Camiño de santiago en galego definitivo

Page 1

CAMIÑO DE SANTIAGO Palas de Rei — Melide

IES David Buján Nome do alumno/a:



HISTORIA DO TRAMO PALAS DE REI-MELIDE O Camiño Francés abandona Palas polo Campo dos Romeiros, tradicional lugar de encontro dos peregríns, onde se recompoñían os grupos que se organizaran espontaneamente, co transcorrer dos peregríns. Un pouco máis adiante, no entorno inmediato do camiño da peregrinación, levántase orgullosos o castelo de Pambre. Hai que tomar un desvío e cruzar o río Pambre. De regreso ao Camiño, pronto aparece a acolledora aldea de Leboreiro; encóntrase a igrexa de Santa María que é de estilo románico de transición, dunha soa nave e ábsida circular. Conserva moitos elementos románicos da fábrica primitiva, como o magnífico tímpano da portada, coa imaxe da Virxe. Enfronte está a fachada do antigo hospicio de peregrinos fundado pola familia Ulloa no século XII. Diante pódese observar un típico Cabazo, é dicir, un celeiro en forma de xigantescos canastros utilizado para conservar o millo, como se se tratase dun primitivo hórreo. Entre Leboreiro e Melide, un dos tramos máis fermosos do Camiño, crúzase a aldea de Furelos e o estreito cauce do seu río por unha fermosa ponte medieval. Hai referencias a ponte Furelos como a situación da Mansión Brevis da Via XIX que conducía de Braga a Astorga. A aldea presenta o típico aspecto de poboación medieval vinculada á Ruta Xacobea. Entre os seus monumentos destaca a ponte medieval chamada ponte Velha, así como a igrexa de San Xoán e o hospital para peregrinos. En Melide o Camiño Francés faise urbano. A ruta intégrase nunha vila cuxa identidade histórica é de forte personalidade xacobea. Este centro medieval foi repoboado por mandato de Alfonso IX (S. XIII) e conserva da época a portada da igrexa románica de San Pedro, encastrada na actual Capela de San Roque. Ó seu carón levántase un dos cruceiros máis antigos de Galiza, obra gótica do s. XIV que tamén amosa a pervivencia do estilo mariano na área de influxo do Camiño Francés. A imaxe de Cristo, no anverso, deriva do Salvador que preside o tímpano do Pórtico da Gloria. O casco histórico de Melide garda outros dous preciosos tesouros artísticos: a Igrexa de Sancti Spiritus, fundación franciscana de 1375, con sepulcros señoriais do s. XV, e o templo románico de Santa María de Melide, de nave única e ábsida semicircular, decorado no seu exterior con profusión de canzorros e dúas portadas. No seu interior conserva a mesa de altar románica e os frescos do s.XVI, que representan á Trindade rodeada polos catro símbolos dos evanxelistas.


SIMBOLOXÍA INTERNACIONAL DAS RUTAS DE SENDEIRISMO

G.R.

SIGNIFICADO Continuidad de sendero

Dirección equivocada

Cambio de dirección

Cambio brusco de dirección

Variante de sendero

P.R.


ENTREVISTA COS PEREGRINOS QUE ATOPAMOS FACENDO O CAMIÑO: .Tedes que preguntarlles en relación aos seguintes aspectos: . . . . . . . . .

Cal é a súa procedencia ?. Onde iniciaron o Camiño, en qué lugar e cómo o están facendo: a pé, en bici… Se van en grupo ou en solitario. Cantos días levan camiñando e cantos kilómetros fan cada día. Onde se aloxan. Como é a súa dieta. Cales son as súas motivacións para emprender a aventura do Camiño. Que destacarían do que levan feito ata agora. Como te poderían convencer para que fixeras o Camiño.

. Entrevista :


. Sinala como van vestidos e calzados os peregrinos que vistes polo CamiĂąo:

Completa o seguinte cadro ordenando cronoloxicamente as actividades que facemos ao longo de todo o dĂ­a:

HORA

ACTIVIDADE

LUGAR


MONUMENTOS DE RELEVANCIA HISTÓRICA NA RUTA

PONTE FURELOS: Ponte medieval construída no século XII con sillería de granito. Indica: O número de arcos: A forma das taxamares:

LEBOREIRO: Etapa 28 do Camiño francés. No Codex Calixtinus “Campus Leporarius” pola abundancia de lebres. Santa María: Igrexa románica de transición. Século XII Contesta: Número de naves: Forma da ábsida: Número de arquivoltas da portada: Describe e debuxa a representación escultórica do seu tímpano:

Lenda: Investiga sobre a lenda da imaxe da Virxe:

MELIDE: Museo Terra de Melide: Museo arqueolóxico e etnográfico organizado en 8 salas. Sala 1: Fotografías dos monumentos do Camiño. Capiteis medievais e sartegos funerarios. Historia do Hospital de Peregrinos de Sancti Spiritus. Sala 2: Neolítico / Bronce.


Sala 3: Achados do castro da Graña, Toques e da vila romana de Piñor. Tesouriño de moedas de Sobrado. Colección de moedas e reloxos. Sala 4: Oficios tradicionais: a forxa do ferreiro, o carpinteiro, o zapateiro e o zoqueiro. Sala 5: Apeiros do agro e do telleiro. A escola antiga e o xoguete. O barbeiro. A música da Terra de Melide. Sala 6: O tecido: o liño e a la. Sala 7: A casa. Sala 8: Biblioteca e arquivo. Restauración. Publicacións. Enumera: As pezas máis interesantes:

San Roque de Melide: A portada do século XIII procede da demolida igrexa parroquial de San Pedro. Posee chapiteis floráis e arquivoltas con baquetóns e arquiños. Indica: O número de pares de columnas: O número de vieiras: No interior, o número de sepulcros:

Cruceiro do Adro de San Roque: Segundo Castelao o máis antigo de Galiza. (século XIV). Describe sinxelamente as figuras do seu anverso e do seu reverso:

Santa María de Melide: Xoia do románico galaico do S. XII. Observa as pinturas murais da ábsida que datan do século XV. Que representan?


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.