I Plan Municipal de
IGUALDADE de OPORTUNIDADES
2007_10 Concello de Sarria
I Plan Municipal de
IGUALDADE de OPORTUNIDADES
2007_10
Edita: Concello de Sarria. Concellería de Igualdade Dirección e coordinación: Centro de Información á Muller Equipo de elaboración: Redacción: Erica Fernández López, Ana González García Normalización lingüística: Carme García Conde Deseño e maquetación: Trisquelia Colabora: Secretaría Xeral da Igualdade. Vicepresidencia da Xunta de Galicia
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
00. ÍNDICE 01. Presentación
5
02. Obxectivos e fases do plan
7
03. Marco normativo
11
04. Marco de actuación. A situación de partida
15
05. Áreas de intervención. Obxectivos estratéxicos, obxectivos operativos e medidas
31
06. Seguimento e avaliación
47
07. Vixencia
49
08. Orzamento
49
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
01. P R E S E N TAC I Ó N O Goberno do Concello de Sarria, consciente dos obstáculos que aínda persisten para o logro dunha igualdade plena entre mulleres e homes, séntese emprazado a traballar activamente na súa supresión. Sarria, como outras pobacións, experimentou importantes cambios sociais e culturais nos últimos anos. A realidade actual pouco ten que ver coa que viviron os nosos ancestros. Os valores sociais, as crenzas, os hábitos de lecer, consumo e de traballo de sarriás e sarriaos fóronse adaptando aos novos contextos. As oportunidades das mulleres ampliáronse, mais os indicadores existentes seguen a poñer de relevo a persistencia de obstáculos que as mulleres deben sortear cun maior esforzo ca os homes para alcanzar os mesmos fins. Baixo este marco, coñecedores dos logros que as políticas de igualdade acadaron nas últimas décadas, desexamos seguir avanzando. O principio de igualdade debe integrarse en toda a xestión pública municipal. Declarado o ano 2007, “Ano europeo da Igualdade de Oportunidades para todas e todos”, segundo establece a Decisión núm. 771/2006/CE de 17 de maio de 2006, do Parlamento Europeo e o Consello: “A amplitude do apoio popular... e unha auténtica vontade política, son elementos clave do éxito do marco comunitario contra a discriminación...” As entidades locais e rexionais temos un importante labor que desempeñar como catalizadores e mobilizadores, e o I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal (PIOM) emerxe como instrumento base esencial; como documento marco de traballo. Cómpre desenvolver actuacións e medidas concretas que non son senón froito do resultado dun estudo e avaliación acometido polo persoal técnico e político; coa estreita colaboración institucional e dos distintos axentes sociais. Coa elaboración e posta en marcha deste “I PIOM do Concello de Sarria 2007-2010”, queremos acurtar distancias; achegar solucións concretas e amosar o noso máis firme compromiso nesta materia.
Alcalde-Presidente Claudio M. Garrido Martínez
Concelleira de Igualdade Paula Vázquez Núñez
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
02. O BX E C T I VOS E FA S E S O “I Plan para a Igualdade de Oportunidades Municipal entre Mulleres e Homes do Concello de Sarria 2007-2010”, busca reforzar todas as políticas de promoción da igualdade de oportunidades a nivel local. Un cambio de actitudes, de comportamentos, de formas de vida e de estruturas sociais serán impulsados dende o referente que o propio Concello ofertará. Este Plan significa a realización dun salto cualitativo na xestión municipal. Asume como misión explícita a de servir de instrumento de acción política para fortalecer o proceso de transformación social gradual en materia de xénero. A aparente fragmentación das actuacións concretas non pode ocultar a necesidade dun entendemento harmónico, se queremos acadar e obter resultados no camiño da consecución dunha igualdade efectiva. A integración da óptica da igualdade en todas as políticas de intervención municipal implica traballar en prol da promoción da participación feminina nas distintas esferas da vida social e, especialmente, na economía produtiva. Facelas axentes copartícipes da toma de decisións esixe adoitar estratexias concretas de actuación. E para iso cómpre: F1. Identificar as necesidades, problemas, centros de interese e oportunidades de mellora. O diagnóstico inicial. - Sobre que realidade concreta temos que comezar a incidir e provocar o cambio?. FASE 1. F2. Priorizar e planificar efectiva e coherentemente. - Como abordar a problemática detectada?. FASE 2. Definimos as tres liñas de acción, os obxectivos estratéxicos, que servirán como marco común para toda a Corporación Local nos vindeiros tres anos, e ao redor deles articulamos os 7
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
obxectivos operativos. A súa realización vén determinada por programas anuais específicos de actuación, dotados de recursos organizativos, económicos e persoais, e acompañados de indicadores que permitirán acometer a FASE 3. F3. Facer o seguimento e avaliación de resultados Inclúe un sistema de recollida de información con rexistros organizados: ficha individual de cada actuación prevista, integrada no seu obxectivo operativo específico. Estes documentos son a ferramenta primordial de traballo da comisión de seguimento, creada ao efecto, e composta por persoal técnico, político e representantes dos distintos axentes sociais e económicos implicados. Ao longo do Plan están previstas a convocatoria de reunións co propósito de adaptar e/ou reconducir, de ser o caso, as actuacións. Trátase de buscar a máxima aproximación aos obxectivos establecidos. Só dende o seguimento e a comparación pódese avaliar a pertinencia, eficacia, idoneidade e viabilidade do impacto acadado. Que logros se poden considerar directos?, cales son indirectos ou con cales apenas se visibiliza o resultado? É a fase de AVALIACIÓN a que nos levará a marcar novas prioridades, obxectivos e accións para os anos sucesivos.
OBXECTIVOS Obxectivo xeral O PLAN COMO MARCO DE REFERENCIA para o impulso, desenvolvemento e apoio á integración da igualdade de oportunidades no deseño, execución e avaliación de todas as medidas e actuacións en que se concreten as diferentes políticas municipais. 3 LIÑAS DE ACTUACIÓN (obxectivos estratéxicos) (1-3) 7 ÁREAS DE INTERVENCIÓN (obxectivos operativos) (A-G) 42 ACCIÓNS (medidas concretas)
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
1. Adecuar as políticas ás necesidades prioritarias das mulleres sarriás. 1.1. Educación e cultura. A 1.2. Formación e emprego. B 1.3. Conciliación da vida laboral e familiar. C 1.4. Saúde e benestar social. D 2. Establecer criterios de eficiencia e de organización coordinada entre os distintos departamentos e áreas da Entidade, institucións e axentes sociais vencelladas nas políticas de xénero e muller. 2.1. Cooperación e participación. E 3. Implicar e corresponsabilizar á sociedade respecto dos programas de actuación despregados polo Plan. A importancia da corrección das desigualdades. 3.1. Información e sensibilización. F 3.2. Prevención da violencia de xénero. G
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
FASES
APROBACIÓN PLENO/ DIFUSIÓN PIOM
FASE 3
Sistema rexistro de datos Comisión de seguimento Informes técnicos anuais
SEGUIMENTO E AVALIACIÓN
FASE 2 PLANIFICACIÓN E PRIORIZACIÓN DE OBXECTIVOS
FASE 1 DIAGNÓSTICO - IDENTIFICACIÓN SITUACIÓN DE PARTIDA
3 Liñas de acción Obxectivos estratéxicos 7 Áreas de intervención (A-G) Obxectivos operativos 42 accións Medidas Necesidades Problemas Intereses Oportunidades de mellora
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
03. M A R CO N O R M AT I VO As liñas de traballo nas políticas de igualdade, que se concretan no ámbito municipal a través deste I PIOM do Concello de Sarria, derivan de acordos e convenios tomados noutros espazos de decisión.
ÁMBITO INTERNACIONAL Carta das Nacións Unidas. 1945. A pesar de que de só 30 dos 51 estados membros orixinais permitían que as mulleres tiveran os mesmos dereitos de voto que os homes e puideran ocupar cargos públicos, era a primeira vez que un documento xurídico afirmaba con tanta enerxía a igualdade de todos os seres humanos. Os dereitos da muller ían constituír unha parte central do labor que a ONU tiña por diante: Declaración sobre a eliminación da discriminación contra a muller. Asemblea Xeral da ONU. 1967. Convención sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller. CEDAW. 1981. Ratificada polo Estado Español o 5 de xaneiro de 1984. Conferencias Mundiais sobre a Muller. (México 1975, Copenhague 1980, Nairobi 1985, Beijing (China) 1995, Nova York 2005. A Asemblea da ONU formula e aproba medidas para conseguir que as mulleres gocen de iguais dereitos.
ÁMBITO DA UNIÓN EUROPEA Dende os seus inicios a UE desempeña unha función fundamental no recoñecemento do principio da igualdade de trato. Xa no Tratado de Roma, no ano 1957, establécese que cada estado membro debe aplicar para homes e mulleres o principio: “igual salario por igual traballo”. No 1976 declárase a prohibición de toda forma de discriminación vinculada co sexo. En 1997, o Tratado de Amsterdam consolida un novo fundamento xurídico, creador de de-
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
reitos para as mulleres. A Unión ten dende ese momento como misión explícita a eliminación dos factores de desigualdade, a loita contra os obstáculos que impiden á muller ser cidadá de pleno dereito:
Resolución do Consello e dos ministros de traballo e asuntos sociais, de 29 de xuño de 2000, relativa á participación equilibrada de homes e mulleres na actividade profesional e na vida familiar. Directiva 2002/73/CE, do Parlamento e do Consello, relativa á igualdade de trato entre mulleres e homes nas condicións de traballo. Directiva 2004/113/CE, sobre aplicación do principio de igualdade de trato entre homes e mulleres no acceso a bens e servizos e á súa subministración. V Programa de acción comunitaria para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. (2001-2006). Folla de Ruta da Unión para o 2006-2010, no ámbito do emprego e política social.
ÁMBITO NACIONAL Nos últimos anos producíronse importantes avances lexislativos. Dende o marco xeral da Constitución, de 27 de decembro de 1978 (artigos 9.2, 10, 14) son aprobadas a: Resolución do Consello e dos ministros de traballo e asuntos sociais, de 29 de xuño de 2000, relativa á participación equilibrada de homes e mulleres na actividade profesional e na vida familiar. Directiva 2002/73/CE, do Parlamento e do Consello, relativa á igualdade de trato entre mulleres e homes nas condicións de traballo. Directiva 2004/113/CE, sobre aplicación do principio de igualdade de trato entre homes e mulleres no acceso a bens e servizos e á súa subministración. V Programa de acción comunitaria para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. (2001-2006). Folla de Ruta da Unión para o 2006-2010, no ámbito do emprego e política social.
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
ÁMBITO AUTONÓMICO Tamén a Comunidade Autónoma, no seu eido de competencias, ao abeiro do previsto no artigo 4 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de Autonomía para Galicia, traballa pola defensa da igualdade. Froito deste compromiso xurdiu a Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, de creación do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller: Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia. Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. V plan do goberno galego para a igualdade entre mulleres e homes. 2007-2010.
Os obxectivos e actuacións contempladas neste plan enmárcanse neste contexto normativo, e na obriga que dende o artigo 28 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local, se nos traslada: “Os municipios poden realizar actividades complementarias das propias doutras Administracións Públicas e, en particular, as relativas á educación, á cultura, á promoción da muller, á vivenda, á sanidade e á protección do ambiente”.
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
04. M A R CO D E AC T UAC I Ó N . A S I T UAC I Ó N D E PA R T I DA Sarria, cabeceira da comarca do seu mesmo nome, é unha vila sita no Camiño Francés a Compostela; a 30 quilómetros ao sur de Lugo e a 111 quilómetros da capital de Galicia. Municipio da zona centro-sur da provincia, está localizado, na súa maior parte, no curso medio do río Sarria e delimitada polos montes da Meda, Serra do Páramo e as terras altas de Froián e do río Loio. Cunha extensión de 184,62 quilómetros cadrados, distribuídos en 50 parroquias, conta con 13.352 habitantes, segundo o censo do 2006; dos cales o 48,92% son homes (6.532) e o 51,08% mulleres (6.820). Este dato revela unha densidade de poboación do 72,3; moi superior á media provincial (36,18), e situada entre as máis elevadas da metade sur lucense, xunto á de Monforte (97,30). A relativa carga demográfica pódese explicar polo feito de que a capital municipal da comarca, de 25.406 habitantes, é un puxante centro comercial, administrativo e de servizos, cuxa área de influencia abarca unha ampla extensión, que traspasa os límites municipais. Ben comunicada por estrada e ferrocarril, a súa riqueza económica (gandería, industria, servizos) fan que sexa unha zona dotada de gran vitalidade. É de destacar o impulso que nos últimos anos está tomando o sector turístico. Sarria é o lugar elexido para emprender a súa peregrinación por moitos dos que fan a pé o Camiño de Santiago. A proximidade ás Serras Orientais galegas (O Courel, O Cebreiro, O Incio, Ancares ...) e o seu extraordinario patrimonio cultural e artístico, convértena na mellor porta de entrada para quen desexa visitar as fermosas terras da montaña luguesa. A evolución demográfica marca un lixeiro e sostido crecemento durante os últimos anos. No entanto, o momento presente subliña unha tendencia ao estancamento, con taxas de natalidade e mortalidade moi equilibradas, un predominio por idades da poboación adulta e un proceso migratorio en auxe. Cómpre salientar que nos últimos seis anos a poboación estran-
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
xeira empadroada ascendeu de 112 a 337. Dato do IGE. Ano 2006. O 73% de orixe sudaméricana. Por sexos é bastante parella a representación: 185 mulleres, fronte a 152 homes. Na data de aprobación do I PIOM, os datos de padrón municipal revelan un incremento na cifra de inmigrantes moi relevante (dato extraído a 15 de outubro de 2007): 467 inmigrantes, que se converten en 977, se incluímos ao conxunto de persoas que, tendo a súa orixe en país estranxeiro, xa posúen a nacionalidade española. Agora ben, os indicadores da estrutura poboacional evidencian un elevado grao de envellecemento, situado por riba dos valores medios da Comunidade galega (133%). O índice de envellecemento mide a relación existente entre a poboación maior de 65 anos e a poboación menor de 20 anos. No ano 2006, obtense un resultado de 176,3, por debaixo do da provincia de Lugo (200%) pero sen dúbida, moi preocupante. Por cada 100 persoas menores de 20 anos, 176 son maiores de 65: o 25,49% da poboación total supera esta idade, en contraste co 14,49%, que se atopa na franxa 0 a 19 anos. Por ende, o índice de dependencia da poboación anciá, que marca a relación entre a poboación maior e a potencialmente activa (Ids = P>64 ) / P20-64 x 100), tamén acada unha cifra superior á desexable: o 42,4% fronte ao 34% autonómico.
2,40%
2,10%
22,60% 73%
Sudamérica
Europa
Asia
África
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
Na vila concéntrase o 60,16% da poboación (8.033 habitantes) e prevese, que nos vindeiros anos, coa mellora das infraestruturas, Sarria experimente un notable incremento do seu número de habitantes e se constitúa como referente indispensable na actividade económica produtiva da provincia, grazas á súa privilexiada posición xeográfica.
1. Evolución da poboación Ano 1996 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007
Total 13.023 12.942 12.972 13.018 13.084 13.053 13.142 13.132 13.155 13.352 13.596
Homes 6.378 6.326 6.340 6.353 6.404 6.396 6.436 6.458 6.457 6.532 6.634
Mulleres 6.645 6.616 6.632 6.665 6.680 6.657 6.706 6.674 6.698 6.820 6.962
1.1 Poboación actual segundo sexo e idade Poboación (Padrón) Poboación De 0 a 15 anos De 16 a 64 anos De 65 e máis anos Poboación estranxeira
Idade media
Total 13.352 1.457 8.492 3.403 337 46,3
Homes 6.532 763 4.319 1.450 152 44,8
Mulleres 6.820 694 4.173 1.953 185 47,7
Período 2006 2006 2006 2006 2006 2006
Fonte INE INE INE INE INE INE
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
2006 Total 0-4 5-9 10-14 15-19 20-24 25-29 30-34 35-39 40-44
13.352 389 441 507 593 789 983 967 981 992
Nacementos Defunci贸n Crecemento vexetativo Matrimonios Tasa Bruta de Natalidade (%) Tasa Bruta de Mortalidade (%) Tasa Bruta de Nupcialidade (%)
6.532 212 223 271 316 384 488 475 491 492
2001 54 192 -138 45 4,1 14,7 3,4
6.820 177 218 236 277 405 495 492 490 500
2002 81 153 -72 48 6,2 11,7 3,7
2003
2004
2005
80 147 -67 60 6,1 11,2 4,6
84 157 -73 49 6,4 11,9 3,7
69 180 -111 44 5,2 13,6 3,3
Movemento natural da poboaci贸n e indicadores demogr谩ficos. Fontes: Fichas municipais Caja Espa帽a, IGE- INE.
2006 92 173 - 81 42 6,89 12,95 3,14
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
1.2. Indicadores demográficos. IGE 2006 Idade media Homes Mulleres Porcentaxe de poboación menor de 20 anos Porcentaxe de poboación entre 20 e 64 anos Porcentaxe de poboación de 65 e máis anos Índice de envellecemento Índice de sobreenvellecemento Índice de dependencia global Índice de dependencia xuvenil Índice de dependencia senil
46,3 44,8 47,7 14,5 60,1 25,5 176,3 14,4 66,5 24,1 42,4
2. Socioeconomía. Mercado de traballo No termo municipal de Sarria coexisten actividades económicas de diverso significado. Aínda que as tarefas relacionadas coa explotación do agro destaquen pola riqueza xerada e pola súa inserción nun proceso de modernización, non debemos pasar por alto que este municipio presenta unha das densidades industriais máis elevadas do conxunto provincial. Tradicionalmente, a explotación agraria mantivo un certo equilibrio entre tres dedicacións complementarias: agricultura, gandería e explotación forestal. No entanto, este panorama económico iniciou un proceso de transformación centrado na potenciación pecuaria a conta da subordinación da maior parte das terras de labor e das áreas de bosque ou matogueira. A excesiva fragmentación do terrazgo non facía rendible a actividade agrícola. Os cultivos oriéntanse fundamentalmente cara á alimentación gandeira, impulsora do crecemento económico e comercial da comarca. No que se refire á actividade industrial está vinculada esencialmente ao sector primario: fabricación de embutidos, produtos lácteos, transformación madeireira e fabricación de pensos. Ademais, a industria extractiva tamén acada unha importante representación: cementos e derivados, lousa, minerais... O sector terciario que dá ocupación ao 36% da poboación activa, concéntrase na capital municipal, verdadeiro foco turístico e mercantil da comarca.
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
2.1 Estrutura empresarial Empresas Empresas por condición xurídica Persoas físicas Sociedades anónimas Sociedades de responsabilidade limitada Cooperativas Outras
Dato
Período
Fonte
822 19 367 11 75
2006 2006 2006 2006 2006
IGE IGE IGE IGE IGE
151 171 972
2006 2006 2006
IGE IGE IGE
1.294 1.247 697 550 45 2
2006 2006 2006 2006 2006 2006 2006
IGE IGE IGE IGE IGE IGE IGE
1.453
2006
IGE
Empresas por actividade Industria Construción Servizos Empresas por estratro de asalariados Peme Microempresa sen asalariados de 1 a 9 asalariados Pequena empresa (de 10 a 49 asalariados) Mediana empresa (de 50 a 249 asalariados) Gran empresa (250 e máis asalariados) Número de unidades locais
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
2.2 Outros indicadores socioeconómicos Dato
Período
Fonte
620 20.072
2005 2005
IGE-CMR IGE-CMR
8.580.821 2.126.349 464.871 1.918.439 11.318,86
2005 2005 2005 2005 2004
MH MH MH MH AEAT
347 344 50
2005 2005 2005
IGE-MF IGE-MF IGE-MF
Número de establecementos comerciais Superficie de venda media m²
255 114,49
2002 2002
IGE IGE
Indicador municipal da renda dos fogares (1) Renda dispoñible bruta (euros por habitante)
8.867
2002
IGE
Agricultura Número de explotacións de gando bovino Total bovinos Administración pública Ingresos municipais Impostos directos Impostos indirectos Taxas e outros Rendemento medio do IRPF Construción (3) Número de vivendas de nova planta Variación neta do parque de vivendas Número de edificios de nova planta Comercio polo miúdo
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
2.3. EvoluciĂłn paro
2005 2006 2007 xaneiro 2007 febreiro 2007 marzo 2007 abril 2007 maio 2007 xuĂąo
Total 292 275 294 272 291 288 262 253
Homes < 25 anos > 25 anos 257 35 240 35 258 36 243 29 259 32 259 29 227 35 32 221
Total 460 457 505 478 487 454 433 409
Mulleres < 25 anos > 25 anos 43 417 411 46 56 449 55 423 51 436 408 46 400 33 30 379
600 500 400 300 200 100 0 2005
2006
Mulleres
2007 xaneiro
2007 febreiro Homes
2007 marzo
2007 abril
2007 maio
2007 xuĂąo
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
Segundo os censos de poboación e vivendas, tomados dos ficheiros proporcionados á data polo INE, os sectores terciario e primario (servizos e agrícultura) continúan a ser os que centran a actividade produtiva do municipio. Se ben, neste último, de xeito correlativo aos datos autonómicos (Datos estadísticos básicos de Galicia 2007, IGE), obsérvase un claro descenso nas dúas últimas décadas, con apenas valores apreciables na cifra de contratacións e altas no 2006 e 2007. Gañan posicións, principalmente, o sector terciario na actividade comercial, turística e de transportes, a industria e a construción. Por xénero, as diferencias son bastantes significativas. A porcentaxe mais alta de taxa de ocupación feminina segue a ser para os servizos. As actividades sanitarias e veterinarias, de asistencia social, educación e hostalaría teñen maior representación feminina. Pola contra, na industria extractiva, a produción e distribución de enerxía, gas e auga; na construción, o transporte e a intermediación financieira e servizos empresariais, os homes acadan o protagonismo. No que á evolución das taxas se refire, se realizamos un labor comparativo cos indicadores provinciais e autonómicos, Sarria arroxa cifras positivas e alentadoras. Segundo os datos da enquisa de poboación activa, o número de ocupados en Galicia no ano 2006 aumentou con respecto ao ano anterior en algo máis de 34.000 persoas. Delas, 28.700 foron mulleres. Isto supuxo un incremento na taxa de ocupación feminina de máis de dous puntos porcentuais. Acada no dito exercicio o 40,5%, fronte ao 37,2% de Lugo. Por cada 100 mulleres en idade laboral, corenta atopábanse traballando. Pola súa banda, a taxa de paro, pasou do 13,5% no ano 2005 ao 11,4% en 2006. 12,2% en Lugo. Pois ben, baixo este marco, Sarria tamén ten camiño por andar. A taxa de paro segue sendo maior nas mulleres que nos homes. Por cada cen mulleres que estaban en condicións de traballar no ano 2006, 10,78 non tiñan emprego. Mentres que por cada cen homes, só 6,28 se atopaban nesta situación. A taxa de temporalidade amosa, ao igual que acontece en Galicia, cifras moi elevadas e segue a afectar dun xeito máis significativo ás mulleres na súa contratación inicial e nas oportunidades de consolidación do emprego.
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
2.4. Estudo-evolución indicadores mercado laboral
Galicia Taxa de actividade Taxa de ocupación Taxa de paro Sarria Taxa de actividade Taxa de ocupación Taxa de paro
Total
Homes Homes
Mulleres
Total
49,2 41,1 16,4
66,4 56,9 14,3
33,5 26,8 20,1
50,7 44,3 12,5
62,1 55,9 9,9
40,3 33,8 16,1
53,3 48,4 9,1
66,0 59,8 9,4
40,4 36,9 8,7
48,9 44,0 9,9
58,0 52,8 9,0
40,0 35,5 11,2
Mulleres Homes Mulleres
Fonte: Censos de poboación e vivendas 2001. Fonte: IGE a partir dos ficheiros proporcionados polo INE.
Distribución porcentual dos ocupados segundo o sector económico. Galicia. Ano 2006
Agricultura e pesca 10%
Industria 18%
Servizos 60%
Construción 12%
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
Taxas de actividade, ocupación e paro. Galicia. Ano 2006. Elaboración propia, a partir de datos extraídos de ficha municipal Caja España e IGE Datos estatísticos básicos 2007
Galicia Taxa de actividade Taxa de ocupación Taxa de paro Lugo Taxa de actividade Taxa de ocupación Taxa de paro Sarria Taxa de actividade Taxa de ocupación Taxa de paro
Total
2006 Homes
Mulleres
53,60 47,83 8,5
62,2 58,4 6,1
45,8 40,5 11,4
48,29 45,79 4,85
57,1 54,4 4,8
40,9 37,2 9,1
53,3 48,4 8,50
66,0 59,8 6,28
40,4 36,9 10,78
Total 4.385
1991 Homes 2.895
Mulleres 1.490
Total 5.100
2001 Homes 3.056
Mulleres 2.044
Agricultura, gandería, caza e silvicultura
1.553
818
735
1.016
536
480
Pesca Industria Construción Servizos
1 804 426 1.601
1 709 411 956
0 95 15 645
3 921 508 2.652
2 739 473 1.306
1 182 35 1.346
Total
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
2004 2005 2006
Contratos iniciais. Indefinidos Homes Mulleres Total 91 197 106 89 110 199 185 105 80
2004 2005 2006
Total 4.010 3.747 4.032
2004 2005 2006
Conversi贸ns a indefinido Homes Mulleres Total 55 97 152 120 55 175 183 93 276
Contratos iniciais temporais Homes Mulleres 1.579 2.431 2.421 1.326 2.532 1.500
Total Total de contratos iniciais Indefinido ordinario e fomento do emprego De obra ou servizo Eventual por circunstancias da produci贸n Interinidade En pr谩cticas Para a formaci贸n Outros
2005 3.946 195 692 1.170 429 23 106 1.331
2006 4.217 180 762 1.368 476 26 82 1.323
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
Agricultura e pesca Total de contratos iniciais Indefinido ordinario e fomento do emprego De obra ou servizo Eventual por circunstancias da produción Interinidade Industria Total de contratos iniciais Indefinido ordinario e fomento do emprego De obra ou servizo Eventual por circunstancias da produción Interinidade En prácticas Para a formación Construción Total de contratos iniciais Indefinido ordinario e fomento do emprego De obra ou servizo Eventual por circunstancias da produción En prácticas Para a formación Servizos Total de contratos iniciais Indefinido ordinario e fomento do emprego De obra ou servizo Eventual por circunstancias da produción Interinidade En prácticas Para a formación Outros
44 8 19 15 2
40 6 23 11 0
260 44 46 131 5 7 27
234 26 37 132 9 8 22
436 25 280 115 2 14
510 21 317 145 2 25
3.206 118 347 909 422 14 67 1.329
3.433 127 385 1.080 467 16 37 1.321
Información subministrada directamente pola Consellaría de Traballo. A clasificación dos contratos faise segundo a localidade do centro de traballo, independentemente de que o contrato se rexistrase dentro da Comunidade galega ou fóra dela. Tamén se inclúen os contratos comunicados a través de Internet. (28-03-2007)
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
3. Educación e formación Estes datos, contrastados cos relativos a estudos e formación da poboación, verifican, unha vez máis, que Sarria non se escapa á realidade actual. A incorporación da muller ao mercado de traballo é un fenómeno que se verifica paulatinamente. A situación de discriminación tradicional obrigou a unha actuación indispensable no marco legal e normativo, e hoxe nos leva a comprometernos nas políticas da Administración máis cercana aos cidadás e cidadáns dunha maneira efectiva e planificada. Resulta clave no proceso o impulso ao interese crecente da muller por adquirir maior formación. Non obstante, os indicadores oficiais existentes ata a data da nosa investigación, reflicten que o colectivo feminino segue a desempeñar as ocupacións de escala inferior, con peores salarios. Se poñemos en relación a actividade económica e o nivel de instrución, apréciase un predominio dos homes entre a poboación activa, con independencia do nivel de instrución que se posúa e iso, a pesar do incremento que se dá da representación feminina nas ensinanzas universitarias e ocupacionais. A distribución da poboación segundo a profesión amosa o protagonismo que acadan as ocupacións vinculadas ao sector primario (agricultura e gandería) e terciario. Seguidas de cerca pola construción, a industria, manufactureira e extractiva e o transporte. Mais se nos fixamos na distribución por sexos, no caso das mulleres continúa sendo destacable a súa escasa representación nos ámbitos técnicos. A pesar da súa crecente incorporación ás capacitacións profesionais esixidas e ás carreiras universitarias destas ramas, continúan ocupando prioritariamente os sectores agrícola, de servizos (comercio e hostalaría, basicamente) e as actividades sanitarias, sociais e ligadas á educación. Nun escenario cambiante e complexo a aposta debe ser por lograr unha integración estrutural da dimensión de xénero que sobreviva aos enfoques máis conxunturais e que transcenda a todos os ámbitos. Faltan condicións sociais para facer efectivo o protagonismo da muller no traballo. Os obstáculos non rematan no nivel ou cualificación técnica; moitas son as mulleres que ante os custos derivados da súa incorporación laboral (gardería, atención ao neno ou ao ancián por parte dun terceiro...) optan por quedar na casa. Obsérvase un desequilibrio aínda moi patente
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
nas responsabilidades familiares de homes e mulleres, que se expresa na desigual repartición das tarefas domésticas e a ausencia de medidas conciliadoras de carácter integral.
3.1. Poboación de 16 e máis anos en vivendas familiares que cursa estudos segundo o sexo e os estudos en curso. INE. Censos de poboación e vivendas 2001 Total ESO, Educación secundaria para adultos Bacharelato, BUP, COU Formación Profesional de grao medio ou equivalente Formación Profesional de grao superior ou equivalente Diplomatura universitaria, Arquitectura, Enxeñería técnica ou equivalente Licenciatura universitaria, Arquitectura, Enxeñería ou equivalente Estudos de posgrao, máster, MIR ou análogo, doutoramento Outros cursos
Total 966 92 242 52 102
Homes 413 48 106 36 50
Mulleres 553 44 136 16 52
183
66
117
172
65
107
17
9
8
118
39
79
3.2. Poboación de 16 e máis anos en vivendas familiares con nivel de estudos clasificable por tipo de estudos, segundo o sexo e o tipo de estudos Total Dereito Maxisterio, Educación infantil Ciencias Sociais Artes e Humanidades Informática Enxeñerías Formación Técnica e Industrias Ciencias Arquitectura ou Construción
Total 1.877 67 235 423 101 62 80 373 75 22
Homes 821 35 59 150 32 29 58 293 32 15
INE. Censos de poboación e vivendas 2001. Elaboración propia a partir dos ficheiros proporcionados polo INE
Mulleres 1.056 32 176 273 69 33 22 80 43 7
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
05. ÁREAS DE INTERVENCIÓN
3 LIÑAS DE ACTUACIÓN ESTRATÉXICA 7 OBXECTIVOS OPERATIVOS 42 ACCIÓNS OU MEDIDAS CONCRETAS
A persistencia de desigualdades segue esixindo a aplicación de medidas específicas a favor das mulleres. A plena realización da democracia require a participación de toda a cidadanía de forma igualitaria na economía, na toma de decisións e na vida social, cultural e civil. Este é o eixo que dá coherencia e apoio ao I Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Sarria (2007-2010). O documento elaborouse tendo en conta os resultados da avaliación acometida, expostos en síntese no apartado anterior, e dende o coñecemento e a experiencia acumulada das distintas áreas do Concello, fundamentalmente, das áreas de servizos sociais e igualdade que abrangue o Centro Municipal de Información á Muller. O Goberno de Sarria desexa concretar nel o seu compromiso planificado na promoción das políticas de igualdade de xénero. Perfeccionar un traballo iniciado dende un instrumento que emerxe como ferramenta base. O PIOM 2007-2010 define os grandes obxectivos cara aos que avanzar nos próximos tres anos. En primeiro lugar, a igualdade entre homes e mulleres na vida económica e na vida civil. A mellora da calidade de vida das mulleres sarriás. En segundo lugar, a participación igualitaria nos ámbitos da toma de decisións. E finalmente, a sabendas de que soamente con cambios profundos que afectan aos valores e ás actitudes das cidadás e cidadáns, pode conseguirse unha sociedade autenticamente igualitaria, a transmisión de valores e actitudes igualitarias.
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
1. 3 LIÑAS ESTRATÉXICAS 2. 7 ÁREAS DE INTERVENCIÓN (obxectivos operativos) (A-G) 3. 42 ACCIÓNS (medidas concretas)
1. Adecuar as políticas ás necesidades prioritarias das mulleres sarriás. 1.1. Educación e cultura. A 1.2. Formación e emprego. B 1.3. Conciliación da vida laboral e familiar. C 1.4. Saúde e benestar social. D 2. Establecer criterios de eficiencia e de organización coordinada entre os distintos departamentos e áreas da Entidade, institucións e axentes sociais vencelladas nas políticas de xénero e muller. 2.1. Cooperación e participación. E 3. Implicar e corresponsabilizar á sociedade respecto dos programas de actuación despregados polo Plan. A importancia da corrección das desigualdades. 3.1. Información e sensibilización. F 3.2. Prevención da violencia de xénero. G
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
LIÑA 1 Adecuar as políticas ás necesidades prioritarias das mulleres sarriás.
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
Promover entre o alumnado, o profesorado e as figuras parentais a toma de conciencia da desigualdade entre homes e mulleres. Sensibilizar, informar e educar, tanto ao persoal docente como á familia, no valor a igualdade, para que poidan transmitilo nos sectores onde desenvolven a súa vida profesional e persoal. Impulsar a adquisición de valores, actitudes e comportamentos máis igualitarios na poboación en xeral.
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
INDICADORES Número de campañas, tipoloxía, medios e soportes empregados. Características sociodemográficas das/os beneficiarias/os. Número de centros de ensino aos que se achega. Recursos adicados.
Configurar a Área de Igualdade do Concello de Sarria no marco das competencias municipais, como unha canle de referencia para articular as demandas de formación e emprego, tanto das mulleres do municipio como das empresas integrantes do tecido económico. Promover a coordinación cos Servizos Públicos de Emprego e demais Entidades a nivel autonómico e local implicadas na formación e promoción laboral das mulleres.
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
Número de cursos realizados e tipoloxía. Características sociodemográficas das/os beneficiarias/os. Porcentaxe de inserción acadada. Recursos adicados. Adecuación efectiva das campañas dirixidas a fomentar a asistencia ás accións formativas: horarios, lugares, medios, divulgación. Porcentaxe e perfil das mulleres que participan na programación e desenvolvemento das actividades de orientación laboral. Tipo de asistencia solicitada, procedencia das usuarias, accesibilidade, horario e persoal encargado. Número de actividades organizadas ou subvencionadas polo Concello en relación ás mulleres inmigrantes e outros grupos de risco. Difusión de axudas e recursos existentes. Tipos de difusión, colectivos destinatarios, periodicidade e alcance da difusión.
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
INDICADORES Número de seminarios, xornadas, campañas e/ou talleres organizados ou apoiados polo Concello. Tipo de difusión realizada: soporte publicitario utilizado, tema da campaña, colectivo destinatario. Porcentaxe e perfil das mulleres e homes que participan na programación e desenvolvemento: sexo, idade e procedencia, condicións de accesibilidade, temática da difusión, duración e periodicidade. Adecuación efectiva das campañas dirixidas a fomentar a asistencia ás accións: horarios, lugares, medios, divulgación. Número de persoas, perfil e características que solicitan información sobre as medidas de conciliación. Número e perfil das/os beneficiarias/os. Tecido empresarial implicado. Recursos implementados. 1.4. SAÚDE E BENESTAR SOCIAL Xustificación. É indubidable que nos últimos anos se conseguiron importantes melloras no relativo á saúde das mulleres, ao seu benestar emocional, social e físico. Especialmente no acceso aos servizos e aos programas de atención á muller dentro do sistema sanitario público. Con todo, aínda quedan ámbitos susceptibles de mellora. Por iso, o presente Plan introduce unha serie de actuacións baixo o obxectivo de contribuír á mellora do benestar das mulleres durante todo o seu ciclo vital. Obxectivos específicos Impulsar a coordinación de servizos nos programas específicos de prevención e educación en hábitos saudables entre a poboación xuvenil do municipio, de xeito que quede contemplada a variable "xénero”. Promover o uso e acceso aos recursos existentes na rede sanitaria do municipio, a fin de
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
trasladar a toda a poboación a importancia do cuidado integral da saúde das mulleres ao longo do seu ciclo vital. Converter a área de igualdade do Concello nun referente informativo e de apoio.
ACCIÓNS | MEDIDAS CONCRETAS 1. Impulsar a promoción da saúde das mulleres mediante materiais divulgativos, así como potenciar talleres grupais, como espazo de intercambio, coñecemento e aprendizaxe do autocoidado. 2. Dar a coñecer a área de atención psicolóxica do Concello, a fin de prestar ás mulleres o apoio que precisen neste ámbito, dun xeito complementario. 3. Adoptar medidas de impulso ao deporte femenino e á mellora do tempo de lecer das mulleres.
INDICADORES Número de seminarios, xornadas, campañas e/ou talleres organizados ou apoiados polo Concello. Tipo de difusión realizada: soporte publicitario utilizado, tema da campaña, colectivo destinatario. Porcentaxe e perfil das mulleres e homes que participan na programación e desenvolvemento: sexo, idade e procedencia, condicións de accesibilidade, temática da difusión, duración e periodicidade. Adecuación efectiva das campañas dirixidas a fomentar a asistencia ás accións: horarios, lugares, medios, divulgación. Número de persoas, perfil e características que solicitan información sobre saúde. Número e perfil das/os beneficiarias/os dos programas específicos.
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
LIÑA 2 Establecer criterios de eficiencia e de organización coordinada entre os distintos departamentos e áreas da Entidade, institucións e axentes sociais vencelladas nas políticas de xénero e muller.
OBXECTIVO XERAL Introducir a perspectiva de xénero en todas as políticas, plans, estratexias da entidade; no deseño, impulso e avaliación de todas as accións a desenvolver nos seus respectivos ámbitos competenciais.
OBXECTIVOS OPERATIVOS 2.1. COOPERACIÓN E PARTICIPACIÓN. E Xustificación. É clave a participación das Entidades Locais no desenvolvemento de actuacións encamiñadas a crear e favorecer as condicións que permitan o avance cara á igualdade real para homes e mulleres. Tanto as estratexias recomendadas pola UE, como os procesos de modernización iniciados no seo da administración, oriéntannos a coordinar a planificación dos obxectivos de igualdade coa planificación global, estratéxica e de xestión da entidade local. A igualdade debe ser abordada tamén desde unha perspectiva transversal. Apoio á participación cidadá e ao compromiso xeral en favor da igualdade. Colaboración, formación e asesoramento técnicos sobre perspectiva de xénero nos diferentes ámbitos profesionais e institucionais. Obxectivos específicos Impulsar a igualdade de acceso e a plena participación das mulleres nas estruturas de poder e toma de decisións en todos os ámbitos sociais, políticos, económicos e culturais. Fomentar o uso non sexista da linguaxe nos documentos producidos pola Administración como un principio de calidade dos servizos públicos. Crear unha metodoloxía de intermediación para o emprego de mulleres nas que colabo-
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
ren as Administracións Públicas e institucións privadas. Fomentar a creación e consolidación de redes de mulleres, asociacións eorganizacións empresariais no ámbito local.
ACCIÓNS | MEDIDAS CONCRETAS 1. Incluír a perspectiva de xénero nos plans de formación dirixidos ás persoas responsables da planificación, desenvolvemento e avaliación das políticas de entidade local. 2. Realizar cursos ou actividades destinados ao personal de todas as áreas para que presten unha atención adaptada ás necesidades das mulleres. 3. Promover a introdución nos plans de formación permanente dos distintos axentes sociais e económicos de estratexias de negociación que permitan a promoción efectiva da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. 4. Realizar campañas de sensibilización para animar ás mulleres a participar na vida política, e concienciar á sociedade respecto da utilidade e beneficios que iso comporta. 5. Perfeccionar a recollida de datos oficiais que dean a coñecer a participación das mulleres e homes nos procesos de contratación, así como os resultados obtidos por un e outro sexo. 6. Incluír a presenza equilibrada de ambos os sexos nos tribunais de selección e promoción profesinal da Entidade.
INDICADORES Número de cursos destinados ao persoal. Participación. Campañas realizadas para o fomento da implicación dos distintos axentes sociais. Medios e soportes empregados. Características sociodemográficas das/os beneficiarias/os. Número de asociacións e institucións aos que se dirixen. Recursos adicados. Contratacións. Desglose e análise de condicións e resultados.
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
LIÑA 3 Implicar e corresponsabilizar á sociedade respecto dos programas de actuación despregados polo Plan. A importancia da corrección das desigualdades.
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
ACCIÓNS | MEDIDAS CONCRETAS 1. Desenvolver anualmente campañas de información, sensibilización e prevención para conmemorar e celebrar datas significativas e efemérides relacionadas coas mulleres e a promoción social das mesmas. Este é o caso do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, ou do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. 2. Crear espazos de participación e debate para estimular e recoller propostas en relación coa non discriminación. 3. Elaborar e pór a disposición da totalidade da poboación materiais de sensibilización, tanto didácticos como de difusión, específicamente dirixidos a colectivos concretos. 4. Realizar talleres nas aulas para a conciecianción e implicación tanto do corpo docente como das rapazas e rapaces. 5. Traballar coa adolescencia na súa implicación no labor. 6. A partir dos estudos realizados dende a propia entidade local, participar na elaboración de documentos de conclusións e recomendacións. 7. Tomar parte nas xornadas, foros e actividades que se realicen neste ámbito. 8. Promover unha maior participación dos grupos máis vulnerables á discriminación, con especial atención ao fenómeno crecente da inmigración. Dotación específica de recursos ao efecto. Humanos e económicos.
INDICADORES Número de campañas realizadas para o fomento da implicación dos distintos axentes sociais. Medios e soportes empregados. Características sociodemográficas das/os beneficiarias/os. Número de asociacións e institucións aos que se dirixen. Recursos adicados. Contratacións. Desglose e análise de condicións/resultados dos procesos do Concello.
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
3.2. PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO. G Xustificación. Contribuír á erradicación da violencia de xénero mediante a sensibilización, prevención, apoio e atención integral ás mulleres vítimas de maltrato, a través dunha intervención coordinada de todos os axentes implicados. Obxectivos específicos Modificar actitudes e comportamentos da poboación. Sensibilizar á sociedade en xeral sobre as necesidades de traballar xuntos no cometido. Promover a loita contra a violencia dende a prevención e a coeducación. Garantir a atención e apoio psicolóxico ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Integrar esforzos a nivel comarcal.
ACCIÓNS | MEDIDAS CONCRETAS 1. Mantemento e mellora do Centro de Información á Muller como servizo específico municipal de atención directa á problemática. 2. Creación dunha mesa de coordinación integrada polos servizos municipais e comarcais implicados (sociais, sanitarios, educativos, forzas e corpos de seguridade). Especial seguimento das ordes de protección. 3. Organización de campañas conxuntas institucionais. 4. Difusión dos servizos de apoio existentes. 5. Elaboración de material divulgativo e realización de campañas e charlas de sensibilización nas escolas e centros de ensino. 6. Colaboración nos actos que organicen outras administración e institucións.
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
INDICADORES Campañas realizadas para o fomento da implicación dos distintos axentes sociais. Medios e soportes empregados. Características sociodemográficas das/os beneficiarias/os. Número de persoas ou colectivo, asociación ou institucións ás que se dirixen. Recursos adicados. Número expedientes abertos de consulta sobre violencia. Número de ordes de protección ditadas.
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
06. S E G U I M E N TO E AVA L I AC I Ó N O sistema para a avaliación e seguimento do I Plan Municipal de Igualdade do Concello de Sarria articularase a través dos seguintes instrumentos e ferramentas:
INSTRUMENTOS Creación dunha comisión de seguemento do Plan de Igualdade que baixo, a Presidencia da Concelleira da Igualdade, estará integrada por unha representante de cada asociación de mulleres, dos grupos políticos con representación municipal, e polas coordinadoras- responsables do Centro de Información á Muller e da área de servizos sociais. A devandita comisión reunirase con carácter ordinario, cunha periodicidade polo menos semestral; previa convocatoria da Concelleira-Presidenta. E, con carácter extraordinario, sempre que deban tratarse cuestións de interese. Funcións
Control do cumprimento das medidas previstas. Aprobación dos informes periódicos e memorias finais. Resolución de cantas controversias ou dúbidas se susciten na execución.
FERRAMENTAS Cuestionarios o enquisas de Avaliación. que se dirixirán a todas as mulleres participantes nas distintas actividades desenvolvidas, así como ás institucións e organizacións colaboradoras, áreas municipais, persoal técnico de entidades públicas e privadas. Con elas medirase, de xeito cuantitativo, o grao de cumprimento dos obxectivos marcados. E, con carácter cualitativo, o grao de satisfacción de expectativas.
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
Fichas de Accións. Por cada actividade ou actuación posta en práctica encherase unha ficha; a fin de levar un rexistro dos datos-indicadores que deben estar presentes na redacción dos informes periódicos por parte da comisión. Informes de Avaliación. Serán presentados periódicamente pola Comisión de Seguimento do Plan en cada unha das reunións que se celebren, así como a Concellería de Igualdade para tratar cuestións relacionadas coa execución do presente Plan de Igualdade. Memorias. Documento resumo onde se vai recoller toda a información relativa a cada unha das actuacións que se desenvolvan no marco do presente Plan.
I Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Sarria
07. PERÍODO DE VIXENCIA Para a execución das accións previstas no marco do presente Plan de Igualdade, establécese un período de vixencia de tres anos (2007-2010), a contar desde a data da súa aprobación no Pleno do Concello.
08. O R Z A M E N TO Ante a vixencia plurianual do presente Plan, que afecta a diferentes exercicios económicos, a dotación orzamentaria para a súa execución contemplarase nas partidas correspondentes ao Area de Igualdade e Muller e naqueloutras áreas municipais implicadas. Isto sen prexuízos do financiamento que puidera obterse da achegas doutros Organismos, Entidades ou Administracións públicas ou privadas. (subvencións, convenios... etc.).
Concello de Sarria. Concellería de Igualdade Centro de Información á Muller Matías López, 33 | 27.600 Sarria (Lugo) Tel.: 982 53 50 61 | Fax.: 982 53 50 16 cim@concellodesarria.net
VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR Secretaría Xeral da Igualdade