Xullo 2013 - BXVAC

Page 1

A conselleira Rosa Quintana visita varias explotacións agrarias en Xinzo [p. 10] TEMA DO MES Páx.2

COMARCA

Páx.8

A provincia suavizou Obras de mellora do nos últimos meses os abastecemento en efectos laborais da crise Porqueira

XINZO

Páx.10

DEPORTES Páx.25

A asociación ADEGAL O limián Rubén Diz traslada as súas faise coa carreira peticións aos políticos nocturna de Xinzo

OCIO

Páx.27

Catro días de festa para honrar á Santa Mariña en Xinzo

Novos xuíces honorarios no Couto Mixto Foron nomeados o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, e a asociación “Ponte nas Ondas”. /RAMSÉS.

Número: 80 - Ano:VIII - Xullo 2013 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

[páx. 28]


BARRIOS Xullo de 2013

TEMA DO MES

Observatorio Económico Ourensán

A provincia suavizou nos últimos meses os efectos laborais da crise

4 Ourense é a provincia galega menos castigada polo desemprego e mellora as medias de Galicia e España, recolle o informe da Deputación. P.L. Ourense é a provincia galega menos castigada polo desemprego e a que mellora as medias de Galicia e España. Esta é a principal conclusión do segundo informe do Observatorio Económico Ourensán, elaborado pola Deputación de Ourense. O informe sinala que a provincia ourensá logrou suavizar nos últimos meses os efectos laborais da crise. Malia os datos positivos, o presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou na presentación do informe que o pulo da economía “será longo, esforzado e lento”, e mentres os indicadores sigan “nos niveis de alerta” a Deputación de Ourense “vai seguir deseñando plans de recuperación económica das economías locais”. Baltar presentou o informe acompañado do xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, e do profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, José María Chamarro, encargado de expor as conclusións técnicas do estudo. Chamarro destacou que desde a presentación do primeiro estudo do Observatorio Económico Ourensán (decembro de 2012), cando se tiña dado un agravamento da crise no conxunto da provincia, “cabe salientar unha minoración e unha suavización dos efectos laborais medidos a través das estatísticas de paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social”. O empeoramento estendeuse ao primeiro trimestre de 2013, pero deixou paso a un período de recuperación nos meses de abril e maio que fai posible que teña medrado o número de comarcas e municipios nos que xa se pode falar dunha certa rexeneración do seu

O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, o profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, José María Chamarro, e o presidente da Deputación e do Inorde, Manuel Baltar, na presentación do Observatorio Económico, á que acudiron numerosos alcaldes da provincia./A.P.

A melloría dos últimos meses permite que catro comarcas (Viana, Terra de Celanova, Verín e Allariz-Maceda) presenten descenso interanual do paro

da industria. Pero a pesar desta evolución, Ourense aínda está catro puntos por debaixo da media galega en ponderación do sector servizos (72,8%), mentres que supera en 2,5 puntos o peso relativo da construción (18%) e da industria (9,2%) con respecto ao conxunto de Galicia. Ao comparar a composición sectorial entre comarcas, O Ribeiro rompe co patrón ourensán, xa que é a única zona onde o sector industrial suma un maior número de unidades locais ou centros de traballo que o sector da construción. En xeral, a provincia de Ourense non ofrece un alto índice de especialización produtiva nas súas comar-

cas. Desde a variable das unidades locais, os territorios máis especializados son A Baixa Limia e Terra de Celanova grazas ao peso da construción, O Ribeiro polo empuxe das industrias vinculadas á vitivinicultura e Ourense por concentrar o 78% das súas actividades no sector servizos. No conxunto da provincia, os graos de especialización non variaron desde o inicio da crise. Os sectores industriais xeran o 16% (15.501 traballadores) das afiliacións á Seguridade Social na provincia. No último ano, o número de traballadores en alta nos sectores industriais caeu un 3,3% no conxunto da provincia. Unicamente dúas comarcas, Terra de Caldelas e Allariz-Maceda, lograron incrementar os seus respectivos censos. Máis da metade das afiliacións industriais concéntranse nesta provincia en catro únicos sectores: na alimentación, co 19,3% do total; no téxtil, co 13,1%; nos produtos minerais (12,1%) e nas industrias extractivas (11%).

Desde o inicio da crise, decembro de 2007, a provincia perdeu 14.500 afiliados á Seguridade Social, o 13% do total mercado de traballo local. Paro Se o anterior Observatorio recollía que Ourense deixaba de ser a provincia galega con menor taxa de crecemento interanual do paro, nesta ocasión acontece o contrario, porque recupera esa condición, ao remontar dúas posicións. En Ourense, a taxa interanual de subida do paro pasou de superar o 11% en outubro de 2012 a limitarse ao 0,7% en maio de 2013, con notables diferenciais positivos sobre as medias de Galicia e España. A melloría dos últimos meses permite que catro comarcas (Viana, Terra de Celanova, Verín e AllarizMaceda) presenten descenso interanual do paro, situación que hai un semestre era exclusiva da Baixa Limia. O caso de Viana é excepcional, xa que se desmarca ao recortar o paro interanual nun 17,3%, sen dúbida grazas ás repercusións económicas e laborais das obras do Tren de Alta Velocidade.

A nivel municipal, un concello da propia comarca de Viana, A Gudiña, lidera os descensos interanuais de paro no conxunto da provincia, cun 34% de baixada nos últimos doce meses. E o municipio da Mezquita presenta o segundo mellor rexistro provincial (17,3%). A taxa interanual de paro rexistrado, que na primeira edición do Observatorio baixaba en 11 dos 92 concellos ourensáns, faino agora en 48, polo que pasan a ser máis os municipios con descensos (48) que os que aínda presentan subas (41, xa que en Allariz, Piñor e San Xoán de Río non variou o número de parados no último ano). Afiliacións A análise da evolución das afiliacións na provincia permite extraer conclusións de marcado contraste. No terreo positivo, o descenso interanual acurtouse en máis de medio punto porcentual desde setembro de 2012, ao pasar do 3,2% de baixada ao actual 2,6%.

Por comarcas, Viana e A Baixa Limia son a cara e a cruz da serie estatística. A primeira é a única comarca con subida interanual de afiliados e a segunda convertese na zona máis castigada da provincia, cun descenso anual superior ao 7%. Ao igual que acontece co paro rexistrado, o acumulado desde o inicio da crise reflicte datos moito máis preocupantes. A provincia perdeu 14.500 afiliados, o 13% do total, desde decembro de 2007. Nas comarcas, os descensos acumulados oscilan entre o 11% de Allariz-Maceda e o 26% da Baixa Limia. Catro delas (A Baixa Limia, O Ribeiro, Terra de Caldelas e Terra de Celanova) perderon máis da quinta parte dos seus traballadores en alta. O sector servizos gaña peso Unha das consecuencias da crise, presente en todo o territorio galego, é que o sector servizos gaña peso en detrimento da construción e

Datos da evolución do paro por municipios. Fonte: Observatorio Económico Ourensán.


VERÍN E COMARCA

BARRIOS Xullo de 2013

Verín revalorizará o corredor ambiental do río Támega 4 Adecuarase a Ruta Termal e da Auga, de 4,5 quilómetros ao longo do río. Redacción

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, entre o comisario de Ourense, Amable Valcárcel e o xefe superior de Policía de Galicia, Jaime Iglesias Fernández./CdV.

Valoran instalar en Feces un centro de cooperación policial e aduaneiro

4 O xefe superior de Policía de Galicia visita as dependencias municipais de Verín e a sede da Eurocidade. Redacción O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, recibiu este 12 de xullo ao xefe superior de Policía de Galicia, Jaime Iglesias Fernández, que se desprazou ata a localidade para efectuar a súa primeira visita oficial á mesma. Durante esta visita, na que foi acompañado polo comisario de Ourense, Amable Valcárcel Alonso, estivo nas instalacións da casa consistorial de Verín, así como nas dependencias

da Policía Nacional na localidade (onde está situada a Oficina de Expedición de DNIe e Pasaporte, e a Unidade de Extranxería e Documentación de Verín). Visita a Feces A continuación desprazáronse ata a sede da Eurocidade Chaves-Verín (antigua aduana de Feces de Abaixo),

onde ademais de coñecer as instalacións visitaron “os posibles terreos nos que se podería situar o posible Centro de Cooperación Policial e Aduaneira (CCPA), integrado por efectivos de seguridade españois e lusos, e que están ubicados fronte á sede da Eurocidade”, indicou o rexedor verinés.

Os terreos do posible Centro de Cooperación Policial e Aduaneira integrado por axentes lusos e españois, ubícanse fronte á sede da Eurocidade

O Concello de Verín desenvolverá varias actuacións para recuperar o corredor ambiental do río Támega. A primeira das iniciativas está relacionada co proxecto Eurorrexión Termal da Auga e finánciaa a Xunta. “Realizarase un proxecto de revalorización da Ruta Termal e da Auga, que consta da adecuación de 4,5 quilómetros ao longo do río Támega”, indicou o rexedor, “que inclúe unha adecuación do contorno en si, unha ruta pola que pasear, ir en bicicleta e mellorar o mobiliario urbano”. “Este proxecto ten un orzamento situado nos 210.000 euros, sacarase proximamente a licitación e continuará a actuación da escola-obradoiro solicitada á Xunta, destinada a rehabilitar o espazo desde o municipio de Monterrei ata a ponte de Verín, pasando pola zona da Perguiza”, recoñeceu Jiménez Morán. Proxecto transfronteirizo A segunda iniciativa é un proxecto solicitado polos municipios de Verín e Chaves para a revalorización ambiental do río Támega. “Nós pedimos este proxecto de cooperación

Río Támega ao seu paso por Verín. /ARQUIVO. transfronteiriza e nos concederon 450.000 euros para os dous concellos, en concreto, 300.000 para Verín e 150.000 para Chaves”, subliñou Jiménez Morán. Está previsto mellorar a xestión dos recurso hídricos, mantendo o corredor ambiental, monitorizando a calidade da auga, e elaborando un plan de emerxencia transfronteiriza de inundacións no río Tamega. Tamén se inclúe nesta iniciativa a creación de rutas interpretativas do Támega, tanto de sendeirismo como de interpretación e observación da avifauna. O proxecto tamén prevé implementar un sistema de espazos verdes ao longo do corredor do Támega: acondicionar e mellorar as zonas de descanso recreativas, rehabilitar o patrimonio cultural e fomentar actividades de animación á natureza. “A zona portuguesa comezará este proxecto des-

de Chaves cara aquí e nós desde Verín cara a fronteira lusa”, indicou o alcalde. “Está claro que a cantidade non é suficiente, pero intentaremos realizar tramo a tramo, ata que sexamos capaces de unir Verín con Vidago; e así revalorizar todo o corredor do Támega, espazo natural, muíños, temas culturais e etnográficos e paneis interpretativos”. “Son dous proxectos continuación un do outro, e que se nos conceden a escola-obradoiro para axeitar a zona da Perguiza ata A Pousa, xunto cos obradoiros que se solicitarán en Monterrei, Castrelo do Val e Laza, permitirán pór en marcha un corredor magnífico para o futuro turístico desta comarca”, destacou. “Mentres que o proxecto da Xunta debe executarse ata final deste ano, o europeo ten un prazo ata finais do 2015”, engadiu.


BARRIOS Xullo de 2013

VERÍN E COMARCA

Portas de Galicia promociónase como destino gastronómico

Convenio para instalar un centro de bicicletas todo terreo

4 27 establecementos sumáronse xa ao selo “ Catro Estacións Gastronómicas”. Redacción O Plan de Competitividade Turística Portas de Galicia potenciará a oferta enogastronómica das comarcas de Verín e Conso Frieiras a través do proxecto ‘Catro Estacións Gastronómicas en Portas de Galicia’. O obxectivo é contar cunha rede de establecementos co selo promocional “Catro Estacións Gastronómicas en Portas de Galicia” ao longo do territorio. “Debe servir para crear sinerxías entre dous dos sectores económicos da zona, o sector agroalimentario e o sector hostaleiro, utilizando a gastronomía como valor común”, subliñou o presidente da Asociación de Municipios das comarcas de Verín e Conso-

Frieiras e alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, xa que “a gastronomía ten demostrado ser unha arma moi potente, tanto para maximizar o valor de diferentes produtos agroalimentarios, coma para construír un incentivo turístico adicional moi interesante”. 27 establecementos adheridos Este proxecto, ao que xa se adheriron 27 establecementos das dúas comarcas, iníciase cunha fase de captación de participantes. Máis de 25 empresarios do sector hostaleiro e da restauración participaron o pasado 10 de xullo no Parador de Verín nunha xornada formativa con parte teórica e clase práctica, na que se realizaron varios pratos con

produtos das comarcas Verín e Conso-Frieiras. A intención do PCT Portas de Galicia é repetir a acción na Gudiña para chegar a máis hostaleiros. Haberá tamén visitas individuais de asesoramento a cada establecemento participante. Amais, o proxecto inclúe a elaboración de materiais promocionais baixo o título de ‘Catro Estacións Gastronómicas en Portas de Galicia’; un microsite propio aloxado na web de Portas de Galicia; e a edición do libro “Catro Estacións Gastronómicas en Portas de Galicia’ sobre os produtos e gastronomía da zona e que incluirá un listado dos establecementos participantes. Os locais asociados ao selo recibirán un emblema identificador, un cartel

Redacción

Entrega do diploma a unha das participantes no curso de creación de empresas turísticas. CdV. para cada estación do ano e unha portada alusiva a cada estación para presentar os menús ou cartas nos restaurantes e tabernas. No proxecto poden participar establecementos de hostalería, aloxamentos que teñan o servizo de A&B, adegas da denominación de orixe Monterrei, comercios turísticos que ofrezan produtos gastronómicos locais e produtores agroalimentarios que ofrezan visitas ou teñan venda directa.

4 Entrega de diplomas O salón de plenos do Concello de Verín acolleu a entrega de diplomas do curso de creación de empresas turísticas organizado polo PCT Portas de Galicia, e no que participaron un total de 20 alumnosas das comarcas de Verín e Viana do Bolo. Durante 32 horas, os participantes aprenderon como crear un negocio, desde o plan de empresa ata as fórmulas xurídicas, os trámites precisos ou as axudas dispoñibles.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e máis o presidente da Asociación de Municipios para o PTC de Monterrei e Conso-Frieiras, Juan Manuel Jiménez Morán, así como os alcaldes e tenente de alcalde dos concellos de Riós, A Gudiña, A Mezquita, Vilariño de Conso e Viana do Bolo, asinaron un convenio de colaboración para a xestión e promoción do Centro Bicicleta Todo Terreo de Portas de Galicia. O centro BTT é un produto turístico destinado a promocionar a práctica da bicicleta de montaña. Irá acompañado de 12 rutas con diferentes niveis de dificultade, así como dous puntos de acollida de visitantes, na Casa da Viúva da Gudiña e na Casa da Cultura de Viana do Bolo.


VERÍN E COMARCA

Finalizado o centro social de Vilamaior 4 Máis a reforma da praza do Forno. Redacción O Concello de Verín finalizou as obras de construción do centro social e adecuación do contorno da praza do Forno na localidade de Vilamaior. “Este grupo de goberno decidiu dotar a todas as 17 localidades de Verín de centros sociais como espazos dinamizadores da vida social e cultural, co fin de revitalizar un contorno deteriorado, localizar a súa poboación e que tiveran uns servizos similares en canto a lugares de reunión e lecer con respecto á capitalidade, e se hai uns meses finalizamos o centro social de Salgueiro-Caldeliñas, nesta semana concluíuse o de Vilamaior”, indicou o rexedor, Juan Manuel Jiménez Morán. O centro social de Vilamaior, cunha superficie total de 120,26 metros cadrados, é unha edificación de planta

BARRIOS Xullo de 2013

Comezaron as obras da subestación eléctrica de Pazos 4 Beneficiarán a 22.585 clientes da comarca de Monterrei. Redacción

A remodelada praza do Forno e centro social de Vilamaior./CdV. baixa situada na praza do Forno da localidade, conformada por almacén, sala de reunións, vestíbulo, aseos e soportal. “Ao mesmo tempo recuperouse esta praza, tras sacar unhas vivendas derruídas que foron adquiridas polo pobo, e un antigo pozo que estaba tapado”. A praza pavimentouse con formigón impreso de color ocre similar ás tonalidades das construcións

do contorno, delimitouse a zona peonil respecto á de tráfico rodado mediante unha liña de pavimento de pedra granítica, dotouse de mobiliario urbano como farois, bancos e papeleiras, e instaláronse xogos infantís e unha fonte. “O custo ascende a uns 158.000 euros, a cargo do Concello e os veciños, e só queda por instalarlle unha especie de grella externa na praza, xa

que neste espazo é onde se celebra a festa principal da localidade que será o 25 de xullo”, recordou Jiménez. Segundo o alcalde, “agora só nos queda chegar a un acordo cos veciños de A Rasela para facer un centro social e remodelar o de Ábedes, e deste modo quedarán rematados os espazos sociais e culturais neste concello”.

Gas Natural Fenosa iniciou no polígono de Pazos, en Verín, as obras da nova subestación eléctrica que mellorará a calidade da subministración de 22.585 clientes, tanto de Verín como dos municipios de Sarreaus, Trasmiras, Laza, Cualedro, Castrelo do Val, Monterrei, Riós, Vilardevós, Vilar de Barrio e Oimbra, e na que se investirán máis de seis millóns de euros. Esta infraestrutura contempla unha serie de actuacións que consisten na reconfiguración da rede eléctrica na zona, a optimización da subministración

e a interconexión con outras instalacións próximas. En concreto, as obras previstas permitirán conectar a rede de Alta Tensión coas subestacións de Larouco e Xinzo, o que mellorará considerablemente a fiabilidade eléctrica da subestación de Pazos que terá ademais maior capacidade de transformación e de atención ás demandas actuais e futuras do concello de Verín e a súa comarca. As obras da nova subestación poderán estar concluídas a finais de ano e permitirán comezar co proceso de reordenación eléctrica de Verín, que incluirá a eliminación de sete quilómetros de liñas aéreas.


BARRIOS Xullo de 2013

VERÍN E COMARCA

EN BREVE

A D.O. Monterrei aumenta a entrega de contraetiquetas

4 Recuperación do Pozo do Demo O Concello de Verín está a recuperar o espazo natural do Pozo do Demo, enmarcadas dentro das súas iniciativas de promoción turística. Así, a Deputación financiará con 35.000 euros un estudo total da área, no que se plasmará a rehabilitación de todos os camiños dese espazo natural, e do propio Pozo do Demo, “para acceder ao fondo, dun xeito similar á Cidadella en Vilardevós”, explicou o alcalde.

4 Solicitude de obradoiro de emprego Os concellos de Castrelo do Val, Monterei, Laza, Cualedro e Oímbra concorrerán de maneira conxunta ás subvencións para os obradoiros de emprego da Xunta. Deste xeito, o obradoiro “Támega I” solicita especialidades formativas relativas a axuda no fogar, atención xeriátrica, xardinería e forxa, coa intención de formar a un total de 40 alumnos dos concellos sinalados, e cun orzamento de 393.000 euros.

4 A Garda Civil de Verín terá un Posto Principal O director xeral da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa, anunciou a transformación do Posto Ordinario de Verín nun Posto Principal, tal e como tiña solicitado o Concello. Esta medida suporá a creación de tres áreas: prevención da delincuencia, con patrullas de seguridade cidadá; outra de atención ao cidadán, na que se recollerían denuncias e instruirían dilixencias; e unha última de investigación. “Isto implica un incremento na plantilla, cun oficial encargado do posto, sarxento, cabo e tres gardas máis”, adiantou o alcalde verinés, “o que redundará na mellora da seguridade cidadá, non só de Verín senón tamén dos municipios de Oímbra, Monterrei e e Castrelo do Val”.

4 Un 9,8% durante o primeiro semestre de 2013. Redacción

Participantes no obradoiro de emprego da “Agrupación Monterrei”. /XdG.

21 parados rematan a súa formación

4 No obradoiro “Agrupación Monterrei”. Redacción Os 21 alumnos do obradoiro de emprego “Agrupación Monterrei”, pertecentes aos concellos de Monterrei, Oímbra, Laza e Cualedro, remataron este mes a súa formación. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado do xefe territorial de Traballo e Benestar, José Selas, entregoulles os diplomas que acreditan a súa formación durante os últimos seis meses. Os

participantes no obradoiro recibiron formación especializada e realizaron distintas actuacións prácticas nos ámbitos de xardinería, albanelería, carpintería e forxa. Acompañado polos alcaldes dos catro municipios beneficiados, Rogelio Martínez explicou que iniciativas deste tipo permiten o acceso das persoas desempregadas a un posto de traballo ao tempo que ofrecen a formación teórica e práctica necesaria para que acaden unha boa cualifica-

ción e facilitarlles a súa reinserción laboral. Neste senso, o delegado territorial lembrou que os alumnos reciben os certificados de profesionalidade, que teñen validez en todo o territorio nacional. Estes documentos demostran a preparación e habilidades adquiridas, o que vai “incrementar moi significativamente a empregabilidade do alumnado”, segundo destacou Martínez. O delegado territorial confía que preto dun 70% do alumnado logre o obxectivo final destes programas mixtos, “que non é outro que a inserción real no mercado laboral”. Na provincia de Ourense, desenvolvéronse nos últimos meses un total de 9 obradoiros que formaron 266 alumnos.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei distribuíu durante o primeiro semestre do ano 920.653 contraetiquetas, supondo esta cifra un incremento do 9´8 % respecto ao mesmo período do ano 2012. As contraetiquetas son expedidas polo Consello Regulador e a súa numeración en serie e número é equivalente ao carné de identidade que cada botella debe levar ao dorso da etiqueta principal, sendo a marca de garantía para o consumidor final da procedencia, a orixe e a calidade dos viños desta denominación galega. Antonio Méndez, presidente do Consello Regulador, sinalou que estes datos non fan máis que ratificar o crecemento económico da denominación, moderado pero continuamente en alza desde o últimos seis anos. Os

4 Viños premiados Seis viños da D.O. Monterrei resultaron premiados na XXV Cata de Viños de Galicia, na que participaron un total de 194 caldos de 130 adegas galegas. Os mellores da D.O. Monterrei foron o Quinta do Buble (Acio de Ouro), o Ladairo Godello (Acio de Prata), Gargalo Treixadura e Albariño (Acio de Bronce), Crego e Monaguillo Godello (4º posto), 1943 Father Mencía (5º posto) e Stibadia Godello e Treixadura (6º posto). datos fan prever a mesma tendencia favorable presumiblemente incrementada nos próximos meses grazas a un estimable aumento nas exportacións dos viños do D.O. Monterrei debido aos contactos adquiridos nas accións promocionais deseñadas polo Consello Regulador.

Educación comeza as obras de reposición do actual patio no Amaro Refojo 4 Investirá máis de 40.000 euros. Redacción A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de comezar as obras de mellora do patio do Centro de Educación Infantil e Primaria Amaro Refojo de Verín, actuación na que se invisten máis de 40.000 euros. O proxecto aborda a reposición da pavimentación dos case 900 me-

tros cadrados cos que conta o centro como espazo para o lecer e actividades complementarias, co fin de que o alumnado conte o vindeiro curso cun novo patio de xogos. Obras Para realizar esta mellora picarase e levantarase o pavimento actual, executando un novo pavimento consistente en sollado de formigón armado con ma-

llazo e acabado de cor vermella, que finalmente será debidamente marcado e acondicionado con pintura con dous completos campos de xogos.

O proxecto inclúe a reposición de pavimento na zona de lecer do centro, de case 900 m2

O alcalde cunha das asistentes aos cursos./CdV.

Entrega de diplomas na aula CeMIT O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, entregou os diplomas dos 50 cursos formativos impartidos pola aula CeMIT de Verín, durante o segundo trimestre de 2013, nos que participaron un total 481 persoas de todo o municipio. Durante este mes de xullo a aula multimedia oferta cinco novos cursos formativos do sector da comunicación e novas tecnoloxías e imparte actividades para os menores participantes na Ludoteca 2013 “Convive en Igualdade”.


VERÍN E COMARCA

Aparecen residuos na depuradora de Verín Redacción

O Concello de Verín denunciou ante a Garda Civil a aparición de residuos sólidos, como rodas, asentos de vehículos ou mobiliario nos colectores da depuradora municipal situada en Pazos. O alcalde da localidade atribúe este feito a un intento de sabotaxe. “Foron metidos aí coa firme intención de facer dano, sabotear a rede de saneamento e que

se produciran verquidos ao río Támega para que a Confederación Hidrográfica do Douro nos multara como xa fixo con anterioridade”, apuntou Jiménez. O rexedor anunciou que solicitará á Garda Civil e á Policía Local “que nos axuden a localizar a persoa ou persoas que realizan estes actos, porque é máis fácil entregalo no Punto Limpo que está situado a 300 metros, e non tiralo aos colectores, porque só revela ganas de facer dano e prexudicar aos veciños e pescadores da zona, aos que lles pido desculpas polos

BARRIOS Xullo de 2013

Residuos retirados dos colectores da depuradora municipal de Verín, como rodas, asentos de vehículos e mobiliario. CdV. verquidos”. Tamén recordou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraes-

truturas “xa ten terminado o seu proxecto hidráulico no polígono de Pazos e en breve o sacará a licitación”.

Igrexa de Santa Cruz de Terroso, en Vilardevós./RAMSÉS.

vilardevós

Reabre a igrexa de Terroso trala súa restauración 4 A Consellería de Cultura e Educación investiu 150.000 euros nas melloras. Redacción

estilo historicista.

Cunha misa celebrada o pasado 7 de xullo reabriuse oficialmente ao culto a igrexa de Santa Cruz de Terroso, situada no concello de Vilardevós. O templo fora sometido nos últimos meses a obras de restauración, cun investimento de máis de 150.000 euros por parte da Consellería de Cultura e Educación. De feito, o conselleiro Xesús Vázquez participou nos actos cos que se fixo a reapertura oficial da igrexa, nos que estivo acompañado polo alcalde da localidade, Manuel Cardoso. Ao remate da cerimonia relixiosa, Xesús Vázquez salientou estes traballos como unha mostra máis do compromiso do seu departamento coa conservación das manifestacións máis sobranceiras do noso patrimonio cultural. A igrexa é un inmoble perfectamente integrado no seu contorno, construído entre os séculos XVIII e XIX, nun sinxelo

Melloras na cuberta e nas estruturas internas As obras de conservación e restauración realizadas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, afectaron a varios elementos do templo. No caso da cuberta, substituíse a súa estrutura de madeira, que pasou a ser de castiñeiro, e conta agora con illamento térmico. Ademais os encontros das cubertas entre a torre e o corpo principal terán unha lámina de chumbo. A igrexa conta agora tamén con carpintería de bronce nas súas fiestras, que teñen ademais ventilación permanente a través dos vidros solapados que tamén se instalaron. Así mesmo renovouse a instalación eléctrica e de iluminación do interior do templo e instalouse unha iluminación ornamental da fachada. Respecto das estruturas interiores, acondicionouse a escaleira de subida ao coro e restaurouse a súa varanda. O pavimento de terrazo do presbiterio e das escaleiras foron substituídos por elementos de cantería de nova execución.

Substituiuse a cuberta e a carpintería das fiestras


BARRIOS Xullo de 2013

XINZO E COMARCA

O Consello da Xunta aínda non se pronunciou sobre a mina de feldespato 4 A Plataforma Corno do Monte recorda que o proxecto segue pendente do “non” oficial do Goberno galego. Redacción A Plataforma Veciñal Corno do Monte alerta de que, malia que fai unhas semanas, o presidente da Xunta anunciaba en sede parlamentar a súa intención de denegar a licenza á mina de feldespatos de Xinzo, o Consello da Xunta aínda non se pronunciou sobre tal licenza. Xuridicamente, o proxecto segue pendente do non oficial da Xunta, xa que o Consello da Xunta non ditou aínda ningunha resolución negativa a Minercer SL, feito que mantén preocupada a veciñanza afectada. Así mesmo, dende a Plataforma Veciñal destácase que non só se debe denegar o proxecto Faramontaos 5089.1, senón que os dereitos mineiros de Minercer SL débenlle ser retirados así como o “lesivo” Plan Sectorial de Actividades Extractivas, xa que “non podemos estar pendentes do DOG todos os días por

se estes señores nos queren colar outra”, explica a Plataforma nun comunicado. “Desta volta tivemos sorte, pero non podemos correr máis este risco”, e “está nas mans do presidente da Xunta manter a tranquilidade dos veciños” son outras das súas apreciacións. Por iso a Plataforma Veciñal, que representa aos afectados, agardan que o pronunciamento da Xunta “se leve a cabo canto antes”. O colectivo veciñal tamén continúa a reivindicar un Plan Sectorial das dimensións do mineiro para a agricultura e a gandeiría, ao seren sectores clave en Galicia “posto que xeran recursos, riqueza e postos de traballo”.

Corno do Monte agarda o pronunciamento da Xunta “canto antes”

Augas de Galicia prevé rematar a finais de ano as obras de abastecemento en Porqueira

4 As obras consisten principalmente na renovación de tubaxes que son moi antigas e presentan constantes roturas e perdas de caudal. Redacción O director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, visitou o venres 12 de xullo Porqueira para ver o inicio das obras de mellora do sistema de abastecemento en varias parroquias do municipio. A previsión é que os traballos, que se financian con 360.000 euros achegados por Augas de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, estean rematadas a finais deste ano. Na actualidade algún dos núcleos rurais de Porqueira sofren deficiencias na subministración de auga potable, sobre todo en época estival debido ao aumento de poboación. Neste sentido, as obras consisten principalmente na renovación de tubaxes que son moi antigas e presentan constantes roturas e perdas de caudal. O proxecto centrarase na instalación das infraestruturas hidráulicas necesarias en nove núcleos. Na Lagoa a captación

O director de Augas de Galicia xunto ao delegado da Xunta en Ourense e a alcaldesa de Porqueira, entre outras autoridades, comproban in situ as obras de abastecemento previstas neste municipio. non é suficiente, polo que se conectará ao núcleo de Penín Novo co fin de que subministre caudal en caso de deficiencia. A conexión realizarse mediante 275 m de tubaxe Na Filgueira a actuación consistirá na renovación da tubaxe existente e na traída de Martices, beneficiando tamén ao núcleo da Breixoeira. No Rial de Sabucedo-O Toxal, executaranse dous pozos de barrena que abastecerán aos existentes que se atopan adosados. A co-

nexión cos depósitos realízase mediante 60 e 160 m de tubaxe. Na Pedrosa renovarase unha tubaxe existente con 1.480 metros. En Xocín demoleranse os pozos de captación existentes e executaranse novas arquetas-captacións. Renovarase tamén a tubaxe de enlace co depósito mediante 410 m de tubos. En Faramiñás demolerase o pozo de captación, executarase unha arquetacaptación e conectarase co depósito existente.

Na Forxa executaranse seis novas arquetas- captación conectadas e renovarase parte da rede. En San Lourenzo executarase unha arqueta-captación e renovarase a rede de transporte mediante 990 metros de tubos e as arquetas de reunión onde se conectan as tres captacións existentes. Por último en Lobios de Sever construirase un novo depósito regulador de 50 metros cúbicos, con sistema de cloración por gravidade.


PUBLICIDADE

BARRIOS Xullo de 2013


10

BARRIOS Xullo de 2013

XINZO E COMARCA

Rosa Quintana destaca a importancia dos plans de mellora no sector agrario 4 A consellería de Medio Rural e do Mar visita varias explotacións agrarias en Xinzo de Limia. Redacción A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou a importancia dos plans de mellora no sector agrario para levar a cabo unha renovación constante acorde ás necesidades e demandas actuais. No ano 2012, a Consellería destinou 26,3 millóns de euros a esta liña de axudas, da cal se beneficiaron un total de 1.068 persoas. Así o salientou nunha visita realizada ao concello de Xinzo de Limia, onde coñeceu as instalacións de diversas empresas do sector. Rosa Quintana explicou que o seu departamento traballa para que “a xuventude vexa no noso sector primario unha vía de futuro, unha posibilidade de desenvolver unha actividade económica que sexa rendible no social, no económico e tamén no medio ambiental, para iso destinaremos gran parte das axudas, tamén axudas para a mellora das nosas explotacións, porque somos conscientes de que o noso sector primario necesita tamén de I+D+i”. Granxas de vacún e porcino Rosa Quintana, acompañada polo secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, coñeceu as instalacións e funcionamento da Cooperativa de Explotación Comunitaria Antelana, que actualmente conta con 600 cabezas de gando vacún e xera arredor de 3.000.000 de quilos de leite ao ano. Precisamente esta cooperativa contou cunha axuda de plan de mellora por máis de 62.000 euros para a creación dunha fosa e separador de purín, un almacén e diversa maquinaria. Seguidamente, a conselleira e o secretario xeral trasladáronse á granxa porcina en ciclo pechado Curuxeira, integrada no grupo Coren. Esta explotación de produción mixta, que tamén percibiu unha axuda de

ADEGAL traslada as súas peticións aos políticos 4Reuníuse co alcalde de Xinzo, coa conselleira de Medio Rural e co presidente da Deputación. Redacción

O secretario xeral do Medio Rural e Montes e a conselleira de Medio Rural e do Mar, na granxa Curuxeira de Xinzo./RAMSÉS.

Unha das visitas de Rosa Quintana foi á Cooperativa de Explotación Comunitaria Antelana./RAMSÉS. plan de mellora por un valor de máis de 380.500 euros, ten actualmente 7 naves cun censo de 750 porcas reprodutoras, 6.000 porcos de cebo ata sacrificio e 1.500 leitóns que vende sen cebar. Así, Rosa Quintana destacou o potencial das explotacións galegas, que nas últimas décadas levaron a cabo unha modernización que as fixo viables e rendibles, permitindo así unha mellora da súa base territorial. Sector hortícola A titular de Medio Rural e Mar tamén coñeceu as instalacións da sociedade limitada Hortícolas Galegas, empresa líder na produción, selección, envasado e distribución de produtos hortofrutícolas con

A nova asociación ADEGAL de empresarios, gandeiros e agricultores da Limia, iniciou o pasado mes unha rolda de contactos cos representantes políticos das distintas administracións. O obxectivo de todas estas reunións, comunicar ás institucións as necesidades dos seus asociados. O primeiro encontro da presidenta de ADEGAL, Teresa Joga, e máis a voceira, Laura Rodríguez, foi co xefe territorial de Medio Rural, Yago Borrajo, co que abordaron o estado de tramitación da solicitude de declaración de Zona de Actividade Agraria Prioritaria. Borrajo manifestou que o documento “xa foi elevado á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural”. A Borrajo informóuselle da necesidade de completar os plans de regadío de Alta-Limia, LamasGanade, San Salvador de Sabucedo (pendentes da Declaración de Impacto Ambiental) e Corno do Monte (pendente do reformado do proxecto), así como da problemática da xestión dos residuos derivados da actividade primaria e empresarial na comarca. Os mesmos asuntos foron trasladados días despois á conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, por unha parte, e ao presidente da Deputación, Manuel Bal-

tar, por outra. A Consellería comprometeuse, “contando cos medios de que dispón”, a apoiar estes proxectos para que se poidan levar a cabo, ao igual que o presidente provincial, que acolleu moi positivamente as iniciativas de ADEGAL. Baltar adquiriu o compromiso de “consensuar cos concellos, cos agricultores e cos gandeiros a idea proposta de compartir e coordinar os medios materiais e humanos para poder levar a cabo estas actuacións”. A visita ao alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, foi máis de cortesía, e serviu para invitar ao Concello “a que participe con ADEGAL no desenvolvemento económico, social e empresarial da comarca da Limia”. Unha terceira xuntanza foi co xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, quen se comprometeu a colaborar coa asociación, facilitándolle información “de novos proxectos de cultivos, novas técnicas agrarias e gandeiras así como a modernización do tecido empresarial”. As representantes de ADEGAL tamén foron recibidas polo subdelegado do Goberno, a quen se lle trasladou “a inseguridade existente nestos momentos na zona polos recentes roubos de animais”, e se lle informou dos roubos de material e de gasoil nas explotacións agrarias en épocas de rego. Roberto Castro comprometeuse a intensificar os medios de vixilancia existentes.

O alcalde de Xinzo xunto á conselleira de Medio Rural, nas instalacións de Hortícolas Galegas./RAMSÉS. destino á gran distribución e ao mercado tradicional. A este grupo pertence Gallega de Patatas S.L., cuxa actividade se centra na comercialización de patacas

-para consumo, industria, semente- e cebolas. Trátase dunha das empresas envasadoras da indicación xeográfica protexida “Pataca de Galicia”.

Laura Rodríguez e Teresa Joga, voceira e presidenta de ADEGAL, respectivamente./ARQUIVO.


XINZO E COMARCA

BARRIOS Xullo de 2013

11

Vilar de Santos abre a piscina municipal de auga salgada 4 Durante a tempada de verán. Redacción

A piscina municipal de Vilar de Santos volveu abrir as súas portas para a tempada estival de baños. A instalación emprega desde 2010 o sistema de cloración mediante electrólise salina, que xera cloro a partir do sal común, que é o

único elemento que hai que repoñer, non empregando produto químico ningún. O sistema posibilita un aforro do 80% no mantemento da instalación. Os usuarios aproveitan a sensación e os beneficios de ter auga similar á do mar, aínda que cunha concentración salina inferior. A aco-

llida e satisfacción entre os usuarios ten sido plena nestes anos de funcionamento, explica o alcalde. Este verán os veciños da localidade poderán facer uso, ademais, da bibilioteca e o telecentro, e beneficiarse da zona wifi gratuíta, a zona infantil de xogos e a pista polideportiva anexa.

Aspecto da piscina municipal de Vilar de Santos, na que se colocou máis de 750 m2 de céspede./CdVdS.

Vilar de Santos pecha 2012 cun resultado orzamentario positivo 4 O pequeno municipio limiao tivo un superávit de 108.594 euros. Redacción O Concello de Vilar de Santos pechou a Liquidación do Orzamento do exercicio 2012, cun resultado orzamentario positivo de 108.594 euros. Polo miudo, nesta liquidación destacan como datos relevantes o resultado orzamentario positivo que indica que o Concello deu financiado a súa actividade e proxectos; e por outro lado o Remanente de Tesourería para gastos xerais de 84.425 euros, “un excedente de liquidez co que contamos e podemos dedicar a financiar un maior volume de gasto para as inversións e os proxectos en marcha”, explica o alcalde, Xan Jardón, de CxG. Aforros xerados e logrados “grazas ao control e racionalización dos gastos correntes municipais, pero sen renunciar á inversión”, engade Jardón nun comunicado. Outros aspectos fundamentais da xestión deste pequeno municipio limiao de apenas mil habitantes son “a inexistencia de débeda con provedores e tampouco ningún plan de axuste e cumprindo co principio de estabilidade orzamentaria”. As contas aprobadas son indicativas da “boa xes-

tión” e da “garantía e liquidez” do concello e poñen de manifesto a súa “capacidade e solvencia”. Segundo explicaba o rexedor, os datos proporcionan seguridade económica a Vilar de Santos e permiten afrontar o futuro nunha coxuntura como a actual de crise económica “sen ter que facer recortes nos servizos públicos esenciais”. Ademais, permitirán ao municipio “acometer os investimentos necesarios para o desenvolvemento do concello facendo fronte aos recortes das outras administracións con recursos propios e atendendo todos os compromisos para seguir avanzando no benestar social e na mellora da calidade de vida para todos os veciños e veciñas de Vilar de Santos”. “Son cifras que reflicten o noso compromiso cunha xestión pública transparente, racional, eficiente e solvente co diñeiro público”, engadiu. Destino do remanente Segundo adiantou Xan Jardón, o remanente de tesourería destinarase a desenvolver proxectos como a Area de Rehabilitación Integral de Vilar de Santos, a promción da actividade económica no Parque Empresarial, e a mellora de infraestruturas e os servizos públicos.


12

BARRIOS Xullo de 2013

XINZO E COMARCA

A Escola Rural de Saúde segue axudando a vivir mellor 4 Risoterapia, enfermidades raras e deporte foron os eixos dos últimos obradoiros que organizou. Redacción A Escola Rural de Saúde da Limia continúa coa organización de obradoiros que colaboran a mellorar a calidade de vida da poboación. Informar sobre as enfermidades raras, a importancia de realizar deporte de xeito supervisado e un taller de risoterapia foron as tres últimas iniciativas levadas a cabo por este colectivo. A primeira delas tivo lugar o 13 de xuño cando organizou un obradoiro sobre enfermidades raras, coa colaboración do Concello de Xinzo, o Sergas e a Escola Galega de Saúde para os Cidadáns. Tratouse dun taller creado co fin de mellorar a información e comprensión por parte dos participantes sobre estas patoloxías, así como favorecer o respecto ás diferenzas e normalizar a imaxe entre a poboación. Así mesmo, neste obradoiro os asistentes coñeceron que son as enfermidades raras, como se presentan,

aspectos xurídicos deste ámbito e a importancia da fisioterapia en algunhas delas, co fin de que coidadores, familiares e pacientes adquirisen competencias para facilitar o proceso da enfermidade. Deporte e saúde Co obxectivo de concienciar á poboación da importancia do coñecemento do estado de saúde, os antecedentes persoais e familiares de lesións e patoloxías, así como a prevención da nor-

te súbita durante a práctica de exercicio físico, a Escola Rural de Saúde da Limia organizou o pasado 20 de xuño o taller “Deporte supervisado e saúde”, impartido polo doutor Nabor Díaz, médico ecografista. Neste taller os participantes adquiriron coñecementos sobre a prevención no deporte, patoloxías cardio-vasculares e a aptitude para o exercicio en nenos e adultos.

Participantes no taller de risoterapia co representante da AECC que o impartiu. Risoterapia Por último, o 27 de xuño foi o turno de coñecer as vantaxes de rir a gargalladas. Logo dun semestre adicado a aprender a afrontar situación complexas vencelladas á saúde, dende a Escola Rural consideraban

que “gañámonos todos eliminar tensións e pasar un bo rato”, e para iso organizaron un taller de risoterapia, impartido por Agustín, membro da Asociación Española Contra o Cancro (organismo colaborador da Escola Rural de Saúde da Limia, xunto co

Concello de Xinzo).

Ensinou as vantaxes de rir a gargalladas e de realizar deporte supervisado

Unha veciña de Moreiras, Xinzo, celebra o seu 100º aniversario Eligia Carrera Colmenero, veciña do pobo de Moreiras, en Xinzo, estivo de noraboa o pasado 25 de xuño. Cumplía, nada máis e nada menos, que cen anos. Nese día tan especial, Eligia estivo acompañada por un numeroso grupo familiar que lle expresou o orgullo que supuña para eles compartir a súa chegada aos 100 anos e o moito cariño que lle teñen. O alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, e outros membros da corporación trasladáronse ata Moreiras para felicitala. Desde esta publicación enviámoslle os nosos parabéns polo seu centenario.


PUBLICIDADE

BARRIOS Xullo de 2013

13


14

BARRIOS Xullo de 2013

XINZO E COMARCA / ALLARIZ E COMARCA EN BREVE

EN BREVE

4 Horarios de verán nas instalacións municipais

4 Rairiz súmase á campaña de compostaxe O Concello de Rairiz de Veiga, xunto a outros oito municipios da provincia, vén de sumarse á campaña de compostaxe da Deputación e Sogama na que xa participaban 45 concellos. Rairiz repartirá entre os seus veciños 25 recipientes composteiros e ademais participará nunha campaña educativa e de formación ambiental para que os usuarios coñezan a técnica de fabricación de compost.

4 Cesión dun local á Cruz Vermella O Concello de Xinzo e a Cruz Vermella firmaron un convenio de colaboración mediante o cal a administración local facilitará á entidade benéfica un local para que poida desenvolver a súa actividade na comarca da Limia. A atención a persoas maiores e menores con discapacidade; socorrer feridos en posibles emerxencias, atender á poboación con escasos recursos e en risco de exclusión social; pór en marcha campañas de sensibilización social e desenvolver os programas que ten en marcha en colaboración cos Servizos Sociais municipais serán algunhas das actividades que desenvolverá Cruz Vermella na súa nova sede.

A fachada dos xulgados de Xinzo tralas reparacións./XdG.

ANDREA impartirá Concluída a reparación da fachada un curso de terapia asistida con asnos do xulgado de Xinzo 4 Precisou de obras de urxencia debido ao deterioro causado polas choivas do inverno.

Redacción A Xunta de Galicia investiu preto de 13.800 euros nas obras de reparación da fachada do xulgado de Xinzo de Limia. A actuación, que se estendeu a todo o perímetro da fachada dende o nivel da primeira planta ata a albardilla, consistiu na retirada do anterior recebo e a colocación doutro novo impermeable á auga de chuvia. Ademais tamén se substituíu a albardilla de formigón por outra de chapa de aluminio.

O concelleiro socialista en Xinzo Ramón Gómez Salgado vén de presentar a súa dimisión alegando motivos persoais. Gómez logrou a acta de concelleiro en 2007 e nas últimas municipais, en 2011, repetiu como número 2 da lista socialista. A súa dimisión será abordada no próximo pleno de Xinzo, o 30 de xullo.

As obras executáronse con carácter de urxencia, ao existir risco de desprendemento do revestimento da parede exterior. Despois das choivas rexistradas durante este inverno, o recebo da fachada sufriu unha importante deterioración e presentaba numerosas fendas. O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, explicou que os traballos realizáronse con celeridade co obxectivo de salvagardar a seguridade dos viandantes e usuarios do xulgado.

4 No mes de agosto. Redacción A Asociación ANDREA inaugurará en Allariz o VIII Ciclo Formativo en Terapia Asistida con Animais co curso especializado en terapia asistida con asnos. O curso, impartido en colaboración coa Universidade de Vigo, terá lugar a fin de semana do 9 ao 11 de agosto nas instalacións da asociación, na localidade de San Salvador dos Penedos, en pleno corazón da Reserva da Biosfera Área de Allariz. O módulo está dirixido a profesionais relacionados coa área da saúde e a

discapacidade, como psicólogos, médicos, traballadores sociais, mestres, educadores, veterinarios, fisioterapeutas ou enfermeiros. Cunha duración de 13 horas, o prezo do curso é de 495 euros e inclúe aloxamento e pensión completa. A asociación ANDREA complementa esta formación con outro curso de coñecemento, manexo e comunicación cos asnos para programas terapéuticos, educativos, de ocio e medioambientais, que se impartirá no mes de setembro. [+ info: andreaasociacion@ gmail.com]

A Xunta licitará este outono unha nova rotonda en Xinzo

Reclaman o arranxo das pistas da parcelaria

4 Na estrada que une a vila con Bande.

O grupo de goberno de Xinzo plantexoulle á conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, a posibilidade de habilitar unha partida económica para paliar os danos que ocasionaron no campo as choivas de inverno en primavera, así como de arranxar as pistas da parcelaria e estradas locais que empregan a diario os agricultores. “Temos pistas agrícolas que están nun estado lamentable. A choiva levantou todo o firme”, explicou o rexedor, Antonio Pérez, recordando o retraso nas colleitas de patacas e cereal ocasionado ao estaren as fincas asolagadas.

Redacción

4 Dimite un concelleiro do PSOE de Xinzo

Un dos burros da asociación ANDREA./ARQUIVO.

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, comprometeuse co alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, a executar unha nova rotonda na estrada que une as localidade de Xinzo e Bande (OU-301). A Axencia Galega de Infraestruturas licitará esta actuación por case 150.000 euros ao longo do outono de 2013. No punto quilométrico 0+770 desta estrada, que forma parte da Rede

Secundaria da Xunta, conflúen tres viarios: a pista da Armada e a rúa Dous de Maio e a estrada provincial OU-1112. Na actualidade esta intersección resólvese mediante un carril de xiro. Co fin de mellorar a seguridade viaria considérase necesaria a reforma da intersección mediante o deseño e construción dunha glorieta que distribúa o tránsito. A solución adoptada para a reforma da intersección inclúe, ademais dunha glorieta, unha ampliación da calzada nos treitos nos que sexa necesario sempre ocupando os terreos de titula-

ridade pública, así como a rehabilitación do firme existente. Esta actuación beneficiará aos máis de 10.000 veciños que se verán afectados polas obras por un período de tres meses, dende a firma do contrato. O conselleiro trasladoulle ao alcalde que a Axencia Galega de Infraestruturas está a redactar o contido do convenio de colaboración polo que se executarán estas obras e no que quedarán recollidas as responsabilidade e obrigas de cada administración.

Redacción

Varias instalacións públicas de Allariz modifican os seus horarios ao chegar o verán. Así, tanto a piscina municipal como a Casa da Mocidade amplían o seu horario na época estival. Ata o 15 de setembro, a piscina exterior e as exteriores abren ininterrompidamente de 9 a 21 horas. Pola súa banda, desde o 25 de xullo e ata o 7 de setembro, a Casa da Mocidade abrirá de luns a sábado de 11:30 a 13:30 e de 19 a 21 horas. A biblioteca pública da Casa da Cultura, en cambio, reduce o seu horario de apertura, abrindo ata o 15 de setembro só de mañá (de 9:30 a 14 horas).

4 Cursos na Fundación González Ferreiro A Fundación Ramón González Ferreiro impartirá, no mes de xullo, dous cursos de Patronaxe de Bolsos. O curso de iniciación tivo lugar entre o 8 e o 12. Os alumnos aprenderon o relacionado coa patronaxe e montaxe de carteiras básicas de man con e sen forro. O curso de transformacións ten lugar entre o 15 e o 24 de xullo e os participantes aprenderán como realizar patronaxe e montaxe de bolsos de festa, mochilas, bandoleira de asa, de man e de colgar.

4 Busca de fotos antigas O Concello de Allariz, a través do departamento de Promoción Económica, está a buscar, entre a súa veciñanza, fotografías de infancia anteriores aos anos 80. O obxectivo é recrear a moda “daqueles marabillosos anos” nunha exposición permanente, a través dos veciños da localidade. Os que queiran achegar as súas fotografías para escanear poden acudir ao Centro de Promoción Económica ou envialas a comunicacion@allariz.com


ALLARIZ E COMARCA

Xavier Vence visita o Festival de Xardíns de Allariz 4 O voceiro do BNG considera a vila alaricana “referencia no mundo do paisaxismo, da xardinería e da arquitectura”. Redacción O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, visitou xunto co Alcalde de Allariz, Francisco García, o Festival de Xardíns. Logo de reunirse con emprendedores con iniciativas desenvolvidas en Allariz e coñecer as súas inquedanzas e necesidades de cara a proxectos futuros, o portavoz achegouse ata o Festival onde o rexedor subliñaba a importancia do certame: “Allariz está sendo referencia no mundo do paisaxismo, da xardinería e da arquitectura”. Vence destacaba o papel de Allariz fronte a crise e aseguraba que o Festival de Xardíns “é un exemplo do

que se pode facer nun país cando hai ideas, compromiso e coñecemento valorando o patrimonio” e citaba a Allariz como “a mellor mostra de desenvolvemento endóxeno de Galiza, tanto no rural como no urbano”.

Horarios no verán Durante os meses de verán o recinto do FIXA abre todos os días de 11 a 14 e de 17 a 22 horas. A entrada xeral custa dous euros, e para xubilados e grupos, un euro.

15

O Mercado da Reserva da Biosfera comercializará carne de boi criado en Allariz 4 As xornadas gastronómicas do boi trasládanse a outubro. Redacción

O alcalde de Allariz, Francisco García, xunto co portavoz nacional do BNG, Xavier Vence./BNG.

BARRIOS Xullo de 2013

Carne de boi criado nos montes de Coedo, Allariz, poderá atoparse á venda este verán no mercado da Reserva da Biosfera, que se celebra todos os sábados á mañá na vila alaricana. A explotación gandeira de Coedo recibiu hai uns días a visita do alcalde de Allariz, Francisco García, e máis o concelleiro de Medio ambiente, Bernardo Varela, que supervisaron o proxecto municipal de comercialización de carne de boi de Allariz. O gandeiro Lois González é o encargado de alimentar e coidar aos catro

exemplares de raza limiá e vianesa desta explotación. Un deles, Farruco, será o primeiro en ser sacrificado para a venda directa ao consumidor en agosto, aínda que segundo explicaba Francisco García, “o obxectivo é contar cunha oferta de carne de boi todo o ano”. Ademais do mercado, haberá carne de boi nos locais de hostalaría que se sumen á iniciativa ofrecendo tapas e menús con carne de boi. Traslado a outubro das xornadas gastronómicas As xornadas gastronómicas celebradas en xullo o pasado ano, trasládanse este a outubro co obxectivo de “desligar a degustación

das celebracións gastronómicas que hai no verán, revalorizar o produto e seguir enchendo de contido a actividade comercial en Allariz fóra da tempada alta”. A partir do 2014, anunciou o alcalde “xa poderemos utilizar, tanto para as carreiras da Festa do Boi como para as degustacións, os bois que dende hai tres anos son criados en Allariz”.

O obxectivo da explotación gandeira de Coedo é subministrar carne de boi todo o ano


16

BARRIOS Xullo de 2013

ALLARIZ E COMARCA

Obras de mantemento Presentan en Allariz unha plataforma de venda on line de produtos ecolóxicos no CEIP Padre Feijoo 4 Distribuirá os alimentos de 14 produtores da Reserva da Biosfera. Redacción Evitar o despoboamento do rural e contribuir á súa dinamización económica e atractivo social é un dos obxectivos de Arrieiro 2.0, unha empresa creada recentemente que distribuirá a través de Internet os produtos da Reserva da Biosfera. O proxecto foi presentado o pasado sábado 6 de xullo pola súa xerente, Chus Garza Mariño. Arrieiro 2.0 consiste nunha platafora interactiva de venda on line de produtos agrícolas e ecolóxicos galegos. “Creamos unha rede de produtores da Reserva da Biosfera, 14 dos catro concellos que a conforman, para vender os seus produtos da horta, frescos e de tempada, a través de Internet, en Galicia e en todo o territorio español”, explícanos Garza. A través

desta plataforma interactiva véndense ademais produtos elaborados, sobre todo de provedores de Allariz, e produción ecolóxica. A iniciativa busca “achegar os produtos da Biosfera, por exemplo, aos turistas que veñen un día á Praza de Abastos e despois quérenos seguir consumindo”, apunta a responsable de Arrieiro 2.0. Malia que só leva unha semana en marcha, “xa tivemos algún pedido, e o ritmo de visitas é constante”, afirma Chus Garza, que aposta polas redes sociais para darlle difusión á empresa. Arrieiro 2.0 conta coa colaboración do Concello de Allariz e de valoReSC innovation, organización promotora en Galicia dunha Rede de Produtores de Aldeas Sostibles.

Unha mostra dos produtos de horta que se distribúen on line na plataforma Arrieiro 2.0, no acto de presentación da empresa, que rematou cunha degustación./ARRIEIRO.

4 E na Escola Infantil.

Redacción O Concello de Allariz está a proceder á execución das obras de mantementos e mellora do Colexio Padre Feijóo e da Escola Infantil de Allariz. Os centros solicitaron ao Concello o pintado do comedor e valado exterior do recinto e o arranxo dos desperfectos na beirarrúa no caso do CEIP. Pola súa banda a Escola Infantil solicitou melloras na carpintería exterior no que corresponde ao edificio de ampliación. As obras realizaranse neste mes o que permitirá telas finalizadas para o inicio do novo curso escolar. Con estas intervencións, que se aproximan aos 7.000 euros de orzamento, o Concello mantén o compromiso pola

calidade do servizo público de ensino entendendo que “é primordial e importante o esforzo municipal”. Ampliación do CEIP Por outra banda, estase a ultimar o proxecto de urbanización da ampliación do CEIP que mellorará o contorno do pavillón de deportes municipal e do fronte no que se ubicará o novo colexio. O alcalde reiteraba a necesidade do inicio das obras para poder dar correcto servizo ao incremento de matrículas que o CEIP experimenta ano a ano dende 2010, superando hoxe os 400 alumnos.

O alcalde reitera a petición de inicio das obras de ampliación do CEIP


ALLARIZ E COMARCA

Medio Ambiente licita as obras dunha senda peonil entre o casco vello de Allariz e Gundiás 4 O proxecto de mellora da seguridade viaria abrangue máis de 2,5 quilómetros da OU-320. Redacción O Diario Oficial de Galicia publicou a licitación do contrato de construción dunha senda peonil da estrada que une Piñeira de Arcos- A Ponte Noalla (OU-320), por un importe de case 300.000 euros. Esta actuación ten por obxecto definir e executar as obras necesarias para a incorporación dunha senda peonil nunha marxe da estrada que parte dende o casco histórico de Allariz en dirección oeste, que pasa polo núcleo de Outeiro de Orraca e chega ao núcleo de Gundiás. Esta actuación, ademais de ordenar a circulación e mellorar a seguridade viairia, facilitará o acceso ás parcelas colindantes á vía. Dende a Consellería de

BARRIOS Xullo de 2013

17

Folgoso conta cun novo acceso que facilita a entrada ao centro do pobo 4 Aténdese unha demanda dos veciños deste núcleo alaricano. Redacción

O vial parte de Allariz e pasa por Outeiro de Orraca e Gundiás./ARQUIVO. Medio Ambiente considérase necesario esta actuación ante o estado inadecuado das beiravías, así como pola inexistencia de beirarrúas, polo que se proxecta unha senda peonil que facilite o tránsito da poboación entre os núcleos de Allariz, Gun-

diás e Outeiro de Orraca. Trátase dunha estrada que se encadra dentro da rede secundaria da Xunta a e os traballos, cuxo prazo de execución estimado é de tres meses dende a firma do contrato, centraranse en accións de escavación, demo-

licións e estendido de mestura bituminosa en quente. Tamén se dotará de pozos de rexistro e sumideiros, colocarase formigón e lousa antideslizante e repoñeranse a iluminación e a sinalización horizontal e vertical.

O Concello de Allariz, a través da brigada municipal, vén de rematar a construción dun novo acceso viario ao centro do pobo de Folgoso, núcleo situado a seis quilómetros da capitalidade. A creación dun terceiro acceso permite o paso a todo tipo de vehículos, incluídos os de gran tamaño, e a mellora do acceso á fosa séptica municipal ubicada nas inmediacións. A intervención obedece a unha petición dos veciños e veciñas de Folgoso, debido a dificultade de ac-

ceso que tiñan os camións e os servizos de emerxencia para entrar ao centro do pobo. O alcalde de Allariz, Francisco García, explicaba que as obras, cun orzamento de 8.000 euros, “consistiron na apertura e explanación da vía incluíndo o picado de penedos que se atoparon ao longo do novo trazado, e a colocación dun pavimento de sábrego e zahorra”.

O novo acceso facilitará o paso a camións e servizos de emerxencia


18

BARRIOS Xullo de 2013

CELANOVA E COMARCA

ENTREVISTA A JOSÉ LUIS FERRO – ALCALDE DE CELANOVA

“Son persoa de diálogo, traballo en equipo e gústame que o Concello teña as portas abertas aos veciños. A miña filosofía como alcalde é a mesma que como persoa”

4 O alcalde de Celanova, José Luis Ferro, fai balance dos nove meses que leva no cargo. S.N. Chegou a alcalde de Celanova (substituíndo a Antonio Mouriño cando este optou ao Parlamento de Galicia) cando levaba pouco máis dun ano como concelleiro de Cultura, pero José Luis Ferro nunca dubidou en aceptar esta responsabilidade, sempre tivo inquedanzas sociais e ten claro que a mellor maneira de darlles forma é dende dentro. Cercano e sinceiro, confesa que o cargo non o cambiou en absoluto. Como foi a súa entrada na política? José Luis Ferro: “Estaba afiliado ao PP antes de chegar a Celanova fai 12 anos e sempre tiven inquedanzas políticas e sociais. Nas anteriores eleccións Mouriño propúxome que me presentara nos postos de abaixo, e cando dous anos despois José María se tivo que retirar do cargo de concelleiro de Cultura propuxé-

“Quero continuar os proxectos de futuro que Mouriño tiña para o Concello”

ronme ocupar o seu posto. A verdade é que esa era a concellería que mellor me encaixaba, polos meus gustos e a miña formación. Era a concellería idónea para poder defendela en condicións”. Como afrontou a proposta de Antonio Mouriño de substituílo? J.L.F.: “Cando nos contou que lle ofreceran ir ao Parlamento e tiña que deixar a alcaldía foi unha sorpresa; e dende ese momento dende o partido comezamos a xuntarnos para buscar a persoa que o substituíra. Nin Mouriño nin eu tivemos tempo para pensar o cambio que iba a supor isto nas nosas vidas, propúxomo e os meus compañeiros respaldáronme, así como o presidente do partido. Levaba un ano e tres meses como concelleiro de Cultura e non agardaba isto, pero tiña inquedanzas e quería involucrarme dende dentro”. Cal é a filosofía coa que toma o mando do Concello de Celanova? J.L.F.: “Non pensaba que houbera que facer cambios substanciais, quero continuar os proxectos de futuro que Mouriño tiña para o

Un dos momentos máis complicados que lle tocou vivir como alcalde ata o momento foi o abandono do PP de Montserrat Álvarez, hoxe concelleira non adscrita./P.L.

José Luis Ferro foi durante pouco máis dun ano concelleiro de Cultura antes de ocupar o cargo de alcalde de Celanova /P.LODEIRO

“Alégrame que os veciños me paren pola rúa, é a miña responsabilidade atendelos. Admais, significa que son unha persoa accesible, e iso é o que quero”, asegura Ferro Concello, porque creo que o tempo determinará que van a ser bos para os veciños. Pero non vou a dicir que somos iguais, cada un reacciona dun xeito diferente ante as situacións, nin mellor nin peor. Eu son unha persoa de diálogo, aposto polo traballo en equipo e gústame que o Concello de Celanova teña as portas abertas a todos os veciños. A miña filosofía como alcalde é a miña filosofía como persoa, son incapaz de diferenciar cando son alcalde de cando son José Luis Ferro pola rúa, son a mesma persoa”. Como foi a acollida por parte dos veciños? J.L.F.: “Mentres se decidiu quen substituiría a Mouriño foron moitos os veciños, tanto simpatizantes do meu partido como de outros, que me deron o seu ánimo para coller a alcaldía. E creo que iso foi o que levou a que o meu partido me apoiara. Sentinme e síntome moi querido, e espero estar á altura das espectativas”. Un dos asuntos máis

complicados ao que tivo que facer fronte foi o abandono das filas populares de Montserrat Álvarez (hoxe concelleira non adscrita). Como viviu o PP municipal esta saída? J.L.F.: “Paseino moi mal, foi unha situación que me creou incredulidade de que alguén fose capaz de aproveitarse dunha decisión persoal para cambiar a maioría numérica coa que contabamos. Foi unha cuestión de ambición persoal, ela pediume unha adicación exclusiva, e mellor pagada que as demais. Incluso pasaba por ocupar unha adicación que xa era dun dos seus compañeiros. Entón vivín isto con moita decepción, eu pensei que ela estaba no noso partido por convición ideolóxica e de interese xeral, e non só por solucionar a súa situación particular. Presionounos e pareceunos que se trataba dunha chantaxe que non podíamos admitir. E estou seguro de que os veciños comprenderán esta decisión”. Tamén houbo nun pri-

meiro momento dúbidas en canto á organización das Festas de Celanova 2013. Como foi o proceso? J.L.F.: “A decisión de non organizar as festas de 2013 dende o Concello xa estaba tomada antes de que eu chegara á alcaldía. Eu simplemente continuei cunha determinación que o meu grupo tomou, e na que tamén estivo dacordo Montserrat, a pesar de que despois me criticou por ela. Por sorte houbo un grupo de xente que deu un paso ao fronte e encargáronse das festas, polo que nós o que tratamos é de axudalos en todo o que poidamos”. O presidente da Asociación de Comerciantes confesounos que o feito de retomar a mesma foi iniciativa súa. J.L.F.: “Había tempo que o falabamos dende o grupo municipal porque viamos que nos faltaba un interlocutor co comercio. Consideramos que é vital que Concello e comerciantes vaian da man, porque estamos todos no mesmo barco. Eu convoqueinos a unha reunión e a

verdade é que asistiron moitos comerciantes, algo que lles agradezo. E no momento en que eles comezaron a organizarse nós apartámonos. Pero facilitámoslle un local para reducirlle os gastos e dámoslle unha pequena axuda, que sería maior se puideramos, pero a situación é a que é. Apoiamos en todo o que emprendan, pero teñen que entender que cando se conceden axudas é buscando o beneficio da vila, non é porque haxa un interese particular nesa iniciativa”. Nas últimas semanas o goberno municipal entrou en polémica co BNG pola paralización da recuperación de Castromao. Como se atopa a situación? J.L.F.: “A nosa intención é crear un Centro de Interpretación da Cultura Castrexa, pero está paralizado por falta de diñeiro. Fixouse en 700.000 euros o orzamento para o mesmo e proporcionáronse 30.000, polo que se levantou o teito e pouco máis. O noso obxectivo é rematalo, pero depéndese da situación económica. Dende o BNG acúsannos de non o ter en condicións, pero dependemos do pouco persoal que temos, pero nós non descoidamos Castromao. Facemos todo o que está ao noso alcance”. Coménteme brevemente a situación das seguintes infraestructuras. - Construción dun parador de turismo no Mosteiro e un novo instituto: “Este proxecto está paralizado pola situación económica. De momento non se chegaron a licitar os terreos para a construción do instituto. Pero a título particular creo que vai ser un gran proxecto para Celanova e aposto por el”. - Estación de autobuses: “A estación xa é propiedade do Concello. Estamos pendentes de que se dea a concesión da cafetería, que está totalmente


CELANOVA E COMARCA

equipada para comezar a traballar. En canto á viabilidade da estación, da que moitos dubidaban, eu xa comprobei en Entroido que está en condicións, dei orde á Policía Local para que deixase entrar aos autobuses e deron maniobrado perfectamente. Así que agardamos poñela en marcha o antes posible”. - Ampliación do parque empresarial: “Temos a varias empresas interesadas polo que dende a Xunta nos recomendaron que esa ampliación se realice pouco a pouco. Hai que ter proxectos formais e por escrito das empresas que queren instalarse alí e a partir de aí realizar unha pequena ampliación. Logo buscar máis empresas interesadas e volver a ampliar, e así sucesivamente”. - Construción da autovía Ourense-Celanova e continuación ata ata Portugal: “O proxecto de autovía sempre foi só ata Celanova, despois falouse de crear unha circunvalación ata Portugal ou mellorar a N-540, pero entendo que non ten o volume de tráfico suficiente para realizalo agora debido á situación económica. Pero se me preguntas se creo que sería axeitado continuarla ata Portugal por suposto que che diría que si”. Pódeme facer unha valoración do pleno extraordinario celebrado en Celanova o pasado 6 de xullo? J.L.F.: “Non entendo porque pasou isto. Eu sempre fun unha persoa dialogante e creo que agora se aproveitaron diso. Pero sobrepasaron unha liña vermella. Eu non quero que se enturbie a relación entre os grupos municipais de Celanova, pero as cousas non van a poder ser coma antes. Non son unha persoa rencorosa, pero eu expliqueilles que eles pediron a Mouriño un 25% de baixada de soldo e eu fíxeno tan pronto cheguei. En canto ao que me acusan de abuso de autoridade non é certo, o alcalde ten potestade para delimitar os tempos nos plenos e iso é o que vou a fa-

“Pensei que Montse estaba no partido por ideoloxía e non por mellorar a súa situación particular”

cer a partir de agora porque o último durou 3 horas e 40 minutos, e non é preciso estar repetindo as mesmas cousas. Os membros da oposición dan resumido perfectamente, ademais a maioría non consumiu os 10 minutos que habilitei, e o único que o fixo deixeino rematar. Así mesmo, din que non respecto a legalidade, non o podo crer vindo de quen aprobou un acordo nulo de pleno dereito polo Pacto Antitransfuguismo”. Cal é a asignatura pendente que ten aínda como alcalde? J.L.F.: “Con todo o que me queda por diante debo dicir que teño todas as asignaturas pendentes, teño moito aínda que facer e mellorar. Tratarei de dar continuidade ás iniciativas que puxo en marcha Mouriño. E hai algúns proxectos, como o de Castromao que xa o asinei eu, que o sinto como meu, pero irei cumplindo todo pouco a pouco. Outro é o Auditorio Ilduara, que foi unha gran inversión e é moi importante que agora eu o dote de contido. A situación é complicada para conseguir levar a cabo moitas iniciativas nel, pero a miña intención é darlle moita vida. Pódeme facer unha valoración –persoal e profesional- dos meses que leva como alcalde? J.L.F.: “Un é alcalde 24 horas ao día e é inevitable levar as preocupacións para casa. Desperto moitas veces durante a noite e anoto nunha libreta que teño na mesiña o que teño que facer ao día seguinte. A título persoal pagas un prezo caro, porque tiven que deixar de adicarlle tempo á miña familia, pero agardo cumplir as espectativas dos veciños que me apoiaron dende o primeiro momento. Alégrame que me paren pola rúa, aínda que a veces os teña que cortar porque teña que algunha cita, pero iso é bo, é a miña responsabilidade atendelos e que me falen significa que me ven como unha persoa accesible, e iso é o que quero. Eu aposto polo diálogo e gústame que veñan a falar comigo dos seus problemas e inquedanzas”.

BARRIOS Xullo de 2013

19

A oposición de Celanova aproba a redución do soldo do alcalde e a eliminación de dúas dedicacións

4 Foi determinado nun pleno extraordinario, no que tamén se decicidiu a revocación de competencias da Xunta de Goberno Local. S.N. Dos 13 concelleiros que compoñen a corporación municipal de Celanova foron sete os que asinaron a solicitude dun pleno extraordinario no Concello (os membros de PSOE, BNG e a concelleira non adscrita) para solicitar a redución do soldo do rexedor, a eliminación de dúas (das tres) dedicacións parciais e a revocación de determinadas competencias da Xunta de Goberno Local (para que pasen a mans do pleno), polo que era previsible o desenlace da votación. O que non era tan previsible é que dita sesión (que finalmente tivo que ser convocada polo secretario ante a negativa do rexedor de facelo) despertase tanta tensión e polémica. Entre a alternancia de berros e aplausos procedentes do numeroso público e simpatizantes presentes, este primeiro pleno extraordinario do mandato actual comezou coa solicitude do alcalde da vila de San Rosendo, José Luis Ferro, da retractación por parte dos solicitantes, apelando a determinadas irregularidades á hora de solicitar a sesión e lembrándolles que a vía axeitada era a presentación dunha moción en pleno ordinario. Os erros aos que se refería Ferro (e para os que negou a presentación de emendas por parte da oposición) foron os que secretario e interventor empregaron para determinar a posible nulidade do acordo. Ambos técnicos informaron favorablemente da revocación de competencias, pero non da data de entrada en vigor do acordado na sesión para o día seguinte -será unha vez se publique no BOP-, o incremento do salario según o IPC -a lei establece a conxelación das retribucións- e o feito de que debe ser o alcal-

Momento da votación do primeiro pleno extraordinario celebrado no Concello de Celanova no que vai de mandato./BRAIS LORENZO de o que realice ao pleno a proposta. Ante estas trabas, que BNG e PSOE tacharon de “esperpénticas”, ambas formacións aseguraron non entender tanto impedimento “a aforrarlle aos veciños de Celanova 60.000 euros ao ano con estas medidas”, explicaba o voceiro nacionalista Leopoldo Rodríguez. Críticas á concelleira non adscrita Pola súa parte, tanto o rexedor municipal como o voceiro popular, Máximo Losada, ocuparon importante parte das súas intervencións a acusar como autora intelectual dese pleno extraordinario a Montserrat Álvarez (quen pasou fai uns meses do Partido Popular ao bando de non adscritos) e anunciaron que levarán a acta da sesión á Comisión do Pacto Antitransfuguismo para lograr a anulación do acordo por esta vía. “Vostedes (referíndose a PSOE e BNG) eran suficientes para asinar a solicitude sen precisar da tránsfuga”, asegurou Losada. “Montserrat actúa por vinganza. Vostedes estánlle pagando, algo que eu non quixen facer”, dicía pola súa banda José Luis Ferro, quen non entendía que a que fóra a súa compañeira de filas solicitara agora a eliminación de dúas adicacións parciais cando ela pedíralle unha a maiores para si mes-

ma cando aínda formaba parte do goberno. “Estaríase a celebrar este pleno se eu houbera accedido? O teu problema é que nunca pensaches que este alcalducho actuaría así. Pensabas que ía ter medo a perder a alcaldía”, sentenciou o rexedor dirixíndose á edil non adscrita. Neste senso, a socialista María Jesús Boo referiuse á necesidade da eliminación destas dúas adicacións parciais porque “non teñen presuposto nin plan de traballo”. Baixada de soldo En canto á redución do soldo do rexedor, a oposición aprobou neste pleno extraordinario a súa baixada ata os 2.350 euros ao mes (fronte aos 3.714 actuais). “Ese soldo en 14 pagas, máis os gastos de coche e dietas é máis que suficiente”, aseguraba a voceira socialista, María Jesús Boo. Tanto ela como o voceiro nacionalista coincidiron en recriminarlle a Ferro que as sesión plenarias só teñen o contido que proporcionan as mocións presentadas pola oposición. “Non ten proxectos nin os vai a ter, por iso non merece ese soldo”, aseguro Leopolo Rodríguez, quen argumentou a súa intervención facendo referencia a promesas electorias incumpridas polo alcalde popular.

O goberno cre que detrás destas peticións están os desexos de “vinganza” de Montserrat Álvarez “Non se sabe nada da piscina climatizada que prometeu, nin da ampliación do polígono empresarial, nin da construción dun campo de fútbol con herba artificial. Prometeu unha banda longa wimax no Concello cando hai pobos sen abastacemento, e a inmediata posta en marcha da estación de autobuses cando leva 11 anos construída pero sen utilizar”, lembrou. Tras as acusacións entre goberno e oposición, e diversas chamadas á orde por parte do alcalde tanto aos concelleiros como aos presentes na sala chegou o turno da deliberación. Os sete votos a favor dos asinantes fronte aos 6 en contra dos populares permitiron a aprobación das medidas solicitadas, pero coa dúbida de se farán efectivas, xa que dende o goberno municipal apelarán ás irregularidades cometidas así como a un posible incumprimento do Pacto Antitransfuguismo por parte de socialistas e nacionalistas para anular esta votación.


20

BARRIOS Xullo de 2013

CELANOVA E COMARCA

O audiovisual galego, a debate, nun curso de extensión universitaria en Celanova 4 Esta acción formativa desenvolverase na vila celanovesa do 17 ao 19 de xullo. P.L. “O Audiovisual Galego. Presente cambiante e alternativas de futuro” é o título do curso de extensión universitaria que terá lugar os días 17, 18 e 19 de xullo en Celanova. A Fundación Carlos Casares, coa Vicerreitoría do Campus de Ourense, o Concello de Celanova e a Deputación de Ourense organizan a décima edición deste curso que reunirá na vila celanovesa a cualificados especialistas e profesionais do sector para disertar ao redor das diferentes disciplinas do audivisual. Temática e obxectivos Os obxectivos do curso son, por unha banda, dar oportunidade aos creadores para presentar e debater co público ao redor da súa obra, e, por outra, “contribuír á visibilidade do cine propio, nun contexto aínda adverso para a difusión por motivos estritos de mercado”, explicou o director do

O BNG rexeita a mina “Wolfram Aurense” de Ramirás

4 Organizou unha andaina para denunciar o impacto ecolóxico e social que suporía. Redacción

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director do obradoiro audiovisual “Celanova plató de ficción”, Paulino Pérez; o alcalde de Celanova, José Luis Ferro; a vicerreitora do Campus de Ourense, María Lameiras; o presidente da Fundación Carlos Casares, Xavier Casares; o director de Agadic, Jacobo Sutil; e o director do CeMAC, Miguel Anxo Fernández, na presentación do curso. /P.LODEIRO. curso, Miguel Anxo Fernández. Para esta edición optouse por un programa variado que reflicta a versatilidade do formato longametraxe (ficción, animación, documental), tamén da curtametraxe (animación), as producións feitas utilizando as novas tecnoloxías (series online) e, finalmente, a boa saúde creativa do audiovi-

sual feito en Galicia. A formación incorpora un obradoiro audiovisual, “Celanova plató de ficción”, que estreará durante o curso unha web serie que están a rodar estes días os seus alumnos. Campo de traballo A relación de Celanova co audivisual non remata neste curso pois entre o 15

e o 31 de xullo, celebrarase na vila un campo de traballo de carácter audiovisual, no que os voluntarios elaborarán unha cortometraxe.

O curso, na súa décima edición, incorpora un obradoiro audiovisual

Coa organización dunha andaina reivindicativa, o BNG amosou o seu rexeitamento ao proxecto de explotación mineira “Wolfran Aurense”. Os nacionalistas cubriron o pasado 7 de xullo a ruta da Canle de Escudeiros, 11 quilómetros pola conca baixa do río Arnoia, para denunciar “o gran impacto ecolóxico e social que suporía para os territorios a posta en marcha da iniciativa mineira”. Os concellos de Ramirás, Cartelle, Gomesende, Arnoia e Castrelo son os que sufrirían de forma directa as súas consecuencias. Petición de informes negativos Desde o BNG ínstase á Xunta a que “á hora de emitir os informes sectoriais para posteriormente decidir se autoriza ou non

a instalación deste tipo de mina, emitan informes negativos baseándose en tres premisas: que se crea menos emprego do que se destrúe, menos riqueza da que se destrúe; que os seus efectos son irreparábeis; e que debe prevalecer o interese das persoas que habitan neste lugar e que o queren seguir facendo por riba do interese das grandes multinacionais que simplemente veñen esquilmar os nosos recursos”. O Bloque amósase “diametralmente oposto a este tipo de políticas de espoliación de recursos naturais que benefician a multinacionais e para as que estes beneficios unicamente serven para gañar máis e máis diñeiro especulando con eles a base de destruír un territorio”. O modelo de país proposto polo BNG pasa polo aproveitamento dos recursos naturais e dos sectores produtivos propios.


CELANOVA E COMARCA

Denuncian irregularidades na contratación dos brigadistas de Terra de Celanova 4 Segundo o BNG, os candidatos non tiveron que pasar unha proba de esforzo físico homologada. P. L. O BNG vén de denunciar irregularidades no proceso de selección das brigadas contra incendios de seis concellos da comarca de Terra de Celanova: A Merca, Cartelle, Gomesende, Quintela de Leirado, Verea e Pontedeva. En total, 30 traballadores, cinco por cada brigada. Segundo o voceiro desta formación na Merca,

Manuel Outumuro, houbo cambios na baremación dos candidatos, de forma que se valoraba máis a entrevista persoal que a experiencia profesional, e tamén se descartou unha proba de esforzo física homologada. Así, substituiuse un percorrido de mil metros que os futuros brigadistas tiñan que cubrir en menos de oito minutos cargados cunha mochila de 16 quilos por unha carreira de 250 metros que tiñan

BARRIOS Xullo de 2013

21

Ultimando as festas da Encarnación Redacción

A deputada Tereixa Paz e o edil do BNG na Merca, Manuel Outumuro./P.LODEIRO. que facer en tres minutos. “É unha neglixencia grande que espero que non teña consecuencias”, alertaba Outumuro, para quen estes cambios no proceso de concurso-oposición perseguían unha contratación “o máis discrecional posible”. Crítica ás brigadas municipais Neste sentido, o Bloque critica a decisión do Goberno galego de volver contratar brigadas municipais, “por cargar nos concellos o 25% do custo da brigada

cando a competencia de extinción é exclusivamente da Xunta de Galicia”, por ser “un golpe moi relevante” aos principios de profesionalización do dispositivo contra incendios e ao mando único, e por facilitar que os alcaldes teñan “un instrumento para facer clientelismo político”. Quen así se expresaba era a deputada autonómica Tereixa Paz, quen anunciou iniciativas no Parlamento sobre esta cuestión. Basicamente, a nacionalista preguntará á Xunta para cando está pre-

visto que o dispositivo contra lumes forestais estea totalmente en marcha (tendo en conta que das 5.708 persoas que o integran hai 2.500 que aínda non foron contratadas). Tamén instará ao Goberno autonómico a que vixíe os procedementos de contratación para que cumplan os principios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade. “E se non se cumplen, que se suspendan os convenios cos concellos e que se retiren as subvencións”.

A Comisión de Festas 2013 está a pechar o programa das Festas da Encarnación de Celanova, que se celebrarán os días 3 e 4 de agosto. Os días 26, 27 e 28 de xullo innovan co I maratón de fútbol sala “Festas de Celanova” co que pretenden que a xuventude da zona participen. A maiores da clásica procesión da Ramallosa cos faroliños o sábado 3 de agosto, ás 22:30 h, o domingo 4 haberá unha orquestra na praza Maior, e durante a fin de semana varias charangas animarán as rúas. Outras novidades son o duatlón por equipos previsto para o sábado 10 de agosto e o Día da Bici o domingo 11, cun percorrido de 20 km. para os afeccionados con saída ás 9:30 e outro para os nenos que partirá ás 12 horas.


22

BARRIOS Xullo de 2013

OURENSE PROVINCIA

Cruz Vermella atendeu en 2012 máis de 43.000 persoas

EN BREVE

4 Premios aos mellores praceiros O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, participou na Coruña, xunto coa conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, no acto final da campaña de Economía e Industria “Presume de praceiro/a” no que se entregaron os premios aos mellores praceiros e praceiras escollidos polos clientes de cada praza de abastos galega. A mellor praceira do mercado municipal de Xinzo de Limia foi Fátima Costa de Sousa, que rexenta unha froitería, mentres que no de Celanova os clientes escolleron a Manuela Domínguez Gándara. Conde resaltou o “bo facer e a profesionalidade” dos máis de 4.000 pequenos empresarios “que se levantan cada madrugada para traballar e encher de vida os mercados e as prazas de abastos das nosas vilas e cidades” e salientou o “papel central” que xogan os mercados e prazas de abastos na estratexia de impulso á mellora do comercio de proximidade que está a desenvolver a Xunta, á que se leva destinado máis de 8 millóns de euros ao longo deste ano.

4 Galardón para a Mancomunidade Terra de Celanova A Mancomunidade Terra de Celanova e dúas cooperativas ourensás -Proxecto Coop e Xanela- resultaron premiadas no concurso Iniciativas Cooperativas 2013, enmarcado na celebración do Día do Cooperativismo Galego 2013. A Mancomunidade Terra de Celanova recibiu o premio polo fomento e apoio ás sociedades cooperativas. As múltiples actividades de formación, información e asesoramento realizadas pola Mancomunidade, no marco dos obxectivos da Oficina de Fomento Cooperativo creada pola Consellería de Traballo e Benestar, foron a clave para a obtención deste galardón. Na provincia traballan baixo a fórmula cooperativa un total de 172 firmas.

4 A entidade tivo o pasado ano un 25% máis de usuarios. P. Lodeiro

O alcalde de Baños de Molgas, Eladio Mangana, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, visitaron as obras de emerxencia no río Arnoia. /A.PAZ.

Obras de emerxencia no Arnoia paliarán os danos das riadas 4 Cofinanciadas entre a Confederación Hidrográfica e a Deputación provincial. Redacción O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; e o alcalde de Baños de Molgas, Eladio Mangana, visitaron as obras de emerxencia que se están a realizar no río Arnoia ao seu paso por Baños de Molgas, para evitar riadas e avenidas de auga como as acontecidas o pasado inverno, que provocaron importantes danos materiais. A institución provincial destina 60.000 euros para as obras de recuperación das zonas afectadas en Baños de Molgas, principalmente as que se atopan na contorna das piscinas da capital do municipio, mentres que a Confederación Hidrográfica inviste nesta e noutros puntos da provincia de Ourense un total 100.000 euros. Manuel Baltar explicou que estas actuacións falan da cooperación entre institucións en situacións como esta de emerxencias, ante os efectos adversos provocados pola meteoroloxía, que obrigan a acometer obras de restauración e mellora do entorno do río Arnoia”. Baltar subliñou

que esta cooperación “é aínda máis salientable nun contexto económico de especial dificultade como o actual, onde as actuacións conxuntas permiten salvagardar un espazo emblemático como é esta contorna do Arnoia o seu paso por Baños de Molgas”. Limpeza de arrastres Con estas actuacións de emerxencia restáurase o dominio público hidráulico e os danos provocados polos desbordamentos e avenidas ocasionadas polo temporal de intensas chuvias sufrido durante os primeiros meses deste año. Os traballos consisten na limpeza de arrastres, retirada de maleza e de árbores caídos, con especial incidencia na retirada de taponamentos que afecten a infraestruturas viarias. Tamén se procederá á reposición de escolleiras e á estabilización de marxes do río con biomuros de malla de coco. Todo iso co fin de mellorar a capacidade de desagüe dos cauces para evitar riadas e avenidas en épocas de abundantes choivas.

Na provincia actuarase nos ríos Arnoia, Avia, Limia, Sil e Salas

4 Cen mil euros da CHMS en toda a provincia A Confederación Hidrográfica do MiñoSil (CHMS), destinará 500.000 euros a obras de emerxencia co obxecto de evitar inundacións na demarcación hidrográfica do Miño-Sil. Desta cantidade, cen mil euros investiranse en dez municipios da provincia de Ourense. “Afortunadamente a nosa demarcación sufriu danos de menor contía pero, no noso deber de velar polo bo estado dos ríos, o Ministerio investirá 500.000 euros na nosa conca hidrográfica con dous obxectivos fundamentais, restaurar o danado e previr incidencias futuras”, indicou Francisco Marín, presidente de la CHMS. Entre outros, Vilar de Barrio, Allariz, Baños de Molgas, Xinzo de Limia e Baltar serán os concellos ourensáns beneficiados con estas actuacións de restauración do dominio público hidráulico e corrección de danos provocados por desbordamentos. Actuarase nos ríos Arnoia, Avia, Limia, Sil e Salas.

A crise tardou en chegar a Ourense pero o seu impacto viuse finalmente “na súa crudeza” no segundo semestre do ano pasado. Así o constata a coordinadora provincial de Cruz Vermella, Marisa López Casero, quen sinalou que durante o 2012 a entidade benéfica tivo un 25% máis de usuarios que no ano anterior, superando as 43.000 persoas atendidas. Este é un dos grandes números da Memoria 2012 de Cruz Vermella, presentada estes días en Ourense, na que se constata outra realidade: a “volta á axuda directa ás pesoas”, a través da entrega de kits de hixiene, alimentos, material didáctico, matrículas, roupa, axuda para o pago de subministros, alugueres ou ocio, etc. “Tivemos que solucionar máis problemas de urxencia a raíz da crise”, afirmaba a presidenta da institución, Teresa Babarro. A través das súas sete asambleas comarcais, a Cruz Vermella márcase como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas que están en situación vulnerable, apoiada polo traballo de 78 profesionais e a colaboración de 4.198 voluntarios. Outros 7.242 socios contribúen coas súas achegas a financiar a institución, que contou durante 2012 cun orzamento de 2,5 mi-

llóns de euros, unha cifra similar á de anos anteriores malia os recortes. Desta cifra, o 20% foi asumido polas cotas dos socios, un 46% provén de subvencións das distintas administracións e un 22% da facturación de prestación de servizos. Os programas de atención á terceira idade reciben o 42,56% de todo o orzamento, sendo a atención á infancia cun 14,15% e os plans de emprego cun 9,59% outras das principais partidas da entidade benéfica. Un “pequeno excedente” dos ingresos permitiu á Cruz Vermella realizar o ano pasado investimentos en equipamento necesario, precisaba Sofía García-Iturri, secretaria provincial. O traballo por comarcas As responsables de Cruz Vermella Ourense non quixeron resaltar o traballo de ningunha das sete asambleas comarcais por riba das outras, e malia que a crise estase a notar máis en ámbitos urbanos e semiurbanos, o que si apuntaron é que todas elas “retomaron o reparto de alimentos, roupeiro e canalizaron iniciativas da poboación”. Nesta liña, citou a recollida de catro toneladas de alimentos nun partido solidario organizado pola Cruz Vermella de Monterrei.

Cruz Vermella Monterrei recolleu catro toneladas de alimentos

Marisa López Casero, Teresa Babarro e Sofía García-Iturri Tosar./C.V.


DEPORTES

Celanova e A Veiga, campións de Copa Deputación 4 Venceron na Copa Deputación de de fútbol sala en categoría feminina e masculina respectivamente. R.T.

Víctor Valle controlando o balón diante dun xogador do En Xogo na final do Trofeo Barrios Deportivo. /RAMSÉS

O Verín Futsal, subcampión do Trofeo Barrios Deportivo 4 Na súa primeira participación no “torneo dos campións”. R. Torres O Verín Futsal foi o subcampión do IV Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala -O Torneo dos Campións-. Na final caeu derrotado ante o En Xogo / Karlaska por 10-3, logo de pasar dúas durísimas eliminatorias de cuartos de final e semifinal ante o Cidade de Ourense e Os Escornaboys, respectivamente. Os da comarca de Monterrei aguantaron o tipo na primeira metade chegándose á final dos primeiros 20 minutos con un exiguo 3-2 a favor do equipo da capital ourensá. Foi na segunda metade cando o cansanzo dos xogadores do Verín comezou a mellar o seu xogo facendo imposible a remontada. 103 foi o resultado final. Desgaste ata a final O Verín tivo que sufrir máis que o En Xogo para chegar á final. No primeiro partido esperaba o Cidade de Ourense, o que ben podía ser unha final anticipada. O Verín tívose que espremer ao máximo para sacar o partido pola mínima, 5-4. Pero deseguido o camiño continuou igual de costa arriba. Os da comarca de

Monterrei tiveron que suar para acceder á gran final. 2-3 foi o resultado contra os Escornaboys, o que lle permitía acceder ao Verín, por méritos propios, á final na súa primeira participación. Ese esforzo ímprobo nas dúas eliminatorias previas pasou factura a un Verín que mereceu estar na final, pero que tivo un castigo demasiado severo na mesma. A pesar do resultado foi un digno finalista do trofeo e, de chegar máis fresco á gran final, podería incluso haberse proclamado campión. Diego Matías O xogador e capitán do Verín Futsal, Diego Matías, foi proclamado como o mellor xogador do campionato. A organización considerou esta distinción logo dos grandes partidos realizados polo capitán nos tres encontros disputados durante o torneo.

O capitán do Verín, Diego Matías, foi nomeado mellor xogador do Trofeo Barrios Deportivo

A Copa Deputación de fútbol sala xa coñece aos seus vencedores. Celanova (fútbol sala feminino) e A Veiga (fútbol sala masculino) foron os campións copeiros da tempada 2012-2013. Verín foi a sede da final da Copa Deputación de fútbol sala tanto en categoría masculina coma na feminina. Fútbol sala feminino O Celanova foi netamente superior ao Amoeiro, a quen venceu por 5-1. Gran partido entre dous equipos completamente distintos. Un Celanova con xogadoras moi novas e cunha grande proxección, e un Amoeiro con xogadoras máis fortes. Finalmente imporíase a calidade do equipo de Celanova, adiantándose no marcador cun contudente 0-4. Cando as forzas fraquearon, as xogadoras do Amoeiro lograron achegarse ata un gol de dife-

Xogadoras e pais do Celanova FSF. /RAMSÉS renza (3-4), pero sen poder facer efectiva a remontada. Fútbol sala masculino Na final masculina e tras 40 minutos de moita tensión, A Veiga alzouse co título ao vencer ao anfitrión Verín por 4-2. Partido moi disputado entre dous equipos de idéntico nivel. A primeira metade controlada polo equipo da Veiga fixo que foran ao descanso con dous goles, por cero do Verín. Nesta primeira metade A Veiga

enviaba catro tiros ao pao mentres que o Verín facíao en dúas ocasións. Na segunda metade o partido estaba controlado polo equipo da Veiga ata que chegou o primeiro gol do Verín (minuto 28) e, deseguido (minuto 29) ,o empate. Pero Carracedo aínda non dixera a última palabra e adiantou de novo ao seu equipo (A Veiga). Diego, a dous minutos para o final, faría o 4-2 e o título copeiro marcharía cara á Veiga.

BARRIOS Xullo de 2013

23

EN BREVE

4 Escolas Deportivas Xa está aberto o prazo de inscrición das Escolas Deportivas de Fútbol do Concello de Verín para a tempada 2013-2014 e organizadas pola área de Mocidade e Deportes do Concello de Verín. Esta activadade está destinada ás categorías pre-benxamíns, benxamíns, alevíns, infantís, cadetes e xuvenís. A inscrición para formar parte das Escolas Deportivas de Fútbol debe realizarse, de 10 a 13 horas, nas instalacións do Complexo Deportivo ‘A Granxa’. A documentación a achegar é a seguinte: xustificante de pago do ingreso da cota na Caixa Rural de Verín -120 euros para os/as eurocidadáns/ nas no Concello de Verín e 150 para os non eurocidadáns/as neste municipio-, fotocopia do DNI, dúas fotografías tamaño carné, fotocopia da tarxeta da seguridade social, xustificante de protección de datos-fotografías e xustificante da autorización paterna-materna para participar en competicións deportivas.

4 Piragüismo Un ano máis o club de piragüismo e o Concello de Allariz organizan a Escola de verán de piragüismo. O evento ten lugar pola semana (de luns a venres) en horario de 11 da mañá ata as dúas da tarde, durante os meses de xullo e agosto. As idades para os participantes é entre os 8 e os 17 anos e ademais de achegarse ao mundo da piragua en Allariz tamén terán a oportunidade de coñecer outros encoros da provincia coma poden ser en lugares como Castrelo de Miño, Barco de Valedoras, Avión, Muiños, A Rúa y Barra de Miño.

Os infantís do Verín que se proclamaron subcampións nacionais.

Campionato Nacional de Clubs No número anterior do Barrios comentamos que o Verín proclamouse subcampión do Campionato Nacional de Clubs en categoría infantil que tivo lugar en Alacante. A foto que puxemos na noticia non correspondía cos rapaces que realmente protagonizaron ese campionato; así que desde aquí mostramos, agora si, aos verdadeiros protagonistas, sen esquecerse dos adestradores (Fran, José Antonio e Toño) amais dos pais que tanto apoiaron nesta fantástica campaña.

4 Fútbol 7 Durante o fin de semana do 20 e 21 de xullo, o municipio de Verín acollerá o Maratón de Fútbol 7 ‘Eurocidade ChavesVerín’, organizado pola Eurocidade Chaves-Verín, Concello de Verín e Município de Chaves.


24

BARRIOS Xullo de 2013

DEPORTES

César Rodríguez Alonso do equipo Augas termáis Cortegada co seu Tcastor TC3/C. /RAMSÉS Pablo Nogueiras e Marco Rivero coas súas medallas.

Dúas medallas para a Limia Redacción O Campionato Galego de Atletismo para as categorías benxamín e alevín trouxo para a Limia dous metais, un de ouro e outro de bronce. O Galego celebrado en Vilagarcía de Arousa o 8 de xuño viu coma Pablo Nogueiras, do ADAS O Barco,

e Marco Rivero, do Club Limiactiva, se colgaron sendas medallas. Pablo Nogueiras acadaba un ouro nos 2.000 nunha excepcional carreira, que deixaba o crono moi cerca dos 7 minutos (7:05.44). Pola súa banda, Marco Rivero acadaba o bronce nos 500 cunha moi respetable marca de 1:30.77.

César Rodríguez vencedor na VIII Subida A Bola 4 Segundo foi Martín Villar. Redacción O piloto ourensán do equipo Augas termáis Cortegada proclamouse campión da VIII subida ao Furriolo co seu Tcastor TC3/C. Rodríguez foi o dominador da proba aínda que Martín Villar Bangueses foi o máis rápido na segunda xornada.

En segunda posición rematou Martín Villar Bangueses (BRC 05 EVO) e terceiro, Jacobo Sobral (Silver Car S/2). A diferenza foi moi xusta entre os dous primeiros do podio, por milésimas decantouse esta oitava edición. Jacobo Sobral Iglesias, terceiro, rematou a pouco máis de dous segundos.

A subida ao Furriolo pertence ao Campionato de Galicia de Montaña e contou con innumerables afeccionados que non se perdían detalles das catro pasadas das que constaba a proba. Os favoritos para o triunfo final estiveron lonxe do vencedor. Os irmáns Varela foron cuarto e quinto; tras

eles Rubén Nogueiras Carballo, Pablo Rey Pérez e Jorge Fernández Vilarchao completaron as oito primeiras posicións. Outras clasificacións En Carrozados, Santiago Abad Villaverde co seu Audi A4 ST foi o primeiro; segundo rematou Simón Martínez Saldaña (Seat León Supercopa). O piloto do equipo ACSM Rallye Team, Alex Pais, foi terceiro co seu Porsche 911 GT. Rubén Blanco (BMW 323i E21) levouse o triunfo en históricos.


DEPORTES

BARRIOS Xullo de 2013

25

Sonia Teijeiro domina nas terras de Celanova

O limián Rubén Diz faise coa vitoria na nocturna de Xinzo

4 Javier Paredes foi o home máis rápido.

4 En mulleres, Ana Ocampo foi a máis rápida.

Redacción

R.T.

Sonia Teijeiro (Veteranos Ourense) volveu demostrar o bo estado de forma que atravesa e unha vez máis fíxose coa vitoria absoluta nunha carreira popular. No Couto foi segunda, en Sandiás, primeira, e agora na de Celanova regresou ao máis alto do podio. O seu tempo 30:32 minutos. Tras ela chegaron Raja Rizki (Atletismo Porriño) e Ana Isabel Soutullo (Esprintes

Ourense), segunda e terceira respectivamente. Categorìa masculina En categoría masculina Javier Paredes (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) foi o primeiro en cruzar a liña de meta cun tempo de 25:59 minutos; a 10 segundos entraba Óscar Ramos (Ourenrunning) con 26:09 e terceiro sería Óscar José Seoane (Ourenrunning) parando o crono en 26:19 minutos.

Proba absoluta da carreira de Celanova./VÍA XVIII.

Categorías inferiores En infantís, Marta Araújo e Paulo Brito foron os máis rápidos; en cadetes, Tania Anis e Xoán Eusebio Iglesias os vencedores. En alevín, Nayely Iglesias e Andrés Martínes leváronse a vitoria. Mauro Dorado e Ainhoa Rodicio foron os benxamíns gañadores. E finalmente, Adrián Correa e Uxía Vázquez fixeron o propio en prebenxamín.

Javier Paredes (G. Pontevedra) completou os 7800 metros de percorrido en 25:59, Sonia Teijeiro (Veteranos Ourense) en 30:32

O sábado 15 de xuño disputouse polas rúas de Xinzo a novena edición da carreira nocturna de Xinzo de Limia. En total foron 262 os participantes desta edición na que Rubén Diz foi o vencedor en categoría masculina e Ana Ocampo en feminina. Por detrás de Diz chegaron en segunda posición, Javier Paredes, e en terceira, José M. Casado. En muller, acompañaron no podio a Ocampo, Silvia Teijeiro (segunda) e Ana Belén Losada (terceira). Outras categorías En benxamíns os máis rápidos foron Shu Yan Bobillo e Carlos González, mentres que na proba

Dous “pitufos” participando na súa carreira./RAMSÉS. de categoría alevín venceron Uxía Calleja e Pablo Nogueiras. Na carreira infantil Nuria

Pazo e Ziad Nagihi foron os máis rápidos. Aida Martínez foi a máis rápida de todos os cadetes.


26

BARRIOS Xullo de 2013

EN BREVE

4 Días de piscina e lectura en Verín As piscinas descubertas da Granxa de Verín veñen de iniciar a súa tempada de verán, que rematará a mediados de setembro. Neste tempo permanecerán abertas de 12 a 21 horas de luns a sábado e de 11 a 21 horas os domingos. Para os cativos de menos de 2 anos e os socios da piscina climatizada o acceso é de balde. Os nenos de entre 2 e 14 anos pagarán 70 ou 90 céntimos (segundo sexan eurocidadáns ou non), e os adultos 1,75 ou 1,40. Ademais, esta instalación ofrece o servizo de bibliopiscina, que pon a disposición dos usuarios máis de 250 volumes e diversos xogos de mesa. Así mesmo, os amantes da lectura poden gozar do servizo “BiblioRúa”, que achegará aos veciños a lectura os días 23 de xullo e 2, 12 e 23 de agosto, a través dun stand que voluntarios da biblioteca situarán diante da mesma.

4 Campamento “Ourensanía” A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Verín iniciou a tramitación das inscricións do campamento ‘Ourensanía’, destinado a rapaces de entre 7 e 15 anos que realizarán obradoiros, fútbol chapas, excursión con xogos temáticos, xincanas e actividades na piscina. Terá lugar en catro quendas (con 50 rapaces cada unha) -do 5 ao 10, do 12 ao 17, do 19 ao 24 e do 26 ao 31 de agosto-. O prezo é de 100 euros por participante e inclúe pensión completa no albergue de Celanova e o material.

4 Obradoiro de graduado en ESO O ‘Obradoiro de graduado e corresponsabilidade’ conta con 22 participantes, que a partir do 22 de xullo recibirán formación para presentarse á proba de obtención do graduado para maiores de 18 anos, que será o 12 de setembro. Os contidos buscan fomentar a autoorganización do traballo, educación positiva, empatía e constancia.

OCIO E CULTURA

A sexta edición do Festival das Artes Escénicas de Riós traerá programación para todos os públicos 4 O festival, que terá lugar no concello de Riós os días 2 e 3 de agosto, contará coas actuacións musicais de Robert Ramírez, Malvela, Tony Lomba, Daniel Minimalia e Rosa Cedrón. P. Lodeiro Os días 2 e 3 de agosto, Riós convertirase na capital das artes escénicas galegas. A sexta edición do Festival das Artes Escénicas “Abelardo Gabriel” ofrecerá na localidade ourensá unha programación pensada para todos os públicos na que se inclúe a estrea do filme “A última viaxe do afiador” ou a entrega da ‘Castaña de Cristal’ á cantante galega Rosa Cedrón. Dous días de cultura A actividade comeza o venres 2 de agosto a partir das sete da tarde, e o protagonismo desta xornada será para a estrea mundial de “A última viaxe do afiador” do cineaste ourensán Aitor Rei, unha película documental sobre a vida de Armando un afiador de sesenta e seis anos. Ademais, terá lugar a presentación da película “A historia dun satélite, Rafael e a nai que ou pariu” dirixida polas Also Sisters (as dúas xemelgas con residencia en Utah que están a rodar a súa primeira película en Galicia), de “As Bruxes de E ´ lente” de Simón Vázquez e os coloquios e proxeccións doutras pezas audiovisuais como “Calíope no camiño”, a webserie “Clases do social” e os curtos animados gañadores no “Festival de Cans”. Este ano, o festival inaugura unha sección de cine feito por xente con algún tipo de discapacidade, coa proxección de “Sayonara Beibi”, dirixida pola actriz e pedagoga Estívaliz Veiga, o principio dun proxecto que Rubén Riós dirixirá coa asociación Aspanas Termal. Os concertos de Daniel Minimalia, que presentará o seu disco “Cuentos sonoros” (nominado aos Hollywood Music Awards), e

de Yomelo, completarán as propostas da primeira noite do festival. Na segunda xornada, do sábado 3 de agosto, o Festival de Riós aumenta a variedade de actividades gratuítas para os máis pequenos ao aire libre, con obradoiros de teatro, música, caracterización, etc a partir das 11 da mañá. Ás 12:30 horas inaugúrase outras das novidades desta sexta edición, “A Ruta do Talento” que bautizará dous dos castiñeiros do municipio (situados no souto trala igrexa) cos nomes de Moncho Fernández, adestrador do Blusens Monbus e Javier Gutiérrez, actor galego en series tan coñecidas como Águila Roja. Rubén Riós explicou que a iniciativa nace coa idea de que o “festival estea presente durante todo o ano” na localidade. O apartado solidario do certame amosarase cun partido benéfico a favor da nena Uxía entre ex futbolistas e artistas, a partir das 16:30 horas, e no que se cobrará unha entrada de dous euros. Abrirase unha fila cero para recabar as achegas daqueles que queiran colaborar coa iniciativa mais non poidan acudir ata Riós. Nada máis rematar o partido, no centro cultural do municipio proxectaranse as curtametraxes gañadoras no Festival de Cans e estrearase a obra teatral de La Caja de Pandora. A partir das 21:00 celebrarase unha gala presentada por Sonia López, e na que actuarán o dj Robert Ramírez, o grupo de folk Malvela, o ‘espectáculo man galego’ Tony Lomba e o monologuista Pepo Suevos, e na que a intérprete Rosa Cedrón recibirá o galardón “Castaña de Cristal”.

Rosa Cedrón recibirá o galardón “Castaña de Cristal”

Presentación da sexta edición do Festival de Riós. /P.LODEIRO.

Entrevista a Rubén Riós, director do festival

“Riós é rural galego, temos actividades para nenos de 10 anos e maiores de 80” Por que o cambio de datas? Rubén Riós: “Intentamos deixar o festival nunha data fixa, a primeira fin de semana de agosto, para que a xente o planifique xunto coas súas vacacións”. Cales son as novidades deste ano? R.R.: “O festival está crecendo, ten un camiño cultural xa andado, e este ano nos centramos no eido social e no eido do desenvolvemento rural: creamos a ‘Ruta do Talento’, que consiste en dedicar un castiñeiro a xente da cultura nacional, galega e internacional, para que o festival quede presente en Riós durante todo o ano; e entregamos a castaña de cristal a Rosa Cedrón. Todos os anos vimos xogando un partido entre famosos e equipos da zona, este ano será entre o Riós CF, con famosos e veteranos do Deportivo. A entrada custa dous euros e o recadado irá destinada á nena Uxía, que ten un problema de saúde nun brazo.

Na parte social e benéfica tamén estreamos a sección “Todos podemos facer cine”, coa estrea da curta “Sayonara beibi”, realizada por nenos con altas capacidades. E presentarei o proxecto que vou rodar en setembro cos nenos de Aspanas Termal”. Como naceu o festival? R.R.: “A idea foi ‘fiftyfifty’ entre Abelardo (Gabriel) e eu; e ano a ano foi crecendo o impacto mediático, a asistencia e a necesidade de facer, porque eu creo que o Festival de Riós é necesario para esta zona da provincia, porque iso é traballo para todos”. Como consigues reunir tanta xente? R.R.: “O meu equipo é xente moi entregada, que cre nos proxectos; eu creo nos incentivos, en conseguir, en chegar, sen pisar nunca a ninguén”. Que diferenza a vosa proposta doutras? R.R.: “É un festival para todos os públicos, combinamos Malvela, grupo de música tradicional, co dj Robert Ramírez, para que todo

o público goce, hai moi poucos festivais que teñan un público tan diverso; Riós é rural galego, temos actividades para nenos de 10 anos e maiores de 80”. Canta afluencia esperades? R.R.: “Co cambio de data e sendo en agosto é imprevisible facer un cálculo, pero o ano pasado xuntamos 3.000 persoas os dous días”. Cal é o prezo? R.R.: “Custa 10 euros por dous días, hai unha estrea e máis de 40 propostas. Toda a información sobre o lugar, a zona da acampada, está no facebook do festival, e as entradas poden mercarse no propio día, ou ben en Deportes Menvar en Verín e Supermercado Mafer de Riós”.

“Creamos a ‘Ruta do Talento’ para que o festival quede presente en Riós durante todo o ano”


OCIO E CULTURA

A Batucada de Verín cumple dez anos

Durante os días 26 e 27 de xullo, a localidade de Verín acollerá a celebración da décima edición da Batucada. O venres 26 arrinca, a partir das 17 horas, a inauguración da Batucada con inchables infantís e xogos para todos os públicos, coa actuación de Disco Móvil Jorge, na praia fluvial de Verín. A partir das 00.30 horas, na praza García Barbón, música a cargo de Disco Móvil Gramola. O día grande da Batucada, sábado 27 de xullo, ás 16.30 horas terá lugar a Festa da Auga e a Escuma nas prazas Maior e García Barbón de Verín, con animación musical, xogos e moitas sorpresas. Ás 19 horas, comezará a Ruta da Batucada, coa participación das batucas Xituma Batuké, Batulethes de Xinzo de Limia e outra portuguesa, que percorrerán a rúa Maior, praza do Rei, avenidas Luis Espada e Portugal, rúas Montemaior, Laureano Pe-

láez e Irmáns Moreno ata o Pavillón Municipal de Deportes de Verín. A partir das 00.30 horas, animación musical con Disco Móvil Jorge nas prazas Maior e García Barbón, e xa ás 02.30 a festa trasládase á praza do Carboeiro con Disco Móbil Camelot. Batucada infantil Durante na xornada do 26 de xullo, os menores que asisten á Ludoteca de Verán celebrarán a ‘Ludobatucada’, un desfile no que máis dun centenar de menores percorrerán as rúas de Verín, e no que lucirán disfraces elaborados por eles mesmos. Ademais o xoves 25 de xullo, nas piscinas descubertas de ‘A Granxa’ terán lugar actuacións musicais con DJ’s en horario de tarde.

A Festa da Auga e da Escuma e a Ruta da Batucada son dous dos atractivos

Allariz celebra as Festas Etnográficas 4 Comeza coa “seitura” o 20 de xullo. Redacción Allariz celebra as Festas Etnográficas e ultima os preparativos do “Ciclo do Pan”. Queiroás da Igrexa e a Torre de Seoane acollen as festas etnográficas que recrean o Ciclo do Pan, comezando pola “seitura” o día 20 de xullo a partir das 11 horas. Neste evento recréanse todos os traballos relacionados con este labor. O día 2 de agosto ás 20 horas recrearase “a moenda” no Muíño do Burato. Os visitantes poderán participar no proceso de

transformación do grao en millo. E ao día seguinte, pequenos e maiores gozarán dunha xornada de “fornada” e posterior degustación do pan na Torre de Seoane. As celebracións regresarán a Queiroás o 10 de agosto, coa escenificación da “malla”. O punto e final terá lugar en outubro coa Festa do Millo.

A seitura, a moenda, a fornada e a malla compoñen as celebracións

27

4AXENDA

4 A festa celébrase os días 26 e 27 de xullo. Redacción

BARRIOS Xullo de 2013

Presentación das festas de Santa Mariña en Xinzo./M. REJO.

Festas en Xinzo do 18 ao 21 de xullo

Catro días de festa para honrar á Santa Mariña 4 A Banda de Gaitas de Xinzo e o concerto tributo aos Blues Brothers, dúas das actuacións máis destacadas. Redacción Do 18 ao 21 de xullo Xinzo está de festa. A festividade de Santa Mariña, patroa da localidade, oferta unha programación variada cun axustado orzamento de 30.000 euros (dos que 18.000 ponos directamente o Concello) que intenta agradar a veciños e visitantes. “Queremos invitar a todos os veciños e aos de fóra a vir ás festas de Xinzo”, apuntou o alcalde, Antonio Pérez, durante a presentación da programación, na que tamén estiveron presentes os concelleiros de Cultura e de Deporte, así como membros da comisión organizadora. Como prato previo, o mércores 17 de xullo proxectarase na praza Carlos Casares a película “Arraianos”, dirixida por Eloy Enciso, quen estará presente na exhibición, e que foi rodada nos arredores da vila. O xoves 18, día da Santa Mariña, comezará cunha salva de bombas de palenque anunciando as festas. Os actos relixiosos darán inicio a mediodía coa saída en procesión da imaxe da santa desde a Igrexa Vella á Igrexa Nova, participando nela a Banda de Gaitas de Xinzo e a Agrupación Musical da Limia. A misa

solemne será cantada pola Coral Santa Mariña. Ao remate, a praza Maior encherase de xigantes e cabezudos e a Agrupación Musical Limia será a encargada de amenizar a sesión vermú. Xa a media tarde está prevista a actuación dos grupos da Escola Municipal de Danza de Xinzo na praza Otero Pedrayo, quedando para a noite a actuación da orquestra Acordes na praza Maior. Na xornada do venres ao programa súamanse varias actividades dirixidas ao público máis novo. Por unha banda, as actividades do “Divirt-t con nós. Verán 2013”, que durante a mañá entreterán aos rapaces na Casa da Cultura (as inscricións realízanse na OMIX); pola tarde o espectáculo infantil familiar Peter Punk na Alameda do Toural. Á noitiña, volverá actuar a Agrupación Musical da Limia, na praza Otero Pedrayo, mentres que a Banda de Gaitas de Xinzo tocará ás 10 da noite na praza Carlos Casares. Pouco despois de media noite outro dos pratos fortes das festas: o concerto de The Blues Bros Band, tributo a The Blues Brothers, na mesma praza Carlos Casares. Os nenos serán de novo os protagonistas na xornada matutina do sábado 20,

cunha festa infantil con xogos, títeres e globos na Alameda do Toural . No apartado musical, e xa polo serán, a Igrexa Vella acollerá o Festival Coral de Verán coas corais Santa Mariña de Xinzo e Val do Avia de Leiro. A orquestra Sintonía de Vigo animará a verbena con dous pases ás nove e media e doce e media da noite, desde o palco da praza do Toural. A festa remata o domingo con misa solemne e actuación da orquestra Palladium, que tamén estará instalada na praza do Toural. Doma ecuestre No apartado deportivo, destaca como novidade unha exhibición de doma ecuestre, dirixida polo campión de España Juan Fernández, e á que acudirán xinetes galegos e andaluces. O 9º Torneo de fútbol 7 “Concello de Xinzo”, a final da liga de veteranos de fútbol 7, o torneo de chave e a final do torneo de tenis serán outros dos atractivos deportivos dos festexos.

Orquestras, banda de gaitas, corais e blues conforman a oferta musical

Exposicións - 20 e 21 de xullo - Mostra dos oficios do coiro Museo do Coiro de Allariz - Do 17 de xullo ao 18 de agosto- “Metagénesisx” - Patio do Museo do Coiro de Allariz - Do 19 de xullo ao 7 de agosto - Exposición colectiva de pintura - Sala A Fábrica de Allariz - Ata o 31 de xullo - Pinturas de Raúl Diniz - Taberna Acevedo - Ata o 31 de xullo - 18 artistas da Eurocidade Casa do Escudo de Verín Cine - 18 de xullo - “Tiburoneros”- 22:15 h. - Casa da Cultura de Verín - 24 de xullo - “Simón del desierto” e “La fiesta y los invitados” - 00:00 h - Casa da Cultura de Verín Música - 19 de xullo - 23:45 h. Concerto de Bestlife- Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía - Do 23 ao 29 de agosto - I Semana da música medieval de Galicia - Diferentes espazos dosconcellos de Allariz, Celanova, Xunqueira de Ambía e Maceda. Espectáculos - 20 de xullo - Monólogo de Pedro Brandariz - 23:4 5h - Taberna Acevedo Xunqueira de Ambía Festas - Do 18 ao 21 de xullo Festas de Santa Mariña en Xinzo - 20 de xullo - Festa da “seitura” en Allariz - 26 e 27 de xullo - Batucada en Verín - 2 e 3 de agosto - VI Festival das Artes Escénicas en Riós - 2 de agosto - Festa da “moenda” en Allariz - 2 e 3 de agosto - Pobo fantasma de Chaioso - 23 h. - Maceda - 3 de agosto - Festa da “fornada” en Allariz - 3 e 4 de agosto - Festas da Encarnación en Celanova - 9, 10 e 11 de agosto - VIII Feira do Viño de Verín - 10 de agosto - Festa da “malla” en Allariz Varios - Ata o 31 de outubro Festival Internacional de Xardíns de Allariz Deportes - 3 de agosto - Carreira Popular de Baños de Molgas www.mundourense.com


28

BARRIOS Xullo de 2013

OCIO E CULTURA

O conselleiro de Cultura, novo xuíz honorario do Couto Mixto 4 Este ano tamén recibiu o galardón a asociación pedagóxica e cultural Ponte nas Ondas. Redacción O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, foi nomeado o pasado sábado Xuíz Honorario do Couto Mixto en recoñecemento ao seu traballo en prol da memoria histórica. Como é tradición, os Homes de Acordo abriron a arca que simboliza o Couto Mixto coas tres chaves datadas do século XV para depositar a documentación xerada no último ano sobre este territorio. Logo de tomar os atributos que se lles entregan aos Xuíces Honorarios, o conselleiro asegurou recibir “esta honra como compromiso de rexeneración democrática. O exemplo histórico do Couto Mixto, o seu xuíz e Homes de Acordo son para min, a partir de hoxe, a mellor guía da conduta política”. No presente 2013, ademais de a Vázquez Abad, outorgóuselle este galardón á asociación pedagóxica e cultural Ponte nas Ondas.

Celanova acolle a estrea de “El Quid”, a primeira webserie de cine negro rodada en España 4 Os directores son dous mozos da comarca de Celanova, Bruno Nieto e Raúl García. S.N.

Momento no que Xesús Vázquez recibe o galardón./R.T. Recuperación das pinturas No evento tamén se presentaron oficialmente as pinturas murais renacentistas recuperadas dos muros da sancristía da igrexa de Santiago de Rubiás, como resultado dun proxecto posto en marcha pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. A igrexa, cuxo atrio era o Parlamento do Couto Mixto, tiña as paredes recubertas por unha capa de cal que

ao ser eliminada revelou unha xoia renacentista en Galicia: doce pinturas de tamaño natural datadas entre os séculos XV e XVI que representan escenas de iconografía relixiosa. A Consellería de Cultura e Educación destinou á súa recuperación 57.714 euros e outros 20.872 euros na restauración do retablo de San Ramón. No futuro, está prevista a reparación da cuberta do espazo da sancristía.

Nomes como os de Curros Enríquez ou Celso Emilio Ferreiro fixeron que Celanova pasase á historia por ser terra de poetas, agora os de Bruno Nieto e Raúl García farán que a vila de San Rosendo quede para sempre gravada nas páxinas do audiovisual galego. Cunha ampla traxectoria profesional por separado, estos dous mozos da comarca de Celanova decidiron agora unir as súas forzas e dar forma á primeira webserie de cine negro que se rodou en España, “El Quid”, que foi gravada en novembro en Galicia. E onde mellor que estreala que na súa vila? Así, o sábado 6 de xullo, tres días antes do comezo da emisión por internet (o único medio polo que, de momento, se poderá gozar desta creación) o auditorio Ilduara encheuse de público para acoller a emocionate estrea dunha webserie de infarto. Ambientada nos anos 50, “El Quid” céntrase na investigación da misteriosa morte de Samuel Casanova (interpretado por Carlos Pérez), dono dunha vella Casa de Baños. Ao longo dos seus sete capítulos, o inspector Ledesma (a quen lle da vida Antonio Mourelos) e a súa axudante Laura Ríos (Sabela Arán) irán descu-

Bruno Nieto e Raúl García, directores de “El Quid”./B.L. brindo novas pistas e atopando a novos sospeitosos. Tal como afirman os seus directores, Bruno e Raúl , trátase “dunha homenaxe ao cine de Alfred Hitchcock e ás novelas de Agatha Christie, coa narrativa do cine negro pero cunha realización máis moderna.”

(de Oriol Paulo) ou “Tesis sobre un homicidio” (de Hernán A. Golfrid). O estilismo, con claras referencias ao cine policíaco americano, foi deseñado por Ángel Nimo e Pedro Fernández, creadores da revista de moda e tendencias First Magazine.

Financiada a través de crowdfunding A primeira tempada, producida por Planomedia e Meteórica Cinema, e a produción asociada de Lareira Pop, contou cun orzamento de 10.000 euros. Case o 50% da serie foi financiada a través de crowdfunding, do apoio de empresas privadas e produtoras de televisión. Ademais, todo o equipo técnico e artístico colaboraron desinteresadamente no proxecto. A música está composta por Sergio Moure de Oteyza, creador das bandas sonoras de “El Cuerpo”

A cita dos martes O pasado 9 de xullo (un ano despois de que os seus creadores iniciasen este arriscado proxecto en branco e negro) foi o día escollido para a estrea de “El Quid” a través da web oficial desta serie, Facebook, Twitter e You Tube. A partir de agora todos os martes ás 21 horas teñen unha cita co inspector Ledesma co fin de descubrir ao asasino de Samuel Casanova. Estean atentos, sospeiten de todos e non esquezan que nesta historia a confianza é un luxo que non poden permitirse.


PUBLICIDADE

BARRIOS Xullo de 2013

29


30

BARRIOS Xullo de 2013

ARTIGOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Manuel Sergio Grande, o médico prodixio da Xironda Nacido na Xironda, o 01.01.1925, licenciuse en medicina pola Universidade de Santiago en 1957. Aquí naceu, ollando pola súa terra natal, prolongándose máis alá polas terras irmás portuguesas desta raia seca. A Xironda era o lugar máis grande, así como as aldeas contiguas a esta (Santo André, Vilar de Perdizes, etc.), por onde se movía a pé a través das montañas tan agrestes e de moi difícil acceso, indo axudar os dous compañeiros portugueses que non conseguían servir sós un concello tan grande (o maior de Portugal) como é o de Montalegre. Tal como o primo, o ilustre Padre Grande, este “grande” médico foi un home de fe e dun carácter e sentido

altruísta e exemplar. Con el a Xironda floreceu; era, naquela época, unha aldea xa cunha certa dimensión cosmopolita, onde chegaban persoas de diferentes lugares, pois alí atopábase o home e o médico co seu consultorio transformado nunha pequena clínica. Os pacientes eran de todo o concello de Cualedro e do concello portugués de Montalegre. Lémbrome (tiña eu 12 anos) deste notable médico e sobresaliente profesional ir asiduamente á miña aldea (Santo André), que dista 6 Km e, ás veces, de madrugada, facendo unha escalada a pé coas néboas frecuentes e rigorosas daquela época, non dubidando en acudir aos doentes en situación de urxencia. Por iso, todos os habi-

tantes desta rexión lusogalaica claman por unha xusta homenaxe, prestándolle un recoñecemento lexítimo e merecido. Facelo é un deber desta poboación, que o recorda como médico e como profesional detentor dunha visión deontolóxica e filantrópica virada para esta illada comunidade, desexándolle que fique coa súa alma en paz como el sempre nos quixo transmitir. João Damião

4HISTORIAS DE MONTERREI

O balneario de Cabreiroá Nun principio, o manancial de Cabreiroá era simplemente unha charca que só coñecían os veciños do lugar, aínda que xa era utilizada como remedio para certos males, a súa fama non chegaba moito máis alá da aldea de Cabreiroá. Ata que un día, o cura da parroquia en agradecemento pola mellora experimentada grazas as súas augas, decidiu construír alí unha fonte. A construción desta primeira fonte, provocou o aumento da súa sona en toda a comarca, o que levou a D. José Manuel García Barbón a analizar as augas que alí brotaban. Unha vez que as súas propiedades medicinais foron certificadas, D. García Barbón adquiriu a fonte e os terreos colindantes, emprendendo obras de hixiene e embelecemento para dar ao manancial unhas mellores condicións e facilitar o acceso ós auguistas En 1906 construíuse unha planta de envasado e volveuse solicitar unha análise da auga, desta vez a D. Santiago Ramón y Cajal, quen certificou o excelente estado da auga e as súas propiedades mineiromedicinais. Debido a isto, o 15 de decembro dese

mesmo ano foron declaradas de utilidade pública. En 1907, iniciáronse as obras do hotel-balenario, ofrecéndolles aos visitantes unha residencia de luxo; todas as habitacións eran amplas e con luz exterior, o hotel dispuña dunha cociña selecta e axeitada ás necesidades dietéticas dos hóspedes, un gran comedor, salón de festas, capela para uso exclusivo do balneario, sala de xogos, billar, garaxe, luz eléctrica, etc. En 1908, a compañía explotadora de Cabreiroá construíu un tranvía de tracción animal para facilitar o acceso ao balneario dende o centro de Verín. Este tranvía, que saía da Rúa Laureano Peláez, tiña un percorrido de 2,4 km e foi o segundo do

seu tipo en toda Galicia. En 1936, e debido á guerra civil, pecha por primeira vez o hotel-balneario para converterse entón en hospital de enfermería para o fronte de Asturias. O acabar a guerra volta a abrir ata que en 1961 pecha definitivamente as súas portas. Hoxe en día, o recinto do balneario segue a ser visitado por milleiros de turistas e veciños da zona; cun xardín único na zona, un quiosco do que segue a saír auga para calquera que se queira pasar por alí e unha gran variedade de árbores que conseguen dotar a todo o recinto dunha gran beleza. Andrés Diz D, historiamonterrei.blogspot. com.es

Tarrío... carnaval, carnaval! Topámonos pola inercia da casualidade no “bar Chaves”. Alí tomamos os derradeiros grolos, gozando dos latidos lentos, dun lugar mítico, que contaba, ás súas horas, para despedirse dunha variada clientela, que fixo deste local unha das tabernas máis enxebres de Verín. Toni apuraba un cortiño de cervexa, cando lle propuxen o “man a man” e falar das nosas cousas. Ás cinco da tarde, quedamos no seu negocio para “largar” un anaco. Á hora en punto, enfiei a fermosa rúa Maior, e recostado na parede da casa de Toubes, onde antano o Sr Benito “Chinquena” arranxaba as bicis dos nenos e maiores a golpe de sabia ironía. Alí estaba, “roendo” a novela de vaqueiros da tarde, digo ben, porque confesou ler dúas diarias, unha pola mañá, e outra despois do xantar. Entramos no local, un bazar de carnaval que me fixo recordar outros tempos. Aquí, ainda quedan tesouros do entroido, todo tipo de artigos, que algún día nos fixeron gozar. Unha careta de cigarrón de cerámica, ben enmarcada, e cunha praquiña onde rezaba ”Premio Pescadilla 2013” facíase notar no mostrador. Pregunteille, se lle agradou ser galardoado co “Pescadilla” deste ano; emocionado contestou, “o domingo de piñata foi fermoso para min,e recibir este detalle fíxome moi feliz, estou agradecido, porque coñecín moito a Jesús Otero “O Pescadilla” e tamén á súa dona Luisina, xa cando o seu pai, “O Relumbra”, tiña a tenda na rúa da Cruz”. Antonio González “Tarrio” é nado en Peñaranda de Bracamonte (Salamanca), pero con catro aniños os seus pais viñeron para Verín, fuxindo das consecuencias da absurda guerra civil. O seu pai, abriu na rúa Maior o negocio, que a día de hoxe aínda segue rulando despois de máis de setenta anos. Un bazar, que tiña da-

quela o maior surtido de artigos para festas, entre outras cousas. De súpeto, abriuse a porta, un home entrou para facer o troco dun lote de novelas, novelas do oeste, costume que ainda segue viva neste local auténtico. Seguimos coa charla e falamos dos entroidos de antes… Tarrío: “Botábase moita fariña, cinsa e ata betún, para embadurnar ás rapazas sen piedade, facendo de todo isto un acto ancestral, onde as mozas, recollidas nas casas, esperaban a temida abordaxe. Algún atrevido ata subía polos canos da auga e polos tellados... eran tempos! Toni leva moitos anos saindo no carnaval en Verín, e sempre o recordo ir en solitario, ao seu aire. Tarrío: “Saio sempre só, porque xa de novo tiña que estar no negocio, e non podía formar en comparsas, por iso, cando remataba a xornada, collía o primeiro disfraz que pillaba, e saía pola rúa a gozar, ás veces argallaba algo diferente que chamara a atención, pero sempre fun máis de “mascarita” que de grupo, aínda que despois xuntábame con todo “quisqui” como é natural”. Remexendo nas antigas caixas, ben colocadiñas no almacén, sacou unha careta de cartón pedra de Oliver Hardy, personaxe “do Gordo e o Fraco”, unha xoia con máis de 65 anos, unha pasada! E outras de demos colorados, tamén moi antigas. Nun recuncho tiña a figura do Rei Baltasar cun buzón, aquel fermoso rei, onde os rapaces de antes botábamos as cartas aos Magos de Oriente, que daquela Toni prestaba ao Concello para usalo no Nadal. Un sinfín de cousas colgadas do teito, nas estanterías e caixóns, cheos de artigos que nunca esquecerei, coma os inesquecibles “polvos pica-pica”, as “bombas fétidas”, petardos, serpentinas, papeliños, e un sinfín de cousas máis. 77 anos, e a ilusión dun rapaz, transmite Toni Tarrio. Tarrío: “Xa falta menos para o entroido, isto chega

volado”, espetou. Pregunteille se trocaría algo do noso entroido. Tarrío: “Gustaríame que un compadre fora elexido o “Rei do entroido” o Xoves de compadres, e que unha semana despois, unha comadre saira elexida “Raíña”, e os dous presidiran durante todas as festas os actos que se fixeran. Tamén, un pregoeiro local, de aquí, que coñeza ben este tinglado, non como os que veñen de fóra, que fan o que poden, mais, non transmiten, non chegan ao corazón”. Xa, e cara ao fin da conversa, entre suspiriños con tantos recordos, coincidimos en que o entroido en Verín é unha tradición fermosa, antiga, cun patrón a seguir, os personaxes espontáneos que xorden en cada intre, como fixeron antano os recordadados “Pescadilla” e “Grolo”, así como outros veteranos, o gran “Fan-Fan”, os irmáns Fariñas”, os “Felipes” que marcaron a súa época, pero que aínda seguen dando leccións de entroido, e como tamén o fixeron moitos outros grupos, que deixaron a patente de aquí, o humor e o xeito, de sair no entroido, cun só fin, divertise e divertir aos demais, sen máis influxo. Din que o entroido fai competir os pobos con rivalidades absurdas, que non levan a nada. Tarrío: “Eu de mozo, fun a Xinzo ao baile, no carnaval, e ali topei a miña dona, nai dos meus fillos, así que... cando a un, nado en Salamanca e casado cunha de Xinzo, lle otorgan o “Pescadilla” en Verín é porque no entroido non hai normas, nin fronteiras, nin sequera guión a seguir”. Por todo iso, aquí manda o espontáneo e a improvisación, porque unha parte da nosa vida é, sinxelamente, carnaval, carnaval! Un saúdo aos meus veciños de corazón. M. A Prieto S “Chita”

“Coincidimos en que o entroido en Verín é unha tradición fermosa, antiga”


CLASIFICADOS /SERVIZOS

BARRIOS Xullo de 2013

31

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, S.N., Andrés Diz Nº80 / 16- Ano: VIII - Xullo 2013 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA Alugo apartamento en Montalvo de 1 e 2 cuartos, con xardín e barbacoa, para fins de semana, semanas e quincenas. tel. 607 27 19 16. Vendo apartamento de 2 habitacións en Vigo, fronte á praia. Tel. 636 422 497. Urxe venda chalet a estrear na Lanzada (a 400 m da praia). Informes 655 484 373. Alúgase piso amoblado no Grove. Para vacacións ou descanso temporal. Bo prezo: Tel: 600 569 733. Alugo piso novo no Couto, Ourense. 3 habitacións, salón, cociña amoblada, dous baños, e garaxe pechado e amplio. Tel: 988 22 21 79 (chamar polas tardes). Vendo ou alugo precioso apartamento en zona residencial e de ocio da Valenzá. 2 habitacións, 2 baños amoblados, cociña independente equipada, praza de garaxe e adega. Prezos interesantes. Tlf. 600 150 578 e pmlges@outlook. com. Alugo piso en Vigo (pr. España) para estudiantes ou veraneantes. Tel: 639 816 209. Alugo piso en Tomiño. Amoblado, praza de garaxe e ascensor. Tel: 639 816 209. Alugo casa amoblada con xardín e finca en Celanova, por tempadas ou todo o ano. Tel. 988 43 16 64 e 617 92 58 73. En Sanxenxo alúgase apartamento equipado con praza de garaxe opcional, tel. 986 72 10 56 ou 617 50 52 24 Alúgase apartamento en Vigo amoblado, tel. 637 00 59 10 Alúgase apartamento amoblado en casco antigo de Ourense por 220 euros, tel. 637 00 59 10 Alúgase dúplex na Valenzá,r/ Areal, 350 euros ao mes. Tel. 609 57 21 14 Alugo para os meses de verán apartamento dun dormitorio en Patos, en primeira liña de praia. Tel. 679 04 06 04. Alúganse dúas naves de 422 e 454 m2, xuntas ou separadas no polígono de Pereiro de Aguiar: Parcela nº 15.. Tel. 639 67 74 32

[Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados gratis no 988 239 634 ou en info@ ourenseporbarrios.com]

VENDAS

Vendo vestido de noiva, modelo Donaire da colección Glamour 2013 de Pronovias, talla 34. Con cancán, veo, cinturón e funda. Tel: 607 905 215. Vendo discos de vinilo. Tel. 698 174 374 Vendo un ordenador de sobremesa Dell, con Oficce 2010. Seminovo. Tel. 627 628 139 Vendo carro de vacas de madeira e rodas de ferro en bo estado de conservación. Ideal para decoración de xardín. Tel. 988 407 735 Vendo BMW 320, 135cv, 1999, gris plata, EE, AC, CC, teito solar, llantas orixinais, recén pintado, motor novo,impecable.Carlos, tel. 627 640 657. Vendo culata BMW 320D e46, bo prezo. Carlos, tel. 627 640 657. Vendo vestido de comuñón nena talla 14 Pili Carrera. Tel 646 891 592. Fotógrafo vende equipo de estudio (2 flashes grandes + trípode) e cámara analóxica Nikon antiga, todo por xunto ou por separado, bo prezo. E ofrezo clientela a fotógrafos que estean empezando. Tel. 663 396 363. Véndense mobles de perruquería seminovos por mil euros. Tel. 988 25 59 63. Vendo 4 llantas de aluminio BMW medida 15, 130 euros. Tel. 689 54 80 29 Vendo bañeira de bebé e cuna e silla de bebé con plástico por 600 euros. Tel. 696 18 11 73 Vendo Tablet Primux 7 pulgadas Zonda 2 impecable, casi sin uso con funda roja de regalo . Precio 60 euros. Tlf 637756687. Véndese leña de carballo. Tel. 630 521 448. Véndese colcha de veludo, apeiros de labranza antigos de madeira, sofá 3+2, e caldeira de gas cidade, tel. 637 00 59 10

EMPREGO

Fanse portes e mudanzas. Tel. 630 521 448. Ofrécese modista, para tendas e particulares, recollida e entrega a domicilio, (tamén servizo express) traballo de calidade, puntualidade, e bo prezo. Tel.:686.03.49.76 Faise terapia de Reiki. Prezo económico (con titulación) Tel. 609 039 225

4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


BARRIOS Xullo de 2013


Verín Futsal, subcampión do IV Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala TEMA DO MES Páx.2

VERÍN

Páx.3

VERÍN

Páx.5

COMARCA

Páx.6

A provincia suavizou Verín revalorizará o Reformados o centro A D.O. Monterrei nos últimos meses os corredor ambiental do social de Vilamaior e a aumenta a entrega de efectos laborais da crise río Támega praza do Forno contraetiquetas

OCIO

[páx. 23]

Páx.27

Os días 26 e 27 de xullo, a Batucada de Verín cumple 10 anos

Portas de Galicia promociónase como destino gastronómico

[páx.4]

25 hostaleiros participaron no Parador de Verín nunha xornada formativa do proxecto “Catro Estacións Gastronómicas”./CdeV.

Número: 80- Ano:VIII - Xullo 2013- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Xullo de 2013


Entrevista ao alcalde de Celanova, José Luis Ferro TEMA DO MES Páx.2

ALLARIZ Páx.15

A provincia suavizou O mercado da nos últimos meses os Biosfera venderá efectos laborais da crise carne de boi

Pleno polémico en Celanova

ALLARIZ

Páx.16

COMARCA Páx.21

Obras de mantemento Denuncian irregularino CEIP Padre Feijoo e dades na contratación na Escola Infantil de brigadistas

[páx.19]

[páx. 18-19]

CULTURA

Páx.28

Celanova acolleu a estrea da web serie “El Quid”

VIII Subida ao Furriolo

[páx.24]

A oposición de Celanova aproba a redución do soldo do alcalde Un dos vehículos participantes na proba, na que foi vencedor e a eliminación de dúas dedicacións./BRAIS LORENZO. César Rodríguez./RAMSÉS

Número: 16 - Ano: VIII - Xullo 2013- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Xullo de 2013


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.