17 de xuño de 2014 - Barrios

Page 1

Entrevista a dous dos fundadores do Club Pato Blanco VERÍN

Páx.2

VERÍN

Páx.3

XINZO

Páx.6

Oposición á supresión Adxudicada a Entrevista ao novo do partido xudicial construcción do Centro responsable de de Verín das Artes de Verín Protección Civil

Arrinca en Allariz a Festa do Boi

[páx. 22]

Unha saída do boi esta fin de semana en Allariz, dentro da festa declarada de interese turístico./B. LORENZO

COMARCA

Páx.8

Premio á Sostenibilidade para as Corcerizas

[páx. 16]

DEPORTES

Páx.17

A sorte dos penaltis foi esquiva co Verín na Copa Deputación

Novos obradoiros de emprego

[páx. 2]

A conselleira de Traballo, Beatriz Mato, cos alcaldes de Trasmiras, Emilio J. Pazos, e Sarreaus, Sindo Lamas./RAMSÉS

Número: 2 - Ano: IX - Xuño 2014 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Xuño de 2014

TEMA DO MES / VERÍN E COMARCA

Oposición á supresión do partido xudicial

EN BREVE

4 Cata da Guía Peñín na D.O. Dous catadores da Guía Peñín celebraron unha cata en Monterrei na que participaron un total de 43 viños, con representación da práctica totalidade das adegas inscritas na Denominación de Orixe. A mostra reuniu 25 viños brancos (17 da colleita de 2013 e 7 da colleita 2012) e 18 viños tintos (8 de 2013, 7 de 2012, 2 de 2011 e 1 de 2011). Os catadores salientaron o carácter balsámico, a súa gran mineralidade e a marcada influencia continental destes viños, aspectos diferenciadores que poden “favorecer o posicionamento das elaboracións tintas de Monterrei”.

4 Teatro para recadar alimentos Un mínimo de 600 euros en alimentos foi o recadado nas dúas representacións teatrais da obra ‘Cuñadas y juntas, ni difuntas’, organizadas pola Agrupación Entre Amigos, co apoio do Concello de Verín, a beneficio de Cáritas e Cruz Vermella. Aqueles que quixeron colaborar nesta iniciativa solidaria tiveron que adquirir previamente as entradas no supermercado Eroski a partir da compra dunha bolsa solidaria por un valor mínimo de tres euros. Para cada función realizáronse 100 entradas, que se esgotaron en poucas xornadas.

4 Presentado o libro ‘4 Estacións’ O Plan de Competitividade Turística “Puertas de Galicia vén de publicar o libro ‘4 Estacións’ que forma parte do proxecto “Castro Estacións Gastronómicas en Puertas de Galicia”. A obra recompila os recursos gastronómicos dos concellos das comarcas de Monterrei e Viana, así como receitas tradicionais e outras elaboradas nos obradoiros impartidos ao longo de todo o ano -catro receitas por estación-, nas que se empregan produtos de tempada elaborados con técnicas e presentación actuais.

4 O 12 de xuño houbo unha manifestación en Verín. Redacción

A conselleira de Traballo e Benestar cos alcaldes de Vilar de Barrio, Trasmiras, Sarreaus e Sandiás./RAMSÉS.

40 concellos voltarán ter obradoiros de emprego 4 A Consellería de Traballo destina 2,3 millóns de euros a esta iniciativa. Redacción A Consellería de Traballo e Benestar destinará un total de 2,3 millóns de euros a obradoiros de emprego que beneficiarán a 260 desempregados dun total de 40 concellos ourensáns. En concreto, estas iniciativas distribuiranse nas comarcas de Celanova, Viana, Verín, Valdeorras, A Limia e Ourense. Así o anunciou a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, na súa visita aos concellos da Gudiña, Sarreaus e Celanova, onde deu a coñecer a resolución desta orde de axudas. En concreto, concedeuse un obradoiro á Mancomunidade Intermunicipal Conso-Frieiras, composta polos concellos de A Gudiña, Riós e Vilariño de Conso. Neste caso, as especialidades nas que se formarán os beneficiarios serán xardinería e axuda a domicilio.Verín e Vilardevós compartirán outro proxecto, que ofertará formación en albanelería, carpintería e xardinería. Comarca da Limia Na súa visita a Sarreaus, a conselleira de Traballo adiantou que na comarca da Limia haberá un total de tres obradoiros de emprego. Así, Sarreaus,

xunto con Vilar de Barrio, Trasmiras e Sandiás, disporán dun proxecto centrado na axuda a domicilio, xardinería e albanelería. Pola súa banda, o obradoiro de Xinzo de Limia e Baltar formará aos participantes nas especialidades da albanelería e xardinería. Xa por último, Porqueira, Rairiz de Veiga, Calvos de Randín e Os Blancos compartirán un obradoiro de asistencia doméstica e xardinería. Celanova Para rematar o seu percorrido, Beatriz Mato visitou Celanova, onde resaltou que a comarca contará cun total de catro iniciativas mixtas de formación e emprego. O de Celanova desenvolverase en colaboración con Bande e Verea, e terá como temática principal a creación e xestión de viaxes combinadas e eventos, xestión de marketing e comunicación, creación e xestión de microempresas, e implantación e animación de espazos comerciais. Isto permitirá desenvolver a dinamización turística destes concellos a través do camiño de San Rosendo. Tamén disporá dun obradoiro de emprego a Mancomunidade intermunicipal de Celanova, na que ademais do propio concello de Celanova, participan as localidades de Gomesende, Car-

telle, A Merca, Ramirás, Pontedeva, Quintela de Leirado e Verea. Centrarase na atención xeriátrica e a asistencia doméstica. O obradoiro do Consorcio Local Río Arnoia –composto por A Merca, Cartelle e Ramirásofrecerá formación en albanelería, xardinería e viveirismo. Por último, tamén haberá un proxecto compartido por Padrenda, Pontedeva e Cortegada. Estará especializado en albanelería e xardinería. En cada un destes obradoiros, cada un cun orzamento de 180.000 euros, poderán participar 20 parados. No caso dos da Mancomunidade de Celanova e Consorcio Local Río Arnoia o orzamento amplíase a 185.000 euros e as prazas a 21. Mato salientou que os obradoiros de emprego ofrecen “múltiples vantaxes”: permite aos beneficiarios acceder a un posto de traballo, ofrécelles unha formación teórica e práctica de calidade, e permiten a realización de obras ou servizos de interese para a comunidade.

Cada obradoiro de emprego ofrecerá entre 20 e 21 prazas para persoas en paro

Ao igual que previamente en localidades como Xinzo ou Celanova, foron moitos os verineses que o pasado 12 de xuño saíron a manifestarse contra a supresión do partido xudicial nesta localidade de levarse adiante a reforma xudicial plantexada polo Goberno central. Previamente, a Mancomunidade de municipios aprobou unha moción, si-

milar a outra xa refrendada na Deputación, en defensa do mamentemento de todos os órganos xudiciais na provincia “porque a Xustiza ten que ser un ente cercano aos cidadáns , que solvente os seus problemas aos veciños e veciñas, e non lle cree outros que lle obligue a facer un sobrecoste engadido en ter que desprazarse á capital da provincia”, recordaba o alcalde de Verín e senador, Juan Manuel Jiménez.

Xunta e Concello de Vilardevós melloran a rúa Jacinto Santiago 4 Con 256.000 euros de investimento. Redacción O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asinou co alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, un convenio de colaboración para a realización das obras de mellora na rúa Jacinto Santiago, un eixo de comunicación fundamental para este municipio ourensán. Este proxecto conta cun investimento de preto de 256.000 euros, dos que a Xunta de Galicia achega o 92%, e o importe restante o Concello. O obxecto destas actuacións é o arranxo da rúa Jacinto Santiago, a principal conexión entre as estradas Verín-Souto-

chao e Vilardevós-Riós e cun marcado carácter comercial, fundamentalmente de servizos de hostalería e comercio. Os pavimentos actuais, realizados en distintas épocas, non permiten o drenaxe superficial, o que ocasiona acumulacións de augas en días chuviosos. O chan será substituído por outro de granito, similar ao existente non contorno, o casco histórico de Vilardevós. Por outra parte, debido á irregular distancia entre as dúas frontes de edificación, proxéctanse unhas beirarrúas de anchura variable. Proxéctase asemade a construción de sumidoiros, naqueles puntos baixos que se definan coas novas pendentes.

A secretaria xeral de Urbanismo, o alcalde de Vilardevós e o conselleiro de Medio Ambiente./CONCHI PAZ.


VERÍN E COMARCA

BARRIOS Xuño de 2014

Aprobada a adxudicación da construción do Centro Cultural e das Artes de Verín 4 Este proxecto conta cun orzamento de catro millóns de euros. Redacción O grupo de goberno do PP de Verín aprobou, en solitario e coa oposición de PSOE e BNG, a adxudicación das obras de construción do Centro Cultural e das Artes nun pleno extraordinario celebrado o 12 de xuño. O rexedor, Juan Manuel Jiménez Morán, xustificou a urxencia da convocatoria en que “o 5 de novembro de 2013 asinouse un Convenio de cooperación sociocultural entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Consellería de Cultura, a Axencia de Truismo de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Verín para a construcción dun Centro Cultural das Artes. Este convenio financia ao 100% as obras, pero antes do 15 de decembro de 2014 teñen que estar executadas por importe de 1.577.099,48 euros, polo que queda pouco tempo para executar estas cantidades, de aí a urxencia”. As obras do Centro Cultural e das Artes de Verín foron adxudicadas a Aldeasa Construcciones SA, por importe de 3.348.884 euros

A sede da Eurocidade Chaves-Verín, en Feces de Abaixo, acolleu as xornadas de cooperación transfronteiriza en materia de emerxencias./CdV.

eurocidade

Parte do grupo de goberno e da oposición nun pleno en Verín./ARQUIVO. máis 850.994 en melloras. Durante a súa intervención, o alcalde recordou que “non entendo que ao grupo nacionalista lle moleste que se faga un auditorio porque pasaron outros gobernos e non o fixeron”. Xustificación do gasto En canto ás queixas da oposición pola premura deste asunto fronte a outras necesidades do municipio, Jiménez Morán insistiu en que “o PP prioriza o gasto pero se recibimos fondos para cultura, ímolos coller”. Sobre o comité de expertos, o alcalde lembrou

que “un dos integrantes foi contratado polo grupo socialista para redactar o PXOM de Verín, o outro era o arquitecto municipal, e tamén estaba o redactor do proxecto, quen gañou un concurso entre 54 presentados, e é quen mellor coñece o proxecto, así que sexan serios”, recordou Jiménez Morán.

Antes do 15 de decembro de 2014 deben estar executadas parte das obras

Apostan por nomear un único coordinador de emerxencias a nivel ibérico 4 Conclusións das xornadas de cooperación transfronteiriza en materia de emerxencias. Redacción Máis de 50 participantes procedentes de Galicia, Castela-León e Norte de Portugal participaron nas xornadas “Cooperación transfronteiriza en materia de emerxencias: colaboración e coordinación entre os organismos intervinientes”, celebradas na sede da Eurocidade. Ao longo de tres días, técnicos dos servizos contraincedios, dun e outro lado

da fronteira, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, da Dirección Xeral de Tráfico, do Sergas e da Axencia Galega de Emerxencias ofertaron unha completa análise da cooperación transfronteiriza. Proposta dun coordinador único “No XXVII Cumio Ibérico celebrado (o 4 de xuño), por primeira vez na historia na Eurocidade, pecháronse

importantes acordos que inciden directamente nas poboacións fronteirizas, e entre eles acordouse a revisión do protocolo adicional en materia da loita contra incendios forestais co obxecto de estendelo a outras operacións de protección e socorro necesarias para obter unha mellor resposta ante situacións de catástrofe evitando duplicidades e descoordinacións”, indicou o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, no transcurso destas xornadas. “Este acordo optimizará de forma evidente a coordinación de servizos dos dous países, aínda que seguiremos a insistir na liña que nos propuxemos con outras organizacións de fronteira para que se nomee un coordinador de emerxencias a nivel ibérico que teña autoridade ante unha catástrofe e poida enviar efectivos ao territorio veciño seguindo un esquema que está a funcionar moi ben como é o das comisarías conxuntas”.


BARRIOS Xuño de 2014

PUBLICIDADE

PROXECTO PLANIFICA EL INICIO DE NUEVOS GRUPOS PARA LA PREPARACIÓN DE DIVERSOS PROCESOS SELECTIVOS Cierto, destacamos tamHablamos con Francisco y Guardia Civil. Es una fórJosé Gómez, director de mula novedosa adaptada a los bién nuestras clases de apoyo para Primaria, E.S.O. y Academia Proxecto. tiempos que corren. Como director de AcaTambién hemos senta- Bachiller, con la posibilidad demia Proxecto, si alguien do las bases para tener todo para cualquier alumno de decide preparar oposicio- listo para iniciar con garan- preparar de forma individuanes en su centro ¿con qué tías después del verano, en lizada exámenes concretos y oferta se puede encontrar? Septiembre, la preparación puntuales de cualquier maYa desde comienzo de cur- al cuerpo de Ayudante de teria, en las cuales abrimos so, tenemos varios grupos Instituciones Penitenciarias grupos para el verano, preabiertos, como los relacio- para la oferta de empleo del paración de las pruebas del nados con las especialidades 2015, con una metodología Celga, pruebas de acceso a los ciclos medios y de Magisterio ALUMNOS DE NUESTRO CENTRO HAN superiores, prepacon vistas a la CONSEGUIDO EN EL PRIMER EJERCICIO ración de pruebas oferta del año de competencias DE LAS OPOSICIONES AL CUERPO DE 2015, que se espera que sea GESTIÓN PROCESAL Y ADMINISTRATIVA clave niveles 2 y 3 o los cursos de importante en (JUSTICIA) LOS Nº 2, Nº 5, Nº 9 Y Nº 29 certificados de relación a la EN EL ÁMBITO DE MADRID O EL Nº 31 Y profesionalidad de estos últiEL Nº 59 EN EL ÁMBITO DE CATALUÑA como el que emmos años, o las pezamos ahora oposiciones al mismo: Creación y cuerpo de Justicia en de preparación innovadora, su rama de Gestión Procesal que completa nuestra forma gestión de empresas y nuesy Administrativa, que está en de enfocar estas oposiciones tras clases individualizadas su recta final actualmente. y que estamos seguros re- de Informática desde niños En las próximas sema- sultará para los alumnos de a adultos. Has hablado de una prenas, abriremos grupos nue- nuestro centro un plus en su paración novedosa para vos para la preparación de preparación. oposiciones a Policía Local Pero, ¿vuestra oferta de las oposiciones de Policía en sus diferentes ámbitos preparación no se centra Local ¿puedes concretarde convocatorias, conjunta- exclusivamente en la prepa- me algo más? Un alumno que acuda a mente con Policía Nacional ración de Oposiciones?

Francisco José Gómez, director de Academia Proxecto.

OFERTA PREPARACIÓN OPOSICIONES 2014 – 2015 EN ACADEMIA PROXECTO: MAGISTERIO, JUSTICIA, PENITENCIARIAS, POLICIA NACIONAL, POLICIA LOCAL Y GUARDIA CIVIL nuestro centro tendrá la posibilidad de preparar de manera conjunta, las pruebas de acceso a Policía Local, Policía Nacional y Guardia Civil, de manera que preparando una oposición tendrá la opción de presentarse a las tres, con lo cual amplía su abanico de posibilidades.

Esto es posible, gracias por una parte, a una estructuración piramidal en la forma de preparación, de manera que si decides preparar la que implica mayor esfuerzo por sus pruebas, puedas ir con éxito a las otras dos oposiciones o a una o simplemente a la que el alumno decida prepararse.

Se trata de una preparación integral, con profesores especialistas para cada rama y cada oposición con un temario propio, con una preparación personalizada y con seguimiento individual en el apartado de pruebas físicas. Y todo ello por el mismo precio para el alumno. ¿Cuál es el elemento diferenciador de Academia Proxecto? Realmente no podría citar solo uno, la lista sería bastante extensa: • Calidad, en el profesorado, temarios, simulacros de examen, test de autoevaluación... • Profesionalidad, no solo en oposiciones, también en las Clases de Apoyo al Estudio donde, por citar un ejemplo, trabajamos con grupos muy reducidos y homogéneos de alumnos, donde no se “mezclan” ni edades ni materias… • Trato personal y adaptación máxima a las necesidades del alumno (horarios, precios...)


VERÍN E COMARCA

O IES García Barbón celebra a VII edición do Premio de Blogs O instituto de Verín presenta o Proxecto Pipe 2014 - Proxecto Internet Para EstudantesO Departamento de Orientación do IES García Barbón vén de organizar a VII edición do Premio de blogs escolares “Barbón Blog” para o alumnado da materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación de 1º de Bacharelato. O uso habitual do blog na aula permite potenciar as habilidades dixitais e lingüísticas do alumnado e motivalos para favorecer a capacidade de aprender a aprender dunha maneira cada vez máis autónoma. O acto de entrega de premios tivo lugar no salón de actos do IES García Barbón o día 2 de xuño. Proxecto Pipe Complementariamente, presentouse o Proxecto

Pipe 2014 - Proxecto Internet para Estudantes-, que procura unha aproximación aos mellores recursos de internet para aprender.

Están dispoñibles na web: http://garciabarbonverin. blogspot.com.es/2014/05/ proxecto-internet-para-estudantes-pipe.html

4 Premiados 1.- VIVIANA ANES AFONSO http://anesvivi.blogspot.com.es/ Premio: Tableta dixital 2.- SAÚL OTERO GARCÍA http://ticdevolta.blogspot.com.es/ Premio: Tableta dixital 3.- CRISTIAN VIVIÁN FERNÁNDEZ http://cristianvivian.blogspot.com.es/ Premio: Tableta dixital 4.- JOSÉ ÁNGEL PENÍN GONZÁLEZ http://maisquetics.blogspot.com.es/ Memoria USB de 32 XB 5.- BRAIAN MACHADO DOMÍNGUEZ http://braianbarbon.blogspot.com.es/ Memoria USB de 16XB 6.- ROGELIO GARCÍA LOSADA http://rogeliogarcialosada.blogspot.com.es/ Memoria USB de 8 XB

Premiados no concurso de blogs escolares.

BARRIOS Xuño de 2014

EN BREVE

4 Continúa a ‘Sabedoría dos Recordos’ A‘Sabedoría dos Recordos’ continuará na súa segunda edición, ao longo dos meses de xuño e xullo, nas poboacións verinesas de Mandín e Tamagos. Esta iniciativa municipal ten por obxecto que os veciños asistentes plasmen as lembranzas das tradicións, costumes, sabedoría popular, ao mesmo tempo que participan activamente na realización de actuacións que serán recollidas de maneira gráfica. As mesmas permitirán, ademais de fomentar o aprendizaxe e socialización entre os participantes, a recompilación dos saberes para a súa transmisión ás xeracións futuras.

4 Fin de curso de ‘Kero-Kolo’ O martes 17 de xuño, os programas ‘Kero-Kolo’ e ‘Kero-Kedar’ vivirán a súa festa de fin de curso. Actividades lúdicas e deportivas para cativos e proxenitores servirán para clausurar a segunda e primeira edición respectivamente desta iniciativa do Departamento de Educación Familiar de Verín. A celebración terá lugar desde ás 17 horas na área recreativa de Tintores O prazo de inscrición para a vindeira edición dos programas xa está aberto.

4 Arranca a Ludoteca de Verán

O Departamento de Mantemento Industrial do IES García Barbón rematou a construción de tres banquiños que xa se atopan nas instalacións deportivas do Concello de Verín.

4 Prazos de matrícula

O IES García Barbón informa da apertura de matrícula nos estudos de Bacharelato. Do 25 de xuño ao 10 de xullo poderá matricularse o alumnado aprobado na convocatoria de xuño, mentres que aqueles que aproben na convocatoria de setembro terán de prazo do 1 ao 10 dese mes. Nas ensinanzas de Formación Profesional non están aínda pechadas as datas oficiais, pero os prazos orientativos para solicitar praza quedarían entre finais de xuño e principios de xullo.

A partir do 23 de xuño, máis dun cento de menores de entre 3 e 12 anos participarán nunha nova edición do servizo de conciliación e coeducación “Convive en igualdade” (Ludoteca de Verán - Campamento Urbano), organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil de Verín. Ata o 9 de setembro, os colexios Amaro Refoxo e Princesa de España, a Casa da Xuventude e a Casa da Cultura acollerán as actividades deste campamento, desde cine a contacontos pasando por obradoiros, xogos, rutas de sendeirismo, visitas ou acampadas, entre outras.


BARRIOS Xuño de 2014

EN BREVE

4 Denuncian ao alcalde de Calvos de Randín O alcalde socialista de Calvos de Randín, Aquilino Valencia, foi denunciado por unha veciña diante da Garda Civil, por negarse a darlle entrada a un escrito de recurso porque o rexedor lles dera de baixa a ela e aos seus pais do Padrón Municipal, a pesar de estar residindo no municipio. Unha vintena de veciños atópanse na mesma situación, segundo alerta o PP desta localidade, quen acusa ao rexedor de facer “limpeza étnica” e persecución política utilizando o padrón municipal. Os populares xa presentaran en xaneiro un escrito na Delegación Provincial de Estatística reclamando que se supervisase as actuacións do alcalde.

4 Mercado solidario O 5 de xullo organízase na praza Otero Pedrayo de Xinzo un mercado solidario a favor do centro ocupacional Limisi. Instalarase un posto no que se venderán produtos de segunda man e de outlet, incluíndo artigos novos de fóra de tempada doados por algunhas tendas da vila. Poranse á venda todo tipo de produtos como electrodomésticos, mobles, libros, xoguetes ou menaxe de cociña. A charanga XL, os grupos Vai de Vagar e Lirolaio, os gaiteiros da contorna e as bandas de gaitas dos Blancos e de Lamas animarán musicalmente a xornada. O mercado estará instalado de 11:30 a 20:30 horas.

4 Mostra itinerante Tras pasar pola Casa da Cultura de Xinzo, a mostra itinerante ‘51 páxinas das noas letras’, recala a partir deste martes 17 e ata o 25 de xuño na Sala de Exposicións de Verín. A mostra está formada polas Medallas das Letras Galegas, así como polas biografías e as principais obras dos autores homenaxeados co Día das Letras Galegas.

XINZO E COMARCA

entrevista a jesús rivas, novo responsable de protección civil de xinzo:

“Estamos para o que se nos precise”

4 11 voluntarios fan funcionar a agrupación limiá de Protección Civil. P.L. A finais de maio entraba unha nova directiva en Protección Civil de Xinzo, con Jesús Rivas Román á cabeza. Falamos con el para que nos explicara os seus obxectivos á fronte deste departamento. Cal é a túa traxectoria en Protección Civil? Jesús Rivas: “Levo bastantes anos en Protección Civil, empecei en Xinzo e despois estiven de responsable na agrupación do Concello dos Blancos, conseguíndolle o Sapraga para a praia fluvial de Nocedo de Ribeira, despois regresei a Xinzo baixo as ordes de Rafa (Vázquez, o anterior director), ao cal lle estou moi agradecido e teño que darlle as grazas polo que loitou e conseguiu para a agrupación de Xinzo”. Cantas persoas forman parte da agrupación na actualidade? Tedes pensado facer algunha campaña de captación de voluntarios? X.R.: “Na actualidade somos sobre uns 11 voluntarios e apuntáronse dous máis, e o máis curioso, temos voluntarios doutros concellos que teñen protección civil. As perspectivas son boas, teremos moi pronto o curso base de protección civil e un de primeiros auxilios para todo as persoas que desexen asistir e formar parte da agrupación, e así fortaleceremos a agrupación dándolle un novo impulso que nos faga estar presentes nos eventos sociais e en cada emerxencia que poida suceder e nos precisen. Non temos ningún traballador do Concello, son todos voluntarios e sen ningún beneficio económico, o único beneficio que temos é o agradecemento das persoas ás que se lle axuda e a satisfacción que ves no rostro

O tenente de alcalde Manuel Cabas recibiu ao novo responsable de Protección Civil de Xinzo de Limia, Jesus Rivas Román.

“O único beneficio que temos é o agradecemento das persoas ás que se lle axuda e a satisfacción que ves no rostro dalgunhas ao socorrelas” dalgunhas persoas ao socorrelas, apoiándoos en todo momento, como puiden experimentar nos accidentes de tráfico que levamos asistido”. Na nota enviada aos medios polo Concello fálase de que iniciaredes unha campañ de formación técnica, que tedes previsto? X.R.: “Coma xa comentei antes, temos previsto o curso básico de Protección Civil e un de primeiros auxilios para todo o mundo que desexe participar. Estamos a pensar noutros que se irán comunicando, destinados a fomentar a seguridade e como actuar en calquera emerxencia, así como cursos máis específicos para o voluntariado para aumentar a súa capacidade de reacción ante diferentes situacións que nos poidan xurdir”. Onde está situada a vosa sede? X.R.: “A sede está no edificio do multicentro primeira planta e estamos a disposición de todos os veciños de Xinzo e da súa comarca no teléfono 629 47 08 12 ou se non se acordan no 112 as 24 horas do día e

os 365 días do ano”. Con que medios materiais contades? X.R.: “Á parte da indumentaria, medios de comunicación, algún medio sanitario, un pouco de todo, pero fáltanos moito, e si, temos vehículo oficial”. Como Protección Civil cales son as vosas tarefas? Cales son as máis habituais? X.R.: “Os nosos traballos son varios de axuda na estrada, chamadas do 112, colaboración con asociacións culturais, deportivas, coa Policía Local de Xinzo, co Concello de Xinzo e sobre todo axuda aos veciños e veciñas de Xinzo e da súa comarca. Como podes ver estamos para o que so nos precise. Desde o 23 de maio que foi a miña primeira saída como responsable da agrupación por unha chamada do 112 dun can na autovía até a data levamos unhas 25 saídas”. Queres deixar algunha mensaxe aos lectores? X.R.: “Agradezo a Barrios o seu interese por Protección Civil de Xinzo e agradezo ademais da opor-

tunidade que se me dá para porme a disposición de todas as persoas que precisen de nós así como os que queiran dar parte do seu tempo e do seu traballo á comunidade onde viven e poder conseguir unha contorna máis segura e saudable. Non me podo esquecer dos voluntarios que sen eles isto non funcionaria, sendo eles a alma, os alicerces do grupo que co seu traballo solidario, desinteresado, son os que fortalecen a agrupación. E por último agradecer ao alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, polo apoio e colaboración que nos deu desde o primeiro momento, ofrecéndonos todo o necesario para un bo funcionamento da agrupación, como tamén aos distintos concelleiros e ás distintas persoas que representan a distintas asociacións ofrecendo a nosa colaboración. E en especial ao concelleiro de Servizos Sociais, Manuel Cabas, pois o empeño, entusiasmo que nos proporciona é un dos alicerces da agrupación”.

Crítica ao prazo de devolución do Plan de Axuste de Xinzo Redacción

Elvira Lama, portavoz do Grupo Municipal socialista, critica a fórmula elexida polo goberno local de Xinzo para devolver os fondos do Plan de Axuste “por considerar que é a mais lesiva para os veciños”. O Concello optou por solicitar 20 anos, na vez de 10, para devolver os cartos prestados -máis os intereses xerados- polo Goberno central para o pago de facturas, aos que haberá que sumar os intereses xerados. Facturas, recorda Lama, “orixinadas na súa meirande parte nos anos 2010-2011 e seguintes, froito dunha mesma política, facer obras sen cartos e non pagar os servizos prestados”. Segundo os socialistas, facer fronte a este Plan de Axuste vai impedir realizar obras de máis de 350.000 euros, “de forma que seguiremos no furgón de cola das vilas da provincia en materia de inversión e renovación de infraestruturas”, valora Elvira Lama. En conclusión, desde o grupo socialista consideran que o Concello de Xinzo vive “unha situación insostible para as asfixiadas arcas municipais, que cunha débeda que se incrementa mes a mes por falta de ingresos, pago de sentencias e retención das aportacións estatais por non entregar as Contas en tempo e forma impedindo acceder a calquera subvención de outras administracións, fai imposible ata o pago de nóminas os traballadores”. “Se o anterior alcade encadeaba o Concello coa concesionaria de Augas ata o 2036 , Antonio Pérez deixa como legado, outra cadea ata o 2032 co Ministerio de Facenda. Estes si que son os bos gobernantes” lamenta Elvira Lama.

O PSOE considera “insostible” a situación das arcas municipais


PUBLICIDADE

BARRIOS Xu単o de 2014


BARRIOS Xuño de 2014

Entregados os títulos da parcelaria dos Blancos Redacción O director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, entregaron os títulos de concentración parcelaria da zona dos Blanco. O director xeral destacou a importancia de que as fincas se traballen, non só para un beneficio económico senón tamén pola prevención de incendios. Así mesmo sinalou que grazas ao Banco de Terras de Galicia, os particulares poden poñer en valor as súas terras, garantindo a seguridade da propiedade e -no caso de ser arrendada- o cobro dos prezos de referencia da renda, así como a devolución das fincas en bo uso agrario. Con este acto ponse fin á reorganización da propiedade en 1.336 hectáreas pertencentes a 1.130 propietarios, permitindo así modernizar as explotacións agrícola, mellorar as vías de comunicación e de acceso a novas fincas, axudar a previr os incendios e aumentar o valor da base territorial. Coa entrega destes títulos culmínase o proceso de concentración parcelaria iniciado no ano 1990 e que posibilitou reducir as 14.392 parcelas existentes inicialmente, e dedicadas principalmente a horta, a tan só 2.642 fincas. Os traballos realizados na zona concentrada supuxeron un investimento de 3,4 millóns de euros.

XINZO E COMARCA

As Corcerizas recibe o premio internacional do Fondo de Sostenibilidade 4 Outorgado por Hostelling International da man da Rede Española de Albergues Xuvenís. Redacción Amigos da Terra recibiu, pola “illa enerxética” das Corcerizas, o premio internacional do Fondo de Sostenibilidade outorgado por Hostelling International da man da Rede Española de Albergues Xuvenís. A traxectoria das Corcerizas avanzando cara a un centro autosuficiente e ecolóxico foi clave á hora de lograr o recoñecemento internacional que confire este premio; o proxecto viuse como un exemplo de conservación do medio ambiente e de mellora do patrimonio natural mediante a redución das emisións de carbono. As Corcerizas estaba moi preto de ser unha illa enerxética renovable. Xa contaba con paneis solares, unha pequena insta-

lación hidroeléctrica, unha caldeira de biomasa e edificios baseados en criterios de bioconstrución. Agora con este fondo (24.800 libras de dotación económica do premio), logrou o seu obxectivo transformándose nunha illa enerxética 100% renovable. A finais de marzo terminou de instalarse un aeroxenerador que complementa o mix enerxético renovable do centro. Grazas ao premio, construíronse muros radiantes de barro cru como sistemas de calefacción, co que se puido continuar e mellorar a bioconstrución dos edificios. As Corcerizas, é un centro de educación ambiental integrado en plena natureza da Serra de San Mamede. Trátase dun proxecto transformador creado co reto de demostrar a viabilidade e

importancia de poñer en práctica un proxecto educativo cun equipamento en total coherencia socioambiental. O acto de entrega do galardón, protagonizado por Víctor Barro, presidente de Amigos da Terra, Sergio Montoya, xerente da Rede Española de Albergues Xuvenís, Paula Vidal, directora das Corcerizas, contou co respaldo do presidente da Deputación, Manuel Baltar, así como do director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro.

Recoñece a súa traxectoria avanzando cara a un centro autosuficiente e ecolóxico

Entrega do premio de sostenibilidade aos responsables das Corcerizas,./BRAIS PALMÁS.

Julio Pérez, reelixido presidente local do PP de Vilar de Barrio 4 Promete traballar na mellora da calidade de vida dos veciños. Redacción Julio Pérez Carballo foi reelixido co 100% dos votos dos compromisarios, presidente local do PP de Vilar de Barrio. A súa reelección tivo lugar o pasado 11 de xuño nun acto na biblioteca municipal no que o presidente local electo -e actual alcalde de Vilar de Barriomanifestou que traballará a prol da mellora das infraestruturas locais, do impulso ás potencialidades de Vilar de Barrio e do

apoio ás familias e persoas maiores. “A nosa máxima prioridade é asentar poboación en Vilar de Barrio e traballar a prol da mellora na calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”, dixo Julio Pérez Carballo, sen esquecer que a “as familias, e sobre todo as persoas maiores do municipio que viven soas precisan dun maior esforzo nas políticas sociais. E por eso creemos firmemente na cooperación entre administracións para apuntalar os servizos esenciais que precisamos”.

Autorizan a ampliación do cemiterio de Maus 4 Para a construción de 58 novos nichos. Redacción A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, vén de autorizar a ampliación do cemiterio parroquial de San Pedro de Maus, no concello de Vilar de Barrio. A actuación para a que se solicita a autorización consiste na construción de 58 nichos novos, dos cales 9 son elevados e 49 soterrados, e na ordenación do espazo de 13 nichos existentes.

A parcela na que se pretende implantar o uso ten unha superficie de 79.250 metros cadrados, e deberanse respectar as características tipolóxicas, estéticas e construtivas e os materiais, cores e acabados das edificacións, e ao mesmo tempo serán acordes coa paisaxe rural e coas construcións tradicionais do contorno. O planeamento vixente en Vilar de Barrio data de xuño de 2009.

Tamén se reordernará o espazo de 13 nichos existentes


PUBLICIDADE

BARRIOS Xu単o de 2014


10

BARRIOS Xuño de 2014

ALLARIZ E COMARCA

Adxudican o asfaltado da pista entre Peñaflor e Gimarás

EN BREVE

4 Pon a cheminea a funcionar O grupo de desenvolvemento rural Avinza GDR15 vén de abrir o prazo para participar no concurso “Pon a cheminea a funcionar”, o primeiro premio fotográfico e de curtas. O obxecto deste concurso é recoller da man de fotografías e curtas os “saberes” locais do territorio Avinza, que abrangue os concellos de Taboadela, Vilar de Santos, Allariz, Rairiz de Veiga, Paderne de Allariz, A Bola, Xunqueira de Espadañedo, Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas. Aceptarase material ata o 15 de xullo, que teña que ver coa cultura material e inmaterial (oral, gastronomía, oficios, rituais, labouras...) que aínda se mantén viva. O concurso premiará, con 300 euros, ao mellor material gráfico e á mellor transferencia de saberes.

4GES para Maceda O grupo do PP de Maceda reprocha ao alcalde da localidade, Xabier Oviedo, a súa actuación con respecto á solicitude dun GES (Grupo de Emerxencia Supramunicipal). O voceiro popular, Manuel Blanco, critica que tras deixar pasar o prazo para solicitalo, agora “decide que 12 persoas no GES son excesivas e só pide seis, co efecto que isto ten no emprego da comarca, seis postos de traballo durante dous anos e medio aos que o Concello renuncia”.

4 Iniciación á apicultura A Asociación Galega de Apicultura (AGA) organiza os vindeiros días 20, 21 e 22 de xuño, no Concello de Maceda, un curso de iniciación a esta actividade baseada na crianza de abellas para a produción de mel. Esta actividade será de balde para os socios de AGA e terá un custo de 40 euros para aqueles que non o son. [+ info en aga@queixoemel.org ou 981 508 142]

4 Á empresa Carreira Bella por 55.000 euros. Redacción

O concelleiro de Medio Ambiente, o propietario da explotación e o alcalde de Allariz, cos catro exemplares de boi en Coedo./P.LODEIRO.

Hostaleiros de Allariz comercializarán carne de catro bois criados na zona 4 As Xornadas de Degustación celebraranse no mes de outubro. Paula Lodeiro O Concello de Allariz presentou, cunha visita á explotación de bois O Rego de Coedo, unha nova edición das Xornadas de Degustación de Carne de Boi de Allariz. Por terceiro ano consecutivo, hostaleiros da localidade promocionarán este produto gastronómico, non só durante as xornadas, que se celebrarán no mes de outubro, senón durante todo o verán. “Este mes sacrificarase un animal para que a partir de finais de xullo poidamos ter carne de boi de Allariz en comercialización e irán sacrificando escalonadamente o resto dos animais ata que cheguemos ao mes de outubro, no que sacrificaremos o último dos bois, para ir a un formato similar ao do ano pasado, que consideramos moi exitoso”, apuntaba o rexedor alaricano, Francisco García. “Pucho” é o primeiro dos catro exemplares que pasará polo matadoiro. Nacido no Courel e de raza vianesa, este boi de cinco anos viviu os seus últimos dous anos pastando nos montes de Coedo,

alimentándose cunha “dieta natural complementada con fariña de millo para o seu engorde”, explicaba Lois González, titular da explotación O Rego. Rondará os 450, 500 quilos en canal, peso similar aos seus tres compañeiros das razas limiá e vianesa. Catro anos de proxecto Foi en 2011 cando o Concello de Allariz asinou un convenio coa Comunidade de Montes en Mancomún de Penamá para poñer en valor, a través da súa comercialización, a carne de boi de Allariz. “Temos unha magnífica festa do boi, que a nivel promocional é o mellor escaparate que pode ter a carne do boi, temos no noso territorio superficie abandonada para criar bois e temos unha magnífica hostalería na que degustar esa carne de boi”, recordaba García os ingredientes que fixeron que o proxecto de comercialización de carne de boi sexa, hoxe en día, unha realidade. A comunidade de montes de Penamá e a explotación O Rego levan catro anos traballando na cría de boi de Allariz o que permite, dende hai tres anos, a

Dende finais de xullo comezará a venda desta carne para aproveitar para promocionar este produto entre os visitantes propios do verán

comercialización da súa carne e a organización novamente dunhas xornadas de degustación, que na súa edición do ano pasado comercializaron 1.400 quilos de carne de boi criados na localidade. “O ano pasado foi un éxito extraordinario, (a carne) agotouse practicamente no segundo día”, recordaba Francisco García. “Hai un público amante desta gastronomía, é un produto de calidade, exclusivo, congrega a moitos interesados na súa degustación, tanto na comercialización ordinaria, desde finais de xullo polo circuito comercial a través da venda directa desde a explotación á hostalería ou desde o Rexo a particulares, e coa participación concentrada nesa fin de semana de outubro”, valoraba o alcalde. Primeira vez que corren exemplares nacidos en Penamá Este ano por primeira vez participarán na Festa do Boi algúns exemplares xa nacidos en Penamá. “Vai ser a primeira vez que temos ocasión de correr na festa do boi os que naceron en 2010, que serán os que o ano que vén pasarán a seren cebados para degustar no 2015”, remataba o rexedor nacionalista.

O Concello de Allariz vén de adxudicar a obra de asfaltado con dous regos na pista entre Peñaflor e Gimarás, completando, así, as obras que se fixeran con anterioridade na estrada que une Gimarás con Piñeira de Arcos. A adxudicataria foi a empresa Carreira Bella por importe de 55.154 euros. Esta obra correspóndese á execución do Plan Marco de Infraestruturas, realizado con fondos AGADER, e permitirá a mellora da devandita vía de comunicación, continuando, así, co plan de mellora da rede viaria que o Concello de Allariz acomete anualmente. Outras melloras Así mesmo, o Conce-

llo está a levar a cabo, con fondos propios, a segunda intervención de parcheo e mellora da rede viaria municipal e a extensión da rede de auga dende Turzás ata Casas Novas e Santo Estevo. Estas dúas últimas localidades tiñan, ata agora, abastecemento a través de pozo de barrena e esta “xeraba problemas de abastecemento”, segundo explicaba o rexedor municipal. Para mellorar o servizo optouse pola extensión da vía de abastecemento municipal e así “asegurar o servizo”. A obra supón un gasto de 40.000 euros.

Tamén se está a mellorar o abastecemento dende Turzás a Casas Novas e Santo Estevo

A parroquia de Costa, en Maceda, colocou unha cruz de 3 metros 4 Foi instalada para substituir a unha xa existente fai décadas. Redacción O domingo 1 de xuño os fregueses da Costa, municipio de Maceda, acompañados do seu párroco, acudiron ao taller dun dos veciños do pobo a recoller a cruz, elaborada en madeira, de 3 metros de alto e 300 quilos de peso, que fixeron eles mesmos para situar en Cruz Grande, un lugar alto do pobo a onde se dirixían tradicionalmente coas procesións populares e desde onde se adoitaban bendicir os campos. Os veciños anciáns do lugar lembran que alí estaba situada unha gran

cruz que co tempo se foi deteriorando e desapareceu. Despois de recollela no taller, os veciños levárona en procesión até a igrexa, onde foi bendicida no transcurso da Celebración Eucarística, para, a continuación, ir en procesión até Cruz Grande e deixala colocada. No momento de enterrar a base da cruz, deixaron tamén enterrado un xornal dese día, e o nome dos veciños máis ancián e máis novo da parroquia.

Ao lugar da Cruz Grande os veciños dirixíanse coas procesións


ALLARIZ E COMARCA / CELANOVA E COMARCA

BARRIOS Xuño de 2014

11

O V Festival de Xardíns estará aberto ata novembro 4 Agárdanse uns 40.000 visitantes. Redacción Dez xardíns efémeros entran este ano a concurso na quinta edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, cuxa apertura tivo lugar o pasado 24 de maio e que permanecerá aberto ata o mes de novembro. Autores españois e outros chegados dende Francia, Austria, Italia e Corea foron os artífices desta selección, escollidos entre as preto de 50 propostas recibidas para a quinta edición do festival. O xardín gañador de 2013, Pensasueños, de Manuel Richart e un xardín elaborado polo CEIP Padre Feijoo completan, fóra de concurso, a oferta deste ano. Amais dos escolares do colexio da localidade, a participación social neste festival estendeuse aos usuarios

do Fogar dos Maiores de Allariz, que colaboraron na decoración das fontes situadas na entrada do festival. Inauguración A inauguración contou coa presenza dos creadores de oito dos xardíns, así como con prensa especializada e empresas dedicadas á xardinería e ao paisaxismo, o que demostra que o festival se vai consolidando como referente non só entre os visitantes, senón entre os profesionais do sector. O alcalde de Allariz, Francisco García, destacou durante a súa intervención, que esta actividade supón un grande esforzo para o concello pero amosa que a aposta realizada polo paisaxismo proporcionou un gran retorno a Allariz, atraendo beneficios ambien-

tais, de participación social e económicos, a través do crecente número de turistas que visitan a localidade para coñecelo. Outras novidades A programación para 2014 inclúe interesantes novidades, entre os meses de maio a outubro, como actuacións musicais, demostracións de maquinaria, charlas de xardinería para os visitantes e encontros con blogueiros sobre xardíns.

O festival inclúe dez xardíns a concurso, así como o gañador do ano pasado e outro do CEIP Padre Feijoo

Xunta Local de Seguridade celebrada en Celanova e presidida polo rexedor municipal, José Luis Ferro, e o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro.

As infraccións penais diminúen en Celanova e Allariz nos catro primeiros meses de 2014 4 Non obstante, en Allariz incrementáronse as infraccións administrativas. Redacción Os Concellos de Celanova e Allariz veñen de acoller unha reunión das súas respectivas Xuntas Locais de Seguridade, copresididas polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e os alcaldes de ambos municipios, José Luís Ferro e Francisco García, e nas que participaron membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local. En ambas reunións analizáronse os datos relativos á delincuencia na zona durante o ano 2013 e de xaneiro a marzo de 2014, e que expresan, en

ambos Concellos, unha tendencia constante á baixa nas infraccións penais. Ademais, en ambas zonas os índices de esclarecemento de delitos e faltas e o de detencións experimenta unha notable subida. Non obstante, en Allariz detectouse un pequeno incremento das infraccións administrativas. Traballo constante O subdelegado do Goberno, Roberto Castro, loubou en ambas xuntanzas o traballo desenvolvido polas Forzas e Corpos de Seguridade, e valorou “o enorme labor de investigación e preventivo do equipo ROCA da Garda Civil”, que segue

O GDR 15 asesorará á hostalería

4 Para que contribúa na promoción da zona. Redacción O Grupo de Desenvolvemento Rural Avinza GDR 15 organiza no mes de xullo un curso de asesoramento personalizado e gratuíto dirixido á hostalería. A iniciativa enmárcase no proxecto Geopueblos, financiado polo Ministe-

rio de Agricultura, que nace co obxectivo de fomentar o coñecemento do territorio, neste caso dos dez concellos ourensáns que compoñen o GDR15 (A Bola, Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Taboadela, Paderne de Allariz, Rairiz de Veiga, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo e Vilar de Santos), a través

a manter a diario un permanente contacto cos representantes do tecido agrario e gandeiro da provincia. Así mesmo, Castro insistíu na importancia de non baixar a garda, “o descenso nas estadísticas delictivas non debe ser condición para o acomodo. Debemos seguir incidindo na constancia do traballo realizado como ata o de agora para que os niveis de delincuencia siga a debilitarse incesantemente”.

O esclarecemento de delitos e faltas experimentou unha notable subida dunha plataforma interactiva na que aparecen xeolocalizados e unha breve descrición do patrimonio, hostalería, hospedaxes, etc. E precisamente para dar a coñecer o manexo desta plataforma, o GDR 15 organiza este curso, que contará asemade cunha parte de análise e asesoramento personalizado e confidencial (tipo de cliente, trato ao público, xestión de stock, atracción de nova clientela...) co obxectivo de que, ao rematar o mesmo, poidan ofertar un mellor servizo. A inscrición estará aberta até o 28 de xuño. [+ info no 988 44 25 35]


12

BARRIOS Xuño de 2014

EN BREVE

4 Novos cursos na Aula CeMIT O Concello de Celanov, volve pór a disposición de todos os cidadáns a aula municipal de informática (Aula CeMIT) situada no Parque das Triguerizas, en horario de 10 a 13 e de 16 a 20 horas, de luns a venres, con novos cursos de formación, seminarios, video conferencias, así como, o uso libre e gratuíto da mesma en horario libre de cursos. Así mesmo, da man do Voluntariado Dixital, durante as tardes do xoves e venres dos meses xuño e xullo, o centro acollerá unha actividade formativa composta por catro módulos independentes, “Inserción laboral e recrutamento 2.0”, “Estratexias de comunicación 2.0”, “Innovación social” e “Coaching para a transformación social”.

4 Solicitan que un ordenanza regule as subvencións O BNG de Celanova vén de rexistrar unha moción onde solicita ao Concello a redacción dunha Ordenanza Xeral de Subvencións, que “regule, de forma específica, cales son os pasos, requisitos, obrigacións e dereitos á hora de conceder ou ser beneficiario de axudas económicas para a realización de actividades” segundo o portavoz nacionalista, Leopoldo Rodríguez O BNG asegura descoñecer que criterios segue o Concello para determinar que asociacións van recibir unha subvención nin a forma na que se determina a súa contía, “pois actualmente non existen uns baremos obxectivos nin existe ningunha publicidade sobre a convocatoria para acceder a estas subvencións e mesmo non se dá conta aos grupos municipais das solicitudes de subvencións realizadas nin dos motivos polos que estas se aceptan ou son rexeitadas”. O BNG quere que se publiquen na web municipal as bases para a concesión de subvencións, as entidades receptoras e as cantidades percibidas.

CELANOVA E COMARCA

Celanova aproba en pleno destinar 378.000 euros de aforro á realizacíon de varias obras

4 O arranxo do parque das Trigueirizas e a continuidade da reforma da Praza de Abastos son algunhas das actuacións previstas na modificación orzamentaria aprobada por unanimidade. Paula Lodeiro O Concello de Celanova destinará 378.000 euros do seu remanente de tesourería á realización de obras de interese en todo o municipio, tras ser aprobada no pleno ordinario de xuño a modificación de crédito que o posibilita. O grupo de goberno do PP acudía a esta sesión sabendo que a modificación ía ser apoiada polo BNG, ao incluirse no relatorio de obras o arranxo do parque infantil das Trigueirizas (141.229 euros) e a mellora da accesibilidade e modernización da Praza de Abastos (50.000 euros), dúas vellas reivindicacións dos nacionalistas. O seu voceiro, Leopoldo Rodríguez, recordou que fora grazas ás alegacións do seu grupo que se paralizara a intención inicial dos populares de destinar o aforro municipal á amortización de débeda e se conseguira atender “diferentes necesidades do pobo”. Deste xeito, a modificación permitirá cofinanciar tamén as obras da estación

A corporación municipal realizando a votación durante o pleno de xuño. /P.LODEIRO. de depuradora do polígono industrial (30.000 euros) e a construción da muralla perimetral da recreación de Castromao (15.000 euros), así como dedicar fondos a melloras en iluminación (12.000 euros) e no núcleo de Vilanova dos Infantes (13.400 euros), mantemento de viais (15.000 euros), a ampliación do pavillón das Trigueirizas (6.000 euros) e a revisión da RPT (11.000 euros), entre outras. Rodríguez Puga resaltou que o seu voto non era “un

Realizaranse melloras no polígono, Castromao, Vilanova dos Infantes, iluminación e viais, entre outras

cheque en branco” e pediulle ao alcalde “que se pasen por comisión todos os proxectos, que os contratos se fagan con publicidade para elixir a mellor oferta económica e a poder ser, sexan asignados a empresas de Celanova”, compromiso que o alcalde, José Luis Ferro, aceptou. As que foron máis críticas coas obras incluídas na modificación de créditos foron a concelleira non adscrita Monse Álvarez e a voceira socialista, María Jesús Boo. Esta última pediu ao rexedor a “devolución da modificación, estudala en comisión e traela de novo a un pleno extraordinario”. Lamentaba

Investiranse 50.000 euros na mellora da accesibilidade e modernización da Praza de Abastos, actuación que afectará á segunda planta do recinto, actualmente baleira./P.L.

Boo que o grupo de goberno non consensuara coa oposición as actuacións previstas, nin se lles informara dos proxectos. “Estamos de acordo coa modernización da Praza de Abastos e coa reforma do parque infantil, pero descoñecemos os proxectos, e a tramitación, e por que esta contía e non outra”, afirmou. Malia as críticas, o PSOE presentou unha emenda á modificación para ampliar a partida destinada a subvención para a asociación de comerciantes en mil euros. Emenda que foi apoiada polo resto de grupos e polo tanto fixo que a modificación se aprobase por unanimidade, cando, paradoxalmente, a postura dos socialistas era a súa retirada da orde do día. Outros puntos da orde do día O PP en solitario aprobou un recoñecemento extraxudicial de créditos para pagar facturas atrasadas a provedores por importe de 2.481 euros. E de maneira unánime saiu adiante a aprobación inicial do anexo de subvencións do orzamento municipal, cunha emenda do PSOE. Na mesma sesión, nomeouse ao

alcalde como representante do Concello na Confederación Hidrográfica Miño Sil. Mocións O resto de sesión plenaria foi unha sucesión de mocións do BNG e do PSOE. Coa abstención do PP e o voto favorable do resto, os concelleiros celanoveses amosaron a súa oposición ao anteproxecto de Lei orgánica do poder xudicial que prevé a supresión dos partidos xudiciais, a proposta do Bloque. Tamén a proposta dos nacionalistas, pero aceptando unha emenda de substitución do PP, a corporación aprobou por unanimidade que se revise a facturación do consumo eléctrico municipal. Neste punto, o alcalde explicou que unha empresa está analizando a facturación do Concello desde xuño de 2009 para ver se houbo cobros indebidos; de ser así, a empresa cobraría o 30% do diñeiro reclamado –e “efectivamente cobrado”- á empresa eléctrica subministradora. Por unanimidade aprobáronse senllas mocións do BNG para solicitar ao Goberno central a rebaixa do IVE dos salóns de peiteados, e para denunciar o retraso no pagamento das axudas da RISGA, así como unha moción -de urxencia- do PSOE para solicitar á Consellería de Educación un convenio para compartir os gastos do pavillón das Trigueirizas. Coa oposición do PP, foi aprobada a outra moción socialista, que reprobaba ao alcalde e ao concelleiro responsable “pola desidia mostrada coas zonas verdes e axardinadas”da vila –en concreto cos xardíns de San Rosendo -ao tempo que se pedía o seu arranxo. Foi rexeitada cos votos do PP e a abstención de PSOE e non adscrita, a moción do BNG que demandaba a execución dun camiño de servizo sobre a autovía AG 31. Finalmente o Bloque presentou un rogo para que o Concello realice un plan de medidas de seguridade en espazos de alta concurrencia pública no municipio.

Aprobouse tamén pedir ao Goberno central a redución do IVE dos salóns de peiteado


CELANOVA E COMARCA

BARRIOS Xuño de 2014

13

O obradoiro “Camiño de San Rosendo” formou a 20 parados de Celanova, Bande e Verea 4 Esta iniciativa posibilitou o deseño dun plan turístico-cultural da Baixa Limia e Celanova. Redacción Un total de 20 persoas sen emprego dos concellos de Celanova, Bande e Verea vén de formarse no obradoiro de emprego ‘Camiño de San Rosendo’ que tivo como obxectivo principal dinamizar esta ruta natural

que une a fronteira de Portugal, na serra do Xurés, coa capital ourensá, atravesando as comarcas da Baixa Limia e Terra de Celanova, ata enlazar en Ourense coa Vía da Prata. A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada polo delega-

do territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, clausurou en Celanova e entregou os diplomas aos participantes neste programa mixto de formación e emprego, que o departamento autonómico financiou con máis de 175.000 euros.

Un dos alumnos participantes no obradoiro recibindo o diploma e a felicitación da conselleira de Traballo, Beatriz Mato. /RAMSÉS Contidos Os alumnos formáronse nas especialidades de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais, en confección e

publicación de páxinas web, venda de produtos e servizos turísticos e en promoción turística local e información ao visitante. Grazas a esta formación, os participantes no obradoiro puxeron en valor os recursos turísticos naturais e patrimoniais dos concellos de Bande, Verea e Celanova apostando, deste xeito, por un turismo sustentable e de calidade. A formación que recibiron os alumnos foi, segundo Mato, de calidade e certificada, unha actuación que

afirmou ser básica para conseguir crear novas oportunidades para os traballadores galegos. Por último, destacou que a Xunta ten na actualidade en marcha en toda Galicia un total de 50 obradoiros de emprego que contan cun financiamento de 9,5 millóns de euros. Deste global, na provincia de Ourense puxéronse en marcha 11 obradoiros que contaron cun investimento de 2 millóns de euros. Neles están a tomar parte 274 alumnos.

O alcalde de Celanova visitou o posto informativo instalado por Alcer na casa consistorial.

Alcer promove a doazón en Celanova 4 Instalaron un posto informativo. Redacción Con motivo da celebración do Día Nacional do Doador de Órganos e Tecidos, a asociación para a loita contra as enfermidades do ril, Alcer Ourense, instalou o pasado 4 de xuño un posto informativo en Celanova, na antiga biblioteca, nos baixos do Concello. Compoñentes de Alcer participaron na vila de San Rosendo nunha campaña informativa para promo-

ver a doazón de órganos. Ao longo de toda a mañá informaron aos veciños que se achegaron ata o seu posto sobre distintos pormenores relacionados coa facilidade coa que calquera persoa se pode facer doador de órganos. O alcalde da localidade, José Luís Ferro, foi un dos que se achegou ata alí para recibir a información da asociación. Alcer ten a súa sede en Ourense, no CIS Aixiña, que está situado na rúa da Farixa da capital ourensá.


14

BARRIOS Xuño de 2014

especial GALISENIOR 2014 / SAUDETER

Encontro dos grupos de baile dos centros sociocomunitarios da provincia En Galisenior, Expourense

A caracterización e vestiario foi importante na coreografía do centro sociocomunitario de Celanova.

Un momento da actuación do centro sociocomunitario de Maceda, caracterizados de hawaianos.

As participantes do centro sociocomunitario do Carballiño, nun momento do seu baile.

O centro sociocomunitario de Petín levou a Expourense un numeroso grupo de baile.

Integrantes do grupo de baile do centro sociocomunitario do Barco de Valdeorras coa súa monitora.

O centro sociocomunitario de Verín realizou dúas actuacións: unha individual e outra por parellas.

Os integrantes do grupo do centro sociocomunitario O grupo de baile do centro sociocomunitario de Viana, de Xinzo caracterizáronse para a ocasión. un dos máis numerosos, sobre o escenario.

Detalles do baile “cowboy” do grupo do centro so- Baile do outro centro sociocomunitario da capital ciocomunitario de Ourense. ourensá, o de Pontepelamios.

Actuación en Galisenior do grupo do centro sociocomunitario de Ribadavia.


especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

Inorde e Ministerio de Industria asinan unha alianza estratéxica para destinar 4,5 millóns de euros para o Plan “Transforma Ourense”

BARRIOS Xuño de 2014

15

175.000 euros para programas culturais, formativos e de investigación

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron dous convenios de colaboración entre ambas as dúas institucións por un importe de 175.000 euros, para programas e actividades de difusión cultural, investigación e formación no Campus de Ourense, así como para as bolsas de mobilidade “Ourense Exterior” no ano 2014. Para o desenvolvemento de actividades culturais a deputación destina un total de 165.000 euros, co obxectivo de promover iniciativas de extensión universitaria, conferencias, seminarios, Fernando Bayón, director xeral da Fundación Escuela de Organización Industrial, e Manuel obradoiros e exposicións, Baltar, presidente da Deputación, asinando o acordo de colaboración. actividades teatrais e programas para a igualdade e incluoperativo de fondos euro- Ourense actuará como so- Baltar. sión. Ademais, a achega da peos, previsto para o perío- cio local. O acordo tivo a súa orixe deputación permitirá levar a do 2014-2020: Programa Este compromiso estra- hai meses cando a Depucabo o Programa de apoio á Europeo 20.20, sendo de téxico, que significará unha tación e a EOI asinaron mobilidade estudantil para o interese para a deputación importante inxección eco- un acordo de colaboración alumnado Erasmus do came a EIO establecer un ins- nómica para o Inorde -en- para o Plan “Transforma pus ourensán, e destinarase trumento de colaboración cargado de executar o plan- Ourense”, eixo central unha partida para o Prograpara o desenvolvemento “marcará un antes e un do investimento. Daquema específico de apoio a de programas, actuacións e despois no desenvolvemen- la destináronse 212.000 grupos de investigación do proxectos no seo do citado to da estratexia de fondos euros a iniciativas innoCampus de Ourense. programa, que se canali- comunitarios aos que acude vadoras co fin de melloNo que atinxe ao convezarán a través dos corres- a Deputación de Ourense e rar a competitividade das nio para as Bolsas de mobipondentes convenios es- repercutirá moi favorable- empresas ourensás e a un lidade “Ourense Exterior” pecíficos de colaboración, mente no desenvolvemento programa de bolsas para a Deputación de Ourense para o cal a Deputación de do noso territorio”, afirma titulados universitarios. achega 10.000 euros.

O obxectivo é a realización de accións de emprendemento en sectores destacados da provincia de Ourense como o termal, a lousa e a vitivinicultura O presidente do Inorde, Manuel Baltar, e o director xeral da Fundación Escuela de Organización Industrial (EOI), pertencente ao Ministerio de Industria, Fernando Bayón, asinaron un acordo de colaboración para establecer unha alianza estratéxica entre o Goberno de España –a través do Ministerio de Industria- e a Deputación de Ourense –a través do Inorde- para destinar 4,5 millóns de euros a accións de emprendemento e competitividade económica enmarcadas no Plan “Transforma Ourense”. O financiamento procederá de fondos FEDER e FSE e achegarase en tres anualidades: 2015, 2016 e 2017, a razón de 1,5 millóns de euros en cada unha delas. O obxectivo é a realización de iniciativas de emprendemento en sectores destacados da provincia como son o termal, a lousa e a vitivinicultura, entre outros. O presidente provincial afirmou que este acordo “repercutirá moi positiva-

mente no desenvolvemento social e económico da nosa provincia porque permitirá poñer en marcha un plan de emprendemento baseado nos sectores estratéxicos do noso territorio, como é o primario e a lousa, ou sectores de futuro como son o termalismo e as industrias culturais”. Baltar considera que un “goberno intelixente” como o goberno provincial, que basea a súa estratexia na administración electrónica -outros dos receptores dos fondos comunitarios-, “hoxe está de noraboa, se ben isto non exclúe as negociacións que estamos a ter con outros departamentos do Estado para que as achegas á deputación sexan maiores e poidamos levar a cabo os plans que temos presentado, que de seguro terán unha resposta tan positiva como esta e que daremos a coñecer nos vindeiros meses”. Programa Europeo 20.20 O acordo estratéxico enmárcase no futuro programa

Baltar propón un “cinto verde” arredor das parroquias máis castigadas polos incendios O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou á conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, unha proposta de colaboración entre a Xunta de Galicia e o goberno provincial ourensán centrada en medidas de cooperación no ámbito dos incendios forestais. Entre as iniciativas que plantexa Baltar figura a creación dun “cinto verde” arredor das parroquias máis castigadas nos últimos anos polos lumes forestais, medida que permitiría ampliar a seguridade dos núcleos de poboación fronte aos incendios.

Manuel Baltar coa conselleira Rosa Quintana. Esta iniciativa, que comprendería en total a 48 parroquias da provincia de Ourense, é unha das propostas que integra o Plan de cooperación contra incendios forestais, incluído no

Plan Ourense 92, que está a elaborar a Deputación de Ourense para incidir principalmente na prevención, na inspección e na vixilancia no que atinxe aos incendios forestais.

A Deputación de Ourense impulsa o emprendemento no rural A Deputación de Ourense desenvolveu nas últimas semanas senllos foros de promoción do emprendemento no medio rural. Por unha banda, “Transforma Ourense”, que se desenvolveu a finais de maio en Bande, e que tiña por obxectivo visibilizar e propoñer proxectos e exemplos de éxito no eido empresarial para que sirvan de referente a emprendedores e desempregados que teñan unha idea para desenvolver no medio rural. Pola outra, un Foro de Emprendemento Feminino, celebrado o 4 de xuño no Centro Cultural Mar-

Clausura do foro “Ourense Transforma”, en Bande. cos Valcárcel, no que se analizaron experiencias de éxito no eido empresarial promovidas por mulleres nos sectores do viño, agroalimentario, moda e medio ambiente, para que servisen de referente a mulleres desempregadas e emprendedoras que queiran iniciar un proxecto empresarial no

medio rural. “Hai que pasar das palabras aos feitos e na Deputación de Ourense estamos a desenvolver iniciativas que favorecen, estimulan e potencian as posibilidades de xerar emprego na nosa provincia”, apuntaba Manuel Baltar nesta última xornada.


16

BARRIOS Xuño de 2014

ENTREVISTA

ENTREVISTA A CARLOS VISPO E MANUEL TODEA – SECRETARIO E TESOREIRO DO CLUB PATO BLANCO

“Obsesionarse cos tempos é un erro porque o corpo acaba pasando factura. Para nós correr é un medio de vida, para sentirnos a gusto, relacionarnos e divertirnos”

4 Carlos Vispo e Manuel Todea, secretario e tesoreiro do Club de Atletismo Pato Blanco de Celanova, descóbrennos as orixes do mesmo e da súa paixón por este deporte. Silvia Nieto Participaron nos maratóns máis coñecidos do mundo. Nova York, Londres, Berlín, Amsterdam ou Madrid sentiron nas súas rúas as pisadas das zapatillas destes dous atletas. Non son profesionais, nin o pretenden. Non corren para lograr un récord, só para divertirse. E este 28 de xuño teñen reservada a data para a proba atlética na que cada ano lles fai maior ilusión participar: a carreira nocturna de Celanova. Porque son da vila de San Rosendo e dous dos fundadores do Club Pato Blanco. Carlos Vispo e Manuel Todea achégannos á súa maior afección, o atletismo. Cando naceu o Club Pato Blanco? Manuel Todea: “Naceu no ano 1995 da man de Carlos e máis eu, porque saiamos correndo os sábados pola tarde e pouco a pouco empezamos a ir a algunha proba. Aínda que daquela había poucas, 4 ou 5 ao ano. Pero a raíz diso uníronse a nós Moncho, Xosé Ramón e Marcos. E nós os cinco fomos a orixe. De seguido, en 2002, atrevémonos co noso primeiro maratón, o de Madrid, e aí deu o club o estirón, e comezouse a unir outra xente de Celanova ou do noso entorno e tamén da zona de Noia, porque Xosé Ramón foi traballar alí. Somo o segundo equipo popular máis antigo da provincia. Pero realmente trátase dun grupo de amigos, non pode entrar no club calquera persoa, buscamos só xente próxima. Non queremos grandes deportistas se non nos une nada a eles, entre nós hai unha conexión

Estes dous atletas recomendan saír correr “sen reloxo, guiándote polas sensacíóns”

de amizade. Non se esixe ninguna marca nin cousas desas, só buscamos divertirnos”. Cantos atletas compoñen o club na actualidade? Carlos Vispo: “Uns 36 ou 38, de Celanova, Verea, Ramirás, A Bola...”. Como naceu a carreira popular de Celanova? C.V.: “A idea xurdiu dende o Concello e non como carreira nocturna. A primeira edición foi ás 6 da tarde, un día de agosto e o trazado era distinto, subindo pola costa que une o colexio das Monxas coas Lobeiras. Pero esa carreira foi durísima e participaron nela 60 corredores. De seguido, propuxéronnos a idea de facela nocturna, porque nese momento non había, e o Concello, que sempre foi moi receptivo, aceptouno e dende entón sempre contou con grande éxito de participación, porque é unha carreira singular, polo casco histórico, cunha distancia axeitada a corredores máis ou menos adestrados, e porque Celanova é unha vila bonita, e correndo de noite é moi agradable. Dende o Pato Blanco, Miguel e Yolanda, foron o nexo

Numerosos atletas do Club Pato Blanco de Celanova antes de participar na edición 2013 da carreira nocturna da súa vila./PATO BLANCO

Carlos Vispo e Manuel Todea participaron nos maratóns de Nova York, Londres, Berlín, Amsterdam e París, entre outros do club co Concello no tema da carreira e xuntos abordaron diversos aspectos técnicos, de trazado, sinalización, animación, avituallamento... Tampouco buscamos cambiala todos os anos, só ir mellorando pero mantendo a esencia”. Moitos atletas populares da provincia nunca faltan á cita. C.V.: “Si, a o ano pasado houbo 580 inscritos e rema-

Manuel Todea (á esquerda) e Carlos Vispo (á dereita), dous dos fundadores do Club Pato Blanco de Celanova./S.N.

taron a proba 400. E iso é meritorio. Ademais, no foro de maior presenza de atletas populares (Correr en Galicia) a nosa proba foi declararda como a mellor carreira nocturna de Galicia e a segunda mellor de Ourense, detrás da San Martiño. A valoración de centos e centos de atletas é moi positiva”. Agardades este ano repetir en participación? C.V.: “Calculamos que si. Pero a loxística da carreira, polas rúas históricas que son estreitas, tampouco permitiría moita máis afluencia. Creo que o máximo estaría nas 800 persoas, polo que calquera ano destes haberá que limitar a participación, porque se complicaría sobre todo a primeira volta”. Como e cando collestes vós as zapatillas por primeira vez? M.T.: “Nós fixemos deporte dende sempre. Cando eramos nenos practicábamos fútbol ou bici. Pero nisto de correr comezamos con 20 e poucos anos. Alá por 1994 quedaba con Carlos para ir a correr. O venres pola noite saiamos de festa e o sábado quedabamos para depurarnos dos excesos (rin)”.

C.V.: “Pero o máis importante é que para nós correr nunca foi unha actividade illada. Estaba asociada a ir ás termas ao río Caldo, a comer en Lobios ou Entrimo, ir a un maratón a Madrid e pasar tres días por alí divertíndonos xuntos. Sempre houbo moi bo rollo. Correr para nós nunca foi unha actividade meramente deportiva e iso é o importante”. En que maratóns participastes ata o momento? M.T.: “Carlos e eu fomos aos mellores maratóns do mundo: Nova York, Londres, Berlín, Amsterdam, París, Estocolmo, Mallorca, San Sebastián, Madrid…” Cal foi o que máis vos chamou a atención? C.V.: “Polo ambiente destaca Nova York, é incomparable. Non hai nada no mundo como correr polas rúas de Manhatan cheas de xente. E por organización destacan Londres e Berlín. Non obstante, quero recoñecer o mérito das carreiras organizadas en sitios pequenos, porque ten moito mérito como as de Broña, A Ferreirrua, Bande… Nós combinamos estes retos máis grandes e masificados

con carreiras de sitios pequenos porque son preciosas e teñen unha organización fantástica”. Cal é a vosa próxima cita relevante? M.T.: “Estamos preparándonos para o maratón de Varsovia en setembro. Marcharemos uns días antes, así ademais de correr faremos excursións, e compartimos uns días todos xuntos”. Cal queda pendente? M.T.: “Gustaríanos ir ao maratón de Boston, porque é o que ten a fama de ser o pioneiro das carreiras”. Como vedes a moda actual do running? M.T.: “Agora hai moita febre, pero a xente está obsesionada cos tempos e iso é un grave erro porque o corpo acábache pasando factura. Hai xente que non sabe medir moi ben e acábase queimando. Ou incluso hainos moi competitivos, que cando chegan ao seu mellor nivel e comezan a baixar porque van pasando os anos non o admiten. Pero para nós correr non é iso, é un medio de vida, facémolo para sentirnos a gusto, relacionarnos e divertirnos”. Envíadelle unha mensaxe aos nosos lectores. M.T.: “Dicirlle que se animen a vir á carreira de Celanova porque é moi fermosa, porque todo o mundo fala moi ben dela e repite. E que practiquen deporte, en xeral, pero tomándoo como unha actividade para gozar dela, hai que sufrir un pouquiño, pero sen pasarse”. C.V.: “Queremos tamén animar a toda a xente da comarca que estea sa e que practique actividade física, como fútbol, baloncesto ou o ciclismo, a participar na carreira de Celanova sen mirar o tempo, sen reloxo, e que gocen de correr polas rúas de Celanova, de noite, sen coches, e de todas as sensacións que lles deparará a proba”.


DEPORTES

A sorte dos penaltis foi esquiva co Verín

4 O Ourense B vence na Copa Deputación. R. Torres O Ourense B vence na Copa Deputación ao Verín na tanda de penaltis. Despois dos 90 minutos regulamentarios e dos 30 da prórroga a final da Copa Deputación decidiuse na tanda de penaltis. Durante os primeiros 45 minutos os dous equipos tanteábanse sen cometer erros que os puideran condenar. Os dous cancerbeiros (Aarón do CDOB e Piollo do Verín) apenas tiveron traballo Na segunda metade, pouco máis, salvo un par de ocasións de cada equipo. Iago lanza alto un pase de Arce e o propio Arce envía fóra o balón para o equipo filial. O Verín puido marcar cun disparo lonxano de Quini que repeleu o por-

teiro Aarón e novamente o cancerbeiro despexou un centro de Mario cando o encontro estaba nas portas do final. A 12 minutos dos final, os dous adestradores foron expulsados tras unha trifulca (tamén expulsou a Luis Vilachá que estaba no banco). O calor e o paso dos minutos fixo mella nos xogadores durante o tempo extra e soamente no segundo período o Verín acariciou a Copa. Unha falta botada por Luisito fixo levantar ao público dos seus asentos; e de novo Luisito tivo a máis clara, pero Senén sacou baixo paos. Penaltis Despois de 120 minutos e con empate a cero no marcador a final da tempada 2013-2014 decidiríase na

tanda de penaltis. Os dous primeiros lanzamentos de cada equipo remataron nas mallas pero na terceira rolda Arce marcaría para o Ourense B e Mario fallaría para o Verín. Na cuarta tanda os dous equipos marcaron e na quinta Omar lanzou ao

longueiro e Fran devolvía o empate ao Verín. Despois de cinco lanzamentos por parte de cada equipo terían que seguir ata que un dos dous fallara. Iago e Piollo marcaban e Corzo e Quini fallaban. Nas catro seguintes roldas marcarían os catro xogadores e na décima rolda Alex marcaba para o Ourense B e Pablo García non era quen de batir a Aarón. O Ourense B proclamábase vencedor da Copa Deputación ante un correoso Verín.

17

EN BREVE

4 BTT O domingo 22 de xuño celébrase a sexta edición da ruta de BTT Terra de Celanova. A saída terá lugar no concello de Leirado (Quintela de Leirado) ás 9 da mañá. A proba, que ten un percorrido de algo máis de 39 quilómetros, ten unha dificultade media-alta. O prezo da inscrición é de 6 euros e para quen quede ao xantar, 16 (10 euros para o xantar dos acompañantes). [+ info en 988 45 16 46]

4 Andaina

Lance da final da Copa Deputación entre Ourense B e Verín./RAMSÉS

BARRIOS Xuño de 2014

Máis de 150 persoas dos municipios de Chaves e Verín participaron na 8ª andaina da Eurocidade Chaves-Verín AECT ‘Ruta dos Santuarios’. O percorrido, de dificultade media, foi de aproximadamente 11 quilómetros. Esta ruta contemplou a visita ao Santuário de Nª

Sra. das Necessidades e do Engaranho, en Castelões, ao de Nª Sra. da Aparecida, en Calvão, finalizando no de S. Caetano, cunha convivencia entre todos os participantes.

4 Campus O Campus de fútbol do Verín CF, dirixido a nenos de 6 a 16 anos, terá lugar do luns 23 ao sábado 28 de xuño O prezo da inscrición é de 49 euros para fillos de socios do Verín CF e membros das Escolas Deportivas do Concello de Verín, e de 59 euros para o resto de inscritos.

4 Atletismo 17 atletas do Club de Atletismo de Verín participaron no Campionato Provincial de Atletismo en pista, celebrado nas pistas “Josefina Salgado” de Ourense, acadando un total de 13 medallas para o deporte verinés.


18

BARRIOS Xuño de 2014

DEPORTES

Ramos e Teijeiro, os máis rápidos en Xinzo de Limia 4 Na décima carreira nocturna da vila limiá. R. Torres Os atletas do Ourenrunning, Óscar Ramos e Sonia Teijeiro, proclamáronse campións da X carreira nocturna Xinzo de Limia que congregou preto de 250 atletas. A nocturna da vila limiá é unha das carreiras máis rápidas de todas as que se organizan na provincia. Os poucos máis de seis quilómetros de percorrido xunto cun perfil chan fan que desde o principio da proba os atletas vaian a un ritmo moi vivo. Nesta ocasión o que comezou as hostilidades foi Saturnino González (veteranos Ourense) xunto con Luis Iglesias (Atletis-

mo Arenteiro), José Manuel Casado (Vía XVIII) e Óscar Ramos (Ourenrunning), que non deron tregua aos seus rivais. O primeiro en coller vantaxe foi o atleta do Arenteiro, e na primeira volta pasaría primeiro polo arco de meta seguido do de Ourenrunning e o de Vía XVIII respectivamente. Pero Iglesias non puido aguantar e Ramos foi quen de pasarlle, logrando a vitoria en 19 minutos e 32 segundos. Segundo foi Iglesias (19:46) e terceiro Casado (20:02). Categoría feminina En categoría feminina Sonia Teijeiro (Ourenrun-

ning) foi a máis rápida de todas as participantes. Teijeiro empregou un tempo de 23 minutos e 21 segundos en completar as dúas voltas ao circuíto urbano de Xinzo de Limia. Un minuto e 49 segundos despois chegaría a meta a

súa compañeira de equipo Silvia Ferro (25:07). Completaría o podio outra atleta do club da capital ourensá; Ángeles Rodríguez remataría a carreira en 25:12 minutos, facendo triplete o Ourenrunning nesta carreira clásica no mes de xuño.

Preto de 250 atletas participaron na nocturna de Xinzo

Óscar Ramos -primeiro clasificado- chegando a meta na absoluta de Xinzo de Limia./S. DOVAL

Iván Feijoo, cuarto no Open de España

O corredor do ActyonMerida-Academia Postal, o cadete Iván Feijoo, remataba na cuarta posición do Open de España de BTT celebrado en Aguilar de Campo (Palencia). Feijoo quedaba ás portas do podio logo dunha gran carreira que se decidiu ao sprint entre os catro primeiros. Iván está a realizar unha

excepcional campaña no seu primeiro ano coma cadete. Dominador de todas as probas do circuíto galego, nas que disputa fóra da nosa comunidade está sempre entre os primeiros clasificados. En júniors, Raúl González, remataba o undécimo. E no Open Galego celebrado en Castro Barbudo, Román Saa finalizaba terceiro.

Redacción O Club de Natación de Verín foi subcampión do Torneo de Escolas de Natación celebrado en Xinzo de Limia, na proba de relevos. O primeiro posto foi para o Club de Natación de Chaves, mentres que o terceiro e cuarto foron para a Piscina Climatizada de Xinzo de Limia e a Piscina Climatizada de Allariz, respectivamente. No evento participaron máis dun cento de menores entre os catro clubs participantes.

Piscinas de Verín A piscina climatizada de Verín abrirá no mes de xullo serán de 7.30 a 12.30 e de 20.00 a 22.00 horas de luns a venres; mentres que na fin de semana permanencerá pechada. As que tamén xa abriron son as piscinas descubertas da Granxa de Verín. O horario durante este mes de xuño é de 16 a 20 horas. A partir do 1 de xullo e ata a primeira quincena de se-tembro as instalacións abrirán de 12 a 21 horas (de luns a sábado) e de 11 a 21 horas (domingo).

4 No V Torneo Internacional Fútbol 8 celebrado en Verín. Presentación do Campionato de España de Triatlón.

Allariz acolle o Campionato de España de triatlón 4 Na categoría cadete entre o 27 e 29 de xuño. Redacción Allariz acolle o Campionato de España de triatlón de categoría cadete. O evento terá lugar entre o 27 e 29 de xuño e reunirá 120 competidores de 15 comunidades autónomas. A proba individual terá lugar o sábado 28 de xuño e a proba de relevos mixto será o domingo 29.

Iván Feijoo na proba do Open de España.

4 Xinzo e Allariz foron terceiro e cuarto respectivamente.

Vitoria do E.D.C. Verín A de fútbol 8

4 Na proba celebrada na localidade palentina de Aguilar de Campo. Redacción

Segundo posto para Verín no Torneo Escolas de Natación

Tradición no triatlón Na presentación do campionato, o alcalde alaricano, Francisco García, recordou que o triatlón é

“un deporte moi ligado a Allariz xa que desde fai 25 anos celébrase o Triatlón de Allariz” e enumerou a deportistas de renome que participaron nel como “Iván Raña, Saleta Castro, Aída Valiño ou mesmo Javier Gómez Noya”. Tamén agradeceu á Federación que permitiran a Allariz organizar o campionato cadete. Pola súa banda, a Federación Española de Triatlón destacou a celebración ininterrompida de alo menos un triatlón ao ano en Allariz desde 1990.

Redacción Oito equipos da provincia de Ourense e norte de Portugal participaron no V Torneo Internacional Fútbol 8 alevín celebrado no complexo deportivo da Granxa de Verín. O E.D.C. Verín A resultou vencedor. Á final chegaron o Pabellón e o Verín gañando o segundo por un gol a cero. O Ponte venceu ao Dars Pedro Fins por 6-1 e fíxose coa terceira praza do torneo. Nesta quinta edición o galardón de mellor porteiro recaeu en Rafa Fonse-

A plantilla do E.D.C. Verín A.

ca (A.D. Dars Pedro Fins), o de máximo goleador en Brais (Ponte C.F.), e o de mellor xogador foi para Hugo Sanz (Pabellón CF). O torneo está integrado na oitava edición das Xornadas de Deporte e Saúde, que terán o seu peche o vindeiro 21 de xuño, ás 10.30 horas, cunha Master Class de Atletismo. A clase será impartida por Alejandro Fernández, vencedor da Carreira Pedestre Popular do San Martiño nos anos 2013 e 2014, amais doutros integrantes do club New Balance, e continuará cunha charla-coloquio na Casa da Cultura de Verín.


AXENDA /CLASIFICADOS

BARRIOS Xuño de 2014

19

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@ periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, Silvia Nieto, Andrés Diz Nº2 - Ano: IX - Xuño 2014 - Difusión: 15.000 exemplares Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4AXENDA Exposicións - Ata o 22 de xuño – Pinturas de Eladio Rodríguez Pombo - Sala A Fábrica de Allariz - Ata o 25 de xuño – Exposición “51 páxinas das nosas letras” - Sala de Exposicións de Verín - Ata o 30 de xuño - Exposición ArTaller, Coiros de Oficio - Museo do Coiro de Allariz - Do 27 de xuño ao 8 de xullo - Arte Infantil - Sala de Exposicións de Verín - Desde o 28 de xuño - Exposición Vicente Escudero - Sala A Fábrica de Allariz - Ata o 13 de xullo – Exposición “Entre rúas” de Isabel Seidell – Fundación Vicente Risco de Allariz Música e espectáculos - 19 de xuño - Festival de Fin de Curso da Escola Municipal de Gaitas e Percusión – 20 h - Casa da Cultura de Xinzo - 20 de xuño - Concerto de Fin de Curso do Conservatorio Profesional de Xinzo 20 h – Casa da Cultura de Xinzo. - 21 de xuño - Concerto de Fin de Curso - 12 h Casa da Cultura de Verín - 21 de xuño - XXII Festival de Corais - 20 h - Igrexa dos Mercedarios - 21 e 22 de xuño - Festival Baila Conmigo - Celanova Teatro - 24 de xuño – Fin de curso da Escola Municipal de Teatro. Minipicariños: “Conto”, picariños: “O bosque encantado”, mozos: “O misterio do parque” - 20:30 h. – Casa da Cultura de Xinzo - 2 de xullo – Representación teatral do grupo Aneis: “Hai que aforrar” - 3 de xullo – Aneis Sénior: “A Voz” – 20:30 h. Casa da Cultura de Xinzo Feiras e festas - 22 de xuño - Celebración relixiosa de Corpus - 12 horas - Igrexa Parroquial Santa María A Maior de Verín - Ata o 22 de xuño - Festa do Boi en Allariz

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA Vendo terreo en Xinzo de Limia gran inversión sobre uns 7.000 m2, preto de novas contrucións e chalets con enlace directo á avenida de Madrid e r/ San Sebastián e a uns poucos metros dispomos doutra de iguais características. Poderíamos facer prezo por ambas ou por separado. Tel.622 828 447. Alugo apartamentos de 1 e 2 habitacións en Montalvo (fronte a praia). Con xardín, barbacoa e aparcadoiro. Tel.: 607 27 19 16. Vendo apartamento de 2 habitacións, baño, cociña americana, trasteiro, e garaxe, a 5 minutos da praia e a 10 de Vigo. Tel.: 607 27 19 16 / 636 42 24 97.

VENDAS Vendo sensores de aparcamento con pantalla led que indica distancia e lado de colisión (varias cores) e regalo instalación en Ourense. En 3 horas telos instalados con acabado profesional garantizado por 40 euros. Móbil/Whatsapp tel 667 830 310. Véndese berce, silliña con plástico e bañeira. Todo por 200 euros. Tel. 696 18 11 73. Urxe vender mobles de casa seminovos, prezo a tratar. Tel. 660 16 84 72 e 627 10 97 93.

EMPREGO Clases a domicilio. A todas as etapas. Especialidade matemáticas xerais.Posúo certificado de formador e CAP.Ampla experiencia.Económico.Tel. 636 619 589 - clasesadomicilio2014@hotmail.com Ofrécese chica para traballo por horas: pasar o ferro, arranxos básicos de costura, limpeza de cociñas e fogar en xeral, organización de trasteiros. Chamar tardes ao 618 806 516. Dúo de piano e voz para eventos, repertorio variado. Tlf.: 663 733179. e-mail: duopianovoz@gmail.com. Facebook: Dúo Piano Voz. YouTube: www.youtube.com/user/duopianovoz

CONTACTOS Ofrécese chico de compañía, de 34 anos, para mulleres de entre 20 e 55 anos. Prezo económico. Tel. 662 281 312.

[Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados gratis no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios. com]

4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


20

BARRIOS Xuño de 2014

ARTIGOS /OCIO E CULTURA

4FIRMA INVITADA

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Galicia debe estar presente no novo tempo político que se vai abrir no Estado

Monterrei, cumio divino Non sei o motivo polo que non podo deixar de ollar a beleza do val que me viu nacer, e sen despreciar calquera outro sitio desta bendita terra, a cada paso, volta ser máis fermoso, alomenos para min, que aquí, deixo o relato ceibe, sen complexos. Cruzando a ponte do río Támega, río do meu corazón, que avanza maxestuoso e lixeiro cara ás terras de Portugal, entramos nas portas do antigo e querido barrio de San Lázaro. Antes de chegar a coqueta capela, que atopamos de frente, pódese ollar unha casa non moi grande, mais elegante e altaneira, cun escudo de cabaleiro barroco na súa fachada, que é símbolo do noso pobo, e que cariñosamente, en Verín, coñecémola como a Casa do Escudo. A ermida de San Lázaro, que ten a súa particular historia, foi cobixo de peregrinos, e acolleu tamén leprosos, polo que, ao seu carón, houbo unha pequena construción dedicada a ser hospital, que alá polo 1595, foi dirixido polo bachiller Juan Roberto, que por certo, non era moi querido polo pobo, mais estaba refrendado no seu posto polas poderosas influencias do Bispado. O camiño que sube a Monterrei é unha antiga calzada formada por pedras en forma de lousas de distintos tamaños, que só miralas, xa reflexan o que podemos atopar máis arriba. As casiñas do enxebre, e fermoso barrio de San Lázaro, no inicio da subida, son de construción pobre, onde resaltan escudos e columnas con capiteis que sen dúbida, son despoxos das ricas ruínas do colexio dos Xesuitas, que durante séculos estiveron abandonadas en Monterrei e que a necesidade ou astucia dos nosos antergos, fixo que as empregasen para facer as casas, e tamén, para cons-

truir o empedrado dalguhas rúas da nosa vila. Despois de camiñar entre as pedras dos robustos muros, que marcaban a posesión do Colexio dos Xesuitas, que chegou a ter máis de 400 alumnos, chegamos á porta da fortaleza, onde ao fondo, recíbenos o inmutable e poderoso cruceiro, que altivo e coa grisácea cor que dan os séculos, outorga o pase celestial, cara a unha das fortalezas máis fermosas da terra, que os derradeiros meses ten dado que falar, tentando ser protagonista, coma o foi en tempos pasados. Dende aquí, cara ao sur, pódese ver outra dimensión da riqueza deste inigualable val. A frescura dos viñedos e a fertilidade da franxa verde que deixa o río Támega ao seu paso, rachando os obstáculos que poideran impedir ollar a serra de Amarante, lonxana, alá no país veciño, coma se a natureza quixera deixar un camiño chairo e limpo entre galegos e lusitanos Os antergos escolleron este sitio por distintos motivos, e o castro primitivo, feito por astutos romanos, foi fortaleza cos árabes e castelo na idade media, ata hoxe. Aquí xurdiron as primeiras letras impresas de Galicia, e aínda quedan restos da primitiva vila de Monterrei, ao carón dos muros, reconstruídos con paciencia e esmero. Deterioro O Hospital de Peregrinos, o Pazo dos Condes, o balcón de don Pedro, e a torre máis antiga, a chamada “Torre das Damas”, a mediados do século pasado, sufriron o deterioro e o abandono máis horrendo por parte dos seus propietarios, a Casa de Alba, ata o punto de estar a piques, dun desmoronamento irremediábel. Xurdiu daquela a coherencia, e a pouco foise tomando conciencia do que

tiñamos entre mans, e con xenerosidade, fíxose unha reconstrución que salvou un patrimonio único. A igrexa de Santa María de Monterrei, xoia románica do entorno, e a Torre da Homenaxe, feita polos primeiros Condes de Monterrei, Sancho de Ulloa e Teresa de Zúñiga, rematada en 1482, segundo reza nun dos lenzos gravados nas súas pedras, obra impresionante e soberbia, que resiste, retando aos homes e aos séculos. Non sei expresar con máis detalle, o que dende o seu cumio podemos ollar, mais estas veneradas pedras seguirán aguantando as arremetidas, sen máis razón que a de ser a referencia dun val fermosísimo, onde todo o contorno fai que non se atope outro similar no mundo. Os de aquí coñecemos a historia destas pedras, e sería doloroso e inxusto que semellante complexo histórico deixara de ser un referente para un pobo que sempre mirou cara a Monterrei, con liberdade e orgullo, coma a natureza, deixou Amarante, a serra portuguesa sen atrancos, para que poidera ollar a incrible fermosura do “Monte Regio”, agora “Monterrei”, e así quedara namorada para sempre. Miguel A. Prieto “Chita”

“Estas veneradas pedras seguirán aguantando as arremetidas, sen máis razón que a de ser referencia dun val fermosísimo” “Sería doloroso que semellante complexo histórico deixara de ser un referente”

O resultado das últimas eleccións europeas, onde o “bipartidismo harmónico” quedou seriamente tocado, pero non fundido, que ninguén se equivoque, a posterior abdicación do Xefe do Estado, a súa “expres” e antidemocrática remuda, o proxecto soberanista lexitimamente defendido desde Cataluña... son signos evidentes de que algo se vai mover politicamente no Estado español, no futuro inmediato. Neste contexto o conxunto da cidadanía galega en xeral e o nacionalismo organizado en particular ten a obriga de definir e defender o estatus que queira para Galicia, ou do contrario ao igual que pasou na transición, no canto dun papel protagonista como por historia nos corresponde, no mellor dos casos, asignarannos un rol de actores secundarios. A pouca conciencia de País que existe en Galicia non axuda a que cando se aborde unha necesaria e urxente reforma constitucional, para entre outras cousas abordar o modelo

de Estado, non vai facilitar que poidamos ter ese papel protagonista, o cal é preocupante, pero non o é menos, o despiste no que está sumido unha parte do nacionalismo, que ou non se enteira da realidade social e política ou o que é peor non se quere enteirar. Ante esta situación unha parte do nacionalismo, cun líder carismático e con capacidade para crear esa conciencia de País, decidiu abdicar da súa responsabilidade e pasarse ao inimigo. É unha opción lexítima, pero pouco ou nada beneficiosa para Galicia e a defensa dos seus interese. Outra parte, tamén con toda a lexitimidade, está dedicando todo o seu esforzo, a reivindicar unha proposta de máximos, sen darse conta que non colleita ningún apoio mais alá do ámbito político e social máis próximos. Desgraciadamente a parte do nacionalismo, que defende unha proposta ao meu modo de ver máis realista e que podería sumar máis apoios, non conta a día de hoxe coa capacidade suficiente para trasladarlla ao conxunto da cidadanía ga-

lega, para que esta a poida analizar e se o considera oportuno apoiar. Con todo, penso que ese é o camiño, camiño no que organizacións de todo tipo e cidadáns a título individual, deberíamos percorrer xuntos en demanda en primeira instancia de máis democracia, e polo tanto da convocatoria dun referendo sobre que modelo de xefatura do Estado queremos, monarquía ou república e, en segundo lugar, por unha reforma constitucional que serva para modernizar as institucións políticas do Estado e que recoñeza o seu carácter plurinacional así como o dereito a decidir como se queren relacionar entre si as distintas nacións que o conforman, entre elas a galega. Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador en Ourense de CxG

“A cidadanía, e o nacionalismo en particular, ten a obriga de definir e defender o estatus que queira para Galicia”

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Historia da vitamina B17 Esta vitamina pode afectar á vida de cada un de nós na cura e na prevención do cancro. O escorbuto foi unha doenza arrasadora que matou miles de persoas, até que finalmente os órganos formais aceptaron introducir oficialmente a vitamina C como cura do escorbuto. O escritor Edward Griffin e o bioquímico Ernest Theodore Jr. divulgaron que o cancro é unha doenza decorrente de carencia de vitamina B17. Informaron que esta carencia nutricional se disemi-

nou na actual sociedade debido ao feito desa vitamina estar desaparecida da dieta do home moderno. Baseado nestas afirmacións, científicas do mundo verificaron que algunhas poboacións do planeta xamais contraeron a doenza polo feito de teren unha cantidade considerábel de B17 na súa dieta, como por exemplo a poboación de Hunze, por teren unha base na súa dieta de sementes de albaricoque. A vitamina B17 pode ser encontrada en cantidades

considerábeis nas sementes de albaricoque, cereixa, nectarina, pexego, mazá, pera e ameixa. Mais existen outros alimentos como amendoas, fabas, aoras, folla de eucalipto e mandioca. Segundo o profesor de embrioloxía escocés John Beard, cando a cantidade de células cancerosas é moi grande, as encimas non conseguen ter éxito e é aí que a vitamina entra en acción, como se fose un plan B da natureza para resolver o problema. João Damião


ESPECIAL FESTAS DE OURENSE

BARRIOS Xuño de 2014

21

DO 20 AO 29 DE XUÑO

A cultura portuguesa será un dos grandes protagonistas das Festas de Ourense

As prazas do casco histórico, o xardín do Posío e a rúa do Paseo serán os escenarios principais das actividades programadas As Festas de Ourense do ano 2014 xa están á volta da esquina. Desde a tarde do venres 20 e ata o domingo día 29 as rúas do centro da cidade encheranse de ambiente festivo coa chegada de festivais, música, teatro, feiras culturais ou actividades infantís, en definitiva, propostas dirixidas a toda a cidadanía. A concelleira de Cultura, Ana Garrido, o técnico de Cultura, Manuel Freire, e o autor do cartaz das festas desta edición, Baldomero Moreiras, presentaron a programación deseñada pola Concellería de Cultura. A cultura portuguesa estará presente en moitas das actividades programadas, con motivo da capitalidade cultural do Eixo Atlántico que corresponde á nosa cidade neste ano 2014. Haberá moita música (Derrame Rock, Ourense Dance, banda municipal, flamenco, folk rock, jazz...ata un total de 27 concertos), xogos, títeres e espectáculos infantís, teatro de rúa, microteatro, baile, danza oriental, exposicións permanentes nos espazos culturais, deportes (ximnasia, kick boxing, ciclismo, balonmán, fútbol,

waterpolo...) ou os tradicionais fogos artificiais, entre outras moitas actividades. Ana Garrido, concelleira de Cultura, desglosou algunha das propostas, coma o concerto de voces búlgaras na Praza Maior, o pregón a cargo de Elena Espinosa, o Derrame Rock, ou a variedade musical ofrecida. O principal é, para Ana Garrido, “encher as rúas de ambiente. O Paseo, o Xardín Padre Feijóo, a Alameda, espazos magníficos que temos e que estes días contribuirán na dinamización da cidade”. “Cumpriremos tamén”, continuou, “co noso papel como capital cultural do Eixo Atlántico”. A cultura portuguesa estará moi presente na feira cultural, na música, ou na batalla de flores, na que este ano, ademais de tres carrozas, participarán 16 grupos de cabezudos e xigantes das vilas galegas e portuguesas, e que ademais recupera o seu percorrido orixinal: da praza Maior ao Parque de San Lázaro pola rúa do Paseo. Outras propostas No programa das festas entra de novo a feira medie-

val, que estrea carácter galego-portugués, e que desde o xoves 26 ao domingo 29 levará ao pasado as rúas do noso casco histórico. Durante todas as xornadas festivas haberá animación de rúa con música decharangas e gaiteiros, así como teatro de rúa, microinstalacións teatrais e títeres no Paseo, Xardíns do Padre Feijoo e Alameda. Programación infantil Neste 2014 as atraccións de feira voltarán instalarse un ano máis no contorno do parque Barbaña. Ademais, os máis pequenos terán outro espazo propio na Alameda durante toda a semana, con xogos e instalacións da man de “La cocinita sabrosa” de Les Festijeux. Exposicións Na vertente máis cultural, poderanse contemplar tres exposicións en tres recintos diferentes: no Auditorio, a X Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, na Sala José Ángel Valente (antigo Banco de España) a exposición “Os Nosos fondos”, e no Museo Municipal, a mostra fotográfica “Aos olhos de Eduardo”.

A concelleira de Cultura, Ana Garrido, co autor do cartel das festas, Baldomero Moreiras. O propio artista describiu as claves do deseño, que foi elaborado con cartulinas recortadas, nunha estética que recolle fogos artificiais, a catedral e siluetas da cidadanía gozando dos festexos.

O principal é, para a concelleira de Cultura, “encher as rúas de ambiente. O Paseo, o Xardín Padre Feijóo, a Alameda, espazos magníficos que temos e que estes días contribuirán na dinamización da cidade”

4 Programación por días. O máis destacado Venres, día 20 23:00 ESPECTÁCULO: XVII OURENSE DANCE. Lugar: Xardín do Posío 17:00-03:40 DERRAME ROCK. Concerto de Loquillo, El Drogas, Barón Rojo, Betagarri, Miguel Costas, Uzzhuaia, Segismundo Toxicómano, Aphonnic, Monoulios DOP e Destmplados. Lugar: Expourense

pus, Backflip, Acidproyect e Prap´s. Lugar: Expourense

Catedral 22:00 CONCERTO de Cristina Pato. Lugar: Xardín do Posío

Domingo, día 22 20:00 CONCERTO da agrupación Amizade da Coruña. Lugar: Praza Maior 21:00 CONCERTO

21:00 CONCERTO FUNK con Cárdova. Lugar: Explanada tras Catedral CONCERTO de Emilio Rúa, Coral do Liceo e Coanhadeira. Lugar: Praza Maior

Martes, día 24 21:00 CONCERTO JAZZ FUSION con Walter Silver Trio. Lugar: Explanada tras

Boys. Lugar: Praza do Ferro 22:00 CONCERTO cos grupos Sonoro Maxín, Melech Mechaya e Txarango. Lugar: Praza Maior 22:00 CONCERTO da Banda de Música Municipal de Ourense. Lugar: Praza de San Martiño 22:00 BURGAS FEST con Mala Rodríguez, Dealema + Woyza, Comando Katana, Aid, 96´ers e Cambio Extremo. Lugar: Posío

Parque de San Lázaro. 21:00 CONCERTO BURGAS FEST con García MC (Dios ke te Crew). Lugar: Pavillón dos Remedios 21:00 CONCERTO Dirty Fanecas, Nancys Rubias e Fangoria. Lugar: Expourense 22:30 CONCERTO do Septeto Santiaguero. Lugar: Praza Maior 00:30 FOGOS ARTIFICIAIS. Lugar: Marxe dereita do Miño

Sábado, día 28

Domingo, día 29

Venres, día 27

Luns, día 23

Sábado, día 21 16:30 - 03:30 - DERRAME ROCK. Concerto de Celtas Cortos, La Pegatina, Rulo y La Contrabanda, Gatillazo, Marky Ramone, Attaque 77, Habeas Cor-

FLAMENCO de Antonio Muñoz con David Contreras “El Cardueli”. Lugar: Explanada tras Catedral 22:30 CONCERTO cos grupos Bestlife e Trampoline. Lugar: Xardín do Posío

Mércores, día 25 21:00 CONCERTO FOLK con Lulavai.Lugar: Praza do Ferro 22:00 CONCERTO de Gallaecia Big Band co espectáculo “Gallaecia All Stars”. Lugar: Praza Maior

Xoves, día 26 21:00 CONCERTO ROCKABILLY con The Dixie

18:30 DESFILE de Xigantes e Cabezudos. Saída Alameda Bispo Cesáreo ata

23:00 CONCERTO da Coral de Ruada e Os Melidaos. Lugar: Praza Maior


22

BARRIOS Xuño de 2014

OCIO E CULTURA

4HISTORIAS DE MONTERREI

Arrincou a festa do boi

Soneto de Monterrei

4 Este referente festivo en Allariz prolongarase ata o 22 de xuño.

No artigo deste mes quero achegarvos un soneto en galego escrito durante os Séculos Escuros (período da literatura galega que vai dende o século XVI ó XVIII e no que a lingua galega sofre unha brutal decadencia deixando de empregarse o galego como lingua escrita a favor dun castelán impulsado dende as cortes de Castela) e, que ao meu parecer, ten moi pouca sona na nosa comarca. Estou a falar de “O soneto de Monterrei” Existe moi pouca información sobre o “Soneto de Monterrei”. Sábese que é un poema de estilo renacentista do século XVI, posiblemente da década de 1530 pero descoñecese a autoría deste soneto e, aínda que nun principio foi atribuído a Luís de Camões, hoxe en día esa idea está desbotada debido a corta idade que tería o poeta naqueles anos. O nome co que é coñecido este soneto débese ao seu primeiro verso, no que sitúa a acción do poema “Alá em Monte Rey em Bal de Laça”. A súa composición ten unha atmosfera bucólica servindo a súa primeira estrofa como introdución para o dialogo que acontece nas tres estrofas restantes entre unha pastora e o autor: Alá em Monte Rey em Bal de Laça, a Biolante bi beira de un río tan fremosa, en berdá, que quedé frio de ber alma inmortal en mortal maça De um alto e lindo copo a seda lassa a pastora sacaba fio a fio, quando lle disse: -Morro, corta o fío. -Bólveo, non cortarei, seguro passa -E como passarei, se eu acá quedo? Se passar –respondi– non bou seguro que este corpo sem alma morra cedo. -Com a minha, que lebas, te aseguro que não morras pastor –Pastora hei medo; o quedar me parece máis seguro. Andrés Diz D, historiamonterrei.blogspot.com.es

Redacción A representación do “Trato do Boi” en Paicordeiro, a chegada dos bois a San Salvador e a súa posterior baixada ata o Campo da Barreira, e a procesión do histórico personaxe Xan de Arzúa foron tres dos eventos destacados nesta primeira fin de semana de Festa do Boi en Allariz, todo un referente festivo da vila que se prolongará ata o 22 de xuño.

Unha festa que ten como principal novidade este ano que catro dos bois que participarán no evento foron criados en Allariz, nos montes de Penamá. Os bois correrán polas rúas do casco histórico da vila dúas veces ao día (ás 8 da mañá e ás 9 da noite entre semana, ás 13:30 e 20:30 o sábado 21 e ás 13:45 e 19:30 o domingo 22). Durante o resto da xornada sucederanse as actividades festivas: carreiras infantís, sesións musicais,

pasarrúas comidas populares, destacando a cea veciñal do xoves, que é un dos momentos máis agardados polos habitantes de Allariz. Son uns días de intensa actividade na vila alaricana, que recibe milleiros de visitantes, en especial durante a segunda fin de semana de celebración.

As carreiras dos bois córrense dúas veces ao día

Durante a súa carreira o boi é atado para descansar en varios puntos do casco histórico./BRAIS LORENZO.

VIII Festival Baila Conmigo 4 Celanova acollerá clases de baile e exhibicións. Redacción Os días 20 e 21 de xuño Celanova voltará seguir o ritmo dos inigualables bailaríns que se darán cita na oitava edición do Festival Baila Conmigo. Profesionais e amateurs acudirán estes dous días á vila de San Rosendo para gozar da súa maior afección: o baile. O Festival dará comezo o venres ás 20.30 horas co inicio na praza Maior das clases gratuitas a cargo de Jandro e Magali (subcampións de Europa de baile artístico 2014), que ensi-

narán aos asistentes os segredos do chachachá (20.30 horas) e salsa en parellas (21.20 horas). De seguido continuará a festa con animación e moita música. Xa o sábado, de 10 a 14.30 e de 15.30 a 18.30 horas, terán lugar no Claustro Barroco clases de iniciación, intermedio e avanzado. Os participantes poderán aprender a bailar bachata, salsa, pasodoble, hip-hop, baile moderno e kizomba, entre outras modalidades. Exhibicións Ás 12 da noite comezarán as exhibicións a cargo dos

profesionais no pavillón municipal (para as cales se pechará o recinto cinco minutos antes e durante as mesmas ningún poderá entrar nin sair do mesmo). Entre os bailaríns de renome que se darán cita en Celanova atópanse Diego e Lorena, subcampións do Mundo; David e María, campións de España de salsa en 2013; e Adrián e Patricia, oito veces campións de España de baile deportivo. Xa á 1.30 da madrugada, tralo remate das exhibicións, dará comezo a festa popular pola vila.

O venres á noite e o sábado (mañá e tarde) haberá clases de baile para todos os niveis

I Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo 4Do 20 ao 22 de xuño en Celanova e Cartelle. Redacción A natureza, a despoboación, os modelos de xestión ou o mantemento da memoria. O amor, a morte e os vencellos coa familila e cos amigos. A relación de finalistas do I Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo recolle unha boa mostra das temáticas presentadas, especialmente vencelladas ao presente, pasado e sobre todo, futuro do rural e o seu desenvolvemento, o espírito co que nace precisamente este festival. Os seus directores daban a coñecer a relación dos cinco finalistas en cada categoría a concurso, que se resolverá durante a celebración do festival, do 20 ao 22 de xuño en Cartelle. “Unha decisión que lle tocou tomar ao xurado, que tivo diante un difícil labor debido á alta calidade e á boa factura das curtas presentadas”, explicaron dende a organización. Documental No caso do documental, os finalistas son: “Hijos de la Tierra”, de Patxi Ruiz; “Trazos en la Cumbre”, de Alejandro Victorero; “Espés”, de Tànit Fernández Ciria e Isaac Rodríguez; e “La selva invisible” Albert Pérez e “Concejo Abierto”, de Carmen Comadrán. “Trátase de traballos de gran calidade centrados en comunidades no rural como Espés, no que se narra a situación dun pobo do pirineo aragonés na voz dos seus últimos catro habitantes, ou ‘Selva Invisible’, centrada nas comunidades indíxenas na amazonía peruana. En grave perigo de desaparición tamén. Son realidades trasversais que encaixan perfectamente co noso festival”, explica o seu director, Aser Álvarez. Unhas curtas que ve-

Aser Álvarez, e Inés Vázquez, directores do festival./ARQUIVO ñen avaladas, ademais, por recoñecementos en prestixiosos festivais. Ficción Pola súa banda, os cinco finalistas de ficción son traballos de temáticas moi diversas pero vencelladas a evolución persoal e as relacións humanas. Tratouse de “Epitafio”s, de María Ballesteros, que conta coa participación do televisivo Arturo Valls; “Porsiemprejamon”, de Ruth Díaz; “Mi ojo derecho”, de Josecho de Linares, que acadou, entre outros o premio ao Mellor director no Festival de cine “¡qué bello es vivir!”; “Al otro lado”, a cargo de Alicia Albares e “Trío de Ases”, de Virginia Valderve e Javier Gallego. Os organizadores agradeceron a todos os que fixeron chegar o seu traballo audiovisual a esta primeira edición do Festival. “Sentímonos moi respaldados e confirmamos que efectivamente hai moita necesidade de crear un circuíto estable de visionado deste tipo de traballos”, explicou a codirectora, Inés Vázquez.

A despoboación, a memoria, o amor ou a morte son algúns dos temas dos traballos


OCIO E CULTURA / IMAXES DO MES

BARRIOS Xuño de 2014

23

500 nenos e nenas formaron o coro que interpretou “No bico un cantar” no claustro do mosteiro de San Salvador de Celanova./RAMSÉS.

Alumnado dos colexios de Verín acudiu a ver “Os Superhércules” ao pavillón de deportes da localidade./CdV.

Un coro de 500 voces canta a Curros Enríquez

Espectáculo didáctico-musical en Verín

O claustro do mosteiro de San Salvador de Celanova acolleu o pasado 6 de xuño a segunda edición da iniciativa musical e educativa homenaxe a Manuel Curros Enríquez, “No bico un cantar”. No espectáculo, promovido pola Consellería de Cultura, o Consello da Cultura Galega, o Concello de Celanova e o grupo Vegalsa-Eroski, participaron un coro composto por medio milleiro de nenos e nenas dos conservatorios da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, así como do coro CPI Tomás de Lemos, os Nenos Cantores da Capela Madrigalista e o Orfeón Unión Ourensana para cantar os versos do poeta celanovés.

Na mañá do domingo 1 de xuño tivo lugar unha ruta cabalar dentro da programación da XVII Festa do Cabalo de Nogueiró, Cartelle./RAMSÉS.

O cabalo, o protagonista en Cartelle

A asociación O Mundil organizou os días 31 de maio e 1 de xuño a Festa do Cabalo de Nogueiró (Cartelle) que este ano chegou á súa 17ª edición. Unha xincana, unha ruta cabalar, unha exhibición de enganche e e un espectáculo ecuestre con cabalos de pura raza galega foron algúns dos eventos destes festexos, que contaron coa visita do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, quen estivo acompañado pola alcaldesa do municipio, Carmen Leyte.

As instalacións do Pavillón Municipal de Deportes de Verín acolleron o espectáculo “Os Superhércules” de Hércules Brass Quinteto de Metais, ao que asistiron máis de 550 menores dos centros educativos da comarca de Monterrei: Amaro Refojo, Princesa de España, Castrelo do Val, Oímbra, Colexio Rural Agrupado Monterrei e María Inmaculada. Tratábase dun didáctico-musical en lingua galega de 50 minutos de duración, que contaba a historia de cinco rapaces que viaxan no espazo e no tempo, resolvendo conflitos de todo tipo co seu enxeño e o traballo en equipo.

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, visitou a adega Crego e Monaguillo dentro da iniciativa Rutas do Viño de Monterrei./RAMSÉS.

Portas abertas na D.O. Monterrei

Seis adegas da Denominación de Orixe Monterrei participaron na fin de semana do 7 e 8 de xuño nas terceiras Xornadas de Portas Abertas, unha actividade promovida pola Axencia de Turismo de Galicia para potenciar a comarca de Monterrei como destino turístico e favorecer un maior coñecemento dos viños desta denominación. Os que se achegaron ata a comarca puideron participar en visitas guiadas e degustacións gratuítas nas adegas Abeledos, Crego e Monaguillo, Fragas do Lecer, Gargalo, Ladairo e Valdeconde, así como degustar menús enogastronómicos nos restaurantes da contorna.

O público puido achegarse ata Niñodaguia a coñecer este oficio tradicional./I.OSORIO Un dos grupos participantes na Xuntanza Internacional de Gaiteiros, que este ano atraeu pouco público (quizais pola calor) ao Castelo de Monterrei. /EDUARDO CASTRO.

Xuntanza de gaiteiros en Monterrei

Gaiteiros solistas de Croacia, Turquía e Lugo e oito grupos ourensáns, un de Portugal e outro de Madrid participaron o pasado sábado 14 de xuño nos arredores do Castelo de Monterrei na “XXIX Xuntanza Internacional de Gaiteiros”, que organizaba a Deputación de Ourense en colaboración co Concello de Monterrei.

Encontro de cacharreiros en Niñodaguia Artesáns de diferentes centros oleiros de toda Galicia participaron a pasada fin de semana no I Encontro de Cacharreiros de Niñodaguia, Xunqueira de Espadanedo, unha iniciativa que xurdiu para dar impulso a un dos oficios artesanais que forma parte do patrimonio cultural galego. O público que se achegou ata o Museo-Obradoiro de Olería da localidade ourensá puido mercar pezas e contemplar demostracións en vivo dun oficio practicamente en extinción cuxa recuperación está a apoiar a Xunta, cuxa directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, foi a encargada de inaugurar o evento.


BARRIOS Xu単o de 2014


Entrevista a dous dos fundadores do Club Pato Blanco ALLARIZ

Páx.11 COMARCAS Páx.11

O V Festival de Xardíns estará aberto ata novembro

Diminúen as infraccións penais en Allariz e Celanova

CELANOVA Páx.12

DEPORTES

Páx.18

Aprobados 378.000 euros para realizar varias obras

Allariz acolle o Campionato de España de Triatlón

[páx. 16]

CULTURA

Páx.22

I Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo

Arrinca en Allariz a Festa do Boi

Novos obradoiros de emprego

Unha saída do boi esta fin de semana en Allariz, dentro da festa declarada de interese turístico./B. LORENZO

A conselleira de Traballo, Beatriz Mato, co alcalde de Celanova, José Luis Ferro./RAMSÉS

[páx. 22]

[páx. 2]

Número: 2 - Ano: IX - Xuño 2014 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Xu単o de 2014


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.