Non máis pedras - Carteis

Page 1

01

AGRESIร N SEXUAL

En 2016, Blanca regresaba รก casa pola noite. Ao entrar no portal, un home atacouna, violouna e deixouna inconsciente.


02

NA POLICÍA

“Que roupa levabas posta?” “Sentía que eu era a delincuente”* * Testemuño de Blanca, nome ficticio, 20 anos, agredida sexualmente en 2016.

No canto de escoitar frases acusadoras coma esta, as vítimas de violencia sexual teñen dereito a que a policía as atenda co máximo respecto e profesionalidade.


03

NO HOSPITAL

Despois dun atraso de máis dunha hora, o forense que me tiña que atender chegou ao hospital berrando diante de todo o mundo:

‘Vexamos, quen é a vítima?”* * Blanca, logo de ser agredida sexualmente, sufriu 12 horas de maltrato institucional e indefensión.

No canto de escoitar frases coma esta, as vítimas de violencia sexual teñen dereito a acudir a un hospital e recibir unha atención médica axeitada e especializada.


04

PROCESO XUDICIAL

“Non é preciso que volvas chamar”*

Desde o día da agresión ata hoxe, ninguén volveu contactar con Blanca para informala, e o agresor aínda non foi detido. * Testemuño de Blanca, nome ficticio, 20 anos, agredida sexualmente en 2016

No canto de escoitar frases coma esta, as vítimas de violencia sexual teñen o dereito a esixir verdade, xustiza e reparación.


05

NON O CONSINTAS! BASTA DE OBSTÁCULOS PARA AS VÍTIMAS DE VIOLENCIA SEXUAL

©Francisco Ruano

O caso de Blanca exemplifica os prexuízos, os estereotipos e a falta de dilixencia do Estado á hora de atender as vítimas de violencia sexual.

Somos milleiros as mulleres e homes que non consentimos que isto siga pasando.

Asina o manifesto


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.