Os afectados polas preferentes piden a devolución íntegra do seu diñeiro TEMA DO MES Páx.2
TEMA DO MES Páx.3
XINZO
Páx.10
COMARCA Páx.10
Inicio do curso para máis de 19.000 escolares na provincia
Os partidos prepáranse para as eleccións do 21-O
Aprobados en pleno os recortes salariais no Concello de Xinzo
A comarca da Limia agarda unha boa colleita de pataca
[páx. 22]
DEPORTES
Páx.24
Os andaríns teñen citas por toda a provincia
Prevista a ampliación da Casa da Cultura
[páx.12]
Ampliarase o salón de actos e adaptarase o edificio á normativa de accesibilidade e seguridade. /ARQUIVO.
Número: 70 - Ano:VII - Setembro 2012 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
BARRIOS Setembro de 2012
TEMA DO MES
Máis de 19.000 escolares de infantil e primaria comezan o curso este mércores
4 Os sindicatos denuncian recortes de profesorado, sobre todo nos colexios do rural, mentres que a Consellería garante que todos os centros educativos contarán “co persoal preciso para atender as necesidades do seu alumnado”. Paula Lodeiro Un total de 19.133 alumnos, 6.416 de infantil e 12.717 de primaria, comezan este mércores 12 de setembro o curso escolar 2012/2013 en centros educativos de Ourense. Un curso que vén marcado polo repunte na matrícula, 246 máis na provincia, e polas disputas entre a Xunta e os sindicatos a conta da redución de profesorado. Segundo CCOO, en infantil e primaria haberá este curso 200 alumnos máis e 200 profesores menos. “A ecuación é ben sinxela: máis alumnado e menos profesorado vai derivar nunha merma na atención educativa dos alumnos desta provincia”, afirmou o secretario xeral de Ensino de CCOO Ourense, Alex Portela. Os grandes prexudicados desta situación son os centros do rural, que considera “ao borde do cataclismo”. Refírese Portela ao feito de que haxa colexios que van ter un único profesor para atender escolares de 3 a 12 anos, como os de Baltar ou Calvos de Randín. Outros cinco centros (entre eles os dos Blancos e Laza) quedan cun mestre para infantil e outro para primaria. Baixan de tres a dúas unidades os colexios de Baños de Molgas, Sarreaus, Cualedro, Riós, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía, e de catro a tres, entre outros, os ceip de Rairiz de Veiga e Vilar-
O curso 2012/2013 comeza con 246 alumnos de infantil e primaria máis nos colexios da provincia./ARQUIVO. devós. “Cremos que iso non é unha política axeitada para o rural, que non pode ter un ensino de segunda”, advirte o sindicalista. A mesma crítica fan desde a CIG, Adega, FRUGA e a Organización Galega de Comunidades de Montes que, organizados na “Alianza por un mundo rural galego vivo” denuncian o desmantelamento do ensino rural galego, pondo de exemplos a redución de profesorado, o peche de comedores durante esta lexislatura ou a eliminación do programa Preescolar na casa. “Se non hai ensino no rural é imposible criar os fillos no rural”, apuntaba Alfonso Diz, responsable de Medio Ambiente da CIG.
do ensino no rural galego, con atención especial aos casos das provincias de Lugo e Ourense, a través dunha xestión eficiente dos centros educativos”. Neste sentido sinalan que os agrupamentos realizados nos colexios garanten a viabilidade de moitos centros que, de outro xeito, non poderían conservarse, debido á súa baixa matrícula. En todo caso, a Consellería garante que todos os centros educativos contarán “co persoal preciso para atender as necesidades do seu alumnado” e sinala que nestes momentos no conxunto de Galicia hai 207 interinos máis contratados que na mesma data de 2011.
A resposta da Consellería A todas estas críticas, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria responden que mañtenen “o seu compromiso coa conservación
Inicio das clases en secundaria Os estudantes de secundaria, bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial comezarán o seu curso o luns 17.
4 Peche en Gomesende, éxodo no CEIP de Baltar Ao peche xa anunciado da escola unitaria do Larouco por baixa matrícula, acaba de sumarse hai poucos días o de Gomesende. O colexio deste concello rural tiña 18 alumnos matriculados para o novo curso, mais a decisión da Consellería de Educación de reducirlle o profesorado a só dous mestres, un de infantil e outro de primaria, ocasionou que os proxenitores acordaran derivar os seus fillos a outros colexios (os de Celanova e Ramirás) por medo a unha perda de calidade na ensinanza. A mesma argumentación esgrimen varias nais de Baltar, que decidiron escolarizar aos seus fillos este curso en Xinzo de Limia. Nun principio o curso no CEIP de Baltar ía comezar cunha única
profesora para atender 13 escolares de 3 a 12 anos, que sería a mestra especialista de inglés, xa que a titular está de baixa maternal. “O problema non é o número de alumnos, nin que houbera un único profesor, se foran de cursos similares, o problema é dar clases para sete cursos, por moi bo que sexa o profesor, non dá feito”, explica unha das nais cuxos seus dous fillos, de 3 e 6 anos, estudarán este ano no colexio Rosalía de Castro de Xinzo, a 17 quilómetros da súa casa. Como ela, outra dúas nais anularon a matrícula no colexio de Baltar, e outras dúas familias máis estudan facelo se se lles facilita transporte escolar ata Xinzo, co que o centro perdería seis alumnos en total.
Preto de mil nenos incorpóranse ás 27 escolas da rede a Galiña Azul Redacción Os primeiros en comezar o curso escolar foron os máis pequenos. Desde o pasado 5 de setembro, os 962 nenos e nenas de 0 a 3 anos que acuden ás escolas infantís da rede autonómica A Galiña Azul na provincia de Ourense van ir progresivamente incorporándose aos seus centros comezando con xornadas compartidas cos proxenitores e incrementando progresivamente o número de horas de asistencia. Este curso a rede conta con 3 escolas máis que en setembro do ano pasado, coa posta en funcionamento dos centros de Oímbra, Cartelle e A Merca. Con estas novas escolas, a rede A Galiña Azul oferta en Ourense 81 prazas máis que no inicio do pasado. Ademáis, a planificación da Consellería de Traballo e Benestar recolle a futura posta en marcha de 280 novas prazas previstas en convenios xa asinados e en periodo de execución. Concretamente, os referidos ao convenio Educa e coa Fundación Amancio Ortega.
Case mil pequenos están matriculados nas escolas infantís públicas da provincia. Este curso abriron novas as de Oímbra, Cartelle e A Merca. /ARQUIVO.
TEMA DO MES
BARRIOS Setembro de 2012
eleccións autonómicas
Cita coas urnas o 21 de outubro
4 Feijoo quere un segundo mandato “para sacar a Galicia da crise” nun momento en que a oposición está máis dividida ca nunca. P. Lodeiro O 21 de outubro, os galegos estamos chamados ás urnas. Despois de meses desfollando a margarida, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, acordou adiantar os comicios autonómicos e facelos coincidir coa cita electoral no País Vasco. A crise marca os discursos destas xornadas de precampaña e os partidos apuran a elaboración de listas, pois o 16 de setembro é o último día para a presentación de candidaturas. Con Núñez Feijoo como candidato á reelección, está por ver a lista que presentará o PP pola provincia de Ourense, e o peso que terá o sector de Baltar na súa elaboración. Polo momento, soan os nomes do conselleiro Xesús Vázquez ou da secretaria xeral de Turismo Carmen Pardo para encabezala. Mentres, Núñez Feijoo insiste en que hoxe Galicia é “a comunidade máis solvente de España” e que o seu goberno conseguiu “vencer o déficit público, equilibrar as contas públicas e preservar da crise a sanidade, a educación e os servizo sociais”, como argumentos para pedir o
Feijoo, na reunión da Xunta Directiva provincial do PP de Ourense. /P.LODEIRO. apoio dos galegos durante catro anos máis. Con todo, o candidato dos populares recoñeceu que “o que fixemos nesta lexislatura non é suficiente” e por iso quere gobernar catro anos máis “para sacar a Galicia da crise económica onde nos meteron”, segundo afirmou a semana pasada a Xunta Directiva provincial de Ourense. Ademais, Feijoo insistiu en que o 21-O os votantes deberán escoller “entre a unión ou a división”. Liorta no PSOE na elaboración das listas Os máis avanzados na elaboración das candidaturas son os socialistas. A
premura da convocatoria electoral impediu que celebraran primarias para elixir candidato, polo que o seu secretario xeral, Pachi Vázquez, foi escollido por aclamación como candidato. Por primeira vez, un candidato a presidente da Xunta encabecerá a lista pola provincia de Ourense. Malia todo, a confección das listas socialistas non estivo exenta de polémica, ao excluir a executiva provincial os nomes propostos pola asamblea local de Ourense. Nacionalismo dividido O nacionalismo galego chega dividido a estes comicios. Por unha banda,
o BNG, cuxo candidato á presidencia, Francisco Jorquera, afirmou nun almorzo informativo en Ourense que “o 21 de outubro está en xogo moito máis que a cor política” pois os galegos temos unha oportunidade de elixir “un goberno insumiso aos recortes e que sirva de contrapeso” ao Goberno de Rajoy. Desde que se coñeceu a data dos comicios, a escición do Bloque liderada por Beiras, Anova-Irmandande Nacionalista, estivo a negociar unha “fronte ampla para desaloxar ao PP da maioría do Parlamento e da Xunta”. De momento a esa fronte só se sumou Esquerda Uni-
Francisco Jorquera, candidato do BNG, nun almorzo informativo en Ourense. /P.LODEIRO. da, coa que concorrerá ás eleccións formando unha coalición técnica, aínda que segue aberta a novas incorporacións, como Equo. Pola súa banda, Compromiso x Galicia presentarase en solitario. A formación que lidera en Ourense o ex senador nacionalista Xosé Manuel Pérez Bouza celebrará primarias o 15 de setembro para elixir os seus candidatos.
en Santiago. Democracia Ourensana aspira a dar a sorpresa e trasladar o éxito das pasadas municipais, onde acadou dous concelleiros na capital ourensá, ao Parlamento Galego. Presenta a Rafa Reporter. En canto a UPyD, a lista por Ourense estará encabezada por Laureano Bermejo, quen xa se presentara ás municipais do ano pasado.
Outros candidatos Está por ver se o partido do ex banqueiro Mario Conde (Sociedad Civil y Democracia) se estreará nos comicios galegas. Decidirano o 15 de setembro
O 16 de setembro é o último día para a presentación das listas
BARRIOS Setembro de 2012
VERÍN E COMARCA
Os enfermeiros denuncian o deterioro da atención sanitaria tralo traslado do PAC Redacción O Sindicato de Enfermaría de Ourense, SATSE, vén de denunciar o deterioro da atención sanitaria que se produciu co traslado do Punto de Atención Continuada de Verín, que se atopaba no Centro de Saúde e agora está situado no Hospital Comarcal. Tras dous meses de funcionamento do PAC na súa nova localización, o Sindicato de Enfermaría considera que “hai aspectos nos que se empeorou claramente”. Respecto diso, SATSE sinala que o persoal administrativo de Admisión do Servizo de Urxencias do Hospital é o que fai a clasificación dos pacientes. Para o sindicato, o feito de que sexa unha persoa sen ningún tipo de coñecemento sanitario a que asigne os motivos de consulta e a prioridade en ser atendido pode dar lugar a un tempo de espera prolongado, co consecuente risco para este se a patoloxía resulta de gravidade. Así mesmo, o sindicato rexeita que o persoal administrativo teña orde de remitir ao centro de saúde que lles corresponda aos pacientes que acudan ao Hospital polas mañás (horario en que non funciona o PAC), se ao seu parecer a patoloxía non reviste gravidade. Máis tempo de reacción da ambulacia SATSE recorda tamén que entre as atribucións do persoal da PAC está a de me-
dicalizar a ambulancia do 061 nas saídas que revistan certa gravidade. Nembargantes, desde a chegada á nova localización aseguran que se comprobou un notable descenso no número de saídas nas que se require a intervención das enfermeiras. O sindicato apunta que “cabería pensar que este feito obedece a unha menor gravidade das situacións a atender fóra do Hospital, pero, pola contra, ven como chegan vítimas de accidentes de tráfico, politraumatizados, con fracturas vertebrais, que só recibiron atención dos técnicos do 061”. Ademais, a xuízo do Sindicato de Enfermaría, a nova localización supón un aumento do tempo de reacción duns 15 minutos (fronte aos 2 minutos na anterior localización), ao ter que recoller a médico e enfermeira no Hospital, o que pon en perigo aos pacientes afectados. Ante estas “graves deficiencias”, SATSE non ve vontade por parte dos responsables de Sanidade de Ourense de buscar unha solución, e considera que fan “oídos xordos” das opinións dos propios profesionais.
O 061 tarda 13 minutos máis de media en desprazarse ás urxencias
Urxencias e PAC comparten entrada no hospital de Verín. /ARQUIVO.
Verín e Chaves a exame para o proxecto da Eurorrexión Termal Redacción
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, o xerente de “Puertas de Galicia”, Ignacio Fernández, e Xabier Vázquez, da empresa Habitaq, presentaron as iniciativas.
I Olimpíada Gastronómica “Puertas de Galicia” 4 Participan 16 establecementos.
Redacción
4Posta en valor da castaña
Durante todas as fins de semana entre 15 de setembro e o 14 de outubro, 16 establecementos hostaleiros de Verín e Conso-Frieiras participarán na primeira edición do concurso ‘Olimpíada Gastronómica Puertas de Galicia’. Así, o Bar/Pub Gandainas, Casa Manola, Hotel Spa Vilavella, Restaurante O Marco Longo, Aldea Rural A Cortiña, Mesón Castaño, Hostal O Augueiro, Restaurante O Castelo, Pub Golf’s, Restaurante Brasil, Restaurante Bruma, Restaurante Asador Mesón de Erosa, Restaurante Lugano, Restaurante Cazador e Casa Zapatillas competirán nas categorías de tapa, menú ou cóctel, elaborados na medida do posible con produtos autóctonos e representativos da súa comarca.
O Plan de Dinamización Turística das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras presentou a iniciativa ‘Os Soutos de Puertas de Galicia’, destinada a revalorizar os espazos produtivos da castaña e o seu contorno ambiental. Este proxecto, que engloba 10.000 hectáreas de castiñeiros, está articulado en cinco actuacións: caracterización ambiental (introdución, localización, medio físico, flora, fauna, estado de conservación e análise económica), roteiro temático sobre a castaña (no Concello de Riós, e que sae desde a igrexa parroquial, Centro de Interpretación da Castaña,
Domiz, souto e retorno á igrexa), guía natural (destinada a docentes de centros educativos de infantil, primaria e secundaria), materiais didácticos (divididos en catro categorías: 4-8 anos, 8-12 anos, 12-18 anos e familiar, e están destinados a docentes, así como para turismo familiar e cultural), e visitas guiadas en setembro e outubro (creadas co obxecto de amosar o valor gastronómico, cultural e económico que teñen nestas comarcas, e destinadas a grupos ecoloxistas, asociacións veciñais, asociacións culturais e centros educativos de toda Galicia).
principal, sobremesa e bodega, con recomendación da D.O. Monterrei-, e de 4,50 euros para o cóctel. Os cócteles, menús e tapas participantes poden optar a tres premios en cada unha das categorías. O xurado serán os propios clientes dos establecementos que poden efectuar a súas votacións a través da páxina web de “Puertas de Galicia” e nas
súas redes sociais. Esta iniciativa busca revalorizar a gastronomía das dúas comarcas como un produto turístico en si mesmo así como alongar a tempada turística con actividades de interese.
Prezos e premios Os prezos serán de 3,50 euros para a categoría de tapa -que inclúe viño da DO Monterrei-, 18 euros no caso do menú -conformado por entrante, prato
Hai concurso de tapas, de menús e de cócteles
O 6 de setembro a sede da Eurocidade ChavesVerín foi o lugar elixido pola delegación técnica do proxecto Eurorrexión Termal e da Auga para levar a cabo o seu terceiro comité de pilotaxe do proxecto. A delegación dividiu a súa xornada de traballo en dúas sesións, a primeira tivo pola mañá, e na mesma perfiláronse os aspectos técnicos, actividades e futuros proxectos, entre eles a Ruta da Auga que atravesará o territorio dende Verín ata Vidago e o Hotel Escola Termal. Xa pola tarde os técnicos achegáronse a Cabreiroá (Verín) para coñecer de primeira man as bondades do manancial así como os térreos onde se situará o Hotel-Escola. Neste senso a Deputación de Ourense, como xefe de fila do proxecto, avanzou que nos próximos días resolverase o procedemento de contratación que determinará a empresa que levará a cabo o estudo de viabilidade e redacción do anteproxecto construtivo e de explotación do Hotel-Escola termal no Concello de Verín. A visita continuou polo barrio sur da Eurocidade, xa en Chaves, onde comprobaron in situ as instalacións que se están a dotar do equipamento necesario para a investigación de augas minerais e termais do territorio e o seu uso cosmético. Eurorrexión Termal Estas dúas instalacións constitúen o Centro de Formación Turístico Termal e de Investigación da auga da Eurorrexión, actuación a desenvolver polo proxecto Eurorrexión Termal e da Auga, cuxo obxectivo é consolidar unha estratexia transfronteiriza común para o desenvolvemento coordinado do sector do turismo termal desta zona, todo un referente termal en Europa.
PUBLICIDADE
BARRIOS Setembro de 2012
BARRIOS Setembro de 2012
VERÍN E COMARCA
Expertos avalían a rehabilitación do castelo de Monterrei
EN BREVE
4 Rutas en Castrelo do Val Castrelo do Val intentará dinamizar a zona norte do concello mediante rutas espazo-culturais. O Concello vén de solicitar á Xunta axudas para dinamizar a zona norte e máis montañosa do municipio con dúas propostas de rutas de sendeirismo con grande valor paisaxístico e cultural. As dúas rutas propostas serían a denominada “Ruta do Ouro polo Río Camba”, entre Campobecerros e Portocamba, e a “Ruta do Ouro polo río Parada - Ruta do Foxo” entre Sanguñedo e Veiga de Nostre. Nos dous casos son percorridos circulares en terreos dunha altitude de entre 850 e 1.100 metros.
4 A vendima retrásase
A vendima na Denominación de Orixe Monterrei demórase este ano. Segundo informaron desde o Consello Regulador, as 23 adegas da denominación comezarán a vendimar as 400 hectáreas amparadas entre o 15 e o 20 de setembro, un retraso de case 15 días sobre as datas habituais que explican polo retardo no ciclo de maduración da uva, debido ás condicións meterolóxicas deste verán. Con todo, as perpectivas son boas. O estado fitosanitario da uva é “excelente” e estímase recoller uns dous millóns de quilos, cifra similar a anos anteriores.
4 Novas subvencións Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín informan da publicación de novas axudas. Por unha banda, vén de sair a convocatoria 2012 das axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES); e pola outra, publicáronse as bases do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade. Ambas axudas están cofinanciadas polo FSE.
4 A secretaria xeral de Turismo estivo presente na reunión. Redacción
Rogelio Martínez xunto a algúns dos mozos voluntarios./A.F.
Preto de cen mozos participan en campos de traballo de voluntariado ambiental 4 O delegado da Xunta visitou o situado en Trasestrada, en Riós, onde asistiu a unha clase práctica de orientación.
Redacción O programa de Voluntariado Ambiental para a prevención e defensa contra os incendios forestais, posto en marcha pola Consellería de Traballo e Benestar e a Consellería de Medio Rural, permitiu o desenvolvemento de máis de 120 accións voluntarias na provincia de Ourense neste verán. O seu ámbito de actuación son as principais masas forestais dos concellos de Allariz, Celanova e Riós, lugares onde desenvolvéronse en xullo e agosto campos de traballo deste programa nos que participaron preto de 100 mozos e mozas. O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, fixo unha visita ao campo de traballo situado en Trasestrada, no concello de Riós, onde asistiu a unha clase práctica de orientación, consistente en buscar no mapa diferentes puntos desde o alto do monte e na que se usou cartografía da zona, compás e GPS. O representante do Goberno galego estivo acompañado polo alcalde
4 Xuntanza co alcalde de Riós Rogelio Martínez aproveitou a súa estadía en Riós para manter un encontro de traballo co seu alcalde no que analizaron as actuacións que a Xunta está a desenvolver no municipio. Na xuntanza ambos mandatarios analizaron os Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) polos que o concello recibirá este ano máis de 53.400 euros. Segundo lle trasladou o rexedor ao delegado territorial, esta partida destinarase á mellora de varios camiños para facilitar o tránsito. A actuación beneficiará aos veciños das parroquias de Castrelo de Cima, Veiga
do Seixo, Castrelo A Veiga e Mourisco. Por outra banda, o alcalde de Riós informoulle ao delegado territorial do remate das obras de construción de beirarrúas que se desenvolveron na estrada N-525 ao seu paso por San Cristovo, o lugar do municipio onde se concentra o maior número de comercios. Esta actuación realizouse grazas a unha subvención da Consellería de Economía e Industria concedida dentro do Plan Ágora, agora Re-comercia 2010-2013. O orzamento total da obra cifrouse en case 100 mil euros, dos que a Xunta achegou 74.767 euros e o concello o resto.
de Riós, Francisco Armando Veiga, e polo xefe territorial da consellería de Traballo e Benestar, José Selas. Os voluntarios realizaron tarefas de vixilancia disuasoria para a prevención de incendios forestais, en coordinación co Distrito Forestal de Verín-Viana. O seu ámbito de actuación foron os montes de Fumaces,
Pedroso e tamén os que lindan con Vilardevós. Ao tempo, os participantes recibiron formación sobre as especies forestais autóctonas e as máis importantes dende o punto de vista de produción para sabelas identificar e diferenciar; ou nocións básicas de orientación como o manexo de cartografía e do compás.
Un comité de expertos reuniuse na Fortaleza de Monterrei para baremar os proxectos das empresas que optan a realizar o proxecto básico de execución das obras de rehabilitación e adecuación da acrópole de Monterrei. No acto estiveron presentes tamén a secretaria xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo; o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán; e mais o alcalde de Monterrei, José Luís Suárez Conde. Plan Director de Usos e Alternativas Turísticas Dentro da Fase I do Plan Director de Usos e Alternativas Turísticas do castelo de Monterrei, a Secretaría Xeral para o Turismo aprobou en xullo o expediente de licitación da redacción do proxecto básico e de execución das obras de rehabilitación e adecuación da fortaleza. O obxectivo desta actuación será transformar a fortaleza nun espazo museístico, cultural e turístico de referencia aproveitando os valores do conxunto. O programa supón o acondicionamento das torres como espazo museístico e a transformación do Pazo dos Condes como espazos para realizar eventos e reunións que dinamicen a xestión do complexo. Segundo explicou a secretaria xeral para o Tu-
rismo, Carmen Pardo, dada a importancia da actuación “a Secretaría Xeral para o Turismo resolveu que a baremación sexa realizada por un Comité asesor composto por expertos na materia dada a complexidade da solución”. O comité está composto por representantes da Secretaría Xeral para o Turismo, da Dirección Xeral de Patrimonio, da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e mais do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Anteriores actuacións Na Fase Cero do Plan Director, que xa se realizou, incluise a rehabilitación do Camiño Real de VerínMonterrei; limpeza, recuperación de luminarias e cuberta de tella no Pazo da Fortaleza; varandas de protección e seguridade no acceso á Torre do Homenaxe; contratación do sistema de vixilancia na fortaleza; sinalización; contratación do servizo de visitas guiadas; e limpeza e desbroce dos exteriores. Ademais mellorouse o servizo de atención aos visitantes de modo que agora a fortaleza abre ininterrumpidamente, todos os días da semana, de 10:30 a 20 horas en verán e de 10:30 a 19 horas no inverno.
Os expertos baremarán os proxectos de adecuación da fortaleza
Carmen Pardo cos alcaldes de Verín e Monterrei e o delegado da Xunta en Ourense. /RAMSÉS.
PUBLICIDADE
BARRIOS Setembro de 2012
BARRIOS Setembro de 2012
VERÍN E COMARCA
Campobecerros crea unha plataforma contra os danos das obras do AVE 4 Solicitirán á empresa a contratación de parados da zona. Redacción Vén de constiturise en Castrelo de Val a Plataforma en defensa de Campobecerros contra os danos das obras do AVE. Nunha asamblea á que acudiu a maioría da xente do lugar tomáronse varios acordos. Entre eles, o máis destacado é a petición de que se mitigue o deterioro medioambiental e se reparen “os danos que se poidan ocasionar nas casas do lugar, nos montes, nas fontes, nos ríos, nos camiños etc”. Segundo Xosé Barxa, voceiro da plataforma, desde o 1 de setembro ata agora xa se teñen producido algunhas melloras, como un uso máis moderado da dinamita nos traballos da liña ferroviaria ou a limpeza dos camiños. Ademais, a plataforma demanda que nas obras do AVE do tramo de Campobecerros se contrate preferentemente a parados deste núcleo e dos outros lugares da
montaña do concello de Castrelo do Val afectados polo AVE. Nese sentido, pediron unha entrevista coa empresa que executa as obras para comunicarlle esta petición así como outras contraprestacións para a zona. “Queremos máis obras poara o pobo, polo dano que fan; o tren que se inaugurou no 57 dinamizou os pobos, este vai pasar e vai acabar un pouco co rural”, explicaba Barxa. Legalización das fontes Unha terceira petición diríxese ao Concello de Castrelo do Val, ao que solicitan que declare o uso privativo das augas das fontes de Campobecerros que están afectadas pola nova liña de alta velocidade. Polo momento, o Concello non lles fixo caso, polo que a plataforma estuda recoller firmas entre os veciños para insistir na súa petición.
Asamblea de constitución da plataforma, en Campobecerros, Castrelo do Val.
Divulgando a vida ecolóxica
4 A asociación O Grelo Verde informa por toda a provincia sobre as vantaxes dos produtos ecolóxicos. S.N. A saúde, o medioambiente e, en definitiva, o futuro da sociedade, isto é o que preocupa aos integrantes do Grelo Verde, unha asociación para o desenvolvemento rural sostible que botou a andar en 2001 en Verín da man duns mozos emprendedores, que, sen ánimo de lucro, comezaron a achegar aos centros escolares da comarca de Monterrei unha filosofía de vida totalmente ecolóxica na que dende a alimentación ata a cosmética, pasando polos produtos de limpeza e a roupa, son 100% naturais. Primeiro foron os cativos (e profesorado) de Verín, Vilardevós ou Oímbra, e logo os de Baltar, Entrimo, Lobios e Xunqueira de Espadañedo, entre outros, os que se foron coñecendo nas súas propias aulas a actividade do Grelo Verde; pero a medida que a asociación foi consolidando a súa labor tamén a foi ampliando a outros sectores da poboación, de xeito que na actualidade teñen tamén impartido conferencias no Centro Ocupacional e na Asociación de Mulleres Rurais de Verín, e veñen de por en marcha unha horta ecolóxica na localidade, que non descartan no futuro extender a outros concellos. Pero por que comezar tan importante tarefa de divulgación polos máis pequenos? Beatriz Fernández, enxeñeira agrícola e membro do Grelo Verde, deunos unha explicación
Membros do Grelo Verde nas xornadas celebradas en Verín./MIGUEL REJO máis que comprensible. “Como todos ben sabemos os nenos son como esponxas, eles reciben a información, memorízana e analízana, e cando nós explicamos a nosa actividade a 20 cativos eles chegan logo a casa e cóntanlla de inmediato aos seus pais e avós, e nuns días aos seus amigos. Así o noso abano de influencia é moito máis amplo que se nos dirixiramos directamente a un adulto”. Pero como non hai mellor maneira de que un neno aprenda a lección que poñéndoa en práctica, os integrantes desta ecolóxica asociación fan que as súas actividades nas escolas sexan o máis amenas e efectivas posibles, polo que buscan a implicación do rapaz a través da elaboración dun pequeno traballo (unha redacción, un debuxo, etc.) ao final da conferencia. Ademais, xunto ao gran poder de difusión que teñen os reis da casa, os centros educativos presentan unha gran vantaxe para esta asociación. “O consumo de alimentos é moito máis alto nun colexio que nun fogar, polo que é un
O Grelo Verde leva 11 anos promovendo estilos de vida ecolóxicos, baseados nos nosos hábitos máis cotiás importante entorno ao que informar sobre as alternativas ecolóxicas”, explica a enxeñeira . Xornada técnica Unha das últimas actividades que vén de realizar O Grelo Verde é unha xornada técnica. Baixo o lema “Aprendamos a consumir produtos ecolóxicos”, membros da asociación (como Manuel Santiago, Iñaki Martínez ou a propia Beatriz Fernández) e expertos na materia (como Javier García –Secretario do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia-, Raquel Fernández – membro do Grupo Consumo Semente-, ou Lorena Prieto e Diego Soto -fisioterapeutas e creadores de Achégate-) informaron minuciosamente, a todo aquel que se achegou o pasado 8 de setembro ao Centro de Desenvolvemento Cooperativo da Comarca de Verín, sobre a normativa e a
situación actual da alimentación, agricultura e gandeiría ecolóxicas; onde conseguir produtos ecolóxicos; a historia e o traballo diario desta asociación; ou as vantaxes da hixiene, limpeza e roupa ecolóxicas. Unha iniciativa que, ao igual que aconteceu coas actividades anteriores desta asociación, contou cunha moi boa acollida por parte do público, polo que “nos plantexamos facer moitas charlas similares máis”, confesou Beatriz ao final desta xornada, a cal foi só un paso máis no longo e exitoso camiño que, de seguro, agarda a O Grelo Verde, porque non sabemos se será a crise, a evolución da sociedade ou simplemente a nosa conciencia, pero algo está cambiando no noso xeito de consumir, de forma que o ecoloxismo, afortunadamente, está cada día un pouco máis presente nas nosas vidas.
PUBLICIDADE
BARRIOS Setembro de 2012
10
BARRIOS Setembro de 2012
XINZO E COMARCA
A Limia agarda unha boa colleita de pataca 4 Tanto en cantidade como en calidade. Espéranse bos prezos. Paula Lodeiro Boas perspectivas para os agricultores da Limia. Tralos bos resultados da colleita do cereal, con boa produción e bos prezos, as expectativas para a colleita da pataca non poden ser mellores. Segundo Servando Álvarez, director do Centro Agrogandeiro de Xinzo, dependente do Inorde, agárdase “un ano bo, non excepcional” de produción e unha pataca “de calidade, moi sana, de estado fitosanitario bo” pois a nivel de pragas “practicamente non existiu mildeu”. O groso da recollida de patacas na Limia, para aquelas que se sementaron en marzo, será entre o 15 e o 20 deste mes, mentres que para as da segunda sementeira, que foi en xuño, tralas choivas da primavera, haberá que agardar a outubro. O técnico considera que sería bo “alongarlle o ciclo” a estes tubérculos e non recollelos ata finais do próximo mes, pero todo dependerá do tempo meteorolóxico que veña nas próximas semanas. En canto aos prezos, Servando Álvarez cre que “van acompañar”, pois, por unha parte, os custos foron menores para os agricultores, que non gastaron moito en produtos fitosanitarios este verán, e pola outra, a produ-
ción de tubérculo en Francia e no sur de España non foi tan elevada como para supoñer que a súa competencia tiraría os prezos. “Non vai quedar unha pataca sen vender”, augura, optimista.
De todos os xeitos, a pataca amparada pola indicación protexida é tan só unha pequena parta de toda a que se cultiva na comarca da Limia, apenas un 15 ou 20%.
IXP Pataca de Galicia No que respecta á produción amparada pola Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, as consideracións son similares. “Hai unha cantidade normal con respecto a outros anos, de calidade boa, porque non houbo ataques importantes de enfermidades como o mildeu, ao ter sido un verán seco “, explica o director técnico da IXP, Luis Saa. Saa indica que o forte da recollida nas variedades de ciclo medio como é o caso da kennebec será a vindeira semana. Este ano a IXP Pataca de Galicia controla 15 millóns de quilos de patacas desta variedade, o que supón un lixeiro aumento da produción, ao ter sementado unhas 20 ou 30 hectáreas máis que anos anteriores.
Investigacións do Inorde No que respecta ao proxecto de investigación sobre a implantación en Ourense de variedades de túberculo de países do leste de Europa, o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo prosegue os seus traballos. “Este ano quedamos con dúas variedades de Romanía, que sementamos no campo de Sandiás, unha vez comprobado que se comportan ben no campo, a segunda parte é poñelas no mercado”, relata Servando Álvarez. A intención é dirixirse ao sector para que se interesen por estas variedades e conseguir así que aumenten as clases de patacas que se cultivan e venden no noso territorio.
O forte da colleita non se realizará ata a vindeira semana e estenderase ata o mes de outubro A IXP Pataca de Galicia controla este ano 15 millóns de quilos de tubérculos da variedade kennebec
Recollida de mostras de patacas no campo de ensaio que o Inorde ten en Sandiás. /ARQUIVO.
O Concello de Xinzo aprobou as reducións salariais 4 Cruce de denuncias entre a Policía Local e o sindicalista da CIG Anxo García polos incidentes no desaloxo do salón de plenos. P. L. Con desaloxo e cruce de denuncias rematou o pleno de setembro no Concello de Xinzo no que se aprobaron reducións salariais para os traballadores municipais. As medidas aprobadas inclúen a rebaixa dun 6% no soldo dos empregados públicos e a modificación de tres puntos do convenio colectivo, que fan referencia á mobilidade laboral, ao rexime de retribucións e ao réxime disciplinario. O PP aprobou estas medidas en solitario, coa abstención dos dous concelleiros independentes e o voto en contra de PSdeG, BNG e
Anova-Irmandade Nacionalista. O alcalde mandou desaloxar a sala cando os representantes do sindicato CIG exhibiron pancartas en contra dos recortes salariais, o que provocou un enfrontamento entre os sindicalistas e os axentes da Policía. Por este motivo, a Policía Local instruiu dilixencias contra o secretario comarcal da CIG, Anxo García Torres, como presunto autor dun delito de desobediencia e resistencia á autoridade durante o desaloxo. Pola súa banda, o sindicalista presentou unha denuncia por agresión e detención ilegal “porque considera-
mos que houbo abuso de autoridade”. Pero ademais, a CIG estuda a impugnación do acordo do pleno pola vía laboral, “no sentido de que non só se suspende o convenio colectivo, senón que se sustitúen os artigos por outros novos”. Entende García Torres que o alcalde non ten competencias para realizar cambios no convenio colectivo, “estes cambios son competencia do Estado e da negociación colectiva” e por iso a CIG presentará tamén unha denuncia penal contra o rexedor “porque el sabe que é unha decisión inxusta a sabendas”. Ambas denuncias presentaranse cando o sindicato reciba acta do pleno.
XINZO E COMARCA
BARRIOS Setembro de 2012
11
Comezaron as obras de A mellora da N-525 en Xinzo dependerá de “dispoñibilidades conservación da estrada orzamentarias” OU-531 en Vilar de Santos 4 Responde Fomento a unha pregunta do BNG. Redacción O Ministerio de Fomento vén de respostar á deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, que a mellora da seguridade vial na conexión A-52 coa N-525 en Xinzo de Limia, depende “das dispoñibilidades orzamentarias existentes, e no marco das prioridades que se estabelezan no ámbito do Plan de Infraestruturas, Transporte e Vivenda 2012-2024”. A deputada do BNG dirixíase ao Ministerio para coñecer en que estado se atopa o proxecto de mellora da seguridade vial na tra-
vesía de Xinzo de Limia N525, e saber se vai executar a partida de 200.000 euros consignada nos Orzamentos Xerais do Estado 2012. Na súa resposta a Davila, Fomento deixa claro que non se trata dun proxecto prioritario e que a súa tramitación está practicamente paralizada. Non concreta o horizonte temporal no que se poderían as obras de mellora da seguridade vial neste tramo. A deputada do BNG conclúe que o Ministerio non vai executar esta actuación dada a resposta “vaga e sen concreción que nos está a dar”.
Olalla Fernández Davila, deputada do BNG./ARQUIVO.
Os orzamentos de 2012 consignaban 200.000 euros para esta travesía
4 Investiranse 53.000 euros. Redacción A mediados de agosto daban inicio en tres concellos da nosa provincia, Vilar de Santos, San Cristovo de Cea e Arnoia, obras de mellora e conservación de estradas promovidas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura. As obras corresponden a unha xestión integral de conservación ordinaria das estradas, nas que se inclúen tamén as actuacións necesarias para o mantemento das condicións estruturais do firme, así como a reparación urxente de zonas puntuais danadas ben por causas naturais ou provocadas por algún accidente. O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado do alcalde de Vilar de Santos, Xoán Xardón, e do xefe territorial do departamento autonómico de Medio Ambiente, José César Losada, visitou as obras que a empresa Consernor, S.L. comezou neste
O delegado da Xunta, xunto ao alcalde de Vilar de Santos, na estrada que vai ser arranxada. /A.F. concello. Trátase da construción de dous tramos de beirarrúas na OU-531 por importe de 53.000 euros. Obras en Cea e Arnoia O departamento de Medio Ambiente do Goberno galego realizará tamén os labores de reforzo de firme na OU-187 no municipio ourensán de San Cristovo de Cea, adxudicados a empresa Construcións
Benigno Álvarez, S.L. por 59.000 euros. Por último, en Arnoia ATCON, S.L desenvolverá traballos de mellora da seguridade vial na OU-402, obra que está orzamentanda en máis de 51.100 euros.
Construiranse dous tramos de beirarrúas
Non hai novidades para Os Blancos 4 A reunión coa Xunta, no aire. P.L. O alcalde dos Blancos, José Manuel Castro, non cre que haxa novidades para o seu concello trala convocatoria de eleccións autonómicas. O pasado mes de xullo o rexedor aprobou en pleno pedir á Xunta que asumise os seus servizos básicos debido á crítica situación económica das arcas municipais, cunha débeda de 3,1 millóns de euros. Ese mesmo mes a Xunta informáralle de que na primeira quincena de setembro habería
unha reunión para tratar este asunto, reunión que agora Castro pensa que xa non se vai levar a cabo. Por iso o rexedor, de APGa, considera que “todo seguirá como está” nestes meses que quedan de lexislatura, e que gañe quen gañe os cambios para o seu municipio van ser mínimos. Polo de agora, o consistorio continúa a afrontar os seus gastos correntes e de persoal, aínda que a débeda segue sen reducirse. Castro non descarta ter que recurrir a un ERE ou a despedimentos de traballa-
José Manuel Castro, alcalde dos Blancos./ARQUIVO. dores municipais, e para iso xa se puxo en contacto coa Deputación para solicitarlle asesoramento xurídico. O Concello dos Blancos acordara en xullo solicitar ao Goberno autonómico que se fixera cargo dunha serie de servizos básicos, como a iluminación pública e o acondicionamento e limpeza das vías públicas.
12
BARRIOS Setembro de 2012
XINZO E COMARCA
Compromiso x Galicia denuncia que a canceira de Xinzo segue pechada 4 A nova formación acusa á Xunta de despilfarro de diñeiro público. Redacción O conselleiro de Cultura co alcalde e grupo de goberno de Xinzo./CdX.
A Consellería de Cultura ampliará a Casa da Cultura de Xinzo de Limia 4 O departamento autonómico achegará 60.000 euros para a mellora funcional das instalacións. Redacción O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou un convenio co alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez Rodríguez, en virtude do cal se realizarán obras de mellora, cun orzamento de 60.000 euros, nas instalacións da Casa de Cultura e Xuventude do concello. Tras asinar o acordo, o conselleiro manifestou a disposición do departamento que dirixe de prestar o seu apoio á realización das melloras relativas á ampliación do salón de actos e do vestíbulo xeral, así como da
adaptación do edificio á normativa de accesibilidade e seguridade. Do mesmo xeito tamén se adaptarán novos locais destinados ao departamento administrativo. O conselleiro sinalou a importancia de que as administracións públicas colaboren, tanto na posta en valor das nosas tradicións ancestrais, como na posta a disposición de espazos e infraestruturas onde poidan ser compartidas polas cidadás e cidadáns. Vázquez Abad felicitou ao alcalde polo traballo desenvolvido polo concello para conservar o simbolismo que rodea ao Entroido de Xinzo de Limia, neste
caso a través do Museo do mesmo nome. Neste punto destacou que o Entroido de Xinzo de Limia é unha festa recoñecida como de Interese Turístico Nacional, tanto pola figura da pantalla como pola participación de toda a comunidade nas cinco fins de semana que dura o ciclo festivo.
Ampliarase o salón de actos e adaptarase o edificio á normativa de accesibilidade e seguridade
Compromiso x Galicia (CxG) denuncia que a canceira de Xinzo, construida pola Xunta de Galicia na localidade de Lamas, segue pechada un ano despois de rematarse as obras. Para o voceiro de CxG en Ourense, Xosé Manuel Pérez Bouza, resulta “escandaloso” que Feijoo e o PP, “que se teñen convertido nos abandeirados da necesidade da austeridade no gasto de recursos públicos” gasten 132.296
euros, nunhas instalacións destinadas a canceira, “pero quizais o máis grave é que ano e medio despois de rematarse continúen pechadas”. É por iso que Pérez Bouza considera que “ao marxe de que a simple vista parece que o orzamento do proxecto está moi por enriba do custo real das obras executadas, isto é un claro exemplo de como o PP predica unha cousa e fai outra. Predica austeridade e rigor no emprego dos recursos públicos e logo como neste caso, gasta o diñeiro en ins-
Aspecto exterior da canceira de Xinzo, en Lamas. /CxG.
talacións que logo mantén pechadas desde hai máis dun ano” Con todo, unha vez que o diñeiro xa foi gastado, CxG esixe que cando menos as instalacións sexan utilizadas para o que foron construídas e por iso Pérez Bouza lle reclama tanto o Concello de Xinzo, coma a Xunta de Galicia que “ lle saquen rendemento a inversión feita, ofrecendo un servizo que é necesario”.
A obra custou 132.296 euros
PUBLICIDADE
BARRIOS Setembro de 2012
13
14
BARRIOS Setembro de 2012
XINZO E COMARCA
A Xunta licita o abastecemento de varias parroquias de Porqueira 4 A obra está cofinanciada polo Ministerio de Medio Ambiente. Redacción
O xefe territorial de Traballo e Benestar e o delegado da Xunta en Ourense coñeceron o funcionamento do centro de desenvolvemento rural “O Viso”. /A.F.
O CDR “O Viso” de Lodoselo recibe 19.000 euros de axuda para inclusión social 4 O delegado da Xunta visitou o centro, situado no municipio de Sarreaus, onde gabou o seu labor a prol da inclusión dos maiores. Redacción O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado do alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas, e do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, visitou o Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”, en Lodoselo. Martínez reuniuse cos responsables da entidade e coñeceu o traballo que realizan. O encontro serviu tamén para amosar o recoñecemento do Goberno galego ao labor que día tras día desenvolven ao servizo da sociedade. Desde comezos de 1999 este centro ofrece unha completa oferta social de apoio e asistencia social aos maiores que abrangue desde comedor social, lavandaría e pasado de ferro, ata unha vivenda comunitaria tutelada con capacidade para 12 persoas e servizo de terapia ocupacional no centro e a domicilio, entre outras cousas. Este ano a Consellería de Traballo e Benestar outor-
goulle ao CDR “O Viso” ao abeiro da convocatoria de subvencións para asociacións de iniciativa social que traballan a favor da inclusión unha axuda de 18.800 euros, unha cifra lixeiramente superior á do exercicio anterior. Axuda a 16 asociacións Este departamento autonómico subvencionou á totalidade de entidades da provincia ourensá que solicitou esta liña de axudas, isto é, 16 asociacións, que recibiron preto de 300.000 euros para o mantemento e a promoción de actividades e proxectos na área de servizos sociais comunitarios. O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense gabou o traballo que esta asociación vén desenvolvendo dende hai anos, pero sobre todo nun momento como no actual marcado pola crise econó-
mica. Neste sentido, suliñou que na concesión de axudas o Goberno galego “deulle prioridade ás organizacións que dan unha resposta directa a aqueles que máis están a sufrir a crise”. Rogelio Martínez lembrou que “os máis de 5 millóns de euros que Benestar está a investir este ano na provincia de Ourense entre axudas ás entidades que traballan pola inclusión social, RISGA e AES demostran o compromiso que tivo este goberno galego coas políticas sociais”. Ademais, o delegado territorial indicou que a aposta da Xunta pola inclusión social non só se reflicte nos orzamentos, xa que recordou que tamén se está a mellorar a lei para acadar unha verdadeira inserción laboral das persoas en risco de inclusión.
Desde 1999, o centro ofrece unha completa oferta social de apoio e asistencia aos maiores: comedor, lavandaría, vivenda comunitaria e servizo de terapia ocupacional
A renovación de tubaxes antigas do abastecemento de auga en nove núcleos de poboación do concello de Porqueira é o obxecto da obra promovida pola Consellería de Medio Ambiente cuxa licitación vén de ser anunciada no Diario Oficial de Galicia. A actuación conta cun investimento de preto de 360.000 euros con cargo aos orzamentos de Augas de Galicia, e dos cales un 50% serán financiados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. A previsión da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é adxudicar as obras este mesmo ano. Deficiencias na rede Na actualidade algún dos núcleos rurais de Porqueira sofren deficiencias na subministración de auga potable sobre todo en época estival debido ao aumento de poboación. Neste sentido, as obras consisten principalmente na renovación de tubaxes que son moi antigas e presentan constantes roturas e perdas de caudal. O proxecto centrarase na instalación das infraestruturas hidráulicas necesarias en nove núcleos do concello de Porqueira. Así, na Lagoa, a captación non é suficiente, polo que se conectará ao núcleo de Penín Novo co fin de que subministre caudal en caso de deficiencia. A conexión realizarse mediante 275 metros de tubaxe, con válvulas de bolboreta nas unións aos depósitos. Na Filgueira Renovarase a tubaxe existente e a da traída de Martices. A actuación beneficia tamén aos núcleos de Breixoeira e Martices. No Rial de Sabucedo-
O abastecemento de Faramiñás é un dos que se renovará en Porqueira. /ARQUIVO. O Toxal executaranse dous pozos de barrena que abastecerán aos existentes que se atopan adosados. A conexión cos depósitos realízase mediante 60 e 160 metros de tubaxe. Na Pedrosa renovarase a tubaxe existente con 1.480 metros. En Xocín demoleranse os pozos de captación existentes e executaranse novas arquetas-captacións. Renovarase tamén a tubaxe de enlace co depósito mediante 410 metros de tubos. En Faramiñás demolerase o pozo de captación, executarase unha arquetacaptación e conectarase co depósito existente. Na Forxa executaranse seis novas arquetas- captación conectadas e renovarase parte da rede. En San Lourenzo exxecutarase unha arqueta-captación e renovarase a rede de transporte mediante 990 metros de tubos e as arquetas de reunión onde se conectan as 3 captacións existentes. Por último, en Lobios de Sever. Construirase un novo depósito regulador de 50 metros cúbicos, con sistema de cloración por gravidade.
A actuación neste municipio conta cun investimento de preto de 360.000 euros
4 Licitadas as obras do saneamento da Pena e Soutelo, en Xinzo A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publicou no Diario Oficial de Galicia a licitación das obras da conexión da rede de saneamento do núcleo rural da Pena coa estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Trandeiras, así como a interconexión coa rede de saneamento do núcleo rural de Soutelo, no concello de Xinzo de Limia. O importe da actuación supera os 230.000 euros. As obras consisten na conexión de dúas fosas sépticas coa EDAR, ambas as tres xa existentes. Para isto, executaranse 269 metros de colectores e tamén serán necesarios dous pozos de bombeo, que impulsarán a auga a través de 1.608 metros de tubaxe de impulsión. Os traballos, cun período de execución de 10 meses, rematarán coa reposición dos pavimentos afectados polas obras. A previsión do departamento que dirixe Hernández é adxudicar esta obra este mesmo ano. A principios de agosto, a Xunta tamén licitou a conexión do núcleo de San Pedro coa estación depuradora de Rebordechá.
ALLARIZ E COMARCA
O Festival de Xardíns incluirá obras de arte na vindeira edición
4 Xa está aberta a convocatoria para presentar candidaturas. Redacción O alcalde de Allariz, Francisco García, xunto co presidente do xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, Francisco Caldeira Cabral, reuníronse en agosto cos responsables do festival homólogo de Chaumont sur-Loire. A visita, segundo explica Francisco García, “foi moi positiva porque permitiu coñecer outras experiencias e que supoñen, amais da dinamización económica da contorna, unha maior calidade de vida”. A intención do Concello de Allariz é “aproveitar estas relacións para divulgar as nosas exposicións respectivas, sumar novos atractivos e presentar proxectos conxuntos ós fondos europeos”. Dúas das propostas que xa están sendo estudadas son a implicación de personalidades de referencia no eido do paisaxismo e arquitectura e a incorporación de pezas de arte no recinto ubicado ás beiras do río Arnoia. Paivert presenta o libro “Auga Amiga” Dentro da actualidade da terceira edición do Festival de Xardíns de Allariz, o recinto acolleu tamén no mes de agosto a presentación do libro “Auga Amiga”
O alcalde alaricano coñeceu as experiencias dun festival similar en Francia
Manuel Richart, deseñador do xardín “Magua”, presentou o libro “Auga amiga”. /ARQUIVO. realizado polos alicantinos Manuel e Isabel Richart, integrantes de Paivert, empresa que deseñou o xardín “Magua”. A publicación, segundo explicaba o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, “pretende amosar a nenos e maiores a importancia da auga a súa conservación, tomando como inspiración as 12 parcelas do festival.” O deseñador Manuel Richart sinalaba que “para os paisaxistas, espazos como
o festival alaricano, supoñen un escaparate, unha oportunidade para divulgar o noso traballo e, desta idea xurdiu o libro no que colaboran todos os artistas do festival” “Auga Amiga”, deseñada para os nenos e dispoñible en dous idiomas (galego e castelán), incorpora un código QR que permite descargar nos dispositivos móbiles información específica de cada xardín, así como unha entrevista cos autores.
A noria co seu burro é un dos atractivos do festival.
4 Aberta a convocatoria de 2013 O Festival Internacional de Xardíns de Allariz abriu ata o 15 de novembro o prazo para presentar as candidaturas para o vindeiro ano 2013, baixo o lema “Allariz, beleza que inspira”. A beleza de Allariz é un espazo propicio para a creatividade, a inspiración e a imaxinación, de aí a decisión dos organizadores de preparar a vindeira edición do Festival de Xardíns, a cuarta, ao redor deste tema. Un xurado especializado seleccionará os mellores proxectos. Os interesados en participar poden consultar as bases do certame na súa páxina web: www. festivaldexardins.allariz.com.
BARRIOS Setembro de 2012
15
EN BREVE
4 Presentación do segundo grupo de formación no Programa Clara O Concello de Allariz presentará o vindeiro xoves 13 de setembro o segundo grupo de formación do Programa Clara. Este programa aplícase na vila alaricana grazas a un convenio establecido entre o Concello de Allariz e o Instituto da Muller cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Está destinado á mulleres en desvantaxe, vítimas da violencia de xénero, responsables de núcleos familiares, mulleres novas, desempregadas sen titulación, maiores de 45 anos con discapacidade, pertencentes a minorías étnicas ou mulleres que estiveron privadas de liberdade, entre outras. O seu obxectivo é favorecer a súa inserción laboral, traballando as bases do benestar persoal como posibles ferramentas para unha exitosa entrada no mercado laboral remunerado.
4 Novas actividades no Fogar do Maior Durante o mes de setembro o Fogar do Maior de Allariz abre o prazo de inscrición para participar nas actividades anuais centradas nos maiores, aínda que tamén se ofertan actividades para a poboación en xeral. Ximnasia, obradoiro de memoria, manualidades programa de radio, coro e teatros son as actividades específicas para os maiores; para a poboación xeral ioga kundalini, baile galego, restauración de mobles
e modelado en cerámica. Para participar nalgunha desta actividades é preciso inscribirse no Fogar dos Maiores (A Barreira,3) ou no teléfono 988 554 059.
4 Diálogo entre Galiza e Catalunya A Fundación Vicente Risco de Allariz organiza, do 14 ao 28 de setembro, o Diálogo entre culturas: Galiza-Catalunya, composto por diversas exposicións, conferencias e proxeccións. Con acceso libre ata completar aforo, os asistentes a esta actividade poderán gozar da conferencia “O mundo galego en Cataluña”, impartida por Eduard del Castillo; a proxección de “Pa negre” en versión orixinal subtitulada en galego; ou do filme “CataluÑaEspaNYa”, ao remate do cal haberá un coloquio con Isona Passolas, directora e co-guionista da película. Os interesados poden recoller a súa entrada na Casa da Cultura de Allariz ou na libraría Aira das Letras.
4 Clases de baile latino na Casa da Mocidade A Casa da Mocidade de Allariz acolle durante os vindeiros meses clases de baile latino (salsa, merengue e bachata). AComezarán a partir do 2 de outubro, e terán lugar os martes de 20 a 21 horas para iniciados e de 21 a 22 horas para perfeccionamento. O custe do curso de tres meses será de 40 euros e as prazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse na Casa da Mocidade. Teléfono 988 680 434 ou no correo electrónico mocidade@allariz.com
16
BARRIOS Setembro de 2012
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
BARRIOS Setembro de 2012
17
18
BARRIOS Setembro de 2012
EN BREVE
4 A Fundación González Ferreiro organiza cursos de cociña A Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz organiza este mes de setembro, dous cursos de cociña, co obxectivo de mostrar aos participantes a cociñar receitas complicadas dun xeito sinxelo e económico. O primeiro deles, sobre conservas e marmeladas xa se realizou, mentres que o de pasta e arroces será os días 26 e 27 de setembro de 18 a 21 horas. A actividade ten un custo de 25 euros. Para participar é preciso inscribirse na sede da fundación Ramón González Ferreiro, en Paciños, ou a través do teléfono 988 436 182 ou do email info@ fundacionrgf.org.
4 Novos cursos no telecentro O Telecentro de Allariz incluirá, nos meses de setembro e outubro, novos cursos de iniciación ás novas tecnoloxías no marco da rede de Centros Cemit da Xunta. O sector audiovisual e as tecnoloxías 2.0 serán obxecto das actividades formativas do telecentro co curso “Streaming de audio e vídeo”. Os participantes do curso, que se desenvolverá de luns a venres entre as 10 e ás 14 horas, aprenderán dende as técnicas básicas de introdución ó streaming ata as ferramentas precisas para instalar e configurar un servizo de streaming, pasando polos formatos específicos de vídeo e audio, así como o seu uso na radio, televisión e demais plataformas por Internet. Do 1 ao 23 de outubro desenvolverase outro curso de produción audiovisual e para o mes de novembro está previsto o obradoiro tecnolóxico sobre creación de contados multimedia e Web 2.0. Os interesados en participar nestes cursos gratuítos poden inscribirse a través da páxina web cemit. xunta.es. ou informarse na Casa da Mocidade, no 988 680 434 ou en mocidade@ allariz.com.
ALLARIZ E COMARCA
Rajoy anuncia para 2018 a data da chegada do AVE 4A ministra de Fomento visita as obras do viaduto de Arnoia, en Baños de Molgas. Redacción “Será Rajoy quen dará en breve a data de chegada da alta velocidade a Galicia”. Así o afirmou a ministra de Fomento e así foi. O presidente do Goberno anunciaba o pasado 1 de setembro, no acto que o PP organizou en Soutomaior (Pontevedra) con motivo da apertura do curso político, que a alta velocidade conectará Galicia coa Meseta en 2018, tendo en conta que a día de hoxe “quedan por adxudicar do AVE do noroeste de España 14 quilómetros”, correspondentes ao tramo que une Taboadela coa capital ourensá. Rajoy subliñou en todo momento que quen tiña que falar sobre este tema non era el, senón o Boletín Oficial do Estado, “a ministra de Fomento eo presidente da Xunta traballa-
ron moito, pero o mellor e o máis importante discurso é o do BOE”, onde -tal e como lembrou o presidente- foi publicada a adxudicación de 1.745,3 millóns de euros, no que vai de ano, para a conexión Madrid-Galicia. Visita a Arnoia A ministra de Fomento predixo o inminente anuncio de Mariano Rajoy sobre o AVE durante unha visita que vén de realizar ás obras do viaduto de Arnoia, no tramo Miamán-Ponte Ambía, onde comprobou que os traballos avanzan conforme ao ritmo previsto, así como o estado de execución das principais estruturas deste tramo de 6,7 quilómetros de lonxitude, que discurre integramente polo municipio de Baños de Molgas. Entre os elementos singulares do tramo MiamánPonte Ambía destaca pola súa lonxitude (1.014 m) o
viaduto de Arnoia. Grazas a el, a plataforma ferroviaria salva o río Arnoia amais da liña férrea convencional Zamora-A Coruña. O tramo presenta outras estruturas singulares, como os viadutos de Miamán (177 m) e de Bouzas (216 m), o túnel de Bouzas (852 m), e outros dous viadutos para salvar a liña de ferrocarril convencional. A execución das obras de plataforma deste tramo conta cun orzamento de 75,9 millóns de euros. Impulso investidor A ministra destacou ademais o impulso investidor do seu departamento no corredor ferroviario de alta velocidade Madrid-Galicia, como demostra que nas últimas semanas fose adxudicada a construción de seis novos tramos de plataforma no segmento Lubián-Ourense, por importe conxunto de máis de 584,1 millóns.
Durante a súa visita ao viaoducto de Arnoia, a ministra de Fomento estivo acompañada polo o presidente de Adif, o subdelegado do Goberno en Ourense, o delegado do Goberno, o conselleiro de Medio Ambiente e o alcalde de Baños de Molgas./RAMSÉS
4 Seara considera este anuncio “unha tomadura de pelo” A deputada no Congreso, Laura Seara, asegurou que é “unha tomadura de pelo” que, despois de sete meses de goberno de Rajoy, anuncie a chegada do AVE xusto cando Feijoo adianta as eleccións. En palabras de Seara, o anuncio feito pola ministra de Fomento, Ana Pastor, “é unha clara arma electoral, xa que só trinta minutos despois de que se coñecera o adianto electoral en Galicia, Rajoy, por fin, tiña unha data para que chegase o AVE”, insiste a socialista. Como consecuencia, Laura Seara pregúntase a que veu realmente a ministra de Fomento a Ourense, “xa que o único que se sabe é que mobilizou a máis de 50 altos cargos do Goberno, ademais de xornalistas, co gasto que iso supón”, para ensinar un viaduto que corresponde á xestión do anterior goberno. Ademais, Pastor non deixou claro se o paso do AVE por Ourense soterrarase ou non, a pesar de o Goberno do Estado afirmaba xa non contar con esta posibilidade. Unha contradición sobre a que Laura Seara conclúe que “o soterramento do AVE trátase dunha gran mentira do PP”.
Só 14 kilómetros quedan por adxudicar do AVE do noroeste
Reclaman transparencia no posto de conserxe do colexio de Maceda Redacción
A voceira socialista en Maceda, Ana María Rodríguez Blanco, pide que a vacante de conserxe no colexio se cubra “por convocatoria pública, en base ao mérito, como se supón que ten que ser en todas as prazas da Administración do Estado”. Ademais, recorda que “a piques de comezar o curso aínda non se presentou convocatoria algunha para que, de xeito transparente, se cubra esta vacante, despois de que o anterior se xubilara”; ao tempo que tilda a situación de “irregular”, o que supón -ao seu xuízoa continuidade da falta de transparencia do alcalde na contratación do persoal do concello. A importancia do posto é singular para os socialistas, xa que leva consigo a comunicación con toda a comunidade educativa: alumnado de idades de entre os 3 e os 12 anos, as familias e o profesorado. Ademais, a praza suporá un posto de traballo para Maceda, “onde hai xente preparada dabondo para optar con equidade ao posto”, admite Ana María. Mantemento Sobre o mantemento dos colexios públicos, a socialista critica que Feijoo abandonara aos concellos no Pacto Local, “deixando de lado a política que levara a cabo o goberno de Touriño no seu día, que se facía cargo do custe da calefacción dos colexios públicos”.
CELANOVA E COMARCA
A asociación O Vieiro Leboreiro convoca un concurso de fotografía 4 Haberá premios en 21 categorías diferentes. Redacción O Grupo de Desenvolvemento Rural O Vieiro Leboreiro, que agrupa os concellos das comarcas de Celanova e Baixa Limia, vén de convocar un concurso fotográfico a través da súa web obosquemaxico. com. Esta web interactiva xurdiu co ánimo de contribuir a resaltar o potencial do territorio das comarcas de Celanova e A Baixa Limia. Nese sitio en Internet poden ser visitadas, de xeito virtual ou presencial, as paraxes dos montes desta zona. Poderá participar no concurso calquera persoa, non profesional, que o desexe. Poderá presentar entre unha e tres fotografías dixitais da súa autoría en cada un dos temas propostos, como flora, árbores centenarias, fauna, paisaxe, xacementos arqueolóxicos, gastronomía, festas tradicións e costumes, ou efectos meteorolóxicos, entre outros. As imaxes deberán ser enviadas por correo electrónico, con título e tema no que se quere participar, ao enderezo concursos@
obosquemaxico.com. O prazo de recepción de fotografías estará aberto ata o 31 de decembro. O fallo do xurado farase público o 6 de xaneiro de 2013 e os traballos gañadores serán expostos en Celanova e nos outros 14 concellos pertencentes ao “bosque máxico”. No “I Concurso de Fotografía O Bosque Máxico” colaboran 21 empresas ourensás, premiando outras tantas fotografías con, entre outros galardóns, estancias en casas de turismo rural e balnearios, unha visita guiadas polo Xurés, unha cámara fotográfica, unha cea e unha merenda, lotes de viños, queixos ou augas ou un xamón de porco celta, ademais da correspondente impresión ampliada das fotografías premiadas. As bases completas pódense consultar na web obosquemaxico.com
O prazo de recepción de fotografías está aberto ata final de ano
O BNG demandará no vindeiro pleno a reparación inmediata da Ponte Pedriña 4 Os nacionalistas consideran que as profundas fendas poden ocasionar o derrube da estrutura. Redacción O BNG de Celanova vén de rexistar no Concello unha moción que se debatirá no próximo pleno ordinario (que probablemente se celebre o 25 de setembro) para solicitar o arranxo inmediato das fendas detectadas na Ponte Pedriña, situada sobre o río Ourille. Os nacionalistas manifestan que “o arranxo desta ponte é unha antiga reivindicación tanto dos veciños de A Carballeira e Orga como doutros pobos limítrofes con Celanova e A Bola, pois supón un aforro importante de tempo á hora de intercomunicarse esta veciñanza”. O estado de abandono en que se atopa a devandita ponte “trae consigo un problema, xa que nas épocas de choiva se forma unha gran lamaceira que co paso de vehículos se fai practicamente intransitable e sumamente perigosa, pois non dispón de protección nas súas beiras”, explican dende o BNG. “Por non falarmos do abundante mato que a cobre que aínda pon máis en risco a seguridade dos usuarios”, insisten. Maior deterioro polas obras da autovía Segundo detallan os nacionalistas, até agora esta ponte estaba a sufrir un
deterior paulatino e constante no seu pavimento, pero nestes ultimos meses foron moitos os operarios das obras do eixo de comunicación da A52-Fronteira portuguesa que fixeron uso dela, provocando que esta deterioración no pavimento fose máis rápido, máis visíbel e mesmo afecta á súa estrutura. Tras a visita por parte do BNG e a revisión do estado no que se atopa, consideran “alarmante” o deterioro estrutural que está a sufrir, “posto que se lle observan unhas fendas que poden rematar en derrube”, de aí a insistencia e urxencia da súa petición. Demandas En concreto, a moción pide ao Concello que “de
xeito inmediato persone aos técnicos municipais de Urbanismo e/ou patrimonio para que analicen as fendas existentes e o estado no que se atopa a estrutura da ponte para determinar se existe risco de derrube e se leven a cabo as medidas oportunas para garantir a seguridade dos usuarios”. Por iso solicitan que se lle demande “o arranxo inmediato tanto da estrutura da ponte como do pavimento á dirección xeral do Patrimonio Cultural”. Así mesmo, os nacionalistas tamén consideran indispensable “a colocación de medidas de seguridade a ambas beiras da ponte, para así evitar que ningunha persoa ou vehículo, poida caer ao río Ourille”.
Imaxe da Ponte Pedriña na que se aprecia tanto as fendas que posúe como a ausencia de varanda na parte superior.
BARRIOS Setembro de 2012
19
EN BREVE
4 A Deputación controlará os vertedoiros A Deputación de Ourense presta asistencia técnica aos concellos da provincia para mellorar o control dos vertedoiros de residuos sólidos urbanos, levando a cabo un plan de vixiancia e control con analíticas de lixiviados e emisións á atmosfera. O obxectivo e seguir mellorando a protección do medio ambiente e dos entornos naturais da provincia de Ourense, así como xestionar de maneira sostible todos os residuos sólidos urbanos que se xeran nos municipios da provincia. Dende o pasado mes de xuño que se puxo en marcha esta asistencia técnica son xa nove os concellos que se inscribiron para recibir este servizo: Avión, Bande, Castrelo do Val, O Irixo, Leiro, Lobeira, Muíños, Viana do Bolo e Xinzo de Limia.
4 Educamóbil, na Bola O vehículo “Educamóbil” volverá visitar o Concello da Bola. Todos os rapazes, entre 4 e 11 anos, que o desexen poderanse achegar e gozar dun intre de lecer e de xogos informáticos totalmente gratis. A cita é o luns 17 de setembro, en horario de 16:30 a 20 horas no aparcadoiro do Concello. O proxecto “Educamóbil” da Deputación, é unha alternativa de lecer a través do xogo, a lectura, a música e as novas tecnoloxías.
20
BARRIOS Setembro de 2012
CELANOVA E COMARCA
entrevista ao párroco de Celanova:
“A crise mermou un 35% os ingresos da parroquia”
4 Cesáreo Iglesias Grande leva toda a súa vida traballando non só na evanxelización dos celanoveses, senón tamén como dinamizador cultural da vila. Alejandro Mínguez Leva toda a vida na parroquia de Celanova. Compartiu moitos anos de pastoral co seu irmán, Don Manuel, ata que este faleceu, vítima dun cancro. Podería terse xubilado pero segue a ser un promotor cultural, inquedo e traballador, Cesáreo Iglesias é de Celanova malia ter nacido en Vilachá, A Merca. Que momentos doces lembra no longo labor parroquial? Cesáreo Iglesias: “Moitos. No persoal sobre todo polo meu irmán, o nomeamento a título póstumo por parte de Concello de Fillos Adoptivos de Celanova. No asistencial, a creación en 1992 da Residencia da terceira idade, San Carlos. No eido pastoral, a celebración en 1996 da Misión Arciprestal de Celanova, ou o Ano Xubilar no 2007. No apartado cultural, a creación do premio de investigación Manuel Iglesias que financiaba o Concello e a familia e dende este ano a familia e a Academia Auriense-Mindoniense, a creación desta última, tamén foi de gran satisfacción para min”. Cal foi o momento máis difícil? C.I.: “A enfermidade do meu irmán e a invalidez da miña nai, que coincidiron xuntas. Recibín o apoio forte da familia, parroquia e Arciprestado. A nivel pastoral non houbo problemas”. Cal é a relación coa Residencia San Carlos? C.I.:“O compromiso no
campo dos servizos sociais propiciou a creación de Cáritas. Recuperamos a Fundación Hospital San Carlos de 1911. Construímos no predio legado polo mentor Carlos Arias a residencia que acolle a 58 persoas. Daquela directiva que entón presidía meu irmán, e dende o seu pasamento fago eu, só podo destacar eficacia e compromiso”. Que repercusión ten a crise actual na parroquia de Celanova? C.I.:“Que os ingresos baixaron un 35%. En Cáritas contamos cun grupo de persoas para ir paliando as circunstancias. Aumentou a demanda de roupa, alimentos e axudas para a luz, auga, alugueres de pisos… A igrexa maxestuosa de Celanova ten moitos gastos e moitos dos benefactores para o mantemento van desaparecendo”. Existe repercusión na fe e na participación nos actos relixiosos? C.I.:“Hai fieis de distintos tipos, pero o que está claro é que cando nos vemos en apuros acudimos á Virxe e a Deus pedindo luz. Aumenta a vivencia da relixiosidade popular e crece o número de cristiáns comprometidos”. Que queda por recuperar arquitectonicamente na igrexa? C.I.:“Igrexa e administracións permitiron restaurar xoias de gran valor como retablos, órgano, coros… queda por restaurar o cancel da entrada, os portóns e tamén o piso de pedra cun-
ha boa drenaxe. Dentro da actividade parroquial destaca a Semana Santa ou o Corpus. C.I.: “A Semana Santa comezouse a solemnizar en 1991. Potenciamos as procesións e as imaxes de valor. O Concello de Celanova fixo unha achega económica e o traballo animoso da xente permitiu recuperar candelabros, adecuar carrozas, fixéronse traxes… despois chegaría a representación da Paixón, hoxe sen dúbida é referencia en Galicia. No Corpus, pouco a pouco fixéronse as alfombras con motivos moi variados que a converten na máis longa de Galicia”. E teatro, cine, música… foi vostede promotor cultural. C.I.: “Meu irmán e máis eu entendemos que non podíamos facer só labor na igrexa. Había que chegar á xente. Cun grupo de persoas puxemos en marcha a Asociación Xuvenil Solpor o 11 de outubro de 1972. Aínda estaba no mosteiro a Cidade dos Muchachos e tiñamos un local de xuntanza, no que falabamos, soñabamos e incluso bailabamos. Tamén se creaba o grupo de teatro que tras varios anos de inactividade volta aos escenarios neste 2012 da man de catro mulleres, aberto á participación. Pepe Paz abriume as portas do cine, que funcionou moitos anos. Tamén había inquedanzas musicais, creáronse os grupos filharmónicos, folclórico e a coral a finais dos anos setenta. No ano
Cesáreo Iglesias, cura de Celanova, na igrexa parroquial./ ALEJANDRO MÍNGUEZ.
“Meu irmán e máis eu entendemos que non podíamos facer só labor na igrexa. Había que chegar á xente” “Vexo a parroquia máis comprometida, solidaria” 1986 xorde a revista Onde o mundo se chama Celanova como voceiro da actividade cultural, sendo a decana na provincia de Ourense na actualidade”. E tamén levou aos nenos á praia… C.I.: “No ano 1975 nace o primeiro Campamento de verán polo que teñen pasado
centos de mozos que aprenderon a convivir e foi unha forma de que coñecesen o mar e quero destacar a traballo eficaz e desinteresado de moitas persoas e familias”. Vostede foi un sacerdote que apostou polo galego na liturxia. C.I.: “A verdade é que
eu penso en galego e para falar en castelán teño que traducir, en Celanova hai moita xente galegofalante. A norma que temos o copárroco e máis eu é ter misas en galego cada 15 días. En celebracións como vodas, bautizos ou funerais son a elección dos interesados”. Cal sería a valoración xeral dos anos de traballo en Celanova? C.I.: “Hai realidades que están aí e das que falamos, Cáritas, Residencia, Semana Santa… Lembro con moito cariño o campo da docencia que me permitiu estar en contacto coa xente moza. Quero destacar a colaboración xenerosa dos sacerdotes do arciprestado e dende hai 10 anos o apoio eficaz e solidario do copárroco Benito Gómez”. Cal é a principal necesidade na parroquia a día de hoxe? C.I.: “No eido material as restauracións reflectidas, a cerraxería, as verxas e a mesa altar acorde coa estrutura do templo. No pastoral non podemos limitarnos e conformarnos cunha pastoral de conservación hai que impulsar o compromiso e evanxelizar”. Finalmente, o futuro como se presenta? C.I.: “No laboral vexo moito paro, no pastoral vexo a parroquia máis comprometida, solidaria, pero quedan crentes practicantes que animar. No persoal teño un inconveniente, os anos, comezan os achaques e fraquean as forzas”.
PUBLICIDADE
BARRIOS Setembro de 2012
21
22
BARRIOS Setembro de 2012
OURENSE PROVINCIA
“O que pretendemos como Plataforma é a devolución íntegra do diñeiro”
4 A Plataforma de Afectados agrupa a máis de mil ourensáns que contrataron participacións preferentes ou subordinadas e agora non poden recuperar os seus aforros. Paula Lodeiro Son as 13:30 horas do martes 4 de setembro. Na porta da sucursal principal de Novagalicia Banco en Ourense, na rúa de Paseo, aparecen unha ducia de persoas, na súa maioría xente maior, pero tamén algunhas mulleres máis novas. Nada máis entrar na oficina, vístense unhas camisetas amarelas e collen o seu turno. Como cada martes e xoves, un grupo de afectados polas participacións preferentes acude a unha sucursal do banco a realizar algunha pequena operación. Con esta actuación logran entorpecer o traballo dos oficinistas mais o que tratan ao fin é chamar a atención sobre o seu problema, que comparten na nosa comunidade miles de clientes das dúas antigas caixas galegas. María Gago é a voceira da Plataforma de Afectados de Ourense polas participacións preferentes ou subordinadas. O seu pai é un dos afectados. “No momento da comercialización comercialízancho como se fose un depósito a prazo fixo só que cunhas condicións especiais por ser cliente. Co agravante de que lle deron unha libreta, e pensamos que coa libreta tiñas o teu diñeiro aí aforrado. A xente metía o diñeiro aí para aforrar, e che din que nun prazo de 48 horas que o podes retirar, e é mentira, cando quixeches retiralo non podías; empezaron que
Membros da Plataforma de Afectados polas preferentes, entre eles, a súa voceira, María Gago (terceira pola dereita), diante dunha sucursal de Novagalicia Banco en Ourense./PAULA LODEIRO. se eran valor, que se era débeda perpetua do banco e foi cando che enteraches de todo… e con moi pouca información porque os papeis que che dan a firmar nin sequera son un contrato, non che aparece nada claro alí”, relata. Máis afectados A plataforma ourensá agrupa actualmente a algo máis de mil ourensáns afectados. Un dos motivos das súas mobilizacións polas diferentes sucursais é dar a coñecer esta problemática aos clientes que aínda descoñecen o estado dos seus aforros. “Basicamente facémolo para que a xen-
te que aínda non sabe que ten o seu diñeiro bloqueado que tome conciencia e que se entere que Novagalicia Banco, antes Caixanova e Caixagalicia, estafou aos seus clientes de toda a vida coa comercialización das participacións preferentes e subordinadas como se foran depósitos a prazo fixo. Hai xente que estivo toda a súa vida fóra en Alemaña, Suiza, e que agora veñen para a súa terra e van ver que non van poder sacar o seu diñeiro”, explica a voceira. María Gago asegura que non é só un tema de cartos o que reclaman. “Non estamos falando soamente dunha cuestión de diñeiro, es-
tamos falando de que están xogando co traballo e cos aforros da xente e de toda a súa vida”. Desde o banco, a única explicación que reciben cando reclaman os seus fondos é que “non nolos poden devolver porque están intervidos polo FROB e que non llo permiten”. Polo de agora, a arbitraxe parece ser a vía que máis froitos, e máis rápidos, está dando. Segundo informaba do Instituto Galego de Consumo, a arbitraxe, que solicitaron xa máis de 14.000 afectados, permitiu que se desenvolveran ata primeiros de setembro máis de 800 vistas e case 500 familias en
toda Galicia recobraran os seus cartos. “Valoramos a solución da arbitraxe, e nos parece positivo que haxa xente que estea recuperando o seu diñeiro pero non o consideramos unha solución, porque non lle van devolver o diñeiro a todos os aforradores estafados e iso é o que pretendemos nós como Plataforma, a devolución íntegra do diñeiro e que non se faga ningunha quita”, reclama María. Responsabilidades Aínda que desde a Plataforma ven positiva a recente aprobación por parte do Goberno dun Real Decreto Lei para que estes produtos
financieiros de alto risco –participación preferentes e subordinadas- queden reservados unicamente para investidores e non se vendan a aforradores particulares, queren unha solución tamén para eles, a través da anulación dos seus contratos, e que se depuren responsabilidades. “Teñen que tomar medidas contra o banco, como é posible que un banco que estafa a miles de clientes faga un lavado de imaxe co diñeiro de Bruxelas e sigan traballando como se nada pasara? Están facendo dano a moítísima xente”, subliña esta portavoz. Con todo, as responsabilidades, para estes afectados, non quedan aí. “E que ocurre co Banco de España, a Comisión Nacional do Mercado de Valores e demais organismos que tiñan que supervisar como actuaban os bancos e como comercializaban este produtos de alto risco e non o fixeron?” “Os únicos que estamos pagando o pato somos nós. A nós nos causa nerviosimo e sufrimento estar aquí, poñernos unha camiseta diante de todo o mundo para reclamar o noso diñeiro; non estamos aquí por gusto, estamos por necesidade, e o que non hai dereito neste país é que despois de que os teus pais, avós ou ben ti directamente traballes toda a túa vida para ter algo te vexas agora que non podes retirar os teus aforros e que tes que recurrir a este tipo de mobilizacións para que che fagan caso”, remata María. [Os interesados poden contactar coa Plataforma no 618 409 973 e no correo afectadosourense@hotmail.com]
“Están xogando co traballo e cos aforros da xente”
PUBLICIDADE
BARRIOS Setembro de 2012
23
24
BARRIOS Setembro de 2012
EN BREVE
4BTT Rota do Presunto O 16 de setembro terá lugar o VIII Maratón BTT ‘Rota do Presunto’, no que os participantes poderán escoller un dos dous percorridos, de 90 e 50 quilómetros. Pola súa banda, os máis novos gozarán dun paseo guiado duns 30 quilómetros. E a partir das 13.30 horas terá lugar un almorzo de confraternidade. As inscricións deben realizarse na web do club www.bttchaves.net/portal ata o 14 de setembro.
4Piscina climatizada de Verín O vindeiro 17 de setembro iníciase o prazo de inscrición das actividades deportivas ofertadas na Piscina Climatizada do Concello de Verín. Os cursos que se ofertan esta tempada son: natación -adultos, bebés, infantil e colectivos-, body balance, pilates, spinning, aquagym, ximnasia de mantemento, zumba, aerostep e tonificación muscular. A renovación de socios con curso para mesmo día e horario (17 e 18 de setembro), renovación de socios/as con curso para cambio de día ou horario (19 de setembro), socios/ as que queiran apuntarse en algún curso (20 de setembro), renovación de só cursillistas para mesmo día e horario (21 de setembro) novos socios empadroados que queiran apuntarse en algún curso (24 e 25 de setembro) e novos socios non empadroados que queiran apuntarse en algún curso (26 e 27 de setembro).
4Fútbol Tras tres xornadas disputadas do grupo Sur da Rexional Preferente do fútbol galego, o Verín ocupa a sexta posición con cinco puntos. Unha vitoria e dous empates son a bagaxe neste arranque ligueiro do equipo da vila do Támega. A vindeira xornada, o Verín recibe ao Valadares. Os vigueses son sétimos con cinco puntos.
DEPORTES
Os andaríns teñen citas por toda a provincia 4 A comarca de Monterrei e as terras de Celanova acollerán tres andainas. P. Lodeiro Setembro segue a ofrecer unha variedade de propostas para os andaríns da provincia. O percorrido de dúas das citas comparte territorio galego e portugués, na comarca de Monterrei, mentres que a terceira será en Celanova. O 16 de setembro o Centro Social Cultural e Desportivo Vilarelho da Rai organiza o XVII Passeio Raiano, entre a localidade portuguesa de Vilarelho da Raia e a ourensá de Oímbra. A inscrición ten un prezo de seis euros e pode realizarse ata o 14 de setembro no Concello de Oímbra, no 988 426 160 ou no correo electrónico marisa.oimbra@eidolocal.es. Andaina Eurocidade O 22 de setembro, “Día Europeo Sen Coches”, a Eurocidade Chaves-Verín organiza a V edición da súa andaina popular, que
nesta ocasión terá lugar a través da ‘Ruta polo Camiño Portugués Interior de Santiago – Vidago/Chaves’, destinada a incentivar a importancia histórica, turística e ambiental desta zona. Esta ruta ten unha distancia de 13,5 quilómetros e dificultade media. A concentración será ás 8.30 horas na aduana de Verín para desprazarse en autobús ata o comezo da ruta. A actividade finalizará cunha convivencia ás 14 horas, na sede do Grupo Desportivo e Cultural de Outeiro Jusão. As inscricións poden realizarse no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade, sito no Concello de Verín, e nas instalacións da Câmara Municipal de Chaves , ata o 18 de setembro. O custo é de 5 euros e inclúe transporte e avituallamento. Andaina Terras de Celanova Tamén o 16, Celanova acolle a novena andaina promovida pola Secretaría Xe-
ral para o Deporte dentro do Plan Galicia Saudable dentro do I Circuíto Galego de Andainas Saudable. A andaina comezará ás 10:00 horas e as inscricións -de balde- faranse o propio día a partir das 9.30 horas. Esta ruta ten unha distancia de 10 quilómetros. A saída e chegada terán lugar na praza Maior de Celanova.
Cartel da andaina de Celanova.
O CD Ourense, á beira da remontada 4 O CD Ourense enfrontábase aoTenerife na terceira xornada. R. Torres Os de Luisito tentaron dominar o encontro coa posesión do balón, pero o Tenerife non se sentía detodo incómodo ante esta situación. Os tinerfeños despois de zafarse da presión comezaron a mover o balón con soltura ata que chegou o primeiro gol de falta directa, ante a que nada puido facer Pato; anteriormente o árbitro non pitou un penalti claro a favor dos “rojillos”. Antes do descanso, nun mal despexe da zaga ourensanistas, Luismi Loro facía o 0-2. Na continuación, Luisito cambiou a Pillado e Sanginés por Alex e Jona, e o equipo volveu ter o control do balón sen crear excesivos problemas á zaga visitante. Grazas ao empuxe local (nunca se deu por vencido), Jona rematou un cabezazo ás mallas. Pero un minuto máis tarde Yebra foi expulsado
Alex defendendo a un xogador do Tenerife. /RAMSÉS (minuto 86) por un agarrón. Tres minutos despois, Bravo bate a pracer a Pato nunha xogada na que o Tenerife fixo un rondo na área do Ourense ante a impasibilidad da defensa. 1-3 e parecía todo sentenciado. Pero este ano o Ourense é outro, e seguiu loitando até o final. Xa no desconto, Claudio de penalti facía o 2-3 definitivo.
DEPORTES
A carreira Cartelle Outumuro congrega máis dun cento de atletas 4 Na edición número 16 desta proba. R.T. A pesar do calor destes días, o sol deulle unha tregua aos participantes que percorreron os 10 quilómetros que separaron Cartelle de Outomuro. Máis de 100 corredores de todas as categorías participaron na edición número 16 da carreira popular de Cartelle. As primeiras probas foron ás dos menores, cun gran número de afluencia e moito público animando na chegada, que nesta ocasión estaría situada xunto ao polideportivo. A última carreira foi a absoluta na que participaron 92 atletas, que tiveron que completar un percorrido de 10 quilómetros. Os sete primeiros
foron os que separan Cartelle de Outomuro, para logo dar unha volta polo entorno de Outomuro e completar os 10 quilómetros cos que contaba a proba. Desde o inicio da mesma, o atleta do Pabellón Veteranos, Saturnino González, adoitou unha táctica de ataque; así
desde os primeiros metros colleu a primeira posición e xa non a deixaría ata o final da carreira. A diferenza con respecto aos seus adversarios incrementábase quilómetro a quilómetro ata sacarlle un minuto e 18 segundos ao segundo clasificado. Saturnino empregaría
un tempo de 35.35 minutos, mentres que Juan José Vilachá remataría a proba en 36.53; terceiro sería Castor Salgado cun tempo de 36.58 minutos. Con esta vitoria do veterán corredor ourensán revalida o título logrado o ano anterior na mesma proba. Sonia Teijeiro volveu a demostrar que é actualmente a mellor popular da nosa provincia rematando en primeira posición a percorrer a distancia en 42.32 minutos; segunda foi Sonia Vázquez (44.25) e terceira Ana Isabel Soutollo (46.15).
Saída da carreira prebenxamin e benxamín de Outomuro. /S. TORRES
BARRIOS Setembro de 2012
25
Castro e Esmorís, vencedores do “Vila de Allariz” 4 Na 23ª edición deste triatlón. R.T. O sábado 18 de agosto celebrouse a 23ª edición do Triatlón “Vila de Allariz”, proba que actualmente é puntuable para o campionato galego e na que competiron preto de 150 participantes. Saleta Castro (Cidade de Lugo Fluvial) e Pedro Antonio Esmorís (Muralla de Lugo) foron os gañadores desta edición, que partían como os máximos favoritos. Saleta mostrou unha grande superioridade sobre o resto e chegou a meta cun tempo de 1:13:36, deixando a case 15 minutos de distancia á segunda clasificada Lorena García. Na proba masculina, Pedro Esmorís e José Manuel
Pardo (ambos do Muralla de Lugo) eran os favoritos para o triunfo. Xa desde o principio foron ocupando as primeiras posicións e non foi ata o final cando se resolveu quen era o gañador. Esmorís impúxose cun tempo de 1:11:24, trece segundo menos que o seu rival, Pardo. A proba disputouse sobre as distancias de 750 metros de natación, 24 quilómetros de bicicleta e 5.500 metros de carreira a pé.
Saleta Castro, vencedora en Allariz. /ARQUIVO
26
BARRIOS Setembro de 2012
Edítase o sexto número da Torre do Castro Redacción
O Concello de Sandiás vén de editar o sexto número da Torre do Castro, a revista cultural e turística do concello feita coa intención de dar a coñecer a localidade e servir de guía para os veciños e visitantes do noso concello. Neste novo número, como xa é habitual, os seus editores botan man de vellos artigos que falan da visión sobre a lagoa de Antela do vigués Jaime Solá, xornalista dos anos 20 fundador da revista Vida Gallega, e de Álvaro Cunqueiro, que recolle nun artigo, moi poético, unha viaxe á Limia nos anos 50. Así mesmo, continúan coa segunda parte do artigo de Domingo Fontán de 1858, extraído do xornal compostelán ¨La Exposición Compostelana¨, no que se trata un dos temas máis en boga a finais do século XIX en Galicia: o desaugamento da lagoa de Antela para o seu aproveitamento agrícola. A revista dedica un espazo á excursión realizada polos veciños de Sandiás a Sogama en Cerceda, na que se lles mostrou o proceso de procesamento do lixo; inclúe unha sección deportiva recollendo a 3ª edición da Carreira Popular Torre do Castro; e remata cunha mostra de vellas fotografías dos veciños de Sandiás, neste caso xentileza de María Fe Fernández.
4SUDOKUS
OCIO E CULTURA
Aniversario en Ponte Vella, once anos pensando en ti Cada vez falta menos, o 11º aniversario do centro comercial ourensán Ponte Vella agasallará aos seus visitantes cunha semana de actividades para pequenos e adultos, que abranguerá do 24 ao 29 de setembro. Por unha banda os máis pequenos poderán gozar dos personaxes de “Madagascar”, que recentemente estreou a súa terceira entrega no cinema. Un espazo de 10 x 10 fará as delicias dos nenos, posto que contará cunha zona de obradoiros infantís, onde poder pintarse a cara, crear as súas propias máscaras de “Madagascar”, xogar cos xogos da película, bailar a típica coreografía dos heroes da película, ver en directo os seus personaxes nun fabuloso espectáculo e mesmo sacarse unha foto con eles. Para empezar con alegría a fin de semana, a tarde do venres 28 está previsto un espectáculo titulado “Voluminaire” que percorrerá o centro comecial ourensán a partir das 19 horas, coma se dun baile de formas e seres irreais se tratase. Soa a música e xorden como imaxes oníricas os “Voluminaires”: cuadrúpedos imaxinarios, enormes, maxestuosos, formas con vida propia que fan que o público cu-
Nivel fácil
rioso comece a apiñarse ao seu paso, ao redor de nosa gran barraca de feira. Comeza así a aventura. “Crear imaxes e entrar polos ollos, sorprender”. Isto é o que pretende a compañía Ale Hop que, tras 18 anos xuntando circo e teatro nos seus espectáculos, trae a Ponte Vella esta vangardista proposta. “Dúo Acordes” Talento non lles falta aos escollidos para pór o colofón final, o sábado 29 de setembro ás 19:00 horas fronte ao momento de Información, a esta semana de actividade frenética no Centro Comercial: o “Dúo Acordes”. Xorde no Conservatorio Superior de Castellón o ano 2007 como dúo estable de música clásica. Está formado por Toni Roig e Daniel Acebes, violonchelistas clásicos, aínda que moi interesados noutros xéneros musicais. O seu repertorio engloba música clásica, música actual (bandas sonoras, música popular, blues, tango, rock...) e show musical. No ano 2008, gañan a final do concurso de Telecinco “Tú sí que vales”, e actúan en varios programas de televisión de máxima audiencia. Desde entón percorreron a xeografía española, realizando numerosas actuacións.
Nenos participantes no obradoiro de repostería da feira./PAULA LODEIRO.
Domingo doce 4 O 2 de setembro a vila alaricana acolleu a XVII Feira do Doce, Amendoado e Melindre. Paula Lodeiro Unha xornada soleada e o contorno natural do paseo da Alameda de Allariz enmarcaron a que foi a XVII Feira do Doce, Amendoado e Melindre de Allariz, celebrada o pasado domingo 2 de setembro. Licores e outros produtos reposteiros típicos doutras localidades galegas e estatais completaron a oferta gastronómica dunha cita na que a estrela foi o amendoado. Desde a organización, Cruz García, técnica da Área de Promoción Económica do Concello de Allariz destacaba que “foi moita xente a que pasou ao longo do día polo paseo da Alameda e houbo
Nivel medio
unha alta participación nas actividades”. No encontro, que volveu nesta edición ao formato orixinal dunha soa xornada, participaron cinco reposteiros locais que compartiron espazo con outras reposterías convidadas chegadas dende León, Melide, Cantabria, Mondoñedo, Guitiriz, Cabanas, Astorga e Pobra de Trives. Por parte dos reposteiros participantes, houbo diversidade de opinións sobre o éxito da feira. Algúns, como Pilar Vilar, de Panadería Isi, falaban dun “bo día”, tanto en afluencia de xente como en vendas; outros, como Marcos, de Fina Rei, de día “tranquilo” con “máis paseo e menos vendas”. Entre os máis negativos, Tomás Or-
tiz, de Ortiz Sañudo de Cantabria, que por quinta vez instalaba stand na feira e que aseguraba que a xente “non para a comprar” e “a metade da metade en todos os sentidos”, en comparación con edicións anteriores. Outras actividades Como actividades complementarias, organizouse o II Concurso amateur de repostería. Gañouno un veciño alaricano coa “oda ao amendoado”, mentres que en segundo e terceiro lugar quedaron sendas “tartas de tres chocolates”. Os tres galardoados recibiron vales por importe de 200, 100 e 50 euros, respectivamente, para gastar no comercio local da vila. Para o público infantil houbo un obradoiro de repostería no que demostraron as súas habilidades coa masa, o chocolate, o caramelo ou as golosinas. Tamén se sortearon dúas cestas con produtos da feira.
Nivel difícil
Para resolvelo, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse.
OCIO E CULTURA
4AXENDA
Exposicións - Ata o 16 de setembro Pinturas de Isabel Salgado - Sala A Fábrica de Allariz - Do 18 de setembro ao 6 de outubro - horario de tarde - Expoarte 2012 - Casa do Escudo de Verín Teatro 16 de setembro - 18 h Teatro Fantoches Baj/Carboeiro Kamishi Baj - Casa da Cultura de Allariz Cine - 16 de setembro - 22.15 h - “El último atardecer” Casa da Cultura de Verín - 20 de setembro - 22.15 h - “Le rendez-vous de París” - Casa da Cultura de Verín - 27 de setembro - 22.15 h - “El diablo es unha mujer” - Casa da Cultura de Verín Música - 15 de agosto - Xornadas de Folclore - 22:30 h. - Praza García Barbón de Verín - 18 de agosto - Concerto de “Green notes” - Festival Xardíns Allariz Feiras e festas - Do 14 ao 16 de setembro - Festas na honra da virxe do Cristal - Vilanova dos Infantes (Celanova) - 14 e 27 de setembro Feira en Xinzo - 17 de setembro - Feira en Trasmiras - 18 de setembro - Feira en Cualedro - Do 21 ao 23 de setembro - Romaría da Saínza - Rairiz de Veiga - 23 de setembro - Feira en Verín - 24 de setembro - Feira en Xunqueira de Ambía - Primeiro domingo de mes - Feira en Porqueira - Primeiro luns de mes - Feira en Sandiás - 2 de outubro - Feira en Calvos de Randín - 7 de outubro - Feira en- Vilardevós - Todos os xoves - Feira en Celanova Outros - 14 e 15 de setembro - Curso de “O uso dos monicreques no ensino” - Fundación Vicente Risco de Allariz - 26 e 27 de setembro De 18 a 21 horas - Curso de Cociña (pastas e arroces) - Fundación González Ferreiro de Allariz - 29 de setembro - 18 h - Espectáculo dramático de narrativa oral “O señor das dunas” - Casa da Cultura de Verín
4TRIBUNA ABERTA
4Curso sobre monicreques
dar fé, algúns fixémolas de todolos cores e maneiras, ensinounos a ler, e tamén a escribir, e como non... os números, que tiñamos que escribílos nun caderno... cada rapaz ata onde soupese... Eu que era moi espabilado cheguei escribir ata o número cen pero quedamos abraiados, cando vimos que o fillo pequeno da “Morena”, do bar “A canteira” chegou cun caderno cos números do un o mil... Hoxe gozamos coa anécdota, e falando con moitos dos compañeiros que estivemos alí recordan con orgullo a fermosa clase que carecía das comodidades que teñen hoxe os nosos fillos, pero onde xamais sentimos o frío do inverno a pesar de carecer de calefacción central. Presidía o local un retrato do Xeneralísimo sempre serio no meu maxín mais parecía que un sorriso cínico brotaba, estirándolle o bigote cando entonábamos, na primeira hora da mañá, o “cara el sol con la camisa nueva...”. Na primavera, un tarriño de flores frescas, sempre adornaban o sitio, e despois nós, un grupiño de rapaces que fixemos o posíbel por aprender todo o que a mestra nos ofrecía. Era un aula especial, non porque tivera o mellor das posibilidades, senón por outros motivos, que foron irrepetibles. Dentro da casiña, tíñamos un vater para
poder facer pipi, sen ter que sair á rúa coa rasca do inverno. “O recuncho dos ratos” era onde ías parar se te portabas mal, e podo asegurar, que as primeiras veces, parecía, que os ratos roíanche os pés! Cando os charlatáns facíanse notar, a mestra tiña unha pinza da roupa, que posta na lingua, era o santo remedio para non dar pío en media hora, e así moitas e variadas peripecias facían que o pasáramos en grande ao mesmo tempo que aprendíamos sen presa e sen agobios. No outro lado do muro, estaba o colexio dos padres mercedarios, cos que na hora do recreo compartíamos o patio sen problema, tan só con saltar a rexa, aproveitando unha figueira que facía de escada. Alí, sempre había un balón dos de reglamento (era colexio de pago...) para darlle unhas patadiñas e pasar o tempo. Estes días comenzou o novo curso para os nosos fillos, e ollando un intre os cativos, coas mochilas do Madrid e do Barca, “cheas de nada e baleiras de todo”, encorvados, e coa cachola cara ao chan, esquecen o divertimento na volta oa “cole”. Canto me gustaría que o balón de reglamento fora o protagonista de novo, para ter que elexir a “pares ou nones”, sen trampas! os equipos. Coido, que todo aquelo
esfumouse cos tempos e os aparellos electrónicos enchen os bolsos destes nenos, que alucinan coas pantallas dixitais das aulas e os deberes feitos por internet. Dende aquí, quero facer, en nome de todos os rapacesda miña xeración e que pasamos polas “escolas”, un homenaxe agradecido ás mestras polo esforzo que fixeron na nosa educación, sen esquecer, que todo o seu traballo deu o froito desexado na maioría dos casos, e ainda que daquela “os recortes” eran de verdade, non baixaron o brazos, e fixeron da vocación o empuxe para realizar o que máis lle gustaba... ensinar. As “Itas”, como cariñosamente lle chamábamos os rapaces ás mestras, Lolita, Candita, Purita, Manolita, Aurita e Conchita, as que dende parvulo ata quinto do E.X.B nos deron leccións de todo tipo, sempre dende o respeto, pilar fundamental da educación. Un bico moi grande de corazón. Miguel “Sotelo”
4 A Sala A Fábrica acolle a mostra de Isabel Delgado
Coñeza algúns superalimentos Chlorella: - resolve os problemas de intestinos, prisión de ventre e até prevención de cancro de intestino; - normaliza o funcionamento dixestivo; - prevé gastrite e úlcera; - axuda o tratamento de doenzas como todos os tipos de cancro, eliminando os efectos negativos da quimio e radioterapia; - aumenta a inmunidade xeral. Sementes de chia: - colabora na redución do colesterol; - controla a glicerina;
- axuda a formación ósea; - mellora a inmunidade do organismo. Levadura de cervexa: - bo repositor de vitaminas e minerais; - axuda a mellorar a produción de insulina (excelente para diabéticos); - auxilia no tratamento de hemorroides e prisión de ventre. Xermen de trigo: - reduce os niveis de azucre no sangue; - fonte de ácidos gordos non saturados como o ome-
“O uso dos monicreques no esino” é un curso que a Fundación Vicente Risco de Allariz organiza os días 14 e 15 de setembro, en horario de tarde, nas súas propias instalacións, e que está dirixido profesores de educación primaria e secundaria. Durante as 10 horas que dura o curso os asistentes poderán aprender coas intervecnións de Antonio Blanco -que abordará o uso dos monicreques na recreación da memoria-, e da compañía Títeres Cachirulo - que se achegará ao desenrolo do guión, os personaxes e a acción a través desta técnica-. Os interesados en participar neste curso deben inscribirse (ata completar as 10 prazas coas que conta) no correo electrónico secretaria@fundacionvienterisco.com achegando os seus datos persoais, de contacto e centro de ensino; e abonar os 20 euros que custa o curso na conta da Fundación. Os asistentes serán seleccionadas por rigurosa orde de inscrición.
“Un homenaxe agradecido ás mestras polo esforzo que fixeron na nosa educación”
4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA O estilo de vida estressante e a constante exposición do noso organismo a toxinas reducen o nivel de nutrintes almacenados no noso corpo. Por iso, é bo incorporar os superalimentos e tamén os suplementos naturais biolóxicos na nosa dieta diaria, pois son saborosos e conteñen nutrintes, antioxidantes e outros elementos que poden acabar con infeccións, suprimir células de cancro, regular os niveis de azucre do sangue, fortalecer os osos e axudar a perder peso.
27
EN BREVE
As escolas, da ilusión e mestras con vocación Xa pasou máis de medio século dende a sua inaguración, e segue impoñente o edificio do colexio “Amaro Refoxo”, na rúa Irmáns Fernández Álvarez de Verín. Agora que paso a miúdo por diante del, acórdome da miña época de alumno das “escolas” como lle chamábamos antes os rapaces do barrio. Podo contar que pasei por todas as aulas que formaban o maravilloso colexio, onde comencei a batalla particular coa aprendizaxe e a metodoloxía da época, que moito, moito botamos de menos “os papás” da miña xeración. En todos os cursos quedan recordos dos acontecementos que sucederon, que en verdade, son difíciles de borrar. Mais hoxe quero voltar cun recordo, a primeira aula onde iniciei, a apaixoante viaxe pola escola. Corría o ano 1972, e facendo esquina a rúa Mariano Carrero coa estrada de Laza, había unha casiña de planta baixa, cun corredor de madeira e paredes de palla e barro que formaba parte do colexio, onde os máis cativos enredabamos cos números e coas letras. Alí Doña Lolita Otero, a nosa primeira mestra, coa paciencia da súa xuventude para aguantar o grupo de nenos, que podo
BARRIOS Setembro de 2012
ga 3 que vai axudar os niveis de colesterol nefasto - LDL; - indicado en caso de doenzas nerviosas como o insomnio, esclerose múltiple e esgotamento. Alén destes, non podemos descartar outros superalimentos como os brócolis, froitas vermellas, a mazá, o ovo, as leguminosas e o viño tinto que tamén contribúen, e moito, á saúde e xuventude do noso organismo. Non esquecer que “nós somos aquilo que comemos”. João Damião
A sala de exposicións A Fábrica de Allariz acolle estes días a exposición de Isabel Delgado. A artista de Verín presenta na vila alaricana unha colección dos seus últimos traballos que se poderán visitar na sala ata o día 16 de setembro. A produción pictórica de Isabel Delgado Martínez comeza nos seus inicios cunha dedicación especial ao oleo. Nos últimos anos pasa a empregar aucarela, reflictindo nos seus cadros, sobor de todo, paisaxes, interiores e natureza morta.
28
BARRIOS Setembro de 2012
OCIO E CULTURA
Allariz, vila artesá 4 25 postos atraeron á vila a numerosos visitantes. Redacción Un ano máis, e xa van dez edicións, o casco histórico de Allariz acolleu o mercado de artesanía “Arte de Man”, un encontro dos profesionais
do sector co obxectivo a recuperación etnográfica e dos oficios que se están a perder. Durante a xornada do domingo 9 de setembro, 25 artesáns, 11 deles locais e o resto de diferentes pun-
Misa no Santuario da Armanda, na parroquia celanovesa de Rabal. /A. MÍNGUEZ.
Devoción mariana en Celanova como peche festivo estival Alejandro Mínguez O mes de setembro caracterízase pola devoción mariana no concello de Celanova con dúas citas de interese: as festividades no Santuario da Armada, na parroquia de Rabal, e no Cristal, na parroquia de Vilanova dos Infantes. Mentres que a celebración relixiosa estaba organizada dende hai moito tempo, a parte máis lúdica de verbena estivo a piques de non se organizar en ambos os casos, aínda que ao final as orquestras regresaron e regresarán ao campo da festa da Armada e do Cristal como peche do calendario festivo estival en Celanova tralas festas de agosto. No derradeiro día de agosto comezou a novena no Santuario da Armada baixo a dirección do párroco Manuel Rodríguez Seguín. Distintos colectivos da vila de San Rosendo, como a asociación de Amas de Casa Ilduara e a Asociación de Mulleres Rurais Maravalla, peregrinaron ata o campo da festa para participar na novena ás oito do serán os sábados 1 e 8 de setembro. O final de festa tivo lugar os días 8, 9 e 10 coas actuacións de “Beyvi”, “Acmé” e a orquestra “Fin de Siglo”. Centos de persoas participaron nas festas na honra da Virxe avogada da cabeza e achegáronse a cear churrasco e polbo á feira. Case rematada a novena na Armada daba comezo
a novena do Cristal o día 6. Ata o día 14 celébranse dúas misas nas xornadas laborais, ás 8:30 e 19:30 horas e tres celebracións os sábados e domingos, ás 8:30, 12:00 e 18:30 horas. Están previstas peregrinacións de case todas as parroquias do Arciprestado celanovés, máis de medio cento segundo explicaba o párroco de Vilanova, Adolfo Enríquez. Do mesmo xeito que acontecía coas festas na Armada, a crise estivo a piques de deixar as festas do Cristal sen orquestras e actuacións, pero ao final unha comisión veciñal facíase cargo da organización. O día 14 anima a festa a orquestra “Supercombo”. Haberá pasarrúas por Celanova no día grande, o 15 de setembro e no Santuario, haberá eucaristías dende as 8:00 horas. Ás 11:30 horas terá lugar a Procesión do Encontro con posterior misa maior no campo do Cristal. Os danzantes de Vilanova volta-
rán á rúa para interpretar os bailes gremiais da vila medieval. A verbena será por conta da orquestra “Poceiro” e a actuación estelar a cargo das coñecidas Mucha e Nucha, as cantareiras de Ardebullo protagonistas no programa Luar da TVG. As festas rematarán o día 16 coa intervención da Banda de Música de Celanova e a orquestra “Madeira”. O ciclo festivo estival remata xa iniciado o outono en Acevedo do Río. A parroquia celanovesa celebra as festas lúdicas os días 21, 22 e 23 de setembro en honor a San Cibrao e o día 26 o capítulo relixioso. A vindeira cita de peso, as XXVII Xornadas Micolóxicas de Celanova (outubro-novembro).
Finalmente haberá orquestras e actuacións no Cristal
Cerimonia relixiosa no Cristal, Celanova. /A. MÍNGUEZ.
Público observando un posto de cestería. /CdA.
tos de Galicia, mostraron os seus traballos na Praza Maior e a Praza de Abaixo, no certame organizado polo Concello de Allariz e a Asociación de Artesáns da vila. O coiro, a cerámica, o esmalte, o téxtil, a madeira ou a cestería foron os protagonistas do mercado marcado, segundo explica Cruz García, técnica de promoción económica “polo bo tempo e a ampla oferta de artesanía que fixo que durante toda a xornada a afluencia de público fose importante” Ademais de apreciar e mercar diferentes pezas de artesanía os asistentes puideron participar nun obradoiro de cestería impartido polo cesteiro Carlos González.
Coiro, cerámica, téxtil, madeira ou cestería foron algúns dos oficios presentes no mercado
OCIO E CULTURA
BARRIOS Setembro de 2012
29
Alonso Montero, nomeado “Arraiano Maior” 4 Celso Emilio Ferreiro, “Arraiano Universal” no centenario do seu nacemento. Alejandro Mínguez A Asociación Arraianos decidiu por unanimidade recoñecer a Celso Emilio Ferreiro Míguez como “Arraiano Universal” a título póstumo e ao escritor Xesús Alonso Montero como “Arraiano Maior da Raia Seca 2012” polo seu traballo no eido da sociolingüística, así como polos estudos realizados sobre escritores galegos, segundo explicou o voceiro do colectivo cultural, Aser González Álvarez. Os actos de entrega dos galardóns tiveron lugar o día 31 de agosto en Celanova nunha xornada festiva e de lembranza a Celso Emilio cargada de actividades que comezaron ás 10:30 horas cun roteiro literario pola vila de San Rosendo no que se evocou aos literatos locais. A comitiva participante visitou o lugar onde Celso Emilio estivo preso durante tres días na Guerra Civil e onde escribiu a Longa noite de pedra. Un símbolo e un espazo onde Celso Emilio Ferreiro se convertía en “Arraiano Universal” no centenario do nacemento do autor celanovés que mantiña unha relación de amor-odio coa súa vila natal. Unha montaxe artística de Baldomero Moreiras inmortalizaba o momento, mentres
relataba a súa experiencia vital co autor homenaxeado, do mesmo xeito que fixo o poeta e artista gráfico Baldo Ramos, quen elaborou un libro de homenaxe para a ocasión, ambos os dous tamén celanoveses. A Fundación Celso Emilio Ferreiro recibiu o diploma que acredita a distinción como “Arraiano Universal”. Tamén houbo tempo
X.Alonso Montero./A.M. para unha ofrenda floral e un acto poético-musical no cemiterio de San Breixo, onde se entregaba o segundo recoñecemento da xornada, neste caso ao profesor Alonso Montero diante da tumba de Celso Emilio, 33 anos despois do seu falece-
mento cando, por certo, o profesor, na súa condición republicana, actuou de sacerdote laico. O Himno Arraiano interpretado polo gaiteiro Daniel Romero puxo fin á primeira parte da festa. Espectáculo multimedia Trala comida “Arraiana”, na que se proxectou o vídeo dos actos de 2011, baixo a dirección do profesor de historia Plácido Romero Bernardo, os participantes gozaron dun espectáculo multimedia nos soportais da Praza do Millo, na mítica Taberna do Galo que describiu Celso Emilio nunha das súas obras, con actuacións musicais de Bann Kalac, Porco Dinamita, Inbibo e os Pornoenogastrophoners, e intervencións poéticas, nas que estiveron presentes autores como Pepe Cáccamo, Luís Ferreiro, Daniel Salgado, Baldo Ramos, Xosé Benito Reza, Davide Pérez, Baldomero Moreiras, Víctor Campio ou o propio galardoado, Alonso Montero. Houbo tempo para degustar as “galeguesas”, carne da bisbarra de calidade e gozar en compaña. Era o peche dun día intenso, de actividades recollidas polas cámaras para o documental que sobre Celso Emilio dirixe o tamén celanovés Aser Álvarez para a Televisión de Galicia.
Autoridades e galardoado, no Auditorio de Celanova./ALEJANDRO MÍNGUEZ.
O actor Luís Tosar, poeta de Celanova Alejandro Mínguez O actor lucense Luís Tosar é dende o pasado 2 de setembro poeta de Celanova ao recibir o premio “Celanova, casa dos poetas” na súa 28 edición que concede anualmente a Fundación Curros Enríquez. O acto tivo que dar comezo sen a presenza do homenaxeado, algo que nunca acontecera na historia do premio e que lle conferiu certa intriga. Tosar desculpou o seu atraso pola mala interpretación do horario e chegou a Celanova coa ofrenda floral diante do monumento a Celso Emilio Ferreiro na data do 33 cabo de ano xa iniciada e presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez. Anunciou o conselleiro que se o ano 2012 foi o ano de Celso Emilio Ferreiro, o 2013 será o de “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro, pero ta-
mén dos precursores Eduardo Pondal e do celanovés Curros Enríquez. O protagonista de películas como “Te doy mis ojos”, “Los lunes al sol” ou “Celda 211”, merecedor de tres premios Goya da Academia do Cine, non defraudou aos seus seguidores cunha mensaxe comprometida con Galicia e co galego, malia carecer de guión neste caso. Reivindicou o papel da Cultura na sociedade actual e criticou a merma de apoio ao sector. Reclamou o espazo de seu dos artistas e “dignidade” por riba dos cartos e dixo que quería “envellecer” como actor. Leva vinte anos no mundo do cine e “agardo estar outros vinte máis”. Emocionado, dixo non ser merecedor de tal distinción, cualificando de “brutal” ou “descomunal” o feito de recibir un premio que teñen as principais personalidades da cultura galega e, malia que o aforo do Auditorio de Celanova non estaba nin
moito menos cheo, arrincou aplausos e ovacións de varios minutos. O secretario da Fundación Curros Enríquez, Antonio Piñeiro, dixo que nada máis poñerse sobre a mesa o nome de Luís Tosar, non houbo máis propostas e a distinción foi por unanimidade. Resaltou o xurado do premio e tamén o seu compañeiro Farruco Castromán as cualidades humanas e profesionais do actor lucense, comprometido tamén a levar o nome de Ourense e de Celanova polo mundo adiante. Un home sinxelo que gusta dos ovos con chourizo e conduce un todoterreo de segunda man. O alcalde de Celanova, Antonio Mouriño, e o vicepresidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, reforzaron a importancia da figura de Tosar no mapa cultural da Galicia actual como “galego universal cos pes no chan”, dixo Mouriño Villar.
Tosar reivindicou o papel da Cultura e criticou a merma de apoio ao sector
30
BARRIOS Setembro de 2012
4IMAXES
OCIO E CULTURA
DO MES
Entrega de diplomas aos voluntarios da Bibliopiscina Os 12 rapaces que mantiveron este verán a Bibliopiscina de Verín recibiron de man da concelleira de Cultura e Igualdade, María Corona Meixeira Romasanta, un diploma acredidativo do seu labor de voluntariado neste servizo. Por cuarto verán consecutivo, a Bibliopiscina estivo en funcionamento nas piscinas descubertas da Granxa. O seu obxectivo: estender os servizos bibliotecarios aos usuarios desa instalación deportiva, potenciar a lectura e atraer á biblioteca a un público que non é usuario habitual, incluíndo a realización de actividades lúdico-culturais, fóra do curso escolar. Este servizo, que estivo aberto un total de 198 horas e formalizou máis de 2.200 préstamos, ofertou un fondo de máis de 200 volumes, entre libros, cómics e revistas, en tres idiomas, así como diferentes xogos de mesa.
Máis de 200 menores visitaron a mostra ‘Galicia, biodiversidade’ Un total de 220 nenos e nenas visitaron en Verín a exposición itinerante ‘Galicia, biodiversidade’, promovida pola Xunta de Galicia e a Obra Social ‘La Caixa’. A mostra, situada no Centro de Interpretación de Verín, permitiu aos menores de diferentes iniciativas municipais, como o Verán Deportivo ou a Ludoteca de Verán, coñecer, a través de diferentes paneis, a diversidade de especies animais e vexetais que se poden atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan e as múltiples formas de ameaza que poden afectar as súas poboacións. Esta exposición gratuíta contou coa presenza dun educador ambiental que ensinou aos asistentes a importancia e o coidado do contorno, a través de obradoiros, actividades de dinamización e materiais expositivos.
Obradoiros, xogos e sendeirismo no campamento do Invernadeiro Durante seis días de agosto, unha expedición de trinta e tres nenos de Verín participaron nunha nova edición do campamento do Invernadeiro, organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil co obxectivo de que os seus participantes reciban unha educación ambiental e ecolóxica. Os menores, de entre 8 e 14 anos, tiveron actividades socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia, así como rutas de sendeirismo polas distintas zonas de interese do Parque Natural do Invernadeiro. Todas elas destinadas a ocupar o seu tempo de lecer, nun lugar idóneo tanto pola súa infraestrutura como polo seu contorno natural, que permitiu unha inmersión na riqueza ambiental da zona a través do xogo e da diversión.
O cociñeiro Arzak visita Ourense Ducias de persoas non se quixeron perder a charla que o recoñecido cociñeiro vasco Juan Mari Arzak impartiu no Centro Cultural Marcos Valcárcel o pasado 10 de setembro, dentro do Foro estable creado polo Grupo Cuevas e o Inorde coa castaña como principal protagonista. Este mestre da cociña visitou Ourense por primeira vez para falar da contribución da castaña á gastronomía en xeral e concretamente á súa cociña, así como da súa traxectoria vital, as súas grandes receitas ou a chave para situar o seu restaurante entre os dez mellores do mundo.
CLASIFICADOS / SERVIZOS
BARRIOS Setembro de 2012
31
Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Alejandro Mínguez, S.N. Nº70 / 6- Ano: VII - Setembro 2012 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.
4CLASIFICADOS
ALUGUER/VENDA
VENDAS
Alugo piso a estudantes en praza España (Vigo) a partir da segunda quincena de agosto. 3 habitacións, equipado. Tel 639 816 209. Alúgase apartamento en Panxón, fronte á praia, para o verán, 1 dormitorio. Tel. 679 04 06 04. Vendo piso en Allariz 100m2, 3 hab., amoblado, cociña con electrodomésticos novos, tel. 654 822 622 Vendo parcela na Lagoa de Antela (Xinzo), de 8 ha e 30 a, Tel. 660 48 87 90. Vendo casa na estrada de Santiago (Ourense). Tel. 637 005 910. Alugo oficina xunto ao pazo de Xustiza de Ourense e outra no casco vello. Tel. 637 005 910. Oportunidade! Venta de piso de 2 habitacións con baño, cociña, trasteiro, garaxe. A 5 de praia América. Tel.: 636 422 497. Alugo apartamentos dunha e dúas habitacións para pontes e fins de semana, a 30 euros o día. Tel.: 607 271 916
Véndese ordenador portátil, 110 euros, tel. 647272198 Compraría remolque de turismo novo ou usado de 2 eixos. Tel. 686 54 00 87. Vendo figuras de manga, anime / series TV, locomotoras e xogos de PC. Tel 691 017 095. Vendo Opel Astra 66.000 km. Prezo a convir Tel 606 722 866. Vendo estanterías metálicas de 1 m x 70 cm. Tel. 988 470 855. Vendo años caseiros 8 euros/ kg Tel. 676 928 138 Vendo sillas de madeira seminovas, en moi bo estado. Tel. 988 252802 / 680 580 022. Vendo máquina de coser semi industrial (Refrey) e caixa rexistradora en bo estado. Tel. 687 379 473 Vendo fabricador de xeo e cafeteira de dous brazos para hostalería. Tel. 616 76 44 37. Vendo varias pías de distintos tamaños. Tel. 607 900 375 (Xinzo) Vendo centeo embalado. Prezo a convir. Tel: 626 073 751. Vendo sofá 3+2, caldeira de calefacción de gas cidade, botelleiro para bar. Tel: 637 005 910. Vendo máquina expendedora de bebidas quentes. Tel.: 666 726 469 Vendo conxelador 160x70 cm, Zanussi Aplus, garantía 2 anos, sen usar. Tel. 647 232 974 Vendo vestido comuñón, seminovo (impecable) Mayna colecion 2012. Bo prezo.Tlfno.619516824. Vendo Volvo 760 turbo intercooler, impecable, moi barato. Tel. 629 87 90 82 Vendo 2 sillas de coche para bebé e 2 carriños, prezo interesante, practicamente novas. Tel. 629 87 90 82. Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 630 521 448. Véndese Mercedes en bo estado con extras, 1.500 euros. Tel. 630 521 448 Vendo carriño de bebé completo (silla paseo, capazo e silla de viaxe) en perfecto estado, 250 euros. Tel. 687 511 472 e 988 37 30 50 (noites).
EMPREGO
Ofrécese mozo para traballar como axudante en tarefas de limpeza, mudanzas, pintura, obras, e calquera traballo sen cualificación específica. Tel. 650 27 11 58. Ofrécese muller con informes para traballar en casas e coidar persoas maiores e cativos. Tel: 988 25 86 34 e 608 153 256 Ofrécese Auxiliar de Xeriatría e Xerontoloxía para axuda a domicilio e coidados a anciáns e/ou dependientes. Tel. 697 629 739. Ofrécese persoa responsable con experiencia para o coidado e atención de persoas maiores, encamadas, aseos, etc. Prezos económicos. Tel: 618 646 959 e 639 818 920. Música para cerimonias (piano e voz). tel. 658 88 84 47 Danse clases particulares de boxeo impartidas polo campión de España do ano 2007. A calqueira hora do día. Tel: 647 232 974. Desbrózanse fincas con tractor e fanse traballos agrícolas. Tel. 630 521 448 Ofrecese persoa para seguridade personal, acompañamento,vixilan cia, etc. (home 45 anos, pertenecente a f.c.s.e) . tfn: 636.32.95.24 Ofrécese servizo de modista. Traballos de calidade, puntualidade e bo prezo.tfn:988.25.53.02
Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados de maneira gratuíta no 988 239 634 ou en info@ ourenseporbarrios.com
4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada
988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258
Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)
988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222
BARRIOS Setembro de 2012
A asociación O Grelo Verde divulga a vida ecolóxica [páx. 8] TEMA DO MES Páx.2
TEMA DO MES Páx.3
Inicio do curso para máis de 19.000 escolares na provincia
Os partidos prepáranse para as eleccións do 21-O
COMARCA
Páx.4
“Puertas de Galicia” presenta a Olimpíada Gastronómica
DEPORTES
Páx.24 OCIO
Os andaríns teñen citas por toda a provincia
Páx.30
A Bibliopiscina e o Invernadeiro, nas imaxes do mes
Expertos avalían a rehabilitación do castelo de Monterrei
[páx.6]
Un dos expertos do comité asesor observa un dos proxectos presentados para a rehabilitación da fortaleza ./RAMSÉS.
Número: 70 - Ano:VI - Setembro 2012- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
BARRIOS Setembro de 2012
Entrevista ao párroco de Celanova, Cesáreo Álvarez TEMA DO MES Páx.2
TEMA DO MES Páx.3
Inicio do curso Os partidos para máis de 19.000 prepáranse para as escolares na provincia eleccións do 21-O
ALLARIZ
Páx.15
O Festival de Xardíns incluirá obras de arte na vindeira edición
COMARCA Páx.18
[páx. 20] DEPORTES Páx.25
A ministra de Fomento Castro e Esmorís, vencedores do visita as obras do viaduto de Arnoia triatlón de Allariz
Luis Tosar, premiado en Celanova
[páx. 29]
O domingo máis doce Entrega do premio “Celanova, casa dos Poetas” ao actor./A. M.
[páx. 26]
Un stand da Feira do Doce de Allariz./P.LODEIRO
Número: 6 - Ano: VI - Setembro 2012- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
BARRIOS Setembro de 2012