14 de maio - Barrios

Page 1

Entrevista a Mariló Fernández, membro da organización de Raigame VERÍN

Páx.3

Nava Castro defende que o 83% do Castelo será visitable

ALLARIZ

Páx.14

O CEIP Padre Feijoo crea o seu propio xardín no FIXA

[páx. 18]

CELANOVA Páx.16

PROVINCIA Páx.20

DEPORTES

O comercio de Celanova abre a noite do 31 de maio

Martínez clausura catro obradoiros de emprego

Dúas medallas para Verín no Campionato de Europa de wushu

Obras no acceso da autovía en Xinzo

Páx.26

[páx. 10]

As obras rebaixan o asfalto da estrada Xinzo - Vilar de Barrio para evitar as colisións de camións no acceso á autovía./M. REJO

Número: 1 - Ano: IX - Maio 2014 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Maio de 2014

TEMA DO MES / VERÍN E COMARCA

Forte oposición á supresión dos partidos xudiciais 4 Créanse plataformas en Verín, Xinzo e Celanova. Redacción Partidos políticos, concellos, sindicatos, avogados... a oposicón ao anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial que prevé a desaparición dos actuais partidos xudiciais existentes medra na provincia. De aprobarse o anteproxecto, suprimiríanse os partidos xudiciais de Celanova, Verín, Xinzo de Limia, Trives, Bande, Carballiño, O Barco e Ribadavia, concentrando todos os asuntos nos tribunais de Ourense capital. Moción unánime en Xinzo Os movementos contra este anteproxecto de lei xa comezaron e unha das primeiras corporacións municipais en amosar o seu rexeitamento foi a de Xinzo, que aprobou por unanimidade en sesión plenaria unha moción (refundida das propostas dos diferentes grupos políticos), na que mostra o seu total rexeitamento á posible desaparición do partido xudicial da Limia e con el o Xulgado de Instrución da localidade. Ademais, na Limia tense constituído unha Plataforma en defensa do partido xudicial de Xinzo. Protesta en Celanova En Celanova está a ser o PSOE quen encabeza as protestas, convocando unha concentración o pasado xoves 8 de maio diante do xulgado da vila en de-

fensa do partido xudicial de Celanova, que abrangue tamén as localidades da Bola, Cartelle, A Merca, Ramirás, Quintela de Leirado e Gomesende. Os socialistas critican que esta decisión do Goberno central “afasta a xustiza da cidadanía, faina máis cara e máis lenta, e contribúe ao despoboamento e a pérdida económica na comarca de Celanova” . Segundo o comunicado socialista, a supresión dos partidos xudiciais da provincia “provocará o éxodo á cidade de xuices, funcionarios, avogados, procuradores… cunha perda económica, social e de identidade importante para Celanova, e pode ser o inicio do desmantelamento total dos servicios públicos ( INEM, Seguridade Social, Facenda…) convertíndonos en cidadáns de segunda clase, que teremos que desprazarnos a capital para calquera xestión”. En Verín, manifestación en xuño Tamén en Verín está constituída unha Plataforma en defensa do seu partido xudicial, que xa ten convocado unha concentración-manifestación para o vindeiro 12 de xuño. O PP de Ourense, tamén en contra Mesmo o Partido Popular a nivel provincial tense pronunciado en contra da previsión do anteproxecto, e anuncian que impulsarán “iniciativas políticas que

4 Nove partidos xudiciais

Segundo datos de 2012 difundidos polo PSOE nos nove partidos xudiciais da provincia de Ourense ingresaron case 37.000 asuntos: 22.711 en Ourense, 3.110 en Verín, 2.763 no Carballiño, 2.552 no Barco de Valdeorras, 1.640 en Xinzo de Limia, 1.506 en Ribadavia, 1.098 en Celanova, 875 en Pobra de Trives e 720 en Bande. demanden unha reconsideración do Goberno respecto desta cuestión ou a súa rectificación no longo proceso de tramitación parlamentaria que queda por diante coa aprobación das emendas correspondentes”. Segundo un comunicado remitido polos populares ourensáns, “o achegamento e cercanía da administración de Xustiza ao cidadán debe ser un feito irrenunciable, contemplando tamén os problemas que se derivarían da desaparición dos actuais partidos xudiciais non só para os cidadáns senón tamén para os profesionais da xustiza, avogados e procuradores, concellos, etcétera”.

En Celanova concentráronse contra a reforma o pasado día 8 e en Verín farano o 12 de xuño

Manifestación o 19 de abril en Verín convocada pola Plataforma cidadá en defensa do Castelo de Monterrei na que se reclamou un uso público e cultural para a fortaleza./ A.DIZ.

PSOE e BNG, contra a privatización do castelo 4 As dúas formacións son críticas co proxecto da Xunta para a fortaleza de Monterrei. P. L. BNG e PSOE súmanse ás críticas da Plataforma cidadá en defensa do Castelo do Monterrei ao proxecto da Xunta para a acrópole. Así, o deputado socialista Raúl Fernández denunciou no Parlamento galego, na sesión de control ao goberno, o “expolio” do Castelo de Monterrei “para construír un hotel privado nunha operación que -dixo- cheira a intereses particulares, cheira a pelotazo”. Fernández advertiu que o Goberno galego quere converter a acrópole máis importante de Galicia, declarada Monumento Nacional e Ben de Interese Cultural, nun hotel privado “vulnerando as condicións de cesión do castelo e o recinto amurallado”. O deputado ourensán

esixiulle ao Goberno galego que demostre “agallas” e “vaia á comarca de Monterrei a debater as bondades do seu proxecto coas forzas sociais”. Fernández subliñou que, lonxe da súa privatización, o castelo “precisa dun marco de intervención que garanta a súa conservación como recurso cultural e turístico” que faga honra a “un dos bens culturais máis importantes de Galicia”. Proposición non de lei Pola súa banda, a deputada do BNG, Tereixa Paz, defendeu unha Proposición non de lei na que volveu pedir paralizar as obras da fortaleza “ante a previsión da Xunta para privatizar a súa xestión”. Non queremos un proxecto que implica a “privatización do Castelo regalando a súa explotación a unha empresa, non quere-

mos que se cometa unha ilegalidade nas condicións para a súa cesión coa conseguinte perda deste ben no patrimonio público galego e o Plan Director, elaborado polo bipartito, non foi aprobado porque a cesión verificouse no ano 2010 e non lle deu tempo”, afirmou a deputada nacionalista. Non é de recibo, concluíu a deputada nacionalista, “facer obras para privatizar o castelo cando a aprobación do plan director segue no ar”. A Proposición non de Lei do BNG foi rexeitada polo grupo do PP, que ten a maioría na Cámara galega.

O BNG pediu nunha Proposición non de lei, rexeitada polo PP, paralizar as obras no castelo


VERÍN E COMARCA

BARRIOS Maio de 2014

Nava Castro defende que o 83% do Castelo de Monterrei seguirá sendo visitable 4 Está previsto que as obras de rehabilitación da fortaleza rematen a finais de ano. Paula Lodeiro O Castelo de Monterrei seguirá sendo público, manteranse os usos culturais e continuarán o 100% dos postos de traballo do Parador de Verín. Asegurouno a directora xeral de Turismo, Nava Castro, nun encontro en Ourense con xornalistas para aclarar dúbidas sobre o proxecto de rehabilitación da acrópole de Monterrei. A decisión de establecer un uso hoteleiro no recinto, a través do traslado ao Pazo dos Condes e á Casa Rectoral do Parador de Verín, ten en pé de guerra a parte da comarca, organizada a través da denominada Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei. Nava Castro defendeu este uso porque “o Parador é a única maneia de asegurar o mantemento desta gran riqueza patrimonial”, e negou que se estea privatizando. “Un dos espazos será para Paradores, que é unha empresa 100% pública”, afirmou, sinalando tamén que o 83% da superficie da acrópole será visitable. Os visitantes poderán incluso percorrer os corredores do Pazo dos Condes, onde irán parte das habitacións do parador, e seguir contemplando os teitos do edificio, grazas ao deseño realizado no proxecto de rehabilitación. Turismo de Galicia continuará pagando o guía turístico que dirixe as visitas guiadas ao Castelo. Rehabilitación con fondos propios O proxecto básico de rehabilitación da fortaleza estaba orzamentado en 2,1 millóns de euros (finalmente licitouse a Dragados cunha baixa, por 1,7 millóns

de euros), está previsto que se remate a finais de ano e finánciase con fondos exclusivamente propios da Xunta de Galicia, como se encargou de remarcar Castro, para subliñar que “esa denuncia á UE non é certa” (en referenza ás preguntas que levou o BNG a Bruxelas sobre a financiación desta obra con fondos europeos). A esta cantidade hai que engadirlle o proxecto complementario, no que se contempla xa o uso hoteleiro (a instalación dos cubículos nos que irán as habitacións), cuxo orzamento ascende a 785.959 euros, e que se executará tamén ao longo deste 2014. Resposta ás críticas A directora xeral de Turismo tamén refutou outras críticas realizadas ben pola Plataforma ben polos partidos da oposición. Negou que se producirán danos dentro do recinto por parte da empresa que executa as obras, e insistiu en que contan con todos os permisos e licenzas necesarios, tanto do Concello de Monterrei como da Dirección Xeral de Patrimonio. Negou tamén que houbera un Plan Director para a fortaleza aprobado, “o que había (coa Xunta bipartita) era un plan de uso que nunca se aprobou; a miña antecesora (por Carmen Pardo) fixo o anteproxecto do Plan Director de 2011 que tampouco está aprobado, e que recollía o uso hoteleiro como Parador”. Nava Castro explicou que o seu departamento tramita agora o Plan Especial do Castelo de Monterrei, que está na fase de solicitude de informes ao resto de Consellerías. Ademais, Nava Castro

A directora xeral de Turismo explicou que a rehabilitación (1,7 millóns de euros) execútase con fondos propios A Xunta solicitou ao Ministerio a ampliación dos usos permitidos na cesión tamén ao hoteleiro “para evitar posibles problemas”

Plano elaborado a partir do proxecto de rehabilitación do Castelo de Monterrei da Xunta. informou que está en tramitación no Ministerio de Administracións Públicas a solicitude da ampliación dos usos permitidos na cesión tamén ao hoteleiro “para evitar posibles problemas”. Información aos veciños Por último, a responsable da Axencia de Turismo de Galicia ofreceu aos veciños a posibilidade de visitar as obras e informou de que o proxecto poderá ser consultado tanto no Concello de Verín como no de Monterrei. Nava Castro amosouse sorprendida polas críticas recibidas por este proxecto: “a Xunta de Galicia non quere facer ningún tipo de dano, sorprendeunos que se vira como unha intervención negativa cando estamos facendo todo o habido e por haber”, concluiu, insistindo no “esforzo inversor” realizado polo seu departamento nesta rehabilitación.

4 Ámbito da intervención As arquitectas Cristina Ezcurra e Cristina Uzande, que dirixen os traballos de rehabilitación da fortaleza, acompañaron a Nava Castro na súa xuntanza cos xornalistas. Apoiadas nunha presentación en power point, explicaron os ámbitos da intervención na fortaleza: a rehabilitación do Pazo dos Condes e da Casa Reitoral, o acondicionamento dos exteriores (patio de armas, xardín do patio de Damas e a batería de San Xoán) e a habilitación de accesos, e a iluminación monumental de todo o conxunto. No que se refire ao Pazo dos Condes e Torre das Damas, a idea é poñer en valor o edificio orixinal, respectando o seu carácter e adaptándoo aos novos

usos e á normativa, e facéndoo accesible. Tamén se renovarán as instalacións e a envolvente do edificio, coa reparación de canterías, a renovación de carpintarías e a mellora do confort. Circulación interna No Pazo dos Condes situarase o Parador, con varios salóns, cafetería, cociña e terraza nas plantas soto e baixa, e sete cuartos para os seus hóspedes nas plantas primeira e segunda. As arquitectas explicaron que os dormitorios están deseñados de tal forma que permiten a circulación interna. “Son caixas, poden desmontarse”, apuntaron as técnicas. Nas visitas guiadas tamén se poderán contemplar os teitos do Pazo, malia que non se trata da volumetría orixinal, pois foi rehabilita-

do en 1983 con forxados de formigón. A cuberta da Torre das Damas será acondicionada como miradoiro, así como as loxas (galerías) do edificio. Desde unha destas loxas poderase acceder mediante unha escaleira ao xardín do Patio de Damas. No caso da Casa Reitoral prevese unha rehabilitación similar. Neste inmoble serán ubicados os outros sete cuartos do Parador, nas plantas baixa e primeira. Establécese un percorrido accesible para que os visitantes poidan percorrer a Casa e acceder ao xardín. Segundo petición de Patrimonio, recupéranse as antigas cociñas da Casa, actualmente nun estado grave de abandono.


BARRIOS Maio de 2014

VERÍN E COMARCA

Homenaxe aos voluntarios do accidente das Estivadas No XV Encontro Provincial de Voluntariado da Cruz Vermella celebrado en Verín Redacción Máis de 150 voluntarios da provincia participaron o pasado sábado 10 de maio en Verín no XV Encontro Provincial de Voluntariado de Cruz Vermella, unha xornada que serviu para recoñecer o importante labor que realiza día a día o voluntariado e facilitar o intercambio de experiencias entre as persoas que dedican parte do seu tempo a axudar aos demais desde os distintos proxectos que desenvolve a Institución. No acto de inauguración a presidenta provincial de Cruz Vermella en Ourense, Teresa Rodríguez Babarro, reivindicou o papel fundamental do voluntariado na sociedade e convidou os ourensáns a colaborar con

Cruz Vermella como voluntarios desde calquera das oito asembleas comarcais da nosa provincia. Tras felicitar aos homenaxeados “pola súa colaboración na construción dunha sociedade máis xusta, cohesionada e igualitaria”, Rodríguez Babarro lembrou que “150 anos despois da fundación de Cruz Vermella Española os seus 7 principios seguen hoxe tan vixentes como o primeiro día, sendo a humanidade do seu voluntariado a principal fortaleza da institución”. Neste sentido, o delegado especial de Cruz Vermella Monterrei e vicepresidente provincial, Jesús Barros Martínez, sinalou que “o voluntariado é a base da institución” e os recoñecementos que se entregaron

“han de servir de estímulo para seguir desenvolvendo o labor solidario e como exemplo de civismo”. Recoñecementos ao labor voluntario Un dos momentos máis emotivos do encontro é a entrega de diplomas de recoñecemento á acción voluntaria, que este ano recibiron Mª Soledad Salgado Álvarez, Noelia Quintas Rodríguez, José López Moral, Carlos Inglés Santos, Mª Monserrat Pazos González, Mª Magdalena de Oliviera Adriano, Paulina Deaño Lobariñas, Rebeca Quintas Lorenzo, Asunción Baceiredo Ferreño, Gonzalo Prada Martínez, Modesto Vispo Nóvoa, Diego Reboredo Prado, Raquel Pires dos Santos, Rosa Mª

Membros de Cruz Vermella co alcalde de Verín no encontro de voluntarios./C.V. Fernández González, Mª del Carmen Carnero González e Roberto Campos Cudeiro. Tamén se entregou un Diploma de Honra a Augas de Cabreiroá e a Medalla de Prata da Institución ao Concello de Verín. Ademais fíxose un recoñecemento ás persoas voluntarias de Cruz Vermella que participaron no rescate do accidente das Estivadas de 1987. De forma simbólica, Rodríguez Babarro

fixo entrega dunha placa conmemorativa ao alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, como expresidente de Cruz Vermella e voluntario que participou nos labores de rescate do fatídico accidente. Tras o acto institucional, realizouse unha visita á nova oficina de Cruz Vermella en Verín, situada na Praza da Mercé, onde foi colocada unha placa conmemorativa. Posteriormente os parti-

cipantes do Encontro coñeceron o manancial de Augas de Cabreiroá e gozaron dunha comida de confraternización no Parador de Monterrei.

Simbolicamente, Jiménez Morán, un dos voluntarios que participou nos labores de rescate, recibiu unha placa conmemorativa


BARRIOS Maio de 2014

VERÍN E COMARCA

As obras do AVE danan a OU-113 4A estrada que une Verín con Vilar de Barrio está desfeita pola paso de maquinaria pesada. Redacción “Vergoño”, “ruinoso” e “lamentable”. Son os ca-

lificativos que lle dedican veciños de Laza ao estado da estrada OU-113 que une Verín con Vilar de Barrio ao

seu paso polo municipio. A causa? As “desfeitas” que provocan os camións e maquinaria pesada que rea-

Fochancas na OU-113 ao seu paso por Laza, entre Soutelo Verde e Alberguería.

liza as obras do AVE na zona. Auténticas fochancas ocupando por completo un carril ou fileiras de buratos converten nunha xincana percorrer a distancia entre Soutelo Verde e Alberguería, ambos os dous núcleos pertencentes ao Concello de Laza. Renovada en 2008 Hai que recordar que o vial fora renovado por completo pola Xunta en 2008, pero o seu estado resentiuse moito desde o inicio das obras da alta velocidade; agravándose o seu deterioro no tramo de alta montaña entre Soutelo Verde e Alberguería. Os veciños temen que unha vez rematados os traballos da alta velocidade as estradas volvan ao seu estado anterior e recordan que outros concellos da comarca, como Castrelo do Val, xa aprobaron mocións instando á Xunta, titular da estrada, e ao Ministeiro de Fomento, responsable das obras, a tomar medidas.

Noticias de empresa

Nova tenda Jazztel en Xinzo de Limia Jazztel estrae tenda en Xinzo, na avenida de Ourense, 44. Jazztel é un operador global de telecomunicacións que ofrece solucións de banda ancha para o tráfico de voz, datos, Internet e telefonía móbil destinadas ao mercado residencial e de empresas en España. Jazztel quere ser a mellor alternativa para a oferta de servizos de telecomunicacións para os fogares e empresas españolas, desde unha relación co cliente próxima e resolutiva, ofrecendo as solucións máis innovadoras aos prezos máis competitivos do mercado. En Jazztel son rápidos, saben escoitar, buscan a innovación, traballan en equipo de forma rigorosa e transparente cun alto sentido do servizo ao

A tenda está no número 44 da avenida de Ourense. cliente, buscando en todo momento satisfacer as súas expectativas. Teñen as tarifas máis económica para a túa liña de móbil como minutos ilimitados e 1Gb por só 12.10 euros con ive. Ademais liberan o teu móbil, reparan e venden telefonía libre ao mellor prezo.


BARRIOS Maio de 2014

VERÍN E COMARCA

EN BREVE

pleno en verín

Aprobada unha modificación puntual do PXOM

4 Menús de Primavera en “Puertas de Galicia” Ata o mes de xuño, o Plan de Competitividade Turística “Puertas de Galicia” promove a iniciativa gastronómica ‘Menús de Primavera’. Con prezos que oscilan entre os 15 e 25 euros, os comensais dunha trintena de establecementos das comarcas de Verín e Conso-Frieiras poderán degustar pratos como pastel de verduras de tempada sobre crema de espárragos trigueiros, zamburiñas na súa cuncha ao branco de Monterrei, milfollas de tomate con queixo fresco e vinagreta de froitos vermellos, estufado de corzo con castañas bañadas, cazola de peixe en salsa verde, boi salteado con piña e salsa de mango, corazón de mazá asada, leite callado caseiro con mel autóctono, leite frito de castañas ou torta de amorodos, entre outros.

4 Charla sobre vida saudable O salón de actos do Colexio Apostólico Mercedario de Verín será o escenario que acolle o mércores 14 de maio a charla-coloquio “Adestramento mental para unha vida saudable”, a cargo do experto en psicoloxía Rubén Domínguez. A conferencia, que se iniciará ás 20.15 horas, está destinada a profesionais que dirixen grupos deportivos, atletas federados, deportistas populares e público xeral que procura coñecementos sobre hábitos de vida e deportes saudables. Os asistentes terán a oportunidade de formalizar preguntas a Rubén Domínguez, quen é membro do equipo de profesionais do Centro Libredón, coordina a Escola Iberoamericana de Coaching e participa como relator en varios foros nacionais e internacionais. O relatorio está enmarcado nas VII Xornadas de Deporte e Saúde e no proxecto “Eurorrexión activa: vida saudable nos concellos da raia”.

4 Para correxir erros de redacción. Redacción Os asistentes á festa deron boa conta das 2.000 unidades de cebola grelada, que acompañaron con produtos derivados de porco celta.

A tradición dos calçots chega a Castrelo do Val 4 A asociación Os Trasnos organizou a segunda festa da cebola grelada e do porco celta, na que participaron 280 comensais. P.L. Promocionar un produto practicamente descoñecido en Galicia – a cebola grelada ou calçot- pero de recoñecido prestixio gastronómico en Cataluña, foi o motivo que levou a Manuel Pérez, membro da asociación cultural Os Trasnos de Castrelo do Val, a organizar hai tres anos a festa da cebola grelada nesta localidade. O que na súa primeira edición foi tan só unha comida para os socios dos Trasnos chegou a congregar o pasado 27 de abril, neste terceiro ano de festa (segundo oficialmente), a 280 comensais ao redor dun menú baseado en ce-

bola grelada e derivados de porco celta (chourizo branco, churrasco e empanada, cortesía do Inorde). Os alimentos preparáronse no parque do Terrón mentres que o xantar tivo lugar nunha nave municipal. O cociñado é sinxelo: “a tradición di que hai que queimalo con chama viva, cun lume feito con vides, quéimase a parte exterior, logo envólvelo nun papel de estraza e déixalo media hora para que vaia abrandando, e acompáñase dunha salsa mediterránea a base de verduras e froitos secos”, explica Manuel Pérez, quen tras 25 anos en Andorra e con familia na comarca catalana de Valls, coñece ben este produto. Asaron 2.000

exemplares dos que deron boa conta os asistentes á festa; “a xente quedou moi contenta e sorprendida, isto non é unha cebola, é un bocado de gourmet”, subliña o organizador. Pérez, que polo momento é o único agricultor do val de Monterrei que se lanzou a cultivar esta verdura, con arredor de seis mil unidades por tempada, defende as virtudes dos calçots galegos: “teñen unha dozura e un xugo superior, porque as nosas terras son super apropiadas. E anima a outros agricultores da comarca a introducir esta verdura nos seus cultivos. “É moi rendible no mercado e ten gran saída”, conclúe.

O grupo de goberno do PP sacou adiante en solitario a modificación puntual número 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín, en sesión plenaria celebrada o pasado día 9. O BNG votou en contra e o PSOE abstívose. O alcalde xustificou a modificación, referíndose a que se trata da “ subsanación dalgúns erros que se cometeron ao redactar tantos documentos, non hai ningún cambio sustancial”. Na mesma sesión aprobouse a modificación de dúas ordenanzas municipais. A primeira, a que se refire ás instalacións e servizos públicos da estación municipal de autobuses de Verín, que actualiza a taxa co IPC e que será reinvestida en melloras no recinto, por unanimidade. A segunda, a taxa por ocupación de espazo público con mesas, cadeiras, estrados e outros elementos análogos con fina-

Posibilidade de fraccionar o pago do IBI Por unanimidade saiu adiante a aprobación inicial do inventario municipal de bens e dereitos, que se exporá ao público durante un período de dous meses, así como a moción do grupo municipal do BNG relativa ao imposto de bens inmobles. O acordo final da moción, sobre a que se introduciron modificacións de todos os partidos políticos, permite o fraccionamento do pago do IBI en dous prazos (40% no mes de xuño e o 60% en novembro) e posibilita solicitar o fraccionamento de pago nas liquidacións por novas altas remitidas polo Catastro Inmobiliario sen que xere ningún tipo de interese.

Máis recoñecementos para os viños de Monterrei Redacción O viño “Terra do Gargalo sobre Lías 2012” de Bodegas Gargalo, da Denominación de Orixe Monterrei, recibiu en Palma de Mallorca o recoñecemento outorgado pola Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño (AEPEV), que o considerou un do tres mellores viños brancos novos de España.

As cebolas greladas ou calçots quéimanse a lume vivo, e despois envólvense en papel de estraza para que abranden.

lidade lucrativa, cos votos a favor do PP e do PSOE e a abstención do BNG. . “Mantense o mesmo prezo que fai cinco anos, de feito algunhas tarifas, como as anuais, reducíronse nesta modificación”, asegurou Jiménez Morán.

Concurso Mundial de Bruxelas Do mesmo xeito, tras a

publicación dos resultados do Concurso Mundial de Bruxelas, a Denominación de Orixe Monterrei volve estar de noraboa ao obter medalla de prata os viños “Alma de Blanco 2013” (da adega Pazo das tapias), “Gargalo Godello 2012” (de Gargalo) e “Ladairo 2013” (de Bodegas Ladairo). A colleita 2013 segue cultivando éxitos nos concursos internacionais, como así o demostran os resultados da D.O. Monterrei en Bruxelas, que premiou o 50% das mostras presentadas a concurso pola denominación.


VERÍN E COMARCA

Promoven un programa de alfabetización de adulto 4A Escola de Familia lanza “Se queres, podes”. Redacción O Concello de Verín, a través da Escola de Familia Municipal, promove desde finais de abril o programa de alfabetización de persoas adultas “Se queres, podes” na localidade.

No programa ‘Se queres, podes’, as sesión estarán conformadas por grupos reducidos coa finalidade dunha atención individualizada e de maior calidade. O obxectivo desta iniciativa é facilitar aos seus usuarios a posibilidade de reengan-

charse a unha posterior formación obrigatoria, esencial para calquera contrato laboral. Facilitan máis información e inscricións no servizo de Educación Familiar, no edificio da Casa da Xuventude.

Formación para estranxeiras 4 A través do curso “Hola Fabiola”. Redacción A área de Igualdade, o Centro de Información ás Mulleres-CIM e a aula CeMIT de Verín impulsan, por segundo ano consecutivo, a iniciativa “Hola Fa-

biola”. Trátase dun curso formativo dirixido a mulleres estranxeiras ou nacidas noutro país, con coñecementos insuficientes ou moi básicos do ordenador e Internet, que desexen aprender a utilizar esta tecnoloxía

BARRIOS Maio de 2014

que tanto pode achegarlles. Son 100 horas lectivas que se impartirán entre xuño e xullo polas mañás en horario conciliador. Ao finalizar esta acción formativa, as mulleres participantes recibirán un diploma acreditativo da formación recibida. O programa formativo “Hola Fabiola” é máis que un curso de informática xa que pretende que as TIC se convirtan en ferramenta para a integración, a igualdade, a diversidade e a comunicación.

O IES García Barbón ten convenios de colaboración con 84 empresas Para que o seu alumnado complete a súa formación práctica nun entorno laboral real A Formación en centros de traballo (FCT) é un importante valor engadido dos estudos de Formación Profesional que permite completar a cualificación técnica do alumnado do IES García Barbón de Verín. Por iso, neste intre, 25 alumnos e alumnas de segundo curso –dos diferentes ciclos formativos- que aprobaron todo, están a realizar as prácticas en empresas. En concreto, hai nove alumnos do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, cinco do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos, dous do Ciclo Medio de Mantemento Industrial e nove do Ciclo Superior de Administración e Finanzas.

O Departamento de Mantemento Industrial do IES García Barbón está a rematar a construción dunhos banquiños para as instalacións deportivas do Concello de Verín. Froito da colaboración entre o Concello de Verín –que achega os materiais- e o centro educativo –que deseña e crea os banquiños- o alumnado demostrou a súa boa disposición para o traballo e a súa destreza técnica. Programa Educativo Europeo Erasmus + O IES García Barbón, seguindo a estela de experiencias anteriores, vén de presentar un proxecto candidato a ser elixido na primeira

convocatoria do programa educativo europeo Erasmus +, que vén substituir anteriores programas como o Comenius. Nesta ocasión opta por un proxecto centrado na auga como fonte de riqueza desde os puntos de vista dos socios candidatos. Un grupo de alumnos e profesores do IES García Barbón traballará –no bienio 2014-2016- sobre os requisitos técnicos dunha planta embotelladora, a Escola Hotel de Podêbrady (Rep. Checa) sobre a xestión hoteleira de spas e a Escola de Ciencias Sociais de Kütahya (Turquía) sobre a promoción das vilas termais. Pretenden que este traballo sinérxico veña ofrecer unha visión global do tema central do proxecto.

Visita do alumnado do IES García Barbón á planta de Citroen en Vigo.


BARRIOS Maio de 2014

VERÍN E COMARCA

A ludoteca de verán abre o seu prazo de inscrición 4 Funcionará do 23 de xuño ao 9 de setembro. Redacción

Integrantes da Mesa para a atención das vítimas de violencia de xénero./CdV.

Unhas xornadas abordarán a violencia nos menores 4 A iniciativa da Mesa para a mellora da atención ás vítimas da violencia de xénero. Redacción A última reunión da Mesa para a mellora da atención ás vítimas da violencia de xénero de Verín acordou a realización dunhas xornadas sobre menores que actúan de forma violenta, normalizan actitudes violentas ou tamén sofren violencia. As xornadas estarán destinadas a técnicos da aministración de educación, servizos sociais, saúde e xustiza

e desenvolveranse no mes de xuño. A xuntanza da Mesa tivo lugar o pasado 9 de maio na Casa da Cultura de Verín, e contou coa asistencia de representantes da Subdelegación do Goberno, dos Servizos Sociais de Verín e da Mancomunidade, dos institutos da localidade, das forzas e corpos de seguridade, do Centro de Información á Muller e da xustiza. Na reunión fíxose tamén

balance e análise dos casos de violencia de xénero do que vai do ano 2014, ordes de afastamento e protección, así como as medidas para seguir actuando na prevención e atención, destacando o recurso aos dispositivos electrónicos de control en condenados.

Destinadas a técnicos da administración

O luns 12 de maio abriuse o prazo de inscrición do servizo de conciliación e coeducación “Convive en igualdade”, a ludoteca de verán que organiza a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Verín. Este servizo, que busca conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos menores de entre 3 e 12 anos, comezará o 23 de xuño e finalizará o 9 de setembro, funcionando de luns a venres. O Concello de Verín contratará persoal cualificado co obxecto de fomentar o emprego entre os mozos do municipio: sete monitores de lecer e/ou animación sociocultural, e outros sete monitoras de voluntariado e persoal en prácticas. A ludoteca -campamento urbano funcionará nos módulos do CEIP Amaro Refoxo, no CEIP Princesa de España, no salón de AEVER e nas dependen-

cias municipais da Casa da Xuventude e Casa da Cultura. Obradoiros educativos e lúdicos de igualdade e coeducación, xogos cooperativos e de convivencia en tolerancia e interculturais, animación á lectura e contacontos, piscina, piragüismo, rutas de sendeirismo, novas tecnoloxías ou cine infantil serán algunhas das actividades nas que poderán participar os cativos. Ademais, durante os meses de xullo e agosto programaranse iniciativas adicadas a diferentes temáticas como reciclaxe, ambiente, deporte, alimentación, saúde ou persoas maiores; celebrarase o San Fermín, así como a actividade “Ponlle as pilas ao teu Bocata”, visita ao Parque de Bombeiros e ás instalacións da Policía Local, obradoiros coa Cruz Vermella, Educamóbil e o desfile da Ludobatucada. Prezos e horarios Ao igual que o pasado ano hai un amplo abano de horarios (de 8:30, 9 ou 10

Unha das actividades da ludoteca en 2013./CdV. a 14 horas) para a tempada estival completa, media tempada ou só unha quincena, e con diferentes prezos para menores empadroados e non empadroados. As solicitudes cubriranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, na Casa da Xuventude, por orde de inscrición e pago ata cubrir 150 prazas.

Está dirixida a a rapaces de entre 3 e 12 anos


especial EMPRESAS

BARRIOS Maio de 2014

As cicloxéneses explosivas: Verea axúdache a preparar o teu tellado para o inverno De todos é coñecido que Galicia é afectada cada ano por numerosos temporais, onde o vento e a choiva forman parte cotiá das nosas paisaxes invernais. Verea non pode evitar as cicloxénexes nin a choiva nin o vento, pero si proporciona tellas e accesorios de tellado, así como un sistema homologado para a instalación do tellado, que permitirán preparar as nosas casas para soportar inclemencias climáticas como as vividas este inverno. Ciclóxenese explosiva, expresión que invadiu titulares nos medios de comunicación o pasado inverno, é a denominación do fenóneno que implica a “creación” dun ciclón que sucede moi rapidamente e moi intensamente. Un dos danos máis frecuentes ocasionado polo paso das cicloxéneses explosivas é o desprendemento de materiais nos tellados. O temporal de vento é o detonante pero a causa directa destes desprendementos adoita ser outra: unha incorrecta elección dos materiais de cuberta (cubertas de chapa metálica), a perda de adherencia do morteiro (empregado tradicionalmente para a fixación das tellas), ou mesmo, a ausencia de

Á esquerda: tellado instalado con Verea System. Á dereita: tellado con colocación tradicional con morteiro tralo paso da cicloxénese “Ulla” o 14/02/2014. mantemento ou reparación. A empresa desenvolveu un sistema de

colocación propio, deno- nalmente, en todas as minado Verea System, zonas singulares do teque consiste nun tellado llado (beirados, remates multicapa integrado por laterais, cumbreiras e lidous elementos funda- matesas, etc.), fíxanse as tellas con parafusos, mentais: tella ceeliminando por rámica e completo o uso de placas onmorteiro. Este duladas (de sistema pode ser fibrocemento instalado sobre ou asfálticas). calquera tipo As tellas sitúande estrutura se con espuma de cuberde poliuretano e ta inclinafíxanse mecanicada continua ou mente con ganchos descontinua e complétase metálicos. Adicio-

cunha capa de illamento térmico. O Verea System superou con éxito os ensaios de resistencia a ventos de máis de 200km/h e estanqueidade á auga con vento de 360 l/m2 nunha hora, aos que foi sometido, conseguindo a homologación do Sistema de Instalación, por parte do Estado, que queda reflectida nos documentos de idoneidade técnica DIT nº 483R/12.

O Verea System superou todos os ensaios aos que foi sometido polos técnicos do Instituto das Ciencias da Construción Eduardo Torroja, o que deu lugar á aprobación dos Documentos de Idoneidade DIC Nº 483R/12, Nº 561/10 e Nº 590/12, en conformidade co Código Técnico da Edificación (CTE). Que é un ? Documento de Idoneidade Técnica - DIT - é un documento de carácter voluntario expedido polo Instituto de Ciencias da Construción Eduardo Torroja - IETcc-, que contén unha apreciación técnica favorable da idoneidade de emprego en edificación e/ou obra civil de materiais, sistemas ou procedementos construtivos non tradicionais ou innovadores. O IETcc é o único organismo español que ten outorgada a facultade de conceder o DIT así como a confirmación doutros DIT concedidos por algún dos Organismos Membros da Organización Europea. VEREA pon a disposición de profesionais e particulares toda a información e asesoramento que precisen sobre o seu sistema de instalación Verea System. Visítenos en: www.ceramicaverea.com


10

BARRIOS Maio de 2014

EN BREVE

4 Campamento no CDR O Viso O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso organiza un ano máis o seu campamento de verán para menores de 5 a 13 anos en Lodoselo, Sarreaus. Será do 28 de xuño ao 6 de xullo e oferta dúas posibilidades diferentes: pensión completa ou réxime diúrno. Actividades na natureza, roteiros, xogos, piscina, deportes ao aire libre, veladas son as propostas para un xeito diferente de pasar o verán, fomentando a convivencia e o contacto coa natureza. Ofrecen máis información do campamento no CIX da Limia, na praza Maior de Xinzo.

4 Obradoiros para a promoción da igualdade A Concellería de Igualdade, Benestar, Sanidade e Consumo do Concello de Xinzo de Limia, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), comezou unha serie de obradoiros para a promoción da igualdade. O primeiro deles, o pasado xoves día 8, tratou sobre Igualdade, Xénero, Roles e Estereotipos. Nas seguintes sesións abordaranse os seguintes temas: Corresponsabilidade e Conciliación, Prevención de violencia sobre as mulleres, Autoestima, Relaxación, Habilidades sociais, Alimentación e nutrición, Alcoholismo e Planificación familiar. Na organización de ditos obradoiros colaboran o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, o II Plan Galego de Inclusión Social - Equipode Inclusión de Xinzo de Limia, a Asociación para a promoción da igualdade “Gaia” e a Coordinadora do PAC do Centro de Saúde de Xinzo de Limia. Os Obradoiros para a Promoción da Igualdade encádranse dentro das áreas estratéxicas de intervención que recolle o III Plan para a igualdade entre mulleres e homes 2013-2017 do Concello de Xinzo.

XINZO E COMARCA

Medio Ambiente licita obras de mellora en sete estradas

4 Entre eles, os viais que unen Xinzo con Bande, Baltar e Cortegada. Redacción A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, licitou as obras de mellora de sete estradas da provincia de Ourense: OU-301 XinzoBande, OU-304 XinzoBaltar, OU-320 Piñeira de Arcos-Ponte Noalla, OU504 Ribadavia-Cea, OU531 Xinzo-Cortegada, OU-540 Ourense-Fronteira Portugal e OU-801 Ribadavia - Ponte Barxas. O obxecto principal destes traballos é mellorar o estado do firme existente, con solucións localizadas definidas en función das necesidades de cada estrada. En total renovaranse 144,98 quilómetros de viais. Para tal fin, o Goberno autonómico destinará un orzamento de máis de 1,1 millóns de euros, que se divide en dous contratos: máis de 560.000 euros para o que afecta ás estradas OU-301, OU-304,

Un dos carrís da estrada Xinzo-Vilar de Barrio permanece cortado estes días para facilitar os traballos de rebaixe do firme./M.REJO. OU-320 e OU-531; e case 560.000 euros para os víais OU-504, OU-540, OU801e tamén mais restos da OU-531. Os treitos que contemplan o primeiro contrato caracterízanse por estar conformados por mesturas bituminosas que presentan un deterioro superficial considerable, polo que se

farán accións localizadas de reparación, rehabilitación e reforzo do firme, complementadas con pequenas melloras na drenaxe, nos noiros, na sinalización, nos sistemas de contención e no balizamento, coas que se consiga unha mellora da vía coas que se garantan as condiciones mínimas de seguridade vial na circula-

ción. No referente ao contrato que afecta ás estradas OU-504, OU-531, OU-540 e OU-801, as actuacións consistirán en reparacións localizadas do firme en determinados tramos. Asemade, limparanse beiravías, executaranse obras de drenaxe e reposición de marcas viais, sinais verticais,

4 Rebaixe do vial baixo a ponte da autovía O Ministerio de Fomento iniciou os traballos para rebaixar un tramo do firme da estrada que enlaza Xinzo e Vilar de Barrio para evitar as colisións de camións contra a ponte de acceso á autovía Rías Baixas. O viaduto xa tivo que ser acondicionado en catro ocasións polas desfeitas que ocasionaron os vehículos de gran tonelaxe ao chocar contra a ponte, malia as sinalizacións instaladas por Fomento para advertir aos condutores de que a altura da ponte era de 4,50 metros. As obras suporán o rebaixe dun metro do firme e a instalación de sumidoiros para recoller as augas pluviais que se poidan acumular na zona. elementos de balizamento e barreiras de seguridade, e reparación de xuntas de dilatación de pontes. Tramos nos que se actuará Na estrada OU-301 actuarase nun tramo de 27,8 quilómetros nos municipios de Xinzo e Porqueira. Na OU-304 as melloras beneficiarán 14 quilómetros de vial nos termos municipais de Xinzo e de Baltar. Pola súa parte, na OU-531 o tramo a renovar será de 27,18 quilómetros nos concellos de Xinzo de Limia, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, A Bola, Celanova, Ramirás, Gomesende e Cortegada. No que respecta á OU320 entre Piñeira de Arcos e A Ponte Noalla as obras afectan a 22,8 quilómetros de vial ao seu paso por Sandias, Allariz, Taboadela e San Cibrao das Viñas. O arranxo da OU-540 entre Celanova e a fronteira con Portugal (A Madalena) renovará 19,2 quilómetros de estrada en Lobios, Lobeira e Muíños. En canto á OU801 a obra realizarase nun tramo de sete quilómetros en Padrenda e Pontedeva.

Renovaranse case 150 quilómetros de estradas


XINZO E COMARCA

BARRIOS Maio de 2014

11

O PSOE alerta dos problemas que ocasionaría o peche da planta de puríns de Sarreaus 4 O deputado Pablo García preguntou á Xunta sobre as medidas previstas se desaparece. Redacción

A planta de tratamento de puríns que Coren ten en Sarreaus. /ARQUIVO.

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista no Parlamento galego, Pablo García, reclamoulle á Xunta de Galicia que explique que medidas ten previstas diante da inminente desaparición da planta de

tratamento de puríns de Sarreaus, xestionada polo Grupo Coren. García presentou unha pregunta na Comisión de Agricultura sobre o anunciado peche das instalacións logo do recorte das axudas ás plantas de coxeración enerxética con residuos. García lembrou que a planta, que tiña unha capacidade de xestionar 110.000 toneladas por ano de residuos porcinos nunha zona xa “destrozada” polos residuos producidos polas explotacións do lugar, sempre estivo infrautilizada e que tan só daba solución a 16 explotacións nunha zona de especial concentración de produtores. Relatou que actualmente tanto o río Limia como, especialmente, o encoro das Conchas, son empregados como “fosa séptica natural” das granxas dos arredores, chegando a que “o que menos hai é auga”. Por iso non se entende a “desidia” por parte da Xunta de Galicia, “que diante dun problema enorme, non facía nada, e diante do agravamento dese problema siga sen facer absolutamente nada”.

Problema de xestión de xurros O deputado lembrou que a produción intensiva de porcino leva consigo un problema de xestión de xurros, que resultan imposibles de tratar en determinadas comarcas galegas pola concentración de explotacións. Sinalou que a posible desaparición da planta de Coren, que supón mais do 60% de toda a produción galega, significará “ademais dun problema económico, un problema medioambiental de primeira magnitude”. Segundo o socialista, a directora xeral confirmou que non existe ningún tipo de plan especial pera esta zona, “nin existía antes, nin existe agora co peche da planta”. Pablo López Vidal recriminoulle o método da Xunta neste como en todos os temas, “que non existe problema, e que os gandeiros o solucionen como poidan”.

López Vidal considera que a planta estaba infrautilizada

Servizos Sociais de Xinzo ensina aos limiáns a alimentarse 4 A través dun curso teóricopráctico de nutrición. Redacción Servizos Sociais de Xinzo imparte durante este mes de maio un curso teórico-práctico sobre alimentación e nutrición, con ampla participación. Cun contido didáctico variado, enfatízase a aprendizaxe práctica co desenvolvemento indivualizado de cada unha das actividades

teóricas e prácticas. A finalidade deste curso é ensinar o cálculo dos valores enerxéticos dos alimentos que cotiamente usan na súa vida de forma que poidan conseguir unha alimentación máis equilibrada, económica e saudable, ademais de entender a información etiquetada nos alimentos, entre outros conceptos.


12

BARRIOS Maio de 2014

XINZO E COMARCA

EN BREVE

vilar de barrio

4 Limisi organizará un mercado solidario

O BNG leva ao pleno os verquidos das obras do AVE

A asociación de persoas con discapacidade intelectual da comarca da Limia Limisi volverá organizar un mercado solidario para recadar fondos. Para iso vén de iniciar unha campaña para que aquelas persoas que teñan na casa trastos vellos, mobles, obxectos de decoración, xoguetes, dos que se queiran desfacer, os donen á asociación Os interesados poden contactar con Limisi no correo limisixinzo@gmail.com ou no teléfono 988 688 377 ou 685 868 065. O mercado celebrarase no mes de xullo, nunha data aínda por determinar.

4 Taller de

prevención de riscos laborais O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral convoca un taller de prevención de riscos laborais en mecanización do cultivo da pataca no concello de Xinzo. A formación terá lugar o 13 de xuño, en horario de 15:30 a 19:30 horas, na Casa da Cultura da localidade, e está destinada a maiores de idade ocupadas ou sen emprego deste sector. Hai 25 prazas dispoñibles e as inscricións pódense realizar ata o 9 de xuño en desenvolvementorural.issga@xunta.es ou no fax 981 897 555.

4 Denuncia a existencia dunha escombreira ilegal en Borrán. Redacción

Un dos carballos talados no monte de Boián, na parroquia limiá de Parada de Ribeira.

Denuncian a tala masiva de carballos centenarios nun monte de Xinzo

4 En Boián, Parada de Ribeira. Redacción A asociación cultural O Muíño da Lama de Xinzo denuncia a tala masiva de carballos centenarios na parroquia limiá de Parada de Ribeira, nunha zona do monte coñecida como Boián. No devandito lugar pódese observar como foron talados de raíz unha ducia de carballos centenarios onde algún dos exempla-

res amosa preto dun metro de diámetro e máis de vinte metros de altura. Sendo a meirande parte das especies arbóreas alí taladas pertencentes ao eido do quercus, familia das fagáceas. A asociación cultural O Muíño da Lama denuncia este “gravísimo atentado” contra a especie de árbore máis simbólica e prezada do monte galego, así como “o que esta desfeita supón contra a natureza e o medio

ambiente polas súas nefastas e irreparables consecuencias”. Fontes consultadas pola asociación indican asemade que o propietario das árbores non tivo coñecemento das talas ata que foi avisado por membros da asociación e da veciñanza da parroquia, tralo cal interpuxo a correspondente denuncia destes feitos no cuartel da Garda Civil de Xinzo. A asociación pola súa banda tamén puxo estes feitos en coñecemento do Seprona, da Dirección Xeral de Montes, Dirección Xeral de Conservación da Natureza e da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería do Medio Ambiente, solicitando a inmediata paralización das talas.

O concelleiro do BNG en Vilar de Barrio, Samuel Formoso, vén de presentar unha moción sobre os danos ocasionados polas obras do AVE nesta localidade, para o seu debate no próximo pleno municipal. Segundo relata o nacionalista, as obras da liña ferroviaria de alta velocidade están a producir “importantes danos medioambientais no noso concello: perforan montañas e tamén ocupan montes con verquedoiros ilegais”. Refírese ao caso dunha escombreira no lugar de Borrán “de 20.000 metros cadrados e ata 25 metros de altura” de escombros procedentes das obras

Pide a paralización dos vertidos, a apertura dun expediente sancionador e a resposición da zona ao seu estado primitivo

ferroviarias que executa a UTE Dragados-Tecsa. Segundo o edil do BNG, o vertido leva máis dun ano “perturbando a paisaxe, sen que conste licenza por parte do concello, e pendente do expediente de autorización autonómica para un depósito provisional de terras”. Proximidade a vivendas Ademais, a escombreira está situada “a escasos 100 metros das vivendas máis próximas orixinando non só un atentado medioambiental evidente, senón un problema para a saúde dos veciños e veciñas”, alerta Formoso. Recorda o político nacionalista que esta escombreira xa fora obxecto de denuncia por parte de organizacións ecoloxistas e de veciños. A moción do Bloque solicita que o alcalde decrete “a paralización inmediata dos vertidos”, incoe “o correspondente expediente sancionador contra a empresa por efectuar depósitos, sen autorización” e esixa “a reposición da zona ao seu estado primitivo, a través de cantas obras de rexeneración sexan necesarias”.


PUBLICIDADE

BARRIOS Maio de 2014

13


14

BARRIOS Maio de 2014

EN BREVE

4 O comercio de Allariz acepta pesetas ata agosto A Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz pon en marcha, por segundo ano consecutivo, a campaña “Benditas pesetas”. Ata o 31 de agosto, as persoas que se acheguen a algún dos 82 establecementos asociados, poden utilizar as pesetas nas súas compras. A iniciativa tivo gran éxito o pasado ano polo que a asociación decidiu repetila e ampliala. Está vixente dende o mes de abril.

4 Cursos de contacontos e de tapas e aperitivos A Fundación Ramón González Ferreiro ten aberto os prazos de inscrición nun curso de Tapas e Aperitivos e noutro de Contacontos para adultos. O curso para aprender a facer receitas complicadas dun xeito sinxelo e económico terá lugar o 21 de maio de 18 a 21 horas, mentres que o curso de contacontos será o día 31 de 11 a 14 e de 16 a 19 horas. Esta última formación está dirixida principalmente a monitores de tempo libre, mestres, bibliotecarios, mediadores de lectura ou xestores culturais. Para participar en calquera das dúas actividades é preciso inscribirse na Fundación no teléfono 988 436 182 ou a través do correo info@fundacionrgf.org. O curso de tapas custa 25 euros e o de contacontos 50 euros (inclúe xantar).

ALLARIZ E COMARCA

O CEIP Padre Feijoo crea o seu propio xardín no FIXA 4 A apertura da 5ª edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz terá lugar o próximo 24 de maio. P.L. Un xardín creado pola comunidade educativa do colexio Padre Feijoo de Allariz é unha das novidades da quinta edición do Festival Internacional de Xardíns (FIXA) da vila alaricana, que abrirá as súas portas o vindeiro sábado 24 de maio. Medio cento de escolares de primeiro e terceiro ciclo de Primaria, acompañados de dúas profesoras, continuaban este luns dándolle forma ao xardín por eles deseñado, que aínda precisará dalgunha xornada máis de traballo para quedar rematado. Mentres uns pintaban un par de pneumáticos e convertían en “lapis” uns paus, outros plantaban flores en maceteiros ou botellas de plástico nunha pequena parcela. O deseño, con catro partes diferenciadas para cada un dos ciclos educativos (o de Infantil e os tres de Primaria) “conxu-

A apertura do festival mantense para as 19 horas do sábado 24

ga o tema deste ano (o xardín da abundancia) coa temática escolar”, explicaba o director do CEIP Padre Feijoo, Javier Fernández Puga, quen subliñaba o fomento “do labor en equipo” desta actividade, así como a posibilidade de experimentar “novas experiencias estéticas” e “a sensibilización dos cativos co coidado da terra”. Pola súa banda, o alcalde alaricano, Francisco García, destacaba a “sorpresa” que supuxo a “creatividade e imaxinación” posta polos máis pequenos nesta creación, que en nada desmerece das elaboradas por profesionais. Para García, a participación do centro educativo da vila responde a unha das facetas do festival, a de “sensibilización e divulgación dos valores medioambientais e de sostibilidade”. Nesta liña, este espazo (o denominado “Xardín das Pías” da edición do ano pasado do festival) terá continuidade no tempo e reservarase como espazo educativo en edicións sucesivas. Segundo adiantou o rexedor, a intención é que poidan participar no proxecto incluso os peque-

nos usuarios da escola infantil da localidade. Apertura do festival o día 24 Malia coincidir coa xornada de reflexión das eleccións europeas, a apertura do 5º FIXA manténse para as 19 horas do sábado 24. O rexedor nacionalista considera que se trata dunha actividade “periódica” e “protocolaria” na que non hai “ningún tipo de utilización electoral” e polo tanto cumplirase a data fixada. O público que se achegue ata o recinto do festival poderá contemplar as 10 novas propostas desta edición, ademais da gañadora da edición de 2013 (“Pensasueños”) e do xardín do CEIP Padre Feijoo. En maio e xuño o FIXA estará aberto de luns a venres de 17 a 21 horas, sábados, domingos e festivos de 11 a 14 e de 17 a 22 horas. Por certo que para que o recinto do festival estea listo aínda faltan por rematar algúns detalles, como a plantación masiva das flores, que se está retrasando o máximo posible para evitar danos motivados pola climatoloxía, explicaba Francisco García.

4 As inscricións comezan o 12 de xuño. Redacción O Concello de Allariz abrirá o 12 de xuño o prazo de solicitudes para participar no programa Concilia Verán, unha iniciativa de conciliación laboral e familiar. O Concilia Verán é unha iniciativa de atención á infancia dende unha perspectiva lúdica, que ofrece ós pais e nais residentes en Allariz a posibilidade de que os seus fillos e fillas, de idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, estean acompañados por

4 Para menores de 8 a 14 anos. Redacción A Fundación Ramón González Ferreiro organiza, un ano máis, campamentos de verán para nenos e nenas de 8 a 14 anos. Divididos en cinco quendas durante os meses de xullo e agosto, e repartidos por idades, os participantes comparti-

Redacción

Alumnado do CEIP Padre Feijoo plantando flores nunha das macetas que forman parte do seu xardín dentro do recinto do Festival de Xardíns de Allariz. /P.LODEIRO.

técnicos e monitores de tempo libre durante a xornada, na que se desenvolverán actividades. Este servizo está ubicado no Colexio Padre Feijóo, durante os meses de xullo e agosto, podendo ampliarse ao mes de setembro dependendo do número de demandas. As persoas interesadas neste servizo poden pedir información ou presentar a solicitude, na Casa da Cultura, a través do teléfono 988 440 859 ou do correo electrónico cultura@allariz.com.

Campamentos na Fundación Ramón González Ferreiro

Cruz Vermella colabora coa dinamización rural

4 Anuncio da cobranza do IBI Ata o 5 de setembro o Concello de Allariz pasar ao cobro os recibos polos impostos sobre bens inmobles de natureza urbana e rústica correspondentes ao exercicio 2014. Os interesados poden consultar o contido das listas cobratorias na pranta baixa da Casa do Concello, praza Maior nº 1 de Allariz, en horario de oficina de 9 a 14 horas, de luns a venres.

O Concilia Verán volverá atender os menores alaricanos en xullo e agosto

A área de Benestar Social do Concello de Allariz, en colaboración coa Cruz Vermella, impartirá un obradoiro de alimentación saudable nas asociacións veciñais de Nanín e San Vitoiro. Esta actividade, enmarcada dentro do programa de Autocoidado que se

rán durante unha semana, múltiples actividades como obradoiros, deportes ou visitas culturais. O prezo do campamento é de 200 euros por persoa. Haberá descontos para familias numerosas e para irmáns que tamén asistan ao campamento. As reservas realízanse no teléfono 988 436 182 ou en info@fundaiconrgf.com. desenvolve nas asociacións veciñais de Allariz, terá lugar os días 14 e 19 de maio en horario de 16 a 18 horas. O obxectivo pasa por afondar no programa de dinamización rural que pretende potenciar un rural vivo, autónomo, activo e saudable. Manualidades, memoria, igualdade, autoestima, amor e soidade, entre outros, son os temas principias que se traballan, dende unha perspectiva de xénero, para mellorar a calidade de vida persoal e social-comunitaria.


ALLARIZ E COMARCA

BARRIOS Maio de 2014

15

Entrevista a Adolfo Fernández

“Armea era unha cidade claramente de construción e evolución romana”

4 Este arqueólogo ourensán lidera o grupo da Universidade de Vigo que realizará parte dos traballos de escavación no xacemento de Armea, en Santa Mariña de Augas Santas, este verán. Paula Lodeiro O Concello de Allariz continuará este verán as escavacións no Castro de Armea en Santa Mariña de Augas Santas. O alcalde alaricano, Francisco García, vén de reunirse cos dous equipos de arqueoloxía, o laboratorio da Universidade de Vigo e o equipo dirixido por David Pérez, que nos últimos anos traballaron nos xacementos de Armea e o Señoriño, para acordar as liñas de traballo para esta próxima campaña.

A campaña, pendente de resolución de AGADER, conta cunha partida de 20.000 euros. O Concello achega a man de obra xunto ao aloxamento e manutención dos alumnos da universidade que participarán nela. Será Adolfo Fernández, licenciado en Historia, doutorado en Arqueoloxía, e membro do grupo de investigación GEAAT da Universidade de Vigo, quen dirixirá un dos dous equipos de arqueólogos que traballarán sobre o terreo en Armea.

Que liñas se acordaron na reunión co alcalde? A.F.: “A Universidade vai continuar unha campaña máis coas escavacións, estivemos en 2011, e en 2012, este sería o terceiro ano. Traballaremos no interior do castro, os outros dous anos estivemos no monte do Señoriño, pero aí non podemos continuar porque é necesario adquirir os terreos. Nós faremos varias sondaxes no interior do castro, próximas ás escavacións de Conde Balvís nos anos 50. O outro grupo, encabezado

Este ano os arqueólogos non traballarán na finca do Señoriño, á espera de que se concrete a cesión dos terreos ao Concello de Allariz./P.LODEIRO.

por David Pérez, con obreiros do Concello, van seguir quitando a terra coa que se tapou a escavación nos anos 50, desenterrouse a metade e falta outro tanto. Eles traballarán en setembro, nós en agosto en tres zonas novas, coa intención de darlle continuidade ás escavacións xa realizadas”. Cantas persoas conformarán o voso equipo? A.F.: “Non o sabemos moi ben, temos aínda que plantexar o proxecto, seremos un equipo duns 10 alumnos de universidades galegas”. Como definirías que é Armea? A.F.: “O interior do castro é un barrio da época romana, con varias rúas e casas de dúas alturas, e xa fora escavado nos anos 50. Nós imos intentar ver se esas casas seguen nas fincas colindantes nos límites. De momento só está escavado un trociño, estamos falando de hectáreas. Parece un barrio moi grande, que ocupa un gran socalco; estamos falando dunha cidade de época romana, de inicios castrexos, unha cidade claramente de construción e evolución romana. Os mate-

Adolfo Fernández vive en Allariz e nestes momentos prosegue cos seus estudos post-doutorais na Universidade de Coímbra./P.LODEIRO.

“Ao escavar en zonas zonas aí si poderá haber achádegos importantes” riais depositados no Museo Arqueolóxico son do século I ao século III d.C.” Que é o máis destacado que se atopou ata o de agora? A.F.: “Recolleuse sobre todo cerámica rota, no monte do Señoriño entre 2011 e 2012 recollemos de 3.000 a 4.000 fragmentos de cerámica, e iso que hai pouca terra… Atopamos unha ola enteira e dentro tiña un fío de ouro, imaxino que alguén puxo alí unha xoia e foi o que quedou, foi algo puntual, podemos consideralo o achádego máis importante. Abaixo onde escavou o outro grupo xa fora retirado todo o material arqueolóxico, pero atoparan unha plaquiña de xisto gravada cun-

ha especie de guerreiro. Creo que este ano ao escavar zonas novas aí si poderá haber achádegos importantes, hai moitos materiais esperando a seren recollidos. Estúdanse e vai todo para o Museo Arqueolóxico”. Hai outras escavacións similares na provincia? A.F.: “Non, debe ser a única, o ano pasado a Universidade de Vigo escavou en Tomiño unha vila; pero cóntanse cos dedos das mans, en Galicia este tipo de escavacións non hai”. E hai interese en coñecer este patrimonio? A.F.: “Si, é unha pasada a cantidade de xente que se achega ata Santa Mariña, onde hai unha ruta patrimonial sinalizada”.


16

BARRIOS Maio de 2014

ALLARIZ E COMARCA / CELANOVA E COMARCA

Fomento segue sen solucionar os problemas causados polas obras do AVE en Merí 4 O Ministerio resposta á deputada do BNG Olaia Fernández Davila sen precisar solucións. Redacción O Ministerio de Fomento vén de respostar á deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, que aínda non arranxou os problemas derivados das obras do AVE

na poboación de Merí, en Xunqueira de Ambía. A deputada nacionalista dirixíase ao Ministerio de Fomento para trasladarlle as dificuldades que padecen os veciños da zona con motivo das obras que dividiron a poboación, im-

pedindo o acceso a unha parte dos terreos agrícolas. Os responsables das obras comprometéronse a construir un paso elevado para o tránsito das persoas e un paso subterráneo para animais.

Danos causados polas obras do AVE en Baños de Molgas./ARQUIVO

A forza do perdón 4 Bruno Nieto prepara un documental sobre a necesidade vital de perdoar. Silvia Nieto “Mil sorrisos e un perdón” é o novo proxecto audiovisual do director celanovés Bruno Nieto. Un documental que tratará o perdón e a necesidade vital de perdoar a pesar de que che cambiaran a vida para sempre. Esta peza, que previsiblemente comezará gravarse a primeira semana de xuño, contará a historia de Daniel Fernández Carril, un rapaz de Cartelle que sufriu un grave accidente de tráfico fai oito anos por culpa do comportamento imprudente dun condutor que mesturou alcol e volante. As consecuencias físicas para Dani foron dramáticas, pero as súas gañas de vivir seguen intactas. No documental este mozo está disposto a encontrarse coa

persoa que lle cambiou a vida por completo para miralo aos ollos e dicirlle que o perdoa. Bruno Nieto contará unha historia que xamais debeu ser escrita, e para facelo precisa da colaboración de todos. Este proxecto require dun orzamento de 3.000 euros que están intentando conseguir mediante crowdfunding (cooperación colectiva). Así, mediante unha doazón mínima de 10 euros os interesados poden axudar a que a historia de Dani vexa a luz. A achega económica leva unha recompensa en forma de presenza no documental ou material do mesmo (en relación ao importe entregado). Para realizar a túa achega só tes que acceder á web www. milsorrisoseunperdon.com antes do 20 de maio.

Mil sorrisos Ademais, a través da súa páxina de Facebook, están intentando conseguir 1.000 sorrisos. Para achegarlle o teu só tes que enviar ao enderezo electrónico milsorrisoseunperdon@gmail.com unha fotografía sorrindo, acompañada do teu nome, apelidos e profesión. As instantáneas que máis “Me

Pasos impracticables “Aínda que construíron ambos pasos, o caso é que están tan mal feitos que resultan inútiles para os veciños. Teñen pendentes dun 60% que non vale para o paso de animais e aparellos agrícolas. O mesmo sucede co paso elevado, cuxa rampa ten unha pendente do 65%”, explicou Davila, facéndose eco das demandas dos habitantes da zona que piden ao Adif que mellore ambas infraestruturas. Imprecisións de Fomento Fomento limítase a sinalar que o Adif “actualmente está a estudar a mellora das pendentes do paso superior”. Pero non concreta en ningún momento datas. E remata afirmando que as obras do tramo Ponteambía-Taboadela “se atopan nun grao de execución superior ao 93,5%” e tampouco aclara datas de finalización posto que considera que “as datas de finalización previstas realizaranse conforme á programación establecida nos contratos vixentes”. gusta” logren nesta rede social formarán parte do grafismo do documental.

O orzamento do documental é de 3.000 euros, que están conseguindo mediante crowdfunding

Bruno Nieto dirixirá o documental “Mil sorrisos e un perdón”./ARQUIVO

Abrirán ata as 11 da noite os establecementos máis próximos á praza Maior, así como bares e restaurantes.

Noite de compras 4 Os comercios de Celanova abrirán ata as 11 da noite o sábado 31 de maio. S.N. Na procura de incentivar o consumo nun dos días da semana con menor actividade para o comercio local, a Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais da Vila de Celanova organizará o vindeiro sábado 31 de maio unha noite de compras. Repiten unha iniciativa que xa logrou gran éxito na vila o pasado ano, e de novo coa apertura dos comercios participantes de 6 da tarde a 11 da noite buscan atraer a consumidores de toda a provincia, que poderán gozar ademais da actuación dunha charanga e conseguir numerosos premios. Como explicaba o presidente da Asociación, David Álvarez, “a idea é que a xente veña pasar a tarde a Celanova, visite os establecementos e se fixe nos produtos. Ao mellor non mercan ese mesmo día, pero sempre volven”. Unha tarde de compras e unha boa cea na vila de San Rosendo será un plan perfecto que terá como colofón a entrega de premios ás 12 da noite, e na que se repartirán tres atractivos agasallos de 1.000, 600 e 400 euros en forma de vales de compra, para que os

afortunados poidan adquirir o que desexen nos establecementos da Asociación. Participantes As 100 empresas que conforman esta Asociación de Comerciantes recibiron documentación relativa a esta iniciativa, pero, aínda que o número de establecementos participantes na mesma non se pode determinar de momento porque non está pechado, David explicou que “o máis probable é que abran todos os que están máis preto da praza Maior, así como os bares e restaurantes”. Tendas de decoración, bixutaría, roupa e calzado, así como o sector da hostalaría abrirán as súas portas ese día nun amplo horario para deleitar a veciños e visitantes cos seus produtos e cunha inigualable noite de compras primaveral, que de seguro terá continuidade. “Tanto pola edición anterior como pola propia Mostra da Oportunidade vemos que este tipo de iniciativas funcionan moi ben”, comentaba David.

Sortearanse vales de compra de 1.000, 600 e 400 euros para empregar na vila


PUBLICIDADE

BARRIOS Maio de 2014

17


18

BARRIOS Maio de 2014

CELANOVA E COMARCA

entrevista a Mariló Fernández, membro da organización da romería etnográfica Raigame

“Estamos tan inmersos nunha sociedade materialista que perdemos o esencial, esquecémonos do que nos rodea”

4 Mariló Fernández, membro da organización da romería Raigame, descóbrenos a esencia desta festa popular: a recuperación do contacto interxeneracional e das nosas tradicións. Silvia Nieto Este 17 de maio chega a XIII edición da Romaría Etnográfica “Raigame”, un evento que naceu no seo do Centro de Cultura Ppopular Xaquín Lorenzo (en colaboración coa Deputación Provincial e o Concello de Celanova) e que está este ano dedicado os pequenos museos etnográficos da provincia de Ourense. A romaría, declarada “Festa de Interese Turístico de Galicia”, contribúe á exaltación e homenaxe dos oficios tradicionais de Galicia e a poñer en valor a nosa cultura. Mariló Fernández, directora do centro, achéganos aos orixes desta inigualable cita que atrae cada ano ata terras de Celanova a visitantes de numerosos puntos de España e Portugal. Como e cando surxiu a Romería Raigame? Mariló Fernández: “Esta é a 13 edición, pois fai 14 ou 15 anos surxiu a idea dunha romería deste tipo no Centro de Cultura Xaquín Lorenzo. Nós o que queriamos era unha romería na que se xuntaran artesáns, música e baile; e para facela puxémonos en contacto cos distintos concellos da provincia, explicándolles a nosa idea e consultándolles o que cada concello podía aportar á hora de organizala. E cando chegamos ao Concello de Celanova parecéulles unha gran idea para facer en Vilanova dos Infantes. Foi o único concello que se ofreceu, dixéronnos que se non atopabamos outro sitio que eles querían que o fixeramos en Vilanova, e así foi”. E escollestes o día 17 de maio. M.F.: “Escollemos o día das Letras Galegas para darlle un contido, porque estabamos vendo que ese día estaba perdendo un

pouco de identidade, era un día festivo que se aproveitaba para facer plans persoais, pero perdíase a esencia do día en si. Por iso, nós quixemos darlle un sentido, redondear esa data, para que fose un día adicado á cultura galega”. Con que obxectivo naceu Raigame? M.F.: “O que queremos é transmitir a nosa cultura, iso que os nosos antepasados nos transmitiron a nós agora é o turno de pasarllo aos nosos cativos, pero non dun xeito ríxido e estático, nós o que queremos é que a xente o viva. Entón en Raigame buscamos iso, levar a nenos, pais e avós e que recuperen ese contacto xeneracional que ás veces parece que se está perdendo, porque o que nos aporta a xente maior é unha riqueza”. Como recibiron esta idea os artesáns? M.F.: “A maioría dos artesáns están encantados coa idea, de feito repiten. Ata lles coincide a veces con outros compromisos e prefiren vir a Raigame e iso é unha satisfacción. Hai algúns que veñen de moi lonxe, pero gústalles o espíritu da festa”. E o público, como está a responder? M.F.: “Igual que os artesáns, a xente repite e van aumentando. Veñen de todas as provincias galegas, de Oviedo, de Portugal.... Se teñen oportunidade non a perden, e iso que fóra de Galicia non é festivo e a xente ten que organizarse para vir”. Iso é toda unha satisfacción? M.F.: “Exactamente. E tamén é un reto e unha responsabilidade, non podemos defraudar, sínteste moralmente obrigado a cumprir esas espectativas que a xente xera en torno a

“Os galegos debemos valorar o que temos e transmitirllo a quen vén a vernos. Deus dalle pan a quen non ten dentes”

Mariló Fernández é a directora do Centro de Cutura Popular Xaquín Lorenzo, organizador da Romaría Etnográfica Raigame./P.LODEIRO.

“Con Raigame o que queremos é transmitir a nosa cultura, iso que os nosos antepasados nos transmitiron, pero non dun xeito ríxido, nós queremos que a xente o viva” Raigame. Pero neste senso para nós é sinxelo porque non é nada artificioso, xa que o ambiente que tratamos de crear é natural, é o que había antes nos pobos, o contacto entre as persoas, a solidariedade, porque estamos tan inmersos na sociedade materialista que perdemos o máis esencial. Antes os veciños dos pobos falaban entre eles, xuntábanse ao anoitecer nos camiños e comentaban as súas cousas, hoxe iso é impensable, entramos na casa e non estamos en contacto con ninguén, esquecémonos do mundo que nos rodea, e se nos esquecemos dos que temos ao lodo como imos a pensar nos que están un pouco máis alá?”. Raigame foi declarada “Festa de Interes Turístico de Galicia”, como recibistes esta noticia? M.F.: “Para nós foi unha grata sorpresa, foi como ver premiada a romería, é un recoñecemento, pero non só para a organización porque, como sempre digo, Raigame existe non só porque nós a organicemos, senón por toda a xente que participa nela ano a ano. Esa xente é a que lle da sentido

á festa”. Cantos oficios estarán presentes nesta edición? M.F.: “Hai 14 oficios diferentes. Telares, bolillos, forno de pan, fiado, cestería, artesanía en barro, canteiros, ferreiros, son algúns. E a través de todos eles veremos como é o proceso destes traballos, para coñecer como se fai o pan, unha cesta ou unha prenda de lá, por exemplo. Por iso tamén son importantes os museos etnolóxicos aos que adicamos esta edición, porque detrás dos obxectos expostos hai toda unha historia, unha maneira de vivir. E trátase dunha vida completamente distinta á actual. Hoxe pasamos pola vida de xeito superficial, non sentimos o que vivimos, non temos contacto coas persoas. Estamos nunha época tan globalizada que vemos moito e viaxamos moito, pero non nos cala. Hai xente que ten máis mundo sen saír do seu pobo do que podemos ter os que viaxamos máis, porque aprecian o que teñen, valórano e iso apórtalles riqueza interior. Nós non nos damos conta de que é a nosa responsabilidade transmitirlles ás novas

xeracións o que nos deixaron os que viñeron antes, eles tamén teñen o dereito a gozar diso como o fixemos nós”. Ademais, en Raigame hai moitas outras actividades. M.F.: “Durante todo o día hai preto de 30 agrupacións de música e danza espalladas por todo o pobo, así como contacontos, para ofrecer actividades para todos os gustos”. E tamén entregades o premio Xan de Barros. M.F.: “Si, este ano otórgaselle a Manuel Mandianes porque colaborou con nós dende o primeiro momento. El adícase á investigación, a etnografía, e colaborou na revista Raigame e tamén na romería. Sempre estivo disposto a axudarnos en todo o que precisamos”. Cres que a cultura galega está en perigo? M.F.: “Quero pensar que nós non a destruimos. A sociedade é moi variopinta e non me gusta xeralizar, pero hai xente que se segue avergoñando da nosa cultura, do noso idioma, porque cren que é inferior, e eu estou totalmente en contra, penso todo o contrario. Nós

dende o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo buscamos transmitir a todos os que pasan por acá, dende nenos a anciáns, que temos un idioma fermoso, que expresa sentimentos como ningún outro; temos unha maneira de vivir única, unha paisaxe e un patrimonio envexables. Ás veces penso que Deus dalle pan a quen non ten dentes, os galegos non lle damos importancia ao que temos porque o temos ao lado e o vemos a diario, pero cando vén xente de fóra quedan abraiados coas nosas capelas, cruceiros, fontes... Temos que valorar o que temos e transmitirllo a toda a xente que vén a vernos, porque nós o temos todo”. Que outras actividades organiza o Centro de Cultura Xaquín Lorenzo? M.F.: “Pois sempre nos esquecemos de nombrar o programa de xogos populares, que levamos a todos os centros educativos da provincia para achegar aos cativos as nosas tradicións. E ademais tamén haberá xogos populares en Raigame: zancos, aros, trompo, birolla, ra... alí os nenos si que o pasan ben vendo aos seus avós ensinándolles estes xogos, facéndo auténticas virguerías”. Convida aos nosos lectores a que se acheguen a Raigame. M.F.: “Quero convidar a todo o mundo a que se achegue a Vilanova dos Infantes este 17 de maio, porque os veciños deste pobo os van a recibir cos brazos abertos. E non me quero esquecer deles, son o pilar máis importante da romería, xa que nunca puxeron inconvinte ningún, síntense orgullosos e partícipes desta cita. Ademais, os danzantes de Vilanova, que só actúan para a Virxe do Cristal, tamén estarán en Raigame para que a xente goce deles; e a banda de música poñerá pola noite o peche a esta celebración”.


CELANOVA E COMARCA

Raigame, a festa da cultura galega 4 O 17 de maio Vilanova dos Infantes converterase en parque temático da nosa etnografía. P.L. A representación de 14 oficios tradicionais, 20 grupos de música e máis de 60 actividades conforman o programa da 13ª edición da romaría etnográfica Raigame, que volverá transformar Vilanova dos Infantes en capital da cultura galega o próximo 17 de maio. “En Raigame xuntámonos todos, nun ambiente familiar, para revivir experiencias da nosa infancia, revivilo e intentar poñelo de novo en marcha”, apuntaba Marilo Fernández Senra, do Centro

Cultural Xaquín Lorenzo, entidade que organiza a festa coa colaboración do Concello de Celanova e da Deputación. Ao redor de 22.000 euros de orzamento farán posible este evento. Nesta edición Raigame ten por temática os centros etnográficos e por iso a localidade celanovesa será a primeira parada dunha exposición con carácter itinerante que repasa os museos e centros etnográficos da provincia. No que se refire ao premio Xan de Barros, instaurado en 2009, será entregado a

Manuel Mandianes, polo seu traballo no estudo e divulgación da cultura popular galega desde un punto de vista científico. Proxectos de futuro O alcalde de Celanova aproveitou a presentación de Raigame para anunciar que están a traballar para integrar a romaría “nunha rede de manifestacións culturais de Europa” e para iso presentarán un proxecto ao programa europeo “Europa Creativa”. Outro dos obxectivos da celebración para o futuro é xuntar en Vilanova dos Infantes os outros dous pobos de España que levan o mesmo nome, un de Valladolid e outro de Ciudad Real.

Raigame contará con 14 oficios distintos, 20 grupos musicais e 60 actividades

A antiga OU-540 pasa a titularidade municipal 4 Trátase dun treito localizado no lugar de Carfaxiño. Redacción A transferencia dun treito da antiga estrada OU-540 (Ourense- Celanova) a prol do Concello de Celanova vén de ser publicada no Diario Oficial de Galicia. A solicitude do cambio de titularidade, realizada polo concello, inclúe un treito localizado no lugar de Carfaxiño entre os puntos quilométricos 21+680 e o 21+810. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas considera axeitado este cambio de titularidade, dado que os

Os xulgados melloran a súa conexión a Internet Redacción

O presidente da Deputación, Manuel Baltar; a directora do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, Mariló Fernández; o alcalde de Celanova, José Luis Ferro; e o técnico de Cultura celanovés, Antonio Piñeiro, durante a presentación de Raigame 2014./P.L.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) posibilitou o acceso a redes de nova xeración con 100 Mbps de velocidade nas últimas semanas no xulgados de Celanova e Ribadavia, co que se elevan ao 66% as sedes xudiciais de Ourense, que dispoñen

case 300 metros transferidos adquiren características puramente locais pola súa situación. Trátase dun tramo illado como consecuencia das obras realizadas na estrada OU540, que queda fóra do itinerario principal e cuxo uso quedou relegado a un tráfico local. Con esta aprobación o Concello de Celanova deberá asumir todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación do trazado a partir da formalización da entrega, que terá lugar no prazo dos dous meses seguintes. destas redes. A implantación de redes de 100 Mbps permite multiplicar por 10 a velocidade de baixada e quintuplicar a velocidade de subida. Deste xeito os empregados dos xulgados poderá ter un acceso máis efectivo á Rede, sen esperas ou contratempos; poderán conectarse simultaneamente un maior número de usuarios e permitirá o funcionamento de máis aplicacións informáticas cun tempo de resposta axeitado.

BARRIOS Maio de 2014

19

Máis de 700 persoas atendidas na Oficina de Turismo en Semana Santa Redacción

Participantes no Obradoiro de Emprego de xestión cultural e turística “Camiño de San Rosendo” aproveitaron a Semana Santa para realizar prácticas de formación tanto na Oficina de Turismo de Celanova, como no Centro de Recepción de visitantes de Aquis Querquennis (Bande), ademais de colaborar coa Fundación Curros Enríquez na xestión das visitas da Casa dos Poetas. No caso concreto da atención á oficina de turismo de Celanova, ademais das tradicionais visitas guiadas ao conxunto da igrexa e da capela mozárabe de San Miguel, os alumnos tamén organizaron diariamente senllas quendas para realizar visitas para pequenos grupos á torre das campás e á exposición permanente da obra pictórica de José Antonio Ocaña Martínez, contabilizándose un total de 711 persoas atendidas durante toda a semana neste servizo. Pola súa parte, as visitas que foron atendidas no Centro de recepción de visitantes do campamento romano de Aquis Querquennis achegáronse ás 400, o que vén demostrar a crecente demanda turística polos recursos patrimoniais das Terras de Celanova e a Baixa Limia.


20

BARRIOS Maio de 2014

PROVINCIA

Rogelio Martínez clausura obradoiros de emprego na provincia

4 92 parados beneficiáronse dos programas do Támega, Pozo do Demo, Alta Limia e Mancomunidade de Ourense. Redacción O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou nos últimos días no acto de clausura e entrega de diplomas dos obradoiro de emprego do Támega, Pozo do Demo, Alta Limia e Mancomunidade de Ourense. En total 92 desempregados (entre alumnos e corpo docente ou de xestión) beneficiáronse nestas catro zonas desta iniciativa, a cal requeríu en total un investimento da Xunta de Galicia de 763.000 euros. Támega No caso do obradoiro de emprego do Támega, que se desenvolveu conxuntamente ao longo dos últimos seis meses entre os concellos de Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro e Laza, a formación e emprego centrouse en dúas especialidades: forxa e xardinería. Nesta iniciativa, que Traballo e Benestar financiou cunha achega de máis de 177.000 euros, beneficiáronse un total de 26 persoas: 20 como alumnos e 6 como persoal docente e administrativo. Pozo do Demo Pola súa banda, o obradoiro de emprego “Pozo do Demo” foi desenvolvido conxuntamente entre os concellos de Verín e Vilardevós e centrado na recuperación do antigo camiño que une a parroquia de Cabreiroá (Verín) co lugar da Veiga das Meás (Vilardevós), unha

ruta de sendeirismo paralela ao río Quintas denominada “O Pozo do Demo”. Deste programa, para o que a Xunta aportou 195.000 euros, beneficiáronse 22 desempregados como alumnos, e outras 6 persoas que formaron parte dos equipos de xestión e docencia. Alta Limia No caso do obradoiro de emprego “Alta Limia”, posto en marcha en outubro, participaron 20 desempregados como alumnos de xardinería e actuación forestal, procedentes dos concellos de Sarreaus, Trasmiras e Sandiás. Durante estes seis meses alumnos rehabilitaron diversas zonas axardinadas, ademais de actuar en áreas recreativas, camiños e nalgúns montes. Nesta iniciativa o departamento que dirixe

Beatriz Mato invistiu preto de 178.000 euros. Mancomunidade de Ourense O obradoiro de emprego “Terra de mosteiros 2013” foi desenvolvido conxuntamente entre os concellos de Paderne de Allariz, Baños de Molgas, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil e San Cibrao das Viñas; e nel participaron 24 parados como alumnos e outros 6 como persoal directivo, docente e de apoio administrativo. Os alumnos recibiron formación especializada e realizaron distintas actuacións prácticas nos ámbitos da xardinería e forxa. Así, traballaron no acondicionamento de varios parques e zonas axardinadas e na elaboración de varandas de forxa para varios núcleos

pertencentes aos concellos implicados no programa. A Consellería de Traballo e Benestar financiou esta acción cunha achega de máis de 213.000 euros. En todas as clausuras, Rogelio Martínez felicitou aos alumnos pola obtención do certificado de profesionalidade, que ten carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, expedido polo Servizo Público de Emprego de Galicia. Estes documentos demostran a preparación e habilidades adquiridas, co que a Xunta confía que vaia “incrementar significativamente a empregabilidade do alumnado”, segundo destacou Martínez.

A Xunta investiu 763.000 euros en todos eles

Rogelio Martínez estivo acompañado dos alcaldes de Monterrei, Castrelo do Val, Cualedro e Laza, así como dos propios participantes, durante a clausura do obradoiro de emprego do Támega.

Beatriz Mato e os alcaldes durante a sinatura./RAMSÉS

Cinco concellos ourensáns ofertarán prazas en campos de traballo este verán 4 É o caso de Riós e Celanova. Redacción Un total de cinco concellos da provincia de Ourense –Riós, Muíños, Celanova, A Peroxa e Vilar de Barrio- contarán este verán con campos de traballo destinados aos mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, e organizados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que vén de asinar os respectivos protocolos de colaboración cos rexedores destes municipios, destacou a importancia destas iniciativas dado que promoven as accións voluntarias, a participación da xuventude na sociedade e a mobilidade, ademais de ser unhas “excelentes ferramentas” de educación non formal. En total, en Galicia contará este ano con 400 prazas distribuídas en 14 campos de traballo, dos que

cinco se atopan na provincia de Ourense, con 105 prazas. A temática dos campos que se desenvolverán en Ourense será moi variada, pero en xeral están relacionados co medioambiente, o patrimonio natural e arqueolóxico, e o contido social. Deste xeito, o campo de Riós ensinará aos participantes o cultivo dos soutos, así como o aproveitamento dos castiñeiros e as castañas como elemento gastronómico. E o de Celanova centrarase no eido audiovisual. Nel ensinarase a teoría da redacción do guión, rodaxe, produción e montaxe, así como tamén se centrará na práctica, a través da realización dunha curtametraxe. Inscrición O prazo de inscrición permanece aberto e as actividades terán lugar nos meses de xullo e agosto, e celebraranse en quendas de entre 12 e 15 días.


especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

A Deputación destina 343.000 euros a proxectos sociais A Deputación de Ourense vén de publicar as bases que regularán a concesión de subvencións ás entidades de iniciativa social que realicen actividades sen ánimo de lucro e que teñan sede na provincia. As entidades poderán recibir como máximo un cofinanciamento de 10.000 euros para a realización dos seus proxectos seleccionados, excepto aqueles proxectos de emerxencia social que poderán chegar a 25.000 euros. Novidades Toda a información da convocatoria está dispoñible na dirección de internet http://programasentidades.depourense.es, onde tamén se pode realizar a solicitude. Neste ano 2014 incorpórase como elemento de valoración das solicitudes a tipoloxía das necesidades atendidas polos proxectos presentados, priorizando aqueles dirixidos á atención de situacións de pobreza ou emerxencia social. Outra das novidades da convocatoria deste ano é o acceso á subvención para aqueles proxecto que desenvolvan iniciativas de carácter social que teñan incidencia directa na recuperación ou fixación da poboación nos seus lugares habituais de residencia, primando especialmente aqueles que teñan obxectivos concretos de conciliación familiar e laboral con nenos e/ou maiores con necesidade de atención. A Deputación de Ourense pon a disposición dos usuarios a Área de Benestar da institución como punto de axuda e información para que as cuestións técnicas non supoñan unha limitación para os interesados. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xustificou o “notable incremento” este ano nos orzamentos das partidas destinadas a servizos sociais “consecuencia dunha xestión centrada en facer máis con menos, e sempre priorizando recursos”.

O programa “Ourense, a provincia termal” oferta este ano 1.500 prazas para estancias en balnearios da provincia Deputación de Ourense e balnearios asinaron o convenio de colaboración para levar a cabo esta acción de promoción termal A Deputación de Ourense xunto cos balnearios da provincia e os concellos con infraestruturas balnearias presentaron no Pazo Provincial o Programa de termalismo social “Ourense, a provincia termal”. O acto, formalizado na sinatura dun convenio de colaboración entre a Deputación e os balnearios da provincia, contou coa presenza do presidente da institución provincial, Manuel Baltar, e os representantes dos balnearios: Eduardo Laherran de la Sota, en representación do Balneario de Molgas, S.L; José María de la Figuera Vargas, en representación de COVAQUI, S.L, e Rafael Luaña de la Viña, en representación de Caldaria Termal, acompañados polos alcaldes de Lobios, Arnoia, O Carballiño, Cenlle e Baños de Molgas. Segundo destacou Manuel Baltar, este convenio “reforza a aposta do goberno provincial polo termalismo, un dos eixos estratéxicos para o desenvolvemento da nosa provincia, destinándose para

O presidente da Deputación xunto aos alcaldes de Lobios, Arnoia, O Carballiño, Cenlle e Baños de Molgas e aos representantes dos balnearios cos que asinou o programa de termalismo social “Ourense, a provincia termal”. /ALBERTE PAZ.

Ao programa de estancias e tratamentos termais para maiores de 50 anos de 6 días / 5 noites sumarase este ano un novo programa “Cultura Termal” , estancias de fin de semana para todas as idades esta actuación un total de 70.000 euros”. Baltar subliñou que este convenio “é unha boa mostra da cooperación entre a administración pública e o sector privado, para un sector como o termalismo que ten que ser

un pulo para o desenvolvemento social, económico e cultural da nosa provincia”. Esta actuación enmárcase dentro do Plan Provincial Termal que pon en marcha a Deputación de Ourense xunto coa Xunta de Gali-

cia co obxectivo de atraer turismo e competitividade económica á provincia de Ourense, a provincia termal por excelencia. Ao programa de estancias e tratamentos termais para maiores de 50 anos de

BARRIOS Maio de 2014

21

6 días/5 noites iniciado no 2013 sumarase este ano un novo programa “Cultura Termal” baseado en estancias de fin de semana para todas as idades. Ademais este ano abrirase o programa a persoas non residentes en concellos da provincia. Neste programa, que este ano establece un total de 1.500 prazas, a Deputación de Ourense implementa por primeira vez unha nova estratexia de administración electrónica que achegará máis facilidades aos cidadáns así como máis eficacia e eficiencia no procedemento administrativo da xestión das solicitudes. Solicitudes O procedemento administrativo para a presentación da solicitude e a concesión do programa poderá realizarse on-line, estando a administración provincial a disposición do cidadán as 24 horas do día, os 7 días da semana. A concesión do Programa, incluíndo o balneario solicitado e as datas de desfrute, resolveranse no mesmo proceso e no mesmo momento da presentación da solicitude. A solicitude poderaa presentar por internet o propio interesado ou de forma presencial a través de diferentes organismos públicos ou balnearios. No caso de que o cidadán opte por realizala dende un organismo poderá xestionala a través dos servizos sociais comunitarios dos concellos galegos.

A Deputación pon en marcha unha aplicación para móbiles A Deputación de Ourense está a traballar na actualización da nova aplicación para dispositivos móbiles (APP) da institución provincial, unha tecnoloxía que se pode descargar gratuitamente no móbil buscando o epígrafe de “Provincia Inteligente” e que permitirá, en palabras do presidente provincial “facer posible a pocket administration, levar a administración no peto, co obxectivo de aumentar e axilizar a relación da institución provincial coa cidadanía”.

A APP inclúe xestión de incidencias e suxestións que acheguen os cidadáns, o apartado do “Presidente responde”, noticias da deputación, e un apartado de “Termalismo saudable”. Con esta nova actualización permitirase xestionar tributos locais, entradas para eventos (reserva e compra), xestionar publicacións do ente provincial (reserva e compra), inscribirse en cursos de formación e rexistrar adhesións de cidadáns para a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, ademais de ter acce-

A APP inclúe xestión de incidencias e suxestións, o apartado do “Presidente responde”, noticias da deputación e un apartado de “Termalismo saudable” so á programación cultural e deportiva da deputación. Canle de comunicación Estas actualizacións daranlle novas posibilidades aos máis de 2.500 dispositivos conectados co ente provincial. O presidente, Manuel Baltar, quere poñer

a disposición dos cidadáns unha administración máis achegada é transparente, dándolle a posibilidade dunha nova canle de comunicación para facer suxestións, rexistrar queixas e avaliar os servizos do ente provincial. Baltar pretende que a

APP da Deputación “sexa o buzón de suxestións provincial, afondando cada día máis na transparencia, e que a relación da deputación co cidadán sexa bidireccional e interactiva ao máximo, acadando un necesario, áxil e eficaz diálogo entre administración e administrado”.


22

BARRIOS Maio de 2014

Autorizadas obras de emexencia nos ríos Miño, Limia, Sil e afluentes Redacción O Consello de Ministros acordou, a proposta do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a toma de razón de seis obras de emerxencia para reparar os danos ocasionados polos temporais deste inverno nas concas dos ríos Miño, Limia, Sil e nos seus afluentes, na demarcación hidrográfica do Miño-Sil. Os traballos, cun importe de preto de 1,5 millóns de euros, terán tres obxectivos prioritarios: a reposición ao seu estado orixinal das zonas situadas no dominio público hidráulico que resultaron danadas, a mellora da capacidade de desaugadoiro dos ríos, e a reparación dos danos provocados por desbordamentos. Nos dous meses transcorridos entre o 15 de decembro de 2013 e o 15 de febreiro de 2014 rexistráronse un total de 25 temporais de vento e choivas na zona noroeste do país, que afectaron de forma especialmente importante ao territorio da demarcación hidrográfica do Miño-Sil, provocando importantes crecidas en todos os ríos desta conca que causaron cuantiosos danos.

Os traballos buscan repoñer ao seu estado orixinal as zonas danadas e mellorar a capacidade de desaugadoiro dos ríos

PROVINCIA

Gavilanes e Villarino repiten Cruz Vermella iniciou ao frente do PP en Xunqueira o programa “Saúde de Ouro” en Maceda de Ambía e Oimbra 4 Ambos foron reelexidos co 100% dos votos e presentaron os seus compromisos cos veciños. Redacción Mellorar a atención aos maiores e consolidar o emprego serán as claves para o PP de Xunqueira de Ambía. Pola súa banda, asentar empresas para consolidar traballo e poboación será o obxectivo dos populares en Oimbra. Así o determinaron os líderes do PP local en cada unha destas zonas durante a súa reelección. No caso de Xunqueira de Ambía, a Escola Vella acolleu o Congreso Local do PP, no que a única candidatura presentada foi a de José Luis Gavilanes, que acodou o 100% dos votos emitidos polos compromisarios que participaron neste proceso. Gavilanes fixou durante o seu discurso os dous grandes obxectivos a ni-

vel municipal: “rematar a residencia da terceira idade e o centro de día, para mellorar a atención aos nosos maiores; así como acadar o desenrolo do polígono empresarial, co fin de consolidar emprego no municipio”. Xa en clave orgánica, o presidente local dos populares en Xunqueira manifestou a súa intención de incorporar a xente nova ao partido.

proxecto de urbanización do parque empresarial, no que xa temos a delimitación do solo. A nosa aspitación é asentar empresas que consoliden emprego e poboación en Oímbra. E a esto unímoslle tamén a necesidade de aprobar o PXOM, para sentar as bases do noso crecemento e seguir traballando sen fisuras”.

Oimbra Pola súa banda, o Centro Social de Oímbra foi o escenario do Congreso Local do PP neste municipio. Neste caso tamén só houbo unha única candidatura presentada, a liderada por Ana María Villarino, que acadou o 100% dos votos emitidos. Na súa intervención Villarino tamén avanzou os retos de futuro marcados dende o PP local: “conseguir o

Vindeiros congresos Os congresos locais do PP de Ourense que terán lugar en xuño son, entre outros, os de Vilar de Barrio (día 12), Gomesende (27) e Rairiz de Veiga (28).

En Raririz de Veiga o congreso local do PP será o 28 de xuño

Manuel Baltar xunto a José Luis Gavilanes e os compromisarios populares de Xunqueria de Ambía.

4 Realizou controis de glicosa e tensión arterial. Redacción Cada ano Cruz Vermella organiza unha campaña de sensibilización sobre o coidado da saúde en distintas localidades da provincia. O control da glicosa e a tensión arterial (coincidindo coa venda de boletos do Sorteo do Ouro) ou consellos para gozar do sol e da auga en veda campaña rán con seguridade (den- Cartel “Cóidate...por exemplo” tro do programa “Este verán quérete moito”) relativo ao consumo de son algunhas das inicia- alcohol e o tabaco. tivas que esta entidade está levando a cabo co Para iso, Cruz Vermella fin de mellorar a calida- elabora materiais divulde de vida de toda a po- gativos sinxelos como os boación. “Cóidate... por exemplo” sobre diversos temas, Máis saúde con pe- como alimentación, soño, quenos xestos exercicio físico, consumo Ademais das accións de alcohol e tabaco, etc., de sensibilización na rúa, que ademais circulan poCruz Vermella favorece a las redes sociais a través realización de pequenos das canles oficiais da Insxestos que todas as per- titución. soas poden levar a cabo para gañar en saúde, atraPola provincia sar a aparición de enferMaceda acolleu o domidades asociadas ao es- mingo 4 de maio a primeitilo de vida, e reducir as ra destas citas, no Parque súas consecuencias desde do Toural. a prevención e a detecXa no mes de xuño, será ción temperá. o turno de Verín o día 3, de Oímbra o 9, de Xinzo o 14, O programa de Cualedro o 18, e de Riós “Saúde de Ouro” o día 26. Para finalizar o 3 de xullo estará en Verín o 3 terá lugar en Verín, e o 7 de de xuño, en Oimxullo na Rúa, coincidindo bra o 9, en Xinzo o cos días de feira de cada 14, en Cualedro o localidade que contan con gran afluencia de xente. 18 e en Riós o 26


especial CENTROS SOCIOCOMUNITARIOS / SAUDETER

BARRIOS Maio de 2014

23

A felicidade será constante cando aprendas a gozar de cada momento da túa vida Coreografías no centro ociocomuntario de Ribadavia.

Entroido 2014 no centro ociocomuntario de Verín.

Ximnasia en parques biosaudables no centro ociocomuntario de Maceda.

Comida campestre no centro ociocomuntario de Xinzo. Videoconferencia no centro ociocomuntario do Carballiño.

Exercicio en máquinas no centro ociocomuntario de Pontepelamios.

Gaiteiros no centro ociocomuntario de Ourense.


24

BARRIOS Maio de 2014

EN BREVE

4 Maratón en Baños de Molgas Saturnino González foi o vencedor da primeira edición do medio maratón de Baños de Molgas. González empregou un tempo de unha hora 19 minutos e 10 segundos. Segundo na liña de meta foi Guillermo Pedrero (1:21:33) e terceiro Gonzalo Rodríguez (1:21:43). A primeira muller foi María Gómez chegando a meta en 1:54:20, segunda Natalia Salgado (1:56:20) e terceira Conchi Pombo (1:58:04).

4 Carreira de montaña Parada do Sil A esixente proba de Parada do Sil tivo a Elpidio Gómez como o vencedor da edición deste ano. Por detrás quedaron Fernando Arca e Luis Calvo, segundo e terceiro respectivamente. Na carreira curta o podio estivo conformador por Santi Vales (primeiro), Roberto Lago (segundo) e Alfonso Soto (terceiro).

DEPORTES

Iván Feijoo, sexto no Open de España de BTT 4 Celebrado na localidade catalana de San Llorenç de Moruyns. Redacción O cadete Ivan Feijoo, acudía a pasada fin de semana á cita do Open de España de BTT XCO, celebrada na localidade catalá de San Llorenç de Moruyns, en pleno Vall de Lord. Nesta ocasión terminou na sexta posición. Ivan confirmou, unha vez máis, o seu gran estado de forma, nesta ocasión nunha proba de máximo nivel estatal. E iso que é o seu primeiro ano na categoría. A pesar de sufrir un par de caídas, o macedano da Escola JA Hermida remataba entre os primeiros. Transgalaica O corredor do Actyon-

Academia Postal-Merida, Raúl González, foi o vencedor júnior da Transgalaica 2014. A súa vitoria na terceira proba puntuable do Open Galego de Maratón BTT celebrado na localidade ourensá de Castrelo de Miño fíxoo acredor do título. Raúl González lograba entrar na meta de Castrelo sendo o primeiro júnior e o 16º entre todas as categorías despois de 60 quilómetros de percorrido. Para o ciclista ourensán era a súa segunda vitoria parcial no torneo. O seu compañeiro de equipo, o sub23 José Ramón Villanueva, era terceiro entre os elite, sendo noveno na liña de meta.

4 Desafío solidario en Maceda O domingo 18 de maio celébrase no concello de Maceda a cuarta edición do San Mamede Desafío solidario. A saída terá lugar dende o pobo de Castro de Escuadro. A andaina de 17 km dará comezo ás 9 horas, mentres que a carreira de 21 k m comezará ás 10 horas. O prezo é de 12 euros para os non federados e 10 para os federados e a inscrición está aberta ata o 15 de maio.

Iván Feijoo na proba celebrada en Cataluña.

Iván Feijoo está a realizar unha gran tempada no seu primeiro ano como cadete Boiro Ata Boiro desprazáronse os alevíns da Escola JA Hermida para disputar unha proba de carretera. Breogán Diz entraba en meta quinto. Entre as rapazas, Aida González era a mellor, entrando primeira fémina e a súa compañeira Noela era cuarta. Arteixo O ciclista Saúl López venceu na proba absoluta do Open Galego BTT XC de Arteixo. López gañou con autoridade na categoría elite, logrando unha nova vitoria en territorio galego. Na categoría cadete, Iván Feijoo facía o propio, e, deste xeito, continúa imbatido en Galicia desde que se estreara este ano na categoría, tanto en ciclocross como en BTT. En júniors Raúl González entraba en meta en segunda posición. E en máster 50, o seu pai, Jose Manuel, tamén subía ao podio coma terceiro. Coa proba de Arteixo comezaron a tempada os máis cativos integrantes da Escola JA Hermida. Aida González subiu ao podio de alevíns e Artai Gavilanes era terceiro en principiantes.

O kartcross Ya-Car de Planelles.

Planelles gaña o primeiro Ralymix da Gudiña 4 Por diante de Víctor Senra e Tino Iglesias. Redacción José López Planelles, da escudería Ya-Car Racing, foi o vencedor do I Ralymix da Gudiña que se celebrou a pasada fin de semana. Planelles foi o máis rápido no cómputo global das cinco pasadas sobre un tramo que constaba a proba. O trazado alternaba asfalto con terra, o que brindou espectacularidade a pilotos e público asistente. O piloto madrileño empregou en completar os preto de 60 quilómetros ao mando do seu kartcross Ya-Car un tempo de 40 minutos, 18 segundos e 873 milésimas. O segun-

do caixón do podio foi para Víctor Senra (40:46.129) e terceiro, Tino Iglesias (40:54.995). O piloto local Felipe Fernández rematou na décima posición. Fernández tivo problemas na montura e unha penalización que o privaron de estar máis arriba na clasificación. Participación Nesta primeira edición do Ralymix participaron 23 pilotos, abandonando a proba tres deles.

O piloto local Felipe Fernández rematou na décima posición


PUBLICIDADE

BARRIOS Maio de 2014

25


26

BARRIOS Maio de 2014

DEPORTES

O Campionato de Europa de wushu deixa dúas medallas para Verín

4 José Manuel Ferreira e Arcadio Álvarez (Club Arco de Verín) logran ouro e prata respectivamente. R. T. O Campionato Galego de wushu deixa dúas medallas para Verín. Concretamente José Manuel Ferreira e Arcadio Álvarez, do Club Arco de Verín, lograron a medalla de ouro e prata respectivamente. O europeo disputouse en Bucarest (Romanía). En sénior, José Manuel

Ferreira, acadou o ouro na modalidade de combate sincronizado xunto ao seu compañeiro Dan Río. En probas individuais, Ferreira alcanzou tres quintos postos nas modalidades de formas con pao, sabre e puño. En júnior, o tamén verinés Arcadio Álvarez logrou outra medalla para a expedición ourensá na modalidade de forma con pao. Álvarez

foi prata. Outro representante ourensán, Ezequiel Gago, da Escola Dinamic de Ourense, participou en tai chi chuan e tai chi jian. En chuan quedou ás portas da medalla sendo cuarto. Gago foi penalizado por tempo o que fixo que lle impediu logar a medalla de bronce. En jian foi sétimo. Próxima cita, Ourense O 28 de xuño disputarase o Torneo Internacional de Ourense que chega á súa décimo terceira edición. Será unha boa ocasión para ver os ourensáns en plena acción medíndose a deportistas de Italia, Andorra, Romanía e Portugal.

Arcadio Álvarez e José Manuel Ferreira. /RAMSÉS

A decana das andainas galegas, o 31 de maio 4 A 17ª edición da proba de Allariz vén cun alto compoñente medioambiental. Redacción A Concellería de Deportes do Concello de Allariz, presentou a décimo sétima edición da Andaina Vila de Allariz, que se celebrará o vindeiro sábado 31 de maio. Na presentación desta edición estaban presentes a concelleira de Deportes, Helena Suárez, e José García Calvo “Willy”, técnico

colaborador da andaina. Suárez e Willy expresaban as características que fan desta andaina unha proba deportiva dedicada aos participantes, “verdadeiros protagonistas do evento”. Esta andaina pretende familiarizar aos participantes neste tipo de probas longas, amais de potenciar e dinamizar o fermoso itinerario que discorre por antigas vereas, corredoiras e sen-

Ferreira foi ouro en combate sincronizado e Álvarez, prata en forma con pao

Xa queda menos para a marcha de BTT Val de Monterrei 4 Esta sétima edición terá lugar o domingo 1 de xuño. R. Torres O vindeiro domingo 1 de xuño celebrarase a sétima edición da marcha de BTT Val de Monterrei. O Club BTT Verín é o organizador do evento, que contará con dous percorridos. Un deles será de dificultade media cunha distancia de 35 quilómetros, e un segundo de 60 quilómetros e dificultade media-alta. Aínda que a velocidade é libre non se pode adiantar ao vehículo que vaia abrindo a proba e non ten caracter competitivo. O percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais e forestais do Val de Monterrei existindo cruces con tramos de estradas, nos que se extremará a precaución. A saída efectuarase as 9:30h no complexo deportivo da Granxa, Verín. Inscrición A inscripción farase efectiva a través da páxina web do club (http://bttve-

Cartel da BTT de xuño. rin.com) e e posterior ingreso na conta do Club BTT Verín de La Caixa. O prazo límite de inscrición remata o mércores 28 de maio ás 24:00h. A cota de inscripción será de 12 euros para socios do club que queiran quedarse ao xantar; de balde, para os socios que non queden ao xantar; 15 euros para non socios que queden ao xantar; 5 euros para os non socios que non queden ao xantar. Haberá un prezo especial para as mulleres, sendo de balde por só participar e cun custe de 12 euros para as que participen no xantar.

A saída será ás 9:30 na Granxa

deiros naturais de Allariz e arredores. A proba discorrerá pola práctica totalidade dos camiños que cruzan o marco da Reserva da Biosfera “Área de Allariz” o que lle dotará dun importante compoñente medioambiental. A Andaina popular de Allariz, pioneira en Galicia, celebrábase por primeira vez no ano 1998, e dende entón a súa popularidade e número de participantes non parou de medrar, alcanzando nas últimas edicións os 700 e 800 inscritos de toda Galicia. Novidades Cada ano a Andaina Vila de Allariz chega con novidades no percorrido. Tales novidades son co obxectivo, explicaba Willy, “de evitar o asfalto e potenciar os camiños naturais”.

Cartel da XVII Andaina Vila de Allariz.

XVII Festa do Cabalo en Cartelle Redacción Cartelle acolle os días 31 de maio e 1 de xuño a Festa do Cabalo, que chega a súa décimo sétima edición. A festa terá lugar nas instalacións ecuestres ubicadas en Nogueiró. festa conta cunha programación para todos os gustos como pode ser unha xincana e toro mecánico e a tradicional ruta cabalar. O sábado 30 de maio terá lugar unha cea popular na que se sortearán máis de 50 agasallos e sesión dobre de DJ´s con Emilio e Fidel. O domingo 1 de xuño terá lugar un xantar e concerto da banda de gaitas Fronteira&Cartelle. Xa pola tarde haberá unha exhibición de enganche, o espectáculo ecuestre “O Mundil”, coa participación de cabalos de pura raza galega, e verbena que inclúe o sorteo dun poldro.

Xuño, mes das populares Redacción Se hai un mes no que predominan as carreiras populares, ese é, sen dúbida algunha o de xuño. Xa o día 1 celébrase a carreira popular Torre do Castro que chega á súa quinta edición. Sandiás acolle esta carreira por quinto ano consecutivo que conta cun percorrido aproximado de 8.000 metros na categoría absoluta. Esta edición tamén contará coa clasificación por equipos, que deberán contar obrigatoriamente cunha muller como mínimo entre os seus compoñentes (4). O día 14 será o turno da nocturna de Xinzo de Limia, que conta cun percorrido de pouco máis de 6.000 metros na proba absoluta. Para o día 28 (sábado) celébrase a carreira de Celanova, unha das probas nocturnas que lle ten máis cariño os atletas populares de Galicia. O día 29 chega a terceira carreira do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”.


OPINIÓN / OCIO E CULTURA

4HISTORIAS DE MONTERREI

Verín celebra as Letras Galegas

Balneario de Requeixo O Balneario de Requeixo é unha desas xoias esquecidas que se esconden nos recunchos da comarca de Monterrei. Situado ás aforas da aldea de Vilaza, este manancial atópase nun enclave dos máis fermosos da contorna, atravesa o lugar o río Bubal e a vexetación que alí nace grazas ás súas augas crea unha acertada combinación paisaxística dificilmente igualable nos tempos de hoxe. O balneario que alí se construíu, e que foi inaugurado en 1900, quedou en concordancia coa paisaxe da que falamos. Un edificio sinxelo pero fermoso, de cantería e con dous pisos máis o baixo. Dentro do baixo atopábanse os cuartos de baño, un amplo comedor, a cociña, un salón para a lectura, algunha habitación e un aparato de gas acetileno co que se iluminaba o establecemento. O primeiro andar estaba dividido de

norte a sur por un corredor e nos seus laterais situábanse unha vintena de habitacións amplas, claras, ventiladas e amobladas. No segundo andar alugábanse, a prezos económicos para persoas de escasos recursos, habitacións nas que se facilitaba un fogón para cociñar. Hoxe en día este edificio está en ruínas, moito se ten falado da súa rehabilitación e da volta ao funcionamento deste balneario e, a pesar de que as negociacións co actual dono resultaron sempre infrutuosas, aínda se está a tempo de recuperar os restos deste magnífico balneario e pór en valor una auténtica xoia da nosa comarca, sempre e cando, non se leve a cabo o parador que a xunta quere facer no Castelo. Se a pesar de todo o que se leva loitado ao final constrúese o parador no Castelo de Monterrei e privatízase o actual parador crearíase un exceso de prazas hotelei-

4 A tradicional gala músicoliteraria terá lugar na Casa da Cultura o 17 de maio. Redacción

Botella propiedade de J.R.. Feijoo. ras na nosa comarca que enterraría para sempre a idea de volver ver algún dos balnearios da nosa comarca rehabilitado e en funcionamento. Andrés Diz D, historiamonterrei.blogspot.com.es

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Beneficios da actividade sexual A actividade sexual é unha excelente forma de exercicio, podendo queimar cerca de 50 calorias. Unha actividade sexual regular: -Reforza o sistema inmunitario, aumentando a produción de glóbulos brancos. -Diminúe o risco de ataques cardíacos. -Posúe unha acción anticoagulante dado que o orgasmo vai acompañado dunha diminución das plaquetas (células responsábeis da coagulación sanguínea). -Combate a osteoporose, aumentando os niveis de estróxenos (hormona responsábel da formación de masa ósea). -Controla o peso. A perda de peso pode facer marabillas coa súa vida sexual, basta a simple razón de se sentir mellor co seu corpo. -Axuda a previr os problemas de próstata. -Atenúa o risco de cancro. -Hidrata a pel, contendo aínda un efecto antiarrugas. -Contén un efecto calmante. Nunha relación

sexual son segregadas endorfinas. O corpo fica en forma e o relaxamento muscular é perfecto. -Diminúe a depresión. -Alivia a dor. -Mellora a memoria e potencia a lucidez. -Aumenta o volume dos senos até un 25%. Réxime alimentario para unha sexualidade activa Un réxime alimentario pode ser enriquecido con certos alimentos para aumentar a actividade e o desexo sexual. -Os moluscos constitúen unha fonte particularmente boa de sustancias nutritivas para os órganos sexuais. As hormonas que segregan os moluscos poden activar e estimular o noso propio sistema hormonal. -As sementes de abóbora conteñen zinc, que ten un efecto benéfico sobre a próstata. -O ginseng estimula o apetito sexual. -O pepino funciona como outro bo excitante. Serve

tamén para limpar o organismo. Non se deben comer as sementes, pois poden causar diarrea. -O esperma é moi saudábel porque contén proporcións elevadas de substancias nutritivas. -As secrecións vaxinais producidas tras o orgasmo conteñen zinc. O home pode tirar proveito destas secrecións vaxinais se deixa que o seu pene, en erección, sexa introducido só até metade na vaxina. Movéndoo lixeiramente para a fronte e para atrás, fará que as secrecións da parede vaxinal poidan, así, pasar a través da pel extremamente fina do pene, sendo, despois absorbidas no organismo. -A masaxe suave do par en distintas partes do corpo axuda favorablemente á actividade sexual, reducindo tanto o estrés físico como o mental. -Algúns aromas son capaces de aumentar o desexo sexual como o xasmín e a rosa. João Damião

Presentacións literarias, recitais poéticos, monólogos, contacontos e unha gala músico-literaria serán os actos que se celebran durante esa semana en Verín como motivo da efeméride das Letras Galegas, dedicadas este ano a Xosé María Díaz Castro. A primeira das citas terá lugar o mércores 14 de maio, ás 12 horas, no colexio María Inmaculada de Verín onde se representará o espectáculo poético-musical “Un paso (sempre) adiante”. No acto, que organizan a Editorial Galaxia e o Concello de Verín, coa colaboración desinteresada do centro receptor, participará alumnado do 2º Ciclo de ESO do IES Xesús Taboada Chivite, IES Castro de Baroncelli, CPR Plurilingüe María Inmaculada e Colexio Apostólico Mercedario. Ese mesmo día, 14 de maio, pero ás 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a presentación do libro “Economía e recursos. Comarca de Monterrei: Crónicas Rexiomontanas II” de Xerardo Dasairas Valsa, que aborda cuestións sobre notas económicas, feiras e mercados, a banca, sanidade, viticultura, o téxtil, o comercio, a minería, comunicacións e transportes, urbanismo e a casa. Ao día seguinte, 15 de maio, e tamén nas instalacións bibliotecarias e á mesma hora, será a quenda para Eduardo Atanes Álvarez que falará da súa obra máis recente “O sentir dos adentros”, ademais de recitar algúns dos seus poemas. Xa o venres 16 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza actividades lúdico-culturais con motivo do Día das Letras Galegas. A iniciativa está destinada a un

máximo de 20 socios da instalación, de entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades e para participar é preciso inscribirse previamente nas propias instalacións. Durante esa mesma xornada do 16 de maio, pero ás 20.15 horas, o salón de actos do colexio María Inmaculada acollerá Monólogos R, coa participación dos monologuistas Pepo Suevos e Isi. Monólogos R está organizado pola empresa de telefonía R, en colaboración co Concello de Verín e co centro receptor. O acceso será con invitación. As tarxetas de convite recóllense no local de R da localidade nos días anteriores ao acto. Gala Músico-Literaria E para finalizar esta semana cultural, o sábado 17 de maio, ás 17 horas, celebrarase na Casa da Cultura de Verín a Gala MúsicoLiteraria das Letras Galegas. No acto recitaranse os poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, darase lectura dos traballos gañadores do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e o Conxunto Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín interpretará temas de música popular e de compositores galegos. O acto está organizado polo Concello de Verín coa colaboración de Gadis.

Os usuarios da Biblioteca terán contacontos e manualidades Na Gala MúsicoLiteraria coñeceranse os gañadores dos certames de poesía e de relato curto

BARRIOS Maio de 2014

27

4AXENDA - 14 de maio - Presentación do libro Bóveda cristián - 20,30h - Fundación Vicente Risco (Allariz) - 15 de maio - Concerto didáctico de Samuel Diz - 20,30h - Fundación Vicente Risco (Allariz) - 15 de maio - Recital músico-poético - 12.00h. Salón de Actos do Colexio María Inmaculada - Verin - 16 de maio - monólogos: Monólogos R - 20.15h Salón de Actos do Colexio María Inmaculada - 16 de maio - Proxección de O pequeno mago - 20,00h - Casa da Cultura de Allariz - 17 de maio - Festa das Letras Galegas - dende as 12,00h - Fundación Vicente Risco (Allariz) - 17 de maio - Romaría Etnográfica Raigame - Vilanova dos Infantes - 17 de maio - teatro: “As do peixe” - 20.30h Casa da Cultura de Xinzo - 18 de maio - concerto didáctico para toda a familia a cargo de Ensemble “6ª ESENZZA”- dende as 17,30h - Fundación Vicente Risco (Allariz) - 23 de maio - Carlos Blanco ao vivo - 21h Pavillón dos Deportes de Verín - 24 de maio - Apertura do Festival Internacional de Xardíns - Allariz - 29 de maio - Música: Os Superhércules - 11.00h - Pavillón dos Deportes de Verín - 29 de maio - concerto didáctico - 12h Salón de Actos do Colexio María Inmaculada - 31 de maio - andaina Vila de Allariz - 1 de xuño - deporte: V carreira popular “Torre do Castro” - Sandiás - Ata o 14 de xuño - sala de exposicións de Verín “Arquetipos” de Elssa Feiras Allariz - 15 de maio e 1 de xuño Baltar - 8 de maio Baños de Molgas - 2 de xuño Calvos de Randín - 2 de xuño Cartelle - 18 maio e 4 de xuño Celanova - os xoves Cualedro - 18 de maio e 5 de xuño Maceda - 20 de maio 4 de xuño A Merca - 26 de maio


28

BARRIOS Maio de 2014

EN BREVE

4Exposición de pinturas de Elssa en Verín Baixo o título ‘Arquetipos’, a pintora ourensá Elssa mostrará una colección de obras na Sala de Exposicións de Verín ata o vindeiro 14 de xuño. A súa obra proxecta un rico universo interior, que se transmite nunha vasta paleta tonal, a través dunha temática figurativa na que a natureza humana é protagonista. Elssa gañou o Concurso de Pintura Rápida das festas do Corpus de Ourense en 2001 e 2003.

4Teatro en Xinzo O Concello de Xinzo remata o vindeiro 17 de maio as súas primeiras xornadas teatrais, organizadas co obxectivo de promocionar as artes escénicas entre a xuventude da localidade. Trala escenificación de “Princesas con conto” polo grupo Delatoute Teatro e do espectáculo “Go on” de Malasombra Produccións en pasadas semanas, o ciclo péchase este sábado co grupo Abrapalabra Creacións Escénicas, que levará á escea a obra “As do peixe” A cita está prevista para as 20:30 horas no auditorio da Casa de Cultura e a entrada será gratuíta. As actuacións enmárcanse no programa “Cultura no Camiño” co financiado pola Xunta de Galicia.

OCIO E CULTURA

Retrospectiva sobre Lisardo García Bueno, no Festival de Cine Rural Carlos Velo 4 Ata o 17 de maio permanece aberta a presentación de documentais e curtametraxes. Redacción Guionista e realizador, xornalista vencellado aos informativos de TVE e a espazos como Documentos TV ou En Portada, Lisardo García Bueno será o protagonista da RetrospectiVelo, a sección de retrospectiva que incluirá o I Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo, que se celebrará en Cartelle, Amoroce e outros puntos da xeografía galega do 20 ao 22 de xuño. Esta foi unha das novidades que se fixo pública na presentación do avance de programación do festival que acolleu o Centro Multiusos de Arraianos en Amoroce (Celanova) o pasado 3 de maio. “Yoyes”, emitido en Documentos TV e gañador da Ninfa de Plata no XXIX Festival Internacional de Montecarlo (1989) e do Premio Ondas Internacional (1989); “En el corazón de las tinieblas”, Premio BANF Canadá 1993; “Brasil, la lucha por la tierra”, premio Manos Unidas 2002 ou “El legado de Mandela”, son só algúns dos 15

traballos que poderán visionarse durante o festival. Ademais, Lisardo presidirá o xurado encargado de avaliar as obras presentadas ao festival, chamado a converterse nun espazo de divulgación de curtametraxes documentais de ficción centrados no medio rural e na recuperación da memoria histórica. Neste sentido, un dos directores desta iniciativa, Aser Álvarez do colectivo Arraianos, amosouse moi satisfeito de contar co apoio de profesionais da dimensión deste guionista e anunciou que o festival xa conta con preto dun cento

de traballos inscritos. Presentación de traballos ata o 17 de maio Os responsables do Festival, Inés Vázquez e Aser Álvarez, aproveitaron tamén para recordar que o prazo para presentar os traballos a concurso (curtametraxes ou documentais) segue aberto ata o 17 de maio. As curtas deberán estar rodadas en data posterior ao 1 de xaneiro de 2011 e non poderán exceder os 30 minutos de duración, sendo a súa lingua o galego ou terán que estar subtituladas nesta lingua.

Organizadores e colaboradores no Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo.

102 testemuños sobre Celso Emilio Ferreiro 4 Arraianos presenta material inédito sobre o poeta. S.N. Logo de acadar en 2013 os premios Mestre Mateo ao Mellor Documental e o Xosé Aurelio Carracedo concedido pola Deputación de Ourense, o documental “100% CEF”, no que o director Aser Álvarez profundizou na figura de Celso Emilio Ferreiro, compleméntase co dobre DVD que vén de ser editado con material inédito sobre o poeta que non puido ser incluído neste traballo. Baixo o título “102 testemuños de aniversario” (vencellado ao cumprimento en 2014 de 102 anos do nacemento de Celso Emilio), estes DVD´s, xa dispoñibles nas librarías, recollen as opinións dos seus biógrafos, Xesús Alonso Montero e Ramón Nicolás, xunto cos testemuños doutros persoeiros como Xosé Luís Méndez Ferrín, Suso de Toro, e Anxo Angueira. Tamén interveñen os fillos de Ferreiro, Isabel e Luís, artistas como Francisco Leiro, e Baldomero Moreiras, e músicos como os Labregos do Tempo dos Sputniks, rapeiros ou gaiteiros. “Son 14 capítulos adicados á infancia, á guerra, á faciana política de Celso, á súa poesía

combativa, a Moraima, etc. Con opinións contraditorias nalgúns casos”, explicou Plácido Romero, coordinador desta edición. Ademais, inclúese tanto a versión reducida da obra, “50 % CEF, o poeta da vida”, como a ampliada, rescatando da mesa de edición “unha selección das opinións máis interesantes e valiosas, por achegar enfoques novidosos e mesmo polémicos”, aseguraron os seus responsables. A edición complétase cun making off do propio Plácido Romero; “Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro”, unha curtametraxe sobre unha instalación de Baldomero Moreiras; así como “Noutrora”, unha videocreación de Xudit Casas. Presentacións Con este dobre DVD péchase un ciclo no traballo do colectivo Arraianos, que adicou máis de dez anos a investigar a vida e a obra de Celso Emilio Ferreiro, e que agora está a presentar este contido inédito en centros de ensino e culturais de diferentes localidades de Galicia, España e Portugal. Unha das seguintes presentacións terá lugar en Ourense, o 16 de maio ás 20.15 horas no Centro Cultural da Deputación.


OCIO E CULTURA

V Ciclo de concertos didácticos de órgano 4 Haberá sesións para estudantes galegos ata o mes de xuño. Redacción Ata o vindeiro mes de xuño, estudantes de toda Galicia terán ocasión de participar na quinta edición do Ciclo de Concertos Didácticos de Órgano de Celanova. Trátase dunha iniciativa promovida polo Concello de Celanova coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que conta cunha dobre vertente educativa e cultural e que se basea en sesións de 50 minutos nas que o alumnado ten a oportunidade de coñecer as partes do órgano, o seu funcionamento e materiais dos que se compón ou as formas musicais organísticas de distintas épocas.

O ciclo permítelles aos estudantes afondar no coñecemento histórico do

órgano e tamén interpretar conxuntamente co órgano pezas preparadas previamente nos seus centros de ensino con instrumentos como a frauta, no marco do desenvolvemento do concerto didáctico. Ademais, o ciclo aborda o valor do espazo arquitectónico no que se realizan os concertos (a igrexa de San

Rosendo) e ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas polo mosteiro de San Rosendo, así como percorridos máis amplos por espazos de interese cultural do concello celanovés. Os concertos didácticos continuarán os días 20 e 27 de maio, e 3 e 10 de xuño.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, asistiron a unha das sesións do ciclo na igrexa de San Rosendo, acompañando a alumnos do IES Universidade Laboral de Ourense. /RAMSÉS.

O programa ‘Cultura no Camiño’ continúa en Verín Redacción

O xoves 29 de maio chega a segunda iniciativa musical do programa “Cultura no Camiño” en Verín. A partir das 11 horas, no Pavillón Municipal de Deportes, Hércules Brass Quinteto de Metais presentará o seu espectáculo “Os Superhércules”. Nel participará o alumnado de primaria de diversos colexios da comarca de Verín. O programa finalizará en xullo, concretamente o xoves día 26, co concerto do grupo funky coruñés Supersandwich e do grupo compostelano de rap Comando Katana. “Cultura no Camiño” é un programa que o patrocinan conxuntamente pola Consellería de Cultura e o Concello de Verín.

BARRIOS Maio de 2014

29

EN BREVE 4 Presentación literaria en Verín A Biblioteca Pública de Verín acollerá o 30 de maio unha presentación literaria. Antonio Sandoval e Cosme Damián Romay amosarán o libro “Cuándo ver aves en Galicia. Propuestas mes a mes para familias, aficionados y expertos”; perfecto para a organización de excursións en busca de acontecementos ornitolóxicos.

4 Concertos en Allariz A Banda Unión Musical de Allariz actuará o 22 de maio, ás 20 horas, na procesión e concerto das festas de María Auxiliadora. O 8 de xuño ás 12.15 horas terá lugar unha audición da escola de música da Banda de Allariz na segunda pranta do fogar dos maiores. Para o 14 de xuño a Banda Nova da Unión Musical de Allariz actuará no Music Boi.


30

BARRIOS Maio de 2014

OPINIÓN

4FIRMA INVITADA

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Galicia como célula nai dunha Europa diferente

Carabineiros con alma A miudo, lémbrome con nostalxia, das historias que o avó me deixou. Cos ollos brillantes, propios da sabedoría que dan os anos, e a modiño, para non esquecer detalle, comezaba a narrar secuencias reais dunha vida axitada. Eu, que daquela era un rapaz inquedo e soñador, pechaba os ollos, e cos cinco sentidos, metíame de cheo no papel, coma se fora o protagonista do acontecido… Corría o 1945, e destinado no 39 tercio da Garda Civil, Comandancia 239, Posto de Verín, aquel día o Servizo de Correrías ía ser preto da raia en Vilardevós. A noite pecha, quedaba fresca, e as nubes tapaban a lúa, deixando os camiños ao amparo da providencia. Os carabineiros coñecíamos os carreiros coma a palma da man, e o abrigo da capa e tricornio, camiñamos ao son das follas secas que cruxían co feble vento. Paseniño, avanzamos cara ao cumio do monte, e falando floxiño, para non rachar o intre único que xorde cando os corazóns axitados dos contrabandistas palpitan sen parar, creando unha particular marcha ancestral, coa adrenalina a tope, mesturando o medo e o pracer de andar sempre no límite do ben e do mal, sentindo unha sensación indescritible. O cheiriño dos cigarros prendidos, e as pisadas nas carqueixas, anunciaban que o primeiro viaxe estaba preto. Sabedores, de que a cuadrilla de homes, cargados con sacos de Sical, viñan desbocados cara a nós, provocaba un intre tenso, e á vez, desexado. O val de Monterrei, esperaba paciente na escuridade. Os portadores, seguían sen pausa cara ao seu destino. A lanzadeira, home vixía, avanzado para detectar a presenza dos gardiñas ou

carabineiros, xa estaba ao noso carón. Unhas xestas altas e frondosas, cubrían os tricornios. Quietiños, tesos, case sen respirar, quedamos no medio do xestal. Os nosos corazóns tamén tocaban. Unha ducia de homes baixaban sen demora a paso lixeiro, e cos sacos pesados ás costas só miraban cara ao chan. Cada vez quedáballe menos, e os cen pesos agardaban ao final da xornada. E nós, alí quedos, xuntiños, vendo pasar á santa compaña sen inmutarnos. Rendidos pasaron os derradeiros, e ao cabo dun anaco, saímos das frondosas xestas cara ao camiño, respiramos, e con tranquilidade, ollamos con ledicia a lúa, que de súpeto misteriosa, alumeou un souto de castiñeiros que, cómplices na noite, agocharon a viaxe, sen deixar rastro. A maxia xurdiu de novo en Vilardevós. Sen presa, fomos rematando o Servizo de Correrías, encomendado pola superioridade cun plan esmerado, mais cunha errónea elección dos actuantes. Alí nacemos nós, o compañeiro máis eu, en Vilardevós, terra nobre, onde xa dende nenos, ollamos os misteriosos movementos duns homes expertos no intercambio de mercadorías co país veciño, sempre con tratos impecables e boas mañas, homes de palabra e corazón. O Servizo tocaba o seu fin. E paseniño, marchamos coma tantas veces pensando, e maquinando no artigo número un do manual de 1945. O prestixio e a forza moral do Benemérito Corpo

no que servimos, fíxonos reflexionar, e sen dúbida algunha, deixamos que a conciencia limpara o noso pecado se é que existiu. Eramos carabineiros, mais as nosas mentes fuxían sempre cara ás montañas, cara ás noites en vela, e os carreiros feitos para os homes de traxín. Chegando ao cuartelillo, coas entrañas impolutas, despois de loitar toda a noite coa tentación do demo que nos perseguía polos recunchos. Afloxamos os correaxes, soltamos o lastre do uniforme e as armas, e saímos á rúa xa coa luz do día. A principal divisa dun Garda Civil é a honra, por conseguinte debe conservalo sen mancha. Unha vez perdido non se recupera xamais. O artigo martillaba na nosa cachola sen parar. A conciencia estaba intacta, e agarrámonos a derradeira oportunidade, para non estragar o xuramento que antano fixemos con ilusión. E alí mesmo, na pequena habitación do vello cuartel de Verín, quedou colgado un uniforme íntegro e limpo, coa honra intacta, como obrigaba o fermoso e retorcido artigo número un. A decisión foi dura, mais non voltamos a vestilo xamais. As nosas vidas quedaron ceibes, ao amparo da noite, do silencio e do misterio, e sobre todo, da verdadeira honra para nós, que sen dúbida foi ser “Carabineiros con alma”, orgullosos de ser nados na incrible e fermosa terra de Vilardevós. Miguel A. Prieto “Chita”

“Alí nacemos nós, en Vilardevós, terra nobre, onde ollamos os misteriosos movementos duns homes expertos no intercambio de mercadorías co país veciño, con tratos impecables e boas mañas, homes de palabra e corazón”

O 25 de maio celébranse unhas novas Eleccións Europeas, nas que os cidadáns galegos non deberíamos deixar pasar a oportunidade para manifestar con claridade a través da forza do noso voto, que Europa queremos e que papel lle reservamos a Galicia dentro desa Europa. Aínda que son moitas as candidaturas que se presentan, e polo tanto as opcións partidistas entre as que podemos escoller, dúas son fundamentalmente as alternativas que se nos presentan: por un lado está a de apoiar a forzas políticas de ámbito estatal, como é o caso de PP e PSOE, que aínda que agora en campaña parece que lanzan mensaxes diferentes, no fondo o modelo de Europa que defenden é moi semellante, e boa proba delo é que no 75% das votacións que se producen no Parlamento europeo, socialistas e populares votan conxuntamente. Os populares, máis coherentes co que practican, non teñen ningún problema en seguir apostando pola Europa dos recortes, da austeridade, da inxustiza social e do deterioro dos servizos públicos e das condicións laborais dos traballadores; os socialistas renegan agora do que practicaron na última lexislatura do goberno Zapatero e teñen apoiado no Parlamento europeo, lanzando a mensaxe pouco crible de que apostan por outra Europa máis social, en consonancia coa súa denominación de “Partido Socialista Obrero Español”, a pesar de que, como cantaba Sabina, o de “obrero e socialista” xa hai moito tempo que o perderon, e o único que lles queda é o de “partido español”. O papel que estes dous partidos lle reservan a Galicia en Europa é simplemente o dun lugar no

que recabar votos para as súas candidaturas de ámbito español, que logo poñen ao servizo dos intereses doutros territorios. Outra opción que teñen os galegos o 25 de maio é a de votarlle a forzas políticas do País, forzas políticas que se integran en diferentes coalicións, forzadas polas peculiaridades da lei electoral e ante a imposibilidade de acordar a conformación dunha candidatura galega conxunta. Dentro desta opción hai á súa vez dúas posibilidades: votar por partidos como AGE ou BNG, que non se sabe moi ben se apostan ou non por Europa; a día de hoxe parece que consideran que Europa é máis un problema que unha solución como espazo de convivencia para os galegos, reservando en todo caso para Galicia e a súa cidadanía un papel de combate e resistencia, sen quedar nada claro se queren xogar por tanto dentro ou fóra de Europa. A outra opción para os cidadáns que decidan apoiar a algunha forza política galega o 25 de maio, é a de votarlle a Compromiso por Galicia, unha forza política nova que aposta claramente por Europa, iso si por unha Europa diferente, máis social, máis democrática, máis solidaria, con maior capacidade de decisión para os cidadáns e con máis poder para as nacións sen Estado, e que lle reserva a Galicia un papel central na construción desa nova Europa, que substitúa a vella, distante e insensible Europa, que a moitos cidadáns non lles vale e coa que non se senten identificados. Eu son galego, e como galego quero ser europeo, pero non me gusta esta Europa que prioriza os intereses económicos e financieiros, mesmamente os especulativos, sobre os intereses dos cidadáns, e por iso quero outra Europa e quero que na reformulación desa nova Europa, Galicia teña un pa-

pel protagonista, á mesma altura que calquera outro territorio europeo. É certo que Europa neste momento é parte do problema, que as decisión que alí se toman pola Comisión, polo Parlamento, polo Banco Central… teñen parte de culpa da situación de profunda crise económica e social que está vivindo a cidadanía galega; pero tanta ou máis culpa desa situación téñenna os gobernos do PP no Estado e en Galicia, e ao igual que hoxe é parte do problema, con outras políticas onde a prioridade sexan as persoas e non o gran capital, Europa a partir do 25 de maio pode ser parte da solución; a outra parte non menos importante dependerá do que fagan no Estado español e do que fagamos nós en Galicia. Pensando así, resulta obvio que non me vale a idea da Europa da austeridade e dos recortes que defende o PP nin a que propón o PSOE, por careceren de credibilidade e lexitimidade, non só para defendela senón mesmamente para plantexala, igual que non me valen as opción daqueles que consideran que Europa ten a culpa de todos os males, e que parece que mesmo lle gustaría unha Galicia fóra da Unión Europa e fóra do euro, e por iso eu apoiarei aquela forza política que defende unha idea de Europa semellante á miña e que ademáis reserva para Galicia un papel protagonista e central, que para chegar a convertirse na “célula de universalidade “ que soñaba Castelao, ten que empezar por ser a “célula nai” a partir da que se empece a desenvolver esa nova Europa, que entre todos e todas temos o deber de construir, empezando por acudir a votar o 25 de maio. Cadaquén a quen considere máis oportuno. Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador en Ourense de CxG


CLASIFICADOS /SERVIZOS

BARRIOS Maio de 2014

31

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@ periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, Silvia Nieto, Andrés Diz Nº1 - Ano: IX - Maio 2014 - Difusión: 16.000 exemplares Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA

VENDAS

Vendo casa en Nogueira de Ramuín por 15.000 euros. Tel. 988 24 60 96 e 664 11 80 65. Alugo apartamento novo no Couto, Ourense, 2 dormitorios, salón, 2 baños, cociña, exterior, amoblado, garaxe e trasteiro. Tel. 637 00 59 10. Alúgase café bar especial totalmente equipado, en Xinzo de Limia. Tel.: 659 47 08 92. Alugo piso amoblado de 4 habitacións, cociña, baño e salón comedor. Calefacción de gas cidade, 350 euros con comunidade incluída. Tel. 677 468 484. Alugo piso en Valdorregueiro, 4 habitacións, 275 euros mes. Tel. 687 21 12 18. Alugo apartamento totalmente equipado na zona do Polvorín. Económico. Tel. 988 21 34 60. Alúgase baixo en Río Mao nº 2 de 70 metros cadrados.Tel. 619 46 22 54 Vendo dúas casas en Lobios, unha rematada e outra a rematar, con finca, fermosas vistas. 35.000 euros cada unha. Tel. 653 944 669. Vendo piso en Vigo. Tel. 636 422 497. Alugo apartamento en Sanxenxo 1 e 2 habitacións, aparcamento e barbacoa a 15 minutos de praia Montalvo. Tlf 607 27 19 16 Vendo apartamento en Vigo, 2 habitacións, 1 baño con cociña americana, trasteiro e garaxe, praia America, bo prezo. Tlf 607 27 19 16. Véndese ou alúgase piso na zona do Couto. 3 dormitorios, con calefacción e bodega de 30 metros cadrado. Tel.677 494 645. Alúganse 2 naves de 422 3 454 m2. Xuntas ou separadas en: Polígono de Pereiro de Aguiar: parcela Nº 15. Frente A Codisol). Telf. 639 67 74 32. Alúgase apartamento amoblado con trasteiro e garaxe. 354 euros comunidade incluída. Tel: 606 569 228 Alugo apartamentos de 1 e 2 habitacións en Montalvo (fronte a praia). Con xardín, barbacoa e aparcadoiro. Tel.: 607 27 19 16.

Vendo Citröen C15 Mixta, diesel, ano 94. 1.200 euros. Tel. 627 43 46 01. Compro todo o relacionado con Star Wars. Tel. 667 508 333. Vendo traxe de comuñón de neno. Talla 10, 90 euros. Tel. 659 386 724. Vendo un forno convencional para comida sana. Tel. 675 63 10 11 Vendo terreo en Xinzo de Limia gran inversión sobre uns 7.000 m2, preto de novas contrucións e chalets con enlace directo á avenida de Madrid e r/ San Sebastián e a uns poucos metros dispomos doutra de iguais características. Poderíamos facer prezo por ambas ou por separado. Tel.622 828 447. Vendo apartamento de 2 habitacións, baño, cociña americana, trasteiro, e garaxe, a 5 minutos da praia e a 10 de Vigo. Tel.: 607 27 19 16 / 636 42 24 97. Urxe vender mobles de casa seminovos, prezo a tratar. Tel. 660 16 84 72 e 627 10 97 93.

[Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados gratis no 988 045 352 ou en info@ periodicobarrios. com]

EMPREGO Ofrécese albanel con experiencia de 20 anos, para reformas ou calquera tipo de traballo de construción, económico. Tel. 988 25 59 63. Imparto clases particulares de francés e inglés. Tel. 619 46 22 54 Ofrécese mozo para calquera tipo de traballo. Tel. 637 00 59 10 Ofrécese señora para coidado de enfermos, persoas mioares, limpeza. Con experiencia. Tel. 637 59 10. Fanse desbroces e traballos agrícolas económicos. Tel. 625 817 743. Fanse mudanzas.Tel. 625 817 743. Ofrecese señora seria para coidado de nenos, persoas maiores e/ou limpeza en xeral. Tel: 622 85 28 56 Ofrécese mozo responsable para diversos tipos de traballos: chofer, mecánico, repartidor, peón, etc... por 100 euros semanais. Tel. 610 852 880 Fanse reparacións no fogar e negocios, carpintaría, persianas, mobles, etc... Tlf 656 782 460 Dúo de piano e voz para eventos, repertorio variado. Tlf.: 663 733179. e-mail: duopianovoz@gmail.com. Facebook: Dúo Piano Voz. YouTube: www.youtube.com/user/duopianovoz

4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


BARRIOS Maio de 2014


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.