11 Feb 2011 - Nº28

Page 1

Curso de tiro práctico en Eiroás páx.4

ATLETISMO

páx.2

24 horas solidarias: o 5 e o 6 de marzo cita coa solidariedade e o deporte

FÚTBOL

páx.10

CD Ourense loita pola fase de ascenso a 2ª B

O RINCÓN DO MESTRE

páx.23

Alfonso Vilachá: A respiración como fonte de saúde física e mental (III) Baloncesto: O COB ante a súa enésima final páx.5

Estrea das novas instalacións deportivas do campus Ourense acolle os Campionatos galegos universitarios.

[páx. 20]

Defendendo as nosas cores: José Arenas, xogador de C.D. Ourense páx.14

Número: 28 - Ano: III - 10 de febreiro de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 18 de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

ATLETISMO

As 24 horas máis solidarias

4 Antonio Madriñán e Demetrio Alvarez xa perfilan o que serán as primeiras 24 horas solidarias que se celebran en Ourense. R. Torres Todo está case perfilado para que o sábado, 5 de marzo, boten a correr, xunto con todo aquel que se queiran apuntar a esta iniciativa, os ultrafondistas Antonio Madriñán e Demetrio Alvarez para recadar fondos para a fundación Meniños. Desde as 12 da mañá do sábado, 5 de marzo e ata a mesma hora do día seguinte (domingo 6 de marzo) darán voltas ao paseo das Ninfas pola ribeira do Miño cruzando o río pola pasarela de Outariz e pola Ponte Romana.

Madriñán anima a todo o mundo a que participe con eles desta iniciativa “facendo os quilómetros que estimen oportunos” sen competición e a un ritmo “que pode calqueira levar”. Esa fin de semana coincide co entroido polo que o ultrafondista invita a que todo aquel que queira “veña disfrazado” para darlle un toque de cor ao evento. Moitos xa son os interesados nesta iniciativa solidaria e deportiva e acompañarán aos ultrafondistas nalgún tramo da súa aventura, atletas dos clubs Casa da Xu-

ventude Ourense e Esprintes in de nai xa confrimaron a súa asistencia. Ponte Vella o epicentro O Centro Comercial Ponte Vella será o epicentro de evento. Xa o sábado, 19 de febreiro, ás 11 da mañá terá lugar o acto de presentación das 24 horas solidarias, o lugar será unha das salas de Cinebox. Acto seguido á presentación do evento será o turno, na mesma sala de cine da subasta de material deportivo cedido por atletas de deportes extremos e de entidades deportivas como

Ponte Vella acollerá a presentación do evento o sábado, 19 de febreiro, ás 11 da mañá, nunha sala dos cines Cinebox pode ser o F.C. Barcelona, ou mesmo grupos musicais que porán o seu grao de area nesta iniciativa solidario á que todo o mundo querese unir. Pero Ponte Vella non so vai a acoller a presentación do evento e a subasta dos obxectos, senón que as mesmas instalacións do Centro Comercialtamén serán o punto de saída e de remate da proba, ademais de ser o lugar onde estarán situados os avituallamientos.

Tamén será o punto de saída e de chegada da proba, ademais do punto de avituallamento para os participantes

Durante 24 horas, Antonio Madriñán e Demetrio Alvarez darán voltas á ribeira do Miño nun circuíto de 10 quilómetros

O ultrafondista, Antonio Madriñán.

Santi López gaña o XI Cross de Boborás

4 Óscar Piñeiro foi o primeiro no canicross. R. Torres Preto de 400 participantes tomaron parte do XI Cross de Boborás na que había varias categorías. Santi López do club Atletismo Porriño foi o primeiro en chegar á meta despois de percorrer os 7.500 metros da proba absoluta, en segunda posición chegou Jaime Peñas e terceiro foi Jesús Quintáns. En categoría feminina a primeira en sobrepasar a liña de meta foi Guadalupe

Lodeiro da Sociedad Gimnastica de Pontevedra, seguida de Inma Rodríguez e na terceira posición Olaia Suárez. No canicross, Óscar Piñeiro foi campión xunto coa súa mascota. O podio o completaron Roberto Salvado e Marco Antonio Pérez sendo segundo e terceiro respectivamente. Nas categorías de base, Jonathan Alvear foi o primeiro nas categorías de alevín, infantil e cadete mas-

Saída do canicross de Boborás. /RAMSÉS

culino, mentres que Aida Martínez foi a primeira rapaza das mesmas categorías; Jesús Cerdeira foi o primeiro das categorías xuvenil e júnior e María Pérez foi a primeira das féminas. Juan Gonzalo e Nayeli Iglesias foron os primeiro pitufos en percorrer os 500 metros dos que constaba a súa proba. Despois de disputadas todas as probas, entregáronse os trofeos e os participantes gozaron dun ágape.

Ribadavia foi a sede do Campionato Galego de Cross

4 O Ourense Atletismo foi o gran triunfador do torneo. R. T. Ribadavia foi o escenario do Campionato Galego de Cross Longo no que o Ourense Atletismo acadou o triunfo por conxuntos na categoría absoluta masculina. Das seis probas disputadas, en catro subiu ao podio o equipo ourensán, sendo deste xeito o mellor equipo da competición. A título individual, meritorio terceiro posto de Hassan Lekhili seguido do seu compañeiro de equipo Manuel Hurtado e Jose Antonio Pousa, ocupou a sexta praza. O campión do torneo en categoría absoluta masculina foi Lolo Penas por diantes de Gustavo Platas, en canto á sénior feminina, Patricia

Mendes do Comesaña foi a máis rápida, seguida de Natalia Raña e Esther Navarrete. Na categoría femenina, segundo posto das académicas para o equipo sénior

feminino que soubo reporse ás múltiples baixas de última hora para revalidar o subcampionato logrado fai un año. En promesa feminino, o equipo académico logrou alzarse coa vitoria liderado por Paula Mayobre que conseguiu un fabuloso cuarto posto na proba absoluta. En canto á categoría júnior, impresionante el triplete logrado por Leticia Fernández, Yuliana Velásquez e Rocio Carbia, o que lles deu o primeiro posto de forma aplastante.

Paula Mayobre durante o Cross de Ribadavia.


BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

ATLETISMO

Gran inicio de ano do Ourense Atletismo Academia Postal

4 Actuación destacada dos atletas académicos nos distintos eventos celebrados neste 2011. R. Torres O equipo ourensán de atletismo, Ourense Atletismo Academia Postal leva un gran inicio de ano, con excepcionais actuacións alá onde os seus atletas disputan unha proba, refrendando deste xeito o porqué de que Federación Galega de Atletismo o nomeara como mellor equipo galego fai agora dous meses.

Basilio Bernárdez, segundo no galego de veterán de probas combinadas, M35.

Campionato Galego de pista cuberta Excepcional foi o resultado dos académicos neste campionato absoluto e sub-23 no que lograron un total de 28 medallas, 17 na categoría absoluta e 11 na de promesas, sendo a metade delas, 14 en concreto, de ouro. De toda esta colleita, o máis destacado foi o triplete académico logrado polas integrantes da proba de 800 metros feminino, o doblete dos 800 masculinos, así como o dobre ouro logrado por Alfonso Palomanes en lonxitude e triple promesa. Estos foron os atletas que conquistaron metal: na categoría absoluta, Iria Castro (ouro en 800 e prata en

1500 metros); Leticia Fernández (plata en 800 e ouro en 1500 metros); Lucía Corrales (bronce en 800 metros); Paula Mayobre (ouro en 3000 metros); Beatriz Viteri (ouro en pértiga); Lorena Vázquez (bronce en 50 vallas); Alberto Chaves (ouro en 800 e bronce en 400 metros); David González (bronce en 800 metros); Denís Galán (ouro en 50 vallas); Javier Fidalgo (prata en 50 vallas); Alfonso Palomanes (ouro en triple e prata en lonxitude); Iván Valle (bronce en altura) e Pablo Rodríguez (bronce en pértiga). Na caategoría promesa, Iria Castro (ouro en 800 e 1500 metros); Lucía Corrales (prata en 800 e 1500 metros); Silvia Veira (bronce en 1500 metros); Paula Mayobre (ouro en 3000 metros); Alberto Chaves (ouro en 800 e prata en 400 metros); Denís Galán (ouro en 50 vallas); e Alfonso Palomanes (ouro en lonxitude e triple). Nacional Promesa No Nacional Promesa de Sevilla o OAAP tampouco defraudou e Paula Mayobre proclamabase subcampioa de España de 3.000 metros cunha gran marca de 9.41.84, o que supón marca mínima para o Nacional absoluto que se disputará en Valencia. Alfonso Palomanes , pola súa banda, obtería o bronce en lonxitude cun salto de 7.23 metros. Campionato Galego xuvenil e júnior A Coruña acollía tamén o

Palomanes, no centro, ouro en lonxitude no galego de pista cuberta. Campionato Galego xuvenil e júnior onde os ourensáns conquistarían un total de 16 medallas, das cales 14 foron en categoría feminina. Leticia Fernández lograría dous metais de ouro nos 1500 e 3000 metros lisos júnior, Yuliana Velásquez tamén conseguiría o primeiro posto en 400 e 800 metros lisos júnior (en ambas con mínima nacional júnior). Alba Martínez foi a que máis preseas obtivo en categoría xuvenil, sendo campiona galega nos 50 metros lisos, e dous bronces nos 200 metros e en lonxitude. Tamén en xuvenil, Aitana Leguiçano foi terceira en 50 valados e pértiga; nesta mesma proba de participou fóra de concurso Beatriz Viteri, que cun mellor salto de 3,56 metros (igualando a súa marca personal de pista cuberta e récord do club), lograba a mínima nacional absoluta. En canto aos rapaces do Ourense, os dous metais conseguidos foron dúas pratas a cargo de Hugo Loureiro en 1500 metros e

Damián González nos 3000 metros, ambos en categoría júnior. Galego de probas combinadas de veteráns Na categoría M45 masculina, Javier Viteri conseguíu con solvencia o triunfo no Pentatlón. En maiores de 35, o seu compañeiro Basilio Bernárdez acadou un merecido segundo posto tras unha vibrante competición. Gran Premio Ciudad de Zaragoza O triplista, Alfonso Palomanes logra en Zaragoza un salto de 15.46 metros, co que alcanza a terceira posición do evento e supón unha boa forma para o académico de cara ao Campionato de España Promesa onde loitará pola vitoria. Vindeira cita O domingo, 20 de febreiro, terá lugar en A Rúa o Campionato Provincial absoluto de Campo a través no circuíto de “O Aguillón”.


BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

TIRO

Adestramento intensivo de tiro dinámico en Eiroás 4Un grupo de practicantes de tiro práctico realizan un curso de formación no club de tiro ourensán cun dos máximos expoñentes desta disciplina en España. Paula Lodeiro Tiro práctico, tiro dinámico, percorridos de tiro ou IPSC, varios nomes pero unha mesma práctica deportiva: unha modalidade de tiro deportivo, recoñecida pola RFETO (Real Federación Española de Tiro Olímpico) e polo Consello Superior de Deportes, que combina o tiro co movemento e brancos de diversas formas (estáticos, móbiles, platos, etc.). Neste deporte os tiradores han de buscar o equilibrio entre o tempo conseguido e os puntos obtidos, xa que o resultado de cada proba lógrase dividindo os puntos entre o tempo no que se realizou. A pasada fin de semana un grupo de nove practicantes asistiron no club de tiro Eiroás a un curso formativo impartido por un dos grandes referentes desta disciplina en España: Juan Carlos Jaime Diaz, campión de Europa, subcampión do Mundo de IPSC e subcampión do Mundo de tiro policial. A través deste curso, o profesor tratou de ensinar un método de adestramento intensivo de oito horas diarias, durante varios días á semana, que se emprega para preparar competicións importantes. O obxectivo: intentar simular e superar o stress creado en competición para así poder evolucionar como tirador. Calendario Os participantes neste curso poderán ter ocasión de poñer en práctica todo

4Intensa actividade

A pasada fin de semana disputábase a segunda ronda da Copa Deputación de Aire Comprimido. O lugués Miguel Colmenares acadou a máxima puntuación de entre os nove tiradores de pistola séniro que acudiron a Eiroás. Entre as damas, a tiradora local Nuria Mera obtivo o mellor resultado (360 puntos) das cinco participantes. Guillermo Cosque foi primeiro en veteráns (556 puntos), Miguel Galea fixo o propio en veteráns sénior (546) e Manuel Somoza en veteráns máster (476). En vindeiras datas terán lugar a segunda tirada da Copa Cidade das Burgas (o día 13 de febreiro) e a tirada de prato de San Sebastián (o día 19).

Un momento do curso de tiro práctico, nas instalacións do club de tiro Eiroás. /P.LODEIRO.

o aprendido este sábado 12 de febreiro, día no que se disputa en Eiroás a primeira fase da Copa Ourense de IPSC. Xa no mes de abril, o club ourensán será sede da II Fase do Open Galaicoastur, ao igual que da cuarta fase, no mes de xuño. En xullo celébrase o campionato galego e en agosto e outubro as seguintes fases da Copa Ourense de IPSC.

O 12 de febreiro dispútase en Eiroás a primeira fase da Copa Ourense de IPSC

Participantes no curso de tiro dinámico en Eiroás. /P.LODEIRO.


BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

BALONCESTO

A Palma espera na enésima “final” do COB nesta liga

4 Pasan as xornadas e nada novo acontece no Club Ourense Baloncesto. Xogadores novos e corpo técnico novo non frean a sangría de derrotas que sofre o cadro ourensano. R. Torres Xa se levan gastadas 21 das 34 xornadas que ten esta tempada na liga LEB ADECCO Ouro e o COB só suma 3 vitorias, o que o leva a dirixir o furgón de cola da clasificación do LEB Ouro a tres vitorias do play out pola permanencia e a catro da salvación matemática, empresa complicada se temos en conta que en 13 xornadas (as que restan) tería que gañar máis partidos dos que gañou ata o momento, en case o dobre de xornadas, 21. Nos dous últimos partidos, o conxunto cambiou de capitán e agora está baixo os mandos do andaluz Rafa Sanz. Aínda que se nota unha melloría no conxunto, sobre todo ofensivamente, se ben é certo non é suficiente para ir sumando vitorias na táboa clasificato-

ria. E é que defensivamente o equipo está lonxe de ser un equipo que non perderá a categoría. Contra Tarragona o equipo estivo por detrás no marcador mesmo chegando a perder por máis de 10 puntos, aínda que se chegou aos instantes finais con opcións de vitoria; cando tiñan posesión para adiantarse no marcador, unha falta de Lucho Fernández en ataque deu ao traste toda opción de remontada chegando ao final co resultado de 80-73 para os cataláns e unha opción menos de achegarse á salvación; e cada vez queda menos opcións. Espera La Palma O venres, 11 de febreiro, o Pazo Paco Paz volve acoller un encontro de Club Ourense Baloncesto, será contra A Palma a partir das 21 horas, onde unha de-

rrota case o condenaría ao descenso, polo que Club Ourense Baloncesto ten ante sí, outra, a enésima final nesta liga para poder estar o ano que vén na segunda liga máis importante a nivel nacional. Outra posibilidade de manter a categoría é a posible reforma que pode contemplar a Federación Española de Baloncesto para a próxima campaña, polo que quizais, ningún equipo da LEB Ouro descendería ao final de tempada.

En 21 das 34 xornadas da liga, o COB só suma tres victorias, situándose no último posto da clasificación

Rafa Sanz no seu primeiro encontro como adestrador do Club Ourense Baloncesto. /RAMSÉS

4 Liga Adecco Oro - 21ª xornada Posto Equipo PG-PP 1º Obradoiro 18-3 2º Murcia 18-3 3º Burgos 16-5 4º León 15-6 5º Cáceres 14-7 6º Canarias 11-10 7º Lleida 11-10 8º Melilla 11-10 9º Navarra 10-11 10º Girona 10-11 11º La Palma 10-11 12º Breogán 8-13 13º Axarquía 8-13 14º Alcázar 7-14 15º Tarragona 7-14 16º Huesca 6-15 17º Palencia 6-15 18º COB 3-18

Venres 11, ás 21.00 horas COB - La Palma, no Paco Paz

O novo base titular do COB entrando a canastra. /RAMSÉS

Salva Arco nunha xogada contra León no Paco Paz. /RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

BALONCESTO

Pabellón e Carmelitas, a táboas nesta tempada

4 Os dous equipos ourensáns que militan en LF2 de Baloncesto posúen o mesmo número de partidos gañados e coinciden en resultado dende fai varias xornadas. R.T. Con tan só catro vitorias ás súas costas, dos 16 encontros desputados, últimamente a casualidade parece acadar a súa máxima expresión nos partidos de Pabellón Ourense e Codigalco Carmelitas, xa que indepentemente da posición que ocupe o seu rival xornada a xornada coinciden no resultado final dos seus enfrontamentos. O que a comezos de tempada apuntaba á confianza típica da que todo conxunto goza como local e carece como visitante, nas últimas semanas traduciuse nunha

pouco afortunada coincidencia que leva da man a ambos conxuntos ourensáns polo camiño da Liga Feminina 2. O Pabellón Ourense arrasou ao Valladolid, pero foi superado polo Valbusenda e o Pío XII Nun partido no que todas as apostas apuntaban cara ao equipo local, o Pabellón Ourense fixo os deberes en Os Remedios e superou, con creces (78-57), ao pechacancelas, o Universidad de Valladolid, nun encontro totalmente dominado polas ourensás e con Gil e Jones marcando as diferenzas.

Sen embargo, as de Lisardo Rodríguez non correron a mesma sorte nas dúas seguintes xornadas. Fronte ao Caja Rural Valbusenda como visitante e ao Pío XII como locais, o Pabellón Ourense vía freadas en seco as súas expectativas para competir polos postos centrais da táboa. Ante o conxunto zamorano, a pesar da gran actuación de Jones (con 21 de valoración e 20 puntos anotados), as ourensás foron sempre por detrás no casilleiro e en ningún momento conseguiron que o Valbusenda vise perigar a vitoria. Distinto foi o encontro vivido en Os

Bristol conduce o balón ante a presión dunha xogadora do Pío XII. /RAMSÉS

Remedios ante o santiagués Pío XII, no que as pabellonistas dominaron máis da metade do partido, sen ser quen, de novo, de rematar a faena (43-57). Codigalco venceu ao Ferrol, pero claudicou ante o Burgos e o Aguere Na 14ª xornada o Carmelitas recibiu no Vedruna a un favorito Ferrol, que se atopa acomodado na primeira metade da clasificación, e, rompendo unha vez máis as expectativas, eran as de Juan Rodríguez as que marcaron o ritmo dun encontro igualado pero sempre inclinado cara o lado colexial. Unha vitoria, sen dúbida, acadada grazas á labor anotadora da recentemente incorporada Zuleira Aties e do gran xogo de Noelia Oliva, quen con 21 puntos anotados, 5 rebotes e 6 asistencias en 40 minutos de xogo a levaron a un merecidísimo 34 de valoración. Un comportamento exemplar, dentro e fóra da cancha, que contribuiu a que fai uns días o clube colexial decidise garantir a continuación de Oliva nas súas filas ata finais de tempada. Pero a boa racha das

Carmelitas no seu último encontro en casa. /RAMSÉS Carmelitas viuse truncada na seguinte xornada ante un dos clásicos da LF2, o Arraz-Jopisa Burgos. Mentres as ourensás só foron capaces de achegarse ao seu rival ao final do segundo cuarto, acadando o descanso 3 puntos por debaixo no casilleiro (3532), as burgalesas deron un golpe na mesa dende o comezo da segunda metade e emprenderon un voo que as alonxou definitivamente das de Juan Rodríguez, sentenciando o encontro cun contundente 73-65. Unha semana despois, as agardadas diferenzas entre o segundo e o penúltimo clasificado reflexábanse na cancha do Agüere, que superaba finalmente por 6451 a un Codigalco Carmelitas que pelexou ata o final, situándose a tan só 4 puntos a cinco minutos do remate e convertindo así en irregular un partido que, de entrada,

apuntaba sinxelo para o conxunto canario. Os vindeiros encontros É o turno agora de que o Pabellón Ourense volva ao rol de visitante e faino o sábado 12 ante o Arxil pontevedrés (noveno), regresando como local o 19 de febreiro para recibir ao Durán Maquinaria Ensino (oitavo). Pola súa banda, o sábado o Codigalco Carmelitas recibe ao Coelbi Bembibre PDM (terceiro); visita ao Aros León (décimo primeiro) o 19 de febreiro e volta ao Vedruna o 26 para enfrontarse ao Cáceres (décimo). Estas son as próximas citas nas que o sino destes dous equipos ourensáns pode seguir ligado como ata o de agora ou separarse definitvamente para o resto de campionato. Queda en mans da sorte ou do bo xogo.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011


BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

FÚTBOL SALA

Empate con sabor amargo

4 Ponte Ourense non foi quen de superar a un correoso Burela. No primeiro minuto de encontro, Ampi sufriu un esguince. R. Torres A cancha central dos Remedios engalanouse para presenciar o derbi galego entre o Ponte e o Burela enchendo case por completo as bancadas dos Remedios. Ao final, empate a un gol co que as de Manuel Castillo se afastan a tres puntos de primeiro posto tras a vitoria do Móstoles contra o Gironella. O Burela FS Pescados Rubén de Javier Pardeiro volve erixirse como un dos grandes animadores da liga, tras empatar a domicilio ante o Ponte Ourense no derbi entre galegas. O encontro que comezou movido pola lesión de Ampi aos 20 segundos, deu inicio con dúas apostas de xogo diametralmente opostas. Por un lado as pontinas optaban

por tratar de buscar prolongadas posesións de balón, ante un conxunto burelés que pugnaba por facer boa a súa rápida saída á contra. O primeiro tanto do partido chegaba aos nove minutos de xogo, obra de Lucía de disparo raso dende doce metros, á saída dunha xogada de estratexia a saque de esquina. O tanto supuxo un xarro de auga fría para as ourensás, que trataron de buscar con forza a portería defendida por Jozi, aínda que non conseguían desarbolar a un ben armado Burela. A igualada chegaba xa no tramo final do período, obra de Anita, tras unha boa presión de balón das locais, con roubo de Souza que abre a Sarita cara á esquerda e cede dentro da área para que Anita conseguise

superar a Jozi. Na reanudación, o Ponte Ourense buscou facer efectiva a súa maior posesión, grazas a un alto ritmo de xogo, ante un Burela ben asentado que se empregaba a fondo por defenderse en cancha propia das acometidas visitantes. Os minutos transcorrían e nin unhas nin outras conseguían desnivelar a balanza ao seu favor. Xa no tramo final do partido, Castillo optaba por alternar o xogo de cinco con Laura Fernández como porteira xogadora, baixo esta premisa as ourensás dispuxeron de ata dúas claras ocasións de gol ante Jozi, que finalmente non tiveron incidencia nun marcador que xa non sufriría máis variacións. Con este empate as pontinas afástanse dous puntos

Ponte Ourense vista nesta xornada ao Gironella que loita por entrar en postos de Copa de España

Ampi sufre un esguince de nocello de grado 2 o que fai imposible a súa participación neste encontro

máis do Móstoles logo de lograr a vitorias as madrileñas nesta xornada fronte o Gironella, polo que agora son tres puntos os que separan as primeiras das segundas. Queda moita liga pero seguindo este ritmo, Ponte Ourense e Móstoles pode que decidan o campionato no partido entre elas que terá lugar nos Remedios en abril, aínda que terán partidos en que os rivais non lle porán as cousas fáciles para acadar a vitoria como poden ser o Valladolid, o Atlético de Madrid ou mesmo o Cidade de As Burgas, equipos que poden ser xuíces desta liga de División de Honra feminina. Ampi lesionada A xogadora andaluza do Ponte Ourense, Ampi, sufriu un esquince de grado

Bea Seijas dribla a unha xogadora do Burela. /RAMSÉS dous nos primeiro minutos do encontro contra o Burela. Desde o corpo técnico esperan poder contar con ela no próximo partido a disputar polas pontinas en casa contra o Orvina, xa que ten descartada a súa participación contra o Gironella.

Sarita encara portería ante a oposición de dúas xogadoras do Burela. /RAMSÉS

Vindeiras citas A Ponte Ourense tócalle rendir visita ao Gironella na próxima xornada; as catalanas andan na loita polos postos de Copa. O19 de febreiro reciben en Os Remedios a visita do Orvina, enfrascado na loita pola permanencia.

4 División de Honra FSF - 17ª xornada Posto Equipo Puntos 1º Móstoles - 49 2º Ponte Ourense - 46 3º At. de Madrid - 33 4º Valladolid - 32 5º Burela - 32 6º Elche - 27 7º Rioja -25 8º C. de As Burgas - 24 9º Gironella - 23 10º Zaragoza -23 11º Córdoba - 21 12º Soto del Real - 15 13º Orvina - 14 14º C. de Alcorcón - 13 15º UCAM Murcia - 12 16º CD Campillos -0


BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

FÚTBOL SALA

Dous grandes empates 4 As de Manolo Codeso sacaron un empate cando tiñan o encontro perdido contra o Atlético de Madrid e cando tiñan a vitoria no bolsillo contra as cordobesas; aínda así, este empate mantenas nos postos de Copa de España e lonxe dos de descenso. R. Torres Dous empates contra dous grandes equipos é o que saca o Cidades de As Burgas nas dúas últimas xornadas. O primeiro empate foi en casa contra o Atlético de Madrid. As madrileñas levaban unha renda de tres goles (1-4), pero a fe das de Codeso levounas a levantar un encontro moi costa arriba contra unha das grandes da liga, remontando os tres goles en contra para rematar o partido con empate a catro goles, e incluso con oportunidades de levarse a vitoria ás ourensás; ao final un empate que non gustaba nada ás madrileñas e pola contra, sabía a gloria ás ourensás.

Entre Sonia Pacios e Peke roubanlle o balón a unha xogadora do Atlético de Madrid. /RAMSÉS

4 Xornada 18 - 12 de febreiro Valladolid - Zaragoza Burela - Rioja Diamante Gironella - Ponte Ourense Lacturale Orvina - Móstoles Cidade As Burgas- UCAM Murcia Ciudad de Alcorcón - Cajasur Córdoba Femesala Elche - At. de Madrid Descansa- VP Soto del Real

Empate en Córdoba Contra Córdoba a cousa marchou ben distinta, se ben as andaluzas obtiveron un empate no último suspiro de encontro cando os tres puntos marchaban para terras galegas. O Cajasur Córdoba de David Díaz obtivo un valioso empate no seu feudo, ante un aguerrido Cidade de As Burgas que fixo boa a súa aposta polos balóns en longo dende cancha propia. O conxunto ourensán adiantábase no primeiro minuto de xogo cun tanto de Laura ao segundo pau, tras unha rápida transición

Iria regatea a unha xogadora do Atl. de Madrid. /RAMSÉS ofensiva partindo dende cancha propia. O Cajasur reaccionaba facéndose co control do partido e buscando rápidas circulacións de balón para sorprender a un ben asentado Cidade. Aos 15 minutos de novo Laura, tras levarse un balón solto, conseguía superar a Cati de disparo cruzado. Reaccionaría pouco despois o Cajasur cun tanto de Dany, tras roubarlle o balón á cancerbeira contraria. Aos tres minutos da reanudación, Noelia de disparo exterior aproveitaba que a porteira visitante se achaba fóra de marco para conseguir o empate. A liña seguida, o Cidade facía boa a súa efectividade para recuperar de novo o dominio do marcador, cun tanto de Peque, tras unha perda de balón das cordobesas. O paso dos minutos e o bo facer defensivo da escuadra

galega obrigaba ao Cajasur a correr riscos sobre a cancha e, xa nos últimos cinco minutos de xogo, o adestrador local optaba por alternar o xogo de cinco en busca da remontada. Tras enviar o Cajasur un balón ao pau e dispoñer de varias ocasións de gol todo indicaba a unha vitoria visitante, ata que a escasos vinte segundos do final do partido, nun balón colgado á área visitante, Dany de cabeza conseguía o definitivo empate a tres. Con estes empates o Cidade de As Burgas continúa na oitava posición -posto de participación na Copa de España- con 24 puntos, a nove dos postos de descenso. Vindeiras xornadas Este sábado, 12 de febreiro, o Cidade de As Burgas recibe ao UCAM Murcia. As de Codeso teñen unha

boa ocasión para gañar a un rival directo na loita pola permanencia; de vencer neste duelo, as ourensás sacaríanlle 15 puntos ás murciás que ocupan postos de descenso, pola contra, unha derrota aproximaríaas un pouco máis aos postos de descenso aínda que cun colchón importante de puntos.

Este sábado, 12 de febreiro, a partir das 17 horas, o Cidade de As Burgas recibe a UCAM Murcia. De conseguir a vitoria terían 15 puntos de ventaxa sobre un dos dous postos de descenso, o que ocupan as andaluzas


10

BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

POLIDEPORTIVO

Doado na casa, difícil fóra

Bronce para Valdés no Galego Júnior de Fene

4 CD Ourense vence na casa con grande facilidade ao Estradense a pesar do axustado do resultado, 2-1 para os de Fonsi Valverde. O vindeiro domingo visitan A Malata na loita polo se4 Laura Valdés en menos de gundo posto. 52 quilos foi a que se colgou R. Torres CD Ourense está o metal. Na primeira parte, o Club Deportivo Ourense sentenciou un partido no que en ningún momento inquedaron os estradenses con sacar algo positivo de O Couto. Nos primeiros 45 minutos xa un claro 2-0 fixo dar por sentenciado o encontro, dominado claramente polos ‘rojillos’ que dispuxeron de máis ocasións de sacar máis vantaxe no marcador, pero foi o equipo visitante o que colocou o 2-1 no marcador no último suspiro do encontro ao transformar un penalti na portería defendida por Berto. O colexiado antes de que se sacara de centro o gol visitante decretou o final de encontro. Ao finalizar o partido, Fonsi Valverde mostrábase satisfeito de sacar tres importantes puntos nesta xornada e volver empatar na segunda posición da táboa co Ferrol, despois de que este empatase á súa vez contra As Pontes. Cerceda pola súa parte vencía, polo que a diferenza entre o líder e o equipo de Ás Burgas se mantén nos nove puntos. O adestrador ourensán explicaba que non está de todo contento co xogo dos seus pupilos durante algunhas fases do partido, “tive-

a seis puntos do primeiro posto que ocupa Cerceda e empatado co Ferrol na segunda posición

Redacción O pasado 29 de xaneiro, cinco representantes ourensáns participaron no campionato galego júnior de Judo disputado en Fene. A expedición regresou cun sabor agridoce debido a que contaban con máis metais do que se conquistou. Laura Valdés repúxose da derrota no seu primeiro combate e despois enlazou dúas vitorias consecutivas

mos fases de xogo aceptables e outras nas que nos imos do partido”, apuntaba Valverde ,quen cría que conseguiron unha “merecida pero demasiado sufrida vitoria cando non o tiña que ser tanto” debido a que na segunda metade “o xogo foi regular, un tanto tolo, cando requiría máis control”, e finalizaba dicindo que se ía de O Couto “medianamente contento”. Partido polo segundo posto A próxima xornada, ferroláns e ourensáns disputarán en A Malata un encontro do que sairá o segundo clasificado provisional, polo que Fonsi considera que será un encontro moi importante xa que “aínda quedan moitos puntos por facer para estar entre os catro primeiros ao final de tempada”, concluía Valverde. Difícil papeleta para un Ourense que leva moitas

o que a levou a colgarse a medalla de bronce na categoría de menos de 52 quilos. Pola súa banda, Guillermo Otero en -73 quilos estivo a piques de lograr medalla pero nos instantes finais do combate o seu rival arrebatoulle a vitoria e con ela toda opción de medalla. Alzola e Vélez realizaron un discreto torneo, mentres que Guillermo Pérez non puido participar por enfermidade.

Quintairos loita por un balón ante un defense estradense no Couto. /RAMSÉS xornadas sen vencer fóra do seu feudo, concretamente desde a xornada nove cando se desfixera por un contundente 0-6 do Ordes e por aquel entón era o máximo

goleador de todas as ligas do fútbol nacional. O Ourense regresa á casa o 20 de febreiro para xogar contra o Bergantiños, penúltimo clasificado.

Vélez nun dos combates no galego júnior.


BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

POLIDEPORTIVO

Partido do Campus Ourense Rugbi. /ARQUIVO

Líderes de novo 4 Esta fin de semana reciben ao Gallecius ASD nun partido que pode decidir ao campión. Redacción Despois do baixón de resultados a principios de ano, o Campus Ourense Rugbi volveu á senda dos triunfos nos últimos encontros o que encaramouno a primeira posición novamente da Liga Sénior masculina autonómica. O último dos triunfo conseguiuno contra o Fendetestas de As Ponte en partido aprazado no seu día. De seguido, o cadro ourensán dominaba no marcador e na

posesión do balón ovalado. A pesar de non practicar un xogo brillante, o Campus Ourense solventou o encontro cun contundente 8-31, logrando seis ensaios o que os afianza na primeira posición da clasificación aumentando a distancia co seu perseguidor o Gallaecius, que non foi quen de conseguir bonus na súa vitoria fronte a Vigo. Duelo polo título Esta fin de semana o Campus Ourense Rugbi

11

recibe a visita do Gallaecius, no que será un partido case decisivo para coñecer o gañador desta liga. Para os ourensáns, este será o último encontro da liga regular xa que na derradeira xornada descansan polo que a vitoria se presume obrigada para obter o título, xa que o Gallaecius aínda disputará un encontro na última xornada contra o Muralla de Lugo. Os cadete tamén vencen O equipo cadete do Campus tamén vence, nesta ocasión a domicilio contra o Vilagarcía, reflexando a progresión ascendente do equipo no seu xogo. O resultado final (10–53) fala as claras do dominio ourensán durante todo o encontro. O sábado, 12 de febreiro, o Campus visitará aos primeiros da liga na Coruña con ganas de revancha despois da derrota recibida en Ourense no primeiro partido do equipo en liga e en competición.

Roberto Abella, xefe de vendas, e Santiago Pinilla, responsable de Calidade e Márketing, xunto ao novo 508 no concesionario Peugeot Mosa Ourense.

Mosa Ourense acolle a presentación do novo 508

O concesionario Peugeot Mosa Ourense vén de facer a presentación pública do novo 508, unha berlina de luxo que vén ocupar o posto do 407 e que destaca polas súas prestacións, equipamento e medidas. O 4 de febreiro o concesionario viviu unha xornada de portas abertas na que clientes, amigos e invitados (como o piloto de F2 José Luis Abadín ou o presidente da Federación Galega de Automobilismo) puideron contemplar o 508 na súa presentación en exclusiva para a provincia. Durante nove horas, os que se achegaron por Mosa Ourense disfrutaron dunha pulpeira e unha selección de produtos da terra, e puideron coñecer un pouco máis a historia de Peugeot, a través dunha exposición de vehículos clásicos, de competición, motocicletas e vehículos comerciais. A oferta do 508 está integrada por dúas carrozarías complementarias: unha berlina (de 4,79 m de lonxitude) e un SW (4,81 m). Mosa Ourense dispón xa de varias unidades matriculadas para que os seus clientes poidan probar o novo modelo.


12

BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

PUBLICIDADE


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

13


14

BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

ENTREVISTA

Defendendo as nosas cores 4 Turno para o deporte rei nesta sección de deportistas que sen ser de Ourense defenden as nosas cores polo que os denominamos “mundourensáns”. Nestas liñas tentámolos coñecer un pouco máis, hoxe toca coñecer a... R. Torres

rectivos e afeccionados.

...José Angel Arenas Ricon e natural de Ponteareas e desde a tempada 20082009 milita no CD Ourense co que pretende ascender á 2ª División B, da que nunce debeu baixar o equipo ourensán. Arenas está convencido de que esta tempada volverán xogar a fase de ascenso, e cre que este ano si regresarán a división desexada por xogadores, di-

Como se xerou a contratación por CD Ourense? José Arenas: “Chamoume Romero a semana seguinte ao descenso de 2ª B do equipo e lle dixen que me podería interesar e a semana antes de comezar os adestramentos tamén o fixen con Juan (o presi) e chegamos a un acordo”. Consideras que o equipo está na liga que lle co-

rresponde? J.A.: “Por historia, non”. Cres que estará CD Ourense ao final de tempada disputando a fase de ascenso? J.A.: “Sen ningunha dubida”. E cres que este ano lograrase o ascenso a 2ªB? J.A.: “Sempre hai que crer, é o primeiro que hai que facer para lograr un obxectivo”. Cómo ves ao público de

O Couto? J.A.: “Esixente, ao que lle gusta ver bo fútbol por parte do equipo e que tamén valora o traballo por parte dos xogadores”. Segues o deportes ourensán noutras competicións e outras disciplinas? J.A.: “O fútbol si, e algo ao COB, pero polo que din os meus compañeiros”. E como o ves? J.A.: “Polo pouco que sei, non podo opinar”. Agora o míster dáche menos minutos, veste con forzas para revertir esta situación en próximas xornadas? J.A.: “Si, é unha situación complicada. Eu creo que demostrei que podo xogar neste equipo e é o que lle intento demostrar ao adestrador en cada adestramento, pero xogar non depende só de mi.

Intentarei aproveitar ao máximo os minutos que me dea o mister”. Que che sorprendeu de Ourense?

J.A.: “O que máis me gusto foi as termas, pero a verdade que me gusta todo, con praia sería a cidade perfecta para vivir”.

Arenas na disputa dun encontro co CD Ourense. /RAMSÉS

Máis persoal

José Arenas nunha portería do estadio de O Couto. /RAMSÉS

4 José Angel Arenas Ricon naceu en Ponteareas o 21 de febreiro de 1985. Militou nas categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo, no Celta “B”, Céltiga, Deportivo “B” e desde o 2008 no C.D. Ourense. 4 Espera cambiar a súa situación actual e, mediante traballo tentará convencer ao adestrador para dispor de máis minutos nos encontros dos ‘rojillos’. 4 A Arenas gústalle a cor amarela, a súa comida preferida é a pasta e a bebida a Coca Cola. Escaparíase, unha vez rematada tempada (e logrado o ascenso a 2ª División B), a Nova York.


BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

TENIS DE MESA

15

O Galmédica A rompe a racha negativa e o B segue ao seu

4 Vence o primeiro equipo logro de tres xornadas perdendo e o segundo continúa sen ceder un punto en todo o campionato superando cada xornada un novo récord. probabilidade á 2ª División Autonómica.

R.T. O primeiro equipo de tenis de mesa do Galmédica obtivo unha importante e agónica vitoria a pasada fin de semana logo de perder nas tres anteriores xornadas. O “A” recibía no Pazo ao Mercantil de Vigo, rival directo para a loita pola permanencia na 2ª División Nacional de Tenis de Mesa. O encontro tivo moitísima emoción e chegaríase ao partido de dobres con táboas no marcador logo de rematar con tres vitorias cada equipo nos seis partidos individuais (Ramón Becerra por partida dobre e Juan Angel Ferreiro porían os puntos no marcador ourensán). No definitivo encontros de dobres decantouse pola parella ourensán logo de conseguir un parcial de 3-0. Con este triunfo o Galmédica A ten certa tranquilidade para acadar canto antes o obxectivo da permanencia na categoría. Agora ocupa a terceira posición con 12 puntos, lonxe dos dous primeiros postos e dous por enriba dos postos que loitarán por non descender. Pola súa banda, o equipo B segue coa súa particular travesía polo paraíso do grupo sur da 3ª División Autonómica, logo de vencer novamente con contundencia (7-0), esta vez ante o Lavadores “B”. Con esta vitoria continúan líderes en solitario alcanzando cada xornada un novo récord que agora os sitúa con 77 puntos a favor e 0 en contra logo de 11 xornadas disputadas. Na súa primeira tempada o segundo equipo galmédico ascenderá a final de campaña case con total

Vindeiros encontros O Galmédica “A” visita ao Cinacia, último clasificado no que será unha boa ocasión de sumar os puntos necesarios para a permanencia. Ao Paco Paz regresarán o 19 de febreiro, ás 17 horas e recibirán ao Cambados, equipo que ocupa a cuarta posición xusto por debaixo dos ourensáns. O Galmédica “B”, recibe este sábado, 12 de febreiro, a partir das 17 horas no Paco Paz ao Cinania - Merengues do Morrazo, cuarto clasificado.

O Galmédica B recibe este sábado ás 17h. no Paco Paz ao Cinacia - Morrazo no que pode ser outra vitoria por 7-0 e seguir intratable nesta liga que se lles queda a todas luces curta

A pelota en movemento nun dos partidos do Galmédica.


16

BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

MOTOR

Abadín debuta en Fórmula 2 en abril

4 O piloto ourensán acaba de chegar a un acordo co equipo Williams, da man do cal desputará este ano a “Fia Fórmula Two Championship”. R. Torres O pasado 2 de febreiro José Luis Abadín mantivo o seu primeiro contacto co monopraza co que dará o salto á Fórmula 2. Con máis de 400 cabalos de potencia e unhas grandes prestacións, o vehículo impresionou ao piloto galego no “shakedown” realizado no circuito británico de Bedford, que, sen embargo, se adaptous á perfección ao mesmo xa na primeira proba, algo que sorprendeu gratamente ao que será o seu novo equipo, o Williams F2, e que serviu como último empurrón para que ambas partes chegasen a un acordo de cara a esta nova tempada. O vindeiro mes de abril da o pistoletazo de saída a “Fia

Fórmula Two Championship”, un certame automovilístico de máximo nivel no que o gañador realizará o test co equipo Williams de Fórmula 1, premio ao que, sen dúbida, aspira Abadín. Son un total de 8 reunións, con 16 carreiras, que teñen lugar nos mellores circuitos de toda Europa, como Monza, Spa-Francorchamps ou, o único español, Montmeló. Segundo o propio piloto “este ano damos un paso adiante tendo como obxectivo a Fórmula 2. O que máis nos motivou a elixir este certame é a igualdade reinante no mesmo, de forma que todos os pilotos temos as mesmas armas e a organización pon todo da súa parte para que ninguén

parta con ventaxe. O máis importante é o deportista, non o equipo”. En canto ao seu novo vehículo Abadín sinalou que “neste primeiro contacto co monopraza quedei moi satisfeito das sensacións que me trasmitiu e da súa man virá o vindeiro paso na miña carreira deportiva”. Durante os próximo meses o ourensán definirá os seus patrocinadores, pezas chave para poder loitar por este prestixioso campionato internacional. E será o vindeiro marzo cando Abadín se suba de novo ao seu monopraza para realizar os test colectivos da categoría e continuar na procura da fusión entre piloto e vehículo pola que el sempre apostou.

Numerosos curiosos achegáronse ata Garza Automoción para contemplar o novo Mercedes CLS.

Garza presenta o novo Mercedes CLS

O concesionario Garza Automoción de Ourense presentou o novo Mercedes CLS. Clientes e amigos puideron coñecer esta berlina con formas de coupé de catro portas, que mantén o deseño e a espectacularide do primeiro modelo, pero cun atractivo aumentado grazas a uns motores V6 da xeneración máis recente, á súa estética silueta e ao deseño dos seus faros. Inicialmente a gama do CLS está formada por dúas versións diésel e unha de gasolina. Respecto á primeira xeneración á que substitúe, o novo CLS mellora en todos os aspectos: é máis grande, o que lle confire unha mellor habilitabilidade; mellorou en aerodinámica e os motores son máis eficientes. Respecto ao interior, todo cambia no novo CLS. Tanto o cadro de instrumentos como a consola principal son de novo deseño. Outro detalle do novo modelo é a multitude de opcións de personalización coas que contará o usuario.

O ACSM Rallye Team estrea un Mitsubishi Lancer Evo X

4 Alex e Santi Pais competirán no Campionato de Galicia de Rallyes e nas citas galegas do Campionato Español de Rallyes de Asfalto. R.T.

José Luis Abadín mirando o seu novo monopraza de Fórmula 2.

Logo de varias semanas de duro traballo e importantes xestións, o soño dos irmáns Pais de competir este próximo ano co Mitsubishi Lancer Evo X fíxose realidade fai uns días e o ACSM Rallye Team fará fronte aos

pilotos máis recoñecidos do panorama autonómico e nacional, no Campionato de Galicia de Rallyes e nas tres probas que terán lugar na nosa comunidade do Campionato Español de Rallyes de Asfalto. Segundo Álex Pais “conseguir este vehículo foi posible grazas ao apoio dos

nosos patrocinadores e, principalmente, de ACSM , e suporá, sen dúbida, un paso adiante na nosa traxectoria deportiva ao tratarse dun coche con maiores prestacións que o que empregabamos o ano pasado. Con este modelo acadamos a quinta praza no Rali de San Froilán, en Lugo, proba na que nos demostrou que é fácil de pilotar, seguro e fiable, por iso estabamos convencidos de que se trataba da aposta perfecta para afrontar a vindeira tempada”. Con esta adquisición o ACSM Rallye Team convertirase, seguro, nun dos equipos a ter máis en conta en todas as probas de asfalto que teñan lugar en 2011 por todo o territorio galego.


BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

REMO

Anna Yuchenko Segunda e sen medalla 4 Á espera de acadar a nacionalidade española, Anna Yuchenko foi segunda no Campionato de España de Remo Indoor. R. Torres A deportista do Club Náutico Castrelo de Miño, Anna Yuchenko, acadou unha meritoria segunda posición no Campionato de España de Remo Indoor pero sen o premio da medalla de prata pola súa condición de non española. A atleta de orixe rusa espera en breve poder contar coa nacionalidade española e así poder aspirar a medallas. Anna mellorou nun segundo a súa marca do campionato galego e só foi superada pola skiffista olímpica Nuria Domínguez en Vegadeo (Asturias) onde realizouse a proba. A segunda praza na categoría absoluta feminina a obtivo logo de empregar un tempo de 7´12”0 superada únicamente pola mellor remeira española dos últimos anos cun tempo de 7´03”6. Anna participaba fóra de campionato polo que non obtivo medalla pero sitúase así entre as mellores de España á espera da tramitación da súa solicitude para nacionalizarse. Verónica Regueiro foi quinta en sub-23, cun tem-

po de 8´20” lonxe -a cinco segundos- da súa mellor marca. Jose Manuel Rodríguez en cadete quedaba 27º no seu debut nunha competición nacional polo que constitúe todo un éxito tras uns meses desde a súa iniciación neste deporte. Pola súa banda Héctor Regueiro en absoluto masculino non podía pasar do 34º posto nunha categoría cun gran nivel na que os dous primeiros baixaban da barreira dos 6 minutos, o cal non se conseguía desde fai varios anos. XIII Campionato de España de Seleccións Autonómicas Castrelo de Miño acollerá os días 12 e 13 de marzo o XIII Campionato De España de Seleccións Autonómicas. Anna Yuchenko participará en devandita proba xa que a normativa dos Campionatos de España permite un 25% de remeiros estranxeiros nas tripulacións participantes polo que podería formar parte do equipo galego de 4x absoluto se é seleccionada.

Integrantes do Club Náutico Castrelo de Miño adestrando.

Compoñentes do Club Náutico Castrelo de Miño.

17


18

BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

NATACIÓN

34 medallas para os veteráns do Club Natación Pabellón nos campionatos autonómico e nacional

4 Carballo acolleu a cita galega o 23 de xaneiro e a cidade de Pontevedra a proba nacional entre o 27 e o 30 do mesmo mes. individuais como nos dous relevos, nos que a expedición ourensá logrou a 7ª e 8ª posición. Brillantes actuacións dun clube que acadou con elas o posto 46 entre os 122 equipos participantes que puntuaron. Ademais, especial mención merece a participación do ourensán

Integrantes do CN Pabellón Máster. R.T. Unha vez máis, os veteráns do Club Natación Pabellón demostraron nos recentes Campionatos de Galicia e España que os anos poden ser o mellor compañeiro de xogos se se saben aproveitar, e voltaron a Ourense con nada menos que 34 medallas colgadas ao pescozo. Campionato Galego de Inverno de Natación Máster en Carballo O pasado 23 de xaneiro a localidade coruñesa de Carballo recibía aos mello-

res nadadores másters da nosa comunidade no Campionato Galego de Inverno desta categoría. Como non podía ser doutro xeito dez deportistas do CN Pabellón estaban entre os participantes e o resultado final da súa actuación deparoulles un total de 24 medallas (18 individuais e 6 por relevos correspondentes a 13 ouros, 9 pratas e 2 bronces). Uns galardóns que situaron ao clube ourensán en quinta posición da clasificación xeral, só superados por catro conxuntos específicamente másters, como son Fogar Carballo, Pons, Mos

e Ponteareas; e deixando, deste xeito, atrás a clubes de tanto renome como son os vigueses “Traviesas” e “Náutico”, o coruñés “Hípica” ou o “Fluvial” de Lugo. 24 recoñecementos froito do esforzo do CN Pabellón, o cal, sen dúbida, conta cun prometedor futuro como augura o resultado dalgúns dos seus nadadores que debutaron en Carballo. Entre os exitosos principiantes atopáronse Amalia Pumar (+65), que estableceu dous récords galegos nas probas que desputou, e Ana Méndez (+40), quen deixou en-

trever as súas grandes cualidades para os exercicios de 50 metros. Campionato de España en Pontevedra Do 27 ao 30 de xaneiro tiveron lugar no Complexo Deportivo “Rías do Sur” de Pontevedra os XVII Campionatos de España “Open” de Natación Máster, aos que acudiron seis representantes do Club Natación Pabellón de Ourense, que conseguiron 2 ouros, 3 pratas e 5 bronces, ademais de 2 medallas de chocolate (4º posto) e outros resultados meritorios tanto nas probas

Luis Gómez Sanmartín, un dos máis veteráns de toda a competición.

24 medallas no autonómico e 10 no nacional foi o botín do Pabellón Máster

Xornada de medallas na liga galega 4 A terceira xornada disputouse na piscina Pedro Escudero de Ourense. R. Torres A piscina Pedro Escudero de Ourense deu cabida a máis de 100 nadadores dos clubes Natación Monforte e Pabellón Ourense na terceira xornada da liga galega nas categorías promesa, benxamín, alevín e infantil. Os nadadores ourensáns lograron grandes triunfos acadando tres

vitorias na categoría promesas, seis en benxamín, catro en alevín e sete en infantil. A próxima competición dos pabellonistas será o sábado, 12 de febreiro coa disputa da terceira xornada da Copa Galega de Clubs na División de Hnra onde se decidirá na última xornada da preliminar se se xoga polo título ou pola permanencia.


BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

CENTENARIO SALESIANOS

19

Salesianos celebra o seu centenario 4O colexio Salesianos de Ourense festexou os seus cen anos de vida con diversas actividades deportivas. R. Torres Como se acostuma decir, cen anos nos se cumpren todos os días e por esa razón o colexio Salesianos de Ourense celebrou diversas actividades lúdico-deportivos por mor do seu centenario. O deporte e Salesianos

sempre estiveron ligados na nosa cidade e incluso moitos clubes importantes da cidade e grandes xogadores tanto de fútbol como de baloncesto saíron das instalacións deportivas deste colexio. As actividades deportivas das que se puideron gozar

Partido entre xogadores do colexio con xogadores do CD Ourense. foron baloncesto, fútbol e natación. En o campo de O Couto disputouse un encontro entre xogadores do colexio Salesianos contra xogadores de CD Ourense, o resultado foi o de menos, lóxicamente gañaron os ‘rojillos’, pero o que si importou foi o ambiente festivo vivido tanto no campo como nas

bancadas. Nos instantes antes do encontro, o presidente de CD Ourense fixo entrega dunha camiseta do equipo firmada por todos os integrantes da plantilla e corpo técnico, e o director de Salesianos agasallouno cunha placa conemorativa dos 100 anos do colexio. O mesmo protocolo vivíuse nos prolegómenos do día adicado ao baloncesto, onde Lupi Peña, director de Salesianos fíxolle entrega dunha placa conmemora-

tiva a Club Ourense Baloncesto e este entregoulle unha camiseta firmada por toda a plantilla. Despois chegaría o turno do baloncesto xongándose as finais de 3x3 onde cada equipo podía contar cun xogador do primeiro equipo de Club Ourense Baloncesto. O evento tivo lugar na cancha central de Os Remedios. As xornadas deportivas pecháronse con natación nas instalacións do pavillón municipal de Ourense.

Fútbol, baloncesto e natación foron as activididades que tiveron lugar na celebración do centenario do colexio Salesianos


20

BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

CAMPUS OURENSE

Ourense acolle os Campionatos galegos universitarios de deporte

4 300 estudantes participarán nas modalidades de baloncesto, fútbol, fútbol sala, balonmán, rugbi e voleibol. R. Torres Durantes os días 9 e 10 de febreiro teñen lugar nas intalacións deportivas do Campus de Ourense os XIV Campionatos galegos universitarios de deporte, coa participación de 300 estudantes nas modalidades de baloncesto, fútbol, fútbol sala, balonmán, rugbi e voleibol, que seguen a máxima de “mente sa en corpo san” . No campionato participan alumnos das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. Os gañadores participarán no Campionato de España Universitario da súa modalidade.

Final de fútbol na nova pista do campus./R.T. A competición enfrontará a equipos de baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala e rugbi 7, tanto masculinos coma femininos, e a equipos de fútbol 11 masculinos e fútbol 7 femininos.

Campionato Intercampus 2011 Para chegar a este campionato, en cada disciplina, previamente tiveron xogar unha liga en cada campus; o campión de liga partici-

O polideportivo universitario acollía a final do voleibol feminino./R.T.

pou nunha fase na que estaban os campións de cada campus e, o gañador desta fase é o equipo que representará á súa universidade no evento que se celebra estes días en Ourense. No referente á Universidade de Vigo, o Campus de Ourense representará á universidade en baloncesto masculino, fútbol 7 feminino e fútbol 11 masculino; o Campus de Vigo defenderaa en voleibol masculino e fútbol sala masculino; e o Campus de Pontevedra fará o propio en balonmán masculino e fútbol sala feminino. Os que consigan a vitoria serán os que representen a Galicia nos campionatos estatais.

Pistas de atletismo do Campus de Ourense. /R.T.

Comenzan as actividades nas novas instalacións deportivas do campus ourensán 4Serán inauguradas oficialmente o 24 de febreiro. R.T. Xa ten data a inauguración oficial das novas instalacións deportivas do campus de Ourense, será o vindeiro 24 de febreiro, pero antes xa acollerán o primeiro campionato oficial, os campionatos galegos de deportes colectivos. Características O campo está estruturado para poder albergar dous campos transversais de fútbol 7, un campo de fútbol 11, un campo de rugbi e unha pista de atletismo con zona de saltos e para lanzamento de pesos.

Os primeiros en probar as instalacións foron os xogadores de rugbi sénior e cadete do campus, que xa tiveron algunha sesión de adestramento con moi boas impresións. Con estas instalacións os equipos universitarios xa contan con sede propia para os adestramentos e os encontros oficiais que disputen. Pero non só poderán gozar delas a comunidade universitaria, senón que tamén están abertas á cidadanía como pode ser centros educativos ou clubs deportivos que queiran alugalas. Pola semana será un centro de adestramento e polas fins de semana terán lugar as competicións.


BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

EDUCACIÓN E DEPORTE

21

O campo de Santa Cruz inaugura unha nova actividade infantil que combina Deporte e Educación 4 26 rapaces gozarán desta actividade que une a pratica do deporte coa realización das tarefas escolares.

Rapaces adestrando ao hoquei nas instalacións de Mariñamansa. /RAMSÉS

Rapaces que participan na iniciativa de estudiar nas instalacións deportivas de Santa Cruz de Arrabaldo xunto con concelleiros e o alcalde da cidade. /RAMSÉS Redacción Unha nova actividade no campo de Santa Cruz une o deporte e a educación e está dirixida aos rapaces da Escola de Fútbol da zona. Esta iniciativa, desenvolta desde a Sociedade Deportiva e Cultural Arrabaldo co apoio das áreas municipais de Deportes e Educación, vén ampliar o xa nutrido programa de actividades desta zona deportiva, onde, desde a súa reforma e acondicionamento en 2009, se teñen organizado diferentes cursos, clíinics e torneos con participación de clubes de toda a provincia. Nesta actividade, participan 26 nenos e nenas da

zona de entre 6 e 12 anos. Nela, os cativos combinan as súas horas de adestramento deportivo habitual co desenvolvemento das súas tarefas escolares asesorados por un titor. Os custos do profesorado, unha titora co título de Mestre en Ensio Especial e Infantil, correrán a cargo da Concellería de Educación. Tal e como explican desde a propia S.D.C. Arrabaldo, trátase de que “os adestramentos non sexan un impedimento para a realización da actividade deportiva, se non que esas gañas que teñen os nenos e nenas de practicar o deporte poida ser utilizado ao seu favor para mellorar a súa actividade como es-

tudantes”. A actividade comezou a desenvolverse de xeito provisional o pasado mes de outubro, pero desde este mes os rapaces dispoñen dunha nova aula para as tarefas educativas. Gran actividade Desde que a Concellería de Deportes reformará o campo de O Seixo, a actividade nestas instalacións multipicouse e, ademais de organizar cursos, clínics, torneos provinciais, etc. tamén conta agora con equipos de todas as categorías (benxamín, alevín, infantil, xuvenil, senior e veteráns) crecendo as licencias para futbolistas do club de fútbol Arrabaldo nun 100%,

e creouse unha Escola de fútbol. A Concellería de Deportes complementa o seu apoio a esta zona deportiva patrocinando as clases de ximnasia de mantemento que alí se organizan e nas que participan máis de 40 persoas, mulleres na súa maioría. Tamén hoquei A Concellería de Educación tamén colabora co hoquei e co Club Barrocás, que leva o deporte do stick ao colexios. En Mariñamsa nenos de todas as idades practican este deporte da man das concellerías de Deportes e de Educación.

O Caldaria Barrocás de sala.

hoquei sala

O Caldaria Barrocás vence na fase de sector pero renuncia ao Campionato de España Redacción O equipo de Primeira División Sala Masculino do Club Hoquei Barrocas proclamouse campión da fase do Sector Nacional disputada en Santander, o que lle dá dereito a xogar o Campionato de España. Nada máis gañar o torneo, o equipo declinou

a participación no Campionato de España por motivos persoais dun dos xogadores do equipo. O campionato dispútase en Terrassa do 11 ao 13 de febreiro. O Barrocás chegara á fase de sector logo de proclamarse campión galego sen coñecer a derrota, sendo o equipo que máis goles metía e o que menos encaixaba.


22

BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

NOVAS

4O RINCÓN DO MESTRE

A respiración como fonte da saúde física e mental (III) Sesión específica Os exercicios de respiración poden practicarse todas as mañás e á tardiña ou anoitecer. Dentro dos exercicios de respiración a realizar na sesión específica habemos de ter en conta os seguintes aspectos: - Posición de sentado ou tendido supino, de maneira cómoda, relaxante e cos ollos pechados. - Habemos de elixir un lugar tranquilo e con osíxeno. - Tanto no proceso de inspiración como no de espiración ha de realizarse lentamente e sen producir son algún. - Practicando exercicios de respiración conseguiremos respirar de forma máis rítmica e profunda. - Os exercicios de respiración nun principio han de ser dirixidos por un especialista, para máis tarde realizalos a persoa maior nuns casos ou continuar coa axuda do especialista. Principiantes Exercicio 1 - Sentados nun lugar cómodo mantendo a columna vertebral, o pescozo, e a cabeza formando unha liña recta ou tombado supino cos ollos pechados. -Realizamos unha inspiración lenta e suave a través dos dous orificios á vez durante catro segundos, retemos o aire dous segundos e expulsámolo nun tempo de catro segundos até cumprir tres ou catro minutos. - Despois de seis ou sete semanas continúase na proporción 6-3-6, 8-4-8, etc. Exercicio II - Sentar mantendo a columna vertebral, o pescozo e a cabeza formando unha liña recta ou tombado boca arriba. - Pechamos a fosa nasal co pulgar da man dereita. Inhalamos a través da fosa esquerda, contando mentalmente até cinco ou seis. Exhalamos a través da mesma fosa mentres se conta até dez ou doce. O tempo de exhalación é sempre o dobre do da inhalación. Logo

pechamos a fosa esquerda co dedo corazón da man dereita e inhalamos a través da fosa dereita. A mecánica de execución e a repetición do exercicio son as mesmas que a da fosa esquerda. - Fanse entre dez e quince repeticións por cada fosa dúas veces ao día, pola mañá e á tardiña. - O proceso de inspirar e expirar ha de realizarse de forma lenta e silenciosa. - O obxecto de inhalar e exhalar pola mesma fosa é corrixir os malos hábitos da respiración. Avanzados Exercicio III - Despois de practicar e dominar o exercicio para principiantes durante algún tempo, iniciar o exercicio de respiración alterna. A postura hei de ser idéntica á do exercicio uno. - Pechamos a fosa dereita co pulgar dereito e inhalamos a través da fosa esquerda contando mentalmente até cinco ou seis. Pechamos inmediatamente esa fosa esquerda co dedo corazón da man dereita. Quitamos o pulgar da fosa dereita e exhalamos a través dela. A proporción de exhalación ha ser o dobre da de inhalación. - Facer de dez a quince voltas. Unha volta comprende inhalar pola fosa esquerda e exhalar pola dereita, inhalar pola fosa dereita e exhalar pola fosa esquerda. - O proceso de inspiración e espiración ha de realizarse de maneira lente e silenciosa. - Este exercicio deberá practicarse pola mañá e á tardiña durante dous ou tres meses, ao cabo dos mesmos poden observarse grandes cambios no corpo e na mente. Perfecciónase a respiración, especialmente o movemento do diaframa. Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e entrenador nacional de fútbol

Foto de familia dos becados co vicepresidente e o presidente da Deputación Provincial./P.LODEIRO.

A Deputación beca aos deportistas ourensáns A institución provincial repartiu 36.700 euros en axudas a 42 deportistas. P.L. A Deputación Provincial entregou as axudas deportivas correspondentes ao exercicio de 2010, que benefician un total de 42 deportistas ourensáns. Os beneficiarios foron, no grupo primeiro, os atletas Luis Fernando Moro, José Alfonso Palomanes e Lorena Luaces, que recibiron un cheque de 2.300 euros. Este grupo recoñece a deportistas que tiveran ou puideran ter a consideración de olímpicos, que participen coa Selección Nacional en campionatos do mundo ou europeos. Nin Moro nin Palomanes acudiron a recoller a súa axuda ao atoparse fóra da cidade por motivos deportivos. No grupo segundo inclúense os deportistas que participaran, con razoable éxito, en campionatos de España absolutos acadando finais, ou estiveran seleccionados ou preseleccionados coa Selección Española, e que manteñan unha continuidade de varios anos no seu nivel competitivo. Foron Iria Álvarez (natación), Laura

Pimentel (natación), Daniel Pérez (ximnasia) e José Manuel Ferreira Colmenero (wu-shu). A contía da axuda é de 1.400 euros. O grupo terceiro recoñece a aqueles deportistas que, figurando en postos de relevancia no ránking dos seus respectivos deportes, ou que se incorporaran á convocatoria nesta tempada, ou que pertencendo a disciplinas deportivas en expansión, aínda non acadan os méritos suficientes para figurar nos grupos anteriores. Recibiron unha axuda de 1.000 euros Jorge Encinas de tiro olímpico, Pablo Mosquera, de tenis; os atletas Denis Galán, Beatriz Viteri, Emilia Mesa e Leticia Gil; a nadadora Sandra Presas; Alfredo Ariza por halterofilia; Yael Campelo por ximnasia, Pablo Rodríguez por ciclismo e Adrián Garrido por moticiclismo. Axudas extraordinarias Por último o grupo de axudas extraordinarias, cunha contía de 550 euros por deportista, constitúe o primeiro escalón para acceder ás axudas, e serve de acollida a aqueles deportistas que,

pola súa xuventude, teñan un futuro prometedor, ou que practiquen disciplinas deportivas de federacións minoritarias en expansión, ou sendo bolseiros en anteriores edicións baixaran o seu rendemento deportivo, por exemplo por mor dunha lesión. Recibiron esta axuda Ezequiel Gago, Marta Núñez e Brais Ansia (wushu); Sara Soria, Carmen Martínez e Yolanda García (ximnasia); e os atletas Ana Raquel Revuelta, Carlos Revuelta, Saúl Ordóñez, Luz María Domínguez, Alba Fernández, Aitana Leguiçano, Rocío Carbia, Alexandre Sola e Francisco José Durán.Tamén lles foi entregada esta axuda a Ramón Borrajo e Rubén López (halterofilia), Raquel Guede (tenis), José Francisco Movilla (billar); David Antonio Nieto e Javier Iglesias (kickboxing); Eugenia Lorenzo e Claudio Máximo Sanmartino (doma clásica); Marcos Villar (ciclismo). No mesmo acto entregáronse as axudas a deportistas de kickboxing da convocatoria anterior, e que, tras un recurso, foron resoltas positivamente.

4 Bolsas do Consello Municipal de Deportes

O Consello Municipal de Deportes de Ourense acaba de publicar a convocatoria de bolsas a deportistas individuais para o exercicio 201. As axudas destinaranse á mellora e perfeccionamento de deportistas que destaquen, na súa participación en competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades deportivas recoñecidas, durante a tempada 20102011 ou anualidade 2011. As axudas serán de tres tipos: de iniciación, destinadas a deportistas menores de 21 anos, cuxa contía máxima será de 1.200 euros; de cualificación, destinadas a deportistas que presenten unha traxectoria deportiva relevante, cuxa contía máxima será de 1.300 euros; e de alto nivel: destinadas a deportistas que acaden a condición de deportistas de alto nivel pola Xunta de Galicia, cuxa contía máxima será de 1.500 euros. A nivel individual o Consello Municipal de Deportes poderá adxudicar bolsas de diferente contía en atención á proporcionalidade dos méritos avaliados, sen que se poidan superar as contías máximas do apartado anterior. [+ info en www.ourense.es]


BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011

A PREGUNTA DO MES

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá. Nº28 - Ano: III - 10 de febreiro 2011 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

Se foras deportista, quen che gustaría ser?

Sonia Figueroa: Susana Sousa: “Pola súa competitivida“Gustaríame ser Morientes, desde fai tempo encán- de síntome identificada con Rafa Nadal” tame ese xogador”

Graciela Taboada: “Gústame o tenis e admirei a Martina Navratilova”

Loreza Namoc Perjes: “Sempre quixen ser xogadora de voleibol”

Gabriela Carballo: “Sería Leo Messi e xogar no Barcelona”

Ana Belén Toribio: “Pola súa forma de xogar e ser gústame Cristiano Ronaldo”

Sara Gago: “Gustariame ser Bojan e xogar no Barcelona”

Elena Alonso: “Gústame Iniesta pola súa humildade e pola súa forma de xogar, é o mellor”


BARRIOS DEPORTIVO 10 de febreiro de 2011


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.