[ Páx. 12]
O Club Asesou logra dous títulos galegos de escalada en bloque MTB
Páx.2
Celebrouse o Descenso Urbano do “Pulpo Extreme”
FÚTBOL
Páx.6
O Ourense C.F., entre os mellores na Terceira División
ATLETISMO
Páx.11
O “Correndo por Ourense” chega ao barrio da Ponte
TAEKWONDO
Páx.13 VOLEIBOL
Páx.14
Éxito ourensán no O CVO presenta a súa Open Internacional de escola de iniciación e taekwondo en Polonia a nova equipación
A ritmo de pretempada no COB
O Envialia golea ao Cádiz
[Páx. 8]
[Páx. 4]
A UD Ourense, en racha
[Páx. 7]
O Club Ourense Baloncesto, en semifinais da Copa Galicia.// O Ourense Envialia comezou a Liga con goleada. // A UD Ourense xa ocupa os postos de cabeza. /RAMSÉS.
Número: 165- Ano: IX -22 de setembro de 2017 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 6 de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.
Barrios DEPORTIVO 22 de setembro de 2017
AXENDA / ACTUALIDADE
4 Axenda deportiva Fútbol
- Día 24 de setembro. Espiñedo. Arenteiro - Noia. Terceira división. - Día 24 de setembro. Os Carrís. Barbadás - Compostela. Terceira división. - Día 24 de setembro. O Couto. UD Ourense - Beluso. Rexional Preferente. - Días 30 de setembro e 1 de outubro -Velle-. Memorial Manolo Carrera. - Día 1 de outubro. O Couto. Ourense CF - Arenteiro. Terceira división. - Día 1 de outubro. Calabagueiros. Barco - Vilalbés. Terceira división. - Día 1 de outubro. O Xestal. Ribeiro - Mondariz. Rexional Preferente. - Día 1 de outubro. Bande. Bande - Moaña. Rexional Preferente. - Día 1 de outubro. A Tella. Nogueira - Gondomar. Rexional Preferente.
Atletismo
Pulpo Extreme: primeira parte
- Día 24 de setembro. Barrio da Ponte - 12 h - Circuíto de Carreiras populares “Correndo por Ourense”. - Día 1 de outubro. Nogueira de Ramuín. II “Trail Ribeira Sacra”.
4 Celebrouse o Descenso Urbano no casco vello da cidade.
Fútbol sala
R.T.
- Día 23 de setembro. Os Remedios -17 h - Cidade das Burgas - Soto del Real. Primeira división. - Día 23 de setembro. Os Remedios. Sala Ourense - 5 Coruña. Terceira división. - Día 30 de setembro. Os Remedios - 17 h - Ourense Envialia - Móstoles. Primeira división.
Andaina
- Día 24 de setembro. Baños de Molgas - VII andaina solidaria de Baños de Molgas. - Día 7 de outubro -Monterrei- 4ª andaina viño de Monterrei.
Motor
- Días 22 e 23 de setembro. Luintra. 6º Rali Ourense Ribeira Sacra. - Día 1 de outubro. Bande. I Rali Baixa Limia.
O Pulpo Extreme deu o seu pistoletazo de saída o pasado 9 de setembro. Ese día celebrouse a primeira xornada desta segunda edición, na que a adrenalina volveu a ser a protagonista neste deporte extremo. Nesa primeira xornada disputouse o Descenso Urbano. As rúas do casco vello da cidades das
Burgas convertéronse, por unhas horas, nun circuíto de velocidade e piruetas, onde puideron gozar, cun gran despregue de seguridade, todos os curiosos que ata alí se desprazaron. Preto de 40 participantes fixeron as delicias de todo o público congregado ao longo do circuíto, que tiña a súa saída en Carmelitas e a meta nas Burgas, pasando pola praza Maior. En categoría feminina,
unha soa participante, Bárbara Iglesias, polo que foi a vencedora do certame. Na masculina, Edgar Carballo fíxose coa vitoria. Segunda parte O Pulpo Extreme continuará coas probas indoor os días 28, 29, 30 de setembro de 1 de outubro en Oira. No polideportivo municipal celebraranse as probas de skate, roller, quad, BMX, scooter, gra-
ffiti, breakdance e Djing. Este certamen sitúa a Ourense no circuito nacional de festivais de cultura urbana e deportes extremos.
O Pulpo Extreme regresa do 28 de setembro ao 1 de outubro coas probas indoor
BTT
- Día 24 de setembro. Parada de Sil - 9 h - 4ª Ruta BTT Parada de Sil. - Días 28, 29, 30 de setembro e 1 de outubro. Polideportivo de Oira -Ourense-. “Pulpo Extreme” indoor.
Rugbi
- Día 23 de setembro -16 h - Universidade. Campus Ourense Rugby - Real Oviedo.
Golf
- Día 23 de setembro. Club de golf de Montealegre. Campionato de Galicia de golf dobres feminino. - Día 24 de setembro. Club de golf de Montealegre. Torneo de golf Bermello 2017.
Outros
- Día 23 de setembro. Club Santo Domingo - 16:30 h - Maratón de pádel “Sol e lúa”. - Día 30 de setembro. Castrelo de Miño - 16:30 h - III Winnerman Ourense. - Días 7 e 8 de outubro. O Carballiño. VII Ruta MTB Bike & Trail. - Día 8 de outubro. Hipódromo de Sandiás. I Copa Deputación Ourense - Doma clásica.
Os participantes no Descenso Urbano realizaron espectaculares saltos ante a atenta mirada do público. /M. REJO.
ACTUALIDADE
Barrios DEPORTIVO 22 de setembro de 2017
Milleiros de ciclistas invaden Ourense no Día da Bici. /I. OSORIO.
33º Día da Bici
Foto de familia dos participantes no torneo de hoquei veterán.
O torneo de hoquei “Octopus” quedou na casa 4 En categoría feminina venceu o Team Galicia. Redacción Durante a segunda fin de semana do mes de setembro, as instalacións de Mariñamansa acolleron a edición número 12 do xa clásico Octopus Hockey Festival, Torneo Internacional de Veteranos na súa categoría masculina e feminina. En categoria masculina seis equipos procedentes de Holanda, Portugal, Alemaña, Madrid, Vigo e Ourense disputáronse o trofeo. Finalmente quedou na casa ao vencer os anfitrións de Club Deportivo Open. En segundo lugar
remataron os portugueses do FC Sport do Porto. O mais rechamante foi a participación de varios xogadores das seleccións españolas de veteranos que recentemente disputaron o Campionato de Europa Másters de seleccións. En categoría feminina, disputada por tres equipos de Coruña, Madrid e Ourense, o triunfo foi para o equipo Team Galicia seguido das locais de Club Deportivo Open. Máis dunha década Tras 12 anos de Torneo Internacional, o obxectivo é crecer en alcance e con-
gregar a mais equipos de maior calidade de todos os puntos de Europa. Na entrega de premios estiveron presentes Jesús Vázquez, alcalde de Ourense; José Araújo, concelleiro; Bernardino González, responsable de coordinación de Deportes da Deputación, así como Ana Pérez, representante do patrocinador, Mediolanum.
Participaron seis equipos masculinos e tres femininos
Trinta e tres anos son os que se levan celebrando en Ourense o Día da Bici. 33 anos nos que os ourensáns teñen un día ao ano no que se sinten, xunto ás súas bicicletas, os amos das rúas ourensáns. Este ano non foi menos, e o domingo, 10 de abril, milleiros de cidadáns -familias enteiras nalgún caso- formaron parte da serpe multicolor. Atrás quedaron anos de polémicas e, incluso, unha manifestación para poder saír á rúa co transporte de dúas rodas e sen motor. Máis días da bici deberían de organizarse na vella Auria.
Balonmán
Derrota do Pavillón diante do Coia 4 Na Copa Federación. Redacción O sénior masculino comezou con mal pé a súa andadura pola Copa Federación. Encadrado no grupo I xunto aos equipos: Hierros Seis do Nadal de Coia, Naron Star casa e baño, e o E. D. Poio. O primeiro encontro disputárono ante o Coia perdendo por un abultado 31-22. Ante a baixa do seu novo adestrador, Félix Mojón, o equipo entrou algo nervioso na pista. Isto viuse reflectido no marcador nos primeiros 20 minutos (o parcial era de 16-4). As contras locais eran unha lousa moi grande para os
ourensáns que remataron o primeiro tempo 12 goles por debaixo (18-6). Na segunda metade, un cambio de actitude -e as rotacións no Coia- fixo que os visitantes maquillaran o electrónico para rematar o encontro co resultado de 31-22. Narón No próximo partido, os pupilos de Félix Mojón, desprázanse ata Narón no que será o segundo encontro da cita copeira. Xuvenís O equipo xuvenil feminino estreouse na Liga diante do Culleredo. Despois duns primeiros minutos titubeantes as ouren-
Equipo xuvenil feminino do pavillón Balonmán.
sás comezaron a carburar logrando darlle a volta ao marcador e chegando ao descanso con vantaxe (1016). Na segunda metade melloraron o ataque o que lles serviu para ampliar a renda e levarse o partido. O resultado foi de 18-28 para as pupilas de Zarra. Pola contra, o conxunto masculino non puido levarse a vitoria ante o Xiria no partido disputado nos Remedios. O resultado final de 11-31 deixou ás claras a diferenza entre un e outro equipo na pista. Infantil O infantil masculino debutaba con derrota ante un dos equipos máis potentes da División de Honra galega: o Garaysa Xiria.
O equipo sénior masculino xoga na pista do Narón esta fin de semana
Barrios DEPORTIVO 22 de setembro de 2017
BALONCESTO
Alberto Gómez, adestrador do filial do COB 4 Ten pasado no club. Redacción Tralo nomeamento de Diego Seara como novo coordinador de canteira, agora toca a quenda de anunciar ao técnico do equipo filial que xogará este ano na liga EBA. O elixido é Alberto Gómez Vázquez. Despois do seu periplo como xogador pasou polos bancos de Chantada (durante catro campañas) en Liga EBA antes de enrolarse o pasado curso en VGO Básket. Agora tócalle comandar durante este ano a terceira tempada consecutiva do filial ourensán na Liga EBA, e tentar sacar o mellor dos canteiráns que estean baixo o seu mando.
Subvención da Deputación Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao presidente do consello de administración do Club Ourense Baloncesto, Camilo Álvarez. Fa-
Nacido en Ourense, formouse como xogador nas categorías inferiores do club, pasando por Peleteiro, de novo Club Ourense Baloncesto, Viña do Campo, Marín e Rosalía antes de recalar en Chantada, onde disputou as últimas oito tempadas como xogador cun breve paréntese no Club Ourense Baloncesto en LEB Prata.
Uzas co balón diante de xogadores do Cambados. /RAMSÉS.
Ritmo de pretempada 4 O COB presenta aos seus xogadores. R. Torres
Alberto Gómez.
laron da planificación do club para esta tempada ao mesmo tempo que Baltar afirmou que a Deputación manterá a subvención de 216.000 euros. Devandita subvención será aprobada no vindeiro pleno provincial, previsto para o vindeiro 29 de setembro. A contía é a mesma que nos últimos anos.
Camilo Álvarez e Manuel Baltar.
O Club Ourense Baloncesto leva ritmo de pretempada. Durante estas semanas altérnanse os adestramentos, cos partidos e as presentacións. Ademais, o club presentou ao seu patrocinador principal, Leche Rio. A empresa lucense, que patrocina á base, fará que o primeiro equipo pase a denominarse Rio Ourense. No que se refire aos amigables, os homes de Gonzalo García de Vitoria xa levan disputados tres. En catro días atracón de amigables para deixar sensacións boas e malas, a partes iguais (nada novo nunha plantilla totalmente nova que se ten que cohesionar). Contra o Leyma Coruña, os ourensáns saltaban por primeira vez á pista e as sensacións foron moi boas. Lograron unha vitoria (98-89), despois
dunha prórroga, facendo que a parroquia cobista se ilusione co proxecto. Pola contra, só 24 horas despois volveuse á realidade ao caer con contundencia diante do Breogán. Fallos típicos de pretempada e dun equipo ao que lle faltan efectivos fixeron aos ourensás caer diante do que será o primeiro rival na Liga: Breogán de Lugo; os lucense venceron con contundencia (102 a 80). Depois chegaba a presentación en casa, na antiga casa do COB. Os Remedios foi o escenario da posta de longo do equipo diante da súa afección. E non defraudaron. Vitoria contundente diante do Cambados para meterse nas semifinais da Copa Galicia. 85-59 foi o resultado no que se notou a diferenza de categoría (nin xogando cos xogadores do equipo de Liga EBA baixou a diferenza nos últimos minutos). Moito por traballar aín-
da que con destellos de calidade de case todos e unha clara declaración de como pretende o técnico que sexa o novo equipo. Xogo eléctrico, puntuación alta e a correr. Así foi durante este partido e así parece que será durante o curso.
Breogán Ao meterse na semifinal da Copa Galicia, os homes de Gonzalo García de Vitoria volveranse a ver as caras cos xogadores de Breogán. Boa noticia, xa que suporá un partido máis contra un equipo esixente na curta pretempada que están a ter. En caso de gañar este venres, o COB xogaría a final contra o Obradoiro o domingo. Pero antes, o sábado devolveríaselle a visita ao Xuven Cambados. E como non hai dúas sen tres, nunha semana arranca a Liga co derbi galego por excelencia. Breogán e COB enfróntanse no Pazo Universitario de Lugo o sábado, 30 de setembro, ás 19:15 horas. Ndoye Desde Ourense agárdase que en breve chegue Abdoulaye Ndoye. O senegalés está a ter problemas para poder saír do seu país. xa foron varias veces as que se achegou ao consulado para desbloquear a situación e viaxar ata a cidade das Burgas e porse ás ordes do García de Vitoria. O xogador está chamado a ser o pívot titular. Orlov Volodymir Orlov leva uns días a proba co equipo. O pívot ucraniano, de 2.08 metros de altura, pretende convencer ao técnico para formar parte do plantel de xogadores. Ademais, o xogador Alberto Maura axuda nos adestramentos destes días.
Orlov lanzando a canastra. /RAMSÉS.
O COB pasa a denominarse este ano Rio Ourense
NOVAS
Deporte para todos no campus Redacción
Un dos partidos que tivo lugar en Eiroás./ I.OSORIO.
O Inter faise co Torneo Mercedes BenzGarza de fútbol alevín As instalacións de BeOne en Eiroás acolleu o Torneo Internacional Mercedes-Benz Garza de fútbol alevín, no que venceu o Inter de Milán. Na final os italianos medíronse cos locais do Pabellón Ourense. Durante o tempo regulamentario, milaneses e ourensáns empataron a un tanto e foron os penaltis os que decidiron que o trofeo marchara para Italia. Porto, Athletic Bilbao, Chaves, Santa Teresita e Greaan foron os demais conxuntos participantes.
Presentación do VI Rali Ribeira Sacra.
O Rali Ribeira Sacra contará con 96 quilómetros cronometrados A sexta edición do Rali Ourense-Ribeira Sacra suma 148 participantes inscritos, que competirán pola vitoria os días 22, 23 e 24 de setembro. O percorrido, de 386 quilómetros, conta con 96 quilómetros corresponden a nove tramos cronometrados por estradas asfaltadas de Ourense, Maceda e Nogueira de Ramuín.
Felipe, Baltasar, Jesús Carlos, Miguel e Rafa.
Nadadores ourensáns participaron na Travesía Ría de Pontevedra O 17 de setembro diferentes clubs ourensáns participaron na sexta Travesía a nado Ría de Pontevedra. Por primeira vez os nadadores podían escoller entre a travesía normal (de Raxó a Aguete) ou cubrir o dobre do percorrido, como fixeron Jesús Carlos Quintas e Baltasar García (do Escualos), Rafa Tabarés (Portamiñá), Miguel Carballo (Triourense) e Felipe Iglesias (Pavillón Ourense), sumando algo máis de 7.000 metros a nado.
Co comezo do curso 2017/2018 chega a nova programación de actividades coas que a Universidade de Vigo quere fomentar a actividade física e a vida saudable entre alumnado, persoal de administración e servizos e persoal docente e investigador. As actividades propias dentro do pavillón comezarán o 2 de outubro e abranguerán modalidades como hipopresivos, exercicio terapéutico, MMA,
circuit fit, ciclo indoor, power dumbell, zumba e bailes de salón. Entre as novidades da programación deste curso, está un ciclo pensado especialmente para atender as necesidades específicas de mulleres, incluíndo actividades de solo pélvico, ioga, defensa persoal e fit 45. Tamén se manteñen as escolas deportivas vinculadas a equipos do campus de Ourense, como as de fútbol gaélico, rugbi, voleibol e xadrez. Esta oferta complétase coa que se ofrece aos membros da universidade nas entidades colaboradoras, que este curso son Sabrosura, Mar-
Barrios DEPORTIVO 22 de setembro de 2017 bel, Dinamic, Gimnasio 2000, Saraiba, Padel Prix, Camino Pilates, AQA e instalacións do Concello de Ourense. Continúa así mesmo o adestramento personalizado en pequenos grupos, coordinado por un equipo multidisciplinar de traballo. O programa abrangue ata o 31 de maio, incluíndo dúas sesións semanais de exercicio físico en pequenos grupos con monitor. Por último, aqueles que prefiran a práctica deportiva libre, poden facer uso das instalacións universitarias a través de diferentes abonos e reservas.
Candidatura para La Vuelta 2018 Redacción A provincia de Ourense é candidata para ser novamente protagonista de “La Vuelta”, segundo confirmou o presidente da Deputación, Manuel Baltar, quen asegura que se está en negociacións para que a provincia poida acoller algunha etapa da edición 2018. Avanzou a nova no acto de avaliación das accións promocionais da provincia realizadas polo Inorde na “Vuelta 2017”, que tivo lugar en Termatalia.
Barrios DEPORTIVO 22 de setembro de 2017
FÚTBOL
O Barco venceu por 3 a 0 ao Ribadumia goría -xunto ao Ourense C.F.-, é o Arenteiro, que está a sufrir nestas primeiras xornadas de competición. Cinco puntos (unha vitoria, dous empates e tres derrotas) é o resultado das cinco primeiras xornadas para os de Manel Vázquez. A pasada fin de semana volveron caer goleados, nesta ocasión diante do Alondras, por 5 a 0.
Zanelli anotando o primeiro gol diante do Negreira. /RAMSÉS.
O Ourense C.F., entre os mellores de Terceira 4 Gran comezo de tempada para os de Fran Justo. Redacción Precaución que isto non fixo máis que comezar. Pero o certo é que o Ourense Club de Fútbol colleulle o pulo rapidamente á Terceira división. Proba delo, son os 11 puntos logrados nas cinco primeiras xornadas. Con tres vitorias e dous empates, o cadro ourensán continúa invito nunha competición
O Barbadás sumou os seis puntos que ten na súa casa
na que ocupa a cuarta posición. A última, na casa, diante dun Negreira que, ben é certo, non carbura neste inicio de liga. Os goles, tres, levaron a firma de Zanelli, Lamelas e Edu Otero. No Couto viuse a un gran conxunto que apenas viu perigar os puntos. Barco O Barco é o seguinte conxunto ourensán na clasificación. Con oito puntos ocupa a oitava posición (dúas vitorias, dous empates e unha derrota). A pasada fin de semana Calabagueiros viviu o 3 a 0
O Ourense C.F. foi moi superior ao Negreira. /RAMSÉS.
ante o Ribadumia; Mitogo e Rely Cabral -por dúas veces - foron os que anotaron os goles. Barbadás O equipo dos Carrís desínchase. As derrotas nas dúas últimas saídas levaron aos de Moisés Pereiro a baixar ata 13ª posición con seis puntos (dúas vitorias e tres derrotas). Todo o que gañan na casa o perden coma foráneos, xa que os seis puntos os sacaron como locais e aínda non puntuaron fóra. Arenteiro O outro novato da cate-
Vindeira xornada Para a sexta xornada, dous conxuntos ourensáns xogarán diante da súa afección e os outros dous terán que desprazarse. O Arenteiro querá resarcirse do último resultado xogando en Espiñedo este domingo ante o pechacancelas, Noia. Pola súa banda, o Barbadás tentará manter a súa racha vitoriosa nos Carrís contra o Compostela, sexto. Un dos partidos máis atractivos desta sexta xornada é o que enfronta a Vilalonga e Ourense C.F. Dous puntos separan a pontevedreses de ourensáns. E por último, o Barco visita ao Laracha, equipo que marcha cun punto menos que os barquenses.
O Arenteiro sufriu dúas goleadas neste inicio ligueiro
EN BREVE 4 Director
4 Copa
A Delegación de Ourense da Federación Galega de Fútbol nomeou a Perfecto Rodríguez Pérez “Peluso”, Director Deportivo desta Delegación. O motivo esgrimido é que se pretende “avanzar” e “seguir mellorando” en todo o referente “as nosas seleccións comarcais”. Como xogador militou en Arenteiro; Atlético Ourense; Ourense; Galaico. E como técnico estivo en Arenteiro; CD Ourense (3ª División y DH Juvenil); C.D. Velle; Verín C.F.; C.D. Lalín; e U.D. Barbadás.
Xa se coñecen os emparellamentos dos oitavos de final da Copa Deputación. A dobre partido, o de ida disputarase o 12 de outubro, sendo a volta o 6 de decembro. Os partidos que resultaron saír do sorteo, realizado na Delegación de Fútbol de Ourense, foron os seguintes: Cortegada - Maside; Allariz - Polígono; Sporting Celanova - Francelos; Verín - Bande; Monterrei - Nogueira; Valenzá - Velle; Ribeiro - UD Ourense (duelo entre dous de Preferente); e Rante - Loñoá.
deportivo
Deputación
Barrios DEPORTIVO 22 de setembro de 2017
FÚTBOL
que aproveitando o agasallo remata de potente disparo desde fóra da área colándose o coiro na portaría. Tres puntos e primeira vitoria da UD Ourense fóra da provincia.
A UD Ourense regresa ao Couto esta xornada./RAMSÉS.
A UD Ourense colle o pulo 4 Sumou a súa primeira vitoria fóra do Couto. R. Torres Despois de dúas vitorias consecutivas no Couto e unha derrota, na primeira xornada, como visitantes, a Unión Deportiva Ourense tiña que demostrar que era capaz de vencer nun partido fóra da casa. E esta vitoria a domicilio chegou na cuarta xornada -a segunda lonxe do Couto- no Lourambal. O rival foi un moi combativo Porriño Industrial que non lle puxo as cousas sinxelas aos de Fernando Currás. Partido de poder a poder entre dous equipos que están chamados a ocupar os postos de enriba e loi-tar polo ascenso. Os 90 minutos non defraudaron. Ocasións para os dous lados que desbarataban tanto Pato Guillén coma Fernando. Ata que Fran Martínez, remataba de cabeza un centro de Joni e lograba o 1 a 0. Os locais tentaron
o empate, e este chegaría antes do descanso. Pelouro remataba un córner botado por Claudio Giráldez (ex do CD Ourense) para poñer as táboas no marcador. A segunda parte comezou coma a primeira: ocasións para as dúas escadras pero sen acerto; sobre todo o Ourense que vía como non se materia-
lizaban as claras ocasións de Fran Martínez e Hugo. Ata que chegou o turno de Josu. O último capitán de Club Deportivo Ourense salvaba un gol cantado para os locais. Minutos despois foi o lateral o que lograba o gol da vitoria nun despiste da zaga local. Un saque de banda deixa a Josu sen marca,
Lance de xogo do último partido disputado pola UD Ourense no Couto. /RAMSÉS.
Cuartos Con esta vitoria, os homes de Fernando Currás ocupan a cuarta posición con nove puntos. Tres vitorias e unha derrota (na primeira xornada) nun debut ilusionante para a parroquia ourensanista que unha vez máis non deixou só ao equipo nun novo desprazamento. Beluso E se non deixan sós aos xogadores fóra do Couto, menos o fan no Couto. Nos dous primeiros partidos de Liga, o estadio tivo unha entrada superior aos 1.000 espectadores. Esta fin de semana haberá unha nova oportunidade de ver ao equipo como local. Será este domingo, 24 de setembro, a partir das 17:30 horas. Enfronte estará un Beluso que está un posto (oitavo) e un punto (oito) por debaixo dos ourensáns. Os de Bueu non sufriron derrota algunha esta tempada, xa que suman dúas vitorias e dous empates; porén os unionistas buscarán romper a racha do equipo rival e sumar os tres puntos para permanecer invitos na casa.
A UD Ourense recibe ao invito Beluso o domingo, ás 17:30 horas
O Bande, líder en solitario 4 Os ourensáns son o único conxunto que sumou todos os puntos. Redacción Por quen parece que o cambio de categoría apenas se notou é polo Bande. Os da Baixa Limia estenderon a súa marcha triunfal na Primeira Galicia (onde lograron o título o ano pasado) á Rexional Prefente. Catro vitorias noutros tantos encontros dan fe de que o equipo que dirixe, por segundo ano, Iván González será un dos claros animadores da tempada. Das catro vitorias, dúas foron na casa e dúas fóra. Na casa venceron a Pontellas e Nogueira, mentres que como visitantes
fixeron o propio diante de Ribeiro e Estradense. Esta fin de semana van a Gondomar. O Nogueira de Ramuín comezou ben a competición situándose na sexta posición con sete puntos. Os de Luintra gañaron dous partidos, empataron un e perderon outro (este diante do líder). Esta xornada visitan ao Estradense. E para rematar o Ribeiro. Pouco a pouco vai colléndolle o pulo á competición. O recén ascendido suma dous puntos logrados en sendos empates nas dúas últimas xornadas. Moaña será o seguinte rival.
Duas de dúas 4 Para a UD Ourense de Primeira Galicia. Redacción A Unión Deportiva Ourense de Primeira Galicia feminina ocupa postos de cabeza ao lograr dúas vitorias nas dúas primeiras xornadas. As de Rubén García debutaron na Liga diante do Sárdoma B ao que venceron por 1-3. Sete días despois estreabanse na súa nova casa -este ano disputarán os encontros coma locais no estadio Miguel Anxo,
dos Remedios- cun triunfo ante o Tordoia (3-0). A nota negativa foi a lesión de Mónica nun xeonllo. Nesta xornada visitan ao Milagrosa, equipo que marcha cun punto.
O vestiario da UD Ourense festexando a vitoria.
Barrios DEPORTIVO 22 de setembro de 2017
FÚTBOL SALA
O Cidade das Burgas cede ante o Móstoles 4 As ourensás caen por 3 a 0. R.T. O Cidade das Burgas non puido traerse un resultado positivo de Móstoles. As madrileñas dominaron o encontro coa posesión do balón. As ourensás buscaban balóns en longo á área contraria. As locais tiñan o control do tempo do partido e grazas a elo, farían os dous primeiros goles cun minutos de diferenza; Celia lograba sendos tantos. A falta de acerto das franxiverdes fixo que non puideran recurtar a desvantaxe. Ao regreso de vestiarios, as de Manolo Codeso tentarono, (sen moita fortuna) buscando algo máis de presión na saída de balón das rivais. A pesar dos intentos, foi Rocío a que lograba o terceiro para o Móstoles.
Co mazazo do gol e a expulsión de Figo, o Cidade non soupo reaccionar e, a pesar de tentalo, o marcador xa non se movería. Primeira toma de contacto dunha tempada que será moi complicada para as ourensás, pero que deixaron boas sensacións ao non darlle as costas ao encontro en ningún momento. Segunda xornada Para a segunda xornada, o Cidade das Burgas recibe a un, teórico, equipo da súa “liga”. Trátase do Soto del Real, e o encontro terá lugar este sábado, 23 de setembro, a partir das 17 horas nos Remedios. Na primeira xornada, o Soto perdeu diante do Penya Esplugues por 1 a 3. Sumar os tres puntos será importante para coller a
Plantilla do Cidade das Burgas da tempada 2017-18.
confianza necesaria nun equipo con xogadoras tan novas. Poio O debut na Liga de Iria Saeta co seu novo equipo non foi o esperado. A pesar de que a ourensá logrou marcar, o certo é que o Poio sucumbiu na casa diante do actual campión de Liga, o Atlético Navalcarnero. Cunha xornada disputada as conclusións non se poden sacar, pero apuntan a que novamente o Futsi será o rival a batir.
O Cidade recibe este sábado, ás 17h, ao Soto del Real nos Remedios
A artillería do Envialia acaba co Cádiz 4 Oito goles lle endosaron ás andaluzas. R.T. O Ourense Envialia logrou unha contundente vitoria no inicio ligueiro ante un recén ascendido. 8 a 0 a un Cádiz que mantivo a cero o electrónico durante o primeiro tempo. O equipo dirixido por Chipi comezou presionando e controlando o balón. As visitantes non lograban dobregar ás visitante que se defendían de xeito notable. A ocasión máis clara foi un penalti que a cancerbeira andaluza se encargaría de atallar. Pero o muro que foi o Cádiz durante a primeira parte comezou a ter gretas, e aos tres minutos da reanudación, Marta lograba o primeiro tanto da tarde. Este partido serviu para demostrar o importante que é facer o primeiro; a partir dese
momento as albinegras estiveron máis liberadas e os goles caían conforme pasaban os minutos. Sara Moreno facía o segundo no 28. Claudia lograba o terceiro desde propia cancha emulando o gol logrado no partido de ida da Supercopa diante do Futsi. O Envialia buscaba facer dano a balón parado con bloqueo e tiro de media distancia buscando sorprender ou un rexeite; así Moreno facía o cuarto (segundo da súa conta) desde a frontal da área. Marta uniríase á festa e seus foron os dous seguintes quinto e sexto- para firmar un “hat trick”, o mesmo que firmaría Sara Moreno co oitavo tanto; antes Elena (en propia porta) facía o sétimo. Debut Bea Martín xogou os seus primeiros minutos coa camiseta do Ourense En-
vialia. Á xogadora notouselle algo falta de forma, pero en canto a colla está chamada a ser unha das referencias do equipo. Alcorcón Para a segunda xornada chega un dos platos fortes e unha pedra de toque para as ourensás. Enfronte terán ao Alcorcón de Ana Rivera e Vanessa Sotelo. Dous equipos chamados a estar nos postos altos da clasificación para tentar arrebatarlle o cetro ao Futsi. Boa ocasión para medir o nivel das ourensás, aínda que é cedo para averiguar se hai que telas en conta para loitar por todo nesta competición.
Nesta xornada o Envialia visita ao Alcorcón de Ana Rivera e Vanessa Sotelo
FÚTBOL SALA
Primeiros tres puntos para o Sala Ourense 4 Logrou a vitoria na pista do Santiago Futsal B. R. Torres As boas sensacións dos homes de Kike García durante toda a tempada trasladáronse ao primeiro encontro da Liga en Terceira división. O conxunto ourensán venceu a domicilio ao filial do Santiago Futsal por dous goles a tres. A vitoria, pola mínima, fai indicar o que aconteceu durante o encontro. Partido complicado para o Sala Ourense que fraguou a vitoria nos intres finais. Durante a primeira metade, as ocasións máis claras foron para os de García (con Tizón como protagonista na maior parte dos remates), que fiel ao seu estilo, buscou a presión ao rival desde o inicio; pola contra, os locais déronlle o control aos ourensáns para roubar e contraatacar rápido. Cando parecía que o primeiro acto ía rematar como comezou (empate a cero) chegou o gol de Diego a falta dun segundo para o descanso. A nota
negativa foi a lesión de Allariz na acción do gol; o xogador fixo un mal xesto no xeonllo e xa non podería volver a intervir no encontro. Na segunda metade, os santiagueses saíron a polo empate, conseguíndoo no minuto catro. A partir dese momento as ocasións sucedéronse en ámbalas dúas portarías. Os visitantes entraron nun momento delicado ao ver que o Santiago lograba darlle a volta ao marcador. Foi entón cando os ourensán tiraron de raza e foron capaces de, con dous goles (de Sergio e Álvaro), revertir a situación e poñer o 2 a 3, cos tres puntos no peto. Xornada 2 O vindeiro domingo dispútase a segunda xornada. O Sala Ourense recibe a partir das 12 horas, na cancha central dos Remedios ao 5 Coruña F.S., equipo co que xogou a última final da Copa de Terceira división. Na primeira xornada, os hercu-
Kike García dirixirá un ano máis o Sala Ourense na Terceira división. /C.DOMARCO
Barrios DEPORTIVO 22 de setembro de 2017
linos venceron ao Campito por 6 a 5. Carballiño O Carballiño perdeu no Paco Chao diante da Estrada por un contundente 3 a 9. Esta fin de semana visita ao Pazo de Borbén noutro difícil partido para un renovado equipo da vila do Arenteiro.
O Sala Ourense xoga nos Remedios este domingo, ás 12 horas, diante do 5 Coruña FS
Xogada do partido de Copa ante o Cidade de Narón. /C.DOMARCO
10
Barrios DEPORTIVO 22 de setembro de 2017
Segundo trail de Celanova Redacción A segunda edición do trail de Celanova deixou a Elpidio Gómez e Gloria Galiña coma vencedores absolutos. No podio masculino acompañaron a Elpidio, Luis Carballo e Marcos Pascual, segundo e terceiro, respectivamente; mentres que na categoría feminina xunto a Gloria remataron Mónica Nóvoa, segunda, e Nicol Campo, terceira. Por equipos, Safir foi o primeiro masculino; BeOne, o feminino, e Luzyfer, o mixto.
Carreira de montaña na Rúa Redacción A Rúa celebra o domingo, 8 de outubro, o ”II Gran Premio de Montaña A Rúa” organizado polo Club Atletismo Rúa. As probas a disputar serán unha andaina e un trail longo (26 quilómetros); unha andaina e un trail curto (16 km); e unha andaina de 12 quilómetros. A inscripción está limitada a 200 persoas e poderase inscribir a través da pasarela de www.laptime.es ou nas tendas TriSport da Rúa e O Barco. O prazo está aberto ata as 23:59 horas do 5 de outubro. A andaina e trail longo ten un prezo de 15 euros; a andaina e trail longo, 12; e a andaina de 12 km ten un custe de 8 euros.
ATLETISMO
50 quilómetros pola Ribeira Sacra 4 Na segunda edición dun dos trails máis esixentes que se disputan en Galicia. R.T. O II “Trail Ribeira Sacra” disputarase o vindeiro domingo, 1 de outubro. A proba consta dun percorrido de 50 quilómetros (tamén haberá un minitrail de 24 quilómetros), o que a converte, xunto ao seu perfil, nunha das probas máis esixentes de Galicia. Percorrerá lugares emblemáticos de Nogueira de Ramuín, como o Miradoiro de Moura, o Mosteiro de Santo Estevo ou o Castro de Moura. Na presentación deste trail estiveron presentes o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Nogueira de Ramuín, César Paren-
te; o presidente do Club Grupo Cuevas, Diego Novelle; e o director xeral do Grupo Cuevas, Artur Yuste. O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, destacou a importancia de levar a cabo este tipo de eventos deportivos que contribúen a “dinamizar o territorio e os recursos da nosa provincia, neste caso, do Concello de Nogueira de Ramuín”. A proba O presidente do Club Grupo Cuevas sinalou que incorpórase “algún descenso técnico, que fará a ledicia dos deportistas máis valentes”. Esta iniciativa deportiva ten como obxectivo “consolidar o
Trail Ribeira Sacra como unha cita deportiva a nivel nacional e, partindo deste punto, dar un impulso ao turismo de saúde e benestar, mostrando a nosa rexión a un maior número de visitantes”, explicou Diego Novelle. A primeira edición do Trail Ribeira Sacra reuniu a 300 corredores e 50 acompañantes, procedentes de 12 provincias españolas e tres rexións portuguesas.
A primeira edición do Trail Ribeira Sacra reuniu a 300 corredores
Morales, subcampión en orientación 4 No Campionato Ibérico. Redacción O Clube de Orientação do Minho organizou o Campionato Ibérico de Orientación a Pé na Cámara Municipal de Montalegre cuns 700 deportistas. Os orientadores ourensáns tiveron un papel destacado. Martín Morales Ferreiro, de Limiactiva, foi subcampión na clasificación xeral da categoría H45. Iago Trigo Vázquez, do Pena Trevinca-Barco, despois de rematar a primeira xornada en terceira po-
sición (cun segundo posto na proba de distancia media), rematou cunha meritoria cuarta posición na xeral da categoría H14, demostrando o bo estado da base ourensá.
Morales, no podio do campionato.
Chega a andaina solidaria de Molgas 4 Celebrase este domingo día 24. Redacción
Presentación do II Trail Ribeira Sacra.
O Concello de Baños de Molgas organiza a sétima edición da andaina solidaria, nesta ocasión a prol da asociación AODEM. A Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, E.L.A., Parkinson e outras enfermidades Neurodexenerativas (AODEM) leva traballando dende o ano 1996 para dar todo tipo de apoio aos afectados por
estas enfermidades. Nesta sétima edición, múdanse os percorridos para que os participantes gocen da natureza en estado puro, percorrendo unha das zonas máis fermosas do noso municipio, os Canóns do Arnoia. A Andaina terá lugar o domingo 24 de setembro, con saída ás 9:00 h para o percorrido de 20 km e ás 10:00 h para o de 7 km, dende o Pavillón de Deportes Municipal.
ATLETISMO
Barrios DEPORTIVO 22 de setembro de 2017
AJE organiza a segunda edición da “Carreira das empresas”
EN BREVE 4 Pista cuberta
4 Terá lugar o domingo 8 de outubro. R. Torres A Asociación de Novos Empresarios de Ourense (AJE) organiza a segunda edición da “Carreira das empresas”, que terá lugar o domingo, 8 de outubro. Poderá participar todo aquel que queira, a condición de que se inscriba na web championchipnorte. com. a un prezo de 8 euros por participante. Desde a organización confían en superar os 308 inscritos da primeira edición hai dous anos. O percorrido é de 6 quilómetros (se pode facer correndo ou camiñado) e partirá desde o Pazo Paco Paz con final no mesmo lugar. A saída está prevista para as 10:30 horas e discorrerá polo Barbaña, rúas Desengano, Paseo e Santo Domingo, praza Maior, As Burgas, e de novo o Bar-
baña. Os participantes citaranse ás 12 h en Expourense para a entrega de trofeos e degustar un aperitivo. Equipos Pódese realizar por equipos de 2 a 5 persoas (cada empresa ou institución pode anotar tantos grupos como queira). Seguindo coa tendencia solidaria, de cada inscrición destinarase un euro á asociación Down Ourense, entidade seleccionada este ano para este fin e destacada co galardón ao labor solidario nos últimos premios de AJE Ourense.
A carreira terá un percorrido duns 6 quilómetros
Prresentación da segunda carreira das empresas organizada por AJE Ourense. /RAMSÉS.
11
Carreira da zona universitaria. /RAMSÉS.
O “Correndo por Ourense” chega ao barrio da Ponte 4 Celebrarase o día 24. R.T. A quinta proba do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” chega ao barrio da Ponte. E o fai con preto de 1.400 atletas inscritos. O barrio de Canedo colle a testemuña de mans da zona universitaria, lugar onde se disputou a última cita do circuíto ata o de agora. O evento terá lugar o último domingo de mes, o día 24 de setembro. Como sempre, ás 12 horas correrán os pitufos; ás 12:05 h, os benxamíns e alevíns; os infantís e cadetes ás 12:15 h; e rematarase coa absoluta ás 13:30 h. Os máis pequenos percorrerán unhas ducias de metros; os benxamíns e alevíns farán 1.000 metros; os infantís e cadetes
unha volta de 1.900 metros; e finalmente os maiores completarán tres voltas a un circuíto para realizar un percorrido de 5.700 metros. A clasificación absoluta está liderada por Rubén Diz (homes) e Iria Fernán-
dez (mulleres). A Carballeira Trala disputa desta carreira, o circuíto pecharase no barrio da Carballeira o domingo 21 de outubro a partir das 12 horas.
4 Correndo pola reciclaxe A proba correrase este ano co lema “Oportunidades Galicia, Corre pola Reciclaxe” e forma parte da campaña “Oportunidades Galicia-Separemos Ben, Reciclaremos Mellor”, que promoven Ecoembes, a Consellería de Medio Ambiente e Sogama, para fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os
beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe. Haberá agasallos para todas as persoas que participen na carreira e unha zona lúdica e informativa onde atletas e público poderán disfrutar de diversas actividades arredor da reciclaxe. Toda a información está en www.oportunidadesparareciclar.gal.
A Xunta de Galicia anunciaba, o pasado 31 de agosto, que daba por rematadas as obras de construcción da pista cuberta de Expourense. Por ise motivo a Federación Galega de Atletismo agarda en breve poder programar os seus campionatos nela. A presentación oficial do proxecto será para principios do mes de novembro, porén non será ata mediados de decembro cando a nova instalación poida ser despregada (logo da celebración das últimas feiras do recinto) co gallo de acadar a homologación que a fagan apta para o desenvolvemento de probas oficiais. Malia os avances e o remate da obra, a Federación Galega ainda non conta coas datas de dispoñibilidade da pista cas cales poder programar os distintos Campionatos Autonómicos, agardando que en breve se poidan xa planificar.
4 Nocturna de
Xinzo de Limia
Con preto de 200 corredores entre todas as categorías, as rúas limiás volvéronse a encher de atletas que participaron na carreira nocturna de Xinzo. En homes, o máis rápido foi Fernando Montes; segundo, Ziad Nagihi; e terceiro, Castor Salgado. En mulleres, a máis rápida foi Aida Martínez, con Ana Nogueira e María Valado acompañándoa no podio como segunda e terceira, respectivamente.
12
Barrios DEPORTIVO 22 de setembro de 2017
ESCALADA
Dous primeiros postos para o club Asesou
Curso de escalada Redacción O próximo 2 de outubro comeza a actividade no pavillón dos Remedios da primeira escola de escalada da provincia de Ourense e a segunda de tales características na comunidade galega. A Escola Ourensá de Escalada é unha iniciativa do Club Asesou da cidade termal na que puxo toda a súa enerxía para que haxa unha escola para a súa cidade e polo seu deporte; A actividade de escola prolongarase durante curso o 2017-2018 e se levará coa maior solvencia e profesionalidade. Para iso comprouse material totalmente novo e de última xeración en seguridade. Ademais contratouse, pola totalidade da tempada e de horas dispoñibles no rocódromo municipal, a un monitor debidamente formado e con dedicación exclusiva, demostrando con iso que o compromiso con lograr ampliar a oferta deportiva da provincia e que a escalada sexa un deporte en período escolar máis a poder practicar. Actividades Desde as instalacións do Club, situado en Antonio Puga 1 baixo, levaronse a cabo máis de vinte actividades, acadando que máis de 200 persoas adultas e 500 menores de idade descubriran este deporte por primeira vez, sorprendendolle esta primeira toma de contacto cun deporte tan descoñecido.
4 No Campionato de Galicia de escalada en bloque. Redacción Un dos participantes do maratón de escalada.
Aviñoá e López venceron no Canón do Sil 4 No quinto maratón de escalada. Redacción
e 284 puntos.
A quinta edición do maratón de escalada do Canón del Sil, organizado polo Club Alpino Ourensán, reuniu o pasado domingo a 20 escaladores. Despois de 12 horas deuse por concluída a xornada, resolvendose o resultado da proba nos últimos minutos e espremendo o tempo ao máximo os escaladores, chegando ao momento de control nos últimos instantes antes de que finalizase o maratón. Por unha vantaxe de tres vías, a cordada composta por Miguel Aviñoá e Lucas López, que realizaron 79 vías e 524 puntos resultaron gañadores, seguidos por Roberto Rodríguez e Miguel Feijoo que con 76 vías e 490 puntos como segundos. Terceiros acabaron Víctor Barro e Samuel Viso con 56 vías completadas
Maratón O ‘Maratón de Escalada Canón do Sil’, proba consolidada de resistencia ourensá, reuniu nas vías da Escola de Escalada Canón do Sil a 10 cordadas de dous escaladores (20 participantes) que compartiron un día de escalada e competiron por facerse co título nunha xornada de 12 horas ininterrompidas. Numeroso público e interesados por este deporte achegáronse a esta zona da Ribeira Sacra para gozar dunha xornada de competición e bo ambiente entorno a este espectacular deporte. A primeira hora da mañá e cos primeiros raios de sol, comezaban os escaladores unha longa xornada, con 12 horas por diante para escalar o maior número de itinerarios (vías de escalada). Os participantes fóronse distribuíndo polas diferentes zonas da escola
segundo a estratéxia que cada un elaborara para tentar escalar o máximo posible. Tamén houbo lugar para escaladores que máis tranquilamente decidiron facer desta xornada un día para compartir escaladas con outros compañeiros. O tempo acompañou nesta ocasión e contribuíu ao bo desenvolvemento do evento. Excelente temperatura e nula precipitación, permitiron aos equipos ir escalando metros sen parar. Tras a entrega de premios os participantes compartiron unha cea na que gozaron do intercambio de experiencias nunha xornada na que reinou o bo ambiente e deixou moi bo sabor de boca.
Os gañadores realizaron 79 vías e 524 puntos
Esta pasada fin de semana celebrouse en Vigo o Campionato de Galicia de escalada en bloque. A competición estivo enmarcada dentro do evento deportivo Vigo Street Stunts, onde o corpo é o protagonista. Disciplinas como o parkour, pole dance, street workout, slack line entre outras están presentes neste festival. O club ourensán Asesou foi o club con máis participación e conseguiu meter nas finais a cinco deportistas -dous masculinos e tres femininos-. En canto aos podium, Asesou demostrou estar nun excelente nivel competitivo e fíxose cos
dous primeiros postos en cada categoría. Podios Erica González e Carlos Marqués son os Campións galegos do 2017 e Lucía Sousa e Alberto Rodriguez os subcampións, o terceiro posto feminino foi conseguido por Mari Flor Fernández do Club de Montaña Ou Veral de Lugo e o terceiro posto masculino foi para Kiko Rodríguez do Club Alude quedándose en Vigo. As roldas clasificatorias se levaron a cabo durante o sábado e, escaladores de ambas as categorías, feminina e masculina, enfrontáronse a seis problemas diferentes nos plafones habilitados pola Federación Galega de Montañismo.
O club Asesou logrou colar no podio do Campionato de Galicia de escalada a catro integrantes.
POLIDEPORTIVO
13
O Campus arranca con derrota en terras vascas
Simulacro de rescate
4 Na súa estrea na Liga diante do Durango.
A Federación Galega de Montaña e o equipo de rescate en montaña da Garda Civil (GREIM) fixeron un simulacro de rescate na telecadeira da estación de esquí e montaña de Manzaneda. O exercicio consistiu en rescatar a todos os deportistas que quedaron atrapados antes de que o frío e o medo xerara algunha desgraza. O espazo aéreo e o arriscado e complexo das manobras con arneses e cordas sobre os cables foi o que os expertos da Garda Civil de montaña destacaron aos técnicos da Federación Galega de Montañismo, compoñentes da Escola Galega de Alta Montaña. Depois, entre todos practicaron un simulacro para estar preparados ante o improbable caso de que isto se producirá na realidade.
Redacción
As taekwondistas Diana Siota e Ainoha García, xunto ao seu adestrador, Tito.
Barrios DEPORTIVO 22 de setembro de 2017
Comezou a segunda tempada do Campus Ourense Rugby na División de Honra B, e fíxoo con derrota diante do Durango. Os de David Monreal desprazáronse ata terras vascas para dar inicio a unha campaña que debería ser de consolidación na segunda categoría nacional de rugbi. A pesar da igualdade no xogo, os erros dos ourensáns condeáronnos. Ao descanso máxima
igualdade: empate a seis grazas aos golpes de castigo. No segundo tempo, os locais comezaron a distanciarse no marcador, ata chegar aos 11 puntos de diferenza. Os visitantes tentárono ata o final e lograron acurtar no marcador ata poñerse a catro puntos (17-13), porén o resultado xa non se movería e os ourensáns sumaban a súa primeira derrota da tempada. O positivo da contenda foi o punto bonus que lograron os de Monreal nun campo complicado.
Vindeira xornada Este sábado, 23 de setembro, a partir das 16 horas, o campo do campus universitario acolle o debut como local do Ourense. Enfronte estará un Real Oviedo que vén de perder na casa ante o Babyauto Zarautz RT por 17-36.
Este sábado debutan como locais, ante o Oviedo, ás 16 horas
Éxito internacional do taekwondo ourensán
Redacción
4 Siota e García soben ao podio en Varsovia. Redacción A pasada fin de semana disputábase en Varsovia o Open Internacional de Polonia. Ata alí desprazáronse as taekwondistas ourensás Diana Siota e Ainoha García, xunto ao seu adestrador Tito. O balance non puido ser mellor e tanto Siota coma García pisaron o podio nesta cita internacional. Diana Siota (-47 kg) está no seu último ano como cadete -o ano que vén dará o salto a júnior- e neste torneo logrou a medalla de bronce. Anteriormente a ourensá lograra colgarse o ouro no Open de Holanda e ser subcampioa de España na categoría (perdendo na final polo punto de ouro). Ainoha García (-51 kg), pola súa banda, realizou un gran torneo pasando catro eliminatorias e logrando a medalla de ouro. Unha moi boa carta de presentación para o
vindeiro Campionato de Europa, que se disputa dentro de tres semanas en Budapest (Hungría), xa que volverase a ver as caras con algunhas das súas rivais da cita polaca. A deportista está nunha etapa de moita carga de adestramentos de cara a este europeo. Open de Ourense Antes da cita continental, esta fin de semana, tanto Ainoha como Diana participarán, xunto aos seus compañeiros, no Open de Ourense. O evento terá lugar durante todo o día do sábado 23 de setembro no Pazo dos Deportes Paco Paz.
Este sábado, durante todo o día, o Paco Paz acolle o Open de Taekwondo
Partido do curso pasado do Campus Ourense disputado na Universidade. /ARQUIVO.
Simulacro de rescate de montaña da Garda Civil.
14
Barrios DEPORTIVO 22 de setembro de 2017
VOLEIBOL
Nova camiseta do Volei Ourense 4 Hemisferios Ribeira Sacra será o seu patrocinador. RT.
Presentación da escola de iniciación de Club Voleibol Ourense.
O CVO presenta a súa escola de iniciación 4 Para nenos de 7 a 11 anos. Redacción Seguindo coas presentacións do Club Voleibol Ourense, nesta ocasión tocou o turno da súa escola de iniciación, concebida para nenos de sete a once anos. A escola comezará xa neste mes de setembro, polo que se publicitará unha en todos os colexios da cidade. Os adestramentos serán os mércores e venres en horario de tarde no pavillón de Espazo Xove (Casa da Xuventude). A iniciativa, que se denomina “Escola PequeVoley Espazo Xove”, foi presentada no Centro Comercial Ponte Vella polo delegado da Secretaría Xeral para o Deporte, Mario Guede; o coordinador da canteira de
Club Voleibol Ourense, José Vicente González; e o conselleiro delegado da empresa ourensá Juguettos, Manuel Lorenzo. A escola está destinada a captar a todos aqueles nenos dos centros de educación primaria da cidade con idades comprendidas entre os 7 e 11 anos aos que lles guste o deporte, desexen desenvolver unha actividade en equipo e, sobre todo, divertirse xogando ao voleibol. Durante os meses de setembro e outubro, unha vez iniciado o curso escolar, técnicos e adestradores do Club Voleibol Ourense irán por varios centros educativos da cidade para informar aos responsables e coordi-
nadores de educación física de cada centro da existencia da escola de voleibol e deixarán follas informativas para repartir entre os nenos do centro. Posteriormente, volverán aos centros para ofrecer unha charla con soporte audiovisual para os nenos e pais interesados. Peque-voley Peque-voley é un programa educativo da Real Federación Española de Voleibol (RFEVB) cuxo fin é que os escolares coñezan o voleibol por medio da práctica do “minivoley”, permitindo que se inicien nas técnicas propias deste xogo. O Peque-voley está integrado no Programa Nacional de Promoción e Axu-
da ao Deporte Escolar (PROADES) do Consello Superior de Deportes. Canteira Na actualidade o Club Voleibol Ourense move a preto dun centenar de nenos e nenas distribuídos en varias categorías segundo as idades: alevín, benjamín, infantil, cadete, xuvenil e sénior. A tempada pasada o equipo sénior feminino conseguiu o ascenso á Primeira División Nacional e por tanto convértense no espello no que os nenos e nenas da canteira se mirarán para seguir progresando neste deporte.
As clases da escola de voleibol serán os mércores e venres, pola tarde, no Espazo Xove (Casa da Xuventude)
O Club Voleibol Ourense presentou en sociedade a que será a súa nova equipación este ano, ademais do seu novo patrocinador; este ano pasará a denominarse como Hemisferios Ribeira Sacra CVO. A nova camiseta está confeccionada pola empresa de téxtil ourensá Altius coa incorporación de tecidos deportivos transpirables de máxima calidade e confort e combinando as dúas cores corporativas da entidade que son o azul celeste para o primeiro equipamento e o azul mariño para o segundo. O novo equipamento levará na súa parte frontal e en grandes dimensións o novo escudo do club e estará acompañado pola imaxe e o nome do patrocinador, a empresa Hemisferios
Ribeira Sacra, que xestiona as reservas para as excursións en catamarán polos canóns do río Sil da provincia de Ourense. Ademais os equipamentos oficiais tamén incorporan no frontal o escudo provincial de Ourense co obxectivo de levar a imaxe da nosa provincia polas Comunidades Autónomas que visiten no transcurso da competición. Liga O equipo Hemisferios Ribeira Sacra CVO debutará este ano na Primeira División Nacional Feminina de voleibol xunto a equipos das comunidades madrileña, asturiana, vasca, castelá-leonesa e canaria.
O CVO debuta na Primeira División Nacional feminina
Catro xogadoras do CVO posando coa nova equipación para a tempada 2017-18. /RAMSÉS.
NOVAS
Barrios DEPORTIVO 22 de setembro de 2017
15
Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: C. Domarco. Nº165- Ano: IX - 22 de setembro de 2017 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
A provincia remodela as instalacións para o deporte
EN BREVE
4 Pádel
4 O orzamento provén de Xunta e Deputación.
O maratón de pádel “Sol e lúa” celebrarase o sábado, 23 de setembro, a partir das 16:30 horas -e rematando á medianoiteno Club Santo Domingo, do Pereiro de Aguiar. O sistema de xogo será por parellas mixtas que se formarán por sorteo.
Redacción
4 Winnerman
Deputación de Ourense e Xunta investirán máis dun millón de euros (1.027.658) en melloras de instalacións deportivas da provincia. O orzamento irá destinado a obras en campos de fútbol, pistas polideportivas, de pádel e volei, e acondicionamentos viarios, entre outras actuacións que se levarán a cabo en diferentes concellos da provincia de Ourense. Obras Do importe total das actuacións, a Deputación de Ourense achegará 527.658 euros e a Secretaría Xeral para o Deporte subvencionará 500.000 euros. As obras, enmarcadas no exercicio 2017-2018, son as seguintes: pista polideportiva en Vilanova (137.000 euros) e a pista de pádel (40.000 euros) no Barco de Valdeorras; o campo de fútbol de Cortegada (250.000 euros); melloras varias na instalación municipal de Melón (20.000 euros); instalación
de fútbol praia e volei praia na praia fluvial dos franceses da Veiga (100.000 euros); construción dunha instalación deportiva en Castrelo de Val (37.000 euros); melloras de accesibilidade no campo de fútbol da Bola (50.000 euros); acondicionamento no campo de fútbol e edificacións anexas de Cenlle (32.987,02 euros); arranxos en instalacións deportivas por desperfectos causados polo temporal en Muíños (60.000 euros); pista polideportiva da Pobra de Trives (24.000 euros); pista de competición de Castrelo de Miño (21.671,55 euros); reparacións no campo de fútbol de Celanova (35.000 euros), e o campo de fútbol de Pereiro do Aguiar (220.000 euros).
Santi Garza e José Pardo na presentación do libro sobre o W123 de Mercedes./R.T.
Libro sobre o W123 de Mercedes Garza Automoción, concesionario oficial Mercedes-Benz, foi o escenario da presentación do libro sobre o modelo W123 da marca alemana. Vehículo mítico que José Pardo plasmou nun libro que está a venda por 10 euros. Comezou a súa fabricación en 1976 para rematar aló polo 1985. Máis de 40 anos despois estes coches seguen a formar parte do panorama das estradas galegas. Indicativo do éxito que tivo o modelo e do cariño dos seus donos; xa que moitos deles aínda o teñen como utilitario habitual. O coche foi moi acollido pola emigración ourensá, que o mercaba para usalo cando regresaba, á vila natal, no período vacacional.
Castrelo de Miño será a sede da terceira edición do “Winnerman”, unha proba que combina natación con carreira a pé. A data de celebración será o sábado 30 de setembro, a partir das 16:30 horas. Haberá que completar un quilómetro a nado, cinco correndo e un máis a nado.
4 BTT Este domingo 24 de setembro, as belas paixases de Parada de Sil serán o escenario da cuarta ruta de “BTT Parada de Sil”. Haberá unha ruta curta de 35 quilómetros e unha longa de 50.
4 VII Ruta MTB A fin de semana do 7 de 8 de outubro, O Carballiño acolle a VII Ruta MTB Bike & Trail. O sábado 7 disputarase o trail cunha proba curta de 15 quilómetros e unha longa de 24. Xa o domingo terá lugar o ruta de BTT cunha distancia de 40 quilómetros e outra de 60. Os máis atrevidos poderán realizar as dúas.
A Deputación achega 527.658 euros e a Xunta, 500.000
4 CD Ourense O ex gardamallas do Real Madrid, Miguel Ángel, premio Ourensanía 2017.
Miguel Ángel, premio Ourensanía
Entre outras, realizaranse reparacións no campo de fútbol de Celanova./ARQUIVO.
O ex futbolista Miguel Ángel foi condecorado co premio Ourensanía 2017. O xurado do premio ditaminou concederlle o galardón a este deportista ourensán, un dos que acadou máis altas cotas de recoñecemento na historia do fútbol español. A entrega do premio Ourensanía terá lugar o vindeiro 11 de novembro, día de San Martiño, no Teatro Principal de Ourense. Lenxendario porteiro do Real Madrid entre 1968 e 1986, chegou a participar como porteiro titular da Selección Española no campionato mundial de fútbol de Arxentina de 1978.
Este sábado 23 de setembro ás 19 horas o Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá a proxección do documental “Pechado por derribo: a desaparición de C.D. Ourense”. Documental sobre a desaparición do Ourense elaborado por cinco xornalistas. A entrada é libre e o aforo limitado.
Barrios DEPORTIVO 22 de setembro de 2017