Cidades iluminadas pfloriani 2012

Page 1

IES PEDRO FLORIANI, REDONDELA Rede de Escolas de Amnistía Internacional

CIDADES ILUMINADAS CONTRA A PENA DE MORTE

30 de Novembro de 2012


30 DE NOVEMBRO DE 2012 Día Internacional das Cidades Iluminadas pola Vida

O 30 de novembro, Día Internacional contra a Pena de Morte. Con este motivo Amnistía Internacional únese a outras organizacións para organizar a Xornada Internacional das Cidades Iluminadas pola Vida, na que as cidades mostran a súa oposición ao castigo capital iluminando algúns dos seus edificios máis emblemáticos (pica na imaxe para ver a información na páxina de AI).


Este ano o noso grupo da Rede de Escolas participa reproducindo un dos Viadutos da nosa vila e encartelándoo: FAGAMOS DA PENA DE MORTE UNHA PENA EN EXTINCIÓN

A nosa actividade ten máis sentido este ano porque tamén o noso concello tamén participa nesta acción internacional, aprobando a declaración e colgando as pancartas que se recollen ao final deste documento.


O VIADUTO


O CARTEL


A EXPOSICIÓN


REDONDELA, CIDADE ILUMINADA A nosa vila tamén é unha cidade iluminada


MANIFESTO CONTRA A PENA DE MORTE Hoxe, ao mesmo tempo que en moitas cidades de todo o mundo, conmemoramos o Día Mundial Contra a Pena de Morte / Día Internacional de Cidades pola Vida. Desde Redondela queremos expresar o noso rexeitamento á pena de morte polo seguinte: - Consideramos que a pena de morte é a negación máis extrema dos dereitos humanos. É un asasinato premeditado, a sangue frío, perpetrado por un Estado, pretendidamente en nome da Xustiza. - A pena de morte viola dereitos humanos básicos: o dereito á vida e o dereito de todas as persoas a non seren vítimas de tratos crueis, inhumanos e degradantes... - É discriminatoria. A miúdo é utilizada de forma desproporcionada contra os economicamente máis desfavorecidos, as minorías, os membros de determinadas comunidades raciais, étnicas e relixiosas. - A pena de morte lexitima un acto de violencia e vinganza levado a cabo polo Estado. Prolonga a dor das familias das vítimas do delito e o sufrimento aos seres queridos da persoa condenada. - A pena de morte é arbitraria e irreversible e, dado que a xustiza humana non é infalible, nunca poderá eliminarse o risco de executar unha persoa inocente. Exemplo desta arbitrariedade e irreversibilidade son as máis de 130 persoas exoneradas en Estados Unidos desde 1976. Nos últimos anos veñen dándose avances e pasos positivos para facer que a pena de morte non sexa senón un referente do pasado, mesmo en países nos que a pena de morte estaba moi arraigada. O ano pasado tan só 20 países levaron a cabo execucións. Actualmente, 140 países, máis de dous terzos dos países de todo o mundo, son abolicionistas, ou ben na lei, ou ben na práctica. Pero non todo son boas noticias. Os países que executan fano cada vez en maior medida. China, Irán, Arabia Saudita, Estados Unidos e Iraq teñen o dubidoso orgullo de encabezar esta listaxe. Arabia Saudita triplicou o número de execucións do ano pasado. Só na China foron executadas o ano pasado máis persoas que no resto dos países executores. Irán executou menores de idade. Estados Unidos executa persoas con discapacidade mental. Outros países, como Sudán, condenan mulleres a morreren lapidadas. Non podemos baixar a garda; este ano, en decembro, será votada nas Nacións Unidas unha nova resolución a prol dunha moratoria mundial. Que mellor momento para que os gobernos de todo o mundo tomen posicións fronte á pena de morte! Coa vosa axuda, un mundo libre de execucións é posible!! Non á pena de morte!!


CARTEIS CONTRA A PENA DE MORTE


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.