No CEIP A Ponte seguimos coas festas de ciclo anual, agora é a quenda do MAGOSTO, celebrarémolo o vindeiro venres 13 de novembro. Ese día contaremos con xogos tradicionais nas instalacións do polideportivo. Haberá baile coa coreografía do programa “El hormiguero” que podedes ver en https://www.youtube.com/ watch?v=KDpzkphiUBQ por se queredes practicar na casa. Tamén contaremos co xa tradicional “Rap do magosto”. No corridor do edificio administrativo estarán expostas as obras de arte feitas cos froitos do outono para que nos podamos decidir pola que máis nos gusta antes de proceder á votación o venres 13.
En internet (na web do Centro, no apartado de Normalización) e no blog do EDLG poderedes ver traballos presentados ao certame (contos, poesías, banda deseñada…) Farase entrega dun diploma ao dono ou dona do mellor traballo en cada modalidade. Non vos esquezades das adiviñas, refráns e receitas!!! Haberá no recreo “degustación de castañas asadas” (non tedes que traer almorzo da casa), lembrade que hai que facer un contedor para recoller as cascas.