B I B L I O T E C A
R E G O
D A
B A L S A
NOVIDADES XANEIRO
2018
¿Qué le pasa a Uma? / Raquel Díaz Reguera 4-7/ O meu mundo Ninguén sabe que lle pasa a Uma. A súa mirada está perdida e os seus silencios son interminables. “Será que se está facendo maior?”, pensa a súa nai. Uma está triste e a realidade é que está a sufrir acoso escolar.
16 mujeres muy, muy importantes : libro para los que quieren conocer a algunas de las mujeres más importantes de la mitología / [textos] Jordi Sierra i Fabra, [ilustraciones] Violeta Monreal. Debuxando a Igualdade/ Coñecer Un fantástico libro para coñecer a 16 das mulleres máis importantes da historia universal: Cleopatra, Juana de Arco, Isabel a Católica, Teresa de Jesús, Jane Austen, Florence Nightingale, Marie Curie, Mata Hari, Isadora Duncan, Virginia Woolf, Coco Chanel, Frida Kahlo, Teresa de Calcuta, Maria Calas, Ana Frank e Valentina Tereshkova.
A árbore da escola / Antonio Sandoval ; [ilustracións] Emilio Urberuaga 4-7/ Contos Achegarse a el, aloumiñar o seu tronco, regalo, darlle apertas, lerlle poemas... Ogallá a semente desta árbore viaxe a moitas escolas.
A elegancia do século / Pura Tejelo A/Poesía P TEJ ele Camiñar polos versos de “A elegancia do século” é facelo polas rúas de calquera cidade. Só cómpre a disposición dunha ollada atenta e solidaria, pois non é outra a mirada da poeta sobre a realidade cotiá. En efecto, a cidade e os seus moradores son o centro do poema. A cidade é metáfora da humanidade, encrucillada de vidas e de camiños polos que van chegando xentes nun deambular incansable.
A orquestra terrestre / Harkaitz Cano; ilustracións de Jokin Mitxelena ; [tradución, Isaac Xubín] 7-9/ Vida cotiá N CAN orq Manu fixo un anuncio na rúa para captar voluntarios e formar unha orquestra. Ao día seguinte xuntouse unha chea de xente na Praza da Solfa, aínda que aconteceu algo extraordinario: ninguén trouxera consigo o instrumento. Na súa procura atoparase cunha violinista chamada Ás Veces, que non para de rañar o sobrazo; cos irmáns Recendetti, que ademais de tocar a trompeta teñen unha cabra que sobe a unha escaleira de tesoira; e con Completo que toca o triángulo, onde sempre pousa un xílgaro.…
A soidade das medusas / Iria Collazo López; ilustracións, Luz Beloso Xuvenil/Vida cotiá N COL soi Que poden ter en común unha pianista exitosa, protagonista dunha historia inexistente que nunca poderá ser contada, un escritor pechado contra a súa vontade nun apartamento no medio dun mar de rañaceos, unha nena de ollos tristes e pasado cruel que foxe do vento, unha reputada fotógrafa con ansias de voar lonxe, os soños dun vello inconsciente no deserto do hospital ou unha oficinista presa dos seus propios rituais e dun amor imposible? A resposta está nos relatos deste libro. A soidade das medusas, cheo de personaxes que transitan por un océano de encrucilladas onde, como dixo a filósofa María Zambrano, "todo ten dereito a ser, incluso o que non puido existir endexamais".
A terra de Anna : unha historia sobre o cambio climático / Jostein Gaarder ; traducción de David A. Álvarez Xuvenil/Social N GAA ter O día do seu cumpreanos, Anna recibe como agasallo un vello anel cun rubí. A partir de aí a rapaza comeza a ter soños premonitorios. Unha noite é transportada ata o mundo desolado e agonizante no que vive a súa bisneta. Ao espertar dese pesadelo, Anna e o seu amigo Jonas, xunto co doutor Benjamin, tentarán advertir a humanidade do perigo para evitar a catástrofe natural. O antigo anel que lle entregaran polo seu aniversario resultará ter máis importancia do que parecía.
A veces la lluvia / Ainara Bezanilla ; Zuzanna Celej 4-7/ O meu mundo Os nenos crecen moi rápido. Canto tempo seguirá queréndose poñer o que teces? Cantos veráns máis che dará a man ao cruzar a rúa e acariñarache o dedo meñique cando lle entre soño? Un día descobres que xa non es todo o seu mundo, nin falta que fai, e que che conformas con ser parte del. Entón te preguntas canto che quererá, que che reprochará, mentres ves como che quere, como che odia, como se afirma, como se avergoña... Un libro íntimo e emocionante sobre as sensacións que produce nunha nai ver crecer aos fillos.
Abecedario ilustrado / Carles Cano 4-7/ Coñecer Vinte e sete ilustradores españois e latinoamericanos participan neste abecedario ilustrado. Unha letra por cada dobre páxina, unha palabra que empeza por esta letra e un pequeno texto literario, en ton divertido e alcanzable para os pequenos lectores, no que aparece esta palabra. Con chiscadelas nas ilustracións, que fan referencia a palabras que empezan pola mesma letra, en tipografía maiúscula e ligada .
Achimpa / Catarina Sobral 4-7/ Contos Un día calquera, nos arquivos polvorientos dunha biblioteca, dous investigadores fixeron un asombroso descubrimento: atoparan ACHIMPA. E que era ACHIMPA? Nada menos que unha antiga palabra, esquecida moitos anos antes, que ninguén sabía de certo que significaba nin como se usaba. Con todo, desde aquel día, todo o mundo comezaría a usar ACHIMPA ao seu antollo. E así foi que as cousas se puxeron achimpadamente confusas.
Agni e a chuvia / Dora Sales; [ilustrado por Enrique Flores] 10-12/ Social N SAL agn Pobreza e invisibilidade son o día a día dun neno de 10 anos en Bombai. Dende os 6 traballa nun lavadoiro. E malia todo, sempre sorrí.
Alex e o rato de corda / Leo Lionni ; [tradución, Xosé Manuel Gonzalez] 4-7/ Animais Socorro! Socorro! Un rato! –berraron. Despois, oíuse un golpe. Cuncas, pratiños e culleres saíron voando en todas as direccións. Álex correu ao seu burato tan veloz como as súas patas llo permitiron...Este clásico de Leo Lionni, publicado por primeira vez en 1969, é a historia de Álex e Guille, dous ratos de distinta natureza-un de carne e óso; outro mecánico- unidos pola amizade. Esa diferenza non é obstáculo para que se fagan compañía,compartindo aventuras e felicidade. Amada García e os seus arredores : Mugardos 1909 Castelo de San Felipe 1938 / Bernardo Maiz Vázquez A/ Historia 94 MAI ama Ofrece este volume a visión dun tempo republicano que concluíu cando a xente do común como Amada García Rodríguez foi vítima dun "golpe de estado perpetrado por Franco o 18 de xullo de 1936, o réxime ditatorial consecuencia deste golpe de estado e os crimes e represión exercidos sobre as persoas vencidas" (Parlamento Galego, 18 de xullo de 2016).
Amelia Earhart / Mª Isabel Sánchez Vegara; ilustrado por Mariadiamantes Debuxando a Igualdade/ Coñecer Amelia Earhart foi unha valente e intrépida aviadora norteamericana. O seu espírito aventureiro levouna a converterse na primeira muller en cruzar o océano Atlántico en avioneta e a primeira en facelo soa. A súa misteriosa desaparición -cando estaba a piques de completar a volta ao mundo pola liña do ecuador-–converteuna en toda unha lenda da historia da aviación.
Aníbal e a Pintora / Xabier Paz A/ Vida cotiá N PAZ ani Aníbal e a Pintora é unha novela que conta a historia dos devezos de Aníbal Moreda á procura da incerta verdade sobre a vida da pintora Artemisia Gentileschi, artista descuberta a partir dun lenzo atopado en Internet. Un mangado de libros e medio cento de ruíns reproducións de cadros serán os materiais para fundar unha estraña relación que rematará por mirrar o esforzado amador. Un amigo seu recollerá os escritos deixados por Aníbal e tentará elucidar esa relación internándose, tamén el, no impensable sorbedoiro dunha paixón quimérica.
Árboles / [texto e ilustraciones] Lemniscates 4-7/ Coñecer As árbores limpan o aire que respiramos, ofrecen as súas sementes en cada froito, son a casa de moitos e estenden a súa sombra para todos por igual. Fixáchesche algunha vez en como viven as árbores? Que fan en cada estación e circunstancia? As árbores ensínannos moitas cousas; este poético libro ilustrado para nenos convida a descubrir algunhas delas. As palabras feridas / Jordi Sierra i Fabra; traducción Xesús Domínguez Dono Xuvenil/ Vida cotiá N SIE pal Li Huan debe cumprir o servizo militar e ten que abandonar a cidade onde vive coa súa familia nalgún país de Asia, cuxo nomee non se di. Destínano a un campo de reclusión para disidentes políticos. O líder do Partido, o Gran Pai, goberna con puño de ferro, e están prohibidos os libros e calquera pensamento que cuestione a doutrina ofi cial. Li Huan era un neno cando estalou a Revolución e instaurouse a ditadura; agora ten dezaoito anos, cre fi rmemente no réxime e, grazas ás súas habilidades para ler e escribir, será o encargado de censurar a correspondencia dos presos.
Balzac y la joven costurera china / Dai Sijie ; traducción, Manuel Serrat Crespo. A/ Biográfica N SIJ bal Dous adolescentes chineses son enviados a unha aldea perdida nas montañas do Fénix do Ceo, preto da fronteira co Tíbet, para cumprir co proceso de reeducación implantado por Mao Zedong a finais dos anos sesenta. Soportando unhas condicións de vida infrahumanas, cunhas perspectivas case nulas de regresar algún día á súa cidade natal, todo cambia coa aparición dunha maleta clandestina chea de obras emblemáticas da literatura occidental.
Beixos de lingua / Paco Barreiro A/ Poesía P BAR bei Os fonemas bulen, choutan de palabra en palabra. A palabra préndeos e a propia acción da apropiación ten consecuencias, crea o ser, o significado. E nace o xogo, neste caso o palíndromo «o ser para preso». Este libro é a consecuencia de xogar co xugo dos fonemas, o son da lingua. «Cando apreso fonemas non só teño unha presa, a palabra; tamén aprendo, conformo ideas e recibo o beixo da fala.»
Botanicum / ilustraciones de Katie Scott ; texto de Kathy Willis Saberes/ Xuvenil 58 SCO bot Unha nova entrega da colección Visita o noso Museo, unha galería para visitantes de todas as idades que percorre a vida vexetal dos cinco continentes. Tras o éxito de Animalum, Historium e Historia da vida, estamos encantados de convidarvos a visitar unha nova e fascinante entrega da colección Visita o noso Museo, esta vez centrada nas marabillas das plantas do noso planeta. Un xardín botánico portátil, unha experiencia sensorial total, unha guía única comisariada por Kathy Willis, conservadora xefe dos Kew Gardens de Londres e que se presenta coas esplendorosas ilustracións de Katie Scott ( Animalium, Historia da vida). Sen dúbida, un dos libros máis belos e irresistibles deste outono.
Canta connosco! / Migallas ; ilustracións de Óscar Villán Infantil/ Audiovisuais Inclúe cancións infantís de carácter máis tradicional, xunto co rap, o rock, a cumbia, o reagge e o pasodobre, ata unha melodía de inspiración africana ou un canto de berce, pasando polo tema instrumental folk que pecha o disco. Pensado para o público infantil, tamén pode gustar a toda a familia pola diversidade de contidos: os xogos tradicionais e colectivos fronte á televisión e ás novas tecnoloxías; a animación á lectura; a importancia do uso do galego; a ecoloxía; a cultura tradicional…
Chafarís / Xoán Neira; [ilustracións] Anxeles Ferrer 4-7/ Coñecer “Chafarís” son unha ducia de poemas, ilustrados a cor por Ánxeles Ferrer, que achegan aos nenos ata obxectos cotiás como o reloxo, o paraugas, a lámpada ou o chafarís; pero tamén a animais coma o morcego, o peto ou as aves migratorias; e a outros temas polos que senten interese como os fantasmas ou as estrelas do ceo.
Charamuscas /Suso Lista A/ Vida cotiá N LIS cha A linguaxe de Suso Lista ten a memoria humana, mais tamén a memoria líquida das ondas vagabundas e a memoria da ardentía no corazón do mundo. Talvez por iso é un xeito de narrar que nos acouga e desacouga, que nos equilibra e desequilibra que desvela e alumea zonas de sombra na condición humana, pero non fica aí, conformista, senón que deita novos enigmas. Tende conta ao intentar apreixar as Charamuscas. Son dunha irrompíbel fraxilidade. Teñen a verdade do que queima e asemade engrada os ollos. Son historias escritas coas mans de Suso Lista, das que o poeta Paul Celan ben diría: “Só as mans verdadeiras escriben contos verdadeiros”.
Cinco minutos de paz / Jill Murphy ; [traducción Sandra Senra Gómez, Oscar Senra Gómez] 4-7/ O meu mundo Mamá Grande só quere uns minutiños de tranquilidade na súa bañeira quente, escumosa e chea de burbullas. Pero Lester, Laura e o bebé teñen tanta enerxía e fan tanto barullo como sempre. A paz dúralle moi pouco a Mamá Grande.
Como a mí me gusta : mis recetas saludables para ser feliz / Silvia Abril; prólogo de Xevi Verdaguer Saberes/ Economía doméstica 641 ABR com En ”Como a mí me gusta”, Sílvia Abril cóntanos de primeira man a súa experiencia, por que e como introduciu estes cambios, a importancia dos produtos de proximidade e da conexión coa natureza. Nel inclúe unha selección das súas mellores receitas, agrupadas por estacións do ano para poder atopar facilmente os ingredientes de tempada, e suxírenos pautas de alimentación e numerosos consellos e trucos que nos animarán a alimentarnos de forma sa e adecuada, a facer exercicio, a coidar o noso corpo e a potenciar os hábitos saudables. Atrévesche a cambiar de vida?
Corredora / María Reimóndez Xuvenil/ Social N REI cor Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da federación de atletismo que, sorprendido coa súa resistencia e velocidade, lle propón adestrar en Meskel Square. Dende entón, a súa vida mudará, como a doutras nenas, mozas e mulleres etíopes que corren contra si mesmas sen fin.
Crónicas de Arteixo / Xabier Maceiras Rodríguez A/ Social N MAC cro Neste libro rescátase o Arteixo de antes como memoria non contada en ningures. Abránguense imprescindibles temas, situacións e personaxes deste concello. Amósase verdadeira paixón pola importancia das fontes orais que, en moitos casos, son o único manancial do que abrollan estas historias.
Cuerpo de mujer, sabiduría de mujer : una guía para la salud física y emocional / Christiane Northrup. Saberes /Medicina 613 NOR cue Este libro ofrece unha información completa e detallada de todo o referente á saúde da muller, e combina os últimos avances en medicina con terapias alternativas que implican tanto o corpo como a mente. Desde unha perspectiva holista que ten en conta as emocións, o desenvolvemento persoal e a vida espiritual, pon ao descuberto o patriarcalismo da profesión médica e mostra a cara escura dalgunhas crenzas moi estendidas.
Cuidado de mayores / [dirección técnica FESAN-IGAM ; autores, Ana Cal Crespo... et al.] A/ Saberes/ Socioloxía 364 CAL cui Este libro proporcionará a todas aquelas pessoas que teñen a responsabilidade de atender ás persoas maiores unha información detallada de cales son as patoloxías máis habituais que se van a atopar e a forma máis conveniente de colaborar no seu coidado.
De paseo con Helena / Cristina Corral Soilán ; ilustracións, Aurora Cascudo Román ; Miguel Noval Bouza 4-7/Coñecer Hoxe iremos de paseo con Helena e o seu avó Luís. Con ela e con el percorreremos a cidade de Pontevedra e coñeceremos todas esas historias interesantes que sabe Luís e que lle vai ir contando á súa neta, e tamén a nós, por suposto, para que poidamos seguir mantendo na cabeza todas as cousas que pasaron nesta bonita cidade galega.
De remate/ Héctor Cajaraville A/ Vida cotiá N CAJ der “De remate” é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais... A través das páxinas desta novela non asistimos só ao retrato sociolóxico da Galicia que habitamos, senón que tamén imos descubrindo a propia vida e o itinerario persoal do protagonista, aflixido por unha doenza coa que se ve obrigado a convivir e que combate con humor, ironía e estoicismo.
Debajo del agua : Debajo de la tierra / Aleksandra Mizielinska y Daniel Mizielinski Coñecer/ Natureza 55 MIZ deb Os autores propóñennos unha emocionante viaxe que nos levará a lugares escondidos dos nosos ollos que se atopan baixo terra e no máis profundo do mar. A través de espectaculares ilustracións, penetrarémonos nas minas de ouro de Sudáfrica ou no interior dos volcáns, coñeceremos ao isópodo xigante ou ás incribles lombrigas de terra de tres metros. E tamén aprenderemos moitas cousas, como en que país está o metro máis profundo do mundo ou quen foron os primeiros submarinistas.
Del color de la leche / Nell Leyshon ; prólogo de Valeria Luiselli ; traducción de Mariano Peyrou A/ Vida cotiá N LEY col Mary, unha nena de quince anos que vive coa súa familia nunha granxa da Inglaterra rural de 1830, ten o pelo da cor do leite e naceu cun defecto físico nunha perna, pero logra escapar momentaneamente da súa condena familiar cando é enviada a traballar como criada para coidar á muller do vigairo, que está enferma. Entón, ten a oportunidade deaprender a ler e escribir, de deixar de ver «só unha chea de raias negras» nos libros. Con todo, conforme deixa o mundo das sombras, descobre que as luces poden resultar mesmo máis cegadoras, por iso, a Mary só queda o poder de contar a súa historia para tratar de atopar acougo na palabra escrita.
Dian Fossey / Mª Isabel Sánchez Vegara ; ilustrado por Alessandra De Cristofaro Debuxando a Igualdade/ Coñecer Dian Fossey foi unha brillante zoóloga norteamericana recoñecida polo seu labor científico e ou seu defensa dous gorilas. Ou seu carácter forte e apaixonado levouna a loitar ferozmente contra ou tráfico de animais e a caza furtiva. Unha loita que aínda que lle acabou custando a vida– conseguiu salvar dá extinción a unha especie única: a dous gorilas dás montañas.
Educar en el asombro : ¿cómo educar en un mundo frenético e hiperexigente? / Catherine L'Ecuyer. Medrar 37 ECU edu Como conseguir que un neno, e logo un adolescente, actúe con ilusión, sexa capaz de estar quieto observando con calma o que lle rodea, pense antes de actuar e estea motivado para aprender sen medo ao esforzo? Os nenos do últimos vinte anos viven nunha contorna cada vez máis frenético e esixente, que por unha banda fixo a tarefa de educar máis complexa, e por outro, afastounos do esencial.
Educar en la realidad / Catherine L'Ecuyer. Medrar 37 ECU edu Os nosos fillos aprenden en clave de realidade. Para poder captala, necesitan relacións interpersoais, contacto coa beleza e motivos para actuar con sentido. Necesitan sensibilidade, empatía, espírito atento. Con todo, nun mundo no que as pantallas están cada vez máis presentes, poden padecer un déficit de realidade. Nese sentido, a autora desvela con evidencias demoledoras unha serie de mitos educativos e demostra que a mellor preparación para utilizar as novas tecnoloxías de forma responsable ten lugar na realidade; é dicir, que a mellor preparación para o mundo online é o mundo offline.
El cuento de la criada / Margaret Atwood ; traducción del inglés de Elsa Mateo Blanco Debuxando a igualdade N ATW cue Na República de Gilead, o corpo de Defred só serve para procrear, tal como impoñen as férreas normas establecidas pola ditadura puritana que domina o país. Se Defred se rebela —ou se, aceptando colaborar de mala gana, non é capaz de concibir— espéralle a morte en execución pública ou o desterro a unhas Colonias nas que sucumbirá á polución dos residuos tóxicos. Así, o réxime controla con man de ferro ata os máis ínfimos detalles da vida das mulleres. Pero ninguén pode gobernar o pensamento dunha persoa. E moito menos o seu desexo.
El desorden que dejas / Carlos Montero A/ Intriga N MON des A novela premiada é un intenso thriller psicolóxico protagonizado e relatado en primeira persoa por Raquel, unha nova profesora de literatura en horas baixas que acepta unha suplencia nun instituto de Novariz, o pobo de onde, casualmente, procede o seu marido. No seu primeiro día de traballo, a moza decátase de que Elvira, a súa predecesora, suicidouse e ao finalizar as clases atopa no seu bolso unha nota que di: «E ti canto vas tardar en matarte?».Decidida, Raquel tentará pescudar quen está detrás desa ameaza, e inevitablemente empezarase a obsesionar coa antiga profesora.
El inmenso mar de los olvidados / J. Jacobo Ríos A/ Histórica N RIO inm "A finais do século XVI A Coruña vive unha das décadas máis convulsas da súa historia. A arribada da Gran Armada á cidade, en xuño de 1588, supoñerá o inicio dunha serie de litixios que provocarán que, ao ano seguinte, Drake e Norris asedien a cidade alta. Neste contexto de continuas disputas pola supremacía do océano producirase, anos máis tarde, o afundimento de varias das naves da Frota de Martín Padilla cando navegaban de novo rumbo a Inglaterra. O groso da formación pretendía dobrar o cabo desafiando as tormentas… É entón cando nace a historia que decidín contarvos…."..
El Jardín mágico / Lemniscates 4-7/ Contos Cada recuncho deste xardín reflicte as marabillas que ofrece a natureza que, aínda que parecen escondidos, están ao alcance da curiosidade e os sentidos da protagonista. Un poético libro con mirada ecolóxica. Narrado en forma de conto, o final inclúe un apéndice informativo sobre diversos elementos do relato.
El nuevo gran libro de los enigmas : [rompecabezas y juegos de lógica] / Fabrice Mazza ; ilustraciones de Ivan Sigg. Coñecer/ Xogos 793 MAZ nue
Crebacabezas, xogos de lóxica, adiviñas, paradoxos, xogos de palabras... 230 novos enigmas para resolver a soas, entre amigos ou en familia. Volve gozar do pracer de poñer a proba as túas neuronas e supera todos os desafíos.
El Rey Arturo y sus caballeros de la Tabla Redonda / Roger Lancelyn Green ; traducción, José Sánchez Compañy 10-12/Coleccións C LAN rey «—Salve, rei e raíña de Logres!—saudoulles Merlín—. Os vosos asentos espéranvos, así como a outros cento cincuenta cabaleiros: os cabaleiros da Táboa Redonda. Sobre cada cadeira atoparedes en letras de ouro o nome do cabaleiro a quen corresponde. E cando un cabaleiro caia en batalla ou morra, e armedes un novo cabaleiro para que lle substitúa, o nome deste último aparecerá no respaldo, e o do caído desaparecerá del. Mais que ninguén tema, que os nomes dos cabaleiros da Táboa Redonda vivirán para sempre.»
Eloísa está debajo de un almendro / Enrique Jardiel Poncela ; edición, introducción y notas, Fernando Valls ; propuestas de trabajo, Amelia del Caño ; ilustración, Francisco Solé. Xuvenil/ Teatro T JAR elo “ Eloísa está debaixo dun almendro" está considerada como unha das mellores obras. Os seus hilarantes situacións e os seus personaxes trastornados crean un divertido retrato do absurdo que transcende as barreiras do tempo, converténdoa en todo un clásico do teatro de humor.
Ernesto e Celestina : músicos da rúa / Gabrielle Vincent ; [tradución, Tamara Andrés] 4-7/ Contos Os amigos axúdanse nos momentos difíciles. Un oso e unha ratiña atopan na música a solución a un apuro doméstico.
Esperadme en el cielo / Maruja Torres. A/ vida cotiá N TOR esp Un conto para adultos sobre a felicidade de non renderse xamais. A narradora e protagonista reúnese no Máis aló cos seus amigos Terenci Moix e Manuel Vázquez Montalbán. Xuntos poden volver ao pasado e revisitar os escenarios da súa educación sentimental, do Raval a Alexandría, do parque do Retiro a Hollywood, sen afastarse nunca moito dos cinemas de barrio. Con todo, aínda que as vantaxes do estado no que se atopan son moitas, deberán unir as súas forzas nun decisivo empeño común.
Estamos todas bien / Ana Penyas A/ BD/ Realista BD PEN est «Cando lle dixen á miña avoa Maruja que ía facer un cómic baseado na súa vida, respondeume que mellor escribise unha historia de amor. Cando lle dixen o mesmo á miña avoa Herminia, alegrouse moito e díxome “si, claro, meniña”. As súas anécdotas, as súas ideas e o seu mundo están aquí, neste libro, unha pequena homenaxe que quere convertelas en protagonistas.»
Eu e nós durmindo nun garaxe / Xoan Babarro González. 7-9/ Aventuras N BAB eue A cabra que anuncia o tempo, o angazo que fala da guerra, o neno que come un anaco de lúa, a muller que fai pasteis para todos, a nena que entende o idioma das roldanas, o home que é salvado por dúas vacas, o burro que traballa de autoescola, o home con dedos de xigante, o ovo do dragón, o día en que nenas e nenos poden mancharse, a muller que tece un arco da vella e outras historias, contadas polas estrañas marionetas que dormen no garaxe.
Eu son Suleimán / Antonio Lozano ; tradución de Carlos Acevedo 10-12/ Social N LOZ eus A historia de calquera dos miles de rapaces que desafían a morte para chegar a Europa fuxindo da guerra e da miseria no continente africano. Un drama que traspasa o frío factor da actualidade para achegarse á dimensión humana do fenómeno migratorio.
Fábulas y criaturas mágicas : Maquillajes, máscaras y escenificación / Landa & Landa. 10-12/ Teatro T LAN fab Contén cinco obras de teatro infantil. Inclúe información sobre decoracións, escenarios e traxes.
Floreano / Gogue A/ BD/ Humor BD GOG flo Recolle catrocentas tiras publicadas polo artista no Faro de Vigo, distribuídas en tres grandes bloques: "De mulleres, chiñas, louras e varios", "De curas, monseñores e eminensias" e "De taxas, viños e loureiros". É a primeira gran antoloxía dos personaxes creados polo humorista: Floreano, Monchiña, Epifanio, Cachiña, don Ramón ou cura, Charito e Fly".
Fred Quincalla o nómade do mar : unha historia de Leopolda Diéguez / Teresa Gonzalez Costa; ilustracións de Marina Seoane 7-9/ Aventuras N GON fre Esta é unha das moitas historias de Leopolda Diéguez, viaxeira por curiosidade e necesidade, que un día deu co Gran Gogol, un cociñeiro aprendiz de violinista e fuxitivo da inxustiza. Desde entón os dous viaxan xuntos no barco de Leopolda, dando espectáculos musicais.
Frida / texto, Sébastien Perez ; ilustración, Benjamin Lacombe ; [traducción, Elena Gallo Krahe] Debuxando a igualdade / Xuvenil P PER fri Descobre a vida da extraordinaria Frida Kahlo a través da mirada de Benjamin Lacombe e Sébastien Perez. Unha particular homenaxe a unha das artistas máis importantes do século XX. Un álbum que che traslada ao mundo da mexicana máis universal a través de preciosas e coloristas ilustracións.
Galegocalantes e galegofalantes / Carlos Callón A/ Saberes/ Lingua e literatura 811 CAL gal «Tócanos definir se imos permitir que destrúan o idioma propio do país ou se, polo contrario, imos ser a xeración que soubo facerlle fronte a esta lexión de enterradores», di Carlos Callón en "Galegocalantes e galegofalantes", un libro-testemuño sobre o que lle ten acontecido á lingua galega desde que o PP retomou o poder autonómico en 2009.
Galofoguete / [texto, Elena Fernández Montes ; ilustracións Inés Varela López]
4-7/ Libros divertidos Gombó e a viaxe á lagoa / Ánxela Gracián ; ilustrado por Christian Villamide 4-7/ Contos Conto infantil no que o elefante Gombó descobre a aprendizaxe da autonomía e a independencia a través dunha viaxe á lagoa.
Gombó e o medo á escuridade / un conto de Anxela Gracián ; ilustrado por Christian Villamide 4-7/ O meu mundo Conto infantil no que o elefante Gombó aprende a superar o medo á escuridade coa axuda dos seus amigos, o resto de animais da selva.
Gran bot, pequeño bot : el libro de los robots opuestos / Marc Rosenthal 4-7/ Coñecer Cada ilustración deste libro interactivo preséntase cunha páxina despregable que, cando se levanta, transfórmase no seu contrario. Simple, pero interminablemente entretido, Gran Bot, Pequeno Bot é unha lectura didáctica e divertida para os máis pequenos.
Humildar : rituais despois de Deus / Suso de Toro A/ Outros xéneros OX TOR hum Este libro naceu da envexa e das soidades de quen perdeu a relixión. Da falta da palabra sagrada e do ritual, da falta da linguaxe. Naceu de quen sabe que o oficio de escribir lle deu confianza no poder das palabras. Fiando nese poder máxico, Suso de Toro ofrece a posibilidade de ordenar as nosas vidas e vivir ritualmente os momentos necesarios, dándolles así sentido e transcendencia: o nacemento, o nome que levamos, a despedida de quen marcha, o casamento, os coidados, os lugares especiais…
Inventario ilustrado das aves / Virginie Aladjidi [texto] ; Emmanuelle
Tchouriel
[ilustracións]
;
[tradución
de
Fernando Moreiras] Coñecer/ 10-12/ Natureza 59 ALA inv Dende o pingüín ao colibrí, da andoriña ao merlo... unhas 80 especies de paxaros aniñan, voan e chían nestas páxinas repletas de coloridas plumas.
Inventario ilustrado de flores / Virginie Aladjidi [texto] ; Emmanuelle
Tchouriel
[ilustracións]
;
[tradución
de
Fernando Moreiras] Coñecer/ 10-12/ Natureza 581 ALA inv Un precioso volume que reúne máis de 60 especies de flores de todo o mundo: crisol de cores, formas e fragancias.
It = (Eso) / Stephen King ; traducción de Edith Zilli. A/ Intriga N KIN it Tras lustros de tranquilidade e lonxanía unha antiga promesa infantil failles volver ao lugar no que viviron a súa infancia e mocidade como un terrible pesadelo. Regresan a Derry para enfrontarse co seu pasado e enterrar definitivamente a ameaza que os amargou durante a súa nenez. Saben que poden morrer, pero son conscientes de que non coñecerán a paz ata que aquela cousa sexa destruída para sempre.
Josefina, ¿qué está pasando? / Alexander Steffensmeier ; 4-7/ Contos Na granxa de Josefina, nada é o que parece. É iso unha cometa? Un delicioso pastel? Alguén sacou unha pelota para xogar? Bota unha ollada polas ventanitas e descobre a continuación que se esconde en realidade. A sorpresa está garantida!
Juan el Perezoso = Lazy Jack / Tony Ross. (libro+CD) Idiomas/ 4-7/ Contos Hai un neno chamado Juan, que vive coa súa nai. Probablemente, Juan é a persoa máis gandula do mundo, e senta sen máis, mentres a súa nai fai toda a tarefa. Pero a nai de Juan non pode aguantar máis a súa gandulería, e dille: «Sae fóra e consegue un traballo!».
La Inmortal / Ricard Ruiz Garzón ; [ilustraciones de Maite Gurrutxaga]. 7-9/ Intriga N RUI inm Judit está a se preparar para participar nun concurso de debuxo cando, inesperadamente, o xadrez crúzase no seu camiño e comeza a afi cionarse. Judit xogará moitas partidas, pero una delas cambiaralle a vida. Disputaraa contra Mr. Aliyat, un estraño mestre do xadrez, nacido en Irán, que se comunica a través de enigmáticas notas. Con todo, cando Mr. Aliyat é detido en plena onda de terrorismo integrista, a partida de xadrez de Judit chegará a cambiar as regras do xogo.
La levedad / Catherine Meurisse A/ BD/ Realista BD MEU lev O día 7 de xaneiro de 2015, a alarma do espertador da debuxante Catherine Meurisse non soou, facendo que chegase tarde á reunión do equipo de deseñadores da prestixiosa revista satírica Charlie Hebdo. Este descoido probablemente salvoulle a vida, pero non a librou, como ao resto dos sobreviventes do fatídico atentado que tivo como obxecto a sede da publicación, de afrontar a violencia dun terrible suceso que a deixou sen amigos, mestres, mentores e, de paso, sen inocencia. Las pescadoras /
adaptación de
Xosé Ballesteros ;
[ilustracións] Nadia Menotti 4-7/ Contos Adaptación dun conto tradicional da India que destaca pola súa poder evocador dos sentidos a través da descrición de lugares, sons, aromas… Chama a atención a súa fermosa e delicada proposta plástica, a base de minuciosas escenografías con pequenas figuras: personaxes, obxectos e aderezos elaborados con madeira, cartón, arame ou elementos téxtiles, entre outros materiais.
Las siete hermanas : la historia de Maia / Lucinda Riley A/ Intriga N RIL sie Maia D' Apliese e as súas irmás regresan á impresionante mansión familiar onde creceron ao descubrir que o seu adorado pai, que as adoptou en distintos lugares cando non eran máis que bebés, acaba de falecer. Cada unha recibe un sobre que contén unha prometedora pista sobre a súa orixe. A Maia, a maior das irmás e nosa protagonista, a súa lévalle a unha casa en ruínas en Río de Janeiro. Alí comezará a recompoñer as pezas da súa historia.
Los pacientes del doctor García / Almudena Grandes A/ Social N GRA pac Thriller e novela de espías, Os pacientes do doutor García é talvez a historia máis internacional e trepidante de Almudena Grandes, a súa narración máis ambiciosa, na que conecta acontecementos reais e descoñecidos da segunda guerra mundial e o franquismo, para construír as vidas duns personaxes que non só comparten a sorte de España, senón tamén a de Arxentina.
Marcopola 4, Avoa power : a illa remeira / Jacobo Fernández Serrano 7-9/ Banda deseñada BD FER mar O temible ladrón Blake the Tiger anda facendo das súas na Costa das Patacas. Alí chegan Marcopola, Libro e Dragoneta para axudar a Seara, a avoa de Libro, a resolver a desfeita. Seara, como todas as avoas, é quen de facer cousas incribles, mais só ela é coñecida na vila como Avoa Power. Por que será?
Mariña: de deusa a santa/ Rafael Quintía Pereira A/ Saberes/ Socioloxía 398 QUI mar O libro é unha análise e estudo da apropiación dos mitos célticos e da relixiosidade galaica realizada polo cristianismo. Neste caso, exemplificada a través das múltiples advocacións a Santa Mariña presentes en Galicia. Está escrito nunha prosa áxil e fluída que facilita un percorrido ameno polas transformacións históricas do culto pagán e do cristián. Estas transformacións converteron os lugares de culto coma montes, fontes, árbores e lagoas sagradas en lugares cristianizados.
Matías dibuja el sol / Rocío Martínez. 4-7/ Contos Matías decidiu debuxar o sol. Con todo, o que para Matías é claramente o mellor debuxo que fixo desta estrela, representa para os seus amigos moitas outras cousas. E é que todos aprecian os debuxos de Matías dunha maneira particular e por iso ven neles tantas cousas distintas.
Misión Tokyo / Pere Tobaruela ; ilustracións, Andrés Meixide 7-9/ Coleccións C TOB mis Formos4, Forx4n, FornelL4 E Form4il son os catro integrantes dos Formig4s, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.”Misión Tokyo” leva os Formig4s á capital do Xapón. O caso empeza co Doutor Paumao nun barco de deseño futurista, liberando centos e centos de bolboretas que tinxen de cores o ceo da cidade. Que tramará desta vez o científico? Monstros na escuridade / Kalle Güettler, Rakel Helmsdal e Áslaug Jónsdóttir 4-7/ O meu mundo –Ti nunca lle tes medo a nada, verdade, Monstro Grande? –Non, eu NUNCA teño medo –contesta Monstro Grande. É xenial ter un amigo tan forte e tan valente coma Monstro Grande. Pero entón, óese un estrondo fóra…
Muller inmigrante, lingua e sociedade / Laura Rodríguez Salgado, Iria Vázquez Silva A/ Saberes/ Socioloxía 314 ROD mul As investigacións presentadas neste libro adoptan a perspectiva de xénero para procurar significacións novas e identificar novas subxectividades con relación aos movementos migratorios. O estudo das traxectorias migratorias das mulleres deriva na constatación das desigualdades que singularizan o feito de ser inmigrante, traballadora e muller. O obxectivo principal do volume é achegarse ás mulleres inmigrantes asentadas no noso país, co fin e comprender as particularidades dos seus procesos de integración na sociedade galega, tendo en conta a súa bagaxe cultural e lingüística de orixe.
My dad is a clown = Mi papá es un payaso / José Carlos Andrés, Natalia Hernández Idiomas/ 4-7/ Libros divertidos Conto infantil para idades de 4 a 7 anos. O protagonista é un neno que ten dous papás, un deles é Pallaso.
Na cidade do perdón / Manuel Martínez Pérez A/ Outros xéneros OX MAR nac Mitos, lendas e rumores forman parte da historia de calquera cidade e, aínda máis, da de Compostela, cuxo mesma orixe está ligada á fascinante lenda do apóstolo Santiago. Desde entón ata os nosos días, centenares de personaxes e historias foron conformando esta milenaria cidade. Sobre eses nomes e feitos, que teñen un substrato real, o autor fabula cegadoras historias que nos permitirán coñecer, aínda mellor, esta sorprendente cidade.
Non é París / María Canosa A/ Vida cotiá N CAN non Marcela é unha muller afeita a tomar decisións importantes tras meditalas moito. Sabe cal é o rumbo que desexa seguir e actúa en consecuencia para obter o seu obxectivo. É resolta e decidida pero, por primeira vez na súa vida, non lle dan opción. Cámbianlle a súa situación persoal sen consultarllo e vese obrigada a empezar unha nova vida que, ademais, rexeita desde o principio.
O camiño á casa / escrito por Katie Cotton ; ilustrado por Sarah Jacoby ; traducido por Fe González Fernández 4-7/ Contos Cando chega o inverno, un paxaro foxe coa súa cría, un rato constrúe un niño para o seu fillo e os coellos escapan dos lobos que vagan polos bosques ao escurecer. O camiño á casa é longo e duro, pero os animais téñense os uns aos outros nesta meditación poética sobre a natureza, a supervivencia e o amor.
O Códice esmeralda / Alberte Blanco A/ Histórica N BLA cod O achado dun antigo manuscrito familiar embarca a Xacobe nunha investigación que o retrotrae aos tempos da batalla de Rande. Xan Bieito, un antepasado seu, fora grumete na frota de Nova España e relatara as peripecias da longa viaxe, ademais da histórica batalla naval de 1702 na Ría de Vigo. O manuscrito deixaba entrever a existencia dun tesouro oculto, protexido por un estraño enigma que deberían resolver os seus sucesores. A busca das claves para esclarecer o misterioso segredo mergulla a Xacobe nunha aventura sorprendente na que vai descubrindo a recóndita personalidade do seu devanceiro, envolta en novos enigma.
O inspector e mais eu / Ignacio Vidal Portabales A/ Intriga N VID ins A vida de Sandra Val, experimentada profesional dedicada á fotografía boudoir, transcorre con tranquilidade na apracible vila de Marende, ata que un día recibe a visita do inspector Roque Barallobre, un home moi atractivo que solicita a súa axuda para resolver un caso policial de secuestro. A relación co inspector e os sentimentos que este provocará nela irán afectando a Sandra ao tempo que van desfilando polo local os clientes do seu negocio. Nesta novela, Ignacio Vidal explora a identidade dunha muller liberal e moderna, mergullada nas contradicións que o amor leva á súa vida.
O medo é libre / Concha Blanco A/ Intriga N BLA med As noites axexan e, con elas, as historias de terror que activan os sentidos dos lectores. Neste monllo de relatos de Concha Blanco atopamos turbación, inseguridade, medos e tamén, ás veces, a tranquilidade que produce saber de certo que as cousas non son sempre o que parecen. As impresións que causa o descoñecido poden producir desacougo, pero tamén son motivo de pracer. O oso e o piano / David Litchfield 4-7/ Animais Un dia, no bosque, un osiño atopou algo que non vira nunca. –Que será esta cousa tan estraña? –pensou. E con medo, tocouna cos súas pequenas e robustas poutas... Co tempo, o oso aprendeu a tocar o estraño instrumento. Un día, por casualidade, os fermosos sons do piano chegaron a oídos dun pai e o seu fillo, que xantaban no bosque. O oso acompañounos nunha incrible viaxe, e a súa extraordinaria habilidade converteuno nunha gran estrela. Conseguiu a fama, a fortuna e toda a música do mundo, pero botaba de menos aos seus amigos e á familia que deixara atrás. Unha emocionante historia de exploración e pertenza.
O soño do merlo branco / Agustín Fernández Paz ; ilustracións de Lucía Cobo 7-9/ Vida cotiá N FER soñ Grou, o Merlo Vello, ensínalles aos merliños máis novos todo aquilo canto deben saber para sobrevivir. Bulebule queda tan fascinada coa historia do Merlo Branco que cre ser ela a elixida para lle dar vida a ese merlo que ha traer outra época de felicidade a súa especie. Máis cando a Roda da Vida dá unha volta comprende que o Merlo Branco está en cada un, sen distinción de cal sexa a súa cor ou seu aspecto. O seu soño agora é ser unha Merla Vella para contarlles aos máis novos os segredos da Roda da Vida, que xira e xira e nunca detén o seu xirar.
O universo matemático : das ideas e das técnicas /Antom Labranha A/ Saberes/ Matemáticas 51 LAB uni Este libro desenvolve un amplo abano de contidos matemáticos seleccionados a partir daqueles que conforman os currículos do bacharelato, intentando poñer de manifesto cales son os seus fundamentos, o porqué da súa pertinencia, que rol desempeñan na ciencia e na cultura, que procesos conduciron á súa creación e como evolucionaron. Adóptase unha perspectiva construtiva e contextualizada, cun teor narrativo: a carreira de Aquiles e a tartaruga, o voo de Ícaro, o enigmático número pi, un enredo na compra de entradas, apostas nunha lancha de Marín...
O xigante secreto do avó / David Litchfield; tradución de Raquel Senra Fernádez 4-7/ O meu mundo Unha historia XIGANTE que fala da necesidade de encaixar e do valor da amizade, creada por David Litchfield, gañador do Waterstones Children’ s Book Prize en 2015 na categoría de libro ilustrado por “El Oso e o Piano”, publicado tamén en galego por Hércules de Edicións.
Once portas / Héctor Cajaraville A/ Histórica N CAJ onc O día da Ascensión do ano 1929 o mozo Guillerme Cardelle achégase á Alameda de Santiago de Compostela para desfrutar da xornada festiva. Cando decide entrar no gabinete do mago Bunda, dotado de supostos poderes proféticos e divinatorios, non pode imaxinar que o que alí escoite lle cambiará a vida para sempre. Once portas é unha novela a cabalo entre o histórico e o fantástico, unha viaxe a través dos episodios sobranceiros da historia compostelá e unha homenaxe á cidade de Santiago a través dos seus símbolos máis universais.
Origen / Dan Brown; traducción de Aleix Montoro y Claudia Conde A/ Intriga N BRO ori “Origen” desenvólvese integramente en España. Barcelona, Bilbao, Madrid e Sevilla son os escenarios principais nos que transcorre a nova aventura de Robert Langdon. Da man do autor do código Dá Vinci, o lector percorrerá escenarios como o Mosteiro de Montserrat, a Casa Milà (A Pedrera), a Sacra Familia, o Museo Guggenheim Bilbao, o Palacio Real ou a Catedral de Sevilla.
Os Bolechas dormen coa curmá Saladina / Pepe Carreiro 4-7/ O meu mundo Saladina queda a durmir na casa dos curmáns, porque a tía Lupa e o tío Agostiño van ao cine. Saladina dorme no berce de Tatá e Tatá na cama de Carlos. Todos están prontos para durmir pero… que cheiro! Saladina mexou no berce e papá Bolechas ten que cambiarlle o cueiro. Ai! Esta vai ser unha noite moi longa.
Os Bolechas teñen un dinosauro / Pepe Carreiro 4-7/ O meu mundo Os Bolechas están no portal da casa e ven pasar a súa amiga Celia cunha mascota moi rara. É un porco vietnamita, porque seica agora lévanse as mascotas raras. “Chispa é unha antigalla” dilles Celia. Os Bolechas pícanse, e deciden ter a mascota máis rara do mundo. E coñecéndoos… abofé que a terán!
Os Bolechas. As miñas primeiras Letras Galegas: Eduardo Pondal / Pepe Carreiro 4-7/ Coñecer No primeiro volume, Eduardo Pondal narra a descuberta de América a través dos versos d’Os Eoas. Algúns dos termos máis complexos da obra son explicados ao final a xeito de sinxelo dicionario para permitir unha maior comprensión. A forma máis divertida de coñecer os nosos autores!
Os papeis do vello mariñeiro / Xosé Neira Vilas 10-12/ Aventuras N NEI pap Neira Vilas, un dos autores máis aclamados da literatura galega, deixou un fermoso libro póstumo de relatos no que cambia a súa amada terra galega por un mundo moi descoñecido: o dos mariñeiros que pasan longas tempadas en alta mar coñecendo outros países, xentes e culturas… Experiencias que o autor transcribe nestes “papeis” para que podamos coñecer mellor ao “vello mariñeiro” galego.
Pequeña & grande Agatha Christie / Mª Isabel Sánches Vegara ; ilustrado por Elisa Munsó Debuxando a igualdade/ 4-7/ Coñecer Agatha Christie é a escritora máis lida de todos os tempos. As súas novelas foron traducidas a máis de cen idiomas e a súa obra Dez Negritos é un dos dez libros máis lidos da historia. Cos seus peculiares detectives, os seus enigmáticos casos e as súas historias cheas de enxeño desafiou ás mentes de millóns de lectores converténdose na raíña do misterio.
Qué puedo hacer cuando estallo por cualquier cosa : un libro para ayudar a los niños a superar sus problemas con la ira / Daen Huebner ; ilustraciones de Bonnie Matthews Coñecer/ 7-9/ Psicoloxía 159 HUE que Cunha linguaxe adaptada aos nenos, atractivas ilustracións e varias actividades pedagóxicas, esta sinxela e completa guía ensina aos nenos unha nova forma de pensar sobre a ira e proporciona algunhas ferramentas que poden utilizar para acougarse e responder dun modo máis apropiado cando algo sae mal. É de gran axuda para os terapeutas, que poden utilizalo para que pais e fillos traballen xuntos durante a intervención.
Qué puedo hacer cuando me preocupo demasiado : un libro
para
niños
con
ansiedad
/
Daen
Huebner
;
ilustracións de Bonnie Matthews Coñecer/ 7-9/ Psicoloxía 159 HUE que Cunha linguaxe adaptada aos nenos, atractivas ilustracións e varias actividades pedagóxicas, esta sinxela e completa guía ensina aos nenos e aos seus pais como superar problemasde ansiedade, proporcionándolles pautas claras e eficaces para manexar a ansiedade e as preocupacións. É de gran axuda para os terapeutas, que poden utilizalo para que pais e fillos traballen xuntos durante a intervención.
Querida tía Agatha / Beatriz Martín Vidal Xuvenil/ BD/ Fantasía BD MAR que Tres sobriñas, Louise, Alice e Emma, están a cargo da casa da súa tía Agatha. Na carta explican como todo vai ben, de forma moi convencional. Pero ao mirar ás ilustracións, o lector notará que as tres raparigas están moi lonxe de ser convencionais. Porque os esbirros Alice están cheos de flores, porque a Emma encántalle flotar mentres le e porque a casa está habitada por arpías no invernadoiro e baleas no estanque do xardín.
Receitas cativas / Dani Viéitez e Iria Iglesias 4-7/ Coñecer Con estas receitas, Rufo pretende que os pequenos preparen os seus pratos dunha forma divertida, e depois gocen desa comida.Sempre baixo a supervisión, ou contando coa axuda dos seus maiores, que tamén os guiarán e gozarán con eles deste apaixonante mundo.Ademais busca que os cativos coñezan un pouco máis os alimentos, de onde proceden, coñecer as bondades dunha cociña saudable, e que aprendan a gozala como se merece.
Regreso a Berlín / Verna B. Carleton ; traducción de Laura Salas Rodríguez A/ Vida cotiá N CAR reg Tras unha longa viaxe polo Caribe, o londiniense Eric Devon, a súa esposa Nora e unha lúcida xornalista estadounidense deciden viaxar a un Berlín que se recupera dos desastres da última guerra e dos perversos efectos do nazismo. Vacilante e presa das pantasmas doutro tempo, Eric, por fin, enfrontarase alí ao seu pasado, oculto durante décadas. Nunha cidade devastada pola guerra, pero chea de vida, aos nosos protagonistas espéralles unha gran sorpresa. Nada é o que parecía ser.
Regueifa en Bergantiños : Celestrino de Leduzo vs. Calviño de Tallo / Alba María Rodríguez A/Saberes/ Sección local 398 ROD reg A comarca de Bergantiños constituíu arredor dos anos 50 un berce de coplas, rimas e contextos óptimos para o desenvolvemento da poesía oral improvisada. Na súa manifestación en forma de controversia, a chamada regueifa, destacaron numerosas figuras que encarnan os últimos anos de vitalidade do fenómeno improvisador galego. Entre elas soan con forza os nomes de Blanco de Muiñoseco (Coristanco) e o dos seus discípulos Calviño de Tallo (Ponteceso) e Celestrino de Leduzo (Malpica de Bergantiños).
Relatos dunha vila mariñeira / Antonio J. Balboa Toba A/ Social N BAL rel Conxunto de relatos baseados en historias singulares da Costa da Morte que teñen como protagonistas a personaxes sinxelos e bondadosos dos que resalta a súa calidade humana.
Rufus : el murciélago que adoraba los colores / Tomi Ungerer 4-7/ Animais Rufus era un morcego. Durante o día colgábase do teito da súa cova e durmía. Pola noite saía da cova e ía cazar. Unha noite viu un cinema ao aire libre, onde se proxectaba unha película. Era a primeira vez que Rufus vía cores brillantes. Na historia do morcego que adoraba as cores, o autor critica os prexuízos da sociedade cara a quen é diferente ou se aparta dos canons establecidos.
Scórpio / Ricardo Carvalho Calero A/ Vida cotiá N CAR sco Scórpio sintentiza olladas, sucesos, materias heteroxéneos. Recolle feitos cotiáns e políticos da época, voces burguesas, voces populares, as primeiras mulleres na universidade, a Compostela estudantil, o Ferrol mariño. E a guerra. O conflito armado entre democracia e fascismo ocupa a segunda parte de Scórpio. Dalgún xeito, anticipa a vaga de literatura da memoria histórica que abundará a narrativa galega no inicio deste século.
Segredos de Bretaña / Carlos G. Reigosa A/ Intriga N REI seg Herméticos silencios e misterios nunca desvelados sosteñen a paz e ou sosego dunha Bretaña galaica. Todo ou que sucede alí ten explicacións máxicas que remiten as responsabilidades ao trasmundo. Ata que un día ou escritor Isauro Guillén chega a este espazo para descansar, despois de terminar unha novela. De súpeto, os misterios que lle van contando os veciños comezan a revelarlle a súa verdadeira natureza truculenta e criminal. Grazas á súa investigación unha terrible verdade histórica emerxerá para sempre.
Ser Modou Modou / Cheikh Fayé N FAY ser A/ Social "Ser Modou Modou" é o título do libro que un senegalés, Cheihk Fayé, decidiu escribir para contar as súas experiencias desde que arribou a España pasados os corenta anos, deixando atrás o seu emprego de profesor de Xeografía e Historia francesas nun colexio privado de Dakar. Tan integrado está en Galicia que só a falta de nacionalidade española, que está a piques de conseguir, impediulle formar parte das listas do Bloque Nacionalista Galego na Coruña.
Sobre as palabras máis fermosas da lingua / Xesús Alonso Montero A/ Saberes/ Lingua e literatura 811 ALO sob Estudo teórico-práctico e poema con exercicios escolares sobre a estética da fala galega.
Sobre el diálogo / David Bohm ; Edición De Lee Nichol. A/ Saberes/ Psicoloxía 159 BOH sob O gran físico David Bohm proporciónanos aquí unha brillante síntese da súa filosofía, en especial do seu punto de vista dialógico. Esta filosofía establece pontes e posúe remarcables puntos en común co pensamento de Krishnamurti.
Soño de infancia / Moncho Rouco Xuvenil/ Vida cotiá N ROU soñ A medio camiño entre a lembranza pausada propia dos libros de memorias e o ritmo vibrante dos relatos de aventuras, "Soño de infancia" recrea con orixinalidade, humor e tenrura a nenez e o espertar á adolescencia de Ramón, un rapaz dos arrabaldes da Coruña que, coma todos os que foron nenos ata finais dos anos sesenta –última fronteira entre os xogos da rúa e a tecnoloxía— accede ás grandes aprendizaxes da vida alleo á mirada adulta.
Soños de nenos / Mónica Inés Varela Gestoso ; ilustracións de María Brenn 4-7/ Coñecer Mónica Inés Varela Gestoso agasállanos con máis dunha trintena de poemas, de soños, nos que o propio título convida á lectura. "Ollos que soñan", "Soños de inverno", "Soños do Ceo", "Soños do mar"…, para rematar cun delicioso "Cantar para durmir", no que a autora convida docemente aos meniños a abrazar un sono reparador soñando co sol.Soños de nenos foi galardoado co Premio Arume de Poesía.
Soy Jazz / escrito por Jessica Herthel y Jazz Jennings ; ilustrado por Shelagh McNicholas ; [traducido por, Raquel (Lucas) Platero] 4-7/ Contos Jazz sempre soubo que era diferente a outras nenas e nenos da súa idade. Desde moi novo foi consciente dun forte sentimento, de ser unha nena, a pesar de que a consideraron neno ao nacer, e loitou para que a súa contorna a aceptase e recoñecese. A historia de Jazz é unha experiencia real. Neste conto, ela narra de maneira moi accesible as súas vivencias, e diríxese especialmente a quen lles gusta os contos, ás familias e ao profesorado.
Sweet Sixteen / Annelise Heurtier, traducción de Cristina Ridruejo Ramos Xuvenil/ Social N HEU swe «- Pero cando pensabas contárnolo? Seica pensaches nas consecuencias da túa decisión? Por casualidade ocorréuseche pensar que nos ías a poñer a todos en perigo? Molly quedou inicialmente sen palabras, pampa, aparvada. Lincharon a unha chea de negros por moito menos que isto, nena! - ouveou a súa nai. Inicio do curso 1957. Por primeira vez, o instituto máis prestixioso de Arkansas abre as súas portas a estudantes negros. Nove embarcaranse nesta aventura. Fronte a dous mil cincocentos estudantes brancos, dispostos a todo para impedirllo». Unha historia inspirada en feitos reais.
Terra : ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo / Xurxo Mariño A/ Saberes/ Xeografía 910 MAR ter Este é un libro de viaxes convertido nunha aventura de divulgación científica, o relato dun periplo de once meses arredor do planeta Terra no que se mesturan as anécdotas que van xurdindo ao longo das distintas etapas coas descricións da ciencia que hai detrás dos espectáculos que a natureza lles vai amosando aos viaxeiros. Como indica o escritor Xavier Queipo no limiar, «cada capítulo, cada etapa, cada anécdota é unha porta aberta aos sentidos e ao coñecemento, unha incitación á observación da natureza e, en particular, á natureza humana coma se se tratase dunha introdución á historia natural e de etnografía comparada».
Terra queimada / Ramón Caride A/ Vida cotiá N CAR ter Relato coral no que se unen tempos e situacións, desde as míticas lembranzas das partidas de bandoleiros carlistas do século XIX aos rescoldos dun pasado que, propio do mundo rural, abrolla de xeito inesperado e terrible.
Terradentro / Xosé Benito Reza A/ Intriga N REZ ter Nunha vila galega do interior, próxima á fronteira, a vida fervía a mediados do século pasado. Neste escenario desenvolve a súa vida o avogado da vila, considerado como un home perspicaz, que se verá enleado en tres misteriosos asuntos cuxa orixe pretenderá desvelar: a morte violenta dun vello fidalgo no seu casarío; a busca na penechaira espida da fronteira dos “tesouros que deixaron ocultos os mouros en lugares cheos de trampas”; e a inesperada aparición da cadela do alcalde pintada de verde. Unha novela de lectura engaiolante onde se mestura de xeito moi orixinal a intriga coa indagación nos fíos da memoria e da paisaxe.
Terraza / Fran Alonso A/ Poesía P ALO ter Un home contempla a vida e o paso do tempo desde a terraza dun bar e escribe poemas mentres toma un café. Pero a vida –e o tempo–, coma un agromo que se renova cada día, nunca se detén, nin nas miradas extraviadas dos perdedores, nin na arrogancia indomable dos adolescentes, nin no narcisismo fetichista das redes sociais, nin na estrañeza das avestruces que se ocultan, nin na aceptada resignación das persoas devoradas pola rutina, nin na ambición insolente e pretensiosa das motos.
Todo isto che darei / Dolores Redondo ; traducción , Dolores Torres París A/ Intriga N RED tod Álvaro sofre un accidente na Ribeira Sacra que rematará coa súa vida. Cando Manuel, o seu home, chega a Galicia para recoñecer o cadáver, descobre que a investigación sobre o caso se pechou con demasiada rapidez. O rexeitamento da súa poderosa familia política lévao a fuxir, mais reteno a alegación contra a impunidade que Nogueira, un garda civil xubilado, dirixe á familia de Álvaro, nobres arrolados nos seus privilexios, e a sospeita de que esa non é a primeira morte da súa contorna que se enmascarou como accidental.
Todo o mundo! : a vida ten moitas cores / Anja Tuckermann ; Tine Schulz; tradución ao galego, Rosa Marta Gómez Pato 4-7/ Coñecer As nenas e nenos deste libro proceden de todas partes do mundo e falan diferentes linguas, pero todos viven agora en Galicia. Algúns acaban de chegar, outros naceron aquí. A diversidade cultural é moi enriquecedora, pero ás veces é fonte de problemas polo descoñecemento e os prexuízos. Para asegurar unha boa convivencia, debemos coñecer os nosos veciños e veciñas.
Toy Story / Disney Pixar Infantil/ Películas Este clásico do cinema de animación segue as aventuras dun grupo de xoguetes viventes, en particular do vaqueiro Woody e o gardián espacial Buzz Lightyear. Aínda que ao principio rivalizan entre si, conforme transcorre a trama vanse volvendo amigos.
Un máis / Olalla González; ilustraciones de Marc Taeger 4-7/ O meu mundo A chegada dun novo irmán ou irmá suscita a curiosidade do protagonista de “Un máis”, un relato para primeiros lectores que destaca pola súa estrutura repetitiva a tres niveis: pola reiteración das fórmulas coas que pequeno coello interpela a súa nai para saber cando se producirá o nacemento; a outros habitantes do bosque anunciándolles a boa nova e trasladándolles a súa insistente pregunta; e por como imaxina os xogos que poderán compartir.
Una familia salvaje / Laurent Moreau ; [traducción y edición, Estrella B. del Castillo] 4-7/ Animais Un humorístico retrato ilustrado por Laurent Moreau, mostra de coloridas escenas da rutina infantil, que, paso a paso, desentraña as extraordinarias similitudes que posúen os membros dunha familia con determinadas especies.
Unha última carta / [texto], Antonis Papatheodoulou ; [ilustracións],
Iris
Samartzi
;
[tradución,
Manuela
Rodríguez] 4-7/ Contos As palabras pode levalas o vento ou, no caso desta fermosa historia, un amable carteiro. No seu derradeiro día de traballo, agárdalle unha experiencia inesquecible.
Unha verdade amarga / Celia Díaz Núñez A/ Vida cotiá N DIA ver Cando Daniel Pereira inicia os trámites para presentar unha demanda de paternidade contra Aurelio Salgado, a vida das dúas familias verase radicalmente trastornada. Pilar e Carlos, por un lado, Daniel e Silvia, polo outro, buscarán xustificación á súa conduta, que remite a amores e desencontros, débedas pendentes, culpas non purgadas e aldraxes amoreadas en moitos anos de silencio. Entremedias, dous rapaces, Alberte e Marta, vítimas tamén dunha guerra que non é a súa. E Aurelio, paso a paso privado de recordos, sabe que avellentar é mirar atrás e enfrontarse a un pasado onde ás veces custa recoñecerse. Ao cabo, os vellos segredos de familia sempre acaban por aflorar.
Valerosas : mujeres que solo hacen lo que ellas quieren / Penélope Bagieu Debuxando a igualdade/ Xuvenil/ Banda Deseñada BD BAG val Desde científicas, actrices ou activistas, estas mulleres son valerosas, atrevidas, decididas e loitaron por conseguir os seus soños e saír adiante nos seus respectivos períodos históricos. Moitas delas fixeron saltar polo aire os prexuízos sociais e demostráronnos que botarlle valor e perseveranza non é cousa só de homes. Algúns exemplos son Wu Zetian, emperatriz chinesa que creou un esbozo do actual dereito; Margaret Hamilton, a actriz “aterradora” que fixo da súa estraña beleza un referente en Hollywood; ou Agnodice, xinecóloga grega que tivo que vestirse de home para poder traballar.
Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo : (Antoloxía: 1963-2016) / Xesús Alonso Montero A/ Poesía P ALO ver Nesta antoloxía da produción lírica de Xesús Alonso Montero desde 1963 ata 2016, o autor exerce de «fistor», de «vate popular», pero elevando a poesía bebedora das fontes do cancioneiro popular de tradición oral á condición de literatura culta. Versos antifascistas, versos contra a corrupción, o capitalismo e a monarquía, versos sobre lingua e literatura, versos de amizade e agradecemento, versos de homenaxe a republicanos exemplares, loas ao viño, á música e á rexouba, cántigas e cantigas...
Viva Galicia beibe : (cancións 1982-2016) / Antón Reixa A/ Poesía P REI viv Neste libro Antón Reixa xuntou as cancións que escribiu dende 1982 até 2016 para o grupo do que é cantante, Os Resentidos, así como as poucas mercenarias, compostas para outros artistas. Un cancioneiro de case cento cincuenta pezas escritas para a xente e de costas ao onanista mundo literario por un poeta camuflado na estrita métrica visceral do rock and roll e sometido á erosión dos sucios locais de ensaio e das suores dos escenarios.
Volta, revolta e reviravolta / As maimiñas ; ilustracions Patricia Castelao (libro+CD) Infantil/ Libros+CD Aprende a viaxar soñando! Acompáñanos nesta Volta, Revolta e Reviravolta chea de ritmos e melodías, onde os protagonistas sodes vós: os nenos e nenas!
Wáluk : la gran travesía / Ana Miralles; Emilio Ruiz 10-12/ Banda deseñada BD MIR wal Wáluk e Esquimo son dous osos inseparables. Wáluk é moi novo e Esquimo é moi vello. Entre os dous atoparon unha forma de sobrevivir nunha contorna extremadamente hostil que consiste en unir a axilidade dun coa experiencia do outro. Esquimo decide que teñen que ir máis ao norte en busca de mellores lugares de caza. Para iso deben cruzar o mar. Wáluk descobre que lle apaixona a natación, pero non adiviña o longa que pode chegar a ser unha travesía no Ártico. Tras días sen comer nin durmir, refúxianse esgotados nun iceberg que os transporta como o faría un bote salvavidas a unha paisaxe nova e completamente abatido...
Wonder woman : el feminismo como superpoder / Elisa McCausland Debuxando a igualdade/ A/ Saberes 323 MCC won Wonder Woman, creada en 1941 por William Moulton Marston, é un dos personaxes de cómic máis soados de todos os tempos. Pero, ademais, representa como ningún outro os superpoderes dun feminismo que se alza desde o propio territorio da cultura popular e os seus códigos. Este libro fai xustiza a estes dous aspectos da amazona —que resultan indisociables— a través dun relato que nos leva polas súas sucesivas etapas, ou vidas, como criatura de ficción, así como as súas sinerxias e entrecruzamientos coas mulleres activistas dos séculos XX e XXI. Todo iso sen esquecer a propia relevancia do personaxe na historia do cómic, a televisión e o cinema, do mesmo xeito que a súa condición de marca e icona cultural e político.