O que segue é o resultado da tarefa prantexada na webquest Mulleres na Historia de Galicia elaborado polos nenos e nenas da aula de 5ºB no curso 2008/09 no CEIP. Milladoiro de Malpica. A webquest tiña como principal fonte de información a páxina Pioneiras, elaborada polo entonces SGI (Servizo Galego de Igualdade) , páxina que recollía a información do que foi unha excelente exposición que percorreu Galicia aquela primavera e na que se daba visibilidade a 20 mulleres empresarias que abriron camiños a outras que viñeron despois. 20 mulleres descoñecidas que, por esta vía, fórono un pouco menos.
Na actualidade é imposible de consultar: co novo goberno galego desapareceu. No seu lugar temos esta outra na que encontramos grandes mulleres pero… ningunha galega.
E digo eu: que custaba enlazar neste novo sitio web aquel documento? Porque, seguiremos sabendo cousas de Juana de Vega ou de Emilia Pardo Bazán pero… quen nos vai lembrar a Xesusa Prado ou a Joaquina García? Os nosos escolares saberán sempre de Marie Curie, Juana de Arco ou Teresa de Calcuta pero… quen lles dará a coñecer a Aurora Liste? Como coñecerán a vida de Dominga López?...
Eu non tiven os reflexos de facelo pero, tal vez alguén gardou aquel documento e poderemos volver usalo. Tal vez. De momento, faremos outra webquest e tentamos averiguar onde está a exposición.
Mª Olga Rodríguez Díaz Malpica P.D.- O enderezo do sitio web era: http://sgi.xunta.es/pioneiras
Mulleres Galegas na Historia Escribe aquí os nomes que buscáchedes:
1.
Unha muller armadora
: Dolores Centeno Soto
2.
Unha matemática: María
3.
Unha xinecóloga:
4.
Unha empresaria de salas de cine:
5.
Unha raíña de Portugal:
6.
Unha experta en dereito penitenciario:
Josefa Wonenburger
Olimpia Valencia López Amalia Méndez Fernández
Inés de Castro Concepción Arenal
7. A escritora galega que morreu o 15 de Xullo de 1885: Rosalía de Castro 8.
Unha liberal coruñesa:
Juana de vega
9.
Unha empresaria leiteira:
Aurora Liste Forján
10. A fabricante do primeiro deterxente líquido español: Xesusa Prado López 11. A deseñadora do primeiro traxe de augas: Joaquina García García 12. Unha innovadora empresaria de mobles: Dominga López de Somoza Nome.- Cecilia e Rosana (5ºB). Marzo de 2009. Biblioteca Escolar.