Uso do catálogo

Page 1

COMO UTILIZAR

O NOSO

CATÁLOGO Opción 1: Visita catalogo-rbgalicia.xunta.gal Opción 2: Busca en Google "Catálogo rede de bibliotecas de Galicia" e escolle o segundo resultado. Opción 3: Segue esta ligazón QR Busca por campos como Autor, Título, Materia, ISBN... o material que che interesa e filtra seleccionando a nosa biblioteca.

Unha vez localices o noso exemplar, poderás ver a súa ubicación nos estantes da biblioteca, se está dispoñible ou prestado e, no seu caso, a data na que caduca o préstamo.

ADEMAIS...

Ao darte de alta como usuari@ da biblioteca, tanto presencialmente como desde o portal da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, recibirás unhas claves no teu correo electrónico. Con elas poderás ingresar na túa conta e realizar xestións desde calquera dispositivo con conexión a internet, Entre elas: Modificación dos teus datos persoais. Consulta do teu historial de lectura. Propostas de compra de materiais que che interesen á biblioteca. Creación de listas de favoritos. Comentar e valorar as túas lecturas para que @s demais usuari@s coñezan a túa opinión. Consulta do estado dos teus préstamos (retrasos, sancións, reservas...) Renovación dos teus préstamos. Reserva de exemplares prestados: Cando vexas no catálogo un exemplar que che interese pero que estea prestado. **IMPORTANTE: Asegúrate de que o exemplar que reservas é da nosa biblioteca ou de algunha outra á que te poidas achegar fisicamente, xa que polo momento non recibimos materiais de outros centros. No caso de non ter recibido as túas claves ou de telas perdido, podes solicitalas de novo desde o mesmo portal co teu nº de lector, ou ben pedir no mostrador da biblioteca que chas reenviemos.

Tamén poderás utilizar as túas claves para acceder ás plataformas gratuítas de préstamo de libros e películas en formatos electrónicos GaliciaLe (en galego) e eBiblio (en castelán), que atoparás en rbgalicia.xunta.gal. Estas plataformas conteñen un amplo catálogo de materiais en formato dixital para que poidas descargar e reproducir nos teus dispositivos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.