Agasallos de Nadal
Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis / texto de Chema Heras ; ilustracións de Kiko Dasilva. -- Pontevedra : Kalandraka , 1999. ISBN 84-95123-67-3
Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis” é un atípico conto de Nadal que nos amosa a particular visión dun neno sobre ese acontecemento tan especial. A narración, chea de enxeño e de humor, desvela a inxenuidade e a complexidade do maxín infantil. As ilustracións destacan pola súa forte expresividade e fan deste álbum un dos preferidos nas bibliotecas dos cativos. “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis” chega sempre polo Nadal para facer sorrir a lectores pequenos e grandes, para que gocen da ledicia e da ilusión que agroma en cada páxina.
Xa me tardan estes Magos / Mamá Cabra ; Antón Cortizas...[et al.] ; ilustracións de Kristina Sabaite. -- Vigo : Galaxia, [2011] Contén : O cuarto Rei Mago / Antón Cortizas ; Tres reis en bicicleta / Gloria Sánchez ; Panxoliña dos ratos / Gloria Sánchez ; Cantamos ós Reis / Antón Cortizas ; A luz do Nadal / Antonio G. Teijeiro ; Xa me tardan / Gloria M. Roel ; Panxoliña de todo ano / Antón Cortizas ; Na casa da miña avoa / Gloria Roel ; Ano novo con ben veñas / Gloria Sánchez ; Rock do bacallau con coliflor / Gloria Sánchez ; Pintan as verbas de Paz / Antonio G. Teijeiro -1 disco compacto: músicos, Francisco Cerdeira..et al., producción musical, Tomi López e Gloria Mosquera ISBN 978-84-9865-390-8
Libros con música
As catro estacións / música interpretada por Sarah Chang ; textos de José Antonio Abad Varela ; ilustracións de Emilio Urberuaga. -Pontevedra : Kalandraka, 2012 ISBN 978-84-8464-786-7 Libros con música. Un paseo pola natureza coa música de Vivaldi
Vou ter un irmán!!! / María Solar ; [ilustracións, Xosé Tomás]. -- Vigo : Galaxia, 2011 ISBN 978-84-9865-371-7 Imaxe dixitalizada: http://www.youtube.com/watch?v=y6D4faERgD4
Que lle acontece á avoa? = What's wrong with grandma? / Miguel Peralta ; Xoana Álvarez. -Pontevedra : Triqueta Verde, 2010.-- ISBN 978-84-938252-3-2 Recordar: do latín re-cordare, “volver pasar polo corazón” (Libro de los abrazos, Eduardo Galeano) A avoa ten enredos na cabeza… Papá, que lle acontece á avoa, esqueceu tecer ben os seus recordos…
Mans / Xabier P. DoCampo ; ilustrado por DNL. -- A Coruña : Everest Galicia, 2011.--ISBN 978-84-403-1183-2 Os dereitos deste libro destínanse a ONG Tierra e Hombres. Libros con música para todas as idades
Paxaro de mar e vento / Tucho Calvo ; ilustracións, Xosé Cobas. -- 1ª ed. -- A Coruña : Biblos Clube de Lectores, 2012 ISBN 978-84-15086-25-3 Cobas presenta un tesouro de papel para dar paso ao maxín do autor que será capaz de facer nacer unha ave única nunca vista que nace do poder da aventura marabillosa de crear e soñar. Sensibilidade exquisita destilada en cada páxina, estímulo lector, universo fantástico, historia cómplice, nobelo de palabras que escorregan entre os dedos para quedar impresas na tinta esvaída do lector: as cousas só existen cando se nomean. Nomeemos a liberdade, a civilización, a educación, a cultura. Non permitamos que mornezan no escuro e atrasado recanto dun soño inmaterial. Permitamos que o astriófolo voe, mentres que o gastriedo observa o seu debullar no ceo pintado por Cobas. Onda exista o ceo de Cobas, existe o futuro. E permanece a esperanza. (http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2012/11/paxaro-demar-e-vento.html)
A maceira que daba calquera cousa menos mazás / Pinto & Chinto. -- A Coruña : Everest Galicia, 2011 ISBN 978-84-403-1162-7
Supoñamos que unha maceira non pode, de primeiras,cumprir coa que se considera unha das funcións da súa existencia... ¿sería este motivo para acabar con ela? Hai que deixar que o tempo siga o seu curso e, sempre que teñamos a capacidade de reinventarnos e de crer nas nosas posibilidades, a espera será xustificada. Igual que as árbores e os seus froitos, as persoas medramos a un ritmo diferente que non se pode forzar se non queremos quedar na metade do camiño.
Un cadro de Velázquez / Claire D'Harcourt. -- Pontevedra : Faktoria K de Libros, 2011.--ISBN 978-84-15250-24-1 “Explicación de 12 detalles del lienzo a partir de elementos como la técnica pictórica, el tratamiento de la luz, los planos visuales, o el protagonismo de los personajes”
Peter Pan : segundo a novela de James
La primera nieve / Paulo Campos ;
Matthew Barrie / [ilustracións de Mellie Theïs ; texto de Guillaume Frolet]. -- A Coruña : Baía, 2011.--ISBN 978-84-9995-010-5
[xilografías de] , Clarice Jaeger. -- [S.l.] : Shinseken, [2003].-ISBN 4-88012-501-6 “En nuestra ciudad, nunca había nevado. Ésa fue la primera vez y tal vez la última…” Cuentos del mundo
Contos para nenos que dormen deseguida / Pinto & Chinto ; [deseño dos logotipos da colección de Óscar Villán]. -Pontevedra : Kalandraka, 2010 ISBN 978-84-8464-700-3 Contos para nenos que dormen deseguida despois de que o seu pai, ou a súa nai, ou a súa avoa, ou unha tía distante, llelos lean calquera noite das moitas que ten o ano e con pouco esforzo porque a verdade é que son uns contos realmente curtos e nos demasiados longos
Dreaming / Isabella Grott ; Gianluca Rossi. -- Valencia : Legua Editorial, 2012.ISBN 978-84-938841-1-6
“Se cuenta que cada niño nace con una pequeña semilla dentro del estómago. Que esta semilla crece dentro de nosotros… llegando a convertirse en una bellísima flor. “Otros me han dicho que para hacer brotar la flor más de cien veces debemos SENCILLAMENTE SEGUIR SIENDO NIÑOS”
A chave da Atlántida / Anxo Fariña. -- Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2012 ISBN 978-84-9914-298-2 Un relato de aventuras trepidantes protagonizadas por un científico, a súa sobriña e um robot humanoide, e que xira ó redorda Atlántida. Cobiza, engano, traición... amizade, sacrificio persoal... son sentimentos protagonistas da narración El cuento del carpintero / Iban Barrenetxea. -- [S. l.] : A buen paso, 2011 La habilidad de un carpintero que hace que sus piezas parezcan cobrar vida permite ir recomponiendo el cuerpo de un enérgico general tras cada batalla. Una corte de personajes aduladores que rodea a este personaje provoca la risa de los lectores, con un toque de ironía final y excelentes ilustraciones. Premio Libro Kiriko 2011 ISBN 978-84-939414-2-0
Trece noites, trece lúas :mitos, ritos, lendas e tradicións do Nadal en Galicia e no mundo de arredor / Antonio Reigosa ; ilustradora Noemí López. -- Vigo : Xerais, 2011 ISBN 978-84-9914-313-2 Libro das marabillas do Nadal. A celebración do Nadal na cultura occidental e na nosa Galicia. Traballo documentado e escrito con amenidade para mozos e adultos.
O neno can / Fina Casalderrey, Francisco Castro; ilustracións Patricia Castelao. -- Vigo : Galaxia, 2012 ISBN 978-84-9865-431-8 A favor de Unicef Conxunto de relatos breves, nenos e nenas de diferentes partes do mundo cos seus problemas e carencias. Nenos con fame, con minusvalías físicas, explotados sexualmente, nenos da rúa.
La hormiga Miga se hunde en la historia / Emili Teixidor ; ilustraciones de Gabriela Rubio. -- Boadilla del Monte, Madrid : SM, 2010 A formiga Miga ten un accidente, vai a parar a un xacemento arqueol贸xico. Acompa帽ada das formigas arque贸logas, percorre as distintas etapas da historia, desde a prehistoria ata os nosos d铆as ISBN 978-84-675-4311-7
E. Teixidor : 22 de diciembre de 1933- 20 de junio 2012
Donde los árboles cantan / Laura Gallego García. -Madrid : SM, 2011 Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil, 2012 ISBN 978-84-675-5003-0 Viana, la única hija del duque de Rocagrís, está prometida al joven Robian de Castelmar desde que ambos eran niños. Los dos se aman y se casarán en primavera. Sin embargo, durante los festejos del solsticio de invierno, un arisco montaraz advierte al rey de Nortia y sus caballeros de la amenaza de los bárbaros de las estepas... y tanto Robian como el duque se ven obligados a marchar a la guerra. En tales circunstancias, una doncella como Viana no puede hacer otra cosa que esperar su regreso... y, tal vez, prestar atención a las leyendas que se cuentan sobre el Gran Bosque... el lugar donde los árboles cantan.
Corazón de pedra / Agustín Fernández Paz ; ilustracións Federico Delicado. -- Barcelona : Oxford, 2011 ISBN 978-84-673-5800-1
Di Agustín Fernández Paz: “Este Cartas de inverno de Antonio Seijas recolle a historia, os personaxes e os ambientes que creei no seu día, comezando pola omnipresente mansión onde todo sucede. Trátase da mesma historia, narrada a través da linguaxe do cómic e a través doutra mirada. A capacidade de suxerir que teñen as palabras trasládase aquí ás elipses narrativas. A tensión creada coas palabras trasládase ás imaxes e á montaxe das viñetas. Os estados de ánimo atopan a súa correspondencia na paleta de cores utilizada polo autor. Todas as pezas encaixan para conformaren unha obra con valor de seu. De aí que declare a miña alegría ante a publicación destas novas Cartas de inverno.”
O espírito do cabaleiro / Cornelia Funke ; ilustrado por Friedrich Hechelmann ; traducido por María Xesús Bello Rivas. -- Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2011 ISBN 978-84-9914-296-8 Unha de aventuras e fantasía. Jon Whitcroft está a pasar un mal momento. Súa nai e o seu novo mozo deciden envialo ao internado de Salisbury. Chuvias torrenciais, muros escuros, corredores estreitos, caras estrañas e un cuarto que terá que compartir con dous compañeiros de colexio. O que Jon non imaxina é que todo isto axiña se ha converter nun problema menor. Logo de seis noites no internado tres espíritos xorden de súpeto baixo a fiestra do seu cuarto. Máis, por sorte, hai unha persoa en Salisbury que sabe moito de pantasmas ...
La cruzada de los niños / Bertolt Brecht ; ilustraciones de Carme Solé Vendrell .-- [Arganda del Rey] : El jinete azul, 2011 ISBN 978-84-938352-1-7 Magnífica interpretación gráfica do poema de Brecht sobre o éxodo dos nenos orfos na Europa de segunda guerra mundial.
Febre / Hector Carré. -- Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2011 Carmucha, unha moza de dezasete anos, non ten medo de nada nin se amedrenta ante ninguén. Despois de coñecer as inxustizas que se cometen na mina de volframio, e as atrocidades do corrupto e desapiadado cabo Marelo, e sendo consciente da actitude submisa daquelas mulleres, decide mudar o rumbo dea súa vida de señorita e poñerse ao servizo das persoas máis humildes. Félix, o fillo dos caseiros da súa familia, será dende entón o seu gardacostas, máis tamén o seu máis leal compañeiro, a súa sombra ... Carmucha, esta afouta heroína, terá que enfrontarse a un inimigo infinitamente máis forte ca ela para acadar a súa independencia e liberarse da tutela paterna. A represión, a inxustiza, e a violencia daquel tempo de volframio, no inicio dos anos corenta, entrelázanse nestas páxinas coa esperanza, o amor e a loita pola liberdade e a igualdade. Premio Fundación NovacaixagaliciaClaudio San Martín de Literatura Xuvenil 2011 ISBN 978-84-9914-297-5 ISBN 978-84-96982-53-6
Bo Nadal! ¡Feliz Navidad!
O Crebanoces / ilustrado por David Pintor ; texto de María Canosa ; baseado nun conto orixinal de Ernest Theodor Amadeus Hoffmann. -- A Coruña : Pablo Zaera Silvar, 2011 .-- Baseado en "El Cascanueces" de E.T.A. Hoffmann Adaptación de: Der Nussknacker / Ernst T. A. Hoffmann D.L. C 2722-2011 ISBN 978-84-615-4854-5