11 de febreiro - Barrios

Page 1

Entrevista á presidenta da Asociación Aires Nosos de Verín VERÍN

Páx.3

Augas de Galicia mellorará a rede de saneamento

XINZO

Páx.9

O LIFE Regenera Limia prevé unha vintena de actuacións

ALLARIZ

Páx.11

Obras para garantir a subministración eléctrica en Chorente

CELANOVA

Páx.14

O xacemento de Castromao, de novo no foco da polémica

[páx. 2]

DEPORTES

Páx.16

Os 10Km de Xinzo correránse o vindeiro 1 de marzo

É tempo de Entroido!

[Especial en páx. 17-20]

Pantallas e cigarróns saíron este pasado Domingo Corredoiro en Xinzo e Verín, respectivamente./B.LORENZO.

Número: 10 - Ano: X - Febreiro 2015 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Febreiro de 2015

VERÍN E COMARCA

Entrevista á presidenta da Asociación Cultural e de Ocio Aires Nosos de Verín

“Acollemos cos brazos abertos a todo o que queira vir” 4Excursións, obradoiros, comidas e bailes son algunhas das actividades da asociación que preside María Rosa Borjas Paz. Paula Lodeiro

dres, o martes damos outra vez cea… Abrimos, e a xente vai para alí, e xogan ás cartas, cada un ao que quere”.

María Rosa Borjas Paz é a fundadora e presidenta da Asociación Cultural e de Ocio Aires Nosos de Verín, que en decembro pasado estreaba nova ubicación. Cando naceu Aires Nosos? María Rosa Borjas: “A asociación fundouse en 2007, ten oito anos”. E por que motivos foi fundada? M.R.B.: “En principio non tiñamos ideas claras sobre a asociación. Eu dixen, o día que me xubile como levo tantos anos ao pé da xente, pois teño que ter algunha actividade, foi pensando niso. Había unha señora da miña idade, e díxenlle ‘Manoli, facemos unha asociación para que logo cando sexamos vellas ter algo a onde ir?’, sen pensar en nada máis. Eu daquela xa facía moitas excursións e xa empezamos con moitos socios”. É Aires Nosos a asociación máis numerosa de Verín? M.R.B.: “Non o sei, se é a máis grande ou máis pequena, a nosa ten hoxe 235 socios”. Sodes asociación cultural e de ocio, cales son as vosas actividades? M.R.B.: “As excursións son o primeiro e facemos moitos cursos: temos pandeireta, bailes de salón, muiñeira, memoria e outras… e tamén facemos moitas comilonas que é o que lle gusta á xente; quedábamos ata tarde no local, ceábamos alí, bailábamos…” Unha excusa para socializar, non? M.R.B.: “Xusto, exactamente, para vernos. Hai xente que está soíña e teñen os fillos fóra e fan alí

Como che cambiou a vida o feito de fundar esta asociación? M.R.B.: “Foi para ben, estou arrepentida de non tela montada antes. É precioso, fas moitos amigos, veste con todos, facemos traxes para carnavais, facemos ganchillo, unhas ensinamos ás outras... Calquera pode poñer unha asociación, que non lle teña medo porque é moi bonito”. María Rosa Borjas, presidenta de Aires Nosos./P.L. os aniversarios, santos, traen tartas… pásano de maravilla”. Cal é o perfil do voso socio? M.R.B.: “A maioría son mulleres, homes hai pouquiños, 12 ou 15 non hai máis, o resto somos mulleres, as máis atrevidas”. Non fai falta estar xubilado para unirse? M.R.B.: “Non, por Dios! pode vir quen queira, agradecemos tamén á xuventude que veña que é moi bonito estar entre eles”. As excursións son un dos vosos puntos fortes, a onde tedes viaxado coa asociación? M.R.B.: “Agora puxemos no novo local un vinilo con moitas fotografías: temos da torre de Pisa, varias de África que fomos varias veces, varias de cruceiros pois cada ano vimos facendo un cruceiro, fixemos o das illas e varios polo Mediterráneo que son os máis baratos, e queremos facer o dos Fiordos. Menos de 30 nunca imos, a París fomos 58 e a Italia 62”.

Aires Nosos recibe axudas das administracións? M.R.B.: “Non moito, tiña que haber algo máis, os organismos están hoxe, xa sabes… Axudas temos tido moi pouquiñas, e máis ben llas metemos en equipamento para o local e nas actividades que facemos, nos cursos. Nas viaxes cada un paga o del; da cota que temos se hai algo subvencionamos tamén a excursión”. En decembro cambiastes de local. M.R.B.: “ Si, o outro pechámolo porque á xente costáballe moito subir. Agora estamos na rúa da Muralla”. Cal é o voso horario? M.R.B.: “Abrimos sábados e domingos e días de festa ás cinco da tarde”.

É satisfactorio ser presidenta ou recíbense moitas críticas? M.R.B.: “Si, moito. Hai tres anos decidín deixala, díxenlle ás outras facédevos cargo dela e seguide coa asociación nas mesmas condicións que a temos porque ben vedes que vai moi ben, entón a vicepresidenta dixo ‘se ti vas eu voume’; somos cinco na directivas e dixeron todas igual, e non quixo ninguén quedar, entón eu seguín. Home, hai persoas que son un pouquiño malas de aguantar pero non… porque despois falto un día e véñenche ‘onde estiveches, porque te botamos de menos ‘, entendes? e tes unha recompensa pola súa parte”.

E que hai que facer para asociarse? M.R.B.: “Chamar aquí (á tenda Rosymar de Verín) e facémoslle un carné, máis fácil imposible”.

Que lle diría aos veciños de Verín? M.R.B.: “Que veñan vernos, a bailar alí, e a facerse socios os que queiran, e se non son socios poden vir igual. Acollemos cos brazos abertos a todo o que queira vir”.

Tedes previsto algunha actividade polo entroido? M.R.B.: “Todos os anos facemos comida de coma-

“Calquera pode poñer unha asociación, que non lle teña medo”

Oficina de Turismo de Verín./N.G.

Crecen nun 61% as consultas na Oficina de Turismo 4 En 2014 rexistrou 2.824. Redacción A Oficina de Turismo de Verín atendeu no ano 2014 un total de 2.824 consultas, o que supón un incremento do 61% con respecto ao 2013, data na que esta dependencia municipal estaba situada na Casa do Escudo. Os meses de verán foron a época do ano no que máis consultas se atenderon, xa que é cando se concentran o maior número de visitas e consultas. Os turistas preguntaron por rutas de sendeirismo, cicloturis-

A OMIX tramita 251 carnés xoves en 2014 Redacción A Oficina Municipal de Información á Xuventude de Verín tramitou o ano pasado 251 carnés xoves. Este carné, para mozos con idades comprendidas entre os 12 e 30 anos, é unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, coa que obtén descontos e vantaxes. A vixencia é de dous anos a partires da data de expedición (e sempre sen superar os 30 anos, inclusive). Para solicitar este carné é necesario cubrir un impreso de solicitude, acreditar a identidade co

tas, lugares de interese ou mapas turísticos (o 60% do total); un 20% das consultas foron sobre o Camiño de Santiago e o resto sobre infraestruturas turísticas e eventos no destino Chaves-Verín. O turismo nacional continúa a ser o predominante (82%), sendo o turista da Comunidade de Madrid o que máis visita esta zona da provincia, mentres que o visitante galego só supón un 18%. En canto ao turismo estranxeiro, procede principalmente de Europa (Portugal, Francia e Alemaña).

DNI ou pasaporte e abonar 6 euros mediante o impreso das taxas. Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que se pode utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións. Ademais, entre as súas prestacións destacan os servizos financeiros e as garantías no estranxeiro, a través das cales a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pretende fomentar o desenvolvemento, a mobilidade e a mellora de condicións de vida dos mozos galegos. A OMIX tamén tramita os carnés de Alberguista, o Carné Teacher, e do Estudante.


VERÍN E COMARCA

BARRIOS Febreiro de 2015

Augas de Galicia financiará melloras na rede de saneamento de Verín

Aprobada en pleno a ampliación do parque empresarial de Pazos

4 Cun orzamento de 838.796 euros e un prazo de execución de oito meses.

4 Realizarase seguindo o modelo do de Monterrei, con quen Verín establecerá convenio.

Redacción

Redacción

O Consello de Goberno da Xunta de Galicia aprobou a colaboración técnico-financeira da Xunta co Concello de Verín para a execución da obra “actuacións na rede de saneamento de Verín e Polígono de Pazos”. Augas de Galicia asumirá o 100% do orzamento previsto para esta actuación, que ascende a 838.796 euros. A actuación, que responde a unha solicitude municipal de colaboración, contará cun prazo de execución de oito meses. As obras contidas neste proxecto darán servizo á poboación dos núcleos de Verín, Abedes, Vilela, Caldeliñas e Pazos, pertencentes ao concello de Verín, máis aos residentes en Vilaza, no concello de Monterrei. Ademais, conectarase a rede de saneamento do polígono industrial de Pazos. O proxecto prevé que para o ano horizonte 2038 a rede servirá a unha poboación equivalente superior a 18.300 habitantes. O núcleo de Verín atópase nunha zona moi cha,

próxima ao río Támega. A rede de saneamento é practicamente unitaria na súa totalidade, e debido á pouca pendente que teñen os colectores e ramais da rede de saneamento e á súa disposición a través do núcleo de Verín, provoca que en época de choivas se produzan continuos desbordamentos e saídas de augas polos pozos de rexistro, sumidoiros e acometidas nos sotos de moitas das vivendas. Tanque de tormentas Para mellorar a situación, o proxecto prevé a construción dun tanque de tormentas cunha capacidade de 620 metros cúbicos nas inmediacións do núcleo de Queizás. Para o alivio das verteduras do tanque de tormentas instalarase unha tubaxe de PVC de 630 mm de diámetro, ata o punto de vertedura no río Támega. Reporase, así mesmo, un tramo da rede de saneamento afectado pola execución do colector de alivio, mediante a instalación dun colector de PVC de 250 mm soterrado e cos seus correspondentes

Asolagamento ao carón do río Támega./ARQUIVO. pozos de rexistro en formigón. Polo que respecta ao polígono de Pazos, as actuacións inclúen a retirada das bombas e cadro eléctrico existentes, ampliación da boca do pozo de entrada e a instalación dun novo colector de bombeo de 250 mm de diámetro. O caudal que se vai bombear é de 23,8 litros por segundo.

Coas choivas prodúcense desbordamentos e saídas de auga polos pozos de rexistro e sumidoiros

O pleno de xaneiro de Verín acordou cos votos do PP e BNG (o PSdeG abstívose) a aprobación definitiva do Proxecto de Equidistribución da ampliación do Parque Empresarial de Verín-Pazos, “do mesmo xeito que xa se realizou no Concello de Monterrei co que se establecerá un convenio para o seu mantemento”, indicou o rexedor Juan Manuel Jiménez. O alcalde recordou que “se trata do cumprimento da promesa deste grupo de goberno de acadar novo solo industrial no noso municipio, un procedemento que se viu estancado co anterior Goberno municipal que rexeitou esta ampliación, e que retomamos nós cando chegamos no 2007”. Por outra banda, tamén recordou que “seguimos apoiando a realización dun parque empresarial en Tamagos, pero o proceso de expropiación realizado pola Xunta do bipartito non foi correcto, xa que non se realizou de

Un dos viais do polígono de Pazos, Verín./ARQUIVO. modo sectorizado senón aleatorio, cunhas parcelas nun sitio e outras noutro, e agora queda moito por expropiar e entendemos que a situación económica é complicada para a súa realización”. Plan Provincial Por unanimidade aprobouse a solicitude á Deputación Provincial de Inclusión de obras municipais no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos municipias e rede viaria para o exercicio 2015. A obra principal solicitada é a construción

de colectores soterrados na rúa Deputación -importe de 85.000 euros- e como adicional a pavimentación de beirarrúas na avenida de Portugal -importe de 56.800 euros-. Así mesmo, aprobouse a adxudicación da construcion, instalación e explotación de cafetaría na área deportiva da Granxa.

O parque empresarial de Tamagos deberá esperar a mellores tempos


BARRIOS Febreiro de 2015

VERÍN E COMARCA

A Eurocidade preséntase como primeiro destino turístico transfronteirizo

Os habitantes de Chaves poderán participar no “Termalismo Saudable”

4 Deu a coñecer “A Rede de Rutas” en FITUR.

4 O programa da Deputación amplíase a todos os veciños da Eurocidade.

Redacción A Eurocidade Chaves Verín presentouse na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) como primeiro destino turístico transfronteirizo da península Ibérica. A Eurocidade quere posicionarse como un destino turístico único que inclúa todos os activos dos dous municipios. Chaves-Verín é un destino de fronteira definido polos seus contrastes etnográficos, culturais, gastronómicos e paisaxísticos, nos que o turista pode vivir unha experiencia de 25 horas ao día (debido ao cambio horario); pero sobre todo, é un destino de auga, onde existe a maior concentración de mananciais de augas termais e mineiromedicinais da penínsulsa, recursos que constitúen unha importante fonte de oportunidades para recibir a clasificación de Destino

Redacción

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, a directora xeral de Turismo, Nava Castro, e o presidente da Cámara Municipal de Chaves, António Cândido Monteiro Cabeleira, na presentación en FITUR. Turístico Termal e así desenvolver unha área de excelencia turística centrada na saúde e no benestar. A presenza da Eurocidade en FITUR serviu para presentar a principal no-

vidade deste territorio, “A Rede de Rutas”, que inclúe a Ruta Termal e da Auga, rutas BTT, Ecovía del Támega, Ruta do Contrabando e O Camiño de Santiago.

O programa “Termalismo Saudable 2015” da Deputación de Ourense amplíase, por primeira vez, aos habitantes da Eurocidade Chaves-Verín Un convenio entre as partes permitirá que os residentes en Chaves accedan a este programa de termalismo social da provincia de Ourense en iguais condicións e cos mesmos beneficios e descontos que o resto de residentes na provincia. A acreditación da residencia xustificarase a través da Tarxeta do Eurocidadán. “Termalismo Saudable 2015” é unha iniciativa que promove a Deputación e que ten como obxectivo dar a coñecer o termalismo e o potencial que este recurso de ocio

O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez,o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o vereador de Chaves, Paulo Alves, na sinatura do convenio. /N.G. e saúde ten na provincia de Ourense. O programa deste ano contempla estancias financiadas nos balnearios da provincia de Ourense de 6 días de duración, con pensión completa e tratamentos. Outra modalidade de estancia inclúe viaxe en tren. O convenio establece a

posibilidade de incorporar as Termas de Chaves-Spa do Imperador ao programa.

O programa subvenciona estancias nos balnearios da provincia


VERÍN E COMARCA

O IES García Barbón disporá dun viveiro de empresas A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asinará un protocolo de colaboración co Consorcio Zona Franca de Vigo para a creación dun viveiro de empresas no IES García Barbón de Verín. Un viveiro de empresas é un local dividido en despachos equipados con moblaxe, sala de reunións, equipamentos informáticos e os servizos precisos para levar as xestións necesarias para a posta en marcha dunha iniciativa emprendedora. Que ofrece un viveiro de empresas? Dunha banda, asesoramento, a partir do apoio

do profesorado que imparte formación relacionada co sector no que se desenvolverá o proxecto; a través dunha titoría pola coordinadora ou coordinador de emprendemento, responsable do seguimento e da orientación no proxecto; e asesoría de persoal técnico especialista do IGAPE. No que se refire ás instalacións, o viveiro ofrece locais axeitados para o desenvolvemento de actividades das persoas emprendedoras; moblaxe básica propia dunha oficina; así como servizos asociados ás infraestruturas (seguridade, limpeza, luz, etc.), e servizos auxiliares da actividade empresarial como conexión a internet.

Requisitos de acceso Para poder dispoñer dun espazo no viveiro de empresas hai que estar matriculado no derradeiro curso dun ciclo formativo de formación profesional ou telo rematado nos catro últimos ano. Tamén poden solicitalo estudantes de bacharelato. Ter un proxecto empresarial a desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia, e presentar un Plan de Empresa que garanta a viabilidade do proxecto son os outros dous requisitos. O IES García Barbón agradece á empresa PSA Peugeot Citroën a doazón dun motor para o Departamento de Automoción do centro.

Bolume fabricará pellets a partir de piñeiro

María José Taboada, directora de Ao teu lado, na súa nova sede na rúa da Cruz, 8, en Verín.

A empresa limiá Bolume Enerxía SL vai ampliar a súa nave ubicada no municipio de Baltar co obxectivo de poder fabricar pellets de madeira a partir de troncos de piñeiro. “A idea xurdiu ao comprobar que na actualidade non conseguimos provedores suficientes que nos permitan cubrir a totalidade da demanda que os nosos clientes nos solicitan. Cunha carteira de clientes próxima ao cento, dos cales un número importante fan pedidos de pellets elevados, resúltanos im-

BARRIOS Febreiro de 2015

EN BREVE 4 Xornada técnica O Departamento de Mantemento Electromecánico do IES García Barbón de Verín organiza a I Xornada técnica sobre tecnoloxía electromecánica o 23 de febreiro. A cita é ás 19 horas e a conferencia leva por título “Enerxías renovables e sistemas illados da rede”, a cargo de José Luís Crespo Vázquez, enxeñeiro mecánico e máster en integración de enerxías renovables no sistema eléctrico.

4D.O. Monterrei As adegas da Denominación de Orixe Monterrei incrementaron as súas exportacións na última campaña. Actualmente, o 17,1% do viño comercializado baixo este selo de garantía véndese no estranxeiro.

prescindible levar a cabo a nosa propia fabricación para poder así atender o noso mercado xa creado”, comenta Abel Estévez, xerente de Bolume. Para esta actividade, Bolume prevé unha plantilla mínima de 15 traballadores xa que a produción realizarase en tres turnos. A fábrica comprende todo o proceso, desde a alimentación de produto triturado ata os silos de almacenamento para o seu envasado e distribución. Bolume estima unha produción anual de 35.000 toneladas. A fábrica estará emprazada na OU-304, á altura de Penaboa, Baltar, nunha parcela de case 14.000 metros cadrados. A empresa prevé un investimento de 6.100.000 euros.

A empresa Ao teu lado abre oficina en Verín María José Taboada iniciou hai uns meses unha andadura empresarial coa empresa de axuda a domicilio Ao teu lado, que agora acaba de abrir oficina na rúa da Cruz, 8, en Verín. Alí atende ao público de luns a venres de 10:30 a 12:30 e de 17 a 19:30 horas, ou ben con previa cita no 687 023 641. Ao teu lado ofrece servizos de coidado de persoas maiores, enfermas, nenos e realización das tarefas do fogar, ben por horas soltas, ben por turnos (mañá, tarde ou noite) ou a través de internas. Conta con persoal cualificado e cunha enfermeira que realiza visitas a domicilio para facer curas ou administrar medicación.

Futura ubicación da fábrica, na OU-304 en Baltar.


BARRIOS Febreiro de 2015

VERÍN E COMARCA

EN BREVE 4 Nova executiva socialista en Verín A Executiva Provincial do PSOE convocou o pasado 29 de xaneiro unha a asamblea xeral de militantes en Verín da que saíu a nova comisión executiva socialista da localidade. Tras esta xuntanza, o órgano rector do PSOE en Verín queda conformado por Rosario Rodríguez (secretaria xeral), Benigno Rodríguez (secretario de Organización), Elías Taboada (secretario de Política Municipal), Cristina Reigada (a cargo de Igualdade e Participación) e Julio Vietez (responsable de Administración e Finanzas). A nova executiva iniciará unha rolda de xuntanzas con colectivos sociais, veciñais e asociativos de cara a “conformar unha candidatura de base popular e unidade cidadá que poida facer frente o caduco e desnortado Goberno municipal do PP”, explican.

4 Desimputan ao alcalde e ao tenente de alcalde de Vilardevós O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Un de Verín acaba de sobreseer e desimputar ao alcalde e ao tenente de alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso Pérez e Ignacio Vivián González, respectivamente, acusados por un empregado municipal, e á súa vez militante do PSOE, de prevaricación administrativa. Segundo recolle o auto do xulgado verinés “do actuado non aparece debidamente xustificada a perpetración do delito que deu motivo á formación da causa, polo que procede decretar o sobresemento provisional das actuacións”. O documento engade que “en base ao principio de intervención mínima trátase dunha cuestión de ámbito laboral e administrativo, non existindo indicios claros de criminalidade contra os querelados”.

O delegado da Xunta, Rogelio Martínez, e o alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, na rúa Jacinto Santiago, recén iniciadas as obras./A.F.

En execución o arranxo da rúa principal de Vilardevós 4Substituirase o pavimento actual por outro de granito. Redacción A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a executar en Vilardevós as obras de mellora na rúa Jacinto Santiago, un

eixo de comunicación fundamental para este municipio ourensán. Este proxecto conta cun investimento de preto de 256.000 euros, dos que a Xunta de Galicia achega o 92,5%, 235.398 euros, e o importe restante

o Concello. A rúa Jacinto Santiago é a principal conexión entre as estradas Verín-Soutochao e Vilardevós-Riós, situándose no casco histórico de Vilardevós. Cun deseño cunha antigüidade

superior aos 100 anos, posúe un marcado carácter comercial, fundamentalmente de servizos de hostalería e comercio. Segundo explicou o delegado territorial, Rogelio Martínez, nunha visita ás obras, aos pavimentos existentes, realizados en distintas épocas, faltábanlles as definicións nas pendentes lonxitudinais e transversais, que permitan o drenaxe superficial, ocasionando acumulacións de augas en días chuviosos. A actuación comprende a demolición das unidades existentes en mal estado de conservación e a súa posterior construción. A rúa está integrada no casco histórico da vila, polo que se colocará pavimentos de granito, similares aos existentes no contorno. Por outra parte, debido á irregular distancia entre as dúas frontes de edificación, proxéctanse unhas beirarrúas de anchura variable.

A rúa Jacinto Santiago, no casco histórico da localidade, posúe un marcado carácter comercial

“Puertas de Galicia”, en ruta Redacción

O Plan de Turismo “Puertas de Galicia” inicia a súa andaina de presentacións polas principais cidades de Galicia, co fin de amosar todos os recursos turísticos das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras. Esta promoción, que se inclúe dentro das actividades propias do Plan de Competitividade Turística, ten dous obxectivos concretos: amosar o territorio das comarcas de Monterrei e ConsoFrieiras (Xeodestino Verín-Viana), aos mercados emisores de proximidade, e promover este territorio directamente a público final. O road show de “Puertas de Galicia” iniciou a súa andaina nun centro comercial de Ourense, cun stand no que os visitantes puideron degustar receitas típicas, catar os viños da Denominación de Orixe Monterrei, ou gañar escapadas a este territorio. Ao longo das fins de semana de febreiro e marzo pasará por Pontevedra, Vigo, Lugo, A Coruña e Santiago.


PUBLICIDADE

GALPROFOR, SOLUCIÓN INTEGRAL DE FORMACIÓN Galprofor, entidad especializada en la Consultoria empresarial y la formación, inicia un año más de actividad, cargada de proyectos y retos, momento ideal para realizar una valoración de su presente y su futuro. En GALPROFOR ofrecemos una solución integral de formación: estudio de necesidades formativas; elaboración del plan de formación de empresa; impartición o gestión de proveedores de formación; implantación y gestión de formación; tramitación, seguimiento y justificación de subvenciones/ayudas (Gestión FTFE, FIP, FSE…). ¿Qué balance realiza del 2014? A pesar de todas las dificultades que el entorno económico de crisis nos está haciendo vivir, nuestro balance no puede ser más que positivo, no solamente hemos incrementado nuestro clientes en el campo de la Consultoria empresarial, como la implantación de la norma LOPD o las normas UNE-ISO, y en el campo de la formación, tanto formación ocupacional para desempleados como FORMACIÓN CONTINUA BONIFICADA PARA TRABAJADORES, CONTRATOS DE FORMACIÓN Y APRENDIZAJE, PERMISOS INDIVIDUALES DE FORMACIÓN (P.I.F.), nos hemos estrenado como AGENCIA PRIVADA DE COLOCACIÓN ONLINE, reconocida y homologada por el servivio público de empleo, que nace con la misión de ofrecer al demandante de empleo, un proceso personalizado la búsqueda y obtención de un puesto de trabajo. ¿Nuevas acreditaciones? Si, este es uno de los retos y objetivos que nos planteamos, ofrecer una formación especializada, de calidad, pero sobre todo certificada, como ejemplos, el CURSO DE PREPARACIÓN PARA EL TÍTULO DE CONSEJERO DE SEGURIDAD, donde hemos obtenido un 95% de aprobados, o

Noelia López, consultora en Galprofor. ser uno de los pocos centros que puede impartir el curso para obtener el CARNET DE CARRETILLERO SEGÚN NORMATIVA UNE 58451:2014. Así mismo acabamos de terminar el único curso llevado a cabo en nuestra provincia en el 2014, CURSO DE FORMADOR DE ADR FORFOR, sobre Formación para Formadores de Conductores de Vehículos que Transporten Mercancías Peligrosas, un curso que es casi un master con casi 250 horas teóricas y prácticas, con gran éxtito de participación. ¿Algún campo destacado? Además de haber iniciado la impartición de Certificados de Profesionalidad bajo la modalidad de financiación privada, donde destacamos sobre todo el curso de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSONAS DEPENDIENTES EN INSTITUCIONES SOCIALES, formación obligatoria a partir del presente año para desempeñar dicha ocupación, destacamos el futuro en la impartición de Certificados de Profesionalidad online donde estamos muy bien posicionados y toda la formación incluida dentro del campo de la Conducción. ¿Retos y objetivos para 2015? Demostrar que las cosas sólo pueden hacerse de una manera, que es hacerlas bien y apoyado por un equipo de profesionales de calidad. Bajo esta premisa dar servicio a todas las personas y todas las empresas u organizaciones que requieran nuestros servicios, ofreciendo profesionalidad, seriedad, compromiso, calidad, creatividad.

BARRIOS Febreiro de 2015


BARRIOS Febreiro de 2015

VERÍN E COMARCA / XINZO E COMARCA

As infraccións penais baixan en Verín e estabilízanse na Limia 4 Segundo datos das súas Xuntas Locais da Seguridade. Redacción As dúas últimas xuntanzas das Xuntas Locais de Seguridade de Verín e de Xinzo de Limia constataron un descenso das infraccións penais en Verín e unha tendencia estable na Limia, cuns índices delictivos xa de por si baixos. En concreto, na Xunta Local de Seguridade de Verín destacouse que o total de infraccións penais en xaneiro diminuíu un 12,5 % respecto ao mesmo mes de 2014, e as estatísticas amosan un lixeiro incremento na porcentaxe de esclarecidos, tanto en faltas como en delitos. En Xinzo e comarca, pola súa banda, os datos que reflicten as estatísticas amosan una tendencia estable tanto no cómputo de

Establecéronse dispositivos de seguridade para os entroidos de Xinzo e de Verín

4 O PSOE alertara de que o PP quería trasladar os pacientes da comarca á área sanitaria de Verín. P. Lodeiro

Xunta de Seguridade Local de Xinzo, co presidida polo subdelegado do Goberno, Roberto Castro, e o tenente de alcalde, Manuel Cabas./R.L.

faltas como de delitos en 2014, trala notable baixada do total de infraccións penais; un 21,4 %, en 2013. Entroido En ambas reunións, ás que acudiron o subdelegado do Goberno, Roberto Castro, representantes municipais e das Forzas e Corpos de Seguridade, abor-

dáronse os dispositivos de seguridade a seguir durante as festas do entroido; que se concretaron nunha planificación detallada de efectivos e medios, debidamente coordinados para que as actividades programadas dentro destas celebracións se desenvolvan con normalidade. Respecto ao dispositi-

vo que se estableceu en Xinzo, o subdelegado do Goberno agarda que esta importante celebración para capital da Limia e a súa comarca “siga a servir de exemplo de comportamento festivo cívico e cordial, entre todos os veciños e o gran número de visitantes que veñen de fóra”.

Protección Civil de Xinzo remata 2014 cun maior número de saídas 4 Destaca, ademais, o notable incremento de voluntarios. Redacción A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Xinzo fai balance do 2014, ano durante o cal aumentaron as súas intervencións, cun total de 397 saídas, 123 delas previstas, seis en colaboración con outros concellos e 268 en imprevistos. As actividades programadas consistiron en concertos, desfiles, festas patronais, apoio á Policía Local, repartición e procura de alimentos, eventos xuvenís e eventos relixiosos. Pero a maiores destas actuacións, houbo operativos non programados, in-

A elección do hospital de Verín polos pacientes da Limia é voluntaria

A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense informou de que a opción de acudir ao hospital de Verín para os pacientes da Limia é voluntaria e que Verín pertence á mesma área sanitaria que Ourense. A Xerencia facía estas puntualizacións trala rolda de prensa do PSOE na que a deputada Laura Seara, a concelleira en Xinzo, Elvira Lama e o coordenador comarcal Euloxio Fernández, alertaban “das escuras intencións” do Goberno do PP de trasladar aos pacientes desde A Limia ao hospital de Verín, “e non a Ourense, que é a área sanitaria que lles corresponde”. Segundo informaron desde a Xerencia de Xestión Integrada, a posibilidade de acudir a determinadas consultas, como endocrinoloxía, no hospital de Verín xa se viña ofrecendo aos pacientes da Limia desde hai varios anos, así como outros servizos, como por exemplo as operación de cataratas. “O nivel de aceptación e de satisfacción é moi alto”, indicaban desde o gabinete de comunicación da Xerencia, engandindo ademais que “non

nos constan” reticencias por parte dos profesionais dos centros de saúde da Limia. Os socialistas denunciaran que os facultativos da Limia rexeitaban a decisión da Xerencia de que os pacientes das especialidades de Medicina Interna e Neuroloxía se atendesen directamente no hospital de Verín e non en Ourense. Menor tempo de espera e maior proximidade Outras vantaxes de poder optar por Verín é que o tempo de acceso a consultas é máis baixo no hospital verinés e que a determinados concellos da Limia quédalles máis preto o hospital da vila do Támega. Por iso, entenden os responsables da sanidade na provincia que esta posibilidade “serve para aproveitar os recursos”. Pola súa banda, os socialistas chaman á cidadanía a mobilizarse e advirten que non quedarán de brazos cruzados “ante esta afronta”. “A solución non pasa por peregrinar cos enfermos duns centros a outros, elevando o custo para as familias, nunha poboación envellecida que carece de medios de transporte coa comarca de Verín”, concluían.

Membros de Protección Civil de Xinzo no dispositivo da cabalgata de Reis./CEDIDA. cidencias meteorolóxicas como retirada de árbores da estrada, temporais de choiva, neve e vento, procura de persoas desaparecidas, incendios, accidentes de tráfico, retirada de animais,

fugas de gas, colaboración co 061, Garda Civil e Policía Local. Aínda así, destacan que “afortunadamente non se produciron sinistros de gran entidade ou repercusión social no concello”.

Desde a agrupación sinalan tamén outros aspectos positivos como o cumprimento dos obxectivos en materia de formación e o aumento do número de voluntarios.

Os socialistas Elvira Lama, Laura Seara e Euloxio Fernández.


XINZO E COMARCA

O LIFE Regenera Limia prevé unha vintena de actuacións para sanear o río Limia 4 Investiranse máis de dous millóns de euros para recuperar a calidade ambiental do río Limia ao seu paso pola comarca. Redacción O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, investirá dous millóns de euros na posta en marcha do proxecto LIFE Regenera Limia, que nace co obxectivo de recuperar a calidade ambiental do río Limia ao seu paso por esta comarca mediante máis dunha vintena de actuacións. Este proxecto pretende aplicar un conxunto de medidas preventivas e de rexeneración para reducir os nutrintes de orixe gandeira nas masas de auga da conca do río Limia, co fin de cumprir cos obxectivos ambientais que establece a Directiva Marco da auga e a normativa española. Accións concretas A Casa da Cultura de Xinzo acolleu o pasado 5 de febreiro unha xornada informativa aberta ao público na que os socios do proxecto explicaron as diferentes técnicas que se empregarán para mellorar o Limia. En concreto, presentá-

Autoridades na xornada informativa na Casa da Cultura de Xinzo sobre o LIFE Regenera Limia (do que son socios a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a Deputación, a Consellería de Medio Ambiente, o Inorde, o sector gandeiro, a empresa Eco-Lagunas e como colaborador financieiro, Gas Natural)./M.REJO. ronse un conxunto de 26 accións, divididas en catro grandes bloques de actuación, entre as que destaca o desenvolvemento de solucións alternativas para a xestión dos residuos gandeiros destinadas a reducir o seu impacto no medio ambiente. Ao mesmo tempo, contémplase a creación e posta en marcha dun Sistema

de Control Integrado de xestión de fertilizantes e abonos en chans agrarios que permita un emprego máis eficiente destes, reducindo achegas difusas de nutrintes ás augas. Está previsto tamén a reconversión das antigas explotacións mineiras de extracción de area na canle de Antela nun sistema lagunar de charcas que potencien a

capacidade de depuración natural do curso fluvial e que contribúa á recuperación de espazos húmidos na ZEPA da Limia. Tamén levará a cabo a recuperación ambiental das canles fluviais modificados e a rexeneración e reconexión de sistemas lagunares para reducir a presenza de nutrintes na auga e a eutrofización, á

vez que se recuperarán os ecosistemas locais. Espérase que unha vez que finalice o proxecto, que terá unha duración de tres anos, se reduza non só a concentración de nutrintes na auga, senón tamén nun 30% o uso de fertilizantes, nun 50% o de abonos e que haxa un 40% menos de gases de efecto invernadoiro.

BARRIOS Febreiro de 2015

4 ADEGAL propón mellorar a depuración A Asociación de empresarios, gandeiros e agricultores da Limia, ADEGAL, destacou desta xornada informativa do LIFE Regenera que a comarca non supera os límites máximos establecidos para determinados contaminantes das augas e que o sector agrogandeiro aproba “e con nota moi alta” o cumprimento das recomendacións do Código galego de boas prácticas agrarias. Con todo, ADEGAL chama a atención sobre a necesidade de mellorar a depuración de augas residuais, e por iso fai un chamamento ás administracións “para que se impliquen e se tomen medidas correctoras”, pois, malia que se están levando a cabo, as consideran “insuficientes”. Para ADEGAL faise imprescindible “a creación de sinerxias entre os distintos colectivos para recuperar a imaxe real da Limia, unha comarca productiva capaz de conservar o medio do que dispón”.

As accións desenvolveranse durante os próximos tres anos


10

BARRIOS Febreiro de 2015

XINZO E COMARCA

Novo curso na Escola Rural de Saúde

Comeza unha nova edición do programa Ruralempréga-T

4 De atención ao dependente e ao coidador.

4 Son obradoiros dirixidos á poboación en risco de exclusión social da comarca.

Redacción

Redacción

A Asociación Escola Rural de Saúde da Limia pon en marcha desde o 3 de marzo un curso de atención ao dependente e ao coidador, dentro do seu proxecto de intervención e educación sociosanitaria na zona rural. A formación está aberta á poboación en xeral, pero vai especialmente dirixida aos coidadores de persoas dependentes e enfermos crónicos. A súa finalidade é que os coidadores poidan “adquirir coñecementos e habilidades para poder coidarse a si mesmos para deste xeito coidar mellor daqueles que necesitan da súa atención continuada”. Para a realización do

curso cóntase coa subvención da Deputación de Ourense e coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia e dos docentes encargados de impartir os talleres. Nos obradoiros falarase de envellecemento, da dependencia, do coidado do coidador, das úlceras por presión, das demencias, das incapacitacións, da atención aos enfermos crónicos, da nutrición, e dos coidados básicos de enfermaría, entre outros temas. O curso desenvolverase martes á mañá e xoves á tarde na Casa da Cultura de Xinzo de Limia. [+ info no 603 784 435, ou en escolaruraldesaudedalimia@yahoo.es]

O Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” presentou unha nova edición do Programa Ruralempréga-T que pretende

a mellora da calidade de vida da poboación limiá en situación de risco ou exclusión social mediante a metodoloxía de itinerarios personalizados de orientación sociolaboral,

e accións informativas, de prospección e intemediación laboral. Nos próximos meses, o primeiro xoves de cada mes desenvolverase un obradoiro formativo sobre

Os obradoiros de Ruralempréga-T serán na Casa da Cultura de Xinzo.

algunha temática en relación á busca de emprego. O primeiro foi o 5 de febreiro e nel analizouse o mercado laboral na Limia. Ao mesmo tempo, o CDR “O Viso” desenvolve un “Club de emprego”, que incide sobre as consecuencias que o desemprego de longa duración leva consigo: é dicir, baixa autoestima, desánimo… Este terá lugar o terceiro xoves de cada mes, salvo no mes de febreiro, que se retrasará ao día 26. Ruralempréga-T é financiado polo Servizo de Inclusión e Acción Social da Xunta de Galicia e conta coa cofinanciación nun 80% do Fondo Social Europeo e do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Inscricións Os interesados en asistir a esta actividades, que se desenvolverán na Casa da Cultura de Xinzo, poden contactar coa organización no 988 46 15 71 ou en areasocial@cdroviso.org.


ALLARIZ E COMARCA

4ITV agrícola en Allariz

4 Duplicarase a rede que comunica co parque empresarial. O Concello de Allariz está acometendo as obras de mellora do subministro eléctrico ao parque empresarial de Chorente garantindo, así, o subministro ás fábricas que forman parte da área industrial. A achega municipal ronda os 25.000 euros. As obras enmárcanse dentro dun acordo de colaboración con Gas Natural

Fenosa e consisten en duplicar o subministro, segundo explicaba o alcalde, Francisco García, “cun anillado que garanta o servizo e evite que as naves queden sin electricidade no caso dunha avaría na liña principal”. Os operarios municipais están a colocar as tubaxes e a executar un paso soterrado xunto á estrada nacional N525 para canalizar o cableado.

Allariz instalará illas para reciclar restos orgánicos 4 Serán composteiros comunitarios. Redacción O Concello de Allariz está construíndo novas illas nas que se ubicarán os composteiros comunitarios para a reciclaxe de restos orgánicos. Colocaranse unha trintena de illas onde os veciños deberán depositar os restos de comida para facer compost, que será utilizado polos propios veciños,

para xardíns municipais e para iniciativas agrícolas do municipio. Os que non poidan acceder a esta alternativa poderán depositar a materia orgánica nos contedores marróns. Doutra banda e conxuntamente con Vilar de Santos, Allariz solicitou unha subvención para adquirir unha trituradora para compostar.

11

EN BREVE

Obras para garantir a subministración eléctrica no polígono de Chorente

Redacción

BARRIOS Febreiro de 2015

O conselleiro de Educación e o alcalde de Maceda no CEIP da localidade./M.REJO.

Educación anuncia melloras nos centros educativos de Maceda 4 Investirá 33.000 euros. Redacción O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, visitou os centros educativos de Maceda, nos que anunciou que o seu departa-

mento ten previsto realizar este ano un investimento de 33.000 euros. No CEIP de Maceda está prevista a reposición da caldeira e depósitos, mentres que no IES San Mamede arranxarán a cheminea e os canalóns e am-

pliarán o salón de actos. Deste xeito, o investimento da Consellería nestes centros desde 2009 elevarase a preto de 135.000 euros, tanto en obras de mellora como nos recursos destinados á biblioteca escolar.

Novo módulo no Programa Clara

tión comercial así como técnicas de realización de escaparates son algúns dos temas que se tratarán no módulo.

Redacción

Finalidade A finalidade do Programa Clara é a inserción laboral das mulleres, entendéndoa como un proceso complexo que abrangue formación específica e un proceso de mellora persoal a través de contidos como a autoestima, as habilidades ou a igualdade, entre outros.

“Habilidades para a venda ao público “é o título do módulo formativo que o Programa Clara acolle en febreiro. As mulleres que participan neste programa que organiza o Concello de Allariz co apoio do Instituto da Muller, formaranse no

eido comercial no módulo que durará 50 horas e está a ser impartido pola pedagoga Verta Vega; o técnico informático Javier Feijóo, técnico informático e a empresaria decoradora Alicia Miranda. A calidade do servizo e atención ao cliente, a comunicación co cliente, conceptos básicos de xes-

A unidade móbil de inspección técnica agrícola desprazarse ata Allariz do día 20 ao 25 de febreiro. A unidade móbil estará ubicada na Cidade Deportiva do Seixo en horario de 9 a 13:30 horas e de 15:15 a 18 horas de luns a venres, agás o día 20 no que o horario será só de mañá. Para solicitar cita previa hai que contactar co 902 30 90 00 ou na web www.sycitv.com.

4Período de cobro de impostos O Concello de Allariz procederá ata o 6 de abril, ao cobro dos recibos polo Imposto de vehículos de tracción mecánica e Taxa pola prestación do servizo de recollida do lixo correspondentes ao ano 2015. Os interesados poden consultar o contido das listas cobratorias na pranta baixa da Casa do Concello en horario de 9 a 14 de luns a venres.

4 Ana María Rodríguez repite como candidata A Agrupación Municipal Socialista de Maceda elixiu á actual concelleira Ana María Rodríguez Blanco como cabeza de lista para as vindeiras municipais. A lista alterna mulleres e homes, renóvase nun 50% e incorpora dous membros de Xuventudes Socialistas e catro mulleres. O seu traballo inmediato será recoller dos veciños ás súas propostas.


12

BARRIOS Febreiro de 2015

O BNG denuncia que a biblioteca do Auditorio Ilduara está sen calefacción Redacción O grupo municipal do BNG denuncia a falta de calefacción e de acceso á rede wifi na biblioteca do Auditorio Municipal Ilduara de Celanova, segundo as queixas que lles chegaron dos usuarios. Para o Bloque, as deficiencias poñen de manifesto “a deficiente xestión de diñeiro público que ao longo destes anos ten feito o PP ”. Os nacionalistas critican o que consideran “dilapidación” de cartos en proxectos “de pouco ou ningún fundamento” como “a construción dun castro artificial, cando está totalmente abandonado o orixinal” ou un pavillón “que non ten as medidas regulamentarias e cun deseño das gradas que impiden ver a totalidade das pistas deportivas”, ou a estación de autobuses “que despois de 14 anos está en estado de semirruína e abandono, por non ser nunca usada”.

CELANOVA E COMARCA

Descubrindo a Pepe Velo 4 A Asociación Cultural Xosé Velo busca recuperar a figura do poeta de Celanova. Silvia Nieto O 30 de xaneiro de 2015 cumplíronse 43 anos da morte de Pepe Velo a causa dun cancro de pulmón. Só un día despois, Aser Álvarez (de Arraianos) e Francisco Macías (de Edicións Positivas) presentaban a Asociación Cultural Xosé Velo que, principalmente a través dun espazo web, busca recuperar a figura do escritor celanovés, un “poeta maduro, soberbio e brillante”, como o describiu Álvarez, “que facía vibrar a todos os que o coñeceron”, explica. Aser comezou a sentir inquedanza pola figura de Velo cando rodou o documental “100% CEF” sobre Celso Emilio Ferreiro, do que Pepe era un gran amigo. Aí comezou esta aventura por coñecer e amosar á sociedade a esencia do artífice do primeiro secuestro político (o 22 de xaneiro de 1961) dun bar-

Aser Álvarez lendo o poema “Esperanza” de Xosé Velo durante a presentación desta asociación cultural./S.N. co de pasaxeiros, o Santa María, de bandeira portuguesa, co fin de denunciar ante o mundo as ditaduras de Franco e Salazar. Mostra significativa do pensamento revolucionario dun escritor ao que nin a historia nin sequera a súa terra lle fixeron xustiza; e ao que unha maldita enfermidade lle roubou a vida aos 55 anos sen que puidera coñecerse toda a obra que deixaba atrás. Agora, coa colaboración do único fillo de Velo que

queda con vida, Víctor, e o traballo de investigación de Álvarez e Macías comeza un camiño que irá destapando como era Pepe, o mesmo que de neno lle regalaba os seus zapatos a algún cativo pobre, “eu teño máis e el ningún”, explicáballe ao seu estrito pai ao chegar á casa; ou que acolleu no seu fogar, xunto á súa muller e fillos, a un enfermo de tubercolose mentres os demais se afanaban por buscarlle o lugar máis illado posible. Así era Pepe Velo.

E esta web recordarao a través dos seus poemas, cartas, discursos…. O que será o primeiro paso desta asociación, que prepara de cara a 2016 (para celebrar o centenario do nacemento do escritor) diversos actos, e que adianta a elaboración dunha publicación que recolla “o mellor da súa obra”, explican; así como un completo documental biográfico que achegue á sociedade a “un home extraordinario, que merece que o lembremos e que os máis novos o teñan como referente”. Referente da historia política de España, da poesía galega e de valentía. “… Xa sabes de donde me ven o folgo/ para cantar miña esperanza:/ da visión do futuro/ anque sempre se achega/ endexamais se alcanza”. Pepe Velo escribiu o poema “Esperanza” en outubro de 1971, tres meses antes de morrer. Agora a esperanza e a visión do futuro moran na asociación cultural que nace para recoñecelo.

A asociación prepara unha publicación cos traballos de Velo e un documental

Cultura restaura o patrimonio de Pontedeva Redacción O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, visitou a Capela de San Xusto, no concello de Pontedeva. Alí anunciou o inicio nos próximos meses das obras de acondicionamento deste templo, situado na parroquia de Trado, que suporán un investimento de 15.200 euros. As actuacións consistirán en na renovación da cuberta de tella e na substitución das portas de entrada por outras de madeira. Así mesmo, realizaranse traballos de limpeza e encintado da pedra. Ademais, demolerase o forzado do adro e os muros laterais de apoio do mesmo ata a súa cota primitiva, para recuperar o aspecto orixinal do conxunto. Vázquez lembrou que no 2013 Cultura rehabilitou a Capela Santa María Magdalena de Freáns. Desta forma o investimento da Consellería en Pontedeva elévase a máis de 36.000 euros.


especial DEPUTACIÓN

Deputación e Xunta presentan en FITUR o Plan “Ourense, a provincia termal” O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron en Madrid, o Plan “Ourense, a provincia termal”, o proxecto máis importante no ámbito turístico da provincia e Ourense, e que ten como obxectivo poñer en valor os recursos termais, naturais e culturais de Ourense, estruturando a oferta e os servizos de tal xeito que conduzan á creación do destino e da marca “Ourense, a provincia termal”. No acto de presentación, que contou tamén coa participación de Paolo Vasile, conselleiro delegado de Mediaset, e do director xeral e Contidos de Mediaset, Manuel Villanueva, Manuel Baltar dixo que Xunta e Deputación de Ourense “van da man no desenvolvemento deste plan que pretende potenciar e promocionar os singulares recursos do termalismo que temos na provincia de Ourense para situala no mapa mundial do turismo de ocio e saúde”.

360 empresas obteñen crédito do plan de ABANCA e a Deputación de Ourense O Plan Activamos/Transforma Ourense, impulsado por ABANCA en colaboración coa Deputación de Ourense, permitiu entre agosto e decembro de 2014 a inxección de 17,4 millóns de euros no tecido económico e social desta provincia. Os datos do primeiro balance deste plan, que foron presentados polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, revelan que nove de cada dez créditos tramitados foron con empresas. En total, este programa permitiu o acceso ao financiamento a máis de 360 empresas ourensás –fundamentalmente pemes e autónomos- por un importe global de 10,8 millóns de euros.

Ana Pastor participa no foro “Ourense nova velocidade”, no Centro Cultural da Deputación A ministra de Fomento, Ana Pastor, participou no Foro “Ourense nova velocidade”, organizado por La Región, no que se analizou o papel do AVE como transformador e dinamizador de territorios, e a importancia que a alta velocidade ten para a provincia de Ourense. Pastor foi presentada por Manuel Baltar, quen subliñou que a ministra “coñece perfectamente as necesidades de Ourense e representa a un ministerio que leva varios orzamentos considerando a Ourense como a provincia de España con maior investimento” e que vai ser recordada como “a ministra que fixo chegar a Alta Velocidade a Galicia entrando por Ourense”.

BARRIOS Febreiro de 2015

13

A proposta da Deputación, Alejandro Sanz grava en Ourense O cantante Alejandro Sanz elixiu Ourense para rodar o videoclip de seu próximo traballo, o que fará o seu álbum de estudio numero 10. As xestións dos últimos meses realizadas polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, materializáronse coa chegada do artista de relevancia internacional e o seu equipo para rodar en diferentes localizacións da nosa provincia. Manuel Baltar, destaca o impacto promocional que suporá para Ourense esta situación dada a proxección mundial de calquera traballo de Alejandro Sanz, artista con millóns de seguidores nas redes sociais, onde seus videoclips teñen recibido centos de millóns de visitas.

Constitución do Comité Termal Ourensán en Cortegada O Comité Termal Ourensán constituíuse na Casa do Concello de Cortegada, onde celebrou a súa primeira xuntanza, presidida polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. Na reunión, os membros que integran o comité recibiron o documento do Plan Termal “Ourense, á provincia termal” para que cada administración coñeza cales son as súas obrigas e competencias. Baltar deu conta da aprobación da orde de axudas do programa de “Termalismo saudable” e das infraestruturas e obras planificadas no ámbito termal, entre as que figuran a piscina fluvial de Laias e un paseo termal no parque do Carballiño. Asemade, informou da xuntanza coa ministra de Fomento, Ana Pastor, na que acordaron asinar novamente este ano o convenio entre a Deputación de Ourense e Renfe para a oferta de “Viaxes termais”.

Acordo con Industria para crear “Enourense”, o portal das denominacións de orixe O presidente da Deputación de Ourense e do Inorde, Manuel Baltar, vén de conseguir do Ministerio de Industria unha achega de 80.000 euros que se destinará a financiar un proxecto de mellora da competitividade e innovación das Pemes do sector vitivinícola da provincia de Ourense adscritas ás catro denominacións de orixe ourensás: Ribeiro, Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra. A acción principal é a creación do portal web “Enourense”, cumpríndose así un novo compromiso dos anunciados polo presidente Baltar no debate sobre o estado da provincia. Manuel Baltar e o subsecretario do Ministerio de Industria, Enrique Hernández Bento, asinaron en Madrid o convenio de colaboración para desenvolver proxecto.


14

BARRIOS Febreiro de 2015

CELANOVA E COMARCA

Castromao, de novo no foco da polémica 4 A paralización da reprodución dun poboado castrexo na zona, tras un investimento de 250.000 euros, xunto ao abandono do orixinal, desatan novas críticas. Silvia Nieto Nas últimas semanas xurdiron novas críticas ao redor da reprodución dun poboado castrexo en Castromao, a pouco máis de 500 metros do xacemento orixinal, que será empregado para a rodaxe da película “Galaicus”, na que interveñen coñecidos actores galegos como Luis Tosar ou Rubén Riós. As dúbidas sobre se o proxecto xorde para esta rodaxe ou para unha iniciativa cultural maior e anterior, sobre a adxudicación da obra á produtora Zircozine ou sobre a obtención dos terreos volveron á palestra. Ao que se lle suma o abandono que está a sufrir nos últimos anos o castro orixinal, fronte ao investimento realizado ata o momento de 250.000 euros (a maior parte proporciona-

4 Para o PSOE: outro “proxecto fallido do PP” Dende o PSOE de Celanova aseguran estar “cansos da denuncia constante dos proxectos fallidos do goberno do PP, que despilfarran o diñeiro e non achegan nada á economía e á vida do pobo”, explicounos María Jesús Boo. A voceira socialista define este proxecto como “froito dun delirio de Mouriño que logo adxudicou Ferro. É un expoñente, entre outros, de que en Celanova cambiou o alcalde para que nada cambiara. O grupo socialista non estivo a favor deste proxecto desde o inicio e foi o que destapou as ‘irregularidades’ da adxudicación e a trama de película, nunca mellor dito, que se montou con Zircozine”. Ademais, Boo confesa que senten “moita impotencia porque os veciños non teñan en conta as nosas reiteradas queixas e continúen votando ao PP”.

dos pola Xunta de Galicia) neste novo proxecto. Falamos co Goberno municipal popular, o BNG e o PSOE (a concelleira non adscrita non nos respostou). O alcalde defende o proxecto O alcalde de Celanova, José Luis Ferro, quixo deixar claro que a reprodución do poboado castrexo é só unha parte dun gran proxecto cultural que o Concello ten en marcha, e que comezou a idearse xa en 2003 durante o goberno de Antonio Mouriño. “Este proxecto global chámase “Un paseo pola historia de Galicia” e acolle varios tempos. Comezando polo máis antigo que correspondería a Castromao; o alto Medievo que inclúe a Capela de San Miguel; o baixo Medievo a través de Vilanova, o burgo medieval e o mosteiro; e o máis recente relacionado coa literatura, Curros Enríquez e os autores do Rexurdimento. En canto a Castromao, non é só a reprodución do castro, senón que leva con-

A reprodución do poboado castrexo está na actualidade sen rematar./RAMSÉS sigo tamén actuacións no propio xacemento e a recuperación da rectoral”. Ferro accede á alcaldía o 25 de setembro de 2012, e o 4 de outubro recibe a aprobación da Xunta da inversión inicial de 200.000 euros para comezar a reprodución. “Eu non me ía opor, era a custo cero para o Concello”, recalca. E este poboado era xusto o que a produtora Zircozine precisaba para a súa rodaxe. “Na presentación da película din que buscan

un escenario orixinal, que non sexa de cartón pedra, exactamente o que nós imos ter. Entón Mouriño fala coa produtora e coméntalle o noso plan. Pero este proxecto non nace con motivo da rodaxe, ten outra dimensión moito máis importante”, aclara o rexedor. A continuación, tivo lugar a concesión das obras (mediante negociado sen publicidade), á que o Concello convidou a Zircozine, xunto a outras dúas empresas. Pero o concurso que-

4 “Dilapidouse diñeiro público alegremente”, di o BNG “As casas comezaron sempre polos alicerces e non polo tellado”. Esta é a opinión do BNG de Celanova respecto a este proxecto, o cal cren que debería pasar por varias fases, “a primeira, poñer en valor de xeito integral o castro de Castromao, que está totalmente abandonado; e a segunda, recuperar a rectoral como centro de interpretación castrexa, como estaba previsto no goberno de coalición”, explica Leopoldo Rodríguez, quen aclara que “nunca se nos amosou o proxecto nin a súa finalidade, e dicíasenos que era para unha película e que despois se aproveitaría para bungalós e un restaurante”. Aclarado o fin último do mesmo, dende o BNG son críticos coa súa via-

bilidade, “calquera pode ter soños moi fantásticos para Celanova, pero hai que pensar antes se se poden afrontar ou se se vai investir unha cantidade importante para despois paralizar o que se fixo por non contar con medios económicos para rematar”, indica Leopoldo, que cita como exemplo a estación de autobuses. “Neste caso dilapidouse diñeiro público alegremente. Ademais do gastado, o Concello tivo que pagar á empresa Baygar 773,19 euros pola falta de devolución de 20 vallas e 13 pés de formigón”, lembra. Ademais, non entende o abandono do xacemento orixinal, “por Castromao pasan milleiros de persoas. Hai alguén que explique aquilo? Non se pode permitir o deterioro do castro.

A recuperacion do convenio entre o Concello e Patrimonio parécenos esencial”, di. Así mesmo, mostra as súas reticencias sobre a adxudicación e a obtención dos terreos, “o contrato coa produtora foi mediante procedemento negociado sen publicidade e, aínda que está amparado pola lei, parécenos de por si irregular. Ademais, cónstanos que hai propietarios dos terreos (que é un comunal de varas) que non están dacordo coa forma en que o Concello os ocupou”. Os nacionalistas recordan que accederon ao emprego de 14.000 euros para o peche perimetral. “Pero ese apoio puntual non é un cheque en branco para que o Concello faga o que lle pete”.

dou deserto. Meses despois retomouse e Zircozine foi convidada de novo, unha vez modificadas as deficiencias atopadas inicialmente, xunto a outras dúas entidades distintas das anteriores. E, agora si, a produtora compostelá fíxose coa adxudicación. En 2013 a obra quedou paralizada, e as accións de diversos vándalos na zona obrigaron ao Concello a tomar medidas. Así, foi aprobada unha nova actuación para a construción

do peche perimetral (hoxe aínda sen rematar), no que se investiron 50.000 euros (14.000 procedentes das arcas municipais e acordados en pleno). Pero dende a oposición son claros: 250.000 euros utilizados nunha reprodución co xacemento orixinal abandonado é mostra de “despilfarro de diñeiro público”. Ferro deféndese: “o castro orixinal tivo durante moitos anos un campo de traballo arqueolóxico todos os veráns. Pero gobernando o bipartito na Xunta cortouse iso, non habería cartos ou non se consideraría prioritario. Nós seguimos traballando no castro, pero xurdiu isto e fomos a por el”. De momento non hai data fixada para a continuación das obras, nin para a rodaxe; algo que Ferro agarda que non se veña abaixo con tanta polémica. Non obstante, é sincero cos veciños, “é unha obra inacabada e sabemos que a temos que rematar, pero os tempos son os que son. Pero dame pena que pensen que non teño os pés na terra; e que non se vexa a proxección que iso vai ter a nivel turístico e publicitario para Celanova”. E tamén coa oposición, “debemos pensar menos nas próximas eleccións e máis nas próximas xeracións”.

“Este proxecto non nace con motivo da rodaxe, ten outra dimensión moito máis importante”, aclara José Luis Ferro

Aspecto do xacemento orixinal, para o que a oposición reclama unha actuación inminente./RAMSÉS


PUBLICIDADE

BARRIOS Febreiro de 2015

15


16

BARRIOS Febreiro de 2015

DEPORTES

A Heroican Race chega a Allariz

Novo percorrido para os 10km de Xinzo Redacción Rematouse a incertidume e finalmente haberá oitava edición dos 10Km de Xinzo de Limia. Chegará o 1 de marzo. O Concello deu vía libre para que Limiactiva organice esta carreira que cambiará de percorrido nesta edición. Pasará de ser un circuíto de tres voltas en vez de dúas coma viña sendo nos últimos anos. E terá un percorrido moito máis urbano. Desta volta xa non será unha proba homologada, por rematar o período de sete anos que teñen as homologacións das carreiras de 10 quilómetros.

4 Terá lugar o 14 de marzo. R. Torres

Un atleta do XOGADE en Ribadavia ./RAMSÉS

Centos de rapaces na fase final do XOGADE 4 No campionato provincial de campo a través. R. Torres

Carreira de Xinzo do pasado ano. /ARQUIVO

Novas actividades na piscina de Verín Redacción A área de Xuventude, Deporte e Festexos do Concello de Verín amplía a oferta de grupos nas actividades deportivas na piscina climatizada. Aos xa ofertados con anterioridade, súmase tres novos nos seguintes horarios: spinning (luns e mércores de 08.30 ás 09.15 horas), aerobox (martes e xoves, de 21.15 ás 22 horas) e aerotono (martes e xoves, de 19.45 a 20.30 horas). Esas actividades únense ás de natación, aquagym, wellness, aerotono, zumba, pilates, spinning e tonificación muscular (G.A.P.), ademais das novidades power-dumbell, step, aero-box e tonificación.

O 31 de xaneiro disputouse na área recreativa da Veronza o Campionato Provincial de Campo a Través, dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia. Á cita acudiron centos de rapaces de toda a provincia e nela decidíanse os campións provinciais ademais dos que representarán a Ourense no Campionato de Galicia. En categoría benxamín masculina o equipo vencedor foi o Ourense, seguido do Adas e do Limiactiva; na feminina a vitoria foi para o Limiactiva, e tras el o Ourense e o P. Feijoo / Allariz. O podio do infantil masculino foi para o Limiactiva, Padre Feijoo / Allariz e o Curros Enríquez / Celanova, coma primeiro, segundo e terceiro, respectivamente. E infantil feminino primeiro foi o Monterrei / Verín, segundo o Ourense e terceiro o CD La Purísima (Ourense). O Monterrei / Verín foi o mellor conxunto na ca-

tegoría alevín masculina, seguido do Limiactiva e na terceira posición o Curros Enríquez / Celanova. En feminina repetiu o Monterrei / Verín no primeiro posto; o Ourense foi segundo e o Padre Feijoo / Allariz, terceiro. Na categoría cadete xuvenil masculino o mellor equipo foi o Limiactiva, segundo o Monterrei / Verín e terceiro o CPR / Vila de Arenteiro. E en feminina, acadou a vitoria o Ourense, mentres que o Adas e o Monterrei / Verín remataron segundo e terceiro, respectivamente. Cross curta O equipo alevín masculino do EDC Verín proclamouse vencedor do Campionato de Galicia de cross curto de clubs. O evento tivo lugar na localidade lucense de Friol. O equipo infantil feminino logrou o sexto posto e o alevín feminino o sétimo. Por parte do Limiactiva, o infantil masculino foi segundo na clasificación por equipos.

Allariz acolle o 14 de marzo a Heroican Race, unha proba na que hai que percorrer 8,5 quilómetros en menos de dúas horas e media. Ao longo do percorrida haberá 9 probas intermedias e dúas ou tres sorpresas. Poderanse inscribir os maiores de 18 anos, e ten un prezo de 20 euros se se realiza antes do 22 de febreiro e de 25, se se inscribe un entre o 23 de febreiro e o 7 de marzo. As prazas están limitadas a 150 participantes. Os puntos de inscrición

son: Centro Deportivo Eiroas de Ourense, no 988 210 769, ou en eiroas@ serviocio.es, ou na piscina Municipal de Allariz, no 988 442 083 ou no email

piscina@allariz.com. Esixencia A Heroican Race é unha proba esixente. Os participantes deberán realizar varias probas coma arrastrarse, cruzar un regato, levar peso e mesmo subir e baixar unha ladeira. En total nove probas no medio da carreira; os participantes deberán estar preparado para superalas.

Cartel da Heroican Race.

25 alumnos obteñen o diploma federativo de monitor de fútbol base 4 Os estudantes, procedentes de Verín e Xinzo de Limia. Redacción 25 alumnos, de Verín e Xinzo, obtiveron o diploma federativo de monitor de fútbol base. Os estudantes formáronse en técnica e táctica en fútbol, adestramento deportivo, regras de xogo, medicina do deporte, psicoloxía, metodoloxía, dirección de equipos e regulamentación deportiva. Ao remate do curso entregóuselles os diplo-

mas (monitor de fútbol de base) acreditativos para adestrar equipos federados ata a categoría cadete (agás as ligas división de honra cadete, liga galega cadete e liga galega infantil, onde será necesario a partir da tempada 2015/2016 o nivel-1). Curso avalado O curso estivo avalado pola Escola Nacional de Adestradores da RFEF. O plan de formación contou con xornadas presenciais

Participantes do curso de monitor de fútbol base./CEDIDA

nas que se impartiron cuestións como técnica, táctica, adestramento deportivo, regras de xogo, medicina do deporte, psicoloxía, metodoloxía, dirección de equipos e regulamentación deportiva.

O curso estivo avalado pola Escola Nacional de Adestradores da Real Federación Española de Fútbol


especial ENTROIDO

Os felos saen en Maceda 4 O Xoves de Comadres e a comida dos felos serán algunhas das citas entroideiras. Redacción O Entroido 2015 botou a andar en Maceda o 7 de febreiro, co Sábado de Desmadre e, agora, os macedáns prepáranse para a súa seguinte cita entroideira, o

Xoves de Comadres, o 12 de febreiro, que se festexará cunha gran cea no restaurante A Diligencia, por un prezo de 12 euros. As interesadas en participar nesta cea deben inscribirse na Oficina de Turismo (988

46 10 01). Comida dos felos Xa o sábado 14 de febreiro terá lugar a tradicional comida dos felos, ás 14 horas no edificio Multiusos de Maceda. O xantar servirá de descanso para os entroideiros, que percorrerán mañá e tarde os núcleos da Serra. Na comida poderán participar os adultos que se vistan de felos e un tutor/a dos cativos menores de 13 anos que vaian de felo ese día. é preciso inscribirse previamente e abonar o prezo do xantar: 5 euros para os non socios e 3 para os membros

da Asociación Felos da Corga da Serra. O entroido de Maceda estrea esta ano a declaración de interese turístico de Galicia.

Felo de Maceda./ARQUIVO.

Carnaval en Ponte Vella Redacción

O centro comercial ourensán Ponte Vella organiza para os máis cativos este entroido talleres de máscaras e maquillaxe, unha festa infantil e un concurso de disfraces, entre outras actividades. Os talleres de máscaras serán o sábado 14; e o de maquillaxe o luns 16. Todos ás 17 horas. Tamén haberá talleres de disfraces (venres 13 e

BARRIOS Febreiro de 2015

17

mércores 18, ás 17 horas) e unha gran festa infantil de entroido (o venres 13, tamén ás 17 horas) con famosas mascotas, xogos e bailes. Non obstante, o prato forte desta programación será o tradicional concurso infantil de disfraces, o luns 16 ás 18.45 horas, no que poderán participar nenos de 4 a 13 anos. As inscricións deben realizarse no Punto de Información do centro comercial ourensán ou no 988 51 02 32; teñen como prazo máximo para facelo ata ese mesmo día ás 14 horas.

Vilardevós recupera o seu entroido da man do “chocalleiro” 4 O seu día grande será o Martes de Entroido, coa saída dos chocalleiros, desfile, cea popular e queimada. Tras máis de 40 anos sen celebracións do entroido en Vilardevós, no 2015 esta localidade recupera as súas exaltacións na honra de Don Carnal, da man da figura do “chocalleiro”, personaxe que percorría as rúas da localidade e outros pobos do municipio perseguindo á xente non disfrazada co obxectivo de que o invitaran a un viño. A súa vestimenta está composta por un pantalón e camisa de liño, polainas, pañoleta de lazos, careta cunha mitra pequena tapada cunha pañoleta, catro campaíñas, e unha vara cun farrapo na punta coa que asustar e manchar á xente.

máis tarde será o momento da saída das carrozas dende o campo de fútbol, acompañadas por gaiteiros e unha charanga. Ás 17.15 terá lugar a representación teatral da obra “A Seitura”, a cargo da Asociación de Mulleres Rurais “Entre Nós” de Vilardevós. Xa ás 18.30 horas será a baixada da vaca acompañada polos chocalleiros, seguida de baile e a lectura do testamento do burro. Ás 20 horas será o momento da actuación do Folión de Vilariño de Conso, ás 21 tocará cea na avenida de Vilardevós e ás 23 será a queima do meco. Como fin de festa, haberá música da man de Disco-móvil DJ Dreamsout e queimada ás 00.30 horas.

Programa Para recuperar esta tradición Vilardevós prepara este ano un gran Martes de Entroido. A cita festiva comezará ás 16 horas coa saída dos chocalleiros. Media hora

O “chocalleiro” percorría as rúas de Vilardevós perseguindo á xente non disfrazada co obxectivo de que o invitaran a un viño

Redacción


18

BARRIOS Febreiro de 2015

ENTROIDO especial

Xinzo anima a vivir o seu entroido tradicional

4 O Concello e a Comisión de Festas do Entroido 2015 presentaron o programa de actos do ciclo festivo máis longo da provincia. P. Lodeiro O concelleiro de Cultura de Xinzo, Carlos Gómez, fixo un chamamento “á celebración do entroido tradicional” durante a presentación do programa do Entroido 2015 da capital limiá. Son en total cinco semanas de festexos que comezaron co “petardazo” á medianoite do sábado 24 e xaneiro, e que non rematarán ata o 22 de febreiro, Domingo de Piñata. Sen grandes novidades na programación, a maior parte dos 75.000 euros de orzamento -50.000 procedentes das arcas municipais e o resto recadado entre as achegas de veciños e comerciantes- des-

Grupo de pantallas abrindo o desfile de comparsas de Xinzo o Martes de Entroido. tinaranse á contratación da animación musical. Orquestras, charangas, batucadas e bandas de gaitas porán o contrapunto sonoro a unha festa que se vive na rúa, e que quen coñece

un ano, repite. O ciclo tradicional xa incluíu ata o momento o Domingo Fareleiro, Oleiro e Corredoiro; o Colgamento do Meco (o 31 de xaneiro), e a Noite das Mulleres

Unha pandilla xa disfrazada no Domingo Corredoiro de Xinzo./BRAIS LORENZO.

(7 de febreiro). Agora, Xinzo prepárase para o Domingo de Entroido, (15 de febreiro) e Domingo de Piñata (22 de febreiro), ademais doutras citas importantes como o Venres Infantil (13 de febreiro), o desfile de Martes de Entroido (17 de febreiro), e o Enterro da Sardiña (18 de febreiro). É o de Xinzo un entroido “participativo, mezcla de rural e urbano, no que todo o mundo é protagonista e ten o seu lugar”, destacaba o edil de Cultura. Para que todos poidan gozar da festa, por segundo ano realízouse un oleiro adaptado (o 2 de febreiro) para os usuarios do centro sociocomunitario, o centro de día, a residencia Santa Mariña e os membros da asociación LIMISI. Tamén os nenos terán actividades propias na

tarde do Venres Infantil e no Domingo de Piñata, e máis ambientación musical no seu desfile, o propio venres 13. O Festival da Canción Humorística e un obradoiro de iniciación á maquillaxe organizado pola Concelleria de Xuventude son outras das opcións para participar do entroido limiao. Carlos Gómez animaba á “convivencia cívica” durante este mes de celebración e rogaba á xente “que evite o botellón”. Pola súa banda, o alcalde, Antonio Pérez, recordou que estará habilitada unha zona de aparcamento para autobuses e autocaravanas durante estes festexos. Apertura do Museo do Entroido O rexedor de Xinzo ve posible inaugurar o Museo do Entroido na última semana dos festexos, logo de que a Axencia Galega de Turismo achegara 70.000 euros para concluir os traballos de musealización. Máis seguridade Ante a gran afluencia de público que se prevé nos días centrais do Entroido, o PSOE de Xinzo vén de solicitar ao Concello que reclame á Subdelegación do Goberno un reforzo dos efectivos para garantir a seguridade. Os socialistas tamén piden que se instalen contedores de vidro e que a hostalería incremente os envases de plástico.

Aínda quedan importantes citas en Xinzo, como o Venres Infantil e o desfile do Martes de Entroido


especial ENTROIDO

O entroido séntese en Verín

4 O Xoves de Comadres, o Bautizo do Cigarrón ou os desfiles de domingo e martes son citas ineludibles. Redacción Ata o 22 de febreiro, Verín acollerá a celebración do Entroido 2015, unha das máis orixinais, ancestrais e participativas de Galicia, que goza do calificativo de Festa de Interese Turístico Nacional desde o ano 2009. Manquiña, pregoeiro en Comadres Un dos días máis sinalados do entroido de Verín é, sen dúbida, o Xoves de Comadres, que este ano se celebrará o 12 de febreiro. Desde as 11.45 horas terá lugar o Desfile Infantil de Entroido, no que os menores dos distintos centros educativos de Verín tomarán as rúas. O seu perco-

O domingo ás 12 e o martes ás 16.30 terán lugar os desfiles de comparsas

Un grupo de amigos preparados para gozar do Xoves de Compadres en Verín./P.L. rrido estará amenizado pola Banda de Gaitas do Concello e charangas. Pola noite, as comadres encherán todos os restaurantes de vila, nos que cearán e bailarán ao ritmo da música. A media noite, no Barrio de San Lázaro, a Raíña do Entroido recibirá a comitiva de Don Carnal (que este ano será representado polo presidente dos empresarios e

profesionais galegos de EE.UU., José Manuel Brandariz). Despois, terá lugar a lectura do pregón que correrá a cargo do recoñecido actor galego Manuel Manquiña e co que se dará inicio oficialmente ao Entroido 2015. Como nos últimos anos, o capuchón e a mascarita serán os uniformes oficiais que portarán os asistentes á festa durante o Venres

Os cigarróns á saída da misa en Verín este Domingo Corredoiro./BRAIS LORENZO.

de Compadreo (13 de febreiro). A partir das 19 horas terá lugar a saída dos escuadróns de capuchóns e mascaritas para percorrer diversas rúas e prazas da vila, e finalizará o percorrido na praza de Edesio Fuentes, onde a música acompañará a tradicional degustación de porco ao espeto. Os días grandes O Sábado de Entroido, 14 de febreiro, ás17 horas, sairá desde a praza do Concello a Confraría do Cigarrón. Na praza da Mercé celebrarase o emblemático “Bautizo do Cigarrón”, despois do cal os novos cigarróns presidirán unha marcha cara á praza do Cigarrón, onde se lle realizará unha homenaxe aos cigarróns que non poden saír este carnaval. O Domingo de Entroido, pola mañá, unha

descarga de foguetes espertará a todos os entroideiros, seguida da concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns ás 12 horas no Barrio de San Roque para o Gran Desfile de Entroido. O luns 16 de febeiro, a partir das 16.30 horas, os xogos infantís e inchábeis tomarán no Pavillón dos Deportes, onde os máis pequenos, que serán os protagonistas, deben ir disfrazados. Seguindo a tradición, celebrarase o Día da Farelada con quilos e quilos de fariña. O Martes de Entroido, ás 16.30 horas, concetraranse carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns no Barrio de San Roque, para media hora máis tarde, dar comezo ao Gran Desfile, que realizará o mesmo percorrido que o domingo. Sábado e Domingo de Piñata O sábado 21 de fe-

breiro, a partir das 17 horas no Centro Sociocomunitario de Verín celebrarase un baile para os seus usuarios a cargo da Grupo Instrumental do Conservatorio Elemental de Música. Xa o domingo 22, o xantar popular, para comparsas e carrozas, poñerá fin ao Entroido 2015. A banda sonora de todos estes días de festa correrá a cargo de diversas orquestras e charangas, dispostas polas prazas e rúas da vila do Támega.

BARRIOS Febreiro de 2015

19


20

BARRIOS Febreiro de 2015

ENTROIDO especial

Sábado de Piñata en Celanova

parsa, así como o uso de petardos, esprais ou lanzamento de obxectos perigosos ao público.

4 O gran desfile celebrarase o 21 de febreiro pola tarde.

Máis de 3.000 euros en premios As catro mellores comparsas recibirán premio. A primeira será agasallada con 1.000 euros, a segunda con 500, a terceira con 250 e a cuarta con 150 euros. Ademais, haberá tres accésit para as comparsas da vila a cargo da Comisión de Festas de Celanova (de

Redacción O próximo 21 de febreiro, Celanova acolle o seu xa tradicional Sábado de Piñata cun gran desfile na vila no que se pode participar de xeito individual, por parellas ou tríos, grupos (ata 15 persoas) e comparsas (máis de 15). As inscricións no desfile poden facerse na oficina de turismo de Celanova (de 9 a 14 horas), no 988 43 22 01 ou en celanovacarnaval@hotmail.com, ata o venres 20 ás 2 da tarde. Os participantes que acudan ao desfile con carrozas ou remolques deberán informar á organización das medidas dos mesmos no momento da inscrición, para que poida adoptar as correspondentes medidas

Sábado de Entroido en Riós Redacción O sábado 14 de febreiro Ríos festexa o seu día grande de entroido. Os festexos darán comezo ás 11 da mañá co desfile de disfraces, entre Riós e Marcelín. De seguido, de 12 a 14 horas, na praza do Concello os cativos poderán gozar de hinchables; así mesmo de 12.30 a 14 horas, haberá pinchos de balde nos bares do pobo e magosto popular na praza do Concello. Pola tarde, de 6 a 7, haberá baile popular con charanga. E a partir das 19 horas será a baixada a Marcelín, acompañada da música, para participar na degustación de orella e continuar coa festa.

de seguridade. E para optar ao premio é preciso que o 90% do grupo complete o percorrido do desfile (que comeza na Pedra da Moa, e continuará pola avenida López Blanco, rúa Emilia Pardo Bazán, praza Maior, rúa Fernández Losada, rúa Encarnación, avenida San Rosendo, rúa Celso Emilio Ferreiro, rúa Emilia Pardo Bazán e remate na praza Maior). Así mesmo, os participantes deben estar no comezo do desfile entre 15.30 e 16 horas, para proceder á súa colocación. Cada comparsa terá un distintivo co seu nome e número de orde, na parte frontal da súa carroza. Ademais, os participantes teñen prohibido levar animais soltos na com-

Comparsa participante nunha edición anterior do desfile do Sábado de Piñata de Celanova./A.M.

Entroido en Allariz 4 Con festa infantil, desfile de comparsas, cachuchada e moita música. Redacción Do 16 ao 18 de febreiro Allariz festexa o seu entroido. O luns 16, ás 17 horas, no pavillón do instituto terá lugar unha festa infantil, con música a cargo dun DJ e batucada. Xa pola noite, ás 21 horas no Campo da Barreira, celebrarase a tradicional cachuchada, na que os asistentes degustarán cocido, lacón, cachucha, chourizo, touciño, pan e viño, bica e licor. Os interesados en asistir poden mercar a

150, 100 e 50 euros). Os premios desta modalidade non poderán ser acumulativos, non podendo levar ningunha comparsa máis dun premio. Así mesmo, os tres mellores grupos recibirán 300, 200 e 100 euros; as mellores parellas ou tríos, 120, 80 e 50 euros; e o mellor disfraz individual será agasallado con 50 euros. Ademais, será obrigatorio subir a recoller o premio disfrazado.

súa entrada en: Librería Nenos, Bar Novo, Roi Xordo, Os Pacos, A Taberna do Pepiño e Bar Miudiño. O custo será de 10 euros, salvo para os menores de 8 anos que poderán acudir de balde. Ademais, trala cea terá lugar o sorteo dun lote de produtos de entroido. Gran desfile o martes O martes 17 de febreiro, ás 17.30 horas dará comezo o desfile de comparsas, con saída na estrada de Xunqueira á altura do CEIP. O percorrido será amenizado

pola charanga Sorcha e a Batucada Axóuxere. Os interesados en participar no mesmo poden inscribir a súa comparsa ata o 13 de febreiro na Casa da Cultura. Os grupos de máis de 10 compoñentes optan a catro premios, de 200, 150, 100 e 50 euros. O xurado valorará a orixinalidade, elaboración, escenificación e acompañamento musical. Ao remate do desfile, no pavillón do Instituto, terá lugar un baile de entroido con música a cargo dun DJ. Pranto de Entroido E xa o mércores 18, ás 20 horas na praza Maior celebrarase o pranto de Entroido, coa queima do meco no campo dos Brancos.

Laza non falta á cita 4 Prepárase para o Xoves de Comadres, a Cea Gastronómica ou o Luns Borralleiro. Redacción Ningún dos tres vértices do triángulo máxico falta xamais á súa cita co entroido. Nesta edición do 2015 Laza ten preparada unha ampla oferta de actividades, para que a festa non pare do 12 ao 22 de febreiro. A primeira cita é o Xoves de Comadres, 12 de febreiro, co folión dos nenos do CEIP O Castiñeiro ás 14.30 horas. Pola noite non faltará a cea de mulleres. Ao día seguinte será o Venres de Folión, coa celebración da novena edición da Cea Gastronómica da cachucha, bica branca, xastré e do licor café, ás 21 horas. Ao remate, terá lugar o gran folión. O día 14 conmemorarase o Sábado de Cabritadas, coa fariñada pola tarde nas distintas rúas da vila; e a cabritada dos mozos pola noite. O Domingo de Estrea comezará pola mañá cedo coa estrea dos peliqueiros, o saúdo á saída

da misa e reparto de bica. Pola tarde será o momento do desfile de carrozas. O Luns Borralleiro pola mañá celebrarase a farrapada nas rúas e praza da Picota, e pola tarde será a baixada da Morena de Cimadevila acompañada das formigas, toxos e cobelleiros. O 17 de febreiro, Martes de Entroido terá lugar a saída dos peliqueiros veteráns pola mañá; e pola tarde o desfile de carrozas, lectura do testamento, enterro do Entroido e loito dos peliqueiros. Por último, a festa remata en Laza co Domingo de Piñata, o 22 de febreiro, o último día no que está permitido vestir de peliqueiro. Así mesmo, todos os días estarán amenizados por actuacións musicais coas orquestras, charangas e demais músicos improvisados que visitan Laza.

A estrea dos peliqueiros será o domingo 15, co saúdo trala misa

Peliqueiros de Laza nunha visita promocional./ARQUIVO.


OCIO E CULTURA

4 “Petiscos musicais” solidarios

4 Para a Semana Santa ao Vivo de Allariz. O Concello de Allariz busca artistas para participar na programación da Semana Santa ao Vivo que se celebrará do 2 ao 5 de abril. A Semana Santa ao Vivo é unha proposta cultural de ocio nacida no ano 2000, motivada pola grande cantidade de turistas presentes durante estas datas na vila alaricana. O departamento de Promoción Económica de Allariz é o encargado de organizar a programación da Semana Santa ao Vivo, unha alternativa diferente que conxuga música, tradición e cultura para que todo aquel que visite a vila nesas datas quede coa esencia do que é Allariz. Este proxecto cultural abrangue sobre todo

música de rúa, nos seus variados estilos folk, jazz, worldmusic, étnico, blues, etc. Este ano, como novidade, ofrécese a posibilidade de que se presenten persoas ou grupos que se dediquen a outras disciplinas artísticas, como maxia, teatro ou danza, que amenicen, así, o paseo dos transeúntes en diversos espazos do casco histórico. Os artistas interesados en participar na programación deben contactar coa Área de Promoción Económica, antes do 1 de marzo. Entre todas as solicitudes recibidas realizarase a selección dos artístas que ocuparán as rúas alaricanas. [+ info en dinamizacioneconomica@allariz.com ou no 988 44 22 10]

21

EN BREVE

Búscanse artistas

Redacción

BARRIOS Febreiro de 2015

As fotografías están ubicadas ao aire libre, nas rúas alaricanas./CdA.

Unha mostra amosa o Allariz dos anos 20 e 30 4 Recolle lugares e tradicións da época. Redacción O Concello de Allariz presentou unha nova exposición fotográfica ao aire líbre. “Allariz, na memoria...e no corazón” é o título desta iniciativa que inclúe 25 fotografías antigas que retratan o Allariz dos anos 20 e 30 e que se poderán ver nas rúas alaricanas. As fotografías, doa-

das polo fotógrafo Manuel Riesco, forman parte do arquivo municipal, completado por instantáneas realizadas polos fotógrafos da época como Rizo, Francisco Losada ou o alaricano Xosé Suárez. Ademais de lugares físicos a exposición reflicte a cultura e tradicións da época. Feiras de gando, a Festa do Boi, danzas gremiais ou os xigantes e cabezudos

están retratados para recordarnos o pasado. “Non só é unha memoria visual de espazo senon tamén de actividade económica”, explicaba o alcalde, Francisco García. A exposición ten unha páxina web propia, www. allariz.com/memoria, que quere ser un novo caixón de memoria colectiva para reconstruír o Allariz doutrora.

A Fundación Vicente Risco de Allariz organiza “Petiscos Musicais”, un programa de música de cámara con fins solidarios que inclúe catro concertos que terán lugar durante o 2015 e cuxa recadación será dedicada á restauración do histórico piano da dona de Vicente Risco, María del Carmen Fernández. Os concertos, que terán a música de cámara co piano como protagonista, vanse celebrar na sala onde se atopa este instrumento histórico, con capacidade para 35 persoas. O abono para os catro concertos é de 40 euros.

4 Concertos didácticos de órgano en Celanova En marzo comeza a sétima edición do Ciclo de concertos didácticos de órgano que ten lugar cada primavera no Mosteiro de San Salvador de Celanova. As sesións están dirixidas a alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato, que recibirán clases-concerto a cargo de Marisol Mendive, profesora de órgano do Conservatorio de Música de Ourense. Ademais da sesión didáctica, os escolares realizarán unha visita guiada polo recinto do mosteiro. O programa oferta 10 xornadas ata xuño con tres clases-concerto en horario de mañá. O ciclo comeza o 26 de marzo e remata o 4 de xuño.


22

BARRIOS Febreiro de 2015

EN BREVE 4 Cursos na Fundación Ramón González Ferreiro O Centro de Educación Ambiental do Rexo en colaboración coa Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz lanzan novos cursos. Así, o 28 de febreiro terá lugar un curso de enxerto. Durante 8 horas, explicaranse as xeralidades do enxerto, os diferentes tipos, outros xeitos de propagación... Realizaranse prácticas tanto na aula, coma no exterior. Ademais, o 14 de marzo organizan un curso de elaboración de títeres de gomaescuma. Ao remate da formación os participantes serán quen de crear as pezas por si mesmos. [Inscricións no 988 436 182 ou en info@fundacionrgf. org]

4 Terapia asistida con animais A Asociación ANDREA de Allariz lanza un novo curso de terapia asistida con animais. Trátase dunha formación especializada que se oferta en colaboración coa Universidade de Vigo para os días 13, 14 e 15 de marzo, na súa sede de San Salvador de Penedos. [Inscricións en andreaasociacion@gmail.com antes do 6 de marzo]

4 Retómase a Escola de Familias de Allariz Ao redor de 20 familias están interesadas en participar nas reunións quincenais da Escola de Familias “A Orella Verde” de Allariz. Esta escola pretende ser un apoio ás familias na educación dos seus fillos. As xuntanzas serán os xoves de 16 a 17:30 horas e haberá un servizo de coidado de menores. [+ info no 988 554 059]

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Entroido ceibe ou atrevido Contan os máis vellos, que antes en Verín, o entroido asomaba a primeiros de ano, cando remataban as derradeiras badaladas das doce da noite, e a xente saía á rúa ou aos salóns de baile, para celebrar a chegada do ano novo. Era alí, onde emerxía a catarse colectiva, dos entroideiros e entroideiras que non aturaban máis as gañas de pór un disfraz, e nas primeiras horas do recen parido ano, xa se podían ver as mascaritas por Verín facendo entroido a tope! Os capuchóns coas máscaras de calquera tipo, comenzaban a rular e a facerse notar, quentando motores para a festa máis querida. Aqueles homes e mulleres que daquela tiñan a valentía de saír á rúa a facer unha sinxela manifestación carnavalesca, ou calquera outro acto de entroido, eran valentes que arriscaban o pelexo con agallas, ante as retrógadas normas gubernativas da época. Coido que a parodia máis enxebre e trasgresora que xamais xurdiu en ningún entroido naceu aquí en Verín. Si, aquí, ao carón do Tamega, na fermosa praza Maior, cando nun acto improvisado e espontáneo, os intrépidos mozos daquela fórona liando tan grande que naceu a inesquecible e mitica parodia do “home engaiolado” que, sen dúbida, marcou un antes e un despois no entroido desta vila. Aínda teño no maxín o “lexionario” metido na gaiola, apoteósico! Daquela non era doado, era unha continúa

guerra contra unha censura que apretaba a liberdade. Agora, que todo é máis levadeiro, que ninguén pon atrancos para que no entroido cada quen faga o que lle pete, xorden as polémicas ridículas, de “isto si, e isto non”. Agora que temos o camiño chairo, sen atrancos, que podemos expresarnos ceibes, andamos co “díxome, díxome” do que está ben e do que está mal. Coido que non é bo acotar coas verbas o que fan os demais en tempo de entroido, que de seguro, a maior parte das veces, o que critica é o que xamais participou na troula, e só está de miranda, ano tras ano cos brazos cruzados, esperando que pasen os de sempre, os que se parten a alma polo entroido a cambio dunha sorrisa. Quixera recordar aquí nestas liñas a todos aqueles que fixeron entroido na época do atrevemento, os que non claudicaron xamais, e que con respecto e sobre todo con elegancia, puxeron a sobria e forte base da incrible barricada entroideira que temos agora e que ninguén escachará. É tempo de entroido, fagamos a revolta con esmero e sabiduría, cada quen que entroidee o que lle saia do corazón, sen censura, mais iso si, non estaría de máis mirar atrás e recoller as enxebres e sinxelas mañas que os atrevidos e inigualables entroideiros de aquí nos deixaron, para poder lidiar con éxito estas fermosas batallas. Viva o entroido e saúde para todos! Miguel A. Prieto “Chita”

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

4TRIBUNA ABERTA Este ano volvemos Os Felipes

Cando o PH do organismo é alcalino O Dr. Morter (U.S.A.) fixo un dos maiores descubrimentos en diagnósticos médicos. Mais como este descubrimento non aumentaba os lucros da industria farmacéutica, pasou por canles secundarias, sen moita publicidade. Descubriu que cando o PH do organismo é ácido, doenzas como o cancro, a diabete e a esclerose múltiple prosperan. Tamén referiu que, cando o organismo é alcalino, as doenzas desaparecen. Por iso, temos que tratar o PH do noso organismo; as doenzas aínda levan algúns anos a desenvolvérense e, así, hai sempre tempo de recorrer a un homeópata, a un fitoterapeuta ou a un naturópata. O corpo ácido pode ser debido a varias cousas: deshidratación, estrés mental e emocional, exceso de consumo de carne ou relacionada cunha deficiencia nutricional. Que debemos facer? - Eliminar as toxinas

Charanga Os Felipes.

que se instalan no organismo, inxerindo cantidade de nutrintes adecuados a través de vitaminas e de minerais. - Reducir a enerxía electromagnética, o estrés, beber polo menos un litro de auga por día. - Facer exercicio físico e unha hora de marcha por día, acompañada de respiración ben fonda. - Alongar os músculos e tendóns e facer un xaxún parcial de sete a dez días. - Tamén debemos evitar beber auga da billa por ter moito cloro pois este pode ferir as arterias; non inxerir comida feita no microondas. - Evitar lácteos homoxeneizados e pasteurizados. - Aumentar o consumo diario de allo e améndoas. Non se esqueza que os produtos convencionais de carnes vermellas e brancas están cheos de químicos e, por iso, consuma carnes ecolóxicas. João Damião

Dende Monterrei a Verín vén baixando o San Entroido, pra irse esparexendo no Támega, e o Cigarrón, aínda manso vén batendo cos chocos nas noites de xeada, chega vestido e moi elegante. Coa rapidez dunha pantera vai zorregando nas costas das almas en pena. Turistas vinde a esta vila polo tempiño do Carnaval para levarlle ás vosas xentes cousas bonitas que lle contar. Augas de Verín Viños de Monterrei déixache o corpo coma un rei. Toda a vida disfrutando do noso Entroido e seguimos igual Os Felipes no Entroido de Verín non teñen fin. Volvemos pra quedarnos. Charanga Os Felipes


CLASIFICADOS

BARRIOS Febreiro de 2015

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz. Nº10 - Ano: X - Febreiro 2015 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA Alugo local económico e acondicionado de 15 m xunto parada do autobus. Tel. 627 203 131. Alúgase oficinas na rúa Progreso ao lado dos xulgados. Prezo convir. Tel 637 00 59 10 Alúgase praza para moto no garaxe do edificio Mercadona da avenida de Santiago. Tel. 988 21 29 00. Alúgase praza de garaxe pechada, con pequena adega. En Faustino Santalices (edificio Servipel). Tel. 988 22 21 79. Véndese piso en rúa Carlos Maside (O Couto). Tres habitacións, calefacción e amplia bodega. Totalmente reformado. Prezo económico. Tel: 677 494 645. Alugo piso zona O Couto. Reformado. Tel: 677 494 645. Alúgase praza de garaxe ao lado praza do Couto. 45 € Tel: 606 03 57 81. Vendo piso en Marcelo Macías, 3 dormitorios, calefacción, aire acondicionado, ascensor, 2 galerías, parquet, amoblado súper luxo. Tel. 988 22 75 74. Alúgase amplo bar-restaurante céntrico en r/Marcelo Macías moi preto da av. de Ourense. O seu nome actual é “Punto de Encontro” e ten todo o necesario para abrir ao público inmediatamente. Pódese ver sen compromiso. Prezo a convir. Tel. 647 076 024. Alúganse 2 naves de 422 e 454 m2 xuntas ou separadas en Polígono de Pereiro de Aguiar: parcela Nº 15, fronte a Codisoil). Tel. 639 67 74 32.

VENDAS Vendo 36 ventás corredeiras de aluminio branco con illamento cristal dobre Climalit. medidas: 52cms de alto por 115cms de largo.Prezo 95€ unidade. Telf. 687 19 33 44 Vendo 2 portas de aluminio branco con cristal. Sen marco. Medidas: 235cms de alto por 78cms. Con pechadura con chave. Prezo: 80€ cada una. Telf. 687 19 33 44. Vendo alpacas, abonos e cereais, Tel. 629 319 269 Véndese leña de carballo. Tel. 630 521 448. Vendo finca de 2.000 m2 edificable con auga e luz, a 10 km de Ourense. Tel. 600 51 25 59. Vendo sensores de aparcamento con pantalla LED que indica distancia e lado de colisión (varias cores) e regalo instalación en Ourense. En 3 horas telos instalados con acabado profesional garantido por 40 euros. Tel/Whatsapp 667 830 310. Vendo xerseis feitos a man por encargo 10 euros, e bolsos de trapillo a 3 e 5 euros. Tel. 664 096 953. Vendo vestidos de bautizo, comuñón e arras, novos, ao 50%,do prezo de custo.Tel. 686 03 49 76

Vendo manequíns en perfecto estado, modernos, con pelo esculpido. A 150 euros cada un e tres xuntos 400 euros. Tel. 988 25 43 59.

Véndes compresor de aire ABC VG-5-PC industrial 6CVHP. Presión 8Kgs/cm2 psi115, 750 Litros/minuto cfm 236,48. Velocidad 650. Depósito 300Litros. Peso neto 210Kgs. Peso Bruto 310Kgs. Prezo 1.000€. Telf. 687 19 33 44 Vendo estanterías metálicas de varias medidas e dúas básculas. Tel. 679 04 06 04. Vendo 8 focos de baixo consumo a bo prezo. tel. 675 63 10 11 Véndese moto de 125 cc. Bo prezo. Tel.630 521 448.

EMPREGO Desbrózanse fincas con tractor e a man. Prezo económico. Tel. 630 521 448. Ofrécese modista para particulares. Bo prezo. Calidade. Tel. 988 255 302. Desbrózanse fincas e fanse transportes e mudanzas, tel. 629 319 269. Necesítanse CV para traballar de internas e turno de noite, Infórmate no 687 02 36 41 ou Ao teu lado, r/Cruz, 8,Verín. Dánse clases a domicilio durante o curso 2014-15. Especialidade en matemáticas xerais. Todas as etapas. Tamén outras materias. Ampla experiencia. Económico. Con CAP.Tel 636 6195 89. clasesadomicilio2014@hotmail.com Fanse reparacións en casas e negocios. Carpintería, persianas, mobles... Tel. 656 782 460. Licenciada en Traducción e Interpretación da clases de inglés e francés. Individuais e grupos reducidos. Todos os niveis. Telf. 664 59 06 04. Danse clases particulares de pintura artística. Oleo, acuarela, pastel, acrílico. Todos os niveis. Máis de 40 anos de experiencia Telf. 687 19 33 44. Clases particulares de Photoshop e deseño gráfico. Todos os niveis. 20 anos de experiencia. Tel. 667 508 333. Moza busca traballo coidando persoas maiores, nenos ou realizando labores de limpeza no fogar. Tamén como coidadora de noite en hospital ou en casa particular. Ampla experiencia a través de axencias de axuda a domicilio. Tel. 661 08 09 62.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


BARRIOS Febreiro de 2015


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.