sombras e pouca luz. Dani

O Samaín Xa chegou o S amaín Unha festa de moito festín Xa chegou po r fin Canto tardou… o Samaín. é a noite do tr inta e un de ou tubro Noutros lugare s é a festa do “ Halloween” Xa chegou po r fin Canto tardou… o Samaín. Os rapaces de pantasmas As rapazas de bruxas Riremos sen p arar deica á casa re gresar Xa chegou po r fin canto tardou… o Samaín. ata a unha da mañá comeremos ch uches sen para r ata que nosas nais nos come cen a chamar xa chegou por fin canto tardou… o Samaín. David V.R.

CEIP A PONTE 2015-2016


16

As Letras da Ponte

O SAMAÍN Polo samaín ímonos disfrazar, e bruxas por aí ímolas atopar, hai que recordar, que non se hai que asustar. Os disfraces medo teñen que dar, pero non se hai que pasar, e ímolo gozar , sen dubidar e sen pensar. Morcegos, bruxas , pantasmas, imos atopar , pero non se hai que asustar, porque se non podeste desmaiar. Mirella

SAMAÍN Cando chega o samaín haise que disfrazar porque aos outros nenos hai que asustar. No Colexio da Ponte preparamos cabazas para un concurso, que hai que ganar Eu escondereime detrás das portas para asustar aos demais, así que se saiades da casa vaia medo que ides pillar! Os que máis guapos van ir van ser os de 6º con cabazas e disfraces ímosvos facer chorar ou rir. Cando chegue Aurora ímola asustar, menudo medo que vai levar. Lucía

Equipo Dinamización da Lingua Galega

Samaín Polo samaín hai cabazas e bruxas pero tamén hai sapos e curuxas Se tes moito medo vai moi amodo porque senon poñeraste incómodo Imos celebrar o samaín e imos facelo moi rapidín Unha poesía imos facer que non ides esquecer. Iván

Samaín ese Samaín van todos a por ti Samaín ese samaín onde bruxas e curuxas van todas a por ti Samaín ese samaín espectros espectrais van todos a por ti Samaín ese Samaín homes e mulleres lobo van todos a por ti Samaín ese Samaín zombis e morcegos van todos a por ti Samaín ese Samaín vampiros e momias van todos a por ti Samaín ese Samaín se non te escondes rápido van todos a por ti Samaín neste samaín se estás cos teus amigos vanche entrar ganas de rir! Sabela


As Letras da Ponte

CEIP A PONTE 2015-2016

EDLG

17


metuera

18

As Letras da Ponte

O Magosto é unha das festas de ciclo anual na que mellor o pasamos. Tradicionalmente degustamos o preciado froito asando as castañas e coméndoas no patio. Nos días previos á celebración os nenos e nenas de todos os cursos traballan duramente para engalanar os corredores e as aulas. Convocamos tamén nesta ocasión certame de conto, poema e banda deseñada. Os máis pequeniños fan debuxos e todos se dedican a dfacidui ssequam

Tempo de Magosto Alto estou cor de ouro teño e por unha risotada perdo o que teño.

Altos pais. Capeludas nais. Os fillos inchafoles. Adiviña ti se podes.

O noso castiñeiro

O MAGOSTO ESTÁ PRESENTE NO NOSO REFRANEIRO

O froito, a festa, a árbore....

«Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño»

miniat. Illa con utet nulput

Unha cousa que vive na devesa e vaille picar o cu á artesa.

«Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín» «Con castañas e bo viño ándase o camiño »

Equipo Dinamización da Lingua Galega


As Letras da Ponte

No CEIP A Ponte seguimos coas festas de ciclo anual, agora é a quenda do MAGOSTO, celebrarémolo o vindeiro venres 13 de novembro. Ese día contaremos con xogos tradicionais nas instalacións do polideportivo. Haberá baile coa coreografía do programa “El hormiguero” que podedes ver en https://www.youtube.com/ watch?v=KDpzkphiUBQ por se queredes practicar na casa. Tamén contaremos co xa tradicional “Rap do magosto”. No corridor do edificio administrativo estarán expostas as obras de arte feitas cos froitos do outono para que nos podamos decidir pola que máis nos gusta antes de proceder á votación o venres 13.

EDLG

En internet (na web do Centro, no apartado de Normalización) e no blog do EDLG poderedes ver traballos presentados ao certame (contos, poesías, banda deseñada…) Farase entrega dun diploma ao dono ou dona do mellor traballo en cada modalidade. Non vos esquezades das adiviñas, refráns e receitas!!! Haberá no recreo “degustación de castañas asadas” (non tedes que traer almorzo da casa), lembrade que hai que facer un contedor para recoller as cascas. CEIP A PONTE 2015-2016

19


20

As Letras da Ponte

miniat. Illa con utet nulput

metuera

Equipo Dinamizaciรณn da Lingua Galega


As Letras da Ponte

CEIP A PONTE 2015-2016

EDLG

21


metuera

22

As Letras da Ponte

Vai chegando o Magosto Outono quentiño vas chegando amodiño traendo follas secas e un magosto de enchentas Bailando ao son das castañas e dos ourizos tamén celebrando o Magosto que para a barriga tamén Con castañas da castiñeira e noces da nogueira unha mini carballeira con froitos a rebentar e todos todos podémolos papar Bailando ao son das castañas… Non traiades merenda que coas castañas xa chega pero traede bebida para acompañar nesta festiña Bailando ao son das castañas…

miniat. Illa con utet nulput

Con moitos xogos para xogar e varios amigos para falar moi ben o ides pasar porque o Magosto 2015 por fin aquí está xa!

Equipo Dinamización da Lingua Galega

O Magosto Magosto magostiño ven chegando rapidiño se non e moi aburrido­-­ e por iso isto escribo Falaremos e bailaremos cantaremos e riremos pero sobretodo molaremos Non traiades merenda e vos daremos unha enchenta castañas e máis castañas ata que neste magosto os do CEIP A PONTE nos fartemos.


As Letras da Ponte

CEIP A PONTE 2015-2016

EDLG

23


metuera

24

As Letras da Ponte

Xa chegou o Nadal ao CEIP A Ponte

Panxoliñas, postais, poemas, programas televisivos, videos en youtube e coreografías.... Que nos falta?

Visitounos o Apalpador traendo recomendacións lectoras

Tamén Papá Nöel trouxo agasallos

Os días previos ao festival, todos os cursos se dedicaron a engalanar as súas clases e tamén os corredores. Deixaron voar a imaxinación na creación de fermosos contos e poesías. Participaron en concursos externos recibindo dous premios; un da Asociación A Pipa e outro da Biblioteca Nodal. Volvimos ás nosas raíces vendo a tradición do Apalpador pero tampouco rexeitamos costumes importados como Papá Nöel.

No comedor prepararon lambetadas propias destas datas

miniat. Illa con utet nulput

Tivemos turróns, mazapáns...

Todas as clases se afanan adornando as aulas e os corredores

Equipo Dinamización da Lingua Galega


As Letras da Ponte

CEIP A PONTE 2015-2016

EDLG

25


26

As Letras da Ponte

miniat. Illa con utet nulput

metuera

Equipo Dinamizaciรณn da Lingua Galega


As Letras da Ponte

Tempo para a expresión artística: obras de teatro e tamén actuacións musicais Uns cantan panxoliñas, outros interprétanas coas súas frautas.

CEIP A PONTE 2015-2016

EDLG

27


metuera

28

As Letras da Ponte

CHEGA O NADAL O Nadal é a data que máis nos gusta con agasallos e turrón e coa familia ao carón. Portádevos ben se queredes agasallos porque os encargados diso son os Reis Magos. Cun montón de agasallos estounos desexando abrir a min non me trouxeron carbón pero ao mellor cho traen a ti. Soando as campás todos a cantar facedeo ben seguede o meu compás.

miniat. Illa con utet nulput

A neve pintando o chan de branco parece unha alfombra enorme que cubre todo o campo. Chega Papá Nöel non colle pola chimenea de comer tanto turrón está que estoupa. Lucía

Equipo Dinamización da Lingua Galega


As Letras da Ponte

EDLG

6º Ed. Primaria

PREMIOS EXTERNOS Un ano máis tivemos a sorte de que se recoñecera o noso traballo e esforzo. Primeiro foi Nuria que recibiu o 2º premio de poesía infantil do XXIV CERTAME LITERARIO A PIPA 2015. Volveu a ser a afortunada polo Certame de Poesía do Nadal convocado pola Biblioteca Nodal. Lucía, nas Letras Galegas, recibiu o premio de relato curto convocado pola Asociación de libreiros de Lugo. E acabámonos de enterar de que novamente Nuria obtivo o 3º premio de conto no Certame das Letras Galegas da Biblioteca Nodal de Lugo. Cruzaremos os dedos para ver se tamén acada premio na fase provincial. A continuación podedes ler os traballos premiados.

A BONDADE SEMPRE GAÑA Fóra a pobreza, fóra a fame aquí o que conta é a bondade. Cando un neno chora, unha estrela desaparece Cando unha estrea aparece un neno crece. O ben trunfa e o mal perde Porque isto é NADAL e nada o vai gañar. Fóra a pobreza, fóra a fame aquí o que conta é a bondade. Os nenos pobres sempre piden pero hoxe viven. O meu desexo de Nadal É que a pobreza desapareza xa!

Frío, branco branco, frío todo o que vexo é branco todo o que sinto é frío.

Un home de pelo vermello está moi preto con zocas chegará e con castañas nos fartará.

Copos de neve caen boliñas brancas e máis copos de neve caen boliñas vermellas e máis.

Copos de neve caen boliñas brancas e máis copos de neve caen boliñas vermellas e máis.

De momento é pola mañá así que a emoción pode comezar. Que é o que se ve por alá? Un home que parece que vai rebentar.

Que ten, unha pipa para mastigar ou unha pipa para soprar? O apalpador unha boina levará pero aínda non sei como se lle dá pintar!

Copos de neve caen boliñas brancas e máis copos de neve caen boliñas vermellas e máis.

Copos de neve caen boliñas brancas e máis copos de neve caen

boliñas vermellas e máis.

Fóra a pobreza, fóra a fame aquí o que conta é a bondade.

CEIP A PONTE 2015-2016

29


metuera

30

As Letras da Ponte

Poema Nadal Xa chega o Nadal que ven o imos pasar con froitos da época e amigos para xogar O Apalpador castañas nos dará e os Reis Magos agasallos a fartar No Nadal neve haberá e bonecos de neve se farán que ben o imos pasar sairemos sempre xogar Carla

O NADAL Estamos no inverno época do Nadal na que todos os nenos o pasamos xenial. Primeiro, vén Papá Nöel despois, os Reis Magos e ledos esperamos moitos agasallos.

miniat. Illa con utet nulput

Estamos no inverno época do Nadal na que comemos turrón e moito mazapán. Estamos no inverno remata o Nadal e eu estou moi feliz por poder regresar ao colexio a estudar. David

SORRISO DE OURO Belas estrelas noite do luar facede que as panxoliñas non deixen de borboriñar. Noiteboa, Noitevella dáme igual cando sexa porque nestas datas o normal é que haxa pouca pobreza. Velas estrelas noite do luar facede que as panxoliñas non deixen de borboriñar. Un cadro fermoso reflexa o Nadal vexo máis dun sorriso de ouro que trigo nun trigal. Belas estrelas noite do luar facede que as panxoliñas non deixen de borboriñar. O que sexa un friorento non vai parar o único que quere facer é o frío escorrentar. Belas estrelas noite do luar facede que as panxoliñas non deixen de borboriñar.

Equipo Dinamización da Lingua Galega

Emilio 3º


As Letras da Ponte

CEIP A PONTE 2015-2016

EDLG

31


32

As Letras da Ponte

miniat. Illa con utet nulput

metuera

Equipo Dinamizaciรณn da Lingua Galega


As Letras da Ponte

EDLG

Día da paz e non violencia Celebramos o día da Paz o 30 de xaneiro cun recital de poemas pola paz que tivo lugar no salón de actos. Foron gravados e subidos a youtube.

No día escolar da NON VIOLENCIA e da PAZ comemorando a morte de Mahatma Gandhi en 1948 nenos e nenas de 6º un traballo de investigación sobre a súa vida. Tampouco faltou a tradicional solta de pombas no

CEIP A PONTE 2015-2016

33


34

As Letras da Ponte

Equipo Dinamizaciรณn da Lingua Galega


As Letras da Ponte

EDLG

35

2 0 1 6

CEIP A PONTE 2015-2016


metuera

36

As Letras da Ponte

O TEMPO DE ENTROIDO A pauta máis estendida nos últimos decenios consiste en cinguir a celebración aos catro días que van desde o sábado ao martes de Entroido, cunha pequena inflexión o luns. Sen embargo, o ciclo festivo completo é o seguinte: 1.-Domingo Fareleiro (nalgunhas localidades Domingo Oleiro). 2.-Xoves de Compadres (ou de Comadres). 3.-Domingo Corredoiro 4.-Xoves de Comadres

(ou de Compadres, se foi de Comadres o anterior). 5.-Domingo, luns e martes de Entroido. 6.-Mércores de Cinza (soamente nalgúns casos). 7.-Domingo de Piñata. (Soamente nalgúns casos urbanos de recente creación). É tempo para as bromas, inversión de valores, o bulicio e a alteración aparente da orde.

Tempo de Entroido O bo comer Cocido rico cocido galego feito con boa materia prima cultivada por un labrego. Cansados xa de comer estamos a rebentar porque con tanta comida empezámonos xa a fartar. Pobre meco que o van queimar que mágoa me da e el moito vai chorar.

miniat. Illa con utet nulput

Orellas, roscas e filloas doces típicos de entroido esqueceremos as calorías por saborear esas delicias.

Equipo Dinamización da Lingua Galega


As Letras da Ponte

EDLG

ESTE ENTROIDO... De que te vas disfrazar? Te en conta que, non escollas un ao azar. Un disfrace que escoller, cos amigos a correr; deste día voume lembrar, todo o tempo nel pensar. Estoume a preguntar, a pregunta máis sinxela: de que me vou disfrazar? Quizais vaia de cadela. Quizais vaia de soldado, cun sombreiro de arlequín; co traxe descolocado, pero cun gran maletín. Igual de vagabundo, coa roupa rachada; e algúns nenos do mundo, levarán unha espada. Coplas de entroido PP, PSOE, Cidadáns e podemos fan o que queren pero non, o que queremos. PP e PSOE moito cumpren pero de cumprires nones¡. Queren mellorar o país pero se non nos fan caso será un fracaso.

Entroido entroidiño Entroido, entroidiño, onde vas tan amodiño? temos ganas de troular e de unhas filloas papar. Comeremos deliciosas orellas, que saben mellor cas lentellas, e tamén ricas filloas que parecen gominolas. Entroido, entroidiño, onde vas tan amodiño? temos ganas de troular e de unhas filloas papar. Xa nos vestimos de cociñeiros, porque somos un pouco larpeiros e este ano toca disfrazarnos do que nosoutros decidamos. Entroido, entroidiño, onde vas tan amodiño? temos ganas de troular e de unhas filloas papar. De indios e vaqueiros, de fadas e cabaleiros, ou de demoños que máis da, moi ben o imos pasar.

Todos os votantes temos razón pero eles non merecen perdón.

CEIP A PONTE 2015-2016

37


metuera

38

As Letras da Ponte

COPLA ENTROIDO

Coplas de Entroido

Imos celebrar do o martes de entroi sar, pa os e moi ben o im

Neste fermoso entroido cantarolas cantaremos e as coplas do entroido no salón de actos recitaremos

miniat. Illa con utet nulput

Disfrazados iremos moito comeremos ñeiros riremos. e cos nosos compa A Ourense iremos remos a os peliqueiros ve s asustaremos. e coas máscaras no idas Algunhas das com que haberá serán rtar. cocido e filloas a fa

Equipo Dinamización da Lingua Galega

Con peliqueiros e pantallas de animais ou gandeiros de soles e estrelas que ven o celebraremos Despois no comedor un cocido haberá con cachola e nabizas que rico todo estará


As Letras da Ponte

EDLG

Engaiólate cos poemas de Manuel María!

Para o teu disfrace inspírate nalgún dos poemas da obra “Os soños na gaiola”. Podes ser sol, lúa, arco da vella, barco, muíño, fouce, arado, carro, año, caracol, pita, galo, vaca, lobo, paxaros, afiador, labrego...

Tamén teremos:

Coplas de entroido Desfile de comparsas Baile “Mestura de culturas” No recreo degustación de larpeiradas típicas de entroido

E.D.L.G.

CEIP A PONTE 2015-2016

39


metuera

40

As Letras da Ponte

San Valentín A pesares de considerar esta festa como unha iniciativa comercial, desde o Equipo pensamos en que podiamos sacarlle partido para potenciar a oralidade e a escrita en galego. Establecimos o día de San Valentín como o “día de amor e amizade” atendendo tamén así a costumes doutros paises. Todos iamos recibir un agasallo consistente nun poema de amor ou amizade pero podendo facer uso do anonimato; deste xeito, de haber algún neno ou nena que non reciba poema collerémolo do banco de poemas que crearemos escribindo poemas de amor dos nosos autores máis coñecidos. Na biblioteca alumn@s recitaron fermosos poemas de amor escritos por algún dos máis relevantes escritores ou escritoras galegos-as coma Rosalía de Castro, Curros, Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, e Manuel María. Tamén houbo unha exposición de libros coa temática do amor. Expuxéronse libros onde o amor en todas as súas variante –amores compartidos, amores incomprendidos, amores imposibles, amores heroicos ou amores filiales. Os alumnos de 6º fixeron un traballo de investigación para ver as diferenzas no tocante a esta celebración entre países. Logo fixemos fotocopias que repartimos aos outros cursos.

miniat. Illa con utet nulput

Gravamos en vídeo os poemas e subímolos a youtube.

Equipo Dinamización da Lingua Galega


As Letras da Ponte

EDLG

Poesía San Valentín 2016 Si namorada estás o día de San Valentín unha camiseta e un calcetín de vermello vestirás Un ramo de rosas e outro de mimosas a ti danche e contenta quédache Cupido xa chega co seu arco e as súas frechas unha frecha lanzarache e unha nova parella formarase. Por San Valentín amores mil os namorados alguns xa casados danlle as suas noivas agasallos.

San Valentín

O catorce de febreiro un libro de agasallo recibirás e unha rosa vermella mercarás xa que á túa namorada lla darás. Ai! Ai! San Valentín cantos cartos se gastan o día de San Valentín. Xoias e flores para as rapazas e para os rapaces libros e gravatas mercan os mozos e mercan as mozas, mercan as anciás e mercan as novas. Ai! Ai! San Valentín cantos cartos se gastan o día de San Valentín. David Varela Rodríguez

Sara García Corredoira

CEIP A PONTE 2015-2016

41


metuera

42

As Letras da Ponte

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO Amcommy

miniat. Illa con utet nulput

ROSALÍA de Castro (1837-1885), fundadora da literatura galega contemporánea, é unha figura cumio das letras galegas e universais.

Este vaise i aquel vaise, E todos, todos se van; Galicia, sin homes quedas Que te poidan traballar. Tes en cambio, orfos e orfas E campos de soledad, E nais que non teñen fillos E fillos que non ten pais. E tes corazóns que sufren Longas ausencias mortás, Viudas de vivos e mortos Que ninguén consolará.

Equipo Dinamización da Lingua Galega

Rosalía foi unha poeta excepcional e incomprendida, nunha época que foi incapaz de asumir un alegato tan admirabelmente revolucionario como o seu.


EDLG

As Letras da Ponte

43

Esta foi a nosa colaboraciรณn co Museo e coa Asociaciรณn de Escritores en Lingua Galega

CEIP A PONTE 2015-2016


44

As Letras da Ponte

Celebrando o día da árbore

Coidando do noso horto

En contacto coa natureza O noso Centro ten un enclave marabilloso, as beiras do Miño e cun patio con arbores enormes.

Aumentando a flora

A semana do 16 ao 20 de marzo no Centro fixemos varias actividades relacionadas coas árbores e coa auga. Contamos coa doazón por parte da Deputación de dous libros: para Ed. Infantil ó libro de contos “Érase unha vez un castiñeiro” e para Ed. Primaria “O Castiñeiro dos desexos”, elaborados polo escritor e xornalista Xose Antonio Perozo. Tamén contamos cunha guía para axudarnos na elaboración de actividades. Os alumn@s fixeron lecturas na aula para debater sobre a necesidade de coidar o medio ambiente e, en especial, o coidado de árbores e da auga, un ben moi escaso ainda que en Galicia non sexamos moi conscientes. Elaboramos carteis que se pegaron nas

paredes dos corredores principais e por último o venres cada clase propuxo un nome para o castiñeiro que íbamos plantar. Nas clases houbo unha votación para poñerlle un nome á nosa árbore, logo escollemos un ao chou. O acto da plantación dos castiñeiros serviu para comemorar o décimo aniversario da Declaración como Reserva da Biosfera de Terras do Miño e Ancares. Estes actos serven para que os nosos alumn@s sexan conscientes dende pequenos da necesidade de preservar o medio ambiente, comezando polo seu hábitat máis próximo. Ademais este ano fixemos pequenos experimentos nas clases. Vimos como se podían tinguir as flores, plantamos tomates...

Os máis pequenos seguiron coa plantación do horto escolar. Despois da plantación veu a recollida das leitugas, dos allos, das cebolas... E asi foron cargadiños para as súas casas.

Equipo Dinamización da Lingua Galega


As Letras da Ponte

CEIP A PONTE 2015-2016

EDLG

45


metuera

46

As Letras da Ponte

Unha árbore Unha árbore vestida de feliz cor primavera que busca boa vida e paixón verdadeira. Na súa terriña agarda sentada a unha amiguiña que aparecera da nada. Axudada do ar, quería voar dar un rico froito para podelo papar e flores quería para adornar. Agardaba impaciente a chegada de cada estación no seu querido bosque onde tiña o corazón. Tiña axudantes animais que a querían axudar a ter unhas pernas bonitas para poder camiñar

miniat. Illa con utet nulput

Un día calquera as raíces creceron a árbore púxose de pé e saíu ver mundo enteiro.

Equipo Dinamización da Lingua Galega


As Letras da Ponte

EDLG

47

Recollendo a colleita para levala ĂĄ casa e comela.

Gravamos as experiencias e sĂşbimolas a youtube

CEIP A PONTE 2015-2016


48

As Letras da Ponte

The most popular

Coa “Voz” Semana da Prensa

Coa Semana da Prensa pretendemos familiarizar ao noso alumnado con este medio de comunicación, que nos achega a realidade, próxima ou lonxana, e que pode ser un bo recurso para fomentar a lectura, introducir ou

afianzar o uso de novas fontes de información, descubrir outras formas de comunicar, analizar con sentido crítico..., o que contribuirá a aumentar as súas competencias lingüísticas, culturais e sociais.

Mércores co xornal Guer iustrud eniat sim

Grazas ao xornal “La Voz de Galicia” o alumnado de 5º e 6º de primaria do Centro recibimos a prensa todos os mércores. É un xeito de complementar os libros fomentando a súa lectura e desenvolvendo así o sentido crítico. Poñémosnos ao día.

Día do libro Para a celebración do día do libro intercambiamos experiencias con outros centros e elaboramos uns paneis xigantes onde cada membro da comunidade educativa indicou o libro que estaba a ler. E participamos no cer-

Equipo Dinamización da Lingua Galega

tame convocado pola Asociación de Libreiros de Lugo resultando Lucía de 6º gañadora.


As Letras da Ponte

EDLG

Semana da Prensa Do 7 ao 11 de marzo celebramos a 28º edición da Semana da Prensa na Escola, unha iniciativa instituída oficialmente dentro do calendario escolar en 1989 e impulsada por “La Voz de Galicia”.

CEIP A PONTE 2015-2016

49


50

metuera

As Letras da Ponte

2 0 1 6

miniat. Illa con utet nulput

C O N T A C O N T O S Equipo Dinamizaciรณn da Lingua Galega


As Letras da Ponte

EDLG

Indagamos, ilusionámonos, lemos, aprendemos... Recibimos aos contacontos que fixeron as ledicias dos máis pequenos. Mergullámonos no mundo do circo dando paso á ilusión. Buscamos información e aprendemos ao tempo que ya transmitimos aos nosos compañeiros ....

Contamos con actividades encamiñadas ao fomento da lectura na nosa lingua. Seguimos coas actividades de “contacontos” tanto os promovidos desde as editoriais que nos envían persoal especializado coma os “contacontos de grandes para pequeniños” nas que os oradores son os nenos e nenas de máis idade que lles contan os contos ao alumnado de Ed. Infantil e 1º ciclo.

PACO NOGUEIRAS que estivo na biblioteca contando contos e tamén cantando e recitando o poema “Soñei con Tuturutu” de Xosé Neira Vilas. Logo cantou e tocou o lukelele. Contou contos divertidos e fantasticos: “Despois da chuvia” de Miguel Cerro, “Imos cazar un oso” de Michael Rossen e “O pito cairo” de Marisa Núñez. Contamos tamén cos contacontos da Ed. Anaya e da Ed. Santillana.

O alumnado de 5º e 6º están dentro do Proxecto E-Dixgal polo que traballan no día a día coas novas tecnoloxías. Buscan información sobre temas variados e logo preséntanllo a outros cursos. Crean marcapáxinas, presentacións ou mesmo crean vídeos dídácticos.

Fixeron estudos sobre a fauna dos arredores do Centro porque este ano avistamos unha garza e unha londra. Investigaron sobre as paraxes naturais de Galicia: “As Fragas do Eume” e“ O complexo dunar de Corrubedo”. Un ano máis fixemos o estudo da nosa climatoloxía e como neste curso tivemos fortes inundacións, aproveitamos a ocasión para que os nosos reporteiros fixeran a gravación a modo de informativo para que os Centros cos que intercambiamos experiencias puideran ver a nosa situación. Fan marcapáxinas con temas de actualidade como o zika.

CEIP A PONTE 2015-2016

51


52

As Letras da Ponte

miniat. Illa con utet nulput

metuera

Equipo Dinamizaciรณn da Lingua Galega


RQ U

ES

RAIS U T NA

DE

EDLG

GALICIIA:

ARREGAL E VIX DE C AN XO DUNAR DE C O R R U B LE E D O LAGOAS MP CO

PA

As Letras da Ponte

Coordenadas: 42°33’40”N 9°2’25”W É a duna máis grande de Galicia. Ten unha lonxitude de1,2 km, 20 m de altura e 250 m de ancho. As correntes de aire arrastran a area cara ao interior, en dirección Noreste, uns 3 cm por ano. As Dunas de Corrubedo conteñen as Lagoas de Carregal (de auga salgada) e do Vixán (de auga doce). Situado entre as Rías de Arousa, Muros e Noia. Probablemente Corrubedo conta coa maior poboación -entre fauna e flora- de toda Galicia. As lagoas de Corrubedo e a de Vixán acollen moitas variedades de flora con abundantes carrizas e xuncos. No tocante á fauna destacan as londras, cercetas, mazaricos, culleretes, pirlos, pillaras... Existen 10 tipos de anfibios e 14 de réptiles. O dato das aves acuáticas é realmente impresionante, xa que rondan os 2.300 individuos, reunidos en máis de 35 especies.

Sabías que…?

Nas Dunas de Corrubedo, pola súa espectacularidade e tamén polo seu aspecto de deserto gravaron algunhas películas do oeste. Con máis de 1km de largo, 250m de ancho e case 20m de alto, e visitado con case máis de 300.000 persoas a o ano, é o parque natural máis visitado de Galicia. Alí gravouse a película “Mar Adentro”, que foi gañadora do Óscar da mellor película de lingua estranxeira. Esta película foi creada por Alejandro Almodóbar.

Aroa, Clara, Sara, Uxía e Iria 6º

CEIP A PONTE 2015-2016

53


metuera

54

As Letras da Ponte

ES

DE

GALICIIA:

do eume

Situación Coordenadas xeográficas 43°25’03”N 08°04’06”O O seu límite oriental é a Serra da Loba (700 m de altitude), na cadea dorsal galega. Cara ao oeste, o parque esténdese ata moi pouco antes da desembocadura do río en Pontedeume. Todo o seu territorio encádrase na comarca do Eume, que limita ao norte coa de Ferrolterra e ó sur coa das Mariñas. Son cinco os concellos que comparten o espacio natural. De leste a oeste: As Pontes de García Rodríguez, Monfero, A Capela, Cabanas e Pontedeume.

as ag

RQ U

RAIS U T NA

fr

PA

Descrición As Fragas do Eume son o mellor bosque supervivente do tipo atlántico costeiro de Europa. Foi nomeado parque natural o 30 de xuño de 1997. Conta cunha extensión de 9126ha de ladeiras e montes que acompañan o río Eume. Bosque mixto de frondosas considerado un dos máis extensos da Galicia litoral e relevante a nivel europeo como bosque climático.

miniat. Illa con utet nulput

Flora Os carballos cobren as abas do canón fluvial acompañados dun amplo repertorio vexetal e bosques de ribeira. A humidade propicia variedades de fentos de grande interese. Nas Fragas do Eume existen unhas 28 especies distintas de fentos. A árbore máis abundante é o carballo, pero tamén está o castiñeiro, salgueiro, a abeleira, o ameneiro, loureiro, umeiro, lamigueiro, o teixo, estripeiro, abruñeiro, pereira brava e a maceira brava. E hai máis de 220 especies de fungos. Fauna O interior das fragas é un ambiente ideal para que prosperen as comunidades de anfibios: ra patilonga, sapiño troiteiro, salamántiga galega, lagarto das silvas, lagartixa da serra... Abundan os insectos. Entre as aves: ferreiriño común, tordo galego, bufo real, peto real, falcón peregrino... Dentro dos mamíferos destacan: martaraña, raposo, leirón, garduña, gato bravo... Iván, David, José, Óscar e Dani 6º Equipo Dinamización da Lingua Galega


As Letras da Ponte

EDLG

Vivimos o mundo do circo... Grazas รก banda municipal vivimos o mundo do circo.

CEIP A PONTE 2015-2016

55


metuera

56

As Letras da Ponte

Prexadrez O Contamos coa presenza dun monitor enviado pola Escola de Xadrez “Xaquedrum”. O que se pretende con esta actividade é divulgar os movementos e reglas básicas do xadrez. A lingua galega foi a empregada tanto nas sesións impartidas nas aulas coma nas fichas que acompañaron á actividade.

miniat. Illa con utet nulput

Está máis que demostrado que o xadrez reporta beneficios a varios niveis. Por unha banda os procesos cognitivos xa que se mellora a atención e a concentración, a percepción especial, a memoria, o razonamento lóxico e tamén favorece o proceso lector. Beneficia tamén a intelixencia emocional porque promove paciencia e disciplina e tamén se beneficia a intelixencia social xa que fomenta o respect polas normas, a socialización, a empatía e a adaptación ao entorno.

Equipo Dinamización da Lingua Galega


As Letras da Ponte

O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo.

O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa.

O idioma é a vida, o coitelo da dor o murmurio do vento a palabra de amor

O idioma é a forza que nos xungue e sostén se perdemos a fala non seremos ninguén

O idioma é o tempo, é a voz dos avós ese breve ronsel que deixaremos nós.

O idioma é o amor o latexo, a verdade a fonte da que agroma a máis forte irmandade

O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, máxicamente vello, eternamente novo.

Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer precisamos a lingua se queremos vencer

Manuel María

17 de maio 2016

MANUEL MARÍA, un home chave para entender Galicia Cultivou a poesía, o teatro, a narrativa, o ensaio, a conferencia e o xornalismo literario nun centenar de obras

O autor home-naxeado tras unha ampla carreira na que se converteu nun home chave para entender a Galicia actual, como unha das persoas máis influentes na política e a cultura da Comunidade na segunda metade do século XX.

EDLG

57

LETRAS GALEGAS A PONTE CON MANUEL MARÍA

Contamos coa visita da escritora Dolors Tebrás para recitarnos versos do autor homenaxeado.

CEIP A PONTE 2015-2016


metuera

58

As Letras da Ponte

miniat. Illa con utet nulput

Os nenos e nenas de Ed. Infantil de 3 anos interpretan así a festa. Os nenos e nenas de Ed. Infantil de 4 anos escoitan os poemas de Soños na Gaiola de Manuel María e asi é como os representasn

Equipo Dinamización da Lingua Galega


As Letras da Ponte

Logo de escoitar os poemas e ilustralos , buscan na baralla o autor mailo poema e fan xogos de parellas

CEIP A PONTE 2015-2016

EDLG

59


metuera

60

As Letras da Ponte

O cuco

A pega G A L E G A S

L E T R A S

L E T R A S

O escrebinte G A L E G A S

O corvo L E T R A S

E.D.L.G

O boi L E T R A S

O gato L E T R A S

As estrelas G A L E G A S

miniat. Illa con utet nulput

L E T R A S E.D.L.G

G A L E G A S

O vento L E T R A S

O galo

L E T R A S

G A L E G A S

L E T R A S

G A L E G A S

O río L E T R A S

G A L E G A S

E.D.L.G

Equipo Dinamización da Lingua Galega

G A L E G A S

A lebre L E T R A S

O caracol

G A L E G A S

G A L E G A S

O lobo

O carro L E T R A S

G A L E G A S

A vaca L E T R A S

E.D.L.G

G A L E G A S

O grilo

G A L E G A S

A lúa L E T R A S

G A L E G A S

O foguete

G A L E G A S

E.D.L.G

O chifre

As campás G A L E G A S

L E T R A S

L E T R A S

E.D.L.G

G A L E G A S

O mar L E T R A S E.D.L.G

G A L E G A S

L E T R A S

E.D.L.G

O soñador

E.D.L.G

G A L E G A S

L E T R A S E.D.L.G

E.D.L.G

L E T R A S

G A L E G A S

L E T R A S

A bolboreta L E T R A S

G A L E G A S

E.D.L.G

E.D.L.G

E.D.L.G

G A L E G A S

E.D.L.G

O carrizo L E T R A S

E.D.L.G

O tractor L E T R A S

G A L E G A S

L E T R A S

E.D.L.G

O lume novo L E T R A S

G A L E G A S

G A L E G A S

E.D.L.G

E.D.L.G

E.D.L.G

E.D.L.G

A roda roda

E.D.L.G

O sol G A L E G A S

O merlo L E T R A S

O pardal L E T R A S

E.D.L.G

A muiñeira

E.D.L.G

L E T R A S

L E T R A S

E.D.L.G

G A L E G A S

G A L E G A S

L E T R A S

G A L E G A S

E.D.L.G

E.D.L.G

G A L E G A S

L E T R A S

O burro L E T R A S

A andoriña

E.D.L.G

A boneca L E T R A S

E.D.L.G

G A L E G A S

G A L E G A S

L E T R A S

E.D.L.G

E.D.L.G

O barco

O paspallás

E.D.L.G

G A L E G A S

L E T R A S

Arco da vella

L E T R A S

G A L E G A S

G A L E G A S

E.D.L.G

E.D.L.G

E.D.L.G

G A L E G A S

G A L E G A S

L E T R A S

Manuel María Manuel María

E.D.L.G

L E T R A S

L E T R A S

E.D.L.G

G A L E G A S

O año

Manuel María

E.D.L.G

E.D.L.G

L E T R A S

G A L E G A S

G A L E G A S

E.D.L.G

G A L E G A S

O labrego

G A L E G A S

L E T R A S E.D.L.G


As Letras da Ponte

EDLG

2 0 1 6 L E T R A S G A L E G A S CEIP A PONTE 2015-2016

61


62

metuera

As Letras da Ponte

Actividades realizadas no patio e no salón de actos O alumnado de Ed. Infantil no patio xogan cos crebacabezas xigantes: “O arco da vella” “O carro” e a portada de “Os soños na gaiola”

Os nenos e nenas de Educación Infantil rea-lizaron traballos colectivos e cada clase recibiu o seu agasallo e este diploma.

miniat. Illa con utet nulput

No salón de actos houbo recitado de poemas de Manuel María e tamén os dos traballos premiados. Houbo competición nos xogos para ver quen máis sabía do escritor homenaxeado. Non fallaron nin unha soa pregunta polo que quedou en empate. Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria prepararon esta presentación.

Equipo Dinamización da Lingua Galega


As Letras da Ponte

CEIP A PONTE 2015-2016

EDLG

63


64

As Letras da Ponte

miniat. Illa con utet nulput

metuera

Equipo Dinamizaciรณn da Lingua Galega


As Letras da Ponte

EDLG

A SÚA OBRA: OS SOÑOS NA GAIOLA. APRENDEMOS OS SEUS POEMAS E ILUSTRÁMOLOS.

BUSCAMOS INFORMACIÓN SOBRE O AUTOR

ELABORAMOS UN CARTEL DA SÚA OBRA E CON EL FIXEMOS UN CREBACABEZAS XIGANTE

INVESTIGAMOS SOBRE O TRABALLO NO RURAL NOUTRA EPOCA (As distintas tarefas, o entorno , apeiros…como se traballaba antes e como se traballa agora) Agradecemos a colaboración das familias

CEIP A PONTE 2015-2016

65


miniat. Illa con utet nulput

metuera

66

As Letras da Ponte

Momentos lúdicos tamén para dar a coñecer a vida e a obra do autor homenaxeado.

Aló polo 1963, un 20 de marzo de 1963, un grupo de tres membros da Real Academia Galega fixeron unha proposta que marcaría os inicios desta celebración. A proposta consistía en que o 17 de maio de cada ano se declarase como “Dia das Letra Galegas” coa finalidade de que nesta data se recollera o latexo material da actividade intelectual galega. Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, deron os motivos da súa proposta “era o 1963 había que celebrar o centenario da publicación de CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro”, a Academia debería consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual. Ambos os tres estimaban que este libro editado en 1863 “foi a primeira obra mestra coa que contou a literatura galega contemporánea”

Equipo Dinamización da Lingua Galega

e que “a súa aparición veu a darlle prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria”, concluíndo que representa “un fito decisivo na historia da renacenza cultural de Galicia”. Desde aquela foron moitos os homenaxeados pero Manuel María é un dos que máis vinculados estivo coas escolas, nunca en vida dubidou en asistir aos centros escolares para contribuír á normalización da Lingua Galega. Agora, tras a súa morte, segue latexando na nosa escola. Nós decidimos que non só o iamos homenaxear nunha data concreta senón ao longo de todo o curso. Elaboramos unha web especial para recoller os traballos que iamos facendo. Gravamos en vídeo a lectura dos seus poemas. Fixemos entroido de poesía, empregamos os seus versos no Día de San Valentín, o Día da Paz...


As Letras da Ponte

Os crebacabezas xigantes cos que xogaron os nosos nenos e nenas de Educaciรณn Infantil.

CEIP A PONTE 2015-2016

EDLG

67


Paxina web dedicada a Manuel María Biografía, obras, xogos...

Creamos unha páxina web para recoller nela as actividades realizadas ao longo de todo o curso que xiraron arredor da vida e obra de Manuel María. Creamos test, brincaletras e pasapalabras para dar a coñecer a vida e obra do escritor chairego. Creamos barallas con cada un dos

poemas que aparecen na obra “Os soños na gaiola” que serviron para dar a coñecer a temática da súa obra aos máis pequenos. As barallas tamén serviron de entrada para participar no carrusel da ilusión. Para participar debían presentar a fotografía do autor e a dun dos seus poemas.


As Letras da Ponte

CEIP A PONTE 2015-2016

EDLG

69


70

As Letras da Ponte

Equipo Dinamizaciรณn da Lingua Galega


As Letras da Ponte

CEIP A PONTE 2015-2016

EDLG

71


72

As Letras da Ponte

miniat. Illa con utet nulput

metuera

Equipo Dinamizaciรณn da Lingua Galega


As Letras da Ponte

CEIP A PONTE 2015-2016

EDLG

73


74

As Letras da Ponte

Recitando poemas de Manuel Maria e outros de produción propia gañadores do certame de Nadal

Equipo Dinamización da Lingua Galega


As Letras da Ponte

Contamos con: -obradoiro de astronomía para os alumn@s de infantil que xa estaban a traballar nunha actividade intercentros relativa aos planetas e que presentaron no festival de fin de curso. Contaron con todo o sistema solar a escala cunhas espectaculares maquetas, -obradoiro da dixestión, viron como o robot dixería canto comía. Robbie que así se chamaba o robot ensinoulles a importancia e función de cada parte do noso aparello dixestivo ao tempo que promove unha alimentación saudable e equilibrada, -obradoiro de submarinos, aquí conflúen autores de ciencia ficción e científicos e permítennos comprender o concepto de densidade Xullo Verne, Isaac Peral e Antonio Sanjurjo Badía introdúcennos na idealización e construción dun submarino. É unha actividade ideal para promover o interese pola lectura, a ciencia e o traballo en equipo.

EDLG

75

A VOLTAS COA CIENCIA O día 24 de maio contamos coa presenza de Antonio que organizou obradoiros de ciencia con 6º de Infantil, 1º, 2º e 6º de Ed. Primaria, como unha mostra máis de que ciencia e Galego tivemos uns obradoiros no salón de actos.

Ciencia e diversión poden ir da man

Xogo e robots

CONTÁRONMO E ESQUECINO, VINO E ENTENDINO, FÍXENO E APRENDINO. Confucio

CONFUCIO. Como diciía o filósofo chinés, non hai mellor forma de aprender algo que facelo e isto tamén pasa coa ciencia. A experiencia, a vivencia, a manipulación e a experimentación para unha aprendizaxe significativa

Con estes obradoiros achégannos entretemento e aprendizaxe para intentar comprender as relacións entre Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade.

CEIP A PONTE 2015-2016


76

As Letras da Ponte

miniat. Illa con utet nulput

metuera

Equipo Dinamizaciรณn da Lingua Galega


As Letras da Ponte

CEIP A PONTE 2015-2016

EDLG

77


78

As Letras da Ponte

miniat. Illa con utet nulput

metuera

Equipo Dinamizaciรณn da Lingua Galega


As Letras da Ponte

Cambio climático Entre todos, con pequenas accións podemos conseguir un mundo mellor “Axenda 21” é unha actividade promovida polo Concello e que neste curso traballaron o cambio climático. Nesta ocasión alumnos de 5º e 6º de Ed. Primaria fixeron traballos de investigación para ver como estaba a influir o cambio climático. Especial atención fixeron ao efecto invernadoiro. Fixeron experimentos para comprobar o nivel de contaminación do aire e da auga. Tamén observaron distintos tipos de sistemas luminosos, desde a tradicional bombilla aos leds. Comprobaron non só o nivel de luz que producen , tamén o custo e o nivel de contaminación de cada un deles. Estudase ao mesmo tempo a opción que supón menor consumo que é a mellor opción para o medio ambiente.

CEIP A PONTE 2015-2016

EDLG

79


80

As Letras da Ponte

Equipo Dinamizaciรณn da Lingua Galega


As Letras da Ponte

EDLG

VIDA SAUDABLE Levamos dous anos traballando nun proxecto sobre vida saudable. Os alumnos e alumnas de 6º fixeron un estudo antropométrico do alumnado de Ed. Infantil para ver a evolución cando rematen este ciclo. Traballos de investigación, elaborando presentacións para informar aos outros cursos. As familias de 6º de Ed. Infantil participaron no proxecto aportando platos tan saudables como podedes ver.

Con estes actividades pretendemos educar desde infantil en hábitos de vida saudables. Correcta alimentación e deporte.

CEIP A PONTE 2015-2016

81


82

As Letras da Ponte

miniat. Illa con utet nulput

metuera

Equipo Dinamizaciรณn da Lingua Galega


As Letras da Ponte

EDLG

Remata o curso Actividades de despedida de fin de curso O curso 2015-2016 chega ao seu fin

Nam inum a volorei ciatio qui comni odi conseque nam, consece ressim Graduacións Os nenos de 6º simpatía e a marcha fixeron as de Ed. Infantil xa van dar o salto delicias de todos os espectadoa Primaria. Ademáis da tradires. cional imposición de birretes e entrega de diplomas, este curso deleitaronnos cunha fabulosa interpretación teatral onde deron a coñecer todo o Sistema solar. Nos días previos afanáronse na cteación da nave, onde viaxaba o astronauta, na creación dos planetas e deu xenio velos como sabían os seus textos, semellaban ser verdadeiros actores. Por se fora pouco, tamén interpretaron un fabuloso rap, onde a

CEIP A PONTE 2015-2016

83


84

As Letras da Ponte

Tamén nos días previos contactaron por videoconferencia cos alumnos dos centros colaboradores aos que lles enseñaron o fabuloso traballo que

O resto dos alumnos

andaban a facer.

e alumnas contribuiron tamén a darlle ledicia ao festival con actuacións musicais.

Equipo Dinamización da Lingua Galega


As Letras da Ponte

Fin de curso

Despedida de 6º de Ed. Primaria

Os nenos e nenas de 6º tiveron momentos moi emotivos porque para eles a despedida ten un enorme significado, e a despedida do Centro onde votaron nove anos das súas vidas. Parece que foi onte cando chegaron ao centro, pequerrechiños e chorando porque se tiñan que separar das súas nais, dos pais ou dos seus avós. Dito sexa de paso, habería case que consolar máis aos familiares que aos nenos e nenas que entran en Ed. Infantil.

Momentos emocionantes como o da imposición das bandas. Momentos tristes tamén porque non todos se van para o mesmo Instituto polo que sinten máis a separación.

Ledicia durante a celebración da festa na aula ainda que acompañada de perrenche tanto de alumnos como da profe que tanto os vai votar de menos.

EDLG

Era o tempo para darlles mequiño e que se sintan como na casa, seguros e queridos, Logo, nun plis plas, sen decatarnos aqueles xoguetiños pequenos fixéronse mociños e están despedíndose do cole, dos seus amigos, do persoal non docente, dos mestres... E sabedes, agora volta a chorar coa emoción da despedida so que agora son tamén os mestres os que choran polos que se van.

DESPEDIDA. Xa no salón de actos, despedirse de todos volve a ser un momento moi especial.

PALABRAS. A mellor ferramenta para expresar os sentimentos, a palabra. Con fermosas palabras dixéronnos adeus. MARCHA. E como viñeron facendo durante todos os festivais prepararon unha coreografía como toque final no Centro “Sorry”

CEIP A PONTE 2015-2016

85


E a despedida de Ed. Infantil. Medran sen darnos nin conta e.... aquí a proba, para o ano que ven xa para Primaria,

A nosa despedida máis cariñosa para os nenos e nenas de 6º que dan o adeus á súa andaina no CEIP A Ponte despois de 9 anos onde os vimos medrar tanto no sentido físico (vaia tipazos se gastan) como na faceta persoal. Non cambiedes nunca, seguide sendo boas personas e non esquezades que o esforzo é o camiño para acadar o éxito. Non vos esquezades de nós!


As Letras da Ponte

Rematou o curso. Graduáronse e chegou o tempo de gozar e divertirse Aprender, xogar, deporte, emocións...

EDLG

87

Tempo de diversión. O campamento de fin de curso

A Ribeira Sacra e O Courel foron os lugares nos que alumnos e alumnas de 6º pasaron unha aventura que de seguro non esqueceran. Gozaron de paraxes naturais cunha beleza impresionante e demostraron que estaban en forma coa adrenalina a tope.

A nosa historia xeolóxica nos museos

Practicando Kayak e rafting nos Cañóns do Sil

Roteiros pola natureza

Val das Mouras

Felices disfrutando dun merecido descanso.

CEIP A PONTE 2015-2016


88

As Letras da Ponte

Galicia, beleza, natureza, historia e diversión.

Unha promoción, a do 2010-2016 que se vai pero permanecerá nos nosos corazóns.

O primeiro día foi de visita a museos onde aprenderon cousas da historia xeolóxica de Galicia.

Ao seguinte día fixeron kayak e un roteiro polo Caurel. Recorreron camiños antigos entre muros de pedra e árbores senlleiras. No Val das Mouras deixaron mergullar a súa imaxinación no mundo das lendas.

Equipo Dinamización da Lingua Galega


As Letras da Ponte

CEIP A PONTE 2015-2016

EDLG

89



As Letras da Ponte

Galicia, beleza, natureza, historia e diversión.

EDLG

Unha promoción, a do 2010-2016 que se vai pero permanecerá nos nosos corazóns.

E o tempo voaba, xa era o terceiro día, e tocou escalada nun rocódromo e logo somerxéronse nos Cañóns para facer rafting nas correntes do Sil.

O útlimo día foi multiaventura e como todo o bo, rematou e de volta na viaxe en autobús a dormir e soñar con toda a diversión….

CEIP A PONTE 2015-2016

91


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.