Entrevista a Eva González, coordinadora de Avinza XINZO
Páx.8
XINZO
Páx.10
COMARCA Páx.11
Medio Rural destina 15 O BNG denuncia as A operación millóns a instalacións adxudicacións de obra “Soplete” esclarece agrogandeiras pública do Concello 76 robos con forza
Entroido en Xinzo
[páx. 14]
PROVINCIA Páx.19
DEPORTES
Páx.23
Temporais de récord causan numerosas incidencias
Segunda proba do circuíto Limiactiva de orientación
[páx. 28]
A choiva non desanimou aos amantes do Entroido, que se estrearon en Xinzo este domingo co Fareleiro./BRAIS LORENZO.
Número: 87 - Ano: IX - Febreiro 2014 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
BARRIOS Febreiro de 2014
VERÍN E COMARCA
Aprobación definitiva do PXOM de Monterrei 4 Este novo plan cualifica o 98% da superficie como solo rústico protexido. Redacción
Presidente da Deputación e alcalde de Monterrei estiveron presentes na inauguración do centro socioal da Pousa./A.PAZ.
Inaugúrase o centro social da Pousa, en Monterrei 4 Cun investimento de 160.000 euros, a obra foi financiada con fondos da Deputación e do Concello. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o Concello de Monterrei para coñecer os proxectos sociais e de infraestruturas que se están a realizar neste municipio. Na súa visita, Baltar estivo acompañado polo alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, e membros do equipo de goberno do concello, cos que se desprazou ata o núcleo da Pousa, onde inaugurou o centro social desta localidade. Nesta obra obra investíronse máis de 160.000 euros, procedentes de fondos achegados maioritariamente pola Deputación de Ourense e tamén con achegas do Concello de Monterrei. O obxectivo da obra é poñer a disposición dos ve-
ciños desta localidade unha infraestrutura que permita desenvolver actividades sociais para os veciños e colectivos da Pousa, sinaladamente para as mulleres rurais e os maiores. O centro social conta cunha superficie de 100 metros cadrados e con equipamento de mobiliario e sala de ximnasia. Balneario de Requeixo Ademais, Manuel Baltar visitou a contorna do balneario de Requeixo, unha infraestrutura actualmente en ruínas e que o Concello
pretende recuperar para veciños e visitantes, dada a calidade e propiedades das augas mineiro-medicinais que manan deste manancial. Finalmente, o presidente do ente provincial visitou as obras de acondicionamento e mellora que se están a realizar na travesía do núcleo de Vilaza e no Castelo de Monterrei, e en Vilaza asistiu tamén á presentación da Brigada de zonas verdes, que se encarga do mantemento medioambiental nesta contorna.
Baltar visitou o balneario de Requeixo, actualmente en ruínas, que o Concello quere recuperar, así como as obras na travesía do núcleo de Vilaza e no Castelo de Monterrei
O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, vén de asinar a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Monterrei, nun acto no que tamén estivo presente o alcalde, José Luís Suárez. Hernández destacou que “é un día histórico para este concello, que por vez primeira dispón dun Plan Xeral de Ordenación Municipal, que substitúe ás Normas Subsidiarias Provincias que rexían o planeamento desde 1989”. En definitiva, trátase dunha folla de ruta do desenvolvemento deste concello nos vindeiros 12 anos. Sensible co entorno Este planeamento é especialmente sensible coa
realidade existente e permite manter o modelo deste concello. Hernández precisou que “trátase dunha terra fértil, de alta calidade, que permite obter os mellores froitos da horta, pero tamén do monte, manter a cabana gandeira nos seus pastos e, por suposto, un prestixioso sector vitivinícola con Denominación de Orixe propia”. O novo PXOM destaca a contorna natural na que se sitúa Monterrei, con espazos estratéxicos que polo seu valor ambiental e ecolóxico atópanse baixo da Rede Natura ou cualificados como Lugar de Interese Comunitario, como é o caso do Río Támega. Así pois, preto do 98% da superficie do concello é solo rústico protexido. O novo PXOM delimita 16 núcleos rurais, a maioría de tipoloxía histórico-tradicional; e determina dous
núcleos urbáns: Albarellos e Vilaza, que constitúen os espazos máis dinámicos do municipio. Estímase unha capacidade residencial total de 2.691 vivendas no concello, das que 600 serían novas, na súa meirande parte en solo rural. Uso industrial Este plan contempla, así mesmo, un desenvolvemento de uso industrial de 116.000 metros cadrados ao carón da ampliación do Polígono de Pazos, un ámbito que se considera indispensable dada a carencia de solo industrial no concello. Con respecto ás dotacións, o plan duplica a superficie esixida por lei para espazos libres e zonas verdes, con preto de 118.000 m2. Prevé, ademais, 16.000 m2 de equipamento comunitario, case tres veces máis do esixido legalmente.
O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, acompañado do alcalde de Monterrei o día da sinatura da aprobación definitiva do PXOM deste concello./BORYS MTEZ.
VERÍN E COMARCA
BARRIOS Febreiro de 2014
pleno de verín
Os orzamentos do Concello de Verín para 2014 ascenden a 10,8 millóns de euros
4 Un 28,8% destinase ao gasto de persoal e un 25% a gastos correntes, mentres que para investimentos reais só se reservan 78.000 euros. P. Lodeiro As contas do Concello de Verín para este 2014 suman 10,8 millóns de euros. Desta cifra, 3,1 millóns destinánse a sufragar os gastos de persoal (o 28,8%), 2,7 millóns a gastos correntes (un 25%), e só 78.000 euros a investimentos reais. O rexedor, Juan Manuel Jiménez Morán, defendeu que o orzamento está articulado en base ao compromiso social, á creación e fomento do emprego, á promoción e difusión da cultura, á consolidación da recuperación da actividade económica e ao impulso ao sector turístico, pero ningún dos dous partidos da oposición lle deu o seu apoio. O alcade popular puxo de exemplos para crear emprego a construción da escola infantil, o Centro das Artes de Verín, o Hotel Balneario Escola, e adiantou que esta semana anunciaría “unha sorpresa doutra inversión produtiva que creará 70 postos de traballo” na vila. Críticas á carga impositiva e á falta de investimentos O PSOE criticou a intervención explicativa do alcalde, que lle parecía “un
discurso de toma de posesión” cheo de “futuribles”. González Afonso referiuse ás contas para este ano como un proxecto de orzamentos “nada innovador”, con partidas “infladas e irreais” e nas que “non se visualiza a redución da presión fiscal nin unha política de redución de endebedamento”. A nacionalista Perfecta Losada criticou o incremento de taxas municipais, que as inversións reais “diminúen á metade”, que as transferencias dos Estado e da Xunta se reducen e que non hai partida prevista para o solo empresarial de Tamagos. Jiménez refutou as críticas, insistindo en que o que está facendo cos orzamentos “é xerar ingresos e gastar aquilo que se pode gastar” e que nos últimos anos tenlle dado a volta á situación económica do Concello, cun remanente de tesourería agora positivo e un endebedamento por habitante de só 364 euros (fronte aos 707 en Xinzo, ou os 787 de Allariz, dixo). No tema do solo industrial, o político popular explicou que ten o compromiso da Consellería de Medio Ambiente de que unha vez se teña vendido o 80% do solo dispoñible en Pazos
Toma de posesión da nova concelleira socialista Rosario Rodríguez./P.LODEIRO.
A oposición votou en contra dos orzamentos./P.LODEIRO. se producirá unha nova ampliación deste polígono ou se comprarán as 342 parcelas pendentes para iniciar a construción do parque empresarial de Tamagos. Outros puntos Nesta sesión plenaria de febreiro tomou posesión a nova concelleira socialista Rosario Rodríguez, e ratificou a solicitude á Deputación da inclusión de obras municipais no Plan Provincial de Cooperación; trátase da pavimentación do camiño da Glorieta, e como obra de reserva, a pavimentación da travesía de Sousas e da rúa Lavadoiro. No apartado de mocións, a do BNG sobre a conxelación do IBI quedou sobre a mesa, a petición do alcalde, que propuxo unha comisión de portavoces para abordar o fraccionamento do pagamento deste imposto. No caso da moción nacionalista sobre a reforma do Lei do Aborto, os propoñentes non aceptaron a emenda do PP, e finalmente foi rexeitada por este grupo.
O alcalde defendeu que lle ten dado a volta á situación económica do Concello
4 Aprobada a ocupación directa dos terreos para o Centro Cultural das Artes O Concello de Verín aprobou a ocupación directa de fincas do sud-10 Polvorín onde se construirá o Centro Cultural das Artes da localidade, co voto favorable do grupo de goberno do PP, en contra do BNG e a abstención do PSOE. Tras esta aprobación abrirase un trámite de información pública de 20 días para que os interesados poidan realizar alegacións, e posteriormente deberá aprobarse un proxecto de reparcelación. Todo coa vista posta en 2015, cando a infraestrutura deberá estar rematada. A aprobación da ocupación directa non contou coa aprobación dos socialistas, cuxo portavoz, Emilio González Afonso, considéraa “unha expropiación forzosa encuberta” e repróchalle ao grupo de goberno que non houbera acordo con todos os propietarios dos terreos. Tampouco os nacionalistas estiveron conformes. A súa voceira, Perfecta Losada, xustificouno en que a súa formación política xa votara en contra do PXOM no seu día, en
que non houbera diálogo cos afectados e en que non están de acordo coa execución desta “descomunal” obra, á que se referiu como o “Gaiás de Verín”, nun momento de crise. Losada censurou o gasto de máis de tres millóns de euros nun conxunto de edificios “que non se van poder manter no tempo”. O alcalde, o popular Juan Manuel Jiménez Morán, criticou os voceiros da oposición por querer “torpedear” con argumentos “demagóxicos” un proxecto que todos os partidos levaban nos seus programas electorais e que se financia con fondos europeos. O rexedor ratificoulle a González Afonso que o proxecto para o Centro das Artes é o mesmo que gañara o concurso no seu día, só que se reduciu o presuposto de 5,3 a 3,3 millóns de euros: “deses cubos fanse o do Auditorio e dous para o conservatorio”, detallou. Jiménez Morán defendeu a fórmula empregada, de ocupación directa, que non expropiación: “a expropiación é máis fácil, pero prexudica aos veciños, porque o Concello de Verín se
encarga da urbanización e se lle dan dereitos de ocupación. Nesta liña, o rexedor tendeu a man aos afectados: “teño o meu despacho aberto para falar con quen queira, imos procurar reunirnos cos veciños”. Os propietarios afectados alegarán Parte dos afectados pola construción do Centro Cultural das Artes estiveron presentes na sesión plenaria. A filla e sobriña de tres afectadas, Rocío, confirmábanos ao remate que alegarán á ocupación directa dos terreos e tamén recurriran aos xulgados para defender os seus dereitos. “A nosa postura é que os fondos da UE non se van investir todos no auditorio, esa é a excusa, senón chegaba por expropiar o trozo do auditorio, non 70.000 metros cadrados”. A afectada recorda que o Concello só conveniou cos donos do 25% dos terreos, “ao resto nin nos chamaron”, polo que non ve sentido a un diálogo agora, trala aprobación da ocupación directa.
BARRIOS Febreiro de 2014
VERÍN E COMARCA
As entidades bancarias concentran as reclamacións na OMIC
Suárez fillo substitúe a Suárez pai á fronte do PP de Monterrei Redacción
José Luis Suárez Martínez é o novo presidente do PP de Monterrei, logo de que o pasado 30 de xaneiro a súa candidatura acadara o 100% dos apoios dos compromisarios que participaron na votación. Suárez Martínez, concelleiro e funcionario na Deputación, substitúe no cargo ao seu pai e actual alcalde do municipio, José Luis Suárez Conde. No seu discurso, José Luis Suárez Martínez lembrou que quere traballar “no novo Parque Empresarial, un parque empresarial que sexa unha prolongación física do de Pazos, para aproveitar as sinerxias mutuas dos dous concellos, de Verín e Monterrei. En política, queridos amigos, sumar multiplica. É decir, sumar esforzos, sumar vontades, multiplica os resultados e eso é o que nos compre, porque non estamos sobrados de nada”. E puxo o acento tamén no emblema turístico que é o Castelo de Monterrei, “que ten que ser un centro de empuxe e dinamización turística e nel temos que incluir servizos o suficientemente interesantes e novidosos como para atraer turistas”.
José Luis Suárez pai e José Luis Suárez fillo, no congreso do PP de Monterrei.
4 As telecomunicacións é o segundo sector no que máis se reclama. Redacción Premiados coas distincións Gallaecia.
Viños de Monterrei reciben as distincións Gallaecia 4 Son 12 mencións. Redacción 12 viños da Denominación de Orixe Monterrei resultaron galardoados coas Distincións Gallaecia, premios da Asociación de Sumilleres de Galicia. Este ano a denominación de orixe ourensá acadou un total de doce mencións, superando ademais a súa media de puntuacións. A presidenta da Asociación de Sumilleres de Galicia, Mercedes González, o presidente do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Antonio Méndez, e o secretario de Gallaecia, Alberto Román, fixeron entrega dos diplomas que concede esta asociación aos viños da Denominación de Orixe, nun acto ao que acudiu unha ampla representación do sector do viño na comarca. Na súa intervención, Mercedes González trasladou a súa noraboa a todos os premiados, pois este ano os viños de Monterrei
conseguiron subir a nota de corte para a obtención desta Distinción. A presidenta destacou ademais o incremento en notoriedade e calidade destes viños, que nos últimos tempos teñen conseguido ampliar a súa representación na hostalería, e que resultan altamente competitivos grazas a súa excelente relación calidadeprezo. Pola súa parte, o presidente do Consello Regulador trasladou os seus parabéns a todos os premiados, “os verdadeiros protagonistas da xornada”, e manifestou a intención da institución que preside de reforzar a actividade promocional no 2014, para continuar así nesta traxectoria ascendente que están atravesar os viños da Denominación de Orixe Monterrei.
Entregados pola Asociación de Sumilleres de Galicia
4 Viño oficial da Feira do Cocido de Lalín Un ano máis Monterrei será o viño oficial da Feira do Cocido de Lalín, unha das festas gastronómicas de maior transcendencia en Galicia. Monterrei volve ser elixido como viño oficial deste festexo, acompañando así os numerosos menús que se servirán na rede de establecementos colaboradores da feira. A elección da marca que representará á Denominación de Orixe foi sometida ao xuízo dun panel de expertos catadores en cata a cegas das numerosas mostras que concorreron no concurso. Finalmente, a mellor puntuación recaeu no viño “Sila 2011” da adega Pazos del Rey, unha elaboración monovarietal de Mencía cun proceso de maduración en barrica de carballo de sete meses.
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Verín (OMIC) tramitou no pasado 2013 un total de 1.202 reclamacións, consultas e mediacións centradas, fundamentalmente, nos sectores das telecomunicacións, electricidade, seguros e bancos. Facturación incorrecta, cambios e devolucións, demoras en reparacións e servizos defectuosos foron as queixas máis habituais. Un dos aspectos no que máis se demandou asesoramento foi no ámbito das relacións dos usuarios coas entidades bancarias. En concreto a OMIC tramitou un total de 555 reclamacións, que se centraron nos pasos a seguir no referente ás participacións preferentes e obrigas subordinadas, ademais doutras por comisións, tarxetas, domiciliacións a entidades bancarias, descubertos en contas, préstamos persoais ou hipotecarios. Con todo, segue sendo o sector das telecomunicacións un dos que concentra un importante número de reclamacións por parte dos cidadáns. Nesta ocasión ocupa o segundo posto con 258 reclamacións e 81 consultas (telefonía fixa, móbil e internet), referidas
a cuestións como portababilidade, permanencias nas compañías, penalizacións por dar de baixa servizos, facturación, mensaxes premium sen consentimento e falta de cobertura, sobre todo cando viven ou viaxan preto da fronteira con Portugal. O terceiro posto está ocupado polo sector da electricidade con 62 reclamacións (incremento de prezo da factura, discrepancias na cantidade a pagar), seguido dos seguros cun total de 51 (vivenda, accidentes, defunción, negativa a atender os sinistros e a disconformidade coas valoracións efectuadas sobre os danos sufridos nos bens, incremento de importes). As 195 reclamacións restantes repártense entre os seguintes sectores: compras on line, sector téxtil, transporte aéreo, gas, enerxías renovables, mobles, reparación de vehículos, sanidade privada, academias, electrodomésticos, transporte terrestre e produtos informáticos. A Oficina Municipal de Información ao Consumidor é un servizo gratuíto que ofrece o Concello de Verín aos veciños tanto dos municipios da mancomunidade como aos da comarca de Conso Frieiras.
En 2013 tramitou 1.202 reclamacións
VERÍN E COMARCA
BARRIOS Febreiro de 2014
Un policía local de Verín, galordoado nun premio de seguridade viaria Redacción
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, a directora de Turismo da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, e os representantes da Secretaría de Estado de Turismo, María José González e Salvador Pernas, na presentación en FITUR de “Portas de Galicia, un destino para os teus sentidos”.
A iniciativa “Portas de Galicia, un destino para os teus sentidos” preséntase en FITUR O Plan de Competitividade Turística “Puertas de Galicia” presentou na feira FITUR de Madrid a súa última iniciativa turística “Portas de Galicia, un destino para os teus sentidos”. Na presentación amosáronse os recursos e proxectos turísticos que se están a desenvolver nas comarcas de Verín e Viana, como ‘Catro Estacións Gastronómicas en Portas de Galicia’, as novas rutas de sendeirismo e o Centro BTT Puertas de Galicia (a través dun paquete turístico de relax e bicicleta); ademais dos recursos vitivinícolas da Denominación de Orixe Monterrei, ou as actividades que se desenvolverán durante o Entroido nos municipios integrantes deste plan turístico.
O axente responsable de seguridade viaria da Policía Local de Verín, Fernando Castro Salgado, acaba de ser galardoado por FESVIAL nos III Premios de Seguridade Viaria para Policías Locais, que serán entregados o vindeiro 26 de febreiro. O axente foi galardoado coa medalla á seguridade viaria destinada aos pequenos municipios pola súa traxectoria persoal e profesional de compromiso coa seguridade viaria e as numerosas iniciativas que vén impulsando, entre as que destaca o proxecto “Seguridade e educación viaria transfronteiriza”, que dende hai anos se está a materializar entre as localidades de Chaves e Verín.
Fernando Castro, policía local de Verín, galordoado nos III Premios de Seguridade Viaria para Policías Locais. Os premios da Fundación Española para a Seguridade Viaria (FESVIAL) teñen por obxecto realizar un recoñecemento público ás Policías Locais, aos seus profesio-
nais e aos centros oficiais de formación dos devanditos servizos policiais, cuxa actuación no ámbito de seguridade viaria se fixese merecedora de distinción.
BARRIOS Febreiro de 2014
VERÍN E COMARCA
‘Xornada de Coaching Empresarial’ en Verín Redacción
O vindeiro 17 de febreiro, de 18 a 21 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Verín terá lugar a actividade ‘Xornada de Coaching Empresarial’, a cargo de Marta Salazar Portero. Os asistentes coñecerán de primeira man, a
Membros da comisión xestora do PSOE de Verín con cargos orgánicos do partido.
O alcalde de Castrelo do Val coordinará a comisión xestora do PSOE de Verín 4 Trala dimisión da dirección local en xaneiro. Redacción O único alcalde socialista da comarca de Monterrei, Vicente Gómez (rexedor de Castrelo do Val) presidirá a comisión xestora do PSOE en Verín, logo de que en xaneiro dimitira a dirección local do partido nesta localidade. O pasado 4 de febreiro quedaba constituída na sede de Verín do PSOE a nova comisión xestora, que, ademais de Gómez, está constituída por un representante do Comisión Executiva Galega, Marcos Blanco (alcalde de Ribadavia), un
representante da Comisión Executiva Provincial (María Quintas, secretaria de Organización e deputada autonómica) e como vocais Mercedes Santos, Jesús José Chamorro, Rosario Rodríguez e Benigno Rodríguez, militantes da agrupación municipal de Verín. Esta comisión será partir de agora “o punto de partida dunha nova andadura na agrupación de Verín” co obxecto de “incorporar militantes, conectar coa sociedade e integrar a filosofía do Partido socialista aos colectivos e sociedade civil en xeral así como xente nova que
contribúa a dinamizar a agrupación”, indican os socialistas nun comunicado. A comisión xestora servirá de base para constituir no futuro inmediato unha nova Comisión Executiva Municipal “que dea respostas as necesidades dos homes e mulleres de Verín”. A primeira reunión da comisión xestora contou coa presenza do secretario xeral provincial, Raúl Fernández, e doutros cargos orgánicos e institucionais do partido, como Pachi Vázquez, para empezar a definir as liñas básicas de actuación.
O IES García Barbón impartirá un curso de formación para desempregados O instituto García Barbón de Verín impartirá un curso de formación para desempregados de “Mantemento e montaxe mecánica de equipo industrial”. A formación ten unha duración de 608 horas, divididas en dous módulos formativos (un de 270 e outro de 240 horas), un módulo de prácticas profesionais de 80 horas, e 18 horas de formación en temas transversais.
No módulo de montaxe e mantemento mecánico abordaranse os elementos e mecanismos de máquinas industriais (60 horas); a montaxe de elementos de máquinas industriais (90 horas); o diagnóstico de avarías en elementos de máquinas industriais (60 horas) e a reparación de elementos de máquinas industriais (60 horas). No módulo de mantemento mecánico de liñas automa-
tizadas estudaranse sistemas mecánicos, neumáticos e hidráulicos de liñas automatizadas (70 horas); operacións de mantemento de sistemas en liñas automatizadas (70 horas); programación e control do funcionamento de liñas automatizadas (70 horas), e prevención de riscos laborais e medioambientais (30 horas). Ofrecen máis información na web http://traballo.xunta. es/afd.
través dunha metodoloxía participativa e dinámica, as posibilidades do coaching empresarial como ferramenta ao servizo do desenvolvemento dos profesionais e organizacións. O obxectivo fundamental desta xornada de adestramento é acadar unha comprensión do sentido do auténtico liderado e do imprescindible que resulta no mundo empresarial de hoxe. Marta Salazar Portero é coach empresarial, executivo e de figuras públicas,
especializada en comunicación, liderado e coaching para as relacións interpersoais. Con máis de 10 anos de experiencia no eido da dirección de equipos, congresista e relatora internacional ten adestrado máis de 6.500 persoas en España, Portugal e América. Inscricións Para participar é necesario formalizar a inscrición na web www.uned.es/caourense/, pois as prazas son limitadas.
VERÍN E COMARCA
Castrelo do Val solicita de novo o arranxo das estradas OU-114 e OU-113 4 Á Xunta de Galicia. Redacción O Concello de Castrelo do Val vén de solicitar formalmente e por segunda vez o arranxo das estradas OU 114 e OU-113 á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Por mor do intenso tráfico pesado debido ás obras do tren de alta velocidade que se están a efectuar en Campobecerros e Cerdedelo, o firme das estradas que vertebran o municipio está a verse, de novo, seriamente afectado.
Nun comunicado, o Concello informa que na OU114 os socavóns no centro e nos laterais das vías (sobre todo nas curvas) foron arranxados con formigón, medida que resultou insuficiente xa que se volven formar fochancas e socavóns,
e pide estudar novas formas de arranxo para a vía, coma o aglomerado. No caso da OU-113, á altura do km 8,850 (á saída de Nocedo do Val) o deterioro non so é evidente, senón que se trata dun punto onde transcorre un paso de auga subterráneo, polo que o perigo engadido é maior.
Pide que se estuden novas formas de arranxo das vías máis duradeiras
BARRIOS Febreiro de 2014
Cruz Vermella atendeu máis de 100 persoas grazas ás campañas solidarias 4 En novembro e decembro. Redacción Durante os meses de novembro e decembro, os veciños da comarca de Monterrei volcáronse nos eventos solidarios e campañas postas en marcha a beneficio de Cruz Vermella, permitindo axudar a máis de cen persoas da comarca. O partido solidario “Espello Deportivo por Alimentos”, celebrado no estadio José Arjiz de Verín e organizado polo actor Rubén Riós e o Verín C.F., recadou alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene e alimentación infantil para 55 familias. A iniciativa solidaria do Hospital Comarcal de Verín, que aínda continúa recollendo diariamente as doazóns dos veciños, permitiu atender 15 familias. A primeira edición da Ruta Atlética Solidaria organizada polas Escolas Deportivas do Concello de Verín e Cruz Vermella Monterrei, recadou alimentos entre os participantes, que posteriormente foron entregados a 25 familias. O I Maratón Solidario
Convocatoria de cursos de galego en Verín Redacción
Até o día 21 de febreiro, o Concello de Verín abre un período de inscrición, gratuíta, en cursos de formación para a obtención dos certificados de lingua galega. Os certificados de lingua galega teñen cinco niveis, dos que se convocan cursos de formación anualmente para os catro primeiros. Recoméndase que, antes de facer a solicitude para os niveis comprendidos entre o 2 e o 4, as persoas se informen antes dos coñecementos
de fútbol sala de Sarreaus conseguiu reunir máis de media tonelada de alimentos grazas á solidariedade dos espectadores, cos que se axudou a outras 25 familias. Grazas á solidariedade da cidadanía e o tecido empresarial da comarca, Cruz Vermella Monterrei atendeu a finais de 2013 máis de 100 familias afectadas pola actual crise socioeconómica. Actividades en 2014 Xa en 2014, a asemblea comarcal de Cruz Vermella Monterrei retomou as actividades que de maneira permanente realizan os voluntarios da institución: talleres de reforzo escolar para menores en risco de exclusión social, clases de español para inmigrantes, talleres de envellecemento saudable, talleres de procura de emprego, e accións formativas para o voluntariado.
O partido solidario “Espello Deportivo por Alimentos” recadou alimentos para 55 familias previos que se requiren. Os cursos están promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e teñen como obxectivo ofrecerlle unha opción formativa ás persoas que carecen de acreditación oficial, por procederen doutras comunidades autónomas ou por non remataren a formación de lingua galega a nivel de bacharelato. A duración dos cursos é de 70 horas lectivas e capacitan para se presentar ao exame do CELGA do nivel correspondente. Aos que superen as probas, entrégaselle unha certificación oficial avalada pola Consellería de Cultura, Educación e O.U. que acredita o nivel de formación superado.
BARRIOS Febreiro de 2014
XINZO E COMARCA
Medio Rural destinou 15 millóns de euros para plans de mellora de instalacións agrogandeiras
4 Rosa Quintana visitou no municipio de Baltar unha granxa de coellos que recibiu unha destas axudas. Redacción
Presidente de Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o alcalde de Trasmiras, Emilio Pazos.
Deputación e CHMS estudan unha nova infraestrutura na comarca da Limia 4 Dentro da política medioambiental de ambas institucións. Redacción A Deputación de Ourense a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil estudan cooperar para poñer en marcha unha nova infraestrutura ambiental na comarca da Limia. Coa finalidade de asinar un convenio como o que une a ambas administracións para a construción da depuradora en Padrenda, o presidente provincial, Manuel Baltar, e o presidente da CHMS, Francisco Marín, xunto co alcalde de Trasmiras e deputado provincial de Agricultura, Emilio Pazos, examinaron a posibilidade de levar a cabo unha nova actuación conxunta dentro da política medioambiental
que persegue a mellora da comarca de A Limia, eminentemente agrícola. Proxecto sen concretar Logo desta xuntanza convocaranse reunións técnicas que concretarán o proxecto a realizar, a súa especificidade medioambiental e o seu ámbito xeográfico para que poida entrar en funcionamento antes de que remate o ano 2015.
Unha reunión técnica concretará o proxecto a realizar, e o seu ámbito xeográfico
A Consellería do Medio Rural e do Mar destinou o ano pasado preto de 15 millóns de euros en axudas para plans de mellora, favorecendo deste xeito a modernización e ampliación das instalacións agrogandeiras de Galicia. Así o destacou a titular deste departamento, Rosa Quintana, no transcurso dunha visita realizada a unha explotación cunícola de Baltar que recibiu unha destas axudas. Dita explotación conta cun total de 11 naves, con capacidade para 3.260 partos. E a mesma recibiu de Medio Rural 160.000 euros para a construción dunha nave, dun almacén e unha esterqueira. Novas axudas Rosa Quintana lembrou que xa foi publicada no Diario Oficial de Galicia a nova convocatoria de axu-
Visita da conselleira de Medio Rural á granxa de coellos A Cunca Cunicultura en Baltar. /M.REJO. das para a modernización das explotacións agrarias, para a incorporación de mozos á actividade agraria e para o fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos procesos produtivos en réxime asocia-
tivo. O orzamento inicial é de 250.000 euros, á espera de que sexa ampliado con fondos autonómicos, nacionais e europeos, posto que se trata de axudas cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).
A granxa construiu unha nave, un almacén e unha esterqueira coas axudas./M.REJO.
4 Entrega de motobombas A Consellería do Medio Rural e do Mar entregará 14 motobombas a outros tantos concellos galego para que os empreguen na extinción dos incendios forestais. Entre os municipios beneficiados están os ourensáns de Calvos de Randín, A Gudiña, Castro Caldelas, Manzaneda, Montederramo, Muíños e Vilariño de Conso. Medio Rural investiu preto de dous millóns de euros na adquisición dos vehículos, que son de dous tipos: sete deles equipados con cisterna de 3.000 litros e cabina sinxela e sete equipados con cisterna de 2.400 litros e cabina dobre.
PUBLICIDADE
BARRIOS Febreiro de 2014
10
BARRIOS Febreiro de 2014
EN BREVE
4 Charla informativa de Cruz Vermella A Cruz Vermella organiza en Xinzo unha charla informativa sobre “Axuda a domicilio complementaria”. A conferencia terá lugar no centro social de Xinzo, o próximo 19 de febreiro, a partir das 16:30 horas. A institución benéfica anima a todos os interesados a informarse sobre este servizo de axuda e acompañamento ás persoas maiores no seu fogar.
4 Congresos do PP na Limia O Partido Popular de Ourense continúa cunha intensa actividade orgánica, relativa á renovación de todas as xuntas locais da provincia, mediante a celebración de congresos locais. O 7 de marzo será o congreso de Sarreaus, ao que concurre a única candidatura de Gumersindo Lamas, actual alcalde. O día 29 de marzo será o turno para Porqueira, onde a alcaldesa Susana Vázquez opta tamén á reelección.
Gumersindo Lamas opta a reelección como presidente do PP en Sarreaus.
XINZO E COMARCA
O PSOE considera “gravísimo” o “acoso e derribo” do alcalde contra o arquitecto municipal 4 Acusan a Antonio Pérez de intentar librarse do funcionario para contratar “a dedo” a outro arquitecto. Redacción Elvira Lama, portavoz do grupo municipal socialista de Xinzo, considera “gravísimas” as actuacións do alcalde de Xinzo cos traballadores do Concello; en concreto, denomina de “acoso e derribo” o comportamento do rexedor co arquitecto municipal. “Nunha actuación sen precedentes no Concello de Xinzo, o rexedor decide contratar unha axencia de detectives para intentar desaloxar do seu posto o arquitecto municipal, mentres o sustituto deste foi contratado como persoal laboral indefinido, por decreto no mes de xullo a petición do interesado, despois de prestar servizos de asesoramento o Concello dende o 2005 con contratos renovados anualmente entre o Concello e o COAG”, explican os socialistas nun comunicado. Consideran os socialistas que, se o arquitecto
A socialista Elvira Lama conversando co alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, nun pleno./ARQUIVO. asesor substituíido ten que regresar ao seu posto, o que está de sustituto non pode seguir prestando os servizos, en principio “porque no anexo de persoal dos orzamentos do 2013, tan só figura un arquitecto”. Contratación de detective Os socialistas acusan ao alcalde de gastar 1.700 euros en detectives “para contratar a dedo, mentres
rebaixa o salario dos traballadores nun 15,11%, e non sae dos tribunais por contratación presuntamente ilegais cos custos que suporán as sentenzas contrarias o Concello”.
Acusan ao alcalde de gastar 1.700 euros en detectives para contratar a dedo
O BNG denuncia unha trama nas adxudicacións de obra pública en Xinzo 4 Os nacionalistas non descartan acudir á Fiscalía. Redacción Logo de revisar todas as adxudicacións de obra pública dos últimos tres anos no Concello de Xinzo, o grupo municipal do BNG considera que hai “elementos suficientes” para denunciar “a existencia dunha trama organizada e ‘legal’ cun modus operandi concreto, definido e sistemático encamiñado a que empresas moi determinadas obteñan a execución das obras do Concello, en prexuízo do resto de empresas e de todos os veciños que non se ven beneficiados dos probábeis aforros nos custos que unha concorrencia competitiva podería producir”. A mesma fórmula de contratación Tras analizar unha trintena de adxudicacións de obras e traballos efectuadas polo Concello de Xinzo no período 2010– 2013, o BNG conclúe que na práctica totalidade dos casos as fórmulas legais empregadas son as de “Contrato Menor” ou “Procedemento Negociado sen Publicidade”, que permiten adxudicar as obras sen concurso, sen anuncios públicos e escollendo discrecionalmente ás empresas que van optar a realizalas. Amais, en función do tipo de obra obsérvase que
as empresas convidadas son sempre as mesmas e constátase na maioría dos casos relacións evidentes entre elas. Nestes procedementos o criterio fundamental para decidir a adxudicación é o prezo ofertado xunto coas variantes sobre o proxecto en forma de melloras. “Os resultados son idénticos: ofertas coordinadas entre os concursantes que conducen a que a empresa designada consiga a obra, limitándose as que a acompañan a cubrir o expediente para darlle ao proceso unha aparencia de legalidade”, denunciaron os nacionalistas. “Ao non existir unha competencia real as obras adxudícanse exactamente polos importes de licitación sen rebaixas nin melloras significativas nas condicións. Todo isto contrasta coas escasas adxudicacións realizadas mediante ‘Procedemento Aberto’, nas que a concorrencia das empresas é máis numerosa e as gañadoras ofertan condicións moito máis vantaxosas que producen aforros importantes”, indican desde o BNG. O BNG apunta como máximo responsable “deste xeito neglixente de xestionar os intereses municipais” ao alcalde “coa connivencia de toda a Xunta de Goberno”, e non descarta acudir á Fiscalía para que entre a investigar as irregularidades detectadas.
Ramiro Rodríguez e Xosé Lois Carreira, concelleiros do BNG en Xinzo, nunha sesión plenaria./ARQUIVO.
XINZO E COMARCA
11
A operación “Soplete” esclarece 76 roubos con forza
Actividade na Escola Rural de Saúde A Asociación Escola Rural de Saúde da Limia prosegue coas súas actividades formativas. Nas últimas semanas organizaron o obradoiro “A saúde dos nosos ollos”, que contou cunha gran resposta de público. Os asistentes puideron resolver todas as dúbidas sobre a vista e as enfermidades dos ollos. A asociación tamén realizou, coa colaboración da Concellería de Deportes de Xinzo, a charla “Prevención da morte súbita no deportista mozo”.
BARRIOS Febreiro de 2014
4 Os oito detidos, dous deles de Xinzo, quedaron en liberdade con cargos. Redacción
Público asistente ao obradoiro “A saúde dos nosos ollos” da Escola Rural de Saúde da Limia.
A Garda Civil conseguiu esclarecer 76 roubos con forza nas provincias de Ourense e Lugo, dentro da denominada operación “Soplete”. Os axentes da Benemérita detiveron o pasado 5 de febreiro a oito persoas, todas elas de etnia xitana, como presuntas autoras de delitos de roubo con forza. Son E.M.M, de 40 anos de idade, E.M.G, 26 anos de idade, N.M.J, de 29 anos de idade, J.G.G, de 29 anos de idade, M.M.B, de 20 anos de idade, J.B.C, de 20 anos de idade, todos con domicilio na Cabeanca (Ourense) e E.G.R. e J.G.G, veciños das Campanillas, en Xinzo de Limia. Todos eles prestaron declaración ante o xuíz o día seguinte, quedando a continuación en liberdade con cargos. A operación “Soplete” iniciouse o mes de maio de 2013, tras unha denuncia presentada por roubo nas obras da AVE en Ponte Ambía (Taboadela), onde
tras forzar un enreixado apoderáronse de 100 metros de cable de cobre. Tras esa denuncia ponse en marcha un operativo, que na súa primeira fase resólvese con oito persoas detidas, 76 roubos esclarecidos e gran cantidade de material incautado. Na gran maioría dos roubos os autores apoderábanse de cable de cobre e maquinaria. Os detidos estaban perfectamente organizados, facendo vixilancias, tomando varias medidas de seguridade, realizando os seus desprazamentos por vías secundarias principalmente en horario nocturno. Cos efectos subtraídos acudían aos seus domicilios e alí preparaban o cobre, queimando as cubertas, para a súa posterior venda. Entre os roubos que se lle imputan destacan os das obras do AVE, unha nave de construción de Polígono de San Cibrao, granxas de Carballiño e Soutomaior, e vivendas de Vilamarín, Maside, Luintra, A Peroxa, Maceda, Maside e Baños de Molgas.
Material incautado na operación “Soplete”./G.C.
12
BARRIOS Febreiro de 2014
EN BREVE
4 Inicio da cobranza de impostos Do 1 de febreiro ao 4 de abril, ambos inclusive, o Concello de Allariz procederá ao cobro dos recibos polo imposto de vehículos de tracción mecánica e da taxa pola prestación do servizo do lixo, así como a colaboración veciñal de festas correspondentes ao exercicio 2014. As persoas interesadas poden consultar o contido das listas cobratorias na planta baixa da Casa do Concello, Praza Maior nº 1, en horario de oficina.
4 Curso sobre bonsais A empresa “Xardinería Allaríz” organiza un curso de iniciación ao coidado de bonsais, o próximo 22 de febreiro. Coa colaboración do Festival de Xardíns de Allariz, serán dúas horas de formación (en horario de tarde) de carácter eminentemente práctico. A actividade ten un custo de 15 euros.
4 Premio Vicente Risco de Ciencias Sociciais Vén de entregarse o XVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais a Laura Tato Fontaíña, profesora da Universidade da Coruña, polo seu traballo “Do teatro ao cinema. Obras dramáticas e guións de Ramón Otero Pedrayo”. O premio, dotado con 4.000 euros, está organizado polos concellos de Castro Caldelas e Allariz, e polas fundacións Vicente Risco e Sotelo Blanco.
ALLARIZ E COMARCA
O Concello amplía os Suspéndese o mercado de inverno ao non ceder a Xunta vestiarios da piscina o uso do pavillón do instituto climatizada 4 Concello e comerciantes amosaron a súa indignación ante a negativa do Goberno galego. Redacción O Concello de Allariz e os comerciantes da vila explicaron en rolda de prensa os motivos da suspensión do mercado da oportunidade, que estaba convocado para a fin de semana do 8 e 9 de febreiro. A concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio, Cristina Cid, xunto con membros da directiva da Asociación de Comerciantes e Hosteleiros de Allariz deron conta das razóns da cancelación ante a negativa da Xunta de Galicia a ceder o pavillón do instituto para ubicar nel o mercado. Dende o pasado mes de decembro o Concello fixo diversas xestións para a celebración de dito evento e foi o 31 de xaneiro cando recibiu un escrito da Xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria denegando o acceso ao pavillón multiusos do IES de Allariz. A Dirección de Centros de Santiago confirmoulles esta decisión o 5 de febreiro. Segundo explicaron en rolda de prensa, a Xefatura xustificou a súa alegando tres motivos. O primeiro deles é que se trata dunha actividade lucrativa e non deportiva; o segundo correspóndese a que o pavillón sufriu desperfectos na cuberta hai dous meses
4 As obras realízanse durante este 2014.
Redacción O Concello de Allariz realizará neste 2014 obras de ampliación dos vestiarios da piscina municipal, xa que nalgúns momentos as actuais instalacións vense saturadas debido á grande afluencia de usuarios que acoden ao ximnasio e ás diferentes actividades formativas que se desenvolven nestas instalacións. Estas obras realizaranse con cargo ao Plan Provincial e cunha parte de fondos propios, co obxectivo de mellorar o acceso aos vestiarios ás persoas que realizan actividades de
O pavillón do instituto alaricano ten acollido outros eventos como a Feira do Outono./ARQUIVO. e aínda non se avaliaron os danos; e, por último, dende o Goberno galego lembran que o Concello posúe un pavillón para realizar o mercado. Anteriores usos Pola súa banda, Cristina Cid aclarou que “en ditas instalacións (referíndose ao pavillón do instituto) realízanse actividades como o Nadal Parq, a recepción dos Reis Magos ou a Feira de Outono dende 1993, ano no que asina un convenio de colaboración, sen incidencia algunha, e non se entende como é agora cando se denega a celebración de eventos máis alá do uso deportivo”. Deste xeito, Concello e comerciantes amosaron
a súa indignación ante a negativa da Xefatura, e explicaron que esta determinación “provoca un prexuízo económico, social e turístico para o noso Concello”, dado que confirmaron a mesma só tres días antes da data prevista para a feira. A negativa ao uso do pavillón “prexudica a concellos pequenos, que contan con escasas ou ningunha instalación de usos múltiples para a celebración de eventos”, concluía a edil.
O pavillón leva usándose para todo tipo de eventos desde 1993
formación, con especial atención aos nenos que acoden ás instalacións, e que requiren da axuda por parte dos seus acompañantes. Campo de Vilanova Amais, este ano está previsto o acondicionamento dos vestiarios exteriores no Campo de Vilanova para instalacións complementarias do Clube de Piragüismo. Esta actividade, que conta cunha grande acollida, ten na actualidade as súas instalacións no Centro Cívico Á Fábrica, pero require dun novo espazo para o almacenamento das piraguas.
Curso de contacontos na Fundación González Ferreiro 4 O sábado 22 de febreiro. Redacción O Centro de Educación Ambiental do Rexo en colaboración coa Fundación Ramón González Ferreiro organiza un curso de contacontos. Unha oportunidade para perfeccionar a expresión corporal e oral a través dos contos infantís, dirixida especialmente a monitores de tempo libre, mestres, bibliotecarios, mediadores de lectura ou xestores culturais.
A formación terá lugar o sábado 22 de febreiro en horario de mañá e tarde, e ten un custo de 50 euros, no que se inclúe o xantar no comedor da Fundación, na súa sede de Paciños. O curso será impartido por Beatriz Campos contacontos, actriz e directora teatral, que desde 2007 imparte cursos de formación para profesorado e clases de expresión dramática, plástica e musical para menores.
ALLARIZ E COMARCA
BARRIOS Febreiro de 2014
13
Organizan un curso de Primeros Auxilios en Allariz 4 Promovido por Cruz Vermella Maceda e Terra de Celanova, desenvolverase na Aula de Promoción Económica de Allariz os sábados do 15 de febreiro ao 22 de marzo. Redacción As Asembleas Comarcais de Cruz Vermella Maceda e Terra de Celanova organizan un curso de Primeiros Auxilios. A formación dará comezo o 15 de febreiro, e terá lugar na aula de Promoción Económica de Allariz todos os sábados en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 15:30 a 20:30 horas, até o 22 de marzo inclusive (excepto o 1 de marzo, sábado de Entroido). Os obxectivos xerais do curso inclúen capacitar ao alumno no dominio práctico das técnicas e habilidades máis comúns en primeiros auxilios, coñecer os contidos teóricos que xustifican o emprego de ditas técnicas, así como concienciar ao alumnado da importancia da actitude cara ás vítimas dun accidente. Asemade, a formación desenvolverá aspectos xerais do socorrismo, como a autoprotección, a reanimación cardiopulmonar, a avaliación inicial do paciente, shock e hemorraxias, feridas e contusións, queimaduras, traumatismos e politraumatismos, situacións de urxencia, mobilización e evacuación de feridos, intervención en accidentes con múltiples vítimas e accidentes domésticos. O curso conta con 15 prazas, e consta de 80 horas lectivas, (40 teóricas e
Asistentes á concentración contra a reforma da Lei do Aborto en Allariz.
Concentración contra a reforma da Lei do Aborto O curso capacitará os alumnos no dominio práctico das técnicas e habilidades máis comúns en primeiros auxilios.
O Concello de Allariz convocou unha concentración o pasado xoves 6 de febreiro en rexeitamento da modificación da Lei do Aborto e “pola interrupción voluntaria do embarazo, libre e gratuíta”. Na protesta, diante da casa consistorial, deuse lectura a un manifesto no que se demandou do Goberno do Estado que manteña a lei de prazos de 2010, que en todos os hospitais públicos galegos se atenda a demanda existente de realización de interrupcións voluntarias do embarazo, que a información que reciban as mulleres con carácter previo ao consentimento do aborto sexa obxectiva, e que se poñan en marcha medidas preventivas de formación e información eficaces, sobre métodos anticonceptivos, para evitar embarazos non desexados e prácticas sexuais de risco.
O PP de Paderne de Allariz urxe o Transporte Metropolitano Cruz Vermella de Maceda, en colaboración co Concello de Allariz, celebrou unha charla sobre alimentación e nutrición para persoas maiores no pobo de San Mamede. A charla tratou as diferencias entre alimentación e nutrición, a pirámide de alimentos, dietas para maiores, e consellos sobre alimentación para enfermos de hipertensión, colesterol ou diabete. 40 prácticas). Para poder acceder á titulación correspondente será requirida unha asistencia mínima do 90% ás clases, así como unha avaliación que se determinará mediante a superación dunha proba práctica
e outra teórica. Trátase dunha formación cuxo prazo de inscrición finaliza o día 13 de febreiro. e que ten un prezo de 120 euros, 60 euros para voluntarios da institución.
4 José Manuel Fernández foi elixido presidente local. Redacción José Manuel Fernández Gómez foi elixido presidente local dos populares de Paderne de Allariz co 100% dos votos emitidos, nun congreso local celebrado o pasado día 7. No seu discurso, Fernández Gómez, fixou os obxectivos inmediatos para Paderne de Allariz: a consecución dun novo centro de saúde; a crea-
ción dunha gardería infantil que daría servizo a varios municipios e, sobre todo, o necesario impulso ao Transporte Metropolitano. “Somos conscientes de que para un concello como o noso, a consolidación da área metropolitana de Ourense, cun óptimo servizo de transporte, é fundamental”. De feito, o novo presidente popular sinalou tamén a importancia de continuar traballando na mellora dos
J.M. Fernández. servizos para os veciños e, sobre todo, manter a colaboración entre administracións, clave para acadar estes obxectivos.
14
BARRIOS Febreiro de 2014
ALLARIZ E COMARCA
Entrevista con Eva González, coordinadora do Grupo de Desenvolvemento Rural Avinza GDR 15:
“Dinamizar as comarcas do interior é moito máis difícil ca dinamizar un concello de costa”
4 A coordinadora de Avinza considera que no novo reparto de fondos do programa Leader debería terse tido en conta as dificultades de desenvolver proxectos produtivos en concellos de interior e montaña, cunha alta taxa de envellecemento, unha densidade de poboación moi pequena. Paula Lodeiro Eva González, enxeñeira de montes de profesión, é a coordinadora de Avinza, o grupo de desenvolvemento rural que agrupa os concellos de Allariz, Xunqueira de Espadañedo, Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Taboadela, A Bola, Vilar de Santos e Rairiz de Veiga. Que é Avinza? Eva González: “É un grupo de desenvolvemento rural que xestiona fondos europeos do programa Leader para dez concellos do territorio de Ourense. É un territorio plural porque ten zona de montaña como Maceda ou Xunqueira de Espadañedo, e logo ten concellos da Limia como Vilar de Santos e Rairiz de Veiga; ás veces é difícil facer un plan estratéxico para un territorio tan diferente. Avinza é unha asociación sen ánimo de lucro conformada por entidades privadas e públicas; forman parte os dez concellos do territorio, como socios, e tamén asociacións do ámbito cultural, da muller, gandeiros, comunidades de montes… Funciona como unha asociación cunha xunta directiva e unha asamblea xeral que se reúne cada ano para dar conta de como foi a xestión ese ano”. Con que obxectivos traballa? E.G.: “Traballa no desenvolvemento rural; por un lado ten o apoio a proxectos produtivos, é dicir, a creación, modernización ou ampliación de empresas que se instalen en calquera deses dez concellos, e logo ten tamén o apoio a outros proxectos non produtivos, como pode ser o tema do monte, a posta en valor do patrimonio, ou a conservación do medio natural. Ademais diso, propóñense actividades, como poden ser cursos de formación,
elaboramos dípticos... Agora acabamos de gravar un vídeo con mulleres que se titula ‘Polas Bravas’ e que imos estrear o 8 de marzo e que pon en valor o traballo que desenvolve a muller, e como as mulleres do rural viven e senten o medio no que viven. É sacar esa lacra de que é un traballo moi duro, que viven illadas..., todo o contrario, elas transmiten esa satisfacción de vivir, ese sentido da terra”. En recentes datas tivestes reunión da xunta directiva, que balance fixestes? E.G.: “O que fixemos foi dar conta de todos os proxectos. Como se abre unha nova liña de axudas, deuse conta dos proxectos que se subvencionaran ata o 31 de decembro de 2013, e a listaxe de proxectos que estaban en lista de espera. Empezamos a traballar a finais de 2009, en 2010 fíxose unha campaña de divulgación e de promoción intensa polos dez concellos, con diferentes xuntanzas e mesas sectoriais, e o grupo empezou realmente a traballar, en investimentos, en 2011, 2012 e 2013. Agora hai un novo período 201415”. Cantos proxectos axudastes a poñer en marcha neses anos? E.G.: “Foron 29 os proxectos levados a cabo. Os que están en lista de espera subvenciónanse co novo reparto, porque os cartos que sobran polo que sexa non están disponibles. Son proxectos que van ir a ese novo orzamento que se aprobou a final de ano, 800.000 euros”. Como valorades o reparto de fondos que fixo Agader? E.G.: “O reparto fíxose polo listado de proxectos que tiña cada grupo en lista de espera”. Fíxose en función da execución do gasto no pe-
Eva González, no seu despacho no edificio de Promoción Económica de Allariz./P.L.
“Acabamos de gravar un vídeo con mulleres que se titula ‘Polas Bravas’, que imos estrear o 8 de marzo, que pon en valor o traballo que desenvolve a muller do rural” “A filosofía do desenvolvemento rural do programa Leader é a posta en valor dos recursos propios do territorio” ríodo anterior, non si? E.G.: “Si, ese foi o criterio do reparto. Non estamos satisfeitos, máis que nada porque dinamizar Ourense ou Lugo, as comarcas do interior, é moito máis difícil ca dinamizar un concello de costa, onde a poboación é moito máis elevada, onde a poboación nova é maior. Aquí temos unha densidade de poboación moi baixa, unha alta taxa de envellecemento, polo tanto o esforzo de executar os fondos que temos é moito maior. Se nos sacan fondos…”. Recibides menos cantidade que no anterior período? E.G.: “Máis ou menos é o que tiñamos asignado, só que como había máis fondos (no novo reparto) esperábamos que nos tocara un pouquiño máis. Tamén porque se ti tes un grupo e lle recortas e ten que recortar en persoal, vai ser máis difícil executar e dinamizar, o grupo queda un pouquiño máis coxo. Nós eramos dúas traballadoras, agora estou eu
soa, entón, unha persoa ten que facer o traballo de dous. E ou estás na oficina ou estás na rúa buscando proxectos. Parece que as zonas que máis o necesitan e que necesitarían o apoio de persoal para traballar, ao final…”. Proxectos novos poderían optar este ano a subvencións do grupo? E.G.: “Si, estamos pendentes de que Agader nos autorice a apertura da convocatoria de axudas, que será en marzo, e entón xa se poden volver presentar proxectos”. Que tipo de proxectos son? E.G.: “O desenvolvemento rural é un concepto máis amplo que o sector agrario, entón pódense subvencionar tanto proxectos do sector agrario pero tamén da diversificación da economía rural, que é a medida 4.3, e aí podes subvencionar case calquera actividade que non sexa venda ao por menor e turismo: é dicir, un taller mecánico, ou unha empresa de escaiola... ou dentro do sec-
tor agrario tamén, de feito nós o que buscamos é xente que queira transformar os produtos. A filosofía do desenvolvemento rural do programa Leader é a posta en valor dos recursos propios do territorio, do valor endóxeno. O que intentamos é iso; dentro desa liña se subvencionou o leite ecolóxico Ecoleia, hai un proxecto de elaboración de embutidos en Vilar de Santos”. E a resposta dos diferentes concellos é similar? E.G.: “O que falabamos antes de que era un territorio plural... hai diferentes respostas. Tamén é certo que hai concellos que non chegan aos mil habitantes, dos cales maior de 60 anos hai moita xente. É moito máis difícil que nun concello de montaña con 900 habitantes xurdan proxectos... No noso territorio temos un concello que é o máis dinámico, que é Allariz, que é onde xorden a maioría dos proxectos. Imaxínate iso a nivel costeiro e interior, a equivalencia é similar, se hai poboación
e hai poboación nova vai haber proxectos. E aí está a dificultade do desenvolvemento rural: como nun concello cunha taxa alta de envellecemento e densidade de poboación moi pequena, e aínda por riba concello de montaña ou de interior, se dinamiza, o esforzo que hai que facer”. Avinza tamén dispón doutra liña de proxectos non produtivos, tedes algunha iniciativa prevista neste eido? E.G.: “Si, aprobámolo o outro día na xunta directiva, a idea é facer un concurso de fotografía e de pequeño vídeo, non de territorio, senón fotografía do saber facer: pois a túa nai facendo leite mazado ou o teu pai facendo pan, esas cousas que se fan nas casas e que se van perdendo, queremos recoller a través de fotografías ou de vídeos dun ou dos minutos ese saber familiar. Temos que aprobar aínda as bases. A idea é que ao mellor a través dese concurso podemos extraer cousas para estudar a posteriori algún proxecto”. Nunha asociación na que interveñen dez concellos, e polo tanto políticos, iso prexudica, beneficia ou non inflúe no funcionamento da asociación? E.G.: “Eu falo polo meu, a xestión é moi boa, son dez concellos de diferente cor política e a verdade sempre se aproba todo por unanimidade, é difícil que haxa algún conflicto por algunha decisión, mantense informado á xente, tanto á parte privada como á pública. Noutros grupos ao mellor hai conflictos pero no noso non hai tirapuxas a ver quen gaña. De feito, normalmente os proxectos non produtivos quen os solicita son os concellos e nin nese caso houbo conflitos. Decidiuse que se había proxectos produtivos pois os non produtivos pasaban a segundo plano”.
CELANOVA E COMARCA
BARRIOS Febreiro de 2014
15
O BNG de Celanova propón a semipeonalización da rúa San Roque 4 Reuniuse con comerciantes e veciños para valorar a idea. Redacción O Bloque Nacionalista Galego de Celanova mantivo (o xoves 6 de febreiro na tapería Plan C) unha reunión cos veciños da vila para presentarlles unha nova proposta súa: a semipeonalización da rúa San Roque, ademais de recoller as súas demandas e iniciativas cara ao impulso do comercio. Para os nacionalistas de Celanova a mellora da mobilidade debe efectuarse garantindo á súa vez unha mellora da seguridade viaria urbana. Por iso, consideran que a rúa San Roque é, entre outras, “onde debe de priorizarse a figura dos peóns e limitar a presenza de vehículos”. Prioridade a peóns e residentes Para iso debe de darse, segundo eles, prioridade nesta orde: á circulación de peóns; aos aparcadoiros (regulados e de residentes); á repartición de mercadorías; á circulación de bicicletas e, finalmente, ao tráfico local de vehículos. Ademais, dende o BNG pretenden que esta iniciativa poida impulsar o comercio local, particularmente nesta rúa. En definitiva, buscan “unha rúa máis humana e ecolóxica”, para que deste xeito Celanova, unha vila na que prima o pequeno comercio, “se vaia convertendo así nun lugar acolledor, seguro, que convida a visitala e paseala, mellorando a súa habitabilidade”. O voceiro do BNG en Celanova, Leopoldo Rodríguez, explicounos que á xuntanza asistiron maio-
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, e a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, nun posto da Praza de Abastos da vila./M.REJO.
As melloras da Praza de Abastos de Celanova, impulso para o mercado
4A Consellería de Economía e Industria leva destinado ao comercio de proximidade da comarca medio millón de euros nos últimos anos. Redacción
O BNG propón peonalizar a parte da rúa San Roque sita no lado dereito da imaxe, unha zona pola que agora non poden camiñar os peóns./S.N. ritariamente comerciantes preocupados por se a idea implicaba a supresión dos aparcamento. Segundo nos aclarou o nacionalista “nós queremos dinamizar esta rúa, pero non quitar aparcamento, simplemente regularizalo para que non pase un coche todo o día alí aparcado”. Neste senso, os comerciantes mostraron a súa conformidade co sistema actual (que limita o estacionamento nesta rúa durante 30 minutos), que permite que os veciños veñan a mercar e se vaian de xeito continuado durante toda a xornada. Aínda así, agradeceron a vontade do BNG de preocuparse polas súas necesidades.
Dende o BNG buscan que esta rúa sexa “máis humana e ecolóxica”. Pero non teñen intención de quitar aparcamentos -algo que preocupaba aos comerciantes“simplemente regularizalo”
Beirarrúas a ambos lados Leopoldo ampliounos ademais o seu proxecto. “Trátase de poñer protección para peóns do lado que non hai, no que está situada unha farmacia, unha carnicería e moita xente camiña por esa beira”. Iso si, o único inconveniente que pode ter esta idea é que “habería que estreitar a rúa e iso pode que impedise o paso de determinados vehículos de grandes dimensións”. Pero ante este escollo os nacionalistas esperan “que os que entenden diso valoren a nosa idea e nos plantexen alternativas”. O seguinte paso será levar esta proposta a pleno en forma de moción, “para que o Concello nos dea a súa visión e nos indique se é posible compaxinar o paso de peóns e vehículos pola rúa San Roque”, sentenciou.
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou nunha visita a Celanova que as melloras que se veñen de realizar na súa Praza de Abastos son o punto de arranque para un novo impulso a este mercado, no que se xa se están a abrir novos negocios. Conde destacou que un dos eixos da estratexia da Consellería de Economía e Industria para impulsar a mellora competitiva do comercio galego é a potenciación das prazas de abastos, un ámbito ao que se destinarán máis de catro millóns de euros este ano para avanzar, en cooperación cos concellos, na súa consolidación como líderes na venda de produtos frescos e de calidade. Neste sentido, Conde subliñou que a convocatoria que se porá en mar-
cha este ano, de carácter competitivo, supón unha oportunidade para seguir a colaborar co Concello de Celanova na remodelación do interior do mercado, unha vez acometidas unhas reformas fundamentais como son as da estrutura. O conselleiro, acompañado polo alcalde celanovés, José Luis Ferro, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, así como pola directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, comprobou as obras que se veñen de rematar no recinto, centradas na renovación da cuberta e a carpintería exterior, e que supuxeron un investimento de preto de 70.000 euros. Impulso ao sector comercial O apoio a esta actuación forma parte da estratexia específica de impulso ao sector comercial que desenvolve a Consellería, a
través da cal se levan destinado nos últimos anos preto de medio millón de euros ao comercio de proximidade de Celanova e comarca, e na que o emprendemento é un dos aspectos nos que a Xunta está a facer especial fincapé. Outros dos eidos nos que incide a Consellería de Economía e Industria son o relevo xeracional, a cooperación ou o asociacionismo comercial, para impulsar un sector que, tal e como subliñou Conde, “é un motor fundamental na creación de emprego e riqueza” e que exerce tamén un importante papel vertebrador nas vilas e cidades galegas.
As melloras consistiron na renovación da cuberta e da carpintería exterior
16
BARRIOS Febreiro de 2014
ALLARIZ E COMARCA
A Xunta renova viais e saneamento en Outomuro 4 Requeriron unha inversión de 86.000 euros. Redacción
O afortunado gañador recollendo o diamante./M.Á.
Un veciño de Celanova gaña o sorteo dun diamante S.N.
O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia entregou este 11 de febreiro en Celanova o diamante dun quilate que se sorteou entre os clientes de 300 xoiarías galegas durante a campaña de Nadal, unha iniciativa que segundo o presidente do Colexio, Óscar Rodríguez, buscaba “promover o sector e premiar a fidelidade dos consumidores”. Resultou premiado con este diamante -valorado en
10.000 euros- un cliente da xoiería Rafa. O afortunado, Óscar Penín, que é xerente dunha das farmacias da vila, confesaba que non o cría cando llo comunicaron, e que será un agasallo para a súa dona. Pola súa banda, a encargada da xoiería Rafa, Marita Feijoo, mostrou a súa ledicia de que semellante premio rematase nun pobo pequeno e que fora parar ás mans dun veciño de Celanova e seu cliente habitual.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de finalizar a execución dunha das obras enmarcadas no Plan Hurbe no concello de Cartelle. Trátase da renovación de infraestruturas viais e de
saneamento en Outomuro, que precisou un investimentos de 86.000 euros. O conselleiro Agustín Hernández, acompañado pola secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Roge-
Estrada que une Ourense e Barral ao seu paso por Outomuro, na que se realizaron melloras en saneamento./P.L.
lio Martínez, visitou esta poboación, na que os traballos finalizaron recentemente. Concretamente, as actuacións consistiron na mellora do entorno da estrada OU-404 (que une Ourense e Barral), na travesía de Outomouro; así como melloras na rede de abastecemento e saneamento. No que se refire ao sistema de abastecemento, levouse a cabo a substitución das tubaxes de abastecemento de PVC por outras de polietileno de alta densidade, aptas para uso alimentario. En relación á rede de saneamento, executouse a substitución das tubaxes de formigón centrifugado con xuntas de morteiro por outras novas de PVC compacto. Trala visita, a alcaldesa de Cartelle, Carmen Leite, agradeceu o esforzo da
Rivas, Hernández e Martínez contem Xunta e adiantou que “temos pendente a mesma obra en Cartelle”. Plan Hurbe Os obxectivos do Plan Hurbe pasan por recuperar os espazos de encontro dos cidadáns e contribuír ao reequilibrio territorial, fixando a poboación no medio rural. Desde a posta en marcha do Plan, en 2010, a Xunta leva propiciadas un total de 77 actuacións en 65 concellos galegos, cun investi-
ALLARIZ E COMARCA
Rueda visita as obras da Brigada Municipal de Conservación do Medio Ambiente de Ramirás 4 Estará ubicada na Escola do Picouto. Redacción
mplando un plano dos traballos./P.L. mento de case 90 millóns de euros. O conselleiro apuntou que a provincia de Ourense sitúase á cabeza no numero de actuacións executadas, con 38 proxectos levados a cabo nun total de 30 municipios. Hernández salientou que son obras que destacan polos seus obxectivos, xa que buscan recuperar os contornos históricos, patrimoniais e culturais, así como facer habitable as zonas nas que se actúa.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou o concello de Ramirás co fin de facer un seguimento das obras executadas con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental posto en marcha pola Xunta de Galicia. Alfonso Rueda, acompañado da alcaldesa de Ramirás, Pilar López, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, comprobou os traballos realizados na antiga Escola de Picouto co fin de axeitala para albergar a Brigada Municipal de Conservación do Medio
Ambiente, unha actuación que contou cun orzamento de máis de 30.000 euros.
sistemas de abastecemento de auga, saneamento, instalacións eléctricas e traballos
de carpintería e fontanaría. Así mesmo, houbo que acondicionar o camiño de acceso á parcela e darlle as dimensións axeitadas para o paso do camión de extinción de incendios. Deste xeito, a Brigada municipal disporá dunha sede axeitada e ben situada estratexicamente tanto para o concello como para toda a comarca. A intervención no Picouto, ademais de recuperar un edificio emblemático, contribúe a dinamizar a eco-
BARRIOS Febreiro de 2014
17
nomía do Concello. 37 actuacións Cómpre salientar que con cargo a este Fondo de Compensación Ambiental, a Vicepresidencia da Xunta levou a cabo o ano pasado un total de 37 actuacións na provincia de Ourense, o que supuxeron un investimento máis de un millón de euros.
Esta obra contou cun orzamento de 30.000 euros
Triple beneficio As obras de Ramirás son un exemplo do triplo beneficio que representan as actuacións do Fondo de Compensación Ambiental para os concellos e para os veciños do rural, xa que repercuten de xeito directo nas facendas municipais, contribúen ao reequilibrio territorial e fomentan a preservación do medio natural. Melloras Acorde cos novos usos do edificio, as actuacións cinguíronse a melloras dos
Rogelio Martínez e Alfonso Rueda, xunto á alcaldesa de Ramirás, na visita ao Picouto.
18
BARRIOS Febreiro de 2014
CELANOVA E COMARCA
Arraianos cumple 10 anos difuminando a fronteira
4 Quique Moreiras e Aser Álvarez achégannos á actividade desta asociación, que naceu co obxectivo de promover as tradicións do sur de Galicia e o norte de Portugal. Silvia Nieto Unha década leva a Asociación Arraianos promovendo a tradición etnográfica do sur de Galicia e do norte de Portugal, porque, para eles, estes dous territorios son un, e a fronteira política é unha liña que separa, sen sentido, dúas rexións que pensan e senten do mesmo xeito. Aser Álvarez e Quique Moreiras (o presidente na actualidade) son dous dos fundadores deste colectivo, que conta cunha axetreada axenda para este 2014. Como e cando nace a Asociación Arraianos? Quique Moreiras: “A asociación naceu fai 10 anos polas inquedanzas de Aser, el quería crear unha asociación que promovese o ecoloxismo, a etnografía, a nosa cultura, as nosas tradicións… Eramos unhas dez persoas e con nós xurdiu a asociación, co obxectivo de recuperar o noso”. Aser Álvarez: “Arraianos xorde para tratar de canalizar de xeito colectivo as inquedanzas culturais, sociais e artísticas dun gru-
po de xente de Celanova. A idea era facer unha revista cultural e ir creando unha rede de colaboración transfronteiriza para desenvolver un programa de actividades estable e a cousa foi medrando até nos converter nun dos colectivos máis dinámicos da raia entre Galicia e Portugal”. Na actualidade cantas persoas formades Arraianos? Q.M.: “Máis ou menos estamos a mesma xente que ao principio. Agora o noso principal obxectivo é fomentar o voluntariado, para que nos axuden a levar a cabo os moitísimos proxectos que estamos organizando”. Agora cumplides o voso décimo aniversario. Que actividades tendes previsto realizar no 2014? Q.M.: “Este ano a nivel cultural vai ser moi axetreado. O noso proxecto estrela neste momento é o centro terapéutico de Amoroz, pero a maiores o 2 de xaneiro presentamos o dobre DVD do documental “100% CEF” con material extra e proximamente imos
Aser Álvarez: “O Arraiano Maior é un persoeiro que está a facer traballo en clave desfronteirizante, que contribúe a traspasar límites”
Aser Álvarez durante a inauguración do Centro cultural educativo e terapéutico A Chaira de Amoroz./S.N.
Quique Moreiras é dende agosto de 2013 o presidente da Asociación Arraianos, un cargo que vai rotando entre os fundadores deste colectivo./S.N.
Quique Moreiras: “Hoxe, quen non ten un desquilibrio? Algún tipo de estrés ou agobio? En principio o centro orientámolo para colectivos desfavorecidos, pero realmente está aberto a calquera” colaborar coa publicación do libro de “Aquela Celanova”; tamén colaboramos coa organización do primeiro festival de cine documental da vila; temos previsto preparar un video de interpretación sobre o monte comunal, no que queremos incluír o tema das mámoas; e organizaremos un “Castrexiño” para nenos. Ademais, organizaremos diversos cursos. Un será o 22 de febreiro sobre poda de frutais e ornamentais. De seguido, terán lugar outros sobre agricultura ecolóxica, terapia asistida con cans, e tracción animal na agricultura. Ademais, tamén faremos algúns sobre crecemento persoal, meditación, relaxación, neositerapia (curación polo pensamento), para que a xente teña outro punto de vista para encarar a realidade. Tamén hai previsto un documental sobre Neira Vilas, así como crear un intercambio anual con Castro Leboreiro para fomentar o tema da raia –con rutas de ida e volta, a bici, a pé ou a cabalo- , pero non sei se ao final se farán neste ano. Son proxectos que temos en mente e levaremos a cabo en breve”.
Que representa para vós a figura do Arraiano Maior? Q.M.: “Son como os mestres, os anciáns, os sabios; os que teñen o coñecemento e divulgaron e recuperación da nosa tradición, a nivel de cultura, lingua e literatura”. A.Á.: “Temos en mente algúns posibles nomeados para este ano, mais teremos que debatelo no seo de Arraianos, coma sempre. É moi probable que sexa unha figura da outra beira da raia, pois xa levamos dous anos seguidos dándolle este premio a galegos”. Como demostra esta elección do Arraiano Maior, a vosa actividade sempre está na raia entre Galicia e Portugal. Q.M.: “Efectivamente, porque nós coidamos que a fronteira é unha ilusión, non existe. É algo que se creou polo loucura do home de intentar separar, e nós o que pretendemos a través da asociación é volver a unir, por iso para nós a fronteira non ten ningún sentido, para nós Galicia e o norte de Portugal é a mesma cousa”. E para a socidade galega e portuguesa tamén o é?
Q.M.: “Si, totalmente. Somos irmáns, na lingua e en todo. Que galego non lembra ir a Portugal de vacacións ou a unha feira, e eles tamén veñen acá coa mesma asiduidade. Eles son un anaco máis de Galicia e nós de Portugal”. Desde cando es presidente e canto tempo o serás? Q.M.: “Son presidente dende agosto de 2013 e iremos rotando. Para nós este cargo é unha figura que ten que estar aí, é unha figura burocrática e administrativa, pero hoxe estou eu como podería estar calquera dos que compoñemos a asociación. Dende o meu punto de vista, un sistema piramidal non ten sentido, para que a asociación funcione temos que nos implicar todos, cada un na medida das súas posibilidades e onde teña máis aptitudes, buscamos complementarnos”. Comentádeme un pouco algúns dos proxectos cos que Arraianos colaborou: - O documental “100% CEF” de Aser Álvarez. Q.M.: “A iniciativa foi fantástica e super oportuna, e o resultado espectacular, pero tamén de xustiza, porque houbo un traballo, unha documentación, unha
orixinalidade e un xeito de facer as cousas idóneo. Aí Aser fixo unha gran fusión da tradición e o máis vangardista moi equilibrada, e eu creo que esa foi a chave do éxito do documental”. A.Á.: “Agora acabamos de editar o DVD “102 testemuños de aniversario”, onde incluímos o documental “100% CEF” e moito máis material extra inédito, moi valioso para achegarse a Ferreiro dende unha perspectiva contemporánea. É a obra audiovisual definitiva sobre Celso Emilio”. - Centro cultural, educativo e terapéutico A Chaira de Amoroz. Q.M.: “Isto xurdiu fai tres anos cando eu e a miña dona comezamos a facer cursos con cabalos polo noso propio crecemento persoal, e vimos que había moitas posibilidades e fomos profundizando. Ao mesmo tempo Aser levaba tempo buscando crear unha sede para a asociación e déronse unhas circunstancias que facían entrever que o proxecto podía ser viable e así foi. Eles prepararon todo para pedir unha subvención a Agader e logo xa nos incorporamos nós. No apartado terapéutico, ademais das terapias con cabalos, un dos obxectivos que temos é que a xente volte ter esa conexión coa nai natureza, que dalgunha maneira nas cidades se perdeu. O entorno no que se atopa o centro é inmellorable, natureza en estado puro. Así mesmo é unha zona de mámoas e nestas zonas hai unha enerxía sanadora, é enerxía cero, nin negativa nin positiva. Só con estar alí xa se xera unha enerxía que reequilibra o teu corpo, a nivel físico, mental e espiritual. Hoxe, quen non ten algún desequilibrio? Algún tipo de estrés ou agobio? O centro é válido para calquera. En principio querémolo orientar máis a colectivos desfavorecidos (toxicómanos, discapacitados mentais, menores con problemas de conduta…), pero realmente está aberto a calquera. Faremos actividades para
CELANOVA E COMARCA / PROVINCIA
En 2014 Arraianos colaborará na publicación do libro “Aquela Celanova”, que recopila imaxes antigas da vila e os seus veciños familias, visitas, xornadas abertas, para todo tipo de público. Queremos que sexa un lugar dinámico e aberto a todo aquel que o precise. E eu coido que nuns seis meses conseguiremos estar xa realizando moitas actividades”. - Proxecto “Aquela Celanova”. Q.M.: “Foi unha idea de Pío Álvarez, da Administración de Lotería número 1 de Celanova, que creou unha páxina en Facebook na que comezou a colgar fotos antigas da súa familia, e comezou a estenderse. Está funcionando moito cos emigrantes, imaxínate que estás fóra e ves unha foto de como era o teu pobo cando eras cativo, da xente daquela época… foi un éxito! É un proxecto fantástico!”. A.Á.: “O proxecto do libro xorde ao ver o material tan extraordinario que foi aparecendo na páxina e para poder facer unha publicación de calidade que axudara a codificar o noso pasado e a recuperar tamén o orgullo de ser de onde somos. Arraianos e Lareira Pop colaboramos neste proxecto pensado tamén para que as novas xeracións coñezan a nosa historia máis recente. Contamos co apoio do Concello de Celanova e da Deputación de Ourense, a quen agradecemos a súa colaboración, e en marzo rematamos o proceso de recollida de material, polo que todos os interesados en achegar fotos deberán facelo nestes días, pasando pola administración de lotería de Pío Álvarez, que está a escanear en condicións óptimas todo o material frotográfico que lle achega a xente. Esta publicación tamén vai ser o punto de arranque para novos proxectos editoriais, culturais e audiovisuais; e agardamos poder presentala no verán”.
Temporais de récord
4 O número de días de choiva e vento, a intensidade dos mesmos, e as numerosas incidencias causadas polas borrascas que afectaron a Galicia nas últimas semanas fan historia. S.N. Ata 50 días levamos os ourensáns sen separarnos do paraugas. Petra, Qumaira, Ruth, Stephanie son algúns dos nomes das xa innumerables cicloxéneses explosivas que se fixeron sentir na nosa comunidade. Despois de tantas xa perdemos a conta, pero os efectos das mesmas lembrannos que este inverno está a ser o peor en décadas. De feito, o pasado xaneiro foi o mes con maior número de días de choiva dende que hai rexistros. Concretamente, en Ourense duplicouse o valor climático normal. No remate do 2013 e o comezo do 2014, Galicia quedou marcada pola continua chegada de borrascas dende o Atlántico. A confluencia de aire moi frío e o aire cálido subtropical asociado ao anticiclón dos Azores ocasionou a formación explosiva de moitas destas borrascas. Esta situación xerou ventos moi intensos en mar e terra, así como abundantes precipitacións, que nalgúnhas ocasións foron en forma de neve. Deste xeito, tellados arrincados, inundacións de casas, fincas e locais comerciais, ou o desbordamento dos ríos foron algúns dos efectos destes numerosos temporais. Inundacións A comarca da Limia foi unha das zonas ourensás máis afectada. Unha das últimas borrascas (a que chegou a Galicia o domingo 9 de febreiro) ocasionou que a intensa choiva inundase a entrada e o salón de actos do IES Lagoa de Antela, ao igual que o patio do IES Cidade de Antioquía. Ademais, no IES de Allariz desprendeuse unha chapa do tellado. Pola súa banda, o río Támega anegou ao seu paso fincas en Mourazos, Oímbra, Tamagos, Tamaguelos e Rabal; e mantivo cortada a circulación entre Xinzo e Cualedro. Neste momento (segundo a información
A Confederación Hidrográfica do Douro mantiña en alerta o río Támega ao seu paso por Oímbra./M.REJO. facilitada poloa Confederación Hidrográfica do Douro este 11 de febreiro) o Támega conta cun nivel de 2,49 metros e 103 metros cúbicos por segundo de caudal (2,75 e 126 é o nivel de alarma). Así mesmo, a antiga lagoa de Antela semella querer recuperar o seu sitio, xa que a auga acumulada na súa ubicación pasada tomou diversas fincas e impide a entrada a numerosas explotacións gandeiras e naves. Do mesmo xeito, a comarca de Monterrei tamén sufriu estragos. O desbordamento do río Búbal na Alameda de Vilaza anegou unha granxa (ocasionando a morte de 26 animais), así
como dous baixos, un bar e parte do colexio da localidade (aínda que non se tiveron que suspender as clases). E fixo que a Garda Civil tivese que cortar a circulación entre Medeiros e A Granxa. Previsión para os próximos días Este mércores en Ourense continuarán as chuvias e os ventos, ambos con intensidade moderada. O xoves atoparémonos nunha situación intermedia, á espera da chegada dunha nova borrasca profunda que nos afectará o venres. Día para o cal se agardan ceos moi anubrados con chuvias máis intensas durante a mañá, que pola
tarde se producirán de xeito máis intermitente. Os ventos soprarán moi fortes de compoñente sur. Un panorama desapacible que semella prolongarse durante a fin de semana, pero para comezos da seguinte, segundo informa MeteoGalicia, hai unha alta probabilidade de que o tempo poida mellorar.
Este xaneiro foi o mes con maior número de días de choiva en Galicia dende que hai rexistros
4 Vento, choiva... e tamén neve Os que non puideron acudir ao colexio da maneira habitual foron os 2.000 escolares ourensáns (pertencentes a 39 centros) que espertaron este luns 10 de febreiro coas súas respectivas localidades cubertas de neve. 22 colexios da provincia decidiron non abrir as súas portas debido ao temporal e outros 17 rexistraron incidencias no transporte escolar debido á presenza de neve na estrada. Así, entre as escolas que non impartiron clase atopáronse as de Baltar, Os Blancos, Calvos de Ran-
Estrada de Calvos de Randín nevada este 10 de febreiro. dín, Monterrei, Xinzo de Limia, Riós e Xunqueira de Espadañedo. Unha estampa que se repetiu o martes. Cando dous centros (da Gudiña e A
Mezquita) non puideron abrir, e outros oito sufriron incidencias por culpa do temporal. Entre eles estiveron os de Castrelo de Val e Riós.
BARRIOS Febreiro de 2014
19
Sentenzas favorables ao cobro da paga extra Redacción
Os xulgados do social de Ourense recoñecen o dereito dos traballadores dos concellos a cobrar a paga extra de 2012. Das 27 demandas presentadas ata o momento na nosa provincia pola CIG, 14 foron xa resoltas de xeito favorable para os empregados municipais. Recoñécenlle o seu dereito a cobrar a parte proporcional da paga extra de Nadal do ano 2012, computada dende o 1 de xaneiro ao 14 de xullo do 2012 (data na que se publicou o Decreto estatal polo que se suprimiu a paga extra). “A importancia destes pronunciamentos xudiciais radica en que, tal e como sostiña a asesoría xurídica da CIG, o período de cómputo da parte proprocional da paga extra debe estenderse entre o 1 de xaneiro e o 14 de xullo de 2012 (195 días) e non entre o un de xuño e o 14 de xullo de 2012 (44 días), como reclamaron outras centrais sindicais, por aplicación analóxica (incorrecta) ao persoal laboral dos entes locais de normativas previstas para o persoal funcionario”, explican dende a CIG. “Non é o mesmo percibir a parte proprocional da extra, cun período de xeración de 195 días en 365 (0,53 de paga), que cun período de 44 días en 365 días (0,12 de paga)”, engaden. Ata o de agora foron resoltos favorablemente os casos dos concellos de Sarreaus, Os Blancos, Vilardevós, Laza, Calvos de Randín, A Mezquita, Vilar de Barrio, Monterrei, Vilariño de Conso, Xinzo de Limia, Baltar, A Porqueira e Rairiz de Veiga e Viana do Bolo. E permanecen pendentes de resolución os de outros 13 concellos e mancomunidades.
Das 27 demandas presentadas ata agora en Ourense, 14 foron resoltas favorablemente
20
BARRIOS Febreiro de 2014
PROVINCIA
A Audiencia Provincial xulga o crime do chofer de Verín 4 Un xurado popular deberá ditaminar a culpabilidade da ex muller de Bernardino Pousa, da súa filla e do seu ex mozo, e do sicario portugués que presuntamente cometeu o asasinato. Redacción A Audiencia Provincial acolleu esta semana o xuízo polo homicidio do chofer de Verín, Bernardino Pousa. A súa ex muller, Dolores Álvarez, a única filla do falecido, Ángeles Pousa, a súa ex parella, Alberto Vázquez, e o sicario portugués presuntamente contratado polos tres para cometer o crime, Ilidio Magalhaes “El Cobra”, sentan no banco dos acusados. Os catro enfróntanse a unha acusación de asasinato, que deberá dirimir un xulgado popular.
A Fiscalía pide para eles penas de 22 anos e medio de prisión, para Magalhaes, 17 anos para Alberto Vázquez, e 20 para Dolores Álvarez e Ángeles Pousa. A todos eles aplícaselles o agravante de prezo, alevosía e premeditación, e aos familiares, tamén o de parentesco. Só o ex mozo e o sicario admitiron durante o xuízo implicación no crime. As acusacións cren que a ex muller de Bernardino planeou o asasinato alimentada polos celos e por un móbil económico ante a inminente demanda de divorcio.
Tralas declaracións de acusados, testemuñas e peritos nas xornadas do luns 10 e martes 11 de febreiro, para este mércores día 12 quedaban pendentes as conclusións e a posterior reunión do xurado para ditaminar o seu veredicto. O crime O chofer verinés Bernardino Pousa apareceu golpeado e degolado o 11 de setembro de 2011 na nave de autocares Guerra. A Garda Civil sospeitou do entorno familiar desde o primeiro momento.
Dous dos acusados do crime: á esquerda Alberto Vázquez e á dereita Ilidio Magalhaes/R.T.
Un dos restaurantes da feira Xantar./RAMSÉS.
Xantar serviu 17.000 menús 4 Con 20.000 visitantes, nesta 15ª edición do salón tamén aumentou a participación nas actividades profesionais. Redacción Xantar pecha a súa 15ª edición, a primeira como cita internacional, logo de cinco días de intensa actividade durante os que os profesionais do sector e o público xeral volveron mostrar a súa fidelidade con esta cita conseguindo que o salón manteña o seu número de visitantes, sobre 20.000, e a cifra de comidas e ceas ofrecidas polos 18 restaurantes, ao redor das 17.000. Durante o acto de clausura da feira foron entregados os premios da segunda edición do Concurso Prato Xantar ao que foron presentadas unha vintena receitas e cuxos oito finalistas elaboraron o seu prato en directo no salón. Na categoría de profesionais o gañador foi
Manuel Garea, de Melide, cun prato que denominou “Galicia nun prato, mar e montaña” onde empregou polbo, grelos, lacón, mexillón e algas. Na categoría de afeccionados os gañadores foron Paula Díaz e Iván Álvarez, de Ourense, coa receita “Suprema de rodaballo, arroz de polbo e mexillóns e o seu crocante”. Das 130 actividades do programa, as exhibicións de cociña en directo, as catas comentadas e as degustacións ofrecidas polos expositores foron as actividades que rexistraron maior participación entre os visitantes de Xantar que, ademais de achegarse ata Expourense a comer ou cear, aproveitaron para probar novos sabores e texturas, para aprender a preparar distintos pratos ou para coñecer novas posibilidades culinarias dos
produtos recoñecidos con Denominación de Orixe ou cunha Indicación Xeográfica Protexida. Stands das comarcas En Xantar estiveron representada as comarcas de Monterrei, Allariz-Maceda, A Limia e Terra de Celanova cos stands do Plan de Competitividade Turística “Puertas de Galicia”, Concello de Maceda, Concello de Xinzo, Biocoop, Fina Rei Artesáns Reposteiros, e os restaurantes Val de Monterrei, Conso Frieiras e Riós, a cargo de Asador’s Jose.
Exhibicións de cociña en directo, catas comentadas e degustacións, moi seguidas polo público
ESPECIAL
BARRIOS Febreiro de 2014
21
A Deputación de Ourense presenta o Plan “Ourense é a provincia termal”
Especialización, novos produtos, modernas infraestruturas e promoción, liñas estratéxicas do plan, orzamentado en 94 millóns de euros para situar á provincia de Ourense no mapa internacional do termalismo A Deputación de Ourense vén de presentar “Ourense é a provincia termal”, un plan orzamentado en 94 millóns de euros para situar a provincia de Ourense no mapa internacional do termalismo, coa especialización, os novos produtos, as modernas infraestruturas e a promoción como as súas liñas estratéxicas. Na súa presentación, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, referiuse a este documento afirmando que é o momento “de pasar das palabras aos feitos, porque a nosa provincia foi, é e seguirá sendo un referente termal internacional”. Manuel Baltar dixo que no desenvolvemento do plan o Inorde ten un protagonismo especial, “polo xa feito, polo aportado, e polo que fará para que sexa unha realidade. Un organismo sobre o que pivotará a política provincial nesta área estratéxica”. O presidente provincial agradeceu no seu discurso a implicación da Xunta de Galicia no plan afirmando
que esta aposta conxunta, Deputación-Xunta, “é un eixo claro de desenvolvemento de Ourense. Por ir da man neste “mar interior” que é a nosa provincia, e por presentar hoxe este papel, que non debe quedar en papel mollado, nunca mellor dito, senón polo que si hai que mollarse”. Baltar pediu ao presidente da Xunta que defenda “con toda contundencia” o plan no novo escenario de fondos comunitarios 20142020, para que recibamos os orzamentos necesarios para impulsar como nunca esta provincia e dotarnos dunha personalidade que sempre tivemos pero que agora nos situará na vangarda do benestar, do relax e da saúde. Unha provincia para desconectar e para a que pido prioridade absoluta”. “Folla de ruta” Pola súa banda, Alberto Núñez Feijoo dixo que o plan termal “será a folla de ruta para o termalismo, o turismo e o emprego para
Ourense nos vindeiros sete anos”, e lembrou que o termalismo “é un eixo prioritario, e o plan que hoxe presentamos demostra a necesaria unión de esforzos para levalo adiante”. Núñez Feijoo destacou como elementos fundamentais do termalismo a fidelización e a desestacionalización, como obxectivos para prolongar a estancia do turismo en Galicia. “Termalismo e Camiño de Santiago son os dos grandes reclamos de Galicia”, dixo o presidente galego. Liñas de actuación Pola súa banda, Mario Crecente, responsable técnico da consultora que desenvolveu o plan, explicou que as liñas de actuación baséanse en definir novos produtos termais, como as concesións ao aire libre, para o que se fai necesario establecer unha norma baseada nestes centros de benestar. Tamén falou dunha “especialización intelixente do termalismo”, e da necesidade de “traballar
Baltar pediu ao presidente da Xunta que defenda “con toda contundencia” o plan no novo escenario de fondos comunitarios 2014-2020
Reunión da Xunta de Goberno da Deputación na que se tratou iniciar os trámites para asinar o convenio de colaboración para crear o “Consello Termal Ourensán”./A.PAZ.
Autoridades na presentación do Plan “Ourense é a provincia termal” no Teatro Principal de Ourense o pasado 4 de febreiro./A.PAZ. buscando a diferenciación e a evolución e modernidade do termalismo”. Crecente explicou que hai que aproveitar e coordinar todas as infraestruturas balnearias da provincia e crear un “termalismo corporativo que permita realizar unha
axeitada xestión de todos os recursos termais”. Cultura, investigación, valorizar o patrimonio e promocionar axeitadamente o ámbito termal son tamén, en opinión do técnico, “eidos nos que hai que afondar para que a marca “Ourense” e “Ter-
mal” vaian da man, se poda comercializar e chegue a todos os mercados, de ámbito nacional e internacional”. A isto engadiu aspectos que son necesarios potenciar como a cosmética termal e o sector téxtil adaptado ao termalismo.
4 A Deputación inicia os trámites para asinar un convenio de colaboración que cree o “Consello Termal Ourensán” A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense acordou iniciar os trámites para asinar un convenio de colaboración que terá como obxectivo a creación do “Consello Termal Ourensán”. Desta maneira, o goberno provincial toma a iniciativa no desenvolvemento do plan termal “Ourense é a provincia termal”, de cuxa execución encargarase o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde). A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense determina o inicio dos trámites para a creación do “Consello Termal Ourensán” para o cal deuse tras-
lado aos servizos xurídicos da Deputación para que fagan os procedementos legais e administrativos oportunos. O presidente provincial, Manuel Baltar, avoga por un convenio de colaboración asinado pola Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e as administracións locais da provincia que teñen un protagonismo termal, entre elas o Concello de Ourense, abríndose tamén á iniciativa privada, o sector empresarial e a universidade. “Esta é unha medida consecuente, áxil e rápida trala presentación do plan, para que teñamos canto antes un órgano que defina a execución do mesmo, e
no cal as administracións asuman os compromisos xa fixados nese documento para comezar a traballar cara a presentación de proxectos no novo escenario comunitario de fondos europeos que se abre para o período 2014-2020, unha iniciativa na que iremos da man a Xunta, o goberno provincial e a cidadanía, todos xuntos coa ‘camiseta de Ourense’ como traza de identidade para acadar o éxito deste proxecto”. “Isto non supón –aclara o presidente- a creación de ningunha estrutura, polo cal non suporá custo algún para a institución provincial nin gasto extra de persoal”.
22
BARRIOS Febreiro de 2014
especial CENTROS SOCIOCOMUNITARIOS/SAUDETER
O exercicio, a mellor medicina
Pilates no centro sociocomunitario de Pontepelamios. Risoterapia no centro sociocomunitario de Maceda.
Fitball no centro sociocomunitario do Carballi帽o. Coordinaci贸n no centro sociocomunitario de Ver铆n.
Psicomotricidade no centro sociocomunitario de Ourense.
Baile no centro sociocomunitario de Ribadavia.
Tonificaci贸n con paus no centro sociocomunitario de Ce- Actividade de mantemento no centro sociocomunitario de lanova. Xinzo de Limia.
DEPORTES
BARRIOS Febreiro de 2014
23
A DO de Monterrei, co Novo ximnasio e sala Rali de Inverno de Clásicos de aeróbic na piscina 4 Na undécima edición. climatizada de Verín Redacción
A pasada semana a Denominación de Orixe de Monterrei recibiu os vehículos clásicos do XI Rali de Inverno de Clásicos Deportivos. A explanada do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei acolleu un control horario. Neste evento participaron un total de 52 automóbiles clásicos de España e Portugal. Trátase dunha proba de regularidade que establece o seu percorrido en distin-
tos postos de control horario, de modo que mellor puntuación ten quen máis se aproxime ás medidas horarias establecidas pola organización. Esta primeira etapa transcurriu desde Vilar de Barrio ata Chaves, tendo unha parada obrigatoria na D.O. de Monterrei, xa que era un dos puntos de control horario da proba.
Grandes clásicos Os que se achegaron ata alí puideron contemplar grandes clásicos coma o Jaguar 57 do 65, Porsche 911 e
912, Alpine Renault A110, Ford 100HP Coupé do 47, Ford Capri 300GT, Lotus Elan do 61, o MG MGB, Mini Cooper, MercedesBenz 190SL, o Triumph TRS, entre outros moitos ata completar un total de 52 coches participantes.
A explanada da DO Monterrei foi un dos puntos de control horario da xornada do rali de clásicos
4 Despois da remodelación das últimas datas. Redacción A piscina climatizada de Verín estrea novo ximnasio e sala aeróbica, que conta coas última novidades de máquinas de musculación, tanto para exercicio aeróbico como aneróbico. Despois da remodelación das últimas datas coas conseguintes obras de mellora, mediante a substitución do chan, pintura das paredes e adecuación deste espazo deportivo, que fixeron tamén que cambiaran de ubicación dentro do recinto. Na área de cardio e pesas instalouse un novo equipamento deportivo. Este ximnasio contará con persoal especializado que asesorará aos usuarios, tanto para a correcta
A sala de musculación ten novas máquinas deportivas. utilización da maquinaria como á hora de establecer programas de exercicios. Este servizo ofertarase de luns a venres, de 9 a 12 e de 17 a 22 horas.
horario habitual. Segundo informou o alcalde no pleno de febreiro, tralas melloras na instalación tíñanse producido 200 novas altas de usuarios.
Sala aeróbica Tamén se retomaron todas as clases que se impartían na sala aeróbica no seu
Tralas melloras, téñense producido 200 altas novas
Limiactiva leva a orientación ata o concello de Cenlle Varios dos coches que participaron no Rali de Inverno de Clásicos.
Xornada sobre sendeirismo 4 Celébrarase en Allariz o 15 de febreiro. Redacción O sábado 15 de febreiro celébrase no salón de actos do fogar do maior do Concello de Allariz a V Xornada sobre homologación de Rutas de Sendeirismo. Esta xornada, organizada por segatur e coa colaboración do Concello de Allariz, está aberta a todo o mundo. A xornada dará comezo ás 11 da mañá e a inscrición débese facer obrigatoria-
mente na web segatur.com/ segatur ou no teléfono 886 11 70 11. Participar na xornada é de balde aínda que as prazas están limitadas, accedendo por estrita orde de inscrición. Programa O programa da xornada aborda oito puntos: impacto dinamizador e económico do turismo rural; estudo da tendencia do turismo naturalista en Europa e en
España; que é un “Sendeiro homologado”?; normativa existente; tipos de rutas en Galicia: GR, PRGM situación das rutas homologadas en Galicia; que son os técnicos titulados de sendeiros?; pasos para crear unha ruta. homologación e axudas;e finalmente, servizos, tramitación e produtos ofertados no sendeirismo por SEGATUR.
Unha das rutas galegas.
4 Celébrase a segunda proba do circuíto Limiactiva. R.T. Limiactiva leva a orientación ata Cenlle coa segunda proba do circuíto Limiactiva. O sábado 15 de febreiro terá lugar unha xornada de iniciación á orientación deportiva no mapa novo de Laias-Cenlle. Para o domingo día 16 queda a celebración, no mesmo lugar, da segunda proba do Circuito Limiactiva 2014. Asemade, ese día estrearase o circuíto permanente, que consta de cinco percorridos, asequibles para todos os públicos. Andaina No mesmo concello de Cenlle celebrarase no
mes de marzo, o domingo 9, unha andaina solidaria a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. O lema desta quinta edición será “Camiñando xuntos
contra o cancro infantil”. Haberá tres rutas: unha curta de 4 quilómetros; unha intermedia de 11 e unha longa de 18 quilómetros. A inscrición está aberta ata o 5 de marzo e ten un custo de cinco euros, dos cales dous irán destinados á Asociación Española Contra o Cancro. A saída e meta de devandita terá lugar na praza da Tenencia de Cenlle. Ofrecen máis infomación na web municipal www.cenlle.es.
Cartel da proba de orientación de Cenlle.
24
BARRIOS Febreiro de 2014
DEPORTES
O Pereiro de Aguiar, sede do Campionato Provincial de Campo a Través Escolar 4 Disputarase o vindeiro 15 de febreiro. R.T.
Plantilla do Ourense na sala de prensa do Couto lendo o comunicado. /RAMSÉS
Distanciamento entre directivos e empregados do Club Deportivo Ourense
4 Sendos comunicados abriron un cisma na entidade rojilla. R. Torres Non corren bos tempos no Couto. Cisma no Club Deportivo Ourense entre xogadores, corpo técnico e traballadores do club por un lado, e o Consello de Adminintración, polo outro. Plantilla O luns 3 de febreiro o capitán Yosu lía un comunicado conxunto dos xogadores, corpo técnico e empregados do club ante os medios de comunicación. Rubricábano todos os presentes. Na mesa da sala de prensa do Couto estaban Yosu (capitán), Luisito (adestrador) e Raúl Rois (delegado); tras eles o resto dos firmantes. O comunicado comezaba explicando a débeda adquirida polo club con todos eles e as dificultades que están a pasar debido aos retrasos no pago das nóminas (tres aos xogadores, tres e medio nalgún caso, e cinco a traballadores). Continua-
ba dicindo que confiaron e apoiaron en todo momento ao club. A partir dese punto comezan a cuestionar á directiva, e consideran inxusto que argumenten que a situación real vén dada pola falta de apoio dos membros do club. Noutro dos puntos pedían aos directivos que non eludiran respensabilidades en factores externos, considerando externos a empresas, socios institucións e seguidores. Consello de Administración 24 horas despois, e coa dimisión irrevocable do vicepresidente, José Luis González, e do secretario, Ángel González, o Consello de Administración deu a réplica ao comunicado do día anterior. O presidente, Alejandro Estévez contestou punto por punto ao escrito dos traballadores. Primeiro tildou de falso que
a débeda cos empregados sexa tan grande. Estévez mostrouse moi crítico no punto no que os empregados consideraban factores externos a empresas, socios, institucións e seguidores; para el son peza fundamental de todos os clubs do mundo sendo estes factores os que fan xerar os recursos necesarios; e avisaba que eles non ían contribuir co seu patrimonio persoal. Ferida aberta O que si é certo é que esta ferida aberta ten difícil cicatrización coma o propio presidente aseguraba. Aínda que espera que o seguinte comunicado sexa conxunto entre todas as partes do club. Un cisma, cicloxénese explosiva, ruptura ou coma lle queiran chamar no Club Deportivo Ourense, na que o último episodio está aínda por escribir.
O sábado 15 de febreiro disputarase no complexo deportivo de Monterrei o Campionato Provincial de Campo a Través Escolar. O Servizo de Deportes de Ourense da Xunta de Galicia en colaboración coa Delegación Ourensá da Federación Galega de Atletismo organizan este evento dentro do programa XOGADE. As categorías participantes serán a benxamín, alevín, infantil e cadete. Nas categorías benxamín, alevín e infantil poderán tomar parte en cada unha das probas, os dous primeiros equipos clasificados de cada zona e os oito primeiros atletas, se non forman parte dos equipos clasificados. En ningún caso se correrá o posto de invitado aos atletas que chegaran a partir do oitavo clasificado. Na categoría cadete queda libre a participación. Cada equipo, para puntuar, estará formado por un mínimo de catro e un máximo de seis atletas. Horarios A carreira cadete feminino dará o pistoletazo de saída das probas ás 11.00h;
ás 11.25h turno para o cadete masculino; as alevíns femininas comezarán a súa carreira ás 11.50h; as carreiras de benxamín feminino e masculino terán lugar ás 12.05h e 12.20h respectivamente; o alevín masculino comezará ás 12.35h; a proba infantil feminina será ás 12.50h e a masculina desa mesma categoría ás 13.10 horas. A entrega de trofeos realizarase ás 13.30 horas. Clasificación e fase final Para este Campionato Provincial establécense dúas clasificacións. Unha individual e outra por equipos. Na clasificación por
4 Dúas vitorias en nove encontros é a pobre bagaxe na casa. O Club Ourense Baloncesto vén de colleitar unha nova derrota no Pazo dos
Participan as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete
A fase final de campo a través disputarase no complexo deportivo de Monterrei -O Pereiro de Aguiar-. /RAMSÉS
O COB non dá a talla no Pazo Paco Paz R. Torres
equipos sumaranse os puntos obtidos polos catro (3 en cadete) corredores mellor clasificados, resultando vencedor o equipo que obteña o menor número de puntos. Clasificaranse para desputar a Fase Galega os dous mellores equipos das categorías alevín, infantil e cadete, así como os oito primeiros atletas de cada categoría, sempre e cando non sexan dalgún dos equipos xa clasificados.
Deportes Paco Paz. Nesta ocasión contra o equipo rioxano do Cocinas.com por 67-71. Con esta derrota o equipo
di practicamente adeus á loita polo play off e tocaralle pelexar ata o final para non descender. Barcelona B e Navarra son os dous equipos que ocupan o descenso con dúas vitorias menos que os ourensáns. Por enriba, o Lleida é noveno (play off) con tres vitorias máis que o COB. Este sábado os de Gonzalo García de Vitoria visitan a cancha do Breogán de Lugo.
OCIO E CULTURA
4 Destinados a nenos de entre 3 e 9 anos.
4 Terá lugar o 20 e 21 de xuño e proxectará curtas documentais e de ficción sobre o medio rural. Os vindeiros días 20 e 21 de xuño Cartelle e Celanova acollerán o I Festival Internacional de Cine Carlos Velo, organizado man a man pola Asociación Arraianos e a produtora Lareira Pop. Serán dous días de intensa actividade no que as curtametraxes deocumentais e de ficción serán as raíñas, todas elas cunha temática relacionada co medio rural coa que, como nos explicou a presidentea de Lareira Pop, Inés Vázquez, buscan “ahegar moito á recuperación da memoria histórica e cultural. No marco dunha cultura cada vez máis audiovisual, sobre todo entre a xente nova, o documental poder ser a forma de levar temas de interés vinculados á dignificación do mundo rural, ao patrimonio material ou inmaterial, así como contribuir a xerar un intercambio interxeracional que doutras formas non sempre é doado conseguir”. Será unha cita para profesionais e amantes do audiovisual, coa que se busca render homenaxe á figura e ao legado do cineasta de Cartelle, Carlos Velo. “É un xeito de reivindicar ese tipo de cine que escarba nas raíces das cousas e dota de sentido ao que somos actualmente”, explica Inés. Esta iniciativa bota a
andar con dous días de actividade, que agardan ampliar en vindeiros anos en función da resposta do público e dos traballos recibidos. Pero nesta primeira edición, cargada de traballo e ilusión por parte de Arraianos e Lareira Pop, a exhibición das curtas seleccionadas e a cerimonia da entrega de premios serán os eixos centrais, aínda que dende a organización prevén a realización de “actividades complementarias que atraian a público diverso”, adianta Inés. Os interesados en presentar traballos teñen ata o 17 de maio para facelo; a partir de entón comezará o proceso de selección. Celanova sempre foi terra de poesía, e agora tamén de audiovisual. Arraianos, Lareira Pop, o Festival de Cine Carlos Velo e os numerosos mozos da comarca que se están a abrir un camiño (moi prometedor, por certo) neste ámbito demóstrano. As Terras de Celanova foron, son e serán todo un referente cultural.
Busca render homenaxe á figura e ao legado do cineasta de Cartelle, Carlos Velo
25
Contos para fomentar a lectura en Verín
Celanova acollerá o I Festival Internacional de Cine Carlos Velo
S.N.
BARRIOS Febreiro de 2014
Redacción
Escolares nunha pasada edición dos concertos didácticos de órgano./ARQUIVO.
VI Ciclo de concertos didácticos de órgano na Igrexa de San Salvador 4 Desde marzo a xuño. Redacción O Concello de Celanova, en colaboración co Conservatorio de Música de Ourense, a Deputación de Ourense e a Parroquia de San Rosendo en Celanova; e patrocinado pola Xunta de Galicia, organiza o VI ciclo de concertos didácticos de órgano na Igrexa de San Salvador en Celanova. O ciclo está dirixido pola profesora de órgano do Conservatorio de Música de Ourense, Marisol Mendive. Estes concertos están dirixidos a alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato, teñen unha duración de 50 minutos e os grupos poderán ser de máximo 50 estudantes. O ciclo oferta 10 xornadas con tres clasesconcerto pola mañá desde
o mes de marzo ao mes de xuño. A primeira delas será o 25 de marzo, e as sesións continuarán en abril (os martes 1, 8 e 29), maio (os días 6, 13, 20 e 27) e xuño (os martes 3 e 10). Cada día haberá tres concertos (en horario de 11 a 11:50, de 12 a 12:50 e de 13 a 13:50). A actividade incluirá tamén unha visita guiada polo mosteiro e outros puntos de interese de Celanova. As sesións didácticas inclúen unha explicación do instrumento e a súa historia, así como unha parte práctica na que profesora e alumnos abordarán os contidos e partituras incluídos na unidade didáctica. Entre eles, interpretaranse pezas clásicas de Haendel, música tradicional galega, ou pezas actuais como o vals de Amelie.
A Biblioteca Pública Municipal de Verín inicou o 1 de febreiro a iniciativa ‘Contos en Inglés’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización desta instalación. A realización desta actividade educativa, que se programa por primeira vez en Verín, ten por obxecto a aproximación á lingua inglesa dos cativos de entre 3 e 6 anos que na mesma participen (a capacidade máxima desta actividade é de 12 nenos). Ata o momento desenvolvéronse dúas xornadas, o 1 e o 8 de febreiro; e aínda quedan outras dúas por ter lugar, o 15 e o 22 (de 11.30 a 12.10 horas). Son un total de corenta minutos nos que os rapaces formarán parte dunha sesión de contacontos integramente en inglés, adaptada as idades dos menores. De seguido, os pequenos realizan diversas
actividades educativas e lúdicas, a través de cancións, recortables e xogos. Para que o seu neno participe en “Contos en inglés” é preciso que o inscriba na propia biblioteca ou no 988 41 47 76. Viaxeiro transfronteirizo O 14 de febreiro, de 18 a 19 horas, a biblioteca de Verín acolle a iniciativa ‘O Conto Viaxeiro Transfronteirizo’, na que participarán 50 nenos (de entre 3 e 9 anos) de dez pobos galegos e outros dez portugueses. Os cativos construirán unha historia, crearán personaxes, elaborarán escenarios e as tramas, e eles mesmos ilustrarán os seus contidos. Todo co obxecto de reducir esta fronteira que a veces separa, mellorando así o coñecemento mutuo entre as dúas partes e poñendo en valor o traballo nun proxecto común Para participar nesta actividade será necesario inscribirse nesta instalación municipal.
EN BREVE
4 Concerto dos alumnos de música O domingo 16 de febreiro, ás 18 horas na Casa da Cultura de Allariz, os alumnos da escola de música amosarán para todos os asistentes un repertorio de actuacións nas distintas especialidades. Estarán dirixidos polos profesores Leticia Vázquez Blömer (música e movemento), Ruth Gómez (piano) e Mi-
guel Ángel Álvarez Araujo (Guitarra).
4“Sede de mal” O 15 de febreiro, ás 19 horas na Casa da Cultura de Allariz, Luis Iglesias e Xavier Deive presentan “Sede de mal”, unha comedia a 12 cordas sobre o lado escuro da vida. A entrada terá un custo de 6 euros, salvo para quen presente a tarxeta cidadá (da Eurocidade Verín-Chaves), a quen lle custará 5.
26
BARRIOS Febreiro de 2014
OCIO E CULTURA
4HISTORIAS DE MONTERREI
O silencioso hotel do Castelo de Monterrei Vai xa para dous meses que se coñeceu a noticia de que a Xunta quería converter o Castelo de Monterrei nun hotel, dous meses dende que nos decatamos de que detrás dese andamiaxe que cobre o castelo non estaba o arranxo dun ben de interese cultural, o que había detrás dos andamios era a súa privatización. Dous meses pode parecer pouco tempo, pero dous meses de silencio son unha eternidade. Durante todo este tempo ninguén nos explicou a grandísima idea de construír un hotel a 500 metros dun parador de turismo que din que non é viable. Non houbo quen dera resposta a que pasará despois coa xente que queira visitar o castelo. Ninguén saíu a explicarnos por que se gastan fondos europeos nun negocio que lle fará unha competencia atroz aos hoteleiros da comarca. Non se aclarou como poden facer un hotel se a cesión do castelo á Xunta de Galicia non contemplaba o seu uso lucrativo. É que nin tan sequera houbo quen
“Fanfán”, virus de Entroido
confirmara que querían instalar un hotel no castelo de Monterrei. Ninguén explica nada, ninguén di nada. Nin por parte dos que gobernan nin por parte da oposición, con respecto a nosa fortaleza só existe silencio. Un silencio incómodo onde os haxa, un deses silencios que te fan tremer de medo. Queren gastar no castelo uns cantos millóns de euros pero non o publicitan? Algo non cadra nesta historia. De mentres calan, todo segue para adiante. A principios do mes de xaneiro foi adxudicado o proxecto para o uso hoteleiro do castelo a unha empresa de Santiago, pero iso si, totalmente en silencio. Andrés Diz D, historiamonterrei.blogspot.com.es
“Ninguén explica nada, ninguén di nada; con respecto á fortaleza só existe silencio”
Obras de rehabilitación do Castelo de Monterrei.
4SUDOKU
4DESDE A PONTE... A MONTERREI
[nivel difícil]
Topeino no sitio de sempre, quizais pensando no entroido. Senteime ao seu carón, e charlamos un anaco do que mais nos gusta, o carnaval. El é un dos veteráns do entroido de Verín, vila onde naceu, en plena postguerra, na casa paterna, situada segundo as súas propias verbas, na exclusiva zona residencial, do barrio da muralla, concretamente no canellón da muralla, onde hoxe rulan os cigarróns coma lóstregos, cara á praza do “Pescadilla”, maxia pura. Os seus país déronlle o nome de Xosé Ramón González Sola, mais no rexistro entroideiro consta como “Fanfan”, apodo co que o pobo o bautizou. M. Chita: Cales son os primeiros recordos que tes do entroido? Fanfán: “Teño no maxín, a miña nai tiznando con carbón da cociña os veciños na hora de comer. Ela quince días antes da festa, xa comenzaba coas bromas, tamén tiraba habilmente os petardos e botáballe a culpa aos do seu carón. Lembro con morriña a praza chea de disfraces, capuchóns e máscaras que non paraban de bailar, a ritmo de gaita, bombo e tambor. Había xente célebre que tiraba caramelos, e ás veces moedas, onde os cativos facíamos caixa. Os mozos subían ás casas tras das mozas, para tiznalas ou enfariñalas, e de paso “tocar algo”. Os pequenos buscábamos cociña ou adega para levar algo o dente, foi aquí, nestas datas, cando comenzou a entrarme no corpo, o vi-
rus do entroido”. M. Chita: Cal foi a primeira parodia entroideira que fixeches ? Fanfán: “Pois foi unha voda, onde a noiva ía con traxe blanco e o noivo con frac, montados nun carro cheo de sembras de pan, cabrito asado e viño. Pasámolo en grande, comendo e bebendo. Naqueles entroidos enchíase o bandullo, mellor que no Nadal. Axiña, xurdiu a primeira carroza chamada “Siete machos”, con antena e cámara de tv; fixemos tanto fume co carro, que non nos víamos entre nós. Despois saímos de bombeiros con escadas, cisterna e campás. Formei parte de varias comisións e creamos diversos grupos célebres, como os recordados “Fona y sus muchachos”, “The Manituvacavoys”, “The Distripatorrones”, e o mítico “Kascalla o kan”. Case sempre, rematábamos no cuartelillo, por mor da retrógada mentalidade das autoridades da época, mais daquela, a xente metía presión e rebelábase con gritos de ‘soltádeos, soltádeos!” e axiña estábamos na rúa, tocando outra vez. Aquelo si que eran entroidos, estaba prohibido todo, e desafiando os bandos do alcalde e gobernador, o cigarrón saía con honra e as mascaras a bailar con agallas”. M. Chita: Fixéches grandes carrozas recordadas por todos, cal foi a que te marcou? Fanfán: O “virus” foi medrando, e coa sempre fiel axuda do meu amigo “Xerardo Fernández” e como non, dos meus empregados, que aproveito para darlle as
grazas dende aquí, por tantas horas de batalla, e sempre a deshora, sen eles non sería posible dar o nivel. Despois viñeron ”Cazador de recompensas”, “Vota al PUFO (partido unificado de foquis ordinarios), “O crimen do Bar Xardín”, “Turistas”, “Teatro de la ópera”, “Apolo-Kú”, “ A bruxa”, “Clínica Veterinaria”, “ Operación de corazón”,”Volcán”, “Alpabarda cazada en la Perguiza”, “Emir Jalifan”,”FanFankestein”, “Búfalo-Fan”, “Corrida na alameda”, “Unidad móvil TV”, “Clínica dental el animal”, “Fanpolvos-Fanpartos”, “FotoFan”, “Funeraria la alegría”, entre outras. Na carroza de “Operación de corazón” tiven a inestimable colaboración do ciruxián xefe do tinglado, “O Grolo”, que foi tío deste menda, e un dos que me pegou o viru”. Tamén estivo conmigo “O Palmero”, xuntos fixemos a corrida da novilla na alameda, un éxito, orella e rabo! E o crimen do bar Xardín, onde vendimos centos de coplas de cego, desvelando o crimen xamais contado; mais a ganancia non deu para cubrir os gastos de bocadillos e viño”. M. Chita: Que votas de menos no entroido? Fanfán: “Agora, tócame estar de espectador, e paseo polo entroido. Cando vou a praza ver o pregón, penso que iso non é o noso, non representa o entroido puro, no escenario sempre hai un fulano que apenas coñece as cousiñas de aquí, e por riba hai que pagarlle. Penso, que na vila, hai xente moi válida para ler un pregón de entroido coma é debido.
Xosé Ramón González Sola, “Fanfán”, (coa chaqueta branca) dando un pregón.
O que mais boto de menos é non poder entrar na praza coas carrozas, facer entroido onde hai que facelo, na nosa praza. Vexo moita xente, grandes orquestras, mais fáltame algo, fáltame entroido, capuchón, máscaras, máis personaxes facendo comedia, iso é o que hai que ‘regar’. Eu sempre me sentín querido polos meus veciños, tratei de pór un grao de área como moitos fixeron antes, para que este entroido medrara e non fora a menos, por iso, coas miñas carrozas e cos números que montei, trataba humildemente, de ‘regar’ as raíces deste fermoso entroido, para que medren e non sequen. Coido que se nos cortan a praza, a ilusión da xente esfúmase, e o virus do que che falaba antes, desaparece”. M. Chita: Podes dicirme sinceramente que é o que mais che emociona do entroido? Fanfán: “O domingo gordo, cando as pulsacións dos entroideiros están a tope, antes de estrear a carroza, e cando escoito esas chocas dos cigarróns impecables, pequenos e grandes. Nese momento é cando o virus sae a liberarse e non podo evitar a emoción, pero ao mesmo tempo, sei que esas bágoas fan que me sinta máis de aquí, e por suposto, síntome orgulloso entre tanta cor, sen esquecer con nostalxia, aquel tempo pasado onde tanto disfrutei. M. Chita: Podo decirlle algo para rematar? Fanfán: Digame! M. Chita: Doulle as gracias pola entrevista, e vostede aínda non deu o derradeiro golpe neste entroido, e como lle digo sempre que o vexo, a súa despedida será ‘a lo grande’, como se merece un dos grandes desta festa, porque o mellor dos premios é ter capacidade para arrancar o sorriso do pobo, que é quen premia ou condena, e non teña dúbida, de que voltará ferver o virus entroideiro, que percorre a súa alma, e que moitos de nós temos a sorte de poder contaxiarnos con gratitude. Gazas mestre e que viva o entroido! Miguel A. Prieto “Chita”
OCIO E CULTURA
BARRIOS Febreiro de 2014
27
A provincia prepárase para o Entroido 4 Os días fortes serán a primeiros de marzo. Redacción A provincia prepárase para o Entroido. Moitos puntos da xeografía ourensá xa quentan motores para dar a benvida do Entroido 2014. Laza Co mesmo programa que o ano pasado, Laza terá seis días de troula que comezará o xoves 27 de febreiro co xoves de comadres; noite dedicada ás mulleres na que algún home disfrazado cóase sempre. O venres 28 será o día da cea gastronómica no pavillón polideportivo, e onde se degustarán produtos típicos do Entroido. O sábado 1 de marzo, fariñada pola tarde e cabritada pola noite para continuar coa festa. O domingo 2 aparecen os peliqueiros en escea, e per-
correrán, correndo, as rúas de Laza. O luns 3 será o momento dos burros e das formigas; estas últimas lanzaranse aos presentes xunto con toxos e fariña. O martes 4 rematarase a festa cos peliqueiros novamente como protagonistas. Xa pola tarde terá lugar o desfile de carrozas e lerase o testamento do burro, que é unha sátira sobre as cousas que pasaron desde o anterior Entroido. Para rematar, queimarase o arangaño na praza da picota. Todo acompañado de charangas e orquestras durante todos os días. Maceda En Maceda, o Entroido comeza o venres 21 coa festa dos compadres. Darase o pregón a partir das 20:30 horas na praza das Toldas
Os felos volverán ser protagonistas durante o Entroido de Maceda. /ARQUIVO
Desfile de comparsas o ano pasado en Allariz. /ARQUIVO e como novidade, farase a primeira edición do porco untado, que se soltará e será para a persoa que logre collelo. Tamén haberá sorteo de agasallos e invítase a homes e mulleres a acudir disfrazados. O xoves 27, de comadres, a festa inicíase ás 20 horas coa saída desde o Concello das comadres que, acompañadas de animación musical, desfilarán polo centro da vila, e tras cear nos restaurantes de Maceda, continuarán coa festa. O sábado 1 de marzo é a primeira saída dos felos; xúntanse a partir das 9:30 horas na praza das Toldas e percorrerán os pobos da serra de San Mamede; trala parada para xantar, seguirán o seu percorrido pola tarde ata regresar ao punto de partida. O domingo 2 volven saír os felos, ás 10 da mañá desde o restaurante A Dilixencia con percorrido por outros núcleos do municipio. En cada unha destas saídas acostuman xuntarse máis de cen felos. O que diferencia esta máscara doutras da provincia é o caiado que levan e detalles dos bordados na chaqueta, pantalón, botas, medias e calcetíns. O luns 3 haberá festa infantil no pavillón de deportes ás 17.30 horas, e o
martes 4 gran desfile de carrozas e comparsas, que se inicia ás 17.30 horas na rúa das Canteiras. Os participantes poden anotarse ata media hora antes no punto de saída. Ás 9 da noite haberá entrega de premios e animación con orquestra. O mércores 5 será o enterro da sardiña ás 20 horas na praza das Toldas.
4 comeza ás 17.30h o desfile de comparsas desde a estrada de Xunqueira (á altura do CEIP Padre Feijoo) ata a praza de Abastos con baile e música a cargo dun dj e da batucada da Casa da Mocidade. As actividades deste Entroido rematarán o mércores 5 ás 20 horas no campo dos Brancos coa queima do meco.
Allariz O luns 3 de marzo a partir das 17 horas está prevista unha festa infantil no salón da Praza de Abastos; á noite (21.30h) celebrarase unha cachuchada. O martes
Celanova Á espera da confirmación oficial do programa do Entroido en Celanova (cando o concello organice unha comisión de festas) o sábado 22 está prevista a cea
de mulleres nunha carpa na praza Maior; posteriormente pódeselle unir calquera persoa que se achegue disfrazado de muller. O luns 3, no pavillón de deportes haberá unha chocolatada para os nenos que vaian disfrazados. O sábado 8 -sábado de piñata- levará ata Celanova a moitas carrozas que se disputarán os premios ás mellores comparsas, grupos, parellas e disfraces individuais.
O luns e martes de Entroido son o 3 e 4 de marzo
A esquerda, desfile de Celanova o ano pasado; a dereita, cartel do Entroido de Laza.
28
BARRIOS Febreiro de 2014
OCIO E CULTURA
O Concello de Xinzo anima a “meterse na tradición e gozar do espírito do entroido”
4 Cun orzamento que rondará os 65.000 euros, esta edición estrea o oleiro de maiores e o entroido de mañá. P. Lodeiro O Entroido máis madrugador da provincia, o de Xinzo de Limia, arrincou o pasado 8 de febreiro co Petadarzo e non finalizará ata o 9 de marzo, Domingo de Piñata, converténdose deste modo no ciclo festivo carnavaleiro máis longo da península Ibérica. Acompañado de membros da comisión de festas, do alcalde e de varios concelleiros da corporación, o edil de Cultura, Carlos Gómez, facía un “chamamento” á xente “para que veña con ánimo de participar nunha festa tradicional, a mterese na tradición e a gozar do espírito do entroido”. Como novidades, neste 2014 a organización apostou por potenciar o entroido de mañá, con máis charangas a estas horas nas rúas de Xinzo, e creou o oleiro de maiores, no que participarán usuarios do centro de día e do centro sociocomunitario da vila. Neste caso, para que os maiores non se manquen, as olas serán prefabricadas, non de barro. As datas Tras un Domingo Fareleiro pasado por auga que aínda así non desanimou aos máis festeiros, a troula continúa o 15 de febreiro co Colgamento do Meco (a partir das 19:30 h desde o barrio vello), data na que Xinzo recibirá a visita
600 quilos de fariña se repartiron en Xinzo este pasado Domingo Fareleiro./BRAIS LORENZO.
do folión de Trives e boteiros desta localidade. O 16 de febreiro será o Domingo Oleiro (13 h e 17 h na praza Maior), o 17, o Oleiro de Maiores, o 22 de febreiro a Noite de Mulleres, e o 23 de febreiro o Domingo Corredoiro, con xuntanzas de pantallas ás 12:30 h na Praza Maior. Durante a fin de semana grande, unha ducia de charangas, a Agrupación Musical da Limia e a banda de gaita da vila animarán as rúas e non cesará a actividade festiva. Así, o desfile infantil dos colexios da localidade terá lugar na mañá do venres 28 de febreiro e nesa mesma data, pero pola tarde, os máis pequenos terán a súa festa infantil na praza Maior. O festival da canción humorística chega á súa 32ª edición o Sábado de Entroi-
do (día 29) ás 19 h na praza de Oriente, e o momento que todos agardan, o gran desfile de carrozas e comparsas, ‘colapsará’ de xente disfrazada o centro de Xinzo na tarde do Martes de Entroido. “Desde o Villasana ata a avenida de Ourense non se anda”, apuntaba Carlos Gómez, sinalando que se limitará o tráfico nas avenidas principais de Xinzo e nas rúas dos viños durante a fin de semana de Entroido. Para despedir os festexos dúas citas: a queima da sardiña o mércores de cinza, a partir das 20 horas na praza Maior, e o Domingo de Piñata, 9 de marzo, con xogos infantís na praza Maior pola
tarde e orquestras pola noite na praza Carlos Casares. Orzamento Para todo isto contan cun orzamento que rondará os 65.000 anos, cifra similar a de anos anteriores. Deles, 25.000 corresponden a unha achega da Xunta de Galicia, achega que agradecen desde o Concello de Xinzo, que pretende para o seu entroido a declaración de festa de interese turístico internacional. “´É un esforzo moi grande do pobo e do concello”, resaltaba o técnico de Cultura, Alfonso Carlos Lois. Na mesma liña, o concelleiro de Cultura recordaba que o Entroido “non só é unha festa, senón
O gran desfile de carrozas e comparsas ‘colapsará’ de xente disfrazada na tarde do Martes de Entroido
Membros da comisión de festas e o concelleiro de Cultura co cartel do Entroido./PAULA LODEIRO. un recurso económico de primeira magnitude, un dos sustentos básicos da hostelería de Xinzo”. O cartel anunciador do Entroido é obra da moza Laila Gómez, de Allariz, que gañou grazas aos 30 puntos da votación popular.
4 Apertura do Museo do Entroido, sen data Por certo que a apertura do Museo do Entroido non será nesta celebración. “Será inaugurado nas mellores condicións posibles, non será unha mera exposición senón un museo vivo”, explicaba Gómez, que se comprometía a que estivera aberto nesta lexislatura.
OCIO E CULTURA
Entroido de Verín, unha das celebracións máis ancestrais e participativas de Galicia
4 Dende o 20 de febreiro ao 9 de marzo, as rúas e prazas da vila do Támega acollerán a celebración desta Festa de Interese Turístico Nacional. Redacción Con moita animación nas rúas e prazas da vila , así se vivirá desde o 20 de febreiro ao 9 de marzo o Entroido de Verín. Unha Festa de Interese Turístico Nacional desde 2009 que na edición deste ano homenaxeará ao “Xastre de Castro”. A festa arrinca o 20 de febreiro. Xoves de Compadres. Tras cear nos restaurantes da localidade, á medianoite os homes e mozos percorrerán as rúas de Verín ata a praza García Barbón, onde se celebrará o xuízo e queima do Maragato. Irán acompañados do Carro do Meco e da música da Banda de Gaitas de Verín e da charanga Támega, para acabar a festa na praza ca DiscoMóvil Jorge. Domingo de Corredoiro O domingo 23, a partir das 11.30 horas, terá lugar a tradicional concentración de cigarróns na praza do Concello para, con posterioridade, recibir aos fregueses á saída de misa. Haberá música nas prazas
4 Inscrición de comparsas e carrozas As comparsas e carrozas interesadas en participar nos desfiles do Domingo e Martes de Entroido de Verín deben apuntarse na nova Oficina de Información Turística de Verín ata o 21 de febreiro, ás 19:30 horas.
Maior e García Barbón, a cargo da charanga Támega, Disco-Móvil Gramola e da orquestra Sintonía de Vigo. Xoves de Comadres O 27 de febreiro será unha das datas de máis afluencia de entroideiros en Verín. Durante a mañá terá lugar o Desfile Infantil de Entroido, no que os máis pequenos tomarán as rúas nun desfile amenizado pola Banda de Gaitas de Verín e as charangas CBD, Solana, Ideal e Támega. Partirá do entroncamento da Canella Cega coa estrada de Cabreiroá, e tras percorrer as rúas Deputación, Luis Espada e Lisa, finalizará nas prazas García Barbón e Maior. Pola noite, as comadres encherán os restaurantes de vila, nos que cearán e bailarán ao ritmo da música das charangas Támega, CBD, Fuego e Ideal. A media noite, no barrio de San Lázaro, a Raíña do Entroido recibirá a comitiva de Don Carnal, que descenderá polo Camiño Real acompañado
da Banda de Gaitas de Verín e do Folión de Carracedelo. Centos de mulleres (e moitos homes disfrazados), percorrerán ás rúas máis céntricas de Verín. Despois do saúdo da Raíña e de Don Carnal, terá lugar a lectura do pregón que dará inicio o Entroido 2014, seguido da actuación da orquestra Marbella, que porá o broche á noite máis “feminina” do Entroido verinés. Venres de Com-
padreo Como nos últimos anos, o Capuchón e a Mascarita serán os uniformes oficiais que portarán os asistentes á festa o venres 28. A partir das 19 horas terá lugar a saída dos Escuadróns de Capuchóns e Mascaritas para percorrer diversas rúas e prazas da vila, con paradas estratéxicas para mollar a gorxa e encher o bandullo. Irán acompañadas en todo momento de dous Carros do Compadreo e das charangas CBD e Támega, e finalizará o percorrido na praza de Edesio Fuentes
O Sábado de Entroido, homenaxe a Francisco Añel, “O Xastre de Castro”
coa tradicional queimada, a cargo dunha meiga e as súas druídas das Sábanas Blancas. A partir de media noite, haberá verbena nas prazas García Barbón e Maior co grupo Aché.
Barbón. Na sesión vespertina e nocturna, continuará a animación musical a cargo de charangas e; nas prazas Maior e García Barbón, actuarán a orquestra París de Noia e o La Oca.
Sábado de Entroido Ás 17 horas do 1 de marzo sairá desde a praza do Concello a comitiva do Cigarrón cara á praza da Mercé, onde se celebrará unha homenaxe á figura de Francisco Añel ‘O Xastre de Castro’, e onde serán investidos, por primeira vez, varios cigarróns. A continuación, estes novos cigarróns investidos presidirán unha marcha cara á praza do Cigarrón, onde se homenaxeará aos cigarróns que por calquera motivo non poden saír este Entroido. A banda sonora será a cargo das charangas Támega e Fuego, que actuarán durante toda a xornada, Disco-Móvil Jorge e as actuacións da orquestra Claxxon e o grupo Triunfo.
Luns Fareleiro O día 3 de marzo a animación musical estará a cargo da charanga Támega. Pola tarde, haberá xogos infantís e inchábeis no Pavillón dos Deportes, onde os máis pequenos, que serán os protagonistas, deben ir disfrazados. Seguindo a tradición, Día da Farelada, con quilos e quilos de fariña, a Disco-Móvil Gramola nas prazas García Barbón e Maior, e a partir das 19 horas, baile e verbena popular nas prazas
Domingo de Entroido O día grande do Entroido en Verín comeza con descarga de foguetes para espertar a todos os entroideiros, seguida da concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns a mediodía no barrio de San Roque para o gran Desfile de Entroido. A Banda de Gaitas de Verín e as charangas Solana Fuego, Ideal e Támega serán os encargados de acompañar o desfile, percorrendo as rúas Luis Espada, Alameda e as prazas da Alameda e García
García Barbón e Maior con Charleston Big-Band e o grupo Alkar. Martes de Entroido Ás 17 horas, carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns repetirán o percorrido do desfile do domingo. Durante o día actuarán as charangas Solana, Ideal, Támega e CBD, o Folión do Tameirón e a Banda de Gaitas. A festa continuará, ata que o corpo aguante, nas prazas Maior e García Barbón coa actuación de Palladium e Garibaldi.
BARRIOS Febreiro de 2014
29
30
BARRIOS Febreiro de 2014
4AXENDA Exposicións - Ata o 15 de febreiro - Exposición de oleos de Leonardo Vidal, fotografías de Suso Godás, e carteis Entroido 2014 - Oficina de Turismo de Verín Concertos - 14 de febreiro - Concerto acústico do dúo Nico e Jenni - 23 h - Taberna Acevedo - Xunqueira de Ambía - 15 de febreiro - Presentación do libro-disco de Najla Shami - 21 h - Tapería Fío do Liño - Allariz - 16 de febreiro - Concerto da Escola de Música de Allariz - 18 h. - Casa da Cultura de Allariz Teatro 15 de febreiro - “Sede de mal” - 19 h - Casa da Cultura de Allariz Feiras Allariz - 15 de febreiro e 1 de marzo Baltar - 8 de marzo Baños de Molgas - 2 de marzo Calvos de Randín - 2 de marzo Cartelle - 4 e 18 marzo Celanova - os xoves Cualedro - 18 de febreiro e 5 de marzo Maceda - 20 de febreiro 4 de marzo A Merca - 26 de febreiro Oimbra - 9 de marzo Paderne de Allariz - 13 de febreiro Porqueira - primeiro sábado de marzo Rairiz de Veiga - 23 de febreiro Ramirás - terceiro domingo de febreiro Sandiás - primeiro domingo de marzo Sarreaus - 6 de marzo Verín - 23 de febreiro, e 3 e 11 de marzo Vilar de Barrio - 9 de marzo Vilardevós - 7 de marzo Xinzo de Limia - 27 de febreiro e 4 de marzo Xunqueira de Ambía 24 de febreiro Xunqueira de Espadañedo - 9 de marzo Entroido - Do 8 de febreiro ao 9 de marzo - Entroido en Xinzo - Do 20 de febreiro ao 4 de marzo - Entroido en Verín - Do 21 de febreiro ao 5 de marzo - Entroido en Maceda - Do 27 de febreiro ao 4 de marzo - Entroido en Laza www.mundourense.com
ARTIGOS / AXENDA
4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA
4ENTROIDO
Galicia: gastronomía do mar e da terra A gastronomia é un dos principais recursos turísticos de Galicia. Existe unha grande variedade de produtos autóctonos e os pratos que se serven son auténticos manxares. Un dos piares do prestixio da cociña galega ten sido o elevado profesionalismo dos seus cociñeiros que actúan na Galicia e outros espallados polo mundo; os sabores do mar veñen de 1.200 quilómetros de costa e de varios portos marítimos. A súa costa ten condicións excepcionais que alternan os acantilados máis altos do mundo e as augas plácidas das rías sen esquecer a riqueza de nutrintes que predominan no Océano Atlántico, resultando nun ecosistema único que fornece os mercados máis esixentes.
Os froitos da terra son variadísimos, desde o pemento de Padrón, patacas de Bergatiños, pan de Cea, carnes de bovinos até aos queixos e embutidos de alta calidade. Aos portugueses gústanos atravesar a raia e vir degustar a empanada e o bo xamón. Os viños das cinco denominacións de orixe son moi apreciados, onde o seu consumo ten lugares sagrados, case únicos no mundo, as tan fascinantes “rúas dos viños”. Mais aquí xorde unha especie de bloqueo a esta forte produción económica! Os consumidores séntense restrinxidos pola esaxerada lei do alcoholismo, en España, senón vexamos: en Portugal o límite máximo permitido de alcol no sangue é significativamente máis alto ou sexa 0,5g/l e se fósemos á Gran Bretaña
é de 0,8g/l., en Francia e na Alemaña é 0,5g/l. Creo plenamente que nos mozos até a idade de 30 anos, poida influír excesivamente o consumo mesmo moderado, desa porcentaxe de alcol no sangue. Unha gran maioría considera desaxustada esta situación, pois implica grandes cortes no consumo da gastronomia e na convivencia das rúas de viños e outros locais. É iso que constato, cando me desprazo, como por exemplo, a festas gastronómicas que case todos os fins de semana se realizan por toda a España. Tamén con certa regularidade, aquí na miña “raia seca” desprázamoe á aldea de Medeiros, ao bar Salgado, para aí saborear, por exemplo, ese tan apreciado viño branco “Fragas
do Lecer”. España, terra de grandes festas e bos viños na que os seus habitantes saben, como en ningún outro país, facerlle o culto. Por iso urxe que os cultivadores e as autoridades responsábeis fagan unha reflexión sobre esta complexa temática. Será que vale a pena levar esta reflexión profunda ao máis alto nivel dos nosos gobernantes? João Damião
“Existe unha grande variedade de produtos autóctonos e os pratos que se serven son auténticos manxares”
4FIRMA INVITADA
Ourense non precisa máis plans Mentres Ourense está na UCI e con respiración asisitida dende hai varias décadas, os distintos gobernos do PP na Xunta e na Deputación, responsables case únicos desta situación límite, cada certo tempo sacan da manga un Plan que anuncian a “bombo e platillo” como o remedio definitivo para todos os males da provincia. O Plan de Desenvolvemento da provincia de Ourense patrocinado pola Deputación hai máis de 10 anos, e o Plan Impulsa elaborado pola Xunta vai para cinco, son só dous exemplos de Plans nos que as propostas de actuación que fan non se executaron, que os investimentos previstos non se levaron a cabo e que polo tanto a provincia non só non está nas mesmas condicións ca antes de presentar eses plans, senón que está bastante peor,
tanto desde o punto de vista económico como social. Nos últimos días presentáronnos un novo Plan, igual que nas anteriores ocasións presentado con todo “boato”, desta volta relacionado co termalismo e baixo a rimbombante denominación de Plan Estratéxico de Termalismo “Ourense é provincia termal”, no que unha vez máis se propoñen unha serie de actuacións a levar a cabo e se prevé un investimento de 94 millóns de euros para os próximo anos. Feita a presentación, acadado o minuto de gloria nos medios de comunicación neste caso ao igual que nos anteriores, o Plan métese nun caixón e a pensar no seguinte, mentres a provincia se segue desangrando e xa case non ten alento para seguir existindo como un espazo vivo no social, e dinámico no económico. A historia é sempre a mesma: todo moi bo, moi boni-
to e moi abundante, pero sen ningún compromiso firme de investimento por parte das administracións responsables de executalo, nin tampouco de cando e por quen se van pór en marcha as distintas iniciativas que se propoñen; simplemente é un documento de boas intencións, cheo de lugares comúns, de propostas xa mil veces anunciadas e nunca executadas, que a consultora encargada da súa redacción, os verdadeiros e únicos beneficiarios, recolle nun documento ben presentado para xustificar os seus cuantiosos honorarios. Non sei o que pensan o resto de cidadáns desta provincia, pero eu teño que manifestar que estou farto, farto de que nos tomen por tontos, día si e día tamén, e por iso pido que por favor non gasten o diñeiro público en redactar máis plans. O que temos que facer xa o sabemos todos, ou debe-
riamos sabelo, sobre todo os que teñen responsabilidades de goberno nas distintas institucións dende hai máis de 30 anos, o que precisamos son investimentos reais e compromiso coa nosa cidade e provincia. Ou iso, ou deixala morrer dunha vez por desinterese, por inanición… pero cando menos non gastemos máis cartos en que nos digan o que temos que facer se, polo que temos visto, non estamos dipostos a facelo. Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador en Ourense de Compromiso x Galicia
“A historia é sempre a mesma: todo moi bo, moi bonito, pero sen ningún compromiso firme de investimento”
Saúda dos Felipes ao Entroido de Verín 2014 Ánimo carnavaleiros /as. Xa está aquí este ano o noso ENTROIDO, Con moitas GAÑAS DE FESTA. Como o vemos nós O vaso medio cheo, medio vacío. Os nosos veciños portugueses que nos acompañan Sempre din o mesmo “Blanco ou tinto ¡CHEIO! E Ai eu a vin, eu a vin, eu a vin. Como era ENTROIDO NON A COÑECÍN E NO CU TE PINTO UN LORO TE PINTO UN LORO QUIRIELEIXON As nosas 36 FELISAS Todas son iguais Nos CARNAVALES Se tapan a cara, se tapan a cara E ensinan os pés E se en BRASIL teñen SAMBA E en CADIZ CHIRIGOTAS En VERÍN temos TETAS e PELOTAS Os de LAZA teñen a MORENA Os de XINZO a PANTALLA En VERÍN temos O CIGARRÓN DANDO MOITA TRALLA Cancións anos 70 interpretadas Pola famosa orquestra KAS KALLA O CAN E agora recuperadas por THE FELIPEIXON OS FELIPES CARNAVALEIROS, Desde fai moitos anos apoiando, Participando e facendo ENTROIDO. Quixéramos lembrar a TODOS os que Fixeron grande este ENTROIDO. Pero como non collerían neste libro E olvidaríamos dalgún COMADRES E COMPADRES Faremos un brindis: POLOS QUE XA NON ESTAN E POLOS QUE ESTÁN, QUE SON PRESENTE E FUTURO VIVA O MELLOR ENTROIDO DO MUNDO! CARNAVAL DE VERÍN 2014
CLASIFICADOS /SERVIZOS
BARRIOS Febreiro de 2014
31
Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, Silvia Nieto, Andrés Diz Nº87 / 23- Ano: IX - Febreiro 2014 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.
4CLASIFICADOS
ALUGUER/VENDA
VENDAS
Alugo casa a 1 km de Allariz. Tel.: 686 540 087. Vendo piso pequeno en Ourense (rúa San Rosendo) reformado. 3 dormitorios, salón, cociña e baño. 72.000 euros. Tel: 629828647. Alugase piso para estudantes r/Valle Inclán (Ourense), 22, 4 dormitorios, baño, aseo, salón, cociña, amoblado, calefacción central, tel. 646 040 888. Vendo finca urbanizable de 1.500 m2 en Amoeiro, bo prezo. Tel. 610 54 48 54. Vendo casa en Lobios, con finca de 2.000 m2 pechada, con todos os servizos. Tel. 609 57 21 14. Vendo finca edificable para dúas casas a 12 km de Ourense e 5 minutos da autovía de Celanova, bo prezo, tel. 617 925 873. Alúgase apartamento no casco antigo de Ourense por 220 euros/mes, Tel. 637 00 59 10. Véndese casa con finca na estrada de Santiago, tel 637 00 59 10. Vendo piso de 120 m2 na praza das Mercedes (Ourense) a reformar, 40.000 euros. Tel. 696 945 880. Vendo casa en Nogueira de Ramuín por 15.000 euros. Tel. 988 24 60 96 e 664 11 80 65. Alugo apartamento novo no Couto, Ourense, 2 dormitorios, salón, 2 baños, cociña, exterior, amoblado, garaxe e trasteiro. Tel. 637 00 59 10. Alúgase café bar especial totalmente equipado, en Xinzo de Limia. Tel.: 659 47 08 92. Alugo piso amoblado de 4 habitacións, cociña, baño e salón comedor. Calefacción de gas cidade, 350 euros con comunidade incluída. Tel. 677 468 484. Alugo piso en Valdorregueiro, 4 habitacións, 275 euros mes. Tel. 687 21 12 18. Alugo habitación nun piso da Avenida de Santiago. Tel. 988 21 34 60. Alugo apartamento totalmente equipado na zona do Polvorín. Económico. Tel. 988 21 34 60. Alúgase praza para moto no garaxe do edificio Mercadona. Av. Santiago. Tel. 988 21 29 00.
Véndese dormitorio de madeira maciza de piñeiro composto por cama nido de 90x190 con caixóns, colchóns e somier de láminas, unha almofada, escritorio e estantería a xogo. Posibilidade de venderse por separado. Novo a estrear. Tel. 618 806 516. Cómpranse toda clase de obxectos e moble antigos. Tel. 988 21 22 24. Compro mobles e electrodomésticos de segunda man. Tel. 667 41 94 18, Vendo máquina coche-cortacéspede HONDA. 2.500 euros. Tel.988 27 97 96.
[Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados gratis no 988 239 634 ou en info@ ourenseporbarrios. com]
Véndese berce, bañeira e cadeira de bebé. Todo por 300 euros. Tel. 696 181 173 Véndese Audi A6. Ano 1995. Sempre en garaxe e con gancho de remolque. 1.500 euros. Tel. 627 43 46 01. Vendo berce de viaxe plegable. Bo estado. Prezo 25 euros. Tel. 661 92 65 29 e 670 43 34 90. Vendo robot de cociña, batidora de pé, tostadora, e sandwicheira, a estrear. Tel. 630 88 00 31. Vendo Mercedes 300, ano 79, repintado, 100.000 km. 2.000 euros negociables. Tel. 610 25 80 69. Vendo Audi A6, ano 95, diesel. Sempre en garaxe. 1.000 euros. Tel. 627 43 46 01. Vendo Citröen C15 Mixta, diesel, ano 94. 1.200 euros. Tel. 627 43 46 01.
EMPREGO Ofrécese modista, para tendas e particulares, recollida e entrega a domicilio, (tamén servizo express) traballo de calidade, puntualidade e bo prezo.Tel: 686 03 49 76. Ofrécese mozo para todo tipo de traballos: limpeza de fincas, desescombros, poda e portes. Tel. 645 81 91 92. Danse clases particulares. Experiencia. Tel. 653 768 357. Experiencia en botar cartas exipcias. Consulta gratis. Chamar tardes. Tel. 988 25 59 63.
Profesor, especializado en matemáticas, con 30 anos de experiencia imparte clases particulares (ESO, Bacharelato, Universidade). Tel. 625 51 58 18. Impártense clases de linguaxe musical, educación auditiva, canto e piano. Tel. 676 75 88 19. Soprano e pianista para vodas, audición en directo sen compromiso. Tel. 676 75 88 19. Ofrécese albanel con experiencia de 20 anos, para reformas ou calquera tipo de traballo de construción, económico. Tel. 988 25 59 63. Experta en tarot exipcio fai limpezas de persoas, locais, consulta gratuíta. Tel. 988 25 59 63.
4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada
988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258
Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)
988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222
BARRIOS Febreiro de 2014
Toma de posesión da edil socialista Remedios Rodríguez TEMA DE MES Páx.2
VERÍN
Páx.3
Aprobado de xeito definitivo o PXOM de Monterrei
10,8 millóns: o Viños de Monterrei orzamento de 2014 do reciben a distinción Concello de Verín Gallaecia
VERÍN
Páx.4
[páx. 3]
PROVINCIA Páx.19
CULTURA
Temporais de récord causan numerosas incidencias
O 20 de febreiro arrinca o Entroido de Verín
Xulgan o crime do chofer de Verín [páx.20]
Sentados no banco dos acusados: Dolores Álvarez, Ángeles Pousa, Ilidio Magalhaes e Alberto Vázquez./RAMSÉS
Número: 87- Ano: IX - Febreiro 2014- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
Páx.29
BARRIOS Febreiro de 2014
Entrevista a Quique Moreiras, presidente de Arraianos ALLARIZ
Páx.12
ENTREVISTA Páx.14 CELANOVA Páx.15
O Concello de Allariz Eva González, amplía os vestiarios da coordinadora do piscina climatizada GDR-15 Avinza
O BNG propón semipeonalizar a rúa de San Roque
[páx. 18]
PROVINCIA Páx.19
OCIO
Temporais de récord causan numerosas incidencias
A provincia prepárase para o Entroido: citas en Maceda, Allariz...
Melloras na Praza de Abastos de Celanova
Páx.27
[páx. 15]
O conselleiro de Economía e Industria visitou o mercado celanovés xunto ao alcalde e a directora xeral de Comercio./M.REJO.
Número: 23 - Ano: IX - Febreiro 2014 - Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de marzo . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
BARRIOS Febreiro de 2014