Letras Galegas 2018

Page 1


1

Índice iografía ....................................................................2

B

Actividades Ed. Infantil..........................................5 Actividades 1º Ed. Primaria....................................9 Actividades 2º Ed. Primaria.................................11

Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

Actividades TEA........................................................13 Actividades 3º Ed. Primaria..................................14 Actividades 4º Ed. Primaria..................................16 Actividades 5º Ed. Primaria..................................20 Actividades 6º Ed. Primaria..................................22 Carteis........................................................................24 Web QR......................................................................26 Bibliografía...............................................................27


Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

2

BIOGRAFÍA

María Victoria Moreno Márquez naceu en Valencia de Alcántara (Cáceres). Filla do toledano Vicente Moreno Moreno e da malagueña Sara Márquez Bueno. Ela foi a maior de tres irmáns: Sara, Antonio e Rafael. Ata o 1943 viviu na casa dun tío materno moi preto da fronteira con Portugal. No 1943 destinaron ao seu pai a Segovia onde morreu no 1949. A súa nai era mestra en Sepúlveda pero alí non había instituto. En 1951 grazas a obter unha bolsa de estudos Mª Victoria foi para Barcelona a facer o Bacharelato, foi nesta época que aprendeu catalán e francés. Tamén foi nesta época que leu dous dos seus libros favoritos: O Quixote e O Principiño. Do 1858 ao 1963 estivo en Madrid onde estudou na Universidade Complutense a carreira de Filoloxía Románica. Houbo dous profesores aos que admiraba e deixaron pegada nela: Rafael Lapesa e Dámaso Alonso. Din que Lapesa era capaz de facer calquera cousa polo seu alumnado menos enfadarse e isto mesmo fixo Mª Victoria. Tamén del aprendeu o amor polas linguas minoritarias. De Dámaso Alonso aprendeu a paixón pola literatura. Foi en Madrid onde Mª Victoria coñeceu a Xosé Luís LLácer porque nese tempo ela colaborou coa ONCE traducindo libros e lendo para invidentes. Casou con el ao rematar a carreira. No 1963 vai co seu home para Pontevedra porque a el contratárano como profesor no colexio da ONCE. Mª Victoria traballou dous anos como interina e no 1965 aprobou as oposicións. O seu primeiro destino foi o Instituto Masculino de Lugo, foi compañeira e fíxose amiga de Xesús Alonso Montero. En Lugo estivo dous anos e logo foi para Vilanova onde estivo catro anos, por este tempo empezou a escribir a novela Anagnórise. No 1967 volve á súa querida Pontevedra exercendo como profesora e logo como catedrática en dous institutos: IES Valle-Inclán (daque-


Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

3

la Instituto Feminino) e o IES Gonzalo Torrente Ballester onde onde traballou ata xubilarse. Aínda que era profesora de Literatura Castelá, aproveitaba os venres para ensinar Lingua Galega, cousa que por aquel tempo da ditadura de Franco non estaba ben vista pero o seu amor pola nosa lingua dáballe forzas para soportar a represión. Foi unha persoa dedicada á defensa e promoción do galego. No 1968 crea xunto con oitos socios a Libraría Xuntanza de Pontevedra. Deu clases de galego na asociación Amigos da Cultura de Pontevedra e no Ateneo de Ourense e por iso sacáronlle o pasaporte; eran consideradas actividades subversivas porque o réxime impedía que se falara galego. Mª Victoria decidiu escribir en galego para a rapazada cando moi poucos se atrevían. Foi unha pioneira na literatura infantil e xuvenil. Coa represión non foron quen de roubarlle a ilusión e seguiu ensinando e escribindo en galego e tendo unha participación activa no mundo cultural e político de Pontevedra. En 1973 publicou “Mar adiante”, unha novela divertida na que contaba a historia dunha mestra que daba clases no Arroás, un barco onde os nenos e nenas aprendían o que non ven nos libros. No 1975 vese cumprido o desexo ao rematar o proceso de adopción dos seus dous fillos: Begoña e Carlos. Foi tamén unha das primeiras escritoras en traballar a igualdade de sexo e puxo como protagonistas das súas historias a nenas que tiñan inquedanzas, que soñaban e tiñan aventuras ben distintas aos contos de fadas e princesiñas. No 1979 publica “O cataventos” polo que acadou o premio “O Facho” No 1983 publica “A festa no faiado”, no 1985 “A brétema” e no 1986 publica “Leonardo e os fontaneiros” polo que recibe o 3º Premio O Barco de Vapor. No 1987 “E haberá tirón de orellas?” historia dunha cadela chamada Alma como as súas na vida real. Do 1988 ao 1988 MªVictoria formou parte da dirección da colección


Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

4

Árbore de literatura infantil da Editorial Galaxia. Tamén no 1988 publica “Anagnórise”. No 1994 publica “¿Un cachiño de bica?”. No 1996 morreu o seu home, José Luís Llácer e no 1997 diagnosticáronlle cancro de mama. Segue traballando e no 1999 publicou a novela xuvenil “Guedellas de seda e liño” Mª Victoria Moreno tamén escribiu libros de Literatura (Literatura galega século XX, Literatura 3º BUP, As linguas de España, Verso e prosa) e fixo unha morea de estudos e artigos en revistas. No 2002 inicia relación con Pedro Ferriol, capitán cubano da mariña mercante e que da en voda no 2003. No 2004 ve a luz o ensaio “Diario de luz e sombra” que é unha reflexión sobre a súa experiencia sobre o cancro,nel analiza a enfermidade, as súas consecuencias e a súa repercusión social . Precisamente foi o día da súa presentación cando sabe que ten metástase. No 2005 publica o libro de poesía “Eu canto, ti cantas...”. Mª Victoria Moreno morre o 22 de novembro do 2005. Despois do falecemento publicáronse no 2006 “Elexia s de luz” e “Onde o aire non era brisa”. Dela podemos dicir que foi unha “profesora con maiúsculas” revolucionando a forma de dar clase e de relacionarse co alumnado; foi escritora, relatora, tradutora... Dominaba o castelán, o catalán, o francés, o italiano, o romnés, o portugués...pero foi na nosa lingua -o galego- na que decidiu escribir, soñar, vivir... Foi unha persoa agarimosa, amante dos animais, dos nenos, das flores... enérxica contra as inxustizas, xenerosa e decidida, loitadora ata o fin, valerosa ante a vida o amor e a morte. Destacar dúas das súas fermosas frases: “As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos”. “A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”.


5

Ed. Infantil Ola!, chámome Mª Victoria, nacín en Valencia de Alcántara (Cáceres). No 1943 fun vivir cos meus pais a Segovia. Fixen o bacharelato en Barcelona. Estudiei Filoloxía Románica en Madrid. No 1963 fun vivir a Pontevedra. Tamén estiven dous anos en Lugo cando aprobei a oposición e, catro en Vilalonga(Sansenxo).Volvín a traballar en Pontevedra no 1967.

LLee 118 G Gaall 0 0 8 2 2 s s s s ttrraa eeggaa

SEGUE OS CAMIÑOS QUE ME LEVARON DUN LUGAR A OUTRO


6

SE REPASAS OS PUNTIÑOS TERÁS O MEU NOME COMPLETO

Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ Colorea a imaxe da homenaxeada no día das Letras Galegas 2018.


7

Imos practicar a lingua de signos. FĂ­xate como poĂąemos as mans e logo pon ti o nome da escritora homenaxeada.

M

Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

A

R

I

C

T

O

E

V

N


Sempre me gustaron os animais. No meu conto “A festa no faiado” a protagonista, unha boneca chamada Uxía quere que Gato -un gato de faiado- sexa máis considerado cos ratos.

Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

8

MARCA O CAMIÑO QUE TEN QUE SEGUIR O GATO PARA CHEGAR AO RATO.


Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

9

1º Ed. PRIMARIA

CONTAMOS A cantos cans non lles ves a cara?.................... Cantos cans teñen fame?........................................ Cantos cans miran á esquerda?............................ Cantos cans miran á dereita?................................ Cantos cans miran de fronte?............................... Cantos cans están ?..................................................


10

Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

A María Victoria Moreno gustábanlle moito os animais. Tivo dúas cadeliñas e ás dúas lles puxo de nome Alba. Ela quería que se sentiran felices e coidábaas moito.

COMO CRES TI QUE SE SINTEN OS CADELIÑOS?

TRISTE

CONTENTO

ENFADADO

ABURRIDO


11

2º Ed. PRIMARIA

Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

Pica ou recorta as pezas e fai o crebacabezas.

Une as dúas columnas correctamente e obterás os títulos de libros escritos por Mª Victoria Moreno. Eu conto, A festa Leonardo ¿Un cachiño ¿E haberá Guedellas de Diario da luz

no faiado. e os fontaneiros. e a sombra. tirón de orellas? ti cantas... de seda e liño. de bica?


12

Serás quen de localizar as vogais que se deron á fuga?

M_R__ V_CT_R__ M_R_N_ M_RQ__Z

Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

Ordena estas imaxes da vida de María Victoria Moreno Márquez:

En 1973 Mª Victoria Moreno publicou unha novela na que unha mestra tiña unha escola moi especial nun barco. De que novela estamos a falar?................................................................


Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

13

Ed. PRIMARIA AULA TEA


Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

14

3ยบ Ed. PRIMARIA


15

Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

Aquí están os símbolos de Galicia. Falta un, cal é?.............................................. Busca información na biblioteca do Cento na Enciclopedia Galega ou ben na web para saber quen escribiu a letra do noso himno e quen compuxo a música. Autor da música.......................................................... Autor da letra .............................................................


16

4º Ed. PRIMARIA

Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

Le a biografía de Mª Victoria Moreno Márquez e logo fai esta sopa de letras fixándote nas pistas das definicións.

Agora ordena os seus libros por orde de publicación.

Primeiro................................................................. Segundo................................................................. Terceiro.................................................................. Cuarto.....................................................................


Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

17

Le a biografĂ­a de MÂŞ Victoria Moreno e completa a historia familiar.


18

Asocia personaxes ou obxectos co libro no que aparecen:

Nicolao Uxía

Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

Iván Mariquiña

Vagalume Correcamiños Arroás Alma


Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

19

Mira si eres quen de descubrir a frase agochada.

Sitúa no mapa as poboacións nas que deu clases Mª Victoria Moreno.


20

5º Ed. PRIMARIA Que che parece que quere dicir a escritora con esa expresión?...........................

Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

Mª Victoria non só exerceu como escritora. Que máis fixo?

Busca no dicionario o significado das palabras alófono e autofonía.

Imos facer un coloquio para que expresedes o que vos parece a vós que quere dicir a escritora homenaxeada ccando di que a súa opción pola lingua é simplemente unha historia de amor.


21

Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

1. Colorea no mapa a provincia na que naceu Mª Victoria Moreno. A que comunidade autónoma pertence?.................................... 2. Sitúa onde estudou o Bacharelato e onde foi a Universidade. 3. Para vir da súa provincia de nacemento a Pontevedra, cantas comunidades ten que atravesar?............................................................................ Por cantas provincias pasas?..................................


22

6º Ed. PRIMARIA

Imos poñer a proba a túa memoria para ver se te lembras dos homenaxeados no día das Letras Galegas. Se che falla a memoria, investiga na internet.

Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

AUTOR

OBRA


23

Le 18 Gal 0 2 s s tra ega

1. Cal foi o lugar de nacemento de Mª Victoria Moreno? 2. Dúas cidades onde estivo na súa infancia. 3. Que estudou? 4. Cidade na que fixo a súa carreira universitaria. 5. Cidade onde marchou vivir despois de casar. 6. Cidade onde deu clase dous anos. 7. Título do primeiro libro publicado. 8. Nome do can protagonista dunha novela súa. 9. Último libro publicado despois da súa morte.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.