Vermellón

Page 1


Son Vermellón, un camaleón. —Vermellón, non es un camaleón! —escóitase. Vivo na xungla de Madagascar, un paraíso verde e singular, e aínda que se rumorea que a meirande parte dos camaleóns viven aquí, a ningún puiden advertir. Iso si, escóitoos a todos opinar sobre o que fai a miña pel colorear. —Un camaleón non podes ser! Tes unha cor que non se deixa esconder!! —escóitase.



Adoptamos a cor da nosa contorna e somos os reis da ocultación, e aínda que me considero un auténtico camaleón… con isto teño un… —Vermellón e o seu problemón! —escóitase. … Un problemón… É que non controlo a miña emoción.


Cando consigo cazar un grilo, invádeme a alegría e o meu corpo de amarelo tingo. —Vermellón! Garda esa alegría para outro día! «Por que non consigo atopar os camaleóns que si podo escoitar?», pensa.


Cando se me escapa unha lagosta, anóxome tanto tanto que a miña pel vermella se torna.


—Semellantes contratempos ten dende fai tempo! —escóitase. «Por que non consigo acadar as cores do meu fogar?», pensa. Medo me dan os días nubrados, e é entón cando o meu corpo parece morado. —Uns cantos nubarróns e Vermellón non atende a razóns! —escóitase. «Por que non consigo verme así como o meu fogar verde?», pensa.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.