Entrevista ao piragüista olímpico galego David Cal [páx.24]
TEMA DO MES Páx.2
XINZO
Páx.8
Resultado das eleccións: Feijoo revalida a maioría
Xinzo ten máis dunha vintena de obras en execución
COMARCA
Páx.8
Agricultores limiáns fórmanse na xestión de residuos
ESPECIAL P.19-21
OCIO
Páx.22
Especial Vodas: fotografía, traxes de noivos, restaurantes...
Xinzo xa pensa no Entroido: convocado o concurso do cartel
O PP aproba a suba de 26 taxas Pleno de Xinzo, este martes 13, que aprobou a actualización de 28 ordenanzas, cos votos a favor do grupo de goberno./P.L.
Número: 72 - Ano:VII - Novembro 2012 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
BARRIOS Novembro de 2012
TEMA DO MES
O PP amplía a súa maioría
4 Os populares suben ata 41 deputados, o PSOE cae a 18 e o BNG a 7 e irrumpe AGE con 9 parlamentarios. P. Lodeiro O resultado das eleccións galegas do 21 de outubro deparou unha ampla maioría para o PP. Malia recibir unha porcentaxe e número de votos inferior aos dos anteriores comicios, os populares superaron amplamente a barreira da maioría absoluta (fixada nos 38 escanos), acadando 41 deputados. Pola contra, a actual oposición parlamentaria sufriu un forte batacazo, caendo os socialistas de 25 a 18 deputados e o BNG de 12 a 7. A sorpresa da xornada deuna Alternativa Galega de Esquerda, que irrumpe no Parlamento galego como terceira forza política, sumando 9 parlamentarios. No que respecta aos datos da provincia de Ourense, o PP repetiu o seu éxito, engadindo un parlamentario máis aos sete que xa tiña, a costa do PSOE, que baixa de 5 a 4. Das dúas actas que tiña o BNG unha vai parar agora para a coalición entre Anova e Esquerda Unida. Así, na lexislatura que comeza serán deputados por Ourense os populares Jesús Vázquez, Carmen Pardo, Miguel Ángel Santalices, Antonio Rodríguez Miranda, Cristina Romero, Antonio Mouriño, Enrique Poly Nóvoa e Moisés Blanco, os socialistas Pachi Vázquez, María Quintas, Carmen Acuña e Raúl Fernández, a nacionalista Tereixa Paz, e David Fernández Calviño, de AGE. Democracia Ourensa-
na, con 4.203 votos, Compromiso por Galicia, con 3.246, o partido de Mario Conde, SCD, con 2.800 votos, e Escanos en Branco, con 2.070 votos, foron as catro seguintes forzas máis votadas na provincia, pero xa sen conseguir representación. No conxunto de Galicia a abstención foi apenas un punto maior que nas eleccións de 2009 (pasou do 35,57 ao 36,20%) , mentres que Ourense foi a única provincia que rexistrou máis participación (a abstención caeu do 35,87 ao 33,01%). Resultados por comarcas Ao igual que no conxunto de Galicia e na provincia de Ouense, nas catro comarcas nas que se reparte o periódico Barrios (Monterrei, Allariz-Maceda, A Limia e Terra de Celanova) o PP foi o claro vencedor das eleccións do 21 de outubro. Na comarca de AllarizMaceda, o PP foi o partido máis votado, co 46,68% dos votos (4.090), seguido por BNG (23,01% e 2.016 votos), PSdeG (14,03% e 1.230 sufraxios) e AGE (6,70 % e 587 votos). A abstención foi do 30,59%. Na Limia, os populares obtiveron o apoio do 56,55% dos votantes (7.534 papeletas), o PSdeG o 19,92% (e 2.654 votos). O BNG foi a terceira forza máis votada (7,90 e 1.053 votos) e a coalición AGE a cuarta (746 sufraxios e 5,59% dos votos). Abstivéronse o 30,55% dos votantes. Houbo un 29,51% de
abstención. Na Terra de Celanova, o PP subiu ata un 57,55% de apoios (6.982 votos), os socialistas alcanzaron un 18,06% (2.191 votos), o Bloque tivo 1.738 votos (14,32%) e a coalición EU-Anova 533 sufraxios (4,39%). A abstención foi dun 34,22%. Por último, na comarca de Verín-Monterrei, o dominio do PP aínda foi maior (58,50% e 8.479 votos), o PSdeG sacou 3.045 votos (21%), o BNG 1.370 votos (9,45%) e Alternativa Galega de Esquerda 692 votos (4,77%). Como excepcións ás vitorias populares en case todos os municipios, salientan os resultados en Vilar de Santos, onde Compromiso por Galicia foi a forza máis votada, Allariz, onde gañou o BNG, e Castrelo do Val, con vitoria socialista. O PP gaña tamén no CERA No reconto do voto do Censo de Residentes Ausentes (CERA), o PP acadou 1.202 votos dos 2.442 emitidos –dos cales 2.414 foron válidos-, acadando deste xeito o 49,80% de apoio. A segunda forza política, o PSOE, acadou 636 sufraxios, supoñendo o 26,34% do total de votos emitidos.
O novo Parlamento galego formarase o 16 de novembro
De arriba a abaixo: os deputados Jesús Vázquez, Carmen Pardo, Miguel Á. Santalices, Antonio Rguez. Miranda, Cristina Romero, Antonio Mouriño, Enrique Poly, Moisés Blanco (PP), Pachi Vázquez, María Quintas, Raúl Fernández, Carmen Acuña (PSOE), Tereixa Paz (BNG) e David Fdez. Calviño (AGE).
VERÍN E COMARCA
26 parados de Verín e Vilardevós participarán nun obradoiro de emprego
4 Formaranse durante seis meses en xardinería, carpintería e axuda a domicilio. Redacción A Consellería de Traballo e Benestar concedeu aos Concellos de Verín e Vilardevós un obradoiro de emprego para a formación de 26 desempregados nas áreas de xardinería, carpintería e axuda a domicilio. Este obradoiro, denominado ‘Pozo do Demo’ e de seis meses de duración, busca a formación das persoas participantes, favorecendo a súa inserción laboral e facilitando a obtención do certificado de profesionalidade nas áreas nas que se formen. Os interesados en participar só deben cumprir dous requisitos: ser maiores de 25 anos e estar inscritos no INEM. Os distintos módulos O módulo de axuda a domicilio está destinado a oito alumnos, que recibirán clases teóricas nos distintos ámbitos de axuda e poderán realizar prácticas nos domicilios das persoas que demandan este servizo en Vilardevós e Verín, que no momento actual ascenden a 162. Os participantes realizarán actividades destina-
O alcade de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o de Vilardevós, Manuel Cardoso, durante a presentación deste obradoiro de emprego./CdV. das coa atención das necesidades básicas dos usuarios (aseo persoal, atención doméstica, limpeza da vivenda, acompañamento ós servizos sanitarios e outras xestións que poidan xurdir na vida diaria). Con respecto aos módulos de xardinería e carpintería, están destinados a 10 e oito alumnos, respectivamente, e o seu obxectivo é a recuperación do antigo camiño que comunica Cabreiroá (Verín) con A Veiga das Meás (Vilardevós), agora desaparecido nalgúns tramos debido á vexetación, co fin de convertelo nunha ruta de sendeirismo.
Por iso, entre as actividades que realizarán os participantes neste obradoiro atópase o desbroce e retirada de escombro; estabilización de firmes; implantación de sinalética; colocación de valado de madeira naquelas zonas nas que existan fortes desniveis; elaboración de escaleiras ou pasos de madeira nos lugares que, debido as fortes pendentes, así o requiran; a execución e colocación de bancos de madeira nas zonas de lecer; e a execución e colocación de mesas interpretativas da fauna, flora e historia do lugar.
BARRIOS Novembro de 2012
Actividades educativas para todos durante o curso escolar 4 O programa “Kero-kolo”, idiomas, debate e preparación para a obtención do graduado. Redacción O departamento de Educación Familiar do Concello de Verín promove para o novo curso un amplo abano de actividades educativas destinadas a nenos, mozos e adultos, co obxecto de fomentar unha educación de calidade, e evitar o absentismo e fracaso escolar. Segundo sinalou o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, “o complicado momento que nos toca vivir está dando lugar a un dobre fenómeno: por un lado, as persoas desempregadas, de baixa cualificación, ante a imposibilidade de atopar traballo, deciden regresar ao sistema educativo para completar os seus estudos; por outro lado, o alumnado, ante as baixas expectativas de atopar emprego desanímase, chegando a situacións de absentismo e fracaso escolar”. Con esta iniciativa buscan precisamente facer fronte a ambos problemas, xa que segundo Morán “a inversión nas persoas é a mellor maneira de prepa-
O II Pleno Infantil terá lugar o 27 de novembro
Presentación das actividades educativas./CdV. rarnos para saír da crise”. Actividades O Programa de Actividades Educativas para este curso inclúe un total de sete iniciativas. A primeira delas é a actividade ‘Estudar pode ser divertido’, encamiñada a evitar o abandono escolar do alumnado de 3º e 4º de ESO en risco de exclusión.Tamén se realizará un obradoiro de graduado e corresponsabilidade, no que os alumnos se preparan para as probas de acceso libre ao título da ESO, ao mesmo tempo que traballan a corresponsabilidade e reparto equitativo de tarefas domésticas. Outra das actividades é un programa de competencias clave e certificados de profesionalidade, que formarán aos participantes en lingua galega e castelá,
matemáticas, ciencias, tecnoloxía, inglés e dixital. Así mesmo, realizarase un obradoiro de debate para, principalmente, eliminar o temor a falar en público. Os adultos serán obxecto dunha campaña de información e sensibilización sobre as ensinanzas especiais e os certificados de profesionalidade. Ademais, chega a Verín o programa ‘Kero-Kolo’, dirixido a cativos de 2 e 3 anos e as súas familias, unha aula de convivencia que se levará a cabo os martes, ás 11.30 horas, na aula de Psicomotricidade do Pavillón Municipal. Por último, organizarase o II Pleno Infantil, que terá lugar o 27 de novembro no salón de actos do Concello e no que participarán os nenos dos centros educativos de Verín.
BARRIOS Novembro de 2012
EN BREVE
4 Curso de monitor de tempo libre O Plan de Competitividade Turística “Puertas de Galicia” e a Fundación Cipri Gomes programan un curso de monitor de actividades de tempo libre, destinado aos habitantes dos doce municipios integrantes deste plan. Este curso gratuíto será impartido nas localidades de Verín (na Casa da Xuventude) e Viana do Bolo, terá unha duración de 200 horas, e a súa finalización os participantes recibirán unha titulación expedida pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. En Verín o curso impartirase a partir do 26 de novembro. As inscricións realízanse en formacion@ fundacionciprigomes. com ou no teléfono 698111603.
4 I Concurso de fotografía “As cores de Monterrei” Co obxectivo de promocionar, difundir e recoñecer a creatividade da fotografía no mundo do viño a D.O. Monterrei e a Asociación “Ruta do viño de Monterrei” convocan o concurso de fotografía “As cores de Monterrei”. Poderán participar todos os maiores de 18 anos con fotografías que reflictan obrigatoriamente o castelo de Monterrei e un viñedo. O primeiro premio recibirá 300 euros e haberá dous accésits. O prazo de admisión de obras finaliza o 23 de novembro. [+ info en concursorutadelvinomonterrei@gmail.com e 988 590 354 ]
VERÍN E COMARCA
Vázquez Abad acode á inauguración da biblioteca do CEIP Princesa de España 4 A Consellería investiu un total de 17.150 euros nesta instalación. Redacción O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez, visitou o pasado 30 de outubro as novas instalacións da biblioteca do CEIP Princesa de España de Verín, co gallo da súa inauguración trala ampliación realizada, da que se benefician os 269 estudantes do centro. Cómpre salientar que a Consellería ten achegado a esta biblioteca 17.150 euros a esta biblioteca, tanto para a adquisición de fondos como para contribuír á súa ampliación. Durante o seu percorrido pola biblioteca, no que estivo acompañado pola xefa territorial da Consellería na provincia, Mercedes Gallego, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán; Vázquez Abad
destacou a importancia das bibliotecas escolares para fomentar entre o alumnado a lectura e a investigación. De feito, esta conta con arredor de 5.000 exemplares e 4 ordenadores, e ten previsto adquirir outros 2 computadores máis. O conselleiro en funcións recordou tamén que este centro está a traballar con tres kits de aula dixital, coas que o departamento educativo da Xunta dotou ao CEIP para que o seu alumnado desenvolva as súas competencias no uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación. Contrato-programa Así mesmo, Vázquez Abad salientou o esforzo realizado polo CEIP Princesa de España para poñer en marcha iniciativas para o apoio e reforzo educativo, impulsadas pola Consellería a través do contrato-pro-
grama asinado co centro. No marco do mesmo, o colexio desenvolveu un programa de reforzo, orientación e apoio, na modalidade de acompañamento para realizar a atención educativa de 3 grupos de alumnos de 2º e 3º ciclo de primaria, do que se beneficiaron 32 alumnos. Cómpre sinalar que a iniciativa superou incluso as súas expectativas iniciais, coa mellora dos resultados académicos de, polo menos, un 59% de alumnos destes grupos. “Estamos a falar dun programa que foi elaborado polo propio centro, en base ás súas debilidades e fortalezas”, eloxiou Vázquez Abad.
Esta biblioteca dispón de 5.000 exemplares e 4 ordenadores
Xesús Vázquez estivo acompañado na súa visita do alcalde de Verín, entre outros./R.T.
A de Monterrei foi a única Denominación de Orixe galega que aumentou a súa produción na colleita do 2012.
Monterrei culmina a súa maior vendima 4 A DO superou en 500.000 quilos a colleita do 2011. Redacción A vendima na Denominación de Orixe Monterrei tivo nesta edición o seu comezo o día 15 de setembro, 9 xornadas máis tarde que na anterior campaña e finalizou o 25 de outubro. Este atraso estivo motivado pola tardanza na brotación, así como as suaves temperaturas que se produciron durante o ciclo fenolóxico da planta e a ausencia de precipitacións durante este ciclo, o que reduciu considerablemente o número de tratamentos fitosanitarios que permitiu obter uns viños moito máis complexos. Nesta edición recolléronse un total de 2,7 millóns de quilos de uva, 500.000 máis que na anterior campaña, o que fai que esta vendima sexa a de maior recollida de uva na historia desta Denominación de Orixe. As uvas que entraron nas adegas presentaron un estado fitosanitario ex-
celente, sendo en primeiro lugar vendimiadas as variedades Godello, Treixadura, Doa Branca e Albariño en brancos, mentres que en tintos foron Mencía e Bastardo. Aumenta a entrega de contraetiquetas O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei distribuíu durante os primeiros 9 meses do ano 1.337.159 contraetiquetas, supondo esta cifra un incremento do 9 % respecto ao mesmo período do 2011. O presidente do Consello Regulador, Antonio A. Méndez Atanes, mostrou unha gran satisfacción polo incremento porcentual experimentado durante os últimos cinco anos, constante e sostido en vendas, así como polos resultados da última vendima que sinalaron á denominación de Orixe Monterrei como a única de todas as galegas que aumentou a súa produción.
VERÍN E COMARCA
Nova reunión da Mesa para a atención ás vítimas de violencia de xénero 4 Fíxose un balance do ano, resolución de dúbidas xurídicas e promoción dun obradoiro para menores. Redacción O salón de plenos do Concello de Verín acolleu unha nova reunión da Mesa da para a mellora da atención ás vítimas da violencia de xénero, presidida pola concelleira de Igualdade, María Corona Meixeira, a representante da Subdelegación do Goberno de Ourense, María José Fernández, e a responsable do Centro de Información ás Mulleres, Carmen Serrano; e na que participaron traballadores sociais das mancomunidades da comarca de Verín, persoal do hospital comarcal, centro de saúde, dos corpos e forzas de seguridade do Estado, colexio de avogados, educación e xustiza. Ao longo da sesión, pre-
sentouse a labor do CEDIM de Monterrei, que é un proxecto europeo que pretende promover redes de cooperación transfronteiriza de ámbito municipal entre Galicia e o norte de Portugal, mediante a creación de Centros de Información ás Mulleres que presten servizos de información, formación e orientación, que ata o momento se crearon en Tui, A Cañiza e Monterrei, así como no municipio portugués de Vila Verde. Contido da reunión Ademais da realización dun balance do ano 2012, aclaración de dúbidas xurídicas co obxecto de mellorar a coordinación entre os diferentes servizos que conforman esta Mesa, e promoción do obradoiro de ‘Tera-
pia ocupacional en menores vítimas de violencia de xénero”, destinado a restablecer as ocupacións dos menores vítimas da violencia de xénero, utilizando como medio de intervención as artes plásticas para lograr a máxima independencia e autonomía.
Obxectivos da Mesa A Mesa para a mellora da atención ás vítimas da violencia de xénero busca mellorar a atención e conseguir a súa adaptación ás necesidades reais das mulleres vítimas de violencia; garantir os dereitos e liberdades da cidadanía; eliminar a vitimi-
BARRIOS Novembro de 2012
zación secundaria; garantir que desde os servizos sociais, sanitarios, policiais e operadores xurídicos se transmita información responsable e unificada ás mulleres afectadas por unha situación de maltrato; promover e apoiar proxectos de prevención da violencia de xénero e de detección precoz de situacións de violencia na familia; sensibilizar e potenciar a formación continua dos profesionais que reciben demandas de atención a vítimas de violencia; e incrementar o nivel de confianza das vítimas no sistema.
A esta reunión - presidida pola concelleira de Igualdade, unha representante da Subdelegación do Goberno e a responsable do Centro de Información ás Mulleres- acudiron traballadores sociais, persoal do hospital, e corpos e forzas de seguridade.
Bos datos en asistencia sanitaria Redacción
Segundo datos do Sergas, a 30 de setembro, os hospitais de Ourense, Verín e O Barco manteñen bos índices asistenciais, cunha media de 48 días para intervencións cirúrxicas (32 no caso concreto de Verín). O aumento, ata o 70,67%, do rendemento cirúrxico permitíu realizar 10.821 intervencións, de xaneiro a setembro en xornada ordinaria en todos os hospitais, delas 1.268 en Verín. Esta actividade mantén á baixa a espera media de patoloxías, sendo de 10 días no caso das de Prioridade 1 e de 48 en Prioridade 2. En canto á media de espera para unha primeira consulta, a media global nos tres hospitais é de 38 días, baixando ata os 22 en Verín, moi por debaixo da media global do Sergas de 58 días.
BARRIOS Novembro de 2012
VERÍN E COMARCA
Licitada a mellora da rede hidráulica da rúa Canella Cega 4 Instalarase un colector de pluviais. Redacción
Autoridades xunto aos gañadores./CdV.
Entréganse os premios da I Olimpíada Gastronómica 4 Resultaron vencedores Casa Manola, Restaurante Bruma e Bar Gandainas. Redacción Casa Manola, Restaurante Bruma e Bar Gandainas foron os tres establecementos gañadores da I Olimpíada Gastronómica, iniciativa organizada polo Plan de Competitividade Turística “Puertas de Galicia”. O salón de plenos do Concello de Verín acolleu, a entrega dos premios do concurso, que se desenvolveu nos fins de semana do 15 de setembro ao 14 de outubro e no que participaron 16 establecementos das comarcas de Verín e Conso-Frieiras, ofertando tapa, menús e cócteles, realizados con produtos autóctonos ou representativos das dúas comarcas Os cócteles, menús e tapas participantes optaban a premios, que foron outorgados polos clientes dos establecementos que efectuaron as súas votacións a través
da páxina web de “Puertas de Galicia” e as súas redes sociais. O resultado da votación, na que participaron 271 persoas que formalizaron 729 votos, outorgoulle o primeiro posto a Casa Manola -na categoría de tapa-, Restaurante Bruma -na de menú- e Bar Gandainas -na de cóctel-. Con todo, como segundo e terceiro clasificado en cada unha das categorías quedaron: Restaurante Brasil e Bar Gandainas, en tapas; Casa Manola e Restaurante Brasil na categoría de menús; e Aldea Rural A Cortiña e Pub Golf’s na de cócteles. Revalorizar a gastronomía A I Olimpíada Gastronómica ‘Puertas de Galicia’ tivo como obxectivos revalorizar a gastronomía das dúas comarcas como un produto turístico en si mesmo e alongar a tempada turística na zona.
4 Estrea dunha guía turística O territorio de “Puertas de Galicia” estrea guía turística. Aproveitando a entrega de premios da I Olimpíada Gastronómica, presentouse esta guía na que se detalla información natural, patrimonial e histórica de cada un dos doce municipios adheridos a este plan e que conforman o xeodestino Verín-Viana, así como os recursos económicos máis significativos destas comarcas, como o viño da Denominación de Orixe Monterrei. Esta guía aparece coa intención de desenvolver un destino turístico cohesionado, que permita promocionar conxuntamente os recursos existentes das comarcas de Verín e Conso-Frieiras e así competir no mercado turístico.
O territorio “Puertas de Galicia” participou no intercambio cultural ‘Vive Galicia’, organizado durante os días 9 e 10 de novembro na cidade de Alicante. Como representación destas dúas comarcas asistiron os Concellos de Verín, Oímbra, Riós e Viana do Bolo, Asociación do Cigarrón de Verín, Banda de gaitas de Verín, Boteiros e folións rurais de Viana do Bolo, Vellarróns do Riós, PCT “Puertas de Galicia”, Denominación de Orixe Monterrei, Ruta do Viño Monterrei, e adegas Fragas do Lecer, Tabú, Abeledos e Pazo de Valdeconde.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 26 de outubro a licitación das obras para a mellora das infraestruturas hidráulicas na rúa Canella Cega de Verín, por un importe de 392.133 euros. Na actualidade, a rede de saneamento discorre polo medio da rúa e acométense a ela as augas pluviais, o que provoca que en época de chuvias se producen inundacións. O proxecto autorizado agora recolle a modificación do trazado do colector procedente do barrio
de San Roque, converténdoo no colector xeral ata o seu entroncamento coa rede existente. Fanse aliviadoiros á canle existente de pluviais. Na parte alta da rúa Canella Cega faise a separación das augas, cunha rede para pluviais. Ademais, completarase a rede de abastecemento por ambas as marxes da rúa e reporanse todos os servizos afectados.
e verta na canle existente de pluviais. Así mesmo, na cabeceira da rúa Espido proxéctase tamén un pequeno colector de pluviais procedentes da zona de Fontenova. As actuacións tamén se centrarán na colocación de tubaxes de abastecemento en ambas as marxes da rúa, bocas de rega-incendio e as correspondentes válvulas de corte.
Melloras Na rúa Canella Cega instalarase un colector de pluviais que recolla as verteduras que se producen na cabeceira da propia rúa
Tamén se colocarán tubaxes de abastecemento nas marxes e bocas rega-incendio
Un seminario analizará a participación xuvenil nas agrupacións transfronteirizas 4 Do 19 ao 24 de novembro, na Eurocidade. Redacción Do 19 ao 24 de novembro, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o Seminario europeo ‘A participación xuvenil nas agrupacións transfronteirizas’ na Eurocidade Chaves-Verín, coa finalidade de que representantes de colectivos xuvenís de distintas agrupacións transfronteirizas europeas poidan debater sobre as súas propias realidades e compartir as súas experiencias. Durante unha semana, mozos e mozas galegas compartirán as súas realidades con mozos europeos doutras cidades transfronteirizas. O número de participantes galego-portugueses, con idades entre 18 e 30 anos, será de seis, procedentes das Eurocidades Chaves Verín e Tui – Valença. Obxectivos O seminario impartirase na oficina de información xuvenil transfronteiriza da Eurocidade, situada en Feces de Abaixo. Os
A Eurocidade Chaves Verín participou os días 26 e 27 de outubro no programa ‘Xuventude en Movemento’ na localidade pontevedresa de Tui, unha iniciativa da Estratexia Europa 2020 para fomentar a mobilidade, educación, emprego e espírito empresarial entre a mocidade. seus obxectivos son, entre outros, visibilizar a realidade da mocidade residente en localidades transfronteirizas; fomentar a participación xuvenil e a empregabilidade entre a mocidade das zonas europeas transfronteirizas; promover un espazo de intercambio de experiencias entre dinami-
zadores e líderes xuvenís de rexións transfronterizas; proporcionar os medios para a creación dunha rede europea de localidades transfronteirizas de cara a futuros proxectos conxuntos; e xerar novos recursos e ferramentas para promover a participación xuvenil en áreas transfronteirizas.
VERÍN E COMARCA
BARRIOS Novembro de 2012
O obradoiro “Comunícate” chega a Verín e Sandiás 4 O 16 e 17 de novembro. Redacción O obradorio “Comunícate”, enmarcado no programa Activa da Dirección Xeral de Xuventude, recala nos vindeiros días en Verín e en Sandiás. Mozos dos dous municipios coñecerán os días 16 e 17 as claves comunicativas para enfrontarse con solvencia ás necesidade de cada día. En Verín, a cita é o venres 16 de 18 a 20 horas na Casa da Xuventude. En Sandiás, o sábado 17 a partir das 11:30 horas na Casa da Cultura. Aspectos que se abor-
darán no obradoiro son a comunicación verbal e non verbal, a importancia de saber transmitir, a comunicación no grupo, a preparación do discurso, a xesticulación, a voz, o movemento e estratexias para perder o medo escénico. As dúas charlas están dirixidas a mozos menores de 30 anos, e son de especial interese para técnicos locais, animadores xuvenís, ou membros de asociacións. Na de Verín é preciso inscribirse con anticipación na OMIX ou no 988 414 776.
Foto de grupo dos estudantes verineses e daneses diante da Casa do Concello de Verín. /CdV.
Alumnos daneses visitan a Eurocidade dentro programa educativo Comenius Do 6 ao 9 de novembro, doce alumnos procedentes de Copenhague, acompañados de profesores, unha vintena de estudantes do IES Taboada Chivite e educadores do mesmo visitaron a Eurocidade, dentro do proxecto ‘Xóvenes estudantes en Europa’, enmarcado no programa educativo Comenius. Durante esta visita, alumnos e mestres foron recibidos polo tenente de alcalde de Verín, Enrique Díaz, que lle amosou as actuacións e iniciativas sociais, deportivas e culturais que se están a desenvolver no concello. Así mesmo, visitaron Ourense e Santiago de Compostela, e os recursos termais, vitivinícolas e patrimoniais de Verín. O proxecto ‘Xóvenes estudantes en Europa’naceu co obxectivo de estudar diversos temas de traballo como a auga (realizado no pasado curso), o estado de benestar (prestando atención a crise económica), a dimensión intercultural a través do cine e os personaxe do Entroido nas zonas de Verín e Veneto (Italia). No vindeiro mes de maio, serán os estudantes de Verín os que viaxarán a Dinamarca.
Reforzan a seguridade nas estradas provinciais de cara ao inverno Redacción A Deputación de Ourense presentou a Campaña de Vialidade Invernal 20122013, cuxo obxectivo é reforzar a seguridade nas estradas provinciais para facer fronte ás adversidades meteorolóxicas propias do inverno. Para tal fin, ponse en marcha un operativo que contará con 49 vehículos e maquinaria, entre quitaneves, camións, cargadoras, motoniveladoras e vehículos de menor tamaño con coitela, que actuarán nos 2.340 quilómetros de estradas da provincia de Ourense (1.840 dos cales
pertencen a vías provinciais e 500 a vías municipais). Como novidade este ano incorpóranse equipos GPS nas quitaneves e nos vehículos dos vixiantes de liñas. Cabe destacar que a previsión de almacenaxe de sal para as estradas achégase ás 1.900 toneladas e o persoal da Deputación adscrito a este operativo é de 62 persoas, persoal que podería incrementarse se as condicións meteorolóxicas fosen extremas. Entre outros almacéns, os de Verín e Xinzo reciben cada un 200 toneladas de sal.
Durante a semana do 15 de outubro a Escola Cooperativa Móbil estivo situada no complexo deportivo de A Granxa.
O cooperativismo chega a Verín Dentro da súa labor de fomento e promoción do cooperativismo, a Consellería de Traballo e Benesta achegou a Verín a Escola Cooperativa Móbil, na que se ofreceu información completa sobre este sistema, orientación da man de técnicos especializados e un completo programa de actividades, co obxectivo divulgar e fomentar o cooperativismo entre a xuventude; presentar o autoemprego en xeral e o cooperativo en particular como fórmula viable, desexable e aconsellable para acadar un traballo de calidade e satisfactorio; ou visibilizar as cooperativas como unha alternativa real ao desemprego. Durante a semana do 15 de outubro a Escola Cooperativa Móbil -que ao longo deste curso achegarase ata 25 centros de ensino e a aproximadamente 2.000 alumnos- estivo situada no complexo deportivo de A Granxa e, ademais de ser visitada por estudantes do IES García Barbón, achegáronse ata a mesma diversos grupos de emprendedores da zona. De seguido esta Aula Móbil visitará outras localidades ourensás como Xinzo de Limia ou a propia capital.
BARRIOS Novembro de 2012
XINZO E COMARCA
Xinzo ten máis dunha vintena de obras en execución 4 Todas elas supoñen unha inversión total de ao redor de 1,6 millóns de euros. Redacción Instalación solar térmica e de biomasa na piscina, mellora das beirarrúas da rúa Rosalía de Castro, renovación de parte do alumeado do casco vello.... e así ata 22 son as obras que neste intre permanecen en execución en Xinzo de Limia. Máis dunha vintena de proxectos que sumarán unha inversión que supera o millón e medio de euros, e dos que a concelleira de Persoal, Montse Lama, destaca “o aforro nas facturas que lle suporá aos veciños”, así como que estas melloras teñen como finalidade “que Xinzo teña o nivel de vida que merece”. Unhas das instalacións pendentes de máis melloras son as piscinas. Por unha banda, está aínda por realizar a instalación solar térmica e de biomasa na piscina climatizada, cuxo importe de 268.500 euros permitirá un aforro do 60% dos 80.000 euros de consumo anual que ata o de agora vén sumando esta instalación. Así mesmo, a mellora do interior do edificio das piscinas municipais tamén figura en execución, e suporá unha inversión de 1.500 euros. Infraestructuras Pero ademais, hai outras insfraestructuras que en Xinzo se mellorarán ou executarán nos vindeiros meses (e anos). Por exemplo, está aínda pendente a creación do Museo Galego do Entroido (que terá un custo de 300.000 euros) e dun centro social en Paredes (por un importe de 60.000 euros). No
Agricultores limiáns fórmanse na xestión dos residuos de produtos fitosanitarios 4 A través de charlas organizadas pola Oficina Agraria Comarcal de Xinzo. Paula Lodeiro
Edificio no que se situará o Museo Galego do Entroido, que terá un custo de 300.000 euros. tocante ás melloras, agarda unha ampliación o Centro de Visitantes da rúa San Mamede (24.000 euros), a instalación de ascensor nas oficiñas de Servizos Sociais da estación de autobuses (27.925,28 euros), e a reforma da Casa da Cultura e a ampliación do seu salón de actos (60.000 euros). Ademais, mantense á espera das determinación de AGADER, a recuperación do centro social de Moreiras (60.000 euros), a creación dun centro social en Pena e a recuperación do forno de Baronzás. Reformas urbanísticas Así mesmo, diversas rúas de Xinzo están pendentes dalgunha reforma, como é o caso da avenida de Ourense, na que se renovarán as beirarrúas, saneamento e abastecemento da súa marxe dereita (por 150.000 euros). Ademais, nas rúas Rosalía de Castro e Álvaro Cunqueiro tamén se mellorarán as beirarrúas (por un importe de 41.300 euros cada unha); no casco vello renovaranse
tres callejóns (por 49.000 euros); mellorarase a pista da Armada e travesía de Baronzás (por 58.800 euros), tamén se renovará a zona sita entre Rosalía de Castro e avenida de Portugal (49.500 euros) e construirase unha rotonda nos cruces do parque do Toural (por 1.000 euros). Alumeado Por último, figuran aínda en execución diversas obras de mellora de alumeado e saneamento. Por unha banda, renovarase a iluminación de Santa Mariña e outras rúas do casco vello (por preto de 59.000 euros) -co que se logrará un aforro do 40% no gasto de luz-, e instalaranse Leds no parque empresarial (cun custo de 64.480,80€). Por outra, mellorarase a conexión da rede de saneamento entre Pena – Soutelo – Trandeiras (por 116.611 €), e o colector de saneamento de San Pedro – Rebordechá (por un importe de 153.555€).
Saber como desfacerse correctamente dos envases baleiros de produtos fitosanitarios é un dos temas centrais dunha serie de charlas organizadas pola Oficina Agraria Comarcal de Xinzo coa colaboración da empresa Sigfito. Ante a aparición de nova normativa sobre xestión e tratamento destes produtos, de uso habitual nos cultivos da comarca, desde a Oficina Agraria consideraron de importancia informar aos agricultores sobre as novidades neste eido. Rosa María García é a técnica de Campo que imparte as charlas, nas que se aborda que facer cos residuos procedentes de produtos fitosanitarios. Nin enterrar, nin queimar, os envases deben entregarse nun punto de recollida, por exemplo, unha cooperativa agraria ou no propio distribuidor de produtos
fitosanitarios. Na provincia de Ourense, recollen os residuos en, entre outros, catro establecementos de Xinzo e un de Verín. Os envases deben entregarse baleiros e secos, sen produto nin ningún outro tipo de residuo. Ademais, as garrafas e botes deben enxaugarse tres veces. Unha vez depositados, o agricultor obterá un xustificante como comprobante. Nas charlas recórdase que a lei sanciona con multas de ata 120.000 euros por enterrar, queimar, ou mesturar estes envases con outros residuos. Próximas charlas Proximamente as charlas impartiranse no resto de municipios da comarca da Limia: o 20 de novembro en Trasmiras, o 28 en Porqueira, o 4 de decembro en Sandiás e o 11 de decembro en Xinzo de Limia. Outras actividades A organización destas se-
sión informativas é tan só a punta do iceberg do labor que desenvolven desde a Oficina Agraria de Xinzo. Segundo informa o técnico Guillermo Budiño, entre as súas principais tarefas están a tramitación de incorporacións de mozos á actividade profesional agrogandeira, de transferencias de explotacións e cotas lácteas, ou de ceses anticipados na actividade agraria. Impartir cursos para a obtención do carné de aplicador de produtos fitosanitarios, realizar campos de ensaio de patacas e cereais, formar parte das xuntas locais de concentración parcelaria, confeccionar informes para organismos competentes en materia de colleitas, pragas en cultivos ou danos meteorolóxicos, ou a atención diaria de consultas nas propias oficinas son outras das actividades que realizan na Oficina Agraria Comarcal de Xinzo.
Grupo de agricultores de Xinzo asistentes a unha destas charlas./PAULA LODEIRO
PUBLICIDADE
BARRIOS Novembro de 2012
10
BARRIOS Novembro de 2012
Vilar de Santos desenvolve actuacións ambientais Redacción
Cunha dotación global de 55.000 euros, o Concello de Vilar de Santos está levando a cabo un programa ambiental con diversas actuacións no termo municipal, territorio englobado na Reserva da Biosfera Área de Allariz. Unha das actuacións financiadas dentro deste programa é a mellora e acondicionamento dos cauces de regatos e desaugadoiros, coa súa limpeza, drenaxe e continuidade, para evitar o encharcamento dos terreos agrícolas e posibles inundacións e o deterioro dos cultivos e das infraestruturas. Estanse acondicionando un total de 12 quilómetros de cauces e desaugadoiros. A eliminación e selado dun vertedoiro ilegal existente no municipio, coa recollida e separación dos residuos, o seu traslado a un lugar autorizado xunto con outros labores de descontaminación e restauración e rexeneración da zona procedendo ao acondicionamento da zona, é outra das actuacións. Unha terceira acción é o acondicionamento da rede de sendeiros e camiños para mellorar e diversificar a oferta de turismo e ocio do concello con novas posibilidades de goce da paisaxe e o medio natural e patrimonial. Deste modo, o Concello está acondicionando, limpando e desbrozando case 20 quilómetros de sendeiros en Castelaus, Parada e o Ruxidoiro, na zona núcleo da Reserva da Biosfera. Por último, o Concello desenvolve un Programa de Educación Ambiental que inclúe cursos, conferencias e un proxecto piloto específico sobre residuos, reciclaxe e fomento da compostaxe. Estas actuacións están enmarcadas dentro do convenio asinado entre os concellos da Reserva da Biosfera (Vilar de Santos, Allariz, A Bola e Rairiz de Veiga) e o Ministerio de Medio Ambiente, con vixencia ata o 31 de marzo de 2013.
XINZO E COMARCA
Remata en Xinzo un curso de capacitación agraria para mozos 4 Os 25 alumnos recibiron formación para ser titulares dunha explotación agraria. Redacción 25 mozos da provincia ourensá remataron na localidade de Xinzo da Limia un curso de aptitude empresarial agraria, coa orientación produtiva de gandería extensiva, organizado pola Consellería de Medio Rural e do Mar, a través do seu servizo de Explotacións Agrarias. Os alumnos, con idades comprendidas entre os 18 e os 40 anos, participaron neste curso intensivo durante 250 horas lectivas, repartidas en 8 módulos, co fin de obter a formación necesaria para poder acceder á subvención que a administración autonómica concede, cofinanciando xunto coa Unión Europea e o Estado, aos mozos que desexen incorporarse como titulares dunha explotación agraria con garantía de éxito. No que vai de ano, a Consellería de Medio Rural impartiu sete cursos máis de aptitude empre-
Lola Rico, na súa ponencia en Santiago.
A coordinadora da Escola de Saúde da Limia participa nunha xornada do Sergas Redacción
Responsables da delegación provincial de Medio Rural estiveron na clausura do curso en Xinzo. sarial agraria, así como algúns módulos específicos nalgunhas das orientacións produtivas. Este tipo de cursos teñen como principal obxectivo capacitar aos mozos para a súa incorporación á actividade agraria. Ademais, proporcionan aos participantes a formación para lograr que a actividade agraria empregue medios de produción
agraria sustentable e compatible co medio ambiente, ao mesmo tempo que se conseguen uns produtos máis saudables para a poboación.
Os cursos son necesarios para acceder á subvención da administración
A coordinadora da Asociación Escola Rural de Saúde da Limia, Lola Rico, participou en Santiago na I Xornada Galega de UPP (úlceras por presión) en Dependentes organizadas polo Sergas. Por primeira vez tívose en conta a participación do “coidador” nunhas xornadas técnicas. Rico, que asistiu en representación de todos os coidadores de Galicia, interviu co relatorio “Achegando a formación ao coidador”, que versaba sobre a experiencia que se está desenvolvendo en Xinzo
de Limia coa implicación de persoas coidadoras, profesionais e institucións locais, e como a proposta educativa que están a levar a cabo no medio rural está a ter tan bos resultados. En palabras de Lola, “só o feito de que os coidadores estean representados porprimeira vez nunhas xornadas profesionais do Sergas xa dan conta dos pasos que se van dando a favor dun colectivo tan esquecido, e se, ademais, se nos pide que sexamos nós quen os representemos, é unha grandísima honra que se nos fai en recoñecemento de que imos polo bo camiño no noso traballo”.
XINZO E COMARCA
BARRIOS Novembro de 2012
O PP de Xinzo aproba en solitario a suba de 26 taxas
Aprobada unha modificación da ampliación do polígono de Xinzo Redacción
4 Toda a oposición solicitara que se conxelaran. Paula Lodeiro O debate sobre a actualización de 28 ordenanzas municipais para 2013 centrou o pleno do mes de novembro da corporación de Xinzo. O PP fixo valer a súa maioría absoluta para aprobar a actualización das taxas, das que só dúas baixan de prezo: as de instalación de terrazas polos hostaleiros e de paneis publicitarios, mentres que o resto se incrementan, 22 delas aplicándolle a actualización do IPC (3,4%). Toda a oposición solicitara ao grupo de goberno que se conxelaran os tributos municipais, ao entender que non era o momento axeitado debido á crise económica e que trala suba só hai un afán recadatorio. O alcalde, Antonio Pérez,
xustificou a actualización de taxas na aplicación do Plan de Axuste e reprochoulle á oposición que non fixera unha “oposición constructiva”; “nunca vin a ninguén que trouxera unha solución”, dixo. Finalmente, BNG, PSOE e Manuel Pérez Campos (Anova) votaron en contra, e os dous membros do grupo mixto (APGA e AIDAL) abstivéronse. Coa mesma votación, o PP ratificou a supresión da paga extra de Nadal aos funcionarios, que suporá un aforro duns 196.000 euros ao Concello. Unanimidade Por unanimidade aprobáronse unha moción conxunta para que non se aplique o IVE do 21% nos consumos eléctricos realizos antes do
1 de setembro e se devolva aos veciños de Xinzo o indebidamente cobrado, así como unha moción socialista contra os desafiuzamentos. De igual modo saíron adiante, co apoio unánime de toda a corporación, a aprobación do estudo de detalle que afecta a algo máis de 14.000 metros cadrados na paraxe de Lamela, no núcleo de Morgade, e unha iniciativa para instar á Xunta e á Deputación a colocar pasos elevados nos núcleos de Lamas, Ganade, San Pedro e Parada de Ribeira, con fin de reducir os atropelos. A unanimidade mantívose nas votacións de sendas declaracións institucionais sobre o 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero, e sobre o Alzhéimer.
11
Antonio Pérez, alcalde de Xinzo (PP).
Elvira Lama (PSOE).
Teresa Puga (AIDAL).
M. Pérez Grande (Anova).
Ramiro Suárez, (BNG).
Francisco Romero (APGA).
O Consello da Xunta aprobou a modificación puntual do proxecto sectorial do Parque Empresarial de Xinzo de Limia, que ten como obxectivo a súa execución por fases. Con esta modificación a ampliación queda dividida en cinco polígonos, o que permitirá adaptar a súa execución á demanda real existente. En total, a ampliación terá unha superficie de 695.860 metros cadrados, dos que 463.855 serán para uso industrial, 38.494 para uso terciario, 72.135 para zonas verdes, 8.432 para esapazos libres non computables, 13.987 para equipamento público e 98.957 para rede viaria. O investimento total previsto para esta ampliación proxímase aos 19 millóns de euros.
12
BARRIOS Novembro de 2012
EN BREVE
4 Aprendendo a facer “mexunxes” As asociacións veciñais de San Mamede, Queiroás de Igrexa e Vilaboa de Allariz organizaron durante a última semana de outubro un obradoiro de elaboración de “mexunxes” para o autocoidado. A actividade, enmarcada no programa Mulleres Compartindo, está baseada nos coñecemento das mulleres nos usos das herbas da contorna. Zeltia Burgos, axente forestal, mostrou ás asistentes a elaboración dun “mexunxe” relaxante e tamén para os golpes así como unha almofada para durmir mellor.
4 O Parque de Chorente reforza o subministro eléctrico O Concello de Allariz adxudicou o contrato de mellora de infraestructura eléctrica do parque empresarial de Chorente. “A nova obra de subministro permitirá mellorar a iluminación pública e o abastecemento ás empresas, ao mesmo tempo que mellorará a eficiencia enerxética no polígono” explicaba o alcalde. Os traballos foron adxudicados por un importe de 119.999 euros á empresa Montajes Eléctricos Hermanos Fraguas e “consistirán na instalación de vías alternativas de subministro para, ante calquera incidente, garantir o servizo ás empresas do polígono”. A actuación conta cunha subvención do 80% da Consellería de Industria.
4 A Fundación Vicente Risco dixitalizará os seus fondos
A Fundación Vicente Risco de Allariz acaba de iniciar o proceso de dixitalización de todos os seus fondos, un total de 60.000, co obxectivo de achegar o legado documental de Vicente e Antón Risco a toda a poboación. As primeiras obras dixitalizadas xa se poden consultar gratuitamente a través da web www.fundacionvicenterisco.com
ALLARIZ E COMARCA
Entrevista a Milagros Ferreiro Estévez, administradora:
“O obxecto social da Fundación está encamiñado á formación”
4 Os seus retos: dar a coñecer máis as actividades da Fundación Ramón González Ferreiro en Allariz e contorna e conseguir cursos homologados pola Xunta relacionados co deseño e o medio ambiente. Paula Lodeiro Declarada de interese galego en 1986 e recoñecida e clasificada como benéfico-docente pola Consellería de Educación, a Fundación Ramón González Ferreiro é un verdadeiro promotor educativo en Allariz, desde as súas instalacións en Paciños. Milagros Ferreiro Estévez, neta dun primo de Ramón González, é a súa apoderada e administradora, e forma parte do padroado da Fundación xunto a outros seis membros, entre os que está o seu irmán, o seu pai e outros familiares do fundador. Cal é a orixe da Fundación Ramón González Ferreiro? Milagros Ferreiro: “O fundador, Ramón González Ferreiro, foi natural de aquí, da aldea de Paciños; emigrou a México no ano 1914, de noviño, fixo fortuna e morreu no ano 1980. Nós constituimos a Fundación en 1985, apareceu o testamento, non houbo últimas vontades nin tiña familia directa porque non casou nin tivo fillos. Fíxose o edificio no ano 91, 92, e a partir de aí arrincamos. O obxecto social estaba encamiñado á formación, porque el deixou dito no testamento que era para un colexio; claro, no ano 1948 non había escolas, e iso deixouno moi claro e mantémolo. Quería unha cátedra de inglés, pois como estaba en México tiña negocios con Estados Unidos e botou en falta o idioma. No ano 98, 99 empezamos a dar clases de inglés extraescolares, os sábados toda a mañá, cos nenos de Allariz, e foi a máis e xa fixemos para adultos e toda a semana”.
Milagros Ferreiro, na sede da Fundación Ramón González Ferreiro, en Paciños (Allariz)./P.LODEIRO.
“O ano pasado tivemos máis de 4.000 visitas, sobre todo de escolares, ao Centro de Educación Ambiental O Rexo” O Centro de educación ambiental O Rexo é outra das vosas iniciativas. M.F.: “Empezou como un centro de formación de gandeiría, o que chamábamos nós escola silvopastoril, no ano 98. É un proxecto xunto co Concello de Allariz, buscamos que a xente poida gañar cartos sen abandonar o campo, e fomos a unha granxa de ovellas, e de ovellas de leite, en Galicia as ovellas son de carne, pero aí non lle sacas cartos, sácalles cartos no queixo. É un proxecto no que nos axudou un instituto de investigación vasco a polo en marcha, trouxemos un rabaño da zona de Vitoria, 200 ovellas en setembro de 2000, a parideira foi en xaneiro de 2001 e empezamos. É un queixo tipo Idiazabal, maduro. A Fundación creou unha SL para comercializar o queixo, que se vende no Corte Inglés de toda Galicia, en Allariz vendemos en todas as tendas de delicatesen e en restaurantes. É unha experiencia moi bonita, aínda que deu moito
traballo; unha experiencia piloto para que a xente o vira, coa idea de facer unha cooperativa. Nós non lle sacamos máis que o comido polo servido, pero para unha familia si resultaría; economicamente, sería un soldo para un matrimonio. E de feito hai unha familia de madrileños en Castro Caldelas que montaron unha granxa de cabras; nós facemos seis meses queixo de ovella, de xaneiro a xullo, e eles fan o resto do ano, é dicir, a queixería está en funcionamento todo o ano. Na escola silvopastoril tiñamos poucos alumnos, pero tiñamos visitas, ás veces viñan colexios. Entón o que fixemos foi unha aula de natureza, e agora é o que funciona: o Centro de Educación Ambiental O Rexo. O ano pasado tivemos máis de 4.000 visitas, sobre todo de escolares, moitas escolas infantís, moitos veñen ver os cordeiros na época da parideira, xaneiro e febreiro, e ata xullo e agosto funciona. O noso forte é o centro de
educación ambiental”. E a Fundación tamén ten un albergue… M.F.: “E outra actividade para nós importante, o albergue, que é complementario do centro de educación ambiental, porque moitos escolares veñen visitar o Rexo e demandan actividades para dous ou tres días, fan rutas, un obradoiro de reciclaxe en inglés, teñen saídas a Allariz… E o albergue é no verán cando funciona máis, cando facemos os campamentos, todo o mes de xullo, este verán tamén fixemos unha semana en agosto, e agora vou ofertar xullo e agosto, con grupos de 8 a 11 anos e de 12 a 14”. Durante unha década tivestes unha colaboración coa escola de deseño Felicidad Duce, ides aproveitar as instalacións para ofertar algún curso de formación? M.F.: “A colaboración coa Escola de Deseño de Felicidad Duce comezou en 1998, cunha visita do daquela alcalde Anxo Quin-
tana e o deseñador Adolfo Domínguez, quen mandaba os seus traballadores a formarse a Barcelona, aí empezou a escola de deseño. Agora sacamos o curso de costura básico, porque a xente nova o solicita, xente a quen sempre lle facía as cousas a súa mamá e agora non poden. Impárteo unha profesora que estivo dando patronaxe, e ensina a manexar as máquinas, e a chegar a confeccionar unha prenda. Facémolo tres meses e despois iniciaremos un curso máis avanzado. Para aproveitar o que nos quedou da colaboración con Felicidad Duce, as máquinas de coser, o material, queremos falar coa Consellería de Educación e homologar o centro para impartir un ciclo de deseño, e ademais outro curso que teña que ver co medio ambiente. Agora saíu o ciclo formativo de monitor en educación ambiental, que podía encaixar aquí, empezou este ano e en toda Galicia só se dá en Ponteareas. A ver se conseguimos implantalo co apoio da Consellería”. Que tal é a relación da Fundación con outras administracións? M.F.: “A colaboración co Concello de Allariz é total; de feito, Cristina Cid, a tenente de alcalde, é membro do padroado, tamén está Antonio Blanco, que foi concelleiro de Cultura fai anos”. Aféctavos a crise? M.F.: “Nós mantemos os prezos do albergue, do curso de inglés e nos cursos de cociña cobramos só o material. Facemos as actividades con fondos da Fundación e algunha subvención, ata o ano pasado tiñamos un convenio con Caixa Galicia e algunha colaboración coa oficina alaricana de La Caixa, pero estamos buscando financiación por outro lado, pois agora cos tipos de interese que hai, cos fondos propios da Fundación non chegamos”. Que vos quedaría por facer na Fundación ? M.F.: “Dar a coñecer máis as nosas actividades en Allariz e en todo Ourense, parece que a zona máis próxima é a que menos nos coñece, e seguir coas nosas actividades principais: os idiomas, o albergue, darlle máis actividades ao centro de educación ambiental…”
ALLARIZ E COMARCA
O Festival de Xardíns pecha con preto de 30.000 visitas 4 A proposta gañadora foi “El auga es vida, el agua viva”, do brasileiro Raúl Diniz. Redacción Preto de 30.000 persoas visitaron nos seis meses que estivo aberto o Festival de Xardíns de Allariz (FIXA). Segundo informaron o alcalde, Francisco García, e o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, a edición 2012 do festival deixou unha recadación total de máis de 34.000 euros. Despacháronse 26.649 entradas, cunha media de 4.000 visitas ao mes e un pico de 9.000 visitantes en agosto, cifras ás que hai que engadir os 3.000 visitantes con tarxeta de cidadanía con entrada gratuíta. Todas estas cifras amosan o cumprimento de tres obxectivos principais polos que foi creado o festival, e
que fixeron del unha realidade consolidada “dinamización económica alaricana, facer de Allariz un referente no paisaxismo e na xardinería e a creación dun espazo de ocio para veciños e visitantes que forma parte dunha rede de parques e xardíns á beira do Arnoia que suman entre todos 13
hectáreas”, expresaron as autoridades locais. Raúl Diniz, gañador As votacións do público elixiron a proposta do publicista e deseñador brasileiro afincado en Allariz, Raúl Diniz, “El agua es vida, el agua viva”, como o xardín gañador deste ano,
Xardín gañador, deseñado por Raúl Diniz./ARQUIVO.
con máis do 50% dos votos. O segundo posto foi para “Magua”, de Paivert, e o terceiro para “Naturaleza Líquida” do grupo de paisaxe APEVC de Cataluña. Próxima edición O 15 de novembro pecha o prazo de propostas que formarán parte, xunto ao xardín gañador deste ano, da cuarta edición do FIXA, que terá como lema “Allariz, beleza que inspira” e no que o recinto de festival se ampliará noutros 20.000 metros cadrados no parque do Ferradal.
BARRIOS Novembro de 2012
13
O pleno de Allariz aproba a suba de cinco taxas 4 Tras un intenso debate. Redacción A modificación de cinco ordenanzas fiscais reguladoras provocou o pasado xoves 8 de novembro un intenso debate no pleno municipal alaricano. O pleno aprobaba a suba en cinco ordenanzas fiscais, IBI, lixo, auga e saneamento, “xantar sobre rodas” e instalacións deportivas “para poder sufragar o custe de mantementos dos servizos, así como para manter programas sociais ou de emprego que sufriron graves recortes por outras administracións” defendía o rexedor, Francisco García. Cos votos en contra dos populares, a corporación aprobaba a suba do tipo
de gravame do Imposto de Benes Inmobles do 0,5 % ao 0,7%; o incremento de sete euros ao ano do recibo do lixo (42 euros nas parroquias e 62 na capitalidade); un 5% da factura da auga e a actualización do IPC (2,7%) no saneamento. Por unanimidade refrendáronse as subas en torno ao 10% das taxas en instalacións deportivas e o “Xantar sobre Rodas” custará, en función da renda, ata un máximo de cinco euros.
O recibo do lixo sube 7 euros, a factura da auga un 5%, e o uso das instalacións deportivas, un 10%
14
BARRIOS Novembro de 2012
EN BREVE
4 Premio de investigación Co obxecto de manter o legado intelectual, cultural e relixioso do que fora párroco de Celanova ao longo de dúas décadas, Manuel Iglesias Grande, falecido en 1994, a súa familia estableceu dende hai 14 anos a convocatoria dun premio de investigación, convocatoria que asume tamén a Academia Auriense-Mindoniese de San Rosendo dende 2011. Nesta edición, o xoves 15 de novembro péchase o prazo de recepción de traballos, que deben presentarse na Parroquia de Celanova, ou a archivocatedral@obispadodeourense.com. O autor premiado recibirá un diploma acreditativo, 1.500 euros de dotación económica e a edición do traballo (de ser unha personalidade ou institución, recibirá unha escultura de San Rosendo).
4 Pechada a oficina de turismo de Celanova O Concello de Celanova informa que de xeito temporal a Oficina Municipal de Información Turística manterase pechada e só efectuará visitas guiadas ao Mosteiro de San Salvador previa reserva, para grupos de 10 ou máis persoas. O horario das visitas é de martes a sábado (excepto festivos) ás 11, 12 e 13 horas e pola tarde ás 16 e 17 horas. As reservas poden realizarse no 988 432 201 ou en turismo@ concellodecelanova.com.
4 Cursos nas aulas CeMIT Desde o 19 de novembro e ata o 4 de decembro desenvolverase unha actividade sobre Creación Multimedia e Web 2.0 nas aulas da rede CeMIT dos concellos de Celanova e Allariz, en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas. Esta actividade gratuíta de 40 horas ten por obxecto facer un percorrido polos procedementos básicos de creación de contidos adaptados á web.
CELANOVA E COMARCA
entrevista a JULIO GOSENDE, Organizador da Feira da Oportunidade e membro de ACCE
“Na Feira da Oportunidade do 2013 haberá novidades e algún famoso en Celanova”
4 Gosende encárgase tamén da organización da festa do San Xoan, o magosto e a Noite do Poeta. Alejandro Mínguez Julio Gosende Carballo naceu en San Cibrao das Viñas hai 41 anos, pero é de Celanova, onde leva toda a vida á fronte do negocio familiar relacionado cos mobles. Traballador, inquedo e sociable. Casado e con dúas fillas, é organizador de distintos eventos na vila de San Rosendo nos últimos anos, concretamente na rúa Celso Emilio Ferreiro, onde está o seu negocio. Tamén é directivo da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Celanova, ACCE. A última cita organizada baixo a súa tutela, o pasado venres 9 de novembro, un magosto popular con sorteos, comida, castañas e música do trío Imperio. Como xorde en vostede a inquietude para organizar eventos en Celanova? Julio Gosende: “No ano 2009 organicei a primeira Feira da Oportunidade de Celanova coincidindo co nacemento da miña filla pequena. Había tempo que non se celebraban feiras anuais e deuse a circunstancia de que tiña moita mercancía no meu negocio, a crise estaba afectando de xeito importante e había que buscar unha solución. Preguntei en
Expourense para participar na Mostra da Oportunidade que celebraban para desfacerme do importante stock e o stand custaba mil euros. Pareceume moi caro. Decidín que podía facer algo similar en Celanova para dar saída ao meu produto e ao mesmo tempo ofrecelo ao resto dos comerciantes da rúa Celso Emilio Ferreiro que puideran estar na mesma situación pero sen ter que facer fronte a un pago por stand”. Pero vostede xa tivera algunha iniciativa anterior. J.G.: “Si, fun dos que loitei para que o mercado semanal dos xoves de Celanova se mantivera o Xoves Santo, ao entender que era un día especial no que había moita xente no pobo e turistas de vacacións, e non podía cambiar para outro día só por ser festivo”. E a xente responde ben ás súas iniciativas? J.G.: “A verdade é que non hai queixa, responde moi ben”. Como consegue o tremendo éxito de público e traer a Celanova a orquestras como Panorama ou París de Noia na súa feira e non se consegue nas festas do verán? J.G.: “Con moito traballo, para financiar a Feira da Oportunidade e traer orquestras punteiras teño
Gosende é o xerente da tenda de mobles da súa familia.
Julio Gosende organizou o 9 de novembro un magosto popular en Celanova./A.MÍNGUEZ
“En Celanova fan falla empresas, crear riqueza, que haxa xente, que se reactive o gasto de novo” que organizar outros eventos como a festa do San Xoán, a Noite do Poeta ou o Magosto e recadar o posible para despois investir na Feira da Oportunidade, vendendo lotería, pedindo algún favor...” Actividades nas que a rúa é unha festa. J.G.: “Si, pechamos a rúa ao tráfico e organizamos unha cea, xogos para nenos, música, actividades para todos”. Cómo se portan as administracións? J.G.: “A verdade é que tanto Concello de Celanova como Mancomunidade fan achegas mínimas, testimoniais”. Organizou o magosto, con prezo especial para parados de longa duración. J.G.: “Si, a idea foi facer algo accesible e nestes tempos de crise, o magosto tiña un prezo xeral de 10 euros pero para parados de 1 euro”. Pódese dicir que a Celso Emilio Ferreiro é a rúa comercial de Celanova? J.G.: “Hai 36 establecementos abertos con oferta variada e moi poucos locais pechados. Hai algunha necesidade
na rúa? J.G: “Estamos no centro de Celanova, próximos ao estacionamento, con boa iluminación e servizos, de momento non hai queixa”. Como será a edición 2013 da Feira da Oportunidade? J.G.: “A feira será por quinto ano o día de Xoves Santo, coincidindo co festivo, as vacacións e o mercado semanal. Teremos, como en edicións anteriores, medio cento de postos de venda na rúa de cuestións moi variadas e, do mesmo xeito que no 2012, os concesionarios de automóbiles de Celanova que queiran participar ocuparán a rúa peonil paralela a Celso Emilio Ferreiro. Despois de acudir as orquestras de renome en anos anteriores, para 2013 estou negociando a asistencia dalgún famoso, haberá sorpresas”. A Festa do Comercio cambia de día, non? J.G.: “Si, a Festa do Comercio que era na véspera, o mércores, en 2013 pasará ao Sábado Santo. Haberá unha cea popular como nas edicións anteriores no Parque das Trigueirizas e como novidade no 2013 teremos a ocasión de degustar por-
co ao espeto, por parte dun especialista de Salamanca. Tamén haberá polbo e sorpresas para as máis de 543 persoas que participaron no 2012 e que esperamos superar no 2013. Pendente de pechar aínda a atracción musical”. Todo o traballo e dedicación, incluso supoño que algún sen sabor, compensan? J.G.: “Para min si, para min nese momento é gratificante, é unha satisfacción persoal”. Ata cando? J.G.: “Supoño que ata que me aburra”. Vostede encárgase da organización, sen vostede haberá continuidade? J.G.: “Pois non sei, á xente hai que darlle as cousas feitas, se ofreces todo listo participan, senón ao mellor nin preguntan. E para rematar, como ve o comercio celanovés en xeral? J.G.: “Pois mal, supoño que haberá xente á que lle vai máis ou menos ben, pero hai xente moi afectada pola crise”. Algunha solución? J.G.: “En Celanova fan falla empresas, crear riqueza, que haxa xente, que se reactive o gasto de novo”.
CELANOVA E COMARCA
O goberno de Celanova, en crise
4 A concelleira Montserrat Álvarez abandonou, de xeito polémico, o Partido Popular, que pasa a gobernar en minoría. A. Mínguez / P. Lodeiro A dimisión de Antonio Mouriño como alcalde para dar o salto a Santiago como parlamentario foi o inicio dos problemas entre os sete concelleiros do PP que mantiñan a maioría absoluta en Celanova dende as últimas eleccións do pasado ano. Designar a José Luís Ferro como alcalde non foi tarefa fácil e nos 10 días de prazo houbo reunións varias a moitas bandas con tres candidatos na terna, Máximo Losada, Pilar Regueiro e o propio Ferro. O 25 de setembro chegou a fumata branca, pero o grupo xa estaba tocado. Durante a campaña electoral (5 ao 19 de outubro) houbo tensión, presións e amago de dimisións de máis dun concelleiro popular, pero ao final todo pasou pola proximidade electoral e a necesidade de dar apariencia de unidade no Partido Popular. Os feitos, día a día O luns 29 de outubro, Montserrat Álvarez Vispo, concelleira do PP dende 2011 (foi a número 5 da lista), non se presentaba á Xunta de Goberno do Concello de Celanova da que formaba parte con outros catro compañeiros populares. O martes 30 de outubro, a corporación municipal de Celanova celebraba un pleno de 18 puntos na orde do día e a concelleira popular Montserrat Álvarez Vispo non acudía e non xustificaba a súa ausencia. Deixaba polo tanto en minoría ao grupo de goberno con seis concelleiros e poñía de manifesto as diferenzas no PP iniciadas coa marcha de Antonio Mouriño Villar como alcalde o 15 de setembro para presentarse como candidato ao Parlamento de Galicia. Era a primeira sesión ordinaria presidida polo novo alcalde, José Luís Ferro Iglesias. O mércores 31 de outubro o grupo de goberno do PP de Celanova solicitaba publicamente por medio dun
BARRIOS Novembro de 2012
15
4A explicación do alcalde (PP, seis edís) O alcalde José Luís Ferro, acusou veladamente a Álvarez Vispo de intereses económicos na organización das festas de Celanova. Ferro subliñou que o compañeiro sentimental da concelleira
“díscola” aparece como responsable de dúas sociedades “casualmente dedicadas á organización de eventos festivos” e á contratación de dúos, tríos, orquestras, charangas, bandas, etc”.
4A explicación de Monserrat Álvarez
O luns 12 de novembro celebrouse unha xunta de portavoces na que participaron os voceiros do PP, Máximo Losada, do PSOE, María Jesús Boo, o alcalde, José Luís Ferro, do BNG, Leopoldo Rodríguez, e a concelleira non adscrita, Monserrat Álvarez. /A.MÍNGUEZ comunicado de seis puntos a dimisión da concelleira díscola. Nese comunicado, asinado polos seis concelleiros do PP, recoñecen as “presións exercidas” por Montserrat Álvarez dende o mesmo momento da dimisión de Mouriño para facerse cunha dedicación e en caso contrario pasarse ao grupo mixto e impedir que o PP seguise no poder de Celanova. O venres 2 de novembro a concelleira presentaba a renuncia ás súas competencias e formalizaba o seu paso ao grupo de non adscritos, polo que mantén a acta de edil. Xustificou a súa actitude no feito de ter coñecido pola prensa que as festas de 2013 non estarán tuteladas polo Concello, tratándose dunha área da súa competencia. Tamén negou as acusacións formuladas polo grupo de goberno no comunicado do día 31. O sábado 3 de novembro o alcalde de Celanova, José Luís Ferro, emite un novo comunicado para contestarlle á edil díscola, subliñando que era coñecedora da decisión de non organizar as festas e incluso tiñan preparada unha reunión cos comerciantes para o día 6. Ferro acusa veladamente a Álvarez Vispo de intereses económicos polas relacións familiares que ten con empresas de organización de eventos. Ese mesmo sábado
o BNG de Celanova ofrecía unha comparecencia para falar da situación municipal, descartando unha moción de censura e anunciando un traballo intenso de control para acabar con 20 anos de xestión popular autoritaria. A rolda de prensa do PSOE sería o 8 de novembro, e nela a portavoz socialista, María Jesús Boo, consideraba que se abría unha nova etapa en Celanova na que o alcalde debería “negocialo todo” con todos os grupos políticos. Xunta de portavoces A historia continou este luns 12 de novembro coa primeira xunta de portavoces do mandato de Ferro, na que, ademais dos voceiros de PP, PSOE e BNG e o propio alcalde, estivo presente a concelleira non adscrita, Monserrat Álvarez. Malia ser tránsfuga e por tanto non poder formar parte da xunta de portavoces, o rexedor convidouna a estar presente nesta primeira reunión “por se consideraba oportuno dar a coñecer nese foro plural as razóns que a levaron a provocar a situación que súa decisión está provocando no Concello. Razóns que non deu a coñecer, xa que se abstivo en todo momento de falar na rolda de intervencións que abriu o alcalde na reunión”, indica Ferro nun comunicado.
Entre outros asuntos, na xuntanza acordouse facilitar a contratación de persoal para reabrir a oficina de turismo, e os voceiros da oposición solicitaron o traslado a horario de tarde dos plenos e a dotación dalgún local para cada grupo, algo que o alcalde de Celanova se comprometeu a estudar. O próximo luns, día 19, volverán manter unha segunda reunión “para seguir avanzando nestas e noutras propostas”. A respecto da situación política en Celanova, José Luís Ferro insistiu trala xunta de portavoces en que “a maioría electoral tena o PP, a alcaldía tena o PP e, polo tanto, a iniciativa política seguiraa tendo o PP”. Ferro destacou “a prudencia amosada ata o de agora tanto polos tres concelleiros do BNG como polos dous concelleiros do PSOE”. Non así de María Jesús Boo, que a través dalgunhas das declaracións “daba a sensación de que xa se sentía alcaldesa”, engadiu.
O alcalde insiste en que “a maioría electoral tena o PP” O luns 19 volverá haber xunta de portavoces
Montserrat Álvarez Vispo non fixo máis declaracións públicas que dous comunicados enviados á prensa. Neles di que non se considera política, só aceptou a invitación que en 2011 lle fixo Antonio Mouriño para ir na lista do PP, e recoñece que unha vez como concelleira “todo estaba preparado” e se limitaba a votar. Reclamou participación máis aló de levantar a man, explica, “propuxen facerme cargo dunha concellería” sen importar o que ía cobrar, di Álvarez Vispo, estando disposta a esperar ata que os orzamentos permitisen un soldo para ela. Ofrecéronlle a Concellería de Cultura “que aceptei” pero denuncia que nada más empezar a traballar na súa área se atopou con trabas e pro-
blemas por parte dos seus compañeiros de grupo e funcionarios municipais. Acusa ao actual alcalde de terlle mentido e asegura que a súa dimisión é o resultado de todas estas dificultades e de terse enterado pola prensa da non organización das festas do verán 2013 por parte do Concello, sendo unha competencia directa dela e tendo xa iniciados contactos para tal fin. Nun segundo comunicado, é moito máis dura coa persoa de José Luís Ferro a quen acusa de terlle mentido en reiteradas ocasións e defende ao anterior rexedor, Antonio Mouriño, quen mediou para que tivera unha concellería propia e de peso. Remata dicindo que non é ningunha traidora e solicita a baixa no partido.
4A postura do BNG (3 concelleiros) O BNG de Celanova descarta unha moción de censura e anuncia “un traballo intenso de control para acabar con 20 anos de xestión popular autoritaria”. Xa que, a xuízo dos nacionalistas, “esta situación entra dentro do que o PP considera normalidade” e é froito do seu estilo de politica, “na que priman os seus intereses económicos en lugar das necesidades dos veciños”.
O BNG presentou xa unha moción para reducir as tres dedicacións parciais a unha soa, así como unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, e cun salario acorde á situación de crise económica actual. Os nacionalistas quixeron deixar claro que “pola vía do diálogo estaremos dispostos, como sempre, a colaborar cos demais grupos para acadar a gobernabilidade do Concello”.
4A postura do PSOE (3 concelleiros) Os socialistas de Celanova fixeron pública a súa postura en relación a este polémico asunto. E foron claros, descartan levar a cabo unha moción de censura contra Ferro, pero reclaman que a partir da agora o rexedor celanovés ten que “consultar e negociar con todos os grupos políticos”. Sen querer “marcarlle a liña política a ninguén”, os socialistas parten para
negociar de varias prioridades. Entre elas está acordar a paralización do traslado do instituto, que haxa unha maior transparencia na xestión, que se devolvan ao pleno competencias delegadas na xunta de goberno, que se negocie unha postura común fronte á mancomunidade, e que nos orzamentos de 2013 se modifiquen os soldos e as dedicacións exclusivas.
16
BARRIOS Novembro de 2012
CELANOVA E COMARCA
O BNG de Celanova reclama solucións de mobilidade na parroquia de Mourillós 4 Dous núcleos están afectados pola construción da autovía. Redacción O BNG de Celanova vén de rexistar unha moción que se debatirá no próximo pleno ordinario, para solicitar un estudo á Xunta de Galicia que solucione a mobilidade en dous núcleos da parroquia de Mourillós, afectados pola futura autovía. Os concelleiros nacionalistas realizaron nestes días varias visitas ás obras que se están a realizar da autovía A52-fronteira Portuguesa, concretamente no ramal de acceso centro á vila de Celanova, ramal que transcorre por dous lugares da parroquia de Mourillós, concretamente os núcleos
do Campo e O Val. Neste lugar o trazado do enlace centro provoca “unha grave deficiencia de acceso tanto peonil como para automóbiles, xa que este novo trazado atravesa a anterior estrada que é a única vía de comunicación entre o pobo do Campo e o pobo do Val”, explican os edís do Bloque nun comunicado. Este novo trazado converte esta zona “nun lugar perigoso para a circulación dos coches, impracticable para peóns e moito máis para as persoas con mobilidade reducida, debido a que os veciños teñen que atravesar este ramal da autovía a pé”, engade o texto. A data
de hoxe, non se contempla ningunha infraestrutura que garanta a comunicación dos devanditos pobos “sen que supoña un risco para a seguridade das persoas”. Por todo isto, o BNG propón ao pleno da corporación de Celanova a un acordo de solicitude inmediata, antes do remate das obras, á Consellaría de Medio Ambiente dun estudo “para a busca dunha solución de mobilidade peonil integral e para automóbiles”.
Queren unha solución antes de que rematen as obras da autovía
A xornada desenvolveuse o sábado 10 de 10 a 22 horas na praza Maior. /A.MÍNGUEZ.
Xornada formativa da Cruz Vermella en Celanova A Cruz Vermella celebrou en Celanova un enconto autonómico de ERIE, o seu equipo de resposta inmediata en emerxencias. Durante a xornada do sábado 10 de novembro desenvolveuse na praza Maior celanovesa unha acción formativa coa finalidade de que o voluntariado puidese adestrar as habilidades básicas e ser así máis eficientes na intervención en emerxencias. A Cruz Vermella montou varias carpas e realizou un exercicio para aprender a traballar de maneira coordinada e en equipo e coñecer os materiais que utilizan os equipos de resposta inmediata en emerxencias. En Galicia, a Cruz Vermella dispón de dous equipos de resposta inmediata en emerxencias, un de intervención psicosocial, que ten como principal tarefa proporcionar unha adecuada atención aos afectados por unha situación de emerxencia, e un segundo equipo de albergue provisional o cal ten por obxecto a subministración e distribución de elementos de abrigo, alimentación e hixiene.
CELANOVA E COMARCA
Rogelio Martínez recepciona tres obras nos municipios de Cartelle e Ramirás 4 Supuxeron o acondicionamento dunha praza, dunha parcela e dun parque infantil. Redacción Os concellos de Cartelle e Ramirás beneficiáronse de subvencións do Goberno autonómico para a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais, por parte dos concellos. En total, estes dous municipios ourensáns recibiron 63 mil euros que destinaron á adecuación de prazas e paseos e á mellora dun parque infantil. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, recepcionou as obras e asinou coas alcaldesas das dúas localidades A alcadesa de Ramirás e o delegado da Xunta no parque as actas de conformidade. En Cartelle, a obra fiinfantil remodelado.
nanciada ao abeiro destas axudas da Consellería de Presidencia foi a adecuación da praza do Concello, emprazada no núcleo de Outomuro. Esta actuación executouse co obxectivo de integrala visualmente con respecto aos edificios da Casa do Concello e Centro Médico que acceden a través dela. Este espazo contaba con pavimento asfáltico bastante irregular que se substituíu por pavimento de lastras de granito e cerámico. Ademais, grazas á subvención recibida por importe de case 35 mil euros, o Concello instalou mobiliario –xardineiras e bancos- para mellorar o aspecto da praza. O delegado territorial visitou, acompañado pola alcaldesa do municipio, Carmen Leyte, a praza remodelada e constatou as obras realizadas. Parque en Ramirás Rogelio Martínez tamén recepcionou as obras realizadas en Ramirás. As actuacións consistiron no
BARRIOS Novembro de 2012
17
En Outomuro, Cartelle, a actuación consistiu na adecuación da praza do Concello. acondicionamento dunha parcela situada no núcleo de Reguengo, a carón da igrexa de San Salvador de Penosiños, e a mellora do parque infantil no Picouto. Ambas as dúas actuacións tiveron un orzamento de 28.308 euros. O delegado territorial da Xunta en Ourense comprobou que as obras realizadas se axustaron ao proxecto e asinou, xunto coa alcaldesa do concello, Pilar Otilia
López, a acta de conformidade. No parque infantil substituíuse o leito de area por un novo pavimento de baldosa de caucho. A parcela anexa á igrexa parroquial de Penosiños pavimentouse con lastras de pedra e recolléronse as augas pluviais. Ademais, instaláronse morróns de pedra para delimitar a praza pública e mobiliario, e colocáronse plantas e árbores.
18
BARRIOS Novembro de 2012
PROVINCIA
Masiva participación na manifestación do 14-N
4 Unhas 20 mil persoas acudiron á protesta organizada polas centrais sindicais na capital ourensá durante a xornada de folga xeral. P. Lodeiro Cunha masiva afluencia saldouse a principal manifestación na provincia deste 14 de novembro, xornada de folga xeral, a que transcorreu polas rúas do centro de Ourense, onde a maioría de negocios secundaron o paro. Baixo o lema, “Non ao saqueo do pobo. Hai culpables. Hai solucións”, unhas 20 mil persoas participaron na manifestación convocada polas principais centrais sindicais, UGT, CCOO e CIG. Coreando lemas como “nós non roubamos, só traballamos”, “así, nin un paso atrás, estes recortes ímolos parar” e “e culpa de quen é? dos que votan ao PP”, os manifestantes amosaron a súa oposición á reforma laboral e ás políticas baseadas nos recortes e na perda de dereitos fundamentais do Goberno. De histórica cualificaron os representantes sindicais a participación nesta marcha. “Estamos profundamente satisfeitos porque creo que se está dando a resposta adecuada a unhas medidas agresivas e nunca vistas por parte do capital contra a clase traballadora e o conxunto dos cidadáns”, apuntaba o secretario xeral da CIG, Etelvino Blanco. O sindicalista citou o importante paro nos polígonos que rodean a capital ourensá, na reco-
llida de lixo, no sector de panadarías, nos autobuses e taxis e fixo unha referenza ao sector do comercio, “que por primeira vez na historia vese que esta manifestación non foi só feita polo sector de traballadores, senón que houbo unha participación importante de pequenos comerciantes e de autonómos.” Pola súa banda, o sindicato CCOO Ensino estimou nun 60% o profesorado de ensino público de Ourense que decidiu secundar a folga, así como unha participación “masiva” do estudantado. Superan o 70% de paro, entre outros, centros como o CPI de Mende, o IES As Lagoas, o CEIP de Celanova o IES de Allariz o CEIP Condesa de Fenosa do Barco, e o IES Chamoso Lamas do Carballiño. A patronal baixa o seguimento ao 15% Mentres, para a patronal, as cifras foron ben diferentes. A CEO cifra nun 15% o seguimento da folga xeral na provincia. Os empresarios só ven incidencia no sector da industria auxiliar da automoción, mentres que “na industria agroalimentaria, na distribución de alimentación, na pizarra, nas novas tecnoloxías, e na construción especializada a convocatoria apenas tivo repercusión laboral”. Ademais, a CEO atribuiu o peche de comercios e esta-
blecementos hostaleiros, sobre todo no centro de Ourense, á actuación dos piquetes. Moitos deles, como cafeterías, mantiñan a actividade no seu interior, malia teren as persianas a medio subir, e outros reabrían trala manifestación, como algún supermercado. Segundo informou a Xunta, o seguimento da folga xeral na Administración autonómica e os seus organismos dependentes rolda o 25% e os servizos mínimos “estanse a cumprir con normalidade na súa totalidade”. Incidentes Para a Delegación do Goberno en Galicia, a normalidade e a ausencia de incidentes destacados marca o desenvolvemento da xornada de folga na nosa comunidade. A Garda Civil informou da presenza de piquetes nos polígonos industriais próximos á capital ourensá e un corte do acceso á autovía A-52 de madrugada. A este respecto, o secretario xeral da CIG considerou “lamentable” a actuación da Garda Civil no polígono de San Cibrao contra os piquetes, que tachou de “antidemocrática”, pondo de exemplo a un axente “facendo ostentación coa súa pistola”. A CIG preguntará á Subdelegación do Goberno “quen deu as ordes da actuación”.
20.000 manifestantes segundo a Policía e 30.000 segundo os sindicatos participaron na manifestación do día da folga xeral./P.LODEIRO.
A finais de outubro iniciouse a perforación do túnel de Corga de Vela.
Adif finaliza o viaduto de Valdemouro e inicia túneles en Corga de Vela e Laza 4 Trátase dos últimos avances da liña de alta velocidade Madrid-Galicia. Redacción Novidades nas obras de construción da liña de alta velocidade entre Madrid e Galicia ao seu paso pola provincia de Ourense. Adif vén de finalizar a construción do viaduto de Valdemouro, sito no tramo Porto-Miamán, que discorre polos termos municipais de Vilar de Barrio e Baños de Molgas, e acaba de iniciar dous túneles no concello de Laza. Viaduto O viaduto de Valdemouro, que supuxo un investimento de 88,7 millóns de euros, ten unha lonxitude de 411 metros, e está composto por unha plataforma ferroviaria para dobre vía de 14 metros de ancho. O tramo no que está sito, Porto-Miamán, pertencente ao Corredor Norte-Noroeste de Alta Velocidade, Liña MadridGalicia, ten unha lonxitude de 6,5 kms. Neste mesmo tramo tamén vén de ser rematada a primeira fase da escavación do túnel de Seiró, que terá unha lonxitude de 1.842 metros. A construción do mesmo -que requerirá un investimento de 88,7 mi-
Rematou a primeira fase da escavación do túnel de Seiró, de 1.842 m
llóns de euros- pasa agora á súa segunda fase, que consiste na escavación da metade inferior da sección do túnel. Novos túneles Tamén a finais de outubro Adif iniciou a perforación dos túneles de Corga de Vela e O Corno, no municipio de Laza. No primeiro no que comezaron as obras foi o de Corga de Vela, sito no tramo Prado-Porto. Trátase dun túnel bitubo (dous tubos paralelos, un para cada vía), cunha lonxitude de 1.170,6 metros para a vía dereita e 1.171,5 metros para a esquerda, o cal disporá de galerías transversais de emerxencia que conectarán ambos os tubos cada 400 metros como intervalo máximo. O tramo Prado-Porto,está composto por 9,1 quilómetros en vía dereita e 1,6 quilómetros en vía esquerda. Trátase dun tramo con plataformas independentes para cada vía, que se complementa co tramo Túnel
de Prado (vía esquerda), de próxima adxudicación. O orzamento para a execución das obras de plataforma deste tramo é de 123,2 millóns de euros. Túnel do Corno Adif tamén iniciou recentemente a perforación do túnel do Corno (de 8.570 metros de lonxitude), situado no termo municipal de Laza. Esta estrutura albergará a vía dereita do tramo, mentres que o túnel Cerdedelo-Prado acollerá a vía esquerda. Esta primeira fase permite abrir a sección superior do túnel para facilitar o acceso da maquinaria pesada. Posteriormente continúase coa segunda fase, denominada de esnaquiza ou escavación da parte inferior do túnel (contrabóveda). Concluídas as tarefas de perforación procederase a executar a drenaxe, impermeabilización, hormigonado da contrabóveda e revestimento do túnel cunha capa de formigón reforzado con fibras.
Obras de remate do viaducto de Valdemouro.
VODAS especial
As fotos de voda están a cambiar Desde hai anos cada vez que os nosos amigos recentemente casados convidábannos a ver o “fantástico” álbum de fotos non sabíamos onde meternos... Sentarnos no seu salón e porse ver as típicas fotos de poses totalmente surrealistas, e que máis que fotos bonitas, eran fotos de maniquíes cunhas poses totalmente ficticias. Ao deleitarte co álbum, tiñas un certo recordo ás fotos da voda dos teus pais. Todas igual, todas no mesmo sitio... Por sorte a tendencia fotográfica xa non vai por ese camiño, a pesar de que moitos fotógrafos da vella escola sigan utilizando as mesmas composicións unha e outra vez. A reportaxe nupcial actual busca crear un recordo do momento vivido, onde os invitados e os noivos sexan os protagonistas, imaxes orixinais e impactantes nas que os noivos se sintan cómodos fronte á cámara. Un claro exemplo de fotografía nupcial innovadora é o fotógrafo de Verín Borys Martínez, o cal foxe dos tópicos fotográficos das reportaxes de voda. Con imaxes moi coidadas pero sempre cun toque orixinal e fóra do común. “Esta claro que o día da túa voda pasarache voando e un recordo dese momento do “si quero” ou simplemente as risas que pasasches cos teus amigos, terá unha gran importancia pasado uns anos”, afirma
BARRIOS Novembro de 2012
19
Restaurante Os Caracoles, para todas as celebracións Este hotel-restaurante conta con tres salóns para a realización de vodas, banquetes e ceas de empresa
Borys Martínez. “A voda é para que a goces. Unha sesión de fotos non ten que estragarche o día interrompendo a marcha normal da voda. Moitos son os noivos que me comentan: ‘fóronse a facer as fotos ao xardín e non apareceron ata que estabamos sentados para cear, non estiveron connosco en ningún momento nin nos aperitivos...’” “Persoalmente creo que esa forma de traballar non é nin moito menos a adecuada. O único que consegues son fotos forzadas con présa e sen dúbida facendo perder aos noivos ese fantástico tempo que poden utilizalo en gozar cos seus amigos, familiares... Vistete outro día e goza da sesión de fotos, conseguirás unhas fantásticas instantáneas”, explica. Borys recoméndanos organizar as vodas con dous ou tres anos de antelación. “Soa a unha tolemia, pero é de entender. As vodas polo xeral son os sábados, e só hai catro sábados ao mes. É moi posible que o mes que
queiras casarte o restaurante que che gusta, ou o fotógrafo no que confías estean xa ocupados. Agora mesmo estamos a contratar as vodas do 2014 e 2015 quedando practicamente xa ningunha data libre para 2013. Se estás a pensar en casarte organiza sempre con moita antelación”, aconsella o fotógrafo. “Non dubides en comparar, no mundo das vodas atoparás ofertas e opcións moito máis baratas, pero ten en conta que é o teu día. Eu véxoo moitas veces en restaurantes onde vou traballar. Os noivos escatiman á hora da animación, non levando ningún tipo de discoteca móbil e a voda faise pesada e aburrida. Non todo é o vestido da noiva. Os invitados agora din ‘que ben o pasamos’, antigamente era ‘que ben comemos!!!’ Creo que as vodas están a cambiar totalmente, e os profesionais como nós temos que estar sempre á vangarda deste mundo”. [www.borysmartinez.es]
A calidade dos produtos e o servizo personalizado son dous dos puntos fortes de Asador-Restaurante Os Caracoles, a mellor elección para aquelas parellas que están a decidir onde celebrar o convite do seu enlace ou para os grupos de amigos ou empresas que estean pensando onde celebrar a súa cea de Nadal. Situado na Derrasa, a tan só oito quilómetros da cidade, Os Caracoles conta dende o seu nacemento coa confianza de moitos ourensáns para elexilo como o marco perfecto das súas celebracións. Servizos específicos para vodas No tocante ás vodas, este establecemento, especializado en alta cociña rexional, ofrece aos noivos a posibilidade de confeccionar o menú adaptándose aos seus gustos e necesidades. Así mesmo, poden optar po completar a festa con baile posterior con barra libre, disc jockey ou orquestra, segundo a elección de cada parella. Ademais, co fin de dar o mellor servizo e a máxima comodidade aos seus clientes, Asador-Restaurante Os Caracoles tan só
Fachada do hotel-restaurante Os Caracoles.
A calidade en cociña e o servizo personalizado son dous dos puntos forte deste restaurante se compromete a un banquete por día e salón. E precisamente en canto ás salas das que dipón, Os Caracoles conta na primeira planta cun salón de servizo á carta con capacidade para 100 persoas así como dous salóns específicos para banquetes, un para 70 e outro para 200 comensais, no segundo andar.
Outros servizos Ademais de restaurante, Os Caracoles é tamén hotel (ten 15 habitacións), e ofrece os servizos de cafetaría, con almorzos, petiscos e tapas típicas galegas. O establecemento conta cun amplo aparcadoiro exterior, e zonas verdes con servizo de terraza e zona de xogos para nenos.
Información e reservas: Tel. 988 380 165 A Derrasa s/n - Pereiro de Aguiar
20
BARRIOS Novembro de 2012
especial VODAS
Colección de noivo, novidade a partir de xaneiro en Noar Novias Esta tenda especializada da Valenzá (Ourense) xa dispón das coleccións de noiva, festa e comuñón da próxima tempada Na Valenzá (Barbadás, Ourense), o pobo máis dinámico da provincia, atópase Noar Novias, unha boutique onde lle orientarán na elección do vestido de noiva, madriña, festa ou comuñón, axudándolle a atopar o modelo que encaixe perfectamente con cada estilo e gusto. Como novidade, a partir de xaneiro de 2013 a tenda disporá de colección de noivo. Nesta tenda atopará todas as novidades no mundo da moda que lle axudarán a preparar eses eventos importantes. Para a tempada 2013 as noivas van poder atopar en exclusiva as coleccións dos deseñadores nacionais e internacionais máis recoñecidos, por exemplo, White One de Pronovias, Lugo Novias, Nalia e Alba Moda. En madriña e festa para o vindeiro ano a tenda contará cos mellores deseñadores coas mellores coleccións, como Pepa Recasens, Demetrios e Lugo Noivas, con tallas segundo colección desde a 36 á 60. E en comuñón 2013, teñen os mellores deseños tanto para nena como para neno, con traxes a medida. Disporán das coleccións de Lovely Day, Venus, Margarita Lasalvia, Cemaros e Parti Kids, e todos os complementos que necesite. En Noar Novias teñen vestidos para todos os gustos, e por iso, fan especial fincapé na alta calidade da roupa, a perfección do aca-
bado, a beleza dos materiais e cortes, e a adecuación dos prezos. En definitiva, neste establecemento atopará a peza ideal que realzará a súa figura para cada ocasión. Se ten unha solicitude especial,
estudarán a súa petición e seleccionarán a peza que mellor se adapte ás súas necesidades persoais. Non dubide en ir visitar a súa tenda, preguntar e ver o seu catálogo. Estarán encantados coa súa visita.
Ofrece en exclusiva as coleccións 2013 de White One (de Pronovias), Lugo Novias, Nalia e Alba Moda
Vestido de festa á venda en Noar Novias.
Estamos en: Av. Celanova, 37, baixo – A Valenza – Barbadás - Ourense - Telf: 988 606 488
Canto custa casar? En Galicia o gasto medio nunha voda é de 12.800 euros Segundo un informe da Federación de Usuarios e Consumidores Independentes (FUCI), casar en España en 2012 custa entre os 7.580 e os 18.800 euros, co que a media é de 13.190 euros, o que supón un descenso do 8,3% con respecto a 2011. En Galicia o custo medio dunha voda é de 12.800 euros, lonxe de Madrid, á cabeza cun gasto medio por enlace de 16.600 euros. Esta organización de consumidores realizou un estudo para coñecer a canto ascende o custo real dunha voda cunha media dun cento de comensais, que revela que o gasto en vodas en España descende por quinto ano consecutivo. Atribúe a FUCI este feito á negativa conxuntura económica que está a lastrar a economía dos españois. Recortes no gasto O gasto previsto polos noivos descendeu desde 2008 ata un 42% . O banquete, a viaxe de noivos e algúns detalles nupciais son os capítulos onde se producen os maiores recortes. O banquete representa o principal dispendio dunha voda ao supor a metade da factura total. En función do restaurante e menú elixido, o custo por invitado pode variar entre os 36 e os 85 euros, ao que habería que engadirlle a música e a barra libre que supón uns 850 euros de media. Segundo a FUCI, os contraentes esfórzanse en
buscar a mellor relación calidade/prezo, e así ocorre nun gasto tan importante como o banquete, cuxa media supón uns 7.000 euros, 600 menos que hai un ano. O traxe das noivas supón un desembolso non inferior aos 500 euros, cantidade á que hai que sumar o prezo dos zapatos, complementos, maquillaxe, peiteado e ramo que incrementan o orzamento até chegar aos case 1.500 euros de media. Nos homes, o gasto oscila entre 310 e 750 euros. Os detalles nupciais, é dicir, as arras, alianzas, invi-
tacións e as flores da igrexa supoñen ao redor de 1.200 euros. Mentres, o custo medio da reportaxe fotográfica e de vídeo, sitúase ao redor dos 650 euros. A viaxe de noivos varía en función do destino elixido, aínda que é difícil que sexa inferior aos 1.200 euros por parella, segundo o estudo. En canto ás autonomías nas que contraer matrimonio é máis caro, Madrid sitúase á cabeza cun gasto medio de 16.600 euros, seguida de Cataluña (15.900) e Valencia (15.500).
VODAS especial
BARRIOS Novembro de 2012
21
A moda sen complexos Komodamoda ofrece estilo en traxes de festa e roupa informal Estilo e comodidade en roupa de festa é o que ofrece Komodamoda a aquelas mulleres que queren estar a última con pezas cómodas e actuais independentemente da talla que necesiten. Para esa ocasión epecial Komodamoda ofrece unha colección con vestidos tanto curtos como longos, e incluso prendas máis poñibles. Ante todo o máis importante é que a muller se sinta cómoda, que non teña a sensación de non ser ela mesma. Tamén che axudan a sentirte nova e atractiva, co estilo máis actual en “envase” grande para mulleres modernas e sen complexos.
Conxunto de festa formado por vestido, chaqueta e top.
O que se leva Entrou o outono en Komodamoda cunha nova tempada chea de bonitas cores, modernos estampados, pezas en polipel e sobre todo moito punto. As súas clientas habituais xa coñecen a ampla variedade en moda vaqueira que ofrece Komodamoda, con pantalóns desde a talla 44 até a 70 e que ademais esta tempada incorpora as teas estampadas, con relevos, sen renunciar á comodidade que tanto fai falta no día a día. Volve con forza o leging -tanto liso como con debuxo- para acompañar de pezas longas, pichis, xerseis e vestidos de pun-
Abrigo e vestido da colección de Outono 2012. to longos, pezas con flocos e con tachas. As pezas de pilopel son tamén unha boa opción tanto en cazadoras como en saias, que ademais dan un toque moderno e xuvenil. Pódese acompañar este look coas botas de
Ademais de vestidos de festa -longos e curtos-, Komodamoda ofrece unha ampla colección de roupa de outono, entre a que destacan modernos estampados e moito punto
cana ancha que teñen até 60 centímetros de contorno na pantorrilla e que se poden atopar con tacón, planas, en diversas cores. E sen esquecer as medias, para pasar o inverno ben quentiñas. E lembra, “complexo” é unha palabra que non existe no vocabulario de Komodamoda, pásate e compróbao.
22
BARRIOS Novembro de 2012
especial VODAS / ENTROIDO
Verín e Xinzo xa pensan no Entroido
4 Ambas localidades convocan senllos concursos na busca do que será o seu cartel oficial na edición de 2013. Redacción
Foto Dacal, máis de 100 anos de fotografía Os irmáns Gonzalo e José Luís Dacal de Castro rexentan Foto Dacal, un establecemento que leva 55 anos en Xinzo da Limia, aínda que son cuarta xeración dunha familia que leva máis de 100 anos dedicándose ao apaixonante mundo da fotografía. Foto Dacal abrangue todo tipo de servizos tanto en fotografía como en vídeo. Tamén son expertos en fotoacabado como marcos, laminados, etc. Inclusive traballaron en campañas de fotografía aérea. A súa especialidade son as reportaxes de vodas, o retoque fotográfico e a foto de estudo. A calidade é un elemento constante en todos os seus traballos, un elemento esencial en todos os servizos de Foto Dacal.
Mentres moitos aínda organizan magostos e outros comezan a comprar adornos e agasallos de Nadal, en Verín e Xinzo xa arrincou a conta atrás para o Entroido 2013, xa que ambos municipios veñen de convocar concursos de carteis para seleccionar a imaxe que os representará de cara á vindeira edición. Así mesmo, a vila do Támega xa comezou a recollida de axudas económicas polos establecementos da localidade e abriu o prazo de inscrición para o obradoiro do Cigarrón. Carteis oficias do Entroido de Verín Verín organiza dúas seleccións de carteis, unha encamiñada a procura da imaxe oficial da festa xeral e outra que represente o desfile infantil. No tocante ao concurso de cartel oficial, poderán
presentarse ao mesmo todos aqueles que o desexen e co número de traballos que consideren, sempre que sexan inéditos. Estes traballos, que terán como temática a celebración na comarca, poden presentarse ata o 19 de decembro no Rexistro de Entrada do Concello de Verín. De seguido, os carteis participantes serán expostos na Casa do Escudo para que os veciños poidan votar o que máis lles guste ata o día 27. Posteriormente, o Xurado Cualificador someterá a todos os carteis participantes a unha segunda elección, trala cal sumaranse os puntos obtidos por cada traballo e o que máis obteña será o gañador. O premio consistirá na edición do cartel seleccionado e nunha dotación económica de 400 euros. Así mesmo, o Concello de Verín vén de convocar un concurso para seleccionar o cartel oficial do “Desfile In-
A súa especialidade, as reportaxes de vodas Estamos en: r/ San Roque, 39, Xinzo Tel. 988 460 251
Verín está a preparar un obradoiro para elaborar o traxe e a máscara de cigarrón. A inscrición remata o día 20.
O concurso do cartel oficial do Entroido 2013 de Xinzo está aberto ata o 21 de decembro. fantil”, ao cal poderán concorrer os alumnos de infantil e primaria dos colexios participantes en dito desfile, de xeito que cada un deles estará representado por un máximo de tres traballos inéditos. Ao igual que no concurso do cartel oficial, as creacións que se presenten a este certame tamén se deben basear no Entroido de Verín, e terán que ser entregadas no Rexistro de Entrada do Concello antes do 14 de decembro. Pola súa banda, a valoración dos traballos será realizada por un xurado cualificador, que estará composto por un representante de cada colexio e un membro designado polo Concello. Neste caso, o premio consistirá na edición do cartel seleccionado e na entrega dun vale de 300 euros para material deportivo e escolar -a adquirir en establecemen-
tos de Verín-. Cartel oficial de Xinzo Pola súa banda, a Concellería de Cultura e Turismo de Xinzo, en colaboración coa Comisión do Entroido 2013, tamén vén de convocar un concurso para seleccionar o cartel oficial desta celebración na vindeira cita. No mesmo poderán participar, ao igual que no caso de Verín, tódalas persoas que o desexen e con cantas obras determinen, pero sempre que sexan inéditas. Os orixinais, que terán como temática o Entroido en Xinzo, deberán presentarse antes do 21 de decembro no propio Concello. De seguido, ata o 5 de xaneiro a Casa da Cultura acollerá a exposición dos traballos e a votación dos mesmos para determinar o gañador (segundo a valoración do xurado profesional e o voto po-
Ata o 19 de decembro poden presentarse carteis ao concurso de Verín e ata o 21 en Xinzo
pular). Finalmente, o autor da creación elixida recibirá un premio de 500 euros. Obradoiro do Cigarrón O Concello de Verín está a organizar tamén un obradoiro para aprender a facer o traxe de cigarrón, ben sexa completo ou partes desta máscara. Os interesados poden inscribirse até o 20 de novembro na oficina de información do Concello. As actividades formativas comezarán o 26 de novembro, e na semana do Domingo de Corredoiro exporanse na Casa do Escudo os traxes que se confeccionaron. Os grupos, de 10 participantes cada un, fórmanse tendo como preferencia as persoas empadroadas en Verín e a orde de preinscrición. O prezo da inscrición para participar en todas as actividades é de 85 euros, mentres que para realizar só o traxe ou a careta é de 65. Nembargantes, como o obxectivo é que se fagan traxes completos, acéptase que dúas persoas da mesma familia -parentesco até o 3º grao-, pagando unha única matrícula, participen complementariamente en actividades distintas. Colaboración económica En Verín xa están a percorrer os establecementos comerciais e hostaleiros co fin de solicitar colaboración económica na organización do vindeiro Entroido. Para iso ofrecen diversas posibilidades, como é anunciarse no libro do Entroido ou aportar unha axuda económica e aparecer nun cartel como establecemento colaborador. Así mesmo, os veciños poden colaborar mercando produtos como camisetas, pañoletas ou sombreiros conmemorativos do Entroido de Verín.
PUBLICIDADE
BARRIOS Novembro de 2012
23
24
BARRIOS Novembro de 2012
DEPORTES
“Teño que pensar se estou disposto a pagar a peaxe que implica ir a Brasil 2016” 4 Logo de facer historia en Londres 2012, o medallista olímpico galego David Cal aínda non decidiu sobre a súa participación nos vindeiro xogos. Ramsés Torres David Cal, campión olímpico en Atenas 2004 en C1 1.000 metros e catro veces medalla de prata: Atenas ´04 -C1 500m.-, Pequín ´08 -C1 500m. e C1 1.000m-, Londres ´12 -C1 1.000m.-. Familiar e próximo. Así se mostrou o palista David Cal -o deportista español que máis medallas olímpicas ten da historia dos Xogos Olímpicos- na entrevista concedida a este periódico. Que se sente ao ser o español máis laureado dos xogos olímpicos? David Cal: “É unha sensación moi bonita porque levo catro anos preparándome para iso. Ao saber que empatara con outros dous españois a 4 medallas olímpicas, marcámonos como obxectivo conseguir unha quinta, polo que cando traballas e ao final se cumplen os obxectivos a verdade é que é moi gratificante”. E notaches o recoñecemento que merece tanto esforzo? D.C.: “A verdade é que si. Cando máis me sorprendín foi ao chegar a Cangas, de onde eu son, porque estaba a reventar de xente, veciños, amigos e coñeci-
dos da zona. É un pracer chegar dunha olimpiada, despois de conseguir uns resultados e que te reciban desa forma”. Que recordos tes da carreira de Londres 2012? D.C.: “Lembro que foi unha carreira moi rápida, que ía moi atrás e que ao final logrei tirar para adiante. Pero foi moi angustiosa. Ía, ía, ía…pero non daba enganchado ao grupo. Finalmente logrei avanzar, sobre todo foron decisivos os últimos 200 metros” Cal foi a medalla que máis ilusión che fixo conseguir? D.C.: “A primeira é a que máis ilusión che fai. Cando non tes unha medalla olímpica e levas tanto tempo buscándoa, porque é o soño de calquera deportista, logralo é o que mellor recordo che deixa, e máis no meu caso que foi un ouro”. E a máis amarga? D.C.: “Amargas hai moitas. Por exemplo, en 2007 cando quedei terceiro en 1.000 metros eu pensaba que estaba en condicións de gañar, pero ese día houbo vento en contra que me dificultou a carreira. Na xornada seguinte, aínda que estaba mellor preparado para a proba de 1.000 que para a de 500 metros, nesta última
Xunto ao seu adestrador (peza chave da súa carreira), a súa familia e amigos son para David Cal “vitais” para garantir o seu éxito deportivo./RAMSÉS
“Da carreira de Londres só lembro que foi moi rápida e angustiosa” “Non imaxino a miña vida deportiva sen Suso” (o seu entrenador) como o vento cambiou logrei proclamarme campión do mundo. Non sempre os cálculos saen ben”. Comparando Atenas con Londres, tratouse dun cambio de estratexia o de ir de menos a máis? D.C.: “En Atenas tiña 21 anos, non tiña tanta experiencia, non tiña medallas olímpicas e buscaba asegurar unha. Por iso o que fixen
O 8 de agosto, na proba C1 1000 metros, David Cal fixo historia converténdose no primeiro español que lograba cinco medallas olímpicas.
foi sair rápido, irme adiante para ir estirando o grupo de carreira e ir seleccionando á xente, e ao final funme só e asegurei a medalla. Pola contra, nestes xogos olímpicos saín ao ritmo que considerei que debía levar. Todo o mundo saiu moi rápido, pero eu reserveime, e ao final remontei e quedei segundo”. Como é a preparación para unha cita olímpica? D.C.: “Nós preparamos unha cita olímpica durante un ciclo de catro anos. O primeiro deles é o máis suave, despois de vir dos xogos anteriores procuramos descansar e recuperarnos todo o que poidamos. O segundo ano consta de moito volumen de adestramento, para recuperar o perdido o ano anterior. No terceiro, adestramos menos en volume pero moito máis en intensidade, co fin de clasificarse para os xogos. E o cuarto ano do ciclo é no que hai que exprimir todo porque é no que toca competir”. Que opinión che merece que de moitos deportes só
se fale cando se celebran xogos olímpicos? D.C.: “A verdade é que molesta, pero xa o tes asumido. Deportes como o fútbol acaparan toda a atención mediática e outros minoritarios, como o meu, só se dan a coñecer cada catro anos. Ademais, hai moita xente que me ten comentado que durante os xogos se tiran no sofá e ven cantos deportes hai, polo que é unha pena que o resto do tempo non se retransmitan estas disciplinas porque habería moita xente que as seguiría”. Motívate a cita de Brasil 2016? D.C.: “Aínda teño que valorar se me motiva ou non. Cando non tes unha medalla olímpica a motivación para acudir a unha cita olímpica é moi sinxela de conseguir, porque todo deportista quere unha, por iso non custa pagar a peaxe correspondente durante os catro anos anteriores para lograla. No meu caso, cando me fixen con esta quinta medalla estaba motivado por ser o único español con cinco preseas olímpicas, pero xa coa sexta parece puro coleccionismo, polo que teño que valorar se desexo pagar esa peaxe ou non”. Que rituais tes nas competicións?
D.C.: “Nas competicións temos certos rituais entre o meu adestrador e máis eu para quitarle presión ás probas. Collemos a canoa entre os dous, eu levo a miña pa, el vai diante e eu detrás, e xusto antes de comezar a competición tócame a cabeza e dime “ven pronto”. O que si que non me gusta é que me toquen o material porque calquera tontería pode ser decisiva, por exemplo, se alguén que botou unha crema de mans toca a miña pa cando eu a use pode esvararme. Polo tanto é mellor que o teu material só o trates ti. Ademais, temos amuletos, como unhas pulseiras que compramos en Atenas, gardámolas e sacámolas para os xogos, e de momento vainos ben. Así mesmo, o meu adestrador usou os días de competición de Atenas, Pekin e Londres os mesmos calzóns e os mesmos tenis, sácaos cada catro anos. Tamén temos unha toalla rosa cun coello que é a que lle dá a última pasada á canoa. Son rituais estúpidos, pero axudan a quitar presión”. A madurez do piragüista en que idade está? D.C.: “Depende moito do piragüista, de como adestre. Eu en teoría podería aguantar bastante porque nos tomamos o ciclo olímpico de xeito repartido, polo tanto se vas gastando menos consegues que a túa carreira deportiva se alongue. Pero o habitual é que un piragüista de 1.000 metros acade a madurez deportiva ao redor dos 30 ou 32 anos”. Que supón Suso, o teu adestrador, para ti? D.C.: “É o outro lado de min que non se coñece. É a persoa coa que levo 15 anos adestrando, levamos tanto tempo xuntos que non me imaxino a miña vida deportiva sen el. É o 49% e eu son o outro 49% deste equipo, o outro 2% son o médico, o fisioterapeuta, a familia e os amigos, que son vitais”.
PUBLICIDADE
BARRIOS Novembro de 2012
25
26
BARRIOS Novembro de 2012
DEPORTES
Maceda organiza unha andaina solidaria
EN BREVE
4Sendalimia A asociación Sendalimia organiza para os meses de novembro e decembro unha serie de andainas. O sábado 17 de novembro desenvolverán unha andaina en San Miguel de Congonstro, percorrendo a súa ruta de muíños. Finalizarase cun magosto na casa rural de Santo André. O sábado 24, a andaina terá lugar no monte da Cunca (Os Blancos). O sábado 1 de decembro desprazaranse ata o mirador do Castelo (Congostro). O 15 de decembro despiden o ano andarín coa que realizarán en Vilar de Santos. Ao remate terá lugar a cea de Nadal e despedida da tempada. [Máis información e inscricións na Concellería de Deportes de Xinzo]
4European F3 Open O 2012 non será un ano de agradable recordo para José Luis Abadín. Non puido disputar a maioría de carreiras da tempada, e nas dúas últimas disputadas en Montmeló viuse na obriga de abandonar. Na primeira xornada en Cataluña, o piloto ourensán abandonou por perder totalmente os freos ao rompérselle o conducto de freado. Na segunda xornada o abandono foi polo choque cun piloto rival.
4 Será o 24 de novembro. Redacción
Participantes da edición do 2011 da carreira do San Matiño. /ARQUIVO
Récord histórico de inscritos
R.T. Récord histórico. A 36ª edición da Carreira Popular do San Martiño acada o récord de participación con 8.948 atletas inscritos. A proba, de 10 quilómetros homologados de percorrido na categoría absoluta e 4.500 metros na escolar, celebrarase o próximo domingo, 18 de novembro. A carreira está organizada polo Consello Municipal de Deportes en colaboración co Concello de Ourense. Co prazo de inscrición
pechado, un total de 5.458 adultos formalizaron a súa inscrición, cifra á que se engaden os 3.490 nenos que se inscribiron a través dos seus centros educativos, para facer un total de 8.948 participantes. Esta cifra supón un aumento dun 13% con respecto á pasada edición do 2011, que sumara 7.800 corredores. Como cada ano a carreira partirá desde a ponte do Milenio e rematará no Pavillón de Deportes, con saída ás 11 horas na proba de adultos e ás 12:30 na de escolares.
4 Celebrarase o domingo 18 de novembro.
4Verín CF O Verín CF é noveno con 17 puntos no grupo sur da Rexional Preferente tralo empate na Estrada contra o Estradense (0-0). Para o domingo 18 de novembro, o Verín recibe ao Portonovo na loita pola sétima posición. Os verineses van de novenos con 17 puntos e os pontevedreses marchan de sétimos con dous puntos máis, 19.
Inscricións A inscrición é gratuíta e pode facerse no Centro de Información ás Mulleres ou na oficina de Servizos Sociais (tlfs. 988 463 554 e 988 463 761) de luns a venres entre as 8:30 e as 15:00 horas. O prazo de inscrición remata o 16 de novembro.
4 A Carreira Popular do San Martiño acada o récord histórico de participación con case 9.000 inscritos.
Trial infantil en Verín
Partido do Verín CF nesta tempada.
O Concello de Maceda, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza a 5ª andaina contra a violencia de xénero, que terá lugar o sábado 24 de novembro. Antes da andaina, ás 16 horas, celebrarase no Salón de Plenos do Concello un acto para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, para
deseguido comezar a andadura polo paseo fluvial, rematando na Praza das Toldas.
Redacción O domingo 18 de novembro, a zona da capela de San Antón (ÁbedesVerín) acollerá a celebración do terceiro Trial
infantil e clásicas ‘Vila de Verín’, organizado polo Moto Club Entrimo e o Concello de Verín. Esta proba deportiva é puntuable para o Campionato Galego, e celebrara-
Feira do corredor Unha das novidades principais desta edición é a I Feira do Corredor, que se celebrará a véspera, entre as 10 e as 20 horas no Pavillón dos Remedios, e que contará con stands e charlas informativas dirixidas ao corredor popular.
A Popular de San Martiño ten un percorrido de 10 km polas rúas de Ourense se nas categorías infantil, alevín e clásicas. Na clásica participaran 18 competidores, mentres que nas outras dúas restantes serán un total de 15 menores, con idades comprendidas entre os 6 e 13 anos. A proba está dividida en cinco zonas, que cada un dos participantes (de todas as categorías) deberán percorrer tres veces.
O Trial chega a Verín e será puntuable para o campionato galego.
A andaina solidaria de Maceda chega a súa quinta edición este ano.
A web de Verín, co deporte
4 A web do Concello de Verín inclúe unha nova sección deportiva destinada a resultados e clasificacións dos equipos da zona. Redacción A web do concello de Verí páxina web do Concello de Verín inclúe unha nova sección deportiva destinada a resultados e clasificacións da Liga Local de Fútbol Sala, Liga Local de Veteranos e Escolas Deportivas de Fútbol do Concello de Verín. O obxectivo desta inicia-
tiva é divulgar a actualidade deportiva no municipio, e que se suma á xa existente da piscina climatizada, que recolle tamén imaxes e noticias sobre cada unha destas disciplinas deportivas. Esta actuación pretende achegar aos cidadáns as últimas novidades tanto en Fútbol Sala, como na Liga Local de Veteráns ou as Escolas Deportivas do Concello.
OCIO E CULTURA
4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA
Relacións sociais en decadencia (continuación)
Actualmente tanto os portugueses como os españois, se non están en depresión con visitas regulares ao psiquiatra, polo menos están con moito medo do futuro. A democracia trouxo unha ambición desmedida, infundindo nas persoas un espírito egoísta e hipócrita; cada facción política fomenta unha guerra contra as outras faccións, incentivando un espírito fanático en defensa das súas doutrinas que acaban por ser extremamente faciosas e protexendo auténticas sectas mafiosas á súa volta. Recórdese, a este propósito, as palabras dun coñecido mafioso italiano que, nunha breve pasaxe pola televisión portuguesa (TVI) afirmou: “Eu formei parte da mafia italiana, mais en Portugal e España existe unha mafia política peor que a italiana”. É por iso polo que, nos días que corren, a sociedade loita, esperando que apareza un sistema mellor que esta democracia, e esa mudanza xa parece vislumbrarse no horizonte. Non cremos neste sistema fiscal, sobre todo na xustiza e no seu funcionamento; como podemos confiar nunha xustiza que só é aplicada aos mendigos da rúa?!... Os partidos políticos son corruptos e usan mé-
todos habilidosos cando gobernan, prometendo e non cumprindo. Por iso, teñen xerado descrédito nas persoas, provocando gravísimas ondas de contestación e de conflitos sociais. Tanto o Partido Socialista como o Partido Social Demócrata ou o Partido Popular están abrazados a un gran capitalismo que os manipula cegamente. Se ollarmos para o pasado e para o anterior sistema político, todos somos unánimes en considerar que a ditadura non sendo un sistema ideal, talvez presentase menos inxustizas que o actual sistema. Ao Franco e moito menos ao Salazar non lle foron atribuídas tantas suspeitas de corrupción como actualmente aos nosos últimos gobernantes. Vivimos nunha sociedade ibérica mergullada nunha profunda depresión con auténticas mafias instaladas. A política é corrupta, a xustiza é corrupta e os gobernos corruptos! Ao final, o que nos resta??! João Damião
“Portugueses e españois están con moito medo do futuro”
4SUDOKUS Nivel medio
Para resolvelo, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse.
BARRIOS Novembro de 2012
4AXENDA
4TRIBUNA ABERTA
Támega, o río que fala Dende o principo dos tempos, o Támega xurdiu dende San Mamede coa forza innata da natureza, apurando a baixada, polos recunchos máis doados e sinxelos. As súas augas, coa inercia suave, buscaron o cauce que sen tempo para elexir, bañando lugares fermosos, antes de mesturarse co Douro. Un deses lugares é o meu pobo, Verín. Antes que os homes, o río Támega, coa súa danza particular, xa curveaba ao son do carnaval e dos ventos, rachando pola mitade o val de Monterrei. Os antergos buscaron o río para crear un pobo, e a herdanza segue impoluta a través dos séculos. Lin nos diarios da provincia, que o río Támega está enfermo no val de Monterrei, e que o abandono por parte das institucións é patente. Tanto a Confederación Hidrográfica como os responsables de Medio Ambiente, con retrógradas normativas, preocúpanse máis da explotación administrativa e política do río, esquecendo o que máis importa, a súa saude. Vertedoiros incontrolados, a maleza que cubre as augas en diferentes zonas, e o lixo que ás veces flota visible, fan o panorama desolador. A solución, está na nosa man! O río, fala, e o home, escoita. Actuemos con responsabilidade e sentimento. Antes, o Támega baixaba alegre, creando unha sinfonía de sons que invitaba ao paseo polas súas beiras e a gozar de paraxes incribles. Dende Tintores ata Verín, quen non se agasallou algunha vez cun baño no Támega? Hai anos, as zonas de baño do río estaban preparadas por iniciativa dos veciños, para poder gozar dos chapuzóns no verán,
27
ou siquera tirar uns lances coa cana en procura dalgunha das abundantes troitas. Dende a Pousa, pola marxe esquerda, un camiño estreito guiaba ao camiñante ata a vila, nun percorrido que tantas veces fixemos os rapaces de todas as xeracións, para buscar o mellor sitio de recreo, cada quen coa sua intención. Un, relaxarse coa lectura, outros, fumar os primeiros pitos da xuventude e outros, mesmamente, namorar a rapazaciña dos seus sonos. O Támega albergaba a todo “kiski” e facíase cómplice das aventuras que xurdiran ao seu carón. Contan os vellos que antes o río estaba cristalino, as augas permitían ver as pedras do fondo, e os donos das fincas colindantes tiñan os tramos axeitados, con “posturas pescantis” para poder arrimarse e ver a multitude de peixes que brillaban con destellos de prata. Era o divertimento no verán. Alí medíanse os valentes, superando a proba arriscada de sumerxirse na profundidade do “ Pozo Negro” ou lanzarse de cachola dende as árbores do “Mango” na frescura da Perguiza. Catorce son os pozos de baño que adornan o tramo dende A Pousa ata Verín. Os pozos míticos de toda a vida, os nomes, que os nenos de antano recitaban “de carretilla”, e que ainda hoxe, despois de máis de medio século, ao preguntarlle a algún daquela xeración por estes lugares, seguen narrando os nomes emocionados, para que nós, os de agora, sinxelamente, non os esquezamos. “A Presa”, “O Señoritas”, “O Estudiantes”, “O Mefa”, “O Paquita”,
“Troita”, “O Negro”, “O Mango”, “O Raiz”, “O Tres rás”, “O Paloma”, “O Redondo”, “O Americano” e “O Campiño”, ponse a pel de pita! Seguramente moitos dos que ledes estas liñas estades a imaxinar algúns destes lugares, cando desafiando as xélidas augas, ninguén impediu o impulso espontáneo da xuventude. Para ben ou para mal, os ríos sempre foron referencia dos pobos, e creo sinceramente que o Támega. o noso río, foi, é e será, referencia positiva da nosa vila, a pesar de que algunha vez, desbocado pola nai natureza, fíxose notar, plantándose en protesta na praza Maior, para deixar patente o seu poderío. Coido que mimalo, sería alomenos xusto, incluso, ás veces, facer unha paradiña e ollalo un intre, e soamente escoitar, o río fala! e nós podemos percibir a súa mensaxe.Contan que Don Xesús Taboada Chivite, nunha das súas clases maxistrais,con ánimo de axudar, díxolle a unha alumna “se me dis que río pasa por Verín aprobas o exame”. A moza púxose tan nerviosa que non arrancaba; entón, Don Xesús, ao ver a mociña en branco e trabada, noutro xesto de bondade exclamou “el Táaa..” e a rapaza, aliviada, contestou “el Táaa...mesis”. O mestre quedou abraiado, e facendo gala da súa irónica casta verinesa, replicoulle “a unha rapaza que fai pasar o Támesis por Verín non teño máis remedio que aprobala”. Miguel Sotelo
“Contan os vellos que antes o río estaba cristalino, as augas permitían ver as pedras do fondo, e os donos das fincas colindantes tiñan os tramos axeitados”
Exposicións - Desde o 16 de novembro ao 7 de decembro - “Ao pé de rúa /Síntese” fotografías de Yolanda Rodríguez- Casa do Escudo de Verín - Ata o 30 de novembro - Mostra fotográfica colectiva “Estampas dunha romería” - Casa do Concello de Celanova - Ata o 30 de novembro Fotografías “Nos camiños da Luz” de J. L. Diz - Casa da Cultura de Xinzo - Do 22 de novembro ao 20 de decembro - Fotografías “Arde Ourense” de Fátima Abal - Taberna Cultural A Corte dos Bois de Sandiás Cine - 15 de novembro - 22.15 h - “La armada Brancaleone” - Casa da Cultura de Verín - 22 de novembro - 22.15 h - “Arrebato” - Casa da Cultura de Verín - 29 de novembro - 22.15 h - “La infancia de Iván” - Casa da Cultura de Verín Música - 24 de novembro - Concerto de Santa Icía - 19 h. - Casa da Cultura de Verín Feiras e festas - 17 de novembro - Feira en Trasmiras - 17 de novembro - Magosto en Maceda - 18 de novembro - Feira en Cualedro - 23 de novembro - Feira en Verín - 24 de novembro - Feira en Xunqueira de Ambía - 24 de novembro - Magosto en Chaioso, Maceda - 27 de novembro - Feira en Xinzo - Primeiro domingo de mes - Feira en Porqueira - Primeiro luns de mes - Feira en Sandiás - 2 de decembro - Feira en Calvos de Randín - 7 de decembro - Feira en- Vilardevós - Todos os xoves - Feira en Celanova Outros - 18 de novembro - Trial infantil - Ábedes, Verín - 24 de novembro - Andaina solidaria Maceda - 30 de novembro - Presentación do libro “Historia de Xinzo de Limia” de Miro Martínez Cerredelo 20 h. - Museo do Entroido de Xinzo www.mundourense.com
28
BARRIOS Novembro de 2012
OCIO E CULTURA
Posto de noces e castañas na Feira. /P.LODEIRO. Saída ao campo para a recollida de exemplares nas Xornadas Micolóxicas./A. MÍNGUEZ.
Conclúen as XXVII Xornadas Micolóxicas de Celanova 4 Máis de 60 persoas seguiron a diario as sesións formativas. A.M. As XXVII Xornadas Micolóxicas comezaron o 5 de novembro, coa conferencia sobre os principais cogomelos comestibles a cargo do micólogo Ricardo Mínguez Abajo. Entre os cogomelos que hai en tempada nos montes celanoveses destacan unha vintena de bos comestibles de grupos como Boletus edulis, Macrolepiota procera, Cantharellus cibarius, Lactarius deliciosus, Coprinus comatus ou Lepista nuda. O 6 de novembro, o veterinario Carlos Suárez Santalices falou dos principais cogomelos tóxicos, media ducia de extremo perigo como a mortal Amanita phalloides moi abundante e causante da maioría das intoxicacións. O día 7 de novembro, abordáronse curiosidades e virtudes de fungos e cogomelos, medicinais, de extraordinario tamaño, potenciadores
sexuais... a cargo do xornalista Alejandro Mínguez González. O xoves 8, ás 17:30 houbo unha visita á explotación de cultivo Pan do Demo en Pontefechas e despois, ás 19:30 unha conferencia sobre o Cultivo de Champiñón, Agaricus bisporus a cargo do técnico e propietario de Pan de Demo, Diego Borja Mínguez González. As sesións formativas remataron o 9 de novembro coa presentación do proxecto da Sala Micolóxica de Celanova e Tapería de Cogomelos que abrirá en 2013 e unha serie de recomendacións culinarias para sacar mellor partido aos cogomelos e rematar cos “revoltos” para dar protagonismo aos distintos cogomelos. A fin de semana arrincaba o sábado ás 10:30 horas coa saída ao campo para a recollida de exemplares, seguida dunha comida micolóxica na Rectoral de Ansemil onde medio cento de comensais gozaron de en-
trantes, pratos e sobremesas cunha ducia de distintas especies de cogomelos apañadas na zona cociñados por Javier Torquatti. Pola tarde clasificáronse os exemplares e tivo lugar a montaxe da exposición, así como a asemblea xeral da Asociación Cultural e Micolóxica de Celanova. Entre as actividades programadas está a identificación de exemplares os luns de 5 a 7 da tarde no local social da avenida de San Rosendo, 9, ata que remate a tempada a finais de ano. Finalmente o domingo tivo lugar a exposición de exemplares reais e obxectos relacionados con cogomelos, con máis de medio cento de cogomelos diferentes. As actividades rematarán ás 20:00 horas co magosto micolóxico na sede da asociación. Máis de 60 persoas seguiron a diario as sesións formativas. As degustacións gratuítas diarias, xentileza da empresa Pan do Demo e da Asociación de Mulleres rurais Maravalla foron: Pleurotus ostreatus empanados con maionesa; Crema de Boletus edulis, Fabada de cogomelos, Agaricus bisporus guisado e arepas de Lactarius deliciosus.
Fin de semana outonal en Allariz 4 A Feira do Outono congrega miles de visitantes. P. L. A pesar do mal tempo, a organización considera un éxito a XVII Feira do Outono de Allariz, con gran afluencia de visitantes durante as xornadas do 10 e o 11 de novembro. Os obxectivos desta cita eran “apoiar os produtores locais”, dandolles vías de comercialización, e cubrir “o calendario anual de eventos e desestacionalizar o turismo”, explicaba a edil de Promoción Económica, Cristina Cid. A programación comezaba o sábado cunha saída ao monte na procura de cogomelos, na que participaron máis de 40 persoas. Pola tarde, os protagonistas foron os máis pequenos que gozaron cos obradoiros de refugallos de outono que impartiu o Centro de Educación Ambiental de O Rexo. E moito público quedou á presentación do libro “Volve a cociña dos Larpeiros”, de Benigno Campo. Na xornada do domingo a ruta organizada por Xei-
tura sufría unha redución de percorrido por mor das inclemencias metereolóxicas. Concursos e sorteos Mentres, no recinto do instituto de Allariz, sede da feira, o xurado valoraba as propostas do II Concurso Amateur de Tapas de Outono e escolleu a denominada “Monte do Outono alaricano: Castañas. Ortigas e Boletus”, de Enrique Bangueses, como a mellor. Rita Cid con “Bombóns de champiñóns” e Isabel Carrillo “Tosta de caviar de berenxena e noces” quedaron en segundo e terceiro
lugar. Durante as dúas xornadas houbo sorteos de cestas ateigadas de produtos da feira entre os clientes que mercaran nos stands. Na xornada do domingo tamén se fixo entrega do II Concurso de fotografía a través do facebook do Concello de Allariz, que recaeu en Esther González, cunha instantánea dunha seta cun río e rocas recubertas de musgo ao fondo, e nos premios dun menú para dúas persoas e dunha estancia dunha fin de semana en establecementos da vila. Na Feira de Outono de Allariz participaron 42 expositores, produtores do sector agroalimentario galego, e postos de libros, flores e artesanía. A feira complementouse cunha exposición micolóxica e etnográfica no salón da Praza de Abastos, na que se amosaban as variedades máis comúns de cogumelos, así como as tóxicas. E cunha serie de charlas sobre o agro e os servizos no Fogar de Maiores. Por último, a hostalaría local colaborou con esta iniciativa ofrecendo menús e tapas especiais de outono durante a fin de semana.
Participaron 42 expositores
Obradoiro infantil de refugallos. /P.LODEIRO.
PUBLICIDADE
BARRIOS Novembro de 2012
29
30
BARRIOS Novembro de 2012
EN BREVE
OCIO E CULTURA / SOCIEDADE
4IMAXES
DO MES
4 ‘Contos de Outono’ na Biblioteca de Verín O venres 16 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de Outono’, dentro das súas actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. Poderan participar un máximo de 25 menores de 3 a 9 anos, socios da biblioteca, que deben inscribirse antes. A actividade consistirá na realización de contacontos sobre outono, así como manualidades da mesma temática: un centro de mesa adornado con froitos desta época do ano.
4 Exposición “12 Artistas da Eurocidade” O Centro Cultural de Chaves acolle do 16 de novembro ao 31 de decembro a exposición ‘12 Artistas da Eurocidade’, na que participan doce artistas (pintores, escultores e fotógrafos) verineses e flavienses: Alvárias, António Pizarro, Carina Nascimento, Julio Pousada, Leonardo, Manuela Cabugueira, Manuela Pinheiro, Manuela Sánchez, Mário Lino, Marisa Pardo, Paulo Fontinha e Pedro Araujo. Esta mostra retoma a promoción de exposicións conxuntas entre Chaves e Verín, ininterrumpidas ata o ano 2008, co obxecto de apoiar, e dar a coñecer a creatividade e talento dos artistas locais. A exposición poderase contemplar na sede da Eurocidade, a partir do 24 de xaneiro.
4 Charla en Maceda
A Dirección Xeral da Polícía e a Garda Civil organizan, coa colaboración do Concello de Maceda, unha charla sobre o “Plan Maior Seguridade”. Será o martes 20 de novembro, ás 18 horas, no salón de plenos do Concello e nela explicaranse pautas de actuación para persoas maiores na vía pública, viaxes, domicilio ou entidades financieiras.
Allariz acolle unhas xornadas contra a violencia de xénero 4 Ata o 27 de novembro. Redacción
O delegado da Xunta e o conselleiro de Cultura en funcións, xunto ao alcalde de Verín, degustando chourizos na Festa da Castaña e do Cogomelo de Riós. /RAMSÉS.
Riós, capital da castaña 600 quilos de castaña consumíronse na primeira fin de semana de novembro en Riós, dentro da 18ª edición da Festa da Castaña e do Cogomelo, unha celebración que ten por obxecto enxalzar estes produtos tradicionais e promover o futuro económico do campo. Amáis da degustación das castañas, acompañadas de chourizos, castañas e viño, durante as dúas xornadas houbo exposición de cogomelos, de artesanía e de pratos de cociña elaborados con produtos locais, charlas, concerto, un tour ciclista, e menús especiais nos restaurantes da zona.
Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero o 25 de novembro, Allariz acolle durante este mes unhas xornadas encamiñadas á concienciación sobre este problema social. Así, do 12 ao 27 deste mes diversos emplazamentos da vila serán o escenario destas actvidades, dirixidas á poboación en xeral. Esta iniciativa botou a andar o pasado 12 de novembro coa posta en marcha do obradoiro “Canto hai de violencia de xénero! Conceptos e estratexias para a autodefensa feminista”, impartido por Ana Cardoso -técnica de Igualdade do Concello de Allariz e especialista en xénero educación, e política de igualdade- e que continuará os días 15, 19 e 21. O día 13 tivo lugar no instituto de Allariz un espectáculo lúdico-musical que analiza os roles de xé-
4 Magostos en Maceda Premiados no concurso fotográfico. /ALEJANDRO MÍNGUEZ.
Entrega de premios de fotografía da Romaría “Raigame” Coincidindo co Outono Fotográfico, entregáronse os premios do Concurso Fotográfico que anualmente se convoca con motivo da celebración da Romaría Etnográfica Raigame de Vilanova dos Infantes. A moza ourensá Salomé Garrido foi a gañadora á mellor serie fotográfica sobre a romaría por unha colección de imaxes presentadas baixo o título “As mans que tecen”, mentres que no apartado dedicado á mellor fotografía única, o gañador foi o fotógrafo e animador cultural valdeorrés, Víctor Nieves. Os premios están dotados, respectivamente, con 600 e 300 euros. Premiáronse outras 10 persoas máis, entre mencións, accésits e segundos e terceiros premios.
A Concellería de Cultura de Maceda organiza un magosto o vindeiro sábado 17 de novembro, coa colaboración da Asociación “Taberneiros do Pobo”. Apartir das 20 horas, os que se reúnan na praza das Toldas de poderán degustar empanada, costela, chourizo, castañas e viño polo módico prezo de cinco euros, e cunha taza de agasallo. Pola súa banda, no pobo de Chaioso organizan o seu magosto popular o 24 de novembro. O menú este ano estará composto de empanada, xamón asado, panceta, chourizos asados, castañas, postre, pan, viño e chupitos. Todo por só cinco euros. Este ano coa novidade de organizar unha carreira de burros onde correrá un famoso da TVG.
nero a través das cancións de amor. Próximas actividades Nos vindeiros días terán lugar outras tres actividades dentro da programación destas xornadas. A primeira delas será o xoves 22 ás 19:30 horas no Fogar dos Maiores, e trátase dunha charla-coloquio denominada “As sombras do proceso penal e a violencia de xénero”, impartida pola avogada Yolanda Ferreiro. Así mesmo, do 23 ao 27 colocarase unha pancarta conmemorativa do Día Internacional contra a Violencia de Xénero nos balcóns da Casa do Concello; e o luns 26 procederase á lectura dun manifesto para a elminación da violencia de xénero por parte da Asociación Silvardeira e o Concello de Allariz (organizadores destas actividades). Terá lugar ás 19:30 horas no Fogar dos Maiores e irá seguido do visionado da curtametraxe realizada coas mulleres que participan no Programa Clara.
4 Presentación literaria en Xinzo O libro “Historia de Xinzo de Limia”, de Miro Martinez Cerredelo será presentado o día 30 en Xinzo. Trátase dun minucioso traballo de investigación bibliográfica e documental, que fornece unha perspectiva xeral sobre todos os períodos da historia de Xinzo e do seu concello, desde a época castrexa, pasando pola romanización, continuando coa Idade Media, a Moderna e abordando polo miúdo a Idade Contemporánea. “Unha obra imprescindible para ollarmos, en conxunto, máis de dous mil anos da rica historia do concello de Xinzo de Limia e coñecermos o seu patrimonio cultural”. O acontecemento terá lugar o venres 30 de novembro, ás 20 horas, no Museo do Entroido.
CLASIFICADOS / SERVIZOS
BARRIOS Novembro de 2012
31
Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Alejandro Mínguez, S.N. Nº72 / 8- Ano: VII - Novembro 2012 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.
4CLASIFICADOS
ALUGUER/VENDA
VENDAS
Alugo apartamentos dunha e dúas habitacións para pontes e fins de semana, a 30 euros o día. Tel.: 607 271 916
Vendo fabricador de xeo e cafeteira de dous brazos para hostalería. Tel. 616 76 44 37. Vendo varias pías de distintos tamaños. Tel. 607 900 375 (Xinzo) Vendo centeo embalado. Prezo a convir. Tel: 626 073 751. Vendo máquina expendedora de bebidas quentes. Tel.: 666 726 469 Vendo conxelador 160x70 cm, Zanussi Aplus, garantía 2 anos, sen usar. Tel. 647 232 974 Vendo vestido comuñón, seminovo (impecable) Mayna colecion 2012. Bo prezo.Tlfno.619516824. Vendo Volvo 760 turbo intercooler, impecable, moi barato. Tel. 629 87 90 82 Vendo 2 sillas de coche para bebé e 2 carriños, prezo interesante, practicamente novas. Tel. 629 87 90 82. Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 630 521 448. Véndese Mercedes en bo estado con extras, 1.500 euros. Tel. 630 521 448 Vendo carriño de bebé completo (silla paseo, capazo e silla de viaxe) en perfecto estado, 250 euros. Tel. 687 511 472 e 988 37 30 50 (noites). Vendo Mercedes 300 D, clásico ano 1982, para rehabilitar. Asentos de coiro. Automático. Tf. 670 718 942 Vendo traxe comunión neno. Talla 12. Impecable. De Wendoline. Colección 2012. Telf: 659857932 Vendo galos de Mos, Tel 988 24 89 67 e 677 02 37 36. Vendo vestido de noiva seminovo, branco con pedrería, a bo prezo. Tel. 676 948 475 Vendo sofás 3+2, caldeira calefacción gas cidade e botelleiro para bar. Tel. 637 00 59 10. Vendo estanterías metálicas. Tel. 988 47 08 55. Vendo dereitos da PAC. Tel. 626 07 37 51 Véndese canapé de madeira tapizado de 135 cm con patas de madera e de regalo o colchón de muelles, gran calidade e seminovo, 230 euros Tel. 637 756 687.
Alugo apartamento en Montalvo de 1 e 2 cuartos, con xardín e barbacoa, para fins de semana, semanas e quincenas. tel. 607 27 19 16. Vendo piso no Couto de 75 m2, 3 dormitorios, 1 baño, cociña amoblada, terraza de 35 m2, calefacción gas cidade, 93.000 euros negociables. Tel. 699 01 45 60. Vendo apartamento con 2 habitacións, un baño, salón-cociña, buhardilla e garaxe pechado. Zona 21, Ourense. Tel. 675 521 179. Vendo casa para restaurar na estrada Santiago, Ourense. Tel. 637 00 59 10. Emprendedores: terreo de 2.300 m2 en Melias (Pereiro de Aguiar) , con agua propia, apto para todo destino (por exemplo: horta, colmeas, viñedos etc. ) a 50m. da estrada, vendese ou alúgase por cen euros ao mes, con opción a compra (negociable). Máis información en manueldoallo@hotmail.com Vendo apartamento de 2 habitacións en Vigo, fronte á praia. Tel. 636 422 497. Vendo piso en Vigo, céntrico, 2 dormitorios. Tel. 988 47 08 55 e 679 04 06 04
EMPREGO
Posto de traballo para un Autónomo. Labor puramente Comercial xestionando unha franquicia económica e exclusiva de afiados en Ourense. Tf. 670 718 942 Ofrécese auxiliar de enfermería para coidado de nenos, persoas maiores ou discapacitados. TEl. 664 615 990. Ofrécese rapaza para tarefas domésticas, coidar persoas maiores ou nenos. con informes. Tel. 654 33 83 21 Ofrécese chica con experiencia para camareira. Tel. 675 11 71 19. Formación a distancia subvencionada. Titulación oficial. Asesora para Ourense. Tel. 610 162 749. Preguntar por Loly. Apoio psicolóxico gratuíto. Terapias en consulta ou a domicilio. Cita previa. Tel. 610 162 749.
Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados de maneira gratuíta no 988 239 634 ou en info@ ourenseporbarrios.com
4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada
988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258
Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)
988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222
BARRIOS Novembro de 2012
Entrevista ao piragüista olímpico galego David Cal [páx.24]
TEMA DO MES Páx.2
VERÍN
Páx.3
VERÍN
Páx.4
Resultado das eleccións: Feijoo revalida a maioría
A Denominación Verín e Vilardevós Monterrei culmina a compartirán obradoiro de emprego súa maior vendima
OCIO
Páx.22
Verín xa pensa no Entroido: convocado o concurso do cartel
DEPORTES
Páx.26
Trial infantil en Ábedes, Verín, o 18 de novembro
Adif inicia dous túneles en Laza Comezou a perforación do túnel do Corno, no municipio de Laza, da liña de alta velocidade Galicia-Madrid.
Número: 72 - Ano:VI - Novembro 2012- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
[páx.18]
BARRIOS Novembro de 2012
Entrevista a Milagros Ferreiro, da Fundación R. Glez. Ferreiro TEMA DO MES Páx.2
ALLARIZ
Páx.12
Resultados das eleccións: Feijoo revalida a maioría
O Festival de Xardíns Entrevista a Julio Rematan as XXVII pecha con preto de Gosende, da Asociación Xornadas Micolóxicas 30.000 visitas de Comerciantes de Celanova
CELANOVA Páx.14
O goberno do PP de Celanova, en minoría
OCIO
Páx.28
DEPORTES Páx.24 Entrevista ao piragüista olímpico galego David Cal
Feira do Outono en Allariz
[páx. 28]
[páx. 15]
A edil Monserrat Álvarez e o alcalde José Luís Ferro./A. M
[páx.12]
Stands no pavillón do instituto de Allariz./P.LODEIRO.
Número: 8 - Ano: VI - Novembro 2012- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190