Xaneiro 2013 - BXVAC

Page 1

Entrevista a Manuel García, membro de Labregos Daiquí [páx. 8]

COMARCA

Páx.7

O Concello de Vilar de Santos quere ser un lugar para vivir

COMARCA Páx.10

COMARCA Páx.11

PROVINCIA Páx.20

A Escola Rural de Saúde da Limia, co alzhéimer

Xornada sobre produtos envasados con Pataca de Galicia

Rogelio Martínez Baltar non investigará percorre os obradoiros as contratacións do de emprego seu pai na Deputación

Arranca o Entroido

PROVINCIA Páx.25

[páx.30]

500 quilos de fariña puxeron o punto de partida ás celebracións do Entroido en Xinzo./BRAIS LORENZO

Número: 74 - Ano:VIII - Xaneiro 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Xaneiro de 2013

VERÍN E COMARCA

O Parador de Verín seguirá aberto

4 Reabre de maneira especial o 5 de febreiro para cubrir a demanda do Entroido; e xa de maneira oficial e continua o 15 de marzo.

Non están previstos despidos no Parador de Verín

Redacción Paradores vén de dar marcha atrás na súa decisión de pechar o Parador de Verín xunto a outros sete establecementos hosteleiros repartidos por toda España. As negociacións entre a dirección da empresa e os sindicatos saldáronse cun acordo que descarta o peche total do parador verinés, que si pechará durante catro meses, e que reduce os despedimentos dos 644 iniciais a 350 en toda a cadea hoteleira. Desta cifra, en principio ningunha corresponderá ao hotel de Verín, segundo confirmaron os traballadores do centro. De maneira excepcional, o Parador de Verín reabrirá Imaxe da primeira das protestas en Verín contra o peche do Parador, o pasado decembro./ARQUIVO. o 5 de febreiro, para atender a demanda que sempre nunha data que aínda está pola Comunidade Autóno- bro cos alcaldes de Baiona o de Ferrol nin o de Verín, ten en época de Entroido, por comunicar, o Para- ma de Galicia, Juan Manuel e Vilalba, e os senadores e así vai ser”, recoñeceu o en especial de reserva de dor volverá botar o peche Jiménez Morán, compare- galegos Juncal Rodríguez rexedor, “o que se realizaceas para o Xoves de Co- outros catro meses. Este ceu para analizar a decisión e María Julia Rodríguez rá é un peche temporal do parador para compensar madres e estancias para o acordo manterase durante de Paradores de Turismo Barreira. “A presidenta de Parado- festivos e descansos, que Sábado de Entroido. Tralo tres anos. de non pechar o estableceMércores de Cinza volverá mento de Verín, á que xa se res cumpriu o que nos ma- será dun período de dous O alcalde de Verín cele- comprometera a presidenta nifestou na última reunión, a catro meses, a fixar pola pechar uns días ata o 15 de marzo, cando regresará a bra a noticia da cadea, Ángeles Alarcó xa que nos dixo que non se empresa, durante un peO alcalde de Verín e sena- Canosa, na reunión manti- pecharía ningún dos esta- ríodo de tres anos”. “Todo actividade normal. A partir de novembro, dor na comisión de turismo da o pasado mes de decem- blecementos en Galicia, nin isto co obxecto de axustar o

desfase de xestión ocasionada entre os anos 2008 e 2012, porque esta entidade no ano 2004 tiña un superávit de máis de 40 millóns de euros e no 2012 ten un déficit superior aos 100 millóns de euros”, recorda Jiménez Morán. O alcalde solicitará, tanto á presidenta de Paradores como ao ministro de Industria, que o Expediente de Regulación de Emprego non afecte aos traballadores do Parador de Verín, “e no caso de ser necesario, que aquí sexa de carácter voluntario”. Investimentos “Foi moi importante o traballo realizado ante a presidencia de Paradores e o Ministerio, por parte da deputada e anterior secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, que sempre puxo de manifesto a necesidade de permanencia deste establecementos hostaleiro”, indicou o alcalde. Con todo, Jiménez Morán entende que “a medida que o parador comece a xerar beneficios, como xa aconteceu en varios anos nos que tivo superávit” deben producirse investimentos na instalación “así como realizar un plan específico que conte con prezos competitivos atendendo á calidade do servizo e aos prezos da zona”.


VERÍN E COMARCA

BARRIOS Xaneiro de 2013

Inaugúrase en Verín Pazo de Carregal

4 A antiga lonxa agropecuaria é agora un espazo recuperado que combina unha fábrica de alimentos de quinta gama e restaurante. Paula Lodeiro Ata o último minuto estiveron os operarios traballando para que o recinto de Pazo de Carregal, antiga lonxa agropecuaria de Verín, estivera listo para a súa inauguración este sábado 19 de xaneiro. O seu promotor, o empresario orixinario de Verín, Herminio Gil, non quixo facer desta unha inauguración ao uso, con autoridades e discursos, e cedeu todo o protagonismo ao espazo e á comida. No edificio da lonxa agropecuaria, onde agora está instalada a fábrica de alimentos de quinta gama, dispuxéronse media ducia

de postos de comida, para que os invitados puidesen degustar os pratos que vai preparar Pazo de Carregal para o seu restaurante (situado nun anexo do recinto) e para os outros oito que integran a cadea Espazo Enxebre, da que é propietario Gil. Os preto de 200 verineses que se achegaron ata alí saborearon ricas viandas como lacón con grelos, arroz con marisco, callos, empanadas, croquetas, chourizos ou polbo á feira. A banda de gaitas de Verín amenizou musicalmente unha xornada que no exterior era desapracible, pero que no interior do edificio non se apreciaba gra-

zas a un potente sistema de calefacción. Amais da fábrica e da cafetería-restaurante, noutro extremo do recinto Pazo de Carregal instalou unha carpa para eventos, congresos e vodas, e ten previsto abrir tamén unha tendadegutación. A empresa dá traballo a 20 persoas e para a súa creación contou coa colaboración de Electrolux, multinacional sueca de maquinaria, e de Servitel, empresa española de servizos para a hostalería. Pazo de Carregal tamén chegou a acordos con Hortoflor, cooperativa de produtos agrícolas da zona, e co Consello Regulador da

Cociña de alimentos de quinta gama de Pazo de Carregal./P.LODEIRO.

Os asistentes á inauguración degustaron, entre outros pratos, o polbo á feira./P.LODEIRO. D.O. Monterrei, tanto para o subministro de materias primas como para a permanencia na propia lonxa agropecuaria. A quinta gama Botando unha ollada ao espazo reservado para a fábrica de alimentos, un cubículo illado nun lateral do interior da lonxa agropecuaria, sorprende que nunha cociña bastante reducida se poida preparar menús para os 9.000 asentos cos que contan os restaurantes da cadea Espazo Enxebre. Pero tendo en conta que unha soa das máquinas pode elaborar callos para 500 comensais en tan só 40 minutos, só hai que botar

números. A quinta gama cambia os fogóns, tixolas e demais instrumentos dunha cociña tradicional por grandes máquinas de cociñar onde a receita se introduce a través dun ordenador, abatedores de temperatura e máquinas de envasado para que os alimentos cheguen ao consumidor como recén cociñados, mantendo todas as súas cualidades organolépticas e nutritivas. Na base do proceso está a pasterización, un tratamento térmico por calor suave pero eficaz que garante a eliminación de microorganismos ao tempo que respecta as características orixinais do prato.

Reservas e menús de Entroido Segundo confirmaba a directora comercial de Pazo de Carregal, Olalla Jardón, para a primeira xornada de apertura xa tiñan reservadas varias mesas para cear no restaurante. Coa vista posta en animar a verineses e visitantes a estrear as súas instalacións, os promotores deste novo recinto hostaleiro xa lanzaron varios menús especiais para as festas do Entroido.

Pazo de Carregal lanzou uns menús especiais de Entroido


BARRIOS Xaneiro de 2013

VERÍN E COMARCA

4IMAXES DO MES

Proxenitores e cativos de “Kero-Kolo” elaboraron un porquiño de xoguete.

Os menores de ‘Kero-Kolo’ celebran o San Antón A vintena de menores participantes no programa ‘Kero-kolo’, organizada polo departamento de Educación Familiar do Concello de Verín, realizaron a súa particular homenaxe ao San Antón, festividade local na vila do Támega. Os cativos, acompañados dos seus proxenitores, realizaron un porquiño de xoguete con diferentes materiais como cartolina, goma eva ou plástico, guiados polas monitoras de ‘Kero-Kolo’. Esta iniciativa súmase as realizadas durante as últimas semanas no marco deste programa, e entre as que se atopan a conmemoración do Día Universal do Neno ou do Nadal. ‘Kero-Kolo’ naceu co obxecto de converterse nun espazo de encontro entre pais, nais e nenos de dous a tres anos de idade, onde conxuntamente a familia e a persoa directora das sesións crean un espazo encamiñado a relacionarse entre eles, xa que a familia é o primeiro axente de socialización onde os rapaces asentan as bases para unha sólida educación e convivencia con outros iguais. As sesións teñen lugar todos os martes ás 11:30 horas.

Momento da entrega dos alimentos e dos xoguetes.

Entrega dos alimentos e xoguetes da campaña solidaria ‘Espalle alegría na Eurocidade’ O tenente de alcalde de Verín, Enrique Díaz, o concelleiro de Mocidade, Víctor Baladrón, o presidente e vicepresidente de AEVER, José Ángel Rodicio e Santos Álvarez, foron os encargados de entregar aos responsables de Servizos Sociais de Verín, os xoguetes recolectados na campaña solidaria ‘Espalle alegría na Eurocidade’ para o seu reparto a menores da localidade. Nesta edición, Eurocidade, Câmara Municipal de Chaves e Concello de Verín asociáronse á campaña solidaria de Nadal, levada a cabo por cuarto ano consecutivo por Gráfica Sinal e pola asociación xuvenil A Voz da Juventude, estendéndoa ao outro lado da raia, e convertendo así a iniciativa nunha campaña de solidariedade inédita de cooperación transfronteiriza, que uniu dúas localidades nun obxectivo común: axudar a familias necesitadas do territorio da Eurocidade.


VERÍN E COMARCA

Continúa adiante o proxecto de Hotel-Escola Redacción

O rexedor de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, anunciou que o Concello vai solicitar a cesión de terreos a Cabreiroá para levantar o Hotel-Escola de Verín. Trátase dun “proxecto no que seguimos a traballar, e no que os requisitos para avanzar na súa construción eran a aprobación do PXOM e o convenio con Cabreiroá, e xa están aprobados”. O Hotel-Escola sairá a concurso Jiménez Morán adiantou que solicitarán a cesión de terreos a Cabreiroá para iniciar a súa edificación, posto que xa están á exposición pública o estudo viabilidade económica, proxecto básico e anteproxecto de explotación. Unha vez que finalice a exposición, o proxecto sacarase a concurso, “e nun prazo non superior a tres meses, resolverase e adxudicarase á empresa máis valorada para comezar a construción do hotel”, indicou o alcalde. No proxecto de HotelEscola participan a Deputación, a Secretaría Xeral para o Turismo, o Concello de Verín, a Câmara Municipal de Chaves, Turismo Porto e Norte, a Sociedade Portuguesa de Hidroloxía Médica e a Asociación de Termas de Portugal.

O Concello de Verín vai solicitar a cesión de terreos a Cabreiroá para levantar o HotelEscola

Redacción

Redacción

Aspecto do río Támega ao seu paso por Verín na tarde do sábado 19 de xaneiro./P.L. mas co subministro de auga potable ao seu paso por este municipio ourensán. As choivas tamén causaron asolagamento de calzadas en estradas de diferentes puntos da provincia, como a OU-540 (Ourense

– fronteira portuguesa, na Madalena), ou a OU-113 (Verín – Vilar de Barrio), e desprendementos noutras, como a OU-112 (Laza – Cerdedelo). Para esta semana, Meteogalicia prevé a entrada

dunha nova borrasca, pola que deu aviso laranxa por neve na montaña ourensá e de nivel amarelo no sur da provincia de Ourense, cunha cota de neve que se situará entre os 600 e os 700 metros.

Fallado o concurso fotográfico “As cores de Monterrei” Redacción

Organizado pola Denominación de Orixe Monterrei e máis a asociación “Ruta do Viño de Monterrei” vén de levarse a cabo o acto de entrega do primeiro premio do concurso de fotografía “As cores de Monterrei”, no que resultou gañadora Carla Fernández Rei coa obra “Viño e tradición”. O premio, consistente en 300 euros, foi entregado por Antonio Méndez, presidente de ambos organismos. O obxectivo deste concurso era promocionar, difundir e recoñecer a creatividade da fotografía no mundo do viño, tanto entre profesionais como afeccionados. Así, o escenario des-

A OMIX tramita 270 carnés xoves no 2012

“Gong” inunda Verín A cicloxénese explosiva “Gong” deixou ao seu paso pola nosa comunidade a pasada fin de semana un regueiro de incidentes. Ata 268 incidencias rexistrou o servizo do 112 ao longo da xornada do sábado 19, sobre todo por desprendementos e inundacións causados polas intensas choivas e fortes ventos do temporal. Unha das comarcas máis afectadas polos asolagamentos foi a de Monterrei, co río Támega desbordado en varios puntos, incluso na propia vila de Verín. Na xornada do domingo foise recuperando pouco a pouco o seu nivel normal. O temporal deixou vivendas illadas e proble-

BARRIOS Xaneiro de 2013

O presidente da D.O., Antonio Méndez, coa gañadora, Carla Fernández. ta iniciativa foron as terras da comarca e no tema principal debíase reflectir obrigatoriamente o Castelo de Monterrei e un viñedo. A obra gañadora será utilizada pola Denominación de Orixe nos traballos de promoción dos seus viños. O concurso tamén entre-

gou un accésit a José Benito Diéguez Teixeira polas súas fotografías “El castillo escondido” e “Atardecer”. Bodegas Gargalo adhírese a FIVIN E outra información relacioanada coa D.O. Monterrei é a adhesión de Bo-

degas Gargalo, do grupo Roberto Verino á Fundación para a Investigación do Viño e a Nutrición (FIVIN). Este organismo defende o consumo responsable e moderado de viño como parte fundamental da nosa cultura e alimento da dieta mediterránea.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín tramitou no pasado ano 2012 un total de 270 carnés xoves, unha cifra similar ao ano anterior e que mantén a liña de crecemento iniciada no mesmo. Este carné é unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país. Entre os descontos máis solicitados pola mocidade están as entradas aos museos e cines, adquisición de billetes para medios de transporte, rebaixas no carné de conducir ou en establecementos comerciais como tendas de roupa, calzados ou ópticas. Como solicitalo Poden solicitalo mozos entre 12 e 30 anos e ten unha vixencia de dous anos a partir da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive). Para facer este carné, hai que cubrir un impreso de solicitude, acreditando a identidade co DNI ou pasaporte e pagar 6 euros de taxas. A Oficina Municipal de Información Xuvenil tramita ademais os carnés de Alberguista (Xove, Adulto, Familiar e Grupo), o Carné Teacher, e do Estudante.


BARRIOS Xaneiro de 2013

VERÍN E COMARCA

18 persoas con discapacidade formáronse a través de COGAMI

EN BREVE

4 Cursos de galego O xoves 24 de xaneiro conclúe o período de inscrición en cursos de formación para a obtención dos certificados de lingua galega (CELGA) aberto a principios de mes polo Concello de Verín. A inscrición nestes cursos, promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é gratuíta. A duración da formación é de 70 horas lectivas e capacitan para se presentar ao exame do CELGA do nivel correspondente e obter así certificación oficial avalada pola Consellería de Cultura e Educación.

4 Novos cursos de informática na Aula CeMIT Coa chegada de 2013, a aula Multimedia do Concello de Verín retoma a formación de usuarios coa promoción dunha ampla oferta de cursos de informática. A oferta vai desde os básicos de iniciación a Windows e Internet, pasando por outros máis específicos en Ofimática, Linux ou nocións en deseño gráfico. Estes cursos teñen duración de aproximadamente tres semanas cada un deles, en horario de mañá, tarde e un especial para traballadores de 20 a 22 horas. Os interesados deben inscribirse na Biblioteca Pública Municipal de Verín, co obxecto de xuntar un cupo necesario para iniciar os mesmos e escoller o horario ao que se quere asistir. En 2012, a Aula CeMIT impartiu un total de 58 cursos.

A delegración de Ayamon-Vila Real durante a súa visita a Verín e Chaves.

Representantes dunha nova eurocidade luso-onubense visitan Verín e Chaves 4 Por tratarse dun referente en cooperación transfronteiriza a nivel local. Redacción Unha delegación política e técnica da recentemente constituída Eurocidade Ayamonte-Vila Real de Santo Antonio desprazouse o pasado 11 de xaneiro ás localidades de Verín e Chaves, co obxecto de coñecer de primeira man todos os pasos a seguir nas actuacións de promoción, reforzo da cohesión social ou revalorización dos recursos da zona, do mesmo xeito que o fixo a Eurocidade Chaves-Verín. Nesta primeira viaxe da delegación luso-onubense, tras a súa constitución como Eurocidade o 9 de xaneiro, escolleuse a Verín e Chaves por ser un referente ibérico en proxectos de cooperación transfronteiriza a nivel local, ademais de ser a primeira Eurocidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Esta delegación, entre a que se atopaba o alcalde de Ayamonte, Antonio Rodríguez, o vicepresidente da Câmara de Vila Real

de Santo Antonio, José Carlos Barro, e o presidente da CCDR do Algarve, David Santos, foi recibida na sede da Eurocidade Chaves-Verín (antiga aduana de Feces de Abaixo) polos rexedores Joâo Batista e Juan Manuel Jiménez, que lles ensinaron as instalacións e explicaron a realidade deste proxecto transfronteirizo. Intercambio de experiencias A continuación, o Secretariado Técnico Conxunto efectuou unha exposición deste proxecto, as iniciativas postas en marcha, así como as futuras, os resultados alcanzados ata o momento e as barreiras existentes aínda no ámbito da cooperación transfronteiriza. Ademais de coñecer in situ o funcionamento da Eurocidade tamén compartiron experiencias de traballo, xa realizadas en Verín e Chaves, que poden ser beneficiosas e extrapolables aos cidadáns de Ayamonte e Vila Real de Santo Antonio. Esta Eurocidade do sur

da Península Ibérica, a primeira no ámbito da Eurorrexión AndalucíaAlgarve-Alentejo, xa tiña antecedentes de cooperación económica, do mesmo xeito que Chaves e Verín, asentados no ámbito pesqueiro e conserveiro, así como na administración pública. Obxectivos Ao igual que a Eurocidade Chaves-Verín entre os principais obxectivos desta nova Eurocidade está o desenvolvemento de accións de promoción de inversións e oportunidades comerciais e turísticas, reforzar a cohesión social, promover os valores do patrimonio natural e cultural e consolidar o tecido empresarial local.

En Verín e Chaves coñeceron experiencias de traballo que lles poden ser útiles

4 Preparáronse en atención ao público, informática, almacenaxe e prevención de riscos laborais. Redacción A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) rematou o 4 de decembro o curso de formación profesional de Controlador de accesos que impartiu durante tres meses na Casa da Xuventude de Verín. Un total de 18 alumnos con discapacidade, 11 homes e 7 mulleres, participaron nesta acción formativa. A duración total foi de 250 horas, de carácter presencial e desenvolvéronse contidos como atención ao público, informática, almacenaxe, prevención de riscos laborais e manipulación de alimentos. A inserción ao mercado de traballo é un dos aspectos primordiais na busca da integración social das persoas con discapacidade. Para conseguir este obxectivo é fundamental a formación. Por iso, COGAMI préstalle unha grande importancia á posta en marcha de diferentes ciclos formativos. No mes de decembro 8 das persoas que remataron o curso se atopan realizando prácticas en empresas de Verín.

COGAMI A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) é unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1990 para fomenta-la integración socio-laboral das persoas con discapacidade. Dende o ano 1996 puxo en marcha o Servicio de Intermediación Laboral - SIL (Centro Asociado ao Servizo Público de Emprego), a través do cal ao mundo empresarial ofrécenlle curriculums de traballadores cualificados para poder desempeñar o posto de traballo ofertado (de entre os 20.000 que compoñen a súa bolsa de emprego), e información sobre axudas e bonificacións pola contratación de persoas con discapacidade. Así mesmo, lémbranlle ás empresa que contratar a persoas con discapacidade aporta “valor á empresa, vantaxes financeiras, cúmprese a lexislación e mellórase a imaxe social da empresa”, explican.

COGAMI ofrece ás empresas o persoal máis cualificado dacordo co posto que ofertan


XINZO E COMARCA

Renovada a Casa da Cultura de Xinzo Redacción

Cunha gala benéfica de Nadal inauguráronse as reformadas instalacións da Casa da Cultura de Xinzo o pasado 21 de decembro. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, foi o encargado de inaugurar as reformas levadas a cabo na Casa da Cultura e da Xuventude, para as que a Consellería achegou 60.000 euros. Segundo o conselleiro, a reforma na Casa da Cultura e da Xuventude “procura modernizar unha infraestrutura de xeito que se adecúe perfectamente aos fins que cumpre e ás actividades que nela teñen lugar”. Asemade, Vázquez Abad afirmou que “atender ás necesidades de obras e equipamentos das infraestruturas socioculturais nos diferentes concellos de Galicia é unha responsabilidade que mediante ferramentas como o mapa de infraestruturas, tentamos cumprir dun modo responsable e eficaz atendendo aos recursos cos que contamos na actualidade”. Por último, o conselleiro expresou o seu desexo de que “o centro acolla unha actividade cultural diversa e de calidade que redunde no beneficio de todos os veciños de Xinzo e de toda a Comarca da Limia”. Vázquez Abad fixo estas declaración antes de asistir á Gala Benéfica e Solidaria de Nadal 2012, organizada polo Concello de Xinzo, na que se recolleron produtos non perecedoiros para xente sen recursos, que foron entregados polos asistentes á entrada do festival.

Vilar de Santos quere ser un lugar para vivir 4 O concello limián inicia unha campaña para atraer novos veciños e empresas. Paula Lodeiro O Concello de Vilar de Santos acaba de lanzar uha campaña de promoción que, baixo o lema “Un lugar para vivir” intenta atraer ao municipio novos veciños e negocios. Para iso o Concello elaborou un dossier que recolle as potencialidades do municipio, como posibilidades para instalar unha empresa, axudas á rehabilitación ou servizos básicos. O alcalde, Xan Jardón, citou en primeiro lugar o polígono empresarial de Santa Marta, de 225.000 metros cadrados e onde xa están instaladas 20 empresas. “Ten todos os servizos dun polígono a un prezo moi competitivo, de 20 euros o metro cadrado”, apunta, ademais dunha ubicación estratéxica e seguridade xurídica, así como axudas á instalación, a través dunha bonificación do ICIO de ata o 80% para aquelas empresas que xeren postos de traballo e sexan declaradas de interese xeral. Do parque empresarial aínda restan dispoñibles 40.000 metros cadrados. En canto ás opcións de vivenda, Jardón recordou que o pobo de Vilar de Santos foi recoñecido como Área de Rehabilitación Integral (ARI) polo que se estableceron axudas económicas para rehabilitación ata 2015. As axudas poden chegar ata o 75% do investimento (cun tope de 11.600 euros

por vivenda). Ademais, o municipio dispón dunha Oficina de Rehabilitación a través da cal ofrecer asesoramento, e puxo en marcha un programa de aluguer ou venda de vivenda no que o Concello funciona como intermediario. Oferta de servizos A todo isto únense servizos básicos como abastecemento e saneamento completados, e outros como centro de saúde, centro de día con residencia comunitaria ou unha axuda no fogar “potente”, servizos que pode ofertar Vilar de Santos aínda en época de crise grazas a unha xestión municipal moi contralada, “somos un concello solvente, saneado, non hai débedas”, recalcaba o político nacionalista. E para

o vindeiro verán agardan contar cun punto de atención á infancia, que funcione como gardería de 0 a 3 anos, para o que habilitarán a antiga escola unitaria. Con estas vantaxes, Vilar de Santos agarda sumar novos habitantes e volver alcanzar os mil veciños. O Concello de Vilar de Santos difundirá esta campaña na provincia e no resto de Galicia, a través de reunións en diferentes cidades nas que viven persoas orixinarias deste municipio, como Vigo ou A Coruña, e encontros sectoriais con empresarios. A intención do goberno municipal é que a difusión chegue tamén a outros puntos de España como Madrid, País Vasco ou Cataluña.

Vilar de Santos axudará aos afectados polas preferentes 4 A través dun acordo coa Asociación Galega de Afectados por Produtos Financieiros. Redacción

Vista do núcleo de Vilar de Santos./ARQUIVO.

BARRIOS Xaneiro de 2013

Tras localizar varios casos de veciños afectados polas preferentes, o Concello de Vilar de Santos puxo en marcha un programa para colaborar na procura de solucións e na defensa dos dereitos da veciñanza nesta problemática. Neste sentido, asinou un protocolo de colaboración coa Asociación Galega de Afectados polos Produtos Financeiros- AGAPROFI, para informar e facilitar a defensa dos veciños de Vilar de Santos. O pasado 3 de xaneiro tivo lugar na casa do concello unha reunión informativa por parte do presidente e o asesor xurídico de AGAPROFI, á que asistiron afectados polas preferentes e subordinadas, e na que se informou das vías de solución, como a arbitraxe ou a vía a xudicial. Segundo expli-

ca o alcalde, Xan Jardón, froito da colaboración con AGAPROFI e grazas ao asesoramento prestado xa se resolveron satisfactoriamente varios casos. Esta actuación municipal en apoio dos afectados polas preferentes e subordinadas súmase á levada a cabo en relación aos desafiuzamentos no pasado mes de novembro, garantindo que ningún veciño quedará na rúa por este motivo e mesmo tomando medidas de presión coas entidades bancarias, incluíndo a posibilidade de retirar fondos e deixar de traballar con elas. Tanto o Concello de Vilar de Santos como AGAPROFI animan a outros concellos galegos a que subscriban este documento, ao tempo que esixen ao Goberno, á Xunta e ás entidades bancarias o cumprimento dos compromisos cos afectados polos produtos financeiros.

O alcalde de Vilar de Santos co representantes de AGAPROFI, na sinatura do convenio.


BARRIOS Xaneiro de 2013

XINZO E COMARCA

Entrevista a Manuel García, de Labregos Daiqui

“O consumo de alimentos ecolóxicos segue aumentando a pesar da crise”

4 Da teoría á práctica; iso é o que fixeron un grupo de ecoloxistas de Rairiz de Veiga ao poñer en marcha Labregos Daiquí: demostrar que a agricultura ecolóxica pode ser, amais de respectuosa co contorno, produtiva e viable. Paula Lodeiro Cando e como naceu Labregos Daiquí? Manuel García: “Como idea naceu no 91, 92… Foi unha iniciativa do Movemento Ecoloxista da Limia (MEL), co obxectivo de demostrar que o sistema agrario tradicional que quedaba aquí en Rairiz de Veiga, os últimos vestixios da chaira limiá, podía ser un sistema rendible, viable, de futuro, se non se destruía, como se fixo co resto da Limia. Desde que se fixeron os grandes investimentos na Limia, empezando pola desecación da lagoa de Antela, as concentracións parcelarias, entrada no Mercado Común, as axudas á agricultura… a poboación da Limia foi descendendo ata agora, que xa está nos límites críticos. E as perspectivas de futuro xa ves como son. Curiosamente no ano 50 era o momento de maior poboación da comarca. O MEL naceu para loitar contra ese sistema agrario que había na Limia. En Rairiz de Veiga paráramos as concentracións no ano 94. Pero, claro, os veciños non estaban moi de acordo. Entón a idea de Daiquí nace para demostrar que este sistema pode ser produtivo, viable, sen destruir. A idea era ‘se conseguiramos unha xente que estivera disposta a pagar un prezo xusto polos alimentos que se producen aquí nesta zona pois poderíase animar á xente a non ter eses desexos tan grandes de que lle destrúan o contorno, que lle fagan grandes leiras que logo quedan abandonadas’. Estabamos nunha loita ecoloxista e a partir de aí empezou a coller forma a idea de Labregos Daiquí. Dicíamos, ‘onde vendemos?’ No ano 97 invitáronme a unha feira en Madrid,

Biocultura, e alí fun co coche cargado con toda clase de produtos e o primeiro día vendín todo, levaba mazás, patacas… Había un grupo de xaponeses moi interesados en consumir alimentos producidos dentro desta contorna. E aí foi o principio de Daiquí como empresa comercializadora, a partir desa feira creouse un grupo de consumo, de xaponeses e algún outro madrileño, e cada dúas semanas ía co coche a Madrid a levarlle os produtos. Nun principio era iso, alimentos ‘daiquí’, naturais, da Galiza, valorizar as producións que se realizaban dentro do sistema agrario tradicional. E así fumos andando ata que no ano 99, 2000 din unha charla nun grupo ecoloxista en Vigo, e alí xurdiu outro grupo de consumo, íamos unha semana a Madrid e outra a Vigo. A cousa ía aumentando e dixemos ‘témoslle que dar unha forma legal’ e empezamos polo máis sinxelo, darnos de alta como distribuidores de froita”. Agora, cantas familias traballan para Daiquí? M.G.: “A cooperativa, de produción e distribución, está formada por cinco socios, e logo a parte hai familias do concello, de Porqueira, de Verea… que producen para Daiquí e traballamos con agricultures ecolóxicos de toda Galicia, e de moitas partes do Estado. Sempre que hai unha produción ecolóxica galega tratamos de incorporar ao noso listado, mermeladas, viños… Cando só vendíamos o noso as familias tiñan pouco onde escoller, un manollo de puerros, uns quilos de patacas e hala, lévallos a casa, era irrendible de todo. Entón empezamos a diversificar produción, montamos un invernadoiro

Manuel García amósanos as remolachas, repolo e chirivías que venden a través de Labregos Daiquí./P.LODEIRO.

“Gustaríanos ademais de producir aquí o máximo posible, ter aquí os máximos consumidores posibles” para poder ter en inverno acelgas, leituga... e empezamos a producir produtos que non eran habituais, cenoiras, brécol, remolacha, cebolas… Nun principio era sobre todo agricultura tradicional, da zona, porque aínda non existía Consello Regulador, e a medida que foi regulándose a agricultura ecolóxica, apuntámonos no Consello Regulador e animei aos produtores a apuntarse tamén, porque desa forma podíamos vender mellor fóra, sobre todo grandes producións, como pataca, kiwi, puerros, das que tiñamos excedentes, e que non daban consumido as familias particulares, enviámolas ao por maior a

Cataluña, a Madrid… Segue sendo así porque aquí aínda non hai consumidores para tirar dun grupo amplo de produtores ecolóxicos. Esa é a nosa loita, gustaríanos ademais de producir aquí o máximo posible, ter aquí os máximos consumidores posibles”. Cal é o perfil das familias produtoras? M.G.: Hai de todo; os primeiros que tivemos eran agricultores tradicionais, da zona, da Saínza, de Ordes, e logo hai xente nova máis motivada e con máis conciencia. O que nos interesa é que haxa produción ecolóxica, sexa por parte de xente conciencizada ou por outra para a que a única conciencia é o ben que pagamos.

Partimos sempre dun prezo xusto para o agricultor, que lle resulte rendible producir desta forma, sen utilizar herbicidas, química, etc. e tratamos de que chegue ao prezo máis xusto para o consumidor”. Como vendedes? M.G.: “Temos unha web, daiqui.com, onde a xente entra, pode ver o listado de produtos que temos e facer a compra, a nós nos chegan os pedidos e os servimos. Todos os luns, martes, mércores e xoves, chegan aquí varias empresas de transporte á noite e recollen as caixas e as reparten por toda Galicia e por todo o Estado”. Tedes algunha outra maneira de distribuir, como ir a feiras, ou nunha tenda física? M.G.: Non, un dos nosos obxectivos era poder seguir vivindo no noso pobo; non houbo ningúen que dixera ‘montamos unha tenda na cidade e a atendo eu’. Nós somos de aquí e queremos seguir vivindo aquí. Mesmo este almacén que temos agora, durante moito tempo estivemos indecisos se facelo aquí, facelo en Xinzo, e a verdade decidimos facelo aquí porque se marchabamos de aquí o pobo quedaba sen actividade e abandonado”. Tivéchedes axudas pola vosa iniciativa? M.G.: Cando nos fixemos cooperativa pois accedemos ás axudas típicas. Para o almacen non tivemos ningunha axuda porque aínda non estaba aprobado o plan de ordenación municipal”. Como vos afecta a crise económica? M.G.: “Milagrosamente, aínda que hai moita xente, consumidores que o están pasando mal, sen embargo, o consumo de alimentos ecolóxicos segue aumentando a pesar da crise. Moi lentamente aquí en Galicia,

cada vez están xurdindo máis puntos de venda, moitas tendiñas por toda Galicia ás que lle servimos”. Hai diferenzas no prezo entre a agricultura ecolóxica e a convencional? M.G.: “Aparentemente si. O que pasa é que os prezos da agricultura convencional son uns prezos totalmente falsos e inxustos, porque non contemplan os custos reais de produción e sobre todo o custo ecolóxico que supón producir. É dicir, un quilo de patacas producidas na Limia tería que valer o dobre ou o triple do que vale, porque tería que pagar o impacto que causa sobre o río, os encoros, e na saúde das persoas. Ese custo non se cuantifica á hora de valorar o prezo dun produto. E os prezos que ese manexan na agricultura tradicional o único que consiguen é que as aldeas estean baleiras. É incomparable, en agricultura ecolóxica partimos dunha produción que respeta o contorno, respecta o río, respetca a saúde das persoas, e iso vale moito diñeiro, porque a sociedade, o Estado está investindo moito diñeiro en curar as persoas de cancro, alerxias, diabetes…cantidade de enfermidades inducidas pola química que se utiliza á hora de producir alimentos”. Tedes algún caso de algún agricultor que se pasara da agricultura convencional á agricultura ecolóxica? M.G.: “Si, claro, a case todos os que traballan connosco pasoulles iso. O caso máis incrible é o de Pilar e Eloy, que empezaron cultivando craveis e hortalizas para Hortoflor, e era tal a cantidade de produtos químicos que tiñan que utilizar, que enseguida Pilar empezou a facerse alérxica aos produtos que utilizaba. E tivérono que deixar e contactaron connosco e a partir de aí reconvertíronse, e realmente lle sae rendible. E mentres traballaban para Hortoflor non gañaban nin para semente. O futuro pasa por unha agricultura ecolóxica, respetuosa co contorno, coas saúde das persoas. Estámolo vendo nos países máis avanzados. Seguir negando a evidencia é seguir retrasando máis que isto poida progresar e ter futuro”.


PUBLICIDADE

BARRIOS Xaneiro de 2013


10

BARRIOS Xaneiro de 2013

XINZO E COMARCA

A Escola Rural de Saúde da Limia, co alzhéimer 4 Formou nesta enfermidade máis de 300 persoas no último trimestre de 2012. damentais para poder organizar os talleres na zona rural do concello.

Redacción No último trimestre de 2012 a Escola Rural de Saúde da Limia impartíu formación sobre a enfermidade de alzhéimer e outras demencias a un total de 300 persoas en talleres dirixidos á poboación en xeral e especialmente aos familiares e coidadores de persoas dependentes. O alzhéimer é unha enfermidade que arroxa datos nestes momentos preocupantes: a metade das persoas maiores de 83 anos padécena, e unha de cada catro maiores de 75 anos está a iniciar un proceso de deterioración cognitiva que nun futuro derivará nunha demencia, e o máis preocupante de todo iso é que o descoñecen e en moitos casos, tardarase moito tempo en ser diagnosticado. Por iso, a Escola Rural de Saúde da Limia puxo en marcha o Proxecto Integral Alzhéimer na Limia, coa

En Guntimil (Xinzo) participaron nun taller sobre alzheimer 24 persoas. finalizade de facer visible unha patoloxía cada vez máis frecuente e na que o custo persoal, familiar e social é elevadísimo. O contido dos talleres En Xinzo realizáronse tres talleres por parte de Facultativos do SERGAS e profesionais do sector dos servizos sociais nos que se tratou a enfermidade desde distintos ámbitos: información médi-

ca especializada, aspectos legais, recursos sociais e intervención e psicoestimulación co enfermo. Fíxose especial fincapé na importancia dun diagnóstico precoz e na intervención co enfermo unha vez diagnosticado coa finalidade de que manteña calidade de vida durante a evolución da enfermidade, porque, a día de hoxe, non ten tratamento curativo. Como vén sendo habitual,

a Asociación trasladou información sobre o alzhéimer a diferentes pobos do medio rural, onde se concentra a maior parte da poboación maior e con dificultades para desprazarse. Todo isto foi posible grazas á Escola Galega de Saúde para Cidadáns do SERGAS, a colaboración Concello de Xinzo de Limia e de AFAOR, así como os pedáneos e mulleres rurais dos pobos, fun-

Continuidade A asociación ten intención de dar continuidade a este proxecto en 2013 con talleres de prevención de deterioración cognitiva (memoria) para todas as persoas interesadas e de psicoestimulación con persoas diagnosticadas de alzhéimer ou outras demencias. Logo de que o 2012 fose o Ano Galego do Alzhéimer, é intención da Asociación neste 2013 seguir dando apoio e mellorar a calidade de vida de todas as familias que están a sufrir esta enfermidade.

A asociación trasladou información aos pobos do rural

Campaña do Concello de Sandiás para fomentar a reciclaxe Redacción

O Concello de Sandiás fomenta a educación medioambiental, a través de excursións, charlas e xornadas, ao considerar “de gran importancia ensinarlles aos veciños a forma de realizar unha correcta xestión de residuos desde que se deposita no contedor ata que chega ao centro de reciclaxe”. E por iso que o Concello organizou, en colaboración co Servizo de Medio Ambiente da Deputación de Ourense, dúas charlas informativas sobre reciclaxe o 16 de xaneiro, unha no Centro Social de Piñeira de Arcos e outro para os escolares do colexio de Sandiás. As charlas son a continuación das dúas anteriores celebradas durante o mes anterior nos centros sociais de Sandiás e de Couso.


XINZO E COMARCA

O Consello Regulador avanza nunha liña de produtos envasados con Pataca de Galicia

4 O Hotel Xinzo acolleu unha xornada para dar conta dos avances no proxecto de desenvolvemento deste tipo de preparados. Redacción O Hotel Xinzo acolleu o 20 de decembro unha xornada de divulgación do Proxecto de Desenvolvemento de Produtos Esterilizados, Pasteurizados e Pratos Preparados (V gama) a partir de pataca, organizada polo Consello Regulador da I.X.P: Pataca de Galicia Protexida. O obxectivo básico de dito proxecto, iniciado no ano 2010 é desenvolver unha gama de produtos que permitan usar a Pataca de Galicia como un ingrediente importante de produtos listos para o consumo, xa sexa soa, ou en combinación con outros produtos galegos de calidade. O proxecto, dirixido polo Consello Regulador da IXP,

baixo a dirección do secretario do Consello, Ricardo Losada Blanco, conta coa colaboración do grupo de Deseño de Produtos e Procesos para o Desenvolvemento Rural da Universidade de Compostela, dirixido polo profesor Enrique Arbones, que actuou como poñente na xornada de divulgación, e da empresa Droguería Agrícola S.A. A xornada contou coa participación de produtores, envasadores de pataca e técnicos relacionados co sector, que expuxeron os resultados acadados ata a data para a pataca pasteurizada e esterilizada en tarro. Tratáronse os estudos de mercado realizados con pequenos consumidores e consumidores colectivos e a análise da canle

Asistentes á xornada divulgativa de Pataca de Galicia en Xinzo. comercial. Describíronse os traballos de desenvolvemento de procesos realizados polo equipo da Universidade de Santiago na planta piloto da Escola Politécnica Superior de Lugo. Neles optimizáronse os

tempos e temperaturas dos tratamentos térmicos e función dos distintos formatos de producto e o líquido de goberno. Ademais dos métodos de elaboración mais axeitados, explicouse o seguimento das propiedades

dos produtos durante o almacenamento empregando análises físico-químicas, microbiolóxicas e sensoriais, e comentáronse os resultados provisionais acadados para a crema de pataca e grelo.

BARRIOS Xaneiro de 2013

11

A CIG leva á Fiscalía as contratacións en Xinzo Redacción

A CIG solicita ao fiscal xefe de Ourense a apertura dunha investigación sobre as contratacións temporais realizadas no Concello de Xinzo tralas campañas electorais de 2011. O sindicato formulou o pasado 18 de xaneiro unha denuncia ante a Fiscalía contra o alcalde do Concello de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, “a efectos de que se investigue se as súas accións en materia de contratación poden ser reprobábeis en dereito”. A CIG indica que o Concello contratou desde finais de 2010 a este mesmo mes de xaneiro un mínimo de 11 interventores, apoderados e militantes do PP nas campañas electorais de maio e novembro de 2011, así como á propia parella do rexedor, para unha praza de administrativa.


12

BARRIOS Xaneiro de 2013

XINZO E COMARCA

4IMAXES DO MES

O mozo Óscar Rivero recibiu a insignia de mans do alcalde de Xinzo, Antonio Pérez. /LIMIADIXITAL. Asistentes á cea de Nadal organizada pola perruquería Alida Santana de Xinzo.

Festa en perruquería Alida Santana O pasado 15 de decembro a perruquería Alida Santana de Xinzo celebrou unha cea coas súas clientas e amigas, co fin de esquecerse dos problemas e gozar dunha noite con música en directo, xogos para amenizar e divertirse. Como remate final, a propia Alida animouse a cantar. “O que a min máis me importa é o benestar da xente e non lle desexo pena a ninguén, e como non se pode axudar a todo o mundo, intento pór o meu grao de area divertindo e gozando alomenos unhas horas. Alida Santana agradece a todos os que participaron e adianta a idea de repetilo proximamente.

Óscar Rivero recolleu a Insignia de Ouro do Concello de Xinzo Os éxitos académicos do mozo Óscar Rivero Salgado foron recoñecidos polo Concello de Xinzo, do que é natural, a través da entrega da súa Insignia de Ouro. Con esta distinción a corporación municipal recoñécelle os seus méritos académicos, as súas calidades como persoa e o feito de levar o nome de Xinzo e de Ourense polos lugares do mundo que visitou nas varias olimpíadas matemáticas nas que ten participado nos últimos anos. Rivero estivo arroupado polos seus proxenitores neste acto, que tivo lugar ao comezo da sesión plenaria do 27 de decembro e que rematou coa súa firma no Libro de Honra do Concello de Xinzo. Tras ser campión nacional na Olimpíada de Matemáticas en 2011 e da Olimpíada iberoamericana de Matemáticas de 2012, o mozo limián, que cursara os seus estudos de secundaria no IES Cidade de Antioquía de Xinzo, estuda agora o dobre grao en matemáticas e enxeñería física na Universidad Politécnica de Cataluña.


ALLARIZ E COMARCA

Seleccionadas as 11 propostas do próximo Festival de Xardíns

Xa se coñecen as 11 propostas que xunto a “El agua es vida, el agua viva” do brasileño Raúl Diniz (gañador da pasada edición) conformarán o IV Festival Internacional de Xardíns de Allariz. O xurado, presidido por Francisco Caldeira Cabral, decidiu por unanimidade, seleccionar entre as 40 propostas presentadas ao concurso as seguintes: “Encuentro el tesoro”, “Tivea”, “Xardín das pías”, “Beehaviour”, “Allariz, ciudad verde”, “El color que inspira”, “Allariz, beleza natural + beleza construída”, “El jardín del árbol de lágrimas”, “Encuentro entre naturaleza y realidad”, “Ensayo de un lugar” e “Pensasueños”. O xurado valorou a orixinalidade en relación co tema “Allariz, a beleza que inspira”, a calidade estética da

proposta, e a viabilidade técnica e económica dos proxectos. Entre os autores hainos procedentes da comunidade galega pero tamén doutras puntos da xeografía española e de países como Austria, Holanda, Francia ou Portugal. Así mesmo, ante posibles dificultades de execución permanecerán como reservas as seguintes: “Allariz… a lenda que deixa pegada na súa beleza” e “Natureza, home, tempo”. Trala reunión do xurado para elixir as once propostas que conformarían a cuarta edición do festival, este elixiu tamén a temática para o ano 2014, establecendo así “Os Xardíns da Abundancia” como leit motiv para a quinta edición Festival Internacional de Xardíns.

Eliminan vertedoiros incontrolados 4 En San Vitoiro, no camiño real, nas pistas de San Mamede ou nas inmediacións do Parque empresarial de Chorente. Redacción O Concello de Allariz, a través do Fondo de compensación ambiental promovido pola Xunta de Galicia, recibiu axuda económica para realizar obras de conservación e restauración do medio ambiente. Baixo estas premisas, á area de Medio Ambiente está procedendo á eliminación dos vertedoiros ilegais incontrolados que existen no territorio municipal. San Vitoiro con máis de 40 metro cúbicos de verquido, o camiño real á altura de Valverde onde se atoparon principalmente restos de construción,

as pistas de San Mamede, a Portela de Magarelos ou as inmediacións do Parque empresarial de Chorente son os puntos que acaban de ser eliminados. Ademais o Concello, a través da Reserva da Biosfera, levou a cabo unha campaña de sensibilización sobre a importancia da reciclaxe. O concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, recordaba aos veciños a existencia dun servizo de recollida de voluminosos así como a obrigatoriedade da recollida de electrodomésticos por parte dos establecementos vendedores.

13

Balance da Policía Local Redacción

4 Orixinalidade, calidade estética e viabilidade técnica, criterios empregados polo xurado. Redacción

BARRIOS Xaneiro de 2013

O concelleiro de Cultura de Castro Caldelas, Juan Osorio; Luis Martínez-Risco, en representación da Fundación Vicente Risco; o alcalde de Allariz, Francisco García, o premiado, Xosé Manuel González Reboredo, e Olegario Sotelo Blanco, en representación da Editorial e Fundación Sotelo Blanco. /P.LODEIRO.

Un traballo sobre as parroquias, premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 4 A casa do concello de Allariz acolleu a entrega do galardón ao profesor lugués Xosé Manuel González Reboredo. Paula Lodeiro “Os santos titulares de parroquias en Galiza. Pasado, presente e perspectivas de futuro” é o título do ensaio gañador do XVIII Premio Vicente Risco XVII. O seu autor, o profesor Xosé Manuel González Reboredo (Outeiro de Rei, Lugo, 1946) recibiu o galardón o pasado sábado 12 de xaneiro nun acto organizado na casa consistorial de Allariz. O concello alaricano é unha das catro institucións que manteñen este premio, xunto ao Concello de Castro Caldelas, e as fundacións Sotelo Blanco e Vicente Risco. No seu discurso de agradecemento, González Reboredo animou ás catro institucións “a que traten por todos os medios de manter este premio” pois “tantos investigadores teñen pendente que a súa obra sexa coñecida

e divulgada”. O etnógrafo lugués explicou a orixe da súa obra nunha anterior na que colaborara, “Tempos de festa en Galicia”. “Dinme conta de que eu mesmo estaba cometendo un pequen pecado, non prestarlle debidamente atención aos santos patronos das nosas parroquias, e impúxenme unha penitencia: traballar no tema a fondo”. E púxose a contar parroquias, “máis de 15.000”. Despois dunha conversa cun párroco amigo “que me dixo que puxera todo por escrito, púxenme a facer a última redacción do libro que é a que presentei ao premio”. Interviu tamén no acto a concelleira de Allariz e membro do xurado, Teresa Devesa, que considerou que “nos tempos difíciles manter un premio como este, coa dotación económica que ten (6.000 euros) supón un reto para cada unha das catro institucións”. De-

vesa precisou que están a piques de publicarse as bases da próxima edición, que verá reducido “un pouco” a parte económica. En representación da Fundación Vicente Risco falou Luis Martínez-Risco, que destacou que nos últimos anos teñen sido premiados co Vicente Risco de ciencias sociais “intelectuais de traxectoria”. O concelleiro de Cultura de Castro Caldelas, Juan Osorio, que puxo o acento no método empregado polo autor neste ensaio: “cun análise cuantitativo e cualitativo, a triangulación feita con outros lugares da Península e a perspectiva temporal”. No acto participaron o alcalde de Allariz, Francisco García, e Olegario Sotelo Blanco, en nome da Fundación e Editorial Sotelo Blanco, que publicou o traballo premiado.

O alcalde de Allariz presentou o balance das intervencións da Policía Local en 2012. No referente a faltas e delitos, con 51, o rexedor destacaba a evolución positiva e a tendencia decrecente con respecto ao ano anterior. Destes, 12 corresponden a delitos relacionados coa seguridade viaria, de violencia de xénero, danos contra o patrimonio e maltrato animal. O Alcalde destaca o alto esclarecemento dos supostos acaecidos (un 83% dos casos foron esclarecidos). No caso de faltas leves, como furtos, aclaráronse un 46%. (18 dos 39 expedientes). No relativo á seguridade vial, os índices de sinistralidade reducíronse en comparación ao exercicio anterior froito da intervención programada, os plans de seguridade viaria e a mellora da rede. Dos 20 accidentes acontecidos no 2012, 16 foron rexistrados con danos materiais e 4 con algún ferido leve. Atendendo a campañas programadas pola Dirección Xeral de Tráfico a Policía Local de Allariz realiza controis de alcolemia, utilización do móbil e control do uso do cinto de seguridade. Os 208 controis propios saldáronse con 2 denuncias. As denuncias de tráfico viñeron dadas, na súa maioría, por sancións por aparcamento indebido (392 denuncias). Delas, en 269 o seu cobro foi recadado en período voluntario. Ademais a Policía Local de Allariz realiza, entre outras actividades, o seguimento do cumprimento das ordenanzas municipais, como a limpeza de fincas das que se derivaron 51 informes; 25 en materia de urbanismo, 15 en danos contra o patrimonio municipal e 18 sobre a exención de imposto. O rexedor alaricano valoraba este balance de xeito positivo pola continuidade mostrada nas cifras da tendencia decrecente da sinistralidade e o importante número de esclarecemento nos casos ocorridos.


14

BARRIOS Xaneiro de 2013

ALLARIZ E COMARCA / CELANOVA E COMARCA

EN BREVE

4O Concello de Allariz xestionará os residuos plásticos Os operarios municipais de Allariz encargaranse dende febreiro da recollida dos residuos do contedor amarelo de todo o Concello. Unha tarefa que ata o momento “desenvolvía unha empresa privada con custe cero para o Concello, pero que recibía de Ecoembes un beneficio polo material reciclado”. explicou o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela. Esta decisión obedece á pretensión por parte do Concello de Allariz de rendabilizar o persoal e os medios propios, así como obter algún tipo de beneficio polo reciclaxe dos materiais. De feito, Varela cifrou nuns 15.000 euros o que o Concello podería obter de Ecoembes por unha media de 60.000 kilos de residuos anuais.

4ANDREA oferta prácticas para os alumnos da USC A Asociación ANDREA (Asociación Nacional para a Defensa, Recuperación e Estudo terapéutico da especie Asnal) con sede en Allariz, vén de asinar un convenio coa Universidade de Santiago para a realización de prácticas tuteladas nas instalacións da asociación alaricana para os alumnos da USC que cursen Pedagoxía e Educación Social. O acordo inclúe tamén a posibilidade de aportar os seus expertos para aquela parte da docencia teóricopráctica especializada que fora precisa.

4Novos cursos no fogar dos maiores O Fogar dos Maiores de Allariz organiza novos obradoiros para a poboación en xeral. Trátase de baile galego, meditación e movemento, e ioga. Os interesados en participar deberán inscribirse antes de que finalice xaneiro no Fogar dos Maiores. [+ info no 988 554 059 ou en fogardosmaiores@allariz.com]

4Os museos alaricanos mudan de horario A rede museística alaricana modifica os seus horarios

a partir do 9 de febreiro. O Museo Galego do Xoguete e o Museo do Coiro continúan co mesmo horario habitual: sábados, domingos e festivos de 12:00 a 14:00h e de 17:00 a 19:00h. Pola súa banda, o Museo do Tecido péchase temporalmente por traslado e o Muíño do Burato abrirá nas seguintes datas: 9 e 10 de febreiro; Semana Santa; 20 e 21 de abril; 1, 4, 5,17,18 e 19 de maio e 22, 23 e 24 de xuño. A entrada custará 1 euros e será gratuíta para os que presenten tarxeta de cidadanía e os menores de 4 anos. Para concertar visitas guiadas débese facer reserva previa no 988 442 006.

4A piscina municipal medra en usuarios As instalacións deportivas de Vilanova incrementaron os seus usuarios e ingresos en 2012. O servizo, que aumenta as súas tarifas nun 10%, contou no último ano cun incremento no uso das instalacións, cun 20% de usuarios que veñen de zonas limítrofres. No capítulo de ingresos (255.241 euros) as maiores aportacións corresponden ás cotas dos abonados, con 190.433 euros; seguido dos bonos e entradas individuais con 28.921 euros; da cota dos cursiños, 27.109 euros; ou do uso dos programas de adestramento individuais, 9.861 euros. En canto aos gastos, a maior parte corresponde ao persoal (202.094 euros), ao gasoil (51.420 euros), e á electricidade (20.200 euros).

4 Novos cursos na Fundación González Ferreiro Costura, francés, alemán e galego son as materias dos novos cursos formativos que programa a Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz. Con comezo en xaneiro e remate en maio, os asistentes a estas actividades poderán aprender conceptos básicos de costura, mellorar o seu francés, iniciarse na lingua alemá ou preparar o exame Celga de nivel 3 de galego. [+ info no 988 43 61 82 ou en info@fundacionrgf.org]

Celanova pon punto e final ao ano Celso Emilio Ferreiro

4 A vila despediu o centenario do nacemento do escritor coa instalación dun roteiro literario e cun recital público. Redacción O Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez, coa colaboración da Consellería de Cultura, puxeron este 4 de xaneiro o ramo aos actos de conmemoración do I Centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro e, polo tanto, ao Ano de Celso Emilio declarado no seu momento pola Xunta de Galicia a instancia unánime do Parlamento de Galicia. Os actos consistiron na lectura pública dos poemas de Celso Emilio, así como na inauguración do roteiro literario “Poemas na rúa” que foron instalados co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A xornada comezou no salón de plenos do Concello coa presentación dos gravados “As linguaxes da poesía sobre os poetas de Celanova”. A carpeta, elaborada por Isabel Somoza, Xabier de Sousa e Xosé Poldras coa colaboración de Nelson Bardón, consta de tres gravados cada un deles referido a Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Méndez Ferrín, respectivamente que inclúen unha parte cun retrato do poeta, outra cunha estrofa en linguaxe escrita e en sistema braille e outra co grafismo abstracto que sae dese verso segundo un procedemento fotográfico que recolle as liñas imaxinarias resultantes do emprego da linguaxe de signos. A continuación tivo lugar un recital público de versos de Celso Emilio no que participaron representantes institucionais, de colectivos culturais, comerciantes e veciños de Celanova. Unha vez finalizadas as lecturas, os actos tiveron continuidade na praza Maior onde nenos da vila realizaron un borrado simbólico da pintura do gra-

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, entre as autoriades que acudiron ao acto de peche do ano Celso Emilio Ferreiro. /RAMSÉS.

vado que Picasso dedicou a Celso Emilio, empregado para ilustrar unha edición de ‘Longa noite de pedra’. Roteiro literario Finalmente, un pequeno paseo entre a Praza Maior e o monumento a Curros Enríquez servirá para dar a coñecer o novo roteiro literario urbano “Poemas na rúa” que volverá colocar á literatura como principal promoción de Celanova en 2013 xa que o mesmo constitúe unha iniciativa pioneira no campo da promoción exterior da vila a través dos escritores de Celanova. Este proxecto está formado por 14 paneis de gran formato de cristal templado e ferro corten no que se reproducen outros tantos poemas ou textos de Manuel Curros Enríquez, Castor Elices, Celso Emilio Ferreiro, Pepe Velo, Castor Méndez Brandón e José Benito Buylla alusivos en tódolos casos ós lugares onde están instalados, convertirase nunha invitación permanente a realizar un paseo por Celanova a través da palabra dos escritores locais. Estes actos poñen fin ás diferentes iniciativas que tanto o Concello de Celanova como a Fundación Curros Enríquez teñen levado a cabo ao longo do ano pasado para promover a figura

de Celso Emilio Ferreiro e conseguir que a vila natal do poeta teña o protagonismo que sen lugar a dúbidas lle gustaría que tivera ao propio Celso Emilio no conxunto da conmemoración celebrada. Destacou a colaboración dos comerciantes da vila, que durante todo o ano tiveron nos seus escaparates os versos de Ferreiroe que serviron para facer un xogo de busca no que participaron máis de 1.400 nenos de toda Galicia. Coa escusa do centenario foron moitos os centros de ensino que se achegaron a Celanova e realizaron lecturas polas rúas e diversas actividades artísticas como a pintura da Praza Maior, e tamén veciños e asociación culturais que participaron en roteiros, presentación de libros e concertos durante os últimos doce meses. A esta conmemoración sumouse a Real Academia Galega, que celebrou unha reunión extraordinaria na vila e participou na inauguración da colocación da praca identificativa da casa natal do escritor; ou as Universidade Internacional Menéndez Pelayo e a Universidade de Santiago, que celebraron respectivamente cursos centrados na figura e obra de Celso Emilio e un encontro de xornalismo.

4 5.500 persoas visitaron a Casa dos Poetas en 2012 Durante o 2012, no que se celebrou o Centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, a Casa dos Poetas de Celanova recibiu máis de 5.500 visitas. Entre as que destacaron os numerosos grupos de escolares (que suman máis de 2.000 rapaces) que se achegaron ata a vila nos últimos 12 meses. Ademais, deles, un total de 1.414 cativos participaran no xogo de busca de versos de Ferreiro polos comercios de Celanova. Moitos dos visitantes da casa familiar de Manuel Curros Enríquez aproveitaron, como é lóxico, para participar nos numerosos eventos que acolleu Celanova en honra ao poeta e que tiveron lugar tanto na Casa de Curros como na AMIC ou o Salón de Plenos. De todas estas actividades algunhas das que contaron con maior participación foron un encontro de xornalismo, un curso de verán sobre o escritor ou a homenaxe realizada en setembro co motivo do seu cabodano e durante a cal se fixo entrega a Luís Tosar do Premio ‘Celanova, Casa dos Poetas’.


CELANOVA E COMARCA

A autovía de Celanova abrirá no primeiro trimestre de 2013

4 Acordaron ACCE.

P. L.

PSOE e BNG critican a paralización da autovía a Portugal En relación a esta infraestrutura, o deputado socialista Raúl Fernández acusou ao presidente da Xunta de “mentir e enganar e agocharse de xeito covarde”, tralos alcaldes para paralizar a autovía a Portugal. O

A.M. /P.L.

As autoridades comprobaron o avance das obras nunha visita o pasado decembro. BRAIS LORENZO.

parlamentario socialista fixo esta afirmación tras coñecer as declaracións de Feijoo nas que acusa aos alcaldes da provincia de Ourense “de dificultar a autovía a Portugal”. Fernández subliña a boa disposición que amosaron todos os alcaldes das comarcas de Ourense, Celanova e a Baixa Limia para a construción deste vial, e afirma que Feijoo “mente descaradamente”, xa que asegura que o presidente galego recibiu “unha autovía perfectamente planificada e adxudicada”, entre Ourense e Portugal. O político ourensán anunciou que o Grupo Parlamentario Socialista impulsará unha batería de iniciativas parlamentarias en todas as administracións “para que esta infraestrutura que é capital para a provincia se leve a bo termo”. Mocións na Deputación e concellos Pola súa banda, o BNG presentou para o debate no vindeiro pleno da Deputación unha iniciativa, que terá a súa réplica nos concellos das comarcas afectadas e no Parlamento galego, na que lle pide a Manuel Baltar, en representación da corporación provincial, que se posicione en contra do anuncio feito polo conselleiro de Medio Ambiente,

Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, de non completar, nin a curto nin a medio prazo, a vía rápida entre Celanova e Portugal, infraestrutura que os alcaldes, empresarios e comerciantes, así como os veciños das comarcas afectadas consideran vital para a zona. Por todo o anterior, o grupo provincial do BNG solicita do pleno da Corporación Provincial a adopción dun acordo que demanda do presidente da Xunta o cumprimento dos prazos fixados para o remate do proxecto da vía rápida Celanova-Fronteira Portuguesa, na sua integridade. Nesta mesma liña, o BNG de Celanova vén de rexistar no Concello unha moción que se debatirá no próximo pleno ordinario, para solicitar a continuacion das obras da vía de alta capacidade ate a fronteira portuguesa. CxG apoia á Plataforma en Defensa da Baixa Limia Pola súa banda, Compromiso x Galicia apoia á Plataforma en Defensa da Baixa Limia na súa reivindicación

/

de que a Xunta execute as obras de mellora da N-540 desde Celanova á fronteira portuguesa, tal e como estaba comprometido. O coordenador desta formación en Ourense, Xosé Manuel Pérez Bouza, considera “un despropósito non executar unas obras que estaban comprometidas e que son de vital importancia non só para a comarca da Baixa Limia, senón para a propia cidade de Ourense”. CxG tamén pon de manifesto “a falta de planificación e o despilfarro” que supón a execución da autovía entre a capital ourensá e Celanova “que costou 115 millóns de euros, só para aforrar 5 minutos nun desprazamento de 25, se esa obra non vai ter continuidade coa mellora do resto do trazado da N-540 deica a fronteira con Portugal, tal como estaba inicialmente previsto”. A paralización desta obra “de tan só 13 millóns de euros alegando que non hai recursos” supón, para Pérez Bouza, “unha demostración clara da falta de interese do Goberno galego e do PP coa provincia”.

Iniciativas da oposición no parlamento, concellos e Deputación para que a Xunta complete a autovía ata a fronteira portuguesa

15

Os comerciantes crearán unha nova asociación

4 O Goberno autonómico descarta continuar o vial ata a fronteira portuguesa, como lle reclaman socialistas e nacionalistas. A autovía de Celanova (AG-31) entrará en servizo no primeiro trimestre do ano 2013. Así o explicou o conselleiro Agustín Hernández na súa visita en decembro a esta vía de altas prestacións. Esta infraestrutura viaria constituirá unha alternativa á estrada OU540 para os desprazamentos entre Celanova e Ourense, evitando pasar polo núcleo urbano de Celanova, e posibilitando un acceso rápido á A-52. A autovía, cuxo orzamento ascende a máis de 115 millóns de euros, reducirá nun 40% o tempo do percorrido entre Celanova e a cidade das Burgas, xa que a estrada OU-540 supón 25 minutos e a nova infraestrutura, tan só 15 minutos. A futura autovía AG-31 permitirá evitar os preto de 7 quilómetros de travesías que hai que percorrer pola estrada actual, incrementando así a seguridade viaria. No que se refire a características técnicas, o tronco da autovía ten unha lonxitude de 18,7 km e dispón de cinco enlaces: A-52, A Merca, A Barxa, Celanova centro e Celanova sur. Tamén hai tres viadutos: Rego do Porto, de 162 m; Río Arnoia, de 199 m; e Río Ourille, de 75 m; así como 12 pasos superiores, 18 inferiores e unha pasarela peonil. A nova infraestrutura vaille dar servizo directamente a unha poboación próxima aos 124.000 habitantes, pertencente aos concellos de Ourense, San Cibrao das Viñas, A Merca, Verea e Celanova.

BARRIOS Xaneiro de 2013

Os comerciantes de Celanova disolverán a actual asociación de empresarios (ACCE) e crearán unha nova. Así o acordaron na última xuntanza celebrada este mes de xaneiro, logo doutras dúas reunións que tiveron lugar no mes de decembro nas que se intentou reactivar a asociación de empresarios ACCE e buscar solucións aos problemas do sector que pasan pola crise xeral e como afectará a apertura e posta en funcionamento da nova autovía de Ourense a Celanova. A primeira cita, o 19 de decembro, auspiciada polo Concello e celebrada no salón de plenos, contou cunha importante asistencia de comerciantes, aínda que foi superada o 26 de decembro no salón de actos do claustro barroco. Nesta segunda sesión Oscar Taboada presentou a súa renuncia como presidente do colectivo, delegando funcións en Julio

disolver

a

Gosende, e creouse unha comisión xestora para buscar solucións ás cuestións pendentes do colectivo. A ACCE arrastraba moitas débedas e carecía practicamente de ingresos. Aínda que nun principio pensouse en tratar de captar novos socios na ACCE, na reunión de xaneiro acordouse disolvela e crear una nova asociación de comerciantes. Nesa xuntanza quedou constituída unha xunta xestora que ten entre os seus primeiros pasos presentar uns novos estatutos na Confederación de Empresarios de Ourense. A promoción do comercio local e facer de Celanova unha vila atractiva para captar clientela foránea e evitar o traslado a Ourense de potenciais clientes da vila serán tarefas esenciais para este novo colectivo empresarial da vila celanovesa.

Unha comisión xestora creará a nova agrupación

Alta asistencia de comerciantes á reunión no salón de plenos de Celanova, en decembro./A.M.


16

BARRIOS Xaneiro de 2013

CELANOVA E COMARCA

O Vieiro Leboreiro premiou as mellores fotos do Bosque Máxico

4 Fotógrafos non profesionais presentaron instantáneas realizadas en espazos naturais de Celanova e A Baixa Limia. Redacción O Bosque Máxico está configurado polo espazo físico forestal dos 14 concellos das comarcas de Celanova e A Baixa Limia, e é froito da iniciativa da Asociación O Vieiro Leboreiro. Pero, segundo os seus creadores, “non é so un espazo físico, é xa a matriz divulgativa de todo o que acontece, latexa ou se agocha nestos lugares tan naturais como máxicos”. Con esta iniciativa quérese concienciar á sociedade de que a terra non é unha herdanza dos nosos país, senón que sempre será un préstamo dos nosos fillos. E precisamente dentro desta liña de concienciación foi creado o Iº Concurso de Fotografías do Bosque Máxico, no que se implicaron 22 empresas privadas a través do patrocinio de cada un dos premios a outorgar. Os temas obxecto do concurso foron os “Antergos medios de transporte”, “Antergas vivendas”, “O Bosque Outonal”, “Fontes naturais”, “Represa das

Os premios recibiron unha reprodución da súa foto e un diploma conmemorativo./S.N. Conchas, Follas e viñedos”, “Arbores centenareas”, “Espontaneas do Bosque Maxico”, “Río Deva”, “Dunha boa lareira ou dun bo canizo”, “A Corga da Fecha”, ”O Mundo sumerxido dos rios de O Bosque Máxico”, “Vilanova”, “Carreiros Canellas e Vieiros”, “Xacemento natural de augas quentes”, “A nosa gastronomía”, “Escritos en pedra”, “Lagoas e ríos”, “Grans do Bosque”, “Paisaxes do Xurés”, “Rebaños na serra”, “Fauna do Bosque”, e “Flora do Bosque”.

Nestas 22 categorías foron presentadas un total de 543 fotografias, pertencentes a mais de 150 autores e todas elas foron realizadas en distintas paraxes de Celanova e A Baixa Limia. Entrega de premios Logo dun arduo proceso de decisión, debido á calidade das imaxes presentadas, segundo explicaron dende a organización, o pasado 12 de xaneiro procedeuse á entrega de premios aos gañadores, que consistiron nun diploma,

4 Nel interveñen familiares e amigos do poeta. O xornalista celanovés Aser Álvarez González

4 Tralo cese de actividade do Centro Comarcal. Redacción

Aser Álvarez presenta un documental sobre Celso Emilio A.M.

A Torre de Vilanova será xestionada polo Concello de Celanova

presentou nunha data simbólica, o 12 de decembro de 2012, o seu debut tralas cámaras co documental so-

Aser, ao comezo da proxección do documental no Auditorio de Celanova./A.M.

bre Celso Emilio Ferreiro no ano dedicado ao autor de Longa noite de pedra, co que se conmemorou o centenario do seu nacemento. “100% CEF” foi presentado en Santiago de Compostela nesa mesma xornada, un chisco antes da emisión na TVG e proxectado en pantalla grande en Celanova o 28 de decembro. O auditorio de Celanova acolleu a emisión do documental que, ao longo dunha hora, repasa a vida do autor celanovés nado en 1912 e falecido en Vigo en 1979 e no que participan moi-

unha reprodución da súa fotografía en cartón pluma e un agasallo por parte da empresa patrocinadora da categoría. Todas as imaxes poden verse na web obosquemaxico.com, e a partir do mes de febreiro serán expostas nos 14 concellos que integran O Bosque Máxico.

Foron presentadas 543 fotografías de 150 autores tos veciños da localidade falando del ou recitando algúns dos seus textos, ademais de artistas como Baldo Ramos. O galardoado actor lucense Luís Tosar interpreta o papel de Celso Emilio neste traballo. Alonso Montero, Ramón Nicolás e dous dos fillos de Celso Emilio protagonizan o repaso á vida do autor. Unha hora de documental seleccionada das máis de cen horas rodadas neste último ano polo equipo dirixido por Aser Álvarez e promovido polo colectivo “Arraianos”. Foi grabado en Celanova, Acebedo do Río, Vigo, Pontevedra, Santiago e Asturias. Os actos do ano CEF remataron en Celanova o 4 de xaneiro coa lectura de poemas.

Luis Tosar dá vida ao escritor no documental “100% CEF”

O peche da Torre de Vilanova dos Infantes a visitas turísticas guiadas a finais de 2012, como consecuencia do cese de actividade do Centro Comarcal, despertou a intranquilidade dos veciños do municipio, ante a dúbida de que acontecería a partir de entón con esta infraestrutura. Como consecuencia, o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, viuse obrigado a facer un comunicado no que deixou claro o futuro da Torre. Ferro explicou que no mesmo momento en que a instalación foi pechada ao público remitiulle ao director xeral de AGADER unha copia do convenio subscrito en xaneiro de 1998 polo Concello de Celanova e

a Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia no que se indica que “o Concello recuperará o uso do edificio, coas obras e instalación realizadas, no caso de que a Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia se disolva…”. E como isto foi exactamente o que aconteceu, Ferro demandou formalemente a entrega ao Concello de Celanova das chaves da Torre. Con esta aclaración, o rexedor da vila de San Rosendo quere “tranquilizar aos veciños de Celanova e dun xeito especial aos de Vilanova para que teñan claro que o desenvolvemento turístico de Vilanova en particular e do conxunto histórico-monumental de Celanova en xeral será definido e xestionado polo Concello de Celanova”.

O Telecentro continúa coa alfabetización informática para todos

4 Organiza cursos de iniciación e perfeccionamento. Redacciòn O telecentro de Celanova, integrado na Rede CEMIT de Galicia, continúa ofrecendo cursos de alfabetización informática co fin de facilitar o acceso ás novas tecnoloxías a tódolos públicos, con especial incidencia en xentes que pola súa idade ou situación social carecen destas oportunidades. Así, nestes meses ofrecerá cursos de iniciación á informática con dous niveis diferentes. O primeiro deles (Nivel básico 1) impártese desde o 14 ao 31 de xaneiro, e está dirixido a aquelas persoas que queren iniciarse dende cero coas novas tecnoloxías, as cales apren-

derán a acender e apagar o ordenador, manexar o rato e teclado, familiarizarse coas ventás do Sistema Operativo, aprender e xestionar arquivos, manexar unidades extraíbles, iniciarse na navegación por internet, etc. Pola súa banda, o segundo curso (Nivel básico II), comezou o 16 de xaneiro e remata o 1 de febreiro. Neste caso, está dirixido a persoas que queren profundizar na aprendizaxe das novas tecnoloxías, co fin de obter unhas destrezas básicas para moverse pola pantalla, coñecer o escritorio, realizar operacións con arquivos, coñecer as principais aplicacións da Ofimática, así como os principais servizos de Internet e as súas utilidades.


CELANOVA E COMARCA

BARRIOS Xaneiro de 2013

17

4IMAXES DO MES

Xudit estivo acompañada de numeroso público durante a proxección./A.M.

Xudit Casas estreou a curta “Tercera Oportunidad” 4 É o seu segundo traballo cinematográfico.

As xornadas tiveron lugar na biblioteca do instituto de Celanova./A.M.

Xornadas de Cruz Vermella en Celanova A Cruz Vermella de Celanova organizou no mes de decembro unhas xornadas para coñecer como afecta a crise aos máis desfavorecidos. A elas asistiron personalidades como o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela; o comisario principal do Consello Xeral de Seguridade o Estado, Luís García Mañá; o fiscal delegado de menores de Ourense, José Manuel Ucha López; o decano de Dereito de Ourense, Roberto Bustillo ou o xefe da unidade de neonatoloxía do CHUO, Javier Casares. A actividade completouse cun torneo benéfico de fútbol e o sorteo de camisetas de coñecidos xogadores para recadar fondos para a Cruz Vermella.

A.M.

e modernos, pisaron a alfombra vermella ao son dunha charanga e puideron inmortalizarse nun set específico como nos grandes actos sociais propios de grandes capitais. Presentación, proxección e entrega de premios de xeito artesán, autóctono pero tamén con toques de glamour fixeron as delicias dun público maioritariamente novo, entregado coa cita cultural

que non deixou de aplaudir e rematou de pé. Un luxo para a vila de San Rosendo que puido ver moitas caras coñecidas na gran pantalla, dos seus veciños ou de artistas consagrados como Pepe Viyuela. Despois houbo pinchos e moito ambiente polos locais de Celanova para celebrar o éxito de Xudit Casas na súa terra, aínda que actualmente afincada en Madrid.

O Concello da Merca non privatizará o abastecemento de auga

de saneamento na Merca incrementouse ao redor do 138,5%. “ O peor de todo é que todo apunta a que siga a subir durante o 2013, xa que nos orzamentos figura que as taxas serán incrementadas no IPC, é decir, sobre un 2,5%, e ademais haberá que recaudar outros 35.000 euros como tributo para pagarlle á Xunta por este concepto (canon da auga)”, apunta o voceiro nacionalista, Manuel Outumuro.

O Auditorio de Celanova quedou pequeno o 22 de decembro na estrea do segundo traballo cinematográfico da celanovesa Xudit Casas, a curtametraxe “Tercera Oportunidad”. Centos de persoas acudiron á cita e viron chegar aos protagonistas en varios vehículos clásicos

4 O BNG atribúe á súa presión a marcha atrás do PP da Merca. Redacción

Papá Noel visita O Castelo Máxico de Celanova./A.M.

Papá Noel pasou polo Castelo Máxico Este Nadal, o parque infantil O Castelo Máxico de Celanova recibiu a visita de Papá Noel, que atendeu as peticións dos pequenos celanoveses que acudiron á súa festa organizada o pasado 22 de decembro. Esta ludoteca mantén as súas actividades de ocio para menores de 2 a 12 anos desde as súas instalacións no parque das Trigueirizas.

O goberno municipal da Merca vén de dar marcha atrás na súa intención de privatizar o servizo de abastecemento de auga e de saneamento. O BNG atribúe esta decisión á presión exercida por este grupo, a través dunha

campaña informativa porta a porta, “que creou o caldo de cultivo para xerar unha complicidade social positiva sobre a repercusión que esa medida traería para os petos dos veciños”. Segundo datos facilitados polo BNG, desde 2009 a taxa sobre o servizo de abastecemento de auga e

Orzamentos O BNG non tivo tanta sorte na súa petición de retirada dos orzamentos municipais, que foron aprobados co seu voto en contra.


18

BARRIOS Xaneiro de 2013

DEPORTES

entrevista a daniel diéguez - secretario do Verín c.f.

“A nosa prioridade é que o Verín non desapareza”

4 A renovada directiva coa que conta o Verín dende xuño de 2012 chegou cargada de ilusión por sacar adiante ao equipo e busca contaxiar ese optimismo a afección, xogadores e patrocinadores. Ó. Blanco / R.Torres O Verín C.F. conta esta tempada con numerosas caras novas, tanto dentro do campo como fóra, logo de que se fixese cargo del unha nova directiva, que apostou por reducir gastos e contar coa canteira. Dúas medidas imprescindibles que, xunto ás gañas dos que agora levan as rendas, permiten mirar con optimismo o futuro deste tradicional club. Como e por que decides formar parte desta nova etapa do Verín como secretario? Daniel Diéguez: “A culpa de que xa case non teña tempo libre tena Zubi, o novo presidente do club. É un camelador nato, todo un crack (ri). El é moi consciente de que un club como este precisa de xente de moi diversos perfís para comezar cunha nova etapa. A min convenceume dicindo que se non aceptaba entrar na directiva el tampouco se presentaba, polo que, como non había máis candidaturas a presidente, o clube estaba abocado a desaparecer. Que podía responder? Sentíame na obriga de botar unha man co que puidese, xa que sempre tiven claras dúas cousas: só se equivoca quen o intenta, e

non podemos quedarnos de brazos cruzados esperando que cheguen outros coas solucións, tamén temos que pór da nosa parte”. Que obxectivos vos marcades esta tempada? D.D.: “A prioridade absoluta é intentar que un club histórico como o noso non desapareza. Son moitas as débedas que a entidade arrastraba doutros anos e, a simple vista, tamén parecía que os ingresos ían ser moito menores. O panorama non era moi alentador, polo que tampouco os anteriores xestores se vían animados a continuar. O clube precisaba un cambio de rumbo. E con esa idea entramos na directiva un novo grupo moi ilusionado. Somos unha mestura de xente nova e outra con moita experiencia no mundo do fútbol. Entre todos intentamos facer cousas diferentes que nos permitan contaxiar a nosa ilusión a afeccionados, colaboradores e xogadores. E pouco a pouco imos sumando máis xente á nosa causa, xa que incrementamos o número de socios e de patrocinadores”. E a nivel deportivo, que metas queredes conseguir? D.D.: “Esta tempada contamos cun plantel no que faltan varios dos xogado-

res máis destacados do ano pasado, polo que ao novo adestrador non lle podemos pedir máis que que afección vexa ao equipo dalo todo no campo para intentar manter a categoría. Hoxe en día o Verín CF está na zona tranquila da clasificación e os xogadores demostran un espírito envexable, polo que estamos máis que satisfeitos co noso míster, Miguel Sotelo. Está facendo un moi bo traballo”. Este ano o equipo é moi novo, é unha aposta pola canteira ou necesidade? D.D.: “É froito das dúas cousas. Por unha parte, tivemos que axustar moitísimo o noso presuposto, polo que non puidemos renovar aos que cobraban os salarios máis elevados. Os que quedaron, moitos deles rapaces novos, aceptaron unha rebaixa moi importante do que lles correspondía, polo que lles estamos moi agradecidos. Así mesmo, para completar o plantel subimos a xogadores do equipo xuvenil e buscamos mozos que estiveran a destacar en equipos da zona. O resultado é un equipo moi novo e con moitas ganas de mellorar”. Ao ser un equipo tan novo, cando dará o seu verdadeiro potencial? D.D.: “No clube somos

“No partido benéfico a comarca de Verín deu toda unha lección. Xuntamos máis de 5 toneladas de comida para os que menos teñen”, recoñece orgulloso Diéguez

Foto de familia dos xogadores e corpo técnico do Verín desta tempada.

“Buscamos que os nosos seareiros se sintan orgullosos do seu club”

Daniel Diéguez, secretario do Verín C.F. conscientes de que un dos nosos maiores atrancos para conservar este grupo de xogadores vai ser o lonxe que está Verín de cidades como Ourense, Vigo ou Santiago, xa que estes mozos terán que estudar unha carreira ou ben buscar un traballo e, por desgraza, son dúas necesidades ás que dificilmente lle van a atopar solución nunha comarca rural como a nosa. Por iso, moitos deles acabarán indo a vivir a esas cidades e, unha vez alí, vai ser moi complicado que podan vir a entrenar e xogar ata Verín. Require moito tempo desprazarse, un acaba canso e, ademais, supón un elevado custo económico que tería de ser compensado nos seus sa-

larios. A nosa baza como clube é intentar que teñan tanta vontade por xogar aquí que poñan todos estes elementos nun segundo plano da balanza. Se o conseguimos, nuns anos poderíamos ter un equipo realmente competitivo”. Cales son os rivais máis directos para o Verín este ano? D.D.: “Na nosa categoría hai dous grupos de equipos. Por un lado están o Barco, Sanxenxo, Cultural Areas, Portonovo, Ribadumia e Arosa que loitarán polo ascenso, e por outro o resto, os que pelexaremos por non descender. Eso si, o noso míster sempre di que temos que ir partido a partido, e que confiemos en que lle podemos gañar a calquera. De feito, varios dos “grandes” xa pincharon nas súas visitas ao José Arjiz”. Como valorades o partido solidario que celebrastes? D.D.: “Foi espectacular. Coido que no partido benéfico a comarca de Verín nos deu a todos unha lección de como todos unidos, loitando por unha mesma idea, podemos conseguir cousas incríbles. A pesar das dificultades que supón esta crise económica, máis de 1.100 persoas encheron o noso estadio para axudar a outros que aínda o están a pasar peor ca eles. Entre todos conseguimos xuntar máis de 5 toneladas

de alimentos, unha cifra moi por riba das nosas expectativas, xa que se trataba da primeira vez que se intentaba unha iniciativa semellante na zona. A Cruz Vermella case non ten espazo material para poder almacenar tanta comida”. Que máis actividades realizastes? D.D.: “O 27 de decembro colaboramos na organización dun espectáculo solidario con paiasos dirixido aos mais cativos no Pavillón de Verín e o diñeiro recadadovai integramente destinado a axudar a Ángel, un neno da nosa comarca que ten parálise cerebral e que, ademais, sofre un estrano síndrome que lle impide falar e camiñar. Por outra banda, tamén continuaremos coa promoción do calendario dos xogadores que tanto deu que falar en medios de comunicación de todo o mundo”. A qué se debe esta nova imaxe? D.D.: “Contamos cunha masa social de 600 persoas, máis outros tantos simpatizantes, e estamos na obriga de ofrecerlles iniciativas que permitan setirse orgullosos do seu club. Ademais, tamén temos que devolverlle á sociedade unha boa parte do moito que recibimos dela. Por iso, intentaremos axudar a aquelas iniciativas que consideremos interesantes e nas que nos sintamos capacitados para botar unha man. Perseguimos ser un mellor club”. Deixa unha mensaxe aos nosos lectores. D.D.: “Grazas, sinceramente, por todo o apoio e o cariño que nos trasmitides semana tras semana. Sen o voso alento e a vosa resposta non poderíamos estar tan motivados como estamos agora para continuar con este ilusionante proxecto. Temos e tedes ADN Verín C.F.”.


BARRIOS Xaneiro de 2013

DEPORTES

O Verín perde contra o Atios 4 3-1 foi o resultado. Redacción O Verín CF saiu derrotado na súa visita ao Carballo (Porriño) no partido contra o Atios, correspondente á xornada número 21. No minuto seis, os homes de Sotelo xa ían perdendo 1-0. Logo do desconcerto inicial, os verineses colléronlle o ritmo ao encontro nivelando a balanza do dominio do esférico. De seguido chegaron as oportunidades, ata que ao fío da media hora de encontro, Víctor Gallego remataba de cabeza un córner botado por Hugo. Ao descanso chegaríase con empate a un gol. Ao inicio da reanudación foi cando os de Verín perderon toda opción de sacar algo positivo do en-

contro. Un erro de Sergio fixo que tivera que derribar na área ao dianteiro local; o colexiado non o dubidou e pitou penalti e amosou a vermella ao central. Os pontevedreses non perdoaban, e lograban o 21. Despois do mazazo, os “rojillos” buscaron empatar a contienda, pero sen fortuna de cara ao marco rival. A 15 minutos para o final, sentenciaban os locais o partido co terceiro gol. Ata o final, o Verín tentouno sen fortuna. Sanción a Luisito Despois do desagradable incidente do partido do Verín contra o Marín, o Comite de Competición decidíu sancionar ao xogador Luisito con nove meses e cinco partidos de suspensión. O

Curso de iniciación ao salvamento acuático 4 Durante o Nadal na piscina de Verín. Redacción Concluíu en Verín o curso de iniciación ao salvamento acuático para menores organzada pola área de deportes do Concello de Verín, Saudeter e o club de salvamento acuático Salvaour. No curso participa-

ron os menores integrantes das clases de natación do Concello de Verín. Esta iniciativa permitiu aos participantes coñecer técnicas básicas de natación para garantir a súa propia vida, de axuda e asistencia aos demais -mediante o uso de equipo de rescate axei-

xogador do Verín agrediu a un xuíz de liña tras ser expulsado e cando se dirixía aos vestiarios. Visita do Grove O Verín recibe o domingo

27 de xaneiro a visita do Grove na xornada número 22 da Rexional Preferente no seu grupo sur. O Grove marcha 17º con 22 puntos, mentres que o Verín é undécimo con 27. Oportunidade para poñer máis terra de por medio cun rival directo pola permanencia da categoría.

19

Ourense e COB, polo bo camiño

4 Venceron nas últimas citas. R. T. O CD Ourense e Club Ourense Baloncesto están xenerando ilusión entre os seus afeccionados. O Ourense vén de vencer nesta xornada -número 21- ao Guijuelo, rival directo pola permanencia. O resultado foi de un a cero nun partido moi disputado, e no que o terreo de xogo foi protagonista ao estar case impracticable. Borja Valle logrou o tanto da vitoria, e os ourensáns sumaron tres puntos,

amais de ter o “golaverage” a favor. O Ourense marcha décimo segundo con 28 puntos. O Club Ourense Baloncesto, despois dun nefasto inicio de tempada (cero vitorias e seis derrotas), foi quen de darlle a volta á situación, e xa leva cinco vitorias; as dúas últimas consecutivas. O COB xa saiu da zona de descenso directo, pero aínda está en postos de promoción de descenso. O máis importante é a progresión nas últimas semanas.

O xogador do Verín, Luisito, foi sancionado con 9 meses.

tado-, descubrir o modo de actuar en caso de accidente e previr os mesmos, e participar nun estilo de vida saudable, activo e construtivo; en definitiva, medidas

básicas de primeiros auxilios, perfeccionamento das técnicas de natación, e aprendizaxe de técnicas de salvamento acuático, arrastres ou remolques.

Compoñentes do Verín FS infantil.

Torneo de Lugo

Alumnos do curso de salvamento acuático.

O equipo de fútbol sala de infantís do Verín fútbol sala proclamouse campión do Torneo de Lugo. Estes xogadores de segundo ano de infantil traen unha nova ledicia a afeccionados e familiares. Na foto aparecen o delegado J. Antonio, Alex, Miguel, J. Carlos, Iago, Javi Baños, Toño (auxiliar), Aarón, Javi Domínguez, Avelino, Brais e J. Luís. Ausentes na foto pero tamén forman parte do equipo: Juan, Iván e o adestrador Fran.


20

BARRIOS Xaneiro de 2013

OURENSE PROVINCIA

Allariz, Oimbra, Verín e Xinzo gañan poboación

4 Son catro dos nove concellos ourensáns que aumentaron o seu censo en 2011. S.N. Que os elevados índices de envellecemento e a escaseza de nacementos marcan os niveis de poboación galega, e por extensión a ourensá, son todo un feito. Tal e como reflicten os últimos datos oficiais facilitados polo Instituto Nacional de Estatística, dos 92 concellos que ten a provincia de Ourense, 81 perderon poboación ao longo de 2011. Así, a 1 de xaneiro de 2012 a nosa provincia contaba con 330.257 habitantes, 3.000 menos que un ano antes. Entre os nove concellos ourensáns que creceron en número de habitantes atópanse Allariz, Verín, Xinzo e Oímbra. Allariz e Verín sumaron 74 habitantes máis cada un, de xeito que o concello alaricano pasou de 5.985 habitantes a 6.059, 74 e a capital da comarca de Monterrei pasou de 14.633 a 14.707 habitantes; Xinzo de Limia gañou 29 veciños (de 10.329 pasou a 10.358) e Oímbra, 17 (de 2.045 habitantes pasou a 2.062). A este respecto, os rexedores de Allariz e Verín coinciden en que esta tendencia positiva nos seus respectivos concellos se vén dando nos últimos anos e que se debe á oferta que poñen a disposición dos seus veciños. “É unha tendencia que o Concello de Allariz vén mantendo nos últimos anos, con máis de mil novos habitantes nos últimos 10 anos, froito da oferta que Allariz ten: a dinamización económica que temos realizado, ofrecer calidade de vida, emprego... moitos veciños escollen Allariz como lugar para vivir. Ademais, superar os seis mil habitantes era un reto”, explica Francisco García. “É positivo, levamos desde fai anos gañando habitantes e a medida que saian os proxectos que temos previstos agardamos que aumente máis a poboación de Verín. Así mesmo, tamén hai unha cantidade de

poboación flotante que veu polas obras do AVE, que estarán durante cinco anos”, explicou Juan Manuel Jiménez Morán.

4 Padrón municipal

Municipio 01.01.12 / 01.01.11 Allariz 6059 5985 Baltar 1076 1094 Baños de Molgas 1774 1825 Blancos, Os 974 1007 Bola, A 1398 1436 Calvos de Randín 1064 1176 Cartelle 3163 3299 Castrelo do Val 1169 1177 Celanova 5809 5906 Cualedro 1924 1993 Gomesende 914 946 Laza 1541 1561 Maceda 3112 3129 Merca, A 2197 2212 Monterrei 2924 2973 Oímbra 2062 2045 Paderne de Allariz 1574 1601 Padrenda 2244 2355 Pontedeva 654 667 Porqueira 1005 1043 Quintela de Leirado 716 724 Rairiz de Veiga 1568 1622 Ramirás 1812 1856 Riós 1803 1846 Sandiás 1342 1391 Sarreaus 1408 1486 Trasmiras 1534 1560 Verea 1150 1222 Verín 14707 14633 Vilar de Barrio 1572 1602 Vilar de Santos 922 942 Vilardevós 2131 2182 Xinzo de Limia 10358 10329 Xunqueira de Ambía 1649 1697 Xunqueira de Espadanedo 892 914

A maioría, perde poboación Pero sen dúbida, a nota predominante foi a diminución de poboación nos municipios ourensáns. Concretamente, dos 35 pertencentes ás comarcas da Limia, Monterrei, Allariz e Terras de Celanova, 31 perderon habituantes, dos cales seis contan xa con menos de 1.000 veciños (Os Blancos, Gomesende, Pontedeva, Quintela de Leirado, Vilar de Santos e Xunqueira de Espadanedo). Nembargantes, neste último censo destaca o caso de Cartelle, que perdeu un total de 136 veciños ao longo de 2011 (pasando de 3.299 a 3.163). Negativas cifras que a alcaldesa, Carmen Leyte, explica polas numerosas defuncións e polas dificultades para xerar máis traballo na zona. “Hai moita xente maior. Desde o Concello facemos todo o posible para que a xente se quede, aínda que é complicado porque temos limitadas as contratacións. Pero como mostra das nosas iniciativas está a residencia de maiores, cuxos traballadores son de Cartelle, e na canteira os empregados tamén son locais. Ademais, Cartelle foi pioneiro nas axudas por natalidade de 2.000 euros, pero agora eso se suspendeu debido á situación económica. Nembargantes, temos unha gardería infantil para axudar a conciliar a

Datos do INE. vida laboral e familiar, e que os matrimonios novos se animen a ter rapaces e poidan traballar”, explica a rexedora. Xunto a este, Calvos de Randín (con 112 veciños menos) e Padrenda (cunha diminución de 111 habitantes) son os concellos da zona que peor parados saen neste balance poboacional. As cifras non reflexan optimismo, está entón o rural ourensán condenado á desaparición?

Os datos máis negativos son os de Cartelle, que perdeu 136 veciños

Rogelio Martínez percorre os obradoiros de emprego 4 O delegado da Xunta comproba o desenvolvemento dos obradoiros de Terras de Celanova, Monterrei, Xinzo e Baltar, e Conso-Frieiras. Redacción O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, está a visitar estes días os obradoiros de emprego da provincia. Tras unha primeira visita ao da mancomunidade Terras de Celanova, Martínez visitou nunha segunda xornada os da agrupación Monterrei, Xinzo e Baltar; e nunha terceira, o da mancomunidade ConsoFrieiras. Terras de Celanova O obradoiro de emprego de Terras de Celanova ofrece formación especializada en atención xeriátrica e axuda no fogar a 24 desempregados achegados dos 8 concellos que integran esta entidade supramunicipal: A Merca, Cartelle, Gomesende, Quintela de Leirado, Ramirás, Verea, Celanova e Pontedeva. Deste programa mixto de formación e emprego tamén se benefician outros 7 parados da zona que forman parte do persoal directivo, docente e de apoio administrativo. Este programa ten unha duración de seis meses, ata xuño. Agrupación Monterrei En canto ao obradoiro de emprego que se está a desenvolver na localidade de Monterrei, del benefícianse tamén os concellos de Oímbra, Laza e Cualedro. Un total de 27 desempregados destes municipios participan nesta

iniciativa de emprego; en concreto, formaranse 13 alumnos en albanelería e 8 en xardinería. Os alumnos centrarán as súas prácticas na rehabilitación do centro social de A Madalena, do forno de Sandín e do vestiario do campo de fútbol de Medeiros, no concello de Monterrei; na reforma da escola de Retorta, en Laza; na rehabilitación da vivenda para o centro social en Carzoa, en Oímbra; así como nas obras de varios lavadoiros de Oímbra. Finalmente, farán prácticas en distintas áreas recreativas e parques dos catro concellos participantes. Xinzo e Baltar O obradoiro de emprego da capital do Limia púxose en marcha o pasado mes de decembro e nel participan 24 desempregados como alumnos de albanelaría, xardinería e axuda no fogar, procedentes dos dous concellos promotores desta iniciativa, Xinzo e Baltar. Durante os seis meses que durará este programa mixto de formación e emprego os alumnos rehabilitarán os centros sociais da Pena, O Campo en Moreiras; o centro cívico de Paredes e pavimentarán a beirarrúa A Capitana en Ganade, en Xinzo; mentres que en Baltar restaurarán a praza da festa de Boullosa e Gomariz. Outras das súas prácticas serán a restauración medioambiental e axardinamento da alameda do Toural, parque Deve-

sa, parque do novo cuartel da garda civil, e parque da Cerámica ou Telleira, entre outros espazos verdes, en Xinzo; e na recuperación do entorno do río Caneiro e axardinamento da praza da festa en Boullosa, en Baltar.. Finalmente, os desempregados realizarán prácticas do ámbito de servizo no fogar. Obradoiro Conso Frieiras No que respecta á Mancomunidade Conso-Frieira, o seu obradoiro de emprego dá formación e traballo a 20 desempregados dos municipios da Gudiña, Riós e Vilariño de Conso. Durante os seis meses que durará este obradoiro de emprego os alumnos manterán e axardinarán diversas áreas recreativas e xardíns municipais dos tres concellos promotores: as áresa recreativas de Riós, Romaríz, San Cristobo, o xardín do centro de saúde, o do parque infantil, o da piscina pública, o da Igrexa-Progo, e os lavadoiros de Vendas da Barreira e Castrelo de Abaixo. Os alumnos tamén realizarán prácticas dentro do ámbito de axuda no fogar. A Consellería de Traballo e Benestar destina aos nove obradoiros de emprego da provincia 1.913.198 euros. Neles participan 266 desempregados de 31 concellos.

266 parados participan nos nove obradoiros da provincia

As autoridades cos participantes no obradoiro de emprego de Celanova.


PUBLICIDADE

BARRIOS Xaneiro de 2013

21


22

BARRIOS Xaneiro de 2013

OURENSE PROVINCIA

A Xunta reforza en 2013 o gasto na provincia de Ourense para seguir impulsando o reequilibrio territorial 4 O investimento por habitante na provincia de Ourense será de 778 euros. Redacción O proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade galega para 2013 reforza a aposta do Goberno autonómico polo equilibrio do territorio, priorizando o gasto por habitante nas provincias de Ourense e Lugo fronte ás de Pontevedra e A Coruña, pois os recursos que destina por habitante nas provincias interiores son un 50% superiores ás atlánticas. Así, a suma dos investimentos da administración xeral e dos entes dependentes supón que o gasto por habitante será o vindeiro ano de 778 euros na provincia de Ourense e de 767 na de Lugo, mentres que á de Pontevedra se destinará 538 euros e á da Coruña 503. Desta forma, a de A Coruña terá unha dotación global de 576,9 millóns de euros; a de Pontevedra, de 518,6; a de Lugo de 269,8; e a de Ourense, de 259,3 millóns de euros. A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, entregou xa no Parlamento o proxecto de Lei de Orzamentos para 2013, os máis sociais da historia da autonomía, cun 77% do gasto destinado a sanidade, educación e servizos sociais, co que gañan 8,9 puntos de peso desde o ano 2009. Muñoz Fonteriz explicou que esta blindaxe do gasto social é compatible con que o axuste dos gastos

de capital sexa catro veces inferior ao conxunto das autonomías, pois Galicia é a segunda comunidade en termos absolutos que máis recursos destina a investimentos. Presente e futuro Ademais, resaltou que coas contas do vindeiro exercicio o Goberno galego pensa no presente pero tamén no futuro co obxectivo de, unha vez que foi a primeira autonomía que controlou o déficit público, ser tamén unha das primeiras en conseguir saír da crise. A titular de Facenda salientou tamén que a Administración autonómica continúa co seu esforzo en áreas chaves, como os concellos, que contarán en 2013 con 125 millóns de euros e que acumulan un financiamento adicional de 78 millóns de euros desde o ano 2010, polo que a Xunta mantén o seu esforzo pese a que as dispoñibilidades de recursos seguen caendo. Igualmente, subliñou que se fai un esforzo similar, sostido no tempo, coas universidades, xa que se garante o cumprimento do seu sistema de financiamento e se mellora en dous millóns de euros o capítulo dedicado a I+D+i. Axuste tres veces inferior á media A Administración autonómica contará en 2013

cun gasto non financeiro de 8.479 millóns de euros, un 2,5% inferior á capacidade de gasto deste exercicio, cumprirá coa redución do déficit en máis de 400 millóns de euros, ata o 0,7% do PIB, polo que diminuirá o recurso ao endebedamento en máis da metade en relación a 2012. Este axuste orzamentario para o vindeiro exercicio supón tres veces menos que a media de rebaixa das comunidades autónomas, que se sitúa ao redor do 7%. A titular de Facenda resaltou que precisamente o control do endebedamento durante os últimos catro anos permitirá que os gastos financeiros da Comunidade galega aumenten tres veces menos que a media das autonomías. Nas vindeiras contas mantéñense como prioridades a solvencia da comunidade e a blindaxe dos servizos públicos, cunha contención do gasto corrente que duplica o axuste dos gastos de capital. Os orzamentos entregados á Cámara tamén confirman que o PIB da economía galega será do -0,9% en 2013, dúas décimas mellor que o agardado para España, e que a comunidade poderá manter un diferencial positivo de entre 4,5 e 5 puntos en taxa de paro. Para reforzar a aposta pola reactivación económica e sentar as bases para

A conselleira de Facenda na entrega dos Orzamentos á Cámara galega. /CONCHI PAZ.

poder recuperar taxas positivas da economía as contas inclúen un novo Fondo de Crecemento, dotado con 386 millóns de euros, para mellorar a eficacia dos investimentos autonómicos.

Os Orzamentos da Xunta para 2013 son os máis sociais da historia da autonomía, cun 77% do gasto destinado a sanidade, educación e servizos sociais

Na presentación dos orzamentos da Xunta para 2013, Alberto Núñez Feijoo destacou que as contas elaboráronse desde a perspectiva de manter a estabilidade orzamentaria de acordo cos compromisos dunha comunidade solvente.

Feijóo: “Os orzamentos 2013 cumpren os nosos obxectivos como rexión europea, como comunidade da España autonómica, cos servizos públicos esenciais e inician unha política de crecemento económico” O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que os Orzamentos 2013 “cumpren os nosos obxectivos como rexión europea, como comunidade da España autonómica, cos servizos públicos esenciais e inician unha política de crecemento económico”. Así mesmo, avanzou que se tratan dunhas contas que parten da prudencia e que buscan seguir blindando o autogoberno, “que é blindar os servizos públicos esenciais na comunidade”. “Aseguran as prestacións esenciais e o 77% da totalidade dos recursos de Galicia dedícanse aos servizos públicos esenciais; incrementan os recursos para aquelas persoas que requiren maior asistencia social; reforzan o poder adquisitivo dos empregados públicos aos que se lles sigue pedindo un esforzo no próximo ano e damos a oportunidade de anticipar

a quen o solicite a metade da paga extraordinaria de xuño ao mes de xaneiro; continúan a aposta ininterrompida pola solvencia das contas públicas; avanzan na eficiencia a través da contención do gasto corrente, que diminúe o dobre do que diminúe o presuposto de investimentos e capital; e incrementan o compromiso coa volta ao crecemento, creando un Fondo específico de Crecemento que busca o apoio para os emprendedores”, explicou a modo de resumo. O titular da Xunta aseverou que os presupostos de 2013 cumpren, novamente, coa máxima duns orzamentos realistas. “Facer uns presupostos realistas –dixo- ten sido a prioridade da Xunta en 2009, en 2010, en 2011, en 2012 e esa mesma prioridade mantense para 2013. E isto supón asumir a realidade da crise na que nos movemos; asu-

mir o obstáculo de contar con menos ingresos nunha España nunha profunda crise económica; e contar con menos recursos que o ano anterior, e Galicia conta hoxe con máis de 2.500 millóns de euros menos de ingresos que en 2009”. Non obstante, aseverou que a fortaleza coa que conta a comunidade galega radica en ter uns presupostos realistas e rigorosos, “e nesta nova lexislatura –insistiu- imos seguir por esta vía, partindo da máxima prudencia, porque por riba de todo ten que ser un presuposto que sirva ao interese xeral, que sirva á solvencia do autogoberno e que sirva ao mantemento dos servizos públicos esenciais”. Feijóo subliñou que estes presupostos preséntanse no prazo máis breve posible; de xeito que que na última semana de febreiro serán aprobados no Parlamento.


OURENSE PROVINCIA

BARRIOS Xaneiro de 2013

23

Os orzamentos destinan 73 millóns de euros para estradas, vivenda, equipamentos públicos e medio ambiente

4 As políticas de acceso á vivenda e as liñas de promoción de solo empresarial tradúcense nunha partida de máis 10 millóns de euros, tres máis que en 2012. Redacción A Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio destaca que o rigor e a solvencia das contas da Xunta permitirán á Administración galega o mantemento das grandes infraestruturas na provincia de Ourense. Os orzamentos para o ano 2013 permitirán dar continuidade ou rematar as grandes obras que se atopan en marcha na provincia en materia de estradas, saneamento, abastecemento, vivenda e equipamentos públicos, aos que se destinarán máis de 73 millóns de euros. Actuacións destacadas O principal esforzo do departamento que dirixe Hernández será para conservación e mantemento de estradas, con máis de 11 millóns de euros. Así

mesmo, a autovía Ourense-Celanova Sur conta cun investimento de case 20 millóns de euros, e mantense a supresión da peaxe da Autoestrada Alto de Santo Domingo – Ourense (15,3 millóns de euros). Tamén se executarán acondicionamentos e melloras de seguridade vial en distintas estradas da provincia, polo que a suma para o apartado de infraestruturas increméntase en máis de 6 millóns de euros, ao pasar dos 47,02 en 2012 ata os 53,08 para o vindeiro exercicio. Compromiso co medio ambiente Ademais, as contas da Consellería de Medio Ambiente permitirán manter os compromisos ambientais coa calidade das augas, coa xestión de residuos e coa ordenación do territorio. In-

vestiranse case 7 millóns de de euros en infraestruturas hidráulicas, o que implica un aumento dun millón de euros, respecto dos orzamentos do anterior exercicio. Este investimento permitirá financiar as obras da EDAR de Reza en Ourense, case 3 millóns de euros, así como dotar de saneamento, depuración e mellorar a rede de colectores dos concellos desta provincia, como é o caso de Cortegada, Melón e Porqueira. Tamén se habilitan partidas económicas para rematar os puntos limpos que axudarán a mellorar a xestión dos residuos sólidos urbanos da Veiga e San Cibrao das Viñas. As axudas para que os concellos da provincia inicien ou avancen a redacción dos seus planeamentos continúan nos orzamentos que xestionará a Secretaría

4 Investimentos da Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio en Ourense (actuacións máis destacadas) AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS 2013 53,08 M€ Concesión. Autovía A52-Celanova 19,91 M€ Convenio Xunta – Aceousa para a supresión de peaxes 15,33 M€ Conservación de estradas 11,45 M€ Xinzo – Cualedro 0,61 M€ Acondicionamento OU-0502, Gustei – Os Peares. Convenio coa Deputación 0,54 M€ Desenvolvemento do Plan Sectorial de aparcadoiros disuasorios 0,37 M€ Outras actuacións na provincia 4,87 M€ AUGAS DE GALICIA 2013 6,57 M€ Convenio EDAR de Reza en Ourense 2,84 M€ Colectores de depuración, fase II. Cortegada 0,60 M€ Achega a consorcios locais (Valdeorras) 0,50 M€ Abastecemento a varios núcleos da Porqueira 0,33 M€ Mellora do abastecemento ao núcleo de Carballeda de Valdeorras 0,33 M€ Saneamento e abastecemento en Seadur. Larouco 0,31 M€ Saneamento, depuración e mellora do abastecemento no Concello de Melón 0,08 M€ Outras actuacións na provincia 1,58 M€ SX ORDENACIÓN DO TERRITORIO E URBANISMO 2013 1,14 M€ Axudas ao planeamento: Axuda PXOM Ourense 0,54 M€ (0,13 M€) Convenio urbanización do contorno do templo da Veracruz, O Carballiño 0,43 M€ Contornos urbanos Plan Hurbe. Cualedro. 0,14 M€ VIVENDA E SOLO 2013 10,44 M€ Parque empresarial de Pazos (Verín) 3,36 M€ Construción e urbanización de VPP: Vilamarín (1,73 M€), Ourense (1,07 M€), Maside (0,14 M€) 2,94 M€ Axudas á rehabilitación 2,04 M€ Programa Aluga 0,83 M€ Axudas á adquisición de vivendas 0,15 M€ Reparación de VPP 0,13 M€ Outras actuacións na provincia 0,99 M€ SX CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL 2013 0,50 M€ Punto limpo A Veiga 0,36 M€ Punto limpo San Cibrao das Viñas 0,14 M€

Solar no que se levanta o futuro edificio xudicial de Ourense e onde se construirá o centro de saúde do Couto, na capital ourensá./ARQUIVO. Xeral de Ordenación do Territorio, departamento que executará as obras de urbanización do contorno do templo de Veracruz, no Carballiño. Mellora da mobilidade Outro dos fitos que a Xunta se marca coa execución destas contas é a posta en marcha do plan de transporte metropolitano da area de Ourense. Para avanzar os primeiros pasos, disponse dunha partida que permitirá asinar o convenio de colaboración e subvencionar parte do custe do prezo do billete e os transbordos. Destaca tamén outra partida para o desenvolvemento do Plan Sectorial de Aparcamentos disuasorios. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas tamén finalizará en 2013 as vivendas de promoción pública que está a construír nas localidades de Vilamartín ou Maside. Continuarán as axudas á rehabilitación de inmobles, á adquisición de vivenda, e o o Programa Aluga. O desenvolvemento de solo industrial e empresarial na provincia ten un protagonismo importante nas contas de 2013, xa que se avanzará no parque de Pazos, en Verín. Así, o capítulo de promoción de vivenda e solo implica un investimento global de máis de 10 millóns de euros para o 2013.

4 Investimentos en educación, sanidade e medio rural Ao longo dos últimos días os conselleiros foron comparecendo no Parlamento galego para avaliar os orzamentos para 2013 dos seus respectivos departamentos. No caso da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no que atinxe á provincia destaca o investimento no futuro edificio xudicial da capital ourensá. En canto á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dous centros educativos (o Padre Feijoo de Allariz e o Ben Cho Sey de Pereiro de Aguiar) levarán cada un medio millón de euros neste 2013 para a súa ampliación. O departamento que dirixe Xesús Vázquez destinará a a reparacións e melloras en colexios e institutos da provincia 1,8 millóns de euros. No eido cultural, destacan os 671.809 euros para obras en materia de patrimonio cultural no Concello de Ourense. No que respecta á Consellería de Sanidade, os principais investimentos na provincia van para o plan director do complexo hospitalario de Ourense (14 millóns, máis outras

partidas dos proxectos Hospital 2050 e Innova) e para a construción dos centros de saúde do Couto (3,6 millóns de euros) e da Valenzá (3,3 millóns). A Consellería de Medio Rural e do Mar é unha das que máis inviste na provincia. O departamento que dirixe Rosa Quintana reserva en 2013 225.102 euros para os regadíos da Limia; 1,3 millóns para obra nova; 1,6 millóns para mellora de estruturas agrarias; medio millón para adquisición vehículos dentro do convenio do plan de zonas rurais; 346.499 euros para traballos silvícolas, así como outras partidas para montes veciñais e man común en Maceda (16.279 euros), Bande (27.053 euros), Vilar de Barrio (67.515 euros), Celanova (12.205 euros), Quintela de Leirado (11.685 euros) Trives (91.517 euros), A Gudiña (43.473 euros), e Viana do Bolo (29.304 euros). A prevención e extinción de incendios recibe un montante global que alcanza os seis millóns de euros, sumando equipamento e dotación de cuadrillas, aluger de medios aéreos de extinción e dispositivo contra lumes forestais.


24

BARRIOS Xaneiro de 2013

OURENSE PROVINCIA

Informe Perspectivas Empresariais 2013

Máis da metade dos empresarios ourensáns pensan que 2013 será peor 4 O 60% dos empresarios da provincia cre que en 2013 se freará a destrución de emprego. Redacción O 60% dos empresarios ourensáns cre que en 2013 poderá manter os postos de traballo nos seus negocios, considerando que durante este ano se freará o ritmo de destrución de emprego. Esta é unha das principais conclusións da enquisa realizada pola Cámara de Comercio de Ourense e cuxos datos forman parte do informe Perspectivas Empresariais en España e Europa 2013. A esperanza mostrada polos empresarios ourensáns en materia de emprego contrasta coa súa opinión achega da contorna económica que prevén para 2013. O 56% considera que será peor e o 80% que empeorou en 2012. Esta previsión reflíctese nas outras variables analizadas na enquisa, de tal modo que o 46% dos enquisados considera que verá reducida a súa cifra de negocio neste

exercicio, mentres un 68% afirma que se reduciu no ano recentemente terminado. En canto ao mercado nacional, se o 67% dos empresarios recoñece que as súas vendas diminuíron en 2012, para este ano a porcentaxe de enquisados que esperan ver reducidas as súas vendas é do 43%. O optimismo, nas exportacións A exportación é un dos datos que convidan o optimismo, pois o 26% dos empresarios di aumentar as súas vendas noutros países. Para 2013 o 53% espera manter o seu mercado exterior e o 18% confía en aumentar a súa expansión internacional. Doutra banda, o 47% considera que será posible manter os seus investimentos, seguido moi de preto por un 41% que cre necesario reducilos.

Ourense sumou 2.190 desempregados máis 4 A nosa provincia remata 2012 con máis de 30.000 desempregados, dos cales só 8.000 perciben algunha prestación por desemprego. Redacción Segundo os datos que vén de facer públicos a CIG, Ourense segue sendo a segunda provincia galega, despois de Pontevedra, con maior taxa de desemprego e remata o 2012 con 30.407 parados. O dato de decembro reflexa unha variación de 90 desempregados menos que no mes anterior e o sector servizos é o que maior número de parados concentra, con 12.193. Así mesmo, en 2012 realizáronse 3.666 contratacións, 390 menos que no ano anterior e a precariedade continúa en aumento, pois só houbo 314 contratos indefinidos fronte a 3.362 temporais. Ademais, os beneficiarios de prestacións por desemprego seguen diminuíndo e só 8.103 de dos máis de 30.000 parados perciben esta prestación. EREs e emigración No ano que vén de rematar a nosa provincia

experimentou un significativo aumento de EREs, así como unha masiva saída da mocidade cara outras rexións e países. Datos dos que a CIGOurense responsabiliza á Xunta, xa que “co fantasmagórico Plan Impulsa e a reforma laboral que abarata e facilita o despido é a gran responsable desta grave situación de desemprego que sofre Ourense”, aseguran. Emprego público Ademais, dende este sindicato lembran que na nosa provincia “ten tamén moita importancia a perda de emprego dos empregados públicos nas distintas administracións coa política da Xunta de negarse a cubrir vacantes, a conxelación da oferta de emprego público e agora coa implantación do despedimento a través dos EREs”.

En 2012 realizáronse 3.666 contratacións

O comercio adiantou as rebaixas

4 A Federación de Comercio de Ourense estima un gasto medio por persoa de entre 65 e 70 euros. Redacción Coa novidade que supuxo a liberalización das prácticas comerciais, comezaron as rebaixas de inverno na nosa provincia. Unha época na que, segundo a Federación de Comercio de Ourense, os comerciantes galegos alcanzarán unha facturación semellante á do ano pasado (entre 80 e 85 millóns de euros a nivel Galicia). Cada ourensán gastará entre 65 e 70 euros neste periodo, que chega para o comercio nun momento moi delicado debido á continuada retracción do consumo e a mermada capacidade adquisitiva da maioría de clientes potenciais. Cifras similares achegan desde a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) do Concello de Ourense. Para este organismo, que se basea en datos da Federación de Consumidores e Usuarios, cada ourensán gastará de media 74 euros, 9 menos que o ano pasado, e 6 por debaixo da media española para este ano,

que se sitúa en 80 euros. O presidente da Federación de Comercio de Ourense, Aurelio Gómez Villar, sinala que “estas rebaixas serán positivas porque servirán para mellorar resultados especialmente nos comercios de textil e calzado que concentran a maior parte das vendas deste periodo (80%), e prevese que para paliar a desaceleración continuada do consumo e tamén para reducir stocks, aplicaranse descontos importantes. Campaña moi competitiva Segundo os datos manexados pola Federación de Comercio de Ourense, a maior parte dos comerciantes iniciaron as rebaixas con descontos entre o 10% e o 50% do prezo dos artigos. Pola súa banda, desde a OMIC estiman que durante este período o pequeno e mediano comercio prevé incrementar as súas vendas entre un 2 e un 6%, con descontos dende o 15% ao 70%, nunha campaña que se prevé máis competitiva por mor da crise económica.

4SUDOKUS Nivel fácil

Nivel medio

Para resolvelo, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse.

Nivel difícil


OURENSE PROVINCIA

BARRIOS Xaneiro de 2013

25

Oposición á supresión do Baltar non investigará as servizo ferroviario entre contratacións do seu pai Ourense e Puebla de Sanabria 4 O pleno da Deputación rexeita a proposta socia4 Iniciativas dos diferentes grupos políticos na Deputación, Congreso e Senado. Redacción A decisión do Ministerio de Fomento de suprimir o servizo ferroviario entre Ourense e Puebla de Sanabria provocou a oposición de concellos afectados e grupos políticos, que xa anunciaron inicativas para que haxa unha volta atrás nesta decisión. Por unha banda, o grupo parlamentario do PSOE no Senado presenta unha moción na que insta ao Goberno a manter o servizo ferroviario entre Ourense e Puebla de Sanabria e a buscar a colaboración coas comunidades autónomas para mellorar a oferta de transporte público con horarios e tarifas axeitadas. Pola outra, desde a Deputación provincial, o seu presidente, Manuel Baltar, comprometeuse a facer xestións para que sexa reconsiderada a supresión desta liña, e anunciou a presentación dunha moción no vindeiro pleno da Deputación, a finais deste mes de xaneiro. Unha terceira fronte será no Congreso, onde a portavoz do BNG, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na que demanda ao Ministerio de Fomento que manteña as paradas ferroviarias nas localidades ourensás do tramo Ourense-Puebla de Sanabria durante as fins de semana. Reunión na Deputación Na Deputación, Manuel Baltar recibiu aos alcaldes de Baños de Molgas, Vilar de Barrio, Paderne e Taboadela, quen lle expuxeron a súa preocupación polo anuncio da supresión do servizo ferroviario entre Ourense e Puebla de Sanabria. Baltar explicoulles que dita decisión forma parte do “Plan de racionalización dos servizos de transporte ferroviario de viaxeiros de media distancia”, que declara como

lista de crear unha comisión de investigación sobre a política de contratación no ente provincial nos últimos 20 anos.

P.L.

A de San Francisco en Ourense é unha das 14 estacións nas que paraba a liña de tren Ourense-Puebla de Sanabria./RAMSÉS. obriga de servizo público todas as relacións ferroviarias cun aproveitamento superior ao 15 %. Como consecuencia de dito plan mantense a conexión Santiago-Carballiño-Ourense e tamén, aínda que non chegan a ese 15 %, a de Ourense-Vigo (11,7 %) e a de Vigo-Ourense-Monforte-Ponferrada (12,9 %). No caso de Ourense-Puebla de Sanabria trátase dun servizo que non chega aos nove mil viaxeiros ao ano, investindo o erario público 371 euros por usuario, cando o viaxeiro paga 11,90 euros polo billete. Os alcaldes solicitáronlle ao presidente da Deputación de Ourense que faga chegar aos responsables de Fomento a súa preocupación e o seu rexeitamento da medida, así como a petición de que a reconsidere, polos efectos negativos que pode traer para os concellos por onde pasa a liña ferroviaria: A Mezquita, A Gudiña, Vilariño de Conso, Castrelo do Val, Verín, Laza, Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Paderne de Allariz e Taboadela. Coinciden os rexedores en afirmar que é evidente o impacto desta medida no illamento e na incomunicación destas poboacións. Baltar comprometeuse a trasladar aos responsables de Fomento as reivindicacións dos alcaldes. Na reunión acordouse a presentación, tanto nos plenos dos

concellos afectados como na corporación provincial, de mocións que reflictan o posicionamento político destas institucións diante deste escenario adverso para o transporte ferroviario na provincia de Ourense. Iniciativa no Congreso Por último, o BNG presenta unha iniciativa no Congreso que recolle a petición de distintos sectores sociais e sindicais do sector ferroviario de manter o servizo de fins de semana nas localidades que se atopan no tramo situado entre Ourense e Puebla de Sanabria, “especialmente para facilitar o desprazamento dos estudantes, ou ben, que a Xunta se faga cargo destes servizos”. A parlamentaria nacionalista traslada a Fomento as impresións de representantes sindicais que consideran que non ten sentido suprimir este tramo porque no ano 2011 tivo máis de 3.500 usuarios. Ademáis, recalca, “hai que ter en conta que localidades como Laza, Cerdedelo, Castrelo do Val-Verín, Vilariño de Conxo-A Capela non contan con outras alternativas de transporte público e quedarán aínda máis illadas”.

No 2011 o tramo tivo máis de 3.500 usuarios

O PP fixo valer a súa maioría absoluta no pleno da Deputación para dicir non á unha comisión de investigación sobre as contratacións no ente provincial nas últimas dúas décadas, período que afecta tanto ao goberno de José Luis Baltar, como ao do seu fillo e actual presidente, Manuel Baltar. Os 15 deputados provinciais populares votaron en contra de abrir a comisión de investigación que pedían os socialistas, apoiados polos nacionalistas, e fixérono malia que o PSOE presentou no último momento do debate un incidente de recusación, solicitando a abstención daqueles deputados populares que tiveran interese ou “relación de parentesco cos contratados nos últimos 20 anos”. A este respecto, tanto PSOE como BNG solicitarán informe de Secretaría sobre a capacidade dos deputados do PP, a excepción do alcalde de Avión, para votar a investigación das contratacións de Baltar, para coñecer se eses deputados incurriron nalgunha

responsabilidade ou se se pode dar o caso “dun acordo invalidante” . Defensa da transparencia da institución Ante as denuncias de socialistas e nacionalistas de “enchufismo, caciquismo e nepotismo” na Deputación e de que as contratacións se realizaban “cunha clara intención de ‘premiar’ sempre aos mesmos, persoas vinculadas ao PP”, o voceiro popular, Plácido Álvarez, insistiu nos argumentos que o seu partido xa repetiu nestes días. Dixo Álvarez que dos 104 contratos que investigou o fiscal todos eran temporais, que só 42 empezaron a traballar antes do 30 de xaneiro (data do congreso do PP) e deses só seis eran compromisarios, dun total de 1.212, “e non sabemos que votaron”. Ante esta afirmación, o socialista Ignacion Gómez preguntoulle se podía asegurar que os outros 98 contratados non tiñan familiares entre os compromisarios. Para rematar o debate, o presidente provincial afirmou que a Deputación se sinte “afectada” polas manifestacións destes días “e vai emprender accións pe-

4 José Luis Baltar declarará o 4 de febreiro Descartada a investigación para buscar responsabilidades políticas á política de contratación na institución provincial, a única investigación posible agora é a xudicial, que tratará de dilucidar se José Luis Baltar cometeu prevaricación ao realizar 104 contratacións temporais en 2010, xusto cando se celebraba o congreso provincial do PP no que saíu elixido o seu fillo presidente. O vindeiro 4 de febreiro José Luis Baltar está chamado a declarar, en calidade de imputado, pola querela presentada contra el pola Fiscalía por un «presunto delito continuado de prevaricación». Uns días antes, dclararán en calidade de testemuñas nove persoas das contratadas, o secretario da Deputación, o ex interventor e catro xefes de servizo. O PSOE e o sindicato “Manos Limpias” personaranse na causa como acusación popular. nais ou civís” na defensa da súa honra.

En primeiro termo, o voceiro do BNG, Leopoldo Álvarez; no centro da imaxe, o portavoz socialista, Ignacio Gómez, e ao fondo, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, no pleno extraordinario do pasado venres 18 de xaneiro, sesión que comezou coa protesta dun grupo de afectados polas preferentes. /P.LODEIRO.


26

BARRIOS Xaneiro de 2013

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4 Máis de 400 socios novos na Biblioteca de Verín A Biblioteca Pública Municipal de Verín conta na actualidade con 2.181 socios dos que 484 se sumaron a este servizo municipal ao longo do 2012. Tamén aumentaron o número de préstamos totais realizados durante todo o ano, que foron 4.426 fronte aos 3.933 préstamos de 2011. Por outra banda, a Biblioteca Pública Municipal, no marco da Programa de Voluntariado Cultural e Fomento á Lectura, realizou durante o pasado ano un total de 43 actividades para menores de 3 e 9 anos.

4 Iria Prol expón ilustracións en Allariz A Casa de Cultura de Allariz acolle ata finais de febreiro unha mostra coas ilustracións de Iria Prol. A ilustradora de orixe galego con experiencia internacional, traballa na actualidade como debuxante e deseñadora gráfica para unha coñecida firma de moda, ao tempo que realiza retratos e ilustracións por encargo. A exposición pódese visitar os luns pola mañá e de martes a venres de 11 a 14 horas e 17 a 20 horas.

4 Certame literario do santuario da Armada O santuario da Armada, en Celanova, convoca un ano máis o seu certame literario, que premia composicións sobre temas marianos. Os traballos poden ser de poesía (mínimo 40 versos) ou prosa (mínimo cinco folios a dobre espazo) en castelán ou en galego. Poden enviarse ata o 31 de maio ao rector do Santuario da Armada en Rabal, Celanova, nun sobre con lema e pseudónimo, dentro do que irá un sobre pechado cos datos do concursante. Os gañadores recibirán premios de 600, 300 e 150 euros. O fallo do xurado darase a coñecer o 15 de agosto, día en que se celebra o traslado da imaxe da Virxe da Armada desde o santuario ata a igrexa parroquial de San Salvador de Rabal.

4AXENDA

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

EN BREVE

4 “Contos do Espacio’ O vindeiro venres 25 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos do Espacio’. A actividade está destinada a un máximo de 25 nenos socios da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre historias do espacio, así como de manualidades relacionadas con esta temática, para a que os participantes deberán levar un prato de cartón, unha botella de plástico grande, un trozo de plastilina verde, pintura e un pincel. As inscricións poden realizarse na propia biblioteca.

4 Chega a XX Mostra da Oportunidade Do 1 ao 3 de febreiro Expourense será o escenario da XX Mostra da Oportunidade, que como cada ano chega a comezos da no para os diversos establecementos participantes aproveitarán para liquidar stocks, ofrecendo saldos e ofertas de fin de tempada. Esta mostra convertirá ao recinto feiral da capital ourensá nun gran centro comercial, xa que os seus máis de 8.000 metros cadrados de exposición acollerán empresas de diversos sectores, que se reunirán para presentar ao consumidor descontos especiais nun momento no que o mercado máis o demanda. Os visitantes terán a posibilidade de aproveitar as mellores ofertas en textil, decoración, electrodomésticos, produtos artesanais, confitería, automoción, informática, librería, imaxe e son, e artigos de regalo, entre outros. Trátase dunha cita á que os ourensáns están a demostrar a súa fidelidade ano a ano. De feito, en 2012 máis de 15.000 persoas acudiron a esta feira ao longo dos tres días que ten de duración, para aproveitar as inigualables ofertas de ata 70 expositores (de 15 sectores distintos).

Tose seca e tose expectorante A tose é un síntoma, non é unha doenza. A tose é un reflexo da defensa do organismo. Un microbio entra no organismo cando se colle frío e consecuentemente desenvólvense secrecións que obstruem os bronquios e o corpo tenta expulsalas a través da tose . Tose seca: É unha irritación da garganta, tras unha gripe ou resultante dunha alerxia. Combátese con gargaras de mel. (queza uns centilitros de auga, limón e mel) e debe beber o restante. Tamén ten outra opción que consiste en deixar durante unhas horas mel mesturado con cenoura cortada en pequenos treitos e despois

facer gárgaras e o restante inxerir. Tose cavernosa: é acompañada de secrecións e é probábel que exista unha infección das vías respiratorias. Combátese con xarope de figo (unha ducia de figos secos, unha mazá, un pouco de mel e auga; esta mestura é cocida, coada e este xarope debe ser tomado 3-4 veces ao día) e beba moitos cítricos, laranxa, toranxa e limón. Tose súbita: pode esconder unha infección cardíaca ou nerviosa e por iso consulte un médico.Tusir sen razón pode significar parasitos nos intestinos, sobre todo en adolescentes. Certos legumes ou preparacións poden axudar

a aliviar e a calmar os acessos de tose convulsa: son o allo, o agrión e o xarope de rabanete (un rabanete grande, e azucre amarelo, cortando rodelas de rabanete, alternando co azucre). Despois de se formar un zume espeso tome unha culler de café varias veces ao día. Mais o mellor antídoto da tose, da constipación e da gripe é manter o sistema inmunitario reforzado. João Damião

“O mellor antídoto é manter o sistema inmunitario reforzado”

4HISTORIAS DE MONTERREI

Un estudo sobre o ferrocarril Rebuscando polas hemerotecas, encontreime cunha curiosa publicación sobre un estudo dunha vía de ferrocarril de Ourense a Portugal por Verín. O proxecto, que data do ano 1899, foi encargado pola Deputación de Ourense e o seu percorrido era o seguinte: comezaba o trazado nas inmediacións do Xardín do Posío, na rúa da Porta do Aire (hoxe rúa Julio Prieto Nespereira), paralelamente á estrada “Villacastín a Vigo” (actual N-525) a cal cruzaba aos poucos metros do punto de orixe, salvaba o río Barbaña e o río dos Muíños ou Barbañica con sendas pontes e continuaba pola marxe dereita deste ultimo río ata Parderrubias, onde o abandonaba para ir en dirección Rabal (Celano-

va), chegado a este punto comezaba a remontar o río Arnoia, subindo a media ladeira polo estreito val deste río ata as inmediacións de Allariz, onde tomaba a dirección do Regueiro das Fontes e ascendendo polo seu val atravesaba cun túnel o porto de Torneiros. Vencida esta dificultade desenvolvíase o trazado suavemente por Piñeira de Arcos, Sandiás, Xinzo, Abavides, Trasmiras, Cualedro, Santa Baia de Montes, Flariz, Vilaza e Verín, onde collía dirección a Portugal entrando nel por Tamaguelos, entre S. Cibrao e Rabal. Unha vez que cruzaba a raia dirixiríase cara a Chaves. A distancia total do recorrido eran 98.642 metros, o custe total do trazado 13.544,13 Ptas e contaba con estacións en: Ouren-

se, Loiro, Rabal, Allariz, Piñeira de Arcos, Xinzo, Trasmiras, Cualedro, Flariz, Vilaza, Verín e Tamaguelos ademais dun apeadeiro en Sandiás. Este proxecto, como xa saben, non se levou a cabo. O que puido ser a unión das catro poboacións máis importantes da provincia quedou ao final noutra desas tantas oportunidades que tanto tempo levamos vendo pasar de largo. Un tren que pasou de largo, nunca mellor dito!

Andrés Diz D historiamonterrei.blogspot. com.es

“O proxecto, que data de 1899, foi encargado pola Deputación”

Exposicións - Ata febreiro - Ilustracións de Iria Prol - Casa da Cultura de Allariz - Do 1 ao 28 de febreiro - Fotografías de María Ferreiro - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía Cine - 24 de xaneiro - “Patria y rey” - 22:15h. - Casa da Cultura de Verín Música - 26 de xaneiro - María do Ceo - 20: 30 h. - Teatro Principal de Ourense - 26 de xaneiro - “The last dance” - A Corte dos Bois - Santa Ana, Sandiás - 27 de xaneiro - Concerto da Escola de Música de Allariz - 18 h. - Casa da Cultura de Allariz - 2 de febreiro - Proxecto Sapoconcho - 22:·0 h. A Corte dos Bois - Santa Ana, Sandiás Feiras e festas - 23 de xaneiro - Feira en Verín - 27 de xaneiro - Feira en Xinzo - Primeiro domingo de mes - Feira en Porqueira - Primeiro luns de mes - Feira en Sandiás - Todos os xoves - Feira en Celanova - Todos os sábados á mañá - Mercado da Biosfera na Praza de Abastos de Allariz - 1 e 15 de febreiro Feira en Allariz Entroidos - Do 19 de xaneiro ao 17 de febreiro - Entroido en Xinzo - Do 31 de xaneiro ao 17 de febreiro - Entroido en Verín - Do 25 de xaneiro ao 12 de febreiro - Entroido en Laza - 11, 12 e 13 de febreiro - Entroido en Allariz Outros -Do 1 ao 3 de febreiro - Mostra da Oportunidade - Expourense www.mundourense.com


ARTIGOS / OCIO E CULTURA

4DESDE A PONTE DE MONTERREI

meu pobo non é coma aquel home decía. O meu pobo ten agallas e corazón para sair das dificultades latentes, ten sensibilidade e forza na xusta medida, acolle ao forasteiro sen mirar a súa orixe, loita en consonancia do que é xusto, ten paraxes fermosos, cultura, arraigo, tradicións históricas, e sobre todo, o máis importante, tivo, ten, e terá, persoas, persoas boas, que fan que todo o anterior sexa grande e profundo. Defendo o meu pobo sen tapuxos. Non soporto ao derrotista, ao que maltrata os meus soños e sentimentos, ao que só ve o peor, o que non achega luz e esperanza. Vivo fóra da miña terra, pero estou con ela, non a esquezo xamais, porque penso nela todolos días, e non acepto que maltraten as miñas raices, as cousiñas que mamei, que as baixen o inferno e que as queimen sen piedade. Non trago con tanto martirio, e tanta hipocresía, xustificando o bo e o ruin, dependendo do xeito político de turno, valorando positivo se mandan os meus e despreciando se non. Por riba de todo, está “Viria”, Verín, Monterrei, o casco vello rehabilitado, o Támega, limpo de maleza, o San Antón e mailo Entroido quentando motores do bulicio e da exaltación da xolda, as fontes, as montañas, as augas dos balnearios, os viñedos maxestuosos, que dan froito dun traballo exemplar. E o Castelo, arriba, firme, inmutable, vixia incansable dun tesouro vivo, real. E sobre todo nós, que sen dúbida somos os que temos que loitar polo mellor, e facer forza para que os gobernantes, rexidores, e todos aqueles que poidan arrimar o ombreiro, sexan quen de axudar, e non pensar tanto neles mesmos, e de investir nos demais, para que na nosa comarca xordan posibilidades de

27

4FIRMA INVITADA

Desde a ponte de Monterrei Son de Verín... son de Verín. Así comeza unha canción de taberna, que cantaban os mozos nos bares do meu pobo cando eu era cativo. Son de Verín... si, e vivo no barrio da Ponte en Ourense, antigo Concello de Canedo, marxe dereita do Miño, fusionado con Ourense en 1943, a cambio de nada, sen agradecemento, fusión interesada e política, que deixou A Ponte indefensa, esquecida. Por iso, e outras cousiñas é polo que Pepe da Guardesa, gladiador curtido en mil batallas, defende a capa e a espada o seu lugar, Ponte Canedo.Somos veciños porta con porta, e temos falado longo e tendido de moitas cousas, pero sen dúbida o que máis me marcou, son as gañas que ten de lembrar os seus devanceiros, defender as súas ideas, as terras e costumes, e sobre todo, non deixar que a dignidade dun pobo, marche pola beira do regato, río abaixo. Todas as mañás camiño pola fermosa ponte romana de Ourense, e hai uns días, topeime cun paisano do val de Monterrei. Cruzámola paseniño,e faloume das cousiñas de Verín. Do San Antón do Entroido, dos balnearios, da crise, do concello... Non me deixou abrir a boca, só escoitar! Parvo quedei soportando o que o paisano largaba sen escrúpulos. E con dor, fun dixerindo un sinfín de despropósitos. Non deixou un títere con cachola, coma se adoita decir. Despedímonos no final da ponte, e cada quen tirou cara o seu destino. Senteime nun banquiño de pedra, e mirando as bravas augas do río, tratei de esquecer, sen dar moita conta, os improperios que chegaron ao máis fondo de min. Acordeime do Pepe, o da Guardesa o gladiador, tratei de acougar un anaco, e deseguida, pensei, que o

BARRIOS Xaneiro de 2013

Do caciquismo clásico ao apartheid baltarista crecer, postos de traballo e benestar. Defendamos con orgullo o que é noso, o que nos tocou, o que nos deixaron, e coidemos con gratitude o que imos deixar. Cando viña de volta cara á Ponte, topeime co Pepe “o gladiador” e comenteille o sucedido. Cos seus ollos mollados, e coa voz entrecortada, díxome:“moitos valoran o seu pobo segundo a cor política do Concello, e iso é un xeito de pensar, que temos que rexeitar, porque as cousas fermosas, como o patrimonio cultural as festas ou as tradicións, pertecen ao pobo en si, ás xentes, e dependen do seu comportamento que melloren, que se estanquen ou que fracasen, porque o mundo seguirá igual, os que temos que trocar somos nós. Mireino fixamente e pregunteille, coñeces Verín? Non, contestoume, teño preto de oitenta anos e xamais fun a Verín, tan preto e tan lonxe. Pero só con escoitar as túas verbas intúo que é un lugar fermoso. Emocioneime e gardei silencio. Xa chegando ao cume da ponte romana, onde antano facía límite o Concello de Canedo con Ourense, espetoume “a beleza desta ponte, quita o sentido, mires como a mires, é fermosa pola esquerda e pola dereita, e por veces, as pedras milenarias teñen máis ou menos maleza pero o Miño, pasa lixeiro e non lle dá importancia”. Miguel Sotelo

Nelson Mandela di que ninguén nace odiando a outra persoa pola cor da súa pel, orixe ou relixión. Aprenden a un á facelo. E desde logo hai un amplo abano de alteracións ou trastornos da aprendizaxe e da conduta asociados a psique humana que discorren entre a invención do dereito de pernada do feudalismo medieval ata as máis feroces atrocidades dos réximes autoritarios. Como o de Franco. Todo o que atopemos entre estes dous abominables feitos disque do pasado alicerzan a permanencia na actualidade de moitas reminiscencias propias desta zarracina. No medio deste marasmo senil destaca un modelo sobre todos, a relación de filiación gregaria patrón-protexido enramada nos resortes do poder político e archicoñecida como o caciquismo clásico. Un fenómeno multiforme e universal que na miudeza do “que hai do meu?” condensa a deturpación total da esencia da democracia, a vulneración do sufraxio universal e da proporcionalidade representativa en favor só de quen se somete a súa autoridade. No caso galego compre engadir a estes arrepiantes antecedentes outra podente variable para o análise, o todopoderoso pantocrátor da ultradereita española e galega, Manuel Fraga Iribarne, connotacións tardo fran-

quistas e indulxencias engadidas para o xenocidio, a brutalidade e o sadismo da ditadura e o postfranquismo, aínda nunca repudiado nin condenado nin tan sequera censurado nin polo PP nin por Alberto Núñez Feijoo. O que en Alemania por lei suporía directamente a inmediata inhabilitación para todo cargo político. E no tocante a Ourense e o caso Baltar resulta indispensable engadir outra galla máis á árbore, o aparello piramidal das cooperativas agrogandeiras dos centristas galegos do moi respectable Euloxio Gómez Franqueira, fundador de COREN, que teceu o ecosistema axeitado para o medre e engorde dunha nova especie de cacique disposto a achegar o seu peso específico non só á irreversibilidade da propia alma ou familia, senón tamén tentar podrecer a alma enteira dun país. E que cos personaxes Baltar sénior e júnior, acada o cumio da especialización encarnando o xeito de partidismo máis noxento, agresivo, mordaz e descarnado posible, o exercido con tódalas garantías legais, con todo o peso do goberno e dos resortes de poder das institucións públicas, de xeito reiterado e consciente, e sempre en discriminación e detrimento do outro, o diferente. E neste punto da hipótese é onde cumpría establecer o agravante preciso para unha sentenza xusta.

Un comportamento desta magnitude dado o seu impacto social xa non pode cinguirse só o eido da prevaricación e corruptelas dun cacique clásico. Estamos a falar dunha práctica sistemática, reiterada, rigorosamente orquestrada desde o propio goberno, de consciente e intencionada segregación sociopolítica e comparable ao mesmo apartheid surafricano cando comparten dous mesmos obxectivos básicos: a fenda total na equiparación de plenos dereitos e a teima obsesiva da perpetuación dun determinado colectivo cun estatus de privilexio mentres outros sofren sen reparo a marxinalidade absoluta. Apartheid é separación. Democracia é equiparación, redistribución baixo os principios inquebrantábeis da igualdade, mérito e capacidade. O exemplar sempre debe estar por enriba do legal, e no caso da denuncia da trama sucesoria e das prácticas nepotistas de Baltar sénior e júnior é cando se fai máis necesario que nunca sentar un precedente xudicial nítido, limpo, claro e de contornos ben definidos das gravísimas e irreparables consecuencias socioeconómicas que pode deparar a putrefacción total dun sistema de crenzas, valores, normas de convivencia, dereitos e deberes. Xosé Lois Carreira, concelleiro do BNG en Xinzo

4HUMOR

“Defendo o meu pobo sen tapuxos. Non soporto ao derrotista, ao que só ve o peor, o que non achega luz e esperanza”

Todas as viñetas en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/


28

BARRIOS Xaneiro de 2013

CLASIFICADOS /SERVIZOS

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, A.M., S.N., Andrés Diz Nº74 / 10- Ano: VIII - Xaneiro 2013 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA

VENDAS

Alugo apartamento en Montalvo de 1 e 2 cuartos, con xardín e barbacoa, para fins de semana, semanas e quincenas. tel. 607 27 19 16.

Vendo fabricador de xeo e cafeteira de dous brazos para hostalería. Tel. 616 76 44 37. Vendo varias pías de distintos tamaños. Tel. 607 900 375 (Xinzo) Vendo centeo embalado. Prezo a convir. Tel: 626 073 751. Vendo máquina expendedora de bebidas quentes. Tel.: 666 726 469 Vendo conxelador 160x70 cm, Zanussi Aplus, garantía 2 anos, sen usar. Tel. 647 232 974 Vendo vestido comuñón, seminovo (impecable) Mayna colecion 2012. Bo prezo.Tlfno.619516824. Vendo Volvo 760 turbo intercooler, impecable, moi barato. Tel. 629 87 90 82 Vendo 2 sillas de coche para bebé e 2 carriños, prezo interesante, practicamente novas. Tel. 629 87 90 82. Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 630 521 448. Véndese Mercedes en bo estado con extras, 1.500 euros. Tel. 630 521 448 Vendo carriño de bebé completo (silla paseo, capazo e silla de viaxe) en perfecto estado, 250 euros. Tel. 687 511 472 e 988 37 30 50 (noites). Vendo Mercedes 300 D, clásico ano 1982, para rehabilitar. Asentos de coiro. Automático. Tf. 670 718 942 Vendo traxe comunión neno. Talla 12. Impecable. De Wendoline. Colección 2012. Telf: 659857932 Vendo galos de Mos, Tel 988 24 89 67 e 677 02 37 36. Vendo vestido de noiva seminovo, branco con pedrería, a bo prezo. Tel. 676 948 475 Vendo sofás 3+2, caldeira calefacción gas cidade e botelleiro para bar. Tel. 637 00 59 10. Vendo estanterías metálicas. Tel. 988 47 08 55. Vendo dereitos da PAC. Tel. 626 07 37 51 Véndese canapé de madeira tapizado de 135 cm con patas de madera e de regalo o colchón de muelles, gran calidade e seminovo, 230 euros Tel. 637 756 687. Vendo silla xemelar pareada, de 0 meses a 15 kg, perfecto estado, 200 euros. Tel. 699 868 091. Véndese vestido de comuñón, talla 105, bo estado, tel. 653 685 359 e 988 21 12 61 Véndense máquinas recreativas (modelos vellos), máquinas de dardos, máquinas expendedoras de tabaco e demais elementos afíns, etc. Máis info: forxanforxan@ gmail.com. Vendo bolso Guru 30 euros. Tel. 676 928 138. Vendo botas nº 40, 12 euros. Tel. 647 272 198. Vendo radiador de ferro lacado en branco, como novo. Tel. 988 28 00 26. Vendo estanterías de almacén 1x0,70 e caixa forte 59x49, bo estado e bo prezo. Tel. 988 47 08 55

Vendo casa para restaurar na estrada Santiago, Ourense. Tel. 637 00 59 10. Vendo apartamento de 2 habitacións en Vigo, fronte á praia. Tel. 636 422 497. Busco finca en aluguer de renda baixa para cultivar nos arredores da Valenzá, Barbadás. Tel.988 546 006. Vendo piso na Avenida de Portugal (zona Couto). Calefacción central, todo exterior. Tel.: 988 22 39 32. Alugo local para negocio de hostalería de 200m2 reformado en Xinzo de Limia con 2 baños, almacén, baño de camareiros, barra central, porche e posible terraza exterior. Situación inmellorable zona Praza Carlos Casares enfrente ao Concello. Poderiase ver sin problema. Tel. 622.82.84.47 Vendo dous terreos de 7.600m2 cada un, en Xinzo de Limia na zona Parque da Telleira con accesos pola rua San Sebastian ou avenida de Madrid.Poderiase ver sin problema.Tel. 622.82.84.47 Alugo praza de garaxe en Vigo (zona céntrica) Tel: 679 040 604. Vendo casa en Nogueira de Ramuín por 15.000 euros. Tel. 988 24 60 96 e 664 11 80 65. Busco chic@ para compartir piso en Ourense, 200 euros gastos incluidos. Televisor en habitación, calefacción, etc. Máis info: forxanforxan@gmail.com. Vendo apartamento con garaxe na praia de Patos, Nigrán. tel. 679 04 06 04.

EMPREGO Ofrécese chica con experiencia para camareira. Tel. 675 11 71 19. Piano-voz para ceremonias e eventos, repertorio variado e personalizable. Tel. 663 733 179, duopianovoz@gmail.com, fb: duo piano voz. Ofrécese señor para seguridade persoal, vixilancia, acompañamento, etc.( pertencente a f.c.s.e.).Tel. 636.32.95.24 Ofrécese modista, traballos de calidade, rapidez e bo prezo, recollida a domicilio ou tendas. Tel. 988.25.53.02 Límpanse fincas e pódanse árbores e viñas. Tel. 699 00 83 55. Ofrécese chico para traballos de xardinería de todo tipo, con carné de carretilla. Tel. 645 81 81 92. Pintor, realizanse traballos de pintura economicos, rapidos con total seriedad y limpieza llamenos presupuesto sin compromiso TLF: 627 775 849. Ofrécese chica para traballar, con informes. Tel. 988 25 86 34. Ofrécese señora para coidar persoas maiores ou nenos, todo o día, tanto en fogar como hospitais. Con experiencia e informes. Tel. 988 24 60 96 e 664 11 80 65.

4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada

4CLASIFICADOS [Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados de maneira gratuíta no 988 239 634 ou en info@ourenseporbarrios.com] 4CARTAS AO DIRECTOR [Envíanos as túas cartas ou fotodenuncias a info@ ourenseporbarrios.com, ou a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense]

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


especial ENTROIDO

Laza énchese de formigas e peliqueiros

4 O Entroido bota a andar na localidade o 25 de xaneiro, cos “Folións pequenos”. Redacción Como é tradición, Laza, Xinzo e Verín vístense de gala (ou mellor dito de carnaval) para conmemorar o Entroido. Polo que os tres municipios teñen preparada unha ampla oferta lúdica que xa comeza en xaneiro para ir abríndolle paso a unha das festas de referencia da provincia de Ourense. No caso de Laza as celebracións arrancan, do 25 de xaneiro ao 1 de febreiro, cos chamados “Folións pequenos”, nos que os mozos que o Domingo de Entroido se vestirán de peliqueiros, poñen os chocos e corren polas rúas do pobo a modo de adestramento, acompañados polos propios veciños. O 7 de febreiro será o Xoves de Comadres, a noite das mulleres (entre as que adoita colarse máis dun

home disfrazado), quenes cean todas xuntas na propia vila e continúan a festa ata o amencer na Praza da Picota. O venres é o día da Cea Gastronómica, que se celebra no pavillón polideportivo, e que organiza a Asociación Recreativa e cultural dos amigos do Entroido de Laza. O menú consta de produtos típicos do Entroido - cachucha, cocido, bica branca, xastré e licor café-, e nela a xente leva fachóns de palla acendidos, porque as luces do pobo apáganse.

Fariñada, cabritadas e moitos peliqueiros O sábado 9 de febreiro é o día da fariñada e as cabritadas. A fariñada terá lugar pola tarde na Praza da Picota. E pola noite faranse as cabritadas dos mozos, que consisten en que estes se xuntan para cear nas cociñas e lareiras do pobo, antes de seguir coa festa. O domingo de Entroido é tamén en Laza - ao igual que nos outros dous vértices do triángulo máxico- o

día grande da festa, protagonizado neste caso pola estrea dos peliqueiros, os cales se poden ver correndo pola rúa durante todo o día. Ese mesmo domingo pola tarde as mozas, vestidas de galegas, repartirán bica entre os presentes. Chegan as formigas O luns 11 de febreiro polo mañá terá lugar a xitanada dos burros e saen os maragatos (disfraces burlescos) polas rúas de Laza. Na Praza da Picota levarase a cabo a Farrapada e xa pola tarde terá lugar a baixada da Morena dende o barrio de Cimadevila acompañada das formigas, toxos, cobelleiros e fariña. Ao remate, repar-

O domingo 10 terá lugar a estrea dos novos peliqueiros, que percorrerán as rúas da vila

tiranse cachuchas entre todos os asistentes. Fin de festa Por último, o martes 12 de febreiro pola mañá os veteráns vestiranse de peliqueiros e saen polas rúas de Laza. Pola tarde é momento do desfile de carrozas típicas, seguido do testamento do burro, que consiste nunha copla satírica sobre cousas que pasaron neste ano. Ao rematar, terá lugar a queima do arangaño na praza da Picota. Pero, ademais, como non podía ser doutro xeito, orquestras e charangas serán a banda sonora todos os días, e ata altas horas, do festeiro Entroido de Laza.

A cea gastronómica será o venres 8

BARRIOS Xaneiro de 2013

29

A provincia está de Entroido Redacción

Á parte de Laza, Xinzo e Verín; moitas outras localidades ourensás celebran Entroido, aínda que a estas alturas os programas non están pechados. En Celanova iniciase o sábado 2 de febreiro coa “Cea-baile de comadres”, que organiza un grupo de mulleres da vila. Nesta ocasión, na vila de San Rosendo a festa comezará ás 21.30 horas coa cea na carpa que se instalará na Praza Maior. O menú (empanada, cocido, postre e chupito) terá un custo de 20 euros e a velada estará amenizada por un dúo musical. En Allariz tampouco escatimarán en diversión. Así, o luns 11 de febreiro organizarán actividades para os máis cativos; o martes celebrarase o desfile de comparsas e carrozas e un baile; e o mércores de cinza será a tradicional queima do meco.


30

BARRIOS Xaneiro de 2013

ENTROIDO especial

Xinzo comeza o entroido a golpe de fariña

4 O domingo fareleiro deu o pistoletazo de saída na vila limiá ao Entroido 2013. Redacción O pasado domingo 20 de xaneiro Xinzo de Limia vestiuse de blanco e aínda que as datas fagan pensar na típica estampa cos copos de neve como protagonistas, neste caso non foi así. Na vila limia botou a andar oficialmente o Entroido 2013 co Domingo Fareleiro, no que a fariña cubriu rúas, bancos e aos centos de festeiros que se achegaron ata a localidade dende a primeira hora da mañá e que participaron nunha auténtica batalla campal na que se lanzaron numerosos quilos de fariña, que simbolizaba a entrega dos tradicionais “farelos” que os homes entregaban antigamente ás mulleres que querían cortexar. Pero de seguido aínda quedan moitas máis propostas lúdicas para gozar dos carnavales na capital

da Limia, todas elas ben ambientadas coas actuacións das mellores charangas, como son Trompafós, DGT, Achicoria, Nova Trives, Medialeva e ata a recoñecida orquestra Olympus. De feito, o vindeiro sábado 26 de xaneiro será o turno do colgamento do meco a partir das 19.30 horas, con saída do Barrio Vello e chegada na Praza Maior. De seguido, ao día seguinte celebrarase o Domingo Oleiro na Praza Maior, co lanzamento das olas para os máis cativos ás 13 horas e para os adultos a partir das 17. O sábado 2 de febreiro, Xinzo acollerá a Noite das mulleres, que gozarán da festa por toda a localidade, para abrir boca do Domingo Corredoiro (ao día seguinte), no que as Pantallas invadirán as rúas e prazas de Xinzo dende as

O sábado 9 de febreiro celebrase o XXXI Festival da canción humorística E o martes 12 o tradicional desfile de carrozas, comparsas e charangas

A orquestra Olympus pecha o entroido de Xinzo actuando o domingo 17 para anotar no calendario, é o gran desfile de carrozas, comparsas e charangas que a localidade limiá acollerá o martes de entroido (12 de febreiro) a partir das 17 horas.

Centos de persoas participaron no Domingo Fareleiro de Xinzo o pasado día 20 de xaneiro, no que se viviu unha auténtica batalla de fariña./BRAIS LORENZO. 12.30 horas. Os días grandes E por fin o 8 de febreiro botan a andar os días centrais do Entroido, que en Xinzo comezan cunha xornada adicada aos máis pequenos. Os cales, ese venres realizarán un desfile de disfraces a partir das 12 horas e gozarán dunha festa na Praza Maior dende as 18 horas. Xa o sábado de Entroi-

do, ademais de que os disfraces e a festa invadirá Xinzo de mañá a noite, celebrarase o XXXI Fes-

tival da canción humorística, na Praza de Oriente dende as 19 horas. Así mesmo, outra cita

Fin de festa Para pechar esta tradicional festa, o mércores 13 terá lugar o sermón do Entroido e a queima da sardiña. Será ás 20 horas na Praza Maior. Por último, o día 17 pecha as portas o Entroido 2013 en Xinzo co Domingo de Piñata no que actuarán a Charanga Trompafós na Praza Maior a partir das 17 horas e a orquestra Olympus na Praza Carlos Casares dende as 18 horas.

4 Obradoiro de maquillaxe Con motivo do entroidio 2013 a concellería de Xuventude do Concello de Xinzo organiza un obradoiro de iniciación á maquillaxe, que se impartirá os días 26 de xaneiro e 2 de febreiro na Casa da Cultu-

ra da localidade a patir das 16.30 horas. Nel impartiranse nocións básicas para acompañar o disfraz que elixades coa maquillaxe máis axeitada, xa que se trata dun complemento imprescindible.


especial ENTROIDO

O cartel “Festa rachada” será a imaxe oficial do Entroido 2013 de Verín

4 Do 31 de xaneiro ao 12 de febreiro o municipio encherase de cor e festa, na súa celebración máis importante do ano. Redacción Un ano máis, o Concello de Verín promoveu o concurso para seleccionar o cartel oficial da que é, sen dúbida, a súa festa máis importante, o Entroido. Nesta ocasión un total de 213 veciños exerceron de xurado popular para designar os tres carteis favoritos, de entre os 14 preseleccionados. Unha elección que foi completada coa opinión do xurado cualificado. Finalmente, sumáronse os puntos de todos os carteis e a peza que máis puntos obtivo foi “Festa Rachada” de María Victoria Salgueiro Afonso. Desfile infantil Así mesmo, por sexto ano consecutivo, tamén se convocou un concurso para seleccionar o cartel oficial do “Desfile Infantil”, no que participaron rapaces dos diversos colexios da zona. De entre todas as creacións, o xurado cualificador -composto por un representante de cada centro e por un membro designado polo Concello- escolleu tres carteis e deles o que obtivo máis puntuación foi o realizado polos alumnos de Infantil do CEIP Castrelo do Val, que logrou facerse co premio por cuarta vez na historia deste concurso. Inscrición nos desfiles Elixidos os carteis, o Entroido está cada vez máis preto, e é o momento de que as comparsas e carrozas interesadas en participar nos

desfiles do domingo e martes de Entroido que se celebrarán en Verín se apunten aos mesmos. Poden facelo na Casa do Escudo (de luns a sábado en horario de mañá e tarde), facilitanto o nome da persoa que inscribe, teléfono, se é carroza ou comparsa, número de compoñentes e se levan música ou non. Autoprotección Ademais, para esta edición, porase en marcha en Verín un sistema de seguridade cidadá pioneiro. Trátase dun Plan de Autoprotección, elaborado desde a área de Seguridade Cidadá do Concello, que engloba a Protección Civil e Policía Local, e que busca lograr unha correcta coordinación entre os equipos de emer-

xencia (os cales serán reforzados en persoal durante esas datas). Unha das principais novidades deste Plan é que durante o Desfile Infantil haberá un dispositivo no que o tráfico do centro da vila estará controlado para evitar que vehículos de grandes dimensións ou de mercadoría perigosa queden atrapados no transcurso do desfile. E, ademais, colocaranse carteis informativos onde se reflictan as vías de evacuación máis próximas na praza García Barbón por se é necesario a súa utilización.

As comparsas que queiran participar nos desfiles deben inscribirse xa na Casa do Escudo

Cartel oficial do Entroido 2013 de Verín.

PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2013 do 31 de xaneiro ao 12 de febreiro - 31 de xaneiro, Xoves de Compadres. Despois de cear nos restaurantes de Verín, a partir da media noite, os homes percorrerán as rúas do municipio para levar a cabo o xuízo e queima do Maragato. - 3 de febreiro, Domingo de Corredoiro. Dende as 11:30 horas haberá a concentración dos cigarróns na praza do Concello, para dar comezo ao día de festa. - 7 de febreiro, Xoves de Comadres. A partir das 11:15 horas terá lugar o desfile infantil. E a media noite, logo de tomar os restaurantes da vila, a

Raíña do Entroido recibirá, no Barrio de San Lázaro, a comitiva de Don Carnal. De seguido, terá lugar a lectura do pregón. - 8 de febreiro, Venres de Compadreo. Día no que o Capuchón e a Mascarita serán os uniformes oficiais. A partir das 21 horas haberá queimada para os asistentes. - 9 de febreiro, Sábado de Entroido. A partir das 17.15 horas, na Praza do Cigarrón, terá lugar o Bautizo do Cigarrón para os novos membros, así como unha homenaxe a todos aqueles cigarróns que xa non poden saír.

- 10 de febreiro, Domingo de Entroido. Ás 12 horas, logo de que os tradicionais foguetes esperten aos entroideiros, terá lugar a concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns no Barrio de San Roque para o gran Desfile de Entroido que comezará a partir das 12.15 horas. - 11 de febreiro, Luns Fareleiro. A partir das 16.30 horas haberá xogos infantís e inchábeis no Pavillón dos Deportes. E dende as 19 as prazas García Barbón e Maior acollerán a celebración para os adultos. - 12 de febreiro, Martes

de Entroido. Ás 16.30 horas terá lugar concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns no Barrio de San Roque, para media hora máis tarde, dar comezo ao Gran Desfile. Pola noite, a festa continuará, a modo de despedida, e ata que o corpo aguante, nas prazas Maior e García Barbón. Música da man das mellores charangas e orquestras (como Madialeva, Támega, Palladium, La Oca ou París de Noia) e moita diversión completa na ampla programación do Entroido de Verín.

BARRIOS Xaneiro de 2013

31


BARRIOS Xaneiro de 2013


Entrevista a Daniel Diéguez, secretario do Verín CF [páx.18]

VERÍN

Páx.2

O Parador de Verín non pechará: reabre o 5 de febreiro

VERÍN

Páx.6

PROVINCIA Páx.20

PROVINCIA Páx.25

OCIO

Páx.29-31

Representantes dunha Rogelio Martínez Baltar non investigará Programa do eurocidade lusopercorre os obradoiros as contratacións do Entroido en Verín, onubense visitan Verín de emprego seu pai na Deputación Xinzo e Laza

Inauguración de Pazo de Carregal

O río Támega desborda en Verín

[páx.3]

A lonxa agropecuaria de Verín acolle esta nova empresa./P.L.

[páx. 5]

A cicloxénese explosiva “Gong” causou inundacións./P.L.

Número: 74 - Ano:VIII - Xaneiro 2013- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Xaneiro de 2013


A autovía de Celanova abrirá no primeiro trimestre de 2013 [páx.15] ALLARIZ

Páx.13

CELANOVA Páx.15 COMARCA Páx.16

Os comerciantes Seleccionadas as 11 propostas do próximo crearán unha nova Festival de Xardíns asociación

O Vieiro Leboreiro premiou as mellores fotografías

Pecha o ano Celso Emilio Ferreiro

[páx. 14]

Os nenos borraron as pinturas da Praza Maior./R.TORRES.

PROVINCIA Páx.20

PROVINCIA Páx.25

Baltar non investigará Rogelio Martínez percorre os obradoiros as contratacións do de emprego seu pai na Deputación

Entregado o Vicente Risco de Ciencias Sociais

[páx. 13]

Premiado o profesor X.M. González Reboredo./P.LODEIRO.

Número: 10 - Ano: VIII - Xaneiro 2013- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de febreiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Xaneiro de 2013


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.