Bases II Maratón Cultural

Page 1

A biblioteca do IES de Ponteceso, coa colaboración dos Departamentos Didácticos do centro, convoca un ano máis este CONCURSO co obxectivo de fomentar dun xeito divertido o uso dos nosos fondos e mellorar a busca de información tanto na sala como na rede.

BASES   

Formaranse equipos de 2, 3 ou 4 alumnos/as que se teñen que inscribir na biblioteca. O equipo ten que ter un nome orixinal. Faranse 15 preguntas por semana . As respostas destas preguntas terán que buscarse na

biblioteca, cando leven este símbolo ou ben na internet cando leve estoutro .  As preguntas daranse a coñecer todos os luns do seguinte xeito:  Haberá copias no mostrador da biblioteca.  Publicaranse na sección de “Novas Biblioteca” da nosa páxina web ou no noso blog : http://biblioaponte.blogspot.com/.  Publicaranse no cortizo que hai ao lado da entrada da biblioteca.  Todos os equipos terán ata o venres da mesma semana para entregar as súas respostas.  As respostas pódense enviar ao noso correo : biblioaponte@gmail.com (dentro do prazo establecido) ou ben na biblioteca (antes das 2:20 do venres).

O concurso dará comezo o día 16 de abril e rematará o día 11 de maio. O prazo para a inscrición empeza o 26 de marzo.

PREMIOS 1º premio: Un vale de 100 € para comprar libros ou calquera material escolar máis outros 100 € en metálico.

2ª premio : Un vale de 50 € para material escolar e outros 50 € en metálico. 3º premio: Un vale de 50€ para material escolar ou libros.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.