Biblioteca Ledicia Costas CEIP OTERO PEDRAYO (Vigo)
CHINA Os nenos e nenas colgan calcetíns e agardan a visita e os agasallos de Papa Noel, a quen chaman “Dun Che Lao Ren”, que significa Home Vello do Nadal. Os chineses chaman ás árbores de Nadal “Árbores de Luz” e as decoran con adornos de cores feitos de papel. Tamén colgan medias de muselina coa esperanza de que o Home Vello do Nadal as encha de agasallos e lambetadas.
BRASIL As celebracións son mais relixiosas que na Semana Santa. A tradición inclúe ceas familiares e agasallos de Papa Noel. É moi típico que alguén da familia se vista de Papa Noel ou ben contraten a alguén para facelo. Tamén montan a árbore de Nadal.
MEXICO Lévanse a cabo “as pousadas”, onde os mariachis percorren as rúas mentres cantan e tocan as portas pedindo pousada (un lugar para pasar a noite). O tradicional e brindar con sidra ou viño e tomar ponche nas festas. Outro evento importante son as festas de piñatas organizadas para os nenos e nenas.
NORUEGA Os nenos e nenas do campo rodean con ofrendas a un gnomo que chaman “Nisse”, a quen lle encargan a tarefa de protexer aos animais da granxa. Na típica cea sírvese svineribbe, costelas de porco acompañadas de chucrut e grosellas.
AUSTRALIA O Nadal celébrase en pleno verán. Desde 1937 en Melbourne celébranse as “Panxoliñas á Luz das Candeas” na víspera do Nadal. A cea tradicional inclúe pavo con xamón e plum pudding de postre. Algúns australianos celebran esta festa ao aire libre, como na praia Bondi de Sidney.
FRANCIA Na véspera do Nadal os nenos deixan os seus zapatos xunto as chemineas para que Papa Noel os encha de agasallos. Ademais, na mañán do Nadal os nenos atopan colgados da árbore agasallos, doce e froitas. Tamén se fan representacións do nacemento de Cristo no exterior das Catedrais. A cea tradicional inclúe foie-gras de pato de oca, ostras e bondin blanc, unha morcilla de cor branco. Ademais, comen o tradicional Galette des Rois, un pastel de hoxaldre recheo con pasta de améndoas.
ALEMANIA Os preparativos comezan o 6 de Decembro. Forneanse galletas e decóranse as casas. Un dos adornos tradicionais son pequenos bonecos de froita. Os nenos deixan as súas cartas nas xanelas; cartas dirixidas a Chrisllking, unha figura alada que distribúe agasallos. Na tradicional cea cómese numberger lebkluchen, unha galleta cunha receita secreta protexida polas leis alemanas, que inclúe améndoas, noces, laranza e limón secos, mel, azucre e especias. Os alemáns con coñecidos por facer unhas fermosísimas casas de xenxibre.
ITALIA A bruxa Befana esconde doces nos calcetíns na véspera de Noiteboa. A noite do 24 de Decembro reúnense á mesa toda a familia. A cea comeza con antipasti (entremeses) aos que seguen os espaguetis con ameixas, peixe, as verduras, froita fresca e turrón. A noite do 31 de Decembro, a noite de San Silvestre, cómense lentellas, xa que dí a tradición que quen as come contará con diñeiro todo o ano. En Roma e Nápoles tiran os trastos vellos para comezar o ano con bo pé.
RUSIA O Nadal celébrase na noite do 6 e 7 de Xaneiro, ainque que pouco a pouco esta celebración está a ser sustituída polo Festival de Inverno. No Nadal tradicional fanse oracións especiais durante 39 días, ata o 6 de Xaneiro, cando a estrela da tarde aparece por primeira vez no ceo. O día de Nadal cántanse himnos e panxoliñas. A xente reúnese en igrexas decoradas coa típica árbore de Nadal ou Yelka. O Avó do Frío ou Avó Inverno, Babushka, é unha figura tradicional que entrega persoalmente agasallos aos nenos na festa de Aninovo.
INGLATERRA As familias reúnense para comer pavo recheo, coles de Bruselas e papas ao forno. O muérdago é tradicional no Reino Unido. Protexe contra os demonios e trase sorte aos fogares. Tamén son tradicionais os petardos que estoupan ao partirse en dous, e que conteñen un gorriño, un agasallo e un chiste.
XAPÓN O Hoteiosho, o Papa Noel da cultura nipona, ten ollos detrás da súa cabeza para ver se todos os nenos e nenas se portaron ben. A maioría dos xaponeses decoran as súas casas con ramos de follas perennes e árbores de bambú decoradas. Tamén intercambian agasallos. O 31 de Decembro as campás das cidades repican 108 veces, así cada persoa poderá desfacerse de 108 problemas. Tras soar as campás, a xente rompe a rir, pois coa risa vanse os “malos espíritos”. Unha das comidas tradicionais é o polo frito.
CANADÁ Unha das súas tradicións era escoitar polas mañás as melodías navideñas da man do coro da cidade, e en ocasións tamén por grupos de persoas na porta das casas. É típico a preparación de doces navideños, como as magdalenas de chocolate, ou galletas xeadas feitas con cacao e azucre. En Canadá o Nadal ten a súa cor especial: o vermello. Os esquimais celebran o Nadal cunha gran festa de inverno “Sinck Tuck”, na que hai cea, bailes e intercambio de agasallos.
ESTADOS UNIDOS Nos Estados Unidos chámanlle San Nicolás a Papa Noel, e a festa celébrase o 6 de Decembro. As familias reúnense en torno a un gran pavo. Nas oficinas e común o Secret Santa. Todos escriben o nome dun compañeiro e se convirte no Secret Santa desa persoa. Deben deixar notas e doces no lugar asignado pero non poden revelar a súa identidade ata que todos o fagan.
FINLANDIA Os filandeses son moi cercanos a Santa Claus, xa que cren que vive na zona norte do país, unha rexión chamada Korvantunturi. O Nadal non se limita á Noiteboa, xa que esta está precedida por un período de preparativos.