BIBLIOTECA do IES de PONTECESO Boletín nº 12
MAIO 2012
X&Q Breves de cultura
O día 23 de abril “Día Internacional do Libro”, o artista e poeta Nicanor Parra, creador da antipoesía , recibiu o Premio Cervantes 2012 na Universidade de Alcalá de Henares en mans do seu neto Cristóbal Ugarte, quen substituíu a súa ausencia debido a súa avanzada idade. Segundo estudos recentes, agrándase a revolución do libro dixital coa creación de novos contidos máis atractivos e novas formas de edición e distribución a través de toda unha serie de aparatos e dispositivos de lectura, de manexo sinxelo e uso cotián. Todo un proceso de evolución que ve xurdir un tipo de lector que se está habituando a ler libros deste xeito. Falece o debuxante e humorista gráfico Antonio Mingote, tamén membro da Real Academia Española. Especialista en plasmar en todo tipo de superficies e a través de variadas personaxes o devir da realidade de España. Este ano 2012 o “Día das Letras Galegas” estará adicado a Valentín Paz Andrade, xurista, galeguista, empresario e poeta. O pontevedrés (1898- 1987) destacou sempre polo seu forte compromiso con Galicia en diversos ámbitos como o político, empresarial e literario (promotor de xornais coma Galicia ou El pueblo Gallego, impulsor da multinacional galega Pescanova…) A compañía de teatro ceense “Talía” acaba de ser galardoada nos coñecidos premios Max de artes escénicas pola súa obra “Pelos na lingua”, un espectáculo de humor que invita á reflexión sobre o noso idioma.
Sandwich Cultural
DISTINCIÓN LEER.ES O mes de marzo deparounos unha grata sorpre‐ sa: o centro virtual Leer.es, dependente do Minis‐ terio de Educación, Cultura e Deporte concedeulle ao noso instituto o selo “Buena práctica Leer.es” na modalidade de Bibliotecas Escolares. Este selo quere premiar aquelas propostas didácti‐ cas encamiñadas ao desenvolvemento da compe‐ tencia en comunicación lingüística que empreguen a Rede para a súa difusión e que merezan ser destacadas.
A nosa biblioteca foi premiada polo Itinerario Lector de Centro, que é un conxun‐ to de lecturas recomendadas polos diferentes departamentos.
FEIRA DE LIBROS Este ano convocamos no centro a II Feira de Libros de
Ocasión con merecido éxito; un mercado que se conver‐ te máis nunha festa de intercambio de libros que nunha transacción eco‐ nómica: vendemos libros a 0’50, 1, 2 e moi excepcionalmente a 3 € coa intención de recadar cartos para unha ONG: Bubisher, que cum‐ pre co fermoso obxectivo de levarlle libros aos rapaces dos cam‐ pos de refuxiados saharauís grazas a un “bibliobús” ao que eles chaman o Bubisher, ou o paxaro que trae a boa sorte. Agora ademais teñen unha biblioteca fixa nun dos campamentos, en Smara, e teñen que enchela … coa nosa axuda e coa doutros 120 colexios galegos seguro que o conseguen.