Na procura dun final para “A Galiña Azul” de Carlos Casares... Proposta didáctica para nenos e nenas de primaria polo Día das Letras Galegas do ano 2017 A galiña azul / Carlos Casares. Vigo : Galaxia, 2007
Texto baseado na primeira edición de Galaxia (2007) do libro A Galiña azul, de Carlos Casares. Edición, maquetado e ilustracións de Cristina Gómez Fernández, Sara Paz Mongil Emilia Edreira Armesto e Alba Fernández Fernández
“...Lorenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita.
É unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de cores. Xa puxo dous marelos, un rosa e tres verdemar. Ademais non di como as outras galiñas, senón que di E isto ten preocupadas ás autoridades.
Tan preocupadas as ten que hai catro días chegoulle un oficio a Lorenzo pedíndolle que entregase a galiña polas boas. Lorenzo negouse, porque aínda que lle din que só é para que a vexa un veterinario, o certo é que, segundo dixo o señor Casimiro, o porteiro do Concello, á galiña vana matar.
O alcalde, Manolito Listón, dixo nunhas declaracións que fixo para a televisión e para os xornais, que non se podía tolerar a existencia dunha galiña azul, porque, segundo Manolito Listón, unha galiña azul que pon ovos de cores e que di cocorocó en vez de cacaracá non é unha galiña como é debido.
O caso é que o pobo anda todo alborotado e o pobre Lorenzo non levanta cabeza. Antes paseaba todo contento coa súa galiña pola rúa, pero agora está na casa e algúns din que á galiña a ten disfrazada de branco para que non lla coñezan. Pero de certo pouco se sabe. Eu non sei que vai pasar, porque os veciños están de parte de Lorenzo e da galiña...”
O final da historia da galiĂąa azul...
Como cres que se arranxou o asunto da galiĂąa azul?
FINAIS
Un bo día de xaneiro apareceu polo pobo o alcalde e díxolle a Lorenzo que lle dese a galiña. El deulla, agora era branca (porque estaba pintada). O alcalde mandou cantar a galiña que cantou baixiño cocorocó, pero non era a galiña, era Lorenzo quen cantaba como se fose un ventrílocuo. O alcalde chamou aos concelleiros para facerlle un exame á galiña no Concello.
Era un martes pola mañá, ás 9:00, Lorenzo sentou. Diante del estaban todos os concelleiros observando a galiña. E pedíronlle que puxese un ovo. Mentres estaban mirando atentamente, Lorenzo sacou un ovo de galiña común e púxollo debaixo do cú. Os concelleiros quedaron convencidos de que a galiña era normal e entón xa podía vivir no pobo de Manolito Listón.
AUTORES: ALUMNOS DO CPR PLURILINGÜE CALASANCIAS 3ºA
Era un 15 de decembro, preto das vacacións de Nadal, pola tardiña...A nosa galiña puxo un ovo de cor azul por un lado e vermello polo outro. Lorenzo pintouno de cor de galiña común. Petaron á porta. Eran as autoridades enviadas polo alcalde. “Qué queredes?”, dixo Lorenzo abrindo a porta. “Onde está a galiña azul? Témola que levar para facer un experimento”.
“Aquí non hai ningunha galiña azul. Temos unha branca con ovos de galiña común, eh!” Lorenzo ensinoulles a galiña, pero as autoridades sospeitaban de que lles mentía e quixeron levala. Na porta estaban os veciños moi enfadados coas autoridades e todos puxéronse o lado de Lorenzo para impedirlles o paso, mentres berraban: NUNCA MAIS VOLVADES POLAS NOSAS GALIÑAS!!!
Autores: CPR Plurilingüe Calasancias (A Coruña) 3ºB Primaria
LORENZO VAI Á BIBLIOTECA O neno Lorenzo estaba moi contento. A súa clase tiña pensado ir de excursión á biblioteca, e cada un deles debía levar un ovo. Decidiu levar un ovo azul, pero a súa nai díxolle que non existían ovos desa cor. A Lorenzo gustáballe moito o conto que ela lle contaba, a Galiña Azul de Carlos Casares, “unha galiña azul que pon ovos de cores, e que di cocorocó en vez de cacaracá”. Entón colleu un ovo grande e meteu dentro unha galiña azul e varios ovos verdes, amarelos, vermellos e lilas. Cando os rapaces chegaron á biblioteca e todos amosaron os seus ovos, quedaron abraiados polo que trouxera Lorenzo. Á bibliotecaria encantóulle a súa idea, pero a quen mais lle gustou foi aos nenos. Os ovos de Lorenzo eran tan diferentes e bonitos…!! Entre todos decidiron que querían facer ovos de cores, así que colleron plastilina e disfrutaron dunha mañá de cor e diversión.
FOGAR DE SANTA MARGARIDA - 3 ANOS
Era un martes pola mañá, as 10:30 h, cando Lorenzo decidiu disfrazar a outra galiña que tiña na casa de cor azul e vermello, para saber que querían as autoridades facer coas súas galiñas. As 11 da mañá apareceu Manolito Listón na casa de Lorenzo, e reclamou a galiña azul. Lorenzo díxolle: “Cal de elas queres levar? As miñas galiñas son todas azuis”.
CEIP Sanjurjo 3º Primaria A Coruña
Manolito Listón díxolle aos gardas que levasen todas as galiñas de Lorenzo para o Concello. Os amigos de Lorenzo foron ao Concello a protestar para que lle devolvesen as galiñas. “Levamos un avogado para reclamar os dereitos das galiñas de Lorenzo!” O alcalde asustouse e comprendeu que tiña que devolver as galiñas. Entón Lorenzo e os seus amigos fixeron unha festa disfrazándose todos de galiñas azuis, vermellas, amarelas
CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma 2ºA Primaria (A Coruña)
Lorenzo, un 14 de marzo de 2017 saíu a dar unha volta polo pobo coa súa galiña disfrazada de galiña turuleta (branca e tola). A galiña ia cantando: “cocorocó, cacaracá, kikirikí, kekereké, cucurucú, cántoche no cú....púxenche mil ovos coloridos de arco da vella....”
Con tanto berro saíron os veciños a aplaudir a galiña de Lorenzo e o señor concelleiro tivo que aplaudir tamén. A galiña fíxose famosa cantante e saíu na Voz de Galicia como guapa artista e modelo do mundo enteiro.
Era un xoves do mes de Marzo do 2017. A galiña de Lorenzo escapou a casa do señor Casimiro. Iba disfrazada de galiña turuleta, con gafas grandes e redondas. Na cabeza levaba un sombreiro con plumas de cores brancas, azuis e vermellas, e nas patas uns calcetíns laranxas. Petou na porta e atopouse co alcalde Manolito Listón. “Bó día señor Manolito” CEIP San Pedro de Visma 2º B Primaria (A Coruña)
“Qué galiña tan rara e espantosa é vostede”, dixo o señor alcalde. “É que eu son un papagaio que veño a festa do pobo e quería animarvos coas miñas habilidades malabarísticas” “Canto cobra vostede?” “Mire, alcalde, só un ovo de pascua” O alcalde estivo de acordo e contratou a galiña para que actuase na verbena do pobo. A súa actuación gustou tanto que a nomearon a mellor artista do mundo mundial.
Era un martes 6 de novembro do 1985, Lorenzo decidiu emigrar a Australia para que non lle mataran a galiña. Os veciños non estaban de acordo, así que xuntáronse na parroquia e decidiron asustar ao alcalde. Cando durmía aproximáronlle unha galiña común e púxolle un ovo na boca. O Alcalde non podía respirar e Lorenzo decidiu salvar a vida do pobre alcalde levándoo ao hospital.
O alcalde quedou tan agradecido que permitiu que se quedara coa galiña. Fíxolle a declaración da renda. Saíu na prensa a noticia e do famosa que se fixo a galiña o pobo enteiro foi a Gran Hermano VIP.
CPI Virxe da Cela (Monfero). Clube de lectura
Era un mércores 7 de xuño cando mirando pola fiestra, Lorenzo viu ao alcalde diante da porta acompañado pola garda civil e un can policía. Petan a porta rompéndoa dunha patada. Dentro da casa non había ninguén. Saíron a buscar a galiña ao galiñeiro e atoparon un ninja disfrazado de galiña azul, mais Lorenzo non sabía do ninja nin da visita da garda civil. Foran os veciños que axudaron a Lorenzo e a galiña azul a agocharse na casa dun veciño que se chamaba Pepe Aurelio Amador Ribas.
Grazas a axuda dos veciños salvouse a galiña e nas seguintes eleccións votaron por Lorenzo alcalde de Mariarrivas. Lorenzo nomeou a Pepe Aurelio Amador sarxento da garda civil e en vez dun can policía tiñan unha galiña policía. No pobo de Lorenzo fíxose unha festa con ovos fritos de cores.
CEIP Rosalía de Castro, 4º de primaria