Bibliografía: AVILES DE TARAMANCOS, A.(1992) O tempo no espello. Edicións do Castro. A Coruña AVILES DE TARAMANCOS, A.(1989) Nova crónica das indias. Ed. Ir Indo, Colecc. Nabarquela. Vigo, AVILES DE TARAMANCOS, A.(1989) As torres no ar.Ed. Sotelo Blanco . Compostela ALVAREZ CACCAMO, X.M.(2002) Antón Avilés de Taramancos. Ed. A Nosa Terra. Vigo, ALVAREZ CACCAMO,X.M.(2003) Vida de Antón Avilés de Taramancos. Ed. Galaxia. Colecc. Letras Galegas. Vigo Antón avilés de Taramancos,(2003).Video sobre a vida do autor homenaxeado (15 ‘). Ed. Xuga. Compostela Antón Avilés de Taramancos(2003). Cd coas exposicións e unidades didácticas. Premite imprimir.. Ed. Xuga. Compostela. Antón Avilés de Taramancos (2003). Unidade didáctica para Primaria. Ed. Xuga. De Rosalía a Avilés de Taramancos. Escolma do día das Letras Galegas (1963-2003).Ed. Xuga. Compostela.
Letras Galegas 2003
Exposición didáctica de Primaria sobre Avilés de Taramancos. 12 carteis sobre a súa vida e a súa obra, libros e CDs.
poeta 1935-1992
www.avilesdetaramancos.com/ www.diadasletrasgalegas.com/2003/index www.xunta.es/conselle/cultura/letras/taramancos www.limiarlibros.com/webgaliza/letras2003. www.geocities.com/galicianosa/taramancos_biografia www.vieiros.com/veredicion.asp?Ed=34
equipo de BIBLIOTECA Malpica, Maio de 2003
Antón Avilés de
Taramancos Seminario de Biblioteca CEIP MILLADOIRO MALPICA
Antón Avilés de Taramancos (Noia 1935-A Coruña 1992) Nacido na parroquia noiesa de Taramancos, no lugar de Boa, Antón era o maior de catro irmáns. O pai, como consecuencia da guerra civil española e a durísima postguerra, andivo, a maior parte do tempo embarcado, polo que os rapaces foron educados por Lela, a nai,e Pepa, a avoa. Foi un neno coma tantos, criado nunha casa de labradores onde todos traballaban: o campo, os animais... mesmo a avoa traballaba a pedra. Desde a casa víase a praia de Boa. E as goletas de cabotaxe que percorrían a costa levando e traendo mercadurías polo rico litoral das Rías Baixas. E coas goletas e o mar e o pai embarcado voaba tamén a fantasía do rapaz. Estudiou a Primaria na escola da aldea e o bachiller en Noia por libre, tendo que ir examinarse a Santiago, pois coa Guerra Civil cerraran o instituto de Noia. En 1953, e seguindo máis os desexos de seu pai que os seus propios, marchou á Coruña estudiar Naútica, carreira que non puido acabar porque non lle interesaba moito, entre outras cousas. O tempo na Coruña foi moi ben aproveitado para seguir escribindo e para tomar contacto con todo canto se movía no panorama cultural coruñés: Lugrís, Manuel María, Novoneyra... Conservase unha carta na que Lugrís lle pide cartos para poder vir pasar o inverno a Malpica Foi Manuel María quen lle aconsellou cambiar literariamente o seu segundo apelido (Vinagre) polo topónimo da súa aldea natal, alegando que “o vinagre non casa ben co viño”. E dalí en diante foi para sempre: Antón Avilés de Taramancos.
En 1960 decidíu marchar de Galicia, avisado por un policía amigo de que estaba a ser vixiado polos servicios secretos da dictadura a causa dun paquete de libros que recibira de sudamérica, Aconsellado polo cónsul de Colombia na Coruña, que tamén era seu amigo, marcha a ese país do que non volvería ata despois de 20 anos. Levou consigo só unha maleta chea de noces: a voa Pepa dicía que quen tiña noces tiña de todo. En Colombia desempeñou os traballos máis variopintos: unha autentica vida de aventureiro. Pero sempre escribindo. Finalmente, en 1980 regresou a Noia, con tres fillos e a súa muller Sofía, con quen casara en Colombia. Nese ano foi elexido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Buscando, unha vez máis cómo gaña-la vida, abriron unha taberna en Noia que pronto se convertiu no bar máis culto dos arredores: alí ademáis de viño tomábase poesía. Acabou a súa vida como concellal de cultura polo Bloque Nacionalista Galego na primeira corporación democrática do concello de Noia. Morreu no Juan Canalejo da Coruña doente dunha grave enfermidade. Está soterrado en Noia, mirando á mesma ría que o veu nacer. As súas mellores obras son de poesía: O tempo no espello (1982), As torres no ar (1989)... En prosa deixounos un fascinante libro de aventuras: Nova crónica das indias (1989). A dedicación deste Día da Letras Galegas, pode ser unha boa disculpa para achegarnos a coñecer a súa obra. ¡Pois que o disfrutedes!