Guía de lecturas en inglés/español para nenos. Temática: O verán e as vacacións
Reading list in English and Spanish language for children. Topic: Summer Holidays
De 0 a 5 anos On the Seashore / Anna Milbourne & Erica-Jane Waterse – [Londres] : Usborne, 2011 ISBN 0 -7460- 6239- 7 – Signatura I MIL ont (az.) Libro recomendado para nenos de ata 7 anos. Trátase dunha historia a través da cal os máis pequenos aprenderán vocabulario relacionado coa praia e os misterios que agochan as profundidades mariñas. My Sandcastle / Anna Panisello & Estrella Ramón. Ilustracións de África Fanlo – [Barcelona] : Combel, 2011 ISBN 978-84-9825-610-9 – Signatura I PAN mis (az.) Este libro é ideal para nenos de entre 3 e 6 anos. Combel presenta un libro magnificamente ilustrado en cor para que os máis pequenos se familiaricen co inglés e aprendan novas palabras e expresións relacionadas co verán e coa praia. Mister Seahorse/ Eric Carle – [Londres] : Penguin Books, 2008 ISBN 978-0-14056-989-6 – Signatura I CAR mis 1 (az.) Este libro recoméndase a nenos de entre 3 e 5 anos. Conta a historia dun cabalo de mar que emprende unha viaxe polos océanos mentres que transporta as súas ovas, das que nun futuro nacerán outros cabaliños de mar. Con este libro, os nenos aprenderán non só vocabulario relacionado co mar e cos animais acuáticos, senón que tamén coñecerán o valor da amizade e da familia.
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
Sea Animals / Mike Lowery – Bilingual ISBN 978-84-937273-3-8 – Signatura I LOW jun (az.)
Readers,
2009
Este libro, bilingüe en inglés e español, é ideal para nenos de 3 a 5 anos. Os máis pequenos aprenderán sinxelas expresións relacionadas co mar e cos animais, e ademais disfrutarán de fantásticas imaxes que lles axudarán a interiorizar os seus coñecementos.
Tento and the Sea / Ricardo Alcántara – [Zaragoza] : Edelvives, 2005 ISBN 84-263-5658-3 – Signatura I ALC ten (az.) Este libro inclúe un amplo vocabulario relacionado coa praia e as divertidas actividades que nela se poden realizar. Os nenos aprenderán novas palabras á vez que gozan dunha divertida historia.
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
De 6 a 8 anos Valentina en Nueva York / Anatxu Zabalbeascoa, Ilustracións de Patricia Geis – [Barcelona] : Tusquets, 2007 ISBN 978-84-8310-385-2 – Signatura 91 ZAB val (r.) Trátase dun libro-guía que introduce ao neno no apaixonante mundo das viaxes, neste caso, das visitas aos países de fala inglesa. Desta vez Valentina viaxa a Nova York. O libro inclúe tamén un mapa-guía despregable, unha postal e un souvenir.
Isto é Nova York (galego) / Miroslav Sasek. Tradución de Isabel Soto – Santiago de Compostela: El Patito Editorial, 2011 ISBN 978-84-938832-5-6 – Signatura 91 SAS ist (r.) Sasek debuxa a fabulosa e vital cidade de Nova York neste volume da colección Esto es… Publicado por primeira vez en 1960, recibiu o galardón de Mellor Libro Ilustrado do Ano para nenos, outorgado polo New York Times. Con este libro, os nenos coñecerán a cultura, así como os lugares máis emblemáticos da grande cidade.
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
De 9 a 11 anos Londres para niños / Jindra Capek .— tradución de Mª Teresa Ruiz Camacho y Katja Wirth – [Barcelona]: Nórdica Libros, 2011 ISBN 978-84-92683-51-2 – Signatura 91 CAP lon (v.) Este libro pertence a unha colección coa que os nenos recorrerán os principais lugares do mundo. Nesta ocasión, Jindra Capek transporta aos máis pequenos á cidade de Londres. O libro inclúe imaxes despregables e tamén unha sección con actividades para facer cos nenos. Unha maneira entretida de introducilos na cultura inglesa.
What a viaje! / Paloma Bordons [Bodilla del Monte (Madrid)] : SM, 2006 ISBN 84-675-0905-8 – Signatura I (BOO) BOR wha (v.) Este libro combina o inglés co español, ofertando deste xeito unha nova e divertida forma de aprender inglés. Conta a historia de Xesús Núñez, un rapaz que vai facer un curso a Inglaterra e mentres tanto convive cunha familia inglesa. Con este libro, os nenos pasaráno ben, coñecerán un pouco máis a vida das familias inglesas e, por suposto, aprenderán novo vocabulario e expresións de grande utilidade.
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
Disfruta dos PASATEMPOS e CÓMICS en lingua inglesa máis divertidos do verán (incluídos na revista I love English, dispoñible na sala infantil da nosa biblioteca)
* E non esquezas que na semana do 4 ó 10 de Agosto terá lugar a celebración do festival Viñetas desde o Atlántico, adicado ó mundo da viñeta.
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/) I love English窶年ツコ 264 (July-August 2014), p.20
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/) I love English窶年ツコ 246 (October 2012), p. 28 I love English窶年ツコ 247 (November 2012), p. 28
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
I
I love English窶年ツコ 264 (July-August 2014), p. 38 I love English窶年ツコ 249 (January 2013), p. 28
Máis sobre o verán e as vacacións na revista Okapi es más (en Español), tamén dispoñible na sala infantil da Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés.
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
2063: Las vacaciones del futuro / Luc Ihaddadène; ilustraciones de Michel Seemann.—en Okapi es más. –Nº 126 (Julio-Agosto 2013), p. 10-11.
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
ツソEl tiempo estテ。 loco? / Kenzo Trebouillard/AFP/GETTY IMAGES en Okapi es mテ。s.窶年 115 (Junio 2012), p. 20-26.
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
Recursos Web: vocabulario e actividades sobre o verán e as vacacións A PRAIA Vocabulario Actividades
O TEMPO NO VERÁN Actividade (Sopa de Letras)
*Actividades propostas por
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
ESOL Courses en www. esolcourses.com
(http://rbgalicia.xunta.es/coruna/)
Guía realizada pola alumna en prácticas Rebeca Vidal e traducida ao galego polo alumno en prácticas Borxa Logares.