Memoria 2016 agadic

Page 1


PROGRAMACIÓN A programación trazou, como xa é característico un percorrido diferente cada día polos espazos do casco antigo da cidade de Ourense. Un ano máis apoiamos axs artistas galegxs, que este ano foron as pezas de estrea a cargo de Clara Ferrao e Fran Martínez e ademáis tamén contamos con Anuska Alonso. A programación internacional correu a cargo de 3 compañías que nesta ocasión presentaron obras de formato longo. Dende Costa Rica contamos coa cía Los Innato, coa peza longa NO Nato que ademáis son xs encargadxs da dirección do proceso de coproducción; dende Amsterdam-Berlín chegan Matías Daporta e Angela Millano, que desenvolveron a peza chamada Entremés, peza que adaptaron in situ durante máis de unha semana no propio espazo, e que estrenaron no Festival, para participar co público, e facelo finalmente unirse a través de elásticos e bailar. E de Portugal Fabiola Augusta estrea un traballo que consiste nunha aula de debuxo performativa que tivo lugar no Claustro de San Francisco. Esta peza era de aforo reducido, polas suas características. As inscricións foron durante os días de programación. Tivo moi boa acollida, fora de hora poidemos ver a luz da lua do claustro, debuxos dun corpo desnudo tratado con naturalidade, de nenxs, adultxs, e artistas. Para esto a escola EASD FAILDE, cedeu o seu material de debuxo, e os caballetes para unha aula de deseño profesional. No tocante a colaboracións artísticas especiais en interrelación coa programación contamos con:

a Uruguaia Magdalena Leite, que escribiu un artículo desta edición,

adxuntado en anexo; o artista visual Aníbal Conde, que levou a cabo a reportaxe fotográfica


que podemos ver nesta memoria; e queremos destacar a participación do artista Juanma Lodo en colaboración con catering creativo do festival,

que fixo primeiro o venres unha

instalación sonora a modo picnic na praza Santa Eufemia e o sábado en gran formato, sonorizando os alimentos, e propondo unha sesión de Dj interativo, coa música que trae o propio público no teléfono móvil e xunto coas bailarinas Adriana Feijóo e Ana Quintas que performaron durante o catering. Para pechar a programación , este ano contamos cun fin de festa moi acrobático, vimos o resultado da Coprodución ; contamos coa “Cía Cai” de Madrid, que trouxo unha peza circense de danza aérea; e rematamos coa actuación-concerto humorístico de “AldaoLado” e co c.a.t(e)ring performativo colaboración entre corpo(a)terra e Juanma Lodo.


ACTIVIDADES EN INTERRELACIÓN Corpo(a)terra expande a súa programación con actividades que xorden en interrelación, aproveitando os recursos e potencialidades da Edición. Así, como o ano pasado presentamos as clases de salsa este ano presentamos o Cat (e)ring

Performance CAT (Corpo A Terra)- Perform, Cat e Ring Este ano, coa performance C.A.T (e)RING, Vai de C.(a) T. sona o nome da performance segundo sexa a tapa... Unha performance de comunidade, corpo e son, que pretende achegar ao público o concepto de festa de partillar o corpo, en torno a algo tan elemental como a comida.

Cada ano, o chiringuito posto pola organización resultaba un lugar de encontro. Os pinchos levaban o nome de cada obra que se podía ver. Regalamos camisetas aos consumidores que pedían o pincho polo nome da peza de danza. E un ano acompañouse dunha instalación lumínica do artista Mauro Trastoy.


Este ano, foi unha acción para nomear comidas, co corpo. Un espazo de disfrutar as cenas in situ acompañando as actuacións. Foron dinamizadas por 3 bailarinas que dirixiron o chiringuito xunto co artista sonoro Juanma Lodo. Sona o corpoaterra, sona a comida, sona a danza dos corpos nunha acción cotidiana como pedir a comida nunha barra, sona partillar a confección da comida.

Por outra banda, un ano máis, proponse un traballo de investigación entre un artista estranxeiro que colabora con artistas locais ou galegos. Hai dous anos con Jesús Rubio, o ano pasado co artista mexicano Hugo Morales este ano foi a corproducción de Los INnato e corpo(a)terra cos paiasos e breakers locais. “Somos los que somos” Implicáronse 7 artistas galegas: Santiago Montero, Beatriz Rubio, Greta Marí, Mónica Suárez, Graciel Stenio, Diego Pazó, Artur Lago. Baixo a dirección de Raul Martínez de El Salvador e Tina Halford de Alemania. Estes artistas proveñen das artes circenses, e da danza urbana. Con este proxecto achegáronse estas disciplinas do corpo a un formato máis cercano á danza contemporánea. Promoveuse tamén un proceso de traballo que trae de volta a galicia artistas que están desenvolvendo a súa carreira en parte no estranxeiro, xunto con outros que traballan en ámbito local, tanto coa súa carreira comezando ou consolidada. Así todos estes artistas con alto nivel técnico colaboran, xeramos redes, e posibilitamos encontros. Ademáis de traspasar o acontecemento ao ámbito profesional que resulta inevitable en proxecto de tanto interese humano e artístico.


REDES Este ano puxemos en marcha unha nova colaboración chamada compliCIDADES na que corpo(a)terra se uniu co Festival de danza “Vai de Baile” de Ferrol. Por primeira vez, existe unha rede galega de festivais de danza que unen as súas forzas para partillar, reutilizar recursos, transferir aprendizaxe e para mostrar que as nosas inquedanzas son a cultura e a cidadanía. Entre as iniciativas conxuntas que ata agora se desenvolveron como rede destacamos, a rolda de prensa conxunta realizada en Santiago de Compostela e amadriñada por En Pé de Pedra; a programación de artistas internacionais como é o caso de Raul Martínez, e o “desembarco corpo(a)terra en Ferrol”, actividade pola que toda a comunidade de corpo(a)terra previamente inscrita puido ir nun bus ata Ferrol o sábado 2 para ver a programación da primerir Edición do festival cómplice. Ademáis, continuamos como cada ano coas colaboracións con: Red Acieloabierto- Rede española de Festivais de danza en espacios non convencionais, subvencionada polo Ministerio de Cultura. Nesta rede participan máis de 10 festivais españois, algún con máis de 20 anos de antigüedade. Por parte do Circuito Acieloabierto vimos o duo de Madrir “Bolero” de Jesús Rubio Gamo; e o trío da Cía Lucio Baglivo “Solojuntos”, no que participa a bailarina galega Anuska Alonso. Certamen SóLODOS en danza / Barva - Costa Rica -Froito desta colaboración que xa leva 4 edicións puidemos ver a peza do gañador 2016; Gabriel Rodríguez.


Corpo(a)terra iniciouse no 2011 baixo o epígrafe “buscámoslle un nome”, organizado pola asociación Traspediante Cultura. Nesa Edición, a propia cidade deulle o nome ao Festival a través dunha mobilización de público e axentes vinculados á actividade. As 3 seguintes edicións foron apoiadas e coorganizadas co Concello de Ourense. Esta 5ª edición é a primeira que despois de 4 anos volve estar organizada pola asociación, apoiada polo Concello de Ourense a través dun patrocinio, e en colaboración coa Universidade de Vigo, Campus de Ourense, ademáis das subvencións de INAEM, e AGADIC, Xunta de Galicia. Esta edición mantivo os seus criterios de calidade e internacionalidade polo enorme esforzo do equipo organizativo, así como dxs artistas implicados, ademais de pola grande aposta económica que fixo o cidadán a través da plataforma Goteo.

Interese cultural é o fomento da danza en sí mesmo. A danza ten moitísima relevancia na cultura. Todxs temos corpo, todxs bailamos cando somos pequeniñxs, a danza está en todas as culturas inmersa na comunidade e no espazo público. A danza é unha forma de coñecemento distinta da que poida aportar a linguaxe, o visual e mesmo a música. Asistir a unha obra de danza xenera unha empatía especial. Todo público se coloca no lugar da persoa danzante e corporaliza a súa emoción e quinestesia. Ten un interese mesmo sanitario e cultural, pois desenvolve espazos neuronais específicos e mellora as conexións espaciais, de orientación e mesmo afectivas cun lugar e coas persoas do entorno. O interese cultural de ser na rúa. A arte na rúa ten unha relevancia cultural determinada. Xenerar unha memoria do espazo e do urbano afectiva, relacional, … moitas espectadoras do festival nos teñen expresado que ven Ourense con outros ollos. Que recordan anécdotas de diferentes rincones da cidade. Que se sorprenden de cómo cada artista pode habitar ese espazo cada ano. Como cambian a disposición no espazo do espectador... Atopar a danza na rua, é un reforzo de azar que os situacionistas xa connotaron dun interés específico e filosófico. Cómo dar un paseo pola cidade e andar á deriva, poder derivar nun aotpar de fermosuras co espazo. É un modo máis de mostrar a danza, como un arte accesible a todas e todos. Os espectadores, se maravillan tamén de danzas acrobáticas que recaen sobre a dureza da pedra. E ademáis podemos interactuar con todo o que ocorra na rúa. E por último darlle un carácter festivo e de reunión en torno a unha arte, como se entendían as danzas máis ancestrais. Por non esquecer que esto xenera economía local. Todas as terrazas das zonas son ocupadas, e nos parece moi importante que a cidade viva máis e a xente veña aos negocios locais.


A singularidade está en poder replicar no noso entorno modelos de festivais necesarios e que funcionan e co carácter singular e propio das filosofías da equipa. Que neste caso son facer o posible cos poucos recursos que nos ofrecen. No noso caso, presentamos un programa e un modo de producción moi cercano a cidadanía. Moi transparente. Queremos ter en conta a toda a comunidade. A singularidade é atravesar todo o corpo como arte escénica. Dende o circo ata a perfomance, sendo a danza o centro. Ademáis o Enxebre ( entrenamento intensivo de danza), é o primeiro entrenamento Galego proposto para danza, cunha continuidade de formato de summer intensive festival. Aproveitando a zona termal, é un entrenamento que os artistas poden acudir específicamente á cidade para esto, e despois relaxar os músculos nas termas. Outros festivais de este calibre, chegan a ter unha acollida na cidade de centos de persoas. E ese é o obxectivo que buscamos. Facer de Ourense un punto de achega na primeira semana de Xullo.


Avialiación dos Obxectivos – Proporcionar a existencia de outro espazo de difusión do traballo de danza tanto galega como de fora. Non hai espazos de exhibición, non hai circuito sólidos neste momento. Así foi fundamental para os traballo galegos e de artistas do estranxeiro que enriquecen aos profesionais locais, ademáis de á cidade. – Ourense turística e habitada en torno as artes do corpo. Corpo(a)terra convírtese nun fenómeno. Podemos ver aos cantantes dos Amigos dos músicos nos atardeceres do Gaias coa camiseta do festival explicando aos espectadores que é un “festivalazo” – Fomentar a creación de públicos. Como cada ano as prazas están cheas. Aínda tratándose do primeiro sábado de xullo que coincide con sol, praia... a xente acude a esta oferta cultural. – Xerar cohesión entre artistas. Cada ano tratamos de invitar a artistas que traballan dende a fisicalidade, e tamén artistas máis conceptuais. Sempre comentan que coñecen xente interesante e comenzan traballos entre elxs. Esto o favorece a aposta polos lugares de encontro. E porque a organización ten o obxectivo de ser absolutaente horizontal, cercana e transparente. – Fomentar a producción de novas pezas de danza. Como cada ano, apoiamos a un artista a que estree un sólo ( incluso o primeiro da sua carreira), neste caso Con Clara Ferrao. – Ofertar aos artistas un lugar de entrenamento de alto nivel. O Summer intensive Festival Enxebre danza 2016. Foi outro fenómeno inigualable. Tan só 3 festivais deste calibre na península ibérica. Acuden participantes de todo o mundo. Este ano tiñamos incritas 3 persoas de Israel, 3 de Burgos, Valencia, Portugal, Francia... Estas persoas veñen durante 15 días a Ourense, favorecen a economía local, durmindo, comendo disfrutando das festas de Ourense... E despois da programación do festival. Esto é un engadido que ten o noso Summer intensive, Un final d entrenamento con programación de calidade, por rúas fermosas, e cun ambiente coidado.


– –

– – – –

Ofertar aos artistas lugares de ensaio e residencias. Como cada ano, ofrecimos local de ensaio, research para os participantes. Propocionar un marco que posibilite corproducir novas obras de danza de varios artistas en escena, para axudar a que a danza non se convirta nunha arte escénica de solos e duos. Dar ambiente de Fiestival, a cidade en torno a danza. Ir favorecendo un lugar de visibilidade de danza en Galiza Establecer redes con outros festivales, Os festivais estatais que levan traxectoria de máis de 20 anos, respaldan absolutamente este festival, Establecer unha danza cercana e accesible a todas e todos.

OBRADOIROS PROFESIONIAL INTENSIVO DE ENTRENAMENTO- ENXEBRE Programa de entrenamiento intensivo en danza. Fase 1. Do 29 de Xuño ao 2 de Xullo Fase 2. Do 4 ao 9 de Xullo ENXEBRE´ convértese nun fervedeiro de información, creación e aprendizaxe. Este tipo de Summer Intesive Trainning son comunes en Europa. En España somentes se conta cunha programación destas características que é moi popular en toda Europa que ten lugar en Barcelona. “ Deltebre Dansa” e ademáis existe outra en Lisboa Torres Vedras “Untamed” ENXEBRE´ busca cumplir a necesidade desta demanda en adestramento intesivo en danza contemporánea en Galicia e para Europa. Xs mellores profesionais, imparten as técnicas mais populares na actualidade na danza contemporánea e se traballa por programar e investigar en novas ofertas formativas que comenzan a popularizarse no mundo da danza. O obxetivo e convertir ENXEBRE´nun referente de formación europeo que axite a actividade profesional e docente galega cargándoa de nova información coa que continuar a súa actividade anual. O obxetivo e o de facilitar este fervedeiro de coñecemento na nosa propia terra, facilitando o acceso á mesma. Poidemos contar coa presenza de Erik Jimenez ( Costa Rica), Los Innato ( Costa Rica), Tina Halford ( Alemania), Gabriel Rodríguez (Costa Rica), Alberto Pineda ( Bailarín Catalán da Cía de Cesc Gelabert), Jano Costas ( Galicia), Raul Martínez ( El Salvador), Maximiliarno Sanford ( Brasil)... Clases de técnica, de partenering, de conciencia corporal, de slapstick, ... Duas fases de catro días e seis horas de formación diarias, coa dispoñibilidade absoluta dun espacio no que compartir información, experiencias e danza.


Plan de comunicaciรณn: estratexias de difusiรณn e promociรณn do proxecto. PRENSA

Portada do Diario La Region


TELEVISION


RADIO

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2016/07/09/clausura-actividades-corpoterra/00031468005529086406292.htm http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2016/07/08/corpo-terra-llena-danza-espaciospublicos-ourense/00031467920210474201294.htm http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2016/07/07/span-langglcorpo-terravolvera-encher-danza-casco-historicospan/0003_201607O7C119912.htm http://www.laregion.es/articulo/ourense/danza-exhibira-gran-corpoterra/20160707100553633750.html



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.