encontraron o cadáver, apareceu
O MONSTRO DA HORTA
Calabazombie
Conta a lenda que, no ano 1901 había
un
monstro
chamado
Calabazombie, que habitaba nunha horta. Tiña a cabeza en forma de cabaza, un abrigo largo negro cheo de musgo e un pantalón negro. Un día un neno pasou pola horta,
o
que
consideraba
un
insulto para él. Correu detrás do neno ata que chegaron a súa casa e, alí díxolle : non volvas pasar pola miña horta ou, do contrario matareite. Unha semana despois, o neno pasou pola horta sen querer, e Calabazombie correu detrás del, ata chegar a un bosque e mentras
o
perseguía,
o
neno
tropezou, e alí o matou. Despois a familia non encontraba ao neno, polo que chamaron a policía . A policía, despois de tres semanas buscando, encontrou o cadáver tirado
no
bosque.
Cando
por
detrás
,
e
posuiu aos policías e nunca máis saíron de alí. E dende aquela , as almas do neno e dos policías habitan
nese
bosque.
Despois
daquilo, os veciños da zona din que cada noite se escoitan ruidos horripiantes
no
denominado
“Bosque das almas”, de xeito que ninguén se atreve a acercarse .
O home lobo Conta a lenda que fai moitos anos nunha cidade abandonada apareceu un home lobo que aterrorizaba aos turistas. Isto segue a acontecer cada cen anos. Din que o home lobo era vello, forte, alto, tiña o pelo negro, os ollos de color verde e moi intelixente. O día de Samaín tiñamos una acampada preparada cos compañeiros de clase a un lugar chamado Van Helsing. Instalámonos nunha zona que había cerca dun bosque moi grande. Mentres os demais durmían eu, que estaba desperto observando as estrelas escoitei uns ruidos que viñan do bosque. Levanteime para investigar .Puiden ver unha sombra que pelexaba cun corzo, parecía unha persoa, pero en realidade era moi grande e ao voltarse hacía min tiña a cara cuberta de pelo e as mans... non eran mans ! eran poutas. Corrín con todas as miñas forzas, cando cheguei ao campamento, despertei aos meus compañeiros para contarlles o sucedido pero non me creeron. Pasadas as horas escoitáronse outra vez os mesmos ruidos só que máis fortes. Esta vez fomos todos a mirar, e o único que atopamos foi un rastro de sangue, que nos levou ata dous cadáveres. Aterrorizados corremos coma nunca na nosa vida. Cando voltamos ao campamento démonos conta de que Xoaquín e Xaime non estaban. Entrounos tanto medo que quedamos
paralizados ,a profe estaba nerviosa, dándonos a orde de recollida para marchar deseguida, cando de repente o home lobo se avalanzou sobre ela. Corremos tanto como puidemos ata chegar ata un barranco que había ao lado do bosque, escondémonos coa esperanza de que non nos encontrase. Tardou porque estaba comendo a mestra pero deu con nós e trataba de atraparnos coas poutas, pero foi el o que caeu polo barranco xa que a mestra en realidade non morrera, e , aínda que estaba moi ferida puido empuxalo polo barranco. Así foi como nos libramos desa terrible noite, desde aquela noite non volvemos de acampada nunca máis.
Unha noite de terror A noite de Samaín quedeime vendo a tele porque non me divertían as festas e non creía nesa historia de medo. Fun arriba, á miña habitación, e mirei pola ventá, estaba chovendo e facía frío ,así que cerrei a ventá e segundos despois foise a luz. Asustado metinme na cama para ver se volvía. Cando me estaba quedando durmido volveu a luz, así que decidín ver a tele un pouco máis,vin unha película de medo, que non acabei porque me estaba quedando durmido . Apaguei a luz. Minutos despois un raio caeu ao lado da miña casa e asusteime moito , mentres me levantaba da cama sentín un ruído éstrano ,de súpeto da tele saíu unha man ,despois unha perna e ao final acabou saíndo unha rapaza medio morta , cos ollos ensanguentados , cun camisón cheo de sangue e co pelo diante da cara.
. Marcheime correndo para o piso de abaixo e marchei
da casa. Xa empezaba a amencer
e fun avisar ao meu veciño . Timbreille un montón de veces , petei nas ventás, berrei , pero non debía estar . Fun a ver se estaba o outro veciño, cando estaba enfronte da súa casa xa o vin no sofá. Díxenlle o que me pasaba e el non o podía crer . Estiven todo o día con el porque non me atrevía a ir a miña casa despois do que ocorrera. . Xa eran cerca das 9 da noite e o meu veciño preguntoume se quería quedar a durmir na súa casa , ao que por suposto accedín porque tiña medo de volver e quedarme só . Días despois regresei , e non se volveu a ver tal cousa, pero desde aquel Samaín nunca máis pasei outro na miña casa. O veciño xa sabe que tódolos anos, nestas datas, tén un invitado durante dous días.