Libros en tódolos sentidos

Page 1

CEIP Milladoiro Malpica de Berganti単os Biblioteca Escolar. Marzo de 2011


INDICE 1. Presentaci贸n 2. Libros nos libros 3. Libros na orella 4. Libros nas mans 5. Libros nas casas 6. Libros na rede 7. Libros na cabeza 8. Libros no coraz贸n 9. Libros na boca 10. Facedores de libros 11. Conclusi贸n


1. Presentación O CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños) é un centro educativo de Infantil e Primaria que acolle a 200 escolares e 20 profesores e profesoras. Sempre fomos moi conscientes da nosa responsabilidade á hora de achegar ós nenos e nenas á lectura e o noso modo natural de levar a cabo o noso traballo é facelo rodeados de libros . Por esta razón, desde que o centro abreu as súas portas no ano 1991 emprendemos a creación da mellor biblioteca escolar da que foramos capaces. A nosa folla de ruta desde que por fin escribimos o nosos proxecto no curso 95/06 incluía un doble reto: o Favorecer o nacemento do gusto lector no noso alumnado, así como moldealo facendoo medrar baixo criterios de calidade. o Axudarlles a explorar e coñecer a valiosísima axuda que supoñerán os libros ó longo de toda a súa vida para acceder á información e localizar aquela que en cada momento precisen. Entendemos que o libro de texto é UN dos libros da escola, pero non é o único. Baixo esta luz, desde hai quince anos dispoñemos dun programa que comezou chamándose de Educación Documental e hoxe chámase de Alfabetización Informacional pero que, básicamente persigue idéntica finalidade: ensinar ós nosos nenos e nenas a moverse polo mundo da información identificando aqueles procedementos que son propios para unha búsqueda documental eficaz. Estas dúas liñas de actuación están constantemente alimentadas por dúas ideas que son para nós unha guía: • A compensación de desigualdades sociais de partida que, pensamos é unha das grandes aportacións da universalización da escola: este é o único escenario polo que pasa TODA a poboación. Compétenos, pois, compensar, igualar e potenciar na consciencia de que o obxectivo é que tódolos cidadáns teñan idénticas posibilidades de acceso á cultura. • O noso rol de mediadores. Elaborar camiños lectores personalizados, ofrecer a cada escolar aquelo que lle resulta verdadeiramente interesante, convencelos de que a lectura non é só un camiño para aprender, tamén o é de soñar, de viaxar, de consolarse, de evadirse...


Estamos convencidos de que un mal achegamento á lectura fará cidadáns alérxicos á mesma. E viceversa.

Trazadas estas liñas de actuación, tentaremos contarvos aquelas das nosas actividades do pasado curso (209/10) que estiveron directamente relacionada co uso e promoción do libro.

Fundamentalmente do libro galego, pois este é o idioma no que nos desenvolvemos habitualmente. Neste sentido temos que dicir que, se ben en volúmenes literarios temos a demanda perfectamente servida, non nos sucede o mesmo cos libros de coñecementos: non dispoñemos no mercado de suficientes libros de consulta no noso idioma e temos que recorrer moitas veces máis das que desexaríamos a libros escritos noutras linguas, fundamentalmente en castelán, feito este que non resulta moi normalizador aos ollos dos nosos escolares.


2. Libros nos libros Queda exposta xa esa nosa maneira de traballar que consiste en acompañar tódolos temas das programacións de aula de seleccións bibliográficas e apoio documental ó profesorado desde a Biblioteca Escolar. •

Exposicions ó fío do currículo . Algúns exemplos Sisema solar, Educación Musical, A vivenda …

Alfin entroido:O tema do Entroiodo 2010 foron as culturas do mundo. E os libros correron de man en man para documentarse ben, ambientar corredores e aulas, compoñer os disfraces….

Alfin música: nos libros buscouse a documentación necesaria para compoñer cada unha das familias de instrumentos

Alfin vivenda: o PI (Proxecto Interdisciplinar) do curso 2009/10 tiña como eixo A VIVENDA e cada aula integrouno na súa programación naqueles temas que lle resultaba máis acaído: Historia (maquetas en 2º e 3º ciclos), E. Plástica (deseño de vivendas imposibles 3ºciclo), Literatura (As casas dos seus soños, 1ºciclo), A cultura Castrexa (E.I.)

Alfin Muller: nos libros recolleron información sobre mulleres no mundo da ciencia e expuxeron de varias formas os seus descubrimentos (dramatizacións, presentacións…)

Alfin animais: para comezar a familiarizar ós máis pequenos co uso dos libros como fonte de información elaboramos estes cadernos secuenciados en orde de dificultade: de 1 fonte a 3, das que unha é electrónica. Incluímos tres exemplos deles. A colección completa pódese ver AQUÍ





3. Libros na orella Con motivo da celebración escolar do Día do Libro propuxemos a actividade de Madriñas e Padriños Lectores. A cada escolar foille adxudicado por sorteo outro de menor idade coa intención de que escollera unha lectura que a el/ela lle tivera gustado moito cando tiñá a idade do afillado/a e lla lera o Día do Libro. Todos xuntos, no patio do colexio. Os apadriñamentos gardáronse en segredo ata uns días antes da celebración. Mentras tanto, padriños e madriñas escolleron coidadosamente as lecturas. O día 23 dirixíronse ás aulas a buscar ó afillado, baixaron xuntos ó patio e leron xuntos. Baixiño, pois eramos moitos. Daba gusto ver o patio!



4. Libros nas mans Seguido. Constantemente andamos con eles. Diariamente a Biblioteca Escolar ofrece servizo de préstamo directo de libros durante o tempo do recreo ós escolares dos ciclos 2º e 3º; os ciclos 1º e E.I. reciben idéntico servizo desde a propia aula xa que consideramos que neses cursos en que a aprendizaje da lectura está no seu apoxeo, debe ser directamente o profesorado quen aconselle os títulos en función da habilidade acadada por cada escolar. No pasado curso fixemos 950 préstamos directos de libros e 731 préstamos ás aulas (temos, en total, 200 escolares) Asemade, implementamos para tódalas aulas os vinte minutos diarios de lectura que chamamos Hora de Ler presentada baixo as condicions dos plans de lectura silenciosa sostida, auspiciados pola profesora chilena Mabel Condemarín. O PLSS ten como obxectivos: a) Crear hábitos de lectura b) Establecer un espazo para a lectura non dirixida c) Estimular o interés pola lectura d) Facilitar a libre elección de textos por medio da autoselección de libros e) Formar lectores independientes que lean para a súa información e agrado persoal f) Lograr o descubrimento do placer da lectura O funcionamiento previsto consiste básicamente en que os escolares escollen voluntariamente o seu material de lectura, o mesmo fan os docentes. Logo, cada ún le en silencio e sen interrupciós durante un tempo previamente determinado. Esta actividade realizase diariamente, durante 20 minutos ao subir do recreo. Logo da lectura, os escolares non teñen que responder preguntas, facer fichas ou traballos prácticos. Non se esixe ningunha actividade relacionada coa lectura Ler sen pedir nada a cambio


O documento orixinal da profesora Condemarín prevé tamén algúns principios de procedementos destinados ao profesorado tales como: visitas a librerías, feiras do libro, bibliotecas e invitacións a docentes, escritores, ilustradores… para que relaten as sùas experiencias cos libros e a lectura. E así tentamos facelo.



5. Libros nas casas Consideramos que o noso papel de axentes mobilizadores da lectura non acada o seu sentido completo se non implicamos ás familias. E, para elas temos tres vías de animación e difusión: as mochilas viaxeiras, as guías de lectura, os blogs (especialmente o de Novidades) •

As Mochilas: o curso pasado tiñamos en circulación vintecatro mochilas. En cada aula, dúas. Unha semana con cada familia. Cada unha delas leva, ademáis dos libros, un caderno no que pedimos ás familias que nos deixen a súa valoración, opinións, suxestións de libros… establecemos con elas un diálogo na distancia. O que levan as mochilas pódese ver AQUI. Algunhas opinións das familias, AQUI. E, por último, AQUÍ, pódese ver o aspecto que teñen.

As Guías de lectura. Con motivos dalgunha data especial (Día da Paz, da Poesía…) e sempre no Nadal e no fin de curso, elaboramos unhas guías de lectura que facemos chegar a tódalas familas e ás librarías máis cercanas. Incluímos nelas productos editoriais que, na nosa opinión, teñen suficiente calidade e non dispoñen de boas redes de promoción e distribución. Somos conscientes de que as librarías desaparecen e de que ós nosos escolares na meirande parte das ocasións mercan libros por efecto da publicidade. Asumimos, pois, o noso papel de mediadores, dando a coñecer e achegandolles productos de calidade e difícil acceso. AQUÍ están algunhas delas e AQUÍ a páxina que recolle algunhas máis das que temos feito nestes anos.

Blog de Novidades. Con idéntica finalidade, mantemos un blog ao que chamamos NOVIDADES no que imos publicando aqueles libros e discos que incorporamos á nosa colección e que na nosa opinión deben ser obxecto de especial difusión.



6. Libros na rede A difusión entre o noso alumnado das ferramentas da tecnoloxía da información e a comunicación é desde hai anos un reto para nós. Están introducidas no traballo de aula como un recurso máis para favorecer as aprendizajes. E, como non podía ser doutro xeito, tamén para esto usamos os libros. •

Os blogs . Cada ciclo conta con un así : Infantil, 1º ciclo, 2º, 3º e EDNL. Todos están enlazados ó da biblioteca escolar. Un dos seus principias cometidos é o de facer públicas as actividades que se fan en cada aula e teñen como centro os libros e a lectura.

As webquest. No curso pasado elaboramos tres webquest dirixidas a escolares do 3º ciclo. 1. Con motivo do samaín e o comezo do ciclo invernal eleboramos a primeira co tema da conservación de alimentos en torno a As aventuras de Said e Sheila (Xerais, 2001) de Ramón Caride. Pódese ver AQUÍ.

2. Con motivo dunha visita á Ribeira Sacra, limos a guía de Manuel Garrido (Xerais, 2008) e a de Mercedes Vázquez (Galaxia, 2001), para logo facer a webquest Viaxe á Ribeira Sacra, que deu como resultado estas publicacións no blog do 3º ciclo

3. Finalmente, elaboramos a terceira das WQ con motivo do entroido. Para facer frente ás tarefas propostas, nenos e nenas usaron dos libros que se poden ver nas fotografías da exposición así como dos materiais on-line que se lles facilitaban. Resultou ser un fermoso traballo de documentación sobre como axudarlle ao Concello da Coruña a organizar unha Cea na Torre, cuxos resultados poden verse AQUÍ



7. Libros na cabeza Cando estabamos a elaborar o noso plan de actuación para todo o curso chegounos o convite de Implicadas no Desenvolvemento para participar na súa campaña E ti… para que les? Inmediatamente soubemos que a actividade se axustaba perfectamente ós nosos obxectivos e sumámonos a ela. Fixémola extensiva a toda a comunidade educativa e colaboramos na organización que para as Bibliotecas Escolares de Galicia asumiron O Segrel do Penedo e Mesturas. O ilustrador Jaime Eizaguirre agasallounos coas ilustracións que foron imaxe da campaña, feito que agradecemos desde aquí, unha vez máis.

Pensar os libros e preguntar sobre ese pensamento. A idea era provocar a reflexión individual respondendo á pregunta que daba nome á campaña. Pensar sobre o acto lector. Pensar sobre por que/para que… o fago. Resultou ser unha actividade moi motivadora. Recollemos respostas emocionantes, sorprendentes, inesperadas…. E sempre reflexivas.

Participou o alumnado, claro está, pero tamén o profesorado e as familias. A exposición aínda adorna un dos nosos corredores porque nos parece que as despostas pódense ler moitas veces e sempre atopamos algo novo.



8. Libros no corazón Antes de recibir o convite de Implicadas tiñamos incluído no noso Plan de Actuación Anual o que nos pareceu unha actividade de Animación á Lectura moi singular: poñernos en contacto con personaxes populares coñecidos por actividades profesionais non relacionadas cos libros e a lectura e pedirlles que nos falaran dun libro que fora singular na súa vida. O pedido incluía que nos achegaran unha foto súa lendo. A idea era utilizar a fascinación que exercen sobre os nosos escolares facendo ver que … ELES, ELAS, TAMÉN LEN. Baixo ese título extendimos a proposta, de novo á rede de Bibliotecas Escolares de Galicia co fin de levar a cabo un traballo colaborativo: adoitamos facelo porque entre moitos as cousas fanse mellor. A idea foi moi ben acollida e nós asumimos o labor de coordinación para tódalas BEs de Galicia. A resposta por parte dos personaxes populares foi menor que a esperada pero aqueles/as que responderon ao noso chamado fixérono moi emotivamente. Porque o convite era complicado: pediamos que nos falaran da pegada que deixara no seu corazón un libro. Especialmente UN. Non era un convite sinxelo de encomendar o derradeiro libro lido, ou un libro que me gustou moito. Non. Tiña que ser especial. Tiña que ter relevancia na vida de quen respondía. Tiña que ser un libro dos que se levan no corazón. Coas respostas, maquetamos unha publicación on.line que enviamos a tódalas bibliotecas da rede e foi exposta en multitude de colexios, asociacións culturais, concellos e outras institucións. Usamos os debuxos que fixo para a outra campaña que organizamos o ilustrador Jaime Eizaguirre co fin de que ambas tiveran unha certa unidade de imaxe. Cos orixinais imprimimos e encadernamos un volume que figura na nosa biblioteca.



9. Libros na boca •

Hoxe le…: Dous días á semana (martes e xoves) na hora do recreo dos maiores, organizamos na Biblioteca unha actividade á que chamamos Hoxe le… Trátase dunha actividade autoxestionada polos escolares de 6º na que poden participar como lectores/as calquera neno ou nena de entre 3º e 6º (sete a doce anos) e como espectadores calquera que así o decida especialmente os nenos e nenas de E. Infantil. O que será lector/a escolle a súa lectura, prepáraa ben e por riguroso turno da lista que xestionan os compañeiros/as de 6º, ofrece a súa lectura no día indicado. Previamente o seu nome e o título do libro que lerá aparece nos espazos publicitarios habituais para coñecemento de todos/as. No día previsto ten lugar a lectura, sempre ben recibida e aplaudida. Nenos e nenas esforzánse verdadeiramente en facelo ben. Dispoñemos dun equipo de megafonía que fai que se sintan artistas. Se solicitan axuda na preparación da lectura, o profesorado está sempre disposto a facelo. En canto ós espectadores: especialmente o alumnado de E. Infantil, espera con ansia os días nos que hai lectura e preguntan por ela se, por algunha razón, temos que suspendela.

Lecturas a domicilio. Outra actividade de lectura en voz alta de maiores para pequenos. Temos especial querencia por elas porque son moi estimulantes: quen as prepara faino a conciencia desde a selección do libro ata a posta en escena, a dicción a entonación…. E quen a recibe faino a través do vínculo cun neno/a que coñece, cun igual, cun par. E esta carácterística de Inter.-pares dalle unha dimensión singular pois alonxa todo o asunto da obrigatoriedade, da escolaridade… parece máis vinculada ó xogo e á camaradería. A experiencia dinos que os títulos que son lidos polos maires figuran despois entre os máis solicitados polos pequenos para levar á casa e compartilos coa súa familia.



10. Facedores de libros •

Na nosa opinión un lector é tamén, en potencia, un autor. E cada ano abordamos a tarefa de escribirmos xuntos. O curso pasado foi con motivo do Día do Libro e a proposta foi a sempre tan socorrida do libro viaxeiro: os pequenos da aula de tres anos comezron unha historia que foi rodando polas aulas por riguroso turno e aumentada seguindo o fío da historia ata completala.

Finalmente, cada aula ilustraba o texto que eles mesmos elaboraran. Imaxe e texto, palabras e debuxos: unha historia un pouco disparatada que rematou por chamarse Doce Malpica. •

Uxío Novoneyra. Demos a coñecer a poesía de Novoneyra. Limos os seus poemas, mercamos os seus libros, prestámolos…Non foi difícil facerlla chegar a nenos e nenas pois é amigable. E, ó fío dela, pedimoslles que escribiran. E fixérono. Cos seus traballos fixémos un recital de poesía e dúas publicacións electrónicas que se poden ver AQUÍ e AQUÍ.

Concurso de cartas e postais de Amor. Con motivo da festividade dos namorados, e sabendo que o amor romántico, filial, fraternal…. o amor en calquera das súas manifestacións, é o grande motor das nosas vidas, propuxemos ós nosos escolares que escribiran unha carta a un ser querido expresando os seus sentimentos. Presentámolo en forma de concurso e, para aqueles que aínda non escriben, en forma de ilustración. Previamente, mostramos exemplos de libros de cartas, poemas de amor … co sistema que habitualmente empreñamos: a exposición temática. Así saborearon poemas de García Teijeiro, de Rosalía, de Darío Xohan Cabana, de Celso Emilio, de Gloria Fuertes... Cos máis maiores usamos cun éxito rotundo o libro de Fran Alonso Poetízate . O resultado do concurso pódese ver nesta publicación electrónica.



11. Conclusión Xa dixemos que os libros fan virar en torno a eles toda a nosa vida académica. Non vendemos libros. De feito, no noso centro non hai lectura obligatorias. Enfocamos o asunto doutro xeito.

Metemos os libros na nosa vida cotiá: non hai nada que fagamos sen eles. Libros concretos. Uns para cada cousa. Libros para traballar e para saber. Libros para pasar o tempo e desconectar. Libros para o currículo e libros para o tempo de lecer. Sabemos que as familias se achegan ás librarías como ás farmacias: coa receita na man. E ahí anos que nos propuxemos cambiar esa conducta querendo que entren coma nas tendas de roupa: a mirar, a ver que hai de novo… non sempre se merca, pero é algo normal. Así é como o concebimos.

Sabemos que libreiros, editores e mestres temos un traballo común: facer lectores. Cada quen desde os seus lícitos intereses: a nós tócanos provocar por eles o amor e o desexo.

E facémolo o mellor que sabemos. Mª Olga Rodríguez Díaz Malpica, Marzo de 2011


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.