Ano 9
nº 9 .Maio 2006
Cansados xa da poesía de simples imaxes, pedimos a das realidades e das ideas ¿Vostede comprende?
CEIP. MILLADOIRO.-BIBLIOTECA
Manuel Lugrís Freire Sada 1863— Coruña 1940
Lugrís Freire, 1907
De interés especial: • Sempre falou galego • Autor da primeira obra de teatro en prosa • Foi o primeiro en falar galego nun mitin • Fundou e dirixiu o primeiro diario integramente en galego na emigración: A nosa terra • Foi Presidente da Real Academia Galega • Xornalista, poeta, autor eatral, novelista, orador... • Pai do pintor Urbano Lugrís
Na nosa Biblioteca: 1.-Rabuñal, Henrique; Manuel Lugrís Freire; Ed. A Nosa Terra Vigo 2006 2.-Nicolás Rodríguez, Ramón; Manuel Lugrís Freire.Vida e obra; Ed. Xerais Vigo 2006 3.-Fernández Costas, X.Manuel; Manuel Lugrís Freire: a fe na causa; Baía Edicións, Coruña 2006 4.-Campos Villar, Xabier; Manuel Lugrís Freire.Antoloxía; Ed.Galaxia, Vigo 2006 5.-Campos Villar, Xabier; Lugrís Freire, unha biografía; Ed. Galaxia, 6.-Lugris Freire, Manuel; A ponte; Ed. A Nosa Terra, Vigo 2006
Pero...Lugrís… ¿non era un pintor? Seguro que esta é a primeira pregunta que che ven á cabeza cando oes o nome deste señor. Pois si. O pintor dos cadros da Casa do Pescador de Malpica, o que dá nome ó noso Instituto.... este Lugrís Freire era seu pai. E vas descubrir porque se lle adica un día tan importante como o das Letras Galegas Manuel Lugrís Freire viviu en Sada e na Coruña ata os vinte anos, en que emigrou a Cuba . Na Habana foi elixido membro da xunta directiva do Centro Galego e fundou e dirixiu o primeiro xornal americano totalmente en galego: "A gaita gallega" (1885-1889). Alí publicou o seu primeiro poemario (Soidades, 1894),
prologado por Curros Enríquez, e escribiu a súa primeira obra dramática: A costureira da aldea. De volta a Galiza en 1896, instalouse na Coruña e proseguiu o seu labor de defensa do idioma e a cultura e de construcción dunha literatura e un teatro propios, durante os segintes corenta e catro anos. Ata morrer. Ás veces usaba alcumes para firmar o que escribía e publicaba (era un costume da época). Algúns dos que máis usou: L.U.Gris, Asieumedre Relacionado co rexionalismo, foi o primeiro en utilizar nun mitin a lingua galega . É o primeiro escritor teatral en utilizar a prosa,
e o máximo representante do teatro social . A Real Academia nomeouno presidente en 1934, posto ao que renunciaría un ano máis tarde por problemas de saúde. Nesa década, colaborou, así mesmo, na
redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía de 1936.
Búscao na rede: 1.http://ataja.es/mlugris-bvg 2.http://ataja.es/mlugris-enculturagalega 3.http://www.galespa.com.ar/ manuel_lugris_freire.htm 4.http://tinyurl.com/pomlx
8.http://www.realacademiagal ega.org 9.http://tinyurl.com/eqkxx
Letras Galegas
5.http://tinyurl.com/jpo6z 6.http://ataja.es/mlugris-enfiestras 7.http://www.um.es/galicia/let ras_gallegas.html (en castelán)
2006