AURORA CONDUTORA e DRAGONCÍN CANTARÍN Susana Barja
Ilustrado por Lucelys Carrillo
Aurora Coductora é unha rapaza que, a diferenza de moitas das súas amigas, desfruta moito conducindo o seu camión, co que vai traballar cada día. Tamén lle gusta ver o fútbol con seu irmán e a cor azul, que adoita ser a cor do seu uniforme de traballo.
Os pais de AURORA, desde que ela era pequena, souberon da súa atracción polos camións. Por iso xuntos construían camións con cartón e botellas de plástico e AURORA decorábaos ao seu gusto.
De nena tamén xogaba con seu irmán e seus primos a xogos que seus pais lles ensinaron para que aprendesen a cooperar e puidesen gozar en contacto coa natureza. Entre eses xogos estaba o das bolas, a mariola, o pano, a pita cega, as agochadas ou as carreiras de sacos.
Un día que AURORA CONDUTORA foi pasear pola montaña, coñeceu un dragón chamado DRAGONCÍN CANTARÍN. Era un dragón especial, non era como a maioría dos dragóns do lugar, do mesmo xeito que Aurora non era como a maioría das súas amigas. Os outros dragóns eran fortes, feroces e botaban fogo pola boca, co que atemorizaban aos demais.
POR QUE A XENTE SE ASUSTA DO QUE A MIN ME GUSTA?
ISBN 978-84-19339-20-1
9
788419
339201