Bd 158

Page 1

[ Páx. 3]

A I Milla Urbana Solidaria recadou fondos para a AECC ATLETISMO

Páx.2

Iglesias e Fernández, líderes do “Correndo por Ourense”

CICLISMO

Páx.4

Éxito do Club Ciclista Maceda no Open de España

FÚTBOL SALA

Páx.7 WUSHU

O Sala Ourense vence na Copa Galicia de Terceira División

Páx.1O

O Club Artai domina no Internacional de Barcelona

FÚTBOL

Páx.11

A UD Ourense despídese das ligas provinciais

[Páx. 8]

Recta final

[Páx. 9]

Dous no Pazo

[Páx. 12]

O Madrid vence

O COB xogará no Paco Paz o venres 12 e o domingo 14 de maio contra o Oviedo. // Cidade e Envialia empatan. // O Real Madrid faise coa Copa de campións xuvenís. /RAMSÉS.

Número: 158- Ano: IX -12 de maio de 2017 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 26 de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


Barrios DEPORTIVO 12 de maio de 2017

AXENDA / ATLETISMO

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 14 de maio. Os Carrís - 18 h - Barbadás - Compostela. 3ª División. - Día 14 de maio. O Couto. Ourense C.F. - Porriño. Rexional Preferente. - Día 14 de maio. Espiñedo. Arenteiro - Caselas. Rexional Preferente. - Día 14 de maio. A Tella. Nogueira - Estradense. Rexional Preferente. - Día 14 de maio. O Couto. UD Ourense - Taboadela. 1ª Galicia. - Día 21 de maio. Antonio González. Polígono - Cultural Areas. Rexional Preferente. - Día 21 de maio. José Arjiz. Verín - Nogueira. Rexional Preferente.

Baloncesto

- Día 12 de maio. Paco Paz - 21 h-. COB Ourense Provincia Termal - Oviedo. LEB Ouro playoff ascenso (cuarto partido). - Día 14 de maio. Paco Paz - 18 h - COB Ourense Provincia Termal - Oviedo. LEB Ouro playoff ascenso (quinto partido).

Atletismo

- Día 13 de maio. Campus Ourense. Ourense Termal Athletics Meeting. - Día 14 de maio. Xinzo de Limia - 10:40 h - 10 km Xinzo de Limia. - Día 20. A Valenzá -a partir das 18 h- Carreira popular da Valenzá. - Días 20 e 21 de maio. Coles, Pereiro de Aguiar e Ourense. “D3safio42 Ourense”. - Día 21 de maio. Maceda - 9 h - Desafío San Mamede. - Día 27 de maio. O Couto - 22 h - Circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”.

Fútbol sala

- Día 13 de maio. Os Remedios - 17 h -. Cidade das Burgas - Móstoles. 1ª División. - Día 20 de maio. Os Remedios - 17 h -. Ourense Envialia - Majadahonda. 1ª División.

BTT

- Día 13 de maio. O Carballiño - 15 h - III BTT en familia Concello do Carballiño. - Día 14 de maio. A Merca - 9 h - 8ª Parroira Bike da Merca.

Balonmán

- Do 12 ao 14 de maio. Ribadavia. Fase de ascenso a Primeira división nacional masculina.

Outros

- Día 13 de maio. Xinzo de Limia - 9:30 h - Copa Deputación de ximnasia. - Día 13 de maio. Bande - 20 h - Andaina Ruta da Loba. - Días 13 e 14 de maio. Nogueira de Ramuín - 10 h - Curso de iniciación á escalada. - Días 13 e 14 de maio. Melón - 10 h - Curso de iniciación de descenso de barrancos. - Día 14 de maio. Cualedro - 9 h - VIII Ruta dos Castros. - Día 14 de maio. Pavillón dos Remedios - 11 h - Copa Deputación wushu - Quingda. - Día 14 de maio. Asociación de Veciños Barrocás -11:30 h - Xadrez Provincial 2017. - Día 14 de maio. Hipódromo de Antela (Xinzo de Limia). Carreiras de cabalos.

Luis Iglesias e Pepe Márquez esprintando na meta da carreira do barrio do Vinteún./RAMSÉS.

Iglesia e Fernández comezan dominando o “Correndo por Ourense” 4 Venceron na primeira proba do circuíto disputada no Vinteún. R. Torres Despois de meses de espera por fin chegou a sétima edición do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. E o fixo como vén sendo habitual coa carreira do barrio do Vinteún. Máis de 600 atletas, entre todas as categorías -ademais duns 100 pitufoschegaron a meta nesta primeira xornada do cir-

cuíto ourensán. O sol, que acompañou durante todas as carreiras aos participantes, non foi quen de que sairán a dar o mellor de si cada atleta. Na proba absoluta, sobre un circuíto de 6 km, o máis rápido foi Luis Iglesias (Arenteiro Atletismo), quen venceu ao esprint a Pepe Márquez (Adas O Barco). Na terceira posición rematou José M. Corral (Arenteiro Atletismo).

Cuarto foi Jose Manuel Casado (Vía XVIII Maceda); aguantando o ritmo dos primeiros ata a última volta e na quinta posición entraría o veterán do Atletas Veteranos Ourense, Saturnino González. En mulleres o duelo estivo entre Iria Ferández (Adas O Barco) e Sonia Teijeiro (Burgas Atletismo Ourense). Aínda que a primeira non deu opcións a súa rival entraron en

meta separadas por 24 segundos. Terceira remataba Ana María Ocampo (Burgas Atletismo Ourense) a 37 segundos de Iria. Outra corredora do Burgas, Vicky Losada sería segunda e Marina Losada (Ourenrunning), quinta. Outras categorías En benxamíns e alevíns, Miguel Carbajales e Claudia Salgado foron os máis rápidos. E na carreira de infantís e cadetes os mellores foron Alexandre Álvarez e Mar Díaz. A carreira de pitufos contou cunha participación moi alta. O Couto A vindeira cita do “Correndo por Ourense” será a proba que se dispute no barrio do Couto. A cita terá lugar o sábado 27 de maio en horario nocturno; as probas darán comezo ás 22 horas.

O Couto será a seguinte parada no “Correndo por Ourense”

A carreira de pitufos contou cunha gran participación./RAMSÉS.

Terá lugar o 27 de maio en horario nocturno, 22 horas


Barrios DEPORTIVO 12 de maio de 2017

ATLETISMO

O Desafío 42 pasará por Coles, Pereiro de Aguiar e Ourense 4 Disputarase os días 20 e 21 de maio. R.T. A cuarta edición de “D3safío 42-Ourense Termal” disputarase nos concellos de Coles, Pereiro de Aguiar e Ourense. Tres carreiras que sumarán a distancia do maratón (42,195 km). O Desafío comezará o sábado, 20 de maio, ás 16 h, coa media maratón de Coles e ás 21.15 horas, a competición trasladarase ao Concello de Pereiro de Aguiar, onde se disputará unha proba de 6 km. Ao día seguinte, a partir das 11 h, celebrarase en Ourense, un percorrido polas rúas da capital e polas beiras do río Miño ata completar 15 km. Asemade, os máis cativos poderán gozar nas tres localidades de carreiras infantís gratuítas, dirixidas a nenos e nenas de ata 14 anos.

Inscricións As inscricións están abertas na web www. championchipnorte.com ata o vindeiro día 17 de maio, e poderán disputar as tres probas ou só unha delas optando, neste último caso, só a clasificación individual de carreira. Ademais, haberá unha clasificación xeral na que se incluirán a todos aqueles que completen todo o percorrido e unha clasificación por equipos para os participantes que se anoten en grupos mixtos de tres persoas, representando ao equipo, en cada unha das etapas, un dos integrantes.

EN BREVE

4 Meeting

A serie sénior feminina da milla urbana de Ourense. /RAMSÉS.

Unha milla para Romero e Astariz 4 Celebrouse a primeira milla urbana de Ourense. Redacción Chegou o último día de maio con dúas novidades. A primeira foi a chuvia que apenas fixo acto de presenza na vella Auria durante todo o mes; e a segunda foi a milla urbana solidaria que se celebrou na rúa do Paseo. A pesar do temporal, este non foi quen de amilanar aos atletas que participaron

nesta primeira edición, que ademais tivo un carácter solidario: todo o recadado (650 euros) foi para a Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Varias series que se celebraron nun circuíto homologado de 200 metros. Dependendo da categoría habería que completar a milla (catro voltas) ou terían que dar menos voltas (caso dos escolares).

Poderase participar nas tres ou nunha soa proba

Presentación do “Desafío 42” deste ano.

Espectacular circuíto da milla urbana na rúa do Paseo de Ourense. /RAMSÉS.

Vencedores Cada serie tivo o seu vencedor, pero os máis rápidos desta xornada foron Sharay Astariz (mulleres) e Julián Romero (homes), ámbolos dous de categoría sénior. Astariz (Atletismo Riazor Coruña) completou os 1.609,34 metros nun tempo de 6 minutos e 51 segundos. Segunda foi Barca Roba (ADAS) e terceira Ana Fiestras (Club Atletismo Santiago). En homes, ao igual que na de mulleres, a serie sénior foi a máis rápida de todas -cos tres máis rápidos de entre todas as series-. Así, Julián Romero (Ourense Atletismo) parou o crono en 5.21 nun gran esprint con Breogán Gigirey (San Paio A Estrada) que rematou segundo cun tempo de 5:22. O terceiro foi o compañeiro de club do vencedor, Alex Montero con 5.24.

O recadado -650 euros- foi para a Asociación Española Contra o Cancro (AECC)

Este sábado, 13 de maio, celebrase na pista de atletismo do Campus de Ourense unha nova edición do Ourense Termal Athletics Meeting. A partir das 18:30 h e ata a noite, unha xornada de atletismo onde estarán os mellores atletas galegos e algún outro de fóra da nosa comunidade, e incluso de fóra de España. Haberá premios en metálico para as oito mellores marcas masculinas e oito mellores marcas femininas do meeting, segundo táboa IAAF en vigor, acadando un mínimo de 800 puntos.

4 Requejo O atleta afincado en Ourense, Jose Antonio Requejo, finalizou a Wings for Life de Valencia en primeira posición xunto ao mediático Chema Martínez. Gaña a proba quen sexa o último alcanzado por un coche que sae media hora máis tarde que os participantes e vai a unha velocidade de 15 km/h. Os dous atletas decidiron ser alcanzados polo coche xuntos, polo que os dous se levaron a vitoria.

4 Xinzo Este domingo, 14 de maio, o Concello de Xinzo de Limia acolle a súa carreira popular “10 km de Xinzo” sobre un circuíto propicio para grandes marcar. As carreiras darán comezo ás 10:40 h.


Barrios DEPORTIVO 12 de maio de 2017

Fase de ascenso para o Carnes do Ribeiro Redacción Catro equipos (Claret, Alcobendas, Rocasa e Carnes do Ribeiro -estes como anfitrións-) dispútanse unha praza na Primeira División Nacional de balonmán da tempada que vén, nunha fase de ascenso que terá lugar do 12 ao 14 de maio no Pavillón Municipal de Ribadavia. Horarios O torneo dispútase en formato liga -xogarán todos contra todos a un só partido- cos seguintes horarios: o venres 12, Claret e o Alcobendas ás 18 h, e Carnes do Ribeiro contra Rocasa, ás 20 horas; o sábado 13, o Carnes do Ribeiro e Claret (18 horas) e Rocasa e Alcobendas, ás 20 h; e finalizará a eliminatoria o domingo 14 cos encontros Claret e Rocasa, ás 10:30 h, e o Carnes do Ribeiro contra o Alcobendas, ás 12:30 horas. O campión desta fase de ascenso será o equipo que dispute a Liga de Primeira división Nacional a vindeira tempada 2017-18. Os do Ribeiro chegan a este tramo final de curso coa ilusión de brindarlle a afección o ascenso. Entradas O custo das entradas diarias será de 5 euros para ver os dous encontros de cada xornada ou de 12 euros dun bono para ver os seis partidos. Os socios dos clubs participantes, terán o acceso gratuíto.

POLIDEPORTIVO

Xornada redonda para o Club Ciclista Maceda no Open de España 4 Varios podios dos ciclistas locais na última xornada do Open de España. Redacción Maceda poñía o punto e final a pasada fin de semana do Open de España de BTT. Varios ciclistas locais xogabanse loitar polo podio; e estes non defraudaron. En categoría cadete, Carlos Canal lograba a vitoria na carreira macedá o que lle valía para acadar a vitoria final no Open, demostrando o gran estado de forma polo que pasa. Na mesma categoría, Marco Nube era quinto, e Hugo Vázquez, sexto (tres ouren-

sáns entre os 10 mellores cadetes). En cadete feminina, Noela Saa chegaba segunda na liña de meta para lograr a terceira posición final na xeral. Iván Feijoo, na categoría júnior, vencía con autoridade a todos os seus rivais. Esta vitoria fíxolle escalar unha posición na clasificación e rematar segundo entre os júnior. Todos estes éxitos foron acompañados da segunda posición por equipos do Academia Postal Actyon MMR, para así rematar segundos no Open de España.

Carlos Coloma na proba do Open de España de Maceda. /I. OSORIO.

Pablo Rodríguez O ciclista local do MMR (saído da canteira do C.C. Maceda), Pablo Rodríguez logrou a vitoria en elite sendo o vencedor final desta competición. Rodríguez pasou a meta de Maceda da man do seu compañeiro David Valero; en terceira posición entraría o medallista en Río 2016, Carlos Coloma. Saúl López realizou unha gran carreira finalizando sétimo en elite. Arnedo Ata a localidade rioxana de Arnedo desprazouse parte dos integrantes do Academia Postal Actyon MMR de Maceda representando á selección galega. Carlos Canal foi o vencedor na proba cadete, mentres que Noela Saa remataba segunda entre as féminas cadete; Aida González facía quinta. Pola contra, tanto Saúl López se tivo que retirar por avaría. Iván Feijoo era quinto.

O Academia Postal Actyon remataba segundo por equipos no Open de España

Presentación da Parroira Bike.

A “Parroira-Bike”, o domingo 14 de maio 4 Contará con máis de 400 ciclistas participantes. Redacción A Asociación Ciclista Endoureiros e o Concello de A Merca organizan a oitava edición do roteiro “Parroira-Bike” que terá lugar este domingo, 14 de maio, na que participarán 420 ciclistas. Esta proba deportiva que comezará ás 8:30 horas, e partirá desde o pavillón municipal da Merca. A ruta conta cun percorrido de 45 quilómetros e discorrerá por camiños, sendeiros e corredoiras dos concellos da Merca e Allariz

Rutas culturais da Uvigo Redacción Esta fin de semana, concretamente o sábado 13 de maio, remata o programa de Rutas Culturais da Universidade de Vigo. En total, foron 11 rutas nas que houbo unha media de case 100 persoas en cada unha delas. Estudantes, traballadores da Uvigo e usuarios ex-

e, unha vez máis, o Río Arnoia volve ser o protagonista en distintos tramos da proba que atravesará tamén a Reserva da Biosfera na área de Allariz e subirá ao Monte de Penamá. Técnica Segundo os organizadores este ano “a ruta será moi técnica, cun acumulado de 1.500 metros e a maiores engadimos saltos, peraltes, pasarelas de madeira, para que sexa aínda máis técnica co ano pasado”, explicaba Rubén Álvarez, tesoureiro da Asociación Ciclista Endoureiros.

ternos. Con participación dos tres Campus. As rutas culturais da universidade despidense ata o ano que vén cunha ruta máxica; unha ruta litoral chea de misticismo coas mellores paisaxes. Considerada por moito tempo como o fin do mundo coñecido, Fisterra. A ruta, que discorrerá polo tramo final do Camiño de Santiago a Fisterra contará cunha distancia de 20 quilómetros.


PUBLICIDADE

Barrios DEPORTIVO 12 de maio de 2017


Barrios DEPORTIVO 12 de maio de 2017

XIMNASIA

Guadalajara, Vigo e Maceda, citas para o CxP 4 O conxunto cadete foi ouro no II Trofeo Cidade de Vigo. Redacción A última fin de semana de abril foi moi axetreada para o Club Ximnasia Pavillón. Tres citas pola xeografía española que contaron con representación do club ourensán. Guadalajara, Vigo e Maceda foron as citas. Copa de España Guadalajara acolleu a Copa de España de conxunto en nivel absoluto e de base. O conxunto xuvenil realizou un exercicio con escasos erros, o que as colocou no posto 22 das 40 participantes nesta categoría. Do club participaron tres conxuntos (infantil,

júnior e sénior) nesta primeira fase da Copa de España de nivel absoluto. O primeiro dos conxuntos en sair ao tapiz foi o infantil. Os erros da parte final do exercicio baixaron a nota ata colocarse de oitavas; o conxunto júnior, cun exercicio de gran dificultade, tivo erros importantes rematando décimas; e o sénior tivo que axustar o exercicio trala lesión de Antía Vázquez na última semana. non tiveron sorte e foron décimo cuartas. Cidade de Vigo Os conxuntos de nivel promoción (benxamín, infantil e cadete) que participaron en Vigo no segundo torneo da cidade olívica

O Burgas alevín, campión galego 4 Tamén foi campión galego en base cadete. Redacción Marín foi a sede do Campionato Galego de ximnasia acrobática onde o Ximnasia Burgas foi un dos mellores clubs. Proclamouse campión galego por equipos en categoría alevín, ademais de campión galego en base cadete. En tríos alevín, Angela Bande, Iris Blanco e Mía

Macías, proclamáronse campioas galegas, mentres que Tegra García, Rocío Blanco e Sara Pazos foron terceiras. A parella alevín formada por Enola Barrio e Claudia Blanco remataron o seu concurso na segunda posición. Candela Louzao e Jimena Gómez ocuparon a terceira praza. Gran actuación en elite júnior 2 co primeiro posto

Un trío do club Burgas no galego de Marín./CEDIDA.

has individuais de nivel absoluto e base. Esta fase supón unha das primeiras tomas de contacto co tapiz, como preparación das dúas fases competitivas da

Copa Deputación, nas que o Escola Pavillón presentará trece conxuntos e o Club Ximnasia Pavillón catro máis unha ximnasta individual.

Maceda acolleu a primeira fase da Copa Deputación de ximnasia

realizaron unha boa actuación. O conxunto benxamín comezou ben o seu exercicio. Porén tivo erros no final do mesmo téndose que conformar coa cuarta posición. O conxunto infantil quedou séptimo. E o conxunto cadete, que está a ter unhas moi boas actuacións, aínda que con erros a pulir, obtivo o ouro. Maceda Maceda acolleu a primeira fase da Copa Deputación, nesta ocasión só como exhibición. Nela participaron case todos os conxuntos de nivel escolar tanto do Club Ximnasia Pavillón como do Escola Pavillón, así como algun-

de Analía Blanco, Sara Blanco e Yolanda García. En base, o trío cadete formado por Inés Dacal, Sara Mei Barroso e Elena Iglesias fixéronse coa primeira posición, e Daniela Rey, Xiana Rey e Sara Seoane foron terceiras. A parella Sofía Fernández Vispo e Iria Donascimento foi segunda. E en sénior, o trío Marta Zipeng Vázquez, Ana Ordiales e Raquel Ordiales foi primeiro e as parellas mixtas formadas por Lidia Farrapeiras e Iván Estévez e María Sansinforiano e Manuel Corrales, remataron primeira a segunda, respectivamente.

Equipos do Ximnasia Pavillón participantes no Cidade de Vigo./CEDIDA.

Medallas ourensás na Copa Galiza 4 Tamén se disputou en Ourense o Torneo Primavera. Redacción

posto por equipos.

A sétima edición da Copa Galicia de trampolín celebrado no Pazo dos Deportes Paco Paz deixou grandes resultados para os ximnastas ourensáns. No Club Ximnasia Pavillón colgáronse un total de 22 medallas (seis ouros, 11 pratas e cinco bronces). O Club Burgas tamén realizou un gran campionato logrando os seus ximnastas colgarse sete medalla. Ademais, a ximnasta Melania Rodríguez do Ximnasia Pontevedra logrou ademais do primeiro posto de tampolín e do dobre mintramp, fíxose coa primeira posición en trampolín coa selección Española en individual júnior e o segundo

IX Torneo Primavera O pavillón dos Remedios acolleu o pasado 23 de abril o IX Torneo Primavera de ximnasia rítmica. Preto de medio

centenar de ximnastas de 29 clubs e escolas galegas e das comunidades veciñas (Asturias e Castela León), deronse cita na cidade ourensá. O torneo, organizado polo Club Ximnasia Pavillón, foi convocado para os niveis de promoción (individual e conxuntos), base (individual e conxuntos) e individual federado. No final da xornada de tarde, ademáis das modalidades previstas en competición, o público puido presenciar unha exhibición de conxuntos.

Arriba o Ximnasia Pavillón e abaixo o Burgas.


FÚTBOL SALA

Barrios DEPORTIVO 12 de maio de 2017

O Sala Ourense venceu na final ao 5 Coruña por 6a2

O Sala Ourense coa Copa de Galicia de equipos de Terceira división.

Cara e cruz na Copa Galicia 4 O Sala Ourense venceu e o Envialia perdeu. Redacción Cara e cruz para os equipos ourensáns de fútbol sala que disputaron as súas finais da Copa Galicia. Por unha banda, o Sala Ourense logrou alzarse co título de equipos de Terceira división masculina, e pola outra a derrota do Ourense Envialia na final. O Sala Ourense realizou unha gran competición desfacéndose nas eliminatorias previas de Bueu e Bembrive para prantarse na final a catro de Melide. Nela tocoulle na semifinal o Pazos de Borbén (gañador da Liga), no que poderíase considerar unha final anticipada. Un gran partido dos de Kike García que lles deu o billete cara a final. A primeira parte foi moi igualada, os ourensáns, fieis ao seu estilo saíron apertando arriba e dificultando a saída de balón a un equipo que está adoitado a manexar ben o ritmo do partido. Ao pouco do

comezo da segunda parte Tizón abría o marcador, e a tres minutos do final o rival empatou. Co resultado de 1-1 chegouse á quenda de penaltis, no que Higua marcou o decisivo. Na final, o Sala Ourense non tivo rival e logrou vencer ao 5 Coruña por seis goles a dous. As ocasións e a posesión transformábanse nun claro 3-0 no minuto 14. Raúl Rivero anotaba os dous primeiros e Guerra o terceiro. Antes do descanso recurtaba distancias Coruña (3-1). Na reanudación, novo gol dos herculinos (32) que foi contestado con outro tanto de Raúl Rivero (4-2). Os coruñeses tentarono a desesperada, aínda que os goles chegarían da man de Tizón e Fente para deixar o definitivo 6 a 2. A Copa viaxou a Ourense. Gran tempada do Sala Ourense que logra a Copa e a terceira posición na Liga. Ourense Envialia E a cruz foi para o Ouren-

se Envialia. As de Chipi caeron derrotadas na final da Copa Galicia diante do Poio por dous goles a un. Un partido cun inmenso

respeto por parte das dúas formacións decidiríase nos detalles; e así foi. Despois dunha primeira parte sen goles, pasouse

a un segundo tempo que mantiña o nivel de cautela nos dous conxuntos; se ben, o Envialia apretaba máis. Tras algunha clara xogada ourensá chegaba o gol das pontevedresas. Patri, de falta, lograba o primeiro tanto para poñer por diante a Poio. E pouco despois, nunha contra Jessi ampliaba a renda. As albinegras tiñan que apostar forte nos últimos minutos para darlle a volta ao marcador. Chipi ordeou o xogo de cinco e Sara Moreno dáballe a razón cun gol que devolvía as esperanzas. O Envialia seguiría tentandoo pero o marcador xa non se movería. O Ourense non puido revalidar o título.

Selección galega A selección de Galicia participou en Salou (Tarragona) no Campionato de España de seleccións territoriais. Defendendo as cores da nosa autonomía atopabanse os xogadores do Sala Ourense David Guerra e Allariz, ademais do xogador ourensán do Ventorrilo (Martín). Galicia rematou na segunda posición despois de vencer a Valencia (2-0) e a Andalucía (3-1) e de perder no partido final diante de Castela A Mancha por 5 a 4.

Selección española Redacción A selección española de fútbol sala feminino participou no VIII Torneo Internacional Día da Victoria que se disputou en Moscú. Por España participaron a porteira do Ourense Envialia, Vanessa Barberá e a ourensá do Alcorcón, Vanessa Sotelo. No primeiro encontro disputado diante da selección de Irán, España venceu con contundencia por 7 a 0. Sotelo foi a realizadora do primeiro tanto, abrindo o camiño da goleada. No segundo partido o rival era a República Checa. Igual que no primeiro, as pupilas de Alicia Morell impuxéronse claramente cun resultado de 8 a 1. Sotelo volveu a ser determinante ao anotar dous dos oito goles do combinado nacional. Rusia Na última xornada, enfrontabanse as españolas contra as anfitrioas, as rusas. As gañadoras levarianse o torneo logo de vencer aos seus rivais nas xornadas previas. Despois dunha primeira metade sen goles, foi no segundo acto cando se decidiu todo. As españolas adiantáronse no marcador con goles de Irene Samper e a ourensá Vane Sotelo (0-2). Filisova recurtaba distancias no marcador aos poucos minutos, e Amelia Romero anotaba o tanto da tranquilidade para deixar o marcador no definitivo 1-3. España revalidaba o título internacional.


Barrios DEPORTIVO 12 de maio de 2017

FÚTBOL SALA

Cidade e Envialia, reparto de puntos 4 No derbi ourensán. Redacción Cidade das Burgas e Ourense Envialia empataron no derbi ourensán da xornada número 25 da Primeira división de fútbol sala. O resultado final foi de empate a tres. Aos cinco minutos de xogo o Cidade -que xogaba coma local- xa mandaba no marcador con gol de Iria. A reacción visitante non se fixo agardar e Antía, de falta, devolvía o empate. Non habería maís goles na primeira metade. Consumidos tres minutos do segundo período, Marta adiantaba ás de Chipi. Roubo de balón e pase de Sara a Marta que batía a Ana. Lesión de Candela O infortunio aparecía no cadro local en forma de lesión. Candela tivo que ser substituída ao quedárselle trabado o xeonllo no chan. Despois duns minutos no banco volveu a saír, pero volveu a queixarse do xeonllo. Con mostras de

dor evidentes tivo que saír da pista e xa non volvería a entrar. O cadro local resentiuse animicamente. Cando peor o estaban a pasar, Iria sacou das súas botas unha xogada persoal que rematou co balón no fondo da portaría defendida por Vanessa Barberá. A ocasión máis clara das albinegras chegaría cun penalti sobre Sara Moreno que ela mesma se encargaría de lanzar. O seu lanzamento duro polo centro foi despexado por Ana. Pouco

despois Andrea era expulsada por dobre amarela nunha acción moi protestada polas súas compañeiras xa que consideraban que a acción anterior fora penalti. Cunha xogadora menos, o Envialia defendeuse e incluso chegou a ter o balón lonxe da súa defensa. Ata que, nunha xogada no centro do campo na que Chiki queda tendida na pista a aproveitan as franxiverdes para adiantarse por segunda vez no encontro (3-2) cun gol de Figo. A partir dese momento o Envialia asediou a área rival na procura dun empate, ata que, Chiki, a tres minutos do final, soa no segundo pao, lograba a igualada. O marcador xa non se movería.

Sara Moreno loitando polo balón./RAMSÉS.

Recta final de Liga 4 A catro xornadas do final. R.T.

Bea Seijas e Iria Saeta no derbi./RAMSÉS.

Catro xornadas para o final de tempada e aos conxuntos ourensáns esgotaselle o tempo para acadar os obxectivos marcados. Á Primeira división de fútbol sala quédalle un mes e, tanto Ourense Envialia e Cidade das Burgas, terán que pelexar por uns retos que, a pesar de telos preto, son complicados de conseguir.

O Envialia ten imposible mellorar a quinta posición do ano pasado, xa que está a sete puntos do cuarto (Burela) con 12 puntos por disputarse. Esta xornada visitan ao Alcorcón de Vane Sotelo e Ana Rivera. Cidade O Cidade das Burgas ve como cada xornada alónxase máis a oitava posición, e así, as súas posiblidades de entrar na

Copa de España. Contra o Leganés non foi quen de sacar un resultado positivo (perdeu por 7 a 5) e entrar na Copa cada vez está máis complicado. O 4-0 na primeira metade fronte as leganesas converteuse nunha lousa moi grande. Coa derrota, as de Codeso son décimas con 33 puntos. Na novena posición está o Majadahonda, con 35 puntos; e na oitava o Móstoles con 36. Cos mesmos puntos que as ourensás, atopase o Gironella. Todo foi indicar que nas catro xornadas que restan para o remate da liga o Cidade loitará con estes tres equipos pola oitava posición; tres deles quedaranse fóra da Copa. O Cidade das Burgas recibe na casa o sábado 13 de maio, ao Móstoles; rival directo para loitar pola oitava posición. A vitoria o mantería na pugna; unha derrota alonxaría casi definitivamente ás franxiverdes da ansiada cita copeira.

O Cidade recibe ao Móstoles, un rival directo para entrar na Copa, o sábado ás 17 h


BALONCESTO

Dous partidos no Pazo 4 O COB logrou unha vitoria en Oviedo e forzou, alomenos, dous encontros do Paco Paz. R. Torres Dous partidos mínimo. Eso é o que se xogará no Pazo Paco Paz antes de que remate o playoff os dous contra Oviedo e mínimo un máis se logra eliminar aos asturianos-. A vitoria no primeiro encontro da eliminatoria en Oviedo permite aos homes de Gonzalo García de Vitoria -e aos seareiros cobistas- gozar de dous partidos en Ourense. Estes disputaranse este venres 12 (21 horas) e o domingo 14 de maio (ás 18 horas). Os ourensáns déronlle a volta ao factor cancha, pero non será sinxelo superar esta eliminatoria. Así parece tralos dous primeiros encontros en

Pumarín. O COB sorprendeu no primeiro e caeu por 18 no segundo. No primeiro non deron opción aos locais e no segundo comezaron cun gran primeiro cuarto e pouco a pouco foron perdendo as opcións de triunfo. Cunha plantilla máis curta ca do seu rival, o COB ten o dificultade de recuperarse peor tanto física como mentalmente nunha eliminatoria moi esixente e con poucos días de descanso. Todos falan da importancia dos encontros impares, e no COB multiplícase. Os menos de dous días de descanso entre o terceiro e cuarto partido dan vantaxe a un Oviedo que

conta con 12 xogadores de plantilla (dous máis co COB). Case que necesario se antoxa gañar este venres se se quere, cando menos, chegar a un quinto partido, imprescindible para deixar sentenciada a eliminatoria sen necesi-

dade do quinto. Xogadores Saber rotar aos xogadores e que mostren o seu mellor xogo serán factores fundamentais. En Oviedo, Fran Guerra, Devin Wright, Christian Díaz, Diego Kapelan e

Barrios DEPORTIVO 12 de maio de 2017

Nemanja Mitrovic estiveron a un gran nivel -sobre todo no primeiro encontro-. Pola contra, Dmitry Flis, Kyle Hittle e Zarko Jukic, máis grises; e Martín Rodríguez e Tomás Fernández tiveron unha aportación testemuñal.

O Paco Paz acolle o terceiro encontro -venres 12, ás 21 horas- e o cuarto -domingo 14, ás 18 horas-, en caso de quinto sería en Pumarín (Oviedo)

Xogadores atendendo as explicacións de García de Vitoria./C. DOMARCO.

4 Entradas para o playoff O Club Ourense Baloncesto vén de sacar os prezos das entradas desta primeira eliminatoria do playoff de ascenso. Para os socios, a entrada para cada partido será de 10 euros, e de 15 se elixen a opción de mercar un bono para os dous encontros. Para os non socios o prezo é de 15 euros por un partido e de 25 para os dous. Para os socios de 15 a 25 anos o custe é de 5 ou 8 euros, dependendo de si van a un ou aos dous encontros; os non socios, 10 ou 17, según a opción que elixan. Os infantís (de 2 a 14 anos) pagarán 3 (por un partido) e 5 euros (por dous partidos), e se non son socios serán 5 euros (por un encontro) ou 8 (se elixen o bono).


10

Barrios DEPORTIVO 12 de maio de 2017

ARTES MARCIAIS

Gran actuación do Artai en Barcelona

EN BREVE 4 Infantil e

cadete de judo

4 Os seus deportistas logran un total de 21 medallas. Redacción Os deporistas do Club Artai de Ourense conquistaron Barcelona o pasado 6 de maio. A cidade condal acolleu o Torneo internacional wushu/kungfu de Barcelona. O evento contou coa participación de competidores de Francia, Italia, China e España (más de 150 participantes). O equipo ourensán desprazouse con 11 competidores (5 de formas e 6 de combate) e representaron á Comunidad Autónoma de Galicia. Os resultados non puideron ser mellores e trouxeron de volta 21 medallas. En formas, Jacobo Rodríguez Naveira logrou tres ouros e unha prata;

Andrea Álvarez Fernández, catro ouros; Aarón Martínez García, unha prata e un bronce; Sara Álvarez Vázquez, dous bronces; e Carlos Cid Samamed, un bronce. En canto á modalidade de Sanda (combate), Ana Soto Pérez levouse un ouro; Ngagne Faye Faye, dous ouros; Iago González Taboada de Zuñiga, dous bronces; David Fernández Varela, dúas prata; e Miguel Canal Nieto, un bronce.

Das 21 medallas 10 foron de ouro, catro de prata e sete de bronce

Ngagne Faye, nun dos seus combates no Internacional de wushu/kungfu de Barcelona./CLUB ARTAI.

Dúas deportistas nun combate no Campionato de Galicia de kung fu moderno disputado en Ourense. /RAMSÉS.

O Artai domina o kung fu moderno en Galicia 4 Levouse a maioría dos títulos en disputa. Redacción O pasado 15 de abril celebrouse o Campionato Galego de Kungfu moderno individual 2017, no Pavillón dos Remedios de Ourense. Con máis de 180 participantes, algúns menores de cinco anos e outros maiores de setenta, o torneo raiou a gran nivel, tanto o número de participantes, como a súa calidade técnica. As diferentes modalidades de formas (Changquan, Nanquan, Taichi, Qigong, Armas Curtas, Armas Longas) dividíronse en categorías de idade: pre infantil, infantil, cadete, xuvenil, absoluto e veteranos. Por outra banda, as modalidades de combate (Shuaijiao, Qingda, Kungfu combat e Sanda) dividíronse en

categorías de peso. Aínda que todos os deportistas demostraron estar a un gran nivel, destacaron entre eles os deportistas ourensáns do Artai. Así, Andrea Álvarez Fernández (júnior) conseguiu catro ouros; Jacobo Rodríguez Naveira (júnior), fíxose con tres ouros e unha prata; Sara Álvarez Vázquez (absoluto), colgouse dous ouros, unha prata e dous bronces; Francisca López Terrazas (veteranos), conquistou tres primeiros postos. Combates Da mesma maneira, en combate destacaron dous deportistas do Club Artai: Ngagne Faye Faye (Absoluto) e David Nóvoa González (absoluto). O primeiro, conseguiu tres ouros, xa que se proclamou campión en todas

as modalidades nas que participou. O segundo subiuse ao pódium ata en tres ocasiones, unha delas como subcampión e as outras dúas como campión. O organizador do evento, Aarón Blanco Pita, director do Club Artai e do departamento galego de kungfu moderno espera que os bos resultados do equipo ourensán sexan un preludio de éxito do próximo Campionato de España de Kung fu que se celebrará en Madrid (27 e 28 de maio).

Ngagne Faye logrou medalla de ouro en todas as categorías nas que participou

Os judokas do club Marbel lograron catro medallas no Campionato de Galicia infantil e cadete de judo. Seis competidores do Marbel representaron a Ourense en ambas as categorías, tras lograr o pase na fase Sur. En infantil, participaron Iván Vasallo (-38 quilos) quen logrou a medalla de bronce, mentres Pablo Rodríguez (-42 quilos) e Sara Mouteira (-48 quilos) terminaron nuns meritorios quintos postos de Galicia. Na categoría cadete Canolich Fernández (52 quilos) logrou a medalla de prata, mentres Iria Oleiro (-57 quilos) e Rubén Córdoba (-73 quilos) conseguiron senllos bronces.

4 Copa

Deputación O pasado 6 de maio desenvolveuse na pista anexa do Paco Paz a segunda xornada de Copa Deputación de Judo. Competición que reuniu a preto de 120 participantes de toda a provincia. Foi a segunda de catro xornadas de competición, cuxo final de festa será unha tarde de aspecto lúdico e rexional, restrinxida á categoría infantil e denominada “Randori”.

4 Taekwondo Ainoha García colgouse o ouro tras vencer nos seus catro combates sen encaixar un só punto. María Ferreiro tamén foi ouro tras superar a todas as súas rivais.


FÚTBOL

A un partido do cambio de ciclo na UD Ourense 4 Os unionistas xogarán o seu último encontro de liga provincial. Redacción A un partido, a 90 minutos para que a Unión Deportiva Ourense remate un ciclo. Os unionistas xogarán

O encontro contra Taboadela terá lugar este domingo ás 18 horas no Couto

esta fin de semana o que será o último encontro na liga provincial (en caso de que non volvan a descender). Contra o Taboadela porase o punto e final a un periplo de tres anos nos que se viaxou, desde as bancadas do Couto no ano 2014, por toda a provincia. Acompañados por uns seareiros que quixeron seguir ao equipo na travesía polo deser-

to. Tres anos que deixan unha Copa Deputación B, dúas ligas e tres ascensos consecutivos. Dacosta O ciclo non remata só nas categorías deportivas, tamén o fai no banco. Antonio Dacosta, que estivo co club desde antes de que se creara, deixará de ser o seu adestrador. E con el irase Fran Álvarez, que comezou como

Partido da UD Ourense no campo do Cortegada o pasado domingo. /RAMSÉS.

Fútbol gaélico

Cuartas e quintos, na Estrada 4 Na Copa de Galicia de fútbol gaélico. Redacción Os dous equipos (masculino e feminino) do Club Auriense de fútbol gaélico participaron a pasada fin de semana na Copa de Galicia na Estrada. A cuarta praza do cadro feminino mellora nunha posición a acadada o ano pasado na disputa da Copa celebrada en Xinzo de Li-

mia. As ourensás soamente se viron superadas por Fillas de Breogán, nas semifinais, e polo Ponteverda FG, na loita polo terceiro e cuarto posto. O cadro masculino logrou unha meritoria quinta posición (a mesma que o ano pasado). Un gran resultado se temos en conta que os catro primeiros clasificados son equipos

punteiros da Primeira División de Galicia. Liga Os ourensáns afrontan unha interesante xornada de Liga esta fin de semana. Reciben o domingo, ás 16 horas, no campo da Universidade ao Dorna da Illa de Arousa. Cos dous equipos clasi-

xogador -de imborrable recordo a tanda de penaltis en Eiroás con último lanzamento del- e continuou este ano no banco con Dacosta. Tampouco seguirá Xurxo, o xogador que estivo desde o inicio e colleu a capitanía o segundo ano, unha vez que se marchara Adolfo. Outros dous xogadores continuaban desde o principio: Diego Soto e Xaco. O primeiro colgou as botas na segunda volta deste ano (por culpa das lesións) e o segundo pode ser que sexa o único que permanezca unha cuarta tempada. Taboadela E para poñer o punto e final a este ciclo o partido será no estadio do Couto este domingo 14 de maio ás 18 horas. O rival será o Taboadela. Subida no carnet de socio O salto de categoría do primeiro equipo da UD Ourense suporá un incremento nos gastos correntes (arbitraxes, viaxes, plantilla...). Por iso, levouse a votación na última na asamblea a aprobación dunha subida no prezo dos carnets de socio. Así, o abono normal pasará dos 40 euros que valía esta tempada ata os 60. A subida foi aprobada por unanimidade.

ficados para a fase de ascenso a trascendencia do encontro vén por saber que equipo terá o factor campo a favor no seu cruce. O conxunto que consiga a vitoria xogará como local nunha eliminatoria a un só partido. Esta disputarase a fin de semana do 27 e 28 de maio.

Os dous equipos do Auriense F.G.

Barrios DEPORTIVO 12 de maio de 2017

11

Fernando Currás, novo técnico da UD Redacción A Unión Deportiva Ourense acaba de anunciar a fichaxe de Fernando Currás como novo adestrador do primeiro equipo. O que fora coordinador da base esta tempada asume o reto de dirixir a primeira plantilla na tempada 2017-19. Na rolda de prensa asegurou que quere manter a ilusión dunha bancada que estivo ao carón do equipo desde que se creara no verán de 2014. Currás estará acompañado do seu irmán, Nacho, como segundo

adestrador; Antonio Dacosta, como adestrador de porteiros; e Toni, como preparador físico. En canto á plantilla, Currás afirmou que aínda é cedo para tomar unha decisión, pero que non quere facer unha gran revolución. Sobre o estilo de xogo asegurou que “queremos que a bancada se sinta identificado co equipo”.

Fernando Currás.


12

Barrios DEPORTIVO 12 de maio de 2017

COPA CAMPIÓNS FÚTBOL XUVENIL

Semifinais dispares 4 Celta e Villareal quedaron fóra. Redacción

Celebración do Real Madrid xuvenil tras lograr a Copa./YEDRA SEARA.

O Real Madrid lévase en Ourense a Copa de campións xuvenís 4 De División de Honra xuvenil. Redacción O Real Madrid proclamouse -en Ourense- campión da Copa de campións de División de Honra na categoría xuvenil. Despois de disputarse as semifinais e a final no estadio do Couto, foi o cadro branco o que se alzou co título. O partido comezou coas consignas claras nos dous bandos. O Madrid quería o balón e movelo e o Mála-

ga buscar rápidas contras para sorprender. No minuto 30 de encontro, Martín vía a segunda amarela e era expulsado. Os merengues xogarían desde entón cun menos. Porén, non foi excusa para que os de Guti seguiran coa súa idea na final e dominaran o tempo. A primeira metade rematou co dominio madridista e cunha clara ocasión da dianteira malacitana que

Xogada do Málaga - Real Madrid. /RAMSÉS.

acabou fóra por pouco. Na segunda metade o Real Madrid entraba con perigo polas bandas e os de Dely Valdés tiñan as súas opcións en rápidas transicións; a máis clara foi unha de José Carlos, pero o seu disparo repeleuno o longueiro. Con estas chegaríase ao final dos 90 minutos.

Na primeira semifinal o Málaga -xogaba como local- impúxose ao Celta de Vigo nun partido moi vibrante. Os galegos fixéronse co encontro desde o comezo, en parte debido á apatía dos andaluces nos primeiros compases. O dominio era cada vez maior para os vigueses, incluso no minuto nove perdoaron a máis clara: un penalti que o porteiro Kellyan parou a Alberto. Cando non fallou o xogador celtista foi minutos máis tarde aproveitando un balón rexeitado para rematar, imparable para o gardameta. Ata o descanso o marcador non se movería máis. Nos primeiros intres da segunda metade chegaría unha das xogadas chave do encontro. Nun ataque dos franxiazuis Pedro fai penalti sobre Jony; este ve a segunda amarela e é expulsado.

Como na primeira metade, lánzao Jony e falla. A pesar de que os celestes continuaban por diante a realidade era que tiñan que xogar case todo o segundo tempo cun xogador menos. O Málaga cada vez chegaba con máis claridade á portaría rival, ata que nunha parede no centro da área, Alberto logra o tanto do empate. Finalmente, a seis minutos da conclusión o Málaga poñeríase por diante. Unha falta ao borde da área lanzada por Escardo encontra a rede (2-1). O galegos seguírono tentando -espoleados polo público de ampla maioría celtista- chegando a recompensa. Ton lograba o empate (2-2) e a piques estivo de sentenciar se estivera máis acertado nun man a man co porteiro rival. Pero o Celta quedou cun menos por expulsión de Riki. E nunha falta lateral Escardo volveu marcar, para ledicia do cadro dirixido por Dely Valdés.

O Málaga era finalista a pesar do gran derroche do Celta. Real Madrid – Villarreal Toda a emoción que tivo a primeira semifinal non a tivo a segunda. O Real Madrid logrou un tanto no minuto tres, o que lle valeu para contemporizar durante todo o encontro. Os madrileños non deron opción aos castellonenses e plantáronse na final sen apenas esforzo. O Villarreal, equipo ao que lle gusta controlar o balón, non estivo cómodo e os de branco non deixaron construir aos amarelos. Na segunda metade o Villarreal tentou estirarse, pero un segundo tanto dos homes de Guti deixaba sentenciada a eliminatoria. A forte calor non deixou forzas para grandes alardes e o partido remataría sen apenas ocasións (salvo un penalti fallado polo Real Madrid).

Prórroga Na prórroga o cansanzo fixo acto de presenza en todos os xogadores. Cando parecía que o desenlace da final sería na tanda de penaltis unha falta botada, de xeito maxistral, por Óscar deulle o triunfo a un Real Madrid que se alzaba co título por sétima vez.

Con esta, son 7 as copas de campións do Real Madrid

Partidos entre Málaga e Celta, e R. Madrid e Villarreal. /RAMSÉS.


PUBLICIDADE

Barrios DEPORTIVO 12 de maio de 2017

13


14

Barrios DEPORTIVO 12 de maio de 2017

POLIDEPORTIVO

O CNPO, segundo en Galicia 4 Na Liga de clubs. Redacción A finais de abril o Club Natación Pabellón Ourense disputou a final da liga de clubs na División de Honra xunto cos mellores de Galicia. O resultado para os ourensáns foi o subcampionato, onde venceu o Galaico de Pontevedra. Os pavillonistas a pesar de contar con algunha baixa, completaron o equipo con nadadores de categoría infantil que desempeñaron un bo papel e serviulles como experiencia cos mellores nadadores desta división. Destacaron as actuacións de nadadores como Alberto Taboada, vitoria en 100 costas e 50 braza; David González, que vencía en 200 estilos; Luís Bello que foi o máis rápido en 50 bolboreta; ou Antón Rodriguez que era o mellor no hectómetro a bolboreta do mesmo xeito que Marco García no longo de crol. Ademais tamén estiveron entre os mellores das súas probas, Jacobo Caride, Ana Santiso, Luz Fernández ou Eva Carril. Duatlón Tamén en abril disputouse a final provincial de duatlón que deu acceso ao Campionato de Galicia. Oito deportistas do Natación Pabellón desprazáronse ata Maside. A actuación foi de sobresaliente, destacando a vitoria, e por tanto campións provinciais, de Uxía Campos,

María Cabot, Alexandre Álvarez e Helena Dacosta; así como a prata lograda por Natalia Álvarez. Juan Varela O Ferrol acolleu o Trofeo Internacional Juan Varela. Os ourensáns estiveron presentes logrando varias medallas Jose Moure foi prata en 100 costas e vitoria en 200 metros, mesma proba na que Luz Fernández finalizou terceira, do mesmo xeito que en 50 e 100 metros deste estilo. Marcos García colgouse o bronce no hectómetro de crol, mentres que Héctor Álvarez cara ao propio na 100 braza onde terminou en subcampión.

Uxía Campos, campioa provincial alevín de duatlón. E.CAMPOS

Andrea Bello.

Andrea Bello logra medalla de bronce en Madrid 4 No aberto internacional da capital española. Redacción Andrea Bello vólvese a subir ao pódium nun campionato de España. Nesta ocasión trátase do Aberto Internacional de Madrid, na proba dos 200 obstáculos. 252 socorristas de Gran Bretaña, Países Baixos e de 11 Comunidades Autónomas españolas competiron no V Aberto Internacional e Campionato de España de Primavera na piscina M-86 de Madrid nas categorías xuvenil, junior e absoluta. A representación ourensá correu a cargo do club Salvour coa presenza de Andrea Bello Armada que volveu repetir posición, con respecto ao anterior campionato de España de inverno, pero nunha proba diferente. Nesta ocasión subiu ao terceiro caixón do pódium na proba dos 200 metros obstáculos mellorando a súa marca persoal e demostrando o

seu excelente momento de forma e a súa proxección de futuro neste deporte. Andrea tamén participou noutras dúas probas nas cales non puido acceder ao finais pero obtendo unhas excelentes posicións, dado o elevado nivel desta competición internacional, na proba de 50 metros de remolque de maniquí alcanzou a décima posición e na de 100 metros combinada de salvamento a décimo terceira. Copa Deputación O sábado 22 de abril disputouse na piscina Pedro Escudeiro (Pavillón dos Remedios) a primeira xornada da Copa Deputación Ourense de Salvamento e Socorrismo. Nesta ocasión os deportistas do Club Salvour enfrontáronse á proba de socorrista. Os resultados máis destacados foron os de Olalla Iglesias Lozano dentro da categoría alevín feminina, mentres que no alevín masculina quedou Mar-

cos Poza Guzmán como primeiro clasificado seguido por Daniel Araújo Dapía e Sergio Pérez Merino. Na categoría infantil feminina mención para a participante Zaira García Villalonga e en nenos o primeiro posto foi para Álvaro Iglesias Lozano, segundo Hugo Estévez Crespo, terceiro Xoan García Cid e cuarto Xenxo Fernández Fernández. Na categoría cadete feminina gañou Eva Feijoo Gómez e seguírona Aldara Estévez Crespo e Aldara Nerea Vesprini Pérez. Polo lado cadete masculino o número un foi para Samuel Iglesias Méndez, segundo Roi Naranjo Estévez e terceiro Martín Merino. Na categoría xuvenil feminina e na masculina gañaron Silvia Quintela Álvarez e Álex Jiménez Iglesias; na sénior feminina a mellor foi Ángela Dopereiro García. Por último, na categoría máster feminina a gañadora foi Cristina García Colomo e o segundo posto Silvia Fernández López. Liga galega Na praia de Silgar

(Sanxenxo) tivo lugar a segunda xornada da Liga galega de salvamento e socorrismo o pasado 6 de maio. O Club Salvour, con 20 deportistas na cita, logrou cinco primeiros postos. Na categoría júnior, Andrea Bello foi primeira en nadar surf e en sprint praia; Silvia Fernández foi primeira en nadar surf (-45) o mesmo que Cristina García Colomo (+45); e en alevín, Eva Feijoo gaño a proba de nadar surf. Outros resultados destacados dos ourensáns foron a segunda posición de Mara Vélez en nadar surf (absoluta); a segunda posición de Silvia Fernández e Cristina Colomo en relevo máster de rescate con táboa de salvamento; Eva Feijoo e Aldara Estevez consiguieron a segunda posición no relevo de rescate con táboa; e Cristina Colomo foi terceira en sprint de praia.

O bronce de Andrea Bello foi na proba dos 200 metros obstáculos

Dous integrantes do Salvour na Liga galega.


NOVAS

Barrios DEPORTIVO 12 de maio de 2017

15

Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: C. Domarco. Nº158- Ano: IX - 12 de maio de 2017 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Continúan as obras da pista de atletismo 4 O foso de formigón xa está rematado. Redacción Continúan, a bo ritmo, as obras da pista de atletismo que se construirá no recinto feiral da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense). Así o anunciou a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral. Segundo o establecido, xa está rematado o foso de formigón da pista e a principios de xuño dará comezo a montaxe da estrutura da pista. Ademais do foso, rematouse a estrutura e a cuberta da ampliación dos espazos auxiliares. Unha vez montado o armado de muros e lousas e executado o formigón de limpeza realizarase o tra-

Obras da pista de atletismo de Expourense.

zado de instalacións ou a estrutura de foto finish. Unha das mellores Esta pista cuberta de atletismo será unha das tres mellores de España; e contará coa tecnoloxía máis moderna de todas as existentes. Terá seis rúas en pista circular de 200 metros de perímetro, oito rúas en pista recta, zona de lanzamento de peso, zona de saltos de altura, lonxitude, triplo salto e pértega. A pista de atletismo cumprirá coas novas especificacións da Federación Internacional de Atletismo (IAAF) que serán acordadas no vindeiro congreso que se celebrará en agosto do presente ano en Londres. Compatibilidade Desde a Xunta aseguran que a pista e o recinto feiral poderán convivir sen problemas en Expourense. As curvas da pista -que teñen peralte- baixanse (segundo aseguran en cinco minutos) para que quede todo nivelado e poder realizar outras actividades.

680.000 euros en subvencións Redacción

O equipo do Fluvial de Lugo en Avilés, con Campos segundo pola esquerda.

Campionato de España de duatlón O ourensán Eloy Campos formou parte do equipo Club Triatlón Cidade de Lugo fluvial que participou no Campionato de España de duatlón por equipos celebrado en Avilés. Campos, xunto aos seus compañeiros lograron unha meritoria sétima posición, o que lles vale para manterse outro ano máis na Primeira División nacional da disciplina.

O equipo do Voleyourense festexando o ascenso.

O CV Voleyourense, campión O CV Voleyourense proclamouse campión da fase de ascenso a Primeira Nacional ao gañar a fase final disputada en Ourense. Despois de superar a fase de grupos e a semifinal plantouse na final diante dos Campos (ao que xa vencera na liguilla). A pesar de ser unha final moi disputada as ourensáns non deron opción ás súas rivais -salvo no segundo set que o perderon- e fixéronse coa vitoria por 3 a 1. O último set foi para o Voleyourense por 28 a 26, e unha vez logrado o obxectivo saltou a ledicia na pista e nunhas bancadas do Pompeo repletas de seareiros. Agora toca gozar do conseguido e, desde o club, analizar se dan o salto á Primeira Nacional, ou se renuncian a subir de categoría a pesar de merecelo deportivamente.

O Consello Municipal de deportes vén de aprobar as bases da convocatoria de subvencións anual para eventos e manifestacións deportivas (liña 1. 80.000 euros) e para a actividade regular dos clubs deportivos da cidade de Ourense (liña 2. 600.000 euros). As bases, aprobadas no Consello Reitor do pasado 4 de maio, recollen importantes novidades, como que se valorará con máis puntuación aquelas entidades que acollan entre as súas filas deportistas con discapacidade, axudas para o aluguer de instalacións deportivas non municipais ou para adquisición de equipamentos non funxibles. A partida de axudas para este ano supera en 40.000 euros á do ano pasado. Foron 77 os clubs beneficiados e 45 os eventos apoiados desde o CMD en base ás dúas liñas de axudas. Este ano, ademais, existe a posibilidade de ampliar a liña de axudas no caso de existir crédito abondo, tal e como reflicten as bases da subvención. Por outra banda, modificouse o sistema de xustificación e control financeiro das subvencións de xeito que as axudas se apliquen naquelas actividades para as que foron solicitadas.


Barrios DEPORTIVO 12 de maio de 2017


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.