Uxío Novoneyra queríalle moito á súa terra do Courel. Alí pasou a súa infancia e logo, cando xa era maior, tivo que pasar alí nove longos anos enfermo e convalencente dunha pleuresía. Finalmente volveu vivir alí para cuidar dos pais xa mayores. Alí naceron os seus fillos... Estes poemas son da época da enfermidade. Escollemos os que falan da casa: de dentro da casa. Sobre todo, falan do seu cuarto e da lareira. O que fixemos foi escribir nós outros diferentes pero co mesmo sentimento. Nenos e nenas de 6ºB CEIP Milladoiro. Malpica Letras Galegas 2010
Fiandeira namorada que fías detralo lume cos ollos postos nas chamas roxiñas, brancas i azules. Fiandeiriña que fías nas noites de longo inverno as liñas máis delgaditas cos fíos do pensamento. Cai a neve quedo fora riba dos teitos calada mentres ti fias e soñas nunha cousiña lonxana. O noso poema fala dunha rapaza que fía a carón do lume mentres pensa no seu amor. Nós fixemos estes que ides ler:(Guio, Rosana, Jorge)
Pombiña dos meus amores ves voando onda min ti andas mirando as crías e eu miro para ti. Pombiña que voas baixo nas noites de primavera pousas xunto á miña fiestra, miras a miña tristeza. Cai a choiva quedo fora riba do niño calada: mentres ti coidas dos ovos eu penso nesa rapaza. Jorge Agrasar
Lume das noites de inverno cando soa estou sen ti traeme ó pensamento o día que te coñecín. Lume da miña lareira, lume da miña paixón canto a túa presenza con todo o meu corazón! Lume da miña lareira que quentas o meu fogar non deixes que veña o frío trae ó meu home do mar! Rosana Varela Fariña
Vou buscar le帽a 贸 bosque escuro e moi lonxano sen pensar a onde vou e sen pensar no que fago. Lady Giomara
Esto si é chover e ventare! que noite pra mariñeiros e caminantes! Metidiño na camiña tapadiño hastr´as orellas sinto zapicar as beiras entr´o vento que axubría. Aquí, Uxío conta un momentiño pequeno no seu cuarto. Unha sensación. Eu fixen este outro: (Zas)
Estou metidiño na cama Vendo chover e ventar Cunhas mantiñas de lana O frío non me ha de entrar. Estou metidiño na cama Escoitando como chove perdendo as esperanzas: Non poderei ir ó Grove! Vou poñer máis mantas Por ver se curo. Martín Zas
Meu coarto onde teño o tempo pechado! Días de tódolos días! A miña galvana sabe o fin da vida. Como se xa todo fora unha cousa pasada. O ramallo de prata dibuxado na cama. Os ollos dos cuadros ollando sempre pro meu lado… As figuras de madeira nas contras e no faio. As regueiras de sarrio das goteiras pola parede abaixo. A porta pechada. A lacena entraberta. O espello sólo naquelo que retrata… Tempo que encorga onde ún afonda e non afoga. Tanto tempo e tantos días de inverno. Tanta soidade. A enfermidade… Uxío conta de que lle serve o seu cuarto. Parece un refuxio. Nós fixemos estes: (Ceci, Miguel)
O meu cuarto está para vivir aínda que din que só é para durmir. No meu cuarto vexo chover quentiña na cama: Tempo de lecer! Enferma no meu cuarto: Soñar. Unha vez curada: Disfrutar. Vou para o cuarto: estou anoxada. Fora, non berro. dentro: desesperada! Cecilia Varela
Estou só no meu triste cuarto. A única maneira de refuxiarme é estar calado. A rabia, a carraxe unha tras da outra Todas me enchen ata estoupar. Pegarlle á almofada é a última forma de deixar sair o enfado ou senón, esconderme no faiado. Miguel Vázquez
Deitado sin forzas e sin ganas de me erguer nin de estar na cama nada me chama dentro nin fora. Os ollos tein unha ollada longa sen ida nin volta. Outra vez no seu cuarto, tirado na cama, canso, vendo pasar os días…Aburrido. Nós lembramos cando eso nos pasa e fixemos estes: (Daniel, Aitor)
Cansado, sen forzas e sen ganas de traballar nin de estar na casa nada me calma nin dentro nin fora. A boca non ten unha larpeirada, nin chocolate...nin nada! Daniel Carril
Estou no meu cuarto castigado sen ganas de facer nada nin de sair nin de estar na cama. Os ollos miran รกs estrelas con esperanza. Aitor Vilas
LUA da xeada! Faise brasa a leña da regoada faise cinsa a brasa degráñase o millo fíase o liño mada a mada ca luz do murillo. O fuso de lonxe. O fuso de lado. A roca á illarga. O corpo delgado. Fiaraza a fiaraza faise a baraza baraza a baraza faise o nuvelo nuvelo a nuvelo faise o mantelo. O poema que escollemos fala sobre os sentimentos de Uxío cando, sentado a carón da lareira, concéntrase en ver fiar; un dos labores que se fai darredor dela nas noites do inverno longo e frío. E nós falamos das nosas (David e Jessi)
A le単a non arde ben. Eu te単o moito fr鱈o. A avoa acabou as historias. Vou para a cama: Paso a paso o corredor Metro a metro o cuarto Por fin: a calori単a das sabas. Jessica Mtnez.Casal
Vai buscar a fóra a leña para o lume prender ten coidado no camiño a ver se che vai caer! O lume prendido. O lume quentado... no inverno é millor estar ó seu lado. O lume prendido vai quentando o forno, perto da lareira debullamos todos. Gran a gran faise a fariña. Fariña a fariña faise a masa Masa a masa Faise o pan Con calma: O olor da alma! David Muiño
A CASA DE PARADA A casa de pedra e cal vella -solaina e ventanas prá serraserrafeita fai cen anos á miña maneira. Uxío fala do amor que ten pola súa casa. Nós falamos das nosas: (Eva, Julián, Diego e Fani)
A casa de pedra é moi vella ventás de madeira e cachos de tella. Feita hai moitos anos cada ún á sua maneira. Diego Arantón
A miña casa é grande longa coma unha muiñeira nela, viviría a vida enteira Eva Ruibal
Casa que es tan antiga, lembranzas por todos lados... A cama, a lareira... Recunchos nos que agocharnos! Fani
A casa de laxes e cal antiga porta e ventĂĄs de maderia escura feita fai setenta anos pola miĂąa avoa. JuliĂĄn Varela
Ando limpando a casa de cacharros e trastos lacenas e faios sen deixar rechubazo. Ando a tocarlle as maos ós antepasados. Cando lle morreron os pais, Uxío herdou a casa e tivo que andar a poñer orde nas cousas, nos mobles, na roupa… andar a recoller, gardar, tirar… E fixo este poema. Nós pensando en facer algo semellante, escribimos estoutros: (Christian, Caamaño, Irene, Andrea)
Ando limpando o meu cuarto de xoguetes e trastos, algĂşns estan estragados. Ando quitarlle sitio ao pasado. Ando a facerlle sitio ao traballo. Andrea Suarez
Ando limpado a casa de arriba abaixo Lacenas e cuartos sen deixar rechubazo Ando a suar con todo o arranxo. Martin CaamaĂąo
Ando limpando a casa de cacharros e trastos, Lacenas e faios sen deixar rechubazo. E ata me revivo a min mesma Irene Mosqueira
Ando limpando a habitaci贸n porque polvo vin. Caixons e armarios sen deixar rechubazo. Ando a sacarlle traballo a mam谩 por fin. Christian Varela