Doce Malpica

Page 1


Doce Malpica Erase unha vez unha nena chamada Marta. Marta adoraba ĂĄ LĂşa



E tamĂŠn ao seu cabalo.



Este, chamรกbase Espidi.



Marta colleu a Espidi para dar un paseo polo bosque e, no camiño, atopou cun neno que parecía moi triste e tiña moito medo.



Estaba chorando porque perdera seus pais. Marta subiuno ao cabalo e o neno pĂşxose moi ledo.



Entón, Espidi botou a andar polo camiño estreito de pedras que levaba ao bosque. Cando chegaron, Marta levouno á súa casa da árbore para lle dar refuxio. Unha vez dentro, apareceu por unha das fiestras da casa a Lúa : luminosa, en forma de platano. -Pero que bonita e!- dixo o neno -Por que che gusta a Lúa?- preguntou Marta.



-Porque brilla moito e está no ceo. E co seu reflexo poido durmir millor. Daquela, Marta volveu preguntar: -E logo, tes medo da escuridade? -Nooooon! Pero a Lúa ten forma de berce e lembro cando era máis pequeno...



De súpeto, volveuse todo escuro e a Lúa desapareceu. -Aaaaaaaaaaahhhhhhhhh!!!- berrou Marta asustada Nese intre viron un raio. Marta e o neno sairon a correr da casa da árbore, montaron a Espidi e marcharon buscar a lúa. Atravesaban o Bosque Encantado cando, ao fondo, toparon coa Bruxa Malvada que prendera á Lúa e tíñaa presa no Cárcere da Escuridade.



Cando Marta e o neno chegaron á porta do Cárcere, a bruxa estabaos agardando: xa sabía que habian ir en busca da Lúa. Nada máis chegar, a porta abriuse soa. Entraron e viron á Lúa detrás dunhas reixas. Achegaronse a ela e o neno decatouse de que xunto á Lúa estaban seus pais: foran presos pola bruxa do Carcere da Escuridade. Pero non dixo nada, non fora ser que a aquela malvada se lle ocurrise calquera outra estremonía.



Naquela estancia tan silandeira e tenebrosa, escoitouse un grande estrondo e un resplandor alumeou o chan no que viron unha chave dourada cunha inscripci贸n que dicia: -Esta chave conduciravos a liberdade. Os nosos protagonistas buscaron a pechadura que cadraba con ela e descubriron un laberinto m谩xico no que as paredes se desparzaban.



O neno estaba de espaldas a seus pais cando Marta dixo : -Eses non serán teus pais, non? El xirouse e a nai comezou a bicalo e abrazalo mentres dicía: -Xaime! Xaime! Xaimiño!!! Adentráronse todos no labirinto por ver de escapar, cando a porta se pechou tras deles. -Ouh! NON!!!- berrarontodos a coro. Seguiron camiño adiante e, ao ver que se perderan, Marta berrou por Espidi: -Espidi, Espidiiiiii!!! Agradando que o cabalo relinchara desde fora axudándolles así a topar a saida. Unha vez fóra, a Lúa pensou que sendo a bruxa de azucre ao botarlle auga desfaríase. Mandou a Xaime correndo a por un caldeiro, guindáronllo enriba á bruxa e esta comezou a derretirse berrando: -Non estou vencida. Nooooooooooon!!!



Marta e Xaime tiveron unha nova idea: montar unha fabrica de azucre cos restos da bruxa. Na fabrica, cada un tiña o seu papel: Marta e Xaime ensinaban o labirinto maxico; Espidi levaba a tódolos visitantes de paseo; os pais de Xaime elaboraban os doces e a Lúa iluminaba todo. Decidiron poñerlle a fabrica o nome de Doce Malpica E colorin, colorete...esta fabrica parece un foguete!



Este conto foi escrito e ilustrado polos nenos e nenas do Colexio Milladoiro de Malpica de Bergantiños, con motivo da celebración do Día do Libro do ano 2010. O orixinal permanecerá na nosa biblioteca para ser disfrutado polos séculos dos séculos e que ningún de nós esquezamos as manobras dunha bruxa malvada e a astucia dos rapaces que conseguiron burlala. CEIP Milladoiro, 23 de Abril de 2010



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.