MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO CURSO 2018/2019
CURSO 2018-2019
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
ÍNDICE
1. 2.
3. 4.
INTRODUCIÓN. GRAO DE CUMPRIMIMENTO DOS OBXECTIVOS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS (EN RELACIÓN COA XESTIÓN TÉCNICA O FOMENTO DA LECTURA, A EDUCACIÓN PARA A COMPETENCIA EN INFORMACIÓN E OUTRAS). A AVALIACIÓN REALIZADA. AS PREVISIÓNS DE FUTURO.
ANEXO I: ACTIVIDADES PREVISTAS E TEMPORALIZACIÓN DAS MESMAS. ANEXO II: ENQUISAS DE AVALIACIÓN. ANEXO III: DOCUMENTO DE AVALIACIÓN. ANEXO IV: IMAXES DAS ACTIVIDADES REALIZADAS AO LONGO DO CURSO.
2
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
INTRODUCIÓN. Este é o noso quinto ano pertencendo ao PLAMBE e como balance debemos dicir que foi positivo. Elaboramos o proxecto documental integrado “O ano da ciencia en Bibliocarballedo” e cómpre dicir que foi unha temática moi interesante. Este curso realizamos numerosas actividades e varias saídas relacionadas co proxecto ao longo do curso. Por exemplo, comezamos a formar parte do proxecto Club de Ciencia, e realizamos un seminario de formación sobre club de ciencia e robótica. Este curso continuamos a facer actividades en familia, posto que elaboramos unhas maletas científicas que chamamos Cast@maletas científicas e que viaxaron polas casas do alumnado para realizar experimentos e compartilos co resto da comunidade educativa. E continuamos acadando pequenas melloras e logros co paso do tempo como, por exemplo, traballar máis o proxecto dende a perspectiva da oralidade, posto que elaboramos varias exposicións na biblioteca, aproximadamente unha ao trimestre, e ao remate do mesmo elaborouse unha exposición do traballado nas aulas e coma sempre a participación nas actividades do equipo de dinamización foi do 100% por parte de todos os membros do Claustro. Ademais, é preciso destacar, coma cada ano, a colaboración coa ANPA. Ademais do P.D.I. tamén continuamos a ampliar o noso Cast@maker e dotámolo de diferente material, ampliamos o noso catálogo de biblioteca inclusiva para achegar fondos e recursos a todo o alumnado, cómpre sinalar como novidade un xogo que é para realizar videoxogos, elaboramos diferentes traballos cos ESCORNABOTS , e continuamos a formar parte do programa “Radio na Biblio” 1. GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS. Seguimos a considerar que debiamos traballar principalmente na procura e no desenvolvemento de tres competencias básicas fundamentais para nós dende a biblioteca escolar: a competencia lingüística, a competencia para aprender a aprender e a competencia dixital. Para isto os nosos obxectivos están pensados para acadar a consecución das mesmas e estes OBXECTIVOS son os que se describen a continuación: OBXECTIVOS Servir de recurso fundamental ao PL do centro, fornecendo de materiais a todas as aulas do centro.
GRAO DE CUMPRIMENTO Este obxectivo está acadado posto que o recurso fundamental para o proxecto lector é a biblioteca escolar, pero non só para o PL senón para o resto de proxectos que se levan a cabo no centro.
Proporcionar un continuo apoio ao programa de ensinanza-aprendizaxe, contribuíndo ao desenvolvemento das competencias básicas.
Neste obxectivo tivemos avances con respecto ao curso anterior, pero debemos continuar traballando nesta dirección para acadalo na súa totalidade.
Garantir o acceso de todo o alumnado a unha ampla gama de recursos e servizos, actuando como factor compensador de desigualdades.
Este obxectivo podemos dicir que está bastante acadado posto que pomos a disposición do noso alumnado os lectores de libros electrónicos, o kamishibai, seis tabletas, e sete escornabots, seis robots mbot, conexión wifi a internet e diferentes tipos de libros. Este ano debido a unha partida
3
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
Elaborar un proxecto documental integrado, implicando a toda a comunidade educativa.
Procurar estratexias ao alumnado para a procura e selección de información en distintos soportes e formatos, elixindo a fonte máis axeitada.
CURSO 2018-2019
orzamentaria tamén mercamos material para a biblioteca inclusiva, ademais de fondos, mercamos un croma, mesas de luz…Este curso continuamos a dotar de material o noso Cast@maker, no cal temos un espazo adicado á robótica e a impresión 3D e outro ao material manipulativo e de fomento da creatividade, así mesmo continuamos ampliando os xogos de mesa, de construción. Este curso tamén continuamos a formar parte do proxecto “Radio na biblio” polo que tamén se achegaron ao mundo radiofónico. Neste obxectivo continuaremos a traballar debido á velocidade que mudan e aparecen novos recursos, supoñendo unha renovación tecnolóxica constante. O proxecto elaborámolo e comprobamos que cada ano contamos con maior implicación por parte da comunidade educativa. Este curso elaboramos unhas actividades en familia que consistiron por unha banda en realizar inventos en familia para adornar a árbore de nadal na cal tiveron que facer unha ficha e posteriormente fíxose un libro que formará parte dos fondos da biblioteca, e despois preparamos unhas Cast@maletas científicas que consistiu nun traballo para a realización de experimentos en familia, e que posteriormente pasaran a participar na nosa feira da ciencia. É preciso dicir que a participación das familias foi maioritaria. Dende a biblioteca fixemos un maior número de actividades e potenciamos a pescuda e selección da información e a oralidade e a exposición en público empregando a lingua galega. Nós consideramos a oralidade e o falar en público coma algo fundamental, posto que ser capaces de explicar aquelo que fas e captar a atención do resto do alumnado non é unha tarefa sinxela. Pouco a pouco estamos a observar melloras na capacidade comunicativa do noso alumnado, e cómpre sinalar que observamos pequenos avances cara a unha maior predisposición por parte do alumnado cara ao galego. Este obxectivo quedou marcado coma prioritario o curso pasado e debemos dicir que vai continuar sendo prioritario de cara ao vindeiro curso, posto que nas aulas de 5º e 6º, por seren aulas EDIXGAL e contar cada alumno cun portátil, si que se traballa con estes recursos, pero noutros cursos observamos carencias significativas no noso alumnado. Tamén cómpre sinalar que este curso, debido ás actividades e exposicións realizadas ao abeiro do
4
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
P.D.I., traballáronse en todas as aulas a selección de información e a síntese da mesma para realizar as exposicións. Cómpre sinalar que neste obxectivo imos dando pequenos avances pero nos cursos baixos é certo que debemos incidir nestes aspectos, xa que hai moita diferencia de dominio dos recursos e da síntese de información en diferentes formatos por parte do alumnado de 5º e 6º, cara ao resto. Puxemos á disposición do noso alumnado un documento coas instrucións para entrar nas enciclopedias da páxina do Meiga, pero debemos sinalar que practicamente foi nulo o seu uso. Este obxectivo pretendémolo acadar mediante a sección para as familias “de man en man”, pero non acadamos o éxito pretendido polo que, de cara ao vindeiro curso, imos traballar a lectura en familia doutro xeito, posto que esta actividade leva tres cursos e non ten éxito, non somos quen de facer un empréstito, nos tres cursos fixemos soamente un. Debemos sinalar que soamente atopamos esta eiva xa Lograr unha maior implicación das que no resto das actividades a implicación é total. Á familias no desenvolvemento do PL hora de realizar as actividades no centro temos para favorecer a lectura diaria das súas numerosos voluntarios para colaborar na realización fillas/os, a colaboración na procura da das mesmas, e varios pais/nais que se poñen á información e o apoio en todas aquelas disposición do centro para aquelo que se precise. actividades que sexan requeridas. Non falla a implicación nas actividades adicadas ao alumnado, falla nesta de préstamo e libros para as familias. Debido a implicación que vimos o ano pasado co proxecto da Arte, no cal elaboramos cinco libros que pasaron a formar parte dos fondos da biblioteca este ano continuamos a plantexar actividades en familia para incentivar o proceso de ensinanza-aprendizaxe e continuar forxando os vínculos familia-escola. Este curso continuamos a traballar sobre todo a narrativa en diferentes soportes, e os textos informativos e argumentativos, pero ampliamos a Fomentar e mellorar a comprensión diferentes tipos de textos traballando as novas do lectora con textos de diferente xornal e a exposición en público para o cal se tipoloxía e en diferentes soportes. empregaron diferentes técnicas: elaboración de murais, presentacións dixitais, gravación de podcast…
5
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
2. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS (EN RELACIÓN COA XESTIÓN TÉCNICA, O FOMENTO DA LECTURA, A EDUCACIÓN PARA A COMPETENCIA EN INFORMACIÓN E OUTRAS). De seguido preséntase aquí a táboa de actividades que se realizaron o curso anterior para poder continuar no PLAMBE. Temos que sinalar que a maioría das actividades que propuxemos realizáronse, pero hai algunhas que modificamos e outras que incluímos posteriormente, así coma algunhas que non chegamos a facer. ANEXO I ACTIVIDADES PREVISTAS E TEMPORALIZACIÓN DAS MESMAS CUM ORGA- DINATEMPORAFORM. ATEN. PRI ACTIVIDADES NIZA- MIZAALFIN LIZACIÓN USUA. DIV. MEN CIÓN. CIÓN. TO Reunión co Claustro para amosar o seu SI X X funcionamento. Divulgación da guía para o uso e o SI emprego da biblioteca entre os membros X X da C.E. Distribución de horarios. X X SI Elaboración e planificación de SI actividades para as horas do recreo do X X X comedor. Xestionar as visitas do alumnado. X X SI Organización de actividades co SI obxectivo de coñecer e identificar os X 1º datos externos dun libro. TRIMESTRE Seleccionar e “contratar” aos SI X “gardabiblio”. Entregar as normas e as funcións dos SI X membros do equipo de dinamización. Entregar as normas xerais da biblioteca SI X para todo o Claustro. Realizar unha sesión de formación sobre SI os proxectos do centro: Radio na biblio,e X X Escornabots e impresión 3D. Revisión e entrega do pasaporte de SI X X X lectura.”Castaporte”. Posta en marcha das mochilas viaxeiras SI X X e libros que van e veñen.
6
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
Aprobación do Plan Anual de Lectura. Revisión, de ser o caso, e aprobación do Proxecto lector. Adquisición e catalogación de novos materiais. Posta en marcha do P.D.I. (*) Continuación coa subscrición a publicacións periódicas. Difundir o boletín informativo da B.E. Concurso de banda deseñada para o Samaín. Concurso de ambientación de portas para o P.D.I. nas aulas. Elaboración dunha guía de lectura para o Nadal.
CURSO 2018-2019
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X X
X
SI NON SI SI SI NON NON
X X
X
X
X
SI SI
DINA CUM ORGAATEN PRIM TEMPORAFORM. ALFI ACTIVIDADES NIZA- MIZA . ENTO LIZACIÓN USUA. N CIÓN. DIV. CIÓN. Lectura de prensa dixital. X X X NON Percura do tesouro. X NON Guía de uso dos libros electrónicos e NON X das tabletas. Selección de lecturas entorno ao SI X X 2º TRIMESTRE Entroido e a Semana da Paz, Día da Poesía colaborando co EDLG. Organizar sesións de lectura interaula. X X SI Plantexamento de diferentes enigmas NON no blogue para procurar e seleccionar X información na rede.
TEMPORA-LIZACIÓN
3º TRIMESTRE
ACTIVIDADES
Apadriñamentos lectores para o Día do Libro. V Semana do Kamishibai.
ORGANIZACIÓN.
DINAMIZACIÓN. X X
FORM CUMP . ATEN. RIME ALFIN USUA DIV. NTO . SI X X
X
7
SI
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
Xornada de portas abertas para dar a coñecer o P.D.I. Elaboración dunha guía de lectura para o verán. Elaboración de listaxes de lectores. Elaboración da memoria de biblioteca. Elaboración de cuestionarios de avaliación en “google cuestionarios” e en formato analóxico. Elaboración dun documento de avaliación en base aos cuestionarios e posteriormente enlazalo no blogue. Avaliación.
TEMPORALIZACIÓN
TODO O CURSO
ACTIVIDADES
X
X
X
X
CURSO 2018-2019
X X
*SI SI SI SI
X X
SI X
X SI
X
X
X
SI
ORGANIZACIÓN.
Xogos e enigmas para coñecer diferentes tipos de textos a través da web. Coordinar a gravación do programa semanal de radio. Facilitar recursos para empregar os Escornabots na aula e o aproveitamento da impresora 3D. Recollida e selección de información na web para a realización de traballos. Reunións da comisión da biblioteca. Seleccionar e proporcionar recursos dixitais (páxinas web, …). Dixitalizar a listaxe de libros repetidos e engadilos a libros a eito. Encontros con autores, ilustradores ou familiares do alumnado. Encontros con diferentes familiares para coñecer a cultura da nosa comunidade. Intercambio de libros de man en man, para nais e pais do alumnado.
DINAMIZACIÓN. X X
X
FORM CUMP . ATEN. RIME ALFIN USUA DIV. NTO . NON X X
X
X
SI SI
X
X
X
X
X
X
SI
X
SI SI
X X X X X
*NON
X X X
X
SI NON SI
X
8
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
Preparar e seleccionar as lecturas para as caixas lectoras de cada aula. Facer unha selección de aplicacións informáticas para as tabletas.
X
CURSO 2018-2019
X
SI
X
ACTIVIDADES PREVISTAS E TEMPORALIZACIÓN DAS MESMAS Das liñas prioritarias que presentamos para o curso 2018-2019, debemos salientar que se cumpriron na súa maioría, pero de seguido pasamos a detallar o porque daquelas que non se cumpriron ou que se realizaron dunha maneira diferente a que pensabamos nun principio.
SI
CONCURSO DE BANDA DESEÑADA PARA O SAMAÍN: Este ano, tal é como fixemos o curso anterior, continuamos a facer un Samaín didáctico, polo que se elaboraron catro obradoiros diferentes nos cales o noso alumnado, dividido en agrupamentos flexibles, ía pasando por cada un deles. Houbo un obradoiro de maquillaxe, no cal contamos con membros da ANPA, un de creación de manualidades e de fotos de medo, un obradoiro escornabótico e o derradeiro relacionado co noso P.D.I. deste curso, foi un obradoiro de conxunros onde fixeron experimentos e elaboraron un slime. Por este motivo, non se realizou o concurso de banda deseñada, xa que viñamos observando que cada vez participaba menos o noso alumnado e decidimos pospolo e volver a facelo de novo pasados uns cursos. LECTURA DE PRENSA DIXITAL: Temos no blogue, dende fai tempo o enlace ao quiosco de prensa tanto nacional coma internacional, pero debemos salientar que pese a recordalo, é un recurso que este curso, por segunda vez consecutiva non se emprega. Aínda así nalgunha aula é empregado de xeito puntual e, cando se le prensa dixital na maioría de aulas, faise directamente buscando a través da rede e, polo tanto, o enlace non é efectivo. PERCURA DO TESOURO E CONCURSO DE POESÍA A TRAVÉS DO BLOGUE: Estas son unhas actividades que vimos arrastrando dende fai tempo e, debido as características do alumnado e a que non empregan o blogue para escribir ou manifestarse senón que o usan para informarse das actividades e das novidades, ata o de agora non se viñan realizando. Nembargantes, neste curso, volvemos a levalas a cabo a través da radio e foron efectivas tanto na pescuda de libros misteriosos, coma noutra sección do mestre de AL, que denominou “Sacando a lingua a pastar”., Nela fixo un concurso de adiviñas na que participou todo o centro, escoitabanse todos os programas nas aulas e entregaban as súas respostas ao remate da semana para ver quen foi quen de adiviñar máis.Tamén se plantexaron retos e concursos dende o alumnado máis maior da escola como por exemplo os que fixo o alumnado de 6º, “Pasacastaña”,ou “Acerta ou...porta”, ou numerosos misterios que nos enviaron dende a nave do alumnado de 5º, chamada “5º milenio”. GUÍA DE USO DOS LECTORES DE LIBROS ELECTRÓNICOS E DAS TABLETAS: Debemos sinalar que como documento non o temos elaborado, pero que continuamos a empregar un vídeo que xa remitimos á Asesoría fai catro cursos para o uso dos libros electrónicos e que non elaboramos para o uso das tabletas debido a que comprobamos que os gardabiblios lle explican de xeito correcto o uso e o manexo ao alumnado máis pequeno, polo que consideramos que é unha boa actividade de formación de usuarios entre iguais. Temos que engadir que fai un par de cursos puxemos na nosa biblioteca libros de realidade aumentada e, para isto, si que se fixo unha formación de usuarios por parte dos mestres que lles ensinaron que libros son os que se poden empregar coa tableta e cales son as aplicacións que deben usar. No tocante aos lectores de libros electrónicos debemos dicir que continuamos a non ter o resultado esperado. Cremos que
9
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
pola falta de material atractivo nos mesmos para o noso alumnado, pero de xeito voluntario en todo o curso fanse empréstitos de maneira puntual e non é un recurso que se solicite, por parte do alumnado e nas aulas durante este curso non foron utilizados. PLANTEXAMENTO DE DIFERENTES ENIGMAS NO BLOGUE PARA PROCURAR E SELECCIONAR INFORMACIÓN NA REDE: Este curso plantexamos enigmas a través da radio como se explicou no epígrafe anterior. A TRAVÉS DE GOOGLE CUESTIONARIOS: Este curso, elaboramos os cuestionarios de maneira tradicional, en papel. Tiñamos pendente para este curso realizalo mediante os cuestionarios de google, pero, por outras experiencias decatámonos de que a competencia dixital das familias, en xeral é mínima e a participación sería menor. De cara ao curso imos elaboralos dando a posibilidade de facelos en papel ou a través do blogue para ir pouco a pouco meténdoos nas novas tecnoloxías. XOGOS E ENIGMAS PARA COÑECER DIFERENTES TIPOS DE TEXTOS A TRAVÉS DA WEB: Esta actividade está pendente polo mesmo motivo que se explicou con anterioridade nas actividades semellantes. XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA DAR A COÑECER O P.D.I.: O curso pasado demos un paso cara a diante e mudamos a metodoloxía da parte final do curso, psoto que ata ese intre faciamos un festival, e decidímos mudalo por unha xornada de portas abertas para dar a coñecer o noso P.D.I., este ano como xa se puxo de manifesto versou sobre a Ciencia, e polo tanto para dar remate a este proxecto imos realizar unha ciencia de feira na escola, na cal o alumnado e as familias serán as protagonistas. Nesta feira imos explicar o proxecto e os traballos que se fixeron ao seu abeiro, ademais teremos un espazo reservado á experimentación para por en práctica os experimentos realizados tanto no club de ciencia coma nas aulas, e teremos un espazo reservado aos experimentos realizados en familia, para que os poñan en práctica ese día co resto das persoas que visiten a feira. Ao remate pasaron todas as familias ao salón de actos onde viron un vídeo resumo do Ano da ciencia e, por último, tivo lugar unha actuación conxunta de todo o alumnado coma punto final do mesmo. Así todas as familias viron de primeira man todas as actividades que se realizaron nas aulas ao longo de todo o curso. Cómpre sinalar que continuamos informando de todas e cada unha das nosas actividades a través dunha aplicación que temos na escola (TokApp School) e a través do blogue. Ademais, cómpre engadir que este curso contamos con máis familias que se ofreceron para vir traballar directamente con nós ben en charlas e coloquios, nos obradoiros do Samaín,no entroido,e mesmo se animaron a participar dunha maneira activa realizando diferentes experimentos e a súa posterior participación na feira.
(*) Cómpre facer unha especial mención ao quinto P.D.I., que este ano versou ao redor da CIENCIA. A intención ao escoller este tema foi traballar o mundo da ciencia, e espertar o gusto e o coñecemento por este mundo dunha maneira lúdica e atractiva: Así dividimos o traballo en tres partes, facendo coincidir cada unha delas cun trimestre,por unha parte no primeiro trimestre traballamos os conceptos xerais, e chamámoslle : Que é a ciencia?, no segundo trimestre:, estivemos a traballar personaxes relevantes, os seus descubrimentos ou aportacións á sociedade e a repercursión que tiveron na sociedade e chamámoslle Descubrimentos, personaxes e a súa repercursión, e no terceiro: posta en práctica e experimentación, que consisitíu en experimentar,descubir e facer experimentos tanto nas aulas, como nas familias.
10
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
Isto fixémolo coa finalidade de traballar a competencia lingüística a través da oralidade e das diferentes actividades vinculadas ao proxecto, a competencia cultural e artística así coma a competencia dixital elaborando diferentes presentacións en formato dixital para as exposicións, elaborando cartaces dixitais… Así mesmo este curso tamén continuamos a empregar a Radio coma ferramenta didáctica para o noso proxecto, facendo diferentes entrevistas tanto reais coma ficticias a diferentes personaxes do mundo da ciencia. Cómpre sinalar que este curso o proxecto deu moito de si, e ademais das actividades planificadas ao comezo do mesmo, foron xurdindo outras vencelladas ao proxecto. Coma en cursos anteriores, as nosas competencias clave fundamentais foron a competencia de aprender a aprender, a competencia dixital e a competencia lingüística. Estas competencias traballámolas polo medio da investigación para a realización do proxecto facendo unha pescuda intelixente pola rede, achegándoos tamén aos recursos que proporciona o Concello como, por exemplo, a Biblioteca Municipal. E, por último e non menos importante, a competencia lingüística que a traballamos por medio da oralidade e a escrita con diferentes propostas. Por exemplo e como xa se fixo mención anteriormente, cada mes e medio aproximadamente levamos a cabo unha exposición oral na biblioteca, polo que se traballou tanto a oralidade coma a escrita para a preparación das mesmas e, sobre todo, traballamos a exposición en público. Ademais disto puxemos en marcha a nosa V Semana do Kamishibai, xa que o consideramos un recurso fundamental polas diferentes posibilidades que nos aporta. É importante sinalar que este ano no Día da Palabra preparamos unha TÁBOA PERIÓDICA asociada aos Museos Científicos da Coruña que fomos visitar días antes con todo o alumnado do centro, escollemos este formato por dous moitivos, por unha banda para vencellalo coa visita e por outra para celebrar o centenario da táboa periódica que se fixo este curso, cada alumno tivo que escoller unha palabra dun dos museos, ilustrala e, posteriormente, explicarlles ao resto dos compañeiros do colexio o significado da súa ilustración e o porque da elección da verba. Ademais destas actividades que propuxemos, tamén se realizaron outras que non contabamos no momento de facer o proxecto xa que foron xurdindo ao longo do curso. Algunhas destas actividades son as que se detallan a continuación:
Actividades en colaboración coa biblioteca municipal de Carballedo e o Concello de Cerdedo-Cotobade: Ao comezo deste curso, na reunión de Comisión de Biblioteca onde contamos coa presenza da bibliotecaria do Concello e tamén co representante do Concello, entre outras, propuxemos seguir a colaboración que comezamos fai xa tres cursos. Ela informounos que este ano non sabía se poderían contar coa subvención de “Ler conta moito” que era a que traía as actividades, e que se poría en contacto con nós de ser así para informarnos, como non houbo contacto deducimos que non tiveran a subvención e polo tanto non fixemos actividades de colaboración coa Biblioteca. Sen embargo o Concello, colaborou con nós en varias actividades, por unha banda coa Ximncana da Igualdade, para traballar o día da violencia de xénero, varias actividades sobre Antonio Fraguas, a presentación dun libro…
11
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
A continuación pasamos a describir cada unha das actividades que se realizaron dentro do P.D.I. As fotografías pódense ver nun documento que se ANEXA coa entrega desta memoria. Para dar comezo ao P.D.I., fíxose en cada aula un achegamento a ciencia en xeral. Despois convocouse o V concurso de ambientación de portas, coincidindo co Día das Bibliotecas Escolares, para o cal cada curso decorou a porta da súa clase. Logo o alumnado votou e decidiu o resultado. (http://bibliocarballedo.blogspot.com/2018/10/v-concurso-de-ambientacion-de-portas.html) Este curso, tal e como fixeramos o curso pasado, a biblioteca participou no magosto sacando aos ESCORNABOTS e presentándollos a aquel alumnado novo no centro. Realizouse un obradoiro, no cal había que familiarizarse cos robots e, e elaboramos uns xogos, un para infantil e outro para primaria, no de infnatil consistía en consister solucionar un percorrido e o de primaria era un xogo que posteriormente, conseguir solucionar os diferentes percorridos. Hai que dicir que foi unha actividade que obtivo moito éxito e que o alumnado amosou grande interese pola mesma.
O curso pasado decidimos mudar a celebración do SAMAÍN realizando uns obradoiros didácticos e, debido ao éxito da actividade, decidimos realizalo de novo deste xeito. Adaptamos os obradoiros á temática e realizamos catro por onde ía pasando o noso alumnado dividido en agrupamentos flexibles. Consistían nun obradoiro de maquillaxe artística onde contamos coa colaboración da ANPA, un de creación de comida creativa, un de creación de cadros, e o derradeiro de fotografía o cal denominamos “fotomostrón” no que se fixeron diferentes fotografías ao noso alumnado coa axuda dunha app, ademais de facer o xa tradicional concurso de cabazas. Este ano realizamos unha xornada de APADRIÑAMENTOS TERRORÍFICOS!!! (http://bibliocarballedo.blogspot.com.es/2017/10/achegase-o-samain.html (http://bibliocarballedo.blogspot.com.es/2017/11/samain-2017.html) O Concello preparou unha sesión pola igualdade e levouse a cabo no centro unha ximncana pola igualdade, primeiro comezamos coa visualización duns videos no que se traballaba o rol da muller nas peliculas de Disney e na sociedade en xeral e posteriormente pasamos ao ximnasio onde se levou a cabo unha ximnacana de tarefas domésticas. (http://bibliocarballedo.blogspot.com/2018/11/25-n-ximcana-pola-igualdade.html) Para dar comezo ao Proxecto e para celebrar o mes dos Museos levamos ao noso alumnado a A Coruña, para visitar os tres museos científicos, A casa das ciencias, o Domus, e o Aquarium. http://bibliocarballedo.blogspot.com/2018/11/saida-aos-museos-cientificos-da-coruna.html Para celebrar o Día da Palabra, elaboramos entre todos un mural que denominamos Táboa Periódica Dos Museos Científicos, no que aproveitando a visita cada quen tiña que escoller unha verba do museo e posteriormente elaborar unha tarxeta cunha ilustración e o nome do que había dentro, e posteriormente facer unha exposición ante o resto do alumnado, para explicar que era o que escolleu e o porqué desa elección.
12
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
(http://bibliocarballedo.blogspot.com/2018/11/dia-da-palabra.html)
No mes do Nadal, decidimos traballar en familia, porén pedímoslle que trouxesen algún invento para decorar a árbore de Nadal e por outro lado dende as aulas preparamos un decálogo para a mellora da vida e que llo lemos aos reis magos que este ano foron Einstein, Marie Curie e Isaac Newton que este ano foron os nosos reis da ciencia. (http://bibliocarballedo.blogspot.com/2019/01/nadal-2018.html)
O Día da Paz e da Non Violencia Escolar. Este ano fixemos dúas actividades: por unha banda, elaboramos uns pratos co símbolo da Paz e que despois tiñamos que decoralo e por verbas relacionadas coa Paz e por outra cantamos unhas cancións nos tres idiomas que traballamos na escola, de diferentes artistas e que posteriormente publicamos no podcast semanal. (http://bibliocarballedo.blogspot.com/2019/01/dia-da-paz-e-da-non-violencia-escolar.html
Durante o mes de xaneiro e febreiro cada aula investigou sobre unha persoa relevante no mundo da ciencia: así por exemplo o alumnado de 3 e 5 anos preparou a Charles Darwin, o de 4 a Galileo Galilei, o de 1º e 2º presentaron a Jane Goodal, 3º fixo o mesmo con Severo Ochoa, 4º trouxo á biblio a Stephen Hawking, 5º a Alexander Graham Bell, e rematamos as exposicións co alumnado de 6º que nos lembrou a figura de Marie Curié. (http://bibliocarballedo.blogspot.com/2019/02/expociencia.html) Pechamos o mes de xaneiro cun obradoiro de formación sobre a radio e o seu manexo para o alumnado de 5º e 6º a cargo da asociación “Laboratorio de Radio”. (http://bibliocarballedo.blogspot.com/2019/01/formacion-con-laboratorio-de-radio.html) En febreiro tivemos unha celebración especial na nosa escola que foi A PRIMAVERA DAS LETRAS, que é unha celebración que se propón dende a Real Academia Galega e que e ao abeiro do autor homenaxeado nas Letras Galegas, como este ano D.Antonio Fraguas Fraguas era veciño do noso Concelllo, tocounos a nós en colaboración co Ceip de Tenorio realizar a presentación do citado evento. Para isto elaboráronse diferentes traballos, coma liñas do tempo, exposicións, un video resumo do seu traballo, a súa obra, retratos…e o día da presentación fixemos un Kamishibai sobre a súa vida que a representamos teatralmente. Ademais aproveitamos a ocasión para entrevistar na nosa Cast@radio á académica Fina Casalderrey, ao presidente da academia Victor Freixanes e aos sobriños do autor homenaxeado. (http://bibliocarballedo.blogspot.com/2019/03/primavera-das-letras.html) Ao día seguinte chegou o Entroido e decidimos que iamos elaborar unha Gala de premios semellantes aos premios Nobel, polo que decidimos facer a GALA DOS CAST@NOBEL e relacionalo coa ciencia. Para isto fixemos un desfile para o alumnado e para as familias que decidiron participar no mesmo e tivemos un concurso de sobremesas artísticas. O premio foi unha moeda realizada coa impresora 3D, para imitar á que se entrega cando unha persoa gaña un premio
13
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
Nobel. Ademais o evento estivo cuberto polo alumnado de 5º e 6º coma Cast@reporteiros e posteriormente emitimos as entrevistas no programa da Cast@radio Ademais este curso,debido ao éxito do curso pasado decidimos continuar a traballar as tradicións, elaboramos un MECO, que denominamos Gusmalotebot, que secuestrou á mascota da bilbioteca e foinos facendo diferentes encomendas ao longo da semana que debiamos ir realizando coa finalidade de recuperar a Castañón, a nosa mascota. O día do Entroido fixemos unha fogueira no que queimamos o Meco. (http://bibliocarballedo.blogspot.com/2019/01/formacion-con-laboratorio-de-radio.html) (http://bibliocarballedo.blogspot.com/2019/03/entroido.html)
No mes de marzo enlazamos a celebración de dúas importantes conmemoracións. Por unha banda, o Día da Muller Traballadora e, por outra, o Día Mundial da Poesía. Para isto o equipo de biblioteca fixo unha escolma dos libros que traballaban ou potenciaban a figura dalgunha muller na sociedade e sobre todo no ámbito da ciencia, e participamos nun obradoiro de poesía que se propuxo dende o Concello sobre o papel das nais e das mulleres nesta sociedade. Posteriormente algúns destes poemas gravámolos na Cast@radio para darlles difusión e para celebrar este día. (http://bibliocarballedo.blogspot.com/2019/03/8-de-marzo-dia-da-muller.html)
O mes de marzo continuamos a traballar personaxes relacionados co mundo da ciencia, así por exemplo o alumnado de 3 e 5 anos coñeceu a Valentina Tereskova, o de 4 a Mary Anning,o de 1º e 2º a Benjamin Franklin, 3º a Begoña Vila, 4ºa Svetksna Savistkaya, 5º a Alexander Fleming e 6º a Hedy Lamarr.(http://bibliocarballedo.blogspot.com/2019/04/exposicions-mes-de-marzo.html)
No mes de abril continuamos a traballar a ciencia. Con esta finalidade, creáronse historias para o Kamishibai (V SEMANA DO KAMISHIBAI), onde cada grupo tivo que elaborar un conto e, posteriormente, cada día un curso, na hora de ler, contalo ou lelo en público para todos e cada un dos cursos restantes. Aproveitando esta semana, sempre procuramos traer a algún experto relacionado co P.D.I. e nesta ocasión tivemos a sorte de contar na nosa escola con XURXO MARIÑO, preparamos a visita co noso alumando e realizamos un mural coa súa vida e varios autoretratos, cómpre sinalr que acudíu á escola dunha maneira totalmente altruísta, a súa charla versou, por unha banda, sobre o funcionamento das neuronas e do seu traballo, coma neurocientífico e por outra contounos a súa experiencia nunha viaxe ao redor do mundo que realizou hai uns anos. E rematamos esta semana cos xa tradicionais APADRIÑAMENTOS LECTORES. Cómpre sinalar que, debido á boa climatoloxía, puidemos levalos a cabo ao aire libre e o noso alumnado gozou por partida dobre. ( http://bibliocarballedo.blogspot.com/2019/05/v-semana-do-kamishibai.html) No día das Letras Galegas, fixémoslle unha pequena HOMENAXE A D.ANTONIO FRAGUAS, que consitíu en ler de novo o noso Kamishibai, e escoitar os tres PODCAST que presentamos ao I Concurso de Radio na biblio, que dunha maneira máis ou menos implícita todos facían referencia ao autor . (http://bibliocarballedo.blogspot.com/2019/05/homenaxe-antonio-fraguas.html)
14
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
Este curso continuamos coas actividades en familia, tal e como se puxo de manifesto ao longo deste documento, e para isto elaboramos as CAST@MALETAS CIENTÍFICAS, que consiste nunha maleta que vai a aquelas casas que asinaron a súa participación, e leva un caderno, un pen drive, unha cámara de fotos e un dossier de experimentos para que aqueles que o desexen lles serva de axuda, e a actividade foi un concurso, no cal despois decidimos que experimentos ían ter cabida na nosa Feira de Ciencia.(http://bibliocarballedo.blogspot.com/2019/05/castmaletascientificas.html). Rematamos as EXPOSICIÓNS DO MES DE MAIO cunha posta en común dos diferentes experimentos que se realizaron nas aulas ao longo do curso. Algúns cursos decantáronse por usar os métodos dixitais e fixeron un vídeo, outros combinaron ambas metodoloxías e outras decidiron facer a exposición en directo sen apoio dixital. http://bibliocarballedo.blogspot.com/2019/06/exposicions-do-mes-de-maio.html
Outra novidade que tivemos este ano foi O CLUB DE CIENCIA, xa que aproveitando a temática do proxecto deste curso decidimos apuntarnos a formar parte deste plan. A distribución foi semellante a plantexada para o noso P.D.I. polo que o primeiro trimestre traballamos que era a Ciencia, os tipos de ciencia a través de varios lapbook,e persoas relevantes e despois xa pasamos a posta en práctica e a realización de experimentos. (http://bibliocarballedo.blogspot.com/p/club-deciencia.html). Ademais tamén tivemos a sorte de ser seleccionados para outras dúas actividade ao longo do curso por unha banda o alumnado de 5º e 6º foi seleccionado para participar na SEMANA STEM e posteriormente participamos no concurso de deseño da camiseta de Galiciencia, e grazas á nosa participación puidemos asistir de visita a feira de Galiciencia en Ourense. Este ano decidimos darlle unha volta e continuamos co CASTAPORTE, que é un pasaporte de lectura, pero só en infantil, posto que o ano pasado decatámonos ao realizar a avaliación que non tiña o éxito esperado e que moito do noso alumnado non levaba fondos por non cubrir o pasaporte. Este ano mudamos a iniciativa e fixemos un LECTÓMETRO para todo o alumnado e, de momento, os resultados son mellores.
Cómpre dicir que este ano, debido ao xogo que nos deu este proxecto, témolo sen rematar posto que hai varias actividades pendentes. Por unha banda, temos que dicir que nos puxemos en contacto coa REAL ACADÉMIA GALEGA DE CIENCIA e vannos ceder unha EXPOSICIÓN SOBRE DIFERENTES CIENTÍFICOS, e que chegará á escola nos vindeiros días, e permanecerá aquí ata o remate do curso, para o desfrute tanto do alumnado coma das familias. E por outra bandapara rematar o curso imos transformar a nosa escola nunha FEIRA CIENTÍFICA, polo que decidimos mudar o festival de fin de curso por unha xornada de presentación ou de portas abertas para as familias, na cal o alumnado de 5º e 6º, será os guías dos grupos de familiares que os acompañarán por todas
15
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
dependencias da feira, que estará dividida en varias seccións, por unha parte farase unha exposición co traballado nas aulas ao abeiro do proxecto, e por outra, haberá un espazo destinado á experimentación tanto para o alumnado coma para as familias, tamén terá cabida os traballos realizados na materia de iniciación á robótica, e no club de ciencia Unha vez rematada a feira na entrada da escola terá lugar unha actuación musical, e de seguido convidaremos aos familiares e pasar ao salón de actos onde se proxectará un vídeo resumo do traballado ao longo do curso co P.D.I.
E, por outra banda, a excursión de fin de curso que, como vimos facendo estes últimos anos, relacionámola co noso P.D.I. posto que despois de traballar unha temática que mellor, cando é posible, que xuntar o aspecto lúdico e o didáctico. Por isto, este ano imos acudir a Santiago para visitar pola mañá o Museo de Historia Natural e pola tarde imos levar ao noso alumnado a que coñeza o Museo Do Pobo Galego,xa que foi un dos grandes éxitos de D.Antonio Fraguas,así mesmo, despois do interese amosado polo noso Kamishibai, imos donalo ao Museo, e polo tanto será o alumnado o encargado de levalo ao Museo. O vídeo que se proxectará durante a presentación do P.D.I. ás familias está en proceso, polo que tras ensinarllo ás familias, a finais do mes de xuño remitirase a Asesoría.
Hai outras dúas actividades que teñen moito éxito. Unha é as mochilas viaxeiras, nas cales as familias, en xeral, si que se implican e fan traballos e experimentos cos nenos e posteriormente fánnolos chegar a través do caderno viaxeiro ou do correo electrónico da biblioteca. Hai que sinalar que a actividade “Libros que van e veñen”, dedicada a infantil funciona moi ben, posto que todas as familias amosan unha gran aceptación e participación na tarefa de achegar aos máis pequerrechos á lectura. Ademais, e o máis importante, o alumnado goza de acudir á biblioteca e nas horas de lecer acode á mesma por iniciativa propia.
Dentro do noso blogue temos unha lapela adicada aos cadernos viaxeiros. Nesta é onde subimos e se aprecian os traballos das familias. https://bibliocarballedo.blogspot.com.es/p/cadernos-viaxeiros.html REVISAR ESTE LINK
16
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
3 A AVALIACIÓN REALIZADA E A PREVISIÓN DE FUTURO.
a. Avaliación realizada. Para dar comezo a este apartado debemos indicar que realizamos a nosa avaliación centrada en catro puntos fundamentais, ao noso parecer. O profesorado, que avalía o funcionamento da biblioteca e as actividades. Estas avaliámolas todas, pero para as gráficas só son representadas algunhas delas, as que son fixas da nosa biblioteca ou aquelas totalmente novidosas, para saber se repetilas ou non. Así mesmo tentamos variar e non repetir ano a ano as actividades escollidas. Outro punto que avaliamos é o sentir das familias. Neste senso fixemos unha enquisa que se enviou ás familias e avaliáronse os resultados. Outro punto é a ANPA, manténdose unha xuntanza entre o seu presidente e a coordinadora da biblioteca para avaliar o curso e falar das posibles melloras de cara ao vindeiro ano. E por último o punto, para nós máis importante, o parecer do noso alumnado. Elabórase unha enquisa que se lle entrega dende infantil ata 6º (en infantil cóbrena de xeito individual coa axuda das súas titoras, que lles van preguntando e elas son quen as cobren). Unha vez que recibimos todas as enquisas no centro, elaboramos unhas gráficas e facemos a comparativa coas do curso anterior e avaliamos os resultados. Ata o pasado curso estas gráficas formaban parte da memoria que entregabamos á Asesoría, pero este ano, por falta de espazo, imos entregalas coma un Anexo e colgar o documento no noso blogue. http://bibliocarballedo.blogspot.com/p/analise-da-avaliacion-realizada.html FALTA ENGADIR O DOCUMENTO QUE SE ESTÁ CORRIXINDO
De seguido aparecen as CONCLUSIÓNS de todos e cada un dos aspectos tratados con anterioridade. Avaliación do profesorado RESULTADOS DA ENQUISA AO PROFESORADO Este curso debemos comezar dicindo que o índice de participación foi superior ao ano anterior posto que de 11 mestres participaron os 11,cómpre sinalar que os mestres que non están adscritos ao noso centro non participaron posto que só están dous días no centro, e ambos son pertencentes ao equipo de orientación, aínda que é convinte sinalar que durante todo o curso se estivo en coordinación con ambos tanto para a realización de diferentes actividades, como por exemplo a sección do programa de radio, como para mercar materiais de biblioteca inclusiva.
17
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
CONCLUSIÓNS: Unha vez realizada esta enquisa e a posterior avaliación, podemos sinalar que os resultados acadados, aínda que mellorables, son, en xeral, positivos e mellores caos do ano anterior. Outra peculiaridade ou característica que debemos engadir a estes resultados é que o Claustro foi moi diverso en ámbolos anos posto que con respecto ao curso anterior houbo un cambio significativo de profesorado no centro: mudaron 4 persoas, manténdose soamente 6 do curso anterior, dos cales 1 é itinerante ,e polo tanto, non está presente en todas e cada unha das actividades e das iniciativas levadas a cabo polo equipo de dinamización da biblioteca e, en consecuencia, non teñen a posibilidade de facer esta comparativa. É preciso sinalar como aspectos positivos o aumento na comprensión oral e lingüística e na formación de usuarios, e como punto álxido da nosa biblioteca temos a Cast@radio tanto no tocante as actividades coma no seu aproveitamento curricular, isto é unha satisfacción para o equipo de biblioteca, posto que é un aspecto valorado moi positivamente en todas as enquisas que se realizaron tal e como se observa nos resultados das seguintes enquisas. Sen embargo, ten menor valoración o acceso para todo o alumnado a unha ampla gama de recursos informáticos, polo que deberemos facer fincapé neste aspecto. De cara ao vindeiro curso deberemos continuar a facer fincapé na participación do Claustro cos Escornabots e coa impresora 3D xa que é un recurso que aínda lle podemos sacar moito máis rendemento polo que de cara ao curso imos organizar actividades sistemáticas coma por exemplo mandar os Escornabots nas mochilas viaxeiras para que se fagan traballos en familia con eles, ou nas horas de ler que unha persoa do equipo vaia indo por quendas as aulas, para achegar ao alumnado tanto os escornabots coma a impresión en 3D. No relativo á participación nas actividades de dinamización, debemos dicir que non temos profesorado que non participe coas súas titorías, pero debemos incidir no uso da biblioteca e do seu servizo de empréstito. PROPOSTAS DE MELLORA: Na enquisa deixábase un espazo para as propostas de mellora de cara ao vindeiro curso. Algunhas das cales son as seguintes: acadar maior implicación por parte da comunidade educativa, ou outra na que aparece que o resultado sería mellor se todo o mundo participase cun mínimo de preocupación, gañas de participar e traballar e un maior compañeirismo, e que se debería de concienciar á xente de que non é un traballo de competición, que os nenos/ as expoñen o que aprenderon.
Avaliación da ANPA Como xa ben sendo costume comezamos a xuntanza lendo a valoración do curso anterior, cómpre sinalar que este ano cambiamos de presidente da ANPA, é interesante citar isto posto que é unha valoración diferente ata o momento e polo tanto un visión diferente do traballo realizado por parte do equipo de bibliocarballedo.
18
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
O primeiro que hai que salientar é que en todo momento se manifestou moi contento coa biblioteca, puxo como exemplo que había nenos que non querían ir ás actividades extraescolares da ANPA que se realizan no horario do comedor posto que preferían ir á biblioteca realizar as actividades, e citaba como exemplo que ao comezo de curso había 22 alumnos do centro que asistían a informática e que se foran desapuntando ata chegar a 8, segundo eles por poder estar na biblioteca. Con respecto á temática do P.D.I. deste curso dise que gustou moito e que tanto a temática coma as actividades que se fixeron resultaron atractivas tanto as realizadas co alumnado coma as familiares resultaron interesantes posto que o alumnado chegaba motivado ás casas e que querían facer actividades coas familias ou ensinar o que aprenderan. No tocante ás novidades que presentamos o ano pasado ( As actividades nos recreos do comedor e a Cast@radio) e por facer comparativa co curso anterior, manifestase que as actividades do comedor resultaron interesantes e que a radio é excepcional que é algo que gusta moito tanto ás familias coma ao alumnado, que sen dúbida é o importante. Para ir rematando a conversa, a coordinadora pregúntolle cal era a súa opinión do “pero” que tiñamos o curso pasado, que consistía en que se lle estaba quitando espazo á lectura, e neste aspecto di que cre que eso é algo da casa que deben estar máis implicadas as familias e tratar de fomentar a lectura, e falase que a biblioteca aporta os recursos pero que os usuarios son os que deben facer o uso deles. Así mesmo, tamén se expresa que, este curso só empregamos os Cast@portes, co alumnado de infantil, posto que o ano pasado notamos un descenso de lectores que non collían libros por non cubir o pasaporte de lectura, ante esto volvese por de manifesto que debían ser as familias as que se preocupasen de ver si o seu fillo lía ou non na e que cubrise a ficha pero que non era así e que ao seu parecer o Cast@porte era unha iniciativa interesante posto que tiñan que ler, escribir e resumir o contido dos libros. Para finalizar solicitouse que propostas de mellora serían necesarias, e dixo que non se lle ocorre nada porque estaba todo moi ben pero que ao seu parecer, e por poñer un pero que se podería deixar máis tempo as mochilas viaxeiras posto que non era posible realizar todas as actividades que se propoñían nas mesmas pero aclarouse que a intención non é que se realicen todas senón ofrecer un amplo abano de posibilidades e que cada quen escolla a que máis lle apeteza ou se adapte aos seus gustos. Rematamos á conversa lembrando que seguimos tendo familias que descoñecen as actividades que se fan no centro, ante isto coméntase que, de cada modificación que se fai no blogue, envíase unha mensaxe por TokApp ás familias e que, aínda así, moitas veces non se len nin se entra no blogue, pero que tampouco sabemos como facer para que o fagan posto que están informados pero que se non queren ser participes é complexo chegar a mudar esta actitude. Algo que se puxo de manifesto tamén por parte da ANPA era a necesidade de aumentar o alumnado no centro porque se estaban a facer moitísimas cousas e que estabamos metidos en numerosos proxectos de innovación pero que, hai alumnos que podían vir ao noso centro e van a outros ben do Concello coma dos Concellos limítrofes e que cren cunha causa podería ser o horario que non axuda á conciliación familiar e polo tanto estase a estudar pola súa banda de fomentar o Plan Madruga no centro, para ver si de ser o caso, repercutiría na matricula e aumento do alumnado.
19
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
Esta mesma deficiencia notámola nós ao avaliar os resultados das familias, pero cómpre sinalar que ante isto non chegamos a un acordo de como se pode facer para que ás familias que non amosan interese polas actividades do centro muden nas súas preferencias.
Avaliación das familias Dende fai dous cursos comezamos a facer a avaliación ás familias e neste continuamos con esta iniciativa e, polo tanto, xa temos comparativa co curso anterior. E debemos dicir que o índice de participación foi de 78.97% das familias que temos e os resultados acadados, en xeral moi satisfactorios e gratificantes para todos os membros do equipo. QUE PROPOSTAS DE MELLORAS FARÍAS? E QUE TEMA CHE SEMBRA INTERESANTE PARA O VINDEIRO CURSO? Por unha banda, con respecto á primeira pregunta debemos dicir que neste apartado houbo numerosas respostas en branco ou mesmo que escribían que non eran preciso melloras. Gustaríanos resaltar algúns comentarios que aparecían nas enquisas: “é marabilloso tanto traballo, tan variado e divertido pola vosa parte. Só teño pena de non poder participar máis e mellor pola falta de tempo”, ou outro que poñía “estamos encantados co colexio” ou un que dicía que en xeral, moi ben, que tiñamos actividades innovadoras para os nenos, ademais dun alto grado de motivación para abarcar outros campos. Pero,non sempre son comentarios para dicir que se está satisfeito co traballo realizado na biblioteca, só había un comentario que ía neste senso e que solicitaba que se participe, máis con algúns cursos que non sexan 5º e 6º,nós deducimos que isto é debido a que estes grupos son posto que estos son os gardabiblio, os que usan a radio dunha maneira máis autónoma…e son os que soen dirixir as actividades comúns como por exemplo, as galas de entroido, as presentacións do P.D.I. ás familias etc. Por outra banda, no tocante á segunda pregunta, a relacionada co tema para o P.D.I. do vindeiro curso, cómpre sinalar que había moitísimas enquisas que estaban en branco, e noutras as que se manifestaba o interese repetíase o interese nos deportes ou nos xogos olímpicos, os animais ou a reciclaxe fundamentalmente. Unha vez avaliados os resultados das enquisas ás familias debemos dicir que, en xeral, os resultados son positivos, aínda que debemos continuar mellorando en varios aspectos, posto que na información con relación as actividades realizadas ao abeiro da biblioteca creativa , continuamos a acadar puntuacións moi baixas. E é importante dicir que aínda que a frecuencia con que se visita o blogue aumentou é algo que debemos continuar a traballar de cara ao vindeiro curso. Seguimos a observar por segundo ano consecutivo que nas actividades referidas aos Escornabots e á impresora 3D é nunha das preguntas que se pode apreciar maior discrepancia entre as familias. Continuamos a detectar unha baixa valoración na frecuencia de visitas do noso blogue pese a que sempre que se fai algunha modificación no blogue se envía unha mensaxe a través da plataforma TokApp School, e que as familias do centro dispoñen desta aplicación polo que nos resultou
20
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
sorprendente este dato, cando en todas as mensaxes da biblioteca van os enlaces que os dirixen ao blogue. Outros aspectos salientables son o grao de satisfacción con respecto ao P.D.I. deste curso, ás actividades que se realizaron nos recreos do comedor e, por suposto, a gran aceptación da experiencia radiofónica, xa que acada unha gran valoración. No tocante ao grao de satisfacción coa biblioteca a resposta maioritaria é un 5, este é un aspecto no que melloramos de xeito notable xa que pasamos de ter 9 familias que lle daban 5 puntos a ter 22 familias que outorgan esta puntuación, e tan só temos dúas familias que dan unha puntuación inferior aos 3 puntos, polo que se deduce que a satisfacción coa mesma é elevada. Avaliación do alumnado A seguinte enquisa foi realizada a todo o alumnado. Cómpre sinalar que as enquisas de infantil foron feitas coa axuda da súas titoras, que ían chamando a cada un do seu alumnado de maneira individual para que contestara ás preguntas, posto que a maioría non le. A enquisa foi respondida por 69 alumnos de 76 que están matriculados no centro escolar. XA SABES QUE CADA CURSO FACEMOS UN PROXECTO QUE VERSA SOBRE UN TEMA QUE INVESTIGAMOS ENTRE TODOS E FACEMOS DIVERSAS ACTIVIDADES (ESTE CURSO, A ARTE). QUE TEMA PROPORÍAS PARA O VINDEIRO CURSO?Neste aspecto debemos dicir que o alumnado fixo diferentes propostas para a temática do noso vindeiro P.D.I. Entre outras, salientamos as que aparecen de seguido: dinosaurios, animais, baile, universo e o espazo, a natureza, pero o que salientamos este curso é que había moitos sobre os deportes e outros moitos que non aportaban ningunha idea ao respecto, é dicir que non respostaban á pregunta. En xeral, podemos dicir ou deducir, a través da avaliación realizada, que o noso alumnado está satisfeito ou moi satisfeito co funcionamento da biblioteca escolar, tal e como se pode observar nas gráficas do documento anexo. QUE PROPOSTAS DE MELLORA FARÍAS? Ante esta pregunta debemos citar algunhas das respostas do alumnado que atopamos de xeito maioritario, coma por exemplo, seguen a pedir máis rotuladores e pinturas e material creativo para o Cast@maker, pese a xa dispor deste material no mesmo, dinosauros, que se amplíe o catálogo das películas, que volte o Cast@porte para todo o alumnado de primaria, un caixón con títeres para ampliar o Cast@maker… Pero algo que resulta chamativo nas propostas de mellora por parte do alumnado é que varios solicitan máis espazo, tanto para a biblioteca coma para a Cast@radio, e outra das solicitudes que se fan e que se faga maior número de programas ( na actualidade facemos un á semana) que teña maior duración, ou solicitan maior número de activades cos Escornabots, e mesmo poder programalos eles. Tamén hai que sinalar algunhas delas a modo anecdótico como por exemplo, unha que solicita ter unha piscina dentro da biblioteca, outros que piden ventiladores, e pola contra outros solicitan mantas para o inverno…
21
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
Unha vez analizados os resultados da enquisa decatámonos de que temos que potenciar máis o traballo cos Escornabots e coa impresora 3 D para uso de todo o alumnado, posto que agora mesmo estos recursos están centrados maioritariamente en 5º e 6º, coincidindo tamén que son os que participan no programa de Innovación Educativa de Introdución á robótica e polo tanto os que posúen uns coñecementos básicos de programación e de robótica. É preciso sinalar que en xeral a radio é unha iniciativa que amosa gran aceptación por parte do alumnado, e que lles aporta unha satisfacción persoal grande posto que moitas das reivindicacións xiran en torno a usar máis a emisora. En consecuencia, podemos dicir que é unha ferramenta moi útil para o noso quefacer diario. É preciso sinalar que neste curso os resultados para o noso alumnado son positivos e que o seu grao de satisfacción, en xeral, é elevado. Aínda que de cara ao curso que ben temos que ver o porque de tantas respostas en branco, posto que puido ser simplemente unha cuestión do formulario, e deberemos recórdalle aos titores que ese á outro apartado máis e que deben cubrilo, posto queb é moi casual que de súpeto haxa tantas respostas en branco por parte do alumnado. Algúns aspectos son mellorables e, polo tanto, prioritarios para o vindeiro curso 2019-2020. Lectores no curso. Cada ano, elaboramos unha gráfica dos lectores do curso obtendo os datos do MEIGA. E podemos dicir que este ano vese un aumento no número de empréstitos realizados ao alumnado do centro, tendo algúns alumnos que pasaron dos 40 empréstitos realizados. Así, por exemplo o alumnado de 3 anos fixo 82 empréstitos, o de 4 realizou 207, o de 5 89, o de 1º de E.P. 103, o de 2º de E.P. 261, o de 3º de E.P. 206, o de 5º 89 e o de 6º de E.P.131. E debido ao número de alumnos consideramos que 1168 empréstitos ao longo do curso, nos cales non se tiveron en conta os realizados nin as aulas nin aos mestres é un número positivo para o noso centro.
Avaliación das actividades Cómpre sinalar que neste epígrafe a comparativa coas actividades do ano pasado non se leva a cabo en todas as actividades posto que, aínda que hai algunhas comúns para ambos cursos, hai outras que se introduciron neste e, polo tanto, demos prioridade á hora de facer a escolma ben a aquelas que non avaliamos o ano pasado ou a aquelas novas. Aínda así é imprescindible salientar que hai actividades coma que non aparecen reflictidas na valoración, teñen unha gran aceptación tanto entre o noso alumnado coma entre o noso profesorado, como por exemplo os obradoiros de Samaín, as exposicións que se fan sobre as exposicións do P.D.I.ou os traballos que se realizan en familia, pero procuramos avaliar ben aquelas que están moi instauradas no noso quefacer diario, ou pola contra aquelas novidades para saber se mantelas ou mudar de actividade de cara ao ano seguinte. Outra das actividades que sempre acada unha gran valoración é a SEMANA DO KAMISHIBAI, xa que é unha actividade moi completa, realizando cada aula un conto para o teatriño xaponés, no cal hai que redactar, hai que ler, hai que ilustralo, decoralo, plastificalo e expolo diante do resto do alumnado en galego. Isto é algo no que, co paso dos cursos, imos notando unha melloría, sobre todo á hora de facer as exposicións, amosando o alumnado unha maior soltura no desenvolvemento da mesma. O emprego dos lectores electrónicos non foi seleccionado para facer a avaliación desta escolma de actividades. Nembargantes, é un servizo que continúa a non ter éxito, posto que en todo o ano escolar
22
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
non se empregou en ningunha aula e fixéronse empréstitos de maneira puntual ao alumnado. En parte consideramos que isto é debido aos títulos dos que dispoñemos para os mesmos porque non son excesivamente atractivos, debido á pouca oferta que fomos atopando neste formato. De cara ao vindeiro curso continuaremos a fomentar o emprego dos mesmos tanto de xeito autónomo como dende as aulas. Unha das actividades que tentamos engadir a avaliación é a dos encontros con expertos, e nesta ocasión é unha das que acadou unha maior valoración por parte de todo o profesorado, posto que de 11 persoas que fixeron a enquisa 10 outorgan a maior puntuación e a persoa restante faino con 4 puntos. Cómpre sinalar que as actividades desta índole de encontros con autores ou especialistas na temática do P.D.I. sempre se busca que sexan interesantes pero depende do ponente e non sempre é sinxelo que saiban transmitirlle os seus coñecementos ao noso alumnado, e nesta ocasión, tal e como se pon de manifesto na valoración desta actividade o encontro con Xurxo Mariño foi todo un acerto. VALORACIÓN XERAL. Como conclusión á avaliación realizada en todos os aspectos detallados con anterioridade debemos indicar que os resultados son, en xeral, positivos ou incluso moi positivos, pero hai aspectos nos que debemos incidir e melloralos de cara ao vindeiro curso. Hai dous aspectos que queremos resaltar nesta derradeira valoración. Por unha banda, a experiencia radiofónica que tivo unha gran aceptación en todos os ámbitos que se valorou. Dende o punto de vista do profesorado e das familias foi unha das actividades analizadas que acadou unha maior puntuación e, sobre todo, e a máis importante dende o punto de vista do noso alumnado, que se sinte moi motivado e orgulloso da súa participación na mesma. Outro aspecto que destacamos negativamente é que aínda que este ano mellorou a implicación co blogue continuamos a ter familias que amosan pouca ou nula interacción co blogue, posto que é un dos aspectos menos valorados tanto no tocante ás familias coma no alumnado, pese a que dende as aulas se fomenta o uso do mesmo e, con respecto ás familias, envíaselles unha mensaxe cada vez que se fai algunha entrada no mesmo. Outro aspecto no que debemos incidir é no uso e emprego tanto dos Escornabots coma na impresora 3D cos cursos máis baixos, tal e como se puxo de manifesto ao longo deste documento de avaliación. Durante este curso os nosos aspectos prioritarios foron a mellora do fomento da competencia lectora e a procura e selección da información. Aínda que seguiremos traballando e incidindo nestes aspectos, a dinamización lectora e a continuación da transformación da biblioteca nun centro de recursos inclusivo encabezarán a nosa lista de prioridades en bibliocarballedo de cara ao curso 2019-2020. b. Previsión de futuro 4.2. Previsión de futuro.
23
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
1. En relación coa organización e xestión, a configuración da biblioteca como “laboratorio creativo”. Continuaremos coa mesma organización e xestión que este curso, é dicir, a biblioteca estará aberta durante toda a xornada lectiva a cargo dos mestres do equipo e tamén, durante o recreo, a cargo dos “gardabiblio” e un mestre. Así mesmo, durante o recreo do comedor, a biblioteca estará aberta a cargo dos mestres de garda. Durante o mes de setembro seleccionaranse os “gardabiblio” entre o alumnado de 5º e 6º. Despois farase a formación de usuarios para que saiban cales son as súas funcións e lembrar o funcionamento do autoempréstito. Ademais, comezaremos as visitas á biblioteca para lembrarlles o funcionamento e o uso da mesma a todos os usuarios do centro así coma os servizos que ofertamos. Entregaranse a principio do curso os seguintes documentos: un, ao profesorado titor coas normas da biblioteca; outro, aos membros do equipo de dinamización coas súas funcións; outro, aos nosos axudantes de biblioteca, os “gardabiblio”; e, por último, outro ao profesorado que fai garda na biblioteca coas súas funcións. Ademais, os membros do equipo de biblioteca serán informados da existencia dun documento de xestión da biblioteca, onde se recolle a organización e o funcionamento da mesma. Así mesmo os “gardabiblio” asinan un contrato onde se comprometen a realizar as funcións que alí se especifican. Este curso continuamos aumentando o noso “Cast@maker”, que é o noso maker space ou laboratorio creativo. Este espazo maker é móbil, xa que priorizamos ter un espazo vivo e, en función das necesidades e dos espazos, podemos mudar o aspecto da mesma. Diferenciámolo en dúas partes: por unha banda, o adicado a robótica e a impresión 3D, onde temos os escornabots, os mbots, e un robot en forma de rato para iniciar ao alumnado máis pequeno e diferentes láminas plastificadas para potenciar a súa creatividade elaborando diferentes percorridos. Ademais contamos con varios libros de programación e de Scratch colocados neste espazo. Así mesmo, este ano ampliamos este apartado cun xogo que se chama Bloxels e que se utiliza para facer videoxogos. Empregouse na sesión de robótica para facer unha formación de usuarios e así, cando realizan as funcións de gardabiblio, son os encargados de ensinarlles a crear e manexar os videoxogos que facemos. E por outra, o material creativo e manipulativo. Atopamos material para ao debuxo libre, para colorear, tamén temos xogos de construción tipo lego, construcións mecánicas, tangrams, xeoplanos, crebacabezas... Este curso ampliamos os xogos manipulativos e as construcións, puxemos á disposición do alumnado unha cámara de fotos para facer unha exposición coas fotografías dos seus traballos, teselas … e xogos de mesa. Así mesmo tamén contamos con material de ciencia coma lupas, imáns, bandexas, placas petri, microscopios usb… que empregamos para o club de ciencia que realizamos durante os recreos do comedor Durante este curso, continuamos a formar parte do proxecto “Radio na Biblio”, coa nosa“Cast@radio” e, semanalmente, elaboramos programas nos que participou todo o alumnado do centro. Realizáronse entrevistas, reportaxes, ... e cada curso tivo unha sección
24
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
no mesmo. Pretendemos darlle continuidade a este proxecto e, ao comezo do vindeiro curso, farase unha breve formación de usuarios para o profesorado novo coa finalidade de facilitarlle o uso do recurso e comentar as seccións que fixemos ata o de agora para darlle continuidade ou cambialas.
2. En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, a súa integración no tratamento do currículo e a súa contribución á alfabetización múltiple e ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado. Neste aspecto hai actividades que continuaremos a facer como a posta en marcha das caixas lectoras, o empréstito dos lectores de libros electrónicos, as mochilas viaxeiras, os libros que van e veñen, os apadriñamentos lectores, as visitas de autores e contacontos e o P.D.I. que, segundo o decidido en claustro, versará sobre os deportes, aproveitando que o 2020 é un ano olímpico. Reunirémonos ao principio do curso para estruturar os contidos, os obxectivos e a realización deste proxecto. Coma o curso anterior, as nosas competencias básicas fundamentais son a competencia de aprender a aprender, a competencia dixital e a competencia lingüística. Estas competencias traballarémolas a través da investigación para a realización do proxecto facendo unha pescuda intelixente pola rede, achegándoos tamén aos recursos que proporciona o Concello como, por exemplo, a Biblioteca Municipal. E, por último e non menos importante, a competencia lingüística que a traballamos por medio da oralidade e a escrita con diferentes propostas como a posta en marcha da VI Semana do Kamishibai, as diferentes exposicións que se levan a cabo ao abeiro do P.D.I. ou o traballo na Cast@radio. As familias teñen un papel fundamental e, por iso, informarémolos ao principio de curso da temática para que fagan as súas aportacións para ver que actividades realizaremos e como facelas. En setembro, terá lugar unha xuntanza coa ANPA para planificar as actividades conxuntas que se poden levar a cabo e as posibilidades que ofrecen para este P.D.I. É importante sinalar que este curso elaboramos unhas actividades en familia nas que tivemos, en xeral, unha gran participación, polo que continuaremos a implicalos nas mesmas realizando actividades familiares. Para promocionar a biblioteca contamos con dúas ferramentas imprescindibles para a difusión dos seus recursos e actividades. Por unha banda, a nosa emisora de radio, na cal contamos as novas da biblioteca e, por outra, o blogue no que se anuncian as actividades realizadas e as novas incorporacións para darlles difusión. Así mesmo tamén realizamos co programa “Canva” pósters que colgamos no taboleiro de anuncios da biblioteca, nos corredores e na entrada da escola. Ademais disto dámoslle difusión enviando unha mensaxe ás familias cada vez que facemos un programa ou hai algunha actualización no blogue.
25
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
3. En relación coa formación de usuarios e adquisición da competencia informacional (competencia para o tratamento da información incluída na actual “competencia dixital”). Continuaremos empregando os lectores de libros electrónicos que comezamos hai uns cursos. Para isto, engadiremos paulatinamente grupos de alumnado para que os empreguen na hora de ler, aínda que este recurso segue sen ter moita aceptación, crendo que é debido ao seu pouco atractivo ao estar sempre en branco e negro e non conseguir, polo momento, outro tipo de lecturas dixitais. Tamén faremos investigacións e procuras a través da rede, seleccionando as páxinas de onde recollemos a información. Con esta finalidade temos no blogue un enlace a unha páxina para “aprender a buscar con eficiencia”. Ademais, ao comezo de curso entregaremos nas aulas un documento para poder facer uso das enciclopedias do MEIGA, onde se pode seleccionar información. Cómpre engadir que nos cursos de 5º e 6º, que son aulas E-DIXGAL, o alumnado ten a súa disposición un portátil. Así mesmo este curso o alumnado de 6º manexou a “Cast@radio” xa que dentro da materia de lingua galega e, para valorar a competencia oral e dixital, crearon a súa propia sección por quendas. Cada mes, dende xaneiro, elaboraron de maneira autónoma unha sección que despois foise publicando no programa semanal. 4. En relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do proxecto lector de centro.( en materia de lectura, escritura e habilidades no uso, tratamento e produción de información) En relación co fomento da lectura seguiremos con diversas actividades que xa temos. Por unha banda, continuaremos coas mochilas viaxeiras, coa creación de historias para o Kamishibai, cos libros que van e veñen, coas caixas lectoras, cos apadriñamentos lectores, coa elaboración de concursos de banda deseñada para o Samaín, con diferentes concursos e formación de usuarios a través da radio,... Ademais, continuaremos a realizar exposicións para o P.D.I. ao consideralo fundamental para potenciar a oralidade e a exposición en público. Tamén elaboraremos diferentes listados temáticos para o P.D.I., recomendacións lectoras para o Nadal e o verán, lecturas en diferentes formatos na hora de ler e a creación e divulgación de diferentes tipos de textos dende a biblioteca (obras de teatro, poesía, banda deseñada, xornais…). As actividades previstas pódense observar no Anexo I, así como a súa temporalización.
5. En relación cos avances cara a unha biblioteca inclusiva. Cómpre sinalar que a nosa biblioteca non ten barreiras arquitectónicas e que actualmente non temos alumnado con dificultades físicas ou motoras, aínda que si temos alumnado de necesidades específicas de apoio educativo e que debemos, de cara ao vindeiro curso, continuar a dotar á biblioteca de máis material adaptado para a atención á diversidade.
26
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
Apenas contamos con alumnado de incorporación tardía (de cara ao seguinte curso só temos unha alumna en 5º). O noso alumnado emprega cada vez máis o castelán polo que procuramos dotar á biblioteca de material en galego para paliar as carencias lingüísticas. Así mesmo, coa dotación económica que se recibiu dende a Asesoría incorporamos fondos para traballar a inclusión e a diversidade, aínda que pretendemos adicarlle máis tempo e continuar a incorporar recursos axeitados e específicos. Outra actividade que temos que incentivar é o uso dos ESCORNABOTS ao decatarnos, despois de facer a avaliación, que o alumnado demanda un maior uso deles xa que estabamonos centrando no alumnado de 5º e 6º, debido a que son os que están inmersos non programa de Innovación Educativa “Introdución á Robótica” (fixemos diferentes programas co mblock). De cara ao curso seguinte, debemos incidir e tratar de que se traballe máis con eles dende as aulas para o desenvolvemento das diversas materias curriculares e non só dende a área de plástica ou nos tempos de lecer na biblioteca. Outro aspecto que continuaremos a traballar é a radio, como se manifesta na memoria do proxecto. 6. Outras actuacións. Ademais de continuar coas actuacións previstas e explicadas nos epígrafes anteriores, intentaremos contar coa colaboración das familias para que poidan facer aportacións sobre a temática que se elixa, plantexándonos novas actividades ou ben colaborando naquelas que propoñamos dende o centro. Tamén teremos encontros con autores e contacontos. Pretendemos ter algún con persoas relacionadas coa temática que se elixa, poremos en marcha a sexta edición do concurso de ambientación de portas para motivar e iniciar o proxecto, así coma continuar cos apadriñamentos lectores e a VI Semana do Kamishibai na Semana do Libro. Ademais, este curso non participamos nas actividades propostas pola Biblioteca Municipal, ao non concederlle o programa de “LER CONTA MOITO”. Continuaremos a elaborar un programa semanal ao abeiro do proxecto “Radio na Biblio”, e fomentaremos a robótica e a impresión 3D. Así mesmo continuaremos realizando as actividades no recreo do comedor tal e como fixemos este curso como caraoque, baile, videocontos, contacontos, manualidades, origami, club de ciencia, terapias creativas, xogos de mesa, robótica, impresión 3D… 7. Criterios e procedementos de avaliación. Indicadores e instrumentos que se utilizarán. Centraremos a avaliación en varios aspectos: o profesorado analizará as actividades e o funcionamento da biblioteca; o alumnado, ao que se lle pasa unha enquisa ao final de curso, avalía as instalacións, os proxectos e as actividades; nunha reunión ao remate do curso coa presidencia da ANPA, analizarase o funcionamento da biblioteca dende a súa perspectiva e solicitaranse propostas de mellora; por último, tamén lle fixemos unha enquisa ás familias
27
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
para saber o seu parecer sobre o funcionamento da biblioteca e as actividades realizadas, solicitando as súas propostas de mellora e ideas de cara ao vindeiro P.D.I. Para levar a cabo este proxecto co mellor resultado posible, a avaliación será formativa porque terá unha función reguladora do proceso, de xeito que, se algún aspecto non funcionase sobre o previsto, introduciranse os reaxustes necesarios, sendo comunicados posteriormente ao claustro. Para efectuar a avaliación das actividades elaboramos unhas enquisas cuns indicadores de logro. O funcionamento da biblioteca é avaliado polo profesorado, alumnado e familias. Estas enquisas pódense observar no Anexo II. Para comprobar o aumento ou diminución de lectores na biblioteca escolar farase unha gráfica todos os meses a través do Meiga e que será entregada ao profesorado titor. Por outra banda, o profesorado do centro avaliará o seu funcionamento coa táboa que aparece no citado Anexo II e informarase dos seus resultados á Comisión de Biblioteca, ao Claustro e ao Consello Escolar. 8. Persoa designada como responsable/dinamizadora da biblioteca escolar. Equipo de apoio. Horario previsto. O funcionamento e organización da biblioteca estará a cargo dun equipo formado, como mínimo, por catro mestres, a responsable da biblioteca escolar e de “Radio na Biblio”, o responsable do proxecto “Biblioteca Creativa” e mais o director. A responsable da biblioteca terá 6 sesións de asignación semanal e o resto do equipo, 1 ou 2 sesións, segundo a súa dispoñibilidade horaria. A biblioteca permanecerá aberta durante todo o horario lectivo de 09.50 a 14.50 h. e de 15.40 a 16.30 h. Durante este tempo de tarde estará aberta a cargo dos mestres de garda que estean no centro. Neste período de lecer, o alumnado pode acudir para gozar das súas instalacións, conectarse á rede, xogar cos xogos de mesa, ler libros, xornais… Durante este período non se realizará o empréstito nin a devolución dos libros e, cada día da semana, adicarase a unha actividade diferente. Algunhas delas son: o día da lectura, coa posibilidade de crear un clube de lectura; o do escornabot, onde ademais de xogar cos mesmos se elaborarían circuítos ou actividades para fomentar a creatividade ou a competencia lectora cos rapaces que decidan participar; o da creatividade, onde se poden facer actividades como por exemplo colorear, origami, debuxar, crear, facer diversas actividades artísticas… en función do profesorado que se ocupe da mesma; o da música, onde se pode elaborar por exemplo un día adicado ao caraoque ou a danza coa axuda da pantalla dixital; traballar a ciencia, a través da realización de diferentes experimentos, o da realidade aumentada; o do uso libre da biblioteca….
28
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
En Carballedo, a 8 de xuño de 2019.
29
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
ANEXOS
ANEXO I ACTIVIDADES PREVISTAS E TEMPORALIZACIÓN DAS MESMAS ANEXO I ACTIVIDADES PREVISTAS E TEMPORALIZACIÓN DAS MESMAS TEMPORALIZACIÓN
ACTIVIDADES
Reunión co Claustro para amosar o seu funcionamento. Divulgación da guía para o uso e o emprego da biblioteca entre os membros da C.E. Distribución de horarios. Elaboración e planificación de actividades para as horas do recreo do comedor. Xestionar as visitas do alumnado. Organización de actividades co obxectivo de coñecer e identificar os datos externos dun libro. Seleccionar e “contratar” aos “gardabiblio”. 1º Entregar as normas e as funcións dos TRIMESTRE membros do equipo de dinamización. Entregar as normas xerais da biblioteca para todo o Claustro . Realizar unha sesión de formación sobre os proxectos do centro: Radio na biblio, e Biblioteca creativa e impresión 3D. Entrega das instrucións para a gravación na emisora. Valoración e decisión de continuar co pasaporte de lectura “Castaporte”. Posta en marcha das mochilas viaxeiras e libros que van e veñen. Aprobación do Plan Anual de Lectura. Revisión, de ser o caso, e aprobación do Proxecto Lector.
ORGA- DINAFORM. ATEN. NIZA- MIZAALFIN USUA. DIV. CIÓN. CIÓN. X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X X X X X X X
X
X X
X
X
X
X
X
X
X
30
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
Adquisición e catalogación de materiais. Posta en marcha do P.D.I. (*) Continuación coa subscrición a publicacións periódicas. Difundir o boletín informativo da B.E. Concurso de banda deseñada para o Samaín. Concurso de ambientación de portas para o P.D.I. nas aulas. Elaborar a guía de lectura para Nadal.
TEMPORALIZACIÓN
ACTIVIDADES
Lectura de prensa dixital. Percura do tesouro. Guía de uso dos libros electrónicos e das tabletas. Selección de lecturas entorno ao 2º Entroido e a Semana da Paz, Día da TRIMESTRE Poesía colaborando co EDLG. Organizar sesións de lectura interaula. Plantexamento de diferentes retos STEM e enigmas no blogue para procurar e seleccionar información na rede.
TEMPORALIZACIÓN
ACTIVIDADES
Apadriñamentos lectores para o Día do Libro. VI Semana do Kamishibai. Xornada de portas abertas para dar a coñecer o P.D.I. 3º Elaboración dunha guía de lectura para o TRIMESTRE verán. Elaboración de listaxes de lectores. Elaboración da memoria de biblioteca. Elaboración de cuestionarios de avaliación en “google cuestionarios”, e
X
CURSO 2018-2019
X
X
X
X
X
X X
X X X
X
X
X
ORGA- DINAFORM. ATEN. NIZA- MIZAALFIN USUA. DIV. CIÓN. CIÓN. X X X X X X
X
X
X X
ORGA- DINAFORM. ATEN. NIZA- MIZAALFIN USUA. DIV. CIÓN. CIÓN. X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X X X
X
31
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
en formato analóxico. Elaboración dun documento de avaliación en base aos cuestionarios e posteriormente enlazalo no blogue. Avaliación.
TEMPORALIZACIÓN
ACTIVIDADES
TODO O CURSO
Xogos e enigmas para coñecer diferentes tipos de textos a través da web. Coordinar a gravación do programa semanal de radio. Facilitar recursos para empregar os Escornabots na aula e o aproveitamento da impresora 3D. Recollida e selección de información na web para a realización de traballos. Reunións da comisión da biblioteca. Seleccionar e proporcionar recursos dixitais (páxinas web, …). Dixitalizar a listaxe de libros repetidos e engadilos a libros a eito. Encontros con autores, ilustradores ou familiares do alumnado. Encontros con diferentes familiares para coñecer a cultura da nosa comunidade. Intercambio de libros de man en man, para nais e pais do alumnado. Preparar e seleccionar as lecturas para as caixas lectoras de cada aula. Facer unha selección de aplicacións informáticas para as tabletas.
X
CURSO 2018-2019
X
X
ORGA- DINAFORM. ATEN. NIZA- MIZAALFIN USUA. DIV. CIÓN. CIÓN. X X
X X
X
X
X
X
X
X
X
X
X
X X
X
X X X
X
X X
X
X X
X X
32
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
ANEXO II: AVALIACIÓN Cada actividade que se plantexe desde o equipo da biblioteca será valorada polo profesorado titor e/ou especialista (do 1 ata o 5, sendo 1 a valoración máis baixa e 5 a máis alta), seguindo os criterios que se indican a continuación: VALORACIÓN DAS ACTIVIDADES
1) NOME DA ACTIVIDADE: INDICADORES DE LOGRO: (Puntuar do 1 ao 5, sendo 5 a máxima puntuación) ASPECTOS
1
2
3
4
Foi axeitada á idade do alumnado: Resultou interesante e motivadora: Adecuouse ao tempo de realización: Acadáronse os obxectivos marcados: Resultou útil e axudou no desenvolvemento curricular: Valora globalmente este apartado:
CONCLUSIÓNS:
PROPOSTAS DE MELLORA:
Para comprobar o aumento ou diminución de lectores na biblioteca escolar farase unha gráfica todos os meses a través do Meiga e que se entregará ao profesorado titor. Por outra banda, o profesorado do centro avaliará o seu funcionamento coa seguinte táboa e informarase á Comisión de Biblioteca, ao Claustro e ao Consello Escolar dos seus resultados.
33
5
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
INDICADORES DE LOGRO: (Puntuar do 1 ao 5, sendo 5 a máxima puntuación) ASPECTOS
1
2
3
4
A funcionalidade na elaboración do P.L. foi: O cumprimento do P.A.L. foi: O grao de participación do claustro foi: A implicación de toda a comunidade educativa no P.D.I. foi: O P.D.I. no seu conxunto foi: O acceso para todo o alumnado a unha ampla gama de recursos dixitais foi: Os cambios nos hábitos e na procura e na selección da información foi: O fomento e a mellora na comprensión lectora foi: As actividades de dinamización foron: As actividades realizadas nos recreos do comedor foron: A mellora na competencia oral e lingüística foi: A mellora da exposición en público e da facilidade de palabra foi: O nivel de formación dos usuarios foi: O grao de uso da B.E. coma centro de recursos foi: O uso da impresora 3D da biblioteca foi: A introdución á robótica e a programación informática foi: As actividades realizadas ao abeiro do programa radio na biblio foron: A experiencia radiofónica na biblioteca e como ferramenta educativa para o desenvolvemento curricular foi: Valora globalmente este apartado: PARA REMATAR ESCRIBE AQUÍ: O TEMA QUE CHE GUSTARÍA PARA O VINDEIRO P.D.I.: CONCLUSIÓNS: PROPOSTAS DE MELLORA:
Cara ao final de curso manteremos unha reunión coa presidencia da ANPA para coñecer as súas opinións e propostas de mellora. Por último, o alumnado do centro contestará ás seguintes cuestións valorando do 1 ao 5.
34
5
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
A) INSTALACIÓNS E USO DE BIBLIOCARBALLEDO INDICADORES DE LOGRO: (Puntuar do 1 ao 5, sendo 5 a máxima puntuación) ASPECTOS
1
2
3
4
5
A luz da biblioteca foi: O mobiliario foi: O horario de apertura foi: O ambiente na mesma foi: A temperatura foi: Atopaches con facilidade os libros que buscas: Se che mandaron facer un traballo, fuches buscar información: A frecuencia con que colleches libros na biblioteca foi: A frecuencia con que visitaches o blogue foi: Os recursos informáticos foron: Os xogos e o material manipulativo foi: Valora globalmente este apartado:
CONCLUSIÓNS: PROPOSTAS DE MELLORA:
B) ACTIVIDADES INDICADORES DE LOGRO: (Puntuar do 1 ao 5, sendo 5 a máxima puntuación) ASPECTOS
1
2
3
4
Houbo suficiente información sobre as actividades realizadas na biblio: As actividades realizadas durante os recreos do comedor foron:
35
5
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
Valora globalmente este apartado:
CONCLUSIÓNS: PROPOSTAS DE MELLORA:
B)
PROXECTOS
B.1) BIBLIOTECA CREATIVA INDICADORES DE LOGRO: (Puntuar do 1 ao 5, sendo 5 a máxima puntuación) ASPECTOS
1
2
3
4
5
As actividades realizadas cos escornabots foron: O emprego dado á impresora 3D da biblioteca foi: A utilización libre dos escornabots na biblioteca foi: Valora globalmente este apartado:
PROPOSTAS DE MELLORA:
B.2) RADIO NA BIBLIO INDICADORES DE LOGRO: (Puntuar do 1 ao 5, sendo 5 a máxima puntuación) ASPECTOS
1
2
3
4
A túa participación na cast@_radio foi: A frecuencia con que escoitaches os programas de radio foi: A túa satisfacción coa experiencia na radio foi:
36
5
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
Para 5º e 6º: A túa experiencia como cast@reporteiro foi: Valora globalmente este apartado:
PROPOSTAS DE MELLORA:
C) VALORACIÓN XERAL: INDICADORES DE LOGRO: (Puntuar do 1 ao 5, sendo 5 a máxima puntuación) ASPECTOS
1
2
3
4
5
O P.D.I. “O ano da arte en bibliocarballedo” foi: Valora globalmente este apartado:
PARA REMATAR, ESCRIBE: O TEMA QUE CHE GUSTARÍA PARA O VINDEIRO P.D.I.: AS PROPOSTAS DE MELLORA PARA A NOSA BIBLIOTECA DE CARA AO VINDEIRO CURSO:
Enquisa para as familias INDICADORES DE LOGRO: (Puntuar do 1 ao 5, sendo 5 a máxima puntuación) ASPECTOS
1
2
3
4
5
A frecuencia con que se visitou o blogue da biblioteca foi: A frecuencia con que levaron os teus fillos fondos da biblioteca (libros, películas, cds…) foi:
37
MEMORIA DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO: “O ANO DA CIENCIA EN BIBLIOCARBALLEDO”
CURSO 2018-2019
A información sobre as actividades que se realizan cos escornabots e coa impresora 3D e na iniciación á robótica e a programación informática foi: A valoración do proxecto escornabot e impresión 3D foi: O proxecto documental integrado de este ano, no seu conxunto foi: As actividades realizadas en familia foron: A información sobre o proxecto de radio na biblio foi: A frecuencia con que se escoitaron os programas da cast@radio foi: A valoración da experiencia radiofónica foi: A valoración das actividades realizadas nos recreos do comedor foi: Valora globalmente este apartado:
PARA REMATAR ESCRIBE AQUÍ: O TEMA QUE CHE GUSTARÍA PARA O VINDEIRO P.D.I.: CONCLUSIÓNS: PROPOSTAS DE MELLORA:
ANEXO III: DOCUMENTO DE AVALIACIÓN ENGADIR AQUI O DOCUMENTO DE AVALIACIÓN CORRIXIDO
38