Entrevista a Rubén Vieira, preparador físico do COB VERÍN
Páx.6
Verín eliminará os vertedoiros incontrolados
XINZO
Páx.11
Os restos de Perfecto de Dios regresan á súa terra natal
ALLARIZ
Páx.12
Entrega de diplomas do Proxecto Clara de inserción laboral
DEPORTES
Páx.18
CULTURA
[páx. 16]
Páx. 20
O Verín ascende a Do 26 ao 28 de xuño, Terceira División tras o cine rural toma quedar segundo na Liga Celanova e Cartelle
Xa temos alcaldes
[Páx. 2-5]
No sentido das agullas do reloxo, os novos alcaldes de Verín, Xinzo, Allariz e Celanova:o socialista Gerardo Seoane; o popular Antonio Pérez; o nacionalista Francisco García; e o popular José Luis Ferro.
Número: 14 - Ano: X - Xuño 2015 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
BARRIOS Xuño de 2015
especial RESULTADOS 24M
EN BREVE 4 Comarca de Monterrei Castrelo do Val: Renova a maioría absoluta o socialista Vicente Gómez (seis concelleiros), mentres que o PP de Manuel Pérez saca tres. Cualedro: Perde neste mandato dous edís por redución do censo, pero o popular Luciano Rivero segue de alcalde cos mesmos edís (8); na oposición estará Eduardo Carnero de Compromiso por Galicia. Laza: José Ramón Barreal consegue un edil máis para o PP (sete) mentres que o PSOE de Josefa Sobrino queda con dous e o Bloque desaparece da corporación.
O socialista Gerardo Seoane, co bastón de mando, no momento da súa investidura como alcalde de Verín ./M.REJO.
Gerardo Seoane, novo alcalde de Verín co apoio do BNG 4 O partido socialista sumou os seus seis edís aos catro nacionalistas e desbancou a Jiménez Morán do poder. Miguel Rejo
José Luis Suárez, alcalde de Monterrei. Monterrei: José Luis Suárez, do PP, herda a alcaldía do seu pai aínda que cun edil menos (sete). Veciños de Monterrei entran na corporación con tres actas e liderados por Carmen Sola e Alberto Rodríguez mantén a acta do BNG. Oímbra: Outro cargo herdado dase en Oímbra onde a filla do anterior rexedor, a popular Ana María Villarino, será a nova alcaldesa, sumando sete edís. O BNG de Perfecta Losada sube a dous representantes e o PSOE de Marta Arias mantén os dous que tiña. Riós: Mantense a corporación de 2011: sete edís e maioría absoluta para o PP de Francisco Armando Veiga e dous para o PSOE de Silvestre Pérez. Vilardevós: Tamén continúa o mesmo escenario en Vilardevós, de novo é alcalde Manuel Cardoso (PP) con seis edís e José Luis Pérez saca cinco para o PSOE.
Sábado de cambios no consistorio de Verín. Juan Manuel Jiménez Morán do PP, que continuará na oposición, cedeu este 13 de xuño o bastón de mando (tras dous mandatos consecutivos á fronte da alcaldía) ao bipartito PSOE-BNG de Gerardo Seoane e Diego Lourenzo. Seoane é o novo alcalde socialista da vila do Támega. Nun salón de plenos ateigado, tralo xuramento ou promesa do cargo, chegou o traspaso de poderes simbólico ao
Jiménez Morán continuará na oposición, tras dous mandatos consecutivos como alcalde
socialista Gerardo Seoane -que se proclamou rexedor cos seis votos do PSOE e os catro do BNG-, momento no que a sala estoupou con berros de “alcalde! alcalde!” que denotaban a emoción contida na estancia ao longo dunha hora. Emocionado, Seoane comezou o seu discurso dando as grazas a BNG e a PSOE (partido ao que se acaba de afiliar, pois ía como independente dentro da candidatura socialista), ao Foro de Monterrei e á Plataforma en defensa do Castelo. E sinalou que “transparencia, traballo, oportunidades e futuro para todos” serán as súas pautas a seguir neste mandato que comeza. O pacto de goberno de Verín inclúe un compromiso expreso de transparencia na xestión
municipal. Ademais, a procura de empresas que se asenten na vila e o fomento do emprego, tamén a través da promoción do turismo e o termalismo, serán prioridades para o bipartito, segundo apuntaba o seu voceiro e cabeza de lista do BNG, Diego Lourenzo. Competencias No acordo entre socialistas e nacionalistas, as competencias de Urbanismo e Vivenda quedan reservadas para o alcalde, arquitecto de profesión; mentres que o cabeza de lista do BNG, economista, será o primeiro tenente de alcalde e voceiro do gobeno, e xestionará Facenda, Obras Públicas, Mocidade e Participación Cidadá. Do bando socialista, José Luis Martín levará Servizos Sociais e Igualdade;
Rosario Rodríguez, Persoal e Réxime Interior; Cándida Couñago, Protección Civil, Seguridade Cidadá e Policía Local; Elías Taboada, Medio Ambiente;
e Julio Viéitez; Servizos Públicos (Limpeza, Auga). Da parte nacionalista do goberno, Purificación Caldelas asume Turismo, Balnearios e Transportes; Emilia Somoza, Cultura, Educación, Festas e Deporte; e Abelardo Meiriño, Promoción Económica e Emprego. O Goberno local de Verín funcionará con dúas dedicacións exclusivas: unha para Diego Lourenzo e outra para Rosario Rodríguez.
Diego Lourenzo, cabeza de lista do BNG, durante a sesión de investidura./M.REJO.
4 CONCELLO DE VERÍN PSOE GERARDO SEOANE FIDALGO JOSÉ LUIS MARTÍN DOMÍNGUEZ ROSARIO RODRÍGUEZ DELGADO CÁNDIDA COUÑAGO LARA ELÍAS TABOADA NIEVES JULIO VIÉITEZ PARDELLAS BNG DIEGO LORENZO MOURA PURIFICACIÓN CALDELAS RODRÍGUEZ EMILIA SOMOZA BASALO ABELARDO MEIRIÑO PP JUAN MANUEL JIMÉNEZ MORÁN CASTOR GAGO ÁLVAREZ MARÍA LUISA VALLADARES RODRÍGUEZ JOSÉ HILARIO CASTRO GONZÁLEZ MARÍA INMACULADA HERVELLA RAMOS VÍCTOR MANUEL BALADRÓN LAMAS ANTONIO ÁNGEL MÉNDEZ ATANES
RESULTADOS 24M especial
Antonio Pérez repite mandato en Xinzo con maioría absoluta 4 O político popular asumiu de novo o posto de alcalde prometendo “traballo, humildade e honestidade”. Redacción Antonio Pérez será alcalde de Xinzo de Limia outros catro anos máis. Pérez conseguiu de novo maioría absoluta nos comicios municipais do 24 de maio, aínda que desta volta por apenas unha marxe de 22 votos. A constitución da corporación limiá seguiu o pasado sábado 13 de xuño a tónica habitual destes actos. Primeiro, a constitución da mesa de idade (conformada por Manuel López Casas e Monserrat Lama). Logo, a xura ou promesa de acatamento da Constitución por parte dos 17 edís que conforman a corporación: nove do PP, catro do PSOE, tres de Xinzo Adiante (a novidade nesta lexislatura) e un do BNG. Antonio Pérez saiu elixido rexedor cos nove votos do grupo popular, votando os outros partidos aos seus propios candidatos. Discurso No seu discurso de investidura, o político popular dixo asumir o cargo de alcalde “baixo o compromiso fundamental do traballo, da humildade e da honestidade”. Pérez marcou como proxectos de futuro para estes catro anos a rexeneración do río Limia, a creación da circunvalación e actuacións nas entradas da vila.
Novo goberno O alcalde de Xinzo aínda non conformou definitivamente o novo Goberno municipal, aínda que si confirmou que seguirá na liña do publicado - “máis ou menos”, dixo- noutros medios de comunicación nos últimos días. Así, o máis probable é que Manuel López repita en Urbanismo; Manuel Cabas, Sanidade, Obras, Parques e Xardíns e Medio Ambiente; Teresa Puga, Persoal e Policía Local; Dolores Calvos, Zona Rural; Silvia Blanco, Servizos Sociais; Montserrat Lama, Relacións Institucionais; Carlos Gómez, Comercio e Turismo; e Luis Miguel Gil, Deporte, Cultura e Festexos.
Elvira Lama seguirá sendo a voceira do Partido Socialista outro mandato máis./M.REJO.
Manuel Pérez Campos, voceiro de Xinzo Adiante, a revelación das eleccións con tres edís./M.REJO.
4 CONCELLO DE XINZO DE LIMIA PP ANTONIO PÉREZ RODRÍGUEZ MANUEL LÓPEZ CASAS MANUEL CABAS LÓPEZ TERESA PUGA IGLESIAS MARÍA DOLORES CALVO LÓPEZ SILVIA BLANCO CUQUEJO MONTSERRAT LAMA NOVOA CARLOS GÓMEZ SALGADO LUIS MIGUEL GIL PENÍN PSOE ELVIRA LAMA FERNÁNDEZ RAFAEL PENABAZ GONZÁLEZ JOSÉ ALBERTO MARTÍNEZ MORALES EVA ORO VILLARINO XINZO ADIANTE MANUEL PÉREZ CAMPOS FRANCISCA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ XOSÉ MIGUEL BARRIOS RODRÍGUEZ BNG RAMIRO RODRÍGUEZ SUÁREZ
Ramiro Rodríguez, único concelleiro do BNG neste mandato que comeza./ M.REJO.
EN BREVE 4 Comarca da Limia Baltar: O alcalde popular José Antonio Feijoo mellora os resultados de hai catro anos e saca sete concelleiros fronte aos dous da lista socialista encabezada por Aníbal Nocelo. Os Blancos: José Manuel Castro, actual alcalde, amplía a maioría que tiña con APGa a seis edís, agora dentro do PP. A socialista Emilia López consegue unha acta.
Antonio Pérez, do PP, recibindo as felicitacións do seu grupo no momento de ser reelixido alcalde de Xinzo./M.REJO.
BARRIOS Xuño de 2015
Calvos de Randín: O socialista Aquilino Valencia perde un concelleiro pero segue mantendo a maioría absoluta (5 edís), fronte aos dous edís da candidatura popular encabezada por José Manuel Andrade. Porqueira: Susana Vázquez, do PP, repite goberno con maioría absoluta en Porqueira; dos sete edís a repartir, consegue seis, mentres que o PSOE saca a acta do seu candidato José González. Porqueira terá dous concelleiros menos neste novo mandato por perda de poboación. Rairiz de Veiga: Xaquín Rodríguez consolida a maioría absoluta do PP obtendo sete actas, unha máis que en 2011, a costa do BNG que perde a súa representación. O PSdeG de Pablo Lorenzo mantén dous edís. Sandiás: Cambio de goberno en Sandiás, aupándose á alcaldía
Felipe Traveso da Agrupación de Electores de Sandiás (catro actas), formando pacto co socialista Juan Manuel Quintas (dúas actas). A anterior alcaldesa, a veterana política popular Concepción Méndez, dimitiu tras pasar o seu partido á oposición ao perder a maioría absoluta (baixou de seis a tres edís). Sarreaus: O panorama político segue igual. De novo é rexedor o popular Gumersindo Lamas cunha ampla maioría de oito concelleiros; o PSOE saca a acta de Sita Care. Trasmiras: Emilio José Pazos do PP continúa de rexedor (perdeu un edil e queda con seis) e Manuel Rodríguez saca dous para o PSOE. Vilar de Barrio: Catro partidos obteñen representación en Vilar de Barrio, onde segue de alcalde con maioría absoluta o histórico popular Julio Pérez (cinco actas, unha menos que en 2011), dúas saca a lista socialista liderada por Soraya Briz, unha será para María Jesús Rodríguez de Xuntos por Vilar de Barrio e outra para Samuel Fermoso do Bloque.
Xan Jardón repite como alcalde de Vilar de Santos. Vilar de Santos: de novo corporación monocor en Vilar de Santos, sete de sete para a lista encabezada por Xan Jardón, de Compromiso por Galicia.
BARRIOS Xuño de 2015
EN BREVE 4 Comarca de Allariz-Maceda
especial RESULTADOS 24M
Francisco García afronta o seu quinto mandato como rexedor alaricano 4 O BNG ratificou a súa maioría absoluta en Allariz mantendo nove edís. Redacción
Xaime Iglesias, novo alcalde de Baños de Molgas. Baños de Molgas: Cambio de rexedor ao perder o anterior alcalde, o popular Eladio Mangana, a maioría absoluta (queda con 4 edís dos 6 que tiña). O novo alcalde é Xaime Óscar Iglesias do BNG (tres edís), que gobernará en coalición co PSOE de Segundo Augusto González (dous edís).
Rubén Quintas, novo rexedor de Maceda. Maceda: É novo alcalde o popular Rubén Quintas, ao obter seis actas (unha máis das que tiña) e perder Xabier Oviedo, de Compromiso por Galicia, unha (quedou con catro). O PSdeG continúa coa acta da concelleira Ana María Rodríguez. Paderne de Allariz: O popular José Manuel Fernández segue de alcalde malia perder un concelleiro (queda con sete). Na oposición entra só o PSdeG de Ane Rivas (dous edís). Xunqueira de Ambía: José Luis Gavilanes (PP) é de novo alcalde, perdendo tamén un edil. Iniciativa por Xunqueira de Eladi Cid saca dúas actas e o BNG de Juan Conde unha. O PSdeG perde a súa representación. Xunqueira de Espadanedo: Renóvanse os apoios ao alcalde popular Carlos Gómez (seis actas) e José Carlos Rivera saca a súa para o PSOE.
O Bloque Nacionalista Galego seguirá gobernando Allariz catro anos máis, logo de que a candidatura liderada por Francisco García ratificara a súa maioría absoluta nas eleccións municipais do 24 de maio. O Bloque conseguiu manter os nove concelleiros de que dispuña, mentres que a gran novidade destes comicios é o regreso á corporación do PSOE, que obtivo a acta da súa cabeza de lista, Zaida Rodríguez, a costa do PP de Luz Doporto, que perdeu un dos catro edís que tiña. García, que dirixe o goberno de Allariz desde o ano 2000, falou no seu discurso de investidura do que será o seu último mandato, indicando que se atoparán entre as súas prioridades a dinamización económica e xeración de emprego, a mellora do benestar social e o impulso ao medio rural. Ademais, o nacionalista destacou que afronta estes catro anos con “ilusión, compromiso e responsabilidade”. E agradeceu a todos os veciños que teñen convertido a Allariz “nun referente
Integrantes do grupo de goberno do BNG en Allariz neste mandato que comeza. da xestión municipalista do BNG”. De feito, este concello e o de Castrelo de Miño son os únicos da provincia onde os nacionalistas gobernarán con maioría absoluta. Pola súa banda, mediante pactos, forman parte do goberno de Verín, Barbadás, A Rúa, Baños de
Francisco García destacou no seu discurso que este será o seu último mandato, e que o afronta con “ilusión, compromiso e responsabilidade”
Molgas e A Mezquita. E en minoría rexirán en Viana do Bolo. Reparto de competencias O novo goberno local alaricano ten prevista unha xuntanza este xoves, na que previsiblemente se acorde o reparto de competencias entre os nove edís que o conforman. Dúas caras novas neste grupo, as do independente Alberto Conde e María Isabel Poisa.
Luz Doporto seguirá liderando o grupo municipal popular en Allariz.
Zaida Rodríguez representará ao PSOE neste mandato.
4 CONCELLO DE ALLARIZ BNG FRANCISCO GARCÍA SUÁREZ MARÍA CRISTINA CID FERNÁNDEZ BERNARDO VARELA LÓPEZ MARÍA ELENA SUÁREZ ESTÉVEZ MARÍA TERESA DEVESA GRAÑA ALBERTO CONDE RODRÍGUEZ MARÍA ISABEL POISA REY FRANCISCO ALEJANDRO PIÑEIRO LOSADA MANUEL CID PÉREZ PP LUZ DOPORTO REAL JOSÉ DANIEL RODRICIO PÉREZ MARÍA DEL CARMEN PÉREZ GONZÁLEZ PSOE ZAIDA AUXILIADORA RODRÍGUEZ CAMBA
RESULTADOS 24M especial
BARRIOS Xuño de 2015
EN BREVE 4 Comarca de Terras de Celanova
Teresa Barge./ARQUIVO.
José Luis Ferro recolleu o bastón de mando ante un salón de plenos cheo de veciños./J.REGAL.
A Bola: Teresa Barje continua sendo alcaldesa, agora no PP, que acadou seis edís (un menos que en 2011), fronte aos tres que logrou o BNG, o seu anterior partido, encabezado desta volta por Mª Carmen Álvarez.
S.N. Entre aplausos, apertas e bicos de numerosos veciños, así comezou o popular José Luis Ferro o mandato á fronte da alcaldía de Celanova. Non se estrea no cargo (leva máis de dous anos e medio como rexedor tras substituír a Antonio Mouriño cando este se converteu en parlamentario), pero si o fai, por primeira vez, refrendado por uns resultados nas urnas (maioría absoluta) que logrou unicamente el, superando os votos obtidos polo PP en 2011. Antes destes vítores, foi constituída a nova corporación, con oito edís populares, tres do
BNG e dous do PSOE. E precisamente estes dous foron as sorpresas de última hora, logo de que María Jesús Boo e María Jesús Miranda dimitiran tralos malos resultados obtivos o 24M (o PSOE perdeu un concelleiro). Unha vez que os trece representantes municipais xuraron o seu cargo (os nacionalistas engadiron “por imperativo legal” e “para defender os intereses de Celanova e do pobo galego”) chegou o turno de elexir alcalde. E o reconto confirmou que cada partido votou ao seu cabeza de lista. Deste xeito, saudando primeiro aos membros da oposición e de seguido aos
4 CONCELLO DE CELANOVA PP JOSE LUIS FERRO IGLESIAS MÁXIMO LOSADA MÉNDEZ JULIO MOSQUERA GONZÁLEZ MARIA DEL PILAR REGUEIRO LÓPEZ ANA FERNÁNDEZ ANTORRENA SONIA OPAZO PUNGÍN RUBÉN VIEIRA GONZÁLEZ JOSÉ MANUEL VIEITES PÉREZ BNG LEOPOLDO RODRÍGUEZ PUGA HERMINIO FERNÁNDEZ BALSEIRO GONZALO CARLOS LÓPEZ PÉREZ PSOE MARCIAL LAFUENTE RODRÍGUEZ FABIO GONZÁLEZ ALVÁREZ
edis populares, José Luis Ferro tomou o bastón de mando. No seu discurso non faltaron agradecementos a todos os veciños (tanto aos que votaron ao PP como aos que non), aos seus compañeiros que neste mandato quedaron á marxe da corporación e aos novos, dos que resaltou a súa “inquedanza, ilusión e xuventude”. Do pasado destacou a apertura da autovía AG-31; e entre as súas prioridades de futuro sinalou revivir as 17 pequenas demarcacións que conforman o Concello, para as que prometeu melloras en saneamento e comunicación; o remate da reprodución do poboado castrexo que se está levantando en Castromao e rehabilitar o xacemento orixinal e a antiga rectoral; así como a dinamización de Vilanova dos Infantes, “para que sexa un gran centro comercial aberto que a convirta en escaparate durante todo o ano” . Ademais, tamén insistiu no gran patrimonio cultural de Celanova, “o cal debemos pór en valor sen complexos”, asegurou. Todo para que a vila sexa “un lugar para crear e un fogar para vivir”, insistiu. Antes de rematar non quixo esquecerse das dúas persoas que máis o apoian
e que comprenden que “un é alcalde as 24 horas”. Con bágoas nos ollos e a voz entrecortada pola emoción, Ferro deu as gracias “á miña muller e ao meu fillo, por comprender as miñas ausencias e os meus momentos de mal humor”. Oposición Na oposición quedan agora cinco edís, que se comprometeron a velar polos intereses de Celanova. DendeoBNG,Leopoldo Rodríguez explicounos que o seu partido estará “sempre ao servizo dos veciños, loitando polas súas necesidades, que son moitísimas. Polo que instamos a todos a que nos acheguen propostas. E velaremos porque o prometido polo alcalde se cumpra”.
Padrenda: O popular Manuel Pérez é de novo o rexedor, cun total de sete edís fronte aos dous da lista socialista encabezada por Juan Eladio González. A redución do censo de poboación fai perder dúas actas neste municipio. Pontedeva: Continúan as cousas como fai catro anos; repite de alcalde Juan Carlos González do PP (un total de seis concelleiros) e queda na oposición a socialista María Cristina Vázquez. Quintela de Leirado: Tampouco hai cambios; continúa de rexedor José Antonio Pérez (PP, seis edís) e saca acta o socialista PSdeG Manuel Rivera.
Ferro renova bastón de mando en Celanova refrendado polas urnas 4 O popular logrou maioría absoluta con oito concelleiros.
e o BNG de Xurxo Novoa queda con dous edís.
Carmen Leyte./ARQUIVO. Cartelle: A popular Carmen Leyte seguirá catro anos máis de rexedora de Cartelle, con maioría absoluta (8 edís, un máis que en 2011). Na oposición estará o BNG de Luís Vázquez (dous escanos) e o socialista Juan Carlos Martínez. Gomesende: A popular Pura Rodríguez repite de alcaldesa de Gomesende con cinco edís; na oposición queda só o o Movemento Democrático de Gomesende de Santiago Pazos, con dous, perdendo o BNG o edil que tiña en 2011. A Merca: Seguirá gobernando o PP con Manuel Jorge Velo como alcalde e outros sete concelleiros máis (un máis que nos anteriores comicios). O PSOE saca a acta de David Outumuro
Verea: Renova mandato o popular Juan Antonio Martínez con cinco edís; enfronte terá tres edís do BNG, encabezados por José Antonio Pérez, e o socialista Félix Parada.
Mª Pilar Otilia López abandona a alcaldía de Ramirás./ARQUIVO. Ramirás: José Carlos Rodríguez, segundo na lista do PP (catro edís), é o novo alcalde de Ramirás, ao non prosperar un acordo de goberno entre o PSOE de Isabel Gil (catro edís) e o nacionalista Marcos Meléndez. A veterana alcaldesa popular Mª Pilar Otilia López dimitiu tras perder a maioría absoluta.
BARRIOS Xuño de 2015
VERÍN E COMARCA
Verín eliminará vertedoiros incontrolados 4 Están situados nas localidades de Caldeliñas, Queizás, Queirugás, Vilamaior, Salgueiro e Cabreiroá. Redacción O Concello de Verín quere acabar cos vertedoiros incontrolados que proliferan en distintos puntos do municipio. Os propios técnicos municipais e avisos de particulares sitúan acumulacións de residuos en localidades como Caldeliñas, Queizás, Queirugás, Vilamaior, Salgueiro e Cabreiroá. Nestes puntos atopáronse residuos de natureza doméstica, entre os que hai obxectos e materiais que se poden considerar perigosos como compostos de fibrocemento, fluídos de partes móbiles de electrodomésticos ou produtos químicos, ademais de mobles usados, colchóns, entullos de construción ou rodas. A intención do Concello de Verín é retirar estes resi-
duos e trasladalos a plantas autorizadas de xestión e valorización; a restitución dos terreos nos que se atopan os vertedoiros á súa cota natural; a formación de gabias perimetrais que eviten que os vehículos poidan acceder ás zonas onde se producían as verteduras; e a sinalización da prohibición de verter residuos en devanditos espazos. Desde o Concello de Verín recórdase a existencia do Punto Punto Limpo da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín no que depositar residuos domésticos. O Punto Limpo, situado no polígono de Pazos, abre de 10 a 13.30 horas (de luns a sábado) e de 16.30 a 20.15 horas (de martes a sábado).
Un dos vertedoiros que serán eliminados no municipio de Verín. /CdV.
Rematadas as obras da fonte de Cabreiroá e do local social de Tamagos 4 Dúas actuacións executadas polo Concello. Redacción O Concello de Verín finalizou este mes dúas actuacións en dous puntos do municipio. Dunha banda, a rehabilitación da fonte de auga de Cabreiroá, situada na parte traseira da planta embotelladora do mesmo nome. Doutra, a construción do centro social de Tamagos. No caso da fonte de Cabreiroá, a obra consistiu na colocación dunha pérgola no manancial, na que se conxugou os elementos naturais co aceiro cortén para adecuala ao espazo no que está situada. Esta remodelación ten por obxecto facilitar o acceso dos augüistas á fonte, para que se convirta tamén nun complemento da área recreativa da Braña, situada ao seu carón. Ademais dunha área para a recollida da auga, a fonte conta agora conta con bancos para sentarse converténdoa nun refuxio de sombra e descanso. Novos espazos comunitarios en Tamagos Estes días tamén finalizaron as obras de construción do centro social de Tamagos, onde o Concello de Verín encargouse da adecuación da área externa, coa colocación de xogos biosaudables,
Aspecto da fonte de Cabreiroá trala súa remodelación. /CdV.
Novo local social de Tamagos. /CdV. parques infantís e zonas de barbacoa. O Concello tamén informou de que se están a concluír as zonas de barbacoa nas localidades de Mandín e Tamaguelos.
Están a piques de concluír as zonas de barbacoa nos locais de Mandín e Tamaguelos
“Valtámega” permitirá a rehabilitación do parque de Tamaguelos Redacción A rehabilitación do parque de Tamaguelos é unha das actuacións contempladas no proxecto “Valtámega” de valorización do corredor ambiental do río Támega. A actuación inclúe o acondicionamento do espazo recreativo de Tamaguelos, a instalación nel dun circuito biosaudable e a adecuación deste espazo de lecer e recreo co fin de reorientalo paisaxisticamente ao redor da auga, da natureza, da etnografía e do turismo ornitolóxico. 450.000 euros A rehabilitación do parque de Tamaguelos enmárcase no proxecto “Valtámega”, unha iniciativa de cooperación transfronteiriza entre Verín e Chaves que recibirá 450.000 euros de fondos europeos. Esta inxección económica permitirá levar a cabo diversas accións de xestión dos recursos hídricos do río Támega, rutas interpretativas e a implementación dun sistema xeral de espazos verdes e culturais ao longo do corredor de Támega. O proxecto complétase coa creación do Centro de Monitorización e de Interpretación Ambiental do río Támega Transfronterizo, e outras accións de sensibilización e educación ambiental, entre as que se encontran campañas de limpeza da canle e marxes do río.
PUBLCIDADE
BARRIOS Xu単o de 2015
BARRIOS Xuño de 2015
VERÍN E COMARCA
Entrevista con Emilio Boo:
Do paro ao mundo laboral coa axuda dos estudos realizados de Formación Profesional Despois dunha vida dedicada a diversos traballos no sector do metal, o verinés Emilio Boo atopouse, debido á crise económica, nunha situación de paro. Ainda que pola súa idade podería estar condeado a un paro de longa duración, Emilio preferiu afondar nos coñecementos que xa obtivera na Formación Profesional durante os seus anos mozos e iniciou unha nova vida como estudante no IES García Barbón.
oferta de traballo por parte dalgunha empresa”. Consideras que che achegou moito este Ciclo Formativo? “Este é un ciclo moi completo pois abrangue
campos moi variados (electricidade, mecanizado, soldadura, pneumática, hidráulica, programación de autómatas e robots…). Así, ao rematar, podese atopar traballo en postos moi variados”.
Xa para rematar, recomendarias este Ciclo Formativo? “Eu digolle a calquera, sexa novo ou adulto, que unha persoa debe formarse continuamente pois tal e como están as cousas os empresarios fíxanse moito nas persoas activas, e nunca pensedes que non sodes capaces, pois aquel que se empeña e se sacrifica consegue chegar á meta que se propoña. A proba é que eu, cos meus anos, apostei por esta formación e aquí están os resultados”.
Como plantexaches o teu futuro a partir da situación de desemprego? “Despois de sete meses sen facer nada nin ofertas de traballo decidin iniciar o ciclo de Mantemento Electromecánico para aumentar a miña formación e coñecementos e máis tendo a posibilidade de facelo en Verin”. Coñecias as saídas profesionais deste Ciclo Formativo? “Cando vin o currículo do ciclo foi cando me decatei da posibilidade tanto de traballar por conta allea como de porme a traballar por conta propia, se non aparecía algunha
Emilio Boo, no centro da imaxe, nunha visita didáctica á factoria de Citroën en Vigo.
Satisfacción do alumnado de Bacharelato coas titorías individualizadas do IES García Barbón Unha das prioridades de intervención educativa no IES García Barbón de Verín ten relación co desenvolvemento continuado de actividades de información e orientación académica e laboral e de titoría individualizada do alumnado. O Departamento de Orientación, en colaboración coa Xefatura
Foiche difícil atopar traballo unha vez rematado o ciclo? “Cando rematei os estudos, iniciei as prácticas nunha empresa de nova creación na zona da Gudiña, especializada no mantemento tanto en automóbiles como en maquinaria. Cando estaba pola metade das prácticas xa me ofreceron a posibilidade de quedar. Alí non miraron a idade, o que lle interesaba era a formación que eu achegaba, polo que foi sinxelo chegar a un acordo”.
de Estudos e coas titorías, prioriza a atención titorial individualizada e avalía a súa utilidade preguntando directamente aos estudantes. Neste sentido, poden afirmar que a opinión da maioría dos adolescentes é moi positiva. Na páxina web, blogs e redes sociais do instituto verinés fan público o resultado
deste sistema de avaliación que denominan “Avaliación da Satisfacción do Alumnado” (ASA) e que se realiza en dúas ocasións ao longo do curso (xaneiro e maio). “A finalidade principal é a de coñecer a opinión dos estudantes e procurar mellorar a nosa intervención educativa”, indican desde o centro.
“Unha persoa debe formarse continuamente pois os empresarios fíxanse moito nas persoas activas, e nunca pensedes que non sodes capaces”, explica Boo Prazos de matrícula Para cursar estudos de Bacharelato no instituto García Barbón o alumnado aprobado na convocatoria de xuño poderá matricularse do 25 de xuño ao 10 de xullo, mentres que aqueles que aproben na convocatoria de setembro terán de prazo do 1 ao 10 dese mes. Nas ensinanzas de Formación Profesional, non están publicadas as datas oficiais, pero os prazos orientativos para solicitar praza quedarían entre finais de xuño e principios de xullo.
VERÍN E COMARCA
O Plan de Envellecemento Activo promove obradoiros monográficos 4 O 25 de xuño impartirase un sobre manexo do estrés. Redacción Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín están a realizar, dentro do seu Plan de Envellecemento Activo, obradoiros monográficos e coloquios para promover a participación activa das persoas maiores no municipio, ampliar a oferta de actividades para maiores e coidadores de persoas dependentes, e velar pola promoción de hábitos saudables para o mantemento da autonomía persoal. Tras un primeiro obradoiro sobre “Habilidades de comunicación asertiva” o pasado 11 de xuño, o Plan de Envellecemento Activo inclúe un segundo obradoiro monográfico, ‘Técnicas para o manexo do estrés’, que se realizará o 25 de xuño. A actividade está dirixida ás persoas coidadoras de maiores dependentes aínda que tamén está aberta a poboación en xeral preocupada polo tema. No vindeiros meses programaranse máis sesións coa finalidade de ofertar
Detidas nai e filla como presuntas autoras dunha agresión a unha profesora Redacción A Garda Civil de Verín detivo o xoves 11 de xuño dúas mulleres, M.S.M de 54 anos de idade e M.H.S. de 28 anos, veciñas da Rasela, Verín, como presuntas autoras dun delito atentado contra funcionario público no exercicio do seu cargo tras agredir e
formación a aqueles coidadores de persoas maiores dependentes que, en moitas ocasións, soportan unha carga extra de traballo. A xente interesada en participar nos obradoiros debe inscribirse na Área de Maiores dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín. O aforo non excederá das 15 persoas. Charla Por outra banda, e en liña coa sensibilización e defensa de dereitos das persoas maiores, o 19 de xuño, ás 19 horas, terá lugar a charla-coloquio “A idade non elimina dereitos”. Será na Casa da Cultura de Verín e versará sobre a defensa dos dereitos dos maiores. A charla está relacionada co Día mundial da toma de conciencia do abuso e maltrato á vellez, que se celebrou o 15 de xuño coa instalación de mesas informativas de Cruz Vermella fronte á sede dos Servizos Sociais Comunitarios de Verín.
ameazar a unha profesora da súa neta e filla respectivamente. Os feitos ocorreron o día anterior á detención, logo de que a nena, que estuda no colexio Princesa de España, chegara a casa cunhas rabuñaduras. Ambas mulleres entraron no centro educativo e ameazaron e agrediron a profesora de Educación Infantil. Tras pasar a disposición xudicial, avoa e nai quedaron en liberdade con cargos e unha orde de afastamento da mestra.
Jiménez Morán despídese anunciando novas actuacións para Verín 4 Destacou a segunda fase da rehabilitación do albergue de peregrinos ou a construción da escola infantil e do Centro das Artes. Redacción O popular Juan Manuel Jiménez Morán, na súa penúltima rolda de prensa como alcalde de Verín neste mandato, fixo un repaso polas actuacións logradas para a localidade polo seu grupo de goberno. Citou como actuacións en realización ou a piques de realizar, a rehabilitación do albergue de peregrinos; a construción da escola infantil; a finalización do Auditorio e Centro das Artes de Verín; a mellora da rede de abastecemento de Vilamaior; a ampliación dunha ponte en Pazos; a conclusión da Ecovía do Támega; a mellora da rede de saneamento e construción dunha rotonda de acceso no polígono de Pazos; e a remodelación dos accesos ás vivendas do grupo 1º de Maio. “Estas infraestruturas lográronse grazas á xestión do grupo de goberno do Partido Popular, subliñou o alcalde en funcións, “e aínda que as finalicen outras formacións foron conseguidas atendendo as necesidades e demandas dos veciños e veciñas de Verín”, dixo. Obras comprometidas Jiménez Morán explicou que a Secretaría Xeral para o Turismo confirmou a realización dunha segunda fase de rehabilitación na Casa do Escudo de Verín, agora albergue de peregrinos en exclusiva. O proxecto xa aprobado, e que en breve se sacará a licitación cun orzamento de case 150.000 euros, consistirá na “dotación dunha cociña e adecuación do salón na parte inferior
Juan Manuel Jiménez Morán, no seu último acto público como alcalde de Verín, na presentación do manual de imaxe corporativa do proxecto “Valtámega”. /CdV.
Soar, na avenida de Sousas, onde se levantará a futura escola infantil de Verín. En pasadas datas procedeuse á demolición das antigas dependencias de Obras Públicas./ CdV.
do albergue”, detallou o político popular. Jiménez Morán tamén citou como proxecto logrado polo PP para Verín a escola infantil, que contará con 74 prazas para menores de 0 a 3 anos e cuxa construción se iniciará en breve, cun investimento por parte da Consellería de Traballo e Benestar de 705.000 euros. Os populares deixan pendente de remate a
construción do Auditorio e Centro das Artes de Verín, cuxa conclusión está prevista para os próximos meses. Unha infraestrutura que sufragan Concello, Deputación e Xunta de Galicia con fondos FEDER, cun investimento total de 3,3 millóns de euros. O rexedor popular tamén citou a mellora da rede abastecemento da estrada de Laza, unha obra que xa foi adxudicada pola
BARRIOS Xuño de 2015
Consellería de Medio Ambiente cun orzamento de 70.000 euros, “o que permitirá que en 15 días se inicie a obra, e en menos dun mes os veciños e veciñas de Vilamaior teñan solucionados estes problemas de subministro”. Actuacións en Pazos Esta mesma Consellería xa adxudicou, por un total de 800.000 euros, as obras de mellora da rede de saneamento no polígono de Pazos para solucionar os problemas de desbordamentos na EDAR. E tamén en Pazos, o Concello xa recibiu unha modificación puntual do plan para construír unha rotonda de acceso ao polígono empresarial, cun orzamento de 50.000 euros. “Outra xestión primordial para este grupo foi lograr a ampliación da ponte sobre o río Támega na localidade de Pazos”, salientou Jiménez Morán. O rexedor en funcións recibiu a confirmación por parte do presidente da Confederación Hidrográfica do Douro de ampliación desta ponte, situada na área recreativa de Pazos, cun orzamento de 350.000 euros, co fin de evitar inundacións. Por outra banda, a Deputación de Ourense adxudicou un novo tramo da Ecovía do Támega, que unirá Verín con Chaves, por un total de 664.000 euros. “Os traballos comezarán inmediatamente e só queda que o novo grupo de goberno adxudique o outro tramo para os que xa están os fondos consignados, un total de 200.000 euros, o que permitirá concluír o tramo da Ecovía en chan galego”, destacou Jiménez. Finalmente, Jiménez informou de que se iniciaron as obras dos accesos as vivendas do grupo 1º de Maio, co obxecto de mellorar a seguridade de peóns e vehículos.
Tamén hai comprometidas melloras do abastecemento e saneamento e a ampliación dunha ponte en Pazos
10
BARRIOS Xuño de 2015
VERÍN E COMARCA
A Plataforma en Defensa do Castelo, indignada co resultado das obras 4 Recordan que hai recursos xudiciais sen resolver sobre a actuación. Redacción A Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei amósase indignada co resultado das obras de rehabilitación do castelo. Afirman que se fixeron “sen ningún respecto ao monumento, esnaquizando partes importantes do mesmo” e alterando “gravemente” a súa fisonomía, autenticidade, integridade e lectura histórica. Son especialmente críticos co cementado da entrada e do patio de armas, así como co cuberto engadido á Torre das Damas. A Plataforma lembra
O actor Rubén Riós con membros da comunidade educativa do IES Castro de Baronceli A Plataforma critica o cemento botado na entrada e no patio de armas./PLATAFORMA DEFENSA CASTELO que hai recursos xudicias sen resolver, “que poden ilegalizar o hotel”. Por iso pídenlle ás autoridades que rectifiquen. Xa desde antes de comezar as obras, a Plataforma se opuxera ao cambio de
uso da fortaleza considerando o proxecto de convertila en parador “un disparate” e “un atentado cultural” e “sen ningún dato obxectivo que xustifique a súa rendabilidade futura” .
O IES Castro de Baronceli ponlle o nome de Rubén Riós a unha aula
O Instituto Castro de Baronceli de Verín acordou nomear unha das súas aulas Rubén Riós. Unha proposta que partiu do Departamento de Normalización Lingüística do centro, que leva os oito últimos anos realizando este tipo de homenaxe a persoeiros destacados polo seu traballo e implicación coa cultura e lingua galegas. “Agradecido eternamente a centros e a mestres como os do IES Castro Baronceli, non polo acto, senón por recoñecer o labor e o traballo de persoas que traballamos coa nosa lingua, como min, o que me fixo galego e que deu as ganas e formación para estar orgulloso do meu e elixir o camiño que, a pesar das pedras que aparecen nel, podo saltalas por días coma o que vivín o 18/5/2015”, explicaba Rubén Riós nunha carta aberta.
XINZO E COMARCA
Os restos de Perfecto de Dios regresan a Xinzo 4 A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica entregoullos ao seu irmán. Redacción
Dúas das profesionais que impartiron o obradoiro.
Xinzo acolle un obradoiro sobre discapacidade 4 Organizado pola Escola Rural de Saúde da Limia. Redacción A Escola Rural de Saúde da Limia organiza un curso sobre discapacidade física, intelectural e sensorial, que se imparte os xoves desde o 4 de xuño ao 9 de xullo na Casa da Cultura de Xinzo. A formación corre a cargo de profesionais do ámbito sanitario e social, así como de testemuñas reais. Esta actividade está aberta á toda a cidadanía e pensada para formar e sensibilizar sobre a necesidade de identificar ás persoas
con discapacidade non como diferentes, senón como suxeitos que teñen outra maneira de xestionar as situacións ás que a diario nos enfrentamos, e que precisan os apoios necesarios para igualar as súas oportunidades. Os participantes coñecerán, entre outros aspectos, COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), a Asociación Limisi (que aborda a diversidade funcional) e o SVE; así como produtos de apoio para a accesibilidade.
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) fixo entrega a principios de xuño en Xinzo de Limia dos restos de Perfecto de Dios, guerrilleiro antifranquista asesinado en 1950, ao seu irmán Camilo, que ten agora 82 anos; tras ser identificado en Arxentina, mediante unha proba de ADN. Emocionado, Camilo de Dios puido enterrar os restos do seu irmán xunto aos da súa nai, reunindo a familia que pagou un terrible prezo por combater a ditadura franquista. No acto de entrega participou Henning Solhaug, representante do sindicato de electricistas noruego Elogit, que o pasado verán realizou unha doazón de 6.000 euros á asociación, que foron utilizados para localizar e identificar os restos de Perfecto. A súa historia Perfecto de Dios naceu
Os restos de Perfecto foron trasladados ao cemiterio por parte dos seus familiares, entre eles, o seu irmán (á dereita). Numerosos veciños da Limia acudiron ao enterro. en Sandiás o 3 de febreiro de 1931; con 14 anos estudaba na Academia Rubén de Ourense, onde estableceu contacto coa resistencia antifranquista e chegou a formar parte do Exército Guerrilleiro de Galicia, xunto coa súa nai e o seu irmán Camilo. En 1950, Perfecto e a súa nai dirixíanse a Madrid coa intención de pasar á clandestinidade. O 16 de maio, en Chaherrero (Ávila) víronse implicados nun tiroteo coa Garda Civil, no que caeu morto. A nai
quedou xunto ao corpo, foi detida e condenada a 30 anos de reclusión, dos cales cumpriu 11. Perfecto foi sepultado nunha fosa aberta no exterior do camposanto. O expediente da investigación xudicial da época foi localizado no Arquivo do Tribunal Militar Territorial IV, en Ferrol, e grazas a el puidéronse coñecer os feitos acontecidos e a autopsia e as feridas que supostamente presentaba o corpo.
Campaña solidaria de Novas Xeracións
Novas Xeracions do Partido Popular de Xinzo comezou unha nova campaña solidaria. Depois das campañas de recollida de alimentos, xoguetes e libros de texto, esta vez consiste na recollida de tapóns de plástico para axudar a conseguir unha cadeira de rodas a un mozo limiao
que precisa dela para a súa mobilidade. O presidente de NNXX en Xinzo de Limia, José Antonio Parente, fai un chamamento aos veciños e veciñas do concello de Xinzo e da comarca “para que colaboren e así entre todos poida obter esta cadeira de rodas moi necesaria para mellorar a vida a este mozo”.
11
EN BREVE 4Cursos de extensión universitaria O vindeiro martes 16 de xuño, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Xinzo, terá lugar a presentación da publicación 2014 das Actas dos Cursos Universitarios celebrados na localidade: “Hidacio da Limia e o seu tempo: A Gallaecia Sueva” e “A Limia na época medieval”, por parte do seu director, Fermín E. Pérez Losada. Así mesmo, tamén se presentará o curso de extensión universitaria “Galaicos: A Auga e o Alén”, que se impartirá os días 30 de xuño e 1, 2 e 3 de xullo na Casa da Cultura limiá. Este curso proporciona dous créditos de libre elección. Os interesados en matricularse poden facelo no Campus de Ourense, no 988 38 71 02 ou en http://vicou.uvigo.es/ cursos-de-veran.
4 Construción dunha rotonda de acceso ao polígono Xa comezaron os traballos para construír a rotonda que facilitará a entrada ao polígono empresarial de Xinzo de Limia desde a pista de Morgade. Trátase dunha obra municipal financiada con fondos da Deputación e que ten un prazo de execución de dous meses.
4Apertura das piscinas de Xinzo
4 Recollida de tapóns para unha cadeira de rodas. Redacción
BARRIOS Xuño de 2015
Os asistentes ás xornadas durante unha das conferencias impartidas.
Xornadas de autoemprego no CDR O Viso O 3 e 4 de xuño o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso acolleu Xornadas de Autoemprego: “Hai outras fórmulas… o emprendemento como alternativa”, nas que afondaron en fórmulas como a do cooperativismo, así como en experiencias propias de emprendemento de veciños da zona. O obxectivo desta iniciativa é fomentar a ilusión, o enfoque respetuoso e os valores que moven a estes novos emprendedores, para animar a outros a aplicar as súas ideas innovadoras e aproveitar as potencialidades do medio rural.
As piscinas municipais de Xinzo abriron este luns ao público para a tempada de verán. Nesta primeira semana permanecerán abertas en horario de tarde, que se ampliará de 12 a 21 horas a partir do sábado 20. Os prezos para acceder ás instalacións serán os mesmos que os do ano pasado, ao igual que a xestión das mesmas, a cargo da empresa Saudeter. No Concello de Xinzo expediranse os carnés para poder acceder durante toda a tempada estival.
12
BARRIOS Xuño de 2015
ALLARIZ E COMARCA
Entrega de diplomas do Programa Clara 4 Unha vintena de mulleres de Allariz formáronse en patronaxe e turismo. Redacción O Salón de Plenos do Concello de Allariz acolleu este 12 de xuño a entrega de diplomas dos módulos específicos do Programa Clara -organizado entre o Concello de Allariz, o Instituto da Muller e o Fondo Social Europeo-, que ten como obxectivos fundamentais incrementar a empregabilidade das
mulleres e mellorar as súas expectativas e a súa calidade de vida a través do seu desenvolvemento persoal así como mellorar a súa cualificación para o emprego. Un grupo de 20 mulleres recollían os diplomas correspondentes ás dúas formacións realizadas. Por unha banda, as alumnas do “Curso de patronaxe con montaxe de prendas”
e, por outra, as do “Curso de deseño de productos turísticos”, ambos elixidos tendo en conta a motivación das participantes, as necesidades de Allariz e os posibles nichos de emprego. Aúltima fase do programa basease na busca activa de emprego e autoemprego e o seu acompañamento, rematando a fase formativa en setembro.
O rexedor de Allariz, Francisco García, coas participantes no Programa Clara tras recibir os seus diplomas. /M.REJO.
Xunqueira de Ambía inicia o proxecto piloto “Eu escoito, ti falas”
Misturas organiza unha xornada técnica sobre sustentabilidade
4 Na procura de coñecer as necesidades das familias.
4 Profundizará en novas técnicas de construción.
Redacción
Redacción
O Concello de Xunqueira de Ambía porá en marcha o proxecto piloto “Eu escoito, ti falas”, que estará levado a cabo por 37 voluntarios –asistidos por dúas asistentas sociais- que visitarán a 63 familias do termo municipal. O Plan de Traballo desta iniciativa consiste en dividir o concello en distintas áreas de
actuación (Armariz, Xunqueira de Ambía, Bovadela, Sobradelo e A Graña), ás que acudirán os voluntarios en grupos de seis. E a actuación dos mesmos consistirá en visitar a cada familia, falar con eles, ver as necesidades que poidan ter, realizar acompañamento, etc. Esta iniciativa desenvolverase de xeito totalmente gratuito para o Concello e para os usuarios.
A construtora ourensá Misturas cumpre 25 anos e celébraos cunha xornada técnica baixo o título ‘Sustentabilidade na construción de obra civil: Novas perpectivas’, que terá lugar o 18 de xuño en Allariz. A construtora utilizará esta xornada para amosar
Terá lugar o 18 de xuño en Allariz
cunha previsión de reunir arredor de medio cento de profesionais. O programa inclúe demostracións de proxectos como o ‘Sitegi’; presentación do ‘Biovalvo’, para a valorización das cunchas de mexillón na construción; e relatorios
sobre técnicas viarias adaptadas ao cambio climático e o uso de mesturas bituminosas en frío fabricadas con RCD’s. Ademais, inclúe visita ás plantas de fabricación de aglomerado, en quente e frío, sitas no polígono industrial de Chorente.
os resultados dalgúns proxectos de investigación e innovación, e analizar novas técnicas empregadas en construción. Misturas está enfocada cara á edificación e á obra civil, aínda que nos últimos tempos aumentaron os seus contratos de servizos, rehabilitación de firmes e iniciativas de I+D+I. Xornada técnica Nesta xornada participarán técnicos de diferentes administracións, empresas e universidades,
Javier Prada, conselleiro delegado da construtora, xunto ao busto do fundador de Misturas.
PUBLICIDADE
BARRIOS Xu単o de 2015
13
14
BARRIOS Xuño de 2015
CELANOVA E COMARCA
Cruz Vermella celebra en Celanova “A Festa do Ouro” 4 Coa presenza dos chefs Pepe Solla, Dani Guzmán e Julio Sotomayor. Francisco Conde, co grupo de emprendedores co que se reuniu./RAMSÉS
O emprendemento innovador, chave no futuro económico de Ourense 4 O conselleiro de Economía mantivo un encontro en Celanova con representantes de AJE Ourense. Redacción O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde mantivo en Celanova este 12 de xuño un encontro de traballo con representantes da asociación de mozos empresarios AJE Ourense, no que sinalou a importancia do emprendemento innovador como clave no futuro económico de Ourense e de Galicia. Encontros como este, sinalou Conde, permiten compartir e coñecer as ideas e proxectos empresariais que fan de Ourense un elemento dinamizador da comunidade. Neste contexto, o titular de Economía e Industria resaltou que, no que vai de ano, a provincia suma máis de 200 novas empresas, dato que reflicte o seu impulso emprendedor e
que mellora en 12 puntos porcentuais o acadado nos cinco primeiros de 2014. Destacou Conde durante o acto que estes e outros proxectos conforman unha xeración de emprendedores chamada a crear riqueza e emprego na provincia. Apoio da Xunta A aposta polo emprendemento está a contar co apoio do Goberno galego, posto de manifesto en iniciativas como a aceleradora de empresas Agrobiotech, ubicada no Parque Tecnolóxico de Ourense, que se ten activado recentemente coa selección de 11 empresas galegas dos sectores agroalimentario, biotecnolóxico e da biomasa, que contan cunha folla de ruta individualizada en función das súas necesidades. O obxectivo
é incrementar o potencial innovador das pemes, favorecer o desenvolvemento de produtos e servizos innovadores, e facilitar o acceso ao financiamento. Conde destacou o esforzo que está a facer a Xunta por facer da Administración un facilitador de solucións. Neste sentido, a Lei do Emprendemento e da Competitividade Económica de Galicia simplificou os trámites para a apertura dun negocio suprimindo a licenza municipal por unha comunicación previa.
A Lei de Emprendemento da Xunta simplificou os trámites para unha apertura
Redacción Cruz Vermella en Terra de Celanova organiza o vindeiro 20 de xuño unha xornada solidaria moi especial na reitoral de Ansemil. “A Festa do Ouro” reunirá a chefs de prestixio en distintas actividades das que
Haberá un obradoiro de cociña, cata de viños, degustación de pratos e música en directo
poderá gozar público de todas as idades. Desde as 11.15 horas, Pepe Solla dirixirá un obradoiro de cociña infantil para nenos de entre 9 e 14 anos. A partir das 13.30 horas terá lugar unha cata de viños con José Manuel Juste, presidente da Asociación Galega de Enólogos, e ás 14 horas os asistentes degustarán os pratos elaborados por Dani Guzmán e Julio Sotomayor, do restaurante ourensán Nova. A partir das 17 horas haberá actuacións de música en directo.
4 Carpas “Saúde de Ouro” Voluntariado da Cruz Vermella promove estilos de vida saudables nas carpas “Saúde de Ouro”, que están a percorrer a provincia achegando material divulgativo aos veciños sobre temas, como alimentación, soño, exercicio físico, coidado das costas, etc. Tras pasar por Verín, Vilardevós e Xinzo, a carpa visitará o 2 de xullo Riós e o 4 Maceda, entre outros. Andainas Asemade, Cruz Vermella organiza varias andainas solidarias. O 28 de xuño será a de Xinzo, con dúas rutas a elexir, de 10 ou 20 quilómetros. As inscricións, de 6 euros, inclúen un boleto do Sorteo de Ouro, e poden realizarse na oficina de Cruz Vermella en Xinzo e en Xinzo Sport.
Os cociñeiros ourensáns Julio Sotomayor e Dani Guzmán, durante a preparación dunha degustación que tivo lugar no seu restaurante Nova, que conta cunha Estrella Michelín./ARQUIVO.
PUBLICIDADE
BARRIOS Xu単o de 2015
15
16
BARRIOS Xuño de 2015
CELANOVA E COMARCA
ENTREVISTA A RUBÉN VIEIRA - PREPARADOR FÍSICO DO CLUB OURENSE BALONCESTO
“Estar en ACB é un soño e máis porque fun afeccionado do COB de toda a vida”
4 O preparador físico do Club Ourense Baloncesto, Rubén Vieira, cóntanos como viviu esta tempada, o playoff de ascenso e súa nova faceta política como concelleiro en Celanova. R.T. / S.N. Rubén Vieira neste intre non ten metas, e non as ten porque agora mesmo está a vivir un momento inigualable, deses nos que non podes soñar cos seguintes pasos porque nunca imaxinaches chegar a este punto do camiño. Despois de medrar seguindo ao COB converteuse fai catro anos no preparador físico do equipo e agora foi un dos protagonistas técnicos do seu ascenso a ACB. A isto hai que engadirlle que dende este 13 de xuño comeza unha nova etapa política na súa vila natal, Celanova, achegando no Concello a súa experiencia e ideas nun terreo que coñece ben: o do deporte. Falamos con el. Como chegas a ser o preparado físico do Club Ourense Baloncesto? Rubén Vieira: “Eu estudei en Pontevedra, Licenciatura en Educación Física, despois marchei a Madrid facer un maxisterio e un máster de preparación física, e recibo a chamada do coordinador de Ourense para levar un grupo de cadetes, foi fai cinco tempadas. Xusto ese verán descende o club, entra un director deportivo novo e teño a sorte de que ese director deportivo conta comigo, e levo catro anos seguidos no club”. Como viviches estes anos? R.V.: “Houbo dous anos moi moi bos. O primeiro co ascenso a Prata, porque me pillou con 24 anos e toda a ilusión do mundo. É certo que non comezamos ben, destituíron a Rubén Domínguez e como preparador físico hai unhas dúbidas que che xera o cambio de adestrador, pero todo foi ben e logramos ascender. E este último ano foi o mellor a nivel deportivo e humano”. E no medio? R.V.: “Todos os veráns foron complicados. O que debes é tratar de illarte un pouco, e non pensar moito no que vai pasar, senón desgasta”. Como viviches a tempada? R.V.: “Non foi perfecta, porque
sempre hai cousiñas que mellorar, pero dende pretempada xa se vía que o grupo era moi bo e traballaba. É certo que chegamos ao primeiro partido e gañamos ben, o que afianzou as ideas que tiñamos. Os tres partidos que perdemos crearon dúbidas, pero fomos a Burgos e gañamos, e enlazamos seis vitorias; e tivemos a Copa Príncipe a oito segundos. Logo o ascenso foi incrible. Creo que a xente ten que entender que isto é moi difícil de repetir”. Como preparador físico como afrontaches o playoff? R.V.: “O preparador teno que afrontar pensando en chegar no mellor momento ao primeiro partido contra Melilla. Cando perdemos contra o Breogán faltando catro xornadas daste conta de que o importante é chegar ao playoff, aí axustas un pouco as cargas para eses catro partidos permitindo que os xogadores poidan chegar un pouco máis pesados ou cansados, que non foi o caso porque gañamos todos, e iso levounos ao segundo posto, que tamén foi moi importante, porque igual iso nos deu o ascenso, ao xogar o quinto encontro na casa e non ter que desprazarnos”. Agora toca conseguir financiación, de onde consideras que debe proceder? R.V.: “Paréceme inxusto que non teñamos esa sensación de éxito porque non tes claro en que categoría vas saír. Eu creo que ao final ten que haber tres piares: as institucións públicas, e aí non temos dúbidas porque sabemos que a Deputación nos axudará como leva facendo todo o ano; as empresas privadas, que se deben involucrar porque somos un enorme escaparate que levaremos o nome de Ourense por toda Europa; e os socios, que tampouco teño dúbida de que van responder”. Cales son as túas metas a nivel profesional? R.V.: “Nunca me plantexei ningunha meta. É certo que estar en ACB é un soño, porque como preparador físico de baloncesto é o máximo ao que podes chegar,
E tamén quero organizar actividades: masterclass, camiñatas, algunha carreira… a xente que non coñece Celanova pode achegarse chamada por esas iniciativas”. Como ves Celanova a nivel xeral? R.V.: “Temos que mellorar un pouco todo. A xente polo traballo ou por outros motivos marcha, e temos que conseguir que quede ou polo menos a visiten. E a través do deporte iso é o que buscaremos. Agora vaise facer un campo de herba sintético, temos outro de herba natural, dous pavillóns… instalacións temos pero hai que conseguir, dentro dos recursos económicos dos que dispomos, facer cousas e facer que a xente practique deporte ”. Rubén Vieira, preparador físico do COB./RAMSÉS.
En canto ao seu salto á política, “pedíronme que colaborase en deporte e ao ser de Celanova dubidei, pero ao final decidinme a botar unha man”, explica Rubén Vieira “O Campus de baloncesto Pedro Rivero está sendo un éxito (de inscrición) e agardamos que teña continuidade” e máis se eres de Ourense, porque fun afeccionado toda a vida e agora véxome no equipo que seguía con 10 anos en ACB. Pero a nivel xeral, non teño ningunha meta, só ser mellor cada día, e a vida xa pon a cada un no seu lugar co paso dos anos”. Como decides dar o salto á política? R.V.: “Ese salto é complicado. Coa boa relación que teño co alcalde e coa xente de alí fai meses que me intentaron involucrar no tema para intentar mellorar algunhas cousas e manter outras, e pedíronme que colaborase en deporte e ao ser de Celanova dubidei, pero ao final decidinme a botar unha man”. Que cres que podes achegar? R.V.: “Calquera pode achegar, se tes gañas, a ilusión debe mover
todo e teño moita ilusión de que Celanova medre a nivel deportivo, que non é sinxelo, porque aínda non falamos de números, pero todos sabemos como están os concellos a nivel económico, polo que tes que intentar que o pobo mellore da forma máis económica posible”. Tes algo en mente? R.V.: “Gustaríame chegar ao máximo público posible, e igual que hai un club de fútbol, que haxa oferta de baloncesto, ciclismo, running, duatlón… quero poñerllo máis sinxelo a esas persoas para que poidan practicar o seu deporte e sobre todo chegar aos usuarios que a día de hoxe non practican ningún. Pero iso é un obxectivo a longo prazo, para os catro anos, e a nivel de instalacións conseguir un ximnasio.
E como compaxinarás o teu traballo no COB co cargo de edil? R.V.: “Non teño dedicación exclusiva, polo que non teño un horario. É certo que nas horas libres que teña do club terei que tratar de porme en contacto cos responsables de deporte alí para ir traballando. Pero non vai supor ningún problema”. Cóntanos sobre o Campus de baloncesto Pedro Rivero que vai ter lugar en Celanova este verán por iniciativa túa. R.V.: “É unha das primeiras ideas que xurdiu para que a xente coñeza Celanova. No mes de febreiro, antes de que contactaran comigo polo tema político, falando con Pedro decidimos montar algo diferente onde os nenos puideran practicar baloncesto e á vez gozar das instalacións. Pensei en Celanova porque temos un albergue, dous pavillóns e tamén imos utilizar as instalacións do colexio Curros Enríquez. Imos xuntar entre 40 e 50 nenos, que van adestrar e tamén terán actividades lúdicas. E buscaremos que todos queiran repetir. O primeiro ano sempre é o máis difícil, vas a cegas, pero podo dicir que está sendo un éxito, reunimos a máis rapaces dos que pensabamos e agardamos que teña continuidade”.
DEPORTES
Iván Ares vence no Rali de Ourense 4 Segundo foi Sergio Vallejo e terceiro, Cristian García. Redacción
Brais Sendín (á esquerda), segundo no podio de Panticosa (Huesca).
Brais Sendín sobe á segunda praza no Open de España 4 Despois de ser segundo en Panticosa (Huesca). Iván Feijoo regresa á competición. Redacción O corredor júnior do Academia postal - Actyon de Maceda Brais Sendín subíu á segunda posición no Open de España de BTT XC. Este ascenso logrouno despois de rematar segundo na proba de Panticosa (Huesca). O ourensán tan só foi superado en terras oscenses polo rumano Vlad Dascalu. Esto non é máis que a certificación do excelente estado de forma de Sendín e de que estamos diante dun dos mellores júnior a nivel estatal. O seu compañeiro Saúl López foi 15º na categoría elite sub 23 (quinto en sub 23). Mugardos Iván Feijoo regreseba á competición no Open de Galicia, despois dunha lesión que o mantivo afastado da mesma du-
rante un mes e medio. E non puido regresar de mellor maneira que con vitoria en cadetes. O seu compañeiro de categoría, Abel Franco, remataba terceiro. En sub 23m Raúl González fixo podio co terceiro posto. En canto ás carreiras para escolas celebradas no Rosal, Bregoán Diz proclamouse campión en alevíns. Portugal Esta fin de semana, en Portugal, Iván Feijoo volveu pisar o podio. Foi nunha proba celebrada en Roriz (Barcelos), onde o cadete ourensán rematou na terceira posición. En elite sub 23, Saúl
López foi cuarto despois dunha gran carreira na que foi o segundo sub 23. Lourido A mesma fin de semana que en Portugal, os máis pequenos da Escola de ciclismo JA Hermida participaban nunha mini BTT celebrada en Lourido. Alí, Carlos Canal e Antía Martínez fixéronse coa vitoria en infantís; e Marcos Nube foi terceiro na mesma categoría. A Antía acompañábana no podio Aida Gonzalez, segunda, e Noela Saa, terceira. En alevíns, Breogán Diz foi segundo e Martín González, quinto.
Iván Feijoo regresou á competición, tras unha lesión, cos podios de Mugardos Open Galego-, onde foi primeiro, e Roiriz, rematando en terceira posición
Miguel Fuster foi cuarto e continúa líder da CERA
Miguel Fuster O piloto alacantino que comanda a clasificación no CERA (Campionato de España de Ralis de Asfalto) non puido participar en Ourense co seu Porsche. Pero si o fixo cun Suzuki Swift. Os problemas económicos fixeron que non puidera valerse do seu equipo habitual, pero Suzuki deulle a oportunidade de competir na proba ourensá igualmente. Fuster, limitado co vehículo, logrou un meritorio cuarto posto que lle permite sumar puntos e manterse á fronte da clasificación no Campionato de España.
horas) para ás 22.30 horas rematar coa absoluta. Esta terá un percorrido duns 7.800 metros.
4 Terá lugar o sábado 20 de xuño a partir das 21 horas.
Xinzo de Limia E para o sábado 4 de xullo está prevista a nocturna de Xinzo de Limia que chega a súa undécima edición. Este ano trasladase de xuño a xullo.
Se hai unha carreira do agrado de todos esa é, sen dúbida, a noctura de Celanova. Este ano chega á súa
17
Ares aventaxou en case catro minutos ao segundo clasificado, Vallejo Os ourensáns Como en 2014, o piloto Iago Silva e o seu compañeiro Diego Grande foron os mellores ourensáns deste rali. A bordo do Peugeot 208 R2 o piloto ourensán tivo varios percances, o que máis lle lastrou foi o sufrido no tramo espectáculo do venres, que fixo que non puidera loitar polos primeiros postos. Finalmente, rematou 15º a máis de 15 minutos do primeiro clasificado. O equipo ourensán foi o formado por David Cortés (piloto) e Rubén Soto (copiloto), que remataron na 17ª posición da xeral. Non obstante, foron os primeiros na Copa Suzuki Swift. O equipo de Luintra sitúase como líder da monomarca no nacional. CERA Cos resultados do 48 Rali de Ourense, a clasificiación no Nacional está liderada por Miguel Fuster con 182.5 puntos, seguido de Iván Ares con 159.5, e Pedro Burgo con 120.5 puntos.
Iván Ares na segunda pasada do tramo da Peroxa./RAMSÉS
Celanova prepárase para a súa nocturna Redacción
Participantes da nocturna de Celanova doutra edición.
A 48ª edición do Rali de Ourense -Ourense Termal- tivo a Iván Ares como campión. O piloto de Cambre, xunto ao seu copiloto Álvaro Bañobre, logrou unha vitoria inapelable distanciando en case catro minutos aos irmáns Vallejo. Estes tiveron problemas na primeira pasada por San Pedro de Rocas, na cal perderon cinco minutos e un segundo que os levou á décimo novena posición. A partir de aí, tocoulles remontar ata acadar esa segunda posición do podio. A primeira praza estaba imposible de acadar, xa que Ares tan só tivo que manter a vantaxe lograda. O terceiro caixón do
podio ocupouno Cristian García e a súa copiloto Rebeca Liso, os cales a pesar dos problemas nos tramos da tarde lograron meterse no podio. Outro dos favoritos ao triunfo final, Pedro Burgo, tivo que abandonar.
BARRIOS Xuño de 2015
décimo segunda edición e como cada ano o éxito está asegurado, esperando superar os 500 inscritos. As carreiras comezarán coas probas infantís (ás 21
Ourense Termal Este mesmo sábado nas pistas de atletismo
do Campus Universitario de Ourense, celébrase o “Ourense Termal Athletics Meeting”. Trátase dnha xornada de atletismo en pista. Pola mañá competirán as categorías escolares e pola tarde, as absolutas. Nestas últimas agárdase que haxa un gran número de atletas de toda Galicia e o norte de Portugal, ademais doutros puntos da xeografía española, e incluso do estranxeiro.
18
BARRIOS Xuño de 2015
DEPORTES
O Verín sobe a Terceira División 4 Logrou o ascenso tras rematar segundo na Liga. Redacción O Verín CF será o ano que vén equipo de Terceira División. O conxunto do Támega logrou a segunda posición no grupo Sur da Rexional Preferente o que fai que ascenda de categoría. Xunto co Barco, que foi o campión, acompañarán ao Barbadás na Terceira na tempada 2015-2016. Os de Verín chegaban á derradeira xornada de Liga coa segunda praza en xogo. Incluso podería ser campión se o Barco perdía. Os barquenses non fallaron e venceron por 3-1 ao Rápido de Bahía, polo que a primeira posición esvaecíase. Pero tampouco fallaron os verineses e venceron por 2-3 ao Célti-
ga, amarrando deste xeito o subcampionato e con el o ascenso. Agora toca planificar unha tempada moito máis esixente, se cabe, que esta. Grupo I A falta de saber se o Pontevedra ascende á Segunda División B ou non, 19 son os equipos que o ano que vén teñen asegurada a súa presenza no grupo I da Terceira División. De confirmarse o ascenso do equipo do Lérez, subiría o Noia como mellor terceiro dos grupos de Preferente. Confirmadas están a presenza o vindeiro curso dos tres ourensáns, Verín, Barco e Barbadás. O resto dos
confirmados son os equipos de Alondras, Arousa, Bergantiños, Boiro, Cerceda, Choco, Deportivo B, Galicia de Mugardos, Negreira, Ordes, As Pontes, Rápido de Bouzas, Ribadeo, Ribadumia, Silva e o Vilalbés. Monterrei O Monterrei é equipo de Rexional Preferente despois de proclamarse campión da Primeira Autonómica de Ourense. Os de Monterrei foron campións por diante do Barbadás B, equipo que ascendía pero que desaparece. O substituto do filial do Barbadás na Rexional Prefente será Ourense CF, que rematou terceiro na Liga.
O Verín logrou o segundo posto na Rexional Preferente Sur despois de vencer na última xornada ao Céltiga (2-3)
Rubén Quintas, alcalde de Maceda, e Manuel Baltar, presidente da Deputación en funcións, na sinatura do convenio.
Maceda contará cun novo campo de fútbol 4 Deputación e Concello asinaron un convenio para a súa construción. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o novo
alcalde de Maceda, Rubén Quintas, asinaron este luns o convenio de colaboración que permitirá a esta localidade contar cun novo
campo de fútbol, instalacións deportivas que estarán en condicións antes de 2016, segundo confirmaron tralo acordo asinado no Pazo Provincial. Esta é a primeira recepción a un alcalde por parte de Manuel Baltar na nova lexislatura local 2015-2019, trala toma de posesión das corporacións o pasado sábado. Baltar e Quintas analizaron temas de infraestruturas, servizos sociais, cultura e deporte, que enmarcan as principais necesidades que ten Maceda.
Xogada do último partido do Verín nesta tempada contra o Céltiga o que lle valeu o ascenso á Terceira División por vencer por 2-3. /VERÍN CF
O COB é de ACB 4 A ACB recibiu os cartos para a afiliación á Liga Endesa do club ourensán. Redacción Acabouse o “culebrón” do ascenso de Club Ourense Baloncesto á ACB. Despois de varios días frenéti-
cos por parte da directiva do club para conseguir os pertinentes acordos para inscribir o seu nome na Liga Endesa, por fin o luns 15 de xuño, día que rema-
taba o prazo, o logrou. E non foi sinxelo, houbo que esperar a que o Concello de Ourense firmara un compromiso de apoio ao club e que a entidade Abanca buscase unha solución financieira viable para que a ACB comunicara a inscrición do COB na Liga. A partir do 30 de xuño, se a documentación e fondos son correctos, o equipo será inscrito definitivamente.
Un dos equipos vencedores, co seu trofeo.
VI Torneo Internacional Fútbol 8 ‘Vila de Verín’ O complexo deportivo de A Granxa acolleu a primeiros de mes o VI Torneo Internacional de Fútbol 8 ‘Vila de Verín’, ao que asistiron máis de 3.000 persoas que presenciaron unha competición que contou con 37 equipos de Galicia e norte de Portugal das categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Na categoría de prebenxamín xogaron nove equipos, e os catro primeiros postos foron para EDC Verín A, Purísima, Vila de Corpus e Antela. Na de benxamín, no que participaron doce formacións, os catro primeiros clasificados foron Antela, EDC Verín A, Vila de Corpus e EDC Verín B. En alevín, dun total de 16 equipos, quedaron como catro primeiros Vila de Corpus, Diogo Cao, Ourense CF e Chaves. Os trofeos de deportividade recaeron no Vila de Corpus (prebenxamín), EDC Verín B (benxamín) e EDC Verín A (alevín). Este torneo foi organizado polo Concello de Verín coa colaboración de Cabreiroá, Hortoverín e AEVER-CCU Verín.
OCIO E CULTURA
Nova cita co baile en Celanova 4 O 26 e 27 de xuño chega a novena edición do festival “Baila Conmigo”. Redacción Afeccionados ao baile teñen unha cita na última fin de semana de xuño en Celanova. Alí celébrase, por noveno ano, o Festival Internacional “Baila Conmigo”, un evento organizado pola escola do mesmo nome, que ofrece durante dous días clases, exhibicións e obradoiros de diferentes modalidades de baile. O programa de actividades dá inicio o venres 26 ás 20:30 horas, con clases gratuítas na praza Maior de bachata, salsa en parellas e baile social. Na xornada do sábado 27, haberá clases (de pago) en horario de mañá e tarde no claustro do Mosteiro, con 18 obradoiros dife-
Un libro recolle os lagares rupestres de Monterrei Redacción A casa consistorial de Verín acolleu a presentación do libro ‘Arqueoloxía do viño. Os lagares rupestres da comarca de Monterrei’, a cargo dos seus autores, Alberte Reboreda, Víctor Rodríguez e Eduardo Breogán Nieto. A publicación foi editada polo Plan de Com-
O Museo do Coiro de Allariz acolle unha exposición Redacción O Museo do Coiro de Allariz acolle ata o día 30 de xuño a exposición “Formas do Coiro”, en horario de martes a domingo de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 h.. Con esta exposición danse por rematadas as Xornadas dos Oficios do Coiro, que se celebraron en Allariz do 27 ao 31 de maio.
rentes a elixir e niveis de iniciación, intermedio e avanzado. O evento concluirá con exhibicións e baile social a partir das 11 da noite. No “Baila Conmigo” participarán escolas de baile galegas e parellas chegadas de diferentes puntos da xeografía española e de Portugal, algunhas delas premiadas en competicións internacionais.
Ofrece durante dous días clases, exhibicións e obradoiros de diferentes modalidades de baile petitividade Turística “Puertas de Galicia” e consiste na adaptación do traballo de prospección arqueolóxica e documentación dos lagares rupestres que hai na comarca. O libro recolle tamén a historia de Monterrei e a súa vinculación co viño. Ademais de editar este traballo, “Puertas de Galicia” puxo en marcha unha Ruta dos Lagares Rupestres sinalizando os oito que a compoñen. Características A exposición conta con máis de 50 pezas realizadas con diferentes técnicas pero tendo todas elas como material principal a pel curtida. A colección inclúe coloridos guadamecíes, moldeados e coiros fervidos, pezas realizadas coa técnica do pelo e pluma, colares de inspiración africana realizados por 15 autores artesáns de diferentes países como Colombia, México, Portugal, Austria e España.
BARRIOS Xuño de 2015
19
4IMAXES DO MES 150 participantes nunha andaina solidaria Un total de 150 persoas formaron parte da terceira edición da ‘Andaina Solidaria e Paseo Fotográfico en Familia’, que tivo lugar en Verín co obxecto de recadar fondos para axudar na construción de pozos de auga en diferentes localidades de Níxer. A andaina foi organizada polo Concello de Verín xunto con UNICEF España, e tivo un percorrido de seis quilómetros, entre o pavillón de deportes e os Remedios, en Vilamaior. Rematou con xogos cooperativos e inchables.
Asistentes á andaina solidaria, nun momento da súa camiñata por Verín.
Descenso transfronteirizo no Támega A área recreativa de Rabal (Oímbra) acolleu unha iniciativa ao redor do río Támega, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente celebrado o 5 de xuño. Nos seis quilómetros da 1ª Baixada Transfronteiriza polo río Támega en kayak participaron 109 persoas de Chaves e de Verín, mentres que á Andaina Ambiental, de sete quilómetros, asistiron 69. A actividade foi organizada pola AECT Eurocidade Chaves-Verín, conxuntamente cos concellos de Chaves, Verín,
Vistosa imaxe do descenso en kayak polo río Támega. e Oímbra, a Cruz Vermella, os Bombeiros de Chaves e Vidago, a Asociación de Caminheiros, a Asociación Ruta das Augas e Protección Civil dos dous municipios. Enmarcábase no proxecto “Valtámega” de valorización ambiental do río Támega.
Recepción aos xogadores do EDC Verín O salón de plenos do Concello de Verín acolleu unha recepción aos xogadores do EDC Verín Infantil A, Alevín B, Prebenxamín e Cadete FS, así
Recepción municipal aos equipos infantil, alevín, prebenxamín e cadete do EDC Verín. /CdV.
como aos seus monitores e proxenitores, na que se realizou un agradecemento institucional a estes catro equipos polos éxitos deportivos acadados nesta tempada. Os catro equipos foron campións das súas respectivas ligas.
20
BARRIOS Xuño de 2015
EN BREVE 4 Festa de clausura de ‘KeroKolo’ e ‘Kero-Kedar’ O martes 16 de xuño, unha festa de fin de curso clausurará a segunda edición do programa ‘Kero-Kolo’ e a terceira do ‘Kero-Kedar’, dúas iniciativas do Concello de Verín. A clasura terá lugar a partir das 17 horas na área recreativa de Tintores, salvo en caso de condicións meteorolóxicas adversas, que se trasladará ao complexo deportivo da Granxa. Pequenos de entre 2 e 4 anos e os seus proxenitores participarán en actividades lúdicas e deportivas ao longo da tarde. As inscricións para a edición do vindeiro curso de ambos programas xa está aberta e debe realizarse no departamento de Educación Familiar.
4 ‘Kero-Kedar’ durante o verán Durante os meses de xullo e agosto, a Escola de Familia Municipal de Verín programa a iniciativa lúdica ‘Kero-Verán’, destinada a menores con idades comprendidas entre os 2 e 4 anos. Este espazo de xogo e aprendizaxe terá lugar todos os martes e xoves, de 11 a 13 horas, no CEIP Princesa de España de Verín. As inscriciósn realízanse no departamento de Educación Familiar do Concello de Verín.
4 A Biblioteca de Verín clausura o curso O xoves 18 de xuño, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove unha sesión de contacontos e manualidades que porá o broche final ao ciclo de actividades de dinamización da lectura realizado este curso. A compañía de Teatro Calavera representará “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”, e despois impartirá un obradoiro de pasta de azucre.
OCIO E CULTURA
Entrevista a Alfonso López
“Hai unha receita no blog que é supersinxela de facer, os amendoados de Allariz” 4 O autor do exitoso blog recetasderechupete.com estivo en Ourense presentando o seu último libro, “Cenas en 25 minutos”. Paula Lodeiro Con tres millóns de visitas á súa web cada mes (recetasderechupete. com), 725.000 seguidores en Facebook e 170.000 en Twitter, o ourensán Alfonso López tense convertido nunha das referenzas ineludibles na blogosfera gastronómica española. López estivo en Ourense presentando o seu último libro “Cenas en 25 minutos” da man da libraría Aldova. “Cenas en 25 minutos” é o teu terceiro libro, tras “Comer sano” e “Postres de rechupete”, que imos atopar nel? Alfonso López: “Son ideas para o día a día, para cando non tes tempo facer ceas en 25 minutos, que é o título do libro. Ao final estamos todos os días, cando chegamos a casa cansos e non temos ideas para cociñar, e cociñamos sempre o sota, cabalo, rei. Son 120 receitas que axúdanche a ter algo de variedade no día a día. Intentamos aplicar os produtos de tempada cun calendario ao final do libro para que saibamos cando hai que comprar e aforrar tamén cando facemos as ceas. Non é só para ceas de diario, tamén temos para ocasións especiais. Que queres facerlle unha cea á túa moza, mozo, de calidade pero de maneira rápida? Tamén vas atopar moitas ideas no libro”. Empezaches co blog hai uns anos como un hobby, agora que significa para ti? A.L.: “Agora é a miña forma de vida. Deixei o traballo o ano pasado, cando isto empezou dar
O blogueiro Alfonso López, cos seus libros./P.L. algo de cartos e apostei todo a conseguir que o hobby fose o meu modo de vida e por agora non me vai mal, estou moi contento”. En que te inspiras para elixir as receitas? A.L.: “Hai de todo. O recetario propio, que era o da miña avoa, o primeiro ano acabouse, porque tampouco é tan grande. Agora que estamos publicando todos os días temos que intentar que haxa variedade de todos os estilos de receitas. Poño un exemplo. Estamos introducindo receitas doutros países porque non só a xente de España visita o blog, temos case 400.000 persoas ao mes que son de fóra de España. O mercado mexicano é moi potente, son case 200.000 vistas ao mes, hai que coidalos e tamén introducir esas receitas que están triunfando en España; por que a xente non pode facer un bo guacamole, como a receita que hai no libro, por exemplo?” Que recomendación gastronómica de Ourense fas? A.L.: “Hai unha receita no blog que é supersinxela
de facer, que ao mellor a xente pensa que é difícil, e que son os amendoados de Allariz. Fanse en 15 minutos máis o tempo de forno e repouso pero é un dos doces máis típicos de Ourense e famosos, e ademais de poder mercalos en Allariz, se o queres facer en casa tamén podes. Eu recoméndoo que o fagades na vosa casa”. Cal é a túa vinculación con Allariz? A.L.: “Non son de Allariz, son da zona da Ribeira Sacra, preto da Penalba, dunha aldea de tres casas que se chama Forraqueira. En Allariz están moitos amigos meus que estudaron conmigo a carreira e en especial a miña afillada, que se chama Carmen e cada vez que veño a Ourense teño que ir visitala, senón ‘despadriñízame’”. Cal é a túa receita favorita? A.L.: “Non podo dicir unha, cada vez teño algo que me pirra, fago un curso e gústame o ceviche, ou a empanada… cada semana case teño unha receita preferida, non me podo quedar con unha soa”.
O cine rural toma Celanova e Cartelle 4 Máis de 100 curtas de 15 países presentáronse ao II Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo. S.N. Os días 26, 27 e 28 de xuño Celanova e Cartelle réndense de novo ante a figura de Carlos Velo, coa segunda edición do Festival Internacional de Cine Rural que leva o seu nome. Dez son as curtametraxes de documental e ficción finalistas do certame, ao que se presentaron máis de 100, procedentes de todos os recunchos do planeta, así como do territorio nacional e, por suposto, galego. “Este ano hai traballos moi interesantes da nosa comunidade, e estamos moi contentos por iso, porque desexamos que o festival estea moi ligado con Galicia”, confesaba un dos seus directores, Aser Álvarez, de Arraianos. Dende a organización destacaron o alto nivel de calidade e diversidade do material presentado nesta segunda edición, que segue sendo “un espazo para a divulgación de traballos de temática relacionada co medio rural e a recuperación da memoria material e inmaterial dos pobos do mundo”, explican. Como novidade, este ano o festival céntrase moito máis na figura de Carlos Velo, afondando na súa etapa en México, “a máis descoñecida”, cóntanos Aser, na que o cineasta desenvolveu unha intensa actividade
como creador do Centro de capacitación cinematográfica do país americano. E para descubrir ese anos contaron con material de excepción, proporcionado pola súa viúva, así como polos seus colaboradores do mundo da publicidade, o audiovisual ou o cine. De feito, Arraianos, que está trababallando nun documental sobre esta parte da vida de Velo, ofrecerá un adianto do mesmo no festival. Actividades Entre as actividades que inclúe o programa 2015 atopamos a súa inauguración o venres 26 en Cartelle seguida da proxección do filme “Torero”; e o sábado, a de “Urbe”, ambos traballos nunca emitidos en Galicia. O domingo 28 pola mañá no centro de Arraianos terá lugar un encontro cos gañadores, coa proxección dunha curta-documental de Aki Kaurismäki, sobre Galicia e o norte de Portugal; e unha retrospectiva do traballo do fotógrafo de moda Manuel Outomuro. Trátase dunha oportunidade única para os amantes do audiovisual e os que aínda non o son. E non hai excusa para faltar á cita porque tanto as proxeccións como as actividades paralelas son completamente gratuítas.
O festival ten lugar os días 26, 27 e 28 de xuño
A segunda edición foi presentada este 13 de xuño en Lalín, na feira Realiméntate./ARRAIANOS
OCIO E CULTURA
BARRIOS Xuño de 2015
21
4IMAXES DO MES
Mozos correndo diante do boi por unha das rúas do casco histórico de Allariz./M.REJO.
Estudantes do IES Castro de Baronceli e do Colexio Nadir Afonso participando en Chaves nun dos xogos populares realizados no encontro escolar. /CdV.
Gran participación na Festa do Boi
Encontro escolar entre Verín e Chaves
A pasada edición da Festa do Boi saldouse cunha gran participación. Con case 700 anos de historia, os festexos, que organiza a Asociación Cultural Xan de Arzúa xunto co Concello de Allariz, encheron de xente e animación a vila alaricana entre o 30 de maio e o 7 de xuño. O bo tempo acompañou, polo que foron moitos os que se animaron a participar nas carreiras do boi, sobre todo nas da última fin de semana. O incidente máis destacado aconteceu na penúltima xornada da festa. Un dos “homes do sedeño” (os encargados de guiar o animal) recibiu dúas cornadas dun boi tras caer ao chan. O mozo foi trasladado en helicóptero ao hospital de Ourense para ser atendido das súas feridas.
A AECT Eurocidade Chaves-Verín, en colaboración co Clube Cultural e Recreativo de Vilela do Tâmega de Chaves, organizou un encontro escolar dos centros educativos IES Castro de Baronceli e Colexio Nadir Afonso co obxectivo de promover o intercambio e a convivencia entre os estudantes a través da práctica conxunta de xogos populares. A ra, o aro, a buxaina, carreiras de sacos ou dos pés atados foron algúns dos xogos populares que os escolares practicaron nesta convivencia, que se enmarca no proxecto europeo GaMES.Net. Unha iniciativa que ten por obxecto concienciar aos máis novos da necesidade de preservar os xogos tradicionais. O proxecto finaliza este mes de xuño cun Encontro Transfronteirizo de Xogos Tradicionais que terá lugar en Chaves.
Abriu ao público unha nova edición do Festival de Xardíns 4 O recinto poderá ser visitado ata outubro. Redacción “A Música no Xardín” é o lema que inspira os dez xardíns efímeros que concursan nesta sexta edición do Festival de Xardíns de Allariz (FIXA), un certame de características únicas en España. Aberto desde o 17 de maio, agárdase que visiten o FIXA unhas 40.000
persoas ata o mes de outubro, cando peche as súas portas. Todos eles poderán votar pola súa creación paisaxística favorita. Ademais das dez propostas a concurso, chegadas de diferentes puntos da xeografía española e do estranxeiro, o FIXA complétase co xardín gañador na edición de 2014, “InHouse” do coreano Tae-
kyung Kim, e coa parcela que preparan os escolares do CEIP Padre Feijoo de Allariz. Horarios O FIXA pode visitarse neste mes de luns a venres en horario de tarde e sábados, domingos e festivos de 11 a 14 h e de 17 a 22 h. Os sábados hai no recinto un mercado de flores.
Un dos dez xardíns efémeros que forman parte desta edición do festival./M.REJO.
22
BARRIOS Xuño de 2015
EN BREVE
OCIO E CULTURA / ARTIGOS
4DESDE A PONTE... A MONTERREI
4 Festival de corais O sábado 20 de xuño, a partir das 20.30 horas, a Igrexa da Mercé acollerá o XXIII Festival Coral de Verín. No certame participarán a coral Cantarela de O Riós, a Coral Polifónica Lembranza de Santa Cruz (A Coruña) e a Asociación Verinense ‘Amigos da Música’.
4 Campamentos de verán A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Celanova oferta un campamento de verán en Portonovo e a Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz outro no Centro de Interpretación do Rexo da localidade. O campamento en Portonovo terá lugar do 5 ao 12 de xullo e incluirá obradoiros, xogos, praia, deporte e natureza. O “Rural Camp” do Rexo está dirixido a menores entre 8 e 14 anos, quedando prazas libres para as quendas do 6 ao 12 de xullo e o do 13 ao 19 de xullo.
4 Creación da ‘Zona Zero’ O Concello de Verín impulsa un novo proxecto de dinamización xuvenil e infantil, ‘Zona Zero’, co obxecto de cubrir as demandas de lecer solicitadas polos menores do municipio no último Pleno Infantil. A ‘Zona Zero’, situada na Casa da Xuventude, é un espazo lúdico de encontro, no que se ofertarán actividades de carácter social e tecnolóxico.
4AXENDA
terían oportunidade de rexuvenecer, e así eliminar eficazmente as toxinas. A mellor hora para descansar é cando o sol xa non está a brillar; o ciclo natural sería desde que o sol se pon até que o sol nace, mais o estilo de vida da maioría das persoas pode non permitilo.
Exposicións - Ata o 28 de xuño “Enxebre” de Abraham Caride - Taberna Acevedo en Xunqueira de Ambía - Ata o 30 de xuño “Formas do coiro” - Museo do Coiro de Allariz Música - 19 de xuño - Festival de fin de curso da Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo de Limia - 20 h - Praza Carlos Casares de Xinzo - 20 de xuño - XXIII Festival Coral de Verín 20:30 h - Igrexa da Mercé de Verín - 20 de xuño - Concerto de fin de curso do Conservatorio de Música - 12 h Casa da Cultura de Verín Espectáculos - 17 de xuño - Teatro e manualidades 18 h- Biblioteca de Verín - 17 de xuño - Representacións teatrais da Escola de Teatro Municipal “Aneis” - 20:30 h - Casa da Cultura Xinzo Deportes - 28 de xuño - Andaina solidaria - 9 h - Praza Carlos Casares de Xinzo - 28 de xuño - XI Carreira nocturna de Celanova - 21 h - Rúas de Celanova Feiras e festas -Do 20 ao 28 de xuño - Festas de Ourense - 18 de xuño - Feira en Cartelle - 18 de xuño - Feira en Cualedro - 20 de xuño - Feira en Maceda - 23 de xuño - Feira en Verín - 26 de xuño - Feira en A Merca - 27 de xuño - Feira en Xinzo
João Damião
www.periodicobarrios.com
Os bailongos do amor Xa de rapaz gustábame conversar coa xente maior do pobo, e de paso, ir enchendo a miña particular alforxa con historias e relatos que, sen dúbida, foron un agasallo fermoso para min. Contoume o meu amigo zapateiro, o do Mesón do Castro, que antano en Verín gastábase moita sola, sobre todo os domingos, cando a mocidade acudía en masa aos bailongos que se formaban na vila e arredores. Emocionado e coa voz entrecortada, cóntame que a vida é un suspiro e que parece mentira que pasaran 60 anos dende aqueles tempos felices, cando unha sinxela reunión facía que mozos e mozas gozaran da xolda nos bailes máis enxebres e puros, os
“Foi no edificio Buenos Aires onde a orquestra Monterrei fixo furor”
bailes da inocencia. Alí xurdiron os primeiros amores, coas tímidas e cómplices miradas, que se prolongaban no maxín de domingo a domingo, e cos latexos axitados dos corazóns namorados, que con pudor e angustiosa vergoña, fundíanse nun só peito cando bailaban pegados. Foron moitos os matrimonios que de alí saíron, destes maravillosos bailongos da nosa vila e que, aínda hoxe, se recordan con entusiasmo e ledicia. Na rúa da Muralla, no fondo da alameda, estaba o xenuíno e acolledor salón de baile do Señor Manolo “escalera”, o mítico “Congoroco”, que era o baile das primeiras horas da tarde, onde acudían entusiasmadas as rapaciñas que traballaban internas nas casas ricas da vila, e que os domingos tiñan un ratiño para divertirse. Era un lugar sinxelo e humilde, onde a música cos discos de vinilo facía que a mocidade mesturara as súas
fervorosas ansias, creando un ambiente que segundo contan era “gloria bendita”. Tamén daquela había un baile ao aire libre, que nos cincuenta foi célebre; realizábase no solar onde hoxe está o edificio do Carmen, nas portas de Madrid.Tiñan tamén moita sona os bailes de Pazos, no local do “Tío Manuel” e no “Fona”, non só pola afluencia de xente, que viña de todas os recunchos da comarca, senón tamén pola fama que tiñan en Pazos de ter mulleres fermosas. En Verín, estaba o Casino e o hotel Aurora, que tamén organizaron bailes de gran concurrencia, sobre todo en tempos de entroido e nadal. Foi no emblemático edificio Buenos Aires onde durante moitos anos os asaltos amenizados pola recordada orquestra Monterrei fixeron furor. Alí Casiano, Perrayo, Narés, Jaime e Manoliño tocaban as cancións da época, pasodobles, tangos e o que fixera falta, para que a mo-
cidade movera o esqueleto sen descanso. Agora que todo mudou, e que xa non xorden os amores nos bailongos, recordar aqueles tempos non está de máis, tempos nos que susurrar no oído e bailar era o máis fermoso dunha xolda, onde domingo a domingo, e gastando moita sola, as parellas forxaban bases sólidas de futuro, tan sólidas que moitos deles xa celebraron as merecidas vodas de ouro, e que aínda hoxe, coa maxia dun pasodoble, como aqueles da orquesta Monterrei, son quen de sacar folgos e levantar a alma para fundirse no que máis lles gustou, bailar pegados, mais desta vez ao son do cariño e do respecto, e coa infinita admiración dos que sempre estarán ao seu carón, recollendo estas fermosas leccións que non se esqueceran xamais. Miguel A. Prieto “Chita”
4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA
Exercicio físico Camiñar é probablemente a máis importante forma de exercicio que se pode facer e a máis saudable, acompañada do ioga. Exercicio de movemento lento e con ritmo é sobre todo andar. O corpo foi feito para andar longas distancias; en Europa camíñase moito máis que nos Estado Unidos, de aí
que sexan máis gordos. A condución de automóbiles, sobre todo a moita velocidade, aumenta o estrés e contribúe a aumentar a acidez do organismo; contrariamente, a marcha a pé, mesmo acelerada, volve o organismo máis alcalino. O corpo está constituído por músculos, tendóns e ligamentos, e, por iso, a flexibilidade é imprescin-
dible para evitar o exceso de toxicidade, practicando exercicio aeróbico, anaeróbico e celular. A partir de aí os beneficios son: aumento de osíxeno nas células, movemento do fluído linfático, estimulación das células, abertura de canles de enerxía e liberación de tensións. Despois vén o descanso, sen o cal as células non
CLASIFICADOS
BARRIOS Xuño de 2015
23
BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz. Nº14 - Ano: X - Xuño 2015 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.
4TELÉFONOS DE INTERESE
4CLASIFICADOS
ALUGUER/VENDA Alúgase piso amoblado con calefacción e garaxe pechado, preto ponte Milenio.Tel. 637 00 59 101 Véndese casa a restaurar en estrada de Santiago con finca. Tel. 637 00 59 101 Vendo finca pequena ao carón de parada de bus, preto de Ourense (350 metros cadrados). Prezo 5.900 euros. Tel.: 606 422 543. Vendo finca de 2.000 m2 edificable con auga e luz, a 10 km de Ourense. Tel. 600 51 25 59. Vendo apartamento en praia América, 2 habitacións, a 5 minutos da praia e 10 minutos de Vigo. Tel.636 422 497 Alugo apartamentos de 1 e 2 habitacións en Montalvo, Sanxenxo, fronte á praia, axardinados, zona aparcamento e barbacoa. Tel. 607 27 19 16. Vendo en piso en praza España, Vigo, 3 dormitorios, 1 baño, 1 aseo, salón, cociña, rocho e garaxe. Tel. 639 81 62 09. Ocasión vendo finca con galpón, zona Vilar de Astrés (Ourense), 450m2, parada de bus enfronte. 6690€. Tel. 606 42 25 43 Vendo casa de planta baixa preto de Cambeo (Coles), con 2 habitacións, cociña, comedor e un baño. Pozo e auga potable. Tel. 649 673 492 e 988 21 67 55 Alúgase perruquería en Progreso (Ourense), tel. 637 00 59 10+ Alúganse tres oficinas exteriores acondicionadas en Progreso, Ourense, tel. 637 00 59 10. Alugo habitación próxima aos novos xulgados de Ourense, con cama de matrimonio, amoblada, televisión na habitación, wifi, e dispón de salón, cociña e baño. 180 euros/mes gastos incluidos. Tel. 600 92 25 47 (WhatsApp). Necesítase mozo ou señor para compartir piso no Couto (Ourense), tel. 637 00 59 10
VENDAS Vendo 8 focos de baixo consumo a bo prezo. tel. 675 63 10 11 Compro ventás de aluminio con cristal sinxelo, todas iguais, mesma cor e mesmas medidas. Tel. 658 05 69 22. Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 630 521 448. Vendo moto 125 cc a bo prezo. Tel. 630 521 448. Vendo 600, azul turquesa, matrícula 9644-Ou, 1.995 euros negociables. Tel. 639 81 62 09 Vendo casco de moto modelo Coolmax Linine Pr 2000 XS 1550. Tamén vendo garrafóns de 16 litros. Prezos a negociar. Chamar ao 988 21 35 56 de 15:30 a 18:30 ou a partir 21 horas. Vendo calefacción de gas cidade seminova e sofá. Tel.637 00 59 101 Vendo Citroën C4 Aircross Exclusive HDI150cv. todos os extras. Só 7.000km. Tel.684 214
079. Véndese Opel Astra 1.9CDTI 120cv. Sport. Só 50.000km. Tel 684 214 079. Vendo xerseis feitos a man por encargo 10 euros, e bolsos de trapillo a 3 e 5 euros. Tel. 664 09 69 53. Vendo Seat Leon 1.6TDI 105cv. ano 2011. Llantas aluminio, climatizador, radio USB... , tel. 684 214 079. Véndese Volkswagen Golf4. Aire acondicionado, llantas aluminio... Tel. 684 214 079. Vendo Suzuki Vitara 2.0 HDI 90cv. con aire acondicionado, gancho remolque... ideal para caza ou pesca Tel. 684214079.
EMPREGO Ofrécese modista para particulares. Bo prezo. Calidade. Tel. 988 255 302. Desbrózanse fincas e fanse transportes e mudanzas, tel. 629 319 269. Moza busca traballo coidando persoas maiores, nenos ou realizando labores de limpeza no fogar. Tamén como coidadora de noite en hospital ou en casa particular. Ampla experiencia. Tel. 661 08 09 62. Ofrécese mozo responsable, meticuloso, ledo, para traballar en departamento administrativo ou como dependente. Ampla experiencia. Tel. 629 154 995. Señora de 48 anos ofrécese para traballar por horas, en limpeza na zona de Allariz. Tel. 652 783 897. Ofrécese señora mediana idade, galega, para as tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tlf: 659 129 142 Moi económico, fanse reparacións en fogar e negocios, carpintaría, persianas, mobles, etc. Tel. 656 782 460. Licenciada en Traducción e Interpretación dá clases de inglés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reducidos. Tel. 664 59 06 04. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Photoshop e deseño gráfico, clases particulares, todos os niveis, 20 anos de experiencia. Tel. 667 508 333. Piano e voz para eventos. Repertorio variado. Clases particulares de piano, solfeo e canto. Tlf. 663 733179 (WhatsApp), duopianovoz@gmail.com, Facebook Fanse desbroces con tractor e a man. Tel. 630 521 448
CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 55 anos. Prezo anticrise. Tel. 697 79 59 28.
Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo
988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309
Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)
988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222
BARRIOS Xu単o de 2015