Símbolos
Antes de comezar recordamos o significado de algúns dos símbolos que se utilizan nos debuxos das instrucións. Dirección na que debemos desprazar o papel.
Dobrez afundida ou en val. Para realizar esta dobrez resulta útil colocar o papel sobre a mesa.
Dobrez elevada ou en montaña Para esta dobrez o papel debe estar “no aire”, dobramos cara atrás. Despregar o papel
PAXARIÑA Utilizamos un papel cadrado. 1) Dobramos pola metade dúas veces para marcar o centro do cadrado. Non é necesario marcar toda a liña, só necesitamos ter marcado o centro.
2) Dobramos pola liña de puntos levando o vértice ao centro. 3) Facemos o mesmo cos outros vértices.
4) Quedará así e debemos marcar ben os bordos do cadrado.
5) Coma no segundo paso, dobramos pola liña de puntos levando o vértice ao centro. 6) Facemos o mesmo cos outros vértices.
7) Marcamos ben os bordos do cadrado que se obtén. En cada paso as dobreces deben quedar ben marcadas.
8) Neste paso temos que facer o mesmo que nos anteriores pero agora dóbrase cara atrás
Dándolle a volta verase así E despois de dobrar os catro vértice teremos: Recorda, marca ben.
9) Xirando veremos algo así:
10) Agora temos que abrir as dobreces, comezando por atrás, ata conseguir algo similar ao debuxo. Deixamos un pico sen abrir a última dobrez.
Unha vez aberto teremos que axustar as dobreces para que os tres picos abertos de todo queden cara atrás.
11) Collendo o papel coas dúas mans por onde indican as frechas, pechamos de xeito que o cadrado central vaia desaparecendo.
O pico de arriba ten que quedar solto, será o que faga de cabeza. Eses dous puntos téñense que xuntar.
A medida que se pecha, estes dous picos témolos que ir baixando, farán as patas.
Quedará así: