Viaxe á Cataluña Patrimonio da Humanidade

Page 1

Viaxe á Cataluña Patrimonio da Humanidade

VIAXE Á CATALUÑA PATRIMONIO DA HUMANIDADE COMO EXPERIENCIA FORMATIVA

Introdución: A viaxe abrangue un percorrido pola historia de España que vai desde A Tarraco romana, pasando polo Cister Medieval no Mosterio de Poblet e a Barcelona Modernista con Gaudí como máximo expoñente, Parque Güell e Sagrada Familia. Para finalizar tamén se visitará a Barcelona Olímpica como reflexo da transformación total dunha cidade con motivo dun acontecemento singular. En definitiva, visitaremos unha das grandes cidades europeas que conxuga nun curto radio unha gran riqueza de patrimonio histórico coa singularidade de ser vila olímpica e berce do Modernismo. Non se concibe unha viaxe destas características sen abrir unha ventá ao aspecto lúdico que a idade destes alumnos require. Considérase que a visita ás instalacións do Fútbol Club Barcelona e Port Aventura son o suficientemente relevantes e únicas para formar parte deste proxecto didáctico.

Xustificación na elección de datas: 1- Ao ser 2º BAC un curso final de etapa que ademais supón un cambio de centro e ten unha proba externa, considérase inapropiada a interrupción da terceira avaliación xa de por sí extremadamente curta. 2- Todas as probas da segunda avaliación deben estar realizadas previamente xa que é precisamente a semana escollida para a viaxe cando se entregan as cualificacións polo que pedagóxicamente é unha das máis axeitadas do calendario escolar. 3- É a primeira semana da primavera o que é un factor importante no tocante a climatoloxía dos lugares a visitar. 4- Factor económico, é a última semana de temporada baixa co que os custos de aloxamento son moito máis reducidos que nos seguintes meses.

1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.