Xan Jardón leva a loita contra Gas Natural ao Parlamento XINZO
Páx.8
1,7 millóns de euros en obra pública, pendentes en Xinzo
XINZO
Páx.10
Eliminados dous puntos de vertidos en Xinzo e Sandiás
ESPECIALPáx.16-17
DEPORTES
Páx.24
Posta en valor da fortaleza de Monterrei
O CD Ourense gaña a Copa Federación ante o Guadalajara
Máis de 400 atletas na VII 10km de Xinzo
[páx. 10]
CULTURA
Páx.26
Programación da Semana Santa de Xinzo de Limia
[páx. 25]
Akka Essadoui e Rocío Rodríguez venceron na proba absoluta dos 10km de Xinzo de Limia./S. TORRES.
Número: 89 - Ano: IX - Abril 2014 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
BARRIOS Abril de 2014
VERÍN E COMARCA
entrevista ao presidente do consello regulador da d.o. monterrei
“Queríamos transmitir que cando se falara de viño de Monterrei se falara dun viño de calidade" 4 Antonio Ángel Méndez Atanes defende a aposta pola calidade antes que a cantidade como o mellor futuro para a denominación de orixe. Paula Lodeiro A DO Monterrei é unha das denominacións vitivinícolas galegas máis novas e pequenas, e non obstante é unha das que máis premios está a recibir nos últimos anos, a que se debe este éxito? Antonio Méndez: “Somos unha das máis novas, xunto con Ribeira Sacra, e iso permítenos aprender dos erros que se puideron cometer no pasado e de todas as virtudes dos nosos compañeiros das D.O. de Galicia. Alá polo 94 reconvertiuse o 80% do viñedo, recuperando variedades centenarias de godello, treixadura, dona branca, mencía, arauxo… É verdade que últimamente estamos recibindo re-
coñecementos, non a propia D.O., senón os adegueiros, porque foi unha aposta clara pola calidade, queríamos transmitirlle ao consumidor final, á restauración, aos distribuidores, que cando se falara de viño de Monterrei se falara dun viño de calidade. Esa mensaxe chegou, grazas aos recoñecementos que obtiveron os nosos viños. Hai que destacar que os viños de Monterrei nos últimos seis ou sete anos, tanto a nivel galego como nacional e internacional, están recibindo diferentes tipos de premios, distincións, puntuacións moi elevadas nas mellores guías de viños, estamos nunha liña ascendente en canto a calidade e iso se reflexa tamén en canto á cantidade de viño que se comercializa a través
Antonio Méndez define os viños de Monterrei como “diferentes, que invitan a un segundo trago”./RAMSÉS
da D.O.”. O ano pasado comercializáronse dous millóns de botellas de viño, que previsión teñen para a colleita de 2013? A.M.: “Os primeiros datos que temos deste primeiro trimestre son moi esperanzadores. A principios de ano marcamos un crecemento anual prudente, de entre un 8 e un 10%; o primeiro dato real que temos, palpable, que foi o primeiro trimestre, aumentou con creces esa previsión pero temos que esperar ao resto de trimestres que quedan, temos esperanza de que poidamos pasar deses dous millóns de botellas. A recolección da colleita de 2013 foi un pouquiño máis baixa que a de 2012, debido á problemática que existiu nas uvas, ao final apareceunos a auga, a botrytis, e iso fixo que o traballo nas adegas e dos viticultores fora moi exhaustivo, pretendíase eliminar todo o malo para seguir na mesma liña de calidade. Recentemente tivemos a calificación da añada e volvemos ter a calificación dos últimos anos, de ‘moi boa’. A calidade predomina sobre a cantidade e non nos obsesionamos con seguir elaborando moito máis viño, si nos presionamos con manter a calidade que nos está dando tantas satisfaccións, ao Consello Regulador e aos verdadeiros artífices disto, os viticultores e os adegueiros”. De todas maneiras, ten capacidade de crecemento esta denominación? A.M.: “A vantaxe que temos é esa, o poder de crecemento. Non hai moitos anos falábase de tres mil hectáreas de viñedo no val de Monte-
Antonio Méndez leva dous mandatos como presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei./BORYS MARTÍNEZ
“Tiñamos que ter un paraugas común, como viños de Galicia, no que se dese a coñecer o gran potencial que temos” “Temos que achegar o viño ao consumidor de entre 18 e 35 anos” rrei. Hoxe presumiblemente son moitas menos, non creo que superen as dúas mil hectáreas pero aínda con ese dato temos só 500 dentro de D.O., co cal vemos que temos un potencial enorme de crecemento. Pero non nos imos marcar como obxectivo o crecer, nin crecer demasiado, o obxectivo é manter a calidade; se se vai aumentando hai que ter moi presente que o que nos deu satisfaccións ata o momento foi apostar pola calidade. Temos unha inquedanza na idade media do viticultor. Estamos nunha zona onde aínda o sector primario non é atractivo para facer un relevo xeracional e vemos nun futuro, non só en Monterrei senón en toda Galicia, unha problemática importante, porque non hai relevo, a idade media do viticultor é de 65, 70 anos, co cal iso dinos que dentro de dez anos podemos atoparnos cun problema grave. Que pode ocurrir? Que o viñedo se quede de maneira máis industrializada a través das adegas ou de xente profesional que se dedique a iso. Tamén é verdade que a economía de moitos viticultores se baseaba noutro traballo e nun ingreso extra que puidera ter a través da venda da uva. Ese viticultor de fin de semana pode perigar, pero cabe a posibilidade de que se profesionalice máis”. Resulta rendible para o viticultor? A.M.: “Temos que chegar
a un equilibrio. Ter claro que a base da pirámide son os viticultores, sen uva non se pode facer viño, ten que ser rendible para todo o mundo. Os prezos que en Monterrei se barallan están aceptados polos viticultores e os adegueiros que se poñen entre eles de acordo. Temos a sorte de que estamos nunha zona que climatoloxicamente non nos obriga a ter tantos tratamentos como noutras, somos unha zona practicamente chan co cal a mecanización é moi sinxela e iso permítenos que os custos de produción sexan máis baixos, co cal aínda que os prezos poidan estar uns céntimos máis baratos que noutras zonas de Galicia, con diferencias máis avultadas no pasado, esas circunstancias de climatoloxía e de chan permítennos ter menos gastos na obtención dun quilo de uva, co cal a rendabilidade do viticultor pode ser maior”. As exportacións rozan na actualidade o 12% da produción de Monterrei, é complicado saír fóra? A.M.: “Complicado sempre é, cunha denominación de orixe tan pequena como a nosa, explicar hoxe Monterrei lévanos máis tempo que cando a xente proba o viño e se sorprende cos viños que nós producimos. É verdade que cando vas a feiras internacionais onde poden acudir diferentes países a comprar viño, daste de conta do descoñecemento que hai de Galicia en particular, pode
haber máis denominacións de orixe con máis coñecemento de marca que outra. Entendo que sería primordial facer unha promoción en conxunto como viños galegos, coas particularidades que temos cada denominación de orixe; tiñamos que ter un paraugas común, como viños de Galicia, no que se dese a coñecer o gran potencial que temos. Galicia é a zona de España con máis denominacións de orixe, e en particular a provincia Ourense con catro D.O.. Penso que debemos aproveitalo, é un beneficio absolutamente para todos, temos unha oferta que case ningunha provincia de España pode ofrecer, temos catro zonas diferenciadas e iso é unha virtude, non é algo negativo. Necesitamos chegar a ese acordo entre as D.O., de feito temos unha reunión o día 21 en Santiago.” Entraría na promoción Turismo de Galicia? A.M.: “Si, Galicia se se coñece é pola gastronomía, o viño non deixa de ser un ingrediente máis para maridar os grandes produtos que temos na gastronomía, ata 31 indicacións xeográficas ou denominacións de orixe recoñecidas, iso todo teríamolo que englobar e vender a marca Galicia. Turismo sen dúbida, porque ao final Galicia é turismo gastronómico, dentro dese turismo gastronómico está o viño e dentro do viño o enoturismo; un perfecto engranaxe que temos que
VERÍN E COMARCA
poñer en común entre todos e teríamolo moito máis fácil se venderamos unha marca Galicia, que é moito máis recoñecida fóra, que non individualmente como cando fomos a Alimentaria onde estamos dando paos de cego cando nos separamos. Neste caso penso que a unión fai a forza, e que dúbida cabe que se foramos capaces de unirnos baixo o marchamo común da calidade sería moito máis beneficioso para todos”. De feito as últimas campañas do Consello Regulador están na liña de xuntar o viño coa gastronomía… A.M.: “Si, cantos máis sexamos dentro dun denominador común, a marca de Galicia, ao final esperta máis interese e resulta máis atractivo para o consumidor final. A unión cos cociñeiros que temos, cos sumilleres, cos produtos que temos en Galicia, danos máis forza que ir por separado, e imos nesa liña. No Forum Gastronómico da Coruña incluimos un factor máis, que foi desconcertante, un concerto de Harley Davison con trompeta e acompañalo co maridaxe do viño. Con ese tipo de accións tratamos de espertar a curiosidade dun público ao que non temos acceso, dos 18 aos 35 anos. Non por culpa deles nin moito menos, penso que é un mea culpa por parte do mundo do viño. Cando alguén vai pedir unha caña o único que pide é que estea fresca, en cambio se pedimos un viño parece que temos que ter un máster en enoloxía. Facemos tan difícil o consumo do viño! Ten que ser máis sinxelo, o viño ten que gustar ou non gustar. Temos que achegar o consumo do viño ao consumidor de entre 18 e 35 anos, que nos
estamos perdendo aí un potencial enorme”. Como definiría os viños de Monterrei? A.M.: “Diferentes, que invitan a un segundo trago. En Galicia fanse extraordinarios viños e así o comprobo practicamente a diario, pero si que podemos dicir diferentes porque temos unha climatoloxía, unha orografía diferente. O noso río que atravesa de norte ao sur a denominación é o último afluente español do Douro; o calor que temos en Monterrei, con esas diferenzas térmicas de case 25 graos durante a época de maduración, chegando a 40 graos durante o día e a 15 graos durante a noite, permítenos unha actividade de fotosíntese maior, que está a achegar aos nosos viños cousas moi excepcionais, maior frescura, maior cantidade de aromas, no caso do tintos maior cor, maior untuosidade; son viños máis fáciles de beber, menos ácidos, máis afroitados...”. Están xa a preparar a feira do viño en agosto? A.M.: “Estamos traballando nela, quédannos catro meses”. Non acostuman ir todas as adegas, por que? A.M.: “En ningunha D.O. van todas, o ano pasado foron 14 adegas de 23, é máis do 50%, noutras zonas onde pode haber 60 ou 100 adegas aparecen 20 ou 30. Cada un é cada un, poden velo non necesario para difundir o seu produto, eu creo que si é necesario, sobre todo na época en que facemos a feira, en agosto, que se triplica a poboación en Monterrei; é moi importante que estean alí para dar a coñecer a todo o mundo que vén de fóra os viños”.
BARRIOS Abril de 2014
“Puertas de Galicia” promove a gastronomía de Verín e Conso-Frieiras 4 A través dun concurso de tapas e dunha promoción para clientes nos que participan 42 restaurantes, adegas e comercios. Redacción O Plan de Competitividade Puertas de Galicia promove dous eventos gastronómicos para promocionar o territorio de Verín e Conso-Frieiras como unha alternativa de lecer e turismo gastronómico. Desde o 11 de abril ata o 4 de maio organizan un concurso de tapas e a promoción para clientes “Pasaporte gastronómico” como xeito de dar a coñecer a oferta de 42 restaurantes, adegas e comercios que elaboran produtos da terra destas dúas comarcas. 20 restaurantes, bares e mesóns de Monterrei e Conso-Frieiras están inscritos no concurso de tapas. Para participar hai que entrar no Facebook de “Puertas de Galicia” e votar a tapa favorita. Entre os votantes sortearase un paquete gastroturístico “Puertas de Galicia” para dúas persoas, que consiste nunha estancia con aloxamento e almorzo no Parador de Verín-Monterrei máis un menú degustación 4 Estacións no Souto das Candeas de Verín. O gañador coñecerase o 6 de maio. “Pasaporte Gastronómico” No que se refire á proposta “Pasaporte Gastronómico” o seu obxecto é premiar aos consumidores. Consiste no reparto dun “pasaporte” entre os clientes maiores de idade, que deberán conseguir 10
Presentación das campañas do Plan de Competitividade “Puertas de Galicia”. selos de diferentes establecementos por unha compra, estancia ou consumición. O “pasaporte” deberá entregarse completo en calquera dos establecementos antes do 4 de maio e con el poderase participar no sorteo de 40 agasallos: estancias, menús degustación, produtos de alimentación, viños e obsequios promocionais de “Puertas de Galicia”. O sorteo terá lugar o 8 de maio. Menú de primavera e outros eventos As accións promocionais do Plan de Competitividade Turística de Verín e Conso-Frieiras continúan nos establecementos destas comarcas cun menú especial da tempada de primavera, iniciativa englobada no proxecto “Catro Estacións Gastronómicas en Portas de Galicia”. E de xeito particular para atraer visitantes esta Semana Santa, “Puertas de Galicia” presenta unha variada ofer-
ta de actividades e eventos, que combina o turismo activo, gastronómico, cultural e relixioso. Espazos únicos como o Parque do Invernadeiro, a Ruta do Contrabando de Vilardevós, a Ruta da Castaña de Riós, o Penedo dos Tres Reinos na Mezquita, os encoros do Vao en Viana e de Portas en Vilariño, o Pozo do Demo en Verín, os Castros de Saceda e San Millán de Cualedro, os Lagares de Oímbra, Monterrei, Verín e Cualedro, a Pista do Marroquí en Laza ou o Camiño de Santiago. Sen esquecer o Centro BTT Puertas de Galicia, con doce rutas sinalizadas, as adegas da Denominación de Orixe Monterrei, as augas dos mananciais de Cabreiroá, Sousas e Fontenova, ou as citas relixiosas de Semana
Santa. En particular, a procesión dos Farois na Xironda, o 18 de abril ás 9 horas; as procesións de Xoves Santo, Venres Santo, Sábado Santo e Domingo de Resurrección recuperadas este ano en Oímbra, e as tradicionais de Verín, tanto na igrexa da Mercé coma na Parroquial. Lagares catalogados Na presentación destes eventos promocionais informouse de que a Deputación editará un libro sobre os 36 lagares rupestres catalogados na comarca: seis en Cualedro, nove en Monterrei, seis en Verín e 15 en Oímbra . Oito deles, dous en cada un dos municipios, serán restaurados para que poidan ser visitados a través dunha ruta de sendeirismo.
A proposta para atraer visitantes en Semana Santa de “Puertas de Galicia” combina turismo activo, gastronómico cultural e relixioso
BARRIOS Abril de 2014
VERÍN E COMARCA
BNG e CxG queren usos culturais para o castelo 4 Ambas formacións están en contra de ubicar no recinto un hotel. Redacción
Xuntanzas da iniciativa en Tamaguelos (arriba) e Queizás (abaixo)./CdV.
A ‘Sabedoría dos Recordos’ percorre as localidades de Verín Lembrar e recompilar as tradicións, costumes e sabedoría popular para a súa transmisión ás xeracións futuras é o obxectivo de “Sabedoría dos Recordos”, unha iniciativa do Concello de Verín que percorre desde finais de marzo e ata o mes de maio as localidades do municipio. A iniciativa ten pasado xa por Queizás, Vilela, Feces de Abaixo ou Tamaguelos, onde os participantes recordaron receitas e remedios, vivencias, relacións familiares e veciñais, festas, xogos populares, música tradicional e cantigas, e traballos do campo.
O Bloque Nacionalista Galego e Compromiso por Galicia veñen de expoñer as súas posturas sobre a rehabilitación do castelo de Monterrei. Ademais, o responsable de organización do BNG Monterrei, Alberto Rodríguez, solicitou formar parte da comisión de seguimento das obras do castelo para “velar pola correcta execución das obras aprobadas para a rehabilitación do monumento”. Ambas formacións políticas expresaron en senllos comunicados o seu desexo de que a fortaleza manteña un uso público e cultural. O BNG cita o Plan Director elaborado polo Goberno bipartito da Xunta, que prevía un museo das for-
talezas no edificio coñecido como “Pazo dos Condes”, así como un Centro de Intercambio Institucional entre Galicia e Portugal na casa reitoral e antigo cuartel; a recuperación para uso relixioso do cemiterio, o cruceiro e a igrexa de Santa María, todos no recinto amurallado; e a instalación “dun restaurante, cafetería, albergue, centro de información sobre a Ruta da Prata, local de promoción do viño e da auga e tenda de artesanía”. Mentres, para Compromiso por Galicia o castelo de Monterrei debería ter “un uso público vinculado a fins culturais e de promoción da riqueza da comarca”. CxG non se opón a que “como actividade secundaria, nas dependencias menos nobres do Castelo, se poidan insta-
lar algún negocio como pode ser unha viñoteca, tenda de souvenirs, cafetería, tapería.... que cos seus ingresos poidan contribuír ao mantemento das instalacións”. Con todo, nin nacionalistas nin galeguistas están a favor da creación dun hotel ou parador no recinto. Manifestación Por outra banda, a Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei convocou unha manifestación en contra da conversión da fortaleza en parador. Será o próximo 19 de abril en Verín.
O BNG recorda o Plan Director feito pola Xunta bipartita para a fortaleza
VERÍN E COMARCA
A colleita 2013 de Monterrei recibe a cualificación de “moi boa”
4 Novos recoñecementos para os viños da denominación de orixe ourensá. Redacción A cata de cualificación da colleita 2013 da Denominación de Orixe Monterrei deu como resultado unha valoración de “moi boa”. A cata celebrouse no claustro do Convento dos Mercedarios de Verín, coincidindo coa Feira do Lázaro. En total, quince viños, nove de viño branco e cinco de viño tinto, sometéronse ao xuízo do comité para valorar a presente colleita, no que supón unha mostra representativa dos viños que se elaboran na denominación, mantendo ademais as proporcións reais de referencias brancas fronte a tintas da colleita en 2013. Deste xeito, as mostras sometéronse á análise de
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, nun xantar cos representantes dos 24 consellos reguladores galegos no Retiro do Conde, en Vilaza, organizada polo Consello Regulador da D.O. Monterrei./BORYS MTEZ. cada un dos catadores, que realizaron unha valoración “a cegas” de todas elas, para manter así criterios de
obxectividade ao tratarse de mostras anónimas. A nota final para a presente colleita resultou da
media das puntuacións concedidas por cada catador a cada unha das mostras, incluíndo neste cálculo tan-
to as referencias de viños brancos como de tintos. Finalmente, esta puntuación trasladouse a unha táboa de correspondencias onde se obtén a cualificación de colleita. Cualificada como “moi boa”, a colleita 2013 comeza a súa incursión no mercado; unha colleita que alcanzou a cifra global de 2.316.533 quilos (o 72% de variedades brancas). Recoñecementos Os viños da D.O. Monterrei seguen a recibir recoñecementos. O último, a medalla de ouro obtida polo viño tinto Stibadia Barrica 2011, de Bodegas Tabú, no concurso internacional Challenge du Vin. Este viño, elaborado con uvas mencía e araúxa procede dunha selección das cepas máis vellas que a adega ten no Rosal, Oímbra. A produción está limitada a 1.500 botellas. Tamén viños desta denominación de orixe resultaron galardoados nos Premios Bacchus que concede
BARRIOS Abril de 2014
a Unión Española de Catadores. Foron dúas medallas de prata ao viño Vía Arxéntea 2013 e de novo Stibadia Barrica 2011. Vía Arxéntea 2013 é un viño elaborado con uvas godello e treixadura que proceden de dez parcelas de viñedo propio de Vilaza. Foi embotellado o pasado mes de febreiro, polo que aínda lle resta unha importante evolución en botella. A produción foi de 18.000 botellas. E finalmente Sábrego 2010 de José Luís Mateo obtivo o Premio Mágnum ao mellor viño revelación galego que concede o Instituto Galego do Viño. O Sábrego 2010 é un monovarietal de dona branca, de cepas de 40 anos, que tamén dispón do selo de garantía de Agricultura Ecolóxica de Galicia.
Stibadia Barrica 2011, Vía Arxéntea 2013 e Sábrego 2010, últimos viños da D.O. premiados
BARRIOS Abril de 2014
EN BREVE
4 Novos cursos na aula CeMIT En abril a aula multimedia de Verín ofertará 14 novos cursos formativos no sector da comunicación e novas tecnoloxías. En concreto tratarán a alfabetización (Internet, correo electrónico -Gmail-, non tires nada: véndeo ou trócao na Internet); administración electrónica (DNI electrónico, administración electrónica, opera co teu banco); redes sociais (Facebook, Twitter, web de empresa); ofimática (procesador de textos, folla de cálculo); e retoque fotográfico (GIMP). Por outra banda, a aula CeMIT tamén pon a disposición dos verineses, de balde, os seminarios ofertados polo CNTG (Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia) e o Centro Demostrador TIC de Galicia, que se imparten a través de videoconferencia. Os interesadas en participar nestes cursos deben inscribirse na Aula CeMIT de Verín ou na web da Rede CeMIT. Así mesmo, non esquezan que existe a posibilidade de aula aberta de luns a venres, de 12 a 14 horas.
4 ‘Mañás de Kero-Kolo’ durante a Semana Santa A Escola de Familia do Concello de Verín, a través do programa KeroKolo, ofertará durante as vacacións de Semana Santa a actividade ‘Mañás de Kero-Kolo’, un espazo socio-educativo onde os máis cativos da casa compartirán mañás con outros nenos, disfrutando dunhas xornadas con distintas actividades e xogos. Ademais, os menores que aínda non teñen superada a etapa do apego familiar, poderán estar acompañados polas propias nais e pais. As ‘Mañás de KeroKolo’ iniciarase o luns 14 de abril, e continuará os días 15, 16 e 21, en horario de 11 a 13 horas. As familias interesadas en participar nesta iniciativa deberán realizar a súa inscrición na Casa da Xuventude.
VERÍN E COMARCA
A Eurocidade xestionará instalacións, servizos e competencias de Chaves e Verín
4 Preséntase a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín. 4 Formación para flavienses e verineses
Redacción O luns 14 de abril, está prevista na sede da Eurocidade a presentación da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín (ECV-AECT), converténdose deste modo na segunda agrupación da Eurorrexión despois da de Galicia-Norte de Portugal. A Agrupación está destinada a xestionar conxuntamente instalacións, servizos e competencias de Verín e Chaves. Coa presentación da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín dase un paso máis no proceso de cooperación transfronteiriza que desenvolven conxuntamente os dous municipios desde hai sete anos. A Agrupación terá personalidade xurídica e o seu obxecto será o de promover a cooperación territorial, transfronteiriza, nos campos do comercio, turismo, patrimonio, ordenación do territorio, medio e recursos naturais, aproveitamento conxunto e protección do río Támega, transporte e telecomunicacións, loxística, cultura, deporte, educación, entretemento, asistencia sanitaria, ou protección civil. A ECV-AECT terá entre outras funcións implementar os proxectos de cooperación territorial cofinanciados con fondos europeos. Este instrumento favorecerá o desenvolvemento de novas iniciativas de colaboración transfronteiriza e axudará a avanzar nunha xestión coordinada, coherente e máis eficiente no territorio Chaves-Verín.
A Agrupación terá personalidade xurídica e promoverá a cooperación transfronteiriza
Alumnado no curso organizado na Eurocidade para a obtención da tarxeta profesional da construción TPC.
19 alumnos de Verín e Chaves participaron no curso formativo de nivel básico de prevención na construción para a obtención da TPC (tarxeta profesional da construción), realizado durante 12 días na sede da Eurocidade. Esta formación gratuíta levouse a cabo mediante un acordo entre as diferentes entidades españolas e portuguesas, co obxecto de mellorar a empregabilidade dos participantes.
4 Andaina pola raia luso-galega
Estudantes de Turismo do campus de Chaves realizaron unha andaina pola raia, con parada na sede da Eurocidade.
23 alumnos do colexio francés Felix Aunac estiveron de intercambio con estudantes do RRPP Mercedarios de Verín.
Alumnado do curso de Turismo do campus de Chaves da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) promoveron unha andaina pola raia luso-galega, na que participaron 25 universitarios. Ademais do percorrido, desde Outeiro Seco, pasando por Vila Verde da Raia ata a antiga aduana de Feces de Abaixo, a iniciativa tivo como principais obxectivos dar a coñecer a Eurocidade Chaves-Verín, así como aprender a deseñar un produto turístico cultural relacionado coa rexión transfronteiriza.
4 Intercambio de alumnos franceses 23 estudantes do colexio Felix Aunac da localidade francesa de Agen, xunto cos seus profesores e 25 alumnos do centro RRPP Mercedarios de Verín realizaron unha visita á Eurocidadde dentro dun intercambio entre ambos centros de ensino. Ademais de practicar o idioma, o alumnado francés puido coñecer os principais recursos turísticos do destino Chaves-Verín, con visitas ao centro de Verín a unha adega de viño de Monterrei, á planta de Cabreiroá, e ás localidades lusas de Chaves e Vidago.
VERÍN E COMARCA
BARRIOS Abril de 2014
O IES García Barbón puxo en marcha unha manchea de actividades formativas complementarias O alumnado do ciclo de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría organizou as actividades da Semana da Saúde do IES García Barbón.
Nas últimas semanas o instituto García Barbón de Verín realizou unha morea de actividades complementarias. A primeira delas foi a Semana da Saúde, que do 7 ao 11 de abril, consistiu na realización de actividades relacionadas cos hábitos de vida saudable, sobre a alimentación, a sexualidade, a prevención de enfermidades, ou o consumo de drogas… Organizada polo alumnado do ciclo formativo de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría, na Semana da Saúde paticipou o alumnado de bacharelato, formación profesional, educación para adultos e PCPI, que puido realizar un percorrido por varios postos nos que facer actividades e xogos relacionados coa saúde e de como mellorala. Destacou a visita dunha unidade móbil do centro de transfusión de sangue, que estivo instalada diante do centro educativo na mañá
do 9 de abril, para facilitar as doazóns. Espectáculo de Ciencia No salón de actos do instituto fíxose unha actividade o pasado 7 de abril que fixo ver aos estudantes a ciencia e a tecnoloxía dunha forma distinta e incrible. Os asistentes gozaron cos experimentos relacionados coa electricidade, co cerebro e cos sentidos. Nas actividades participou o alumnado do IES Castro de Baronceli e do IES García Barbón. Saídas pedagóxicas Os mozos de Automoción visitaron Valladolid e as as instalacións de Renault en Palencia. O alumnado de Coidados Auxiliares de Enfermaría estivode visita didáctica nas cidades da Coruña, Santiago de Compostela e Ourense.
O alumnado do ciclo formativo de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría organizou unha Semana da Saúde
Unha sesión científica analizou o melanoma no hospital de Verín 4 A incidencia desta patoloxía duplícase cada dez-vinte anos. Redacción A Academia Médico Cirúrxica organizou no hospital de Verín unha xornada científica sobre o melanoma aberta ao público. A sesión “Do lunar ao melanoma” foi impartida por José Alvarez e Ignacio Suarez, do servizo de Dermatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, e foron presentados por Fernando Martín, dermatólogo do Hospital de Verín, así como pola responsable
Outras actividades Os tres IES da comarca realizaron un Concurso fotográfico de Entroido durante os meses de febreiro e marzo, con blog propio: http://normacigarron.blogspot.com.es. O Departamento de Historia organizou, o día 14 de marzo, unha charla sobre “O franquismo” impartida por Flor Baena. O día 21 de marzo tivo lugar unha intervención de Lorena Arévalo sobre “Medios de (des)información”. Ademais, o profesorado de Educación de Adultos leva a cabo “O xogo dos enigmas”, unha actividade para investigar, aprender e poder gañar unha tableta dixital. Para ver os vídeos e as fotos visita: http://garciabarbonverin.blogspot.com.es.
da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco, Eloína Núñez, Núñez destacou o labor de difusión levada a cabo por esta institución e destacou a importancia de ofertar á poboación información que axude ao mellor coñecemento e prevención activa desta patoloxía oncolóxica da pel, contribuindo á súa prevención e detección precoz, na procura de limitar ao mínimo a súa prevalencia e graves efectos sobre a saúde. Unha das máis recentes iniciativas postas en mar-
cha a nivel provincial na loita contra o melanoma, foi a implantación dunha nova vía rápida para o seu diagnóstico e tratamento precoz, programa que ten por obxectivo captar, diagnosticar e tratar os posibles casos, destas lesións oncolóxicas da pel, nun tempo máximo de 15 días, na procura de detectar esta enfermidade nos seus estadíos iniciais, o que aumenta as súas probabilidades de plena curación. Trátase de aumentar a súa detección precoz e as posibilidades de curación, xa que pese a que o melanoma ten unha incidencia poboacional baixa, 10 casos por cada 100.000 habitantes, estase a duplicar cada dez-vinte anos, polo que a vía rápida será unha resposta eficaz para detectar estes casos nun estadío inicial, conseguindo incrementar as posibilidades de supervivencia ata o 90%
BARRIOS Abril de 2014
XINZO E COMARCA
Xinzo conta con obras públicas pendentes por valor de 1,7 millóns
4 A maior parte delas son melloras de infraestruturas viais, e prevese que se realicen este mesmo ano. Redacción O Concello de Xinzo de Limia ten pendentes de execución varias obras públicas neste 2014. En total trátase de oito intervencións, a maior parte delas relativas a melloras de viais, que precisarán unha inversión total de 1.779.925 euros. Segundo as súas previsións, estarán rematadas antes de que finalice o ano. Entre estas obras atópase a ampliación da ponte do Limia e construción da pasarela (por un valor de 833.000 euros), mellora da circunvalación dende a N-525 (588.000 euros) e construción da rotonda da estrada Bande-Os Blancos (147.000). Asemade, tamén figuran como pendentes a mellora da rúa Xabier Prado Lameiro (que precisará de 50.000 euros) e a continuación da Curros Enríquez (por valor de 60.000). Tamén neste ano levarase a cabo a mellora da pista Trandeiras, no polígono industrial (cun custo de 50.000 euros), e a rodadura das pistas da zona ZEPA (por 24.000 euros). Por último, o Concello tamén prevé a instalación de ascensores nas oficinas de Servizos Sociais da Estación de Autobuses (cun custo de 27.925 euros). Obras rematadas Dentro do plan de obras posto en marcha polo Concello de Xinzo para os anos 2013 e 2014, numerosas foron as intervencións xa
Licitadas as obras de mellora na estación de autobuses 4 Os traballos estarán centrados na mellora da accesibilidade, da calidade das instalacións, e dos sistemas de información. Redacción
A construción da rotonda da estrada Bande-Os Blancos é unha das actuacións pendentes en Xinzo./ARQUIVO. finalizadas, as cales contaron cunha inversión total de 4.959.919 euros. Unha delas foi a instalación solar térmica e de biomasa na piscina climatizada, que tivo un custo total de 268.505 euros, e que segundo o Concello permitirá que o consumo deste servizo (que ascendía a 80.000 euros) se reduza nun 60%. Amais, mellorouse a marxe esquerda da avenida de Ourense e de Madrid, por 132.000 euros. Do mesmo xeito que a marxe dereita da avenida de Ourense, coa renovación de beirrarúas e saneamento (cun investimento de 150.000 euros). E tamén se construíron rotondas nos cruces do parque do Toural (1.000 euros). Neste pasado ano o Concello mellorou a rúa Rosalía de Castro (por 41.355,23 euros), tres viais do casco vello (por 49.403,30 euros), as beirarrúas de Álvaro Cunqueiro (41.300 euros) e Río Arnoia (41.000 euros); e o alumeado de parte do casco
vello (que precisou unha inversión de 58.890,74 euros, pero busca o aforro do 40% do gasto de luz na zona). Asemade, foi ampliada a avenida de Portugal, pontes e zonas axardinadas (por un valor de 2.700.000 euros); e realizáronse limpezas nas ribeiras do río Nocelo (54.000 euros) e Limia (60.000). O Concello tamén realizou melloras na pista da Armada e a travesía de Baronzás (por 58.801 euros); nas beirarrúas de Laroá (234.517 euros); estableceu conexión de saneamento entre Pena, Soutelo e Trandeiras (116.611 euros), e entre San Pedro e Laroá (153.555 euros). Por último, no parque empresarial instalouse iluminación LED (por 64.480,80 euros) e continuouse coa
segunda fase de mellora da instalación de gas (130.000 euros). Infraestruturas sociais Ademais, en 2013 continuouse coa obra do Museo do Entroido (cun orzamento de 375.000 euros); ampliouse o Centro de Visitantes (por 24.000 euros); reformouse a Casa da Cultura (60.000 euros); realizáronse traballos de recuperación no Centro Social de Moreiras (60.000 euros) e de Pena (24.000 euros); construíuse o de Paredes (60.000 euros); acondiciounouse o interior do edificio das piscinas municipais (1.500 euros); e mellorouse o Forno de Baronzás e beirarrúas en Ganade coa axuda dos participantes no obradoiro de emprego.
Entre as obras rematadas atópase a ampliación da avenida de Portugal, pontes e zonas axardinadas por valor de 2,7 millóns de euros
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licitou, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, as obras de mellora da estación de autobuses de Xinzo de Limia. Estes traballos están enmarcados dentro do Plan Renove das estacións de autobuses de Galicia, cuxo principal obxectivo é engadir valor a estas instalacións de servizo público, ao mesmo tempo que se mellora a calidade que perciben os usuarios ao potenciar aspectos centrados na accesibilidade, na calidade das instalacións e nos sistemas de información. No caso da estación de Xinzo de Limia o Plan potenciará os accesos para aquelas persoas con mobilidade reducida, a través do pintado de prazas de aparcamento no exterior da estación e a colocación da correspondente sinal informativa. Ademais melloraranse os pasos de peóns remarcando o seu trazado e poñendo dúas sinais. Outros traballos localizaranse nas instalacións, onde se sustituirán as luminarias de emerxencia que están en mal estado e se subsanarán as humidades mediante a limpeza, reparación e selado de canalóns; a substitu-
ción das baixantes deterioradas e a limpeza e reparación de cuberta. Finalmente procederase á restauración dos paramentos e teitos afectados. A Dirección Xeral de Mobilidade destinará un orzamento de 12.000 euros na de Xinzo de Limia, e prevé o inicio das obras para os meses de agosto e setembro, cunha duración de tres meses. As empresas interesadas na realización destas actuacións centradas na potenciación dos servizos desta estación terán ata o 12 de maio para a presentación de ofertas. Plan Renove Coa finalidade de fomentar o uso do transporte público, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas lanzou o Plan Renove das estacións de autobuses que contempla a mellora e modernización destas infraestruturas. Finánciase con fondos FEDER. Na actualidade, Galicia conta cun total de 45 estacións de autobuses, das cales a Xunta é a administración titular de 38.
Destinaranse 12.000 euros para unhas obras que se iniciarán en agosto-setembro
PUBLICIDADE
BARRIOS Abril de 2014
10
BARRIOS Abril de 2014
EN BREVE
4Xinzo reclama o “céntimo sanitario” O Concello de Xinzo vaise adherir á reclamación do imposto coñecido como o céntimo sanitario, declarado ilegal polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea. Desde o consistorio limiao informaron de que a solicitude para reclamar a devolución do cobrado por este imposto xa está presentada ante o ministerio correspondente. Calculan que a cantidade abonada no consumo de combustible do parque móbil municipal rolda os 5.300 euros.
4 O Concello busca secretario adxunto O Concello de Xinzo vén de publicar as bases de contratación dun adxunto ao posto de secretario municipal. A praza ten carácter de interino e esíxese un título de licenciado en Dereito, Ciencias Políticas e da Administración, Socioloxía, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Actuarias e Financieiras ou equivalente. Xinzo está sen secretaria adxunta desde que esta presentara a súa renuncia ao posto, xunto co secretario, en novembro pasado, tras denunciaren ao rexedor por coaccións. O Concello limiao tamén ten en marcha outros dous procesos selectivos, con carácter temporal. O primeiro para seleccionar dous limpadores para o CEIP Rosalía de Castro, e o segundo para escoller dous monitores-socorristas que atenderán a piscina climatizada municipal.
XINZO E COMARCA
Eliminados dous puntos de vertidos incontrolados en Xinzo e Sandiás 4 A Consellería de Medio Ambiente retirou lixo dunha superficie de 1.200 metros cadrados. Redacción A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas rematou o selado dos dous primeiros puntos de vertido incontrolado nos concellos de Xinzo de Limia e Sandiás. Trátase dunha actuación medio ambiental incluída nunha campaña do Goberno galego para erradicar máis de 100 puntos inventariados que se desenvolverá nos próximos meses. Os puntos de vertido incontrolado son pequenos focos nos que se van depositando e acumulando residuos sólidos de moi distinta natureza, co prexuízo que isto ocasiona no entorno, tanto dende o punto de vista ambiental como estético. No caso de Xinzo de Limia, o punto detectouse na parroquia de San Pedro de Laroá e a maior parte dos residuos atopábanse no borde do vial e do camiño de acceso á parcela na que estaban situados. A superficie afectada sumaba uns 700 metros cadrados. O material alí depositado consistía en obxectos domiciliarios, pequenas obras de edificación e de
urbanización, como vidro, plásticos, pneumáticos e mestura de residuos de construción. O volume retirado sumaba 20 metros cúbicos de lixo. Os traballos de acondicionamento consistiron na recollida, clasificación e retirada do material, na revexetación mediante o estendido de terra vexetal e hidrosementeira. Tamén se acondicionou e perfilou o solar na súa totalidade, é dicir, unha superficie de 3.000 metros cadrados. Tres toneladas en Sandiás Por outra banda, no concello de Sandiás levouse a cabo outra actuación de recuperación, restauración, adecuación e limpeza de punto de vertido incontrolado, concretamente na parroquia de As Areeiras e afectaba a unha superficie de 500 metros cadrados. Ao igual que no caso anterior, os residuos atopábanse no borde do vial ao longo de toda a lagoa de Antela e sen
complicacións de acceso. O material recollido, clasificado e retirado consistía en pneumáticos, lixo orgánico e residuos mesturados da construción, que sumaron máis de tres toneladas. O acondicionamento destas dúas parcelas nos concellos de Xinzo de Limia e Sandiás implicou un orzamento de máis de 30.000 euros. Campaña contra 100 puntos As dúas actuacións concluídas forman parte dunha nova campaña para a erradicación de máis de 100 puntos de vertido incontrolado na comunidade, que se desenvolverá nos próximos seis meses. A limpeza destes puntos permitirá minimizar e corrixir os impactos orixinados, logrando a integración do lugar co seu entorno e eliminar o hábito que na poboación existe de seguir depositando lixo nestes lugares.
Os vertedoiros incontrolados de San Pedro de Laroá e As Areeiras acumulaban restos de obras, vidro, pneumáticos, plásticos e lixo orgánico
4 Carreiras en Antela A tempada de carreiras no hipódromo de Antela, comeza o vindeiro 18 de abril, con carreiras para cabalos, eguas e poldras a partir das 17 horas. O calendario de turf no centro ecuestre de Sandiás contará este ano con cinco xornadas; ademais da de abril, haberá competicións o 9 de maio, 19 de setembro, e o 3 e o 31 de outubro.
O antes e o despois: os verquidos en San Pedro de Laroá e como quedou o terreo trala actuación da Xunta.
O alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón, e o candidato de CxG ás europeas, Paulo Carlos López, no Rexistro do Parlamento /EUROPA PRESS.
Xan Jardón leva a loita contra Gas Natural ao Parlamento 4 O alcalde de Vilar de Santos quere explicar a indefensión dos concellos ante as eléctricas. Redacción O alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón, solicitou ao Parlamento de Galicia a comparecencia voluntaria en comisión para explicar a situación de indefensión dos concellos galegos diante das empresas subministradores eléctricas. Jardón lembra que trala denuncia efectuada polo seu concello por irregularidades en materia de consumo, Gas Natural recoñeceu a sobrefacturación procedendo á devolución do último ano, “mais o que demandamos con firmeza é que nos devolva ata o último céntimo dos 58.202 euros dos últimos cinco anos”. Neste sentido, o rexedor pediu de igual xeito ao Parlamento unha investigación para corroborar “o que xa está constatado polos concellos”, que é a facturación incorrecta, ademais de que se require á Comisión Nacional de Enerxía a súa posición ao respecto e se comprobe se as teses defendidas por este organismo son correctas e acordes coa
lexislación vixente. De igual xeito o escrito presentado recolle a demanda ao Parlamento de Galicia da defensa dos intereses de concellos e consumidores galegos, e require á Xunta que actúe “no prazo máis breve posible”, e faga unha mostraxe xeral sobre a facturación das compañías subministradoras de enerxía eléctrica. Esgotar todas as vías Pola súa banda, o candidato de Compromiso por Galicia ao Parlamento europeo, Paulo Carlos López, que acompañou a Jardón para realizar esta solicitude, considera que a sobrefacturación aos concellos por parte de Gas Natural Fenosa “é un auténtico atraco a man armada que mesmo xa admitiu a empresa”. López aposta por esgotar todas as vías políticas, administrativas e xudiciais, “e chegando mesmamente ao Tribunal de Estrasburgo se fai falta para que devolvan ata o último céntimo”.
Vilar de Santos reclámalle á eléctrica 58.202 sobrefacturados
XINZO E COMARCA
4 Segundo os socialistas, o consistorio está en “quebra financieira” polas “malas prácticas” do alcalde. Redacción O grupo socialista do Concello de Xinzo pon de manifesto a “grave situación pola que está atravesando as arcas do Concello de Xinzo, cunha débeda que ronda os 8 millóns de euros, e a imposibilidade de cumprir cos abonamentos ao Ministerio de Facenda para cumprir co Plan de pago a provedores, o que leva consigo que nin o persoal cobre puntualmente, nin tampouco os proveedores o poidan facer” Recordan os socialistas que despois de incrementar a débeda do Concello no 2012 en catro millons de euros máis, o alcalde someteu aos traballadores a unha drástica redución de salario de 15,11% o que non abonda para facer fronte as cargas da tesourería municipal, “toda vez que seguiu contratando sen poder facelo”, denuncian. “Se no ano 2010 este Concello solicitou un plan de dous millóns de euros para pago de facturas atrasadas, este alcalde, Antonio Pérez, investigado por contratar en fraude de lei e por posible prevaricación dobrou a cantidade solicitada, tan só dous anos despois, e ainda
así os cartos non chegan”, di Elvira Lama, voceira do PSOE de Xinzo. A toda esta “ingrata” situación engádese a falta de remisión en tempo e forma, da Conta Xeral do exercicio 2012, conta que segundo o grupo socialista tería que ter sido aprobada no 2013 e enviada antes do 31 de outubro do ano pasado. “E segundo palabras do alcalde descubrimos este ano 2014, que non fora enviada querendo facer crer aos membros da oposición que el non tiña nada que ver co asunto, e botándolle as culpas ao anterior secretario”, denuncia Lama. Os socialistas consideran ao alcalde “un tramposo e mentireiro, porque en ultima instancia, é el que ten a firma por ser o alcalde” e tamén culpan ao grupo de goberno popular de “pregarse aos intereses do rexedor” e de ser “cómplices dun desgoberno que pagan moi caro os cidadáns de Xinzo”.
Acusan ao alcalde de incrementar a débeda do Concello en 4 millóns
A voceira socialista, Elvira Lama, denuncia a situación financieira pola que atravesa o Concello de Xinzo.
11
O CDR O Viso forma desempregados Redacción
O Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” organizou o pasado 25 de marzo o IV Obradoiro para a busca activa de emprego “Técnicas Activas e Autocoñecemento”. A el asistiron persoas participantes no seu Programa Ruralempréga-T, así como outras derivadas dende o Equipo Comarcal de Inclusión Social,. As actividades de busca activa de emprego terán continuidade ao longo deste ano 2014. A idea dos seus promotores é desenvolver temáticas relacionadas coa orientación sociolaboral en grupo, debido á importancia dos grupos de autoapoio para colectivos en situación de risco ou exclusión social. De cara aos próximos meses prevén dous novos obradoiros: un deles sobre o mercado de traballo e o
Obradoiro de busca activa de emprego organizado polo Centro de Desenvolvemento Rural O Viso. outro sobre a busca de emprego na Internet. Buscan voluntarios Por outra banda, o CDR O Viso, a través do seu programa de Acción Voluntaria, busca persoas voluntarias de entre 18 e 30 anos,. Os voluntarios realizarán tarefas de apoio aos educadores, para o programa de “Pobo-escola” que se vai levar a cabo durante os meses de maio e xuño.
.
O PSOE considera “insostible” a situación financieira do Concello de Xinzo
BARRIOS Abril de 2014
Curso de monitor de tempo libre Ademais, O Viso organizará este verán un curso de monitor de tempo libre, homologado pola Xunta de Galicia, e impartido pola Escola de tempo libre Limicorum. As datas da formación son do 26 de xullo ao 14 de agosto, e o lugar, o albergue que o CDR xestiona en Lodoselo, Sarreaus. O curso ten un prezo de
A FRUGA denuncia os prexuizos do tarifazo eléctrico para os regantes da Limia 4 Este colectivo propón unha tarifa exclusiva para regantes e incentivos para o sector. Redacción “As novas tarifas eléctricas que o goberno do Estado está a implantar suporán un golpe moi duro para os intereses agrarios da comarca da Limia”, así de críticos se mostran os integrantes da Federación Rural Galega (FRUGA), que lembran que nos últimos anos realizáronse grandes inversión para a modernización do regadío da comarca, entre outras cousas, pasando dos motores de gasoil a motores eléctricos para o bombeo e rego de plantacións. Por iso, unha das cuestións que máis prexuizos está a ocasionar entre os
agricultores é a “desmesurada suba do termo de potencia, ao redor do 140 %”, sinalan. O termo de potencia págase todo o ano, independentemente de se hai consumo eléctrico ou non, cando o tempo de rega só é duns meses, recalcan desde este colectivo. Deste xeito, por termo medio, unha bomba pode chegar a custar 1.500 euros ao ano, sen chegar a funcionar. Dende a FRUGA sinalan que os regantes da Limia vanse ver enormemente afectados polas reformas no mercado eléctrico, “o que mingua a súa competitividade e o futuro dunha das comarcas agrarias máis
Reclaman á Consellería do Medio Rural que defenda os intereses dos agricultores e presione ao Goberno central
importantes de Galicia”, insisten. Demanda á Consellería Como consecuencia, este colectivo demándalle á Consellería do Medio Rural que defenda os intereses dos agricultores da Limia e a supervivencia da actividade agraria na comarca, esixindo ao Goberno central a implantación dunha tarifa específica para regantes e unha liña de incentivos para o sector. Recordan que ata 2008 existía unha tarifa que bonifica o termo de potencia nun 80% e tiña en conta a temporalidade do consumo eléctrico, e que por exemplo o sector metalúrxico ten unha bonificación do 85% no imposto eléctrico.
260 euros, que sube a 330 euros se se inclúen os xantares e a 510 se é con pensión completa. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 15 de maio. Os interesados en informarse tanto sobre o voluntariado como para o curso de monitor poden facelo na oficina do CDR O Viso na praza Maior de Xinzo, no teléfono 988 461 571 ou en cixdalimia@cdroviso.org.
Xornadas da memoria en Xinzo Redacción
As asociacións PróAGLP, AGAL e Assoc. de montanha Arnau organizan os días 25 e 26 de abril as primeiras xornadas da memoria “Portugal-Galiza: emigrantes e perseguidos”. O 25 presentarase o libro “Emigrantes, exiliados e perseguidos. A comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940)” de Dionisio Pereira, e haberá unha posterior mesa redonda coa participación do autor, xunto con Camilo de Dios, Miro Martínez Ceredelo e Alex Rodríguez. A velada, que se celebra na Casa da Cultura desde as 20 horas, pecharase coa actuación da Coral de Santa Mariña. O sábado 26 está previsto un roteiro á Edreira, con saída ás 10 da mañá de Xinzo e un percorrido de 20 quilómetros. As inscricións (no 677 757 983) custan 15 euros. As xornadas péchanse cun concerto ás 22 horas de “Terra Morena” no Centro social Aguilhoar de Xinzo.
12
BARRIOS Abril de 2014
XINZO E COMARCA / ALLARIZ E COMARCA
Un dos viadutos do tramo Meamán-Ponte Ambía./ADIF.
Adif efectúa probas de carga nos viadutos do tramo Meamán-Ponte Ambía 4 As probas realizáronse nos viadutos de Arnoia (1.014 m de lonxitude), Bouzas (216 m) e Meamán (177 m). Redacción Adif efectuou as probas de carga nos viadutos do tramo Meamán-Ponte Ambía, na liña de alta velocidade en construción Madrid-Galicia ao seu paso pola provincia de Ourense. Os tests realizáronse nos viadutos de Arnoia (1.014 m), Bouzas (216 m) e Meamán (177 m). As probas de carga divídense en dúas tipoloxías: estáticas e dinámicas. Nas primeiras sitúanse camións parados nos taboleiros de cada viaduto, con obxecto de medir diferentes parámetros de resistencia e desprazamento. Pola súa banda, as dinámicas execútanse circulando un camión sobre
o taboleiro do viaduto a diferentes velocidades, con e sen obstáculos transversais. Estas probas determinan as frecuencias fundamentais de vibración da estrutura e, a partir de aí, o resto de parámetros dinámicos. Viadutos do tramo Entre os elementos singulares do tramo MeamánPonte Ambía, destaca pola súa lonxitude (1.014 m) o viaduto de Arnoia. Grazas a el, a plataforma ferroviaria salva o río Arnoia e a liña férrea convencional Zamora-A Coruña. Ademais o tramo Meamán-Ponte Ambía presenta como estruturas singulares os viadutos de Meamán (177 m), para salvar o val
orixinado polo Regueiro de Porro, e de Bouzas (216 m), sobre o val polo que discorre o Regueiro de Bouzas. O subtramo inclúe tamén un túnel de 852 metros de lonxitude, o de Bouzas. O trazado do subtramo Miamán-Ponte Ambía, de 6,7 km de lonxitude, deseñado para dobre vía de alta velocidade, discorre integramente polo termo municipal de Baños de Molgas.
Realizaron probas estáticas e dinámicas para medir a resistencia da estrutura
Interior da xoguetería, na rúa Leopoldo Álvarez de Xinzo.
La Tienda de Susi renóvase Con 24 anos de vida, a xoguetería de Xinzo La Tienda de Susi vén de realizar un lavado de cara das súas instalacións co obxecto de mellorar o servizo aos seus clientes. Cun amplo surtido de xoguetes (de 0 a 99 anos, como se acostuma dicir), contan en exclusiva cos produtos de Toy Planet, cadea da que forman parte con outros tres establecementos en Verín, Celanova e no Carballiño. Formar parte deste grupo permítelles ofrecer cada mes os “cholloprecios”, artigos de primeiras marcas a moi bo prezos, así como as novidades que saen no sector: desde os últimos modelos de tablets, aos clásicos Playmóbiles, as Barbies, as Monster High, Violeta, etc. La Tienda de Susi está na rúa Leopoldo Álvarez, 14 de Xinzo, e abre de luns a sábados de 9:30 a 14 e de 16 a 21 horas.
Axudas para mercados e prazas de abastos Redacción Ata o 21 de abril está aberto o prazo para que os concellos soliciten as axudas para modernización mercados e prazas de abastos da Consellería de Economía e Industria. Cunha destas axudas dunha anterior convocatoria foi adecuada a rúa Silvio Santiago e a praza do Cruceiro de Vilardevós, onde os días 7 de cada mes se celebra o seu mercado tradicional e ambulante. O Concello de Vilardevós recibiu algo máis de 41.000 euros para moder-
O delegado da Xunta visitou Vilardevós para comprobar as melloras na praza do Cruceiro. nizar este espazo, nunha actuación que consistiu na adaptación das beirarrúas ás normativas de supresión de barreiras arquitectónicas, a instalación de diverso mobiliario urbano e a mellora do contorno comercial. Xunto a Vilardevós, ao
abeiro da anterior convocatoria outros 16 municipios da provincia ourensá resultaron beneficiados por estas axudas. Na convocatoria de 2014 as subvencións poden chegar ata 150.000 euros por solicitude, un 25% máis que o ano anterior.
PUBLICIDADE
BARRIOS Abril de 2014
13
14
BARRIOS Abril de 2014
ALLARIZ E COMARCA
O Concello de Maceda rexeita o campo de herba artificial
EN BREVE
4 Novas axudas ao rural galego O Grupo de Desenvolvemento Rural Avinza GDR15, que xestiona os fondos do programa europeo Leader nos concellos da Bola, Allariz, Baños de Molgas, Taboadela, Maceda, Paderne de Allariz, Rairiz de Veiga, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo, vén de informar da apertura da nova convocatoria de axudas para o período 2014-2015. O orzamento, que consta de 800.000 euros para distribuír nos anos 2014 e 2015, permitirá atender un total de 24 proxectos que quedaron pendentes o pasado ano. Os interesados en obter máis información poden consultar a web www. avinza-gdr15.com.
4 Árbores singulares en Allariz O Concello de Allariz xunto co de San Celoni, en Cataluña, e a Universidade Autónoma de Barcelona veñen de asinar un convenio de colaboración que permite plantar en Allariz un conxunto de árbores singulares procedentes da colección do investigador e profesor Martí Boada. As 18 árbores serán plantadas no recinto do Festival de Xardíns e no Rexo, e entre elas atópanse un descendente do acebuches do Rocío (Parque de Doñana), do piñeiro de Zacatecas (México) ou a aciñeira da Ferrovia (Venecia).
4 Inscrición para a aula de espera A aula de espera de Allariz abre o prazo de matrícula (ata o 30 de abril na Casa da Cultura) para o vindeiro curso. A aula de espera é unha iniciativa de atención á infancia que ofrece aos pais traballadores a posibilidade de deixar os cativos de educación infantil e primaria no centro, con anterioridade ao inicio das clases, onde ademais de almorzar participarán en actividades. Nela estableceranse as medidas de vixilancia e atención educativa que necesiten os nenos en función da idade.
4 O PP critica esta negativa. Redacción
O alcalde de Allariz, Francisco García, xunto a membros da directiva da Asociación Cultural Xan de Arzúa, organizadora da Festa do Boi./PAULA LODEIRO
A Festa do Boi achégase ás súas orixes 4 A edición 2014 recupera o “trato do boi” e nela correrán catro animais criados nos montes de Penamá. Redacción Do 14 ao 22 de xuño Allariz vivirá a súa festa máis antiga, a Festa do Boi. Preto de 700 anos de tradición dun festexo que lembra un feito acaecido en 1317, cando un Fidalgo chamado Xan de Arzúa escorrentou, a lombos dun boi, aos xudeos que se mofaban da procesión cristiá do Corpus Christi. A tradición estivo a piques de esmorecer nos anos 60, e foi recuperada nos 80 “por un fato de mozos con máis ilusión que medios”, apunta Antonio Blanco, membro da Asociación Cultural Xan de Arzúa, entidade sen ánimo de lucro que organiza na actualidade a festa. Desde aquela primeira saída do boi, o evento foi recuperando o contexto histórico, e este ano dá un paso máis na volta aos seus orixes, xa que se recupera o “trato do boi”, o cal consiste na recreación teatralizada do trato que, alomenos durante a primeira metade do século XX, se realizaba para dispor de animais para as carreiras. Tradicionalmente utilizábanse bois de traballo, achegados por labregos das aldeas próximas a cambio
dunha achega económica a xeito de aluguer, e este é o feito que se recuperará. Escenificación do trato Por primeira vez nos últimos 31 anos os bois que protagonizarán a festa procederán do propio concello. Para as carreiras do 2014 utilizaranse catro bois criados nos montes de Penamá, e para darlle maior realce a esta novidade, o programa festivo aumenta o seu horario e incorpora unha xuntanza veciñal o sábado 14, con chegada dos bois dende o monte á aldea rehabilitada de San Salvador dos Penedos. Despois dun xantar campestre, os veciños desprazaranse camiñando á aldea de Paicordeiro, onde se escenificará o “trato do boi” e, dende alí, dirixiranse aoCampo da Barreira, para o inicio do festival didáctico MusicBoi e a Proba do Boi. En relación ao trato que reciben os animais nesta celebración, Antonio Blanco foi claro: “o boi está super protexido, non se admite ningún tipo de maltrato, ten descansos e o tempo que corre é mínimo”. Entrega do sedeño Ademais, a Festa do Boi 2014 revivirá (o sábado 14)
a entrega do sedeño aos veciños por parte do fiscal, xesto co que se dá autorización para o inicio dos festexos. A continuación, o domingo 15, celebrarase a Procesión medieval de Xan de Arzúa, coa participación de máis de 200 veciños, organizados en gremios e autoridades. Amais, un grupo de alumnos do colexio público Padre Feijoo e do instituto de Allariz recrearán tamén a orixe da festa cun espectáculo de monicreques que terá lugar o mércores 18. E o venres seguinte, 20 de xuño, os gremios volverán ser protagonistas co Acomodo do Xan de Arzúa no balcón da Casa do Concello e a colga da bandeira. Música, gastronomía e carreiras Arredor das actividades de carácter histórico, a festa do 2014 mantén o seu esquema tradicional, con música, citas gastronómicas, actividades específicas para os nenos e carreiras do boi: 18 para adultos e 3 para os rapaces.
O 14 de xuño escenificarase o trato do boi e a entrega do sedeño
O PP de Maceda levou ao último pleno do Concello unha moción para a construción de cara á próxima tempada dun campo de fútbol de herba artificial. Non obstante, o grupo de goberno (de Compromiso x Galicia), co apoio da edil socialista, rexeitou esta proposta. Segundo explicou o alcalde, Xavier Oviedo, “noutros concellos houbo aportación da Deputación e da Xunta para estas iniciativas, polo que en Maceda ata que a haxa non haberá campo”, unha explicación que deixou “sorprendidos” aos populares, porque eles na súa proposta sinalaban que aínda que o remanente de tesourería non se puidera aplicar (que
si se pode), o Concello sería capaz por si mesmo de asumir a inversión. Neste senso, o PP quere lembrar que ata agora os campos que se fixeron na provincia estaban substentados con fondos europeos, que a día de hoxe xa non hai. E pon como exemplo o caso de Celanova, que “co dobre de poboación que Maceda, terá unha aportación da Xunta en dúas anualidades, xa que a situación é a que é”, insisten os populares. “Unha vez máis escápanse as oportunidades de Maceda porque os dirixentes do Concello antepoñen a política ao pobo”, sentencian.
O PP considera que o Concello pode afrontar a inversión
O PP de Maceda denuncia a perda de 10 contratos de traballo “pola desidia do Concello” Redacción O PP de Maceda mostrouse contrario á actitude Goberno municipal en relación aos Grupos de Emerxencia Supramunicipal. De feito, os populares propuxeron que Maceda fose a base dun deles, o que permitiría que dez familias da comarca tivesen un contrato de traballo de tres anos. Na distribución xeográfica que se fixo en 2013 dende a Xunta para as bases dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (antigos grumires), á provincia de Ourense correspondéronlle sete, un dos cales se estableceu en Baños de Molgas. Pero trala renuncia por
parte deste concello, o PP propuxo en sesión plenaria que Maceda solicitase esta designación. Segundo os populares, “Xunta e a Deputación viron con bos ollos esta proposta, polo que se puxeron en contacto co alcalde para a posta en marcha”. O inicio destes postos de traballo estaba designado para antes do verán de 2013, pero ata o momento, cando está a piques de pasar un dos tres anos de vixencia do contrato, aínda non aconteceu. “Dez familias da comarca de Maceda perderon un ano de contrato pola desidia do goberno, ao que lle parece que a aportación que xa se está a facer noutros concellos é moi alta”, denuncian dende o PP.
ALLARIZ E COMARCA
Baños de Molgas apoia a proposta da CIG para saír da crise Redacción O portavoz do BNG no Concello de Baños de Molgas, Xaime Iglesias, vén de manifestar a súa satisfacción por que a corporación municipal, cos votos favorables do PP, votara a favor da Iniciativa Lexisla-
tiva Popular que a CIG está a presentar nos concellos galegos para impulsar unha saída da crise, que garanta a creación de emprego e a protección dos sectores produtivos. Non obstante, o nacionalista é crítico coa actitude do alcalde, que votou dunha forma no Concello e a con-
BARRIOS Abril de 2014
15
traria na Deputación. “Resulta difícil de entender esta bipolaridade e falla de coherencia, se non fora porque é unha práctica habitual dos cargos institucionais do Partido Popular, que votan en función non dos intereses da cidadanía, senón dos intereses do partido e do que este lle dicta en cada momento”, sinala Iglesias.
A medida aposta pola protección dos sectores produtivos
O alcalde de Allariz estivo acompañado de representantes de Aixiña e Cogami para a sinatura do contrato./M.REJO.
Allariz traballa na inserción sociolaboral de persoas con discapacidade 4 Aixiña xestionará o restaurante Acea da Costa. Redacción O Concello de Allariz vén de asinar coa Asociación Aixiña o contrato de xestión do restaurante Acea da Costa. Esta sinatura -á que acudiu o rexedor municipal e representantes da Asociación Aixiña e da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami)- permite visibilizar, unha vez máis, o traballo realizado en Allariz a favor da integración social e laboral de persoas con discapacidade física ou psíquica, no sector da hostalería e comercio, principais actividades económicas da vila. Nos último anos un total de 35 persoas desenvolve-
Xornadas para nenos en Semana Santa Redacción A Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz organiza para as vacacións escolares de Semana Santa unhas completas xornadas dirixidas a nenos de entre 5 e 9 anos. Os días 14, 15 e 16 de abril, de 8 da mañá a 8 do serán, os cativos poderán
ron distintos empregos coa colaboración público-privada a través dos programas postos en marcha polo Concello de Allariz. O servizo de “Xantar sobre rodas”, a atención nas tendas de téxtil e calzado de Inditex, a recollida selectiva de papel-cartón ou o coidado das parcelas do Festival de Xardíns de Allariz, son exemplos nos que persoas con discapacidade forman parte da plantilla laboral da vila.
Cos programas do Concello, 35 persoas con discapacidade desenvolven empregos na vila gozar de xogos e dinámicas medioambientais, obradoiros de reciclaxe, actividades na horta e contacontos. Por un prezo de 40 euros os tres días (con xantar incluído) os rapaces sacaranlle o maior partido ás súas vacacións dun xeito educativo e lúdico. Os pais interesados en inscribir aos seus fillos nesta actividade ou que desexen recibir máis información poden dirixirse ao 988 43 61 82 ou ás instalacions da Fundación.
16
BARRIOS Abril de 2014
ESPECIAL
A Fortaleza de Monterrei: recuperar o pasado para garantir o futuro Dende hai centos de anos, a beleza do Castelo de Monterrei preside o val do río Támega. Ergueito sobre unha atalaia e composto por torres, pazo, cárcere, cuartel, templo, conventos e casas de labranza, o conxunto defensivo de Monterrei está considerado como a acrópole máis importante de Galicia e os seus muros son parte da historia do noso país. En Monterrei estableceuse a primeira imprenta de Galicia. Entre os seus muros imprimiuse o Misal de Monterrei, o primeiro incunable galego que se custodia na Catedral de Ourense. A torre da Homenaxe resalta sobre o conxunto polos seus máis de 22 metros de altura e sitúase no lado norte. Foi construída en 1482. No
extremo oeste sitúase o Pazo dos Condes de Monterrei, que data dos séculos XV e XVII. Conta con galerías arcadas e alberga un museo de arte sacra e espazos para eventos. Construíuse en torno á Torre das Damas. Tamén a igrexa gótica de Santa María e a Casa Reitoral forman parte do valioso enclave. A súa importancia recoñécese en 1931 cando é inscrita no Rexistro de Bens Inmobles do Patrimonio Histórico Español. En 1985 é declarado Ben de Interese Cultural pero non é ata 2009 cando é cedido á Xunta de Galicia. Hoxe atópase inmerso nunha rehabilitación que busca recuperar o seu esplendor para poñelo en valor, garantir o seu uso público e convertelo nun dinamizador económico e tu-
rístico da zona. Un proxecto para a posta en valor do conxunto O proxecto de rehabilitación para o Castelo de Monterrei manterá a súa condición de visitable, público e o seu uso cultural mellorando a accesibilidade aos diferentes espazos. Froito da colaboración da Xunta de Galicia co Estado e con Paradores, o recinto albergará un Parador de Turismo de primeiro nivel. De modo que á conservación e
rehabilitación dos inmobles, engadirase a posta en valor dos mesmos a través da situación neles dun establecemento de referencia internacional que contribuirá á dinamización económica e social do entorno. No conxunto realizanse intervencións que respectan ao máximo o carácter dos edificios orixinais, tanto nos sistemas de construción como nos acabados e na maneira de distribuír os espazos. Os recursos investidos na adecuación, acondicionamen-
to e conservación do conxunto tamén van permitir a súa utilización para ser visitado por todos aqueles cidadáns que o desexen e a súa promoción como Ben de Interese Cultural. Deste modo, xeraranse novos fluxos de visitantes e de tipos de público interesados nesta tipoloxía de visita turística. Na intervención promóvese o uso de materiais reciclables e búscase a valorización dos edificios, tratando de potenciar os elementos singulares e tentando poñer en valor os es-
O proxecto garante tres prioridades: que siga sendo público na súa totalidade e aberto a todos os cidadáns, que se manteñan os usos culturais e que se protexan o 100% dos postos de traballo actuais
ESPECIAL
pazos de máis calidade. É importante resaltar o traballo que se está a realizar para acadar o maior grao de accesibilidade para o público, dentro sempre das limitacións dun conxunto deste tipo. De modo que se intentarán implementar novos usos e mellorar os accesos aos espazos para todo tipo de visitantes. Tamén se realizarán traballos de ornamentación exterior e iluminación. Apertura do Parador Turístico A nova situación do Parador no castelo permitirá que a comarca de Monterrei conte por vez primeira cun establecemento de referencia internacional, de 4 estrelas e aberto os 365 días do ano. O proxecto garante tres prioridades: que siga sendo público na súa totalidade e aberto a todos os cidadáns, que se manteñan os usos culturais e que se protexan o 100% dos postos de traballo actuais. A propia experiencia de aloxarse nun conxunto histórico convértese nun reclamo en si mesmo como así o amosan os 16 castelos que albergan Paradores Nacionais por toda España, así como as numerosas experiencias internacionais. En Galicia existen 11 establecementos integrados na Sociedade de Paradores de Turismo de España. Esta Rede ten como finalidade a contribución ao mellor coñecemento das contornas artísticas, tradicionais, sociais e
culturais dos seus establecementos. Turespaña é o organismo encargado de desenvolver a estratexia para os Paradores de Turismo polo que, como parte do Plan de Turismo Español Horizonte 2020, desenvolve accións de márketing turístico por todo o mundo que melloran o posicionamento dos destinos turísticos nos mercados internacionais e dos que se beneficiará a zona de Verín e Monterrei. A apertura ao uso como Parador do castelo permitirá que esta zona de Galicia conte cunhas instalacións turísticas distinguidas pola calidade e a excelencia e que dotarán de valor engadido á experiencia de viaxar pola Galicia interior. Aloxarse en Monterrei permitirá coñecer dende unha nova perspectiva o Camiño de Santiago, as augas mineromedicinais de Galicia, os recursos enolóxicos e gastronómicos da zona, así como as singularidades etnográficas e culturais, como os Entroidos ou as festas de exaltación de produtos de calidade de Portas de Galicia (eixo Verín-Viana). Ao tempo, o feito de que a zona conte con este novo aloxamento reforzará de forma notable a oferta turística da comarca dado que a situación do Parador no castelo permitirá que a comarca conte por primeira vez cun Parador de Turismo de catro estrelas e aberto todos os días do ano.
BARRIOS Abril de 2014
17
O proxecto de rehabilitación para o Castelo de Monterrei manterá a súa condición de visitable, público e o seu uso cultural mellorando a accesibilidade aos diferentes espazos Os recursos investidos na adecuación, acondicionamento e conservación do conxunto tamén van a permitir a súa utilización para ser visitado por todos aqueles cidadáns que o desexen e a súa promoción como Ben de Interese Cultural
Imaxes procedentes do estudo técnico de iluminación do conxunto. Fonte: Ezcurra e Ouzande Arquitectura.
18
BARRIOS Abril de 2014
CELANOVA E COMARCA
O BNG de Celanova pide unha revisión da facturación do consumo eléctrico municipal
4 Tamén demanda un paso elevado en Ansemil e a regulación das taxas das instalación deportivas. Redacción Unha revisión da facturación do consumo eléctrico, un paso elevado na AG-31 en Ansemil e a regulación das taxas das instalacións deportivas do municipio son os temas sobre os que desexan debater os nacionalistas de Celanova no vindeiro pleno, en maio. A petición do BNG dunha revisión da facturación do consumo eléctrico municipal débese á existencia de numerosos concellos galegos afectados por un cobro indebido desta enerxía. “Nalgúns casos a distribuidora eléctrica aplicou a tarifa diúrna cando as institucións locais contrataran a nocturna para o alumeado público, había facturas duplicadas, multiplicacións mal feitas, ausencia de contadores ou cobros de tramos equivocados. E incluso se lle facturaban aos concellos por conceptos contrarios á lexislación eléctrica”, lembran os nacionalistas, que consideran que “máis que de erros puntuais, estamos a falar dunha estafa claramente organizada polas distribuidoras eléctricas”. Ante estas reclamacións, algunhas empresas subministradoras de enerxía pretenden devolver só a facturación cobrada indebidamente no último ano, xa que consideran os cobros indebidos como erros de lectura ou despistes administrativo. Pola contra, numerosos gobernos municipais de todo o país están demandando que a compañía devolva os cartos que cobrou a maiores desde 2009. A FEGAMP, co obxectivo de amparar os concellos, asinou o pasado ano un convenio coa Consellaría de Industria que non se aplicou “por problemas burocráticos, deixando os conce-
Imaxe do paso elevado que no proxecto inicial da AG-31 (que une Rante e Celanova) se contemplaba para o barrio de Ansemil. llos só con apoio moral”, quéixanse dende o BNG. Por todo iso, o grupo nacionalista pedirá ao Goberno municipal unha “revisión das facturas eléctricas emitidas ao Concello de Celanova desde o 2009”; “no caso de se detectaren facturacións indebidas, reclamar a devolución dos importes totais”; “avaliar as condicións da subministración eléctrica e, de ser o caso, promover un concurso público para conseguir a mellor oferta”; e instar á Xunta a que “asesore e defenda aos concellos nas súas lexítimas reclamacións, e que aplique o convenio asinado coa FEGAMP”. Paso elevado O BNG tamén levará a debate na vindeira sesión plenaria un paso superior sobre a AG-31 no barrio de Ansemil, que a día de hoxe atópase sen executar, a pesar de que xa figuraba no proxecto inicial. Este cambio de rumbo debeuse a que -segundo informou a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)- “o Concello de Celanova informou favorablemente da modificación do trazado e que
O paso elevado de Ansemil xa estaba contemplado no proxecto, pero non se executou porque o Concello considerou que o camiño actual “é válido para este fin”
o camiño existente atópase definido axeitadamente e válido para o seu fin”. Como consecuencia, o portavoz nacionalista solicitou en xaneiro unha copia deste acordo tomado polo Concello de Celanova, pero a día de hoxe non a recibiu; polo que están a avaliar trasladar a súa reclamación ao grupo parlamentario. Taxas das instalacións deportivas Ante as numerosas queixas que está a recibir o grupo nacionalista de Celanova polo elavado custo
para practicar deporte nas instalación deportivas do Concello, tanto para os participantes nas ligas locais de fútbol sala ou baloncesto, como polos usuarios individuais, reclamarán no vindeiro pleno “que o Goberno municipal analice a ordenanza fiscal reguladora da taxa por uso e prestación de servizos nas instalacións deportivas municipais, reducindo os prezos”, así como que “se convoque unha reunión para o inicio da creación da liga comarcal de fútbol sala”.
4 O BNG pide ao Concello que siga coa recuperación da praza de Abastos O BNG de Celanova demanda do grupo de goberno o tramite de xeito urxente a Orde do 12 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos concellos galegos para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio non sedentario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), e así continuar co arranxo iniciado na anterior cam-
paña ata acadar a recuperación e modernización integral do espazo. Os nacionalistas son coñecedores das deficiencias técnicas e técnico-sanitarias que sigue presentando a Praza de Abastos de Celanova, polo que instan ao alcalde a que, de xeito urxente, solicite esta liña de axudas e leve a cabo a revalorización desta instalación co fin de que mellore as condicións para que pequenos produtores da vila poidan instalarse nela e se dinamice o pequeno comercio ou comercio de proximidade.
De turismo por Celanova 4 A oficina de turismo da vila permanecerá aberta durante toda a Semana Santa. Redacción A oficina de turismo de Celanova e o centro de recepción de visitantes do Campamento Romano de Aquis Querquennis de Bande permanecerán abertos durante toda a Semana Santa. Ambos os dous servizos, xunto coas visitas que se realicen dende a Fundación Curros Enríquez, estarán atendidos -en horario de mañá e tarde- por alumnos e docentes do obradoiro de emprego de xestión turística e cultural “Camiño de San Rosendo”, que xa entra na súa recta final. No caso concreto das visitas guiadas ao Mosteiro de San Rosendo de Celanova, estas manterán o costume habitual de apertura da oficina de turismo en horario normal, ofre-
cendo visitas guiadas, tanto pola mañá como pola tarde, ás horas en punto, incluíndo ademais a posibilidade de visitar a torre das campás e a exposición permanente “Rudesindus” de José Antonio Ocaña Martínez, que dende marzo está colgada das paredes da devandita torre. Dadas as singulares características das escaleiras de acceso ao campanario do mosteiro, as visitas a esta parte do edificio estarán limitadas a grupos de 10 persoas como máximo e realizaranse ás 12 e 18 horas, previa inscrición e partindo da propia oficina de turismo.
A oficina estará atendida por alumnos e profesores do obradoiro de emprego
Celanova e a Baixa Limia apostan pola promoción conxunta Redacción Os acaldes do Xeodestino denominado “Terras de Celanova-Baixa Limia” reuníronse co xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, para debater a posibilidade de canalizar de forma conxunta e coordinada o futuro turístico de ambas as dúas demarcacións. Este novo proxecto, do cal actuará como líder o Concello de Muiños, comeza por redactar un Plan Director conxunto que marque a pauta das posibles iniciativas de futuro no ámbito do turismo para este territorio, de forma que poidan seren incluídas no Plan Integral de Turismo presentado pola Xunta de Galicia, así como no Plan Termal para Ourense. Despois de moitos anos de propostas que non pa-
saron da intención e incluso despois de teren sido dados algúns pasos para promover a constitución dun consorcio de turismo, por primeira vez se van xuntar os 14 municipios que constitúen estas dúas demarcacións comarcais (non está integrado o Concello de Pontedeva, que nos xeodestinos foi incluído na comarca do Ribeiro) para afondar nas estratexias destinadas, non tanto ao desenvolvemento de infraestructuras, canto á posta en valor dos recursos patrimoniais, culturais, xeográficos e naturais cos que conta esa zona sur da provincia. Os concellos que serán integrados no xeodestino “Terra de Celanova-Baixa Limia” son A Merca, Cartelle, A Bola, Ramirás, Gomesende, Padrenda, Quintela de Leirado, Celanova, Verea, Bande, Lobeira, Muíños, Entrimo e Lobios.
CELANOVA E COMARCA
EN BREVE
4Ludoteca infantil na Casa dos Poetas A Casa dos Poetas de Celanova acollerá durante a Semana Santa unha ludoteca infantil aproveitando as vacacións escolares. Así, co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar dos proxenitores, ofertaranse dúas quendas: de mañá (de 11 a 13 horas) e tarde (de 16.30 a 18). Esta iniciativa, pensada para nenos con idades entre os 4 e 12 anos, incluirá talleres de manualidades e
xogos para os días 15 e 16. As persoas interesadas en que os seus cativos participen nos talleres (que contan con prazas limitadas a 20 nenos) deberán anotalos previamente nesta instalación (sita na rúa Curros Enríquez).
4Obradoiros terapéuticos
O Centro Terapéutico, Cultural e Educativo “A Chaira de Amoroz” acolleu esta fin de semana (12 e 13 de abril) un curso de terapia asistida con cans, impartido
por Ana Villalobos. Durante estas dúas xornadas os participantes descubriron as bases científicas da intervención educativa e terapéutica asistida con cans, así como a súa aplicación en función do destinatario (persoas con discapacidade motora, mental, trastornos xeralizados do desenvolvemento). Os seguintes cursos que ofrecerán serán de eneagrama (3 e 4 de maio) e agricultura ecolóxica (10 e 11 de maio).
BARRIOS Abril de 2014
19
As compras nesta Semana Santa, na Feira da Oportunidade de Celanova 4 Haberá 60 expositores con prezos rebaixados, sorteos e actividade deportiva. P.L. O comerciante celanovés Julio Gosende está detrás da organización da Feira da Oportunidade da vila de San Rosendo que,
por sexto ano consecutivo, reunirá ao redor de 60 expositores na rúa Celso Emilio Ferreiro durante a xornada do Xoves Santo. A idea do seu promotor é ofrecer “un día de compras distinto, con produtos a moi bos prezos” aproveitando a xornada festiva para atraer visitantes a Celanova. Gosende estima que a clave para que o éxito da feira estea asegurado é que a climatoloxía acompañe, pois considera que logo de seis edicións, o evento xa está consolidado. A actividade comezará na noite do mércores, cunha cea popular na rúa Celso Emilio Ferreiro a base de polbo e churrasco, e coa instalación dunha pantalla xigante para seguir a final da Copa do Rei entre Madrid e Barcelona. Os convites custan 18 euros (10 euros para menores de 16 anos) e pódense conseguir ata a véspera. Xa durante o Xoves Santo, 17 de abril, colocaranse 60 expositores neste céntrico vial celanovés: “flores, electrodomésticos, veterinaria, mobles, bazar, alimentación, textil, de todo variado”, apunta Gosende, que subliña que os clientes poderán mercar “barato, barato; no meu caso (ten unha moblería) irei con descontos de ata o 90%”.
Os que realicen compras superiores a 10 euros recibirán un “rasca” para participar no sorteo de tres premios de 500 euros, nove premios de 100 euros, 50 xamóns e un gran número de premios pequenos, como camisetas, bolígrafos ou chisqueiros. A feira permanecerá aberta de 10 a 21 horas, e para ambientala, tocarán os gaiteiros do Concello (a mediodía) e haberá unha exhibición de baile moderno da Banda de Música de Celanova (a partir das 19:30 horas). Desde as 4 da tade haberá tamén torneos de parchís, futbolín e tenis de mesa. Eventos deportivos De maneira paralela, haberá dous eventos deportivos que de seguro congregarán bastante público: un torneo de fútbol sala feminino no pavillón das Trigueirizas de 10 a 14 horas, e no que participarán o Ponte Ourense, o Cidade As Burgas, o Amoeiro e o Celanova; e un torneo de fútbol para nenos no campo de San Rosendo, de 10 a 21 horas. A 6ª Feira da Oportunidade conta cunha pequena colaboración do Concello de Celanova e da Deputación Provincial.
Julio Gosendo organiza por sexto ano consecutivo a Feira da Oportunidade de Celanova./S.N.
20
BARRIOS Abril de 2014
PROVINCIA
805 prazas na campaña de verán da Xunta
Axudas para nove festas de interese turístico Redacción
4 En campamentos e campos de traballo na provincia. Redacción A provincia de Ourense oferta 805 prazas para participar nas actividades da campaña de verán da Dirección Xeral de Xuventue e Voluntariado. En concreto, este verán ofertaranse 640 prazas para campamentos, fronte ás 535 ofertadas na pasada campaña. As instalacións nas que se desenvolverán os campamentos serán o complexo O Corgo en Muíños; o centro de educación ambiental Equal en Coles; o albergue Vilar de Ordelles en Esgos; a estación de montaña de Manzaneda; e a residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, na capital. Haberá distintas quendas, de entre 8 e 12 días, durante os meses de
xullo e agosto e poderán participar nenos e nenas de entre 9 e 17 anos. Campos de traballo Para os maiores de 18 anos tamén se poñen en marcha os campos de traballo, cun total de 105 prazas, 15 máis das ofertadas en 2013. Desenvolveranse cinco campos de traballo de diferentes temáticas: medioambiental en Riós e Muíños; mediambiental e social, na Peroxa; de bioconstrución e autoconstrución nas Corcerizas, en Vilar de Barrio; e audiovisual en Celanova. Para estes mozos tamén vai dirixida a actividade “Cultura e Camiño” de coñecemento do patrimonio histórico cultural, con outras 60 prazas.
Susana Vázquez intervindo no congreso local do PP de Porqueira. /ALBERTE PAZ.
O PP segue elixindo presidentes locais
4 Os últimos, en Porqueira, Riós e Padrenda. Redacción Susana Vázquez Dorado, Francisco Armando Veiga Romero e Manuel Pérez Pereira veñen de ser elixidos, por unanimidade dos compromisarios, presidentes locais do Partido
Popular de Porqueira, Riós e Padrenda, respectivamente. Susana Vázquez destacou que a nova Xunta Local dos populares “conxuga á perfección xuventude con veteranía, con representantes de todos os pobos”. Francisco Armando Vei-
ga citou como importantes necesidades para Riós “o parque empresarial, o centro de día ou centro sociosanitario e a traída de auga por caída, que nos permitirá aforrar nos custes do bombeo. E sen esquecer a necesidade de arranxar a conexión coa estrada N-525” Pola súa banda, Manuel Pérez, presidente local dos populares de Padrenda, puxo o acento no seu principal obxectivo actual: o remate da residencia da terceira idade.
Turismo de Galicia vén de mobilizar na provincia de Ourense unha partida de axudas para plans de apoio, promoción e difusión das festas declaradas de Interese Turístico de Galicia. Estas subvencións repartiranse entre os nove concellos que solicitaron as axudas e contan no seu calendario festivo con este tipo de celebracións. As festas ourensás que obtiveron estas achegas son a Romaría Etnográfica Raigame (Celanova), o Entroido de Laza (Laza), o Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda (Manzaneda), a Romaría da Saínza (Rairiz de Veiga), a Feira do Viño do Ribeiro (Ribadavia), a Festa da Castaña e do Cogomelo (Riós), a Festa da Androlla (Viana do Bolo) e a Festa do Pemento (Arnoia).
especial DEPUTACIÓN DE OURENSE
BARRIOS Abril de 2014
21
Os presidentes de deputacións acordan a creación dunha rede interprovincial de cooperación, coñecemento e promoción Na Conferencia de presidentes de gobernos provinciais de España celebrada en Ourense Os presidente de gobernos provinciais de España acordaron a creación dunha rede interprovincial de cooperación que comparta, colabore e divulgue estratexias de promoción, coñecemento e información, así como a posta en valor dos recursos propios de cada territorio, iniciativa proposta polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. No acto de clausura da I Conferencia de presidentes de gobernos provinciais de España, que tivo lugar na capital ourensá, o titular do goberno ourensán dixo que esta rede interprovincial servirá tamén “para transferir boas prácticas en materia de apoio político-económico a sectores, servizos ou accións que redunden na mellora económico-social”. O presidente da Deputación de Badaxoz, Valentín Cortés Cabanillas, foi o encargado de ler a declaración institucional conxunta na que os presidentes provinciais reivindican o papel da provincia “como verdadeiro ámbito para a prestación
de servizos municipais”. No documento destácase que o novo marco competencial e de racionalización “ten que vir acompañado dun novo marco de financiamento”. Manuel Baltar agradeceu o consenso o que chegaron os presidentes que participaron o longo de tres días na conferencia –máis da metade dos gobernos provinciais de España, representando a 9 das 12 comunidades autónomas que non son uniprovinciais-, así como os seus relatorios e achegas “realizadas pensando sempre en como prestar mellores servizos públicos”, e tamén os debates “plantexados desde o punto de vista dos executivos e afastados de demagoxias”. Manuel Baltar anunciou que en 2015 será a Deputación de Badaxoz quen tomará o relevo da de Ourense para organizará e dar continuidade á Conferencia de presidentes de gobernos provinciais. “É o maior logro desta primeira reunión: o éxito da fórmula e a decisión de darlle continuida-
Reunión de traballo da trintena de presidentes de deputacións provinciais que participou na Conferencia celebrada en Ourense./ALBERTE PAZ.
Os presidentes reivindicaron o papel da provincia “como verdadeiro ámbito para a prestación de servizos municipais” de. Non nos equivocamos”, expresou Baltar, engadindo que son moitas as cousas de que falar, “sempre coa innegable vocación de servizo público que nos une, e, nesta ocasión, con relatorios sobre temas de tanto interese como foron a modificación do réxime electoral, a xestión cultural, o perfil da deputación como
concello de concellos, ou reflexións para reaccionar diante de feitos tan graves como a despoboamento do medio rural”. Gobernos do século XXI Baltar dixo que esta conferencia serviu para avanzar no que considera son as características principais dos gobernos provinciais do sé-
Baltar: “Emprendemento, seguridade e cooperación, claves do desenvolvemento empresarial”
A Deputación conmemora o 33º aniversario do Estatuto de Autonomía Entrega os premios do I Concurso escolar sobre a norma institucional básica galega A Deputación de Ourense conmemorou o 33º aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia cun acto celebrado no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” no que a institución entregou os premios do I Concurso escolar organizado para homenaxear a norma institucional básica galega. O xurado premiou traballos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria dos colexios da provincia de Ourense que se presen-
taron o certame, CEIP de Baltar, CEIP dos Blancos, CEIP Irmáns Villar, CEIP de Educación Especial do Pino, colexio Concepción Arenal, CEIP Mestre Vide e colexio Padre Feijoo-Zorelle, resultando gañadores alumnos destes dous últimos centros. Nas modalidades de Educación Infantil e Primaria presentáronse debuxos e traballos artísticos alusivos ao Estatuto de Autonomía e os premiados foron: Adrián
culo XXI: “a previsibilidade –contar cun plan de xestión e estratexia operativa-, a cooperación, a medioambientalidade -gobernos verdes e sostibles-, o rigor económico e presupostario, e a transparencia para gañar en achegamento o cidadán, con que debemos compartir toda a información porque é súa; porque as deputacións
son súas”. O presidente de Ourense avanzou os eixos estratéxicos nos que está a traballar xa a Deputación de Ourense para fortalecer a institución provincial. “Redefiniremos a estrutura político-institucional fortalecendo a transversalidade na toma de decisións; articularemos foros e espazos de relación directa entre deputación e municipios, e priorizaremos as propostas de prestación de servizos obrigatorios que resulten máis eficientes por economías de escala”. Ademais, Baltar anunciou que a Deputación de Ourense incluirá na estrutura orgánica “niveis directivos profesionais cun alto compoñente de implicación organizativa, cunha elevada capacidade creativa e cun forte impulso innovador”, e dixo que se reforzarán os servizos económico-financieiros e os de asistencia técnica, ademais da xestión tributaria, a administración electrónica e a implantación da transparencia nas entidades locais da provincia.
Os rapaces premiados co subdelegado do Goberno, Roberto Castro, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, e a senadora Carmen Leyte. Garrido Pérez, Noa Rodríguez Calviño, Silvia Iglesias Silva, Gema da Rocha Casas, Pablo Rodríguez Valdonedo e Alicia Conde Freire. Na modalidade de Secundaria presentáronse a concurso redaccións, e os premiados foron: Pablo Rodríguez Iglesias e Víctor Rodríguez Fernández.
A Deputación quixo con este evento destacar a importancia do Estatuto de Autonomía “pois é un modelo que trouxo importantes conquistas en materia de autogoberno e que permite que o pobo galego siga progresando a prol do seu benestar”, defendeu Manuel Baltar.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, afirmou durante a clausura das iniciativas “Espazo seguro” e “Oficina do emprendedor” da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao que as palabras “seguridade”, “emprendemento” e “cooperación” son tres verbas que hoxe nos deben unir máis que nunca, xunto coa palabra “cooperación”, “que entre a asociación de empresarios do polígono de San Cibrao e a Deputación de Ourense vense concretando no apoio en materia de seguridade co dispositivo de emerxencias que vimos mantendo dende hai anos”. En materia de empredemento, Baltar falou do
acordo que a Deputación de Ourense ten coa Escola de Organización Industrial do Ministerio de Industria para poñer en marcha un plan de emprendemento que contará co apoio da Asociación de Empresarios de San Cibrao, e ofreceu a súa colaboración para impulsar un plan estratéxico de parques empresariais na provincia. Este plan, dixo Baltar, “permitirá a calquera investidor ter acceso a unha importante cantidade de información referida á situación dos parques empresariais da provincia de Ourense, dende os metros cadrados dispoñibles, ás condicións de compra de solo, e empresas da contorna que están ubicadas en cada parque empresarial”.
22
BARRIOS Abril de 2014
especial CENTROS SOCIOCOMUNITARIOS/SAUDETER
“De pintor, habilidoso y artista loco, todos tenemos un poco”
A acuarela non é só cousa de nenos.
A acuarela sobre vidro, unha gran decoración.
Debuxos realistas coa decoración con tella.
O encaixe de bolillos esperta a destreza e a imaxina- Para rirnos de nós mesmos a caricatura é un gran ción. axudante.
Pirogravado sobre madeira, todo un arte.
O oleo sobre lienzo descóbrenos como o mellor cadro é o feito coas nosas propias mans.
BARRIOS Abril de 2014
DEPORTES
Iván Feijoo, sexto en cadetes no Open de Jerez
EN BREVE
4 Fútbol 8
4 O Actyon-Academia Postal-Merida, segue colleitando éxitos alí onde se presentan os seus deportistas. Redacción Iván Feijoo foi sexto en cadetes no Open de España BTT de Jerez, mentres que Raúl González venceu en júniors na Transgalaica de Tui. Open de España En Jerez de la Frontera disputouse a segunda proba puntuable para o Open de España Cofidis de BTT XC, e en Tui, a Transgalaica. O cadete Iván Feijoo rematou na sexta posición na súa primeira participación a nivel estatal. Feijoo realizou unha extraordinaria carreira a pesarede caer cando apenas levaba 100 metros percorridos, o que fixo que quedara rezagado. Non obstante, volta a volta foi remontando ata rematar
na sexta posición, moi preto do podio. Na proba crono finalizou sétimo. En mulleres, Eva Álvarez, foi sétima na proba crono e 15ª na de rali. Saúl López fixo un posto 29º na crono e 35º en rali; o ourensán foi perdendo posicións
debido á forte calor cando estaba entre os 20 primeiros elite. Transgalaica Na Transgalaica celebrada en Tui, o júnior Raúl González Carracedo vencía con autoridade.
120 participantes no Torneo de Natación do Lázaro Redacción
O verinés José Manuel Ferreira triunfa no Campionato de España de Wushu 4 Nas modalidades de formas e combate. Redacción Os días 15 e 16 de marzo celebrouse en Villaviciosa de Odón (Madrid) o Campionato de España de wushu en formas e combate para as categorías júnior e absoluta. A selección galega acudiu á cita con 20 deportistas, que lograron 20 medallas (10 de ouro, 7 de prata e 3 de bronce). Dentro da expedición galega participaron varios ourensáns que lograron una participación moi notable; como foi o caso do deportista verinés, José Manuel Ferreira. Ferreira, do Club Arco de Verín, que logrou catro ouros en nanquan (puño de sur), nandao (sable de sur), nangun (pao de sur) e en duilian (combate preparado). O seu compañeiro de
Membros do CN Verín xunto co concelleiro de Deportes.
4 Nadadores de Allariz, Chaves, Xinzo de Limia e Verín.
Iván Feijoo na meta do Open de Jerez.
A Piscina Climatizada de Verín acolleu, o sábado 5 de abril, o Torneo de Natación, organizado polo Servizo de Deportes con motivo da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’. Neste torneo participaron un total de 120 nadadores procedentes da Piscina Climatizada de Allariz, Club de Natación de Chaves, Piscina Climatizada de Xinzo de Limia e Club de Natación de Verín. Vencedores O Club Natación Cha-
ves foi o triunfador da xornada con oito ouros individuais. Seguirono no podio o Club Natación Verín e o Piscina Climatizada de Xinzo de Limia, con catro ouros cada un deles. O Piscina Climatizada de Allariz tívose que conformar cunha medalla de bronce. Na última proba, a de relevos mixta (8x25 metros) primeiro foi o Club de Natación de Verín, seguido do Piscina Climatizada de Xinzo de Limia (2º) e do Club de Natación de Chaves (3º); cuarto foi o Piscina Climatizada de Allariz.
Terra e asfalto no I Rallymix da Gudiña 4 Terá lugar o 3 e 4 de maio. Redacción Ferreira (á esquerda) fíxose con catro medallas de ouro. club, Arcadio Álvarez acadou os ouros en nanquan e nandao. Campionato de Europa Con estes resultados ambos teñen posibilidades de facerse cunha praza para o Campionato de Europa en Romanía en maio.
Ferreira logrou 4 ouros en nanquan (puño do sur), nandao (sable do sur), nangun (pao do sur) e duilian (combate preparado)
23
Os días 3 e 4 de maio terá lugar na Gudiña o I Campionato Galego Rallymix; proba que conxuga terra con asfalto. Unha nova proba para o calendario galego da Federación de Automobilismo (FGA). Este primeiro Rallymix terá un trazado secreto de
preto de 12 quilómetros en terras da Gudiña. Constará de cinco pasadas, das que tres se farán o sábado (día 3) e dúas o domingo (día 4). Poderán participar vehículos autorizados pola FGA: carcross, vehículos de autocross, rali de asfalto, rali de terra, turbos etc. Estes competirán en cinco agrupacións: unha para
O sábado 5 de abril disputouse o V Torneo San Lázaro Intercentros de Fútbol-8, dentro das actividades deportivas realizadas con motivo da Feira do Lázaro e o Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’. O CEIP Princesa de España de Verín, proclamouse, por segundo ano consecutivo, campión desta competición deportiva. No torneo participaron os equipos de categoría alevín mixto dos colexio Mª Inmaculada e Princesa de España de Verín e o CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós.
4 Campus Sporty en Allariz O Camping Os Invernadeiros de Allariz acollerá, do 1 ao 13 de xullo, a IX edición do Campus de Fútbol Sporty para nenos e nenas de 6 a 15 anos. O campus busca ofrecer unha alternativa aos campamentos de verán convencionais, onde a prioridade é inculcar aos mozos os valores do deporte para o seu desenvolvemento persoal. A actividade volverá contar coa presenza de numerosos futbolistas de elite e o campamento foi deseñado tamén para implantar a aprendizaxe do inglés. Máis información en http://www.acdsporty. com/ e en Reatur no 988 442 006. vehículos de carcross e as outras catro para vehículos carrozados repartidos por cilindradas (ata 600cc, de 1.600cc a 2.000cc, de 2.000cc a 3.000cc e máis de 3.000cc). Custo da inscrición Este campionato será low cost xa que a inscrición custará 250 euros.
O trazado da proba, duns 12 quilómetros, será secreto e realizaranse cinco pasadas
24
BARRIOS Abril de 2014
DEPORTES
O Ourense, campión da Copa Federación
4 Os homes de Luisito lograron dar a volta ao marcador do partido de ida e alzarse coa Copa que reportará ás arcas do club 90.000 euros. R. Torres A tarde noite do xoves 10 de abril xa presaxiaba algo bo. Colas nas taquillas do estadio do Couto minutos antes de que comezara o encontro, daban lugar a pensar que o equipo contaría cos afeccionados para darlle a volta ao 2-1 co que viñan do partido de ida contra o Guadalajara. Os ourensáns comezaron o encontro con moitas ganas de lograr a vitoria, e por iso o dominio foi deles. Os rojillos eran xogadores que querían darse unha ledicia nunha tempada moi convulsa na que as débedas suman catro mesualidades, no mellor dos casos, aos empre-
gados do club (xogadores, plantilla e corpo técnico). Despois de varios achegamentos á portaría rival, Javi Hernández rouba un balón, regatea a cantos rivais se poñen ao seu paso, e logra o primeiro gol do encontro. 1-0 e eliminatoria farovable ao Ourense. Os primeiros 45 minutos rematan con ese gol no marcador e unha bancada que está comezando a gozar do que sería unha noite especial. No segundo tempo, o Guadalajara, que non inquedaba as inmediacións de Pato Guillén, e o equipo da cidade das Burgas, que controlaba a final ao seu antoxo. Cando máis a pracer estaban xogando os locais,
novamente Javi Hernández driblaba a canto rival se lle poñía en medio e facía o segundo gol da noite, o segundo da súa conta particular. A Copa xa se podía acariciar cos dedos. Emoción final A Copa cada vez estaba máis preto e o suspense era máis porque un gol do Guadalajara supoñía o empate, máis que porque os visitantes tiveran posiblidades claras de logralo. Con tres minutos de prolongación, o colexiado decretaría o final do encontro e estalaba a emoción no Couto. Moitos afeccionados invadiron o campo para celebrar cos seus heroes esta épica vito-
Xogadores de CD Ourense celebrando a consecución da Copa Federación./RAMSÉS ria (non por seren inferiores ao rival, pero si polas penurias económicas que están a vivir ao longo da tempada). Yebra alzou ao ceo ourensán a Copa e todos festexaron un título que será moi recordado. Ao final do encontro fixeron a volta de honra para agradecer aos alí presentes o alento que lle agasallaron durante o encontro (e durante toda a tempada). Ao extremo Iker facíaselle curto o seu apelido (Alegre)
xa que estaba exultante á finalización da final; Óscar Martínez mostraba a brecha ensangrentada da ferida que ten na cabeza desde o partido de ida da Copa e Adil arrancábase en español explicando o contento que estaba trala consecución do título. 90.000 euros Esta competición reporta ao vencedot 90.000 euros, que tal e como está a situación económica do club son
máis que benvidos. A metade dos cartos irán destinados a primas aos empregados do club (xogadores, corpo técnico e demais traballadores). O resto, despois de gastos irán a pagar nóminas atrasadas.
A metade dos 90.000 euros irán destinados a primas para os empregados
DEPORTES
Máis de 400 atletas na VII 10km Xinzo de Limia
Joaquín Dobarrio vence no Mini-trail Pozo do Demo
4 Akka Essaadoui foi o vencedor masculino e Rocío Rodríguez a feminina. 4 En mulleres, Blanca Labanparou o crono en 32:19 mi- minutos e terceira foi a atRedacción deira foi a máis rápida. O 30 de marzo disputouse a sétima edición dos 10km Xinzo de Limia. Unha proba consistente nun circuíto de dúas voltas (cinco quilómetros cada unha delas) homologado pola Real Federación Española de Atletismo. Unha planicie coma a de Xinzo fai que moitos atletas acudan a esta cita para mellorar nos 10.000 metros. Cun tempo frío pero sen choiva participaron un total de 294 atletas na proba absoluta. O atleta do Club Val Miñor, Akka Essaadoui, foi o vencedor ao empregar un tempo de 31:54 minutos. Segundo en entrar na liña de meta foi o atleta do Bikila Daniel Bargiela, quen
nutos. En terceira posición remataría Nemesio López (Fontes do Sar) en 33 minutos e 44 segundos. En féminas, a gañadora foi Rocío Rodríguez, (Val Miñor) cun tempo de 39:04 minutos. Filomena Cid (Ourense Atletismo) ocupou o segundo caixón do podio ao rematar en 45:04
leta do Ourenrunning, Ángeles Rodríguez (45:07).
Categorías escolares Anxo Losada e Adriana García venceron na carreira de benxamíns e alevíns e na de infantís e cadetes, Ziad Nagihi e Aída Martínez proclamáronse gañadores.
Proba absoluta da carreira popular de Xinzo./S.TORRES.
Redacción O corredor local Joaquín Dobarrio foi o vencedor do IV Mini-Trail Pozo do Demo de Verín. Dobarrio (Club Alpino Ourensán) empregou un tempo de 51 minutos e 34 segundos, entrando en liña de meta por díante dun dos favoritos, José Manuel Casado (Vía XVIII Maceda), quen empregou un tempo de 53:18 minutos en percorrer os 12.150 metros da proba. En terceira posición chegaría Alfonso Vilela (atleta independente) a máis de dous minutos do gañador (53:45). En categoría feminina,
Blanca Labandeira (Club Triatlón Mar de Vigo) resultou vencedora cun tempo de 1 hora 10 minutos e 17 segundos. Lorena García e María del Pilar Martín, foron segunda e terceira respectivamente neste esixente percorrido. Mellores marcas Nas categorías inferiores lográronse batir catro mellores marcas desta competición. Así, Xoel Gago venceu na proba benxamín (700 m) con 2 minutos e 31 segundos, baixando a marca anterior 12 segundos. Despois serían Anxo Losada (EDC Verín Atletismo) e Adriana García (Colexio Mª Inmaculada)
BARRIOS Abril de 2014
25
os que baterían as mellores marcas en categoría alevín, con 4 minutos e 22 segundos e 4 minutos e 49 segundos, respectivamente. Por último, Fiz Losada (EDC Verín Atletismo), durante a proba infantil de 2 quilómetros igualaría a mellor marca de 7 minutos e 14 segundos, que compartirá coa realizada con José Carlos Castro na edición de 2012. O resto de gañadores foron en benxamín feminino, Xiana Fidalgo (Barbadás); infantil feminino, Miriam Cerdeiriña (EDC Verín Atletismo); cadete masculino, Javier Domínguez (Castro Baronceli) e cadete feminino, Aída Martínez (Atletismo Tui).
Dobarrio en meta.
26
BARRIOS Abril de 2014
EN BREVE
4 Certame de relato curto Para fomentar a creatividade literaria dos estudantes da comarca, o Concello de Verín convoca o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez, no que poderán participar alumnos de 5º e 6º de primaria, así como da ESO; os cales deben presentar un relato orixinal, inédito, de temática libre e escrito en galego, que non supere os dous folios escritos a unha cara. Os tres mellores traballos recibirán un premio de 90, 60 e 30 euros. E o prazo máximo de entrega das creacións será o 7 de maio ás 14 horas.
4 Certame de poesía O Concello de Verín tamén convoca o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, no que poden participar alumnos de 5º e 6º de primaria e da ESO de calquera centro da comarca. Os poemas deben ser orixinais, inéditos, con temática e estilo libres, escritos en galego, e que non superen os 24 versos. As tres mellores creacións tamén recibirán premio en metálico (de 90, 60 e 30 euros), e os traballos deben presentarse antes do 7 de maio a mediodía.
4 Mostra de Xosé Rivada A Sala de Exposicións de Verín acolle ata o 3 de maio unha exposición cos últimos traballos do artista Xosé Rivada. En “Punto e á parte”, o esculto-pintor presenta seis esculturas exentas, tres en aceiro e outras tantas en mármore, así como 10 cadros, nos que desenvolve técnicas esculto-pictóricas. A temática das creacións está inspirada no corpo humano, na máscaras do Cigarrón e nos ambientes acuáticos.
OCIO E CULTURA
A provincia conmemora a Semana Santa
4 Xinzo, Verín, Allariz e Celanova acollen numerosos actos relixiosos ata o 20 de abril. Redacción Ourense vive todos os seus rincóns a Semana Santa. Dende o Domingo de Ramos ata o de Pascua numerosos serán os actos relixiosos que se celebrarán en todas as comarcas. Xinzo de Limia En Xinzo de Limia, o martes 15 ás 21 horas mozos da parroquia percorrerán o Camiño de Xesús (Viacrucis) subindo ao monte de Baronzás. O inicio terá lugar na rúa Cerdeiro. O Xoves Santo, de 10 a 13 horas, haberá un confesor na igrexa Nova. E a partir das 18.30 celebrarase a “Cea do Señor”, co lavatorio de pés. De seguido terá lugar a procesión de “Xesús na Horta”, acompañada de tambores e trompetas. Así mesmo, de 10.30 a 11.30 será hora santa en toda a parroquia, así como de 12 da noite a 2 da madrugada, momento no que terá lugar a adoración nocturna. Para iso a igrexa Nova permanecerá aberta toda a noite. O Venres Santo comezará ás 9.30 co oficio de Laudes na igrexa Nova, a cal será escenario ás 12 do Vicacrucis de Catequesis, organizados polos rapaces de 3º, 4º e 5º de primaria. Xa ás 18.30 celebrarase a Paixón do Señor; e ás 21 horas a procesión do Santo Enterro, con saída e chegada na igrexa Nova. O Sábado Santo ás 10 terá lugar a oración con María na Saoidade, ás 12 o Viacrucis parroquial na igrexa Nova, e ás 22 a Vixilia Pascual. E xa o Domingo de Pascua, as misas celebraranse ás 12.30 e ás 20 horas na igrexa Nova.
Verín En Verín, o Xoves Santo comeza na parroquia coas tradicionais confesións pola mañá. E pola tarde, ás 16.30 horas terá lugar a misa rezada, ás 18 terá lugar a misa da Cea e procesión ao Monumento, e ás 20 horas conmemórase a Hora Santa. Asemade, ás 5 da tarde celebrarase a misa da Cea do Señor na residencia de anciáns e ás 7 na igrexa dos Pais Mercedarios. O Venres Santo ás 10 da mañá terán lugar os Laudes e a adoración ante o Monumento; ás 17 horas a conmemoración da morte do Señor; e ás 19.30 será o sermón do Desenclavo e a procesión do Santo Enterro. Pola súa banda, na residencia de anciáns celebrarase ás 5 da tarde a misa da morte do Señor; e na igrexa dos Pais Mercedarios ás 10 terá lugar o Viacrucis e ás 17.30 a misa da Paixón. Xa o Sábado Santo, ás 11 celebrarase na parroquia o Viacrucis e ás 20.30 a
Vixilia Pascual. Esta última conmemorarase ás 20 horas na residencia de anciáns e ás 21.30 na igrexa dos Pais Mercedarios. Allariz En Allariz, o Xoves Santo a partir das 10 horas terá lugar a celebración do sacramento do paredón e confesións durante toda a mañá. Ás 18.30 será a misa da Cea do Señor e procesión ao Monumento. E ás 22 horas conmemórase a Hora Santa parroquial con posterior adoración nocturna. O Venres Santo ás 8 da mañá terá lugar a adoración ante o Monumento; ás 18.30 a celebración da Paixón de Cristo; ás 20, procesión do Santo Enterro; e unha hora despois a procesión da Dolorosa. O Sábado Santo, ás 10 celebrarse o Viacrucis; e ás 22 horas a Vixilia Pascual. E o Domingo de Pascua, ás 11.45 terá lugar a conmemoración da Pascua e ás 12.30 a procesión do Encontro.
Anterior procesión de Venres Santo en Celanova.
4AXENDA Celanova Na vila de San Rosendo, o Xoves Santo terá lugar ás 20.15 horas a celebración da Última Cea, seguida do traslado do Santísimo ao Monumento, onde se precederá ás 21.15 á súa adoración. Ás 23 horas conmemorarase a hora da xuventude. O Venres Santo, ás 12 terá lugar a escenificación do proceso político e relixioso contra Xesús; ás 18 horas a función litúrxica (con catro partes: lectura da Paixón segundo San Mateo, oración universal, adoración da Cruz e comuñón); ás 19.45, a crucifixión: á 20 horas, o sermón das sete palabras, co desencravo e posterior traslado do corpo de Xesús á urna; e ás 20.30, procesión do Santo Enterro polas rúas da vila, na que participarán 150 cofrades. E xa o Sábado Santo, ás 20 horas celebrarase a Vixilia Pascual, coa bendición do lume na praza Maior, do cirio Pascual e da auga.
A celebración da Última Cea, a Paixón de Criso e a Resurrección son as citas máis destacadas
Exposicións - Ata o 20 de abril - Pasos de Semana Santa en Miniatura - Sala dos Arcos, Concello de Celanova - Ata o 30 de abril - Escultura de Adolfo Fdez. Dafonte - Cada dos Poetas de Celanova - Ata o 3 de maio - Esculturas e pinturas de Xosé Rivada - Sala de Exposicións de Verín - Ata o 4 de maio- Exposición “Cinco sensos á deriva”, Nito Contreras e Santi Barreiros - Fundación Vicente Risco de Allariz - Permanente - “Rudesindus” de José Antonio Ocaña - Torre das campás do mosteiro - Celanova Música - 18 de abril - Two in the mirror - 23:30 h - A Fábrica de Allariz - 19 de abril - Jenny e Nico - 00:00 h - Café c. Roi Xordo de Allariz - 26 de abril - Best life - 23:30 h - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía - 2 de maio - Usar y tirar, versións de M-Clan 23:30 h - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía Varios - Do 17 ao 20 de abril - Semana Santa ao Vivo - Varias localizacións Allariz - 19 de abril - Mago Deimi -23:30 h - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía - 23 de abril - Sesión de contacontos - 18 h - Biblioteca de Verín - 25 de abril - Presentación do libro “Emigrantes exiliados e perseguidos: a comunidade portuguesa na Galiza (1890-1940) - 20 h - Casa da Cultura de Xinzo - 30 de abril - Festa dos Maios en Allariz - 11:30 h - Campo da Barreira - 1 de maio - Festa dos Maios en Verín - 11 h Alameda - 10 de maio - Monólogo: Óscar Guillén - 23:30 h - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía www.periodicobarrios.com
OCIO E CULTURA
27
Música na rúa en Allariz para Semana Santa
Celanova acolle mostras sobre a Semana Santa e oficios tradicionais
4 Do 17 ao 20 de abril, dentro do programa “Semana Santa ao vivo”.
Redacción
O 5 de abril foi inaugurada na Sala dos Arcos (antiga biblioteca municipal, nos baixos da Casa do Concello) a exposición de Pasos de Semana Santa en miniatura, que se poderá visitar ata o vindeiro 20 de abril. A exposición está formada por un conxunto de reproducións de pasos de Semana Santa en miniatura realizados por Francisco Mayorgas Chacón, artesán, escultor e maquetista nacido en Córdoba e residente dende hai moitos anos en Ourense.
BARRIOS Abril de 2014
Redacción
Os alcaldes de Celanova e de Bande co escultor Adolfo Fernández Dacosta o día da inauguración da súa mostra. A obra componse de 22 pasos a escala diminuta creados a partir de materiais reciclados. Oficios e tradicións A Casa dos Poetas de Celanova acolle ata o 30 de abril a mostra de escultura
de Adolfo Fernández Dafonte (orixinario de Bande) sobre oficios e tradicións populares. A mostra estará dispoñible en horario de martes a sábado de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.00. Os festivos só de mañá.
“Scotty Haggis en la Olimpiadas de Serenguetti”, o primeiro libro de Manuel Caldas Castro O alcalde de Celanova, José Luis Ferro, e a correctora do texto, Carmen Gutiérrez, acompañaron a Manuel Caldas Castro na presentación do seu libro “Scotty Haggis en las Olimipiadas de Serengueti”, que tivo lugar na Casa dos Poetas de Celanova. Esta publicación, a primeira deste celanovés, trátase dunha novela xuvenil que narra a celebración dunhas olimpiadas animais no Parque Nacional Serengueti, en Tanzania.
Allariz ofrecerá música na rúa durante a Semana Santa. O evento denominado “Semana Santa ao vivo” traerá ao casco histórico da vila alaricana a sete grupos do 17 ao 20 de abril. Pardedous -jazz-, Lúa Branca -música lixeira-, Blues do país -blues-, Ghaveta -folk-, Fiddleloop -pop, rock-, Miguel Alonso -cantautor- e Jenny e Nico en acústico -rock, pop- actuarán neses días. Os concertos terán o horario de mañá de 12 a 14 horas, e de tarde de 18 a 20 horas, e tocarán simultáneamente varios grupos en distintas zonas do núcleo urbano. Tamén en dous locais de hostalería poderase gozar de música en directo. Na Fábrica, Two in the mirror actuará ás 23.30 horas do 18 de abril, e Jenny e Nico farano o 19 a medianoite no Café Cultural Roi Xordo. Obradoiros Pero non só con música vibrará Allariz. Realizaranse obradoiros para nenos desde 3 euros a inscrición. O día 16 será de cociña ecolóxica (ás 18 horas) no Petiscos e
A técnica municipal Cruz García e a concelleira de Promoción Económica, Cristina Cid, presentaron o evento. Arrieiros; o 17, a partir das abril na praza de Abastos; 17 horas, fabricarán bro- e o da artesanía será do 17 ches e chaveiros no Museo ao 20 no patio do Museo do da Moda; e o 18, ás 12 ho- Coiro en horario de 11 a 21 ras, elaborarán animaliños horas. con material de refugallo, na Praza de Abastos. Visita ao Rexo Os obradoiros para adulAsemade, os que queitos serán dous, e ambos rea- ran poderán facer unha vilizaranse no patio do Museo sita ao Rexo durante estas do Coiro. O primeiro será de vacacións. Haberá visitas cerámica, o día 18 de abril, guiadas cada 15 minutos e de 17 a 19 horas; e o segun- non é preciso reservar. Os do tratará de pintura téxtil adultos realizarán a visita sobre zapatillas, e terá lugar previo pago de dous euros, de 17 a 19 horas o sábado mentres que os menores de 19. Cada un destas dúas ac- 12 anos poderana facer por tividades terá un custo de 2 1,50. euros por persoa. Tamén haberá Outro dos eventos que acollerá a vila esta Semana obradoiros, Santa serán os mercados. mercados e visitas O da Reserva da Biosfera guiadas ao Rexo terá lugar todo o día 19 de
28
BARRIOS Abril de 2014
Actividades no centro comercial Ponte Vella Redacción O centro comercial Ponte Vella organiza desde marzo e durante os sábados de abril “Tardes de conto en Ponte Vella” para gozar dun mundo máxico. As sesións infantís teñen lugar os sábados a partir das 18:30 horas, realízanse na planta alta do centro e corren a cargo de Sarabela Teatro. Talleres infantís Ponte Vella continúa cos obradoiros infantís todos os venres e sábados de 17:30 a 20:30 horas. Memory; Circo de papel; Porta lápis; Títeres de dedo; Coellos de pascua e Muíños de vento son algún dos contidos destes obradoiros. Dúas opcións de ocio inmellorables para os máis cativos que se acheguen a Ponte Vella.
OCIO E CULTURA
Allariz e Verín festexan Os Maios 4 Na primeira será o 30 de abril e na segunda o 1 de maio. Redacción Allariz e Verín cumplirán, como cada ano, coa tradicional festa dos Maios. No caso da vila alaricana, será o 30 de abril cando os alumnos de Primaria e instituto presenten as súas creacións naturais e canten coplas que eles mesmos elaboran. Todos os maios e coplas participarán nun concurso organizado pola Concellería de Cultura, que outorga premios que van dende os 20 aos 40 euros. O veredicto do mesmo emitirase na propia festa dos Maios, que terá lugar no Campo da Barreira a partir das 11:30 horas; e na que actuarán o grupo de gaitas do Centro Sociocomunitario de Xinzo e a Escola de Danza de Allariz.
Verín Pola súa banda, esta festa celebrarase en Verín o 1 de maio de 11 a 14 horas no parque da Alameda. Os maios que se presenten á concentración (que deberán inscribirse antes do 24 de abril no Concello) poderán ser humanos, artísticos ou enxebres. Como axuda para as custas de montaxe, a cada grupo de maios tradicionais ou artísticos entregaráselle 125 euros e 75 coplas sen cargo. Os maios humanos recibirán 20 euros e 10 coplas sen cargo a cada compoñente. Así mesmo, todos deben crear coplas propias, coas que se fará unha edición conxunta de 1.000 exemplares, que serán vendidos a 1 euro, co fin de recadar fondos para Cruz Vermella.
A mellor gastronomía e diversi na Feira do Lázaro de Verín
4 Numerosos veciños e visitantes festexaron en Ve festa, na que os produtos da comarca foron os protago Redacción Os días 5 e 6 de abril, Verín acolleu a súa tradicional Feira do Lázaro e a sétima edición do Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’.
O Pavillón Municipal de Deportes da localidade foi a sede, durante estas dúas xornadas e con entrada de balde, da feira, articulada en torno á artesanía e gastronomía, con participantes de Galicia, Norte de Portugal e
Entre os stands atopamos un de doces cun axudante moi especial./BORYS MARTÍNEZ
doutras provincias españolas. E tamén foi o escenario o sábado, do sétimo concurso de gastronomía ‘Cigarrón de Verín’. Exaltación do bacallau e cabrito Dntro da Feira do Lázaro, a Asociación de Hostaleiros da comarca, co obxectivo de promocionar os produtos tradicionais da zona, promoveu a quinta edición da ‘Exaltación de Bacallau e Cabrito’. Unha iniciativa asentada na realización de menús específicos a base de bacallau e cabrito, por un prezo de entre os 15 e 21 euros nunha decena de restaurantes da vila. Mellor stand O Concello de Verín con-
OCIO E CULTURA
ión,
Verín esta tradicional onistas. vocou, ademais, o premio ao mellor stand participante na Feira do Lázaro, co obxectivo de recoñecer unha montaxe atractiva para a exposición e venda dos produtos. O xurado valorou aspectos como a creatividade, a orixinalidade no deseño, a presentación do stand e dos produtos, a selección de materiais empregados e a disposición de espazos. Nesta ocasión este premio recaeu en Pato Joyero, que recibiu un diploma acreditativo e unha noite en réxime de aloxamento e almorzo, para dúas persoas, no Parador de Puebla de Sanabria. Nesta edición da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’ participaron un total de 70 stands, que ofertaron arti-
gos confeccionados en pel ou madeira, licores, aceites, mel, queixos, doces artesanais, produtos de fumeiro, xabóns artesanais, encaixe de bolillos, pintura ou bisutería, entre outros. Actividades para todos Xa dentro do apartado lúdico, organizouse na Feira do Lázaro unha ludoteca e obradoiros infantís, actividades nas que participaron máis de 200 nenos. Os máis pequenos asistiron a clases de maquillaxe infantil, obradoiro de tarxetas, animais recortables, gorros, bolboretas, cadros, maquillaxe facial con aerógrafo e tatuaxes, obradoiros de cociña infantil, coches e flores. Entre os máis exitosos atopouse o obradoiro de cociña infantil, no que os cativos confeccionaron un gorro e un mandil, decorado por eles, e con posterioridade elaboraron “pratos especiais” que remataron merendando. Tamén tivo grande asistencia de público a exhibición de bailes latinos e
BARRIOS Abril de 2014
29
4 VII Concurso de Gastronomía ‘Cigarrón de Verín’
Os premiados co “Cigarron Doce” (categoría de afeccionados), xunto ao alcalde de Verín e membros do xurado. acrosport, no que participaron máis dun cento de rapaces de Ourense e Verín. Ademais, a festa de San Lázaro trasladouse ás rúas de Verín, coa realización do V Torneo San Lázaro Intercentros de Fútbol-7, o Torneo de Tenis do Lázaro, o V Torneo de Fútbol de Veteranos (celebrados no complexo deportivo da Granxa); o Torneo de Natación do
Lázaro (na piscina climatizada); a procesión de San Lázaro e misa na Igrexa Parroquial; ou actuacións musicais na noite do sábado e tarde do domingo nas prazas García Barbón e Maior.
Nos obradoiros infantís participaron máis de 200 cativos
O Pavillón de Deportes de Verín acolleu a sétima edición do Concurso de Gastronomía ‘Cigarrón de Verín’, no que participaron 13 concursantes afeccionados, profesionais da restauración e alumnos pertencentes a diferentes escolas de hostalería de Ourense e Chaves. Tras elaborar os pratos, prato principal ou sobremesa, en show cooking e maridalos con viño da D.O. Monterrei durante a presentación; o xurado tomou a determinación de outorgarlle o premio de “Gran Cigarrón” (dotado con 400 euros) á creación “Bacallau confeitado con legumes”, de Fábio Magré e Vasco Martins da Escola Profissional de Chaves (na categoría de mellor prato principal elaborado por alumnos de escolas de hostalería e profesionais da restauración) e a “Flor de bacallau
con corazón....” de Anabel Dacosta Vázquez (como mellor prato principal elaborado por afeccionados); así como de conceder o “Cigarrón Doce” (dotado con 200 euros) ao “Pudin de ovos con xamón de Verín e licor café” de Fábio Rúas e Luis Santos da Escola Profissional de Chaves (na categoría de alumnos de escolas de hostalería e profesionais da restauración) e aos “Arcoiris cupcakes castañas” de María Luna e Iván Berlana (na categoría de afeccionados) Durante o acto de entrega de premios tamén se repartiron os galardóns do Concurso de Entroido dos Viños de Monterrei a Xurxo Costoya (pola fotografía máis votada no Facebook, e que recibiu un cheque de 300 euros) e Silvia Dopaza (gañadora do sorteo dunha careta de cigarrón).
30
BARRIOS Abril de 2014
OPINIÓN
4DESDE A PONTE... A MONTERREI
4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA
Querido barrio.... Os barrios son, sen dúbida, lugares onde pasámos a maior parte da nosa vida. Nacemos, medramos e vivimos para sempre, ou pola contra, algún día, con pena, deixámolo sen máis motivo que as circunstancias de cada quen. Hoxe, acá, neste xornal, humilde pero valente, quixera deixar ceibe o relato que me palpita no interior, e que seguramente o lector sentirá coma se fora seu. No casco vello de Verín, as rúas Mariano Carrero, Portas de Madrid, e a remozada plazoleta, forman o triángulo máxico onde de rapaz gocei. Dende o cumio da Mariano Carrero pódese ollar a beleza inigualable do Castelo de Monterrei, fortaleza inmensa e fráxil ao mesmo tempo, cousas da vida. Quero lembrar as persoas que naquel entón formaron parte da rutina diaria e familiar dun barrio vivo, enxebre, cheo de ledicia e xenerosidade, onde os cativos puidemos gozar sen temor a ninguén. Rúa abaixo, variados negocios enchían o lugar, cos veciños pululando dun sitio a outro, con harmonía. O señor Xulio Caneco, cunha antiga prensa de madeira, na vendima escurría os bagazos de todas as adegas, que daquela eran
moitas. Ao seu carón, o señor Xerardo Ferreiro, o Pedro leiteiro, a Luisa coa froitaría, o señor Benito e Rosa Chinquena, coas bicicletas, a casona dos señores Flora e Luis Chita, o señor Domingos e Adelina, os meus queridos avós Isaac e Hortensia, cos inseparables Senén e Antonia, Manolo e Xulia retornados do Brasil, os señores Miguel e Xulio, os barbeiros, coas donas Benita e Marina, a tenda de curtidos do Malandro, a señora Milagros e o Lico, co inconfundible toque de martelo, marcando o son no solpor. A Carmen e o Alejandro, o Higinio e a Asunción, a señora Cristina dos ovos, os curtidos do señor Castor Gago, a zapatería do Justo e a tenda de calzados do Manolo Chuco, a Leticia co despacho de pan, e o Silverio coa tendiña-bar, a Sisita da farmacia, a tía Rita, a casa dos Nieves, o German, a fonda do Manuelciño, o bar do Tarrío, o bar Cleto, a Eulalia mestra de piano, Darío zapateiro e Maruja Poisí, o señor Antonio coa mercería, todos nas Portas de Madrid. O Agripino, que máis tarde foi o bar Isaac, o bar Lugano, onde puidemos ollar por primeira vez unha tele en cor, sempre coa inesgotable paciencia do Benxamín e
da Toña, o bar Ché, fugado para Arxentina, o señor Lisardo cabriteiro, e o máxico canellón da señora Manuela Peteta, a casa do Biempica, a froitería do Xirelo e a señora Ubalda, a funeraria do señor Isidro, pai do Saro e do Guillermo, a tendiña da Josefa, o Amado de fontenova, a Isolina, o Rúa do villalón, o señor Castor e a mítica taberna do Lorenzo, todos eles con mil historias que contar. Non esquecerei xamais a estampa do tío Valentín, que preto dos cen anos, inmutable, sentadiño no banco de pedra, gozaba cos rapaces que non parabamos de enredar, mentras o peninsulares fumegaba nos seus beizos desgastados. Supoño que os que estades a ler estas liñas, algunha vez voltastes polo barrio que vos viu nacer, e lembrastes con nostalxia aquelas persoas que dalgunha maneira formaron parte da vosa infancia. Nunca deixarei só o fermoso barrio de cando era neno e terei presente aquelas boas xentes que habitaron nel. A miúdo paseo por el e ao pasar ao carón das casas, hoxe tristemente baleiras, recito en voz alta os nomes dos que alí viviron. Aínda unha luz queda prendida na noite, unha flor fermosa que me ilumina co
Sabía que... seu sorriso, a miña avoa Hortensia, que será a derradeira vixía dunha rúa inesquecible, onde sen dúbida, fun un neno feliz, xunto coa recua de rapaces que ali xogamos sen límites, ceibes, sen artiluxios de última xeración, sinxelamente, co mellor xoguete que se puidera ter xamais, a imaxinación. Cada recuncho desta vila, agocha un anaco de historia, polo que sería preciso poñer todos da nosa parte, especialmente os que poden e deben facelo, como representantes do pobo que son, e preservar con delicadeza e agarimo esta xoia que nos deixaron os antergos como herdanza, e que nós deixaremos tamén. E, daquela, que xurdan espontáneas as fermosas historias dos barrios, que forman parte do máis grande patrimonio que esta bendita vila pode ter, as diferentes maneiras de vivir das súas xentes. Miguel A. Prieto “Chita”
Fun un neno feliz, que xogou ceibe, sen artiluxios de última xeración, co mellor xoguete que se puidera ter: a imaxinación
4FIRMA INVITADA
Cando os códigos entran pola porta, é porque a ética hai tempo que saiu pola fiestra Nas últimas semanas estamos vivindo un agromar de códigos éticos por todos os lados: no Concello de Ourense, na Deputación, na Xunta. De repente aos nosos representantes institucionais entroulles a febre dos códigos éticos, ao meu modo de ver cunha única intención: lavar a conciencia, que nalgúns casos a deben ter bastante sucia. Vendo este comportamento non poido máis que lembrarme daqueles individuos/
Non hai código que vaia impedir a un político empregar o poder en beneficio propio
as de baixa catadura moral que pasan o día pensando como facerlle mal ao veciño, pero chegado o domingo son os primeiros que acoden á “chamada do Señor” e se fai falta van comulgar, para que ao resto da veciñanza lle quede claro que son persoas de ben; sobra dicir que en canto remata a homilía, volven ás andadas pero, iso si, polo menos o tempo que pasan alí non lle fan mal a ninguén. Cos códigos éticos pasa o mesmo, podes facer o que queiras e como queiras, o caso é ter un código aprobado, que non compromete a nada, que non ten ningún valor legal nin xurídico, pero que vale para despistar,
para que pareza que se cambia algo, aínda que todo siga igual, pero que o tempo que pasan na súa redacción, dicusión e aprobación, non o adican a facer falcatruadas. O que non saben ou non queren saber os representantes do PP, principais afectados por esta febre pola aprobación de códigos éticos, é que a ética é un principio da conduta humana, e por moitos códigos que se aproben, se un representante público non coñece ese principio, non hai código que lle vaia impedir actuar en base aos seus ideais, entre os que non está a ética e si o de utilizar o poder en beneficio propio. Resulta polo tanto evidente que cando os códigos em-
pezan a entrar pola porta das institucións públicas é porque a ética dalgúns representates hai tempo que saltou pola fiestra, e non vai volver deica que estes sexan mudados por cidadáns que non precisen de códigos para cumplir con dignidade e con ética o seu compromiso público. Polo demais, estes códigos éticos na maioría dos casos acabarán como simples códigos estéticos e algún, tendo en conta os antecedentes dos seus impulsores, mesmo se podería convertir en patético. Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador en Ourense de CxG
A nosa ignorancia en relación á alimentación é verdadeiramente desconcertante. Esta falta de coñecemento é máis importante do que normalmente se pensa, tanto dende o punto de vista da saúde como dende o da economia doméstica. Podemos considerar o estómago como un lume, do que os alimentos son o combustible. O fenómeno da dixestión nas súas reaccións químicas produce, en colaboración coa respiración, o calor necessário para o mantemento do organismo, a asimilación e eliminación dos diversos alimentos absorbidos. Comer rápido, precipitar a deglutación, non masticar ben os alimentos fai que o estómago estea obrigado a facer o traballo que os dentes deberían ter feito. Son precisos polo menos unha vintena de movementos de masticación por cada bocado que se mete na boca. Un alimento debidamente masticado é mais nutritivo do que un alimento engulido precipitadamente. A acción da saliva e dos xugos gástricos lévase a cabo, así, en mellores condicións. Lembren esta máxima: “comer de vagar é vivir máis tempo”. Alimentarse segundo as necesidades e no tempo axeitado constitúe un acto importante da vida. Non obstante, unha ali-
4SUDOKU
mentación equilibrada non é suficiente para conservar a saúde, convén igualmente praticar as regras da hixiene. Debe ser un adepto incondicional da limpeza, é preciso amar a auga, lavar abundantemente todas as partes do corpo, como forma de asegurar a transpiración da pel e mantela saudablemente suave. A agua fría pecha os poros, a auga quente dilátaos, o máis indicado será, por iso, a agua morna. Os baños fríos dan forza e vigor, os baños mornos calman os nervios e fan desaparecer a fatiga, e os baños demasiado quentes deprimen e enfraquecen. A ausencia de estrinximento prevén un número incalculable de doenzas graves: nefrites, dispepsias, enterites, apendicites. É, por iso, preciso habituarse a regularizar as funcións do intestino. Este, tal e como o estómago, tende ao hábito, adoptando facilmente un determinado momento do dia para actuar. Facilitarlle entón esta manía da puntualidade (de preferencia de mañá), indo regularmente ao baño a esa hora, tendo ou non gañas, fará que o intestino adapte rapidamente a esta regra e comece así, docilmente, a aceptala. Teña en conta estes pequenos principios, e non esqueza nunca que é preciso querer ter saúde para conseguir obtela. João Damião
(nivel fácil)
CLASIFICADOS /SERVIZOS
BARRIOS Abril de 2014
31
Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, Silvia Nieto, Andrés Diz Nº89 / 25 - Ano: IX - Abril 2014 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.
4CLASIFICADOS
ALUGUER/VENDA
VENDAS
Vendo finca edificable para dúas casas a 12 km de Ourense e 5 minutos da autovía de Celanova, bo prezo, tel. 617 925 873. Véndese casa con finca na estrada de Santiago, tel 637 00 59 10. Vendo piso de 120 m2 na praza das Mercedes (Ourense) a reformar, 40.000 euros. Tel. 696 945 880. Vendo casa en Nogueira de Ramuín por 15.000 euros. Tel. 988 24 60 96 e 664 11 80 65. Alugo apartamento novo no Couto, Ourense, 2 dormitorios, salón, 2 baños, cociña, exterior, amoblado, garaxe e trasteiro. Tel. 637 00 59 10. Alúgase café bar especial totalmente equipado, en Xinzo de Limia. Tel.: 659 47 08 92. Alugo piso amoblado de 4 habitacións, cociña, baño e salón comedor. Calefacción de gas cidade, 350 euros con comunidade incluída. Tel. 677 468 484. Alugo piso en Valdorregueiro, 4 habitacións, 275 euros mes. Tel. 687 21 12 18. Alugo apartamento totalmente equipado na zona do Polvorín. Económico. Tel. 988 21 34 60. Alúgase baixo en Río Mao nº 2 de 70 metros cadrados.Tel. 619 46 22 54 Vendo dúas casas en Lobios, unha rematada e outra a rematar, con finca, fermosas vistas. 35.000 euros cada unha. Tel. 653 944 669. Vendo piso en Vigo. Tel. 636 422 497. Alugo apartamento en Sanxenxo 1 e 2 habitacións, aparcamento e barbacoa a 15 minutos de praia Montalvo. Tlf 607 27 19 16 Vendo apartamento en Vigo, 2 habitacións, 1 baño con cociña americana, trasteiro e garaxe, praia America, bo prezo. Tlf 607 27 19 16. Véndese ou alúgase piso na zona do Couto. 3 dormitorios, con calefacción e bodega de 30 metros cadrado. Tel.677 494 645.
Vendo robot de cociña, batidora de pé, tostadora, e sandwicheira, a estrear. Tel. 630 88 00 31. Vendo Mercedes 300, ano 79, repintado, 100.000 km. 2.000 euros negociables. Tel. 610 25 80 69. Vendo Audi A6, ano 95, diesel. Sempre en garaxe. 1.000 euros. Tel. 627 43 46 01. Vendo Citröen C15 Mixta, diesel, ano 94. 1.200 euros. Tel. 627 43 46 01. Vendo banco de carpinteiro de 2 metros. 200 euros. Tel. 653 944 669. Vendo leña de carballo económica. Tel. 625 817 743. Vendo máquina elíptica e aspiradora Polti. Tel. 675 631 011. Compro todo o relacionado con Star Wars. Tel. 667 508 333. Vendo traxe de comuñón de neno. Talla 10, 90 euros. Tel. 659 386 724.
[Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados gratis no 988 045 352 ou en info@ periodicobarrios. com]
EMPREGO Impártense clases de linguaxe musical, educación auditiva, canto e piano. Tel. 676 75 88 19. Soprano e pianista para vodas, audición en directo sen compromiso. Tel. 676 75 88 19. Ofrécese albanel con experiencia de 20 anos, para reformas ou calquera tipo de traballo de construción, económico. Tel. 988 25 59 63. Imparto clases particulares de francés e inglés. Tel. 619 46 22 54 Ofrécese mozo para calquera tipo de traballo. Tel. 637 00 59 10 Ofrécese señora para coidado de enfermos, persoas mioares, limpeza. Con experiencia. Tel. 637 59 10. Fanse desbroces e traballos agrícolas económicos. Tel. 625 817 743. Fanse mudanzas.Tel. 625 817 743. Ofrecese señora seria para coidado de nenos, persoas maiores e/ou limpeza en xeral. Tel: 622 85 28 56 Ofrécese mozo responsable para diversos tipos de traballos: chofer, mecánico, repartidor, peón, etc... por 100 euros semanais. Tel. 610 852 880 Fanse reparacións no fogar e negocios, carpintaría, persianas, mobles, etc... Tlf 656 782 460
4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada
988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258
Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)
988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222
BARRIOS Abril de 2014
Entrevista ao presidente do Consello Regulador da D.O. Monterrei VERÍN
Páx.3
“Puertas de Galicia” promove a gastronomía
VERÍN
Páx.6
ESPECIAL Páx.16-17 DEPORTE
A Eurocidade Posta en valor xestionará intalacións, da fortaleza servizos e competencias de Monterrei
Páx.25
Dobarrio vencedor do IV Mini-trail Pozo do Demo
A mellor gastronomía, na Feira do Lázaro
[páx. 2-3]
CULTURA
Páx.26
Programación da Semana Santa de Verín
[páx.28-29]
Participantes do concurso gastronómico ‘Cigarrón de Verín’ durante a feira do Lázaro./BORYS MARTÍNEZ.
Número: 89- Ano: IX - Abril 2014- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
BARRIOS Abril de 2014
Julio Gosende organiza a VI Feira da Oportunidade de Celanova ALLARIZ
Páx.14
Catro bois criados en Allariz correrán na Festa do Boi
ALLARIZ
Páx.15
Aixiña xestionará o restaurante Acea da Costa
[páx. 19]
ESPECIAL Páx.16-17
CELANOVA Páx. 18
OCIO
Posta en valor da fortaleza de Monterrei
O BNG pide a revisión das facturas do consumo eléctrica
Música en Allariz e exposicións en Celanova
Comeza a Semana Santa
Páx.27
[páx.26]
Coa bendición de ramas de olivos, loureiros e palmas de Domingo de Ramas deu comezo a celebración relixiosa de Semana Santa en Allariz (esquerda, explanada de San Benito) e Celanova (dereita, na praza do Millo). /P.L. e S.N.
Número: 25 - Ano: IX - Abril 2014 - Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de maio . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
BARRIOS Abril de 2014