Unha veciña de Xinzo, Diana Gil, colecciona bonecas; ten máis de 180 XINZO
Páx.10
XINZO
Páx.13
A Escola Rural de Tractorada histórica Saúde da Limia forma en Xinzo contra a en hábitos saudables mina de feldespatos
COMARCA Páx.15
DEPORTES Páx.22
OCIO
[páx. 14]
Páx.30
Protesta en Baños e De la Fuente e Teijeiro Limisi organiza un Xunqueira polo cambio vencen na Carreira mercado solidario en do horario escolar Popular de Sandiás Xinzo o 28 de xuño
Agricultores, gandeiros e empresarios, en defensa da Limia
[páx. 8]
Nace a asociación ADEGAL, que ten como prioridade conseguir a declaración de “Zona de Actividade Agraria Prioritaria” para A Limia e loitar contra o proxecto mineiro de Faramontaos. /P.LODEIRO.
Número: 79 - Ano:VIII - Xuño 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
BARRIOS Xuño de 2013
VERÍN E COMARCA
O Bloque Nacionalista Galego alerta do mal funcionamento da depuradora de Verín 4 Presentou unha denuncia na Confederación Hidrográfica do Douro. Redacción Perfecta Losada Sotelo, portavoz do grupo municipal do BNG de Verín, alerta do mal funcionamento da depuradora das augas residuais deste muncipio. Losada como portavoz do BNG de Verín e a través da asociación ecoloxista Adega, acaba de presentar unha denuncia na Confederación Hidrográfica do Douro polo mal funcionamento da depuradora de augas residuais de Verín. Ao mesmo tempo insta ao alcalde e senador Juan Manuel Jimenez Morán á reparación inmediata de dita depuradora. A denuncia foi presentada o pasado 27 de maio ante a Confederación Hidrográfica do Douro e nela faise referencia ao mal funcionamento da EDAR de Verín. Recordan desde o BNG que “a pesar de ter invertido fai
uns anos máis de 200.000 euros no acondicionamento desta depuradora, a día de hoxe segue sen solventarse os problemas iniciais. A capacidade da depuradora parece ser insuficiente para a cantidade de augas que recolle”. Os nacionalistas distribuiron imaxes de verquidos de augas residuais ao río Támega entre as localidades de Queizás e Oímbra, onde se atopa a depuradora. Un verquido que “produce unha contaminación medioambiental prexudicial para o ecosistema do Támega”. Inacción por parte do alcalde Desde o grupo municipal do BNG repróchanlle ao alcalde e senador Juan Manuel Jimenez Morán, que “ata a data non fixo ningún movemento para solucionar o problema. Debería ter
Imaxe de verquidos no río Támega./BNG.
especialmente en conta que non se trata só de un problema de falta de capacidade ou correcto funcionamento da depuradora, senón tamén, e igual ou incluso máis grave aínda, dun vequido non controlado a un río pertencente á Rede Natura como é o Támega”. O BNG de Verín insta ao alcalde á reparación inmediata da depuradora. “Rogámoslle que se tome o tempo necesario para velar polos intereses dos veciños e lles solucione este problema o antes posible evitando ao mesmo tempo unha maior contaminación medioambiental”.
Os nacionalistas denuncian verquidos de augas residuais en Queizás e Oímbra
Aberto de novo un prazo de reclamacións contra o PXOM 4 Os veciños de Verín teñen dous meses máis para presentar recurso contencioso administrativo contra dito plan. Redacción Os veciños de Verín terán dous prazos máis para recurrir contra o novo Plan Xeral de Ordenación MUnicipal. A portavoz do grupo municipal do BNG desta localidade, Perfecta Losada, vén de informar que debido a un “defecto de publicación” do PXOM polo que tivo que ser exposto ao público novamente mediante a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia con data 14 de maio de 2013 queda aberto de novo o prazo de dous meses para aqueles afectados que queiran presentar recurso contencioso administrativo contra dito plan. Segundo explicaron os nacionalistas “esta nova publicación é debida a que na publicación anterior había defectos de forma polo que o Concello viuse obrigado a facer unha nova exposición ao público”. Unha información
que dende o BNG consideran “importante para os veciños de Verín afectados polo plan xeral”. Longa tramitación A Xunta de Galicia aprobou definitivamente o novo PXOM de Verín a final de 2012, despois de oito anos sen normativa urbanística en vigor. O documento substitúe ás Normas subsidiarias de Planeamento de 1986, que estaban vixentes ao ter sido declarado ilegal o anterior plan xeral. O documento planifica o desenvolvemento urbanístico de Verín para os próximos 12 anos, subliñando a posición estratéxica da localidade como eixo empresarial e loxístico. No que respecta á capacidade residencial, o documento prevé un total de 15.846 vivendas, das que 9.367 xa existen e 6.479 serían de nova construción. Verín conta cunha superficie total de 94,5 quilómetros
Perfecta Losada, voceira do BNG en Verín./ARQUIVO. cadrados e unha poboación de 14.633 habitantes. Por tipo de solo, o 88% da superficie, é rústico; un 5%, corresponde con solo urbano; o 4% da superficie, solo de núcleo rural e, o 3% restante é superficie de solo urbanizable.
Por “un defecto de publicación” o documento tivo que ser exposto novamente ao público
VERÍN E COMARCA
O obradoiro de emprego de Vilardevós e Verín recupera o ‘Camiño dos Carros’ 4 Os seus 26 alumnos fórmanse en xardinería, carpintería e axuda a domicilio. Redacción
Os alcaldes de Verín e Vilardevós, Juan Manuel Jiménez e Manuel Cardoso, reuníronse co delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, co obxecto de coñecer as actuacións realizadas, nos últimos seis meses, polos 26 alumnos do obradoiro de emprego ‘Pozo do Demo’. Este obradoiro, concedido aos concellos de Verín e Vilardevós, está destinado á formación de 26 persoas desempregadas de ambos municipios, nas áreas de xardinería, carpintería e axuda a domicilio. No módulo de axuda a domicilio participaron un total de 8 alumnos, que ademais de recibir clases teóricas nos distintos ámbitos de axuda a domicilio, realizaron prácticas na Residencia de Anciáns Santa María e en domicilios das persoas demandantes deste servizo dos dous municipios.
O alcalde de Verín solicitou un novo obradoiro para completaa a rehabilitación do contorno do Pozo do Demo
Con respecto aos módulos de xardinería e carpintería, destinados a 18 alumnos respectivamente, o obxectivo dos mesmos foi a recuperación do ‘Camiño de Carros’, unha antiga vía que comunicaba o núcleo de Cabreiroá en Verín co da Veiga das Meás en Vilardevós, e que antes de comezar o obradoiro atopábase desaparecido nalgúns tramos polo crecemento da vexetación. O camiño está situado no contorno natural do Pozo do Demo -un lugar de atractivo paisaxístico na zona-, e nel realizáronse labores de limpeza, desbroce e retirada de escombro e broza, regularización e estabilización de pavimentos, implantación
de sinalética e de mesas interpretativas da fauna, flora e historia do lugar; colocación de valado de madeira e de escaleiras ou pasos de madeira naquelas zonas nas que existan fortes desniveis; e colocación de bancos nas zonas de miradoiros. O obxectivo final da actuación é o de recuperar este camiño como unha ruta de sendeirismo. “Esta iniciativa, xunto outras que se están promover como a realización dun estudo, financiado pola Deputación de Ourense, para a recuperación do Pozo do Demo, o deseño de rutas BTT e de lagares rupestres, revalorizarán esta zona e atraerán visitantes”, asegurou o alcalde de Verín, Juan Ma-
nuel Jiménez Morán, quen aproveitou a visita do delegado da Xunta para solicitar un novo obradoiro de emprego que permita continuar a rehabilitación deste contorno natural. Investimento A Consellería de Traballo e Benestar subvencionou con preto de 230.000 euros este obradoiro que intenta mellorar a empregabilidade dos seus participantes. Rogelio Martínez lembrou que “segundo as estatísticas que manexa este departamento autonómico, preto dun 70% dos alumnos que participan neste tipo de iniciativas acada a inserción real no mercado de traballo”.
Boa acollida da oferta turística de “Puertas de Galicia” 4 Nas segundas xornadas de portas abertas da Ruta do Viño de Monterrei. Redacción
O alcalde de Verín, o delegado da Xunta en Ourense, o rexedor de Vilardevós e os alumnos do obradoiro de emprego “Pozo do Demo”./C d VERÍN.
BARRIOS Xuño de 2013
Con motivo das segundas xornadas de portas abertas da Ruta do Viño Monterrei, o Plan de Competitividade Turística “Puertas de Galicia” promoveu unha oferta turística complementaria que encheu de visitantes as adegas, establecementos hostaleiros e de restauración, e recursos patrimoniais das comarcas de Verín e Conso-Frieiras. Nesta segunda edición, a iniciativa gastronómica e vitivinícola organizada pola Ruta do Viño de Monterrei, en colaboración con Turgalicia e a Oficina de Información Turística de Verín, viuse reforzada pola proposta de “Puertas de Galicia”, que supuxo un incremento exponencial no número de visitantes e na actividade económica xerada. A proposta incluiu rutas cicloturísticas entre viñedos da Denominación de Orixe Monterrei, rutas a cabalo ou en carruaxe, exposicións fotográficas e de pintura, visitas e degustacións en cinco adegas (Chicheno, Crego e
Monaguillo, Ladairo, Quinta do Buble e Gargalo) e un servizo de autobús propio. Os visitantes chegaron ás adegas en vehículos particulares, nos autobuses da Ruta do Viño Monterrei, en bicicletas ofertadas para as rutas cicloturísticas ou en cabalo e carruaxe, ata alcanzar as 1.000 persoas por exemplo, a adega Quinta do Buble atendeu a unhas 300 persoas-. Ademais, este incremento tamén se reflectiu no sector da restauración, xa que os menús servidos nos restaurantes da comarca superaron os 300, e algún establecemento de turismo rural colgou o cartel de completo. Desde o PCT “Puertas de Galicia” destácase a importancia de que o sector público e privado compartan os mesmos obxectivos no referente á xestión de turismo, e que a preocupación por comercializar debe situarse no centro da acción pública do turismo.
As adegas de Monterrei recibiron a visita dunhas mil persoas
BARRIOS Xuño de 2013
VERÍN E COMARCA
Os galardoados cos premios aos mellores blogs do instituto García Barbón de Verín. Participantes no ‘Kero-Kolo’ nun dos centros educativos verineses./C d VERÍN.
Os menores de ‘Kero-Kolo’ visitan os colexios de Verín A vintena de menores participantes na actividade ‘Kero-Kolo’, organizada polo departamento de Educación Familiar do Concello de Verín, visitaron ao longo deste curso os diferentes centros educativos do municipio. Os cativos desprazáronse aos CEIP Amaro Refojo e Princesa de España, colexio María Inmaculada e as aulas de Pazos e Feces de Abaixo pertencentes ao CRA Monterrei. Nestes centros participaron en actividades lúdico-educativas con alumnado e profesorado do ciclo de infantil, como fabricación de cestas ou flores de cartolina ou coidado dunha pequena horta. Todo co fin de que nenos e proxenitores coñezan, in situ, as actividades, formación académica e funcionamento de cada un destes centros educativos, aos que accederán os rapaces a partir do mes de setembro. O programa ‘Kero-Kolo’ naceu co obxecto de converterse nun novo espazo de encontro e relación entre pais e nais e unha vintena de nenos de dous a tres anos de idade.
Premio aos mellores blogs do García Barbón O instituto García Barbón de Verín premiou os seus mellores blogs, no sexto concurso “Barbón Blog” destinado ao alumnado da materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación de Primeiro de Bacharelato. Segundo os promotores do certame, o uso habitual do blog na aula permite potenciar as habilidades dixitais e lingüísticas do alumnado “e motivalos para favorecer a capacidade de aprender dunha maneira cada vez máis autónoma”. O premio ao mellor blog recibiuno Andrés Macía Couto, sendo segundo o de Fernando Martín Silva, e terceiro o elaborado por Marcos Sobrino García. Ángel Deprada Fernández, Idoia Pérez Rodríguez, Marta Cerdeiriña Cid, Esther Fernández Yáñez e Lucía Rúa Alonso foron os demais premiados. Como galardóns, recibiron tabletas dixitais, MP5, memorias USB e outros premios especiais. Complementariamente, o IES presentou o Proxecto Pipe 2013 -Proxecto Internet para Estudantes- no que estivo traballando o alumnado desde mediados do mes de marzo de 2013 e que procura coñecer os usos de internet por parte dos compañeiros e presenta unha aproximación aos mellores recursos de internet para aprender.
VERÍN E COMARCA
Etiquener realiza certificacións enerxéticas de inmobles Redacción
Desde o pasado 1 de xuño é obrigatorio que todos os edificios dispoñan dunha certificación de eficiencia enerxética. Nela establécese o consumo de enerxía que se estima necesario para satisfacer a demanda enerxética do inmoble nunhas condicións normais de funcionamento e ocupación. Vivendas e locais de obra nova, así como os de segunda man que se vaian vender ou alugar, deberán dispor obrigatoriamente deste Certificado de Eficiencia Enerxética, e corresponde ao propietario solicitalo. En Ourense, a consultora medioambiental Etiquener, radicada na rúa Doutor Fléming, 28, realiza este tipo de certificacións, a través dun trámite bastante sinxelo. O dono deberá facilitar a referencia catastral do inmoble, e a partir de aí a empresa realiza un orzamento en base aos metros cadrados indicados na referencia catastral (para Ourense capital estímase en 1,50 euros por metro cadrado). Logo visita o edificio para tomar os datos utilizando unha aparataxe específica para os cálculos exactos, e en 48 horas despois de realizar a inspección, expídese a certificación, válida para dez anos. No 988 106 324 ou en www. etiquener.net ofrecen máis información sobre a tramitación do Certificado de Eficiencia Enerxética, A Xunta de Galicia xa habilitou un rexistro para a certificación enerxética de vivendas.
Entregados os títulos da parcelaria de Cabreiroá e Albarellos-Vilaza
4 Reorganizáronse 1.195 hectáreas pertencentes a 1.410 propietarios. Redacción O director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, entregou os títulos de concentración parcelaria da zona de Albarellos-Vilaza, no concello de Monterrei, e de Cabreiroá, no muncipio de Verín. En Albarellos-Vilaza a concentración parcelaria supón a reorganización da propiedade de 821 hectáreas de terreo, pertencentes a 995 propietarios. No caso de Cabreiroá, ponse fin á reorganización da propiedade de 374 hectáreas pertencentes a 415 propietarios, permitindo reducir as 4.592 parcelas existentes inicialmente a tan só 1.017 fincas. En ambos casos, a Consellería do Medio Rural e do Mar destaca que a concentración parcelaria permitirá mellorar e modernizar as explotacións agrícolas, crear e mellorar as vías de comunicación e de acceso a novas fincas, axudar a prever os incendios forestais e aumentar o valor da base territorial. Investimentos Os traballos realizados na zona concentrada no municipio de Monterrei supuxeron un investimento de máis de 2.470.000 euros, mentres que no concello de Verín o investimento superou os 1,1 millóns de euros. A maior parte destes fondos corresponderon á execución das
Antonio Crespo e Rogelio Martínez entregando os títulos da concentración parcelaria de Cabreiroá, en Verín./XdG. obras da rede de camiños e ao acondicionamento das fincas. Coa finalización deste proceso de reorganización da propiedade, o concello de Monterrei conta con 1.344 hectáreas concentradas, o que contribúe a incrementar considerablemente a superficie dedicada ao viñedo, impulsando o potencial agrario deste municipio. O director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, recordou que en Verín xa son tres as zonas nas que a concentración parcelaria está rematada e hai outros tres procesos de concentración en marcha. Outras actuacións en Monterrei e Verín A Consellería do Medio
Rural e do Mar ten executadas, ademais, outras actuacións en Monterrei por un importe que ascende a máis de 328.600 euros. Así, procedeuse á mellora dos camiños de Pereiras e Bouruá e da pista de acceso ás parcelas. Ademais, tamén se asfaltaron os camiños da Pousa-Estevesiños e Infesta-Igrexa e mellorouse o firme dos camiños da concentración parcelaria de Albarellos-Vilaza. No termo municipal de Verín, a Consellería executou actuacións como a mellora da capa de roda-
dura de diversos camiños, o acondicionamento das leiras e camiños nas zonas de concentración parcelaria de Mandín-Feces e Mourazos-TamagosTamaguelos, así como a construción dunha ponte pequena en Val Garduñas ou o acondicionamento dos camiños secundarios da parcelaria de MandínFeces de Abaixo e Feces de Cima, entre outras. A inversión total destas actuacións en Verín, nos distintos plans de infraestruturas ascende a 934.151 euros.
Nas reorganizacións parcelarias de Cabreiroá e Albarellos-Vilaza, a Consellería do Medio Rural investiu máis de 3,5 millóns de euros
BARRIOS Xuño de 2013
EN BREVE
4 Circuíto de educación viaria na Alameda
O Concello de Verín e Asociación de Empresarios de Verín (AEVERCCU) organizarán o 15 de xuño, na praza da Alameda un circuíto de educación viaria. Este circuíto de seguridade viaria está conformado por unha pequena cidade con sinais de tráfico, semáforos e pasos de peóns que os menores deben percorrer, en 15 karts de pedais, cumprindo as normas de seguridade viaria. O horario desta iniciativa será de 10 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas e está dividida en tres franxas de idade: de 3 a 6 anos, de 7 a 9 e de 10 a 14 anos. Para poder acceder a este circuíto de 2.500 metros cadrados deberá realizarse algunha compra nalgún dos establecementos asociados de AEVERCCU Verín.
4 Inscricións no campamento do Invernadeiro Desde o 6 de xuño a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín está a tramitar as solicitudes de inscrición para participar nunha nova edición do campamento de verán do Parque do Invernadeiro. A actividade está dirixida a mozos de entre 8 e 14 anos, consta de 50 prazas e a cota é de 110 euros para empadroados no Concello de Verín, e de 130 euros para non empadroados. Inclúe manutención, persoal especializado, material para as actividades e seguro.
BARRIOS Xuño de 2013
VERÍN E COMARCA
O primeiro ministro luso visita a Eurocidade Chaves-Verín
4 O proxecto da Eurocidade da Auga preséntase no Hotel Vidago Palace. Redacción A Eurocidade ChavesVerín recibiu o pasado 31 de maio a visita do primeiro ministro luso, Pedro Manuel Passos Coelho, que estivo acompañado polos rexedores de Chaves e Verín, Joâo Batista e Juan Manuel Jiménez. Durante a visita percorreron as instalacións da fábrica de produtos alimentarios Pastelnor, empresa que se ubica no territorio da Eurocidade. Ademais, durante o acto os rexedores verinés e flaviense solicitaron ao primeiro ministro portugués que a próxima Cumbre Ibérica, que debe realizarse en territorio luso, teña lugar na localidade de Vidago. Presentación en Vidago De feito foi en Vidago, localidade situada a uns 20 quilómetros de Chaves, onde tivo lugar a presentación do proxecto da Eurocidade da Auga. O Secretariado técnico conxunto da Eurocidade aproveitou a celebración no Hotel Vidago Palace do cuarto Torneio do Norte do Club de Golf Arquitectos, para presentar a integrantes deste club procedentes de todo Portugal as características da Eurocidade da Auga. Os representantes da Eurocidade explicaron a importancia estratéxica des-
te territorio como un espazo innovador a nivel ibérico para empresas e inversores, mediante a creación de novos vínculos entre espazos dos dous lados da fronteira coa finalidade de reactivar a economía destas zonas, o nivel de emprego e o fortalecemento dos tecidos empresariais e colaborativos. Mostra gastronómica Xunto con este relatorio do proxecto Eurocidade da Auga, nos exteriores do recinto do Hotel Vidago Palace promoveuse unha pequena mostra gastronómica, co obxecto de promocionar produtos rexionais deste territorio transfronteirizo.
Os alcaldes de Verín e Monterrei, xunto á presidenta de Paradores, proban a nova oferta gastronómica do Parador de Verín./BORYS INTERFILM.
O Parador de Verín estrea proposta gastronómica Jiménez Morán xunto a Passos Coelho, na fábrica de Pastelnor.
Redacción
No exterior do hotel promocionáronse produtos gastronómicos de Chaves e Verín como o fumeiro, xamón, pastel de Chaves ou mel.
Riós revitaliza a zona comercial de San Cristovo 4 Grazas a unha achega de 75.000 euros da Consellería de Economía e Industria. Redacción O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, resaltou durante unha visita ao Concello de Riós, a importancia de promover actuacións que fagan o comercio de proximidade máis atractivo e competitivo, a través da adecuación
4 Os “Enxebres” ofrecen tapas, racións e viños das denominacións galegas.
e modernización das rúas e zonas comerciais ou a potenciación das prazas de abastos. Así, Martínez apuntou que, nos últimos dous anos, o Goberno Galego leva investidos en Riós preto de 75 mil euros a través do programa de axudas aos concellos galegos para a adecuación e moderniza-
ción de equipamentos comerciais, co obxectivo de revitalizar o seu comercio local e mellorar a imaxe da zona comercial da localidade. Actuacións en San Cristovo O Concello de Riós destinou a achega á renovación e revitalización do comer-
cio local existente nas inmediacións da estrada N-525, no lugar de San Cristovo. Así construíronse beirarrúas para dotar de maior seguridade aos clientes desta zona comercial e executáronse outras actuacións para a mellora global do entorno comercial dos establecementos. Ao abeiro da anterior convocatoria foron 30 os concellos ourensáns que resultaron beneficiados por estas axudas. Está aberta unha nova convocatoria da Dirección Xeral de comercio cun orzamento de 4,5 millóns de euros.
O Parador de Verin súmase á rede de sete paradores galegos que contan co novo espazo gastronómico “Enxebre”, unha aposta polos produtos de calidade e as especialidades galegas. A presidenta de Paradores, Ángeles Alarcó, acudiu o pasado 22 de maio ao establecemento hoteleiro para presentar, xunto aos alcaldes de Verín e Monterrei, a nova oferta gastronómica coa que busca adaptarse ás demandas dos seus clientes. Cun formato máis atractivo, os establecementos galegos ofrecen tapas e racións nos “Enxebres”, como unha alternativa ao comedor tradicional. Sen perder a aposta por produtos de calidade, pondo nas súas mesas os mellores pratos da cultura gastronómica galega. Os “Enxebres” ofrecen unha cociña posta ao día, actualizando as elaboracións e presentacións. Todo iso con produtos da terra que irán acompañados dunha excelente adega, con viños seleccionados de todas as Denominacións de Orixe galegas.
O Parador de Verín súmase así a unha oferta que xa estaba dispoñible no compostelano Hostal dos Reis Católicos desde 1996 e a que tamén se incorporan agora os establecementos de Pontevedra, Vilalba, Monforte, Tui e Baiona. Pasaporte Enxebre Para promocionar estes espazos entre os seus clientes, Paradores creou o denominado “Pasaporte Enxebre” que se poderá conseguir nos paradores galegos, ou descargándoo en www.parador.es; nel poderanse ir selando as visitas a todos e cada un dos espazos, unha especie de “Camiño de Enxebres”. E como todo Camiño, ten a súa recompensa: o cliente que consiga acumular o sete selos, un por “Enxebre”, poderá gozar dun menú gratuíto en calquera dos espazos “Enxebre”. Sobre a carta A carta está distribuída en cinco grupos (na lousa, da horta, das nosas rías, da matanza e de tempada), e as sobremesas (as larpeiradas), cun total de 20 pratos. A carta de viños ofrece caldos das cinco denominacións galegas.
VERÍN E COMARCA
Previsto un simulacro de emerxencias no túnel do Corno en Laza 4 Participarán servizos de emerxencias de Galicia, Norte de Portugal e Castela e León. Redacción A Xunta de Galicia participará o vindeiro 14 de
xuño nun simulacro de emerxencias no novo túnel do Corno, en Laza, cuxa construción está levando a
cabo ADIF, dentro da liña de alta velocidade MadridGalicia. O simulacro enmárcase
Imaxe aérea da apertura do túnel do Corno, en Laza. /ADIF.
dentro do Proxecto ARIEM 112, de cooperación transfronteiriza en materia de emerxencias e protección civil, e consistirá nun suposto incendio dentro do túnel, con traballadores da obra feridos que terán que ser atendidos e evacuados polos servizos de emerxencia das tres rexións participantes: Galicia, o Norte de Portugal e Castela e León. Concretamente, as manobras terán lugar no tramo do Corno da liña de alta velocidade Madrid-Galicia, en Cerdedelo (Laza). A finalidade do operativo é testar sobre o terreo os protocolos e pactos de axuda mutua que xorden do Proxecto ARIEM 112, así como analizar os resultados do aplicativo informático deseñado e adquirido no marco do proxecto, para a xestión das emerxencias a tres bandas. Na intervención participarán os bombeiros de Verín, Garda Civil de Tráfico, a agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Laza e servizos sanitarios das zonas galegas
de influencia do ARIEM 112; xunto a bombeiros de Portugal e Castela e León e os CAE112 de Bragança e de León. Todos eles coordinados polo Posto de Mando Avanzado da Axencia Galega de Emerxencias, que ofrecerá por vídeoconferencia aos CAE112 portugués e leonés un completo seguimento das actuacións que se levarán a cabo. Xornadas Este simulacro complementará unhas xornadas de sensibilización sobre cooperación transfronteiriza que, baixo o título “A cooperación transfronteiriza. Especial referencia á atención de emerxencias. Analise práctico e legal. Permeabilidade de fronteiras: un obxectivo, unha necesidade”, celebraranse o día anterior -13 de xuñona sede da Eurocidade Chaves-Verín.
O simulacro consistirá nun suposto incendio dentro do túnel
Crece o número de usuarios da Oficina de Turismo de Verín 4 No que vai de ano atendeu 1.476 persoas. Redacción A Oficina de Turismo de Verín, situada na Casa do Escudo, atendeu nestes primeiros meses do ano a un total de 1.476 persoas, o que supón 300 persoas máis que no mesmo período no 2012. Un incremento que se reflicte tamén no número dos visitantes de excursións programadas ao territorio da Eurocidade Chaves-Verín, e que neste 2013 se sitúa en 570 persoas nun total de 14 excursións procedentes de Valladolid, Cidade Real, Madrid, Lugo, Pontevedra ou A Coruña. Débese resaltar a grande aceptación entre os visitantes da oficina da guía turística da Eurocidade, que presenta información práctica sobre o patrimonio histórico, arqueolóxico,
natural e gastronómico de Chaves e Verín como un destino turístico único. Aumento de peregrinos Por outra banda, as diferentes rutas do Camiño de Santiago que atravesan o municipio cada día atraen máis peregrinos. A apertura do Camiño Interior Portugués levou consigo un progresivo incremento de peregrinos e visitantes procedente das localidades lusas de Chaves, Viseu, Vila Real, Braga ou Porto; que acoden ao albergue de peregrinos de Verín tanto para pernoctar como para solicitar información do camiño, que en Verín se une ao sudeste da Vía da Prata. No que vai de ano xa se superaron as cifras de afluencia do 2012; por estas datas no ano anterior aten-
Casa do Escudo de Verín. déranse un total de 168 persoas entre selados e pernoctacións, e nestes meses do 2013 a cifra sitúase en 378, dos que 192 pernoctaron no albergue. En particular neste mes de xuño, máis de 80 peregrinos pasaron polo albergue, e 36 deles pernoctaron nel. Tamén tivo lugar un incremento no porcentaxe de estranxeiros con respecto ao 2012, o que supón unha progresiva internacionalización desta vía de peregrinación. Por exemplo, en maio un 75% dos peregrinos foron estranxeiros (Portugal, Holanda, Francia, Bélxica,
Italia, Finlandia, Austria, Estados Unidos, Canadá, Arxentina, Brasil ou Xapón), e o 61% deles elixiu a bicicleta como medio de transporte para peregrinar. Unha significativa cifra na que non se pode esquecer os peregrinos nacionais, que proceden de todas as comunidades autónomas, en especial de País Vasco, Castela-León e Galicia. Servizos A Casa do Escudo de Verín está conformada por dúas amplas salas de exposicións temporais, oficina de información turística e
albergue de peregrinos. A oficina de turismo abre de luns a sábado de 10 a 14 e de 17 a 20:30 horas mentres que ao albergue pode accederse de 10 a 21:45 horas ao prezo de seis euros por persoa e noite. O albergue conta con capacidade para 26 prazas.
No que vai de ano pasaron pola Casa do Escudo 378 peregrinos, dos que 192 pernoctaron no albergue
BARRIOS Xuño de 2013
EN BREVE
4 Entrega de diplomas do curso “Mediación e xestión de conflitos’
O venres 14 de xuño, a partir das 20 horas, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá a entrega de diplomas do curso “Mediación e xestión de conflitos”, organizado en marzo e abril pola UNED e o departamento de Educación Familiar de Verín. No acto participarán o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez; o director da UNED en Ourense, Jesús de Juan; o director do curso, Tiberio Feliz; e o seu coordinador, Miguel Guerra Rodríguez.
4 Catorce cursos formativos na aula CeMIT de Verín
Durante xuño a aula Multimedia do Concello de Verín oferta catorce novos cursos formativos para os interesados en ampliar os seus coñecementos nas novas tecnoloxías. Iniciación á informática, Internet, correo electrónico, ferramenta na nube, redes sociais, DNI-e e certificados electrónicos, administración electrónica, opera co teu banco, o catastro e o sixpac, compras seguras, presentacións, follas de cálculo, documentos e seguridade informática son as temáticas das actividades formativas, para as que hai que apuntarse na Biblioteca Pública Municipal de Verín ou na web da Rede CeMIT.
4 Falla de previsión polo brote de tuberculose Proxenitores do CEIP Princesa de España de Verín amosaron o seu descontento polo protocolo seguido polo Sergas trala detección dun caso de tuberculoses nunha profesora de Primaria. Nais dos escolares lamentaron a falla de previsión da autoridade sanitaria, ao entregar con contagotas os medicamentos preventivos durante as dúas primeiras semanas tralo abrocho. Os 220 escolares do centro volverán someterse á proba da tuberculina ao finalizar o curso.
BARRIOS Xuño de 2013
XINZO E COMARCA
Agricultores, gandeiros e empresarios da Limia, xuntos por primeira vez na defensa da comarca
4 Nace a asociación ADEGAL, que terá como prioridade conseguir a declaración de “Zona de Actividade Agraria Prioritaria” para A Limia e loitar contra o proxecto mineiro de Faramontaos. Paula Lodeiro Por primeira vez, empresarios, gandeiros e agricultores da Limia únense nunha asociación para defender conxuntamente os seus intereses comúns. O sábado 1 de xuño presentábase na Casa da Cultura de Xinzo a recén creada Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia, ADEGAL, un colectivo que está presidido por María Teresa Joga, que ten por voceira a Laura Rodríguez e que integra na súa xunta directiva outras 16 persoas. “En Xinzo existiron outras asociacións que agrupan a sectores determinados, algunhas vivas, outras desapareceron”, explicaba Joga o motivo de aunar forzas en ADEGAL; “necesitamos uns dos outros para poder sobrevivir”, engadía. A presidenta de ADEGAL
Directiva da asociación ADEGAL, na súa presentación pública na Casa da Cultura de Xinzo. Á dereita, a presidenta, María Teresa Joga./P.LODEIRO. relatou que a asociación nace sen ánimo de lucro e sen vinculación ideolóxica política, mais cun fin promordial, dar a coñecer a importancia social e económica que o sector primario, a agroindustria e o sector servizos ten na Limia. A voceira do colectivo, Laura Rodríguez, achegou varios
O fin primordial de ADEGAL é dar a coñecer a importancia social e económica que o sector primario, a agroindustria e os servizos teñen na Limia
datos para refrendar esa afirmación: unha quinta parte dos afiliados totais á Seguridade Social da Limia traballan no sector agrario; o ano pasado cultiváronse na comarca máis de 7.000 hectáreas, que produciron 109 millóns de quilos de patacas, máis de 48 millóns de quilos de trigo e outros 4,5 millóns de centeo. En canto á actividade gandeira, a bisbarra suma a metade da produción de porcino da provincia, o 37% da aves, o 24% dos ovinos, o 22%
das coellas nai, o 20% dos bovinos e o 11% dos equinos. A todo isto súmaselle un sector industrial e de servizos que crea 325 empregos directos, destacando o número de almacenistas envasadores de pataca e produtos hortícolas (13), as empresas de produtos fitosanitarios (7), os almacéns de abono (8) ou os talleres de reparación de maquinaria (7). Obxectivos Partindo desta realidade,
ADEGAL terá como prioridade solicitar á Consellería de Medio Rural e do Mar que a Limia, onde o 60% do territorio ten aproveitamento agrario, sexa declarada “Zona de Actividade Agraria Prioritaria”. A creación dun punto de acopio de residuos agrícolas e gandeiros; a concienciación e a formación nas boas prácticas agrarias, gandeiras e ambientais; a necesidade de que se complete a modernización de regadíos para as comunidades de regantes Corno
do Monte, Alta Limia, Lamas-Ganade-San Salvador de Sabucedo; ou un plan de acondicionamento de pistas, canais e cortaventos son outros dos obxectivos polos que loitarán desde a asociación. Finalmente, a oposición ao proxecto mineiro de Faramontaos, contra o que xa presentaron alegacións, será outra das liñas de acción de ADEGAL. [+ info no 616 764 805 e adegalxinzo@gmail.com, ou na súa sede na rúa Río Arnoia, 13, local 10, de Xinzo]
Ríos Limpos denuncia a destrución dun bosque centenario polas obras do AVE 4 Son 1,2 hectáreas ubicadas na cabeceira do río Arnoia afectados pola construción dunha pista de acceso ao túnel Porto-Prado (Vilar de Barrio). Redacción A Plataforma Ríos Limpos denuncia a destrución dun bosque centenario en Vilar de Barrio debido ás obras da alta velocidade. A construción dunha pista de acceso ao túnel PortoPrado neste municipio, de preto de 700 metros de lonxitude, provocou a destrución dunha fraga autóctona, “destrución que se podía
evitar posto que hai accesos alternativos para as obras que se realizan no devandito túnel”, recalca a plataforma nun comunicado. Entre as árbores arrincadas nos 700 metros de pista entre Borrán e o túnel atópase un castiñeiro centenario de 5,80 metros de perímetro, así como varios carballos dun metro de diámetro e de 25 a 30 metros de altura asi como multitu-
de de especies “tanto arbóreas como de matogueiras co conseguinte perxuizo para a fauna, calidade das augas...” Denuncia a Plataforma Ríos Limpos que Adif e as empresas adxudicatarias que realizan as obras do AVE están incumprindo coas máis mínimas medidas esixibles para minimizar o impacto medioambiental, incumpren coa lexislación
Pista desde Borrán ata a embocadura do túnel Porto-Prado, en Vilar de Barrios, que, segundo Ríos Limpos, destruiu 12.000 metros cadrados de fraga autóctona. vixente e cando hai alternativas, como neste caso, “parece que intencionadamente provocan a destrución dos ecosistemas naturais co desleixo das administra-
cións públicas”. Por iso, a Plataforma Ríos Limpos vai presentar as correspondentes denuncias por estas actuacións diante das administracións públicas.
A Plataforma anuncia que presentará denuncias por estas actuacións
PUBLICIDADE
BARRIOS Xu単o de 2013
10
BARRIOS Xuño de 2013
XINZO E COMARCA
O obradoiro “Salvar vidas está nas túas mans” realizouse nos núcleos de Arnuide, Vilar de Barrio, e de Laroá, en Xinzo. vida saudable” foi impartido o 30 de maio no Concello de Xinzo por Ana Martínez e Orlando Blanco, docentes da Consellería de Sanidade. Ademais de educación para a sáude, o obradoiro Redacción Mulleres Rurais A Lomba foi un exemplo de intede Laroá, en Xinzo, e na gración total, explican os A prevención de infec- Comunidade de montes San seus promotores, ao asistir cións a través da hixiene de Mamede e Medo de Arnui- ao mesmo persoas de dimans e a formación en há- de, en Vilar de Barrio. ferentes colectivos, como bitos de vida saudables foA formadora, Lola Rico, marroquís, sudamericanos ron os dous últimos temas explicou aos presentes a ou xitanos. abordados nos obradoiros importancia dunha práctica A próxima cita da Esimpartidos pola Asociación sinxela como é a hixiene de cola Rural de Saúde da Escola Rural de Saúde da mans como un dos métodos Limia é o obradoiro sobre Limia. “máis simples, eficaces e enfermidades raras que se O primeiro dos talleres, económicos para diminuír imparte este xoves 13 de “Salvar vidas está nas túas as infeccións asociadas á xuño pola tarde na aula da mans”, impartiuse o 5 de atención sanitaria”. asociación na avenida de maio na Asociación de O curso de “Hábitos de Ourense, 19, 1º, Xinzo.
A Escola Rural de Saúde da Limia forma en hábitos saudables
O subdelegado do Goberno co alcalde de Cualedro e membros da Garda Civil.
O subdelegado do Goberno visita Baltar e Cualedro O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, desprazouse aos concellos de Baltar e Cualedro para manter unha visita institucional cos seu alcaldes ,José Antonio Feijoo Alonso e Luciano Rivero Cuquejo, e na que estiveron tamén presentes membros das corporacións respectivas. Os rexedores municipais expuxéronlle ao subdelegado aspectos referidos á seguridade cidadá no ámbito local. Posteriormente, Roberto Castro, achegouse aos Postos da Garda Civil de Baltar e Cualedro para interesarse polos membros que alí prestan servizos.
O PSOE repróchalle ao alcalde que non convoque plenos Redacción
O Grupo Municipal Socialista de Xinzo acusa ao alcalde do PP, Antonio Pérez de ocultar información aos membros da oposición
e de incumprir o Regulamento de Organización do Concello de Xinzo por non convocar plenos ordinarios. “O pleno ordinario do mes do mes de abril non foi convocado polo alcalde impedindo os labores de oposición e de fiscalización ao grupo de goberno por parte dos membros dos grupos da oposición”, apuntan desde o PSOE.
Os socialistas din que no que vai de ano tan só se celebrou un pleno, en febreiro, cando deberían ser bimensuais; que non se comunican as actas das Xuntas de Goberno dende outubro do 2012, e que van “sete meses sen informar das decisións que se están tomando por parte do grupo de goberno, así como dos decretos do alcalde”.
PUBLICIDADE
BARRIOS Xu単o de 2013
11
12
BARRIOS Xuño de 2013
XINZO E COMARCA
El Cajón de la Tele Outlet, grandes marcas a prezos outlet Traer a Ourense prendas de primeiras marcas a prezos outlet é o que se propón El Cajón de la Tele Outlet, unha nova tenda situada na céntrica praza Paz Nóvoa. Ángela Nóvoa e Montse Lama, nai e filla, son as propietarias deste establecemento, en réxime de franquicia, que forma parte dunha cadea con xa dez locais por toda España. “A vantaxe é que El Cajón de la Tele está en contacto directo con todas as marcas que precisan sacar os seus stocks, como moi antigos da tempada 2012, incluso temos prendas de 2013, e podemos ofrecelos ao mellor prezo”, explica Montse Lama. No establecemento poderemos atopar prendas para el e para ela de marcas como Dolce & Gabbana, Versace, Guess, Armani, Roberto Cavalli, Antonio Miró, Cal-
O CEIP Rosalía de Castro súmase aos centros con redes de 100 megas 4 Grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta. Redacción
Montse e Elsa, responsable e empregada de El Cajón de la Tele Outlet, respectivamente, nun rincón da tenda, situada na céntrica praza de Paz Nóvoa. vin Klein, Diesel, Ralph Lauren, Hackett, Manolo Blahnik... Hai roupa casual e outra máis formal, roupa interior, de baño e deportiva, complementos como bolsos, carteiras ou cintos e
cada semana reciben novos produtos. El Cajón de la Tele Outlet dispón dunha zona relax na que o cliente pode gozar dun café mentres proba a roupa, e dun rincón infantil
no que os cativos estarán entretidos mentres os seus pais realizan as súas compras. Abre de luns a venres de 10 a 13:30 e de 17 a 20:30 horas e os sábados de 10 a 14 horas.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia vén de completar a implantación de redes de nova xeración con 100 Mbps de velocidade no CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia. Así, en Galicia son xa 205 os centros educativos aos que xa se lles facilitou o acceso a esta tecnoloxía no último ano, grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta. A mellora destas infraestruturas de telecomunicación posibilita, ademais do incremento
da velocidade de conexión, o acceso simultáneo dun maior número de usuarios e a posibilidade de traballar cun maior número de aplicacións informáticas. A implantación de redes de 100 Mbps permite multiplicar por 10 a velocidade de baixada e quintuplicar a velocidade de subida. Deste xeito o alumnado poderá ter un acceso máis efectivo á Rede, sen esperas ou contratempos; poderán conectarse simultaneamente un maior número de usuarios e permitirá o funcionamento de máis aplicacións informáticas cun tempo de resposta axeitado.
XINZO E COMARCA
Tractorada histórica en Xinzo contra a mina de feldespatos
4 A comarca rexeita a implantación do proxecto mineiro. Redacción As expectativas da Plataforma Veciñal Corno do Monte con respecto á tractorada organizada o pasado 25 de maio contra a mina de feldespatos foron superadas con creces. Máis de 400 asistentes e preto de 200 tractores, foron o xeito no que se manifestou a veciñanza limiá contra o proxecto mineiro. Xunto a eles, todo o sector servizos da agricultura e a gandería de Xinzo e Trasmiras, como almacéns de patacas, de abonos, fitoagrarias ou talleres pecharon esa xornada de sábado para sumarse á protesta e apoiar aos
agricultores e gandeiros dos que viven. “Tractorada coma esta non se acorda como dende a de Santiago”, “incrible que poida haber eiquí tanto tractor”, “impresionante, esta vai ser histórica” foron algunhas declaracións dos labregos presentes recollidas pola plataforma. Ademais da veciñanza asistiron ao acto reivindicativo representantes do BNG, CxG, PSdeG, Anova, EU, de sindicatos como Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias, FRUGA e de asociacións como ADEGAL. A manifestación comezou no Toural coa lectura
“(A Xunta) ten que escoller entre a mina ou as persoas que vivimos aquí e do agro”, afirmaron na tractorada desde a Plataforma Veciñal Corno do Monte
dun manifesto, xa que a Subdelegación do Goberno, a pesar de ser sábado e causar menos molestias na vila, prohibiu que as xente se detivese na praza Maior. A tractorada percorreu as principais rúas de Xinzo, collendo logo dirección a San Pedro de Laroá, unha das parroquias afectadas. “O único que vale á a resolución do Consello da Xunta” Valora a Plataforma Corno do Monte que con esta tractorada histórica, os veciños da Limia deixan moi claro “que non se fían das declaracións feitas polo conselleiro Hernández e o alcalde de Xinzo, xa que aquí o que vale non é o que digan eles nos xornais, o único que vale é a resolución do Consello da Xunta publicada onde corresponde”.
A punto de coñecerse a resolución da Xunta, os manifestantes recordáronlle ao Goberno galego o lema de protestas anteriores, “a mina ou nós”, “ (a Xunta) ten que escoller entre a mina ou as persoas que vivimos aquí e do agro”, afirmaban desde a Plataforma. Os representantes veciñais advertiron “aos que mandan na Xunta” que “teñen aínda outra oportunidade de poñer os informes ben despois deste período de alegacións”. “Eles verán, pero nós confiaremos en non ter que acudir a Santiago con todos os tractores da Limia, pero se o temos que facer, farémolo. Estes señores non nos van quitar o pan dos nosos fillos nin o seu futuro. Loitaremos ata o final”, indicaban no comunicado remitido á prensa.
200 tractores xuntáronse na protesta contra o proxecto mineiro.
Obras de urxencia nos xulgados de Xinzo de Limia 4 13.800 euros de investimento para a reparación da fachada. Redacción O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, supervisou eas obras que se están a desenvolver na fachada do Xulgado de Xinzo de Limia, nas que a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza inviste preto de 13.800 euros. Acompañado pola xefa
territorial de Presidencia, Marisol Díaz, Rogelio Martínez comprobou o bo ritmo das obras que estarán completamente rematadas a semana que vén. Risco de desprendemento As obras executáronse con carácter de urxencia, ao existir risco de desprendemento do revestimento da parede exterior deste
edificio xudicial. Despois das chuvias rexistradas durante este inverno, o recebo da fachada sufriu unha importante deterioración e presentaba numerosas fendas. A mediados do pasado mes de abril produciuse un pequeno desprendemento, polo que os responsables autonómicos decidiron valar a zona para salvagardar a seguridade dos viandantes e usuarios do xulgado, ademais de solicitar ao Concello de Xinzo da Limia os permisos necesarios para realizar as obras. A actuación, que se estendeu a todo o perímetro da fachada dende o nivel da primeira planta ata a albardilla que era de formigón e que se substituíu por outra de chapa de aluminio, con-
BARRIOS Xuño de 2013
13
4Agustín Hernández di que a mina é “inviable” O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, considera “inviable” a explotación mineira de feldespatos de Xinzo de Limia, pola súa incompatibilidade coas actividades agrícolas e gandeiras da zona. Durante unha visita a Lobios para a inauguración dunha estación de medición do cambio climático, Hernández explicou, en relación a este proxecto mineiro, que que “existe unha interferencia que fai inviable a explotación mineira, posto que incide nos regadíos e aproveitamentos agrogandeiros”. O titular de Medio Ambiente lembrou que a Consellería de Economía e Industria “solicitou un informe á Consellería de
Medio Rural e do Mar a respecto da compatibilidade do aproveitamento mineiro coas explotacións agrogandeiras” e é de acordo a ese informe polo que conclúe que non é viable a materialización do proxecto mineiro en Xinzo. O conselleiro indicou que o proxecto ten que someterse aínda á avaliación de impacto ambiental. Oposición do alcalde Tamén nunha recente reunión entre o alcalde de Xinzo e a conselleira de Medio Rural, Antonio Pérez insistiulle a Rosa Quintana que o Concello está totalmente en contra de que a mina se instale en Xinzo. Amais, a Consellería de Medio Rural formulou tres informes negativos a este proxecto.
4 Os regantes, tamén contra a mina As comunidades de regantes da Limia apoian as protestas contra a instalación da mina de Faramontaos. Denuncian que a abandonada explotación de feldespatos de Pedra Alta estase a converter “nun vertedoiro incontrolado de todo tipo de residuos principalmente de materiais de construción”, polo que piden ás administracións que rematen cos verquidos. Amais, os regantes ti-
veron coñecemento de que a consecuencia da declaración da ZEPA as comunidades de Alta Limia, Lamas-Ganade e San Salvador de Sabucedo deben someterse a Declaración de Impacto Ambiental o que retrasará polo menos 18 meses a modernización dos seus regadíos, non así a de Corno do Monte que ten vía libre para realizar o proxecto e as obras ao non estar afectada pola ZEPA.
O delegado da Xunta e a xefa territorial de Presidencia visitaron os xulgados de Xinzo. sistiu na retirada do anterior recebo e a colocación doutro novo impermeable á auga de chuvia.
O delegado territorial aproveitou a súa estadía na vila para visitar as dependencias xudiciais que aco-
llen un xulgado de primeira instancia e instrución nas que traballan a xuíza, o secretario e seis funcionarios.
14
BARRIOS Xuño de 2013
EN BREVE
XINZO E COMARCA / ALLARIZ E COMARCA
entrevista
“As bonecas permítennos conservar un pouquiño da inocencia que tiñamos de nenos”
A edil socialista de Maceda, Ana María Rodríguez Blanco.
4 O PSOE de Maceda valora a súa oposición
Transcurrido o segundo ano dende as eleccións municipais, a única concelleira socialista en Maceda, Ana María Rodríguez Blanco, valora como “construtiva e responsable” o seu labor de oposiciíon e manifesta “a constante proposta no pleno de actuacións para atender ao pobo”. Neste sentido, Rodríguez Blanco cita 16 mocións socialistas aprobadas polo pleno e acusa ao goberno municipal “de falta de respecto” “que mesmo non executa o que vota a favor”. A voceira socialista lamenta a eliminación de servizos como a Axuda Básica no Fogar, o transporte público á metade dos pobos do concello, unha praza de mestra da gardería, ou as clases de reforzo educativo de inglés.
4 Contra a minaría salvaxe e contaminante O BNG solicitará o pronunciamento do Concello de Xinzo en contra da macro-minaría salvaxe mediante una moción presentada para o seu debate no vindeiro pleno. Valoran os nacionalistas que a ameaza das minas de feldespatosna Limia persistirá mentres non se mude a lei e por iso reclaman “unha lexislación que nos blinde definitivamente contra este tipo de minaría, xa que nada impide que a explotación de feldespatos volte ao ataque nun futuro próximo cunha normativa máis favorábel, nin que novos proxectos, como o LUIS-4943 que denunciamos hai unhas semanas, ou outros novos poidan botar a andar en calquera intre”.
4 Falamos con Diana Gil, unha veciña de Xinzo coleccionista de bonecas. Máis de 180. Entre elas, as pouco coñecidas ‘Blythes’. Óscar Blanco Diana Gil pode presumir de ser toda una apaixoada do coleccionismo de bonecas. Esta afección que ten milleiros de seguidores por todo o planeta caracterízase porque os coleccionistas personalizan as súas creacións e son fotografadas en sitios reais ou en eventos de interese. Como empezou a túa afección? Diana Gil (D.G): “O meu deber ser xenético. Dende pequena adorei as bonecas e conservo moitas delas, de feito a miña filla xoga con elas. Ás bonecas ‘Blythe’ cheguei a través da ‘Chabel’ (boneca española fabricada por Feber nos anos 80-90), xa que buscaba patróns para ela e teñen un corpo moi semellante”. Que son as bonecas ‘Blythes’? D.G: “Son bonecas de 30 cm de altura contando coa súa cabeza, que é a súa principal característica. Esta é moi grande en proporción ao seu corpo. Contan cun mecanismo (chamado “eyechip”) que permite cambiar a cor dos seus ollos tirando dunha cordiña situada na parte traseira da súa cabeza. Cada boneca conta con catro cores distintas de
ollos”. Canto tempo levas con estas bonecas? D.G: “Coas ‘Blythe’ levo tres anos e de momento teño cinco”. Cantas bonecas tes? D.G: “En total 181 bonecas, pero non conto algunhas bonecas pequeniñas, tampouco engado os complementos como armarios, vehículos, etc”. Cal é a súa orixe? De onde ven esta creación? D.G: “As bonecas ‘Blythe’ foron creadas no ano 1972 para a compañía xogueteira Kenner pero foron un fracaso xa que as nenas asustábanse da súa mirada e da súa gran cabeza. Permaneceron no esquecemento ata que no ano 2000 unha fotógrafa americana utilizou unha ‘Blythe ‘que lle regalara unha amiga como modelo. No ano 2000 a empresa Hasbro (a sucesora de Kenner) lanzou a primeira ‘Neo-Blythe’, e a boneca foi un éxito inmediato e dende entón cada ano saen novos modelos, incluíndo dous tamaños distintos: a ‘Petite Blythe’ (de 11’2 cms. de altura) e a ‘Middie Blythe’ (de 20 cms.)”. Que facedes coas bonecas? D.G: “Iso é o que nos preguntan sempre (risas). Pois de todo: customizalas para facelas únicas cambiándo-
Diana Gil, cunha das súas bonecas, en Xinzo.
“Sempre nos preguntan que facemos coas bonecas: customizalas para facelas únicas, facémoslles fotos, cosémoslles roupa e tamén xogamos con elas” lle o cabelo, os chips (cores de ollos) ou retocándolle os trazos da cara. Facémoslles fotos, cosémoslles roupa e como non, tamén xogamos con elas. Normalmente comezas mercando os accesorios pero pouco a pouco vas aprendendo e rematas facendo ti moitas cousas. Case todas cosemos, ganchillamos ou facemos outras manualidades para elas en maior ou menor grao”.
Unha das bonecas ‘Blythe” fotografada cun plato de polbo á feira.
Que obxectivo ten esta paixón coas bonecas? D.G: “Iso depende de cada coleccionista. Hai quen goza tendo cantas máis mellor, outros prefiren ter poucas e customizadas por artistas coñecidos no mundo ‘Blythe’. A outros simplemente gústanlle e mercan os modelos que máis lle enchen o ollo”. Podes darnos prezos aproximados? D.G: “Depende do modelo. As más sinxelas andan entre os 80 ou os 90 euros. Os modelos máis especiais ou limitados poden exceder os 600 euros. Mención propia merecen as bonecas Kenner orixinais, que poden ter prezos de catro cifras”. Cantos afeccionados coñeces? D.G: Que eu saiba en Xinzo son a única que as colecciona. En Ourense cidade hai outras dúas rapazas e a nivel provincial creo que seremos sobre cincinco. Pero por exemplo, na Coruña haberá máis de 20 afeccionadas e en Galicia enteira creo que pasamos das 50”.
Organizades concursos, quedadas, certames de bonecas en Galicia ou fóra? D.G: “En Galicia somos un grupo xeitoso repartido polas catro provincias. O ano pasado houbo máis de tres quedadas, organizouse unha ‘Blythe’ viaxeira que foi por toda Galicia e que o final sorteamos entre todas.. Tamén estivemos presentes en exposicións de manga, cómics, etc. A nivel nacional hai quedadas case todas as semanas. En abril organizouse en Barcelona o ‘Blythecom’ onde xuntáronse afeccionadas de todo o país, e houbo concursos de customización, clases, venta de roupa e accesorios, etc. É un mundo que te engancha e no que normalmente hai moi bo ambiente”. Alguén pode pensar que é raro que persoas adultas xoguen con bonecas, que dis a iso? D.G: “Que é unha afección como calquera outra. Hai a quen lle gustan os selos, no meu caso son as bonecas. Moita xente leva as mans a cabeza cando coñece o prezo, pero como lle digo eu outros queiman máis cartos bebendo, fumando ou saíndo de marcha. O meu ‘vicio’ polo menos no me esnaquiza o corpo”. Onde se pode saber máis de vos? D.G: Na rede social Flickr hai dous grupos galegos: ‘Galicia Wonderland Dolls’ e ‘BonecaZ: kekas galegas’. Hai varios foros a nivel nacional pero o que ten máis movemento é ‘Vidas de Plástico’”. Deixa unha mensaxe aos nosos lectores. D.G: “Que non se avergoñen se lle gustan as bonecas. É un mundo que nos permite conservar un pouquiño da inocencia que tiñamos de nenos. No meu caso comparto a afección coa miña filla de oito anos e únenos moito”.
ALLARIZ E COMARCA
BARRIOS Xuño de 2013
15
Os proxenitores cortaron o tráfico media hora fronte á Xefatura Territorial de Educación en Ourense, na rúa Concello. /P.LODEIRO.
Protesta en Baños e Xunqueira polo cambio de horario escolar
4 Pais de alumnos cortaron o tráfico en Ourense para amosar a súa oposición ao retraso de ata tres cuartos de hora na entrada aos centros escolares aprobado para o vindeiro curso. Paula Lodeiro Proxenitores e alumnos dos colexios de Xunqueira de Ambía e de Baños de Molgas protestaron o pasado 6 de xuño fronte á Xefatura Territorial de Educación en Ourense, na rúa Concello, contra a súa decisión de retrasar ata en 45 minutos a hora de entrada a ambos centros escolares o vindeiro curso. As protestas das ANPAS repetiranse o mércores 12 de xuño cun corte de tráfico en Xunqueira de Ambía. Os alcaldes destes dous municipios, José Luis Gavilanes e Eladio Mangana, ambos os dous do PP, apoiaron a protesta dos pais, ao entender que a decisión de Educación de adiantar o inicio das clases no colexio de Allariz (tal e como reclamaba a súa ANPA desde hai anos, das 10:30 a 9.15 horas) prexudica aos
estudantes de Xunqueira e Baños que o próximo curso comezarán a súa xornada lectiva un cuarto de hora e tres cuartos de hora máis tarde, respectivamente (pasan de ter as clases ás 9:30 e 10 a inicialas ás 10:15 horas). “Isto nos prexudica a todas as familias de Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas porque o feito de retrasar a entrada dos colexios vai facer que non poidamos traballar, porque entrar nun colexio a partir das 10 da mañá é inviable. Hoxe por hoxe todos traballamos e temos que conciliar a vida laboral e familiar”. Quen así falaba era unha das nais afectadas e voceira da ANPA Padre Crespo do CEIP Xunqueira de Ambía, Montse González, quen anunciou que seguirán coas protestas ata que se atendan as súas demandas. “Os nosos fillos non van ir ao
Os alcaldes populares de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes, e de Baños de Molgas, Eladio Mangana, apoiaron a protesta./P.LODEIRO.
colexio no mes de outubro cando empece o horario de inverno, témolo moi claro”, aseguraba. Os alcaldes, moi críticos coa medida Os rexedores amosáronse especialmente molestos coa actitude da xefa territorial de Educación, Mercedes Gallego. “Aquí hai algún cargos políticos do PP que son máis listos que ninguén e sen escoitar a ninguén toman unha decisión unilateral e enriba cando lles pides explicacións síntense moi molestos”, expresábase o alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes. O seu compañeiro de partido e rexedor de Baños de Molgas, Eladio Mangana, insistía en que a crise non debía servir de xustificante para aforrar en temas educativos; “que busquen solución e se hai que gastar cartos en pór outro bus pois que o poñan”, afirmaba. ANPAS e alcaldes reuníronse co presidente da Deputación, Manuel Baltar, quen asumiu o compromiso de plantexar as súas reivindicacións diante dos máximos responsables da Xunta. “A mellor solución” A xefa territorial de Educación non quixo facer ningunha declaración e remitiunos ao comunicado
4 Satisfacción en Allariz
Onde si acolleron con satisfacción o cambio horario decidido pola Consellería foi en Allariz. Desde o Concello resaltaron que se trataba dunha “reivindicación histórica” de toda a comunidade escolar tanto polos “beneficios pedagóxicos” do adianto do inicio das clases como pola “imposibilidade de compatibilizar xornada laboral de proxenitores con horario escolar” que viña mantendo o colexio Padre Feijoo. Cren en Allariz que o cambio “vai supor unha mellora na organización das actividades extraescolares”, e en canto á Aula de Espera, o Concello “estudará con todos os usuarios a necesidade ou non de manter o servizo”. oficial da Consellería, no que se explicaba que despois de moitos encontros adoptouse a mellor solución para todos os centros educativos. Trátase dunha decisión que é definitiva, pois brindóuselles ás ANPAS a oportunidade de estudar propostas coa xefa do Servizo de Tranportes pero non presentaron alternativas, explicaron desde a Delegación da Xunta en Ourense.
O Museo do Xoguete de Allariz dispón de máis de 1.500 fondos. /C.d.ALLARIZ.
Reabre o Museo Galego do Xoguete cun aire renovado 4 Expón máis de 1.500 fondos e vídeos explicativos. Redacción O Museo Galego do Xoguete de Allariz iniciou o pasado sábado unha nova etapa estreando imaxe renovada. Unha entrada espectacular, a exposición de máis de 1.500 fondos ademais de vídeos explicativos protagonizados por veciños de Allariz son as novidades que reinventan o museo alaricano. A remodelación foi des-
Fuerteventura mostrou o seu interese polo modelo de xestión de Allariz Redacción
Unha comitiva de 15 persoas do Concello de Antigua e o Cabildo de Fuerteventura viaxaron ata Allariz para coñecer a xestión do municipio. O alcalde alaricano apuntaba que “en tempos de crise é importante intercambiar experiencias para enriquecer e favorecer a xestión municipal” e mostrou o interese de traballar
envolvida pola Asociación Interruris (composta por cinco empresas alaricanas) e permitiu achegar o museo á rúa co acondicionamento da entrada principal e a colocación dalgúns dos fondos na cafetería superior, ademais do cambio de iluminación e a venda de produtos promocionais. Proximamente darase a coñecer a programación cultural e de ocio deste museo alaricano. conxuntamente co concello canario, en proxectos concretos como o desenvolvemento do sector primario coa produción e exportación de queixo de cabra e aproveitamento pastoril e o turismo como xerador de emprego cualificado. Os responsables canarios mostraron o seu interese polo modelo de xestión dos servizos básicos e a capacidade de organización do persoal con poucos recursos. Ademais “os outlets son un proxecto atractivo e con posibilidades de exportar a Antigua” explicaba Miguel Ángel Rodríguez, secretario municipal.
16
BARRIOS Xuño de 2013
ALLARIZ E COMARCA / CELANOVA E COMARCA
EN BREVE
4 Reatur oferta un campus de inglés A empresa municipal de Allariz Reatur oferta un campus de inglés do 5 ao 14 de agosto, para menores de 8 a 16 anos. Aprender divertíndose e empregando o inglés como lingua de comunicación en xogos, deportes e excursión é o obxectivo do campus que se impartirá no Camping Os Invernadeiros de Allariz, nun entorno único con profesores bilingües e nativos. A data límite de inscrición é o día 5 de xullo. [+ info no 988 442 006 ou en reatur@allariz.com]
4 Excursión dos maiores de Allariz A Concellería de Benestar Social organiza unha excursión a Betanzos e Sada o próximo sábado 15 de xuño, por un prezo de 20 euros. A saída terá lugar ás 8:30h dende a estación de autobuses de Allariz. Os interesados poden anotarse no Fogar dos Maiores ou no teléfono 988 554 059.
4 Debate sobre as empresas municipais O pleno de xuño de Allariz centrouse no debate da conta xeral 2012 das empresas municipais. A sesión plenaria tivo lugar o venres 7 e estivo centrada no debate da conta xeral 2012 das empresas municipais Medioambiental Alaricana e Reatur. Ademais, aprobouse por unanimidade a modificación do regulamento e a ordenanza fiscal reguladora do servizo de axuda no fogar. O pleno acordou, tamén, o estudo da incorporación ao proxecto Fiare de banca ética.
4 Suspéndense os reforzos de enfermería de garda en Celanova A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou á Xunta de ter suprimido unilateralmente os reforzos de enfermería das gardas dos fin de semana e dos festivos nos centros de primaria de Celanova e Ribadavia.
Entrevista ao concelleiro de Medio Ambiente de Allariz: Acuña lembrou que “este persoal era o que atendía á demanda programada en fins de semana e festivos, mentres os de garda se centraban na atención das urxencias”. A responsable socialista apunta que esta medida é un novo paso nos recortes sanitarios no rural galego e reclámalle á Xunta que explique que nivel de aforro acadará con esta decisión, cantos centros de saúde galegos se verán afectados e como pensan solucionar as necesidades de atención médica das fins de semana.
4 Relaxación para os maiores de Celanova A Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Terra de Celanova iniciou o 29 de maio clases de relaxación para persoas maiores, co obxectivo de liberar tensións, reforzar a súa autoestima e mellorar a súa saúde xeral. Para Cruz Vermella promover hábitos e condutas saudables é un compromiso máis coa sociedade, e neste caso céntrase en dinámicas que favorecerán o coidado da tensión arterial, a regulación do ritmo cardíaco, a mellora do sono e o benestar físico e mental. A entidade prepara xa as actividades que levará a cabo cos nenos da comarca durante este verán.
4 20.000 euros para acondicionar pistas en Verea O Concello de Verea recibirá unha subvención de 20.000 euros para o acondicionamento e restauración das pistas en Bangueses, dentro dunha liña de axudas da Xunta para concellos incluídos na Rede Natura. O Goberno galego destinará unha partida de 426.591 euros a 22 municipios ourensáns, para a recuperación e conservación dos seus espazos naturais, entre eles os de Verea, Laza, Padrenda, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Verín, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.
“O FIXA recibiu nos primeiros quince días 7.000 visitantes”
4 Bernardo Varela explica as novidades da cuarta edición do Festival Internacional de Xardíns. P. Lodeiro O 17 de maio, Día das Letras Galegas, abría as súas portas o cuarto Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Cales son as novidades desta edición? Bernardo Varela: “Este ano a temática dos xardíns é ‘Allariz, a beleza que inspira’; os participantes seguen a ser do ámbito europeo e como novidade salientable está a exposición de escultura de artistas galegos”. Cal é o balance destas primeiras semanas desde a súa apertura? B.V.: “Está sendo moi satisfactorio. O impacto inicial ten sido moi positivo, nos primeiros 15 días recibiu 7.000 visitantes”. Tamén é novidade a apertura do parque Ferradal, para cando se inaugurará? B.V.: “O parque do Ferradal xa está aberto, nos queda por facer un acto de presentación. O Ferradal está en perfecto estado de uso, cunha zona con lagoas. Recuperamos unha fonte para recuperar a tradición de uso das augas ferroxinosas, que teñen cualidades curativas”. Cantas zonas verdes hai en Allariz? B.V.: “En total en Allariz en espazos verdes públicos temos 14 hectáreas, 140.000 metros cadrados, que para 6.000 habitantes está moi ben. No FIXA temos 40.000 metros cadrados entre os xardíns e a zona do Ferradal”. O festival mantén os horarios de apertura e prezos do ano pasado? B.V.: “Si, en maio e xuño, e setembro e outubro abre polas tardes, agás sábados e domingos que abre todo o día. En xullo e agosto abrirá todos os días, mañá e tarde”. Vai haber actividades especiais no recinto? B.V.: “O venres 7 visí-
4 12 xardíns efémeros
O concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, na entrada ao recinto dos xardíns. /M.REJO. tounos unha asociación de empresarios da flor da zona do Baixo Miño que viñeron coñecer o festival e asinar un protocolo. Tamén estamos en contacto coa Asociación española de paisaxismo para actividades, e coa Asociación galega de paisaxismo; estamos recibindo visitas de obradoiros enfocados ao paisaxismo e a xardinería como un de Ferrol...” É coñecido o FIXA? B.V.: “Si. Este ano coa inauguración tivemos representantes de revistas de xardinería especializada de todo o Estado, notas en revistas europeas... É un festival que polo que nos comentan os organizadores do de Ponte de Lima en moi pouco tempo ten collido unha repercusión moi
potente. Ten que ver tamén que Francisco Caldeira Cabral, o presidente do xurado, é un referente internacional.” Que impresión reciben os visitantes dos xardíns? B.V.: “Coméntamos a xente que queda sorprendida porque hai un salto de calidade con respecto ao ano anterior”. Que repercusión ten o certame para Allariz? B.V.: “Seguimos apostando por isto, máis alá do medio ambiente nun momento como o actual, porque cremos que é un revulsivo económico moi importante, atrae a xente a Allariz. Este é un espazo de lecer para os veciños pero tamén é un punto moi importante para que a xente acuda a Allariz, pagan a entrada ( o ano
Doce xardíns efémeros deseñados por artistas galegos e estatais, de Portugal, Holanda, Brasil, Francia e Austria compoñen o Festival de Xardíns 2013; unha mestura entre arquitectura e paisaxismo que mostrará os encantos e a beleza de Allariz. Nesta edición 2013 é novidade a incorporación no recinto de pezas de arte de artistas como os locais Xaime Piñeiro, Luis Pachón ou Ross Angell e os galegos como Álvaro de la Vega, Juan Lomarti, Antón de Buciños, Acisclo Novo, Xosé Lois Carreira, Marcos Escudero, Emiliano García-Valenciano, Francisco Escudero, Manuel Patinha e José Paz. A entrada está protagonizada por unha combinación de pedra e auga que ten vocación permanente. O investimento feito este ano no recinto do festival é de 61.974 euros. pasado recadamos 35.000 euros) e fan consumo nos espazos da vila. Como anéctoda, en Allariz hai moitísimas vodas e moitas parellas van alí a facer as fotos, co que consiguen 12 fotos distintas nun mesmo percorrido”.
As esculturas son novidade nesta cuarta edición do Festival de Xardíns. /M.REJO.
CELANOVA E COMARCA
A recuperación de Castromao enfronta a PP e BNG
4 Os nacionalistas esixen que a Xunta cumpra co convenio asinado co Concello de Celanova en 2007 para a creación na zona do Centro de Interpretación da Cultura Castrexa. Redacción A “inxestente sinalización” do Castro de Castromao e a “dificultade para o seu acceso” foi o punto de partida das queixas do BNG de Celanova contra o goberno municipal popular. Do mesmo xeito, os nacionalistas tamén reclaman á Xunta que non cumprise co convenio que asinou en 2007 co fin de que este xacemento arqueolóxico contase co seu propio Centro de Interpretación da Cultura Castrexa, que sería ubicado na antiga casa reitoral de Castromao. A día de hoxe, tal e como sinalaron dende o BNG, “o mato cobre os restos da antiga casa-reitoral de Santa María; e a antiga vivenda parroquial, que no ano 2008 foi motivo dunha primeira intervención, permanece abandonada”. Como consecuencia, os nacionalistas esíxenlle á Xunta que culmine as obras iniciadas en 2007 para contar co Centro de Interpretación acordado; e ao Concello de Celanova que desbroce e sinalice axeitadamente a zona do castro. Resposta do alcalde O alcalde de Celanova,
José Luís Ferro, manifestou unha “total estupefacción” ante as queixas do BNG sobre a situación actual de Castromao. Segundo o rexedor “cando menos resulta curioso –cando non cínico- que o mesmo grupo político que paralizou todo o proxecto de posta en valor do xacemento arqueolóxico, así como a rehabilitación da rectoral de Santa María de Castromao, cando estivo á fronte da Consellería de Cultura, agora queira aparecer ante a opinión pública como o gran defensor dese mesmo xacemento arqueolóxico”. Así mesmo, Ferro indicou que, no tocante ao convenio asinado coa Xunta, “pese ás insistentes xestións
realizadas durante o 2008 e o 2009 por Antonio Mouriño para que fose continuado o proxecto de rehabilitación, que tiña un orzamento total de 703.314 euros, dende a dirección xeral de Patrimonio negaron a continuación das obras debido á actual recesión económica”. Por último, en relación ao necesario desbroce e sinalización do castro, o alcalde asegura que a “herba que actualmente cubre o castro non é máis ca unha consecuencia temporal da climatoloxía e que tanto iso como o remate da sinalización do roteiro informativo polo castro levaranse a cabo nas próximas semanas tan pronto o Concello conte co personal que precisa”.
O BNG pregunta no Parlamento Para completar as súas esixencias, o BNG vén de rexistrar no Parlamento unha pregunta para que sexa respostada na propia sesión e tamén por escrito por parte da Xunta sobre se o goberno autonómico ten previsto cumplir co convenio asinado en 2007 co Concello de Celanova relativo a Castromao e, de ser así, cal é o plazo de execución das obras. Nestes senso, dende o grupo nacionalista agardan contar co apoio do deputado e ex alcalde de Celanova, Antonio Mouriño, “xa que ese convenio foi asinado por el mesmo cando era rexedor”.
17
BNG, PSOE e a edil non adscrita convocan un pleno extraordinario 4 Reclaman cambios en diversas competencias, así como no soldo do rexedor.
Redacción
Os concelleiros do BNG de Celanova manteñen aberta unha polémica co alcalde da localidade a conta da recuperación do poboado castrexo de Castromao./ARQUIVO.
BARRIOS Xuño de 2013
Os concelleiros do BNG, PSOE e a edil non adscrita de Celanova (que suman a metade máis un da corporación) veñen de solicitar a celebración dun pleno extraordinario, co fin de lograr a revogación de diversas competencias do alcalde e a Xunta de Goberno Local, así como a diminución da retribución do rexedor e varias concellerías. Os solicitantes desta sesión extraordinaria explicaron que un dos motivos da mesma é que en xuño de 2011 se aprobaron unhas delegacións que dan lugar, ao seu xuízo, a “unha democracia de mínimos”. As delegacións ás que fan referencia permiten ao alcalde “o exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da Corporación en materias de competencia plenaria”. Pola súa banda, recáe sobre a Xunta de Goberno Local “a declaración de lesividade dos actos do Concello; competencias en contratación, incluida a
aprobación de proxectos de obras ou servizos; adxudicar concesións sobre os bens do Concello e adquirir bens inmóbeis e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial; e concertar diversas operacións de crédito a longo prazo previstas no orzamento”. Ademais, estes concelleiros tamén expoñerán “medidas para racionalizar o gasto na administración local”. As demandas Como consecuencia do anterior, demandarán na sesión extraordinaria a revogación das competencias atribuídas ao alcalde e á Xunta de Goberno Local antes mencionadas. Así mesmo, esixirán que o rexedor perciba unha retribución mensual bruta de 2.350, máis dúas pagas extraordinarias. E que as Concellerías de Obras e Medio Ambiente non perciban ningún tipo de retribución. Pola súa banda, para o edil de Urbanismo piden unha dedicación mínima de 6 horas diarias, agás sábados e festivos, cunha retribución de 16.110 euros brutos anuais, en catorce pagas.
18
BARRIOS Xuño de 2013
CELANOVA E COMARCA
ENTREVISTA A MARÍA JESÚS BOO – PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN O VIEIRO LEBOREIRO
“Ofrecemos tutorización completa de proxectos, buscando o establecemento de sinerxias entre os distintos sectores de Celanova e a Baixa Limia”
4 A Asociación O Vieiro Leboreiro naceu co fin de xestionar os fondos LEADER Galicia nestas comarcas, pero ademais disto asesora aos promotores sobre o mellor camiño para o seu proxecto. S.N. Logo de varias reunións entre distintos colectivos na procura dunha única candidatura para a xestión dos fondos LEADER nas comarcas de Celanova e a Baixa Limia, o 30 de decembro de 2008 botou a andar formalmente a Asociación O Vieiro Leboreiro, que se encargaría dende entón de coñecer e asesorar a todos os interesados en levar a cabo algún tipo de proxecto de desenrolo rural nestas zonas. A presidenta desta Asociación, María Jesús Boo, axudounos a coñecer máis de preto a ampla actividade da mesma. Con que fin naceu a Asociación O Vieiro Leboreiro? María Jesús Boo: “Naceu co fin de xestionar os fondos LEADER Galicia 2007/2013, programa dotado cun orzamento de 3,6 millóns de euros para o tecido social e empresarial das comarcas de Celanova e Baixa Limia. Así mesmo, como complemento á xes-
tión destes fondos tamén participamos en programas de cooperación con outros territorios de España. Ademais, contribuímos á promoción da nosa zona e á posta en valor do seu patrimonio”. Que tipo de proxectos levades a cabo? M.J.B: “Proxectos de moi diversa índole. Dende apoio a asociación veciñais e culturais, consolidación e asentamento de proxectos agrícolas, proxectos asistenciais –como centros de día e vivendas comunitarias-, apoio á pequena e media empresa, recuperación do noso patrimonio cultural, etc. En anos anteriores xa se subvencionaron 23 proxectos. Nestes momentos temos 15 proxectos en execución para a anualidade 2013, e están pendentes de resolución por parte de AGADER outros 14. Tramitáronse, pero foron desestimados (por AGADER) ou desistidos (polos promotores) un total de 31 expedientes. E en trámite temos nas nosas oficiñas a día de hoxe 4
As axudas dos fondos LEADER, ás que se pode optar ata setembro, están abertas a entidades públicas e privadas, organizacións sen ánimo de lucro e ata a autónomos./P.L.
novos expedientes. Todos estes suman un total de 87 proxectos, xunto ás máis de 230 consultas e peticións de información que recibimos nestes tres anos. Pódese dicir que somos un dos GDR máis activos de Galicia”. Como está a ser a inversión nestes proxectos? M.J. B.: “Nos proxectos mencionados aprobouse ata agora unha axuda pública de 2,07 millóns de euros, dos cales 0,66 millóns xa foron abonados. Ademais, os promotores realizaron de xeito particular un investimento de 4,8 millóns. Unha importante inversión que deu lugar á xeración de 28 postos de traballo”. Con cantos membros conta a día de hoxe O Vieiro Leboreiro? M.J.B: “Forman parte da nosa Asociación 125 entidades, 16 públicas e 109 privadas. As públicas son as correspondentes aos concellos de A Merca, Cartelle, Celanova, Gomesende, Padrenda, Quintela de Leirado, Pontedeva, Lobeira, Verea, Bande, Muiños, Ramirás, Lobios e Entrimo; así como a mancomunidade Terras de Celanova e o Parque Natural Baixa LimiaSerra do Xurés. Pola súa banda, as entidades privadas son asociación de mulleres, veciños, culturais, de empresarios ou comerciantes; e comunidades de montes ou medioambientais”. Como foi recibida nas comarcas nas que actúa a creación da Asociación? M.J.B.: “Nos tempos que corren calquera apoio é ben recibido, pero podemos afirmar que as axudas
“A día de hoxe forman parte da asociación 125 entidades, 16 públicas e 109 privadas”
María Jesús Boo preside a Asosciación O Vieiro Leboreiro, creada a finais de 2008 co fin de xestionar os fondos LEADER Galicia nas comarcas de Celanova e Baixa Limia.
“En breve desenvolveremos un Plan de Promoción das nosas comarcas, por iniciativa dos comerciantes de Celanova” LEADER teñen a vantaxe da cercanía, o asesoramento directo e o acompañamento de proxectos, que outras axudas non teñen. Mesmo permiten que en función das necesidades do momento os proxectos poidar ser redefinidos para seren adaptados á realidade actual. Neste senso, calquera promotor que se achegou á nosa oficina, cando menos, recibiu información completa das opcións das que dispuña”. Isto implica que a vosa actividade non se cingue á xestión destes fondos, é moito máis ampla. M.J.B.: “Exacto. A nosa función non é exclusivamente a tramitación das axudas dos fondos europeos, vai moito máis aló. Ofrecemos asesoramento e tutorización dos proxectos, é dicir, non só tramitamos a subvención, senón que asesoramos sobre o tipo de axudas compatibles, co fin de establecer sinerxias entres os distintos sectores (restauración , servizos sociais, asociacións de veciños…). Paralelamente desenvol-
vemos tamén unha serie de actividades para a promoción das nosas comarcas”. Neste momento aínda está aberto o prazo para a solicitude de axudas do Programa LEADER 2007/2013 de Desenvolvemento Rural. En que consisten? M.J.B: “As axudas que tramitamos dentro deste progama poden ser de interese tanto para entidades sen ánimo de lucro –para a realización de proxectos non produtivos de interese social- como para calquera tipo de empresa -proxectos produtivos de interese económico-. A porcentaxe de axuda pode acadar o 100% no caso de proxectos sociais e o 45% en proxectos empresariais. Os beneficiarios da mesma poden ser, polo tanto, dende entidades públicas a privadas, asociacións sen ánimo de lucro, ou calquera autónomo con gañas de mellor ou crear a súa empresa. Para solicitar estas axudas teñen de prazo ata o 1 de setembro deste ano, pero
nós recomendámoslle a calquera promotor interesado que se achegue á nosa oficiña –sita na Avenida López Blanco, número 9, de Celanova- onde recibirá un completo asesoramento. Aínda que tamén se pode informar na web www.ovieiroleboreiro.com ou no enderezo electrónico gdr16@ovieiroleboreiro.com”. Unístesvos ao proxecto de cooperación interterritorial de carácter nacional “Consumir para conservar”, de que se trata? M.J.B: “Trátase dun proxecto de cooperación entre oito territorios do Estado Español, que nos vai a permitir desenvolver unha campaña, que se celebrará en outono, na que participarán 23 taperías e restaurantes das nosas comarcas. Esta iniciativa baséase nunha campaña gastronómica na que intervirán tres producións agrarias locais: carne de vaca Cachena, cogumelos e mazá da comarca Boi Encarnado. Pero máis adiante informaremos polo miúdo deste idea”. Ao igual que organizastes a través da web do Bosque Máxico un concurso de fotografía, hai algunha actividade cultural ou social que vaiades a realizar nos vindeiros meses? M.J.B.: “Acabamos de pór en marcha a segunda edición deste concurso de fotografía, que vendo o gran éxito de participación da primeira agora aumentou en número de categorías. A maiores, en breve desenvolveremos un Plan de Promoción –que xurdiu dunha idea da nova Asociación de Comerciantes Vila de Celanova-, e no que colaboran asociacións similares da nosa zona de influencia- para poñer en valor as enormes potencialidades –culturais, naturais e de ocio- das comarcas de Celanova e A Baixa Limia”.
CELANOVA E COMARCA
BARRIOS Xuño de 2013
19
Baltar destaca o traballo da mancomunidade
4 O presidente da Deputación reuniuse cos alcaldes dos concellos de Terra de Celanova. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou na súa visita á Mancomunidade Terra de Celanova “os excelentes resultados que se obteñen da cooperación e do traballo coordinado entre o goberno provincial e esta mancomunidade”, da que quixo resaltar “o gran labor que realiza nos ámbitos do medio ambiente, seguridade e nos servizos sociais”. Baltar, quen visitou as instalacións e mantivo unha reunión cos oito alcaldes dos concellos que a integran a mancomunidade, afirmou que “o traballo modélico que realiza a mancomunidade permite que se desenvolvan diferentes programas e servizos en co-
Asistentes ao curso de alfabetización dixital xunto ao alcalde de Celanova./C d C.
Entrega de diplomas no telecentro
Manuel Baltar cos alcaldes de A Merca, Gomesende, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, Verea e Celanova; faltaba a alcaldesa de Cartelle./DEPUTACIÓN. laboración coa Deputación de Ourense, como son os de axuda no fogar, servizos sociais, bombeiros, saneamento, recollida de lixo, unha microplanta compactadora, unha desbrozadora para acondicionamento de
estradas e un centro ocupacional, accións coas que se abordan aspectos tan importantes como son a atención e protección das persoas, a prestación de servizos básicos e o mantemento de infraestruturas”.
O alcalde celanovés participou na entrega de diplomas aos alumnos da aula CeMIT que asistiron a cursos de formación en Alfabetización Dixital en abril. Jose Luis Ferro aproveitou o acto para animar aos participantes e ao resto de veciños a continuar na aprendizaxe e no uso das novas tecnoloxías, mencionando o importante que son na vida cotiá, non só da xuventude senón para todas as idades. Durante o mes de abril, a aula CeMIT dedicou un total de 50 horas de formación, impartindo cinco cursos de Alfabetización Dixital de diferentes temáticas, dous de de “Iniciación a Informática” , un de “Creación e manexo dunha conta de correo electrónico”, outro de “Redes Sociais: Facebook” e un último de “Crea o teu Curriculum Vitae” enfocado a desempregados. En total ofertáronse 53 prazas, matrículándose un total de 46 persoas e finalizando a formación 43 deles. A aula CeMIT de Celanova continúa neste mes de xuño con novas actividades. O vindeiro martes 18 impartirase o curso práctico de “Manexo de memoria USB” e os días 25, 26 e 27 de xuño o de “Retoca as túas fotos con GIMP”, con contidos teóricos e prácticos. Na propia aula municipal de informática informan sobre as inscricións.
20
BARRIOS Xuño de 2013
DEPORTES
Xogadores e afeccionados do Antela celebrando o título copeiro. /I. OSORIO
Revalidando o título 4 O Antela conquista por segundo ano consecutivo a Copa Deputación B. R.T.
de cara á segunda metade.
putación.
O Antela conquista por segundo ano consecutivo a Copa Deputación B ao vencer ao Amoeiro por un contundente 4-1. Nada máis comezar o encontro os da limia adiantábanse cun gol de Varandela. A pesar do golpe, o Amoeiro buscou un gol que equilibrara a contenda, pero éste chegou no bando contrario; Samuel faría o primeiro gol da tarde na súa conta particular (2-0). Pouco despois Sampayo lograba o gol do Amoeiro e devolvía a emoción á final
Samuel, trigoleador Pero chegaría o momento de Samuel, quen superaría por segunda vez ao porteiro rival elevando o terceiro gol para o seu equipo. A aportación do dianteiro non remataría aí, e antes de que rematara o encontro deixaría unha gran xogada que concluiría co seu terceiro gol e o cuarto do Antela para deixar o definitivo 4-1. Festa na bancada que chegou desde Xinzo para ver levantar por segunda vez consecutiva a Copa De-
Ascenso O Antela o ano que vén non poderá defender o título copeiro, xa que ao ascender á Primeira Rexional participara na Copa Deputación A, en vez de na B como participou nas últimas edicións.
Ao ascender a Primeira Rexional, o próximo ano participa na Copa Deputación A
Equipo prebenxamín de Celanova, campión da Copa Deputación de fútbol sala.
Prebenxamín de Celanova, campión da Copa Deputación A escola deportiva de Celanova realizou unha brillante competición nas finais da XXX Copa Deputación de fútbol sala base celebrada no Complexo deportivo A Granxa, en Verín o pasado 1 de xuño. O prebenxamin de Celanova no seu primeiro ano de competición oficial levou a Copa Deputación, vencendo ao C.D.C Santa Teresita con marcador de 4-0. Doutra banda, o benxamín tivo que conformarse co subcampionato ao perder a final nos últimos minutos co Arenteiro, por un axustado marcador de 3-2. O alevín tamén foi quen de facerse coa Copa, redondeando así unha boa colleita para o fútbol base de Celanova.
Paula Segura, terceira na regata galega de piragüismo 4 Esta proba, que citou a deportistas alevíns e benxamíns, congregou 250 participantes. Redacción
Compoñentes do equipo infantil das EDC Verín.
O Verín, subcampión no Campionato Nacional de Clubs 4 Na categoría infantil. Redacción O equipo infantil de fútbol sala das EDC Verín acadou o subcampionato no Campionato Nacional de Clubs, da Confederación Nacional de Fútbol Sala, que tivo lugar a pasada fin de semana en Torrevieja (Alacante). O equipo verinés, representante galego tras acadar o campionato da liga nesta
tempada, chegou á final tras vencer por 1 a 8 goles a formación de Transportes Manuel Ramos (Castela-León), e por 0 a 8 ao E.D. Villarrubia (Castela- A Mancha). Na final deste campionato enfrontouse ao representante andaluz Soho Málaga F.S. e o resultado foi de 5 a 8 goles, o que supuxo que o equipo verinense alcanzara o subcampionato infantil nacional de clubs.
Alevín A Por outra banda, o equipo alevín A de fútbol das EDC acadou no campo dos Carrís (Barbadás) o título da Copa Delegación, tras vencer en semifinais ao Arenteiro (4-1) e na final ao Monforte (0-6).
O equipo verinés representou a Galicia
O pasado 19 de maio disputouse a primeira regata galega de piragüismo deste 2013 das categorías alevín e benxamín, a cal se desenvolveu en piraguas individuais, nun percorrido duns 1.500 metros no río Lérez ao seu paso por Pontevedra, cunha gran afluencia de público. Nesta proba déronse cita 249 piragüistas (160 nenos e 89 nenas), procedentes de clubs de toda a xeografía galega, nun día onde as condicións meteorolóxicas foron protagonistas, ao ter un tempo bastante cambiante, con momentos de choiva e vento. Como representantes ourensáns acudiron a Pontevedra os clubs de Avión e Allariz. O primeiro deles rematou de último na clasificación xeral por clubs, con 60 puntos, fronte ao oitavo posto do conxunto de Allariz que sumou, nada menos que 809 puntos.
Resultados individuais De xeito individual, de entre as mulleres do club alaricán destacou notablemente Paula Segura, que se fixo co terceiro posto da xeral. Andrea Castells foi décima, Paula Salgado 18ª e Sara Vide 26ª. O mellor dos representantes masculinos de Alla-
riz foi Agustín Segura, que escalou ata o sétimo posto; seguido de Javier Rodríguez que foi noveno. Marcos Pérez quedou de 25, Javier Pereira de 29, Martín Domarco de 33 e Esteban Canal de 42. Pola súa banda, os deportistas de Avión, Ángel Pérez e David Pérez, remataron de 43º e 48º, respectivamente.
O club alaricano, do que forma parte Segura, quedou no oitavo posto da primeira regata galega de piragüismo
A alaricana Paula Segura.
PUBLICIDADE
BARRIOS Xu単o de 2013
21
22
BARRIOS Xuño de 2013
DEPORTES
Sol e neve no Desafío Solidario 4 O sol na saída e meta contrastou coa neve no alto da capela de San Mamede. R.T. Se xa é duro este desafío, canto máis foi nesta edición que contou cun protagonista inesperado: a neve. O Desafío Solidario San Mamede 2013 tivo na neve a un adversario para todos
os participantes. Na carreira que se disputou sobre unha distancia de 21 quilómetros participaron un total de 107 deportistas, chegando á liña de meta 89 deles. O primeiro clasificado foi Fernando Arca, cun tempo de 2:05:06. Por de-
Rosario Figueroa no alto de San Mamede./VIA XVIII
Fernando Arca e Sonia Botana foron os vencedores no trail trás chegou Carlos Expósito (2:05:13) e en terceira posición finalizou Elpidio Gómez (2:05:41). Con esta vitoria, Arca é o firme candidato a proclamarse campión da Copa Galega de Carreiras de Montaña. Sonia Botana foi a primeira muller (2:50:05). En segunda posición rematou María del Rosario Figueroa (2:52:17) e terceira foi Begoña Pérez (2:58:53). BTT Na proba de BTT o primeiro en percorrer os 44 quilómetros foi Miguel Ángel López; en segunda posición, César Álvarez e terceiro, Miguel Ángel Lorenzo. Tres euros de cada inscrición foron para a campaña da Cruz Vermella Comarcal “Agora máis que nunca”.
De la Fuente e Teijeiro vencen en Sandiás 4 Na cuarta edición da Torre do Castro. R.T. O atleta do Club Alejandro Gómez, Álvaro de la Fuenta e a atleta do Veteranos Ourense, Sonia Teijeiro foron os vencedores da cuarta edición da Torre do Castro. A proba celebrada en Sandiás foi rematada por preto de 300 atletas de todas as categorías, sendo a proba absoluta a que contou con maior participación. O atleta cordobés afincado en Ourense demostrou o seu gran estado de forma e acadou a vitoria de xeito contundente sobre o resto de participantes (atrás quedaron os seus problemas físicos de comezo de tempada). Por detrás del entraron en liña de meta Saturnino González (Veteranos Ourense) e Luís Iglesias
Nenos participantes na carreira de Sandiás./RAMSÉS (Atletismo Carballiño). Sonia Teijeiro foi a primeira muller en percorrer os oito quilómetros da proba. En segunda posición entrou Iria Fernández (Ourense Atletismo) ePatricia González (Limiactiva) foi terceira. De 146 participantes, 137 remataron a proba. O máis característico desta carreira son os dous quilómetros de subida moi duros antes de encarar o tramo final cara a
meta. Unha vez chegado ao cumio pódense contemplar unhas vistas fermosas da paisaxe da zona. Solidariedade Este ano, a Torre do Castro tivo caracter solidario. Un euro de cada participante foi parar á campaña solidaria “Compra un quilómetro para Uxía”, coa finalidade de recadar fondos para a moza Uxía.
DEPORTES
Xinzo e Celanova, as seguintes 4 As próximas carreiras. R.T. As vindeiras citas atléticas que terán lugar son as carreiras nocturnas que se van celebrar en Xinzo de Limia e en Celanova. Xinzo O sábado 15 de xuño, Xinzo de Limia celebra a súa VIII Carreira Nocturna Xinzo de Limia. Cinco carreiras por idades que comezarán ás 20.15h coa proba benxamín - alevín e rematarán ás 21.30h coa carreira absoluta. Ás 22.20h será a entrega de premios. A inscrición poderase facer ata o día 13 de xuño ás 23:59h e ten un custo de tres euros para os propietarios de chip amarelo ou catro para os que necesiten alugar o chip na carreira absoluta. Para o resto de
carreiras é de balde. Na web www.limiactiva.com, máis información sobre as inscricións. Celanova Para o sábado 22 de xuño quedará a de Celanova, que chega a súa décima edición. Ás 21.30 comezarán as carreiras das categorías inferiores cuxa inscrición é gratuíta. Ás 22.30 será o turno da proba absoluta; o custo nesta carreira é de 2 euros para os propietarios do chip amarelo, e de tres para os que o teñan que alugar. Máis información sobre a inscrición, que rematará o día 20, en www. championchipnorte.com. O propio xoves 20 haberá unha previa a modo de adestramento que cubrirá o mesmo percorrido.
200 persoas na “Fronteira” 4 Máis de 200 persoas participaron o pasado 26 de maio na 6ª Andaina da Eurocidade Chaves-Verín ‘Ruta da Fronteira’. Redacción Máis de 200 persoas, dos municipios de Chaves e Verín, participaron na 6ª Andaina da Eurocidade, realizada o 26 de maio, pola Ruta da Fronteira entre Feces de Cima e o san-
tuario de Santa Marta (Vila Frade). A proba de 10 quilómetros e cunha dificultade baixa percorreu as localidades de Feces de Cima, Lamadarcos, Vila Frade, Feces de Abaixo ata chegar ao santuario de Santa Marta. A
Participantes da andaina “Ruta da Fronteira”.
andaina pasou por lugares de beleza paisaxística e en pleno contacto coa natureza. Nas anteriores edicións efectuouse pola ‘Ruta polo Camiño Portugués Interior de Santiago – Vidago/Chaves’, ‘Ruta dos Ríos’ ou ‘Ruta do Contrabando da Cidadella’. O evento buscaba incentivar a práctica deportiva física e estreitar lazos de unión e convivencia entre flavienses e verineses. Devandita actividade foi organizada pola Eurocidade Chaves-Verín, Municipio de Chaves e Concello de Verín, e contou co apoio da Associação Flaviense de Caminheiros e Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas de Verín.
BARRIOS Xuño de 2013
23
Verán Deportivo en Verín Redacción
A Concellería de Deportes de Verín abre o prazo de inscrición para as actividades do programa Verán Deportivo 2013’, que terán lugar entre o 1 de xullo e o 30 de agosto. Destinada a 200 alumnos/as -que serán organizados por grupo de idade e actividade-, terá un horario de 10.30 a 13.30 horas. As iniciativas deportivas serán: Grupo Xeral de tres ou cinco días a semana (xogos populares, actividades polideportivas e acuáticas, sesións de cine, obradoiros, xogos recreativos e sendeirismo) e fútbol e fútbol-sala. A inscrición realizarase ata completar todas as prazas dispoñibles e por estrita orde de chegada (en horario de 10 a 13.30 e 17 a 20 horas). Máis información no Pavillón Municipal de Deportes (r/ Irmáns Moreno s/n).
24
BARRIOS Xuño de 2013
DEPORTES
parte con vantaxe, aínda que o Celta estea con opcións é importante”. Ao final, o Celta de Vigo permanecerá un ano máis en Primeira División. Aspas Continuando co Celta de Vigo tratou sobre o tema de Iago Aspas; “é un mozo ao que estabamos a seguir, desde que o expulsaron con catro partidos De esquerda a dereita, José Cabanas, Vicente del Bosque e Ignacio Rivera, coa Copa do deixamos de facelo”. Non podía deixar de saír Mundo. /RAMSÉS o tema do Real Madrid, no contestou nun ton afable a que foi categórico e comutodas elas. Mostrouse como nicou que a súa intención se lle ve na televisión: un é, despois da Selección, home amable, próximo e deixar profesionalmente o humilde; fotografiouse e fir- mundo do balompé. mou autógrafos con todos. Un pracer gozar do Sobre o final de liga na Marqués Vicente del Bosloita pola permanencia non que, aínda que soamente quixo dar un prognóstico e fora unhas horas, por temediante unha anécdota ex- rras ourensás. plicou as súas poucas artes R.T. A súa intención xa que Cabreiroá é desde adivinatorias: “desde semo ano pasado a auga ofi- pre eu fago a mesma quié, despois da Vicente Del Bosque visi- cial do equipo campión do niela, poño as mesmas “x” Selección, deixar tou a sede de Cabreiroá en Mundo e dobre campión de nos mesmos marcadores profesionalmente desde hai anos, xogue quen Verín o pasado 29 de maio, Europa. por ser un dos patrocinadoDel Bosque non esquivou xogue”. Pero si dixo que o mundo do res da selección española, ningunha das preguntas e “evidentemente o Dépor
Vicente Del Bosque, en Cabreiroá
4 O seleccionador nacional de fútbol visitou as instalacións de Cabreiroá en Verín.
balompé
No verán, campus de fútbol 4 O do Verín CF e o da Fundación Celta de Vigo son dúas destas propostas. Redaccíón Chega o verán e os campus de fútbol saen a relucir. En Verín o equipo da localidade organiza un, mentres que en Allariz o Celta de Vigo impartirá o da súa Fundación. I Campus Verín CF O I Campus Verín CF está destinado para nenos de 8 e 16 anos, e terá lugar do 25 ao 30 de xuño. Combinará a tecnificación deportiva coas actividades de ocio e tempo libre, amais de actividades en inglés e unha viaxe a Chaves. Desenvolverase en horario de mañá e tarde no estadio Xosé Arjiz. Conta-
rase coa visita de xogadores profesionais como Andrés Túñez (RC Celta de Vigo), Xaime Noguerol e Borja Valle (CD Ourense), Manu e Iago Díaz (CD Lugo). Celta de Vigo O Concello de Allariz colabora co Real Club Celta de Vigo que, a través da súa Fundación, impartirá no Seixo, por quinto ano consecutivo, un Campus de Fútbol para menores entre 4 e 14 anos de idade. O campus desenvolverase entre o 5 e o 10 de agosto en horario de mañá e, amais de fútbol, ofrecerá actividades complementarias. [+ info do campus de Verín no 696 116 924 e do de Allariz no 902 104 404]
DEPORTES / OCIO E CULTURA / ARTIGOS
A Copa Deputación de fútbol sala decidirase en Verín 4 Os días 15 e 16 de xuño. R. Torres Os días 15 e 16 de xuño a Copa Deputación de fútbol sala decidirase en Verín. O pavillón municipal de deportes da localidade acollerá a fase final deste evento deportivo. O sábado 15, pola tarde, disputaranse as semifinais tanto en categoría masculina coma na feminina. Os dous primeiros partidos corresponderán á semifinal feminina. Así, ás catro da tarde o Peroxa FSF e o Amoeiro FSF buscarán un posto na final; o seguinte partido (17.30h) disputarano o EDC Celanova contra o Carballiño/Aceites Abril. Para ás 19 horas quedará a primeira semifinal masculina entre A Veiga FS e o Lasider DyC; ás 20.30 horas chegará a quenda para a segunda semifinal, que xo-
garán La Bull 2.0. e Verín F.S. O equipo local tentará facerse forte no seu campo e acceder á final que se disputará o día seguinte. Finais As finais das dúas categorías xogaranse o domingo 16 de xuño no mesmo lugar. Ás 11 horas, a primeira final será a feminina, mentres que para ás 12.30 horas
Entrega da Copa Deputación de fai uns anos. /ARQUIVO
Verín recoñece aos mellores no deporte 4 Na I Gala do Deporte. Redacción Verín entregou os galardóns da primeira Gala do Deporte, organizada polo servizo de Deportes municipal, co obxecto de recoñecer o labor do deportistas locais durante a tempada 2012-2013. Entregaron os premios de Mellor Deportista Promesa (Pablo Pérez Blanco, xogador do RC Celta de Vigo en categoría xuvenil), Mellor Deportista Absoluto (José Manuel Ferreira Colmenero, actual campión de España en Wu Shu), Mellor Deportista Veterano (Javier Yañez Dos Santos, do club BTT Verín), Mellor Entidade Deportiva (CB Xuventude de Verín), Patrocinio
celebrarase a masculina. O vencedor deste torneo (na final masculina) entrará a formar parte do cartel do Trofeo Barrios Deportivo, que este ano chega á súa cuarta edición. O Trofeo Barrios Deportivo está organizado polo grupo editor desta publicación. Devandito trofeo disputarase na capital ourensá entre o 25 e o 30 de xuño.
Deportivo (Augas de Cabreiroá), Fomento do Deporte para Todos (María Carmen Sánchez Bargiela, directora do Centro Sociocomunitario de Verín) e Traxectoria Deportiva (Avelino Chaves Couto, ex-xogador de fútbol do Verín CF, Real Valladolid, Granada CF e o Real Zaragoza), ademais de mencións especiais. Gran aceptación En total, entre premiados, autoridades, xurado, familiares e invitados congragáronse máis de 500 persoas no complexo deportivo da Granxa de Verín na noite do pasado 7 de xuño para presenciar esta I Gala do Deporte.
Galardoados na I Gala do Deporte de Verín.
EN BREVE
4 Deporte en Xinzo A Concellería de Deportes de Xinzo presentou o seu programa de actividades deportivas para o verán. Charlas, fútbol 7, ximnasia, tenis, volei praia, carreiras populares, andainas e un longo etcétera conforman a súa oferta. As próximas citas: exhibición de ximnasia na rúa e carreira nocturna, ambas o día 15 de xuño. O 21 dispútase un partido de fútbol sala entre Suíza e un combinado galego e o 23 é o Día da Bici.
4 Marcha BTT en Monterrei O domingo 30 de xuño celébrase a quinta edición da Marcha de BTT Concello de Monterrei. Os participantes poderán elexir entre tres rutas: unha de 40 quilómetros, outra de 30 e outra de 10 quilómetros. O prazo de inscrición finalizará o día 28 de xuño ás 20:00 horas. Máis información en bttverin.com.
4FIRMA INVITADA
25
EN BREVE
Por un novo modelo de seguridade no medio rural Nos últimos tempos estamos asistindo a un aumento espectacular da delincuencia no medio rural. Trátase sobre todo de roubos en propiedades privadas, naves industrais e explotacións gandeiras. A dispersión en miles de pequenos núcleos e o envellecemento da poboación, conxuntamente cunha situación de profunda crise económica coma a que estamos vivindo e a escasa capacidade das forzas de seguridade para levar a cabo funcións de vixilancia e persecución dos delincuentes, resulta evidente que conforman as condicións ideais para que se poidan cometer roubos no medio rural, gozando de certas facilidades. Non está nas nosas mans, nin tan sequera sería recomendable, cambiar o actual asentamento poboacional dos galegos/ as, tampouco imos mudar aínda que o intentaramos, cousa que non se está facendo, a negativa dinámica de envellecemento brutal da poboación que vive no medio rural de Galicia, tampouco sabemos cando, nin como conseguiremos sair desta situación de crise que estamos pacendo, o único que parece claro é que como sigamos aplicando as mesmas políticas que primeiro o PSOE e agora o PP, están pondo en marcha, a saída aínda non é para agora. O único que podemos cambiar é o modelo de forzas de seguridade que temos actualmente, para facelo, menos custoso e sobre todo máis eficiente. Eu levo tempo defendendo que de inmediato hai que modificar a actual implantación no territorio da Garda Civil, non ten sentido seguir mantendo pequenos postos, con catro ou cinco efectivos, que non teñen ningunha capacidade para facer labores de vixilancia e que polo tanto resultan totalmente inoperantes. Por iso hai que ir reforzar os cuarteis de ámbito comarcal, dotándoos dos medios humanos e técnicos precisos para poder desempeñar
BARRIOS Xuño de 2013
as súas funcións con certa dilixencia e que cando menos permitan ter tres ou catro patrullas nocturnas, que cada noite “peinen” o territorio e ca súa presenza dificulten a actividade dos delincuentes, algo que neste momento coa actual distribución, non é posible. Hai que aproveitar este momento de crise para facer unha profunda reforma nos corpos e forzas de seguridade, e ter a valentía política de promover a integración da Policía e da Garda Civil, nun único corpo. Sería moito menos custoso e o que resulta máis importante, máis eficaz e máis eficiente, na súa loita contra todo tipo de delitos. E por último como nacionalista galego, como galeguista, considero que Galicia debería dotarse dunha forza de seguridade propia, dunha Policía Galega, que non tería por que supor un incremento do gasto, cos efectivos da Policía e da Garda Civil, despregados na actualidade en Galicia, ben distribuídos serían suficientes para afrontar con bastante máis éxito todas as cuestións relacionadas con tráfico e a seguridadevíal, ou a loita contra todo tipo de delitos. En definitiva, algo hai que facer para acabar con esa sensación de inseguridade que se vive no rural de Galicia, os cidadáns teñen dereito a sentirse seguros, porque iso ten a súa incidencia na calidade de vida e no benestar, do contrario o único que estaremos facendo é achegar un motivo máis para que a despoboación do rural siga indo a máis de xeito xa case irreversible. Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador en Ourense de Compromiso x Galicia
“Non ten sentido seguir mantendo pequenos postos da Garda Civil que resultan totalmente inoperantes”
4 ‘Cadros líquidos’, na Casa do Escudo O pintor lusitano Joao Rebelo expón os seus ‘Cadros líquidos’ na Casa do Escudo de Verín. A mostra poderá visitarse ata o 15 de xuño, de luns a sábado das 17 ás 20.30 horas. Baixo o título de ‘Cadros líquidos’, Joao Rebelo presenta unha exposición formada por un conxunto dunha vintena de acrílicos sobre tela, en formatos medianos e grandes, que o pintor realizou nos tres últimos anos. Os ‘Cadros líquidos’ son, segundo o artista, “caras, ollares diluídos nas cores da viña, nas sombras da vide, nas que transpira o río xerador do val vitícola”. Porque, para el, “a uva é auga en esencia”.
4 ‘As cores de Monterrei’ na Casa do Escudo A Casa do Escudo de Verín acolle ata o 15 de xuño a exposición ‘As cores de Monterrei’, organizada pola Ruta do Viño Monterrei en colaboración co Concello de Verín. A mostra está conformada por 35 imaxes fotográficas presentadas ao concurso da asociación Ruta do Viño Monterrei, realizado a finais do pasado ano, co obxecto de recoñecer a creatividade da fotografía no mundo do viño, tanto en afeccionados como profesionais; e destacar o patrimonio natural e arquitectónico da comarca de Monterrei. A fotografía gañadora deste concurso foi a de Carla Fernández Rey, e os accésits recaeron en José Benito Diéguez Teixeira.
4 Campamento para discapacitados O Concello de Maceda informa de que está aberto ata o 15 de xuño o prazo de inscrición nos campamentos de verán para persoas con discapacidade. A actividade está dirixida para persoas de entre 9 e 40 anos e as solicitudes preséntanse na Oficina de Servizos Sociais de Maceda.
26
BARRIOS Xuño de 2013
CLASIFICADOS /SERVIZOS
Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, S.N., Andrés Diz Nº79 / 15- Ano: VIII - Xuño 2013 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.
4CLASIFICADOS
ALUGUER/VENDA Alugo apartamento en Montalvo de 1 e 2 cuartos, con xardín e barbacoa, para fins de semana, semanas e quincenas. tel. 607 27 19 16. Vendo apartamento de 2 habitacións en Vigo, fronte á praia. Tel. 636 422 497. Alugo casa a 1 km de Allariz. Bo prezo. Tel 686 540 087 Alugo piso grande e novo en Xinzo, tel. 671 033 606. Urxe venda chalet a estrear na Lanzada (a 400 m da praia). Informes 655 484 373.
Vendo piso en Xinzo, amplo, 3 habitacións (unha amoblada xuvenil), 2 baños, salón, cociña completamente amoblada, fío musical, halóxenos, praza de garaxe, con amplo trasteiro que se pode unir. Bo prezo. Tel. 626 994 176.
Alúgase piso amoblado no Grove. Para vacacións ou descanso temporal. Bo prezo: Tel: 600 569 733. Alugo apartamento en 1º piso, zona San Francisco, Ourense. 2 dormitorios. 1 baño. Céntrico e moi luminoso. En bo estado. Tel. 670 457 025. Alugo piso novo no Couto, Ourense. 3 habitacións, salón, cociña amoblada, dous baños, e garaxe pechado e amplio. Tel: 988 22 21 79 (chamar polas tardes). Vendo ou alugo precioso apartamento en zona residencial e de ocio da Valenzá. 2 habitacións, 2 baños amoblados, cociña independente equipada, praza de garaxe e adega. Prezos interesantes. Tlf. 600 150 578 e pmlges@outlook. com. Alugo apartamento na Ponte (Ourense). 2 habitacións, salón, cociña equipada e 2 baños. Armarios en habitacións e baños.Calefacción e auga quente central con contador individual. Ampla praza de garaxe e adega. 400 euros/mes (negociables) máis 60 de comunidade.Tel. 617 218 883 (José Luis) Absterse inmobiliarias. Vendo finca edificable en Rante, tel. 699 36 22 87. Alúgase piso con terraza en Albufereta, Alicante, para os meses de verán. Tel. 666 08 06 65 Alugo piso en Vigo (pr. España) para estudiantes ou veraneantes. Tel: 639 816 209. Alugo piso en Tomiño. Amoblado, praza de garaxe e ascensor. Tel: 639 816 209. Alugo casa amoblada con xardín e finca en Celanova, por tempadas ou todo o ano. Tel. 988 43 16 64 e 617 92 58 73. En Sanxenxo alúgase apartamento equipado con praza de garaxe opcional, tel. 986 72 10 56 ou 617 50 52 24
VENDAS Vendo estanterías de almacén 1x0,70 e caixa forte 59x49, bo estadoe bo prezo. Tel. 988 47 08 55 Vendo Suzuki 4x4. Económico. Tel.: 671 103 243 / 674 561 230. Vendo bicicleta 150 euros, telf 647 272 198.
Vendo Nokia n70 de Vodafone, 30 euros, telf 676 928 138. Vendo leña de carballo. Tel.: 656 940 550. Vendo vestido de noiva seminovo por 600 euros. Tel. 988 25 59 63 Vendo traxe de comuñón, 200 euros. Tel. 988 25 59 63 Vendo quentador de auga eléctrico 50 l, 150 euros. Tel. 988 25 59 63 Vendo vestido de noiva, modelo Donaire da colección Glamour 2013 de Pronovias, talla 34. Con cancán, veo, cinturón e funda. Tel: 607 905 215. Vendo discos de vinilo. Tel. 698 174 374 Vendo un ordenador de sobremesa Dell, con Oficce 2010. Seminovo. Tel. 627 628 139 Vendo carro de vacas de madeira e rodas de ferro en bo estado de conservación. Ideal para decoración de xardín. Tel. 988 407 735 Vendo BMW 320, 135cv, 1999, gris plata, EE, AC, CC, teito solar, llantas orixinais, recén pintado, motor novo,impecable. Carlos, tel. 627 640 657. Vendo culata BMW 320D e46, bo prezo. Carlos, tel. 627 640 657. Vendo vestido de comuñón nena talla 14 Pili Carrera. Tel 646 891 592. Fotógrafo vende equipo de estudio (2 flashes grandes + trípode) e cámara analóxica Nikon antiga, todo por xunto ou por separado, bo prezo. E ofrezo clientela a fotógrafos que estean empezando. Tel. 663 396 363. Véndense mobles de perruquería seminovos por mil euros. Tel. 988 25 59 63. Vendo 4 llantas de aluminio BMW medida 15, 130 euros. Tel. 689 54 80 29 Vendo bañeira de bebé e cuna e silla de bebé con plástico por 600 euros. Tel. 696 18 11 73 Vendo Tablet Primux 7 pulgadas Zonda 2 impecable, casi sin uso con funda roja de regalo . Precio 60 euros. Tlf 637756687. Véndese leña de carballo. Tel. 630 521 448.
EMPREGO Desbrózanse fincas e fanse portes. Tel.: 656 940 550. Nai e filla con título de auxiliar de enfermería buscan traballo en Celanova, Allariz ou Ourense, en coidado de persoas maiores ou nenos, fogar ou residencia. Dispoñibilidade horaria e con carné de conducir. Tel. 662 91 76 51. Ofrécese persoa para coidar persoas maiores e rapaces.Tamén de noite. mign@live.com.Tel: 697 865 710. Ofrécese señora de 50 anos responsable para traballar por horas ou todo o día en Xinzo e comarca, coidando persoas maiores, nenos, limpeza de fogar, escaleiras ou bares. Tel. 625 40 30 49. Faise terapia de Reiki. Prezo económico, con titulación. Tel.609 039 225.
4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Ségase herba con segadora de man, con desprazamento a calquera parte, económico. Tel. 630 521 448. Ofrécese señora para tarefas de limpeza ou coidado de persoas maiores, dispoñible tamén polas noites. En Xinzo. Tel. 603 87 48 81. Desbrózanse fincas con tractor e a man. Ségase herba con segadora. Tel. 630 521 448. Fanse portes e mudanzas. Tel. 630 521 448.
[Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados gratis no 988 239 634 ou en info@ ourenseporbarrios.com]
988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258
Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)
988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222
OCIO E CULTURA / ARTIGOS
4HISTORIAS DE MONTERREI
O castro e o Castelo de Lobarzán O castro e o Castelo de Lobarzan é probablemente a zona arqueolóxica máis importante de toda a comarca de Monterrei, eles sós poderían dar para máis dunha ducia de publicacións e se me descoido para un libro. Pero hoxe quero centrarme nunha cova que alí se encontra, a “Cova dos Mouros”, unha das poucas covas naturais da nosa comarca. Este refuxio natural, existente dende tempos inmemoriais, foi testemuña de gran parte da historia humana da nosa comarca dende o Calcolítico ou “Idade de Cobre” ata a Idade Media. A entrada da cova é a parte máis estreita do refuxio e para poder acceder ao interior hai que reptar por unha pequena boca situada aos pés dunha gran peneda, unha vez pasada esa pequena entrada, e coa lanterna acesa, xa se verá a Cova dos Mouros integramente. Trátase dunha galería de aproximadamente sete metros e medio de lonxitude, cunha altura que nalgúns puntos case chega os tres metros e cunha anchura máxima de tres metros e medio. Na parte media da cova hai dúas pequenas aberturas naturais que permiten que entre algo de luz e ventilan a cova. O chan é de terra agás ao final da cova que
Cova dos Mouros.
está formado por pequenas pedras, entre as que se pode observar algúns restos de cerámica. Nunha interesante investigación feita por Antolín Gómez Fernández e Montserrat Vázquez Domínguez, foi recollido un copioso número de vestixios cerámicos no seu interior, soamente foron estudados os pertencentes á época romana e aínda así o número de restos cerámicos ascendeu a 121 fragmentos. Tamén nesa mesma investigación titulada: “La ocupación romana del yacimiento de castelo de chás: «a cova dos mouros» (Oímbra, Ourense)” conxeturan coa posibilidade de que houbera unha estrutura no exterior da cova que funcionara a modo de atrio, e que o seu interior fora un lugar sagrado, ademais das posibilidades que podería ofrecer este para o descubrimento de gravados rupestres. Andrés Diz D, historiamonterrei.blogspot.com.es
“Unha investigación conxetura que o interior da Cova dos Mouros fora un lugar sagrado”
4PSICOLOXÍA
da bioenerxética), o asentamento ten a mesma función no sistema enerxético do organismo que un circuíto eléctrico de alta tensión. O contacto coa terra proporciona unha válvula de seguridade para descargar o exceso de excitación e de acumulación de carga enerxética. Dí a bioenerxética que física e emocionalmente a dirección descendente é o camiño ao pracer que proporciona o desafogo ou a descarga, sendo ademais o camiño á satisfacción sexual. Se a persoa sinte o seu corpo, a súa sexualidade e a terra sobre a cal está parada está en contacto coa súa realidade interior. Consecuentemente, as persoas que teñen dificultades para descender están bloqueadas en canto a súa capacidade de abandono total á descarga sexual e deixan de experimentar unha plena satisfacción orgásmica. Así pois, o enraizamento coa terra identifica a persoa co
seu corpo, facéndoa consciente da súa sexualidade e orientándoa cara ao pracer, cualidades das que carece unha persoa que está “colgada” no aire. Para asentar os pés na terra hai varios exercicios, que producen o fenómeno vibratorio, fenómeno que intensifica a sensación nas pernas e pés. É preciso facer de forma gradual estes exercicios para alcanzar e conservar o sentimento de seguridade e de estar solidamente arraigado, deixando de estar baixo a influenza de calquera ilusión e chegando a un estado de independencia e madurez.
Eva Méndez Rolán, Psicoloxía PROCERXIA
“O contacto co chan representa un contacto individual coas realidades básicas da propia existencia”
4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA
Xornalismo do pasado e do presente O pasado xa non volve, mais fainos recordar valores que, actualmente, se apagaron. Os contratos á antiga eran baseados en palabras, a chamada “palabra de honra”. Había censura, sen dúbida, con todo existían xornalistas de alta estirpe que sabían escribir correctamente e dábanos unha prosa da máis alta calidade, envolvéndose na verdade e non nas banalidades. A mestría, a sensibilidade e a concentración podían tornear a “fronteira” do impedimento. Hoxe fálase de “fronteiras” como quen fala de croissants, como un malabarismo que divide o pobo e este merece respecto e dignidade. Vexamos, Mouriño, un
27
4AXENDA
O enraizamento Estar en contacto coa terra é o oposto á actitude de estar “colgado”, fóra da realidade. Estar enraizado na terra é outra forma de dicir que unha persoa ten os seus pés no chan. O contacto co chan representa un contacto individual coas realidades básicas da propia existencia. É moi frecuente estar “colgados” das nosas fantasías e ilusións. Estar plantados, asentados sobre os pés, é un dos conceptos típicos da terapia bioenerxética. O fin desta terapia é aprender a estar no chan sobre os pés, cargando enerxeticamente a parte inferior do corpo, a cal está en íntima relación coa enerxía sexual. Polo xeral, ninguén se plantexa se ten os pés na terra porque mecanicamente é así, pero ese contacto realmente acostuma ser moi superficial, non sendo nin de sentimentos nin de enerxía. Según Lowen (fundador
BARRIOS Xuño de 2013
personaxe polémico, de mal carácter, utilizando, con esaxeración, xustificacións inxustificadas; mais, por detrás, o 75% dos xornalistas españois e unha minoría dos portugueses denigran a imaxe dun home culto e profundamente coñecedor do fútbol, sobre todo da súa esencia. Esaxérase moi pola vulgaridade da crítica pola crítica, rozando descaradamente a xenofobia. O xornal “El Mundo” fixo unha análise completamente enganosa, atribuíndo a cada título de Mourinho 21 millóns! Entón pregúntase: ese patrimonio investido valorizou ou desvalorizou? Desde lesións, até baixos rendementos dalgúns dos principais futbolistas non
defraudaran ese xornalismo tan insigne e libre? Será Mouriño o único culpábel?!... Só el desestabilizou o balneario do Real Madrid? Segundo o prestixioso xornalista Siro López, chamar a Mouriño Keller, Hitler, asasino etc., non dignifica minimamente nin a ética, nin a deontoloxía de calquera profesional. Xornal “El Mundo”, apetéceme dicir: Só as plantas me acompañan. O resto da vexetación permanece no subsolo. João Damião
“Mouriño, personaxe polémico, de mal carácter...”
Exposicións - Ata o 15 de xuño - “As Cores de Monterrei” e “Cadros líquidos”- Casa do Escudo de Verín - Do 18 de xuño ao 2 de xullo - Arte Infantil - Escola de Artes e Oficios de Verín - Ata o 23 de xuño - “Código postal” de Ángeles Jorreto - Sala A Fábrica de Allariz - Ata o 4 de xullo - “Paisaje urbano” de Tamara Barros - Taberna Acevedo - Xunqueira de AmbíaCine - 13 de xuño - “Dillinger ha muerto”- 22:15 h - Casa da Cultura de Verín Música - 14 de xuño - Concerto de fin de curso - Conservatorio de Xinzo - 22 de xuño - Concerto fin de curso - 12 h - Conservatorio Elemental de Música de Verín - 28 de xuño - Concerto acústico Chiquillo & Abuelo - 23:45 h- Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía Espectáculos - 14 de xuño - “Outlet, monólogo poético-musical de Juan Carballo & Nacho Pérez” - 23:45 h - Taberna Acevedo - Xunqueira - 15 de xuño - “Dramático: Yin” - 20:30 h - Casa da Cultura de Verín - 15 de xuño - Monólogo: “Yo y mi pensamiento” de Óscar Guillen - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía - 28 de xuño - I Festival Moulla Rock: Skarnivals, The Tetas Van, e Ce Orquesta pantasma- 23 h - Boado, Xinzo Outros - 14 e 15 de xuño - VII Festival “Baila conmigo” - Celanova - 15 de xuño - Carreira Nocturna de Xinzo - 15 de xuño - III Torneo de Mini Vilas de Baloncesto Ourense - Xinzo - 22 de xuño - Carreira Nocturna de Celanova - 23 de xuño - Día da Bici en Xinzo www.mundourense.com
28
BARRIOS Xuño de 2013
OCIO E CULTURA
Participantes na foliada, na Casa dos Poetas de Celanova, primeira parada do percorrido./RAMSÉS. Inauguración da exposición sobre o circo Ciudad de los Muchachos en Celanova.
Unha mostra sobre o Padre Silva chega á Casa dos Poetas 4 A exposición estaba prevista para Raigame pero fora suspendida polo mal tempo. Redacción Desde o 7 de xuño pódese contemplar na Casa dos Poetas de Celanova unha mostra sobre Benposta e o Padre Silva. Baixo o título ‘Todo comezou como un soño’ (Benposta. O soño de facer un mundo mellor) os visitantes poderán ver unha mostra da cartelería do circo Ciudad de los Muchachos, referencias á súa historia, traxes e fotografías sobre a
creación de Benposta, e información sobre a figura do Padre Silva e as súas raíces celanovesas. Organizada pola Asociación Cultural Padre Silva, a Fundación Benposta, a Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova, esta escolma da vida e da obra do Padre Silva poderase visitar ata finais de agosto en horario de martes a sábado de 11 a 13.30 e 16 a 19 horas.
De acampada con Saudeter 4 Saudeter organiza do 3 e o 13 de xullo unha acampada en Verin para nenos de 9 a 13 anos con actividades diversas e orixinais. M. Rejo A empresa de ocio e tempo libre ubicada en Verín e Ourense, Saudeter, abre o prazo de inscrición para a primeira acampada de verán que organiza na hípica do campo dos Remedios, en Vilamaior, nos arredores de
Verín. Os nenos de entre 9 e 13 anos que se apunten poderán gozar de dez días, entre o 3 e o 13 de xullo, de multitude de actividades ao aire libre impartidas por seis monitores especializados que en todo momento farán que os nenos se divirtan
A exposición estaba incluída nos actos de homenaxe previstos na Romaría Raigame 2013 ao creador de Benposta e ao seu tío avó Secundino Feijóo, fundador do Circo Feijóo e promotor do circo moderno en España. O mal tempo da xornada do 17 de maio impedira a súa colocación nas rúas de Vilanova dos Infantes. Circo no verán O circo continuará presente en Celanova ao longo deste verán coa realización de talleres para nenos sobre o espectáculo circense na Casa dos Poetas, proxección de documentais e filmes sobre o Circo Ciudad de los Muchachos e coa acollida dun espectáculo en directo a finais do mes de xuño no claustro barroco.
o máximo posible. Non será moi difícil pasalo ben practicando hípica, jumping, golf, veladas nocturnas, tiro con arco, hinchables, talleres formativos, e un sinfín de actividades. Todo iso mentres aprendemos algunhas palabras en inglés. O prazo de inscrición para abonar os 180 euros que custa a acampada de verán remata o venres 28 de xuño. Hai dispoñible un máximo de 45 prazas, que se asignarán por orde de inscrición. Se desexades máis información podedes consultar a web www.saudeter.com ou no teléfono 988 41 07 67.
Foliada literaria por Celanova O sábado 8 de xuño tivo lugar en Celanova a primeira Foliada Literaria, un percorrido no que o patrimonio da vila de San Rosendo mesturouse co son da música tradicional. Este evento toma a testemuña das foliadas celebradas nos últimos tres anos, organizadas por iniciativa espontánea dun grupo de persoas amantes da música tradicional e músicos coma Alexandre Ruíz, nas que se convidaban a veciños e visitantes a unirse a unha xornada festiva coa música tradicional como protagonista polas distintas tabernas e bares de Celanova. Nesta ocasión a colaboración do Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez engadiu un atractivo maior a este percorrido incorporando visitas culturais á Torre das Campás ou a Torre da Homenaxe de Vilanova dos Infantes. O punto de inicio foi a Casa das Poetas, desde onde, tras unha lectura informal de versos de Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro, partiu a foliada polas rúas de Celanova, realizando un paseo ata a Torre das Campás do Mosteiro de San Rosendo. Os participantes achegáronse ata algúns dos locais colaboradores como a Taberna O Tellado, o restaurante o Forno do Lito, o Bodegón Trigal, o Mesón Vieira ou o Teleclub de Vilanova dos Infantes, onde se celebrou un xantar. Xa pola tarde as visitas culturais tiveron lugar en Vilanova dos Infantes coa subida á Torre da Homenaxe e a baixada á Adega de San Vivián, completando así unha xornada na que a música inundou o patrimonio arquitectónico. O percorrido rematou nos locais hostaleiros de Celanova.
Autoridades na Festa do Cabalo de Nogueiró, en Cartelle./RAMSÉS.
Festa do Cabalo en Cartelle A Asociación de Cabalistas O Mundil organizou a pasada fin de semana do 8 e 9 de xuño a XVI Festa do Cabalo de Nogueiró, no municipio de Cartelle, cita festiva que atraiu centos de afeccionados ao mundo ecuestre para contemplar as competicións e exhibicións de cabalos. O campionato galego de raid, xogos e xinkanas a cabalo, a final da liga galega de horseball (un deporte mestura de baloncesto, rugbi e equitación), o campionato galego de raid, unha exhicibión de 12 coches de cabalos, un torneo medieval a cargo do grupo de especialistas Hípica Celta, e unha doma de cabalos por parte de alumnos do Mundil dirixida pola monitora do centro, Anairís Vázquez Lago, foron algúns dos atractivos da xornada, á que acudiron autoridades como a alcaldesa de Cartelle, Carmen Leyte, ou o conselleiro de Educación e Cultura, Xesús Vázquez. Unha orquestra e as bandas de gaitas de Cartelle e Barbadás amenizaron as dúas xornadas.
OCIO E CULTURA
O Baila Conmigo reunirá uns 800 bailaríns en Celanova 4 A vila convértese en capital do baile social os días 14 e 15 de xuño. Redacción A sétima edición do Festival Baila Conmigo reunirá en Celanova os días 14 e 15 de xuño uns 800 afeccionados ao baile social. A iniciativa, que xurdiu hai sete anos da man de Modesto Vispo como forma de premiar aos seus alumnos celanoveses, tense convertido co paso do tempo “nun evento de primeira división, hoxe por hoxe o congreso máis grande dos que hai en Galicia, o mellor en relación calidade-prezo”, apunta o organizador. Como xustificación, apunta á presenza no evento de grandes bailaríns, como
sete campións de España, tres de Portugal, un de Europa de baile deportivo de salón, ou un terceiro no Campionato do Mundo. A diferenza doutros congresos de salsa, nos que o nivel de baile “é altísimo”, a cita de Celanova caracterízase por non ser competitiva, e aí radica o seu éxito: “aquí as dúas primeiras horas están pensadas para a xente que está empezando a bailar, de nivel iniciación ou medio, despois quedan os salseiros”, explica Modesto. 10 modalidades de baile Os asistentes ao festival son na súa maioría de fóra
BARRIOS Xuño de 2013
29
Recuperan o “Roteiro de Vilela” en Bande Redacción
Exhibición de baile nunha edición pasada do festival./BAILA CONMIGO. de Celanova; “a maioría da xente que participa vén de Vigo, de Santiago, de Allariz, de Xinzo, e temos grupos confirmados de Chaves, Braga e Porto”, enumera o organizador. Todos eles poderán asistir ás clases gratuítas na praza Maior na tarde do venres 14 e no claustro do Mosteiro na mañá e tarde do sábado 15. Bachata, pasodoble, salsa, chachachá, hip hop, baile moderno, kizomba, roda cubana, salsa estilo chicas e estilo chicos e como novidade bachata-fusión serán as modalidades que poderán contemplar e bailar os participantes. Na xornada
do venres haberá animación e baile social no pavillón a partir das 23:30 horas e o sábado o inicio das exhibicións será a media noite e o baile social a partir da 01:30 da madrugada. O organizador do Baila Conmigo agradece o apoio dos máis de 80 patrocinadores, do Concello de Celanova e da Mancomunidade, o que lle permite manter os prezos das entradas por baixo do habitual neste tipo de citas. Todos
son conscientes da repercusión económica para a vila dun evento destas características, “a xente queda a comer, a tomar cafés”, apunta Modesto Vispo que tamén sinala que en Celanova “non hai capacidade hoteleira para meter tanta xente” polo que moitos asistentes quedarán en establecementos dos municipios da contorna ou regresarán na mesma noite aos seus lugares de orixe.
Haberá clases gratuítas de ata 10 modalidades de baile na praza Maior e no claustro do Mosteiro de Celanova
A historia castrexa da Baixa Limia cobra desde este mes máis realce coa apertura do renovado “Roteiro de Vilela”, unha recuperada ruta de sendeirismo no municipio de Bande que percorre un dos trazados máis fermosos da provincia, unindo a través dunha frondosa carballeira os castros de Pena Maior e da Croa, ofrecendo unhas vistas paisaxísticas inmellorables do Val do Limia e da Serra do Xurés. Un cento de sendeiristas déronse cita o pasado sábado 8 de xuño en Vilela (Bande) para percorrer os catro quilómetros deste roteiro, que foi recuperado grazas ao proxecto que desenvolveu a asociación de veciños de Vilela co apoio do Concello de Bande e da Deputación de Ourense.
30
BARRIOS Xuño de 2013
OCIO E CULTURA
Limisi organiza un mercado solidario en Xinzo 4 O 29 de xuño na praza Carlos Casares. Redacción A Asociacion para a Promocion de Minusvalidos Psiquicos da Limia Limisi organiza o próximo 29 de xuño en Xinzo un mercado solidario de segunda man. No mercado venderanse libros, cedés, deuvedés, material escolar, bolsos e complementos, mobles, pequenos electrodomésticos, obxectos de decoración, xogos, agás roupa e calzado. Limisi anima aos veciños da Limia a que donen obxectos e cousas que xa non lle sirvan ou non usen. O recadado coas vendas axudará ao mantemento do centro ocupacional que ten a asociación en Xinzo. A cita tamén servirá para facer visibles ás persoas con discapacidade intelectual, ademais de amosar á co-
Stand no que Limisi vende obxectos artesáns elaborados polos seus membros na feira de Xinzo./ARQUIVO. marca o importante labor que está a desenvolver Limisi con este colectivo. A cita será durante o sábado 29 na praza Carlos Casares de Xinzo de Limia. Ao longo do día haberá diferentes actuacións de gaiteiros e clases de danza. Rematarase a xornada coa actuación de fin de curso da escola de baile Danzón, na que tamén
participarán persoas con discapacidade intelectual, xa que a xerente e profesora da escola imparte de xeito voluntario clases de baile en Limisi dende hai varios anos. E por último sortearase un xamón donado por Serra do Larouco entre todos os que participen mercando rifas.
“En Loyma somos os únicos fabricantes de alianzas de Galicia” Joyería Loyma está especializada en vodas e leva máis de 30 anos aberta na rúa Pena Corneira de Ourense. Son especialistas en vodas? “Si; a parte de ser os únicos fabricantes de alianzas de Galicia, temos un extensísimo surtido de aneis de pedida de todos os prezos, desde 250 euros con brillantes certificados ata o que queiran gastar. Podemos mesmo porlle a montura que máis lle guste ao cliente co brillante que queira. Tamén temos pendentes e pulseiras para noivas de todos os prezos e formas, con brillantes, con circonitas, en ouro e en prata. Para el temos un amplisimo abano de reloxos de pedida das marcas máis punteiras do mercado. Cal é o estilo máis demandado en canto a xoiaría de eventos?
Loly e Manolo, responsables de Joyería Loyma. “Hoxe os noivos queren crear a súa alianza ao seu estilo e nós podemos facelas como eles queiran sen encarecer o prezo e en todas elas cun 15 % de desconto. Hoxe os nosos noivos queren alianzas diferentes, incluso a noiva lévaa mais estreita e el máis ancha”. Por onde pasa o futuro das xoiarías? “A xoiaría hoxe ten que estar continuamente innovandose; por iso nós estamos continuamente
viaxando a Italia para traer as novas tendencias e sobre todos pezas máis exclusivas para todo tipo de publico”. Algún consello para os clientes? “Que non compren as súas alianzas antes de visitarnos. E se queren sorprender á súa futura esposa ou noiva vexan a nosa variedade de aneis para un dia moi especial. E agora que é a época, temos todo para as primeiras comuñóns dos nosos nenos e nenas”.
OCIO E CULTURA
Éxito da Festa do Boi 2013 4 A organización destaca a participación activa dos veciños, o revulsivo económico para a vila e a ausencia de incidentes. Redacción A asociación cultural Xan de Arzúa avalía con satisfacción a última edición da Festa do Boi “pola numerosa e activa implicación veciñal, polo revulsivo económico que supuxo para os
negocios, nomeadamente a hostalería, e polo desenvolvemento sen incidentes das carreiras do boi”, indica nun comunicado. “Consideramos pasos importantes a expansión de eventos que constitúen a propia esencia da festa,
Carreira do boi infantil./P.LODEIRO.
como a procesión medieval de Xan de Arzúa; a consolidación de outros, coma o MusicBoi, que funciona como escaparate do espírito creativo dos veciños; e a incorporación de proxectos novos, coma o espectáculo de monicreques, que utilizan a propia festa como elemento didáctico con protagonismo dos estudantes dos centros de ensino e o Pista Boi. Tamén nos resulta especialmente grata a incorporación cada vez maior de grupos de Allariz nos apartados musicais do programa”, relatan desde o colectivo Xan de Arzúa. A activa participación veciñal nos gremios, nos concursos medievais e, en xeral, en todas as actividades programadas, confirman a boa saúde dunha celebración que data de 1317 “e que segue
moi viva no espírito e na acción do pobo de Allariz”. Segundo recolle a asociación cultural Xan de Arzúa, os locais que os gremios habilitaron no casco histórico foron este ano “máis numerosos ca nunca” e tamén moi variado o perfil de visitantes, que se abre a persoas de máis idade. Da afluencia de visitantes dá conta o volume de vendas. Aínda sen pechar definitivamente as contas, é constatable a venda de 7.500 panos vermellos, que quedaron esgotados a mediodía do sábado, un día e medio antes do remate da festa. As camisetas oficiais tamén se venderon na súa totalidade, o mesmo que os chaveiros ou pins de recordo. Carreiras sen incidencias No ámbito das carreiras, a asociación amósase satisfeita polo seu desenvolvemento, sen incidencias nin danos reseñables, nin para os corredores nin para os animais.
BARRIOS Xuño de 2013
31
Unha comisión veciñal organizará as festas de Celanova P.L. Por primeira vez nos últimos 35 anos, unha comisión de veciños e de comerciantes encargarase da organización das Festas do Verán de Celanova, despois de que o Concello renunciara a organizalas. Os integrantes da comisión, entre os que hai empresarios, traballadores públicos, hostaleiros da vila empezaron xa a semana pasada a recadar fondos para sufragar tanto as festas da Ramallosa como as de San Roque. Un deles, Carlos Rodríguez, explicou que aos locais de Celanova pediráselle a mesma cantidade que lles viña pedindo o Concello, mentres que aos particulares será “a vontade”. A comisión conta tamén co compromiso da admi-
nistración local de achegar financiación para as festas, aínda que non está concretada a cantidade.“Aos veciños pedímoslles que nos boten unha man, está na súa man que as festas sexan este ano mellores ou peores”, afirmaba Rodríguez. A edición dun libro e o sorteo dunha moto de 125 cc o 16 de agosto serán outras maneiras de completar o orzamento das festas, dous días na Ramallosa e cinco no San Roque. Carlos Rodríguez adiantou que o programa que preparan será “para que disfrute todo o pobo” con orquestras repartidas na praza, na rúa Encarnación e na zona dos pubs. O día da Ramallosa apostarán por charangas, mentres que para o San Roque “xa temos reservadas as orquestras Olympus, Capitol e Ledicia”.
BARRIOS Xu単o de 2013
Crece o número de usuarios da Casa do Escudo de Verín VERÍN
Páx.3
Un obradoiro de emprego recupera o ‘Camiño dos Carros’
VERÍN
Páx.3
VERÍN
Páx.6
Entregados os títulos O primeiro ministro das parcelarias de luso Passos Coelho Cabreiroá e Albarellos visita a Eurocidade
COMARCA
Páx.7
Previsto un simulacro de emerxencias no túnel do Corno, Laza
[páx. 7]
DEPORTES Páx.24 O seleccionador nacional Vicente del Bosque, en Cabreiroá
200 persoas cubriron a “Ruta da Fronteira” Máis de 200 andaríns participaron na 6ª Andaina da Eurocidade Chaves-Verín ‘Ruta da Fronteira’./CdeV.
Número: 79- Ano:VIII - Xuño 2013- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
[páx.23]
BARRIOS Xu単o de 2013
Entrevista a Bernardo Varela, edil de Medio Ambiente de Allariz, sobre o FIXA COMARCA Páx.15
CELANOVA
Páx.17 ENTREVISTA Páx.18
Protesta en Baños e A recuperación de Xunqueira polo cambio Castromao enfronta do horario escolar a PP e BNG
María Jesús Boo, presidenta do Vieiro - Leboreiro
Foliada literaria por Celanova
[páx.28]
DEPORTES Páx.23
OCIO
[páx. 16]
Páx.29
A X Carreira nocturna Cita co baile en de Celanova será o 22 Celanova os días 14 e de xuño 15 de xuño
Éxito da Festa do Boi 2013
[páx.31]
Consistiu nun percorrido musical polo patrimonio da vila de San As carreiras de bois da fin de semana de xuño foron as de maior Rosendo e de Vilanova dos Infantes./RAMSÉS. participación./P.LODEIRO.
Número: 15 - Ano: VIII - Xuño 2013- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
BARRIOS Xu単o de 2013