Imos facer un traballo sobre...

Page 1

Título da actividade: Imos facer un traballo sobre… Por que o facemos Con frecuencia, cada vez con máis frecuencia, enfrentamos ós nosos escolares con esa proposta ou suxestión Imos facer un traballo… á que engadimos só o tema e a data de entrega. Damos por suposto que tódolos coñecementos precisos para levar a bon porto a demanda chegaran a elas e eles por cencia infusa . Damos por suposto que facer un traballo é algo intuitivo e que, segundo nós aprendimos a facelos (sic) tamén elas e eles aprenderán sen mediar máis. E non é así. O traballo documental é unha disciplina susceptible de seren ensinada e prendida. Ten as súas propias técnicas que compre aprender se non queremos repetir unha e outra vez aquel recorta e pega do que todos e todas fixemos uso algunha vez ou, o que é peor, se non queremos castigar a pais e nais a pasar fins de semán terroríficos documentandose sobre, por exemplo, os avións a reacción ou o Brasil (por pór dous exemplos) para entregar o luns o traballo que asinará ou seu fillo ou filla e ó que nós póremos nota sabendo que non puido facelo a criatura. O traballo que facemos propón a nenos e nenas de 3º ciclo de EP a realización de pequenos exercicios de investigación co fin de que coñezan, aprendan e dominen estratexias de percura de información relevante dun xeito crítico e eficaz.

Que pretendemos: OBXECTIVOS Aprender a moverse polos libros de información dominando procedementos de búsquedas en entornos manuais e informatizados, proporcionandolles estrategias e habilidades que desenvolban progresivamente a competencia informacional. •

Aprender a utilizar activamente a biblioteca como recurso informativo

Utilizar correctamente e de maneira eficaz as diferentes fontes de información

Seleccionar a información pertinente segundo a finalidade para a que vai seren usada e dun xeito crítico segundo a orixe da mesma

Restituíla de xeito preciso.

A quen vai dirixido:


A actividade está pensada para escolares do 3º ciclo de Primaria. Temos experiencia en levala a cabo tamén no 2º ciclo con propostas máis simples. Tódalas propostas de traballo están directamente relacionadas coa programación de aula.

Como o organizamos Nenos e nenas organízanse en grupos. Sempre impares. Pola nosa experiencia o número ideal son tres componentes. Temos traballado tamén con grupos de cinco pero, con frecuencia, acaban rompendo en 2+3. Seleccionar os/as compañeiros para formar parte dun grupo é, en sí mesmo, un traballo moi interesante e do que aprenden moito. En 5º, cando comezamos a actividade, escóllense por afinidade persoal (os máis amigos) e frecuentemente acaban pedindo cambios. En 6º a selección é máis rigorosa: saben que están escollendo compañeiros para traballar.

Onde o facemos As sesións de traballo teñen lugar na biblioteca escolar. É frecuente que teñan que reunirse fora do horario escolar para organizar a información que teñen recollida, para darlle forma, e mesmo para buscala.

Como organizamos o tempo O traballo organizase por trimestre: ó final de cada un, cada grupo deberá ter feitas cinco prácticas de búsqueda documental e un traballo de investigación documental. Nas primeiras sesións invertimos entre 10 e 15 minutos en explicar algúns conceptos básicos: clases de índices, partes dun libro, clases de documentos e posible uso de cada ún, bibliografía: importancia das citas e maneira de facelas… Moitos destes conceptos témolos elaborados en presentacións multimedia. Salvadas esas primeiras sesións a clase funciona sola: os grupos traballan dun xeito autónomo e solicitan a intervención da profesora cando o precisan.

Dispoñemos dun ficheiro con actividades secuenciadas por orde de dificultade , Están pensadas para exercitar os conceptos básicos e familiarizarse cos búsquedas documentais. Nas quice primeiras indicamos o documento onde teñen que buscar. Nas seguintes xa non.


SEMINARIO DE BIBLIOTECA. Ceip. MILLADOIRO. MALPICA 3º ciclo

Obxectivo: Traballar o concepto de INDICE

Material: “Grandes científicos de la Humanidad”. Est-17 “Gran enciclopedia Larousse”. Est-17

Actividad: Os seguintes apelidos corresponden a científicos. Averigua o nome propio de cada un deles: Copérnico- Curie- Edison- Einstein- Faraday- Foucault- Franklin- Kepler- LavoisierMarconi- Newton- Pascal- Torricelli- Volta

SEMINARIO DE BIBLIOTECA. Ceip. MILLADOIRO.Malpica. 3º ciclo Obxectivo: Traballar o concepto de INDICE

Material: “Heroes, deuses, emperadores na mitoloxía romana”. Ed. Xerais

Actividades: (1) Tapando o Indice temático do libro, tentar reconstruílo mirando polo libro. (2) Buscando polo Indice analítico, averiguar quen foi Cibeles


SEMINARIO DE BIBLIOTECA. Ceip MILLADOIRO. Malpica 3º ciclo Obxectivo: Traballar o concepto de INDICE

Material: “A gran enciclopedia das preguntas e respostas” Ed. Sálvora

Actividades: (1) Tapando o Indice temático, reconstruílo mirando polo libro. (2) Mirando polo Indice analítico, contestar: -Un animal orixinario de Australia -Un país no que hai máis ovellas que persoas

SEMINARIO DE BIBLIOTECA. Ceip. MILLADOIRO. Malpica 3º ciclo Obxectivo:Realizar pequenas búsquedas cun obxectivo concreto.

Material: ATLAS con indice alfabético, DICCIONARIO ILUSTRADO, libros

de

PREGUNTAS E RESPOSTAS.

Información::Localiza a palabra-clave da pregunta que se che fai. Si é un lugar xeográfico, tenta localizala nun Atlas. Outra informacións importantes aparecerán nos diccionarios enciclopédicos. Os libros de P e R poden serche moi útiles.

Pregunta: Averigua donde está Hiroshima e porqué se fixo famosa.


SEMINARIO DE BIBLIOTECA. Ceip. MILLADOIRO. Malpica 3º ciclo

Obxectivo:Realizar pequenas búsquedas cun obxectivo concreto.

Material: diccionarios ilustrados, libros de preguntas e respostas, ou calquera outra obra de información xeral. Lémbrate de usa-lo índice analítico, que facilitará a túa búsqueda.

Información::Localiza a palabra-clave da pregunta que se che fai. Outras informacións importantes aparecerán nos diccionarios enciclopédicos. Os libros de P e R poden serche moi útiles. E, sempre, sempre...os índices analíticos.

Pregunta: Averigua quen foi GOLDA MEIR . Escribe unha pequena biografía. Terás que usar varias fontes.

O TRABALLO DOCUMENTAL Fases da investigación documental: 1. Deseño previo •

Planificación

Preparación

2. Execución •

Búsqueda = Atopar

Recollida = Tratar

Presentación = Producir, Crear

3. Avaliación •

Proceso

Resultado

Estas fases están esquematizadas nun guión que proporcionamos ós nosos escolares antes de comexar o seu traballo e que figura no ANEXO I


Algunhas propostas de investigación son as seguintes: •

Unha biografía. Adoita ser o primeiro traballo que propoñemos. A biografía é un traballo documental sinxelo xa que o guión é case intuitivo (¿quen foi, cando naceu, que fixo…) Xeralmente escollemos científicos e/ou inventores relaciondos coa programación do nivel. O nome do/a seleccionado vale tamén para nomear o grupo que vai traballar nel. Esto fai que se familiaricen ata tal punto co personaxe que atopamos rapaces pola vila que adoptaron o nome como alcume. Temos: Curie, Pasteur, Vinci, Fleming…

Tamén temos que resolver dúbidas do tipo: ¿Cómo é que non atopo ningunha foto de Copérnico? Proporcionámioslles unha guía para o traballo ANEXO II. En traballos sucesivos xa non é preciso que sexa tan exhaustiva. •

Un animal. Xa se sinten máis seguros entre os materiais e tamén co tema, polo que adoitan escoller animais exóticos, lonxanos, escasos… anque temos algún caso en que decidiron traballar sobre o porco ou a vaca con magníficos resultados tendo a dificultade engadida que supón a excesiva cercanía a un tema.

Un país. A principal dificultade neste caso é o exceso de información que adoitan atopar.. Abrir unha enciclopedia por Australia significa enfrentarse a varias páxinas de información: hai que selecciónar. Par esta proposta, e outras que presenten esta complexidade, adoitamos facer un pequeno guión a base de preguntas que servirá para conducir a investigación. ANEXO III

Posible uso de fontes orais que ten a súa propia complexidade: seleccionar a fonte, formular as preguntas segundo o que queres saber, recoller as respostas (¡sen que o entrevistado teña que dictalas!)... •

Un invento

Un escritor/a e a súa obra

Un antepasado familiar

Autobiografía. É o último traballo que fan. É de extensión limitada a un folio. Encadernamos todas xuntas e regalámosllo como libro de fin de etapa.


Tipos de fontes •

Fontes orais -persoas -institucións

Fontes escritas –

Obras de referencia (diccionarios, enciclopedias, anuarios, atlas, guías)

Libros de informativos (monografías, manuais, divulgativos, de texto)

Publicacións periódicas

Mapas, planos, diapositivas, debuxos

Discos, cintas, vídeos, CD, DVD, películas.

Documentos informáticos e documentos en rede (bases de datos).

Diccionarios: É unha lista que recompila e explica as palabras dunha lengua ordenándoas alfabéticamente. Frecuentemente os escolares coñecen e usan o dunha lingua e os bilingües. Pero descoñecen os especializados, os temáticos, os electrónicos, os de citas, de rimas, de sinónimos e antónimos, de abreviaturas, de siglas… Para as primeiras consultas son moi útiles os enciclopédicos tipo: Nuevo Espasa , Pequeño Larousse… Explicamos como se usa un diccionario : palabra-guía, entrada, abreviaturas… Enciclopedias: É un tipo de diccionario no que, ademáis do significado das palabras, recóllese información completa sobre materias, lugares, persoas, etc. As enciclopedias Xerais (tipo DEGU, El País, Larousse, Galega…) son as mais utilizadas. Achegámoslles tamén ao uso de Enciclopedias Temáticas: de animais, de plantas… así como ás electrónicas (Encarta…) Atlas: Libros de mapas xeográficos, históricos, políticos, etc, que conteñen informacións gráficas e permiten localizar datos.


Uso da Internet Non temos o noso traballo deseñado para búsquedas on-line. En primeiro lugar porque cando comezamos a facelo Internet era case un soño nos colexios. Aínda hoxe non temos conexión na BE para os usuarios. Por outra banda, os nosos escolares son pequenos e están a percorrer un camiño de alfabetización informacional. Da mesma maneira que no primeiro ciclo se segue ensinando a ler e escribir sobre o papel e os libros, nós ensinamos a buscar entre o papel e os libros. Non facemos desto un principio. Pero hoxe é así. Fan búsquedas on-line de ilustracións e fotografías. Momento que aproveitamos para ensinarlles os protocolos singulares das búsquedas a través da rede.

En qué tipo de horario se realiza Programamos a disciplina para seren impartida 1 sesión semanal O Consello Escolar do noso centro estivo de acordo en adicar a esta disciplina un tempo dentro do horario semanal. ¿De que materias se deducía o Tempo empregado? O acordo foi que en 5º se impartise nunha hora de Lingua e en 6º nunha de Coñecemento.

Participación da comunidade educativa Por primeira vez, este curso recibimos unha proposta de traballo documental pos parte dun pai do Consello Escolar. Sabemos que as familias reciben con interés o traballo que os seus fillos e fillas fan en torno ás propostas de traballo documental, colaboran, participan e disfrutan especialmente cando son requeridos como fontes de información oral.

Recursos Biblioteca Escolar, Biblioteca Municipal, Bibliotecas familiares.

Materiais elaborados Os traballos quedan na BE a disposición de quen queira lelos. Con frecuencia son usados en clase. As autobiografías encadernanse e circulan polas familias. Os murais expóñense nos corredores.


Avaliación. Resultados. No ANEXO IV incluímos fichas de •

Autoavaliación, que teñen como obxectivo que cada escolar reflexione sobre o seu traballo, a súa participación no grupo, o que aprendeu, o seu esforzo, a súa actitude… É a que se lles dá primeiro.

As avaliacións que seguen dánselles na mesma folla e pretende motivar unha conversa no grupo sobre a súa dinámica interna: é o momento de decir se ún non traballou abondo ou dificultou a boa marcha da planificación… O obxectivo é, de novo, a reflexión. È maís unha avaliación para eles mesmos que para o profesor: en cada traballo van cometendo menos erros •

Avaliación dos membros do equipo: o seu modo de participación, que aportou cada quen ó grupo…

Avaliación do producto final: responde ó que proxectamos, non responde, que debemos millorar…

En canto á avaliación por parte do profesor, valoramos o proceso e o resultado Dentro do PROCESO: as fases 2-3-4-5, merecen unha valoración. Dentro do RESULTADO: a fase 6 , valórase por separado.

Conclusións Levamos nove anos aplicando o programa, o que nos dá certo créto á hora de tirar conclusións. Non só recibimos visitas de nenos e nenas que nos dan as grazas por lles ter aprendido a buscar información, se non que pais e nais que tiveron fillos aprendendo esta disciplina, piden que ó seguinte fillo tamén se lle imparta. Moitos dinnos que aínda recitan Ler-Entender-Resumir-Escribir coma se fose unha frase máxica. As familias valoran, sobre todo, a autonomía que lles aporta á hora de estudar sós, de ampliar coñecementos, a facilidade para facer un esquema, un resume, un guión, a destreza á hora de moverse entre documentos... Coñecer a técnica do traballo documental é un recurso que lles pedimos que teñan: esta é unha aportación para guialos, tamén, nese camiño


ANEXO I Etapas dunha búsqueda documental

1.- Saber cal é o tema

2.- Busca-los documentos -coñecer que tipos de documentos pode haber (enciclopedias, monografías, videos...) -saber usa-las ferramentas de acceso á información (catálogos, internet...)

3.- Selecciona-los documentos -escolle-los documentos que vou usar -tomar nota das seferencias

4.- Recolle-las informacións -ler con atención cada documento -selecciona-la información que me resulte interesante

5.- Sintetizar a información Resumir e escribi-las liñas esenciais da información obtida

6.- Presenta-la información Organiza-la información encontrada para presenta-la correctamente e de modo que se entenda.

7.- Avalia-la búsqueda Comprobar que o traballo feito correspondese co que empecei a buscar.

Biblioteca Milladoiro Malpica


ANEXO II Biografía: Guión para a recollida da información 1º.- Plan de traballo Que queremos buscar: datas de morte e nacemento; outras datas importantes; que fixo; en que destacou; que aportou á Humanidade... Cando temos que entregalo; en que plazo debemos ter o borrador feito... Facemos o Indice e repartimos o traballo si se pode (busqueda de fotografías, reparto da busca entre varios/as...)

2º.- Selección das fontes Folleamos tódolos documentos que poden traer información sobre esa persoa. Escollemos os que nos parecen máis interesantes. Tomamos notas: título do libro e que quero sacar del (información de cando era pequeno, unha fotografía...)

3º.- Ler

entender

resumir

escribir.

4º.- Escribimos borrador. Redactamos toda a información que temos recollida repartindoa segundo os apartados que fixemos no Indice. Decidimos onde irán as ilustracións.

5º.- Escribimos o traballo definitivo: Portada-Indice-Vida-Obra- Premios-Bibliografía Seguimos as normas da escritura: marxes, sangrados, títulos... O traballo debe ter ilustracións: fotografías ou debuxos. Alo menos unha en cada páxina para que teña unha estética agradable. Ceip. Milladoiro Seminario de biblioteca


ANEXO III Curso:_________________ Ceip. Milladoiro. Malpica.

Grupo:___________________

EDUCACIÓN DOCUMENTAL. Selección e recollida de información (etapa 4) PAÍS-1 País:______________________________________ Capital:___________________________________ 1-Situación xeográfica na Terra (Hemisferio, Continente…):

2-Clima (temperaturas medias anuais…):

3-Algún río importante:

4-Algunha montaña importante:

5-Agricultura (que recollen do campo…) :

6-Gandeiría :

7-Industria (que fabrican…):


Curso:_________________ Ceip. Milladoiro. Malpica.

Grupo:___________________

EDUCACIÓN DOCUMENTAL. Selección e recollida de información (etapa 4) PAÍS-2 País:_________________________________ 1-O que máis lles gusta comer:

2-Algún monumento importante:

3-Algún/ha artista importante:

4-Algún/ha escritor/a destacado/a:

5-Algún/ha deportista relevante:

6-¿Coñecemos a alguén que estivo alí?. Preguntámoslle algunha curiosidade, experiencia, recordo.....


ANEXO IV Avaliacion dos membros do Equipo De Traballo

Tivo unha NOME dos

Participou na

membros

PLANIFICACIÓN: na

Participou

do Equipo:

RESPECTOU ACTITUDE as ideas dos positiva para

REALIZACIÓN demáis

face-lo

do traballo:

traballo

Avaliación do traballo en equipo:

Nome do grupo:

Si

¿Planificamos o traballo?

¿Distribuímos ben as tarefas?

¿O resultado foi como esperabamos?

Non

¿Como facelo mellor?


Autoavaliación:

En xeral, participei no traballo... A miña participacipación nas postas en común foi: Cando traballei co equipo, fíxeno... Comentario persoal:

Con

Con

Con

Con

entusiasmo

interés

despiste

poucas ganas


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.