Entrevista a Francisco Marín, presidente da CHMS VERÍN
Páx.5
O PP non parará as obras do Castelo de Monterrei
XINZO
Páx.9
ALLARIZ
Páx.11
CELANOVA Páx.14
O Conservatorio Descobren unha Cultura restaurará o de Música de Xinzo domus romana nas claustro do mosteiro recupera a normalidade escavacións de Armea de San Rosendo
[páx. 2-3]
PROVINCIA Páx.17 600.000 euros para infraestruturas deportivas e culturais
Nova Nova pasarela Feira do aula na sobre o Limia Outono escolaeninfantil Allariz de Xinzo [páx. 3]
[páx.12]
Pasarela peonil sobre o río Limia en Xinzo, en obras. /M.REJO.
Exposición micolóxica na Feira do Outono de Allariz./P.L
Número: 7 - Ano: IX - Novembro 2014 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
BARRIOS Novembro de 2014
ENTREVISTA
Francisco Marín, no seu despacho da sede da Confederación Hidrográfica Miño-Sil en Ourense. /RAMSÉS.
ENTREVISTA A FRANCISCO MARÍN, PRESIDENTE DA CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL
“A do Limia é unha conca que non temos tomado en serio”
4 Os proxectos piloto do Life Regenera Limia e a renovación da depuradora de Xinzo son dúas das actuacións que axudarán a rebaixar a contaminación e a mellorar a calidade das augas do río Limia e o encoro das Cunchas, expresa Francisco Marín. Paula Lodeiro Desde marzo de 2012, Francisco Marín Muñoz (Linares, Jaen, 1960), é presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Marín, enxeñeiro agrónomo de profesión e funcionario de carreira do Corpo de Enxeñeiros Agrónomos do Estado, ata a data viña ocupando a xefatura do servizo de Infraestruturas Agrarias na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Rural e do Mar. Vén de visitar obras do seu departamento en Xinzo, que nos pode dicir delas? Francisco Marín: “É unha actuación enmarcada dentro das obras de mellora do dominio público hidráulico e da capacidade de desaugadoiro do río Limia. A primeira actuación
foi colocar a nova pasarela cunha seguridade para os peóns; outra segunda actuación é ampliar unha ponte que hai 350 metros abaixo no río Limia, que foi executada pola Confederación nos anos 60, que é estreita para o paso de vehículos, vaise duplicar o seu ancho dotándoa de beirarrúas. Por último, no tramo urbano do Limia queremos mellorar a capacidade de desaugadoi-ro, limpar o río, quitar residuos e consolidar os noiros. Toda esta actuación foi licitada por 800.000 euros, que logo tivo a súa baixa na licitación”. Podemos dicir que o río Limia é un dos puntos negros da demarcación da CHMS? F.M.: “Non me atrevería a dicir punto negro, pero si é unha conca, a do Limia,
que, digamos, non temos tomado en serio. Eu persoalmente levo máis de 25 anos traballando en Ourense na Xunta de Galicia, no medio rural, coñecía moi ben a situación da conca do Limia, como consecuencia desa actividade do sector primario que é moi importante. Son un pouco vítimas do seu propio éxito, o que non podemos é demonizala, senón que o que pretendemos nesa conca é desenvolver solucións que rebaixen a contaminación que actualmente se está producindo, que aflora todos os veráns no encoro das Cunchas, cando se dan determinadas circunstancias, coa aparición das cianobacterias”. Precisamente este ano aprobouse o proxecto Life Regenera Limia, podería detallarnos en que consiste o que se vai a facer?
F.M.: “En relación á contaminación das augas que se visualiza no encoro das Cunchas, investigamos con departamentos da Universidade Autónoma de Madrid, a Universidade de Santiago de Compostela e co Consello Superior de Investigacións Científicas, que nos din que a contaminación das augas é por exceso de nitratos e de fosfatos. As cianobacterias aliméntanse dos nitratos para reproducirse. O CSIC di que parece descartable que a aparición de cianobacterias sexa como consecuencia dos abonos químicos, por tanto podemos descartar a actividade agraria. Seguramente os agricultores utilízanos, pero non cunha intensidade alta. Dinnos que pode ser consecuencia da contaminación de nitratos de orixe orgánica, de residuos
gandeiros ou residuos humanos, da deficiente depuración das augas urbanas, ou da xestión non adecuada das augas residuais das granxas. O Regenera Limia ten tres obxectivos: un é crear un mapa de chans que nos diga que nivel de saturación ten, nun chan poden estar vertindo residuos gandeiros con máis intensidade da que pode asimilar, chegando ás augas subterráneas e por contaminación difusa aos ríos. Neste caso encargarase a Deputación, que é socio do Rexenera Limia, porque ten o seu laboratorio propio en Xinzo, contacto cos agricultores... Outro obxectivo vai ser buscar unha técnica con baixo custo que permita depurar os xurros procedentes das granxas. Imos facer un proxecto piloto, con siste-
mas de depuración extensivos ou filtros verdes, que son plantas que se alimentan a través do chan tomando da auga o nitróxeno e o fósforo para alimentarse e crecer, liberan osíxeno e depuran as augas, son plantas macrófitas, como o carrizo, etc. Iso viuse que funciona para residuos urbanos, funcionará para residuos gandeiros? Entendemos que si, e de feito hai unha empresa, Ecolagunas, socia do Regenera Limia, que está disposta a pór diñeiro para desenvolver esta técnica, patentala e estendela. Os terreos cédeos a Deputación; imos facer un ensaio para ver se isto funciona; que xa funcionase en Escocia, porque a patente desta tecnoloxía é escocesa, non quere dicir que funcione en Galicia. Imos levar todos os días 50.000 litros de xurros e ver como sae a auga depurada. Se funciona, teremos unha alternativa para depurar os residuos gandeiros antes de vertelos. Outro proxecto é mellorar a capacidade de depuración do propio río. O río Limia foi nos anos 60 modificado, non é natural, pretendemos que a auga que vén da zona da lagoa de Antela, nas charcas, imos fomentar a aparición destas plantas depuradoras, a auga entrará, sairá e veremos como mellorou o seu nivel de depuración por estas plantas. E augas abaixo do río Limia imos tentar crear un humidal como existía antes, naturalizar o río, con plantas que tamén teñen efecto depurador. Poremos un control na entrada e a saída para ver que depuración hai. Co Life Regenera Limia empezamos este ano, ensaiaremos isto durante 2015, 16, e en 17 acabará. Nestes traballos de mellorar a propia depuración do río, participa tamén a Dirección Xeral de Conservación de Natureza, e Gas Natural, socio financeiro porque xestiona o encoro das Cunchas”. Non é a única actuación da CHMS nesta comarca, tamén foi licitada a mellora da depuradora de Xinzo. F.M.: “Imos mellorar a capacidade de eliminación de nutrintes da depuradora. A depuradora de Xinzo
VERÍN E COMARCA
funcionaba mal? Non, pero pode funcionar mellor, pode mellorar os seus parámetros de vertedura. Tamén queremos seguir traballando nos elementos de depuración de pequenos núcleos, noutros concellos máis próximos aos ríos, como Trasmiras, Porqueira, Sandiás”. Hai na actualidade moitos núcleos sen depuración na provincia? F.M.: “A directiva europea esixe máis de 2.000 habitantes, todos os núcleos teñen algún sistema, aínda que moi deficientes, como fosas, etc. Pretendemos que os elementos de depuración que se poñan teñan uns niveis de depuración máis aló do que esixe a normativa”. Descenderon os expedientes sancionadores no último ano? F.M.: “Os de verteduras si se reduciron, por con-
ciencia social e porque hai moitos investimentos en mellora dos elementos de depuración. En 2013 incoáronse 356 expediente sancionadores, en 2012, 400, baixaron. Nos sancionadores o tempo márcao a lei, que é menos dun ano, pero é significativo a redución dos tempos de tramitación no resto: nos de urbanismo baixaron de 300 días a 200, de 2010 a 2013. En concesións, de 25 meses a 13 meses, en uso privativo, de 10 a catro, en tallas de sete a catro, obras de nove a seis meses”. Que destacaría dos seus dous anos e medios á fronte da CHMS? F.M.: “Resaltaría isto que acabo de dicir, que é unha maneira de que a administración sexa mellor, achegala ao cidadán. Tamén tentamos dar apoio técnico aos concellos, sobre todo
aos máis pequenos, é máis difícil que poidan ter no seu persoal ou contratar persoal moi especializado. En canto a logros, hai un feito obxectivo: fomos a primeira demarcación das concas que dependen do Estado que aprobamos o Plan Hidrolóxico, en 2013. Agora estamos xa en proceso de revisión, en xaneiro xa poremos con toda seguridade a exposición pública do novo Plan Hidrolóxico. Neste tempo realizamos máis de 26 actuacións en Ourense, con fondos europeos, con máis de 40 millóns de investimento. Por exemplo, temos actuacións de mellora da contorna do Badella en Bande, e na contorna das Cunchas un proxecto en execución, como medida paliativa para o problema das cianobacterias, que non queremos que prexudique ás activi-
BARRIOS Novembro de 2014
“O que pretendemos na conca do Limia é desenvolver solucións que rebaixen a contaminación que actualmente se está producindo” “Queremos seguir traballando nos elementos de depuración de pequenos núcleos, en concellos como Trasmiras, Porqueira, Sandiás” “Os expedientes de verteduras si se reduciron, por conciencia social e porque hai moitos investimentos en mellora dos elementos de depuración” dades que se desenvolven, imos dotar á zona do Corgo dunhas piscinas. Tamén estamos a mellorar da man de Patrimonio os restos de Aquis Querquenis, e a praia fluvial de Porto Quintela. No que levamos de lexislatura investimos en restauración hidrolóxico-forestal, en limpeza de ríos, máis de 2,5 millóns de euros na provincia. Rexeneramos o río Caldo en Lobios, o Arnoia
en Baños de Molgas, houbo actuacións en multitude de ríos da rede hidrográfica da provincia. Máis as obras de emerxencia que supuxeron 2 millóns de euros”. É diñeiro. F.M.: “Si, é diñeiro, e é actividade e é emprego”. O inverno pasado producíronse moitos episodios de inundacións nos ríos ourensáns polos repetidos temporais, queda algunha
das obras de urxencia de limpeza e reparación de danos pendente? F.M.: “Están todos os deberes feitos, e o único que queda é unha pequena ponte en Boborás, que fora danado, que non puidemos restauralo ata que tivemos todos os informes de Patrimonio. A metade de novembro as obras de emerxencia que foron proxectadas na provincia están rematadas”.
Membros do Goberno municipal de Xinzo xunto ao presidente da CHMS, ao director técnico do organismo de conca e ao director das obras, durante a montaxe da pasarela peatonal sobre o río Limia./CEDIDA.
4Colocación de pasarela peonil en Xinzo
Antes de ser presidente da CHMS, Francisco Marín estivo traballando durante máis de 25 anos en Ourense para a Xunta de Galicia, como enxeñeiro agrónomo. /RAMSÉS.
O presidente de CHMS, Francisco Marín, e o alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, supervisaron a montaxe e asentamento de pasarela peonil de acceso ás piscinas do municipio, dentro de “Obras de mellora do dominio público hidráulico e da capacidade de desaugadoiro do rio Limia”. Esta actuación consistiu na substitución da pasarela peonil de acceso ás piscinas municipais que, polo seu mal estado de conservación, estaba cortada ao paso e por tanto
inutilizada. A nova pasarela proxectouse sobreelevada, con respecto á cota da antiga, para mellorar a capacidade de desaugadoiro da canle, cumprindo co establecido no Plan Hidrolóxico. A montaxe da nova pasarela levantou moita expectación entre os veciños de Xinzo dada a espectacularidade de encaixe da estrutura. Características Esta pasarela metálica foi montada en tres partes e a súa dimensión total
alcanza os 45 metros de lonxitude e un ancho de 2.50 metros. Trátase dun taboleiro continuo cun van central de 25 metros e dous vans laterais de 10 metros cada un. Para materializar os dous apoios intermedios foron necesarias dúas pilas de formigón armado. Realizáronse, ademais, dúas ramplas de aproximación en sentido de contrapendente do terreo de 20 metros de lonxitude cada unha, contando cada unha cunha escaleira de acceso contralateral.
BARRIOS Novembro de 2014
VERÍN E COMARCA
O CCU de Verín súmase á campaña “Máis que comercio!” 4 Os clientes elixen o seu negocio favorito. Redacción O Centro Comercial Urbano de Verín súmase durante novembro á campaña de dinamización comercial Centros Comerciais Abertos “Máis que comercio!” da Xunta de Galicia, co fin de impulsar as vendas e premiar a confianza dos clientes. As persoas que merquen nos comercios asociados ao CCU de Verín recibirán durante todo o mes un cupón por cada 5 euros de compra, o que lles permitirá participar nun xogo en liña na web www.maisquecomercio. com. Nesta páxina, votando ao seu establecemento favorito, poderán optar a unha tarxeta regalo de 200 euros e dúas de 100 para mercar no comercio local, así como a diferentes agasallos, como vales de compra e diferentes produtos achegados polos
Presentación da campaña “Máis que comercio!” en Verín. propios comerciantes. Ao remate do mes, o establecemento seleccionado polos clientes que participen na iniciativa recibirá un recoñecemento público ao seu labor. Plan de Apoio A Casa da Xuventude de Verín acolleu o 29 de outubro o primeiro taller do Plan de Apoio ao Sector Comercial Galego, destinado a
mellorar a competitividade dos negocios, promover a creación de novo tecido comercial, apoiar a substitución comercial e fomentar o uso das novas tecnoloxías. Así mesmo, tamén se desenvolveu un taller dirixido a comerciantes e emprendedores que profundizou nas redes sociais máis axeitadas para cada actividade económica.
Grupo de nais e cativos dentro dunha actividade do programa “Kero-Kolo”.
O programa ‘Kero-Kolo’, galardoado por UNICEF O programa ‘Kero-Kolo’ do Concello de Verín vén de recibir o galardón do VII Certame de Boas Prácticas, Dereitos da Infancia e Política Municipal de UNICEF, recoñecendo o gran labor desta iniciativa para favorecer a relación entre pais, nenos e monitores, dentro de iniciativas de educación infantil conxuntas. Devandito programa conta con iniciativas paralelas, tamén destinadas aos menores do municipio, como ‘Kero-Kedar’ ou ‘Kero-Informátika’, que do mesmo xeito están enmarcadas dentro da Escola de Familia Municipal. De feito, nesta liña, naceu recentemente a iniciativa ‘Kero-Kedar+’, coa que os cativos de 4 e 5 anos están atendidos por profesionais que se encargarán de traballar, a través do xogo e a psicomotricidade, o desenvolvemento de habilidades sociais, capacidade para negociar e sentimentos de vinculación e pertenza ao grupo social.
VERÍN E COMARCA
BARRIOS Novembro de 2014
O IES García Barbón organiza unhas xornadas de orientación para o emprego O IES García Barbón de Verín organiza os días 28 de novembro e 1 de decembro, as xornadas “Constrúe o teu futuro” de información académica e orientación para o emprego. Estas xornadas, que se desenvolverán no propio centro educativo, teñen por obxecto identificar os pasos para crear unha empresa, con casos de éxito e fracaso; fomentar o espírito emprendedor; dar a coñecer a oferta formativa das tres universidades galegas; comprender o papel dos organismo públicos relacionados co emprendemento; coñecer experiencias profesionais de empresarios e de antigos alumnos do centro; e identificar os sectores máis importantes do tecido empresarial da comarca. Na xornada do venres 28 de novembro, de 9.40 a
14.20 horas, terán lugar os relatorios de Gerardo Fernández Pousada, creador das bicicletas de madeira Cyclowood; Juan Súarez Feijóo, de Nattex Descanso; Raquel Barreira, da empresa de castañas Souto da Trabe; Laura Fraga, que presenta a oferta da Universidade da Coruña; e rematará coas intervencións de Iago Paredes e Darío Araújo, antigos alumnos de automoción e mantemento, respectivamente. Relatorios do día 1 E xa o luns 1 de decembro, no mesmo horario, participarán Julia Morales, técnica de emprego do Concello de Verín; César Manuel Coelho da empresa Bluetek Water; e os antigos alumnos de administrativo Alfredo Méndez e de coidados auxiliares de enfermería Julián Barrio Rúa. Nesta xornada tamén
Cartel promocional das xornadas. se presentarán as ofertas formativas da Universidade de Vigo e da Universidade de Santiago, así como a achega do Departamento de Orientación e do Departamento de FOL (Formación e Orientación Laboral) do instituto verinés. As xornadas “Constrúe o teu futuro” contan coa colaboración do Concello de Verín e da Eurocidade Chaves-Verín.
O PP non parará as obras do Castelo de Monterrei 4 O deputado Moisés Blanco avanzou no Parlamento galego que o remate da rehabilitación está previsto para febreiro ou marzo de 2015. Redacción A Proposición non de lei do BNG no Parlamento galego para paralizar o proxecto do Goberno galego de converter o Castelo de Monterrei nun parador non prosperou, ao votar o PP en contra. Durante o seu debate, a deputada nacionalista Tereixa Paz apoiárase no ditame do Consello da Cultura Galega que solicitaba revisar o proxecto e recomendaba facer un plan de viabilidade do actual parador, así como redactar un Plan Director do Castelo que priorizase o seu papel dinamizador da comarca, incentivo turístico cultural e complementario do espazo hostaleiro. A nacionalista tildou de
O Castelo de Monterrei, en obras./ARQUIVO. “irresponsábel” o Goberno galego por recibir un ben patrimonial, facer un hotel con cartos públicos galegos para devolverllo despois ao Estado, “menudo negocio fan vostedes”, sentenciou. Tereixa Paz concluíu aludindo a un informe no que
o ministro Montoro anima a “privatizar os paradores de turismo” actuando como empresa hoteleira no mercado e en competencia no sector, polo tanto, “mentira que o Castelo de Monterrei sexa para uso público e con interese cultural”.
Luís Gutiérrez eloxia os viños de Monterrei Redacción
O catador de Robert Parker en España Luís Gutiérrez visitou a Denominación de Orixe Monterrei transcorridos 15 meses desde a súa primeira visita, co fin de valorar a evolución da mesma para a revista norteamerica “The Wine Advocate”. Así, reuniu en cata un total de 24 viños, 11 brancos e 13 tintos, todos eles procedentes de 7 das 24 adegas que actualmente acolle esta denominación vitivinícola. De seguido, Gutiérrez destacou que “as 12 variedades de uva cultivadas e as diferentes elaboracións resultan nunha gran riqueza de tipoloxías de produto, fiel reflexo da diversidade da propia viña”. Ademais, cualificou os viños de 2011 como maduros e cálidos, os de 2012 como frescos e equilibrados, e fixo fincapé no carácter atlántico da colleita 2013. Resposta do PP Pola súa parte, o portavoz do PP, Moises Blanco sinalou que “a nova situación do parador no castelo permitirá que Verín e Monterrei conten por vez primeira cun establecemento de referencia internacional de catro estrelas aberto os 365 días do ano”. Neste sentido, avanzou que o remate das obras está previsto para febreiro ou marzo de 2015. O deputado destacou que “na rehabilitación do Castelo de Monterrei se blindaron tres prioridades: que siga sendo público na súa totalidade e aberto a todos os cidadáns, que se manteñan os usos culturais e que se protexan os postos de traballo existentes no actual parador”. Ademais, apuntou que “todas as actuacións que se realizan no edificio son reversibles, buscando a súa valorización e respectando ao máximo o carácter orixinal do inmoble”.
Blanco dixo que as actuacións que se realizan no edificio son “reversibles”
BARRIOS Novembro de 2014
VERÍN E COMARCA
Recoñecemento en Protección Civil 4 A Manuel Barrio, ex-xefe da agrupación de Verín. Redacción
Justa, clienta e amiga de Ao teu Lado, xunto á directora da empresa, María José Taboada.
noticias de empresa
Ao teu lado, empresa de axuda a domicilio Ao teu lado é unha empresa de axuda a domicilio de recente creación en Verín. Á fronte está María José Taboada que, con experiencia en axuda a domicilio e no Sergas, decidiu embarcarse nesta aventura empresarial. “A acollida foi boa en Verín, pois a poboación é bastante maior e a xente non quere irse a residencia, e moitas familias non poden estar todo o día con eles”, afirma a xerente de Ao teu lado. A empresa ofrece servizos de coidado de persoas maiores, enfermas, nenos, así como tarefas do fogar. Os servizos ofértanse por
horas soltas, por turnos de mañá, tarde ou noite, ou tamén a través de internas. Para ofrecer as maiores garantías ás familias, o persoal de Ao teu lado é cualificado e responsable,con títulos de auxiliar de axuda a domicilio, auxiliar de enfermería e auxiliar de xardín de infancia. A empresa dispón tamén dunha enfermeira que vai polos domicilios para facer curas ou administrar a medicación. A xerente, visita os pacientes a diario para interesarse polo seu estado e preguntarlles como se presta o servizo.
A Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (ANAV) concedeu A Manuel Barrio, ex-xefe da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil
de Verín, unha medalla de ouro á constancia polo seu labor voluntario durante máis de 25 anos. Devandita medalla foille entregada no marco das III Xornadas Provinciais de Protección Civil de Ourense.
Manuel Barrio co alcalde de Verín e membros da agrupación de Protección Civil desta localidade./CEDIDA.
especial EMPRESAS
BARRIOS Novembro de 2014
A REHABILITACIÓN DO TELLADO EN CATRO PASOS A rehabilitación dun tellado é crucial para o confort dunha vivenda. Verea, empresa fabricante de tellas cerámicas, é consciente da importancia dunha boa execución do tellado, para garantir a correcta impermeabilización do fogar e tamén a durabilidade do tellado. Por iso non só fabrica tellas, tamén desenvolveu e homologou un sistema de instalación de tellados VEREA SYSTEM, no que se explican os pasos a seguir na instalación dun tellado. A rehabilitación dun tellado simplifícase utilizando este sistema: colocación da tella e execución das zonas máis proclives a filtracións.
Paso 0: decisión de cambio de tellado.
LIMAHOYA
Paso 2: impermeabilización.
Paso 4: resultado final.
Paso 3: execución de zonas singulares, zonas de crucial importancia para evitar filtracións.
LIMATESAS
Verea subministra todos os materiais necesarios para a instalación do tellado, e pon a disposición de instaladores e particulares toda a información e asesoramento necesarios para que a rehabilitación do seu tellado se realice coas garantías necesarias.
Paso 1: limpeza e nivelacion de soporte.
CUMIEIRA
REMATE LATERAL
Verea subministra todos os materiais necesarios para a instalación do tellado, e pon a disposición de instaladores e particulares toda a información e asesoramento necesarios Máis información en www.ceramicaverea.com
Capela dos Remedios de Ourense.
BARRIOS Novembro de 2014
VERÍN E COMARCA / XINZO E COMARCA
Desmontan a antiga subestación eléctrica de Verín 4 A nova, ubicada no polígono de Pazos, mellora calidade do servizo a 22.600 veciños. Redacción O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e o delegado de Unión Fenosa Distribución en OurenseLugo, Rubén Menéndez, supervisaron o pasado 17 de outubro os traballos de desmantelamento da antiga subestación eléctrica Verín I, que inclúe a retirada do transformador e de todos os elementos eléctricos, o que suporá a recuperación do espazo urbano na súa situación. Nesa mesma xornada procedeuse á eliminación do último poste da liña de Alta Tensión Larouco- Verín, que conectaba coa antiga subestación, e que estaba situado no núcleo urbano de Verín. A compañía eléctrica empezou a principios de setembro os traballos de desmontaxe das liñas aéreas no ámbito urbano de Verín. As obras de mellora permitiron a eliminación de 54 postes e 7 quilómetros de media tensión aérea en Verín, que chegaban ao antigo centro de transformación, e que foron substituídos por unha
liña subterránea de media tensión que suma preto de 24 quilómetros. O proxecto de traslado da subestación de Verín ao polígono de Pazos empezou en 2012 e o proxecto completo requiriu un investimento de 7,8 millóns de euros. A nova subestación de Verín II, inaugurada en xullo, permitirá reforzar a rede eléctrica e mellorar a calidade da subministración a máis de 22.658 clientes, tanto de Verín como de Laza, Cualedro, Monterrei, Riós,
4 Facilitará solicitar licencias e tramitar subvencións. O Concello de Verín convocou este mes un pleno extraordinario para subsanar erros puntuais no PXOM,. O PP votou a favor e en solitario (o PSOE abstívose e o BNG votou en contra) a aprobación provisional da modificación puntual número 1 do PXOM. “A aprobación provisional da modificación puntual número 1 do PXOM é urxente porque existen empresarios que están pendentes
Condicións técnicas A subestación está conectada ao sistema eléctrico a través de dúas liñas subterráneas de alta tensión. Ademais, nas súas instalacións alberga dous transformadores de alta e media tensión, con posibilidade para ampliar a un terceiro. A actuación permitiu conectar a rede de alta Tensión coas subestacións de Larouco e Xinzo de Limia, o que me-
Elimináronse 54 postes e 7 km de media tensión aérea
O delegado de Unión Fenosa en Ourense, Rubén Menéndez, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, o día que deu comezo a desmontaxe da subestación./CEDIDA.
Celebran un pleno extraordinario para corrixir erros do Plan Xeral Redacción
Vilardevós, Castrelo do Val e Oímbra.
llorará considerablemente a fiabilidade eléctrica da subestación de Pazos. Con esta actuación, Unión Fenosa completa a reconfiguración da rede de distribución eléctrica na zona, ademais da optimización da subministración e a interconexión con outras instalacións próximas. “O traslado da subestación foi un dos obxectivos primordiais deste grupo de goberno, que cumpre unha vella demanda solicitada nas tres últimas décadas polos veciños e comunidade educativa da nosa localidade”, subliñou o rexedor de Verín.
da aprobación definitiva do documento para poder solicitar licencias de obras e/ou actividade así como para tramitar subvencións; e posto que a aprobación e modificación dun plan xeral require multitude de trámites que fan que o proceso sexa moi longo, esta administración desexa facer todo o que estea da súa parte para axilizar a tramitación e potenciar así a actividade empresarial”, subliñou o alcalde, Juan Manuel Jiménez.
O Concello de Verín solucionará os desbordamentos dos sumidoiros e na EDAR 4 Con melloras na rede de saneamento. Redacción Co obxecto de solucionar os desbordamentos dos sumidoiros e sobrecargas hidráulicas na EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) están a realizarse obras de mellora da rede en Verín e Pazos. O núcleo de Verín atópase nunha zona chaira, próxima ao Támega, onde a rede de saneamento é unitaria. Esta disposición fai que se produzan, en épocas de chuvias, continuas saídas de augas polos pozos de rexistros, sumidoiros e sotos de vivendas. Para evitalos na zona do polígono de Pazos e Queizás construirase un depósito-aliviadoiro para regular o caudal que vai cara á EDAR e que permita controlar os alivios ao Támega e aplique un certo tratamento depurador. Tamén se realizarán outras actuacións, como a substitución do sistema de
O Movemento Ecoloxista da Limia, crítico coa planta de tratamento de xurros 4 Lamenta que só buscara o fin lucrativo da produción de electricidade. Redacción Logo de semanas coñecendo o malestar de veciños e colectivos da Limia ante o peche da planta de tratamento de xurros de Sarreaus, o Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) vén de manifestarse ao respecto. “Esta planta nunca resolveu o grave problema dos xurros da comarca, xa que na mesma só se trataban uha cantidade mínima das toneladas que se xeran, 120.000 fronte as
650.000 totais”, aseguran dende este colectivo. Ademais, sinalan que a finalidade desta instalación non era outra que “producir electricidade subencionada que logo se vendía a prezo de mercado a compañía eléctrica, facendo un lucrativo negocio”. Ante o peche desta instalación, dende o MEL poñen en evidencia que “a comarca estase a convertir nunha esterqueira, onde moitas das súas terras só se labran, non co fin de producir, senon para que sexan recepto-
ras de xurros porque non hai onde botalos”. Denuncia ante a Fiscalía Dende o Movemento Ecoloxista da Limia remitirán nuns días unha denuncia ante a Fiscalía para que abra unha investigación ao respecto. Así mesmo, formularán unha queixa ante o Valedor do Pobo por “deixadez de función” das consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente porá os feitos en coñecemento da Comisión Europea.
bombeo actual no polígono de Pazos, e a modificación da impulsión; a instalación dun contador para medir os caudais vertidos polo municipio de Monterreis; e melloras no sistema de bombeo de Queizás; así como a instalación dunha reixa de desbaste automática para mellorar a filtración. Este proxecto de actuacións será subvencionado pola Consellería de Medio Ambiente (a través dos fondos FEDER) e conta cun orzamento de 838.796 euros. Con todo, o alcalde de Verín tamén anunciou que “técnicos da Confederación Hidrográfica do Douro están estudando a realización de novas actuacións como o cambio de colectores e ampliación da depuradora”.
A Consellería de Medio Ambiente achega ao redor de 839.000 euros
Rouban por segunda vez nunha cervexería de Xinzo Redacción
A localidade de Xinzo sufriu varios roubos nos últimos días. Os ladróns entraron por segunda vez no ano na cervexería Avenida de Xinzo, situada na céntrica avenida de Madrid, na madrugada do 10 de novembro. Forzaron a porta traseira e levaron a recadación da noite, a das máquinas comecartos e o equipo de son, que o propietario valora en 12.000 euros. Dous días despois, na tarde do 12 de novembro, os cacos asaltaban a casa reitoral de Ganade, tamén en Xinzo, forzando a porta. Levaron un maletín coas limosnas que alcanzaban os 400 euros.
XINZO E COMARCA
BARRIOS Novembro de 2014
O Conservatorio de Música de Xinzo recupera a normalidade 4 A contratación de catro docentes satisfai aos proxenitores. P. L. O conflicto no Conservatorio de Música de Xinzo pola falta de profesorado vén de solucionarse coa contratación por parte do Concello de Xinzo, grazas a unha subvención da Deputación, dos catro profesores requeridos. Está previsto que este martes se incorporen os novos docentes, para cubrir as especialidades de flauta e acordeón e as dúas vacantes que había de piano. Eva Márquez, presidenta da ANPA do Conservatorio, amosábase “satisfeita”
coa solución, aínda que fose “precaria”, por canto as contratacións non son de xornada completa. A representante dos proxenitores agradecía a Deputación e Concello a solución deste problema, pero avisa de que “non podemos estar o ano que vén así” polo que traballarán para que o curso próximo non se repita a mesma situación. O Concello tivo que recurrir a unha subvención da Deputación de Ourense para suplir o impedimento legal que non lle permite realizar contratacións de persoal.
O CEIP Vilar de Barrio impulsa a aprendizaxe a través das tecnoloxías 4 Único centro en Galicia que participa no proxecto ‘Samsung Smart School’. Redacción O CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio é o único centro educativo galego
que participa no proxecto ‘Samsung Smart School’, que ten por obxectivo impulsar a aprendizaxe do alumnado a través das no-
Xesús Vázquez visitou o CEIP Vilar de Barrio./M.REJO.
O Conservatorio de Música de Xinzo ten na actualidade uns 160 alumnos, 20 máis que o curso pasado. O alumnado asume un 33% do custo da formación, unha das máis caras de Galicia: 200 euros de matrícula, máis 35 euros ao mes, para os estudantes de grao elemental, e 300 euros de matrícula e 100 euros ao mes para os de grao medio.
Unha subvención da Deputación permite as contratacións vas tecnoloxías. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, visitou este mes o colexio, acompañado do director de Cidadanía Corporativa e Relacións Institucionais de Samsung, Francisco Hortigüela. A dotación do proxecto ‘Samsung Smart School’ para este centro ourensán foi de 50 tabletas, 2 encerados dixitais, 2 carriños de carga e seguridade para as tabletas, e 2 allshare cast (dispositivos para proxectar desde a tableta á pantalla wireless). No desenvolvemento desta iniciativa están implicados 48 estudantes e 8 profesores. O conselleiro salientou a importancia deste tipo de proxectos en zonas do rural como esta de Vilar de Barrio. “Estamos a falar dun centro plurilingüe, con seccións bilingües e cun auxiliar de conversa estadounidense, que participa en todos os programas innovadores da Consellería, como os contratos-programa, o Abalar, o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares”. “Centros como este - engadiu- son un claro referente dos grandes pasos que estamos a dar en Galicia para ter un sistema educativo dunha soa velocidade”.
Unha das pistas arranxadas en Vilar de Santos./CEDIDA.
Vilar de Santos arranxa a súa rede viaria 4 Dedicou 140.000 euros á mellora de camiños e pistas. Redacción Cun investimento global de 140.000 euros, o Concello de Vilar de Santos vén de executar un programa de infraestruturas con actuacións de renovación e mellora viaria e conservación e protección do medio rural e natural en todo o municipio. Á mellora de camiños, o concello que dirixe Xan Jardón destinou 34.377 euros, actuando nun total de 13 quilómetros da rede municipal de camiños
agrícolas da concentración parcelaria. As actuacións consistiron na nivelación e acondicionamento das pistas con zahorra e posterior limpeza de gabias para evitar os encharcamentos e desbordamentos. Na zona de Rede Natura investíronse 5.447 euros en seis quilómetros de pistas, nunha actuación dirixida á mellora da paisaxe agraria, coa limpeza e restauración dos camiños de acceso ás fincas desta zona, cunha axuda da Consellería de Medio Ambiente.
Incluído no Plan Provincial de Obras coa Deputación, finalizou o investimento de 50.000 euros para mellora a rede viaria de Bréixome de Arriba-Laioso e Casas da Veiga e tamén obras menores na rede municipal de saneamento en Barrio e Parada, por un importe de 12.000 euros. De maneira paralela, o Concello adecentou 19 quilómetros de sendeiros en Castelaus, Ruxidoiro e Parada, facéndoos aptos para realizar as rutas camiñando ou en bicicleta BTT. Por outro lado, no Parque Empresarial de Santa Marta e con financiación da Consellería de Economía e Industria e do Concello, tamén se executou un proxecto de mellora nos accesos, pintado de viais e outras actuacións menores cun importe global de 18.100 euros.
A AMTEGA leva ao GDR da Limia a iniciativa ‘Faite Dixit@l’ 4 Na actividade participarán veciños de Vilar de Barrio e Trasmiras. Redacción Veciños de Vilar de Barrio e Trasmiras participarán entre o 24 e 27 de novembro nunhas xornadas sobre o “Uso de Dispositivos Móbiles”. É unha actividade do itinerario de capacitación tecnolóxica ‘Faite Dixit@l!’, posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración con Fundetec. Neste módulo de ‘Uso de aplicacións móbiles’,
as 10 persoas inscritas adquirirán coñecementos sobre tipos de dispositivos móbiles, plataformas e aplicacións, configuración inicial e uso básico, xeolocalización, e xestión do tempo, en horario de mañá. Esta actividade achega a grupos en risco de exclusión dixital, o coñecemento sobre novas tecnoloxías, no marco dunha actuación de capacitación que busca cubrir a parte do territorio galego que non conta con aulas da rede CeMIT. A iniciativa realízase a
través do Grupo de Desenvolvemento Rural da Limia, GDR14, unha asociación sen ánimo de lucro formada por institucións públicas e privadas de ámbitos sociais, económicos, culturais, veciñais, ambientais e profesionais implicados no deseño e execución de programas para o desenvolvemento da comarca de Limia.
Os participantes adquirirán coñecementos sobre móbiles
10
BARRIOS Novembro de 2014
XINZO E COMARCA
Asistentes á xornada de divulgación de “Alimentación e enfermidades”en Baltar.
O “Percorrido pola saúde” chega a Baltar O “Percorrido pola saúde da zona rural da Limia” continúa divulgando consellos prácticos de hábitos saudables e educando en prácticas cotiás que melloran a calidade de vida. O obxectivo desta iniciativa é descentralizar as actividades que a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia vén realizando, achegando os profesionais sociosanitarios e a promoción da saúde a toda a comarca. O taller de “Alimentación e enfermidades” nesta ocasión realizouse na Casa da Cultura de Baltar. Nel abordouse a importancia da alimentación e a prevención de enfermidades crónicas, detectándose casos de hipertensión, hiperglucemias, hipercolesterolemia. Tamén se facilitou material para facer máis entendible todo o relacionado coa alimentación nas persoas maiores e que debe de terse en conta cando hai necesidade de realizar unha dieta para mellorar as medicións dos valores relacionados con enfermidades crónicas. A realización do taller está dentro do “Proxecto de intervención e educación sociosanitaria na zona rural”, subvencionado pola Deputación Provincial de Ourense e realizado coa colaboración do Concello de Baltar e foi posible grazas á implicación dos farmacéuticos especialistas en nutrición Pablo García Vivanco e Yolanda Gómez e da titulada en enfermaría Sonia Rodríguez Joga.
Membros de LIMISI cun dos asnos da asociación A.N.D.R.E.A.
Terapia con asnos para os membros de LIMISI Un ano máis, a Deputación de Ourense e a Asociación A.N.D.R.E.A. de Allariz subvencionan os Programas de estimulación multifuncional asistidos con asnos. Unha das asociacións que está a gozar dos beneficios destes programas é a Asociación de persoas con discapacidade intelectual da comarca da Limia (LIMISI). O programa ten como obxectivo a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade física, psíquica ou social. Nos programas de terapia asistida con asnos que leva a cabo A.N.D.R.E.A., a mediación co animal favorece a funcionalidade instrumental e básica das persoas con algunha discapacidade e axuda a manter a súa autonomía durante máis tempo. Estes programas pioneiros en España foron creados, deseñados e mellorados polo equipo interdisciplinar de A.N.D.R.E.A. tras anos de experiencia e investigación na terapia asistida con animais. Os seus usuarios melloran en todos os aspectos: cognitivo, sensoriomotor, afectivo, comunicativo e social. A.N.D.R.E.A., con sede en San Salvador dos Penedos, Allariz, emprega asnos abandonados e en ocasións maltratados do seu centro de acollida como mediadores terapéuticos nestes programas.
XINZO E COMARCA / ALLARIZ E COMARCA
BARRIOS Novembro de 2014
11
ADEGAL apoia ao sector agrícola ante a crise actual 4 Reúnese coa conselleira do Medio Rural para coordinar medidas que palíen a crise do sector da pataca. Redacción ADEGAL, Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia, vén de reunirse coa conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, e a directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, para analizar posibles medidas que palíen a crise do sector da pataca. O sector pataqueiro, con forte presenza na comarca da Limia, está a atravesar unha grave crise, que desde ADEGAL explican nun “cúmulo de circunstancias excepcionais”, como son “unha boa colleita a nivel europeo, os prezos fixados nos mercados a futuro das principais bolsas mundiais e o problema político entre
Rusia, Ucrania e a Unión Europea”. Estes condicionantes levou á baixa do prezo dos tubérculos en orixe, sendo a cantidade percibida polo productor insuficiente para cubrir os gastos que leva consigo producilos. Medidas En opinión de ADEGAL, faise necesario que se establezan acordos-convenios coas grandes cadeas comerciais de distribución e venda en Galicia, nos que se prime o produto de aquí. Ligado a esta medida a asociación ve “fundamentais as campañas de comunicación ao consumidor dos valores positivos das nosas colleitas, a pataca de calidade e o fomento do consumo”.
A asociación limiá tamén considera “vital” que se apoien as exportacións de pataca. Asemade, cre que debe terse en conta o sector da pataca da Limia “dentro das medidas excepcionais de xestión de crise de mercados reguladas polo Reglamento (UE) nº 1031/2014 motivadas polo veto ruso”. Segundo informou ADEGAL, a Consellería do Medio Rural traballará nas medidas propostas por este colectivo.
ADEGAL ve precisas campañas de promoción da pataca limiá
Fogar despois da intervención en Armea./CONCELLO DE ALLARIZ.
A última fase de escavacións descobre unha nova domus romana en Armea 4 Os achados están sendo estudados e serán expostos no Museo Arqueolóxico. Redacción O Concello de Allariz vén de presentar os resultados da nova fase escavada en Armea baixo a dirección dos arqueólogos David Pérez e Celso Barba en colaboración coa brigada de obras municipal. Segundo explicaba David Pérez “continuose a escavación baixo os parámetros adquiridos no ano 2012 na Finca da Atalaia (lugar escavado por Conde Balvís)”. Nesta segun-
Presentación do Programa Clara ás participantes./CONCELLO DE ALLARIZ.
Unha trintena de mulleres participan no Programa Clara Redacción Unha trintena de mulleres de Allariz participan nunha nova edición do Programa Clara de inserción sociolaboral, froito do convenio establecido entre o Concello de Allariz e o Instituto da Muller. O program está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Este programa ten como obxectivos fundamentais
incrementar a empregabilidade das mulleres e mellorar as súas expectativas e a súa calidade de vida a través do seu desenvolvemento persoal e unha mellor cualificación para o emprego. A concelleira de Benestar Social, Pilar Gallego, explicaba na presentación que “se trata de reforzar tanto o ámbito persoal como as capacitacións profesionais a través de módulos ocupa-
cionais”. Esta formación rematará en setembro de 2015. Na anterior edición os resultados foron positivos posto que ao redor do 60% das mulleres atoparon emprego vinculado á formación que se desenvolveu dentro do programa. Motivación persoal e para o emprego, habilidades sociais, en particular, atención ao público, formación na rama téxtil ou en turismo e comercio, prácticas en empresa e acompañento na busca de empregou ou no autoemprego compoñen o programa formativo Clara.
da etapa os arqueólogos descubiron unha nova unidade familiar ou “domus romana” coas súas estructuras habitacionais e un patio exterior cuberto “ que datan posiblemente dos séculos I, II e III”. Na zona, ademais, acháronse pezas de vidro galaico-romano, cerámica fina ou sigilata, cerámica común (aparellos de cociña) e tamén algunhas pezas de tear. Estes achados están sendo estudados e serán expostos no Museo Arqueolóxico.
Plan director O alcalde de Allariz, Francisco García, expresaba a vontade do Concello de seguir traballando na mesma liña que ata o de agora. “O vindeiro ano redactaremos un plano director no que se plantexarán as prioridades no referente ás escavacións” xa que segundo afirmaba “é un elemento importante na recuperación e dinamización económica de Santa Mariña de Augas Santas.”
Unha xornadas sensibilizan contra a violencia de xénero 4 Do 20 ao 25 de novembro. Redacción O Concello de Allariz, a través da área de Benestar Social, desenvolverá entre os días 20 e 25 de novembro unha nova edición das Xornadas contra a Violencia de Xénero baixo o lema “Nin é ouro canto reloce, nin brilla canto se ve… Asdo: Amor con Bos Tratos”. O Fogar do Maior acollerá a programación adicada a sensibilizar á poboación na erradicación
da violencia contra as mulleres. Os días 20 e 21 de novembro vai ter lugar un obradoiro para mulleres titulado “Nós que queremos tanto…” facilitado por Mar Cendón, feminista e especialista en Estudos de Xénero. Tamén o día 21 terá lugar, na Fundación Vicentre Risco, o concerto Cintaadhesiva que combina poesía e música. O luns 25 de novembro darase lectura ao manifesto da Asociación de Mulleres
Silvardeira na Praza Maior; e pola tarde, clausuraranse as xornadas coa charla-coloquio “Guerreiros de corazón” a cargo do ponente Mario Ortiz, antropólogo titiripeuta, experto en xénero. Para participar no obradoiros é preciso inscrición previa no Fogar dos Maiores, ou no 988 554 059.
Cun obradoiro, música, e unha charla-coloquio
12
BARRIOS Novembro de 2014
ALLARIZ E COMARCA
O público responde á Feira do Outono 4 Está considerada como a máis importante de cantas se programan ao longo do ano en Allariz. P. Lodeiro Allariz converteuse nos días 8 e 9 de novembro na capital do outono coa celebración da 19ª edición da Feira do Outono, que exaltaba os produtos típicos da tempada. O obxectivo principal deste evento, segundo destacaba na súa presentación a concelleira de Promoción Económica, Cristina Cid, “radica no apoio aos produtores locais e a busca de novas vías de comercialización para os seus produtos”. Un apoio institucional por parte do Concello e case sempre en solitario que supuxo pasar dunha feira que en 1995 ofrecía só produtos frescos e dos transformados apenas pan e bolería a contar, 19 anos despois, “cun panorama moi diferente: temos leite ecolóxico, cervexa, embutidos, empresas transformadoras de castaña…”, enumeraba a edila nacionalista. Un total de 40 postos ocuparon o pavillón do instituto de Allariz, que durante as dúas xornadas non parou de recibir xente interesada en
Allariz, exitoso destino turístico 4 As visitas turísticas recibidas durante o verán son lixeiramente superiores ás de 2013. Redacción
Verduras de tempada e mel nun dos stands da Feira do Outono de Allariz./P.LODEIRO. curiosear -ou mercar- algún dos produtos alí presentes: setas, mel, castañas, noces, pan, licores, marmeladas, flores, xabóns, etc. Outras actividades Unha zona degustación, actividades de reciclaxe para os menores, un concurso de tapas para cociñeiros afeccionados e o sorteo de cestas con produtos de outono foron algúns dos atractivos que animaron a alaricanos e visitantes a
achegarse ata o pavillón, malia o mal tempo reinante durante esa fin de semana. Completaba a programación da 19ª Feira do Outono a tradicional exposición micolóxica instalada na Praza de Abastos, e as propostas gastronómicas específicas dos locais hostaleiros da vila. Este ano bateuse récord de participación, con 14 restaurantes ofrecendo menús especiais e outros 13 locais propoñendo tapas especiais de outono.
A Feira do Outono está considerada por parte do Concello de Allariz como a que “máis peso ten por número de visitantes e por volume de negocio” das que programan ao longo do ano, valoraba Cristina Cid. De feito, este certame máis as Xornadas Gastronómicas de Carne do Boi celebradas no mes de outubro, conseguiron desestacionalizar a afluencia de visitantes á vila alaricana.
Allariz mantén o seu atractivo turístico, a pesar da situación económica xeral. Esta é a conclusión que revelan os datos rexistrados durante a campaña de verán, durante a cal máis de 30.000 visitantes achegáronse ata a Oficina de Información Turística municipal (OIT). A cifra é lixeiramente superior a de anos anteriores. A Oficina de Información Turística de Allariz mantívose aberta todos os días, durante os meses de xuño a setembro, reforzando, así, a atención aos visitantes. Agosto foi o mes que rexistrou maior número de visitantes. Os tres fortes que actúan como foco de atracción para os visitantes son o casco histórico, cos museos e os elementos patrimoniais civís e relixiosos; as tendas outlet, o comercio e a hostalería; e o Festival Internacional de Xardíns de
Allariz, que actúa como eixo central do Turismo de Natureza, xunto coas rutas de sendeirismo que atravesan a Reserva da Biosfera ou os paseos pola beira do río Arnoia. Continúa a tendencia do turismo de paso a baixo custo. “O turista programa as súas vacacións a última hora o que lle leva a unha improvisación continua e isto reflíctese en tempos de estadía máis curtos” explicaba Xosé Manuel, técnico da OIT de Allariz. Os datos estatísticos amosan un equilibio entre os visitantes galegos e do resto do Estado, sobre todo País Vasco, Madrid e Castela-León. Aínda que cabe destacar o incremento de visitantes procedentes do Levante e Andalucía, e o continuo crecemento de turistas franceses.
30.000 persoas achegáronse este verán á súa oficina de turismo
PUBLICIDADE
BARRIOS Novembro de 2014
13
14
BARRIOS Novembro de 2014
CELANOVA E COMARCA
Cultura investirá 153.000 na restauración do claustro do mosteiro de Celanova 4 O conselleiro e o alcalde asinaron un convenio de colaboración para a realización das melloras. Redacción A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria investirá 153.000 euros na restauración do claustro barroco do mosteiro de San Salvador de Celanova, melloras para as que o conselleiro, Xesús Vázquez, e o alcalde da localidade, José Luis Ferro, asinaron un convenio de colaboración. As actuacións contempladas no proxecto, cun prazo de execución de tres meses teñen como obxectivo evitar o progresivo deterioro que está a producirse na planta baixa e primeira do claustro barroco como consecuencia das humidades existentes polo mal estado da cuberta de tella e canles, así como do estado das gárgolas. Con este fin realizaranse as pertinentes reparacións na cuberta, renovando na súa totalidade as tellas das pandas norte e leste, limpando as das pandas oeste e sur parcialmente e repoñendo nestes lados as tellas en mal estado. Así mesmo, substituiranse os canlóns por uns novos e farase limpeza e saneado das gárgolas -os elementos máis significativos deste claustro- coa restauración das 3 que se atopan en mal estado. Tamén se reparará o pavimento e o falso teito, deteriorado polas filtracións de auga, e realizaranse actuacións puntuais ao longo do corredor. Actuación cofinanciada Con esta actuación, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a Consellería vela pola conservación do patrimonio cultural máis senlleiro de Galicia, neste caso concreto facilitando a rehabilitación dun dos espazos máis interesantes deste mosteiro, o claustro das Procesións, que data do século XVI, dous séculos máis antigo ca o outro
Alejandro Mínguez presenta “En el país de las setas” 4 Trátase dunha publicación na que o micólogo celanovés fai un repaso didáctico sobre os tipos, formas e propiedades dos cogumelos. Redacción Os amantes das setas teñen no mercado unha nova publicación que non debe faltar na súa librería persoal; trátase da última creación de Alejandro Mínguez , “En el país de las setas”, na que o recoñecido micólogo celanovés fai un repaso didáctico polos cogumelos. Neste novo libro, Mínguez achéganos ás súas formas de alimentación, nomes, novas achegas que van xurdindo, cheiro, hábitats curiosos, tamaños, formas de cultivo, propiedades medicinais e alucinóxenas, formas de cociñalos e conservalos, e moito máis. Con imaxes e textos referidos a Ourense, o micó-
O conselleiro Xesús Vázquez comprobou o deterioro do claustro como consecuencia das humidades./RAMSÉS. claustro do mosteiro, de estilo neoclásico. Monumento senlleiro O mosteiro foi fundado por San Rosendo no ano 936, aínda que a construción da súa igrexa rematou en 1653, un templo barroco obra do mestre Melchor de Velasco con planta de cruz latina, tres naves lonxitudinais e unha transversal. O centro da nave principal está ocupado polo coro baixo, de estilo barroco atribuído a Castro Canseco; mentres que o coro alto é de estilo plateresco-oxival de finais do XV, único en Galicia. O claustro que vai ser obxecto da intervención é o claustro principal ou das Procesións, tamén chamado “claustro vello”, que comezou a construírse en 1550 seguindo planos de Fr. Juan de Badajoz. Logo de distintas interrupcións no ano 1586 finalízase o lenzo sur e colócase a fonte monumental que hoxe está na
praza da vila de Celanova. A obra do claustro deuse por rematada en 1594, sendo abade o P. Fr. Pedro de Castro. Trátase dunha obra do século XVI, modificada con elementos barrocos no século XVIII. Ten planta cadrada e dous corpos de altura. O corpo baixo cóbrese con bóvedas de cruzaría. O corpo alto remátase cunha senlleira filigrana ornamental que o caracteriza e singulariza entre os os outros claustros monásticos galegos. As expresivas gárgolas e caprichosos pináculos que rematan as pilastras que compoñen as fachadas separando as fiestras son outro elemento característico deste senlleiro espazo.
O claustro que vai ser obxecto da intervención é o claustro das Procesións
Alejandro Mínguez co seu novo libro./S.N. logo fai un percorrido “distinto, alternativo, sinxelo de ler e de comprender”, segundo el mesmo, polas cuestións máis básicas do mundo fungi, tan amplo e á vez descoñecido. Pero, como sempre, insiste en que por moitas publicacións que se lean e por moitos anos
O BNG de Celanova, coa venda de rianxo nos xoves de feira 4 Así mesmo, demanda a Educación que supervise o servizo de comedor do instituto. Redacción O BNG de Celanova está a mostrar o seu desacordo co novo Decreto aprobado en setembro que regula estritamente a venda directa de produtos de horta realizada na casa, feiras e tendas minoristas. Segundo os nacionalistas “débese facilitar desde os poderes públicos a súa comercialización en circuítos curtos e de proximidade para garantirlles o máximo beneficio aos produtores e que a actividade agrícola sexa un elemento de creación de emprego e dinamización económica”. Por iso, dende o BNG, solicitan ao Goberno galego que, en diálogo co sector, aprobe unha serie
de actuacións específicas, entre as que se atopa introducir alimentos producidos nas explotación galegas nos menús dos centros públicos, facilitar base territorial para a produción de alimentos, e establecer cotas á seguridade social e impostos reducidos para este tipo de actividade. Así como a creación dunha marca de calidade que ampare e identifique os produtos da horta galega. Queixas sobre o servizo de comedor do IES Ante as queixas de numerosos pais sobre o comedor no IES de Celanova, sinalando que os menús que oferta son escasos e de pouco valor nutricional, o grupo municipal do BNG recolleu información sobre a conce-
que se leven recollendo cogumelos só unha regra se debe cumprir: “precaución, precaución e precaución”. Gocen de saír ao campo, gocen dos numerosos sabores dos cogumelos e gocen desta imprescindible lectura, pero ante a mínima dúbida, nada de correr riscos. sión deste servizo durante o curso 2014/15, o cal está a ser prestado pola empresa Serunión por un importe de 15.897 euros (anteriormente fora adxudicado a unha empresa local polo valor de 20.218). Despois de obter fotografías sobre o material empregado pola empresa concesionaria do servizo (das que destacan deficiencia hixiénicas), dende o BNG de Celanova veñen de facilitarlle información ao seu grupo no Parlamento para demandar ao conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, que faga un seguemento do que está a acontecer no comedor do instituto. O nacionalista, Leopoldo Rodríguez, lembra que “existen unhas condicións de obrigado cumprimento sanitario, e neste caso por aforrar mérmase de xeito alarmante na calidade da comida do alumnado”.
No BNG denuncian menús escasos e deficiencias hixiénicas na presentación
especial DEPUTACIÓN
BARRIOS Novembro de 2014
Manuel Baltar: “Temos que crer no mellor Ourense, o das nosas potencialidades” O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, defendeu no primeiro debate sobre o estado da provincia a necesidade “de crer no mellor Ourense, afastados de vitimismos”. “Queremos futuro –remarcou- para destacar as potencialidades e singularidades da nosa terra, que nos darán, sen dúbidas, os éxitos que todos desexamos”. Baltar, quen anunciou que presentará a súa candidatura para presidir a Deputación na vindeira lexislatura, dixo que a transparencia, a unidade política e a rexeneración democrática “son piares básicos nos que se ten que asentar unha nova forma de facer política para uns novos tempos que demandan novas solucións a novos retos, onde a firmeza é fundamental porque o desencontro político aviva incertidumes na poboación e elo trae redución do gasto privado, diminución da produción e, en consecuencia, do emprego e do investimento”. “Fronte a iso –expresou-, “temos desafíos claros: máis emprego e máis poboación, que son as nosas principais preocupacións. A suma perfecta para facer máis Ourense. Non nos fixemos só nas debilidades e nas ameazas, sen descoidalas por suposto.
Fagamos fincapé nas nosas fortalezas e nas nosas oportunidades”. Nun discurso de fondo calado programático e institucional, o presidente do goberno provincial enumerou as que serán as medidas “de presente e futuro inmediato” que prevé levar a cabo, enmarcadas no novo proxecto de xestión que poría en marcha na vindeira lexislatura: o “Plan OURENSE 15-19”, “unha liña programática con 40 medidas innovadoras e de futuro para a provincia de Ourense cun cronograma de medidas concreto, medido e precisado, para levarse a cabo coa máxima eficacia e para que teña os seus efectos dende o minuto un da súa posta en marcha”, explicou o presidente. Cooperación Concluíu Manuel Baltar afirmando que a Deputación de Ourense “basea o seu proxecto transformador, dende a cooperación interadministrativa, o marco económico e a protección da sociedade do benestar, tendo en conta os principios de: non gastar máis do que se ingresa, pagar o que se debe en tempo e forma, ter unha administración e unha competencia, dispoñer dunha administración local
Manuel Baltar, durante o debate do estado da provincia. que sexa electrónica, e coa máxima transparencia ao servizo dos cidadáns”. Durante o seu discurso Manuel Baltar anunciou 10 novas medidas: 1. O Observatorio Económico Provincial terá unha vertente demográfica. 2. Elaboración dun cuestionario sobre a transparencia e o acceso dos cidadáns á información dos 92 concellos da provincia. 3. Sinatura coa Xunta de Galicia do convenio para a execución do Plan Termal Provincial e reunión constitutiva do Consello Termal Ourensán. 4. No mes de decembro Ourense acollerá o Foro Re-
depyme. 5. Posta en marcha dunha “Unidade administrativa de Mellora do servizos públicos”, relacionada coa xa creada de Transparencia e participación cidadá. 6. Elaboración dun Manual de acollida para as electas e electos provinciais, para axudarlles no proceso de incorporación á Corporación. 7. Celebración do Consello provincial de alcaldesas e alcaldes ou Cumio provincial de alcaldesas e alcaldes co presidente da Deputación. 8. Medidas de mellora da eficiencia e de transparencia en materia de contratación.
9. Eliminación do procedemento negociado sen publicidade a partir do 1 de xaneiro de 2015. 10. Creación da Rede provincial de museos. Propostas de resolución O debate –o primeiro destas características que se celebra nunha deputación de Galicia- rematou coa aprobación dun total de 17 propostas de resolución referidas á transparencia, participación cidadá, xestión económica, emprego, sector vitivinícola, turismo, cooperación cos concellos, sectores produtivos e equilibrio territorial, entre outras.
15
Orzamentos 2015 da Deputación Máis orzamento, o maior investimento na historia da Deputación e novos proxectos nos ámbitos da enerxía, a Infancia, a transparencia, a igualdade e a administración electrónica, resumen os Orzamentos 2015 da institución provincial. “O máis destacado dos Orzamentos 2015 é que novamente experimentan unha suba con respecto do ano anterior (un 2,65 %), pasando de 73.700.000 euros a 75.707.000 euros, o que confirma a tendencia marcada no exercicio anterior de recuperación da facenda provincial”, dixo Manuel Baltar durante a súa presentación. Asemade, subliñou que os Orzamentos de 2015 “contemplan a porcentaxe máis alta de investimento na historia da Deputación, destinándose a inversión máis de 17,1 millóns de euros, incrementándose un 30,7 % a dotación en investimentos”. O presidente considera que son uns orzamentos “nos que destaca a disciplina orzamentaria e a sostibilidade fiscal, apostan pola tecnificación e a cualificación da administración provincial, e perseguen unha estrutura organizativa máis racional e eficiente”. Manuel Baltar enumerou os novos proxectos da Deputación en 2015, entre eles, o Plan Termal, o Plan de Emprego Xove, e a creación da Axencia provincial de Enerxía e do Medio Ambiente.
Victoria Prego: “Ourense é Europa e o mundo, porque a Ourensanía une” O Teatro Principal de Ourense acolleu o 11 de novembro o acto institucional da entrega do Premio Ourensanía 2014, que foi concedido á xornalista Victoria Prego por unanimidade do xurado, que destacou “as imprescindibles achegas que fixo a comunicadora nos ámbitos da comunicación e da política para entender a historia de España dende a Transición ata os nosos días”. Ademais, o xurado considera a Victoria Prego -sempre comprometida, de seu e polas súas raíces, con Ourense-, “unha voz indiscutible que creou escola xornalística, opinión
e sentido crítico, achegando criterio e prestixio na súa escrita, referendada polas máximas autoridades institucionais, historiadores e investigadores da España do último medio século”. O premio “Ourensanía”, que concede a Deputación de Ourense, é un recoñecemento honorífico a aqueles ourensáns que teñen destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais. Os presidentes da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, foron os encargados de entregarlle a Victoria Prego o diploma
acreditativo do premio e unha figura de bronce do escultor Xosé Cid. Nun sentido discurso, Victoria Prego agradeceu o premio destacando que Ourense “forma partes das miñas máis fondas raíces de identidade” e ofreceu o galardón “á memoria do meu pai e do meu tío, que nunca renunciaron á súa Ourensanía nin á súa Galeguidade, como forma de ser, como recoñecemento de identidade para estar no mundo erguendo o estandarte de galegos alí onde fosen”. Victoria Prego expresou especialmente a súa gratitude polo Premio Ourensanía
“porque non é excluínte, senón que une”, e dixo que Galicia “dá exemplo do que significa defender o propio mantendo a universalidade, por iso Ourense é Europa e o mundo, porque a Ourensanía une, lonxe do provincianismo rancio”. Pola súa banda, Manuel Baltar subliñou que a Ourensanía “lévase dentro, vai de serie incorporada en calquera persoa que ame un concepto que non exclúe, participativo, enormemente creativo, traballador e coa pegada universal que nos outorga a nosa condición de pobo emigrante”.
Núñez Feijoo, Victoria Prego e Manuel Baltar, no acto de entrega do Premio Ourensanía.
16
BARRIOS Novembro de 2014
OURENSE PROVINCIA
O PSOE solicita 47,5 millóns en emendas para mellorar os Orzamentos do Estado 4 A socialista Laura Seara considera que son “posibles, non capricho nin demagoxia” P.L. A deputada Laura Seara vén de anunciar as emendas que o Partido Socialista presentará aos Orzamentos do Estado para 2015 no que atinxe á provincia de Ourense, e que alcanzan 47,5 millóns de euros. Das que teñen que ver coas comarcas da Limia, Monterrei, Allariz-Maceda e Terra de Celanova, destacan os 1,3 millóns de euros para os regadíos da Limia, os 700.000 euros para a restauración hidrolóxica do río Limia, os 850.000 euros para construción de colectores e depuradora en Castrelo do Val, e o medio millón de euros para a me-
llora da seguridade vial na N-525 en Xinzo. Tamén solicitan 100.000 euros para o Mosteiro de Celanova e outra partida similar para o Museo do Entroido de Xinzo, 150.000 euros para o Castelo de Monterrei, 300.000 euros para o Mosteiro de Trandeiras en Xinzo, 200.000 euros para a depuradora de Celanova, 365.000 euros para a prevención de avenidas no río Támega en Castrelo do Val, 176.000 euros para a mellora do río Támega en Laza, e 250.000 para a reconstrución dunha ponte sobre o río Támega entre Castrelo do Val e Monterrei. “Estas emendas son po-
O subdelegado do Goberno, Roberto Castro, acompañado polo tenente xefe accidental do Subsector de Tráfico da Garda Civil, Norberto González, e o xefe da Unidade de Estradas de Ourense, Álvaro Rodríguez, na área de conservación da A-52 na Gudiña./R.L. A deputada socialista Laura Seara./P.L. sibles, non son capricho nin demagoxia”, concluiu a parlamentaria socialista, que apela aos outros tres deputados da provincia no Congreso –do PP- a que traballen para que o Goberno central as acepte.
O PP presenta os seus candidatos ás municipais 4 En Cartelle vén de elixir presidente local. Redacción O Partido Popular de Ourense comezou unha xira de presentación dos seus candidatos ás eleccións municipais nas diferentes comarcas da provincia. Na Limia encabezarán as listas populares José Antonio Feijoo en Baltar, José Manuel Castro nos Blancos, Susana Vázquez en Porqueira, Xaquín Rodríguez en Rairiz de Veiga, Concepción Méndez en Sandiás, Gumersindo Lamas en Sarreaus, Julio Pérez en Vilar de Barrio, Antonio Pérez en Xinzo e Alberto Fernández en Vilar de Santos (o único que non é alcalde na actualidade). O PP tamén presentará a José Manuel Andrade como candidato á alcaldía de Calvos de Randín; a Manuel Pérez en Padrenda e Juan Antonio Martínez en Verea (actuais alcaldes). Na xunta electoral da zona de Ourense, os candidatos
Leyte, Baltar e Sousa, no congreso de Cartelle./CEDIDA. populares son Luz Doporto en Allariz, e Francisco Javier Nóvoa en Maceda. E repiten os actuais alcaldes de Paderne de Allariz (José Manuel Fernández), Xunqueira de Ambía (José Luis Gavilanes), Baños de Molgas (Eladio Mangana) e Xunqueira de Espadanedo (Carlos Gómez). Na xunta electoral da zona de Verín, o PP presenta a Manuel Pérez en Castrelo do Val, a José Luis Suárez en Monterrei, e a Ana María Villarino en Oímbra. Optan a renovar como alcalde Luciano Rivero en Cualedro, José Ramón Barreal en Laza; Francisco Armando Veiga en Riós, Emilio José Pazos en Trasmiras, Juan
Manuel Jiménez Morán en Verín, e Manuel Cardoso en Vilardevós. Renovación en Cartelle Noutras localidades da provincia os populares aínda siguen renovando os seus congresos locais. Así, en Cartelle, o concelleiro Jaime Sousa Seara vén de suceder a Carmen Leyte (alcaldesa do municipio) á fronte do partido, co 100% dos apoios dos compromisarios. En Verín terán congreso para elixir presidente local o día 22 e en Ramirás, o día 28, mentres que o 19 de decembro será o de Baltar.
As administracións coordinan recursos para garantir a seguridade vial este inverno 4 Estado, Xunta e Deputación dispoñen de medios propios para atender as súas estradas. Redacción O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, copresidiron a reunión da “Comisión de Coordinación Provincial para a seguridade viaria en situacións meteorolóxicas extremas”, que coordina medios e actuacións para garantir a seguridade vial dos condutores nesta época invernal de climatoloxía adversa. Á reunión tamén asistiron representantes da Deputación Provincial, das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Agrupación de Tráfico, Estradas do Estado en Ourense, Protección Civil e membros da FEGAMP.
blecéronse os seguintes dispositivos: 20 camións quitaneves, 4 pas cargadoras, 3.294 toneladas de sal e 70.000 litros de salmoira. As cantidades de sal e salmoira corresponden aos acopios iniciais que poderán ser incrementados a medida que discorra o inverno. A Xunta de Galicia conta na provincia para labores de vialidade invernal cos seguintes medios propios: 8 camións quitaneves 4x4, 4 follas quitaneves, 3 cuñas, 10 esparexedores de sal, 2 plantas de fabricación de salmoira de 2000l/h cada unha incluídos depósitos,
2 extendedoras de salmoira de 10 metros cúbicos cada unha. Ademais nos meses de inverno utilizan como reforzo un dos camións dedicados a conservación o resto do ano. A Deputación cubre unha rede de estradas de 2.340 km. Os vehículos e maquinaria adscrita a vialidade invernal son 49 unidades: 7 quitaneves, esparcidor automático de sal, 3 pick-up con coitela, 7 camións con distribuidor de fundentes, 11 palas mixtas, 6 motoniveladoras, 2 cargadoras de rodas e 13 vehículos. Os almacéns de sal contan cun acopio inicial de 1.890 toneladas.
Recursos de cada administración Para a rede de estradas do Estado en Ourense, que abrangue un total de 514,85 kilómetros esta-
Cubren preto de 3.000 km de estradas entre as do Estado e as da Deputación
Participantes na comisión de coordinación provincial.
OURENSE PROVINCIA
BARRIOS Novembro de 2014
17
A Deputación destina 600.000 euros a infraestruturas culturais e deportivas 4 O concello que máis recibe, Maceda, preto de 30.000 euros para un campo de fútbol de céspede artificial. Redacción A Deputación de Ourense destinará 600.000 euros a concellos da provincia para a execución de infraestruturas deportivas e culturais correspondentes ao exercicio 2014. Destas subvencións, todas en concorrencia competitiva, serán beneficiarios 64 concellos no que atinxe ás infraestruturas en materia deportiva e 49 municipios nas culturais.
En infraestruturas deportivas outórganse preto de 300.000 euros. A maioría dos concellos reciben de media 5.000 euros, agás o de Maceda, que terá 29.359,50 para a execución do campo de fútbol de céspede artificial. Das comarcas de Monterrei, A Limia, Allariz-Maceda e Terra de Celanova, o municipio que menos recibe é Cualedro, con preto de 2.000 euros para a adecuación da ruta do Larouco.
Infraestruturas culturais O ente provincial destina outros 300.000 euros a infraestruturas culturais, repartidos entre case medio cento de concellos. Os fondos oscilan entre os 1.800 que recibe A Merca para o equipamento dunha aula multimedia, e os ao redor de 12.000 euros que irán para os municipios de Baños de Molgas (para equipar un local cultural), Maceda (insonorizar unha aula multiusos e adecuar
outro local para actos culturais), Rairiz de Veiga (rehabilitación de vivenda para museo) e Xinzo de Limia (mellora da sala de exposicións da casa da cultura).
Maceda, Baños de Molgas, Rairiz e Xinzo recibirán 12.000 euros para infraestruturas culturais
4 Infraestruturas deportivas nas comarcas de Monterrei, A Limia, Allariz-Maceda e Terra de Celanova Concello Verín Porqueira Verea Oímbra Oímbra Baltar A Merca Maceda Baños de Molgas Cualedro Quintela de Leirado A Bola Laza Rairiz de Veiga Calvos de Randín Celanova Riós Paderne de Allariz Castrelo do Val Padrenda Xinzo de Limia Xunqueira de Ambía Vilar de Santos
Proxecto Investimento “Pistas de pádel na zona deportiva municipal da Granxa” 5.055,28 € “Instalación de pista de pádel na Forxa” 5.564,24 € “Reparación pista polideportiva anexa ás piscinas” 5.026,68 € “Valado con tela metálica en pista polideportiva en Casas dos Montes” 2.075,87 € “Cerramento de pista polideportiva en Videferre” 1.704,15 € “Instalación para mellora da piscina municipal” 5.604,27 € “Equipamento e reformas no pavillón municipal e ximnasio” 1.829,96 € “Campo de fútbol de céspede artificial” 29.359,50 € “Reparación e equipamento do Pavillón polideportivo” 5.192,53 € “Adecuación da Ruta do Larouco” 1.984,37 € “Revestimento de solo en pista deportiva no núcleo de Leirado” 4.105,98 € “Acondicionamento e reforma de instalación deportiva no núcleo de A Bola” 5.575,67 € “Reparación da cuberta do pavillón polideportivo de Laza” 3.882,96 € “Instalación de pista multideportiva ao aire libre” 5.169,65 € “Acondicionamento do campo de fútbol e cuberta de gradas” 3.419,75 €. “Reparación polideportivo As Trigueirizas” 2.807,85 € “Acondicionamento das instalacións das piscinas municipais de Riós” 2.207,40 € “Instalación de persianas metálicas e outro equipamento no pavillón de Rioseco” 2.052,99 € “Mellora das instalacións do pavillón deportivo” 4.975,22 € “Acondicionamento e mellora do complexo deportivo de Padrenda” 4.889,44 € “Iluminación no campo de fútbol J. A Carrera e melloras na piscina municipal” 4.094,55 € “Construción da primeira fase baixo gradas dos vestiarios do campo de fútbol” 2.985,13 € “Reparación e mellora do sistema de depuración da piscina municipal” 4.105,98 €
4 Infraestruturas culturais nas comarcas de Monterrei, A Limia, Allariz-Maceda e Terra de Celanova
Concello Proxecto Investimento Sarreaus “Mellora e acondicionamento do salón de actos do concello” 3.212,70 € Ramirás “Equipamento informático para o centro cultural do Picouto ” 2.108,33 € Porqueira “Mellora das instalación e adquisición de equipamento da sala de cultura e teatro” 9.169,57 € Cualedro “Restauración de muíño tradicional para centro de interpretación local” 5.301,91 € Verea “Dotación de equipamento á casa da cultura e accesibilidade” 3.026,25 € Oímbra “Limpeza e revestimento da fachada do centro social de A Granxa” 2.170,48 € Cartelle “Equipo de son e iluminación para o auditorio municipal” 1.658,94 € A Merca “Equipamento para aula multimedia” 1.807,14 € Baños de Molgas “Reparación e equipamento de local cultural de uso público” 12.057,18 € Verín “Reforma e reparación da carpintería exterior da biblioteca pública municipal” 1.826,27 € Verín “Ampliación de edificio cultural para aseo” 1.601,57 € Gomesende “Adecuación de locais socio-culturais en Gomesende” 8.490,70 € Laza “Equipamento de salón cultural municipal” 4.689,96 € Laza “Adecuación zona común destinada a transmisión cultura popular Os Carrilanos” 4.154,52 € Castrelo do Val “Acondicionamento da sala de exposicións” 2.605,54 € Rairiz de Veiga “Rehabilitación de vivenda para museo de Rairiz de Veiga” 12.224,51 € Maceda “Insonorización aula multiusos” 3.561,70 € Maceda “Adecuación de local na casa do concello para actos culturais” 8.672,37 € Xunqueira de Ambía “Equipamento, acondicionamento e mellora dos locais culturais do concello” 2.074,87 € Xinzo de Limia “Ampliación e mellora da sala de exposicións e hall casa da cultura e xuventude” 11.139,26 €
Miguel puxo un anuncio na sección de contactos por unha cuestión económica. /R.T.
Cando o futuro laboral está na sección de contactos 4 Miguel é un mozo que optou por ofrecerse como chico de compañía por motivos económicos. P.L. “Ofrécese chico de compañía de 34 anos para mulleres de 45 a 65 anos. Prezos anticrise”. Falamos con Miguel, o autor deste anuncio clasificado, unha rara avis na sección de contactos dos periódicos, na que estamos máis acostumados a ver mulleres ofrecendo o seu corpo por diñeiro. Tras vivir e traballar en Ourense e Madrid, a crise obrigouno a regresar á súa localidade natal preto de Chantada. Miguel explica que se decantou por ofrecerse como mozo de compañía canso de non atopar unha oportunidade laboral, “vin que había anuncios deste tipo en Internet e dixen, vou probar, malo será”. Motivación económica De feito, é unicamente a cuestión económica a que o moveu a poñer este anuncio. “Ben ves como está o tema do do traballo, e se o fago non o fago por gusto, fágoo porque
me fan falta os cartos”, explícanos. Tras experiencias como pintor ou colocador de parquet, agora traballa no sector gandeiro pero recoñece que vivir do campo é moi difícil. “O leite págano moi mal e os soldos son pequenos e hoxe con 600 euros ao mes non arranxas nada”, asegura. No seu contorno máis próximo, só algúns amigos saben da súa iniciativa. “Que van dicir? Algún rise, pero cada un gana a vida como pode, menos roubando”, sentencia. Miguel tamén se ofrece para estriptís en despedidas de solteira, “a todo hai que aprender, cando vaia a primeira vez igual me dá vergonza pero despois penso que non”, opina desta nova perspectiva laboral. De momento, agarda a que o teléfono empece a sonar.
“Se o fago non o fago por gusto, fágoo porque me fan falta os cartos”, afirma
18
BARRIOS Novembro de 2014
DEPORTES
Iván Feijoo, líder na Copa de España 4 Logo de boas actuacións en terras vascas. Redacción O corredor do Actyon - Academia Postal, Iván Feijoo, mantén o liderato en categoría cadete da Copa de España tras dous primeiros e dous segundos postos no País Vasco. O ciclista macedán
continúa á fronte da clasificación cadete despois de seis carreiras disputadas e cando tan só faltan catro por celebrar. A pasada fin de semana, Feijoo foi segundo en Ametzaga e en Elorrio. Pola súa banda, Xiana Conde foi cuarta nesta última proba en categoría
júnior, e despois de sufrir un pinchazo na última volta cando ía terceira; o día anterior (en Ametzaga) era sexta. Xiana é cuarta na clasificación da Copa de España.
Iván Feijoo./ CEDIDA.
O piloto Giovanni Pérez -BETA RR 300- nun momento da proba de Maceda./ PABLO SAA.
Anxo Losada, primeiro alevín Román Pérez vence na carreira do San Martiño 4 O atleta pertence ao EDC Verín Atletismo. en Maceda 4 Na xornada da Liga galega de moto de campo celebrada a pasada fin de semana. Redacción Román Pérez, do equipo Gas-Gas, foi o vencedor da xornada da Liga galega de moto de campo celebrada en Maceda. O tempo non acompañou aos participantes o que condicionou o devir da proba. A boa organización do Moto Club Moto Meda xunto coa axuda dos voluntarios fixo que se sacara adiante o evento sen máis complicacións.
A especial modificou o seu trazado, pero non estivo ausente de espectacularidade, sobre todo na zona de herba, resultando moi rápida e delicada para os pilotos participantes. Román Pérez dá un importante paso de cara a facerse coa Liga 2014. Segundo no podio macedán sería Jacobo Méndez con Sherco. O terceiro caixón foi para José Cochón con Husaberg.
Redacción O atleta de Verín Anxo Losada proclamouse vencedor, en categoría alevín masculina, da carreira popular do San Martiño. Losada completou os 4.700 metros en 19 minutos e 57 segundos.
Anxo Losada.
Monterrei Na primeira carreira do Concello de Monterrei os vencedores absolutos foron Javier Paredes e Ana Losada (Ourenrunning). Os infantís Fiz Losada e Jasmín Fernández do Verín Atletismo e os cadetes Pablo Nogueiras (Limiactiva) e Antía Castro (Verín Atletismo), foron os vencedores. En benxamín e alevín, Javier Malingre (Ourense Atletismo) e Kiara Salgado (Verín Atletismo), e Anxo Losada (Verín Atletismo) e Gisela Dapía (Ourense Atletismo), chegaron os primeiros respectivamente.
4 Nova tempada de Limiactiva O pasado sábado, día 15 de novembro, a Asociación Deportiva Limiactiva realizaba o acto de presentación da tempada 2014-2015, na Cervecería Avenida de Xinzo de Limia. Durante o acto falaron o presidente da asociación, Óscar Gómez, e Juan Manuel Andrade de Muebles Andrade, patrocinador oficial. Finalizouse cun video promocional da asociación Limiactiva.
EN BREVE
4 Rutas BTT
en “Puertas de Galicia” Presentáronse 13 rutas cicloturísticas na comarca de Verín-Monterrei promovidas polo Plan de Competitividade Turística (PCT) “Puertas de Galicia”. Estas trece rutas cicloturísticas teñen unha sinalización clara e un trazado circular que permite chegar ao mesmo punto de partida. As rutas percorren todos os municipios da comarca de Verín-Monterrei. Pódense consultar tanto na web www.rutascicloturisticasverin-monterrei. com (onde se poden descargar os tracks), ou nos 10.000 folletos distribuídos nos edificios públicos dos municipios da comarca de Monterrei.
4 Actividades na piscina de Verín
O Concello de Verín amplía a oferta de grupos, en horario de mañá, nas actividades deportivas na piscina climatizada. Así, súmase un novo grupo da actividade de zumba durante as xornadas de martes e xoves (ás 10.15 horas). Os interesados poden inscribirse na piscina climatizada, de luns a venres (07.30 a 12.30 e 16.00 a 23.00 horas), os sábados (09.00 a 13.00 e 16.00 a 20 horas) e os domingos (10.00 a 13.00).
PUBLICIDADE
BARRIOS Novembro de 2014
19
20
BARRIOS Novembro de 2014
OCIO E CULTURA EN BREVE
4IMAXES DO MES
4 Concurso de fotografía
As castañas asadas foron un dos protagonistas gastronómicos da Feira da Castaña e do Cogomelo de Riós./RAMSÉS
Dúas décadas enxalzando as castañas e os cogomelos en Riós Coa degustación de produtos típicos, como as castañas asadas, os chourizos, os cogumelos e o viño, así celebraron veciños e visitantes as dúas décadas da Feira da Castaña e do Cogomelo de Riós, que tivo lugar durante a fin de semana do 1 e o 2 de novembro. O conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, non quixo perderse tampouco este ano este festexo, e así, acompañado do alcalde Francisco Armando Veiga e doutras autoridades, visitou a exposición de variedades de castaña e os distintos stands da feira, que ten por obxecto enxalzar estes produtos tradicionais e promover o futuro económico do campo.
Xinzo e Verín convocaron concursos para elixir os carteis dos seus entroidos 4 A suma do voto dun xurado profesional e do voto popular escollerá as melloras obras. Redacción Os concellos de Xinzo e o de Verín pechan este venres 21 o prazo de recepción de obras nos concursos que convocaron para designar o cartel anunciador dos seus entroidos o próximo ano. A Concellería de Cultura e Turismo de Xinzo, en colaboración coa Asociación Cultural Troula da Festa, convocan un concurso para seleccionar o cartel do Entroido 2015 da localidade. Os interesados en participar poderán presentar os seus orixinais, dun tamaño 50x70 cm e realizados con técnicas tradicionais (pintura, collage, debuxo, gravado…). Os carteis deberán incluir necesariamente o texto “Entroido 2015. Xinzo de Limia – De interese turístico nacional”, recoller as datas do ciclo do entroido limiao e versar sobre o carnaval de Xinzo en calquera das súas facetas.
As propostas recibidas exporanse na Casa da Cultura para levar a cabo a votación popular entre os días 25 e 28. O traballo gañador sairá da suma do voto popular (equivalente a tres votos) e do xurado profesional (10 votos) e coñecerase o 28 de novembro, a partir das 20 horas. A obra gañadora recibirá 500 euros de premio.
A pantalla, figura típica do Entroido de Xinzo.
Entroido de Verín Tamén ata o día 21 de novembro está aberto o prazo para participar no concurso de carteis do Entroido 2015 de Verín. O formato único será vertical con tamaño de 50x70 cm, e non haberá límites de tintas nin técnicas. As obras levarán como único texto “ENTROIDO 2015-VERÍN. Do 5 ao 22 de febreiro. Festa declarada de interese turístico nacional”. A liberdade estética no tratamento do cartel quedaralle limitada ao autor
pola temática, que deberá estar inspirada nas características do Entroido de Verín. A elección do cartel gañador basearase no voto dun xurado profesional e do voto popular, pois os verineses poderán contemplar e votar as obras presentadas a concurso entre o 24 de novembro e o 10 de decembro. O premio consistirá na edición do cartel seleccionado e nunha dotación económica de 400 euros.
O CDR O Viso convoca o I Concurso de Fotografía “A nosa xente, as nosas ideas”. O obxectivo deste concurso é darlle notoriedade ás persoas dos pobos e poñer en valor o rural galego, a través de traballos fotográficos O número de fotografías que pode presentar cada participante está limitado a tres, en branco e negro e cor, que deben enviarse ao correo concursofotografico@cdroviso.org antes do 5 de decembro. A decisión do xurado será inapelable e darase a coñecer o día 15 de decembro. A fotografía gañadora será empregada polo CDR “O Viso” para deseñar a súa felicitación navideña e a persoa que resulte gañadora recibirá unha cesta de nadal con produtos do comercio xusto e unha estancia de fin de semana para catro persoas no albergue do pobo escola do CDR O Viso en Lodoselo, Sarreaus.
que terá lugar o 1 de marzo, festa de San Rosendo na vila de Celanova.
4 ‘Allariz 25 miradas’ O Concello de Allariz presenta o proxecto ‘Allariz25Miradas’, enmarcado no programa de eventos que conmemoran os 25 anos de transformación dun pobo. Son 25 fotografías de 25 veciños e 25 lugares significativos nas súas vidas, que se poden ver na web www. allariz.com/25miradas e nas rúas do casco histórico alaricano, acompañadas dun pequeno texto no que se explique o sentido da escolla dese lugar. Esta iniciativa pretende ser o comezo da confección dun álbum sentimental de Allariz. ‘Allariz25Miradas’ bebe do espírito dos últimos 25 anos de transformación social e quere ser unha invitación a compartir a memoria individual que se foi forxando en espazos comunitarios, indican desde o Concello.
4 Premio Manuel Iglesias A Academia AurienseMindoniense de San Rosendo vén de convocar o Premio de Investigación Manuel Iglesias, coa intención de conservar o legado do que fora párroco de Celanova durante dúas décadas. O premio poderase conceder ben a un traballo de investigación sobre a figura de San Rosendo, a idade media galega en xeral, ou calquera aspecto histórico o artístico relacionado ca diocese de Mondoñedo, o mosteiro de Celanova ou outras materias afíns; ou ben a unha personalidade ou institución proposta pola Academia. No primeiro caso o gañador recibirá un diploma acreditativo, 1.500 euros e o seu traballo será editado. No caso dunha personalidade ou institución, o galardón será un diploma e unha escultura de San Rosendo dos escultores académicos Manuel Buciños o Xosé Cid, e a publicación dun libro con algún traballo do premiado. O galardón entregarase nun acto social
Cartel da exposición de Raigame.
4 Fotografías de Raigame
Ata final de mes está aberta ao público a exposición dos premios do concurso de fotografía da XIII edición da Romaría Etnográfica Raigame. A mostra poderá visitarse en horario de oficina nos baixos da casa consistorial de Celanova. O premio á mellor serie fotográfica (dotado con 500 euros) foi parar ao traballo titulado “O home das fotos” de Manuel Blanco, do Carballiño; o primeiro premio á mellor fotografía (300 euros) ao traballo titulado “Paraugas” de José Ángel Paz Gil, de Cangas do Morrazo; o segundo premio (250€) ao traballo titulado “Zocos” de Ana Iglesias, de Ourense, e o terceiro (200€)
ao traballo titulado “Lembranzas” de Isabel Janeiro, do Carballiño. O xurado acordou conceder mencións especiais e accesits, pola creatividade, orixinalidade e singularidade amosadas nas súas propostas a outros 11 traballos fotográficos máis, que completan esta exposición.
Interior da biblioteca.
4 Premio á biblioteca de Verín A Biblioteca Pública Municipal de Verín resultou premiada, por sexto ano consecutivo, na ‘XVI Campaña de Animación á Lectura María Moliner’, co proxecto ‘Voluntariado cultural para o fomento da lectura’, polo que recibirá un lote bibliográfico composto por 180 libros infantís e xuvenís, seleccionados entre as novidades de cada ano. A biblioteca conta na actualidade conta con máis 2.830 socios dos que 284 se sumaron a este servizo municipal ao longo do 2014. A Campaña de Animación á Lectura está organizada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Federación Española de Municipios e Provincias, coa colaboración da Fundación Coca-Cola.
4 “Mil sorrisos & un perdón” A 19ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense proxectará por primeira vez o documental “Mil sorrisos & un perdón”, do realizador ourensán Bruno Nieto. A historia xira ao redor de Daniel, un rapaz ao que dez anos atrás a vida lle deu un duro revés. Un home, que deu positivo en alcol e que conducía polo carril contrario, levouno por diante cando ía camiño a súa casa. Dani perdeu unha perna, pero non as ganas de vivir e de ser feliz. Agora, dez anos despois, Dani está disposto a perdoar á persoa que cambiou a súa vida. O filme proxectarase o venres 21, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.
PUBLICIDADE
BARRIOS Novembro de 2014
21
22
BARRIOS Novembro de 2014
4AXENDA Exposicións - “Rodeira Monocolor” de J.L. Diz - Casa da Cultura de Xinzo - Ata o 29 de novembro - Mostra “Galicia e galegos” - Sala de Exposicións de Verín - Ata o 30 de novembro - Exposición “Estampas dunha romaría”, fotografías gañadoras do XIII Concurso de Fotografía da Romaría Etnográfica Raigame - Casa do Concello de Celanova Música - 22 de novembro – V Festival de Coros e Música Popular Coralimia: Real Coros Toxos e Froles e Coro Aimil – 20:30 h. – Casa da Cultura de Xinzo Teatro - 28 de novembro - Perseguindo un sono - 20.30 horas - Casa da Cultura de Verín Espectáculos - 21 de novembro - Contos dos bonecos travesos - 18 h - Biblioteca Municipal de Verín Xornadas - Do 20 ao 25 de novembro - Xornadas contra a Violencia de Xénero - Fogar do Maior de Allariz - Do 28 de novembro ao 1 de decembro - Xornadas de información académica e orientación para o emprego - 9.45 h - IES García Barbón (Verín) Feiras - Todos os xoves - Celanova - 23 de novembro - Rairíz de Veiga e Verín - 26 de novembro - A Merca - 27 de novembro - Xinzo - 1 de decembro - Allariz e Porqueira - 2 de decembro - Baños de Molgas, Calvos de Randín, Riós e Sandiás - 4 de decembro - Cartelle e Maceda - 6 de decembro - Porqueira e Sarreaus - 7 de decembro - Sandiás e Vilardevós - 8 de decembro - Baltar e Vilar de Barrio
OCIO E CULTURA / ARTIGOS
4HISTORIAS DE MONTERREI
4DESDE A PONTE... A MONTERREI
O ferrocarril por Verín e o enxeñeiro España
Senadores no Mesón do Castro Carezco da licencia para falar de vós, e menos publicar os vosos nomes, neste humilde xornal onde ás veces solto o que me peta, sen atrancos, ceibe. Alucinante, a tertulia no Mesón do Castro está de moda. Alí, o fermoso e centenario caserío, que antano foi posada dos camiñantes que viñan da vella Castela, agocha agora o misterio das verbas afiladas, dos que dende hai un tempo por alí acougan. Cabaleiros retirados do traxín, compadres da leria e da xolda, que gozan da xuntanza matutina ou do serán, para estrangular a realidade coas novas recentes, e cicais das que acontecerán. As desgastadas pedras aturan, silenciosas, conversas e opinións que xorden espontáneas. O Canciller, preto de cumprir os oitenta, segue sentadiño na cadeira de perfil baixo, con intención premeditada e comercial de facer o cliente, altivo e protagonista. Non é doa-
do descubrir a alma, e falar dos amigos sen pudor, mais agora, que ando fráxil de corazón, busco alí o abrigo de antano e síntome ben, no meu recuncho, onde o mestre agasalloume coas primeiras leccións que xamais se esquecen. Quizais a roda da vida xira demasiado rápida e botamos man do maxín para lembrar as moitas e intrépidas historias que alí aconteceron. Agora, coa pausa que dan os anos, a xuntanza outorga a sabiduría dos que xa fixeron os deberes ben feitos, e non teñen reparos en mirar ao fronte para “largar” sobre política, economía, da preocupante parálise municipal ou, de mellor gana, do derradeiro gol no “Argiz” ou lembrando os lonxanos momentos de fútbol, en Laza ou en Estevesiños, de cando eran mozos. Zapateiro-artesán, funcionario, futbolista, xuíz, aparexador, barman, camioneiro, banqueiro, tendeiro, fuxitivo, comerciante, impresor, músico, ciclista, so-
ñador, estes son os vosos nomes, entre os moitos, que esperan a milagre de que a vila esperte do seu triste e profundo letargo. Quixera dedicarvos este relato a vostedes, cabaleiros do sorriso e da bondade, enérxicos e fráxiles ao mesmo tempo. Senadores do misterio, voceiros do amor, trapecistas da nostalxia, filósofos das lembranzas, quentes e fríos, poderosos, compañeiros e, sobre todo, fieis á cita de cada día no “Senado”, apurando os derradeiros intres antes de que na porta un xélido e cruel letreiro espete: ”Pechado para sempre”. Os vosos nomes quedarán gravados na historia do entrañable Mesón do Castro, refuxio dos derradeiros doctores, amantes da leria da xolda e da amizade. Señorías, vémonos sen fallo no Senado, e que Deus vos bendiga. Miguel A. Prieto “Chita”
4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA
Estamos a ser manipulados como en ningunha ditadura En Portugal a revolución de abril foi para implantar a democracia que, segundo o doutor Mário Soares, “non está a ser certa, pois o tempo do Salazar non se ía aos caixóns do lixo procurar comida”. Preocúpame que cando alguén gaña eleccións fai todo ao contrario que o goberno anterior, manifestando unha gran ausencia de pensamento estratéxico. Preocúpame o crecemento do desemprego en toda a Europa, nunha Europa pechada sobre si mesma, con crise profunda e con millóns de desempregados. Estamos a ser gobernados por “mozos expertos”
da peor especie, mal preparados e corruptos, apoiados só polos “ben posicionados” e por unha pequena parte do pobo sumerxido aínda na ignorancia. Confírmase un auténtico saqueo do diñeiro do pobo e unha aniquilación total da cultura, presentándonos só lixos culturais como é o caso do fútbol e da música “pachanga” a toda a hora, en detrimento do bo teatro, do bo cinema e dos apoios ao ensino. Os camiños están apertados Vivimos con menos medios financeiros, o que obriga a unha drástica remodelación. A maioría do pobo vive actualmente en estado
depresivo. Chegará o día en que os mozos sairán á rúa, desfilando ao lado dos militares para proscribir os políticos que teñen descaradamente pillado o diñeiro do pobo. Desexamos un goberno que se fundamente esencialmente na transparencia e con comunicación efectiva e permanente cos cidadáns. O voto en branco está cada a ser empregado cada vez máis como “arma de ameaza” perante este descalabro político-social. João Damião
“Desexamos un goberno baseado na transparencia”
A noite do 29 de maio de 1927 un coche marca Hispano, matrícula B-21451, que regresaba da Gudiña perdía o control ao tomar unha curva e marchaba monte abaixo. Dentro daquel coche ían dúas persoas, o chofer saíu ileso, pero o seu acompañante, José Fernández España, un enxeñeiro que naquel momento estaba estudando a viabilidade dun trazado ferroviario por Verín, pereceu no acto. Desta forma, nacía unha das lendas negras da comarca. Segundo a mesma, José Fernández España apoiaba o trazado que pasaba por Verín, Xinzo e Allariz. Por ese motivo os veciños máis poderosos de Verín ofrecéronlle una gran cantidade de cartos ao chofer para que matara o enxeñeiro, xa que temían que coa chegada do ferrocarril chegaran tamén produtos foráneos que puideran facer competencia aos seus (sobre todo temían a chegada do viño de Castela, moito máis barato que o da comarca). A lenda di que o chofer aceptou a oferta, que era el quen ía conducindo e que pouco antes da curva tirouse do coche en marcha, deixando que tanto o coche como o enxeñeiro España se despeñaran naquel sinuoso tramo da estrada. Pero esta publicación non é para contarvos a lenda, senón para desmentila. Para empezar, o enxeñeiro España xamais apoiou publicamente o cambio de trazado cara Verín, el era empregado de MZOV, empresa adxudicataria da construción da vía férrea, a cal estaba en contra da variante do trazado que pasaba por Verín e o único motivo polo que lle mandaron facer un estudo desta variante ao enxeñeiro foi porque así o establecían as condicións que o Estado puxera para a construción
do ferrocarril. Este estudo terminouse despois da morte do enxeñeiro cos datos que el mesmo conseguira; e as conclusións do mesmo foron claramente desfavorables ao cambio de trazado cara Verín. Polo tanto, queda claro que José Fernández España, como empregado da empresa MZOV, nunca apoiou a variante verinesa do camiño de ferro. Pero quen si apoiaba o cambio de trazado eran eses “ricos e poderosos” de Verín. Un simple repaso polas hemerotecas así o confirman. Tomemos como exemplo, o exemplar de “El Correo Gallego” do 3 de marzo de 1927, onde di textualmente: “Surgió entre significados e influyentes elementos de esta villa la idea de reconstruir la comisión en pro de la variante”. Ademais deste claro caso, podemos encontrar polas hemerotecas moitas outras citas de conferencias, banquetes ou viaxes a Ourense e Madrid para apoiar o paso do ferrocarril por Verín e que naqueles tempos sería imposible lograr sen o apoio da parte máis adiñeirados da comarca. Polo tanto, só nos queda falar do chofer, que tivo que cargar toda a súa vida co “sambenito” de asasino. A verdade é que parece raro que fora o propio enxeñeiro quen conducía o coche en vez do propio chofer, pero máis raro sería que, xusto despois de tirarse dun coche en marcha, tivera tempo de ir ata o coche e cambiar de sitio o cadáver do enxeñeiro antes de que o condutor do autobús que ía diante os auxiliase. Resumindo, a verdadeira razón pola que o tren non pasou polo val foi a liña recta. O máis importante era unir as capitais cos mínimos quilómetros posibles. Andrés Diz D, historiamonterrei.blogspot.com.es
CLASIFICADOS
BARRIOS Novembro de 2014
23
Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@ periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, Silvia Nieto, Andrés Diz Nº7 - Ano: IX - Novembro 2014 - Difusión: 15.000 exemplares Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.
4CLASIFICADOS
ALUGUER/VENDA Compro terreo, máximo 5001000 m2 preto de Ourense, máximo 10 kms aprox. Non importa que teña edificación de calquera tipo. Prezo ata 3.500 euros. Tel. 636 32 95 24. Vendo apartamento en Vigo, 2 habitacións, 1 baño con cociña americana, trasteiro e garaxe. Praia América. Bo prezo. Tel. 607 27 19 16. Alúgase praza de garaxe en Edificio Malingre, avda de Portugal, 4. Tel. 679 446 301. Alúgase praza de garaxe pechada na rúa Pena Trevinca, 40. Por 50 euros/mes. Tel. 649 255 033. Vendo piso na avenida de Portugal (zona Couto) a 5 minutos do centro de Ourense. Ascensor e calefacción central. Opción de praza de garaxe. Teléfonos: 988 22 39 32 / 657 402 184. Alúgase piso na zona do Couto. 23 dormitorios, cociña, baño, adega (30 m). Amoblado. Moi soleado. Tel. 677 49 46 45. Alugo local económico acondicionado en avda de Zamora e oficina amoblada en avda. da Sainza. Con certificados enerxéticos letras E e C respectivamente. Prezo a convir. Tel. 627 203 131. Véndese fábrica de embutidos en funcionamento con clientela. Tel. 667 95 93 41. Véndese casa con finca na estrada de Santiago Tel. 637 00 59 10. Alugo oficinas na rúa Progreso ao lado dos Xulgados. Prezo a convir. Tel. 637 00 59 10. Alúgase praza para moto no garaxe do edificio Mercadona da avenida de Santiago. Tel. 988 21 29 00. Urxe vender piso a 10 minutos de Vigo, equipado, renovado. Tel. 636 422 497. Urxe vender piso en praza España -Vigo-. Bo prezo. 3 habitacións, garaxe e trasteiro. Tel. 639 816 209. Alúgase praza de garaxe pechada, con pequena adega. En Faustino Santalices (edificio Servipel). Tel. 988 22 21 79.
VENDAS Vendo un ciclomotor, unha presa pequena para sidra e un canón nebulizador. Tel. 686 54 00 87. Vendo 36 ventás corredeiras de aluminio branco con illamento cristal dobre Climalit. medidas: 52cms de alto por 115cms de largo.Prezo 95€ unidade. Telf. 687 19 33 44 Vendo 2 portas de aluminio branco con cristal sen marco. Medidas: 235cms de alto por 78cms. A porta pódese adaptar facilmente ao facer o marco. Ten pechadura con chave. 80€ cada unha. Telf. 687 19 33 44. Véndense apéndices Durvan a 10 euros novos sen desprencitar. Tel. 988 60 70 75. Vendo rodas de coche. 185/80/ R14. Tel. 663 376 002. Cómprase cinta de andar eléctrica. Tel. 698 157 448 (whatsapp). Zona Verín. Vendo bicicleta de muller. Tel. 637 00 59 10.
Vendo sofá 3x2, enfriador de botellas, apeiros de labranza para decorar, unha caldeira de gas cidade. Tel. 637 00 59 10 Vendo secadora sen apenas uso. Prezo económico. Tel. 988 25 43 86. Vendo ventá de ferro con cristais de 1 x 1,4 5m. 30 euros. Tel. 686 54 00 87. Vendo postes de pedra para viña. Tel. 686 54 00 87 Véndese leña de carballo. Tel. 630 521 448.
EMPREGO Matrimonio cubano católico, con preparación cultural e profesional, busca emprego como coidadores de personas maiores, acompañantes, xardinería, traballo doméstico. Coidamos de enfermos ou de persoas con discapacidade física, e realizamos traballo en residencias da terceira idade.Podemos traballar internos ou por horas, en calquera zona. Tel. 611 353 009. Ofrécese chica para traballo por horas: plancha, arranxos básicos de costura, limpeza de cociñas e fogar en xeral, organización de trasteiros.Chamar tardes. Tel. 618 806 516. Señora de 50 anos con curso de formación en bebés ou nenos maiores dun ano ofrécese en Xinzo para ser nana ou coidar nenos desde un ano de vida ata tempo a convir polo empregador, instruíndoos a través de xogos, lectura e diálogo infantil. Tamén levalos á escola. Tel. 611 353 009 ou jonimia64@gmail. com Desbrózanse fincas con tractor e a man. Prezo económico. Tel. 630 521 448. Ofrécese modista para particulares. Bo prezo. Calidade e puntualidade. Tel. 988 255 302. Academia de debuxo e pintura María Pinal Trashorras en Ourense. Clases de debuxo, pintura, manualidades e debuxo técnico impartidas por licenciada en Belas Artes a grupos de nenos e adultos. Tel. 669 603 414. Ofrécese mozo para traballar do que sexa (principalmente de camareiro). Tel. 609 919 362. Ofrécese piano e voz para eventos e clases particulares de piano, linguaxe musical e canto. Contacto: 663 733179; duopianovoz@gmail.com; e Facebook. + info en: www.youtube.com/ user/duopianovoz Ofrécese decorador estilo graffiti (para persianas, exterior, interior, debuxos infantís, paisaxes, caricaturas, etc). Tel. 697 202 979. Necesítanse auxiliares de axuda a domicilio para traballar en decembro en Verín. Tel. 687 023 641.
CONTACTOS Ofrécese chico para despedidas de solteira ou estriptis. Tel. 662 281 312.
4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada
988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258
Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)
988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222
BARRIOS Novembro de 2014