POR QUE CHE PODE INTERESAR O PROGRAMA TESELA? Porque, durante o tempo que levas pendente de atopar traballo, cobrando a RISGA, esperando que as cousas melloren, pensas que hai algunhas cousas que necesitas cambiar. Por exemplo: Crer máis en ti, mellorar a túa autoestima, sentirte máis seguro/a Mellorar a túa capacidade de traballar en equipo, con outras persoas Ter máis iniciativa, ser máis autónomo/a
QUE É EMAÚS FUNDACIÓN SOCIAL? Emaús é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa polo recoñecemento dos dereitos e a mellora da calidade de vida das persoas que se atopan en situación de dificultade social. Queremos dar resposta ás necesidades que poden presentar as persoas, ofrecendo: información, escoita, apoio e acompañamento así como actividades e proxectos que podan contribuir á superación das dificultades persoais. Actividades como o Programa Tesela no que che invitamos a participar.
QUE OFRECE O PROGRAMA TESELA? Apoio individualizado para facer fronte ás distintas dificultades do día a día Un taller de mellora de competencias*, que te axudará a coñecerte mellor e a superar as dificultades na tarefa de buscar traballo. Realizarase entre o 6 de xuño e o 28 de xullo de 2016, os luns, martes e xoves de 9:30 a 12:30. Posibilidade de realizar prácticas en empresa. *Por cada día que acudas ao taller recibirás unha pequena aportación económica, en concepto de bolsa de asintencia.
Aumentar a responsabilidade coa que fas as cousas Aprender a organizarte mellor Poñerte ao día sobre como funciona o mercado de traballo e os recursos da cidade Comprender que é o que che fai difícil atopar traballo A forma de comunicarte, de presentarte a unha entrevista, de relacionarte Máis ánimo para enfrontar á busca de emprego
E AGORA... QUE FAS? Se estás interesado/a podemos manter unha entrevista e coñecernos, contarche con máis detalle de que vai o programa e ver se se axusta á túa situación persoal, ás túas necesidades e, por suposto, se che interesa. É moi importante que ti mesma/o valores se queres participar ou non. Para iso podes poñerte en contacto directamente con Emaús ou a través da túa traballadora social de referencia. Estamos en: R/ Ronda D. Bosco 9, interior baixo Vigo (36202) T 986 22 02 84 Correo electrónico: m.roca@emaus.com www.emaus.com
NO 2016, O PROGRAMA TESELA CUMPRE 10 ANOS. MÁIS DE 180 PERSOAS O FIXERON POSIBLE. “Axudoume moito a recuperar a miña autoestima e buscar emprego de formas diferentes” Carmen (2007) “Serviume para coñecer mellor as miñas posibilidades laborais e explotalas” Mar (2008) “Axudáronme a saber máis de min mesmo e cómo enfrentarme a buscar traballo” Fran (2009) “Moi positivo porque intercambiamos ideas con outros compañeiros, sobre ideas de cómo atopar e buscar traballo” Ricardo (2010) “Pareceume moi bo, pola formación, e non só o reforzo en formación tamén polo reforzo positivo psicolóxico que ofrecen” Carlos (2011) “Interesante: axúdate a ver quen eres ti, que debes poñer da túa parte e a non rendirte” Paloma (2012) “Pode axudar a animarnos, a crer un pouco máis en nós, que aínda podemos atopar traballo” Elena (2013) “Axudoume a saír e a aprender a relacionarme coa xente. Conseguín despois traballo pero non foi polo meu Currículum Vitae. Axudoume o ser capaz de abrirme e falar coa xente” Ousmane (2014) “Moi interactivo, colaborativo, moi participativo, moi positivo, porque necesitamos un empuxonciño, unha axudiña e alguén que te aclare as cousas” Mónica (2015)
PROGRAMA