Entrevista a Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense COMARCA
Páx.8
Prepárase unha manifestación contra a mina de feldespatos
COMARCA
Páx.9
O Inorde doará produtos da horta a través de Cáritas
XINZO
Páx.9
COMARCA Páx.10
O Concello de Xinzo O alcalde de Baltar reduce un 15% o soldo será xulgado por ao persoal laboral ameazas e coaccións
[páx. 2]
DEPORTES Páx.17 Márquez e Teijeiro, os máis rápidos nos 10 Qm Vila de Xinzo
Homenaxe a Carlos Casares
As autoridades na aula de estudo da Casa da Cultura de Xinzo que pasa a levar o nome do escritor limiao./RAMSÉS.
Número: 76 - Ano:VIII - Marzo 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
[páx. 19]
BARRIOS Marzo de 2013
OURENSE PROVINCIA
Entrevista a Manuel Baltar
“O que fixen foi determinados axustes para poder executar as competencias da Deputación”
4 O presidente fai balance dos seus primeiros 12 meses á fronte da institución. P. Lodeiro Nas vésperas de ser reelixido presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar fixo pública a súa declaración de bens e actividades, tal e como adiantara nesta entrevista concedida o pasado 20 de febreiro. “Non teño ningún inconvinte”, contestaba entón. Dos datos achegados, e que se poden consultar na web da Deputación, constátase que Baltar cobra un soldo neto de 3.397 euros ao mes (máis 300 euros polos trienios como funcionario); posúe dous coches (un BMW X5 e un Beetle; ten un depósito bancario de pouco máis de 53.000 euros; e solicitou unha hipoteca de 250.000 euros para construír unha vivenda unifamiliar en Esgos. Como se atopou a Deputación cando chegou e como está agora? Manuel Baltar: “A Deputación evolucionou como evolucionou a situación económica e social, o feito máis chamativo posiblemente sexa esa filosofía de redimensionar e adelgazar esta administración que levou que aos 117 días de tomar posesión presentara o Plan Ourense 92, que incluía unha serie de medidas que se están cumplindo mes a mes. Todo iso dentro dunha filosofía que se pode ver nos orzamentos de 2013, nos que o esforzo da Deputación se basea en tres liñas básicas: cooperación e asistencia aos concellos pequenos, o medio ambiente, e os servizos sociais”. Foron moitos cambios en 12 meses, pódese entender como unha crítica á xestión do seu precedesor? M.B.: “Son momentos que non son comparables, porque o escenario económico era completamente diferente. Nun 2011 no que non había que ter aprobado un plan de pago a proveedores, no que o Estado colaboraba na execución do Plan provincial de obras, ou
cando a Deputación non tiña que facerse cargo dos servizos sociais dos concellos. Hai cinco anos esta Deputación tiña 22 millóns de euros máis de orzamento, neste momento son 66.307.000, hai que facer máis cousas con menos cantidade e con menos persoal. A realidade é diferente e entón as propostas e as accións son tamén diferentes”. Tocoulle executar unha medida difícil, un expediente de despido colectivo que afecta 28 traballadores; segue estando a plantilla sobredimensionada ou quedarán aí os recortes? M.B.: “Todo é valorable, e eu o que fixen foi facer determinados axustes, entre eles en materia de persoal, para poder executar as competencias da Deputación. Nós non teremos a achega do Estado para facer obras, pero ímolas seguir facendo; nós non teremos achega da Xunta para atender os servizos sociais, pero os imos atender. Para que esas competencias se executen e para prestar un mellor servizo público, con menos cartos, temos que nalgún lado tomar algún tipo de medida. O expediente de despido colectivo está xustificado por causas obxectivas e económicas, e supón un adelgazamento da administración necesario, no que hai que seguir incidindo”. Pode haber outro ERE, no Inorde, por exemplo? M.B.: “Non, no Inorde o que pode haber é despedimentos de tipo individual. Aquí na Deputación tamén resolvimos relación que había con persoal interino, e deixaron de renovarse contratos laborais temporais”. Cal é o número exacto de empregados da Deputación? M.B.: “Estábamos en 997 o 6 de febreiro (de 2012) e agora debemos estar en 783, houbo 200 e pico baixas no número de persoas que cobraban e traballaban para a Deputación”. Ao mesmo tempo que
Manuel Baltar, no seu despacho na Deputación./RAMSÉS.
“Eu non estou en política para temer nada, estou para traballar polo futuro de Ourense” aprobou este ERE, contratou dous novos asesores, non é difícil de xustificar isto ao resto da plantilla e tamén aos ourensáns? M.B.: “Non, porque se comunicaron ao mesmo día e á mesma hora como consecuencia dunha política de persoal que se fixo pública e contempla este tipo de actuacións. Por unha banda, deixar de contar con esas persoas afectadas polo expediente de despido colectivo, en postos de traballo perfectamente prescindibles para a Deputación, e outra é contar con dous asesores máis, dos dous cos que xa contaba, sendo a Deputación de Galicia que menos persoal eventual ten, con moito. Dous máis en áreas que o precisan, un deles en asistencia xurídica e outro en política en materia cultural, e estamos a falar de persoal eventual que cesa cando cese eu como presidente da Deputación”. Coincide xusto este primeiro aniversario coa declaración nos xulgados do seu predecesor, José Luis
Baltar, preocúpanlle as consecuencias deste procedemento xudicial? M.B.: “As consecuencias para a Deputación non van afectar o máis mínimo ao rendemento desta institución e na utilidade aos ourensáns. Entón eu non perdo ningún segundo en pensar en temas que non sexan en clave de futuro da provincia, é para o que vin aquí, e non para pensar o que poida suceder noutras instancias”. Non teme que lle poida salpicar a vostede ese procedemento, ao ser agora o presidente? M.B.: “Eu non estou en política para temer nada, estou para traballar polo futuro de Ourense; teño claro cal é o guión de desenvolvemento da Deputación, e calquera outra cuestión non me preocupa en absoluto”. O 16 de marzo hai de novo congreso do PP de Ourense e vostede é o único candidato, unha situación moi diferente ao congreso de 2010, ve o partido unido agora? M.B.: “A mellor proba da
fortaleza do PP son os resultados electorais, é certo que houbo hai tres anos un congreso no que había dúas opcións pero tan pronto rematou o congreso o partido se comportou dun xeito excepcional. Temos máis alcaldías, máis deputados no Congreso, máis deputados provinciais, máis deputados autonómicos, e colocándonos entre as primeiras provincias de España en apoio ao PP, a sétima. Non hai ningunha outra forza política comparable ao PP de Ourense”. Como é a relación do PP de Ourense co PP de Galicia? M.B.: “Creo que é perfecta. Vímolo de demostrar no congreso do partido a nivel autonómico que existe esa solidez, estabilidade, que se non fora así os resultados non chegarían”. Vivimos nun momento de descrédito para a clase política como nunca se vira, e precisamente, no debate do estado da nación o presidente do Goberno adiantou medidas contra a corrupción, que
propón vostede para o PP de Ourense? M.B.: “Proponse nomear un responsable de participación, pero tamén de transparencia, para que o PP desenvolva todas as súas funcións atendendo a uns principios de total nitidez e transparencia. Todos os afiliados do PP que vaian asumir un cargo político ou integren unha candidatura electoral veranse obrigados a asinar unha carta de compromisos que conteñen unhas obrigas éticas e deontolóxicas de responsabilidade no exercicio do seu cargo”. Cre que os cargos políticos deberían dimitir no momento que se coñece que están imputados? M.B.: “Creo que o PP é o único en España que ten nos seus estatutos medidas concretas para cada caso. No suposto de imputación o partido abre un expediente informativo para ver cal é o seu nivel de responsabilidade e para darlle posibilidade de que se defenda, porque o PP cre na presunción de inocencia. Despois hai algúns afiliados que se adiantan aos acontecementos e actúan en consecuencia, estou a falar do anterior presidente da Deputación que solicitou el voluntariamente a suspensión voluntaria de militancia mentres dure ese procedemento. Creo que con ese tipo de comportamentos e coa man dura que os partidos debemos exercer para erradicar calquera dúbida sobre o comportamento dos seus cargos públicos contribuiremos a que esa credibilidade na clase política mellore”. Están imputados o alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, e o delegado da Xunta, Rogelio Martínez; ve correcto que continúen no cargo? M.B.: “No caso do delegado territorial é o Consello da Xunta o que ten a potestade para nomealo ou removelo do seu posto. No caso do alcalde do Carballiño está chamado para declarar en calidade de imputado,
OURENSE PROVINCIA
esperemos ao día 8 de marzo para ter máis información. Pero que ninguén teña a menor dúbida de que a máxima do partido é que se desterre calquera posible cuestión negativa que puidera afectar a algún dos nosos afiliados no desenvolvemento das súas funcións públicas”. Cre que deberían limitarse os mandatos dos políticos? M.B.: “Esa limitación correspóndelle aos cidadáns, un político que non conta co apoio dos cidadáns, o mandato acabouse. Creo que toda limitación é mala, e que toda aquela persoa que ten un proxecto político ten a capacidade de primeiro, dentro da súa organización política amosarllo aos seus afiliados e despois se a súa organización cre que debe repetir nunha candidatura, os cidadáns valórano”. Ve colmadas as súas aspiracións políticas como presidente da Deputación? M.B.: “As miñas expectativas políticas víronse colmadas cando tomei posesión como concelleiro en Esgos, todo o que veu despois, ser deputado autonómico, provincial, presidir o partido na provincia, é unha consecuencia de aquilo porque había xente que cría que eu podía desenvolver ben as miñas funcións. Estou plenamente satisfeito; estou na institución que representa o goberno da miña provincia e no partido que conta coa maioría do apoio dos ourensáns. Para min non hai nada mellor que a situación na que estou agora mesmo, nun momento económico difícil e con moitos problemas, pero me considero, coa forza da xente que me apoia, en situación de solventar”.
Baltar visita as estradas afectadas polas obras do AVE 4 A Deputación aproba unha moción para que Adif arranxe os danos. Redacción Días despois de que a corporación provincial aprobara por unanimidade unha moción do BNG para que se arranxen os danos colaterais producidos polas obras do AVE en distintos concellos da provincia, o presidente da Deputación, visitou algunhas das estradas provinciais afectadas. Manuel Baltar quería coñecer “o grao de deterioro que sofren as estradas e pistas polas que pasan os camións e maquinaria de gran tonelaxe que traballan nas obras de construción da infraestrutura ferroviaria”. O presidente provincial percorreu diferentes tramos entre os municipios de Baños de Molgas, Maceda, Xunqueira de Ambía, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Allariz, e Vilar de Barrio, para coñecer a situación das estradas OU-0102 (Xunqueira de
Ambía-Polígono de San Cibrao), OU-0108 (Allariz-Maceda), OU-0109 (Baños de Molgas-Arnuide), OU-0515 (PereirasTaboadela), OU-1103 (Vilar de Barrio-Os Milagres) e OU-1102 (Xinzo-Vilar de Barrio). Outras estradas que están afectadas polas obras do AVE, aínda que en menor medida son a OU0111 (Xunqueira-Piñeira), OU-0110 (Xunqueira-Casasoá), OU-1052 (Cerdedelo-Estación de Prado), OU-1053 (Cerdedelo-Camba), e OU-1002 (Campobecerros-Veiga de Nostre). Xunto á avaliación de danos, a Deputación solicitou unha ampliación de avais ás empresas contratistas e un informe a Adif coa valoración dos custos de reparación das estradas afectadas, ademais de instalar sinalizacións de limitación de peso nalgún destes viais.
O alcalde de Baños de Molgas, Eladio Mangana, xunto ao presidente da Deputación, Manuel Baltar.
BARRIOS Marzo de 2013
Distincións de “Puertas de Galicia” Redacción
O Plan de Competitividade Turística “Puertas de Galicia” vén de recoñecer a 49 empresas das comarcas de Verín e Conso Frieiras que completaron con éxito o “Modelo de Aproximación á Calidade Turística”, un distintivo que acredita a calidade dos servizos turísticos. Ao acto, celebrado na Casa da Cultura de Verín, asistiron a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, e o xerente do PCT “Puertas de Galicia”, Ignacio Fernández. Na súa intervención, Nava Castro, recoñeceu os grandes esforzos levados a
Entrega de distincións de “Puertas de Galicia”, o martes 12 de marzo. /BORYS. cabo polos 49 participantes que certificaron 54 servizos turísticos, entre os que se atopan empresas de aloxamento, restauración, comercio, empresas de actividades de lecer, adegas, museos, oficinas de turismo e espazos naturais. Estas empresas, procedentes dos 12 municipios que integran o PCT “Puer-
tas de Galicia”, recibiron nos últimos meses sesións informativas e obradoiros sobre satisfacción do cliente e planificación da mellora, ademais de visitas individualizadas de apoio, colaboración e asesoría. Agora poderán utilizar este distintivo como garantía de calidade e de valor engadido para os seus clientes.
A Xunta comprométese a mellorar o vial ata a fronteira lusa 4 Nunha reunión do conselleiro de Medio Ambiente cos alcaldes da Baixa Limia. Redacción O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, reuníuse cos alcaldes de Verea, Lobeira, Muiños, Bande e Lobios, para trasladarlles o compromiso da Xunta coa mellora da estrada OU540 no tramo entre Verea e o límite con Portugal, logo da posta en servizo da autovía entre Ourense e Celanova. Hernández informou aos rexedores dos primei-
ros datos da nova autovía AG-31, que apenas un mes despois da súa posta en servizo rexistra unha intensidade media duns 4.000 vehículos ao día, o que supón captar o 50% do tráfico da estrada autonómica. O conselleiro ratificou que o seu departamento continúa coa tramitación da mellora da estrada OU-540, no treito ata Portugal. Proba diso é que se está a traballar na culminación dos expedientes expropiatorios da variantes de Vera e Bande, actualmente en marcha.
CxG non o ve “crible” Ao respecto destas promesas do conselleiro, Compromiso x Galicia fixo público un comunicado no que afirma que “non son cribles”. O seu voceiro en Ourense, Pérez Bouza, afirma que o compromiso da Xunta “só expresa boa vontade pero sen concretar plazos de execución e partidas presupostarias”, polo que anuncia que “se nos próximos días non hai un compromiso máis firme, haberá caravana reivindicativa de vehículos”.
BARRIOS Marzo de 2013
EN BREVE
4 Curso de recursos turísticos na Eurocidade A Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil da Eurocidade convoca un ‘Curso de recursos turísticos’, dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos desempregados ou en proceso de formación. Este curso gratuíto ofrece 20 prazas e unha duración de 60 horas. Impartirase na sede da Eurocidade Chaves-Verín do 2 ao 11 de abril, en horario de mañá e tarde. A inscrición pode realizarse ata o 27 de marzo. [+ info no 981 541 688 ou 981 544 854]
4 Emprenden accións legais contra a CIG Pazo do Carregal tomou acción legais contra o secretario da CIG nas comarcas de Monterrei-Limia, Luis Ferreiro, por unha nota de prensa firmada por este na que acusa á empresa, que xestiona a lonxa agropecuaria de Verín, de condicións laborais “non só abusivas senón completamente ilegais”, como xornadas laborais de ata 18 horas, soldos de 300 euros e traballadores sen alta na Seguridade Social. A empresa desminte as acusacións realizadas polo sindicato. “Hai 11 traballadores, dados de alta e cumplindo a súa xornada laboral”, asegura Olalla Jardón, directora comercial. A documentación que o acredita foi presentada na sede da CIG nada máis coñecer o escrito deste sindicato, levantando acta un notario. “E está a disposición de quen queira vela”, apunta Jardón.
VERÍN E COMARCA
O PP de Castrelo do Val denuncia que o alcalde duplicou as súas retribucións 4 Aseguran que cobra100 euros máis por presidir cada comisión. Redacción O portavoz do PP en Castrelo do Val, Manuel Pérez, sinala que o alcalde socialista deste municipio, Vicente Gómez, aumentou o custe dos órganos de representación municipais para así aumentar os seus honorarios, a pesares de que o rexedor manifestou públicamente que non percibiría un salario pola súa labor como alcalde. O portavoz dos populares afirma que Gómez percibe 260 euros (debido á súa condición de presidente das mesmas) por cada comparecencia en Comisión de Goberno, Comisión Informativa, Comisión Especial de Contas, Reunións de Portavoces, Mesas de Contratación, reunións con alcaldes, conselleiros e delegados, e outros órganos de representación municipal. “É inconcebible que diga que non cobra un salario do Concello cando el mesmo decidiu cobrar este ano 260 euros por asistencia a estas reunións, cando durante o ano pasado se pagaban a 160 euros”. Manuel Pérez sinala tamén que o alcalde “estes honorarios compleméntaos coa retribución de 0,34 euros por quilómetro ou dietas de 60 euros se as reunións son dentro de
Galicia (100 se son fóra)”. Polo que consideran este comportamento como “un gran abuso”.
4 Vicente Gómez négao todo A agrupación Socialista de Castrelo do Val non dubidou en manifestar a súa indignación ante “as noticias verquidas nos medios de comunicación” sobre as retribucións do alcalde. Deste xeito, aseguran que o rexedor, Vicente Gómez, “non só non se subiu o soldo senón que dende xaneiro de 2013 xa non percibe a retribución de 500 euros mensuais que recibía ata entón”. Manifestan, ademais, que o alcalde só cobra por asistencia a plenos e a comisións e que “en ningún caso esta cantidade supera o percibido durante 2012”. Así mesmo, explicaron que “o soldo non o puxo o alcalde senón que se aprobou nas bases de execución dos presupostos e que coa partida que se aprobou non sería posible unha subida de retribucións do alcalde e dos concelleiros, que no ano 2012 ascendeu a 23.000 euros”. Por último quixeron deixar claro que “o recibido polo alcalde e os concelleiros é público e que calquer veciño pode pasarse polo Concello para que se lle faciliten estes datos”.
Jiménez e Hernández tratan a ampliación do polígono, a rede de saneamento e o PEPRI 4 O alcalde demandou o avance destes proxectos. Redacción O alcalde de Verín reuniuse co conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, co obxecto de analizar cuestións sobre o seu municipio como a ampliación do Polígono de Pazos, a mellora da rede de saneamento ou a redacción do PEPRI. En canto ao parque empresarial, Jiménez destacou que “temos necesidade de que este proxecto siga adiante por dous motivos: pola construción da subestación de Fenosa, que debe estar rematada neste ano; e pola empresa
Norvento, que construirá a súa instalación de biomasa nel”. A adxudicación, que está a sufrir retrasos, calcúlase que será definitiva na primeira quincena de abril, para comezar as obras de xeito inminente. Neste senso, o rexedor tamén pediu ao conselleiro, polo incremento de tráfico que suporá a presenza de empresas na zona, “que se amplíe o acceso cara a Nacional 525”. Saneamento Así mesmo, o alcalde anunciou que será adxudicada no vindeiro mes a mellora das infraestruturas da
rúa Canella Cega. Ademais, tamén acaba de rematarse a instalación de colectores no polígono de Pazos, que “mellorarán a canalización e bombeo da auga”, explicou Morán. Segundo o conselleiro, nos seis primeiros meses do ano adxudicarase devandita obra. Outra cuestión plantexada a Hernández foi o reciclaxe do vidro. “Pedímoslle ao conselleiro que polo menos o 50% se recicle en Verín”, asegurou Morán. Así como finalizar o planeamento urbanístico de Verín, “xa que só nos queda o PEPRI (Casco Antigo e zona de San Lázaro)”.
A xefa de márketing e o director comercial da firma láctea, o alcalde de Verín e o concelleiro de Festexos no acto de recoñecemento a Feiraco.
Verín entrega unha mención especial a Feiraco pola promoción do Entroido O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o concelleiro de Festexos, Víctor Manuel Baladrón Lamas, entregaron unha mención especial a Feiraco Lácteos SL pola promoción do Entroido de Verín, na súa última campaña publicitaria. Durante o acto, o rexedor subliñou a importancia desta acción comunicativa que, de modo desinteresado e sen previo contacto co Concello de Verín, “permitiu promocionar o noso Entroido nos seus produtos, por todas as canles de venta incluso fóra da comunidade, o que supón un importante orgullo para todos os veciños de Verín”. Unha iniciativa tan exitosa que adiantaron que se repetirá o vindiero ano, “xa que só en quince días esgotamos todos os envases”, recoñeceu o director comercial de Feiraco, Ramón Mandiá.
VERÍN E COMARCA
A Xunta avala o proxecto de PXOM do Concello de Riós 4 Este plan contará con aprobación inicial en abril. Redacción A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reuniuse este 11 de marzo con responsables do Concello de Riós e co delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, co fin de analizar a tramitación do seu Plan Xeral de Ordenación Municipal, do cal se emitiu no pasado decembro o primeiro Informe Previo á Aprobación Inicial (IPAI). Esta reunión serviu para comprobar os axustes incorporados ao documento tras a emisión do IPAI, no que non se poñía en dúbida o modelo proposto polo concello, senón indicacións sobre a adaptación a Lei do Solo, así como para asentar criterios e consultar dúbidas. A tramitación do PXOM avanza a bo ritmo e será aprobado inicialmente polo pleno municipal no mes de abril.
Neste momento o Concello de Riós réxese por un PXOU aprobado no ano 2001, e ten en trámite o actual dende o ano 2008, así mesmo, o documento de inicio para obter a avaliación ambiental comezou a principios de 2012. Para acadar toda a documentación, este Concello ten en vigor unha axuda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas por importe de 83.500 euros. Próximos pasos Trala aprobación inicial do PXOM polo pleno municipal deberá ser sometido a exposición pública durante 2 meses para a presentación de alegacións e solicitude de informes sectoriais. De seguido, se incorporarán as resultas de ditos informes e será aprobado provisionalmente polo pleno municipal e remitido á Xunta para aprobación definitiva.
O subdelegado do Goberno, xunto ao alcalde de Riós e membros do posto da Garda Civil desta localidade.
Visita institucional a Riós O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, desprazouse ao concello de Riós para manter unha visita institucional co seu alcalde, Francisco Armando Veiga Romero. Posteriormente achegouse ao posto da Garda Civil de Riós para saudar aos seus membros e interesarse polas súas inquedanzas.O subdelegado do Goberno tratou co rexedor municipal aspectos da rede viaria e temas referentes á seguridade cidadá. A continuación, Roberto Castro visitou a casa do concello da Gudiña, onde foi recibido polo seu alcalde, Guillermo Lago Pérez, e máis o posto da Benemérita desta vila.
BARRIOS Marzo de 2013
A gastronomía, protagonista da Feira do Lázaro
EN BREVE
4 Celebrarase os días 16 e 17 de marzo no Pavillón Municipal de Deportes de Verín.
No 2012 a DO Monterrei exportou (a Alemaña, Reino Unido, EE.UU. e Holanda) 119.000 litros de viño, o que equivale a 158.800 botellas, e que supón un 23,5 % máis que no ano anterior. Segundo Antonio Méndez, presidente do Consello Regulador, o seu obxectivo é manter estes mercados e ampliar vendas ao norte de Europa, centro e sur de América, e Asia. Para esta ampliación seguirán a apostar pola calidade da uva, as boas prácticas vitivinícolas e as vendimas en verde, mantendo unha competitiva relación calidade-prezo.
Redacción Os días 16 e 17 de marzo, Verín acollerá a celebración da tradicional Feira do Lázaro e a sexta edición do Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’. Un evento que, ademais da celebración en honra a San Lázaro, inclúe a realización de actividades deportivas, culturais e lúdicas en diversas localizacións da vila, convertendo esta festa nun acontecemento dirixido a toda a familia. O Pavillón Municipal de Deportes de Verín acollerá durante as dúas xornadas, de 10 a 14 e de 16 a 21 horas e con entrada de balde (o sábado o horario de peche prolóngase ata ás 22 horas), a realización da Feira do Lázaro, articulada en torno á artesanía e gastronomía, que contará con 67 stands procedentes de diversas provincias de España e o Norte de Portugal. Artigos de pel ou madeira, licores, queixos, aceites, doces, produtos de fumeiro, xoguetes, xabóns, encaixe de bolillos, pintura ou bisutería son algúns dos produtos que poderán adquirir os que se acheguen a Verín, ao mesmo tempo que os propios postos pasan exame, xa que, un ano máis, o Concello premiará ao mellor stand da feira, valorando a orixinalidade do deseño, presentación dos produtos, selección de materiais empregados e disposición de espazos. Este galardón (que consiste nunha noite en réxime de aloxamento e almorzo, para dúas persoas, no Parador de Turismo de Puebla de Sanabria, e un diploma acreditativo) busca recoñecer o esforzo creativo dos participantes co fin de conseguir unha montaxe atractiva para a exposición e venda dos produtos. Concurso “Cigarrón de Verín” Tamén no interior do pavillón municipal se ce-
O presidente da Asociación de Hosteleiros e o alcalde de Verín na presentación da Feira do Lázaro.
4 Exaltación do bacallau e o cabrito A Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei promove a cuarta edición ‘Exaltación de Bacallau e Cabrito’. Unha iniciativa asentada na realización de menús específicos, durante as dúas xornadas da Feira do Lázaro, que inclúen bacallau e cabrito, por un prezo que oscila entre os 18 e 21 euros, nos restaurantes O Augueiro, Lugano, O Castelo, O Candil, San Roque, Brasil, Casa Manola e Parador de Turismo de Verín. Esta iniciativa contará
este ano cunha importante novidade: a colocación da carpa ‘Puertas de Galicia’ nos exteriores do pavillón feiral, na que os verineses e visitantes poderán degustar (o sábado pola noite ou o domingo a mediodía) un menú, ao prezo de 23´50 euros, composto por carpaccio de bacallau ou cabrito a baixa temperatura coma primeiros; ensalada de arroz salvaxe con virutas de cabrito ou bacallau ao forno de segundos; ademais dunha sobremesa especial e viños da D.O. Monterrei.
lebrará, o 16 de marzo o VI Concurso ‘Cigarrón de Verín’ que consta de tres categorías: prato principal (co cabrito como eixo), maridaxe (en torno ao bacallau) e sobremesa. Pratos que, na súa elaboración en directo, deberán ir maridados con viño de Monterrei. Os gañadores recibirán tres premios: “Gran Cigarrón” para o mellor prato principal, cun valor de 400 euros; “DO Monterrei” para o mellor maridaxe, dotado con 300 euros; e “Cigarrón Doce”, co que se fará a máis valorada sobremesa e cuxo valor é de 200 euros. Ademais, a Denominación de Orixe organiza esa
mesma xornada a súa Cualificación da colleita 2012, a partir das 12, na Casa do Escudo. Actividades lúdicas Dentro do apartado lúdico da Feira do Lázaro, o pavillón tamén acollerá unha ludoteca e obradoiros infantís; así como música tradicional, e espectáculo de grupos de baile e acrosport. Ademais, terá lugar a tradicional procesión de San Lázaro e misa na igrexa parroquial (o 17 de marzo, ás 11.30 horas), e actuacións musicais na noite do sábado e tarde do domingo, nas prazas García Barbón e Maior.
4 A DO Monterrei incrementan as exportacións
4 Descobre as Cooperativas Do 12 ao 16 de marzo, a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición ‘Descobre as Cooperativas’, que presenta as potencialidades deste modelo empresarial que, pola súa versatilidade e capacidade de adaptación, está demostrando ser capaz de manter e crear emprego na actual situación de crise económica. A exposición dá conta dos elementos claves do cooperativo: que son, que tipos de cooperativas hai, como funcionan, que valores defenden, que pasos dar ou que apoios existen para impulsar o emprendemento cooperativo.
4 Contos de trasnos na biblioteca O venres 15 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública de Verín acollerá ‘Contos dos Trasnos do Bosque’, no marco das súas actividades de fomento da lectura e dinamización desta instalación. Esta iniciativa está destinada a un máximo de 25 nenos socios da biblioteca, de entre os 3 e 9 anos; e consistirá na realización de contacontos e manualidades relacionadas con esta temática. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia instalación ou no 988 41 47 76.
BARRIOS Marzo de 2013
XINZO E COMARCA
Cuestionan a construción da canceira de Xinzo
Servizos Sociais de Xinzo organiza un curso formativo
Compromiso x Galicia e o Partido Socialista coinciden en denunciar irregularidades na canceira de Xinzo. O coordinador de CxG en Ourense, Xosé Manuel Pérez Bouza, demanda “explicacións” a Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e Concello de Xinzo sobre a construción da canceira da Lamas, en Xinzo, na que se investiu 132.296 euros e que levacase dous anos rematada. Con todo, desde hai varias semanas, a canceira está sendo sometida “a unha completa reforma por parte dunha brigada da Deputación”, malia non ter entrado nunca en funcionamento, “co incremento do custo que iso significa”. De igual modo, a CxG parécelle “escandaloso” que a administración provincial, que vai xestionar o recinto, manteña en nómina a varios traballadores desde decembro, a pesar de que a canceira aínda non está en servizo.
Redacción
Redacción
Petición de responsabilidades Pola súa banda, a voceira socialista en Xinzo e deputada provincial, Elvira Lama, considera que “unhas instalacións que sen entrar en funcionamento xa están a ser remodeladas despois de investir máis de 130.000 euros na súa construción, fan pensar aos socialistas que conta con deficiencias e irregularidades das que haberá que pedir responsabilidades”.
A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade, Benestar Sanidade e Consumo de Xinzo de Limia empezou o pasado 1 de marzo unha actividade formativa de preparación do Graduado en ESO. A formación está destinada a mozos de 16 a 24 anos que carecen desta titulación, para que poidan presentarse nas convocatorias libres da Xunta de maio e setembro.
Paralelamente a Concellería iniciou un curso de formación en competencias chave, de nivel 2, nos módulos de comunicación en lingua galega e castelá e en competencia matemática para homes e mulleres en risco de exclusión social. Día da Muller A concellería que dirixe Manuel Cabas tamén estivo detrás da organización dun acto conmemorativo no salón de plenos do Concello no Día da Muller Traballa-
Amigos da Terra denuncia a destrución dun bosque centenario en Vilar de Barrio Manuel Cabas, concelleiro de Servizos Sociais e Igualdade de Xinzo. dora, o pasado 8 de marzo, no que se deu lectura a un manifesto institucional. O acto complétase estes días coa realización do obradoiro formativo “educando desde a igualdade de xénero”, dirixido ao estudantes do IES Cidade de Antioquía da vila.
Un momento do taller, impartido por Elisa Cadaya e Lola Rico.
Obradoiro de autocoidados en enfermos crónicos A Escola Rural de Saúde da Limia impartiu con éxito un novo curso, neste caso un “obradoiro práctico de autocoidados en enfermos crónicos”. Nel, as formadoras Elisa Cadaya e Lola Rico, abordaron diferentes patoloxías crónicas, como poden ser enfermidades cardiovasculares, a hipertensión arterial ou a diabete. Na parte práctica ensinaron aos asistentes habilidades e coñecementos necesarios para o manexo das diferentes técnicas de autocoidados, como a medición de tensión arterial, as interacións do sintrom, as hipoglucemias ou a insulina. O obradoiro tivo lugar o pasado 28 de febreiro en Xinzo e dada á boa acollida, a Escola Rural de Saúde pretende repetilo en vindeiras edicións.
4 Debido ás obras da alta velocidade. Redacción Amigos da Terra denuncia publicamente a destrución dun bosque centenario en Vilar de Barrio. Son 18 hectáreas de fraga na parroquia de Porto-Alemparte-San Pedro de Maus, que van ser ocupados na construción da liña de alta velocidade. A asociación ecoloxista considera que “a destrución desta fraga autóctona vaise realizar sen ter en conta a lexislación que é de aplicación nestes casos”, referíndose a un estudo de impacto ambiental, Lei de Augas e de Montes. Amigos da Terra mostra “a súa preocupación” pola forma de actuar de Adif e lembra que as obras do AVE xa destruíron nesta parroquia 27 hectáreas de carballeiras, soutos de castiñeiros e bosques de ribeira. Agora Adif pretende mediante un modificado de proxecto expropiar e ocupar outras 18 hectáreas “hoxe ocupadas por un dos soutos mellor conservados da provincia de Ourense e dun bosque de ribeira no corazón do Río Arnoia”, indican os ecoloxistas. O novo terreo expropiado sería empregado polas empresas adxudicatarias deste treito do AVE para montar unha planta de formigonado e unha planta de elaboración de mate-
riais para as obras do tren de alta velocidade, engade a asociación. En apoio aos veciños de Porto-San Pedro de Maus “que se opoñen a destrución do seu patrimonio”, Amigos da Terra vai elaborar alegacións para evitar a expropiación forzosa e vai solicitar das distintas administración públicas con competencias (concellos de Vilar de Barrio e Baños de Molgas, Deputación, Xunta de Galicia, Goberno español) a súa implicación, “que fagan cumprir o lexislado para a protección do patrimonio natural, etnográfico e cultural e esixan a Adif a busca doutro lugar alternativo e se evite a destrución desta fraga centenaria”. As accións dos ecoloxistas non rematan aí pois contactarán con outras organizacións sociais e políticas para esixirlle a Adif “que as obras do AVE cumpran coas medidas esixibles para minimizar o impacto medio ambiental que supoñen, que se cumpra a lexislación vixente e cando hai alternativas, como neste caso, se evite a destrución dos ecosistemas naturais”.
Son 18 hectáreas de fraga que Adif quere expropiar para unha planta de formigonado
PUBLICIDADE
BARRIOS Marzo de 2013
BARRIOS Marzo de 2013
EN BREVE
4 Plan Xeral de Porqueira A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo unha reunión de traballo coa alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, para impulsar a tramitación do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) deste municipio e abordar a necesidade de tramitar un Plan especial de infraestruturas e dotacións para permitir a construción dun fogar residencial. Porqueira réxese por unhas normas subsidiarias datadas en 1991, mentres tramita un novo PXOM desde 2003. O Concello dispón xa do documento de referencia de avaliación ambiental do planeamento e agora á Xunta requírelle a adaptación do documento á modificación da LOUG, traballo que xa ten iniciado. O Concello recibiu unha axuda de 80.000 euros da Xunta para a redacción do novo planeamento urbanístico.
4 Concentración parcelaria en Calvos de Randín O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o anuncio da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se informa da aprobación das bases definitivas da concentración parcelaria de Castelaus, en Calvos de Randín. A concentración parcelaria afecta a 741 hectáreas e permitirá a reorganización da propiedade de 11.081 parcelas, pertencentes a 422 propietarios. Con este paso rematan todos os trámites relativos á identificación dos propietarios das fincas achegadas, determinación exacta da superficie e clasificación dos terreos. As bases definitivas estarán expostas ao público na Casa do Concello de Calvos de Randín e nos lugares de costume na zona. Os propietarios afectados pola concentración parcelaria dispoñen dun prazo de 30 días para interpoñer recurso de alzada ante a Conselleira do Medio Rural e do Mar.
XINZO E COMARCA
Xinzo prepara unha manifestación contra a mina de feldespatos o 27 de marzo
4 A Xunta non autorizará a concesión se non beneficia á comarca, afirma o conselleiro de Economía. Redacción A Plataforma Veciñal Corno do Monte acordou organizar una manifestación contra a implantación na comarca da Limia dunha mina de feldespatos. A mobilización será o 27 de marzo en Xinzo, coincidindo coa Semana Santa e coa feira de fin de mes. Esta protesta foi comunicada no transcurso dunha xuntanza informativa organizada pola Plataforma o pasado venres 8 de marzo na casa consistorial de Xinzo, á que acudiron unhas duascentas persoas. Amais de veciños, comerciantes e empresarios e da comarca, estiveron representantes dos partidos PSdeG, BNG, PP, Anova e Compromiso x Galicia. A xuntanza comezou coa intervención da presidenta da Plataforma, Maricarmen Díaz Casas, que deu conta da situación actual da concesión e que criticou duramente as repercusións a nivel global que traería a mina. Seguido dela intervíu o representante do Sindicato Labrego Galego, Anxo Pérez que se centrou na repercusión socioeconómica que traería a explotación mineira: 400 hectáreas afectadas que producen arredor de 27 millons de euros anuais a repartir entre máis dun cento de familias que viven delas, fronte aos 3 millóns de euros que gañaría soamente a empresa mineira. Outro punto a destacar é a perda de 210 empregos directos e outros tantos indirectos, de subvencións, de maquinaria agrícola e dos investimentos levados a cabo nos anos 70 para facer as concentracións parcelarias. Logo falou Álvaro Carrera, enfermeiro, sobre os riscos que representaba a mina sobre a saúde das persoas, podendo orixinar enfermidades respirato-
rias, dixestivas e psicolóxicas. Segundo informaron desde a Plataforma, todo o acto caracterizouse polo continuo apoio do público asistente con aplausos e comentarios sobre as intervencións dos asistentes, que saíron dispostos a “acudir a onde faga falta” para evitar que este proxecto prexudicial se leve a cabo. Non se autorizará se non beneficia á comarca A este respecto, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, sinalou no Parlamento que o proxecto de explotación mineira para extracción de feldespato non será autorizado se non beneficia á comarca. “Confiamos plenamente nos técnicos das Administracións competentes nestas materias e sei que, se a nova instalación non beneficia á Limia, entón emitirán informes desfavorables e a concesión non será autorizada”, incidiu. Neste sentido, o conselleiro resaltou que a Xunta está a cumprir rigorosamente coa normativa na tramitación da solicitude. Así, someteuse a información pública o proxecto, vindo de concluír o período para presentar alegacións, ademais de estarse a estudar a súa avaliación de Impacto Ambiental. Ao mesmo tempo, proseguiu Conde, pedíronse 11 informes a distintos organismos e institucións relacionadas. Estes, ao igual que o total das alegacións e achegas derivadas da información pública, aínda non se recibiron polo que, segundo explicou, non se pode valorar a conveniencia de autorizar ou non a concesión de explotación. O titular de Economía e Industria avogou por confiar nos funcionarios e solicitou á oposición que “faga o mesmo e lles deixen facer o seu traballo con rigor e independencia”. Neste contexto, Conde
Canteira de grava no monte Sestelo, na Limia.
4 Denuncian danos nas vivendas de Parada de Ribeira polos explosivos da canteira do monte Sestelo A asociación veciñal Muíño da Lama denuncia que a potencia do explosivo utilizado na canteira de grava do monte Sestelo está a provocar “fendas irreparables” nos inmobles de Parada de Ribeira. A veciñanza deste núcleo de Xinzo “está a comprobar en carne propia as consecuencias fatais para as súas vivendas do reponte da actividade da canteira de grava instalada na súa parroquia por mor da inxente provisión e movemento de áridos que as obras do AVE na zona de Vilar de Barrio están a demandar”, indican nun apuntou que “pedir á Xunta que se pronuncie ante calquera trámite saltándose os procedementos previstos na lei, é pedir discrecionalidade nas decisións”, algo que tachou de ilegal e descartou “por simple responsabilidade”. Por iso, explicou, a Xunta fará “o que sexa mellor para Galicia, para A Limia e para os seus veciños, sen apriorismos nin ideas preconcibidas, cumprindo a lei e buscando sempre o
comunicado. Segundo informa este colectivo veciñal, os barrenos con explosivo utilizados nas xornadas do 12 e 19 de decembro, 16 de xaneiro e 7 de marzo provocaron “un fortísimo impacto tanto no asoleirado, como na estabilidade de estruturas de fábrica, así como na aparición de serias fendas no sillar que están a afectar notablemente a moitos inmobles da arquitectura popular”. Ante a “gravidade” destes feitos, a directiva de Muíño da Lama acordou interpor “a conseguinte denuncia administrativa se a empresa non depón ou mitiga tal
intensidade de barrenos e explosións”. Asemade solicitará tanto ao Concello de Xinzo da Limia como á Xefatura provincial da Consellería de Economía e Industria que incoen un expediente administrativo “para comprobar se a devandita explotación mineira cumpre coa Lei de Minas no que atinxe non só a intensidade e potencia do explosivo, senón tamén no canto da bacía total extraída, volume total das balsas de decantación, e afectación tanto dos inmobles como do anexo accidente natural Regato de Sestelo”.
ben común”.
Antonio Pérez, que foi o encargado de asumir o debate por parte do grupo de goberno, acusou á oposición de crear alarma social neste asunto. Días despois no pleno ordinario de Xinzo, Pérez anunciou que dimitiría se se abría a mina.
Pronunciamentos na Deputación e Concello de Xinzo A oposición á explotación mineira de feldespatos sumou un novo apoio coa aprobación por unanimidade na Deputación provincia dunha moción do BNG rexeitando o proxecto mineiro. Malia apoiar a moción, o deputado provincial do PP e alcalde de Xinzo,
A Deputación pronunciose contra a mina de feldespatos
XINZO E COMARCA
O Inorde doará produtos de horta a familias necesitadas a través de Cáritas 4 Estes produtos proceden do excedente da parcela que o organismo xestiona en Xinzo de Limia con fins investigadores. Paula Lodeiro O Inorde iniciou unha colaboración con Cáritas Diocesana de Ourense a través da cal distribuirá a produción sobrante dos produtos cultivados na parcela que este organismo xestiona en Xinzo de Limia, na cal realiza actividades de ensaio e investigación de pataca e outros produtos de horta (como cebola, cenoria, leituga e verza). Unha parte dos produtos recollidos na finca de ensaios son utilizados para investigación, pero os sobrantes repartiranse entre familias necesitadas. Ao longo deste ano, o Inorde entregará a Cáritas un total de 5.000 quilos de patacas da colleita do ano pasado, 20.000 quilos de patacas da deste 2013, 1.000 quilos
Entregaranse 33.000 quilos de alimentos: patacas, repolo, leituga, cebolas, cenoiras e verza
Feijoo Mirón, Freire Couto e Rodríguez, na presentación do convenio./P.LODEIRO de repolo e leituga, 3.000 quilos de cebolas, outros 3.000 de cenorias e 1.000 de verza, fraccionados semanalmente. A entidade benéfica repartirá estes produtos frescos a través da súa rede parroquial ás familias, preto de 1.500, segundo os seus cálculos. Cursos de formación O responsable de Cáritas, Ángel Feijoo Mirón, agradeceu a colaboración do Inorde, e adiantou futuras colaboracións co organis-
mo provincial no eido da formación. Ambas institucións estudarán a posibilidade de impartir cursos de formación no ámbito da agricultura entre as persoas que atende a entidade benéfica; “de aí poden nacer pequenos produtores que poden ter un medio de vida no autoemprego”, apuntaba. Finca do hipódromo O presidente do Inorde, José Manuel Freire Couto, aproveitou a presentación do convenio con Cáritas, á
que acudiron os alcades de Rairiz de Veiga, Sarreaus, Trasmiras, Xinzo de Limia, Baltar e as alcaldesas de Sandiás e Porqueira, para instar aos rexedores a buscar un novo uso ás parcelas liberadas trala privatización do hipódromo. “Temos que reutilizar as fincas do hipódromo promovendo entre todos empresas, que sexan un nicho de emprego para xente nova en paro”, dixo. Trátase de 70 hectáreas de terreo que quedaron libres ao desprenderse a Depu-
BARRIOS Marzo de 2013
4 Acreditación para o Centro Agrogandeiro de Xinzo O Centro Agrogandeiro de Xinzo goza desde hai un mes da acreditación a norma 17025. Este certificado acredita os seus laboratorios en 6 parámetros físico-químicos de solo, convertíndoo desta forma nun dos tres que existen en España que estean acreditados para tantos parámetros. Para José Manuel Rodríguez, xerente do Inorde, organismo do que depende o Centro Agrogandeiro, esta é unha maneira de “protexer a pataca de Limia”. Balance de 2012 O Centro Agrogandeiro de Xinzo presentou o seu balance de actividade en 2012. No último ano, os técnicos do Inorde realizaron máis de 3.000 analíticas, na súa maioría con orixe na propia comarca da Limia (1.387) e relacionadas coa pataca (1.100). Amais, os investigadores do Inorde atenderon máis tación de Ourense do hipódromo de Antela. Freire Couto insistiu en que “uns recursos tan importantes, unhas fincas que se gastou
de 6.000 consultas técnicas sobre abonado, recomendacións fitosanitarias, formas de cultivo ou variedades. Tamén aconsellaron a cinco comunidades de regantes, e atenderon 300 consultas de información de corte xeral sobre procedementos administrativos, subvencións, cooperativismo, ou asociacionismo. Na finca de ensaios de Antela o Inorde realizou investigacións sobre 145 variedades de pataca, 18 variedades de cereal e 9 variedades de millo, este último ensaio en colaboración co Centro de Investigacións Agrarias de Magebondo. Ademais, realizaron ensaios dedicados a outros cultivos, como a verza tipo “couza” con destino ao mercado portugués, o sorgo ou o boniato. O centro tamén colaborou o ano pasado con nove casas vendedoras de semente, sete de abonos e sete de fitosanitarios. tanto diñeiro nelas, se non se consigue isto, eu me sentiría fracasado neste intento”, polo que lanzou o reto aos alcaldes.
O Concello de Xinzo reducirá un 15% o salario ao seu persoal laboral 4 En aplicación do Plan de Axuste. P.L. O grupo de goberno do PP de Xinzo aprobou este xoves 28 de febreiro unha redución salarial do 15,11% nos seus empregados laborais, co voto favorable de Francisco Romero (de APGa), a abstención de Alfonso Pérez Campos do grupo mixto e de Teresa Puga de AIDAL , e o voto en contra de PSOE e BNG. O voceiro popular, Manuel Casas, xustificou a baixada de salarios para os laborais na aplicación do
Plan de Axuste aprobado o ano pasado, co que o Concello de Xinzo quere aforrar medio millón de euros en dez anos. O nacionalista Ramiro Rodríguez xustificou o voto en contra por considerar a baixada de soldos “unha medida improvisada” e a socialista Elvira Lama argumentou que era “baixar salarios e seguir contratando máis xente non parece a fórmula máis axeitada”. Para rematar o debate, o alcalde Antonio Pérez sinalou que os orzamentos
para 2013 xa contemplan unha baixada significativa da partida de persoal e que no último ano a plantilla do Concello de Xinzo reduciuse de 150 a 137 traballadores. Mocións No apartado de mocións, quedaron aprobadas por unanimidade unha do BNG para que se declare A Limia zona de actuación agraria prioritaria, e outra do PP, en relación ao 13º cabodano de Carlos Casares, que se conmemorou o 9 de marzo
Parte da corporación municipal, no pleno do 28 de febreiro. /P.LODEIRO. coa colocación dunha praca na casa familiar do escritor en Xinzo e nun aula da Casa da Cultura. Tamén foi aprobada, coa abstención do PSOE e o apoio do resto de grupos, a proposta do PP
para que a futura estación do AVE de Ourense leve o nome de Eulogio Gómez Franqueira. A que foi rexeitada cos votos populares foi a moción dos socialistas sobre o Día da Muller.
A Limia foi declarada zona de actuación agraria prioritaria
10
BARRIOS Marzo de 2013
XINZO E COMARCA
O alcalde de Baltar solicita a suspensión de militancia do PP
CxG lamenta o desmantelamento da gardería de Rairiz
4 O popular José Antonio Feijoo será xulgado por ameazas e coaccións a unha socialista. P.Lodeiro O deputado provincial e alcalde do Concello de Baltar, José Antonio Feijoo, dá marcha atrás ás súas declaracións do 8 de marzo nas que aseguraba que non tiña “nin motivo nin intención de deixar ningún dos cargos que ostentan” nin a militancia no Partido Popular. Tan só tres días despois, Feijoo remitiu un escrito ao PP solicitando a suspensión temporal de militancia “para non danar á organización”. O alcalde de Baltar será xulgado por presuntas ameazas e coaccións a unha candidata do PSOE para que esta non se presentara contra el nas eleccións municipais de 2011. Na súa comparecencia do 8 de marzo ante os me-
dios de comunicación, na sede do PP, só e sen admitir preguntas, denunciara que se lle está a facer “un dano irreparable” á súa persoa. Visiblemente afectado e nervioso, Feijoo definiuse como “un demócrata convencido”, “transixente” e “humilde cos demais” que cre “firmemente” na xustiza, malia recoñecer que “a min, por desgraza, xa me xulgaron”. Atribuiu as acusacións de ameazas a unha denuncia “interesada” e a unha “manobra política dun grupo” e amosouse convencido “de que se me vai recoñecer a inocencia”. O alcalde de Baltar será xulgado no Penal de Ourense nunha data aínda por determinar, que el espera “se produza o antes posible”, e deberá abonar unha fianza
4 O alcalde quere convertila nun Punto de Atención á Infancia.
de 12.000 euros, precisou el mesmo, non 120.000, tal e como fora publicado por un erro no auto nos medios de comunicación. “Isto demostra que os delitos de que se me acusa non son de magnitude”, asegurou. Coaccións e ameazas A Fiscalía acúsao de catro delitos de coaccións, realizadas presuntamente contra a farmacéutica, a auxiliar de farmacia, unha enfermeira de Baltar e un veciño da localidade que ía nas listas do PSOE. Pídelle unha multa de 10.800 euros e o pago das costas, mentres que a acusación particular considera a José Antonio Feijoo autor de catro delitos de ameazas, outros catro de coaccións e un de malversación de fondos públicos,
Redacción
José Antonio Feijoo, na sede do PP./P.L. e pide penas de prisión que suman 24 anos de cárcere, suspensión de cargo público durante tres anos e multa de 27.000 euros.
O rexedor considera a denuncia “unha manobra política”
O voceiro de Compromiso x Galicia en Rairiz de Veiga, Esteban Campos, lamenta o desmantelamento da escola infantil deste muncipio, e responsabiliza deste feito tanto ao Concello como á Xunta de Galicia. Campos considera “unha grave equivocación” do alcalde a decisión de rescindir unilateralmente o convenio firmado en 2008 co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pola imposibilidade de atender os gastos que supuña, 45.000 euros na liquidación de 2009, cando parte dos 40 menores que o centro atende proceden
doutros municipios. Para CxG é “unha magoa que esa falta de capacidade de negociación e de buscar unha solución, derive no peche dun servicio que estaba funcionando ben e que é moi valorado polos veciños de Rairiz e do resto de concellos limítrofes”. A alternativa proposta polo alcalde para os cativos de Rairiz de Veiga é a conversión da instalación nun Punto de Atención Infantil para un total de 20 nenos do concello. Unha solución que suporá “unha perda moi importante no servizo que se presta” e ao mesmo tempo “non vai supor un aforro significativo para as arcas municipais”, alerta o concelleiro Campos.
ALLARIZ E COMARCA
BARRIOS Marzo de 2013
11
Repoboan con mil árbores a serra de San Mamede 4 Nunha iniciativa de Amigos da Terra, Cruz Vermella Maceda e a Asociación Vía XVIII. P.L. Voluntarios convocados pola asamblea comarcal de Cruz Vermella Maceda, Amigos da Terra e a Asociación Deportiva e Cultural Vía XVIII participaron o sábado 2 de marzo nunha repoboación forestal da serra de San Mamede. Cada ano, Cruz Vermella Maceda e a Asociación Deportiva e Cultural Vía XVIII lanzan un desafío so-
lidario, que en 2012 puxo o seu foco na vaga de lumes que en outubro de 2011 arrasou a serra de San Mamede. Así, decidiuse que os fondos recadados na carreira Desafío Solidario 2012, na que participaron 241 personas, se destinasen á recuperación medioambiental da zona. Coa colaboración do Concello de Maceda, da asociación de veciños O Corgo de Castro e da asociación
Amigos da Terra levouse a cabo a plantación de ao redor de mil árbores nunha superficie superior a unha hectárea: piñeiros, bidueiros, carballos e acivros; especies autóctonas que se adaptan ao clima e altitude da zona. A repoboación tivo lugar no monte comunal de Castro de Escuadro, ao pé da serra, concretamente na parcela Alto de Valredondo, Poula de Lumiares.
A proxección da curtametraxe “A Asociación de Mulleres Silvardeira sabe a sabugueiro...” abriu as Xornadas para a Igualdade de Allariz o pasado 8 de marzo./M.REJO.
Nova edición das Xornadas para a Igualdade 4 O Concello de Allaariz programa do 8 ao 23 de marzo obradoiros, debates ou lecturas de poemas ao redor da igualdade entre mulleres e homes. Redacción
Dous voluntarios plantando unha árbore en San Mamede.
Comeza a construción do Festival Internacional de Xardíns 2013 4 O festival abrirá o vindeiro 17 de maio. Redacción As brigadas municipais de obras e medio ambiente de Allariz, baixo a coordinación da oficina de urbanismo, xa iniciaron as obras de acondicionamento do espazo do Festival Internacional de Xardín para materializar as propostas gañadoras da edición 2013, que deberán estar listas para a súa apertura en maio. Este ano a temática do Festival xira entorno ao lema “Allariz, beleza que inspira” e conta con 12 propostas, procedentes de va-
rios puntos de España, así como de Austria, Holanda, Francia e Portugal. Os xardíns seleccionados, así como o xardín gañador da edición 2012, terán as súa “posta de largo” o vindeiro 17 de maio, día no que está prevista a apertura do recinto, que permanecerá aberto ate finais de outubro. Na actualidade, os equipos municipais, con grande experiencia na montaxe dos xardíns, traballan no recinto do Festival Internacional de Xardíns para materializar as propostas seleccionadas, na que se reutilizarán
materiais doutras edicións (gravas de cores, madeira, materiais de metal e incluso plantas -que estiveron gardadas durante todo este tempo nun invernadoiro da Concellería de Medio Ambiente-). Exposicións A temática deste ano propicia a posibilidade de realizar exposicións de obras artísticas no recinto. Así, artistas galegos poderán dar a coñecer a súa obra, sempre que teña un volume axeitado e poida estar exposta en exterior.
Co lema “Eu querer, quérote ben...” , o Concello de Allariz organiza as súas IX Xornadas para a igualdade entre homes e mulleres, nas que se abordarán as relacións de amor entre as persoas, a través de diferentes actividades ao longo do mes de marzo. As xornadas foron presentadas pola concelleira de Benestar Social, Pilar Gallego, e a técnica de Igualdade Ana Pérez Cardoso, que destacaron a importancia de afondar nas relación de bo trato entre as persoas para así poder detectar posteriores accións de maltrato. Pilar Gallego, salientou a importancia da colaboración de diversas entidades e colectivos para a implementación das xornadas deste ano 2013, e agradeceu de xeito especial a participación activa
da Asociación de mulleres Silvardeira, que tivo un importante papel na xornada de inauguración o vindeiro día 8 de marzo, cando se proxectou a curtametraxe “A Asociación Silvardeira sabe a sabugueiro...” Ao longo de tres semanas desenvolveranse actividades moi variadas, destacando os obradoiros para o alumnado do instituto de Allariz, así como talleres con mulleres e videoforums, ate a clausura, que terá lugar o 23 de marzo cunha lectura de poemas e unha actuación musical. Programa As xornadas continúan o 14 de marzo na Fundación Vicente Risco, ás 20:30 horas. Proxectarase un audiovisual sobre as mulleres ausentes, ou invisibilizadas pola historia, seguido dun debate. O día 21, no mesmo lugar e hora, proxectarase outro audiovisual, neste caso so-
bre as mulleres guerrillas en Galiza, seguido tamén de debate. No apartado de obradoiros, os estudantes do IES de Allariz serán os receptores de dous: o primeiro deles tivo lugar os días 11 e 12 e o segundo celebrarase o día 20. Tamén se impartirán obradoiros para mulleres, sobre “relacións afectivas e vínculos amorosos”, os días 15 e 22 de marzo, de 16 a 20 horas no salón do Fogar dos Maiores. Para esta actividade é preciso anotarse previamente. As xornadas clausúranse cunha lectura de poemas, unha exposición de libros pola igualdade e o concerto do grupo de música tradicional “Habelas hainas” o 23 de marzo, ás 20:30 horas no Fogar dos Maiores.
As xornadas rematan o día 23 de marzo
12
BARRIOS Marzo de 2013
ALLARIZ E COMARCA
O mercado da Reserva da Biosfera suma un posto de leite ecolóxico
4 O mercado celébrase todos os sábados á mañá na antiga Praza de Abastos de Allariz. Redacción O mercado de horta que se desenvolve todos os sábados na antiga Praza de Abastos, á beira do Arnoia, conta dende a súa última edición cun novo produto elaborado en Allariz á venda: leite ecolóxico. O Concello de Allariz puxo en funcionamento o mercada da Reserva da Biosfera xa fai cáseque un ano, co obxectivo de potencia a venda de produtos locais do sector primario; produtos de horta, marmeladas, embutidos ou queixo do Rexo, entre outros, comercialízanse na actualidade no mercado semanal, aos que se une dende este sábado pasado o leite ecolóxico elaborado en Alalriz. O mercado da Reserva da Biosfera comercializará o leite ecolóxico embotellado dunha explotación gandeira do núcleo alaricano de Torneiros, da empresa Ecoleia. Ademais de vender este alimento directamente, a empresa tamén o comer-
Propoñen crear unha banda de música 4 Ata o 27 hai un período de preinscrición na Casa da Cultura de Allariz. Redacción
A explotación de leite ecolóxico, situada no núcleo de Torneiros, comercializará o seu produto ao Mercado da Reserva da Biosfera./CONCELLO DE ALLARIZ. cializará a través da venda online. A presentación da comercialización fíxose nas instalacións da empresa na aldea de Torneiros, onde se amosou o funcionamento da embotelladora de leite así como das pequenas
neveiras de dispensación directa que porán a disposición de establecementos hostaleiros. Con esta nova incorporación, xa son 13 os postos que conforman o mercado alaricano que todos os sábados á mañá ofrece aos
seus visitantes o mellor da horta dos concellos da Reserva da Biosfera.
No mercado están presentes 13 postos
Coa lembranza dos anos 60, nos que trunfaba a Banda do Quinito, presentouse no Concello de Allariz a proposta que lideran José Manuel Vega e Nieves Llopis para pór en marcha unha banda de música. O Concello porá a disposición deste proxecto o local social de Roimelo no que desenvolverán a actividades, así como o material básico para o seu inicio. A idea deste proxecto é constituír un grupo de persoas con inquedanzas musicais, e non está dirixido só a cativos, senón a todas as persoas que xa están iniciadas na música ou que queiran iniciarse. Apertura das inscricións Inicialmente haberá un período de preinscrición que se canalizará a través da Casa da Cultura e
será do 8 ao 27 deste mes de marzo, posteriormente haberá unha xuntanza informativa para definir as modalidades que se impartirán. A intención, tal e como comunicaba José Manuel Vega, é a de impartir, vento – metal, vento - madeira e percusión. O alcalde de Allariz, Francisco García, destacaba o apoio a este proxecto que vén a completar a oferta que xa existe nestes momentos, coas diversas actividades da escola municipal de música así como outras xa exitosas como a escola de percusión da Casa da Mocidade.
Os promotores da banda queren impartir as modalidades de vento-metal, vento-madeira e percusión
PUBLICIDADE
BARRIOS Marzo de 2013
13
14
BARRIOS Marzo de 2013
EN BREVE
4 Cambio de titularidade da OU-313 O Consello da Xunta de Galicia aprobou o decreto de cambio de titularidade dun treito de algo máis dun quilómetro da estrada OU-313, a prol do concello da Bola. Concretamente no núcleo rural de Rairigo, desde o punto quilométrico 6,500 ata o 7,730, final do municipio. A cesión facilitará a tramitación de permisos de edificacións nas súas marxes, así como a construción de infraestruturas e servizos urbanos. A entrega da vía formalizarase no prazo de dous meses seguintes á publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A partir de entón, o Concello asumirá a súa titularidade e mantemento.
4 Curso de galego O Concello de Celanova e a Secretaria Xeral de Política Lingüística organizan unha nova edición dos Cursos de Galego preparatorios para a obtención do nivel Celga 2. O inicio do curso terá lugar o día 18 e o prazo de inscrición (hai un máximo de 30 prazas) remata o venres 15. O curso é de carácter gratuíto e ten unha duración de 75 horas lectivas, impartíndose en horario de 20 a 22 horas nos locais da antiga Biblioteca (nos baixos do Concello).
4 Dimite un edil socialista de Celanova O socialista Francisco Javier Fernándéz Pulido anunciou a súa renuncia como concelleiro en Celanova aducindo motivos persoais. Será substituído por María Jesús Miranda, “unha muller moi traballadora e recoñecida socialista de Celanova”, en palabras da voceira do PSdeG na vila, María José Boo. A voceira socialista agradécelle a Fernández Pulido a súa colaboración nesta lexislatura e afirma que ten “as portas abertas” nesta formación política.
CELANOVA E COMARCA
Celanova ofrece a mellor evolución do paro desde o comezo da crise, situándose no 20,7%
4 Segundo os datos do informe do Observatorio Económico Ourensán da comarca Terra de Celanova. Redacción Segundo as conclusións do Observatorio Económico Ourensán da comarca Terra de Celanova elaborado pola Deputación, Celanova é, das vilas da provincia, a que tivo unha mellor evolución do paro desde o comezo da crise, situándose no 20,7% entre 2008 e 2012. Malia todo, Terra de Celanova é unha das comarcas máis prexudicadas pola crise no que atinxe á perda de centros de traballo, situándose só por debaixo de Terra de Caldelas (10%). Nestes catro últimos anos a comarca perdeu un 7,72% de unidades locais, pasando de 1.257 no ano 2007 a 1.160 no 2012. Pola contra, hai dous concellos da Terra de Celanova que tiveron un gran crecemento en unidades locais neste período, trátase da Bola (14,9%) e Quintela de Leirado (16,7%). Sen embargo, é de salientar que a correlación entre crecemento das unidades locais e os bos datos de paro e afiliacións non se cumpre, xa que
estes dous concellos destacan entre os municipios con maior perda de afiliacións e con maior incremento de paro rexistrado. O resto de concellos tamén perderon unidades locais. En Celanova, cabeceira de comarca, na que se concentran o 40,3% das empresas, o descenso de centros de traballo foi do 4,35%. Con menor perda só se atopa Pontedeva (-2,1%), e o resto de municipios superan á cabeceira de comarca: Gomesende (-9,8%), A Merca (-10,6%), Ramirás (12,4%), Cartelle (-12,8%), Padrenda (-15,8%) e Verea (-29,6%). Evolución do paro Cun 20,7% de paro entre 2008 e 2012 a Terra de Celanova só era superada pola Baixa Limia. Esta situación cambiou neste último ano pasando a ser a cuarta comarca con maior índice de paro, por debaixo de Terra de Caldelas (20,8%), Trives (20,7%) e Carballiño (13,8%). Sen embargo, entre as vilas máis poboadas da provincia no período 2008 e 2012 a mellor evolución do paro dase en Ce-
O alcalde de Celanova, o presidente da Deputación e o xerente do Inorde, na presentación dos datos do Observatorio Económico, no salón de plenos do concello celanovés. lanova, cun 20,7%. Por concellos, o que mantén unha situación máis precaria é o da Merca, que entre 2008 e 2012 tivo unha taxa de paro do 47,5%, e só baixou ao 46% no último ano. O único concello que experimentou unha suba foi o de Ramirás, que pasou do 15,2% (2008-1012) ao 18,6% (2011-2012). Os mellores comportamentos corresponden a Padrenda (7,7%), Ramirás (15,2%), Cartelle (17,4%), Pontedeva (18,6%) e Verea (20,3%); e
os peores rexistros á Merca (47,5%), Quintela de Leirado (35,6%), Gomesende (25,5%), A Bola (21,1%) e Celanova (20,7%). Afiliacións á Seguridade Social Coas únicas excepcións de Pontedeva (-4%) e Celanova (-8%), no resto de concellos da comarca da Terra de Celanova a perda de afiliacións á Seguridade Social superou o 10% no acumulado destes catro últimos anos. É a comarca na
que baixou máis o número de afiliacións de toda a provincia. Entre 2008 e 2012 tivo unha perda do 12,7%, e no último ano, ata setembro de 2012, amosa o maior descenso intaranual, cunha baixada do 5,8%. A media da provincia baixou un 3% e a de Galicia un 2,8%.
Terra de Celanova é a comarca na que máis baixaron as afiliacións á Seguridade Social
Diminúen as infraccións penais 4 Nos dous primeiros meses de 2013. Redacción Unha lixeira redución no número de infraccións penais foi o dato máis salientable da última reunión da Xunta Local de Seguridade de Celanova. Nesta xuntanza, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, analizáronse os datos relativos á delincuencia na comarca durante o ano 2012 e principio de 2013. O total de
infraccións penais nos dous primeiros meses de ano, 25, supón unha diminución con respecto ao mesmo periodo do ano 2012, 28. Na reunión, os representantes das diferentes Forzas e Corpos de Seguridade e Policía Local foron dando conta dos informes en materia de seguridade cidadá e fixeron fincapé na importancia de colaboración entre os distintos corpos. Coa presenza na súa primeira Xunta Local de Seguridade, José Luis Ferro, amosou a súa disposición
O subdelegado do Goberno presidiu a Xunta Local de Seguridade de Celanova. de colaboración da entidade local con todas as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, “como así viña acontecendo dende sempre”.
Pola súa banda, o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, agradeceu a disposición do novo alcalde de Celanova e indicou que “os cidadáns agardan un esfor-
zo permanente, na defensa dos seus intereses e nós estamos nesa liña; polo que os datos amosados hoxe nesta Xunta Local de Seguridade así o avalan”.
CELANOVA E COMARCA
BARRIOS Marzo de 2013
15
A empresa R, premiada co “Casa de Poetas” 4 Recoñecemento ao seu compromiso co noso idioma e cultura. Redacción A Fundación Curros Enríquez recoñece ao grupo R co premio “Celanova, casa dos poetas”. O Padroado da Fundación quere recoñecer así o compromiso que dende a súa fundación, no ano 1998, R ten mantido co noso idioma, coa nosa cultura e coa nosa terra, “desexando lanzar con este recoñecemento unha mensaxe de futuro para a nosa lingua, por entender que Galicia e o galego poden e deben ser ferramentas válidas a todos os efectos no complexo ámbito da enxeñería das comunicacións e na inmensa rede da globalización”. O galardón, que foi acordado por unanimidade de to-
dos os patróns asistentes á reunión, salienta “a semellanza que para o futuro supuxo a chegada a Ourense da primeira locomotora, co significado que hoxe teñen para o noso propio futuro as novas tecnoloxías da comunicación”. Ademais da entrega do premio, o segundo gran acordo alcanzado polo colectivo cultural currosiano foi a decisión de promover entre a sociedade civil galega a constitución da ‘Asociación de Amigos e Protectora da Real Academia Galega’, tomando así o testemuño do labor a prol do galego de Curros Enríquez en favor da creación, hai máis de cen anos, desta entidade.
O bispo de Ourense, xunto aos rapaces participantes no concurso escolar sobre San Rosendo.
Celebración do San Rosendo en Celanova Celanova acolleu o 1 de marzo as celebracións na honra do seu patrón, San Rosendo. Tras unha procesión coas reliquias do santo e a celebración da Eucaristía na igrexa celanovesa, presidida polo bispo de Ourense, Monseñor Leonardo Lemos; tivo lugar a entrega do premio Manuel Iglesias da Academia de Estudos de San Rosendo. O galardoado foi o investigador e franciscano José García Oro. O acto continuou co reparto de premios aos participantes no concurso escolar sobre San Rosendo. A celebración rematou coa intervención da coral Solpor de Celanova e da Schola Gregoriana Lucensis. Con motivo desta festividade, o Concello de Celanova organizou toda unha semana de actos culturais, na que destacaron as xornadas de portas abertas á torre das campás do mosteiro de San Rosendo, así como dúas andainas polo Camiño de San Rosendo. De feito, realizouse unha recollida de firmas para solicitar á nova Axencia Galega de Turismo que recoñeza o Camiño de San Rosendo como parte do Camiño de Santiago, na que tamén asinaron os alcaldes dos concellos polos que pasa a ruta.
16
BARRIOS Marzo de 2013
CLASIFICADOS /SERVIZOS
Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, A.M., S.N., Andrés Diz Nº76 / 12- Ano: VIII - Marzo 2013 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.
4TELÉFONOS DE INTERESE
4CLASIFICADOS
ALUGUER/VENDA Alugo apartamento en Montalvo de 1 e 2 cuartos, con xardín e barbacoa, para fins de semana, semanas e quincenas. tel. 607 27 19 16. Vendo apartamento de 2 habitacións en Vigo, fronte á praia. Tel. 636 422 497. Busco finca en aluguer de renda baixa para cultivar nos arredores da Valenzá, Barbadás. Tel.988 546 006. Vendo dous terreos de 7.600m2 cada un, en Xinzo na zona Parque da Telleira con accesos pola rúa San Sebastian ou avenida de Madrid.Poderiase ver sin problema. Tel. 622 82 84 47. Alugo praza de garaxe en Vigo (zona céntrica) Tel: 679 040 604. Vendo casa en Nogueira de Ramuín por 15.000 euros. Tel. 988 24 60 96 e 664 11 80 65. Vendo apartamento con garaxe na praia de Patos, Nigrán. tel. 679 04 06 04. Alugo casa a 1 Km de Allariz. Bo prezo. Tel 686 540 087 Alugo piso grande e novo en Xinzo, tel. 671 033 606. Alugo local de 30 m2, apto para comercio ou oficina, na rúa Progreso (galerías Miño). 200 euros/ mes máis 10 de comunidade. Tel. 606 569 228 Alúgase en Ourense unha habitación en piso compartido totalmente equipado, preferentemente a chicos. Económico. Tel. 988 21 34 60 e 600 003 285.
EMPREGO Límpanse fincas e pódanse árbores e viñas. Tel. 699 00 83 55. Ofrécese chico para traballos de xardinería de todo tipo, con carné de carretilla. Tel. 645 81 81 92. Pintor, realizanse traballos de pintura economicos, rapidos con total seriedad y limpieza llamenos presupuesto sin compromiso TLF: 627 775 849. Ofrécese chica para traballar, con informes. Tel. 988 25 86 34. Ofrécese señora para coidar persoas maiores ou nenos, todo o día, tanto en fogar como hospitais. Con experiencia e informes. Tel. 988 24 60 96 e 664 11 80 65. Ofrécese señora responsable para traballar por horas, en Xinzo, con experiencia en coidado de persoas maiores, tarefas do fogar, limpeza de portais, escaleiras e bares, tel. 988 68 09 72. Ofrécese señor responsable e traballador para limpeza de garaxes, escaleiras, portais e bares, e reparto de publicidade. En Xinzo. Tel. 634 654 985. Ofrécese señor responsable para calquera traballo de granxa, xardinería, podar, limpeza de fincas. Tamén sabe utilizar máquinas. Camarero. Tel. 635 787 724. Acuarios. Ofrécese persoa con experiencia para mantemento e coidado de acuarios, aporte de solucións a problemas de forma económica, consulta 667 843 753 (de 14 a 18 h.)
Desbrózanse fincas e fanse portes. Tel.: 656 940 550. Nai e filla con título de auxiliar de enfermería buscan traballo en Celanova, Allariz ou OUrense, en coidado de persoas maiores ou nenos, fogar ou residencia. Dispoñibilidade horaria e con carné de conducir. Tel. 662 91 76 51. Ofrécese persoa para coidar persoas maiores e rapaces.Tamén de noite. mign@live.com.Tel:697 865 710. Ofrécese señora de 50 anos responsable para traballar por horas ou todo o día en Xinzo e comarca, coidando persoas maiores, nenos, limpeza de fogar, escaleiras ou bares. Tel. 625 40 30 49. Faise terapia de Reiki. Prezo económico, con titulación. Tel.609 039 225.
VENDAS
Vendo galos de Mos, Tel 988 24 89 67 e 677 02 37 36. Vendo vestido de noiva seminovo, branco con pedrería, a bo prezo. Tel. 676 948 475 Vendo sofás 3+2, caldeira calefacción gas cidade e botelleiro para bar. Tel. 637 00 59 10. Vendo estanterías metálicas. Tel. 988 47 08 55. Vendo dereitos da PAC. Tel. 626 07 37 51 Véndese canapé de madeira tapizado de 135 cm con patas de madera e de regalo o colchón de muelles, gran calidade e seminovo, 230 euros Tel. 637 756 687. Vendo silla xemelar pareada, de 0 meses a 15 kg, perfecto estado, 200 euros. Tel. 699 868 091. Véndese vestido de comuñón, talla 105, bo estado, tel. 653 685 359 e 988 21 12 61 Véndense máquinas recreativas (modelos vellos), máquinas de dardos, máquinas expendedoras de tabaco e demais elementos afíns, etc. Máis info: forxanforxan@ gmail.com. Vendo bolso Guru 30 euros. Tel. 676 928 138. Vendo botas nº 40, 12 euros. Tel. 647 272 198. Vendo radiador de ferro lacado en branco, como novo. Tel. 988 28 00 26. Vendo estanterías de almacén 1x0,70 e caixa forte 59x49, bo estado e bo prezo. Tel. 988 47 08 55 Vendo Suzuki 4x4. Económico. Tel.: 671 103 243 / 674 561 230. Vendo bicicleta 150 euros, telf 647 272 198. Vendo Nokia n70 de Vodafone, 30 euros, telf 676 928 138. Vendo leña de carballo. Tel.: 656 940 550. Vendo vestido de noiva seminovo por 600 euros. Tel. 988 25 59 63 Vendo traxe de comuñón, 200 euros. Tel. 988 25 59 63 Vendo quentador de auga eléctrico 50 l, 150 euros. Tel. 988 25 59 63 Vendo vestido de noiva, modelo Donaire da colección Glamour 2013 de Pronovias, talla 34. Con cancán, veo, cinturón e funda. Tel: 607 905 215. Vendo discos de vinilo. Tel. 698 174 374
Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada
4CLASIFICADOS [Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados de maneira gratuíta no 988 239 634 ou en info@ourenseporbarrios.com] 4CARTAS AO DIRECTOR [Envíanos as túas cartas ou fotodenuncias a info@ ourenseporbarrios.com, ou a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense]
988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258
Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)
988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222
DEPORTES
Catro podios para AD Limia O Campionato Galego de campo a través escolar XOGADE celebrado en Guitiriz, Lugo, deixou para a expedición ourensá seis podios. 115 escolares de toda a provincia acudiron ao campionato disputado o pasado 23 de febreiro nas categorias alevín, infantil e cadete. Os seis podios acadados polos atletas ourensáns foron o campionato gale-
go para o equipo infantil da AD Limia; o subcampionato por equipos do Ourense Atletismo en cadete masculino e as terceiras posicións do Ourense Atletismo en infantil feminino e da AD Limia en alevín masculino. Tamén se logrou de xeito individual a segunda posición do infantil para Ziag Nagihi (Ad Limia) e o subcampionato en alevín masculino para Saib Abdoun (Ad Limia).
4 Xadrez
Saída da proba absoluta da carreira da Merca /CONCELLO DA MERCA.
Preto de 200 atletas na popular da Merca 4 O 3 de marzo disputouse a 22ª edición desta carreira. Redacción A 22ª edición da carreira popular da Merca celebrada o pasado 3 de marzo congregou preto de 200 atletas de todas as idades. En categoría escolar Manuel Prieto (Limiactiva) foi o máis rápido, seguido de Daniel Castillo (Limiactiva) e Pablo
Parrilla, segundo e terceiro respectivamente. En categoría feminina, Jimena Salgado (Ourense Atletismo) entrou de primeira na meta; segunda foi Nuria Pazos e terceira Lucía Álvarez. Os menores percorreron unha distancia de 3.000 metros. Proba absoluta Na proba absoluta, Pepe
Márquez (Veteranos Ourense) foi o máis rápido ao empregar un tempo de 34:14 en completar os 10 quilómetros; seguírono no podio, José Paz (Veteranos Ourense) con 35:53 e o compañeiro de equipo Saturnino González (36:13). En mulleres, a corredora do Esprintes Ourense, Silvia Rodríguez realizou os 10.000 metros en 44:00 minutos, sendo a primeira en sobrepasar a liña de meta. Montserrat Álvarez (47:07) foi segunda, e a atleta do Burgas Atletismo, Ana Belén Losada, terceira cun tempo de 49:01 minutos.
Podio da AD Limia en categoría infantil.
O Pozo do Demo, o 24 de marzo
Márquez e Teijeiro, os máis rápidos na Limia
4 A proba disputarase nas modalidades de andaina e carreira.
4 Na sexta edición dos 10 Qm Vila de Xinzo. R. Torres
R.T.
villón dos deportes.
O domingo 24 de marzo é o día elexido para que teña lugar a terceira edición do Pozo do Demo. Andaina ou ben carreira polo monte son as dúas posibilidades que teñen os que queiran participar neste evento deportivo por terras verinesas. A inscrición está aberta ata o 20 de marzo. Cada participante deberá abonar dous euros a pagar cando se recolla o dorsal, que se poderán recoller o venres 22 ou o sábado 23 en Multisport (pola mañá) ou o domingo 24 (día da carreira) no pavillón de deportes de Verín.
Carreira de Monte A carreira de montaña dará comezo ás 11:30 horas no Balneario de Cabreiroá. A chegada, despois de percorrer 11,4 quilómetros, será no pavillón de deportes de Verín. Os trofeos repartiranse a partir das 13:15 horas no propio pavillón. [+ info nos teléfonos 988
O domingo 10 de marzo disputouse a sexta edición dos 10 Qm Vila de Xinzo de Limia, onde Pepe Márquez e Sonia Teijeiro foron os máis rápidos. A nefasta metereoloxía fixo que algúns dos inscritos non se presentaran, pero aínda así participaron preto de 400 atletas. Na primeira carreira, Miriam Opazo e Jesús Álvarez gañaron en categoría cadete e Ziad Nagihi e Jimena Salgado fixérono na categoría infantil. Na segunda carreira, Carlos González e Helga Rodríguez foron os primeiros en benxamín, e Said Abdoun e Miriam Cerdeiriña fixeron o propio en alevín. A última carreira, a absoluta, discorría coma nos últimos anos sobre un circuíto de 10 quilómetros homologados pola RFEA. Os campións desta
Andaina A andaina dará saída a partir das 9.30 horas e percorrerá unha distancia de 18 quilómetros. A saída e chegada terán lugar no pa-
411 140, 988 414 423 e 600 410 018]
Proba do 2012. /ARQUIVO.
17
EN BREVE
4 No Cross Autonómico XOGADE. R.T.
BARRIOS Marzo de 2013
O domingo 17 de marzo celebrarase o II Encontro de xadrez Chaves - Verín. O lugar do evento será na praza da Merced de Verín e as inscricións, que estarán limitadas, serán gratuítas. O período de inscrición de rematará o 15 de marzo ou ata o mesmo día da competición se houbera prazas dispoñibles. Xogarase mediante o sistema suízo a sete rondas e cun tempo máximo por xogador de 10 minutos por partida. Os encontros comezarán ás 15.30 horás e prolongaranse ata ás 19 horas, cando se realice a entrega de diplomas.
4 Deporte no San Lázaro A Feira do Lázaro do Verín inclúe a realización de diversas actividades deportivas os días 16 e 17 de marzo. Son o IV Torneo San Lázaro Intercentros de Fútbol-7, o Torneo de Natación do Lázaro, o IV Torneo de Fútbol de Veteranos e o II Torneo de Xadrez Chaves-Verín. Estas actividades serán o día 16 tendo lugar o fútbol-7 e fútbol veteráns no complexo deportivo da Granxa, e o torneo de natación na piscina climatizada.
4 Desafío de artes marciais
Sonia Teijeiro vence en Xinzo de Limia por uns metros a Iria Fernández. /RAMSÉS. edición foron José Manuel Fernández Márquez e Sonia Teijeiro (os dous do Veteranos de Ourense). En categoría masculina, Márquez sacou unha notable vantaxe (30 segundos) con respecto ao segundo clasificado, Óscar Ramos; terceiro foi José A. Veloso. En mulleres a cousa estivo máis reñida, xa que Teijeiro
aventaxou en tan só tres segundos a Iria Fernández; no terceiro lugar rematou Silvia Teijeiro. Pitufos Debido á forte choiva a carreira dos pitufos celebrouse no interior do pavillón de deportes. Todos os participantes recibiron a súa medalla.
A Fundación Cipri Gomes organiza o primeiro campus “Desafío Puertas de Galicia de Artes Marciales” para rapaces do 23 ao 27 de marzo, unha actividade que se realizará no Centro de Tecnificación Deportiva, Formación e Ocio de Viana do Bolo. Unha grande oferta de ocio e tempo libre (obradoiros de manualidades, de ocio e informática, visitas culturais, sendeirismo, competicións deportivas, xogos de campamento e veladas), ademais de clases de artes marciais (kickboxing, hapkido, wushu e karate). O campus oferta 25 prazas para menores de entre 6 e 13 anos. [+ info no 988 329 283 e centroviana@fundacionciprigomes.com]
18
BARRIOS Marzo de 2013
IMAXES DO MES
5 Borja, o presentador Adrián e Alejandro cos invernadoiros de cogomelos ao fondo. 3 Abel, o congrio e Eliseo.
Congrio xigante
4 As comparsas dos Felipes e dos “cuatreros” de Verín.
Eliseo Penín Rodríguez, profesor de trompeta no Conservatorio Profesional de Xinzo de Limia, volveu de pescar do espigón de Portosín cun congrio de tamaño extraordinario. Eliseo precisou a axuda dos seus compañeiros de pesca Jose e Abel e uns longos minutos de loita para conseguir sacar á terra o exemplar, de 2,10 metros e 28 quilos de peso.
Os “Larpeiros” visitan Celanova
O popular programa culinario “Larpeiros” da TVG visitou as instalacións da explotación “Pan do Demo” de Pontefechas (Celanova), dedicada ao cultivo de cogomelos. O menú do programa, emitido o 27 de febreiro, consistía en xarrete con champiñóns polo que o presentador, Adrián, acudiu a Celanova para coñecer de primeira man como se cultivan estes froitos na explotación da familia Mínguez, organizadora desde hai 28 anos as Xornadas Micolóxicas de Celanova.
Actuación estelar en Verín
Debido ao gran éxito do Entroido, as comparsas dos Felipes e dos ‘cuatreros’ están pensando en repetir actuación na praza Maior de Verín. A data está por confirmar… A comparsa dos Felipes, unha das máis antigas do carnaval verinés, non deixa de sorprender, e nesta pasada edición, amenizou musicalmente a festa na vila do Támega. Conforman este grupo Odette de Óptica Federópticos, Chimino de Viños e Augardentes das Chas, Pepiño de Mecanizados Cid, Milucho de licores e augardentes da Canella Cega, Carrasco de Electricidade e Master, e Vicente de Mobles e Complementos Támega. A agrupación mantén unha sana rivalidade cos ‘cuatreros”, grupo do que forman parte Jorge de música e eventos, Rufo, de xardíns artísticos, Bouzo, da axencia de detectives e Cesteiro do pub Revolver.
IMAXES DO MES
O restaurente do menú dos concellos de Riós e Verín, ao cargo de Asador’s Jose, foi un dos máis concorridos da feira Xantar. /RAMSÉS.
Intensa actividade en Xantar A feira Xantar pechou as portas na tarde do domingo 10 de marzo logo de cinco días de intensa actividade, durante os que os profesionais do sector e o público xeral volveron mostrar a súa fidelidade a esta cita. Nesta 14ª edición, o Salón Galego da Gastronomía e Turismo mantivo o número de visitantes de anteriores edicións, máis de 20.000, e conseguiu aumentar a cifra de comidas e ceas ofrecidas polos 19 restaurantes presentes, superando as 17.600. As máis de 150 actividades do programa foron seguidas por máis de 6.000 participantes, na meirande parte profesionais do sector. Houbo exhibicións de cociña en directo, así como catas comentadas e degustacións ofrecidas polos expositores. A D.O. Monterrei, o Plan de Dinamización “Puertas de Galicia”, o Inorde ou o Concello de Xinzo estiveron presentes con stand propio na feira, celebrada no recinto de Expourense.
BARRIOS Marzo de 2013
19
O irmán do escritor, Javier Casares, o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, e o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, descobren a praca da “Aula de Estudo Carlos Casares” da Casa da Cultura de Xinzo./RAMSÉS.
Homenaxe a Carlos Casares Con motivo do 11º cabodano do falecemento de Carlos Casares, o Concello de Xinzo e a Fundación Carlos Casares organizaron unha nova homenaxe en recordo do escritor limiao. Desta volta consistiu na descuberta dunha praca conmemorativa na casa familiar na que vivíu Carlos Casares durante a súa infancia en Xinzo, e na inauguración da “Aula de Estudo Carlos Casares” na Casa da Cultura da Vila. Nesta aula estarán a disposición pública as obras do escritor. A homenaxe tivo lugar o sábado 9 de marzo, e nela participaron o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, o alcalde e concelleiros de Xinzo, e o irmán do escritor e presidente da fundación que leva o seu nome, Javier Casares.
20
BARRIOS Marzo de 2013
AXENDA / ESPECIAL
4AXENDA Exposicións - Ata o 16 de marzo “Descubre as cooperativas” - Casa do Escudo de Verín - Ata finais de marzo Pinturas de Teresa Barrios - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía - Ata o 1 de abril - “Circuíto de creatividade” Sede da Eurocidade - Feces de Abaixo, Verín - Desde o 19 de marzo - “Dúas olladas”, Xosé Rivada e Armando Martínez - Casa do Escudo de Verín Cine - 14 de marzo - “La obsesión” - 22:15 h. - Casa da Cultura de Verín - 21 de marzo - “Todas las mañanas del mundo” 22:15 h. - Casa da Cultura de Verín - 28 de marzo - “Faraón” - 22:15 h. - Casa da Cultura de Verín Música - 16 de marzo - Actuación de Gelsomina Menouncuarto - 18 h. - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía - 22 de marzo - Dúo acordeón e violín “Comisa Bal” - 20:30 h. - Praza Maior de Allariz Outros - 15 de marzo - Presentación do libro “O códice do santo lugar” de Pere Tobaruela - 20:30 h.- Fundación Vicente Risco, Allariz - 22 de marzo - Entrega da 2ª ed. do Premio “Ouro azul” a Serafín González, presidente da Sociedade de Historia Natural - 20 h. - Auditorio de Celanova - 23 de marzo - Conta-
contos con Anxo Moure - 18 h. - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía - 23 de marzo - Espectáculo “Burro-máquina” de Inacio Vilariño - 18:30 h. - Praza dos Carbóns de Allariz - 23 de marzo - Ugia Pedreira e Óscar Fernández - 22:30 h. - A Corte dos Bois, Santa Ana, Sandiás - 24 de marzo - III Andaina-Carreira Pozo do Demo - Desde as 9:30 h.Verín - 30 de marzo - Conversas poéticas con Rochi Novoa e Miguel Ángel Alonso - 18 h. - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía Feiras e festas -16 e 17 de marzo - Feira do Lázaro en Verín - 23 de marzo, 3 e 11 de abril - Feira en Verín - 23 de marzo - Feira en Rairiz de Veiga - 27 de marzo e 14 de abril - Feira en Xinzo - Primeiro domingo de mes - Feira en Porqueira - Terceiro domingo de mes - Feira en Ramirás - Todos os xoves - Feira en Celanova - Todos os sábados á mañá - Mercado da Biosfera na Praza de Abastos de Allariz - 1 e 15 de abril - Feira en Allariz - 6 de abril - Feira en Sarreaus - 8 de abril - Feira en Baltar - 9 de abril - Feira en Vilar de Barrio www.mundourense.com
Maraxe aposta pola moda española
Un dos salóns do hotel-restaurante Os Caracoles.
Hotel Restaurante Os Caracoles Neste establecemento hostaleiro da Derrasa dispoñen de menús acordes a cada evento Hotel Restaurante Os Caracoles fíxose un oco no sector desde hai 18 anos. A súa cociña podería definirse como rexional e moi elaborada, destacando como especialidades da casa as carnes da comarca e o bacallau. Múltiples e moi variados son os seus servizos: servizo de cafetaría con almorzos, petiscos e tapas galegas; servizo de restaurante, con diversidade de pratos típicos da zona e salóns con posibilidade de celebracións de eventos como vodas, comuñóns, bautizos e outros con múltiples asistentes; servizo de aloxamento con 14 habitacións, con
cama individual ou dobre, conexión internet, TV, calefacción e auga quente. Ademais, dispón dun amplo aparcadoiro exterior con acceso para minusválidos e ascensor. A cafetaría de Hotel Restaurante Os Caracoles permanece aberta de 7 da mañá a medianoite e o comedor do restaurante de 13 a 16 e de 21 a 24 horas.
Variedade de menús Destacamos que dispoñen de menús acordes a cada evento que o cliente desexe celebrar nas súas instalacións. Ademais, diariamente, hai menús a partir de 18 euros. Os Caracoles caracterízase polo seu trato amable e persoal co cliente, que acaba converténdose en amigo da casa.
Dispoñen de salóns con posibilidade de celebración de eventos como vodas, comuñóns, bautizos... Reservas:
Tel. 988 380 165 A Derrasa s/n - Pereiro de Aguiar
Moda española de calidade para mulleres de todas as idades é o que ofrece Maraxe, unha tenda que vai facer oito anos aberta na rúa Doctor Pedro González de Verín. Das súas estanterías colgan prendas das macas Amatrichi, Hongo, Riverside, Señorita Mc Gee, Van-Dos, Over 16 e Creasur, con liñas tanto de roupa máis causal como outras máis acaídas para festas e celebracións. E coas posibilidades que ofrece unha gran variedade en tallas, desde á 36 á 54, para que ningunha muller se quede sen a súa prenda favorita. Neste avance de tempada, as marcas ofrécenos moitos vestidos en algodón, sendo os cores que triunfarán esta primavera o verde e o coral. Descontos Complementos e bolsos da firma Robert Pietri completan o surtido de Maraxe, que oferta estes días descontos do 10% na compra dunha prenda e do 20% se adquires dúas ou máis prendas.
Estamos en: r/ Doctor Pedro González - Verín Tel. 988 41 05 48
ESPECIAL
Komodamoda, moda en talla grande para xente sen complexos Estilo e comodidade en roupa de festa é o que ofrece Komodamoda a aquelas que queren estar a última con pezas comodas e deseños actuais, independentemente da talla que se necesite. Para esa ocasión especial en Komodamoda podes atopar unha nova colección en vestidos tanto curtos como longos e tamén prendas que sexan máis poñibles. E o máis importante é que quen a leva se sinta cómoda e ela mesma durante todo a celebración.
Estamos en: r/Cabeza de Manzaneda, 2 - Ourense Telf: 988 254 359
Colección de corpiños Nesta nova tempada engadimos ademais como novidade unha colección preciosa e moi feminina de corpiños e corsets, con boa talla, que estilizan a figura e pódense pór nunha festa e logo seguir utilizando cun vaqueiro mono, un bo tacón e saír un sabado á noite coas amigas... E para o día a día, en Komodamoda atoparedes un amplísimo surtido
BARRIOS Marzo de 2013
21
Foto Dacal, especialistas en reportaxes de vodas
Arriba e á esquerda, tres modelos de festa dispoñibles en Komodamoda. en moda vaqueira que chega até a talla 70, con pantalóns e cazadoras moi xuvenís. Veñen con moita forza as lonetas en cores fucsias, verdes, azuis, e logo para acompañar camisetas, sobre todo de algodón, que é o que máis demandan as nosas clientas pola súa gran calidade e durabilidade, con deseños, bordados e debuxos moi
favorecedores. Veremos moitos vestidos nesta nova tempada primaveral con blondas, encaixes, estampados e as cores que tanto nos alegran a vista. Lembrarvos que a nosa tallaxe é moi completa, até a talla 70, para que todo o mundo atope o que necesita e se sinta a gusto co que leva.
Os irmáns Gonzalo e José Luís Dacal de Castro rexentan Foto Dacal, un establecemento que leva 55 anos en Xinzo da Limia, aínda que son cuarta xeración dunha familia que leva máis de 100 anos dedicándose ao apaixoante mundo da fotografía. Foto Dacal abrangue todo tipo de servizos tanto en fotografía como en vídeo. Tamén son expertos en fotoacabado como marcos, laminados, etc. Inclusive traballaron en campañas de fotografía aérea. A súa especialidade son as reportaxes de vodas, o retoque fotográfico e a foto de estudo. A calidade é un elemento constante en todos os seus traballos, un elemento esencial en todos os servizos de Foto Dacal.
Estamos en: r/ San Roque, 39, Xinzo Tel. 988 460 251
22
BARRIOS Marzo de 2013
ARTIGOS
A cidadanía da Limia está viva! En menos de dous anos os cidadáns da comarca da Limia, deron unha lección de como, cando hai unión e se reivindican causas xustas, é posible cambiar decisións desafortunadas das intitucións. Primeiro foi unha iniciativa do alcalde de Xinzo de instalar unha incineradora neste concello para queimar todo o lixo que se produce no sur de Galicia, a que fixo que a veciñanza reaccionara, que as organizacións políticas, agás o PP, se uniran e conxuntamente se opuxeran a aquela idea absolutamente descabelada que, de levarse a cabo, so provocaría contaminación e traería atraso e miseria a unha das comarcas máis ricas e máis dinámicas de Galicia. Recentemente foi a posibilidade de que unha explotación a ceo aberto de feldespato, que ocuparía terreos pertencentes a varias aldeas do Concello de Xinzo, a que puxo en “pé de guerra” aos veciños e, novamente, co apoio de sindicatos agrarios, organizacións ecoloxistas e partidos políticos parece que unha vez máis a batalla da defensa do territorio, dos sectores produtivos básicos ligados a producción de pataca e cereal e a protección do noso medio ambiente, se pode gañar e que polo tanto as administraccións responsables, Xunta de Galicia e Concello de Xinzo, as dúas gobernadas polo PP, non lle concedan os permisos precisos á empresa promotora para levar a cabo un proxecto que non xeraría nin riqueza nin postos de traballo, senón que o único que produciría sería á destrución do territorio e prexuízos para os seus habitantes. Certo é que esta guerra aínda non está gañada pero o que é verdade é que xa se gañaron algunhas batallas importantes grazas a implicación, concienciación e boa organización dos máis directamente afectados. Como limiao non podo máis que sentirme orgulloso do comportamento dos meus veciños en defensa do noso territorio e do noso
4CARTAS AO DIRECTOR
4DESDE A PONTE... A MONTERREI
4FIRMA INVITADA
medio de vida; mais queda dar no futuro un paso máis: cómpre que, dunha vez por todas, a maioría dos veciños da Limia aposten, cando é o momento, por forzas políticas que propoñan para a nosa comarca proxectos de desenvolvemento que xeren riqueza e emprego respectando ao mesmo tempo o noso rico e diverso medio ambiente. E para conseguir isto algúns levamos insistindo na necesidade de pór en marcha iniciativas que pechen o ciclo da pataca, desde a producción da semente deica a transformación industrial deste tubérculo que tanta fame “matou” na posguerra e que tanta riqueza leva xerando na Limia nas últimas décadas. Para iso é fundamental a concienciación (mellor calidade que cantidade), e a unión, é preciso constituír canto antes unha gran cooperativa que controle a inmensa maioría da producción de pataca da Limia, que lle faga fronte aos intermediarios, con capacidade para chegar coa producción directamente aos grandes mercados, que poida executar un proxecto para a transformación industrial do producto que non se poida comercializar “en fresco”… Este debe ser o gran motor da economía da comarca, complementado coa producción de cereal, a agricultura ecolóxica, a gandeiría de montaña e o turismo rural. Este é o noso futuro, o futuro non está en incineradoras de lixo nin en minas a ceo aberto de feldespato. Parece que os veciños empezan a entendelo, só falta que as administracións tamén o entendan, e senón… haberá que facerllo entender. Si ou non? Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador en Ourense de Compromiso X Galicia
“O futuro non está en incineradoras nin en minas a ceo aberto de feldespato”
As nosas festas Seguro que todos os rapaces da miña xeración, recordaremos sempre aquelas entrañables festas do Lázaro, que xurdían sen espera, despois do apaixoante e intrépido entroido, que deixaba os veciños tocados, de tanta ‘jarana’, pero que a pouco, ían collendo forzas, para mallar o corpo nos asaltos e verbenas que se facían nas fermosas e populares festas do San Lázaro en Verín. Catro días de xolda, nos que a vila convertíase nuha gran algarabía, onde as actividades culturais xunto coas atraccións e actuacións musicais, acaparaban o interese dos veciños e forasteiros. Era o momento de poder ver algo distinto, sair da rutina do pobo, e sobre todo, gozar, ou sufrir, as variadas ofertas que propuñan os feirantes. Grandes bailes na praza Maior, con orquestras sinxelas, cheas de ilusión, con ánimo de agradar a concurrencia, que abarrotaba as rúas e prazas. En calquera esquina xurdía algo, emerxente e fugaz ao mesmo tempo, como os escurridizos “trileiros” e “carteiristas” de Ponferrada, que facian o agosto coas súas artimañas; algún que outro personaxe local como o “Adolfo” da Rasela, que coa súa botella na cachola facía un corro en calquera recuncho, e co seu número singular xuntaba unhas moedas. Mais aquelas actuacións que viñan do outro mundo eran o mellor, aquelas que nos deixaban aos rapaces e maiores parvos mirando o nunca visto: “a muller araña” ou “o monstruo de Guatemala”. Aquilo era un filón onde os paisaniños deixaban os cinco pesos por ver o que escondían aqueles toldos, cheos de maxia, luces e cores. Tamén foi no Lázaro,
cando aprendimos a guiar un coche con só unha man e marcha atrás para impresionar á rapaciña que tiñamos no corazón, e que se terciaba, podíase dar unha voltiña amorosa na mítica e apaixoante pista “Camarero” cos seus autos de choque. Despois baile, e gastar zapato ao carón da orquestra, con “remude” incluído. Claro, había que compartir! eran tempos! A gastronomía era autóctona e privada, cada quen na súa casa, onde se degustaba o xantar, que as avoas preparaban para os de sempre, e tamén para os invitados que aqueles días enchían o comedor, en familia, gozando ata o atardecer. Tamen no verán fixéronse festas de categoría, quedando especialmente marcada a comisión de festexos presidida polo recordado Antonio Limia Parada, que no 72 fixo un programa de festas que daría que falar na provincia, pola calidade e variedade das actuacións que se poideron presenciar. Sete días de festa rachada e variada. Ainda recordo o desfile das mayorettes de Nimes (Francia) que daquela quedaban os paisanos moucos mirando as perniñas das rapazas malabaristas e os pequenos ollando os bastóns de mando que subían ata o ceo, en “molinillo”, recolléndoos, con arte, sen caer ao chan. Tamén poidemos gozar dun espectáculo taurino nunha plaza portátil, instalada na estrada de Castela, onde actuou a famosa cantante Massiel, daquela recente triunfadora en Eurovisión. Alboradas, pasarrúas, bombas de palenque, feira de exposicións, torneos de-
portivos de todo tipo, tenis, fútbol, tiro ao prato, incluindo un campionato de aeromodelismo, onde o “manitas” Luis Sola “Trocas”, facía voar os seus aparellos con facilidade, deixándonos a máis dun coa boca aberta. Naquel entón unha noviña e fermosa MaríaJesús Queimadelos foi elexida entre varias mozas da vila para exercer de raíña das festas, papel que desempeñou con éxito. O día do auguista, tamén era especial, pola homenaxe que se lle facía ás persoas que se atopaban nos balnearios, daquela en pleno auxe. Hoxe sen dúbida os responsables dos festexos do noso pobo poñen todo o ímpetu para facer o que está nas posibilidades dun presuposto axustado, e seguro que non é doado satisfacer a todos por igual, pero pode que algún deles teña o sabio pensamento de mirar cara á atrás de vez en cando, e recoller unha referencia válida, para executar, nos tempos que corren, experiencias das de antes, que aínda pasados os anos quedaron no recordo de moitos, e que vendo o panorama non desmerecen en nada os festexos actuais, carentes daquela mensaxe principal, que antano tiñan as nosas festas, que era nin máis nin menos, que a referencia cultural dun patrimonio único, como é a idiosincrasia dun pobo, forxada por un aspecto necesario e importante, a xenerosidade das súas xentes. Felices festas! Miguel A. Prieto S. “Chita”
“Aquela mensaxe principal que antanno tiñan as nosas festas, a referencia cultural dun patrimonio único, como é a idiosincrasia dun pobo”
Na memoria de don Emiliano Arias Vén de abandonar o mundo terreal para reunirse no ceo con Xesucristo un sacerdote moi especial, don Emiliano Arias Gómez. Unha persoa que moi nova recibiu a chamada de Deus e sempre tivo presente a súa obediencia a Deus e aos seus superiores. Unha vez ordenado sacerdote exerceu a súa vida pastoral nalgunhas parroquias, logo de ser capelán no Real Mosteiro de Santa Clara en Allariz, pobo no cal ademais de sacerdote exercía de fotógrafo. Segundo me contaron foi durante un tempo párroco en Congostro (Rairiz de Veiga) onde os maiores se acordan de que pedía aos ricos dicindo que o cura pasaba fame para repartilo aos pobres. Despois, por un erro que cometeu, pois ademais de cura era home, destinárono de capelán a un convento de clausura en Allariz. Alí foi un bo sacerdote, respectou as ordes dos seus superiores que lle prohibiron predicar, pois tiña unha visión moi avanzada e futurista. Os que nunha etapa da nosa vida o tratamos somos conscientes da gran humanidade existente no seu ser. Cando abandonou a súa vida pastoral en Allariz foise cara a Verín onde pasou os seus últimos anos. Ali estaba acompañado de amigos, familiares e a súa irmá, unha relixiosa que pasou unha parte da súa vida en misións. Grazas, don Emiliano, por ensinarnos a min e a moitos máis a seguir a Deus. Grazas por ensinarnos o respecto humano. Grazas por ser un sacerdote avanzado ao seu tempo que fai uns 50 anos soubo anticiparse, axudar ao pobre, defender ao pecador, ser ademais de sacerdote un ser humano. Aser García Pereira
Aos afectados polas preferentes Gustaríame dirixirme a todos os afectados polas
BARRIOS Marzo de 2013
ARTIGOS
R
4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA preferentes e subordinadas que no seu día comercializaron Caixa Galicia e Caixanova a moitísima xente na comarca da Limia. Esta xente coma min traballaron duramente tantos anos para ter un recurso para o final da vida. Todos pensabamos que tiñamos os nosos cartos seguros nas caixas de toda a vida e agora atopámonos con que non temos nada. Non hai por que ter vergoña, somos moitos os afectados e na comarca da Limia tan só somos dúas ou tres persoas as que estamos indo ás manifestacións para que se nos dea unha solución. De feito un de nós xa recuperou os seus aforros. Por iso anímovos a que vos unades á plataforma de afectados de Ourense de xeito gratuíto e que entre todos fagamos forza na rúa para reclamar o que é noso. Non dubidedes en contactar comigo no teléfono 663 457 605 ou no 988 46 15 76. Os datos de contacto coa plataforma son os seguintes: 653 082 008, afectadosourense@hotmail. com, http://preferentes.webnode.es/. José González Fidalgo
Carta aberta ao presidente da Xunta
Desde a plataforma “Corno do Monte” queremos solicitar de vostede que obrigue ao cumprimento da lei e o respecto aos nosos dereitos, vixentes neste momento: - Artigo 33 da Constitución Española no que se recoñece o dereito á propiedade e a herdanza. - Artigo 37 da Lei do solo de Galicia 9/2002, do 30/12/2002. Solos rústicos de protección agropecuaria e de protección forestal. O réxime dos solos rústicos de protección agropecuaria e de protección forestal, sen prexuízo do establecido na súa lexislación reguladora, ten por obxecto, respectivamente, preservar os terreos de alta produtividade agrícola, gandeira e preservar os terreos que sustentan masas forestais que deban ser protexidas e igualmente
aquelas cuxa reforestación sexa de interese xeral. Usos prohibidos: os demais, entre eles o apartado 1 e: actividades extrativas, incluida a explotación mineira, canteiras e extracción de áridos ou terras. Ademais, as nosas terras son de alta produtividade agro-gandeira; están dentro dunha concentración parcelaria realizada a partir dos anos 70; recibíronse grandes axudas da Comunidade Europea e de Galicia, así como as nosas propias inversións para modernizalas; dan sustento de forma directa a mais de 100 familias e indirectamente a máis do dobre. Polo que a pesar do que pensa algún técnico da Xunta que nos considera unha cagada de mosca nun mapa (0,008% de que??), nós os veciños desta parte da Limia e outros moitos que nos apoian da nosa provincia, consideramos que unha concesión mineira de calquera tipo sobre as nosas terras sería ilegal, inxusta, inmoral e contra toda ética. Confiando no seu recto xuízo dámoslle as grazas. Plataforma Veciñal Corno do Monte Envíanos as túas cartas a info@ourenseporbarrios.com, ou a r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense, acompañadas de nome completo, DNI e teléfono de contacto]
Como combater a crise? Na forza do optimismo pode estar a chama para o éxito Actualmente as chamadas políticas de austeridade soa por si son contraproducentes, pois fan crecer o desemprego dunha forma inaceptábel e subir a recesión, creando un malestar no tecido social. Xa ficou máis de que probado que austeridade pola austeridade, sen medidas de apoio á economía, non dá gran resultado. Perante este contexto e co descontento social a crecer de día para día, un bo entendemento político e social é primordial no cadro europeo e sobre todo no contexto ibérico. Os gobernantes europeos non poden allearse deste malestar social e dun descontento profundo, que reina en todos os estados europeos. No entanto, esta crise pode ser unha oportunidade para revelar competencias e superar os conflitos. Para alcanzar o éxito é preciso motivación, autoconfianza e sobre todo un traballo árduo. Por iso, os nosos gobernantes, as oposicións e esencialmente os mozos deben levantar as súas voces en común para que os europeos non
sexan empurrados para o abismo. Mozo, non che deixes deprimir coa situación catastrófica orixinada polos políticos incompetentes, mal preparados e corruptos; sae de casa e vai ao encontro das variadísimas culturas que proliferan pola Europa; aí comulgarás ideas novas para o teu futuro, diso estou certo! Os mozos europeos partillan todos das mesmas ideas dirixidas para un futuro próspero. Vivir en Portugal, en España ou noutro país, sobre todo europeo, é a mesma cousa; cada país é a Europa, só con menos quilómetros cadrados, só que con mentalidades e culturas un pouco distintas. Europa, os mozos dinche si!... Por que? Comulgan todos das mesmas ideas. Temos que loitar con coraxe e optimismo contra todas as adversidades que os nosos gobernantes nos van impondo. Por iso, xa que non temos un Capitán como o da Revolución Portuguesa de Abril, imos á loita co noso voto en branco! João Damião
23
4HISTORIAS DE MONTERREI
Os nomes dos pobos Para este mes de marzo vou explicar os significado de algúns pobos da comarca: Granxa: Este topónimo procede da antiga palabra “grania”, que se refire a antigas grañas ou granxas; fundacións eclesiásticas de rango inferior aos mosteiros e priorados. As cales, tendo á fronte un monxe labrego, chamado mestre, eran as que fornecían alimentos e produtos agropecuarios aos seus respectivos cenobios Moimenta: O Topónimo ten a súa orixe no termo latino “monumentum” e en xeral refírese a enterramentos, dolmens ou túmulos. Medeiros: Segundo o profesor Fernando Cabeza Quiles no seu libro “Os nomes de lugar” (1992), este topónimo provén do vocábulo latino “meta” co significado de moxóntermo. Navallo (Rios e Laza) e Naveaus: Tanto Fernando Cabeza Quiles como Xerardo Desairas voltan estar de acordo na procedencia destes tres topónimos e din que procede da raíz preindoeuropea “Nav ou Nava” significando, depresión pantanosa ou pola que corre un río. Pero
Bruno Rúa na súa “Guía arqueolóxica do alto Támega” di que os tres topónimos deben os seus nomes á deusa galaica Navia. Flariz: Parece que provén dunha “Villa Frarici”, antropónimo medieval de orixe xermánica de nome Fraricus inda que Xerardo Dasairas fala de que pode vir de freire (frade). Vilaza: Xerardo Dasairas faino derivar dunha “Villa Actia” ou dunha “Villa Attila” romana, pero Fernando Cabeza Quiles simplemente di que é o aumentativo de vila, Vilaza= vila grande. Verín: Aínda que non está moi claro, parece que procede do antropónimo romano “Verinus”. O que si está moi claro é que non deriva dese personaxe histórico chamado Viriato. Viriato era un lusitano, e os lusitanos habitaban as terras do Douro cara ao sur, moi lonxe do noso Verín. Andrés Diz D, historiamonterrei.blogspot.com.es
“O que si está moi claro é que (o nome de Verín) non deriva dese personaxe histórico chamado Viriato”
4FIRMA INVITADA
A soidade do home de palla Pode semellar un paradoxo que a nosa sociedade occidental, masculina, branca e heterosexual, camiñe paseniño e soa, como perdida e desesperada, cara a unha mestura de individualismo e indiferenza, como mulleres e homes de palla que van trepexando nunha realidade que xa lles resulta inabordable ao carecer das ferramentas axeitadas para a súa descodificación. Nin os partidos políticos ao uso son xa capaces de ofrecer respostas, ou mellor, de materializar solucións urxentes cando son as iniciativas lexislativas populares as que acadan notoriedade no Congreso
español. O tan manido progreso social que sempre buscou o achegamento e a maior interacción posible das persoas resulta que está a distancialas. O sentimento de grupo e cuestións como a toma de decisións colectivas, no canto de revelarse como a esencia fundacional do espírito colexiado, convertéronse no caldo de cultivo axeitado para a perpetuación de esquemas e estruturas clásicas de dominación e de forte inercia socio estamental que impiden ou dificultan notablemente o desenvolvemento doutras vías alternativas. A sociedade mesma estase a comportar como unha estraña de se, ausente, fe-
chada, amorriñada no seu propio entorno e destino, anubiada pola confusión entre crenzas, credos e arelas, e abrindo as portas a calquera tipo de experiencia de control total e definitivo dunha comunidade sobre o individuo, do poder establecido fronte o valor da singularidade. Isto mesmo acontece tamén no seo do BNG, exemplo sintomático onde os haxa, outrora forza emerxente e alternativa que agora a pesar do gravísimo retroceso electoral non dispón de mecanismos de diagnose eficaces por mor do exceso de poder e o control obsesivo e total dunha comunidade dentro da comunidade. Todo desexo de cambio
será difuso como a denuncia dun supervivente, ronsel na brétema dun inconformista fronte ás contundentes pegadas de homes cansos e escépticos, armados de forte inercia que a sociedade auto produce e retro consume, todos e todas homes e mulleres de palla. Igual que Rajoy cando o círculo ártico das mentiras peche o seu frío polar. E Rubalcaba cando esgote a oportunidade única. O mesmo que Feijoo cando sexan berros o que reciba no canto de aduladores. Tamén Pachi Vázquez cando non poida dilatar máis os reloxos líquidos de Dalí. Como Baltar júnior cando a lousa da xustiza caia sobre a corrupción total
do apartheid paterno que o tutela. E, por suposto, o mesmo que o prezado alcalde de Xinzo da Limia, Antonio Pérez, cando os fortes intereses económicos da mina sepulten a dignidade de cinco parroquias. Todos son solitarios homes de palla que non souberon descodificar a súa propia soidade. Xosé Lois Carreira, artista plástico e concelleiro do BNG en Xinzo
“Todo desexo de cambio será difuso como a denuncia dun supervivinte”
BARRIOS Marzo de 2013
Entrevista a Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense VERÍN
Páx.4
VERÍN
Páx.5
Jiménez e Hernández A gastronomía, gran tratan a ampliación do protagonista da Feira polígono do Lázaro
[páx. 2]
COMARCA Páx.5
DEPORTES Páx.17
ESPECIAL Páx.20-21
O PXOM de Riós, con aprobación inicial no mes de abril
A III AndainaCarreira Pozo do Demo, o 24 de marzo
Para a túa voda ou celebración, consulta as nosas propostas
“Puertas de Galicia” distingue a calidade dos servizos turísticos
[páx.3]
O presidente da Deputación, a directora de Turismo de Galicia, o alcalde de Verín e o xerente do PCT “Puertas de Galicia”, na entrega de distincións do “Modelo de Aproximación á Calidade Turística”, na Casa da Cultura de Verín./BORYS INTERFILM
Número: 76 - Ano:VIII - Marzo 2013- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
BARRIOS Marzo de 2013
Entrevista a Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense ALLARIZ
Páx.11
Nova edición das Xornadas para a Igualdade
ALLARIZ
Páx.12
CELANOVA
Páx.14
O Mercado da Biosfera Celanova ofrece a suma un posto de leite mellor evolución do ecolóxico paro, cun 20,7%
CELANOVA Páx.15 A empresa R recibirá o premio “Celanova, casa dos poetas”
[páx. 2]
DEPORTES Páx.17 Preto de 200 atletas participaron na popular da Merca
Repoboan a serra de San Mamede
[páx.11]
Celebración de San Rosendo
[páx.15]
A Cruz Vermella, Amigos da Terra e a Asociación deportiva e O investigador e franciscano José García Oro recibe o premio Manuel Iglesias de mans do bispo de Ourense/RAMSÉS. cultural Vía XVIII plantaron 1.000 árbores o 2 de marzo.
Número: 12 - Ano: VIII - Marzo 2013- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190