UNIDADE DIDÁCTICA APRENDER A APRENDER CURSO 2010/2011 Mª Olga R. Díaz
1.- POR QUÉ Aprender a Aprender na escola? Este documento é longo pero poucas veces estiveches ante algún que fora tan práctico. Así que le con atención ata o final. E verás… Coa aparición nos novos curriculums do concepto COMPETENCIAS e a necesidade de avalialas, toma maior relevancia a termo ALFIN no que tradicionalmente vimos traballando desde o CEIP Milladoiro e que hoxe preséntasenos coma unha necesidade dos nosos escolares á que temos que dar resposta sen máis dilación: ALFIN: educación das capacidades que nos permiten acceder, procesar e presentar a información que nos rodea. Cada vez con maior frecuecia, nenos e nenas consideran que saben buscar información ....¡só porque coñecen Google! Como educadores esta é unha necesidade á que estamos obrigados a dar resposta. Desde 1999, o noso centro asume nos seus documentos: “Situados no marco de reflexión de para que vale a lectura, concluímos que non abonda con aprender a ler, obxectivo tradicional da escola primaria, senón que é necesario ler para aprender […] O Ceip Milladoiro ten marcados dous grandes obxectivos relacionados coa lectura, en xeral, e a procura de información, en particular. A saber:
12-
Facer medrar nos nosos escolares o gusto pola lectura recreativa: ler porque si, porque me gusta, porque o paso ben... Aquí enmarcaríamos todas aquelas actividades que levamos a cabo relacionadas coa Animación á Lectura. Ensinarlles a moverse polo mundo da información proporcionándolles os coñecementos precisos para seren capaces de atopar o que buscan. O mundo da información entendido no senso máis amplo: en calquera soporte (libros, xornais, CDs, internet...). Aquí cobran sentido todas aquelas actividades que levamos a cabo relacionadas coa Formación de Usuarios de Bibliotecas, a Educación Documental e a Informática.”
Obxectivos xerais deste traballo: •
Empregar os instrumentos e procesos básicos que permitan ós nosos escolares un adecuado aprendizaxe do tratamento da información, a súa localización, selección e transmisión, posibilitando que este tipo de aprendizaxes lles sean útis nas suas actividades posteriores. Aprender a aprender 1 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
•
Desenvolver habilidades e estratexias para mellorar a comprensión lectora de diferentes tipos de textos e afianzar o seu hábito lector.
•
Coñecer e identificar as seccións dunha biblioteca para utilizar de maneira autónoma a biblioteca do centro
•
Realizar búsquedas sinxelas en entornos de rede.
•
Adquirir os hábitos de ler, informarse e usar correctamente a biblioteca como recurso para a información e o ocio.
•
Aprender a descifrar os primeiros datos de catalogación .
•
Adquirir as claves para a elaboración e presentación da información encontrada.
•
Potenciar un pensamento crítico e creativo ante as diferentes formas e fontes de información.
2.- QUÉ é Aprender a Aprender na escola? Distinguimos tres fases no proceso que iremos adaptando a cada curso: 1. BÚSQUEDA E SELECCIÓN DA INFORMACIÓN •
Recoñecer a necesidade de información: qué busco?
•
Coñecer os recursos dos que dispoño: onde pode estar? cada tipo de libro da unha información diferente?
•
Saber acceder a eses recursos: cómo empezo a buscar?
•
Seleccionar os conceptos clave dun tema: cales son as palabras clave da búsqueda?
•
Localizar e recuperar a información: teño algunha resposta?
•
Avaliar criticamente a búsqueda: era o que buscaba? Foi fácil? Que foi difícil?
2. RECOLLIDA E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN •
Comprender, analizar e interpretar a información atopada: “esto significa que...” Aprender a aprender 2 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
•
Separar a relevante da irrelevante: “esto sí que é importante:”
•
Representar os contidos novos con esquemas e resumos: “así entendemos mellor”
•
Transformar a información en coñecementos: “agora xa sabemos que…”
•
Establecer conexións con coñecementos previos: “esto está relacionado con…”
•
Formular conclusións: “así que, todo esto significa que…”
3. SÍNTESIS E COMUNICACIÓN DA INFORMACIÓN •
Recoñecer e citar as fontes de información empregadas“esto atopámolo en...”
•
Presentar os novos documentos claros e ben estructurados”témolo tan claro que se entende só coa vista”
•
Comunicar a nova información elaborada: “escoitade o que aprendimos:”
•
Avaliar todo o proceso: “que aprendín? como o fixen? como podo facer outro día? que non debo facer na próxima vez?esforceime todo o posible? Enténdeseme cando explico o que aprendín?...
Calquera que sexa o ciclo as fases son as mesmas. O que varía son as informacións que buscamos, as maneiras de presentalas, a profundidade das respostas,... Podemos ir guiando o proceso de búsqueda dos máis pequenos coas frases que estás entrecomilladas enriba. Para os maiores podemos empregar o documento da páxina seguinte. O importante é que todos, mestres e alumnos, teñamos claras tanto as fases do traballo como o momento do mesmo no que estamos, de modo que saibamos qué queremos, qué nos falta e cómo chegar ao final do proceso. Un recurso moi eficaz en pequenos e escolares con NEE, son as táboas KWL e KWFL ( WRAY e LEWIS, 2000) das que facilitamos a forma:
K
W
Que sei?
Que saber?
L
F
quero Onde podo Que aprendín? buscar ou preguntar? Aprender a aprender 3 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
Nenos e nenas escriben esa táboa no seu caderno de investigadores (ou no de Lingua, ou de Coñecemento...) e van completando as columnas para, finalmente, redactar o contido. Redacción que apoiaremos cun esquema de escritura do que falaremos máis adiante (páx.. 23). As iniciais que dan nome ás táboas proceden do nome dos ítems en inglés. Con escolares moi pequenos podemos eliminar da escrita a columna L para non cansalos excesivamente, eliminación que sustituiremos por moito énfasis verbal na localización e selección de fontes (lembrando sempre incluír as fontes orais)
FASES DUNHA BÚSQUEDA DOCUMENTAL 1.- Saber cal é o tema • Definir ben o tema • Escoller as palabras clave • Preguntarse qué é o que queremos saber 2.- Buscar os documentos • coñecer que tipos de documentos pode haber (enciclopedias, monografías, videos...). Saber que cada tipo de documento proporciona un tipo de información diferente. • saber usar as ferramentas de acceso á información (catálogos, internet...) 3.- Seleccionar os documentos • escoller os documentos e as páxinas que vou usar • tomar nota das referencias 4.- Recoller as informacións • ler con atención cada documento • seleccionar a información que me resulte interesante 5.- Sintetizar a información • Resumir e escribir as liñas esenciais obtida. • Relacionala con coñecementos previos
da
información
Aprender a aprender 4 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
6.- Presentar a información • Organizar a información. • Presentala correctamente e de modo que se entenda. 7.- Avaliar a búsqueda • Comprobar que o traballo feito se corresponde co que empecei a buscar • Relacionala con coñecementos previos
Esta ficha téndela na Biblioteca disposta para seren fotocopiada e repartida ós escolares de modo que lles serva de guía ó longo do traballo que estén realizando.
3.- COMO Aprender a Aprender na escola? Presentamos a continuación unhas serie de propostas que ben poden ser exemplo deste traballo. Aplicando cos rapaces os guións do apartado anterior, en EI, 1º e 2º ciclo a idea inicial é pescudar informacións concretas, relacionadas todas co tema do curso, de xeito que atopemos respostas ás preguntas formuladas empregando en primeira instancia a bibliografía recomendada. Dispoñemos tamén dos cadernos Leo que re saber.... que se axustan perfectamente a este fin. Podemos colaborar cos profesores que nolo soliciten co fin de elaborar outros a medida No terceiro ciclo cremos que o traballo debe ser algo máis autónomo polo que abondará con explicar ben a ficha anterior, distribuíla e logo estar atentos a que os pasos se vaian cumplindo. Levamos anos traballando con ela en grupos de 3º ciclo, polo que está suficientemte contrastada: nenos e nenas pégana no comezo dos seus cadernos de recollida de información e úsana coma unha guía sinalando en que punto concreto se encontra a súa investigación. En escolares con NEE funciona a proposta das táboas KWL (ver WRAY, LEWIS, Aprender a leer y escribir textos de información, Morata, 2000) En canto ós prazos, a idea sería que tentasemos de resolver as fichas de investigación durante un mes na hora de Biblio semanal, para ter tempo a posteriores propostas . Dicir por último que na biblioteca hai bibliografía específica para desenvolver os traballos respecto do tema da Biodiversidade pero, se algún profesor/a precisa algún outro material non ten máis que solicitarnos a súa compra. Respecto dos cocumentos electrónicos, podedes enviarnos os enderezos dos que vos resulten útiles co fin de crear un directorio virtual. . Aparecen a continuación tres anexos co traballo proposto para maiores, coa secuenciación de educación documental e co dos pequenos . Os traballos poden presentarse en calquera formato ou soporte. Aprender a aprender 5 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
Os consellos para o uso de Google proceden nunha boa parte da Biblioteca do IES de Salvaterra e do profesor Javier Celaya. Na derradeira páxina aparecen outras notas bibliográficas ás que iremos engadindo todos aqueles materiais que vaiades aportando coa intención de rematar o traballo cunha ampla selección documental sobre o tema. Ata aquí a información para o profesorado. A partires desta folla comezamos o material para os/as escolares.
Aprender a Aprender sobre... 1.-SABER CAL É O TEMA: A TORMENTA DE IDEAS A tormenta de ideas é unha forma moi coñecida de establecer o que xa sabes sobre un tema e o que queres pescudar. Ten que ver con pensar en palabras que podas asociar cun tema. Por exemplo, se vas investigar sobre Biodiversidade podes probar a crear un esquema gráfico con todas as palabras que che suxira o tema: Auga
Habitat
Plantas
Animais
BIODIVERSIDADE Linguas Lixo Enerxia
Ecosistemas
Isto é só unha suxestión. Propoñemos que elaboredes a vosa propia tormenta de ideas sobre o enfoque que o profesor/a prefira darlle ó tema (ver documento Plan de traballo anual, que orientará posibles enfoques). Algunhas destas palabras poden volver aparecer. Logo entre elas decidide cales son as palabras que describen mellor o que precisades averiguar. Esas deberían ser as as palabras clave para o tema. Acertar coas palabras clave é o primeiro paso para encamiñar a investigación. Escribide aquí as palabras escollidas: Agora tentade converter esas palabras clave en preguntas. Esas serían as necesidades que tedes de información. A medida que avancedes no traballo Aprender a aprender 6 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
xurdirán outras preguntas, pero este é o comezo. Estas serían algúns exemplos: •
Porque viven estes animais aquí?
•
E estas plantas?
•
De onde ven a auga?
•
Que facemos co lixo?
•
De onde ven a enerxía?
•
Morren as linguas?
2.- BUSCAR OS DOCUMENTOS: LIBROS OU ORDENADORES? Cres que os ordenadores substituirán aos libros por completo?. Intenta pensar algunhas das avantaxes e inconvenientes de utilizar libros ou ordenadores. Escríbeas: AVANTAXES
INCONVIENTES
LIBROS -1-2-3-4-5_______________________________________________________________ ORDENADORES -1-2-3-4-5TRABALLAR NA BIBLIOTECA. SELECCIONAR OS DOCUMENTOS. Sexa cal sexa o soporte escollido, o que si hai que ter claro é como buscar en cada un deles. En canto aos libros, faite estas preguntas: 1. Os libros de coñecementos da biblio teñen un número asignado no lombo. Fíxate no das centenas (ou decenas) Sabes que significa ese número? 2. Saberías colocar un número a cada un destes temas?. Aprender a aprender 7 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
•
Inventos:_____
•
Corpo humano:_____
•
Biografías:______
•
Manualidades:_______
•
A Terra:_____
3. Eses números pertencen ó sistema de clasificación da nosa biblioteca e doutras moitas bibliotecas do mundo chámase Clasificación Decimal Universal (CDU). Consultando os andeis da biblioteca poderías completar a disciplina que representan estes números? • • •
5 7 9
• •
6 0
4.- Sabes que é unha “obra de referencia”? E unha “monografía”? Búscao.
5.- Escolle na biblioteca un libro de referencia e unha monografía que falen sobre Biodiversidade. Compara a información de ambos. Para que tipo de traballo empregarías cada un dos libros que tes diante?
6- Os contidos do libro aparecen ao principio do mesmo. É unha lista cos títulos dos capítulos que contén e as páxinas onde estes comezan: esto é o Índice. O Sumario, adoita estar ao final do libro, e é un listado alfabético dos temas dos que trata o libro. Tanto índice como sumario poden ser moi útiles á hora de buscar as palabras clave: se aparecen neles saberás se o libro che interesa e en que páxinas está a información. Algúns libros tamén contan cun Índice Analítico (isto é: a relación exacta e por orde alfabética de palabras e conceptos que podes atopar nel e o número da páxina ou páxinas nas que aparece), estes seranche sempre de grande utilidade e farán máis áxiles as túas consultas. Agora lembra de novo as túas palabras clave sobre Biodiversidade. Busca tres libros que penses que poden tratar ese tema e localiza o índice e o sumario. • Teñen índice? • Teñen sumario? • Teñen Índice Analítico? Aprender a aprender 8 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
•
Anota os títulos dos libros e as páxinas que cres que poden ser de interés:
1. –
2. –
3. -
7- Nunha Bibliografía aparecen os datos dos libros que se consultaron na investigación. Consultar a bibliografía ás veces axuda a atopar outros libros que nos poden ser útiles na investigación. Pero tamén é importante saber tomar nota dos libros que empregamos para compoñer a nosa propia bibliografía no traballo. Para elo debemos incluír: • • • •
Nome do autor (empezando polo apelido) Título do libro (entre comiñas) Editorial Ano de publicación
Se o libro consultado é unha enciclopedia, deberás escribir: • Título da obra • Nº de tomo e páxinas consultadas • Editorial • Ano de publicación
8.- Valorar os textos que estamos a empregar fará que desbotemos algúns e busquemos outros mellores. Pero como se valora un libro? É doado. Só hai que examinar se trata o tema que estamos a investigar de xeito que o entendamos. Se o libro non trata as nosas palabras clave ou o fai dun xeito demasiado fácil ou difícil non nos serve, e debemos buscar outro mellor. Practica cos tres libros dos exercicios anteriores. Proba a resolver para cada un a ficha que propoñemos a continuación e despois decide se eses son os libros máis axeitados para o teu traballo. 1.- Ficha de Bibliografía e avaliación: Aprender a aprender 9 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
Autor
Título
Este libro parece:moi fácil_____ axeitado_____
Editorial
Ano
difícil_____
Este libro parece:anticuado____ antigo pero útil____
actualizado____
As miñas palabras clave están no índice: case todas____case ningunha____
2.- Ficha de Bibliografía e avaliación: Autor
Título
Este libro parece:moi fácil_____ axeitado_____
Editorial
Ano
difícil_____
Este libro parece:anticuado____ antigo pero útil____
actualizado____
As miñas palabras clave están no índice: case todas____case ningunha____
3.- Ficha de Bibliografía e avaliación: Autor
Título
Este libro parece:moi fácil_____ axeitado_____
Editorial
Ano
difícil_____
Este libro parece:anticuado____ antigo pero útil____
actualizado____
As miñas palabras clave están no índice: case todas____case ningunha____
Aprender a aprender 10 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
Aprendendo a investigar na rede Un buscador é unha páxina cun programa de ordenador que axuda a atopar información en internet. Non tódolos buscadores son iguais, e hai moitos máis que Google, pero este é o máis empregado e por el imos comezar. O primeiro buscar as palabras clave¡¡. Despois intenta aplicar algúns destes consellos.
Doce CONSELLOS PARA BUSCAR 1. LEMBRA QUE PODES USAR MÁIS DUNHA PALABRA CLAVE DE CADA VEZ Cantas máis uses máis acotarás a busca. Nos libros, as palabras clave aparecen habitualmente nunha lista por orde alfabética no índice, ó final. Cando buscas na rede, tes que escoller as palabras clave por ti mesmo.
2.
USO da “Búsqueda avanzada”: Se seleccionas ao lado da caixa de búsqueda as letras que din “Búsqueda avanzada” os resultados serán moito máis precisos. Proba con algunos términos:
Biodiersidade en Galicia 3. EXCLUÍR PALABRAS DUNHA BUSCA: Utiliza o signo “menos” (non o guión) diante da palabra que queiras omitir. Por exemplo: Biodiversidade-comida Google mostraranos os resultados que conteñan a palabra lácteos pero ningún deles conterá a palabra leite. Aprender a aprender 11 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
4. DESTACAR PALABRAS PARA A SÚA BUSCA: Para acoutar a busca tema amplo, escribiremos o signo + diante da palabra ou palabras cuxa busca desexamos forzar (sen espazos): Especie+ameazada+Galicia
5. O COMODÍN: Como se titulaba aquel libro ou aquela película? ¡Ufffff! ¿Algo así como “La no se qué del viento”? Google axudarache a lembrar se usas o asterisco * como comodín. Verás como che resolve a dúbida: Especie * Galicia
6. FAI UNHA PREGUNTA A GOOGLE: Tamén é capaz de responder a preguntas sinxelas como: Cual es el habitat del percebe? Lamentablemente, este buscador non é moi efectuvo coas preguntas en Galego. Podes facelo en Castelán pero as mellores búsquedas fainas se é preguntdo en Inglés. 7. DEFINICIÓNS DE PALABRAS: Se escribes define: antes da palabra que queres, os primeiros resultados de Google daránche a definición que buscas: Define:habitat 8. DEMASIADA INFORMACIÓN?: Habitualmente os resultados máis apropiados aparecen na primeira páxina de búsquedas. Ler as dúas liñas que resumen o contido de cada web axudarache a decidir se o sitio pode ser útil ou non. Fíxate no nº que aparece baixo a caixa de búsqueda: é o nº de resultados atopados. Relamente estas disposto a ler todo iso? Entón debes refinar a túa búsqueda con algunha das estratexias anteriores. 9. PODO FIARME DO QUE SE DI AQUÍ?. Non toda a información que está na rede é fiable. Hai unha serie de preguntas que nos axudarán a decidir se a información que temos diante é ou non útil para nós: •
Calquera pode colgar información en Internet: non é preciso ser un experto. Será mellor escoller as páxinas publicadas por organizacións coas que se poida contactar (Busca o contacto na propia web, Se non o ten : DESCONFÍA) Aprender a aprender 12 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
• • •
Ás veces a finalidade das páxinas é comercial. Se tentan venderche algo ou influir en ti dalgún xeito hai que estar atento. Ao final da páxina adoita aparecer a data de actualización da mesma. Comprobar se a información está actualizada será de moito interés segundo o tema do que se trate.. Non perdas o tempo cando unha páxina che sexa moi dificil de entender. Fíxate en se entendes a linguaxe, en se o texto é demasiado longo, en se os gráficos que aporta axudan a entender o texto,...
10. OBRIGATORIO: ENTENDER. “Cortar e pegar” non é un camiño interesante anque en principio poida parecercho: O que non es quen de dicir coas tuas propias verbas non debe aparecer nos teus traballos. 11. TOMA NOTA de tódalas páxinas das que tires información. Non de todalas que leas pero si de tódalas que tomes algo: a Bibliografía hai que poñela igual en cada traballo sen que teña importancia se as fontes usadas son en papel, electrónicas ou orais. DEBE APARECER. Isto fará o teu traballo científico e académico.
12. FOTOGRAFÍAS Unha vez máis, lembra que todo canto hai na rede non naceu só: algunha persoa pasou o traballo de facelo. Que menos que agradecerllo nomeándoa! Cada persoa decide con que condicións pon na rede as súas fotografías e ti debes asegurarte de que cumples as condicións do autor. Para elo usaremos fotografías libres de dereitos ou con dereitos de uso libre. 1. Google – Imaxes - Búsqueda Avanzada - Etiquetadas para reutilización.
Se segues o camiño indicado, acertarás sempre: o buscador só che mostrará imaxes de uso libre e coas que non infrinxes ningún código 2. Flickr. Trátase dun sitio web SÓ de imaxes que están catalogadas con licencia Creative Commons (hai varios tipos desta licencia. Escolle sempre as de uso non comercial porque ti non vas comerciar co teu traballo) Busca neste enderezo que, seguramente, aprenderás de memoria:
http://www.flickr.com/creativecommons/ Aprender a aprender 13 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
Tes varios millóns de imaxes agardando por ti. 3.-RECOLLER E SINTETIZAR A INFORMACIÓN A información recollida podes restituíla en varios formatos: • Documento electrónico: Presentación (PowerPoint), folleto (Publisher), álbum (Slideboom, Picassa, Picturetrail...) • Presentación con guión contado verbalmente • Mural • Traballo escrito • Outros... Nesta ocasión, será un traballo escrito en forma descriptiva ou un informe. Agora xa sabes buscar o que queres. LER ATENTAMENTE é o primeiro paso para recoller a información sobre o teu traballo Utiliza o seguinte esquema coma un guión para escribir a túa investigación: • Introducción • Punto 1 • Punto 2 • Punto.... • Conclusións • Bibliografía Esta será a primeira páxina do teu traballo. Poderás seguir, se o desexas, o seguinte esquema de escritura. Facilitaráche moito a redacción! INTRODUCCIÓN: O tema que escollín para a miña investigación é... Interésame este tema porque... A información deste tema pode dividirse nos seguintes apartados principais: 1. – 2. – 3. – Punto 1: as cuestións máis importantes sobre este tema son: • . • . • . • .
Aprender a aprender 14 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
Punto 2: as cuestións máis importantes sobre este tema son: • • • •
Punto 3: as cuestións máis importantes sobre este tema son: • • • • Conclusións: Por todo elo, podemos concluír que • • • •
BIBLIOGRAFIA: na miña investigación empreguei os seguintes recursos: 1. Libros
2. Páxinas web 3. As imaxes proceden de: (especificándoas por páxinas)
Ou este outro esquema, moi axeitado para 1º e 2º ciclo: Título Anque xa sabía que… E tamén que…. Agora sei que…. E tamén que… O que máis me sorprendeu (gustou, chamou a atención…) foi que….
Aprender a aprender 15 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
4.- PRESENTAR A INFORMACIÓN POR ESCRITO En canto tes claro o que queres poñer é o momento de empezar a redactar e pasar o traballo . Lembra algúns consellos: • • • • • • • •
Sempre aparecerá unha portada co teu nome, curso e profesor ao que vai dirixido, xunto co título do traballo. Primeiro asegúrate de que a túa letra é clara. Se non sabes escribir dereito en folios, emprega unha falsilla. E lembra que OS ERROS ORTOGRÁFICOS SEMPRE BAIXAN A NOTA! Os apartados deben aparecer no índice, que estará paxinado e ao principio do traballo. Tres ou catro apartados serán suficientes por agora. Asegúrate de que se distingan ben. Se pos fotos non cargues demasiado as páxinas: unha por folla e non en tódalas follas. A última páxina debe conter a bibliografía Usa tinta negra ou azul na maior parte do traballo. Reserva as cores para os apartados ou gráficos. Se empregas o ordenador aplica tamén estes consellos. Asegúrate ademáis de empregar unha letra fácil de ler e un tamaño adecuado (12 está ben). Reler e comprobar o texto son dúas actividades imprescindibles antes de entregalo.
5.- AVALIAR A BÚSQUEDA Xa temos o traballo. Pero o máis importante é si aprendemos ou non a facelo para outras veces. Contesta a este cuestionario e poderás sacar as túas propias conclusións. Logo coméntao co teu profe: así poderás centrarte no que che sexa máis complicado en próximas investigacións. OBXECTIVO Sei onde atopar respostas as miñas preguntas
SEGURO/A
INSEGURO/A
Son quen de escoller e utilizar palabras clave para buscar información Coñezo distintas fontes de información e podo escoller a mellor para o meu traballo Sei utilizar índices e sumarios para atopar información nos libros Podo escribir unha bibliografía cos datos dos libros que empreguei Sei anotar información importante usando as miñas propias verbas Son quen de contarlles aos demais ordenadamente o resultado da investigación •
O que me resultou máis fácil durante a investigación foi: Aprender a aprender 16 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
•
O que me resultou máis difícil durante a investigación foi:
•
O que non debo volver a facer é:
•
O que non debo esquecer para próximos traballos é:
EDUCACIÓN DOCUMENTAL EN INFANTIL E SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS E ACTIVIDADES
PRIMARIA:
(Adaptación para o centro da secuencia proposta por Baró, M. y Mañá, T. en El uso de la información. Pautas de programación para la formación del usuario de la Biblioteca Escolar en Textos de Didáctica de la Lengua y Literatura, 1994)
EDUCACIÓN INFANTIL 3-6 ANOS CONTIDOS ACTIVIDADES Estudo de fontes de información - Escoitar historias que teñan o - Considerar o libro como fonte libro como fonte de información. - Reforzar a narración oral en - Outras fontes de información. vivo, con grabacións sonoras ou audiovisuais
Aprender a aprender 17 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
Búsquedas de información - Coñecer e distinguir os espazos de biblioteca na escola e na aula - Coidar o material e manter orde nos rincóns de biblioteca - Coñecer e distinguir os pictogramas empregados para sinalizar o material bibliográfico de Educación Infantil .
-
Utilización dos materiais - Crear a necesidade de consultar - Iniciarse no hábito do préstamo a domicilio
-
-
-
-
Visitar regularmente a Biblioteca de Infantil Nomear os responsables da biblioteca na aula e rotar o cargo Iniciar unha libreta de lector, e relacionar os libros leídos Visitar a Biblioteca de Primaria e a de Profesorado Asociar os pictogramas cos temas aos que fan referencia Buscar información gráfica en libros seleccionados para tratar un centro de interés determinado. Coñecer o carnet de Biblioteca e a sua función Presentar a información obtida sobre un tema concreto nun traballo grupal: murais, exposición de traballos,… Concienciar ás familias da necesidade de cuidar tódolos materiais que se levan ás casas
PRIMARIA. PRIMEIRO CICLO CONTIDOS ACTIVIDADES Estudo de fontes de información - Seleccionar contos, narracións e - Distinción do tratamento libros de consulta sobre un tema temático entre libro documental concreto e comparar resultados e de ficción para evidenciar os distintos - Estimular o uso da Biblioteca tratamentos da información. para solucionar as dúbidas que - Taller do libro: elaboración de orixinais, elaboración de texto e xurden a partir dos temas tratados na aula ilustracións. Traballo en gran grupo
Aprender a aprender 18 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
Búsqueda de información - Recoñecer unha colección, polos seus rasgos formais e a sua temática
-
Identificar nunha obra título, autor e ilustrador Distinguir nunha obra de ficción las funciones de autor e ilustrador
-
-
-
Coidar o material e manter a orde alfabética na Biblioteca de Primaria
-
Utilización dos materiais - Iniciarse no hábito de préstamo a domicilio dende a aula e dende a Biblioteca . - Coñecer as dinámicas de animación da Biblioteca (momentos de préstamo, lugares de exposición de novidades, zona de consulta de primeiros lectores...) e participar delas. - Compender a relación entre as informacións visuais e as textuais
-
-
-
-
Observar as distintas coleccións de ficción e determinar se existe un criterio de colección. Nos libros documentais observar se a colección ten un tema unitario ou se é multitemática. Continuar a libreta de lector, e relacionar os libros leídos Buscar libros dun mesmo autor con distintos ilustradores e viceversa Aprender e empregar o sistema de tablillas para o mantemento da orde. Facer un listado das accións que deterioran o material da biblioteca Empregar e custodiar o carnet de Biblioteca Coñecer e aplicar as Normas de Uso na Sala de Primaria Observar cómo os adultos realizan búsquedas no catálogo a partir das peticións dos nenos Relacionar mediante fichas algunhas ilustracións e os seus pés textuais a partir de fotocopias seleccionadas previamente Presentar a información obtida sobre un tema concreto nun traballo: murais, exposicións de traballos, exposición oral.
PRIMARIA. SEGUNDO CICLO CONTIDOS
ACTIVIDADES
Aprender a aprender 19 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
Estudo de fontes de información - Identificar os distintos soportes informativos - Coñecer o libro como principal fonte de información
-
Búsqueda de información - Iniciarse no sistema de clasificación - Coñecer a ubicación física dos materiais
-
-
-
-
Introducir o hábito de utilizar os servizos de información comunitarios
Utilización dos materiais - Recoñecer nun documento as mención de autor, ilustrador, editor - Analizar distintos niveis de información contidos nos documentos - Identificar o tema do libro a partir do sumario - Utilizar o sumario como sistema de localización da información
-
-
-
Clasificar documentos obtidos nunha búsqueda en función dos seus soportes: libros, videos, carteis, DVD,... Taller do libro: elaboración de orixinais, elaboración de texto e ilustracións, encuadernación,…. Traballo en pequeño grupo. Clasificar libros a partir do primeiro número da CDU Facer unha lista alfabétizada das materias máis buscadas e localizar os números que lles corresponden según a CDU Ordenar alfabéticamente Separar libros de ficción dos libros de consulta según os indicadores topográficos Nun plano da Biblioteca indicar a localización dos materiais en función da CDU Visitar a sección infantil da Biblioteca Central
Reseñar correctamente os libros lidos na libreta de lector Comparar as informacións obtidas nunha búsqueda co diccionario e coa enciclopedia Detectar os distintos tipos de información contidos nun documento (gráficos, resumes, esquemas, pé de foto...) Realizar unha consulta en CD-rom e comparar a pantalla de menú cun sumario dun libro impreso. Debatir sobre as ventaxas de cada soporte A partir de fotocopias de sumarios identificar o tema dun libro Localizar unha información concreta a partir do sumario Presentar a información obtida sobre un tema concreto nun traballo. Avaliar o proceso seguido
PRIMARIA. TERCEIRO CICLO Aprender a aprender 20 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
CONTIDOS ACTIVIDADES Estudo de fontes de - Visitar lugares relacionados co información proceso de elaboración do libro: - Seleccionar e descartar imprenta, editorial, … libros na búsqueda de - Examinar e extraer informacións informacións concretas concretas de diferentes documentos e - Manexar distintos soportes: libros, videos, carteis, DVD, soportes informativos internet... nas búsquedas Búsqueda de información - Identificar unha signatura topográfica e as súas partes - Distinguir as indicacións relativas a aqueles fondos que presentan particularidades - Coñecer as primeiras subdivisións da CDU - Coñecer a posibilidade de consultar na OPAC do centro - Iniciarse no uso das fontes de información telemáticas - Introducir o hábito de utilizar os servizos de información comunitarios Utilización dos materiais - Analizar distintos niveis de información contidos nos documentos - Coñecer os recursos de organización e presentación dos coñecementos dun libro - Realizar búsquedas guiadas de documentos ou datos relacionados cun traballo.
-
-
-
-
-
Colocar os libros según a signatura Dadas varias signaturas determinar a materia correspondente a eses números Dados varios materiais particulares (álbumes, libros con CD, material audiovisual)indicar cales son as suas condicións de uso e colocalos correctamente Dado un tema facer un rexistro dos materiais dispoñibles no centro para tratalo Facer búsquedas sinxelas de información concreta en internet, comparando o número de resultados según se utilicen términos amplios ou concretos Visitar as Bibliotecas cercanas
Comparar as informacións obtidas nunha búsqueda coa enciclopedia e cunha monografía Personalizar as libretas de lector con reseñas, valoracións críticas, recomendacións doutros lectores,… Identificar os distintos tipos de información contidos nun documento: esquema, glosario, recuadro, gráfico, citas e notas a pé de páxina Extraer as informacións que poidan obterse no prólogo, a presentación e a contraportada dun libro de ficción. Presentar a información obtida sobre un tema concreto nun traballo. Avaliar o proceso seguido.
Aprender a aprender 21 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
Cadernos de Leo quere saber... Pídeos na Biblioteca ou decargaos desde o blog da biblio: http://bemilladoiro.blogspot.com BIBLIOGRAFIA XERAL -BARÓ, M. y MAÑÁ, T. en El uso de la información. Pautas de programación para la formación del usuario de la Biblioteca Escolar en Textos de Didáctica de la Lengua y Literatura, 1994 -BARÓ, M. y MAÑÁ, T. (2002): La formación de usuarios en la biblioteca escolar. Málaga: Junta de Andalucía, Consejería de Educación y Cultura. -OSORO, Kepa: La formación de usuarios independientes. PLEC, Proyecto de lectura para centros escolares -DURBAN, Gloria: Competencia en el acceso y uso de la información. Concreción para la educación primaria y secundaria. Durban 2006 -WRAY, D Y LEWIS, M, Aprender a leer y escribir textos de información, Ed. Morata, Madrid, 2000 -PIQUIN, R. Proxectos documentais integrados http://www.slideshare.net/rpiquin/proyectosdocumentales-integrados-herramienta-para-alfin-y-desarrollar-competencias-lectoras# (Consulta: Marzo 2007) -ASOCIACIÓN DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE ONTARIO -OLA (1998). Estudios de la información, de Kindergarten a grado 12, 1998. Currículo para colegios y centros de información de bibliotecas escolares. Eduteka. 2003. Disponible en: <http://www.eduteka.org/pdfdir/Curricul_3A.pdf> [Consulta: Xullo.2003] ESPECÍFICA DA PROPOSTA DIDÁCTICA
-Biblioteca CEIP Milladoiro. Malpica ( http://sites.google.com/site/olgardiaz/programacioned -IES Poeta Añón. Outes: -“Proxecto interdisciplinar” www.edu.xunta.es/biblioteca/.../IESPoetaAnhon_proxectointerdisciplinar.pdf
-IES Salvaterra de Miño. Equipo de Biblioteca -CEIP Seis do Nadal, Vigo. Equipo de Biblioteca PARA DESENVOLVER TRABALLOS CO ALUMNADO (Engadir aquí todo o que vaiamos empregando)
•
Recursos bibliográficos
-VER -
•
Recursos web
Examinar nas aulas en primeira instancia:
Aprender a aprender 22 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz
-Wikipedia -Conselleria de Medio Rural . (Seleccionar e engadir aquí todo o que vaiamos empregando) -
Aprender a aprender 23 Biblioteca escolar. CEIP Milladoiro. Malpica Mª Olga Rodríguez Díaz