Bd 170

Page 1

[ Páx. 12]

Numerosas citas atléticas para pechar o ano ESCALADA

Páx.3

O Asesou organizou un campionato de Nadal

FÚTBOL

Páx.4 NATACIÓN

A UD Ourense gaña en Copa e perde en Liga

Páx.6

Tres segundos postos para o Sincro Ourense en figuras

FÚTBOL SALA Páx.10 SALVAMENTO Páx.15 O Sala Ourense continúa líder da Terceira división

Cristina Colomo busca apoios para o Mundial de Australia

[Páx. 5]

A deter a sangría

[Páx. 8-9]

Puro kung fu

Nova oportunidade para o COB, esta vez no Pazo, para conseguir a segunda vitoria da tempada.// Ourense acolleu a Copa Deputación de kung fu.

Número: 170- Ano: IX -7 de decembro de 2017 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 12 de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


Barrios DEPORTIVO 7 de decembro de 2017

AXENDA / MEGAXOVE

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 10 de decembro. O Couto. UD Ourense - Erizana. Rexional Preferente. - Día 17 de decembro. Espiñedo. Arenteiro - Cultural Areas. Terceira división. - Día 17 de decembro. O Couto. Ourense CF - Céltiga. Terceira división. - Día 17 de decembro. San Cristobal. Ribeiro - O Grove. Rexional Preferente. - Día 17 de decembro. Bande. Bande - Campo Lameiro. Rexional Preferente. - Día 17 de decembro. A Tella. Nogueira - Marcón Atlético. Rexional Preferente.

Baloncesto

- Día 10 de decembro. Paco Paz -19:00 h- Rio Ourense Termal - Palencia. - Día 20 de decembro. Paco Paz -21:00 h- Rio Ourense Termal - Barça B.

Atletismo

- Día 10 de decembro. O Carballiño - 11 h - IX Carreria solidaria do Arenteiro. - Día 16 de decembro. Ourense. Inauguración da pista cuberta de atletismo. - Día 17 de decembro. San Cibrao. XVI Carreira pedestre do Nadal - Campionato provincial 10 km en ruta. - Día 23 de decembro. Ribadavia - 16:30 h - IV Carreira popular de Ribadavia. - Día 23 de decembro. Ourense. Copa de Galicia de Clubs Máster de Pista Cuberta 2017/2018. - Día 24 de decembro. A Rúa. VI Carreira solidaria da Rúa - 1kg solidario. - Días 30 e 31 de decembro. Campionato de Galicia de Clubs de Probas Combinadas PC 2017/2018. - Día 31 de decembro. Ourense. II San Silvestre. - Día 1 de xaneiro. Subida á costiña de Canedo. - Día 7 de xaneiro. Ourense. Copa de Clubs de Pista Cuberta 2017/2018.

Fútbol sala

- Día 10 de decembro. Os Remedios - 12 h - Sala Ourense - A Estrada. Terceira división. - Día 16 de decembro. Os Remedios - 17 h - Cidade das Burgas - Futsi. Primeira división. - Día 23 de decembro. Os Remedios -17 h- Ourense Envialia - Burela. Primeira división.

Andaina

- Día 24 de decembro. A Rúa. VI andaina solidaria da Rúa - 1kg solidario.

Rugbi

- Día 9 de decembro - 16 h - Campus Ourense. Campus Rugby - El Salvador. División Honra B.

Outros

- Día 15 de decembro. Os Remedios - 18:30 h -. Torneo Nadal de Ximnasia. - Día 17 de decembro. Piscina Rosario Dueñas - 16 h Festival Nadal Acuático de Natación Sincronizada. - Día 22 de decembro. O Pompeo - 09 h - Torneo Nadal Bádminton. - Día 23 de decembro. Os Remedios - 09 h - Xornada Navidad de Escalada. - Día 23 de decembro. AVV Barrocás. Torneo Clásico Aberto de Xadrez. - Día 29. Anexo dos Remedios - 16 h - VI Torneo Social de Nadal de Balonmán.

Rapaces participantes nunha proba atlética que tivo lugar o mércores 6 de decembro.

5.000 visitas celebraron a maioría de idade de Megaxove 4 Familias de toda Galicia participaron activamente nas máis de 30 actividades que ofreceu o salón. Redacción Logo de dous días (5 e 6 de decembro) de intensa actividade, Megaxove pechou as portas da súa 18ª edición convertido no lugar elexido por ó redor de 5.000 visitas que participaron activamente nas máis de 30 opcións que presentaban os expositores. Asociacións xuvenís, voluntariado e clubs deportivos aproveitaron a súa participación no Salón da Xuventude para dar a coñecer o labor que realizan durante todo o ano. A última xornada do Salón estivo marcada pola celebración de dúas probas deportivas con gran tradición como o Torneo de Xadrez Megaxove organizado polo Clube Xadrez Ourense e no que participaron preto de 40 rapaces de entre 6 e 16 anos. Tamén de celebraron dúas minicompeticións de atletismo que contaron coa participación de medio cento de rapaces das categorías infantil, júnior e

cadete. A meirande parte deles pertencían ao Club Atletismo Ourense, organizador desta proba, pero tamén participaron atletas de xeito independente. Exhibicións de kung-fu do Ximnasio Fitness Forma, circuito ciclista infantil de Maese Bike e as prácticas de roller derby a cargo do clube “As Lobas de Morgana” completaron a oferta deportiva desta xornada. Promoción O salón da Xuventude ofreceu a posibilidade de practicar actividades xa coñecidas polos visitantes, pero serviu tamén de andén de promoción e descubrimento de outras vencelladas ao tempo libre, á cultura e ás disciplinas deportivas minoritarias. Cada rapaz e rapaza puido escoller libremente en qué quería invertir o seu tempo de lecer: dende xogos populares e tradicionais ata obradoiros de robótica ou impresión 3D ou gozar coa exhibición de drons.

Solidariedade Amencer, o Rally Solidario e o Banco de Alimentos de Ourense aproveitaron esta cita para promover a recollida de produtos alimentarios, material escolar e xoguetes na “Operación Quilo MEGAXOVE” e destinalos ás familias que máis o precisan nestes momentos. Expourense Este sábado 9 de decembro, as instalacións de Expourense acollerán a celebración do VIII Campionato de kickboxing Megaxove que organiza a Fundación Cipri Gomes e que reunirá a 150 deportistas de Galicia e Portugal

pertencentes a máis de 20 clubes deportivos. Finaliza así o calendario feiral de Expourense para o ano 2017, pero o vindeiro mércores 13 de decembro celebrará o 17º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos coa colaboración da Universidade de Vigo e o patrocinio da Deputación Provincial de Ourense. Tamén está prevista a inauguración da pista de atletismo cuberta para o sábado 16 de decembro. Polo que se refire ás feiras, a próxima cita feiral será do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro coa celebración da 19ª edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico.

Os xogos de mesa non faltaron en Megaxove.


NOVAS

Barrios DEPORTIVO 7 de decembro de 2017

Foto de familia do Club Asesou de escalada.

Xornada de competición no Club Asesou 4 Celebrou o campionato de Nadal. Redacción O sábado 2 de decembro o Club Asesou de escalada celebrou a súa competición de Nadal. Nela participaron todos os socios para gozar dun día en familia. Os máis cativos participaron nunha xincana que tiveron que superar saltando, colgándose, escalando e ata tirándose en tirolina varias veces ata chegar todo o máis alto a unhas presas marcadas nun dos plafóns do rocódromo. Nesta categoría todos foron vencedores. Finais As que si tiveron gañadores foron as categorías máster e amateur masculina (para os socios con menos dun ano de antigüidade) e feminina (menores de idade e socias con menos dun ano no club). En máster masculino o podio estivo formado por

Mauro González (primeiro), Paio Xosé (segundo) e Adrián Vázquez (terceiro). En máster feminino, Elena Gónzalez foi primeira, Thais López (segunda) e Lucía Sousa (terceira). En amateur masculino o podio copouno Edsley de Sousa, David González e

Estebán García, como primeiro, segundo e terceiro, respectivamente. E finalmente en categoría amateur feminina Dafne Sousa alzouse coa primeira posición, Rebecca Burke coa segunda e Mara Formoso coa terceira.

Elena González e Lucía Sousa na competición máster feminino.

Iván Feijoo alzando os brazos como gañador en Viveiro./LUZ MARÍA IGLESIAS.

Feijoo domina en Viveiro 4 Logrou unha nova vitoria na Copa Galicia de ciclocross. Redacción

lez, segunda.

O ciclista ourensán Iván Feijoo logrou unha nova vitoria nunha proba da Copa Galicia de ciclocross. Nesta ocasión foi na localidade lucense de Viveiro. Feijoo facíase coa vitoria nun axustado esprinte, co que se resolvía unha emocionante carreira sen gañador claro ata a chegada á liña de meta. Con este triunfo, Iván afianza o seu liderato na copa galega. En terceira posición sub 23 entraba o seu compañeiro no Academia Postal Actyon MMR Román Saa. Pola súa banda, en júniors, Carlos Canal remataba segundo. En mulleres categoría cadete doblete; Noela Saa era a gañadora e Aida Gonzá-

Culleredo Unha semana antes, disputábase unha proba da Copa en Culleredo. O Club Ciclista Maceda colocaba a cinco dos seus corredores en podio. Alí, Iván Feijoo sumaba unha vitoria con gran autoridade. Os ourensáns dominaba a carreira desde a primeira volta ata ir aumentando a súa vantaxe

ata preto dos dous minutos con respecto ao segundo clasificado. Román Saa lograba a segunda posición entre os sub 23. Carlos Canal, en categoría júnior, facíase coa segunda praza. Mentres, en cadetes, Noela Saa vencía en mulleres e Martín González (cuarto) e Marco Nube (quinto) quedábanse ás portas do podio. Antía Martínez (júnior) remataba terceira.

Noela Saa, centro, e Aida González, esquerda, como primeira e segunda no podio de Viveiro./LUZ Mª IGLESIAS.


Barrios DEPORTIVO 7 de decembro de 2017

FÚTBOL

A UD Ourense gaña en Copa e perde en Liga

O Barbadás recupera sensacións

4 Goleou ao Ribeiro e caeu en Mondariz.

4 Arenteiro e Ourense C.F. están na zona media e Barco, cos mellores.

Redacción A Unión Deportiva Ourense golea na Copa Deputación despois de caer en Mondariz na última xornada de Liga disputada. No partido de volta dos oitavos de final de Copa o equipo dirixido por Fernando Currás venceu por 5 a 1 ao Ribeiro. O partido de ida rematara con empate a un tanto. Os goles de Luis González, Carlos, Adrián, Fran Martínez e Rubén Durán deixaron sentenciada a eliminatoria o recuperaron a ilusión dunha parroquia que viu como en Liga os unionistas só sumaron un puntos nas dúas últimas xornadas. Liga Os ourensáns perderon unha gran oportunidade de achegarse ao líder da Rexional Preferente, o Estradense. A súa derrota diante do Mondariz (2-1) fixo que o empate do líder, na última xornada, non lle valla para recurtar distancias. A pesar da derrota e do empate, no Couto, da xornada anterior, os unionistas manteñen a segunda posición, iso si, agora o terceiro (Xuventude Sanxenxo) está a tan só un

R.T.

Joni no partido de liga contra o Moaña. /RAMSÉS. punto, e o Bande, cuarto, a dous. Pola parte de abaixo, o Ribeiro e Nogueira son décimo oitavo e décimo noveno, respectivamente. Os de Ribadavia suman 13 puntos, polos 12 dos de Luíntra. A salvación márcaa o Gondomar con 15 puntos. Vindeira xornada A Unión Deportiva Ourense xogará este domingo, 10 de decembro, ante o Erizana (décimo terceiro clasificado), para

pechar os partidos Couto por este ano. Corzo e Fran Martínez (por tarxeta vermella) e Josu (por ciclo de cinco tarxetas) non estará neste encontro. Campo Lameiro, Marcón Atlético e Alertanavia serán os rivais de Ribeiro, Bande e Nogueira, respectivamente.

UD Ourense recibe este domingo ao Erizana no Couto

A Terceira división grupo 1- está deixando, nas últimas xornadas boas sensacións para os conxuntos ourensáns. Sobre todo para o Barbadás, que desde que comezou a era Juajo Vilachá o conxunto “azulón” non sabe o que é perder. Dúas vitorias e un empate, con Vilachá no banco, é a bagaxe dun equipo, dos Carrís, que pouco a pouco vai saíndo da zona de perigo. Aínda así, ocupa zona de descenso (décimo sétimo con 14 puntos) pero empatado a puntos co equipo que marca a salvación (o Vilalonga). A boa dinámica de xogo e resultados tena

que seguir demostrando a vindeira xornada (o domingo 17, xa que esta fin de semana toca parón) ante un equipo que, a pesar de que marcha na cuarta posición, non leva unha gran racha de resultados (nas últimas seis xornadas só sumou unha vitoria e dous empates). Barco O Barco é o mellor conxunto ourensán ata a data. Con 34 puntos é o terceiro clasificado, a cinco do líder. En postos de promoción de ascenso os de Javi Rey están a realizar unha boa campaña que os leva a soñar con algo grande. Para a próxima xornada visitan a un Negreira que ocupa postos de descenso.

Partido nos Carrís do Barbadás. /RAMSÉS.

Ourense C.F. O Ourense Club de Fútbol está indo de máis a menos. Comezou a tempada sendo unha das sensacións da Liga, pero pouco a pouco vai asentándose na zona media da táboa. Actualmente o equipo dirixido por Fran Justo é décimo segundo con 24 puntos. As derrotas nas dúas últimas xornadas fixeron dano nun equipo que merecía máis. O Céltiga será o rival dos ourensáns no último partido da primeira volta e do ano. Arenteiro O equipo do Carballiño marcha un punto e un posto mellor que o Ourense CF. Son undécimos con 25 puntos, e a pesar de que sufriron algunha que outra goleada, o certo é que están asentados na zona tranquila. O equipo de Manel Vázquez despedirá o ano diante do Cultural Areas en Espiñedo.

A Liga regresa o 17 de decembro coa última xornada da primeira volta


BALONCESTO

O Carmelitas non ten límite 4 O seu debut na Primeira nacional está a ser moi positivo. Redacción Despois de dez xornadas pódese facer unha valoración de como está a ser o debut do Gadasa Skoda Carmelitas na Primeira nacional. Nestas dez xornadas, as xogadoras dirixidas por Suso Garrido suman catro vitorias por seis derrotas. Todos os triunfos foron ao calor da súa xente en encontros disputados no polideportivo Vedruna; soamente perderon un partido na casa e foi diante do todopoderoso Grupo Tirso de Cantabria. O problema chega cando xogan como visitantes. Ata o de agora, non sumaron unha soa vitoria (cinco de-

rrotas) lonxe de Ourense e só estiveron a piques de levarse o triunfo na pista do Skoda Avilés (50-48). Xornada 11 Tras dúas xornadas como visitantes, o Carmelitas volve ao Vedruna para enfrontarse ao Torrelavega (cuarto clasificado cunha vitoria máis que as ourensáns). O encontro será o sábado, 9 de decembro, ás 20 horas. Pechará o ano co difícil encontro na pista do Grupo Tirso. As colexialas terán o seu primeiro encontro do ano 2018 na casa, o 14 de xaneiro, diante do Ventanas Arsán.

O Carmelitas faise forte no Vedruna. /RAMSÉS.

Barrios DEPORTIVO 7 de decembro de 2017

O Rio Ourense Termal busca un punto de inflexión 4 Os ourensáns suman unha vitoria en doce xornadas. R. Torres Urxen fichaxes e urxen pronto, valla a redundacia. O Rio Termal Ourense leva unha racha dunha vitoria por once derrotas nas 12 primeiras xornadas. Con esta bagaxe os homes de Gonzalo García de Vitoria teñen a dudosa honra de ser o pechacancelas da LEB Ouro. E o peor de todo é que parece que sofren unha involución no seu xogo, un xogo que a día de hoxe só sustentan Johnson e Ahonen secundados, ás veces, por Manzano e Trist. Pouca pólvora para un equipo que debe cambiar de rumbo se non quere perder a categoría antes de tempo. Con cinco xogadores que proveñen da Liga EBA (dúas categorías máis abaixo ca Ouro), a súa formación está a ser máis lenta do que precisa un equipo profesional coa esixencia de gañar cada xornada. Con este panorama o COB agarda un ou dous xogadores novos para o próximo encontro. Palencia Os ourensáns reciben

Orlov axuda no bloqueo a Johnson. /RAMSÉS. este domingo, 10 de decembro, ao Palencia, que con cinco vitorias é décimo. O encontro dará comezo ás 19 horas no Pazo Paco Paz. Desde o corpo técnico estanse a mover para concretar un ou dous reforzos que dean calidade á plantilla. Semanas de visionado de videos e varios nomes sobre a mesa que, de momento, non chegaron a bo porto. O club segue rastreando o mercado, pero cada vez, a necesidade de sumar efectivos é máis imperiosa. Toncinic e Rozisis foron os que soaron con máis forza, pero finalmente decan-

taron a proposta ourensá. Quen si xogará seguro este domingo será Rogier Jansen. O base holandés, que pode xogar tamén de dous, chega de Rioja e estará a proba durante un mes. Aportará experiencia, algo do que carece a maioría dos seus novos compañeiros. Dependerá del que o contrato se amplíe ata final de ano; iso sería unha boa noticia tanto para o xogador como para o propio club.

Este domingo no Pazo Paco Paz, COB - Palencia

EsquiOU 2018 Redacción A Deputación de Ourense, en colaboración con Oca Nova Manzaneda, organizan un ano máis o programa “EsquiOU 2018”, que ofrece a posibilidade de achegar a práctica de deportes de inverno e actividades de lecer a máis de 700 nenos da provincia de Ourense de idades comprendidas entre 9 e 12 anos. O programa “EsquiOU”, que pon a disposición 735 prazas para nenos de 9 a 12 anos nas sete zonas xeográficas da provincia, ofrece un completo programa que inclúe aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias para nenos nacidos entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 31 de decembro de 2009. A duración é de dúas noites e tres días, de luns a mércores. O programa divídese en sete quendas de 105 persoas cada unha. A primeira quenda, que vai do 22 ao 24 de xaneiro e a última do do 5 ao 7 de marzo. Inscricións Os interesados en participar no programa poden inscribirse ata o día 15 de xaneiro de 2018 a través do correo electrónico esquiou@depourense.es. O custe para cada participante será de 29 euros.


Barrios DEPORTIVO 7 de decembro de 2017

NATACIÓN

Ana Moyano, a mellor galega 4 Destacou no Campionato de España de figuras. Redacción Ata Madrid se desprazou unha expedición do Sincro Ourense para participar no Campionato de España infantil de figuras. Foi na piscina M86 da capital española onde tivo lugar o evento. Participaron un total de 155 nadadoras de 20 clubes de todo o territorio nacional. O Club Sincro Ourense acudiu ao campionato representado polas nadadoras Rocío Blanco, Ana

Moyano e María González Seara (a técnica del club presente foi Elvira López). Outros clubs galegos presentes no Nacional foron o Real Club Náutico de Vigo e o Galaico Sincro de Pontevedra. Na competición realizáronse catro figuras, dúas obrigatorias e dúas elixidas por sorteo entre oito presentadas pola FINA para o presente ciclo olímpico 2017-2021. Os resultados foron bos

para o club ourensán ao situar ás súas tres nadadoras na primeira metade da clasificación. Ana Moyano rematou na posición 23ª, Rocío Blanco foi 55ª e María González acabou 86ª. Ana Moyano foi, ademais, a primeira galega clasificada. Grupos de idade En canto á clasificación por grupos de idade, entre as nadadoras do ano 2003, Ana Moyano fue 10ª e Rocío Blanco 26ª, siendo María González la 33ª. O podio da proba estivo formado por Teresa Bellver, do Sincro Retiro (ouro); Martina Gras, do C.N. Sabadell (prata); e Judith Calvo, do C.N. Granollers (bronce). Gran resultado para as ourensás que esta tempada

Tres segundos postos para o Sincro Ourense 4 Na Liga de figuras de natación artística. Redacción A piscina Rías do Sur de Pontevedra acollía a primeira xornada da Liga de figuras e elementos técnicos de nivel de natación artística a primeira fin de semana de decembro. Na devandita xornada participaron un total de 114 nadadoras, 44 en categoría alevín, 51 en infantil e 39 en júnior.

Cada nadadora realizou catro figuras, no caso dos alevíns e infantís, e catro elementos técnicos as de categoría júnior. Representando ao Club Sincro Ourense acudiron 14 nadadoras júnior, sete infantís e 10 alevíns. Os resultados obtidos polas ourensás foron moi bos, ao situarse tres no segundo posto de cada unha das categorías, e colocarse a maioría das súas nadado-

As nadadoras do Sincro Ourense en Pontevedra.

ras na primeira metade das clasificacións. Na categoría alevín foi Iria Fernández a que ocupou o segundo posto, seguida por Antía Blancon que foi quinta; Blanca Moyano, sétima; Estela Ojea, oitava; Lía Pulido, décima; Paula González, 12ª; Cristal Mota, 18ª; María Pousa, 28ª; Noa Bobillo, 29ª; e Elia Rodríguez, 35ª. Entre as infantís, o se-

As tres representantes do Sincro Ourense en Madrid. buscan continuar entre os mellores clubs galegos e escalar chanzos nas clasificacións dos distintos campionatos de España.

gundo posto foi ocupado por Ana Moyano, seguida de preto por Rocío Blanco que foi sexta; María Molina, 11ª; María González, 15ª; Antía Touriño, 24ª; Lucía Pousa, 31ª; e Eva Rodríguez, 32ª. E en categoría júnior, Lola Carracedo rematou na segunda posición, sendo Xiana Otero, oitava; Laura Bernardo, 10ª; Gisele Cazás, 12ª; Claudia Bande, 16ª; Elena Moyano, 17ª; Lara Doval, 18ª; Candela Rodríguez, 19ª; Rebeca Ruíz, 21ª; María Cid 22ª; Paula Vilariño, 24ª; Lucía Villar, 27ª; Iria Guevara, 30ª; e Marta Vilariño, 32ª.

Ana Moyano foi 10ª, Rocío Blanco, 26ª e María González, 33ª na clasificación por grupos de idade


XIMNASIA

Barrios DEPORTIVO 7 de decembro de 2017

4 Copa da Raíña

Os catro conxuntos do Club Ximnasia Pavillón nos Remedios.

Remate da tempada para o Club Ximnasia Pavillón

Intensa semana ximnástica en Alicante onde as pavillonistas acudiron con 21 ximnastas para participar en tres das catro citas nacionais que tiñan lugar entre os días 22 e 26 de novembro. Comezaba a competición coa Copa da Raíña individual base. As ximnastas do Club Ximnasia Pavillón Marta Mangana e Lidia Babarro realizaron os seus exercicios con algún que outro desaxuste pero defendidos con moito acerto. Marta foi a que mellor clasificación obtivo colocándose no posto 39 das 66 participantes. Ao día seguinte foi o turno dos conxuntos alevín e infantil que com-

petían no nacional de conxuntos de nivel base. Foi o alevín o que estivo máis acertado na súa execución situándose no posto 40 das 81 participantes. O infantil do Escola Pavillón, con algún que outro erro, ocupou o posto 72 das 107 participantes da categoría. Estes dous conxuntos deron por finalizada a súa tempada en Alicante. O conxunto júnior que, tras ser clasificado no control autonómico como un dos dous mellores conxuntos galegos de súa categoría, defendía o seu exercicio na Copa de Conxuntos de nivel absoluto. Non estiveron moi acertadas e con 10,450, obtiveron o posto 17º.

4 Os seus equipos participaron no Campionato de España de Valladolid. Redacción Entre os días 1 a 3 de decembro tiña lugar en Valladolid, no Polideportivo Pisuerga, o último campionato da tempada para as pavillonistas, tras unha tempada moi fructífera e onde as ourensáns mostraron unha importante evolución. Medironse cos mellores conxuntos nacionais. O conxunto infantil (Sara, Claudia, Candela Perez, Candela Díaz, Julia e Uxia) realizou dous pases moi correctos e foi moi regular na competición acadando o posto 26 da clasificación xeral, dos 49 conxuntos participantes nesta categoría, a máis

forte do campionato. As júniors (Sabela, María, Rebeca, Sara, Paula e Lucía) viron a cara e a cruz da competición. Realizando un primeiro pase con moitos erros sitúandose no posto 28º. O segundo pase, na xornada do venres foi un dos mellores da tempada, obtendo nesta segunda xornada o posto 14 entre os 43 conxuntos de categoría. Finalmente ocuparon o posto 20 na clasificación xeral, trala suma das dúas rotacións. O conxunto sénior (Ana, Maria, Antía, Lorena, Candela, Uxía e Paula) tras unha primeira rotación con bastante corrección, non foi acompañado da sorte na segunda

e tiveron moitos erros, incluso saída de tapiz, que mermaron moito a súa nota. Finalizaron 41ª da clasificación. O conxunto benxamín do Escola Pavillón (Candela, Mariña, Noa, María, Claudia, Paula e Laura) cumpliu no seu primeiro nacional absoluto. Realizaron o seu exercicio con moita forza e escasos erros. Remataron sétimas na primeira rotación e subiron un posto trala segunda, sendo finalmente sextas cunha excelente puntuación final de 22,150 (11,150 do primeiro día e 11,00 do segundo día) que as sitúa no nivel da competición nacional de nivel absoluto.

Equipo técnico O equipo técnico de competición nacional, tanto de nivel base como absoluta (Natalia Gómez, Alba Estévez, Raquel Dafonnte, Yaiza Rodríguez e Irina Iembergenova) está xa moi ilusionado, tras esta tempada, pensando no inicio da seguinte e con moitas ideas cara a preparación dos seus equipos e creación dos novos exercicios.

O equipo técnico xa pensa de cara a vindeira tempada en novos exercicios

5 Marta Mangana e o conxunto infantil nos campionatos celebrados en Alicante.


Barrios DEPORTIVO 7 de decembro de 2017

BALONMÁN / KUNG FU

O Carnes do Ribeiro lévase o derbi 4 Vence ao Pabellón por un contundente 25 a 8. Redacción Pouca historia no derbi ourensán da Primeira autonómica entre o Carnes do Ribeiro e o Nova Xestión Pabellón. O resultado de 25 a 8 é un reflexo do que foi o encontro, no que os visitantes apenas inquedaron a vitoria local. Este resultado permite aos de Ribadavia manterse invictos ao fronte da clasificación con oito vitorias e un empate (17 puntos) tras nove xornadas disputadas. Pola contra, o Pabellón ocupa a quinta posición con nove puntos (catro vitorias, un empate e catro derrotas). Na última xornada an-

tes do parón polo Nadal (a do 16 de decembro xa que esta fin de semana non hai liga) o Pabellón recibe ao S.A.R. Centro Médico Cesantes, e o Carnes do Ribeiro visita a Seis do Nadal - Coia. Feminino O equipo feminino sénior do Nova Xestión Pabellón logrou unha importante vitoria en terras do Deza ante o Lalín (25-30). Un triunfo moi importante ante un equipo que loitará xunto ás pavillonistas polo ascenso. Pecharán o ano na casa ante o Lucus de Lugo.

O kung fu galego citouse en Ou

4 Na celebración da Copa Deputación desta arte marcial. Tamén exhibición de capoeira. Redacción O pasado sábado 2 de decembro celebrouse

Partido do Nova Xestión Pabellón feminino. /ARQUIVO.

unha nova edición da Copa Deputación de kung fu, no Pazo dos Deportes Paco Paz; organizada polo

Un dos alumnos da escola Artai facendo unha exhibición de taolu.

club “Escuelas Deportivas Artai” e a Federación Galega de kung fu. Participaron más de 120 deportistas de artes marciaos chinas nas distintas modalidades, facendo deste evento unha gran festa do kung fu galego. A cita contou con cinco combates de kung fu combat e exhibicións de taichi/qigong, capoeira, kung fu infantil e kung fu taolu competición. Exhibicións Preto de 60 nenos e nenas (4-12 anos) executaron distintas técnicas de patadas, posicións e defensa persoal de Kung fu en mini clases infantís. Alumnos de distintas escolas realizaron unha demostración de exercicios de taichi e qigong baixo a tutela da profesora María Sonsoles Fabián.

Tamén, unha ducia de alumnos de Artai Ximnasios demostraron as súas habilidades na actividade de Capoeira. E o equipo de competición de cadetes e júnior da escola Artai realizou unha exposición de rutinas. Nestas inclúense todo tipo de movementos de acrobacia, manexo de armas e técnicas de ataque/defensa. Loita Celebráronse cinco combates de Kung fu Combat (combate a pleno contacto). No primeiro deles, César Caramés enfrontouse a Carlos Cid. Tras empatar nos primeiros tres asaltos, disputouse un de desempate; finalmente Carlos Cid conseguiu a vitoria por unanimidade dos xuíces. No segundo dos com-


KUNG FU

urense

n se realizou unha bates entre Sara Álvarez e Jacobo Rodríguez diferenciouse a estratexia dos dous; mentres a primeira expuña un combate de longa distancia e golpeos repetitivos de puño/patada, Jacobo Rodríguez optaba por agarradelas e derribas. Foi este segundo o que gañou aos puntos. A terceira pelexa mediu a Ricardo Domínguez e a Alejandro Taboada. Tres asaltos de gran intensidade e moito desgaste por parte dos dous competidores. A maior experiencia por parte de Ricardo Domínguez deulle a vitoria aos puntos.

O cuarto tivo a Jacobo Rodríguez e Aarón Martínez como contendentes. Combate rifado en canto a puntuación, os xuíces tiveron decisión dividida polo gran número de golpeos e derribas. Jacobo Rodriguez, despois de reporse dunha conta de protección por unha patada á cabeza consegue unha rifada vitoria grazas ao número de proxeccións sobre o seu rival. E no quinto combate enfrontabanse os dous campións galegos de kung fu combat 2017 na categoría de 70 e 75 quilos (Ngagne Faye VS David Nóvoa). Golpeos moi duros entre os dous rivais e igualdade nas cartolinas de puntuación ao final do combate. Nesta ocasión Ngagne Faye levou o trofeo de

Barrios DEPORTIVO 7 de decembro de 2017

campión e mantense dous anos invicto en todas as modalidades de Kung fu (Sanda, Shuaijiao e Kung fu Combat).

Ngagne Faye mantense dous anos invicto en todas as modalidades de Kung fu Unha ducia de alumnos do Artai Gimnasios demostraron as súas habilidades en capoeira

Combate entre Sara Álvarez e Jacobo Rodríguez

Combate que enfrontou a Ngagne Faye e David Nóvoa.

Espectacular exercicio dun dos deportistas de capoeira do Artai Ximnasios.


10

Barrios DEPORTIVO 7 de decembro de 2017

FÚTBOL SALA

Suma e segue para o Sala Ourense 4 Continúa líder da Terceira división. Redacción

Ourense Envialia - Leganés e Cidade das Burgas - Universidade de Alicante, nos Remedios./RAMSÉS.

Dúas xornadas para rematar o ano 4 Cidade e Envialia buscarán resultados positivos para mirar con optimismo cara 2018. Redacción Ao Cidade das Burgas e Ourense Envialia réstanlles dúas xornadas para que remate o ano na Primeira división. Tanto franxiverdes coma albinegras deberán desprazarse a terras catalanas para visitar ao Penya Esplugues, mentres que na casa recibe ao Futsi, as primeiras, e a Burela, as segundas. Os dous conxuntos necesitan algún resultado positivo para mirar con optimismo cara 2018. Cidade O Cidade debe comezar a puntuar se non quere ver perigar a súa salvación. As de Manolo Codeso suman un só punto (de 11 xorna-

das disputadas). A brecha xa é moi ampla entre os tres equipos de zona de descenso (Cádiz, Cidade das Burgas e Soto del Real) co equipo que marca a salvación (Majadahonda). Cádiz e Cidade suman un punto e o Soto, cinco, mentres que o Majadahonda ten 10. Nove puntos (ou tres partidos) que as ourensás teñen que comezar a recurtar. A empresa non é sinxela neste final de ano; Futsi (na casa) e Esplugues (como visitantes) son as rivais antes de que finalice 2017. O Futsi é o líder da clasificación polo que se antoxa complicado lograr un resultado positivo ante un equipo que só cedeu unha derrota no que vai de cur-

so. Ante as catalanas pode ser unha oportunidade de sumar algún punto, xa que non está a ser un equipo solvente (conta con cinco derrotas no seu casilleiro). O Esplugues marcha con 12 puntos na clasificación. O Cidade debe encomendarse a que está a ser un equipo competitivo (sobre todo ante equipos da zona alta da táboa) e que neses partidos con final apretado, nalgún momento caerán do lado das franxiverdes. Envialia O Envialia sumou a pasada xornada a súa primeira vitoria tras cinco xornadas sen gañar. Este pode ser un aliciente para volver á senda dos triunfos. Contra Es-

plugues ten a oportunidade de continuar coa racha, para despois, rematar o ano nos Remedios diante do Burela -segundo clasificado-. Seis puntos nestas dúas xornadas suporía devolver o optimismo ao conxunto ourensán e, posiblemente, achegarse aos equipos da zona alta. Falta saber se as albinegras, coa vitoria ante Leganés da última xornada, deixan atrás un período de malos resultados que fixo que se delcolgará, definitivamente, da loita polo título, e regresan a ser un equipo como o de principio de tempada: dos máis competitivos da Liga.

Suma e segue para o Sala Ourense que encadea sete vitorias consecutivas para continuar líder da Terceira división. A súa última vítima, un Vilalba ao que goleou en terras lucenses por un tanto a seis. No inicio de partido, os de Kike García optaban por esperar ao Vilalba e contragolpear. Aos tres minutos prodúcese unha parada do porteiro coas mans fóra da área, o que ocasionou a súa expulsión, circunstancia que aproveitou Tizón para lograr o 0-1. A partir dese momento, a Sala Ourense tiña posesións longas e buscaba o contragolpe cunha boa defensa en media

pista. Froito diso, Dani e Sergio conseguían o segundo e terceiro tanto. Nunha boa xogada o Vilalba recurtaba diferenzas, pero Diego puña o 14 ao borde do descanso. Na segunda parte o dominio foi do equipo ourensán. Bermejo, tras unha boa xogada de Alli marcaba o quinto. O sexto chegaba tras unha preciosa vaselina de Diego. A Estrada O Sala Ourense é primeiro con 31 puntos, catro máis co Estrada (27), equipo co que se enfrontará este próximo domingo. O partido terá lugar a partir das 12 horas nos Remedios. Os de Kike García terán unha boa oportunidade de poñer terra de por medio cos seus perseguidores.

Terrés A murciana, Claudia Terrés causa baixa do equipo. Desde o club explican que é por motivos persoais.

O Cidade recibe ao Futsi o 16 de decembro

Partido na casa do Sala Ourense ante Casás./RAMSÉS.


ARTES MARCIAIS

Barrios DEPORTIVO 7 de decembro de 2017

Nova medalla intercontinental para Felipe Iglesias 4 Foi bronce no Mundial de jiu jitsu. Redacción

Varios integrantes do club Couto de taekwondo no podio de Moaña (á dereita).

María Ferreiro, mellor competidora no Vila de Moaña 4 De taekwondo. Redacción O Open Vila de Moaña, puntuable para o ranking galego, deixou grandes resultados para o club Couto logrando o pleno de medallas. En categoría máster, Esperanza Fernández fíxose co ouro, ao igual que os cadetes María Ferreiro, Ainoha García e Julián Feijóo. A júnior María González colgouse a medalla de prata. Julio Iglesias (cadete), Martín Conde (cadete) e Brais Sánchez (infantil) acadaron sendas medallas de bronce. A deportista María Ferreiro resultou elixida como a mellor competidora de todas as categorías. Ademais, o equipo ourensán obtivo a segun-

da posición a pesar de non ser dos máis numerosos. Copa Galicia A Copa Xunta de Galicia de técnica, na disciplina de taekwondo, celebrouse o pasado, 18 de novembro en Teo (Santiago). Ata alí desprazáronse varios competidores do club Couto (clasificados trala disputa da Copa Deputación de Ourense), onde lograron grandes resultados. A expedición ourensá acadou un total de 15 medallas (cinco delas de ouro -Sandra Feijóo, Julián Feijóo, María Ferreiro, Gabriel Vázquez e Esperanza Fernández-, cinco de prata e cinco de bronce).

O jiujitsuka ourensán do Ximnasio Marbel Felipe Iglesias logrou unha nova medalla intercontinental para o deporte da provincia e galego ao lograr o pasado venres 24 o bronce no Mundial da especialidade, que se disputou en Bogotá (Colombia). Foi o quinto mundial consecutivo do ourensán, actual subcampión europeo, quen participou na categoría de loita de -56 quilos, co dobre reto de cumprir o peso na báscula e manter o máximo nivel para optar ás meda-

llas, contra un puxante e novo grupo de rivais. Para iso, Felipe derrotou no seu primeiro combate ao local, Jhon Cruz (9-3) demostrando unha espectacular resposta ao cansazo pola viaxe e a esixencia da pesada. Non puido repetir na semifinal, contra o durísimo kazako Yeldos Kabdenov (0-50) quen lle relegou á loita pola medalla de bronce. Kabdenov perdeu na final contra o grego Ara Tzanikian. Bronce A experiencia e a capacidade de recuperación do ourensán do Marbel demostrouse na loita polo

bronce, onde derrotou ao uruguaio Juan González por un axustado 13-10. Premio a outra tempada máis de traballo e devoción por esta arte marcial. Outro enorme éxito máis, que se suma aos subcampionatos mundiais e europeos logrados noutras edicións.

Este éxito súmase aos subcampionatos mundiais e europeos logrados noutras edicións

Felipe Iglesias, segundo pola dereita, no podio do Campionato do Mundo de jiu jitsu celebrado en Bogotá (Colombia).

11

Nacional de kick boxing Redacción Santiago de Compostela, concretamente o Multiusos Fontes do Sar da capital galega, acolleu o Campionato de España de kick boxing onde o Club Míguez Team alzouse co campionato de España de clubs na modalidade de full contact, logrando tres medallas de ouro e unha de prata. Manu Míguez Jr. logrou a medalla de ouro -en menos de 60 kg-; Óscar Mira fíxose coa primeira posición en -75 quilos; e Javier Iglesias fixo o propio en light contact. Ademais, Juan Carlos Ríos logrou a medalla de prata en light kick. Cipri Gomes A Fundación Cipri Gomes acudiu á cita con deportistas das escolas de Ourense, Xinzo, Cualedro, Porqueira e Costa da Morte sendo un total de 24 participantes. Aida Sánchez e Abderrahman Nouri (dous títulos cada un deles), e Paula Mateo, Sergio Gesteira, Adrián Conde, Santiago Gómez, Gonzalo Suárez e Andrea Diz proclamáronse campións. David Prieto, Gabriel Méndez e Lidia Méndez colgáronse dúas pratas cada un e Pablo Vázquez, Santiago Gómez, Hugo Araújo, Nerea Amado, Patricia da Silva, Martín García e Laura Molinos lograron unha cada un. Tamén a club Cipri Gomes conquistou cinco medallas de bronce.


12

Barrios DEPORTIVO 7 de decembro de 2017

ATLETISMO

Avalancha de citas atléticas

EN BREVE

4 Rugbi O Campus Ourense Rugbi continúa sen saber o que é gañar lonxe de Ourense. E iso que estivo a piques de acadala no seu desprazamento a Santander ao perder ante o Bathco pola mínima (28-27). Alomenos valeulle aos homes de David Monreal para acadar dous puntos (bonus ofensivo e defensivo). O Campus Ourense pecha o ano na casa diante do Salvador Emerging de Valladolid. O encontro terá lugar este sábado, 9 de decembro, ás 16 h.

4 Fútbol gaélico Dobre derrota do Auriense en A Coruña. Duro correctivo para os equipos ourensáns, ante dous dos favoritos ao título galego. O equipo masculino soamente puido aguantar o ritmo ata o descanso, onde a diferencia mantíñase nos 10 puntos. A segunda parte, só existou un equipo, e o Auriense acusou a ausencia de cambios e sufriu unha dura derrota. O cadro feminino, tampouco tivo opcións ante as campioas galegas e subcampioas europeas, que dominaron o partido dende o primeiro minuto.

4 Tenis de mesa O Galmédica Ourense de 2ª división ocupa a sexta posición (con oito puntos) tras oito xornadas. Tras vencer ao Naronense por 4 a 2 visita, o 16 de decembro, ao AD Vincios Dantas. Será a última xornada do ano.

4 Ourense remata o ano a ritmo de running. Redacción

Carreiras de pais e nais do Cross Guillelme Brown. /RAMSÉS.

Diz e Ocampo impóñense no Guillelme Brown 4 Participaron preto de 300 atletas. Redacción Arredor de 300 atletas foron os que participaron no 22º Cross Guillelme Brown. Carreiras para todas as categorías, incluída unha, con moita participación, para pais e nais de alumnos do centro. Unha xélida mañá do

A pista cuberta prepárase Redacción A pista cuberta de Ourense prepárase para a súa inauguración, o sábado 16 de decembro. Últimos retoques e a homologación están tendo lugar nesto días para que todo saia perfecto no pistoletazo de saída dunha pista que ten que ser referente no noroeste

2 de decembro, non foi excusa para que unha gran representación atlética da provincia acudira á chamada do colexio plurilingüe. Absoluta Na carreira absoluta o dominador da categoría masculina foi Rubén Diz (Ourense Atletismo), que

peninsular. Para as primeiras semana ten completa a axenda de actividades. Xunto á xornada inaugural con varias probas (pola mañá para as categorías escolares e pola tarde para as absolutas), o 23 de decembro acolle a Copa de Galicia de clubs máster de pista cuberta. Os días 30 e 31 de decembro será a sede do Campionato de Galicia de clubs de probas combinadas.

Marta Figueiredo no partido ante o Poio. /RAMSÉS.

cun tempo de 12 minutos e 11 segundo foi o vencedor. En segunda posición entraría a xoven promesa do Limiactiva, Ziad Nagihi (12:20). Terceiro sería o corredor do Atletismo Arenteiro, Julio Nóvoa (12:28). En mulleres, a máis rápida foi Ana María Ocampo (Burgas Ourense) cun tempo de 14 minutos e 4 segundos. O podio completaríao a súa compañeira de equipo, Vicky Losada (14:27), e Alda Martínez (14:36) do Adas Proinor, como segunda e terceira, respectivamente. Esta carreira foi a máis concurrida con 77 participantes en liña de meta.

Remata o ano e as citas atléticas na provincia afloran. O Carballiño, San Cibrao, Ribadavia e mesmo Ourense acollen carreiras ata final de ano. A primeira delas será a que se celebra este domingo, día 10, no Carballiño. Unha carreira solidaria que este ano cumpre nove edicións. As 11 da mañá dará o pistoletazo de saída a carreira absoluta, para deseguido dar comezo o resto de categorías. A carreira do Nadal de San Cibrao volve a ser Campionato provincial de 10 quilómetros en ruta. O día 17 disputarase esta carreira que ten o seu circuíto no Polígono. O sábado, 23 de decembro, de tarde, Ribadavia acolle a cuarta edición da súa carreira popular que

contará con catro carreiras máis a dos pitufos. Ao día seguinte, 24, A Rúa acolle a cuarta carreira e andaina solidaria - 1 kg solidario. Para o último día do ano, tres citas: as San Silvestre de Allariz, Castrelo de Miño e Ourense. A proba alaricana é máis unha xuntanza de atletas que fan un percorrido, sen tempo nin clasificación. A de Castrelo de Miño chega fiel á cita neste ano que celebra a súa 19ª edición. E a sensación do ano pasado foi a celebrada na capital. Este ano non podería faltar a segunda edición desta San Silvestre ourensá que o ano pasado congregou a 1.000 persoas practicando deporte na cidade das Burgas o último día do ano. E para os que se quedaron con ganas, o día 1 terá lugar a súbida da Costiña de Canedo.

Entrado o 2018, o 7 de xaneiro celébrase a Copa de Clubs de pista cuberta. E para a fin de semana do 13 e 14 do mesmo mes, o Campionato de Galicia absoluto de pista cuberta -día 13e o Campionato de Galicia máster -día 14-. Peche Logo a pista pecharase, por un tempo, para que Expourense acolla o Salón “Xantar”.

Primeira edición da San Silvestre ourensá celebrado o 31 de decembro do pasado ano./RAMSÉS.


VOLEIBOL / SAÚDE

Barrios DEPORTIVO 7 de decembro de 2017

13

ourensán, que finalmente perdeu en Monforte por tres sets a cero.

Segunda xornada do Deporte Escolar de voleibol.

O Dompa Gestión perde en Coruña 4 Celebrouse, ademais, unha xornada de deporte escolar. Redacción O Club Voleibol San Martiño regresou á competición despois dunha semana de parón. Ademais disputouse unha xornada de deporte escolar. O Dompa Gestión sénior perdeu na Coruña,

contra o Zalaeta, por tres sets a un, mentres que o equipo xuvenil de 2ª división autonómica gañaba en Portonovo diante do Dorrón (1-3), o que o mantén líder da clasificación. O Ribeira Sacra foi moi superior ao equipo cadete

O Voley Ourense cae en Oviedo 4 O Universidad de Oviedo venceulle por 3-1. Redacción Derrota do Hemisferios Ribeira Sacra en Oviedo ante o Curtidora - Universidad de Oviedo. As ourensás caeron derrotas en catro sets (3-1). O primeiro set estivo moi igualado decantándos para as locais por un apre-

tado 27-25. Na segunda manga as asturianas lograron unha vantaxe maior, 25-19. Foi no terceiro o que caeu do lado ourensán (19-25). No terceiro, o Hemisferios apenas tivo opción e perdeu por 25 a 17. Clasificación A pesar da derrota o He-

Deporte escolar A pasada fin de semana celebrouse a segunda xornada de Deporte escolar onde o Club Voleibol San Martiño estivo representado polos seus filiais alevíns e benxamíns que viñan das escolas Concepcion Arenal, Guillelme Brown, O Barco, Colexio Pai Feijoo Allariz e Escola Municipal Pabellón. O San Martiño contou cun total de 10 equipos alevíns e oito benxamíns participando nesta xornada arredor duns 80 dos seus 120 xogadores da base.

O equipo do Dompa Gestión de 2ª división xuvenil é líder da súa categoría misferios Ribeira Sacra ocupa a cuarta posición con 16 puntos. Este domingo, 10 de decembro, a partir das 12 horas no Pompeo, as pupilas de Pablo Pérez reciben ao líder, Sestao. O último encontro do ano o xogará como visitante e se enfrontará ao Fertiberia Los Campos.

O Hemisferios recibe no Pompeo ao líder, Sestao, este domingo ás 12 horas

Xogadoras do Hemisferios Ribeira Sacra nun partido no Pompeo.

A provincia de Ourense conta cun total de 185 puntos de vacinación.

67.659 vacinados contra a gripe en Ourense Son os datos rexistrados con data de 29 de novembro. A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia continúa en Ourense coa campaña de vacinación antigripal, e que se prolongará ata o vindeiro 29 de decembro. O principal obxectivo desta iniciativa é minimizar o impacto da gripe na saúde mediante a súa prevención, tentando diminuír o número e gravidade das complicacións derivadas de padecela. Entre os obxectivos específicos destaca o de ofertar activamente a vacinación fronte a gripe para acadar unha cobertura do 65% na poboación de 65 ou máis anos e, ao igual que nos últimos anos, farase un especial fincapé na vacinación do persoal sanitario. A provincia de Ourense conta cun total de 185 puntos de vacinación. Así os ourensáns poderán recibir as correspondentes vacinas en 107 centros de saúde, en 6 puntos emprazados en centros hospitalarios, en 32 centros sanitarios privados, 31 residencias de terceira idade e 3 residencias de discapacitados, entre outros. Nesta campaña, Sanidade vén de investir 1.956.240 euros que posibilitou a adquisición dun total de 560.000 vacinas

antigripais. Concretamente, os responsables sanitarios consideran que para acadar os obxectivos de cobertura en Ourense, ao longo de toda a campaña, haberá que administrar unhas 70.000 doses. Dende a Consellería inciden en que a vacinación durará dez semanas e que hai tempo suficiente para facela progresivamente. Como nas pasadas campañas, en 2017 manteranse as indicacións de vacinacións dos últimos anos, ofertando a vacinación a todas as persoas con maior risco de padecemento da enfermidade e as súas complicacións: persoas de 65 ou máis anos e persoas menores de esa idade pertencentes aos

grupos de risco (persoas con patoloxías crónicas cardíacas, respiratorias, renais, endocrinas... persoas con cancro ou outras inmunodeficiencias, persoas con obesidade mórbida, persoas con disfunción cognitiva…); e tamén a persoas con posibilidade de transmisión a grupos de risco, entre os que se atopa o persoal sanitario, e traballadores esenciais para a comunidade. Á presentación da campaña acudiron a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; a xefa territorial de Sanidade, María Villar; e a subdirectora de Procesos de Enfermería da Xerencia de Xestión Integrada, Dolores Sánchez.

4 Datos da campaña 2016 Ourense continúa a ser a provincia cos niveis máis altos de cobertura. En 2016 acadouse unha porcentaxe do 60,53 % nos maiores de 65 anos, máis de 4 puntos por riba da media galega e mellorando os resultados con respecto a 2015. No ano pasado foron distribuídas 80.134 doses só na nosa provincia. Destaca a vacinación dos profesionais, que se

incrementou nun 10% en relación ao ano anterior, chegando ata o 35,16% no caso do persoal sanitario dos centros de saúde. Na pasada campaña, na provincia ourensá notificáronse 4.904 casos de gripe, dos que 120 foron ingresados e se rexistraron 12 falecementos. Tamén foi a que menos ingresos e chamadas ao 061 contabilizou.


14

Barrios DEPORTIVO 7 de decembro de 2017

ACTUALIDADE

ENTREVISTA A UN DOS ORGANIZADORES DA OPERACIÓN QUILO

Adrián Rodríguez: “Gústanos conxugar solidariedade e deporte, e temos moi boa acollida”

4 A campaña leva funcionando desde hai 31 anos. Redacción Nestas datas verás nos supermercados da cidade carros con alimentos, son carros que pertencen á campaña Operación Quilo que desde a Asociación Xuvenil Amencer levan organizando desde fai 31 anos. Adrián Rodríguez, un dos responsables da campaña falounos da mesma. O ano pasado lográronse 20.000 quilos de alimentos, é o ano que máis cantidade logrouse recadar? Adrián Rodríguez: “Cada ano si que aumenta a cantidade de alimentos. Tamén é certo que cada ano sumánse máis empresas e máis entidades. Ademais, a xente deu 1.100 quilos de xoguetes e 2.300 de roupa,

Son máis de 3.000 as persoas beneficiarias da Operación Quilo

“Estarán postos -os carrosata o 21 de decembro, que será o día que os recolleremos para, ao día seguinte, repartir”

entendendo que non a pedimos pero a xente tamén aproveita para donala”. E tamén cartos? A.R.: “Nós o ano pasado fixemos unha campaña na que repartimos petos en distintos establecementos da cidade e recadamos 2.669,16 euros. Íntegramente eses cartos transfórmanse en alimentos, que se repartirán o 22 de decembro polos barrios de Ourense ás familias que previamente o solicitaran”. Falades dunhas 2.000 familias ourensás, é unha barbaridade, non? A.R.: “Si. Este reparto o facemos a través de Cáritas Ourense, que é unha ONG que traballa día a día con estas familias e coñece a realidade da cidade. Os datos que nos pasaron é que chega a este número, sendo máis de 3.000 as persoas beneficiarias”. Aumenta o dismuinúe o número de familias necesitadas?

que se porán nos distintos supermercados? A.R.: “Poñemos 55 carros repartidos por distintos supermercados da cidade. Estarán postos ata o 21 de decembro, que será o día que os recolleremos para, ao día seguinte, repartir”.

Adrián Rodríguez é un dos responsables da Operación Quilo. /RAMSÉS. A.R.: “O que vemos é que se incrementa, sobre todo en poboación infantil. Por iso, ademais dos ali-

mentos básicos, facemos unha campaña de xoguetes que é moi simbólica para os nenos e máis nesta época de navidade. Polo que se pode dicir que está aumentando a poboación infantil necesitada destas accións”. Hai unha aposta moi forte pola solidariedade no deporte. A.R.: “Temos en torno a uns 40 clubs ou eventos deportivos metidos nesto. Gústanos conxugar solidariedade e deporte, e a verdade é que temos moi boa acollida. Estamos no fútbol, baloncesto, rugbi, colabora o Club Ximnasia Pavillón, patinaxe. Infinidade de eventos e clubs que están colaborando con esta campaña”.

Voluntarios dunha edición anterior de Operación Quilo seleccionando os alimentos recollidos. /RAMSÉS.

Tedes unha estimación dos carros de recollida

Como é o proceso? A.R.: “Recollemos os xoguetes e nos encargamos de limpalos, arranxalos, poñerlles pilas, etc. E dos alimentos encargámonos de facer unha clasificación. Facemos caixas en función das familias e o repartimos o día 22”. Iste labor, con cantos voluntarios conta? A.R.: “Contamos con voluntarios da Asociación Amencer que colabora todo o ano, e para a Operación Quilo hai xente que colabora puntualmente. O ano pasado foron 536 mozos que colaboraron nesta campaña”.

“Ademais dos alimentos básicos, recollemos xoguetes” O ano pasado lográronse recadar 20.000 quilos de alimentos

12 anos de lapis solidario Redacción E xa van doce aniños de escoitar e ler o lema “Por sólo 1 euro, una sonrisa” co seu “Lápiz solidario”, doce aniños de ilusión e de ledicia buscando axudas para que os mais desfavorecidos poidan ter un xoguete cada nadal. Ao longo de todos estes anos, o comercio de Ourense achegou a súa xenerosidade poñendo nos seus locais, mais de cen establecementos cada ano, estes lápices á venda. Poderedes atopalos onde estea o cartel de “Empresa Solidaria”, como sempre pódese participar desde só un euro. Según comenta Manuel Lorenzo Reguera, responsable de Juguettos, “é para nós un orgullo poder apadriñar un ano máis esta campaña, decirlle a todo aquel que queira colaborar que nas nosas tendas atopará os expositores co lápiz solidario”.

“Lápiz solidario”.

Nova campaña dos moteiros solidarios Redacción Moteiros solidarios Galicia lanza en Ourense a campaña de recollida de xoguetes. 14 puntos de recollida por toda a cidade (pódese ver os puntos na súa páxina de facebook) que se recollerán o vindeiro 15 de decembro. Todo o recadado irá ás casas de acollida.

Cartel da iniciativa.


Barrios DEPORTIVO 7 de decembro de 2017

NOVAS

15

Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: C. Domarco. Nº170- Ano: IX - 7 de decembro de 2017 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

EN BREVE

Cristina Colomo busca apoios para o Mundial

4 Montaña O sábado, 9 de decembro, o Concello da Veiga organiza a actividade “Coñece Trevinca, o volframio e o glaciarismo no alto Xares”. Trátase dun percorrido, de nivel baixo. Información no teléfono 689 53 66 01.

4 Celébrase en Australia. Redaccióm Cristina García Colomo xa planifica a súa participación nos mundiais de salvamento que terán lugar en novembro de 2018 en Australia. Para iso, xa está a traballar (cun ano de antelación) na súa preparación, en todos os aspectos. Participará en competicións de natación máster, probas de atletismo e as propias de salvamento. O que agora lle ten máis ocupada é a posibilidade de atopar sponsors, patrocinadores e axudas para tan longo e custosa viaxe. Espera conseguir apoios de institucións e empresas

ourensás, coas que poder acudir aos mundiais representando a Ourense principalmente, Galicia e España, co club Salvour. Tempada A planificación da tempada está encamiñada á cita intercontinental. Para elo, en xaneiro participará nos campionatos galegos de natación máster de inverno e en febreiro ten previsto, dentro dun mesmo fin de semana, participar nos campionatos de España de natación máster de inverno en Málaga e nos campionatos galegos de salvamento.

Cristina Colomo busca patrocinadores para acudir ao Mundial de salvamento que se celebra en Australia.

4 Boxeo

Estado do renovado céspede do campo municipal de Oira. /M. REJO.

Os campos dos Remedios e Oira renóvanse 4 O investimento foi de 420.000 euros. Redacción Os campos de fútbol ourensáns dos Remedios e Oira renóvanse. Os dous terreos de xogo locen novo céspede artificial, cun nivel de calidade certificado pola Federación Internacional de Fútbol. Renovouse o cépesde e mellorouse o rego de ambos campos, os máis utilizados e referentes do fútbol base na cidade. As obras, ademais de ser unha necesidade (debido á súa antigüidade) fai que den un salto de calidade, xa que garante as mellores condicións para 1.600 deportistas

que utilizan cada semana as instalacións. Grazas ao selo FIFA Quality Pro, ambos campos poderán ser escenario de partidos de fútbol internacional. Orzamento O importe final das obras realizadas ascende a 219.802,68 euros nas obras de Oira e de 201.308.21 no Miguel Ángel, procedentes dunha modificación de crédito do remanente de tesourería do Consello Municipal de Deportes (CMD). As obras foron financiadas integramente polo CMD, con fondos procedentes de remanente de

tesourería, por acordo unánime de todos os grupos políticos integrantes do consello reitor, e contaron coa colaboración da Federación Española de Fútbol. A maiores das obrigas do contrato por parte da adxudicataria, está o mantemento dos pavimentos os vindeiros cinco anos.

Selo FIFA Quality Pro, polo que poderán albergar partidos internacionais

O ourensán Manu Míguez júnior e o ximnasio Olimpo´s foron premiados na gala da Federación galega pola promoción do savate. Recoñeceuselle o seu labor en prol desta modalidade e concedeuselle o premio á mellor escola.

4 Hípica O domingo, 17 decembro, no club hípico de Coles celébrase o concurso social de Nadal de doma clásica. E o mesmo día pero no centro ecuestre de Sandiás, o Festival Ecuestre de Nadal – II Copa Kur Doma Clásica – Trote 2017.

4 Subvención Letras a la Carta SL, empresa que edita Barrios Deportivo, recibiu unha axuda de 12.744,87 euros, correspondente á Resolución do 7 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se conceden as axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións integramente en galego.


Barrios DEPORTIVO 7 de decembro de 2017


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.